Concrección curricular bacharelato iterromanorum

Page 1

IES Salvaterra. Departamentos CCSS / Clásicas

Obxectivos didácticos Iter Romanorum

Iter Romanorum Bacharelato: Obxectivos de etapa h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social.

j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego.

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural.

o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

Historia da Arte: obxectivos propios da materia 8. Preparar e planificar a visita a monumentos artísticos, museos e/ou exposicións de diferente índole, solicitando e elaborando a información necesaria cos medios ao seu alcance. 9. Expresar, oralmente ou por escrito, valoracións persoais, críticas e fundadas sobre as obras estudadas e sobre o seu estado de conservación e restauración. 10. Realizar e expor traballos sobre calquera aspecto da historia da arte que requiran a utilización das fontes de información ao seu alcance, así como a análise e utilización rigorosa da información obti1/2


IES Salvaterra. Departamentos CCSS / Clásicas

Obxectivos didácticos Iter Romanorum

da, empregando a terminoloxía específica das artes visuais. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade e autonomía do alumnado á hora de utilizar os recursos que ten ao seu alcance para obter información, así como para seleccionar e tratar esa información seguindo criterios científicos.

Latín:obxectivos propios da materia - Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual. - Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados.

2/2


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.