IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
DEPARTAMENTO DE LINGUAS CLÁSICAS
CONTIDOS MINIMOS E AVALIACIÓN Curso 2013-2014
I.E.S. SALVATERRA de MIÑO
1 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
Index 1. Latín 4º ESO 1.1.Contidos mínimos 1.2. Instrumentos de avaliación 1.3. Criterios de cualificación
3
2. Latín 1º BAC 2.1. Contidos mínimos 2.2. Instrumentos de avaliación 2.3. Criterios de cualificación
6
3. Grego 1º BAC 3.1. Contidos mínimos 3.2. Instrumentos de avaliación 3.3. Criterios de cualificación
9
4. Latín 2º BAC 4.1.Contidos mínimos 4.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación
11
5. Grego 2º BAC 5.1. Contidos mínimos 5.2. Criteros de cualificación e procedementos de avaliación
13
2 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
1. Latín 4º ESO 1.1. Contidos mínimos Alfabeto grego e latino e a pronunciación clásica. Diferenza entre vocais breves e longas. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade baixa creados en contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan. O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. Clases de palabras. Introducción ás flexións nominal, pronominal e verbal regulares. As estructuras oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances. A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas. A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Definición de palabras a partir dos seus étimos (aquelas que aparecen nas unidades do libro). Os étimos gregos e latinos nas Matemáticas e a Mediciña. Recoñecemento das expresións latinas máis frecuentes incorporadas á lingua falada e escrita (as presentes nas unidades do libro). Italia antigua : a súa xeografía e pobos principais. As etapas históricas de Roma. A organización socio – política na República e no Imperio. As diferencias fundamentais. As figuras de Caio Xulio César e Octavio Augusto. A Hispania Romana. O legado romano no Derecho civil.
3 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
Panteón Grecorromano. As Musas. Medusa. Orfeo. Prometeo. Tarraco. As Médulas.
1.2. Instrumentos de avaliación Os instrumentos ou medios utilizados para valorar o proceso de avaliación continua son os seguintes: - Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. - Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, o cal debería incitar a que o alumno traballe de forma continua na materia. - Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc.). - Caderno de clase. - Lectura de libros xuvenís ambientados no mundo grecorromano e de traducións de textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Os alumnos e a profesora decidirán as datas para facer os exames, e a nota de cada avaliación sairá de: - proba/as obxectivas escritas e as probas escritas de curta duración ou, no seu caso preguntas orais (85%), - caderno e participación na clase(5%) - traballos e/ou lecturas (10%). As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considéranse cualificacións positivas aquelas superiores ou iguais a 5. Todos os exames puntuaranse sobre dez. Non haberá probas de recuperación propiamente ditas, debido a que, ao levar un sistema de avaliación continua onde a materia incluída no exame non é eliminada para a seguinte proba, o exame seguinte recuperará o anterior, sempre tendo en conta a marcha xeral de cada alumno. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Na materia de Latín de 4º da ESO a tradución valerá o 50% e o 50% restante corresponderá ás preguntas de tipo teórico.
1.3. Sistema de cualificación Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 90%. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota.
4 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): • asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01)................0,1% • é respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase ................................0,1% • fai as actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase..............0,2% • interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas.....................0,2% • coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais............0,2% • ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo....................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario.
Criterios de corrección de exercicios e probas: para que unha proba sexa considerada válida deberá ter unha presentación adecuada e ser perfectamente lexible. • Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. • Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. • Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. • Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. • Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba. Realizaranse probas periódicas para comprobar o grao de obxectivos alcanzados. A valoración das mesmas servirá para adecuar o ritmo de traballo e mesmo para corrixir os erros cometidos. As alumnas e alumnos da materia haberán de demostrar que lograron asimilar os contidos durante o curso.
5 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
2. Latín 1º BAC 2.1. Contidos mínimos Os casos latinos. As cinco declinacións. Os adxectivos da 1ª e a 2ª clase. Os graos do adxectivo. Comparativo e superlativo de bonus, malus, magnus e parvus. Os numerais. A declinación de unus, duo e tres. A declinación pronominal: persoais, posesivos, demostrativos, anafóricos e relativo. O enunciado do verbo. A conxugación regular: infectum e perfectum da voz activa e pasiva. O verbo sum e os seus compostos. A sintaxe de coordinación. A sintaxe do infinitivo e do participio. A oración pasiva. As subordinadas completivas e adxectivas. A xeografía de Italia e a historia de Roma. A vida privada: a familia, a educación e o ocio. A relixión romana. A Hispania romana.
2.2. Instrumentos de avaliación Os instrumentos ou medios utilizados para valora-lo proceso de avaliación continua son os seguintes: 1. Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. Os exames poderán tratar aspectos de diverso tipo: de desenvolvemento dun tema, de paráfrase e comentario de textos, de tradución, exercicios gramaticais de recoñecemento de formas e funcións, establecemento de paradigmas nominais e verbais, etc. 2. Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, para a aprendizaxe da morfoloxía, o cal debería incitar a que o alumno leve un estudo continuo da materia.
6 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
3. Traducións continuas, xa en casa xa no aula, para a aprendizaxe da sintaxe e das técnicas de tradución. Estas traducións no ámbito individual servirán tamén para conseguir unha clase aberta e unha participación importante do alumnado cando estas se comenten e corrixan en clase. 4. Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc...). 5. Lecturas, nos dous primeiros trimestres, de traducións textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita.
2.3. Sistema de cualificación As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considérase cualificacións positivas aquelas superiores o iguais a 5. As características da materia e do ciclo no que se desenvolve esixen un sistema de avaliación continua, tendo en conta os seguintes criterios: -
tres avaliacións superadas: materia aprobada coa nota media aproximada;
-
1ª avaliación suspensa, resto aprobadas: materia aprobada coa nota media aproximada;
-
unha avaliación suspensa: recuperación dos contidos non superados;
-
tres, dúas ou terceira avaliación suspensas: recuperación de toda a materia.
Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais de cada unidade didáctica e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 40%. O exame de análise morfosintáctica e tradución final en cada avaliación supón un 50% da nota. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): - Asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01) ............... 0,1% - É respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase ............................... ..0,1% - Fai as Actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase ............ .0,2% - Interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas .................... ..0,2% 7 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
- Coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais .............0,2% - Ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo ......................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. Criterios de corrección de exercicios e probas: - Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. - Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. - Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. - Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. - Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba.
8 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
3. Grego 1º BAC 3.1. Contidos mínimos Grego I Principais deuses olímpicos e heroes gregos. Marco xeográfico, histórico e cultural da Grecia antiga. O alfabeto: lectura e escritura correctas. Pronunciación, signos de puntuación e principais regras ortográficas. As tres declinacións. A declinación do adxectivo. Comparativos e superlativos. Os pronomes gregos máis comúns. As principais preposicións. Os verbos temáticos: tema de presente, aoristo e perfecto nas formas persoais das voces activa e medio-pasiva, así como os infinitivos e participios de presente. O verbo εἰμί.
3.2. Instrumentos de avaliación Grego I Os instrumentos ou medios utilizados para valorar o proceso de avaliación continua son os seguintes: 1. Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. Os exames poderán tratar aspectos de diverso tipo: de desenvolvemento dun tema, de paráfrases e comentario de textos, de tradución, exercicios gramaticais de recoñecemento de formas e funcións, establecemento de paradigmas nominais e verbais, etc. 2. Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, para a aprendizaxe da morfoloxía, o cal debería incitar a que o alumno leve un estudo continuo da materia. 3. Traducións continuas, xa en casa xa no aula, para a aprendizaxe da sintaxe e das técnicas de tradución. Estas traducións no ámbito individual servirán tamén para conseguir unha clase aberta e unha participación importante do alumnado cando estas se comenten e corrixan en clase. 4. Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc.). 5. Lecturas, nos dous primeiros trimestres, de traducións textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita.
3.3. Sistema de cualificación Grego I As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considérase cualificacións positivas aquelas superiores o iguais a 5.
9 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
As características da materia e do ciclo no que se desenvolve esixen un sistema de avaliación continua, tendo en conta os seguintes criterios: - tres avaliacións superadas: materia aprobada coa nota media aproximada; - 1ª avaliación suspensa, resto aprobadas: materia aprobada coa nota media aproximada; - unha avaliación suspensa: recuperación dos contidos non superados; - tres, dúas ou terceira avaliación suspensas: recuperación de toda a materia. Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais de cada unidade didáctica e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 40%. O exame de análise morfosintáctica e tradución final en cada avaliación supón un 50% da nota. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): - Asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01) ............... 0,1% - É respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase ............................... ..0,1% - Fai as Actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase ............ .0,2% - Interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas .................... ..0,2% - Coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais .............0,2% - Ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo ......................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. Criterios de corrección de exercicios e probas: - Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. - Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. - Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. - Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. - Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba.
10 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
4. Latín 2º BAC 4.1. Contidos mínimos Latín II Dominio da flexión nominal, verbal e pronominal. Verbos irregulares e depoñentes. Tradución e análise gramatical correctos de: a oración subordinada de infinitivo, a estrutura de participio absoluto, ut completivo e final e cum histórico. Manexo correcto do dicionario. Coñecemento e aplicación das principais leis que rexen a evolución do léxico latino ás linguas romances. Coñecemento das expresións latinas máis usadas presentes na listaxe esixida pola Ciuga. Coñecemento da listaxe de toponimia básica esixida pola Ciuga. Saber elaborar unha redacción sobre os xéneros literarios abordados (épica, teatro, oratoria, lírica, historiografía) indicando as súas principais características, autores, obras e cronoloxía.
4.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación Latín II. Unha proba escrita por avaliación (como mínimo). A súa estructura seguirá o modelo das PAAU e nela o alumnado demostrará os seus coñecementos nos catro bloques nos que se divide a materia. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Aportará o 70% da nota da avaliación.
O traballo na aula suporá ata un 30% da nota da avaliación. Rexistrarase mediante a correción oral ou escrita das actividades de desenvolvemento, consolidación, reforzo e ampliación. Algunhas delas se farán na aula virtual aínda que neste curso de 2º a aula virtual será utilizada máis como instrumento de comunicación académica entre profesora e alumnado que como ferramenta de traballo.
11 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
A calificación de sobresaínte obteráse da conxunción da nota da proba escrita e o rendemento positivo do traballo na aula, sen isto último será imposible obter dita cualificación.
12 / 13
IES Salvaterra.
Programación 2013-14
Departamento Clásicas
5. Grego 2º BAC 5.1. Contidos mínimos Grego II Dominio da flexión regular nominal, verbal e pronominal. Sustantivos e adxectivos irregulares. Os verbos contractos, oclusivos, líquidos e en –μι: saber recoñecelos e analizalos con axuda do diccionario. Regras e variacións do aumento e a reduplicación. O aoristo radical. A subordinación sustantiva, adxectiva e circunstancial. Uso correcto do diccionario. Xenofonte: vida e circunstancias históricas, sociais e políticas; obra, xénero e estilo. Saber elaborar unha redacción sobre os seguintes xéneros literarios: épica, lírica, teatro e historiografía, indicando as súas principais características, autores, obras e cronoloxía. Principais helenismos utilizados nas restantes materias de bacharelato. A cidade de Atenas. O matrimonio, a pederastia e a situación da muller en Grecia.
5.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación Grego II. Unha proba escrita por avaliación (como mínimo). A súa estructura seguirá o modelo das PAAU e nela o alumnado demostrará os seus coñecementos nos catro bloques nos que se divide a materia. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Aportará o 70% da nota da avaliación. O traballo na aula suporá ata un 30% da nota da avaliación. Rexistrarase mediante a correción oral ou escrita das actividades de desenvolvemento, consolidación, reforzo e ampliación. Algunhas delas se farán na aula virtual aínda que neste curso de 2º a aula virtual será utilizada máis como instrumento de comunicación académica entre profesora e alumnado que como ferramenta de traballo. A calificación de sobresaínte obteráse da conxunción da nota da proba escrita e o rendemento positivo do traballo na aula, sen isto último será imposible obter dita cualificación.
En Salvaterra, Setembro 2013 A Xefa do departamento Asdo: Francisca Movilla Mirelis 13 / 13