IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
DEPARTAMENTO DE LINGUAS CLÁSICAS
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA Curso 2014-2015
I.E.S. SALVATERRA de MIÑO
1 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Index 1 2. 3 4
Contextualización Metodoloxía Atención á diversidade Procedementos xerais de avaliación
4 5 10 11
5
Programación Latín 4º de ESO
12
5.1. Obxectivos da educación secundaria obrigatoria 12 5.2. A materia de Latín no cuarto curso de ESO 13 5.2.1 Introducción 13 5.2.2. Obxectivos 14 5.2.3. Contidos 15 5.2.4. Temporalización 17 5.2.5. Contribución desta materia á adquisición das competencias básicas. 22 5.2.6. Avaliación 24 5.2.7. Contidos mínimos 25 5.2.8. Contribución á mellora de resultados na Proba de Aval. Diagnóstica_____ 26
6 Programación Latín I e II de Bacharelato 6.1. Obxectivos xerais do Bacharelato. 6.2. A materia de Latín no Bacharelato 6.2.1 Introducción 6.2.2. Obxectivos 6.2.3. Contidos Latín I 6.2.4. Temporalización Latín 6.2.5. Avaliación Latín I 6.2.6. Contidos mínimos Latín I 6.2.7. Contidos Latín II 6.2.8. Temporalización Latín II 6.2.9. Avaliación Latín II 6.2.10. Contidos mínimos Latín II
7 Programación Grego I e II de Bacharelato. 7.1. Obxectivos xerais do Bacharelato 7.2. A materia de Grego no Bacharelato 7.2.1 Introducción 7.2.2. Obxectivos 7.2.3. Contidos Grego I 7.2.4. Temporalización Grego I 7.2.5. Avaliación Grego I 7.2.6. Contidos mínimos Grego I 7.2.7. Contidos Grego II 7.2.8. Temporalización Grego II 7.2.9. Avaliación Grego II 7.2.10. Contidos mínimos Grego II
27 27 28 28 29 30 31 35 36 36 37 40 42
43 43 44 44 45 46 47 50 53 53 55 57 59
8 Programación Cultura Clásica 3º ESO _______________________ 60 8.1. A materia de Cultura Clásica en 3º da ESO ___________________________ 60 8.1.1 Introdución e contextualización __________________________________ 60 2 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
8.1.2 Obxectivos______________________________________ __________________ 61 8.1.3 Contidos secuenciados e temporalizados _________________________________ 61 8.1.3.1 Contidos _____________________________ ______________________ 62 8.1.3.2 Temporalización ______________________________________________ 63 8.1.4 Contribución desta materia á adquisición das competencias básicas ___________ 64 8.1.5 Avaliación ________________________________________________________ 65 8.1.5.1 Criteriosde avaliación __________________________________________65 8.1.5.2 Procedementos de avaliación ____________________________________ 66 8.1.5.3 Sistemas de cualificación _______________________________________ 66 8.1.5.4 Instrumentos de avaliación ______________________________________67 8.1.6 Actividades de recuperación ___________________________________________67 8.1.7 Mínimos esixibles ___________________________________________________68 8.1. 17 Actividades extraescolares __________________________________________ 68
9 Plan Lector 10 Plan de integración das TICs 11 Conclusión Anexos
69 71 72 73 a 79
3 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
1. Contextualización O Departamento de Latín e Grego do I.E.S. Salvaterra ten asignadas 19 horas de docencia distribuidas do seguinte xeito: Cultura Clásica 3º E.S.O: 2 horas semanais Latín 4º de E.S.O: 3 horas semanais. Latín I Bacharelato: 4 horas semanais. Latín II Bacharelato: 4 horas semanais. Grego I Bacharelato: 4 horas semanais. Grego II Bacharelato: 4 horas semanais. JEFE/A DEPARTAMENTO Mª Victoria Fernández Gutiérrez
MIEMBROS DEL DEPARTAMENTO Y FIRMA
MATERIA QUE IMPARTE Grego I Latín I Latín ESO (optativa) Cultura Clásica (optativa) MATERIA QUE IMPARTE
CURSO/S / GRUPOS 1º A/B Bac. Hum. 1º A/B Bac. Hum 4º ESO A/B/C 3º ESO CURSO/S / GRUPOS
Ana Bolíbar Chinchilla GriegoII Latín II
2º Bac. Hum.
A reconversión da antiga vila de Salvaterra en territorio industrial e reserva inmobiliaria da cidade portuaria, cabeza da área metropolitana, conforma un alumnado variopinto en canto a súa extracción socio-económica e tamén en canto a súa formación cultural: alumnos de clara orixe rural, ou de vila rural e antiga, mesturados con alumnos que ven cambiada a súa residencia da cidade á vila. As veces un certo desarraigo propio destas zonas periurbanas que asisten ao cambio profundo da súa cultura tradicional. Situación toda ela que esta programación tenta de ter en conta e aproveitar nun senso sempre positivo. O I.E.S. de Salvaterra conta cunha biblioteca suficientemente dotada e activa e co material informático preciso para desenvolver esta programación.
4 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
2. Metodoloxía Procurará rexerse polos criterios de flexibilidade e adaptación á diversidade do alumnado, e tratará de afastar da aula a ansiedade que con frecuencia xera no segundo curso de bacharelato a proba de Selectividade. Evitarase o apuro inxustificado por parte da profesora e a angustia no alumnado, actitudes ambas as dúas que dificultan moito a aprendizaxe. O proceso educativo entenderase como acto de comunicación polo que a claridade na mensaxe será primordial. Non se esquecerá que o alumno ha de ser o protagonista da súa propia aprendizaxe e o docente o seu facilitador, por iso esta programación considerará complemento indispensable o traballo fóra da aula: do alumno coas actividades chamadas de desenvolvemento, reforzo / ampliación, e da profesora coa súa corrección. O enfoque metodolóxico deberá favorecer a capacidade de autoaprendizaxe, de traballar en equipo e de aplicar os métodos apropiados de investigación para seguir aprendendo ao longo da vida. Proporase unha secuencia de traballo axeitada e graduada por medio dunha metodoloxía activa, preferentemente de tipo inductivo-contextual, na que as normas se convirtan en posesión permanente e en automatismo lingüístico. Esta é a metodoloxía que rixe o ensino e aprendizaxe das linguas modernas e este departamento considera que é tamén a liña a seguir para o latín e o grego. A metodoloxía desta programación terá en conta o seguinte: Carácter integral da materia que imparte: lingua e cultura están absolutamente imbricadas. Gradación na selección dos contidos: do máis sinxelo ao máis complexo, do concreto ao abstracto. Motivación: tratar en todo momento de provocar a motivación intrínseca. Isto contribuirá a aproveitar a bagaxe coa que os alumnos/as cheguen aos distintos cursos (se cursaron Cultura Clásica, as súas lecturas, as súas afeccións, etc ). Avaliación formativa: aprender dos erros, a perfección non existe por iso os erros serán indicativos e formativos. Transversalidade: a través da cal se manifestarán no estudio do latín os valores fundamentais que a educación intenta inculcar no alumnado. Interdisciplinariedade: aproveitar en todo momento o estudio paralelo de Grego e Latín, e doutras materias como as linguas, a filosofía e as ciencias sociais, para facer comparación lingüística e cultural. Utilización das T.I.C.: nesta altura parece xa fora de lugar manifestar que esta programación declárase aberta ó seu uso tanto para apoio das explicacións (ordenador con canón de video, pizarra electrónica, etc.) como para realizar actividades co alumnado na rede (procura de información, exercicios de reforzo, ampliación ou autoavaliación, etc.). En definitiva para informarse, aprender, comunicarse e para utilizar con sentido crítico, como
5 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
recurso formativo, materiais de procedencia diversa. Atención especial require neste apdo. da programación a utilización por este departamento da aula virtual do centro que despegou o curso pasado e que, progresiva e gradualmente pretende ir abarcando máis presenza na didáctica das linguas clásicas neste centro. No seguinte enlace pódense visitar os cursos creados polo departamento clásicas: (http://www.edu.xunta.es/centros/iessalvaterramino/aulavirtual/course/view.php?id=83). O uso da aula virtual, ademáis de ser moi ben acollido no curso anterior, sentou as bases dun modo de traballar que se revela moi afín ás necesidades didácticas do alumnado que está a chegar ás nosas aulas. Alumnado educado prácticamente de cheo na era dixital e que demanda (tácitamente) unha formación basada na visualidade e na interacción.
2.1. Organización do traballo na aula O enfoque irá dirixido a que o alumnado desenvolva e afiance as súas propias técnicas de traballo mediante diversas estratexias. Crearanse contextos de aprendizaxe e avaliación que comprometan o alumnado e que o leven a planificar e avaliar as súas realizacións, identificando os avances e as dificultades, de cara a autorregular o seu propio e singular proceso de aprender a aprender. Evitarase unha distribución do traballo ríxida ou compartimentada buscando a flexibilidade e a orientación ao alumnado sobre a organización que ha de rexer o seu traballo dentro e fora da aula. Os textos converteranse no punto de partida para traballar simultaneamente os aspectos morfosintácticos das linguas latina e grega, o seu léxico e a súa relación co galego e co castelán, así como os aspectos culturais relacionados cos textos. As explicacións morfo-sintácticas procurarán empezarse, na medida do posible, partindo de textos ou frases escollidas que exemplifiquen a teoría, alternando a aprendizaxe inductiva e deductiva e excitando a curiosidade do alumnado. Estes disporán sempre de textos para traballar individualmente. Ao principio farase tamén tradución guiada, para ir creando automatismos na súa práctica e para reconducir a tendencia do alumno a enfrontarse co texto latino ou grego palabra tras palabra, concedendo toda a importancia ao significado e deixando a sintaxe de lado. Trátase de fomentar a reflexión lingüística. Aprenderáselle tamén o comentario de textos cunha sistematización baseada no breve e útil libro de Correa e Lázaro, Cómo se comenta un texto literario. As explicacións dedicadas a literatura empezarán sempre coa proxección en formato PowerPoint do esquema do xénero literario tratado que conterá a súa definición, as súas principais características, autores, cronoloxía e obras. Para estudar o léxico procurarase partir dos textos e do ámbito socio-político e cultural dos autores. No Bacharelato e, como o propio Decreto 133/ 2007 aconsella, promoverase a participación do alumnado en pequenos traballos de investigación, coa orientación precisa para que poida acadar a capacidade de realizar un proxecto de investigación escolar de forma autónoma. .
6 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
2.2. Actividades De introducción: corresponden á profesora e son as necesarias para comezar as unidades. Trátase das explicacións gramaticais, culturais ou de comentario de texto e de probas sinxelas, a miúdo orais, para descubrir se os alumnos contan cos coñecementos previos necesarios. De desenvolvemento: serán as que poñan en contacto ao alumnado cos novos contidos. Consistirán en exercicios e comentarios gramaticais de textos en latín ou grego, didacticamente seleccionados, nos comentarios literarios e comparativos de textos traducidos dos autores de cada xénero e en exercicios de léxico. De consolidación: estaranse a realizar durante todo o curso posto que a aprendizaxe dunha lingua require da consolidación continua dos coñecementos, pola contra é imposible avanzar. Para estas actividades é imprescindible o traballo complementario do alumno e profesora fóra da aula, daquel para conseguir o dominio da tradución e desta para levar ao día as correccións. Serán de gran axuda pola aportación de actividades lingüísticas e culturais amplias e graduadas en dificultade as seguintes páxinas web: http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2001/scripta/scripta.htm http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/comun/eshome.php De reforzo: xurdirán cada vez que aparezan carencias ou deficiencias no alumnado, para o que se conta con exercicios de reserva clasificados segundo os aspectos a reforzar. Trátase dun esforzo supletorio tanto para o alumno/a como para a profesora. Para os alumnos que formulen problemas na asimilación dos diversos contidos, prepararanse exercicios de dificultade graduada para os temas lingüísticos e léxicos, para os temas culturais pediráselles a realización de breves lecturas e esquemas destas, sempre acompañadas da axuda da profesora. De ampliación: para os alumnos máis eficientes sempre haberá posibilidade de ampliar contidos. Eles mesmos se organizarán optando por máis textos para traducir ou comentar, redacción de traballos de ampliación de temas culturais (como mitoloxía, historia de Roma, presenza feminina na literatura,...) ou lectura de novela histórica de calidade e traballos alusivos, para o cal proporcionaráselles bibliografía e unha lista de posibles lecturas (v. anexos). Nos contidos procedementais de cada unidade didáctica, faise alusión a todos estes tipos de actividades porque son o vehículo para levar a cabo ditos contidos.
2.3. Materiais e recursos didácticos Este departamento fixa en todos os niveis (agás na materia de Latín I para 1º de Bacharelato) un libro de texto que sirva como guía e referencia ao alumnado. O criterio prioritario para a súa elección é a claridade e rigor na exposición e unha oferta de actividades ampla, variada e de calidade, posto que simplifica moito a encomenda de traballos e exercicios. Os textos escollidos para este curso 2014-15 coinciden en utilizar a 7 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
metodoloxía chamada da inducción contextualizada: mediante unha gran variedade de contextos ou situacións, nos que as palabras e estructuras que se van aprender teñen sentido, e mediante unha moi coidada graduación, se consegue a deducción, sen ambigüidade, do significado e función das novas palabras e formas gramaticais, a partir do propio contexto, de ilustracións ou de pequenas notas a marxe, cando son necesarias. Trátase dun método puramentemente inductivo que busca a comprensión inmediata e asegura a asimilación e a consolidación mediante a reaparición constante, en novos contextos, de palabras e formas xa introducidas e comprendidas, estimulando no alumnado a capacidade de funcionar por si mesmo (o cal lle aporta confianza), a concentración, e a agudización das facultades de observación e de razoamento e que ten, en definitiva, como derradeiro obxectivo o avance gradual hacia a lectura da literatura latina na súa lingua orixinal con verdadeira comprensión e valoración. Os textos que o Departamento de Clásicas utilizará este ano son os seguintes: Materia Latín 4º E.S.O. Latín 2º Bac Grego 1º Bac Grego 2º Bac Cultura Clásica 3º E.S.O
Texto Latín 4º. Anaya Lingua Latina per se illustrata (Método Orberg) Griego 1, Editex Grego 2, Editex Cultura Clásica 3º, Santillana
Os alumnos de Latín I de 1º de Bacharelato terán como libro de referencia Latín I da editorial Santillana (Proyecto La casa del Saber), pero non terán a obriga de compralo. Os alumnos dispoñen no departamento de dicionarios de latín e grego ademais de comúns de galego, castelán, grego e etimolóxico. O Departamento de Clásicas e a biblioteca do centro están procurando reunir, para por a disposición do alumnado, unha bibliografía básica e outra de ampliación relacionadas nos anexos. O Departamento tamén facilitará ao alumnado as fotocopias dos esquemas dos xéneros literarios que se proxectarán en clase cando se traten os temas de literatura. Dende o principio de curso todo o material relacionado coas lecturas obrigatorias fixadas para as PAAU estará nos distintos cursos creados na aula vitual, a disposición do alumnado do 2º curso de Bac, tanto en Grego como en Latín. Este departamento está a procura de conquerir completa a biblioteca de textos latinos e gregos, orixinais e traduccións, dos autores que figuran nas unidades didácticas, o cal é cada vez maís doado no caso das linguas orixinais gracias ás aportacións dixitais ( p. ex. a Bibliotheca Augustana http://www.fh-augsburg.de/~harsch/a_chron.html ) e, no caso das traduccións, o departamento xa reuníu os textos fundamentais na colección de clásicos da editorial Gredos. Entregarase unha lista de sitios na rede para o estudio do latín e o grego (v. anexos). Trátase de sitios web de utilidade contrastada e supón só unha das múltiples aproximacións que se poden facer ao mundo dixital. Nelas hai suficientes enlaces como para que cada quen 8 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
escolla os recursos do seu interese. Procúrase a súa constante actualización. Así mesmo o uso da aula virtual facilita enormemente os enlaces directos cos sitios didácticamente máis interesantes. Cóntase cun fondo de películas de asunto clásico á procura de amplialo. (v. anexos). O proxecto Kairos do M.E.C. tamén será utilizado por este departamento porque se considera de gran utilidade sobre todo en Latín de 4º de ESO: http://iris.cnice.mec.es/kairos/mediateca/cinemateca/cinemateca.html Dispoñemos de ordenador e canón de video portátiles para a proxección do material audiovisual tal como as aplicacións en PowerPoint sobre temas de literatura e historia, as gramáticas on-line de grego ou latín, etc.
2.4. Actividades complementarias e extraescolares Como actividade complementaria proporase, en colaboración co Departamento de Lingua Galega ou de Lingua Castelá, aproveitar a invitación á aula dalgún escritor contemporáneo para que comente un texto clásico achegándoo á actualidade e mostrando así a súa vixencia. Ofrecerase a actividade extraescolar consistente na asistencia ao Festival de Teatro Grecolatino en Lugo, que serve de complemento didáctico moi adecuado para estudiar o teatro clásico, e, concretamente, nas materias de Latín e Grego II debido a que as dúas obras de teatro de lectura obrigatoria para Selectividade acostuman representarse en dito festival. Odisea: Concurso de Cultura Clásica en liña, actividade anual promovida pola SEEC Galicia (Sociedade Española de Estudios Clásicos, delegación galega). Navegar pola rede coma antigos heroes, buscado as respostas axeitadas para chegaren sans e salvos e tamén máis sabios. Gozar da satisfacción das respostas encontradas co seu esforzo, chegar sós a Ítaca e culminar a súa viaxe sen consultar o oráculo máis que o estrictamente necesario. Esta actividade entendese como voluntaria, e ofertarase o alumnado matriculado nas materias que imparte este departamento, pero eles teñen a última palabra sobre a súa participación.
2.5. Actividades de recuperación
9 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
O exiguo número de alumnos do Departamento de Clásicas posibilita facilitar ó máximo a execución de probas e actividades de recuperación. Os alumnos/as saberán dende o primeiro día de curso que o departamento está disposto a ofrecer as ocasións de recuperación necesarias sempre e cando ditos alumnos teñan cumprido coas súas obrigas de esforzo, traballo (individual e na aula) e comportamento adecuado. O seguimento de cada alumno pola profesora indicará o tipo de actividade de recuperación necesaria posto que, con moita frecuencia, o grao de conquerimento dos obxectivos en cada un dos bloques que a lei marca para estas materias é moi distinto segundo as destrezas propias de cada alumno.
3. Atención á diversidade Esta programación contempla a diversidade na súa oferta de exercicios de reforzo, para o alumnado con deficiencias, e de ampliación para o máis eficiente, ambos os dous tipos xa descritos supra no apartado 2.2. A diversidade do grupo respectarase en todo momento tratando de personalizar ao máximo a aprendizaxe. Para iso intentarase axustar a axuda pedagóxica a cada alumno baseándonos en: Alternarase o traballo individual e en parellas para fomentar o intercambio persoal de contidos procedementais e actitudinais. Realizarase un seguimento diario dos alumnos con dificultades sempre que eles mostren o debido interese. A oferta das actividades de reforzo / ampliación adaptarase ás necesidades específicas de cada alumno/a, que, con autonomía, as irán organizando. Non se comparará ao alumno co grupo. No caso de alumnos extranxeiros e con dificultades lingüísticas, cremos que o latín e o grego lles axudan a superalas. Non obstante, actuaremos sempre ó unísono cos departamentos de galego e castelá. En todo momento, se estará aberto á realización de pequenas adaptacións, se así se requerira. Para iso seguiremos unhas pautas de traballo: determinación de que é o que o alumno non consegue facer, determinación dos contidos a traballar e a metodoloxía a utilizar e comprobación mediante a avaliación continua de cáles van sendo os obxectivos conseguidos. O exiguo número de alumnos deste departamento facilita de por si a atención á diversidade
10 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
4. Procedementos xerais de avaliación Esta programación persegue unha avaliación de carácter procesual e continuo e considera básico e fundamental que o alumnado coñeza dende o primeiro momento as condicións do devandito proceso. O proceso avaliador partirá dunha avaliación inicial que oriente ao docente respecto aos coñecementos, procedementos e actitudes con que o alumnado accede aos cursos que este departamento imparte. Consistirá nunha proba que, por escrito, indagará no ámbito lingüístico e cultural e, de forma oral, no actitudinal para coñecer as expectativas ante as materias. Como xa se sinalou, a metodoloxía desta programación contempla adaptarse aos resultados da devandita prospección. A partir de aquí e ata final de curso realizarase avaliación continua do alumnado, contidos e profesora. Para iso, rexistraranse na ficha persoal de cada alumno/a o resultado das distintas actividades, o grao de participación e de traballo, o dominio dos procedementos, a asistencia a clase e a actitude cara á materia. Paralelamente, rexistraranse no diario de aula: a marcha xeral das diferentes unidades, a efectividade das explicacións e a transmisión por parte da profesora de interese na materia e de respecto por cada un dos alumnos/as. O feito de que os grupos de alumnado deste departamento sexan moi reducidos favorece a posta en común case diaria das opinións individuais de alumnos e profesora sobre a aplicación da programación e a efectividade da súa metodoloxía. Ao final de cada trimestre realizarase a avaliación sumativa. A frecuencia das probas escritas consensuarase co alumnado partindo dun mínimo de un exame por trimestre. Fomentarase a autoavaliación aproveitando os exercicios que con tal finalidade presenta a paxina web, xa citada, de recursos educativos do MEC. Por último, ao comezo do terceiro trimestre, os alumnos haberán de entregar (individualmente ou por parellas) un traballo proposto ao comezo de curso. A súa cualificación determinará o redondeo á alza ou á baixa na nota final do curso, nunca superior a un punto. Dito traballo exporase oralmente na aula e nel avaliarase tanto o nivel científico como o grao de desenvolvemento na lingua oral, desenrolando tamén sesións de coavaliación.
11 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
5. PROGRAMACIÓN DE LATÍN. 4º ESO.
5.1. Obxectivos da educación secundaria obrigatoria.
Segundo o artigo 4º do decreto Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, a materia de Latín contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan: a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura. i) Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada. j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e a historia propia e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural, coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura e sociedade galega ou a outras culturas do mundo. 12 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
k) Coñecer o corpo humano e o seu funcionamento, aceptar o propio e o das outras persoas, aprender a coidalo, respectar as diferenzas, afianzar os hábitos do coidado e saúde corporais e incorporar a educación física e a práctica do deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social. Coñecer e valorar a dimensión humana da sexualidade en toda a súa diversidade. Valorar criticamente os hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo, o coidado dos seres vivos e o ambiente, contribuíndo á súa conservación e mellora. l) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións artísticas, utilizando diversos medios de expresión e representación. m) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito. n) Coñecer e valorar a importancia do uso do noso idioma como elemento fundamental para o mantemento da nosa identidade.
5.2. A materia de Latín no cuarto curso de ESO. (Decreto 133/2007 do 5 de Xuño)
5.2.1. Introdución. A materia de latín, presente no currículo de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria, supón un achegamento específico á lingua e á cultura de Roma e, consecuentemente, ao mundo antigo. O seu estudo ofrécese a partir de contidos lingüísticos e culturais, complementarios entre si e unidos polo seu carácter de achegas substanciais do que se coñece como herdanza clásica. Todas as linguas da Europa occidental incrementaron os seus recursos expresivos, en todas as épocas, mesmo na actualidade, coa adopción de palabras de orixe latina. Esa calidade de achega e continuidade na sociedade actual debe guiar a súa presentación e dar sentido ao seu estudo. A adquisición de capacidades básicas e o logro dos obxectivos da etapa deberán estar no horizonte dos dous obxectivos primordiais que persegue esta materia: iniciar un estudo básico da lingua que é nexo e está na orixe do amplo grupo das linguas romances e coñecer os aspectos máis relevantes da sociedade e da cultura romanas para poder relacionalos cos do mundo actual. O primeiro obxectivo axuda a mellorar o coñecemento e uso das propias linguas como instrumento primordial de aprendizaxe e comunicación; o segundo achega unha interpretación máis ponderada da sociedade actual. A lingua latina é unha das máis importante achegas do mundo clásico á civilización occidental, polo que é razoable que os contidos propiamente lingüísticos ocupen un espazo moi considerable e substancial da materia. Por evolución ou por influencia léxica o latín está presente nas linguas que utilizamos ou nas que son obxecto de aprendizaxe para as alumnas e os alumnos. O estudo do sistema da lingua latina como modelo de lingua flexiva permite, a través da comparación, unha reflexión profunda sobre os elementos formais e os mecanismos sintácticos 13 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
das linguas de uso do alumnado. O coñecemento, sequera básico, do latín fai posible entender as linguas de orixe romance como o resultado concreto dunha evolución, e apreciar en que medida a súa estrutura e o seu léxico están en débeda coa lingua da que proceden. A práctica da tradución constitúe unha experiencia de investigación que utiliza a lóxica do pensamento, favorece a memoria e potencia os hábitos de disciplina no estudo, co que se razoa mellor e se aprende a aprender. O estudo da historia e evolución da lingua latina e da formación das palabras dota o alumnado dos coñecementos necesarios para entender a evolución lingüística, determinar os procesos de cambio fonético e semántico e ilustrar os procedementos que actúan na formación do léxico, ao mesmo tempo que enriquece o seu vocabulario. O alumnado, ao falar calquera lingua románica, debe ter conciencia de estar mantendo vivos moitos séculos de civilización mediterránea co latín como nexo unificador. A materia aborda, tamén, o coñecemento do marco xeográfico e histórico e dos aspectos máis relevantes da sociedade romana e clásica en xeral, desde a que se transmitiron modos de vida, institucións e creacións literarias, técnicas e artísticas que están na base da configuración e do progreso de Europa. Ese coñecemento supón un referente necesario no que rastrexar os antecedentes históricos da organización social ou a delimitación dos dereitos das persoas. A cultura que modelou o noso presente e impregna boa parte dos nosos cánones estéticos é tamén transmisora de valores universais, que entroncan a nosa herdanza cultural coas raíces do mundo clásico. Neste sentido, a lectura de textos literarios axuda a observar como temas e tópicos da cultura grecolatina se transmitiron ata hoxe e seguen presentes nos nosos escritos.
5.2.2. Obxectivos. O Decreto 133 / 2007, no seu Anexo II, marca os seguintes obxectivos para a materia de Latín de 4º curso: 1. Comprender textos latinos en contextos onde o sentido sexa facilmente deducible. 2. Identificar e relacionar elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos da lingua latina que permitan a análise e a tradución de textos sinxelos. 3. Desenvolver os hábitos de organización, traballo e disciplina no estudo a partir dos mecanismos de estruturación mental que implica o proceso de análise e tradución de textos latinos. 4. Mellorar a lectura comprensiva e a expresión oral e escrita mediante o coñecemento do vocabulario e as estruturas gramaticais latinas. 5. Coñecer a orixe e evolución das linguas romances para valorar os trazos comúns e a diversidade lingüística como mostra da riqueza cultural dos pobos de Europa. 6. Utilizar as regras fundamentais de evolución fonética do latín ás linguas romances e identificar palabras patrimoniais, cultismos e expresións latinas en diferentes contextos lingüísticos. 7. Entender o significado do léxico común de orixe grecolatina da propia lingua e comprender vocabulario culto, científico e técnico a partir dos seus componentes etimolóxicos. 8. Reflexionar sobre os elementos formais e as estruturas lingüísticas das linguas romances coñecidas polo alumno, a través da comparación co latín, modelo de lingua flexiva. 9. Coñecer os aspectos relevantes da cultura e da civilización romanas, utilizando diversas fontes de información e diferentes soportes, para identificar e valorar a súa continuidade no noso patrimonio cultural, artístico e institucional. 10. Coñecer os xéneros literarios latinos máis importantes. 14 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
5.2.3. Contidos. O Decreto Decreto 133 / 2007 distribúe os contidos da materia en catro bloques 1. 2. 3. 4.
O sistema da lingua latina. A historia e evolución da lingua latina. A formación das palabras. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico
Os tres primeiros bloques poñen o acento en contidos propiamente lingüísticos e gardan unha relación coherente entre eles, contribuíndo, non só a un coñecemento do latín, senón a un uso máis preciso da propia lingua e ao adecuado entendemento da terminoloxía culta, científica e técnica. O bloque 4 trata aspectos máis relevantes da sociedade romana e pon o acento na continuidade do mundo clásico que ofrece o mundo contemporáneo, na análise comparativa dos seus correspondentes antecedentes clásicos e na valoración crítica dos aspectos de continuidade, evolución e cambio. A distribución dos contidos nestes catro bloques implica un tratamento específico e equilibrado e obriga a situalos nun contexto xeral en que os diversos elementos atopen unha explicación relacionada e coherente.
Bloque 1. O sistema da lingua latina.
Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba. Diferenza entre vocais breves e longas. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan. O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. Clases de palabras. A flexión nominal, pronominal e verbal. Recoñecemento das categorías gramaticais da flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais. As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumentoprivilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances.
Bloque 2. A historia e evolución da lingua latina.
A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.
Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O proceso de redución morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A formación das lenguas romances. Análise dos procesos de evolución das linguas romances.
15 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e evolución fonética diferente. A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del.
Bloque 3. A formación das palabras.
Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e analoxía como mecanismos de enriquecemento do vocabulario. Definición de palabras a partir dos seus étimos.
O vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías específicas. Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á lingua falada e escrita. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.
Bloque 4. Vías non lingüísticas de transmisión do mundo clásico.
O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto da Hispania. As vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha civilización uniforme, de unidade política e económica e de relación humana. Uso de fontes primarias e secundarias para coñecer o pasado. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso e o festivo. Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural. Comparación e análise crítica das estruturas sociais e familiares. As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio en relación coa concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco e a bóveda na arquitectura posterior. Valoración da conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos medios audiovisuais e das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico. Observación directa. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e visuais. Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en manifestacións culturais de todo tipo e interpretación do seu significado. O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio arqueolóxico, artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia. Valoración da importancia da lectura de textos da literatura latina de diversidade temática.
16 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
5.2.4. Temporalización dos contidos de Latín de 4º de E.S.O. Atendendo ás anteriores directrices e seguindo o libro de texto da Editorial Santillana, elixido por este Departamento, esta programación concreta a materia de latín de 4º da E.S.O. nas dez unidades didácticas seguintes, as cales responden todas a un mesmo esquema:
Plan de traballo * Lingua Latina Mundo Romano
Presentación dos contidos e procedementos da unidade e texto motivador. Colloquium, narratio, gramática, etymologia, exercitia, et vocabula neccesaria. (Bloques I, II e III do Decreto 133) Civilización, historia, legado, mitoloxía e ficha arqueolóxica do patrimonio romano na Península. (Bloque IV do Decreto 133)
* Este apartado xa non aparecerá no esquema das unidades posto que os contidos conceptuais aparecen expresados nos outros dous apartados e os procedementais e actitudinais, por tratarse dunha lingua, son prácticamente os mesmos para todas as unidades. Así pois nos seguintes esquemas estamos presentando os contidos conceptuais, atopando infra os principais contidos procedementais e actitudinais comúns a tódalas unidades:
A) Conceptuais Unidade 1 Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: O concepto de flexión. O caso nominativo. O alfabeto latino e a súa pronunciación. Etymologia: A orixe latina do noso vocabulario. Exercitia Italia antiqua. O xardín das Hespérides. A torre de Hércules. Actividades. Unidade 2
Lingua Latina
Grammatica: As oracións predicativas. Os casos xenitivo e ablativo. Etymologia: A etimoloxía. 17 / 79
IES Salvaterra.
Mundo Romano
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Exercitia Roma quadrata. As nove Musas. Edeta. Actividades. Unidade 3
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: As oracións transitivas e intransitivas. Os adxectivos latinos. O caso acusativo. Etymologia: O latín e as Ciencias Sociais. Exercitia Rex in urbe Roma. Medusa. Tarraco. Actividades. Unidade 4
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: Enunciado do sustantivo en latín. As declinacións 1ª e 2ª. O infinitivo. Etymologia: O latín e a Astronomía. Exercitia S.P.Q.R. Faetón. Itálica. Actividades. Unidade 5
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: A 3ª declinación. Etymologia: O latín e a Mediciña. Exercitia Caius Iulius Caesar. Orfeo. Caesaraugusta. Actividades. Unidade 6
Lingua Latina
Grammatica: 18 / 79
IES Salvaterra.
Mundo Romano
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
A 3ª declinación. O caso vocativo. Neutro da 2ª e 3ª declinacións. As preposicións latinas. Etymologia: O latín e a súa relación coas Matemáticas, a Física e a Química. Exercitia Imperium. Dédalo e Ícaro. As Médulas. Actividades. Unidade 7
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: Os adxectivos latinos. Etymologia: O latín na Historia e a Xeografía. Exercitia Hispania Romana. Teseo. A Vía da Prata. Actividades. Unidade 8
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: O caso dativo. A 4ª declinación. O imperfecto do verbo sum. Etymologia: O latín e a arte. Exercitia Graecia et Roma Afrodita. A mitoloxía en Velázquez e Goya. Actividades. Unidade 9
Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: A 5ª declinación. O imperfecto dos verbos predicativos. Etymologia: O latín e a Filosofía. Exercitia Hereditas ( usus et mores). Prometeo. 19 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Segóbriga. Actividades.
Unidade 10 Lingua Latina
Mundo Romano
Grammatica: Recapitulación dos contidos gramaticais. Etymologia: O latín e a Música. Exercitia Hereditas ( educatio et ars). Edipo. Pollentia. Actividades.
Como contido transversal da propia materia ó longo de todo o curso desenvolveráse a unidade titulada Lendo os clásicos, unha aproximación á literatura latina a través de sinxelas introduccións ós xéneros literarios e os seus autores e unha selecta de textos adaptados tendo en conta o nivel no que traballamos e as horas coas que contamos. Os contidos desta unidade tranversal ditribúense en sete fichas do xeito seguinte: Ficha 1 2
Xénero A Épica A Lírica
3
O teatro
4
A oratoria
5
A historiografía
6
A sátira e o epigrama
7
Outros xéneros narrativos
Textos Adaptacións da Eneida (Libros I, II, e VI). Adaptacións das Odas II e X de Horacio e do Libro IV das Metamorfosis. Adaptación da escea II de Cásina e do prólogo de Poenulus. Adaptacións da Oratio prima contra Catilinam e de Institutiones Oratoriae. Adaptacións do prefacio de Ab urbe condita e do III Libro de Anales. Adaptacións da Satira VI de Iuvenal e dos Epigramas, VI, 53 e V, 43 de Marcial. Adaptacións do Satyricon, do libro I de Metamorphoseon e do XLIII, 93 da Naturalis Historia de Plinio.
B) Procedementais
Comparación entre a lingua latina, a lingua propia e aquelas outras linguas indoeuropeas que o alumnado poida coñecer. Distinción dos compoñentes das palabras en latín. Comprensión dun sistema lingüístico flexivo. Comprensión e traducción de frases e, paulatinamente, de textos sinxelos. Exercicios de etimoloxía. Elaboración de exercicios de repaso o longo do curso, de vital importancia nunha materia como latín. 20 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Elaboración de cadros que axuden a sistematizar e memorizar as flexións (nominal, pronominal ou verbal ). No Bloque IV búsqueda de información e contraste coa ofrecida. Lectura e interpretación de textos clásicos relacionados cos conceptos a estudiar. Utilización de mapas da Antigüidade e comparación cos actuais.
C) Actitudinais
Interese na traducción e comprensión de textos latinos básicos. Afición á lectura de textos clásicos. Interese pola etimoloxía. Valoración do patrimonio e restos arqueolóxicos romanos. Potenciación do estudio biográfico de personaxes romanos destacados para entender a evolución de Roma. Interese pola mitoloxía e comprensión do que verdadeiramente esta significa. Respeto e curiosidade hacia á diversidade lingüística. Capacidade de traballo individual e en grupo.
A distribución destes contidos por avaliación será a seguinte: 1ª avaliación 2ª avaliación 3ª avaliación Unidades 1, 2 e 3 Unidades 4, 5 e 6 Unidades 7, 8, 9, e 10 Fichas 1 e 2 da unidade Fichas 3, 4, e 5 da Fichas 6 e 7 da unidade transversal unidade transversal tranversal
5.2.5. Contribución desta materia á adquisición das competencias básicas. O estudo desta materia contribúe dun xeito claro ao desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística: o coñecemento da estrutura da lingua latina posibilita unha comprensión profunda da gramática funcional das linguas europeas de orixe romance e doutras que comparten co latín o carácter flexivo, ou recibiron unha achega léxica importante da lingua latina. A interpretación dos elementos morfosintácticas e de vocabulario e a práctica da tradución e da retroversión supoñen a adquisición da habilidade para recoller e procesar a información dada e utilizala apropiadamente. O coñecemento dos procedementos para a formación das palabras e os fenómenos de evolución fonética colabora eficazmente á ampliación do vocabulario básico e potencia a habilidade para utilizar a linguaxe como instrumento de comunicación. O coñecemento das etimoloxías grecolatinas proporciona a comprensión e incorporación dun vocabulario culto e explica o vocabulario específico de termos científicos e técnicos. O coñecemento da historia e evolución da lingua latina fomenta o ser consciente da variabilidade das linguas a través do tempo e dos diferentes ámbitos xeográficos e sociais, así como do diálogo entre as culturas; igualmente o interese e o respecto por todas as linguas, incluíndo as antigas e as minoritarias, e o rexeitamento dos estereotipos baseados en diferentas culturais e lingüísticas. Co coñecemento do patrimonio arqueolóxico e artístico romano no noso país e en Europa esta materia potencia o aprecio e goce da arte como produto da creación humana e como testemuño da historia, á vez que fomenta o interese pola conservación dese patrimonio. Coa achega de referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos 21 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio clásico. O coñecemento do mundo clásico e da súa continuidade favorece a interpretación da literatura posterior, en que perduran temas, arquetipos, mitos e tópicos, á vez que se desenvolve o interese pola lectura, a valoración do carácter estético dos textos e o amor pola literatura, contribuíndo, pois, ao logro da competencia en expresión cultural e artística. Desde o coñecemento das institucións e o modo de vida dos romanos que é o referente histórico de organización social, a participación dos cidadáns na vida pública e delimitación dos dereitos e deberes das persoas e das colectividades, no ámbito e o contorno dunha Europa diversa, unida no pasado pola lingua latina, sitúase a contribución para lograr a competencia social e cidadá. O coñecemento das desigualdades existentes nesa sociedade favorece unha reacción crítica ante a discriminación pola pertenza a un grupo social ou étnico determinado, ou pola diferenza de sexos. Foméntase así no alumnado unha actitude de valoración positiva da participación cidadá, da negociación e da aplicación de normas iguais para todos como instrumentos válidos na resolución de conflitos. Coa busca, selección crítica, e tratamento da información, recorrendo a fontes variadas, coa aplicación de técnicas de síntese, coa identificación de palabras clave e a distinción entre ideas principais e secundarias, coa elaboración de textos e coa presentación a través de medios informáticos, favorécese a competencia dixital, altamente favorecida polo uso da aula virtual. Intentarase sempre facer ver ao alumnado: A necesidade dunha utilización crítica das tecnoloxías da información. A comunicación como instrumento que universaliza dita información. A tecnoloxía informática como unha ferramenta para a comunicación do coñecemento adquirido. O estudo do latín, propiciando a disposición e a habilidade para organizar a aprendizaxe, favorecendo as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, exercitando a memoria mediante a recuperación de datos e situando o proceso formativo nun contexto de rigor lóxico, favorece a competencia de aprender a aprender. O recurso continuado a procedementos que esixen planificar, avaliar distintas posibilidades e tomar decisións facilita o logro da competencia de autonomía e iniciativa persoal. O traballo cooperativo e a posta en común dos resultados implica valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros, comprender a forma de corrixilos e non renderse ante un resultado inadecuado. En definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación.
5.2.6. Avaliación. 5.2.6.1. Criterios de Avaliación 4º de E.S.O 1. Identificar en textos traducidos de autores clásicos e modernos, despois de resumilos, aspectos históricos ou culturais. Este criterio pretende verificar a capacidade de comprender o contido dun texto, identificar acontecementos, personaxes e aspectos da civilización romana, e relacionar os datos do texto con referentes actuais. 2. Distinguir nas diversas manifestacións literarias e artísticas de todos os tempos a mitoloxía clásica como fonte de inspiración e recoñecer no patrimonio arqueolóxico as pegadas da romanización. Este criterio trata de comprobar se se identifican os principais elementos da mitoloxía clásica e o patrimonio arqueolóxico romano en diversos
22 / 79
IES Salvaterra.
3.
4.
5.
6.
7.
8.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
contextos expresivos, textos literarios e iconografía de calquera tipo, se se comprende o seu significado específico e se se advirte o seu valor como fonte de inspiración. Aplicar as regras básicas de evolución fonética a étimos latinos que dean orixe a termos romances do vocabulario habitual e establecer a relación semántica entre un termo patrimonial e un cultismo. Con este criterio preténdese avaliar a capacidade para utilizar os mecanismos de evolución fonética e analizar as diferenzas de significado entre palabras dunha mesma orixe. Identificar compoñentes de orixe grecolatina en palabras da linguaxe cotiá e no vocabulario específico das ciencias e da técnica, e explicar o seu sentido etimolóxico. Este criterio trata de comprobar a capacidade de recoñecer os formantes gregos e latinos en diferentes contextos lingüísticos e producir definicións etimológicas de termos cotiáns, científicos e técnicos. Recoñecer latinismos e locucións usuais de orixe latina incorporadas ás linguas coñecidas polo alumno e explicar o seu significado en expresións orais e escritas. Este criterio pretende verificar se o alumnado identifica e comprende as expresións latinas integradas nas linguas modernas e se é capaz de utilizalas de xeitocoherente. Recoñecer os elementos morfolóxicos e as estruturas sintácticas elementais da lingua latina e comparalos cos da propia lingua. Con este criterio trátase de constatar a compresión do funcionamento básico da lingua latina e a capacidade de establecer analoxías e diferenzas con elementos e estruturas da súa propia lingua. Traducir textos breves e sinxelos e producir, mediante retroversión, oracións simples utilizando as estruturas propias da lingua latina. Este criterio intenta comprobar se as alumnas e os alumnos asimilaron as estruturas morfolóxicas e sintácticas elementais da lingua latina e se son capaces de recoñecelas para realizaren traducións directas ou inversas de textos elaborados de escasa dificultade. Manexar recursos que lle permitan ao alumnado elaborar, guiado polo profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotiá en Roma. Este criterio quere comprobar se o alumnado é quen de buscar información en fontes e formatos diversos, seleccionala, organizala e, despois da elaboración dun texto, expresala con orde, coherencia e cohesión.
5.2.6.2. Procedementos e criterios de cualificación 4º de E.S.O. Os instrumentos ou medios utilizados para valorar o proceso de avaliación continua son os seguintes: - Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. - Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, o cal debería incitar a que o alumno traballe de forma continua na materia. - Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc.). - Caderno de clase. - Lectura de libros xuvenís ambientados no mundo grecorromano e de traducións de textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Os alumnos e o profesor decidirán as datas para facer os exames, e a nota de cada avaliación sairá de:
23 / 79
IES Salvaterra.
-
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
proba/as obxectivas escritas e as probas escritas de curta duración ou, no seu caso preguntas orais (85%), caderno e participación na clase(5%) traballos e/ou lecturas (10%).
As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considéranse cualificacións positivas aquelas superiores ou iguais a 5. Todos os exames puntuaranse sobre dez. Non haberá probas de recuperación propiamente ditas, debido a que, ao levar un sistema de avaliación continua onde a materia incluída no exame non é eliminada para a seguinte proba, o exame seguinte recuperará o anterior, sempre tendo en conta a marcha xeral de cada alumno. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Na materia de Latín de 4º da ESO a tradución valerá o 50% e o 50% restante corresponderá ás preguntas de tipo teórico. SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN
Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 90%. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): • asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01)................0,1% • é respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase ................................0,1% • fai as actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase..............0,2% • interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas.....................0,2% • coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais............0,2% • ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo....................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. 24 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Criterios de corrección de exercicios e probas: para que unha proba sexa considerada válida deberá ter unha presentación adecuada e ser perfectamente lexible. • Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. • Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. • Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. • Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. • Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba. Realizaranse probas periódicas para comprobar o grao de obxectivos alcanzados. A valoración das mesmas servirá para adecuar o ritmo de traballo e mesmo para corrixir os erros cometidos. As alumnas e alumnos da materia haberán de demostrar que lograron asimilar os contidos durante o curso.
5.2.6.3. Actividades de recuperación en 4º de E.S.O O feito de tratarse dun departamento con pouco alumnado posibilita facilitar ó máximo a execución de probas e actividades de recuperación e que estas se resolvan de xeito individual e atendendo ás deficiencias persoais. Os alumnos/as saberán dende o primeiro día de curso que o departamento está disposto a ofrecer as ocasións de recuperación necesarias sempre e cando ditos alumnos teñan cumprido coas súas obrigas de esforzo, traballo (individual e na aula) e comportamento adecuado, como xa se indicou no apartado de metodoloxía.
5.2.7. Contidos mínimos para o 4º curso de E.S.O. Alfabeto grego e latino e a pronunciación clásica. Diferenza entre vocais breves e longas. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade baixa creados en contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.
25 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas romances utilizadas polo alumno. Clases de palabras. Introducción ás flexións nominal, pronominal e verbal regulares. As estructuras oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos coordinantes máis frecuentes. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas romances. A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas. A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios fonéticos máis frecuentes. Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Definición de palabras a partir dos seus étimos (aquelas que aparecen nas unidades do libro). Os étimos gregos e latinos nas Matemáticas e a Mediciña. Recoñecemento das expresións latinas máis frecuentes incorporadas á lingua falada e escrita (as presentes nas unidades do libro). Italia antigua : a súa xeografía e pobos principais. As etapas históricas de Roma. A organización socio – política na República e no Imperio. As diferencias fundamentais. As figuras de Caio Xulio César e Octavio Augusto. A Hispania Romana. O legado romano no Derecho civil. Panteón Grecorromano. As Musas. Medusa. Orfeo. Prometeo. Tarraco. As Médulas.
5.2.8. Contribución da materia Latín 4º curso de E.S.O. a mellora dos resultados obtidos na Proba de Avaliación Diagnóstica O Departamento de Linguas Clásicas tratará de contribuir, mediante esta materia xunto con Cultura Clásica que imparte na E.S.O., para acadar uns mellores resultados do alumnado que a curse sobre todo na competencia lingïstica, polo feito de profundizar nas orixes das linguas vehiculares do noso alumnado, explicando as supostas irregularidades das mesmas na ortografía, a morfoloxía e a sintaxe. Mediante os exercicios de etimoloxía, declinación e 26 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
análise morfo-sintáctico do latín, tamén se persegue un mellor uso e entedemento das linguas propias do alumnado. Pero este Departamento tamén considera que e estudio do latín na E.S.O.pode contribuir á mellora da competencia matemática cos seus exercicios de análise estructural dunha lingua que polo seu carácter de flexiva concita un alto grao de rigor lóxico.
6. PROGRAMACIÓN DE LATÍN I e II DE BACHARELATO.
6.1. Obxectivos xerais do Bacharelato. Segundo o artigo 3º do decreto Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, a materia de Latín contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan: a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade. d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación.
27 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida.
j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico. l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables. n) Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria. o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
6.2. A materia de Latín no bacharelato
6.2.1. Introdución. A materia de Latín no bacharelato proporciona as bases lingüísticas, históricas e culturais precisas para entender aspectos esenciais da civilización occidental; permite unha reflexión profunda sobre as linguas galega e castelá e contribúe eficazmente á aprendizaxe das linguas modernas de orixe romance ou doutras influídas polo latín. Constitúe tamén un coñecemento imprescindible para todas as persoas que optaron por unha primeira especialización no campo das humanidades ou das ciencias sociais. Os contidos propostos para Latín I e II en que se desenvolve a materia céntranse en dous grandes ámbitos, a lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques: Estudo progresivo das características da lingua latina. A aprendizaxe da lingua latina e da súa gramática terá como obxectivo último a comprensión e tradución de textos literarios orixinais dunha complexidade progresiva, para o que é posible 28 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
partir de textos adaptados ou elaborados. Segundo se suxire no DCB de Latín para 4º de ESO, parece recomendable seguir un método no que as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e no que a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase. Comprensión e interpretación de textos latinos. Os textos seleccionados responderán a diferentes épocas e xéneros literarios e poderán presentarse, tanto na súa forma orixinal, coas adaptacións necesarias para facilitar a súa comprensión, como en traducións. O profesorado poderá servirse tamén de textos elaborados graduados que faciliten o acceso progresivo aos textos orixinais. A práctica da tradución de textos latinos ha de contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia, buscando a correcta adecuación entre as estruturas lingüísticas de ambas as linguas. Estudio do léxico latino e a súa pervivencia en galego, castelán e outras linguas modernas. A adquisición dun vocabulario latino, baseado nunha frecuencia de uso, constitúe un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao tempo que permite mellorar na expresión oral e escrita en galego e en castelán, así como en linguas estranxeiras. Pódese adquirir ese vocabulario básico a través dos textos traballados, co que a súa aprendizaxe se realiza nun contexto determinado que facilita a súa asimilación. A lectura de textos traducidos e orixinais constitúe un instrumento privilexiado para pór o alumnado en contacto coas mostras máis importantes da civilización romana: a creación literaria e a produción artística; a ciencia e a técnica; as institucións políticas, relixiosas e militares; a vida familiar, a organización social e a ordenación xurídica. A selección de textos de xéneros e épocas diversas atenderá ao criterio de ofrecer unha visión completa e equilibrada da historia e da sociedade romanas. A sistematización de todos eses datos extraídos de diversas fontes documentais, incluídas as que brindan as tecnoloxías da información e da comunicación, e a súa comparación constante cos que ofrecen as sociedades actuais permitirán unha valoración razoada da achega de Roma á conformación do ámbito cultural e político europeo. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ofrecen novas e atractivas perspectivas no estudo da lingua e cultura romanas que convén aproveitar, como o uso de metodoloxías interactivas no estudio da lingua latina, procura de textos, imaxes e vídeos na internet, ferramentas de presentación e comunicación de resultados, aula virtual etc. A gradación dos contidos lingüísticos debe basearse no índice de frecuencia, situando no primeiro curso o máis habitual e deixando para o segundo o menos frecuente. Corresponde ao primeiro a lectura comprensiva e tradución de textos breves e sinxelos a través dos cales se asimilarán as estruturas da morfoloxía regular, os valores sintácticos máis usuais e os aspectos básicos da civilización romana. No segundo curso avanzarase na lectura comprensiva e tradución de textos de maior complexidade, distinguindo neles as características do xénero literario ao que pertencen, así como o tratamento de aspectos específicos do legado romano.
6.2.2. Obxectivos. 1. Iniciarse na lectura, interpretación e tradución de textos de dificultade progresiva, utilizando, para este fin, o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua latina. 29 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e recoñecer compoñentes significativos da flexión nominal, pronominal e verbal latina nas linguas modernas derivadas do latín ou influídas por el. 3. Achegarse a textos latinos diversos, orixinais, adaptados e traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero literario ao que pertencen. 4. Recoñecer elementos da lingua latina que evolucionaron ou que permanecen nas nosas linguas e aprecialos como clave para a súa interpretación. 5. Buscar información sobre aspectos relevantes da civilización romana, indagando en documentos e en fontes variadas, analizalos criticamente e constatar a súa presenza ao longo da historia. 6. Identificar e valorar as principais achegas da civilización romana no noso contorno e apreciar a lingua latina como instrumento transmisor de cultura. 7. Valorar a contribución do mundo romano na súa calidade de sistema integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.
6.2.3. Contidos Latín I. Contidos comúns.
A lectura, comprensión e tradución de textos latinos: a precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos matices. As relacións políticas e sociais en Roma: orixinalidade con respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da infancia e na escravitude. Imbricación cultural entre a antiga Roma e o mundo contemporáneo.
A lingua latina.
Do indoeuropeo ás linguas romances. A escritura en Roma. Abecedario, pronunciación e acentuación. Flexión nominal, pronominal e verbal. Formas non flexivas. Sintaxe dos casos. Uso das preposicións máis frecuentes. A estrutura da oración. A concordancia. Orde de palabras. Oracións simples e compostas. Coordinación. Inicio do estudo da subordinación.
Os textos latinos e a súa interpretación.
30 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e comentario de textos latinos. Análise morfosintáctica. Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos con comentario do seu contexto histórico, social e cultural.
O léxico latino e a súa evolución.
Aprendizaxe do vocabulario básico latino en función da súa frecuencia de uso e da súa relevancia en galego e castelán. Nocións básicas de evolución fonética, morfolóxica e semántica do latín ás linguas romances. Palabras patrimoniais e cultismos. Expresións latinas incorporadas á lingua coloquial e literaria.
Roma e o seu legado.
Sinopse histórica do mundo romano dos séculos VIII a. C. ao V d. C. Organización política e social de Roma. Maxistraturas e clases sociais. O dereito romano e a súa pervivencia. A relixión. O exército. Aspectos máis relevantes da cultura e da vida cotiá en Roma. O urbanismo e a vivenda, a educación, a familia, os espectáculos. A romanización de Hispania e as súas pegadas.
6.2.4. Temporalización dos contidos Latín I A experiencia doutros anos ten demostrado que para cada grupo o profesor debe axustar os tempos e os ritmos. Non serve de nada tentar cumplir a raxatabla un número de sesións se o procedemento de aprendizaxe non se cumple. Por isto tentarase axustar a marcha do ensinoapredizaxe aos marcos temporais das avaliacións, máis ou menos, un trimestre, que se veñen situando habitualmente entorno ao comezo das vacacións de Nadal, de Pascua e do verán. Queda aberta a posibilidade de facer os axustes pertinentes sen afectar ó logro dos obxectivos. 1ª Avaliación U.D.1. Historia da lingua latina: O latín, lingua indoeuropea. Evolución do latín. As linguas románicas. U.D.2. Introdución á fonética e á prosodia ltinas: O sistema fonolóxico do latín. O alfabeto latino. A pronunciación latina. U.D. 3. Introdución á morfosintaxe latina: A sintaxe latina. A morfoloxía latina. O sistema nominal. O sistema verbal. U.D. 4. A primeira declinación. As conxugacións latinas. A oración simple: A primeira declinación, tema en –a. As conxugacións latinas (presente de indicativo). A oración simple: transitivas e intransitivas. Concordancia entre o suxeito e o verbo. U.D. 5. A segunda declinación. O pretérito imperfecto de indicativo. As funcións do acusativo: A segunda declinación, tema en –o. O xénero neutro. O pretérito imperfecto de indicativo. As funcións do acusativo. As preposiciones de acusativo máis frecuentes. U.D. 6. O adxectivo. O verbo sum. A oración copulativa: Os adxectivos da primeira clase. Os adverbios de modo derivados destes adxectivos.O verbo sum: presente e pretérito imperfecto de indicativo. A oración copulativa. A concordancia entre o suxeito e o 31 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
atributo.Os complementos do nome: por un adxectivo e por un sustantivo. 2ª Avaliación U.D. 7. A terceira declinación. O tema de perfecto. As funcións do dativo e do ablativo: A terceira declinación. Os temas en consoante oclusiva, líquida, nasal e fricativa. O tema de perfecto en modo indicativo: o pretérito perfecto, o pluscuamperfecto e o futuro perfecto. O dativo complemento indirecto, o dativo posesivo. O ablativo separativo, instrumental e locativo. Preposiciones de ablativo. U.D. 8. A terceira declinación. O futuro imperfecto. Os complementos de lugar: Temas en –i. Adxectivos da terceira declinación de tema en cosoante e de tema en –i. Advervios de modo derivados destes adxectivos. El futuro imperfecto de indicativo. Complementos circunstanciales de lugar e tempo. U.D. 9. A cuarta e a quinta declinacións. O presente de imperativo.O complemento predicativo: A cuarta declinación, temas en –u. A quinta declinación, temas en –e. O presente de imperativo. O complemento predicativo. O vocativo. A exclamación. U.D. 10. Os graos do adxectivo. O participio latino: Morfosintaxe do comparativo e o superlativo. Os comparativos e superlativos de bonus, malus, magnus, parvus. Morfosintaxe do participio latino: participio concertado e participio absoluto. 3ª Avaliación U.D. 11. Os pronomes persoais. O subxuntivo. As oracións compostas: Os pronomes persoais. A evolución dos pronomes persoais ó castelán. O presente de subxuntivo. O pretérito imperfecto de subxuntivo. A oración composta. As oracións coordinadas. U.D. 12. Os pronomes relativos e interrogativos. O subxuntivo. As oracións subordinadas adxectivas: O pronome relativo. O pronombre-adxectivo interrogativo-indefinido. El pretérito perfecto e pluscuamperfecto de subxuntivo. Clasificación das oracións subordinadas. As oracións adxectivas ou de relativo. U.D. 13. Os demostrativos. A voz pasiva. As subordinadas adverviais: Os pronomesadxectivos demostrativos. A voz pasiva no tema de presente e de perfecto. Sintaxe da oración pasiva: suxeito paciente e ablativo axente. U.D. 14. Os demostrativos. Os verbos deponentes. O infinitivo latino: O demostrativo anafórico, os demostrativos enfáticos. Os verbos deponentes. Morfoloxía e sintaxe do infinitivo: oracións de infinitivo concertado e non concertado. U.D. 15. Os numerais. As subordinadas adverbiais: Oracións subordinadas adverbiais: causais, temporais, finais, concesivas, condicionales, consecutivas e comparativas.
6.2.5. Avaliación Latín I 6.2.5.1. Criterios de avaliación. Latín I. 1. Comprender e ser capaz de traducir textos latinos breves e sinxelos, orixinais, adaptados ou elaborados, coa maior fidelidade posible.
32 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Con este criterio preténdese comprobar, a través de exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun texto, a competencia lingüística en latín e a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima. Poderán contribuír á valoración da consecución de obxectivos os exercicios doados de tradución inversa ou de elaboración en latín de pequenas mensaxes orais e escritas.
2. Recoñecer en textos latinos sinxelos os elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán. Este criterio pretende comprobar se o alumnado adquiriu as nocións de morfoloxía e de sintaxe que lle permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar formas, funcións e elementos fundamentais, todo iso sempre co obxectivo primordial de comprender e traducir o texto latino. O alumnado relacionará eses elementos básicos cos das linguas galega e castelá ou outras coñecidas por el.
3. Ler e comentar textos traducidos de diversos xéneros ou referentes ao mundo romano e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. O estudante poderá manifestar a súa competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos latinos con textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade.
4. Recoñecer no léxico do galego, do castelán e doutras linguas faladas na Península palabras de orixe latina e analizar a súa evolución fonética, morfolóxica e semántica, así como deducir regras básicas de derivación e composición. Este criterio trata de constatar se o alumnado ten conciencia de que as linguas faladas na Península evolucionaron desde o latín, agás o eúscaro, que recibiu del importantes achegas léxicas. Deberanse relacionar palabras do galego e do castelán ou doutras linguas romances cos seus correspondentes étimos latinos e identificar os cambios fonéticos, morfolóxicos e semánticos producidos no curso da súa evolución.
5. Identificar os aspectos máis importantes da historia do pobo romano e da súa presenza no noso país e recoñecer as pegadas da cultura romana en diversos aspectos da civilización actual. Con este criterio comprobarase o coñecemento do pasado romano, especialmente centrado na Península Ibérica, e a constatación da súa vixencia no mundo actual. Posibles exercicios son o traballo sobre fontes escritas e iconográficas, sobre pezas conservadas nos fondos museísticos e xacementos arqueolóxicos, ou a procura nos medios de comunicación de referencias ao mundo romano.
33 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
6. Planificar e realizar, seguindo as pautas do profesorado, algún traballo de investigación sobre a presenza do mundo romano no contorno, consultando as fontes directas (restos arqueolóxicos, epigrafía, textos antigos) e utilizando as TIC como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que o alumnado distingue no seu contorno os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpreta correctamente mediante a utilización selectiva de fontes diversas. Tamén trata de avaliar a capacidade de indagar nas fontes directas e tomar contacto cos materiais ordenando os datos obtidos e elaborando o traballo mediante o uso das TIC como ferramentas fundamentais. Neste sentido recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras ferramentas da internet.
7. Comentar narracións didácticas, novelas históricas, bandas deseñadas ou películas documentais e de ficción relativas ao mundo romano. Este criterio pretende que o alumnado practique o hábito da lectura comprensiva e a visión crítica de películas documentais e de ficción relacionadas co mundo romano.
6.2.5.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación. Latín I. Os instrumentos ou medios utilizados para valora-lo proceso de avaliación continua son os seguintes: 1. Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. Os exames poderán tratar aspectos de diverso tipo: de desenvolvemento dun tema, de paráfrase e comentario de textos, de tradución, exercicios gramaticais de recoñecemento de formas e funcións, establecemento de paradigmas nominais e verbais, etc. 2. Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, para a aprendizaxe da morfoloxía, o cal debería incitar a que o alumno leve un estudo continuo da materia. 3. Traducións continuas, xa en casa xa no aula, para a aprendizaxe da sintaxe e das técnicas de tradución. Estas traducións no ámbito individual servirán tamén para conseguir unha clase aberta e unha participación importante do alumnado cando estas se comenten e corrixan en clase. 4. Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc...). 5. Lecturas, nos dous primeiros trimestres, de traducións textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita. As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considérase cualificacións positivas aquelas superiores o iguais a 5. As características da materia e do ciclo no que se desenvolve esixen un sistema de avaliación continua, tendo en conta os seguintes criterios: 34 / 79
IES Salvaterra.
-
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
tres avaliacións superadas: materia aprobada coa nota media aproximada; 1ª avaliación suspensa, resto aprobadas: materia aprobada coa nota media aproximada; unha avaliación suspensa: recuperación dos contidos non superados; tres, dúas ou terceira avaliación suspensas: recuperación de toda a materia.
Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais de cada unidade didáctica e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 40%. O exame de análise morfosintáctica e tradución final en cada avaliación supón un 50% da nota. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): - Asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01) ............... 0,1% - É respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase ......................................0,1% - Fai as Actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase ................0,2% - Interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas .......................0,2% - Coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais ................0,2% - Ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo ....................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. Criterios de corrección de exercicios e probas: - Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. - Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. - Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. - Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. - Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba.
6.2.6. Contidos mínimos Latín I
Os casos latinos. As cinco declinacións. Os adxectivos da 1ª e a 2ª clase. Os graos do adxectivo. Comparativo e superlativo de bonus, malus, magnus e parvus. Os numerais. A declinación de unus, duo e tres. A declinación pronominal: persoais, posesivos, demostrativos, anafóricos e relativo. O enunciado do verbo. 35 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
A conxugación regular: infectum e perfectum da voz activa e pasiva. O verbo sum e os seus compostos. A sintaxe de coordinación. A sintaxe do infinitivo e do participio. A oración pasiva. As subordinadas completivas e adxectivas.
A xeografía de Italia e a historia de Roma. A vida privada: a familia, a educación e o ocio. A relixión romana. A Hispania romana.
6.2.7. Contidos Latín II. Contidos comúns.
Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude na expresión lingüística. Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e das peculiaridades do texto e do contexto. A literatura latina e os xéneros literarios. Influencia da literatura latina na literatura posterior. As raíces romanas de Galicia.
A lingua latina.
Revisión da flexión nominal e pronominal. Formas menos usuais e irregulares. Revisión da flexión verbal regular. Verbos irregulares e defectivos. Formas nominais do verbo. Afondamento no estudo da sintaxe casual. A oración composta. A subordinación: substantiva, adxectiva e adverbial; uso das partículas subordinantes máis frecuentes. Construcións de participio e de infinitivo.
Os textos latinos e a súa interpretación.
Afondamento na lectura comprensiva e tradución de textos latinos achegándose ao seu contexto social, cultural e histórico. Lectura e comentario de obras e fragmentos latinos traducidos relacionados cos diversos xéneros literarios asimilando as súas características formais.
36 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
O léxico latino e a súa evolución.
Aprendizaxe de vocabulario.
Formación de palabras latinas. Composición e derivación. Compoñentes etimolóxicos no léxico das linguas romances. Vocabulario específico de orixe grecolatina usual nas disciplinas que se estudan no bacharelato. Expresións latinas incorporadas á linguaxe culta. Uso correcto do dicionario.
Roma e o seu legado.
Transmisión da literatura clásica. Os xéneros literarios latinos e a súa influencia nas manifestacións posteriores artísticas e literarias con especial referencia á cultura galega. A romanización da Gallaecia. Vestixios en xacementos arqueolóxicos e museos.
6.2.8. Temporalización dos contidos Latín II Aínda que se continuará a seguir o Manual de Lingua Latina per se illustrata no seu capítulo XXI (onde se quedou o curso pasado), este alternarase coas explicacións lingüísticas e de literatura reúnidas pola profesora nun dossier que se lle entregará ao alumnado ao comezo do curso, do cal, a parte xa dixitalizada, estará tamén colgada nos distintos cursos que este departamento ten para 2º Bac Latín. Neste dossier tamén se adxuntará a temporalización pormenorizada dos contidos de cada avaliación para a propia organización do alumnado.
A) Conceptuais
1ª Avaliación 1. Revisión da flexión nominal: formas menos usuais e irregulares. Adxectivos e graos. Formación de adverbios a partir de adxectivos. 2. Revisión da flexión pronominal e os seus usos sintácticos. 3. Revisión da flexión verbal completa. Verbos depoñentes. 4. Sintaxe oracional: coordinación. Procedementos de subordinación máis habituais: revisión dos valores do relativo, revisión das subordinadas de infinitivo e de participio, oracións de ut, cum, e quod. 5. Aprendizaxe de vocabulario latino específico dos prosistas romanos máis clásicos, e de 37 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
expresións latinas incorporadas á lingua habitual e culta. 6. Repaso da mitoloxía clásica. A súa influencia na cultura ata os nosos días. 7. 50 primeiras expresións latinas de uso corrente na lengua actual remitidas polo grupo de traballo da selectividade. 8. 25 primeiros topónimos da lista remitida polo grupo de traballo. 9. Os xéneros épico e lírico e as lecturas correspondentes a estes xéneros indicadas polo grupo de traballo das PAAU.
2ª Avaliación 1. Sintaxe dos casos: profundización no estudio dos seus valores e usos menos básicos. 2. Revisión e ampliación da morfosintaxe verbal: verbos irregulares e defectivos. Infinitivo, participio, xerundio, xerundivo e supino. Perifrástica activa e pasiva. 3. Sintaxe oracional: oracións de infinitivo, participio, interrogativas indirectas. 4. O teatro, a historiografía e as lecturas correspondentes a estes xéneros. 5. Elementos morfolóxicos de orixe grecolatino: campos semánticos, prefixos e sufixos, formación de palabras. Cultismos. 6. Os 25 topónimos correspondentes a esta avaliación. 7. As 50 expresións latinas seguintes ás da 1ª avaliación.
3ª Avaliación 1. Revisión e ampliación da sintaxe oracional: Coordinación. Subordinación adxectiva e substantiva. 2. Revisión e ampliación da subordinación adverbial: oracións finais, consecutivas, comparativas, condicionais, causais, concesivas e temporais. 3. Estilo indirecto. Diferencias e afinidades sintácticas entre un texto orixinal e a súa traducción. 4. Conceptos básicos de métrica e prosodia latinas. 5. A oratoria, novela, filosofía e as lecturas correspondentes á oratoria. 6. O legado de Roma en Hispania: Arte, monumentos e museos. 7. Formación de palabras por composición e derivación .
38 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
B. Procedementais. Identificación e análise en textos latinos orixinais de elementos máis complexos da morfoloxía regular e irregular (nominal, pronominal e verbal) e da sintaxe de subordinación. Identificación das semellanzas e diferencias morfosintácticas e fonéticas do latín co galego e o castelán. Lectura comprensiva de obras ou fragmentos traducidos dos principais xéneros e autores latinos (con especial atención ós marcados polo grupo de traballo da Selectividade, polo que este curso a atención centrarase no Breviario de Eutropio). Análise morfosintáctica completa, traducción, interpretación e comentario de textos latinos orixinais clásicos de dificultade graduada. Identificación e comentario dos elementos esenciais de textos de diversos xéneros literarios, con sentido completo e traducidos, e recoñecemento das súas estructuras básicas diferenciadoras. Análise da estructura morfosintáctica latina e da equivalente na lingua á que se traduce. Utilización correcta e áxil do diccionario. Recoñecemento da orixe latina e da evolución fonética, morfolóxica e semántica no léxico das linguas coñecidas polos alumnos/as, especialmente as linguas románicas, así como de palabras cunha clara relación etimolóxica. Comparación das linguas románicas coñecidas polos alumnos/as co Latín, de modo que se deduzan regras de derivación a partir dunhas constantes observadas previamente. Identificación do vocabulario específico de orixe grecolatino de uso habitual nas disciplinas que se estudian no Bacharelato. Identificación dos aspectos socioculturais máis importantes da historia do pobo romano e da súa presencia na Península Ibérica. Planificación e realización de traballos de investigación sobre as pegadas da romanización no mundo actual (costumes, festas, tradicións, etc.) e sobre restos arqueolóxicos, inscripcións, etc., manexando fontes de diversa índole.
C. Actitudinais. Valorar o interese pola lingua e literatura latinas en se mesmas e como orixe das linguas e literaturas galega, española e occidental en xeral. Interese por coñecer a gramática galega e a castelá a partir do estudio comparado coa latina.
39 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Valoración das aportacións do latín como lingua instrumental na cultura occidental. Valoración da precisión filolóxica e da fidelidade aos textos como elemento base para acceder ao coñecemento da antigüidade clásica. Aceptación da validez de diferentes traduccións dun mesmo texto, desenvolvendo o espíritu crítico e tolerante á vez. Curiosidade por coñecer os temas nas súas manifestacións orixinarias e valoración dos datos obtidos de primeira man. Valoración do estudio e dos coñecementos do Latín como un soporte importante para unha mellor comprensión da propia lingua e das outras linguas románicas. Interese pola gramática histórica que proporciona información e aclaracións sobre feitos da lingua aparentemente sen sentido. Interese por explicar termos da lingua materna a través de vocablos latinos que figuran nos textos. Interese polas aportacións da cultura latina á cultura actual valorando positivamente as aportacións do espíritu clásico que conforman o ámbito cultural europeo. Valoración do feito diferenciador da nosa cultura europea fronte a outras do planeta
6.2.9. Avaliación Latín II 6.2.9.1. Criterios de avaliación. Latín II. 1. Ser capaz de comprender e traducir de forma coherente textos latinos pertencentes a diversos xéneros literarios. Con este criterio preténdese comprobar o progreso na práctica da tradución, así como a capacidade de lectura comprensiva adquirida polo alumnado. Na tradución procurarase combinar a fidelidade coa corrección no estilo, facendo un adecuado uso do dicionario.
2. Recoñecer en textos latinos orixinais os elementos básicos da morfoloxía regular e da sintaxe da oración, en función da comprensión do texto latino, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas, especialmente co galego e co castelán. Este criterio trata de comprobar o coñecemento e manexo da lingua latina por parte do alumnado, completando o nivel adquirido no curso anterior mediante o estudo das
40 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
irregularidades morfolóxicas de maior frecuencia e dos procedementos máis habituais de subordinación propios da lingua latina. O alumnado debe manifestar o seu avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de dificultade progresiva e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto doutras linguas por el coñecidas.
3. Comparar o léxico latino co das outras linguas de uso do alumnado, identificando os seus compoñentes e deducindo o seu significado etimolóxico. Este criterio trata de avaliar se o alumnado domina os procedementos de derivación e composición na formación do léxico latino e se é consciente de que eses derivados pasaron como tales á lingua que utiliza. Así mesmo, trátase de comprobar se reflexionou sobre os procedementos de derivación e composición, no que xogan un papel preponderante os afixos de orixe grecolatina.
4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e trazos literarios deles e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior, especialmente a escrita en galego e castelán nos que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura latina.
5. Planificar e realizar traballos monográficos manexando fontes de diversos tipos (restos arqueolóxicos, inscricións, índices, léxicos, traballos específicos, etc.) e utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na planificación, procura, recompilación e sistematización da información, así como o grao de corrección na expresión oral ou escrita. O alumnado, guiado polo profesorado, planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais en todo o proceso e como soporte para a exposición das súas conclusións. Neste sentido, recoméndase o uso de páxinas web, blogs, páxinas colaborativas, enciclopedias e dicionarios en liña, programas de presentacións e outras ferramentas da internet.
6. Ler obras da literatura latina traducidas.
Con este criterio preténdese que o alumnado capte a mensaxe contida na obra, as claves do xénero e o seu contexto histórico. Pode tratarse de obras completas, traducidas ou adaptadas ao nivel de bacharelato, ou ben de antoloxías dunha única ou varias autorías ou que se articulen ao redor de temas concretos. O que se busca fundamentalmente é potenciar o hábito de lectura con textos atractivos para o alumnado.
41 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
6.2.9.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación. Latín II.
Unha proba escrita por avaliación (como mínimo). A súa estructura seguirá o modelo das PAAU e nela o alumnado demostrará os seus coñecementos nos catro bloques nos que se divide a materia. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Aportará o 70% da nota da avaliación.
O traballo na aula suporá ata un 30% da nota da avaliación. Rexistrarase mediante a correción oral ou escrita das actividades de desenvolvemento, consolidación, reforzo e ampliación. Algunhas delas se farán na aula virtual aínda que neste curso de 2º a aula virtual será utilizada máis como instrumento de comunicación académica entre profesora e alumnado que como ferramenta de traballo.
A calificación de sobresaínte obteráse da conxunción da nota da proba escrita e o rendemento positivo do traballo na aula, sen isto último será imposible obter dita cualificación.
6.2.10. Contidos mínimos Latín II Dominio da flexión nominal, verbal e pronominal. Verbos irregulares e depoñentes. Tradución e análise gramatical correctos de: a oración subordinada de infinitivo, a estrutura de participio absoluto, ut completivo e final e cum histórico. Manexo correcto do dicionario. Coñecemento e aplicación das principais leis que rexen a evolución do léxico latino ás linguas romances. Coñecemento das expresións latinas máis usadas presentes na listaxe esixida pola Ciuga. Coñecemento da listaxe de toponimia básica esixida pola Ciuga. Saber elaborar unha redacción sobre os xéneros literarios abordados (épica, teatro, oratoria, lírica, historiografía) indicando as súas principais características, autores, obras e cronoloxía.
42 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
7. PROGRAMACIÓN DE GREGO. I e II DE BACHARELATO.
7.1. Obxectivos xerais do Bacharelato. Segundo o artigo 3º do decreto Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, a materia de Grego contribuirá a desenvolver no alumnado as capacidades que lle permitan: a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a sustentabilidade. b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de maneira responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais. c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes e impulsar a igualdade real e a non discriminación das persoas con discapacidade. d) Reforzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para aproveitar eficazmente as aprendizaxes e mais como medio para o desenvolvemento persoal. e) Dominar, tanto na expresión oral coma na escrita, a lingua galega e a lingua castelá. f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras. g) Utilizar eficazmente e con responsabilidade as tecnoloxías da información e da comunicación. h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora do seu contorno social. i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais e dominar as habilidades básicas propias da modalidade de bacharelato elixida. j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais dos métodos científicos e da investigación. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e da tecnoloxía ao
43 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto do medio natural e a ordenación sustentable do territorio, con especial referencia ao territorio galego. k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa, traballo en equipo, autoconfianza e sentido crítico. l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o sentido estético, como fontes de formación e enriquecemento cultural. m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e social e impulsar condutas e hábitos saudables. n) Reforzar actitudes de respecto e de prevención no ámbito da seguridade viaria. o) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio material e inmaterial de Galicia e contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.
7.2. A materia de Grego no bacharelato
7.2.1. Introdución. A nosa civilización é froito dunha longa tradición que inclúe herdanzas de pobos e culturas moi diversos. Pero, por formar parte da cultura occidental, ten unha débeda esencial -no senso estrito do termo- coa cultura grega. Parece evidente que o xeito máis práctico e máis formativo de achegarse á Grecia antiga é a través do estudo da súa lingua. Isto quere dicir que a aprendizaxe da lingua é un obxectivo en si mesmo, pero é, tamén, e sobre todo, un instrumento para introducir as alumnas e os alumnos no coñecemento do mundo clásico. Os contidos propostos para grego I e II céntranse en dous grandes ámbitos, a lingua e a cultura, distribuídos en catro bloques: Estudo progresivo das características da lingua grega. A adquisición dunha competencia lingüística demanda a utilización dunha metodoloxía progresiva en que as regras morfosintácticas se deduzan da práctica da lectura e da tradución e en que a súa aprendizaxe sistemática constitúa unha segunda fase. O feito de traballar con textos orixinais obrigará, tamén, a explicar ás veces formas nominais, verbais ou estruturas sintácticas estrañas ou inusitadas. Abondará nestes casos cunha explicación breve que axude á resolución da actividade en que aparezan. Comprensión e interpretación de textos gregos. Os textos, que son o obxecto principal da materia, seleccionaranse entre autores de diferentes épocas e xéneros literarios, presentándoos tanto na súa forma orixinal, coas adaptacións 44 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
necesarias para facilitar a súa comprensión, como en traducións. O profesorado poderá servirse tamén de textos elaborados graduados que faciliten o acceso progresivo aos textos orixinais. A práctica da tradución de textos gregos debe contribuír tamén á reflexión sobre a lingua propia, buscando a correcta adecuación entre as estruturas lingüísticas de ambas as linguas. Estudo do léxico grego e a súa continuidade en galego, castelán e outras linguas modernas. O estudo e aprendizaxe do léxico constitúe un instrumento para a comprensión e tradución de textos, ao mesmo tempo que contribúe a enriquecer o vocabulario, mostrar os mecanismos de formación de palabras e valorar a transcendencia do préstamo lingüístico como parte do legado cultural achegado polo pensamento grego. A aproximación a Grecia e ao seu legado debe facerse cun enfoque global e vinculado á aprendizaxe da lingua. Centrará a súa análise no antropocentrismo e androcentrismo grego para intentar comprender a mentalidade e a dimensión social e individual do home grego a través da súa proxección nas institucións, na arte e na literatura na Grecia antiga e valorar a tradición clásica e a súa continuidade nas sociedades actuais. Por outra banda, o estudo da cultura e civilización gregas facilitaralle ao alumnado as claves necesarias para situarse no contexto literario, histórico e artístico adecuado. Preténdese que se interese por coñecer as orixes da nosa cultura e que analice e valore dunha forma crítica as realidades do mundo contemporáneo e os antecedentes e factores que inflúen nel. A historia do pensamento en Grecia formula moitas das interrogantes do ser humano, que forman parte do noso acervo e serven como guía de desenvolvemento do pensamento occidental. Ademais, permite comprender os elementos fundamentais da investigación e das metodoloxías científicas.
O desenvolvemento destes contidos ha ter unha aplicación esencialmente práctica orientada tanto á competencia lingüística en grego coma a un coñecemento crítico da Grecia antiga. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ofrecen novas e atractivas perspectivas no estudo da lingua e cultura gregas que convén aproveitar, como o uso de metodoloxías interactivas no estudo da lingua, procura de textos, imaxes e vídeos na internet, ferramentas de presentación e comunicación de resultados como o uso da aula virtual. Neste senso, é aconsellable facilitarlle ao alumnado os medios precisos para que poida traballar no ordenador co grego clásico. Ao primeiro curso corresponde a asimilación dos contidos básicos de lingua e de cultura. Ao segundo, a súa consolidación e ampliación, cun tratamento específico da literatura, os xéneros e os autores e autoras, que contribúa a profundar nas raíces gregas da nosa cultura.
7.2.2. Obxectivos Grego I. 1. Iniciarse na comprensión, interpretación e tradución de textos de dificultade progresiva, utilizando para este fin o coñecemento dos elementos morfolóxicos, sintácticos e léxicos básicos da lingua grega. 2. Reflexionar sobre o léxico de orixe grega presente na linguaxe cotiá e na terminoloxía científica, identificando étimos, prefixos e sufixos gregos que axuden a unha mellor comprensión das linguas modernas.
45 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
3. Ler textos gregos tanto orixinais como adaptados ou traducidos, realizando unha lectura comprensiva e crítica, distinguindo as características principais e o xénero literario a que pertencen. 4. Coñecer, na medida en que sexa posible, as máis importantes manifestacións culturais da Grecia antiga e recoñecer e valorar a súa contribución e continuidade ao longo da historia no mundo actual. 5. Utilizar de maneira crítica fontes de información variadas, obtendo delas datos relevantes para o coñecemento da lingua e a cultura estudadas.
7.2.3. Contidos Grego I. Contidos comúns. -A lectura, comprensión e tradución do grego clásico: a precisión na expresión en calquera lingua; a expresión dos matices. -As relacións políticas e sociais en Grecia: orixinalidade con respecto a outras culturas anteriores ou contemporáneas; evolución posterior e influencia na sociedade occidental. Farase fincapé nas estruturas políticas, na situación da muller e da infancia, na escravitude e nas relacións económicas e militares entre as cidades-estado. -Imbricación cultural entre Grecia e o mundo contemporáneo. -Aproximación a outras culturas do mundo antigo.
A lingua grega. -Do indoeuropeo ao grego moderno. -O alfabeto grego. Pronunciación. Signos gráficos. Transcrición. -Clases de palabras. Flexión nominal, pronominal e verbal. Paradigmas máis frecuentes. -Valor e uso dos casos. A concordancia. As preposicións. -Sintaxe das oracións: nexos e partículas, a oración simple, a coordinación; inicio do estudo da subordinación (construcións sinxelas de infinitivo e participio, subordinadas de relativo. Introdución ao uso das partículas subordinantes máis frecuentes).
Os textos gregos e a súa interpretación. -Iniciación á lectura comprensiva e ás técnicas de tradución e ao comentario de textos gregos. -Análise morfosintáctica. -Lectura comprensiva de obras e fragmentos traducidos.
46 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
O léxico grego e a súa evolución. -Aprendizaxe do vocabulario grego básico en función da súa frecuencia ou da súa relevancia en galego e castelán. -Formación de palabras. Prefixos e sufixos. Composición e derivación. -Helenismos no vocabulario común das linguas modernas. -O vocabulario científico e técnico.
Grecia e o seu legado. -Sinopse da historia de Grecia. Os grandes períodos. -A polis grega: organización política e social. Etnocentrismo e androcentrismo. -Xeografía da Grecia antiga. Contexto xeográfico de Grecia. -A vida cotiá. -Relixión e mitoloxía gregas (crenzas, ritos, mitos máis importantes, incluíndo a súa continuidade e importancia nas manifestacións culturais do mundo occidental). -Literatura grega: xéneros, autoras e autores principais. -O pensamento; a ciencia. A arte grega.
7.2.4. Temporalización dos contidos Grego I A) Conceptuais O libro de texto da editorial Editex elixido para o 1º curso de Grego por este Departamento, está estructurado en catorce unidades didácticas. Dito libro foi escollido pola súa oferta educativa sólida e atractiva e porque comparte co Manual de Latín o estudio da lingua grega dende a perspectiva da metodoloxía deductivo- contextual, o cal pareceu consecuente dado que o alumnado de grego e latín é o mesmo. Cada unidade consta das seguintes partes: Indice e lema. Οἱ Ἕλληνες ἱστορουσι: texto introductorio tomado dun autor grego. ΜΥΘΟΙ α᾿: textos gregos que presentan os novos contidos gramaticais. ΓΡΑΜΜΑΤΙΚΗ ΤΕΧΝΗ: explicación gramatical. ΜΥΘΟΙ β᾿: textos gregos de interés literario que reforzan os contidos gramaticais. ΠΑΙΔΕΙΑ: exposición do tema cultural. ΛΕΞΕΙΣ: estudio do léxico grego e a súa relación co castelán. ΕΝΘΟΥΣΙΑΣΜΟΣ: texto literario dun autor moderno, preferentemente español ou grego; xunto ao texto, unha obra de arte que caracteriza unha visión nova do mito. ΕΠΙΛΟΓΟΣ: texto grego que consolida os contidos anteriores e presenta os da seguinte unidade, acompañado de actividades que axudan a avaliar a adquisición dos contidos.
47 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
1ª Avaliación Unidades 1, 2, 3, 4, e 5 do libro de texto: -
-
-
O alfabeto grego. Fonética, ortografía e transcripción de helenismos, a escritura do alfabeto. As linguas ides. Os dialectos gregos. Xeografía do mundo grego. Nocións introductorias de morfoloxía nominal e verbal. 1ª e 2ª declinacións, presentes temáticos, sintaxis dos casos e orden das palabras na oración. Verbo εἰμί, neutros da 2ª declinación, artigo e adxectivos da 1ª e 2ª declinacións. Masculinos da 1ª declinación. O acusativo de extensión, o xenitivo temporal e o dativo instrumental. Os sintagmas preposicionais A evolución de significados dende o grego, a composición de palabras en grego e a etimoloxía de λογος. Concepto de familia lingüística e campo semántico. Os campos semánticos da escritura, a voz, a aprendizaxe, a lingua, universo, a terra e o mar, a guerra, os camiños e as viaxes. As civilizacións minoica e micénica. A época oscura. Os mitos de Cadmo, Europa e o minotauro, da teogonía, Heracles e os principais heroes iliádicos Autores modernos relacionados co mundo clásico: Jacobo de Falke, Jorge Guillén, Roberto Calasso, Iorgos Seferis e Jorge Luis Borges.
2ª Avaliación Unidades 6, 7, 8, 9, e 10: - Pronomes persoais e demostrativos. O imperativo. O réxime verbal. O verbo εἰμί con dativo. - A terceira declinación: características, temas en oclusiva, nasal, líquida e silbante. - O imperativo. O réxime verbal. O verbo εἰμί con dativo. O presente activo. O aumento. O imperfecto e aoristo activo e medio. O aoristo sigmático e o radical temático. O infinitivo de presente. - A aposición e o predicativo. A coordinación. A sintaxe do infinitivo. - Os mitos odiséicos, Calíope e Orfeo, Atalanta e Meleagro, Medea. - A historia de Policrates. - Os campos semánticos da casa, a relixión, o tempo, os estranxeiros, a política. - As colonizacións gregas. A relixión grega. Os xogos olímpicos. Outros pobos antigos relacionados cos gregos. A época arcaica. - Autores modernos relacionados co mundo clásico: Constantinos Kavafis, Rainer María Rilke, Enrique Badosa, Carlos Alonso del Real e Yannis Ritsos 3ª Avaliación Unidades 11, 12, 13 e 14: - A 3ª declinación: temas en vocal, en diptongo, sustantivos e adxectivos de tema en ντ e os temas irregulares da 3ª. 48 / 79
IES Salvaterra.
-
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Os pronomes interrogativos e indefinidos, o pronome αὐτος, -ή, -ό e os relativos. O futuro activo e medio, os participios. A reduplicación. O perfecto activo e medio. O adverbio. A sintaxe do participio e do relativo. A constitución de Esparta, Sócrates e o mito de Prometeo, o heroe Leónidas, el Económico de Jenofonte. O mito de Teseo e Ariadna, Apolo e Admeto, Alcestis. Os campos semánticos da lei e da xustiza, da πολις, do exército, do urbanismo. Autores modernos relacionados co mundo clásico: Jean-Pierre Vernant, Franz Kafka, Andreas Calvos, Lully e Gluck.
B) Procedementais (Por tratarse de linguas os contidos procedementais e actitudinais son comúns ás tres avaliacións)
Análise e síntese de textos literarios relacionados coa cultura grega. Visión e análise de obras plásticas relacionadas co mundo grego. Comparación do mundo grego co actual, en especial co galego. Comprobación da incidencia dos mitos na formación de palabras e frases, na literatura e na arte. Localización e uso de bibliografía recomendada. Lectura e escritura en grego. Análise dos principais fenómenos fonéticos. Análise morfosintáctica de palabras, frases e textos gregos. Comparación das estruturas morfosintácticas gregas coas do latín e demais linguas coñecidas. Tradución directa e inversa de frases e/ou textos dunha dificultade progresiva sen necesidade da axuda de dicionario. Tradución directa de textos de dificultade media coa axuda de dicionario. Estudo dun vocabulario básico de "máxima frecuencia". Realización de exercicios de vocabulario nos que a alumna ou o alumno se familiarize coas regras xerais de transcrición, derivación e composición. Dedución de significados a través da relación de palabras da mesma familia léxica. Confección de fichas coas familias léxicas máis productivas e cos helenismos correspondentes. Busca de significados no vocabulario xeral e/ou en dicionarios. Recompilación de helenismos utilizados en libros de texto de bacharelato ou xornais para unha posterior análise e clasificación. Lectura individual de obras literarias traducidas. Comparación de helenismos nas linguas modernas coñecidas. Memorización de poemas ou máximas en versión orixinal ou traducidas. Representación ou lectura escenificada dunha obra teatral. Realización individual ou grupal de traballos de investigación sobre temas relativos ao mundo grego. 49 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Elaboración de encrucillados, pasatempos, poesías, murais, vídeos etc... sobre a cultura grega. Exposición oral de traballos. Localización nun mapa de lugares, personaxes, obras artísticas, acontecementos históricos e feitos culturais.
C) Actitudinais
Participación e espírito crítico nos debates propostos. Cooperación entre todas as persoas da aula para facer unha clase máis dinámica e atractiva. Interese en atopar novos materiais que amosen a persistencia da cultura grega, especialmente en Galicia. Valoración da importancia da comunicación escrita e das obras de arte como vehículos transmisores de cultura. Preocupación por realizar con rigor os traballos de investigación. Afán por ser ordenado e limpo nos traballos. Interese por coñecer calquera fenómeno na súa manifestación orixinaria. Esforzo por alcanzar unha boa lectura e caligrafía en grego. Interese pola lingua grega como medio para un mellor coñecemento da súa propia. Respecto polas demais linguas. Manexo da bibliografía recomendada. Esforzo por aprender os paradigmas morfolóxicos. Empeño por superar as dificultades propias dunha tradución. Interese en facer unha tradución coidada. Esforzo por rematar as traducións. Afán pola precisión na linguaxe. Valoración da importancia do caudal léxico de orixe grega no mundo científico e técnico. Valoración da cultura grega e a súa achega á cultura occidental. Interese pola comparación de aspectos da historia antiga e da actual. Constancia na realización cotiá das tarefas encomendadas. Aprecio e sensibilidade coas manifestacións artísticas e literarias. Actitude crítica ante os feitos históricos, artísticos e literarios. Interese por ampliar os coñecementos básicos.
7.2.5. Avaliación Grego I 7.2.5.1. Criterios de avaliación. Grego I. 1. Ler textos gregos breves, transcribir os seus termos á lingua materna, utilizar os seus diferentes signos ortográficos e de puntuación e recoñecer o reflexo do alfabeto grego no abecedario latino propio das linguas modernas do noso contorno. 50 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado recoñece os signos ortográficos básicos da lingua grega e le con soltura textos breves. Así mesmo, comprobarase a súa capacidade para transcribir termos á súa lingua materna e para relacionar os dous sistemas de escritura, distinguindo as semellanzas e diferenzas ortográficas e fonéticas entre ambos. 2. Comprender e ser capaz de traducir textos gregos sinxelos. Preténdese comprobar se, con exercicios de comprensión e posterior tradución literal dun texto, o alumnado posúe a capacidade de recoñecer as diversas estruturas dunha lingua flexiva. Os textos serán breves, orixinais ou elaborados e de dificultade mínima. 3. Recoñecer en textos gregos os elementos básicos da morfoloxía e da sintaxe da oración, apreciando variantes e coincidencias con outras linguas coñecidas. Este criterio pretende comprobar se se adquiriron as nocións de morfoloxía e sintaxe que permitan recoñecer as características dunha lingua flexiva e identificar formas e funcións. Relacionaranse eses elementos básicos cos do galego e do castelán ou cos doutras linguas coñecidas. 4. Detectar e comprender os helenismos máis frecuentes do vocabulario común e do léxico científico e técnico das linguas modernas a partir de termos que aparezan nos textos. Este criterio permite comprobar a capacidade de relacionar termos da propia lingua materna ou doutras que coñeza o alumnado co correspondente étimo grego. Tamén intenta verificar se o alumnado adquiriu un vocabulario básico que lle permita deducir palabras da mesma familia etimolóxica e os seus significados, tendo en conta os procedementos de derivación e composición. 5. Ler e comentar textos gregos traducidos de diversos xéneros ou textos referidos ao mundo grego e distinguir aspectos históricos e culturais contidos neles. Con este criterio preténdese determinar a capacidade de comprender o contido esencial dun texto, delimitar as súas partes e establecer a relación entre elas. Poderase manifestar esta competencia mediante exercicios de lectura comprensiva de textos con sentido completo, contrastando os textos gregos con textos de literatura actual e valorando a súa vixencia na actualidade. Os textos referidos ao mundo grego servirán, ademais, para aprender a reflexionar sobre os diferentes modos de se achegar á cultura clásica. 6. Situar no tempo e no espazo os máis importantes acontecementos históricos de Grecia, identificar as súas manifestacións culturais básicas e recoñecer a súa pegada na nosa civilización. Este criterio trata de comprobar que se sitúan na súa época e marco xeográfico, tanto os acontecementos máis importantes que configuraron a historia de Grecia, como as súas manifestacións culturais máis significativas. Preténdese tamén constatar se se é capaz de recoñecer os elementos da cultura grega presentes na actualidade. Poderase manifestar a competencia elaborando mapas e desenvolvendo exposicións escritas ou orais sobre o mundo clásico. 7. Realizar, seguindo as pautas proporcionadas polo profesorado, pequenos traballos de investigación sobre a persistencia do mundo grego, consultando as fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio pretende verificar que as alumnas e os alumnos distinguen os elementos do mundo clásico, recoñecéndoos como herdanza do noso propio pasado, e que os interpretan criticamente á luz dos coñecementos que xa teñen, mediante a utilización selectiva de fontes 51 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
diversas. Tamén trata de avaliar se son capaces de indagar nas fontes directas e tomar contacto coas materias ordenando os datos obtidos e elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas fundamentais.
7.2.5.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación. Grego I.
Os instrumentos ou medios utilizados para valorar o proceso de avaliación continua son os seguintes: 1. Os exames tradicionais ou probas obxectivas, un como mínimo por cada avaliación. Os exames poderán tratar aspectos de diverso tipo: de desenvolvemento dun tema, de paráfrases e comentario de textos, de tradución, exercicios gramaticais de recoñecemento de formas e funcións, establecemento de paradigmas nominais e verbais, etc. 2. Probas periódicas escritas en exames de curta duración ou, no seu caso, preguntas orais, que non necesariamente haberán de ser avisadas ao alumnado, para a aprendizaxe da morfoloxía, o cal debería incitar a que o alumno leve un estudo continuo da materia. 3. Traducións continuas, xa en casa xa no aula, para a aprendizaxe da sintaxe e das técnicas de tradución. Estas traducións no ámbito individual servirán tamén para conseguir unha clase aberta e unha participación importante do alumnado cando estas se comenten e corrixan en clase. 4. Traballos individuais ou en grupo, escritos e orais (exposición dun tema, participación en sesións de debate, etc.). 5. Lecturas, nos dous primeiros trimestres, de traducións textos literarios orixinais clásicos, a fin de ter un maior achegamento e comprensión do mundo clásico. A extensión e dificultade dos textos irá acorde ao curso e ás características do grupo. Trátase dunha avaliación continua, pero en cada trimestre farase como mínimo unha proba escrita. As cualificacións faranse de forma numérica e sen decimais. Considérase cualificacións positivas aquelas superiores o iguais a 5. As características da materia e do ciclo no que se desenvolve esixen un sistema de avaliación continua, tendo en conta os seguintes criterios: - tres avaliacións superadas: materia aprobada coa nota media aproximada; - 1ª avaliación suspensa, resto aprobadas: materia aprobada coa nota media aproximada; - unha avaliación suspensa: recuperación dos contidos non superados; - tres, dúas ou terceira avaliación suspensas: recuperación de toda a materia. Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% da nota para o conxunto de contidos conceptuais e procedementais e un 10% para os actitudinais. Criterios para calcular a nota da avaliación: media ponderada de conceptos e procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais de cada unidade didáctica e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 40%. O exame de análise morfosintáctica e tradución final en cada avaliación supón un 50% da nota. A isto hai que engadirlle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10% da nota): - Asiste con regularidade e puntualidade (cada falta inxustificada: -0,01) ............... 0,1% - É respectuosa/o; non ten faltas de orde nos partes de clase .....................................0,1% - Fai as Actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno de clase ...............0,2% - Interese pola materia: participa con regularidade e/ou fai preguntas .......................0,2% - Coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos e materiais ...............0,2% 52 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
- Ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito construtivo ......................0,2% Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúas das tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se elimina materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. Criterios de corrección de exercicios e probas: - Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular (galego, castelán, etc.): erro de grafemas: -0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación...): -0,1 puntos. - Presentación: limpeza, borranchos, caligrafía e respecto polas marxes. Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. - Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. - Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. - Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. Sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comezo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba.
7.2.6. Contidos mínimos Grego I. O alumnado deberá dominar, polo menos, os seguintes contidos: Principais deuses olímpicos e heroes gregos. Marco xeográfico, histórico e cultural da Grecia antiga. O alfabeto: lectura e escritura correctas. Pronunciación, signos de puntuación e principais regras ortográficas. As tres declinacións. A declinación do adxectivo. Comparativos e superlativos. Os pronomes gregos máis comúns. As principais preposicións. Os verbos temáticos: tema de presente, aoristo e perfecto nas formas persoais das voces activa e medio-pasiva, así como os infinitivos e participios de presente. O verbo εἰμί.
7.2.7. Contidos Grego II. Contidos comúns.
Interpretación crítica de textos. A tradución como técnica. A exactitude na expresión lingüística. Valoración do estilo dun texto en función das peculiaridades do autor e das peculiaridades do texto e do contexto. A literatura grega como creadora dos xéneros literarios. Influencia da literatura grega na literatura posterior.
53 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Valoración crítica das raíces gregas da ciencia e do pensamento europeos.
A lingua grega.
Flexión nominal. A primeira e segunda declinacións. Exceptúase a declinación ática. A terceira declinación, incluídos os substantivos e adxectivos irregulares máis comúns. Os comparativos e superlativos, incluídas as formas irregulares máis comúns. Numerais, determinantes e pronomes. Flexión verbal. Verbos en -μι (coma paradigma) e máis os temáticos con presente contracto. O mecanismo do aumento e da reduplicación (agás a reduplicación ática). O aoristo radical temático; o aoristo radical atemático. Verbos consonánticos. Verbos atemáticos: panorama xeral.
Sintaxe.
As oracións simples, o réxime dos casos, o valor e uso das preposicións, a concordancia, as voces pasiva e media, as proposicións coordinadas. A subordinación: introdución ás subordinadas completivas; proposicións de relativo; usos e construción de participio incluído o xenitivo absoluto; introdución ás subordinadas de infinitivo; introdución ás subordinadas temporais, concesivas, comparativas, causais, consecutivas e finais; subordinadas condicionais de estrutura elemental.
Os textos gregos e a súa interpretación.
Lectura comprensiva, tradución e comentario de textos orixinais. Lectura e comentario de obras e fragmentos gregos traducidos.
O léxico grego e a súa evolución.
Aprendizaxe de vocabulario. Uso do dicionario. Helenismos no vocabulario común das linguas modernas. O vocabulario específico de orixe grecolatina presente nas materias que se estudan no bacharelato.
Grecia e o seu legado.
A transmisión dos textos gregos e o descubrimento de Grecia. A literatura grega a través dos seus textos. Xéneros, autoras e autores. Raíces gregas da cultura moderna na literatura, na filosofía, na ciencia e na arte.
54 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
7.2.8. Temporalización dos contidos Grego II Na materia de Grego II utilizaranse os libros de texto da editorial Editex, Grego 1º( para asentar algúns conceptos do ano pasado) e Grego 2º . Así mesmo entregarase (ao igual que na materia de Latín II) un dossier elaborado pola profesora co material necesario para a preparación das PPAU, cuxa parte dixitalizada estará tamén colgada nos cursos confeccionados desta materia na aula virtual. A) Conceptuais
1ª Aval.
2ª Aval.
Unidades Unidades 5, 6, 7, e 10 (texto Editex Grego 12,13, 14 (texto 2º) Editex Grego 1º) Unidades 2, 3, 4 (texto Editex Grego 2º) A épica O teatro grego A lírica Estudio do entorno histórico, social e económico de Xenofonte así como da súa obra e estilo. Lecturas*: Libros I, VI, Lecturas: Edipo Rei XVI e XXII da Ilíada de de Sófocles e Homero e a Antoloxía Asamblearias de dos líricos Safo, Alceo e Aristófanes. Arquíloco.
Libros de texto * Dossier
Dossier
3ª Aval Unidades 8 e 9 (texto Editex Grego 2º)
A historio- grafía A filosofía
Lecturas: Asamblearias de Aristófanes (se non dera tempo na 2ª aval.).
* As unidades do texto de Editex, Grego 2º nin se abarcarán enteiras por falta de tempo nin, como se pode apreciar na taboa, se tratarán na orde do libro. Principalmente o texto se utilizará para tratar os contidos estrictamente lingüísticos e traballar a selección de fragmentos literarios en grego. Os contidos do libro a tratar en cada avaliación serán os seguintes:
1ª Aval.
Características das formas personais e non personais Adxectivos numerais
2ª Aval.
Presentes atemáticos radicais, con sufixo nasal e reduplicados O aoristo. Aoristo
3ª Aval
O subxuntivo e o imperativo O optativo 55 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Graos do adxectivo e o adverbio Sintaxe do comparativo e superlativo tema de presente e de presente pasivo Presentes contractos Sintaxe da voz pasiva
Departamento Clásicas
radical sigmático e temático, atemático e en –κ. Aoristo pasivo O tema de futuro. Futuros contractos e pasivos O tema de perfecto. Perfectos pasivos O pluscuamperfecto O perfecto οἶδα Recapitulación do infinitivo e o participio
As subordinadas adverbiais temporais, causais e finais As subordinadas adverbiais condicionais, concesivas, consecutivas e comparativas
* As lecturas son as esixidas polo grupo de traballo da Ciuga. A partir da 2ª mitade da 1ª avaliación comenzaranse a abordar os textos do autor escollido para este ano: Xenofonte
B) Procedementais
Análise e síntese de textos literarios relacionados coa cultura grega. Visión e análise de obras plásticas relacionadas co mundo grego. Comparación do mundo grego co actual, en especial co galego. Comprobación da incidencia dos mitos na formación de palabras e frases, na literatura e na arte. Localización e uso de bibliografía e dictiografía recomendada. Lectura e escritura en grego. Análise dos principais fenómenos fonéticos. Análise morfosintáctica de palabras, frases e textos gregos. Comparación das estruturas morfosintácticas gregas coas do latín e demais linguas coñecidas. Tradución directa e inversa de frases e/ou textos dunha dificultade progresiva sen necesidade da axuda de dicionario. Tradución directa de textos de dificultade media coa axuda de dicionario. Estudo dun vocabulario básico de "máxima frecuencia". Realización de exercicios de vocabulario nos que a alumna ou o alumno se familiarice coas regras xerais de transcrición, derivación e composición. Dedución de significados a través da relación de palabras da mesma familia léxica. Confección de fichas coas familias léxicas máis produtivas e cos helenismos correspondentes. Busca de significados no vocabulario xeral e/ou en dicionarios. Recompilación de helenismos utilizados en libros de texto de bacharelato ou xornais para unha posterior análise e clasificación. Lectura individual de obras literarias traducidas. Comparación de helenismos nas linguas modernas coñecidas. Memorización de poemas ou máximas en versión orixinal ou traducidas. 56 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Realización individual ou grupal de traballos de investigación sobre temas relativos ao mundo grego. Elaboración de encrucillados, pasatempos, poesías, murais, vídeos etc... sobre a cultura grega. Exposición oral de traballos. Localización nun mapa de lugares, personaxes, obras artísticas, acontecementos históricos e feitos culturais.
C) Actitudinais
Participación e espírito crítico nos debates propostos. Cooperación entre todas as persoas da aula para facer unha clase máis dinámica e atractiva. Interese en atopar novos materiais que amosen a persistencia da cultura grega, especialmente en Galicia. Valoración da importancia da comunicación escrita e das obras de arte como vehículos transmisores de cultura. Preocupación por realizar con rigor os traballos de investigación. Afán por ser ordenado e limpo nos traballos. Interese por coñecer calquera fenómeno na súa manifestación orixinaria. Esforzo por alcanzar unha boa lectura e caligrafía en grego. Interese pola lingua grega como medio para un mellor coñecemento da súa propia. Respecto polas demais linguas. Manexo da bibliografía e dictiografía recomendadas. Esforzo por aprender os paradigmas morfolóxicos. Empeño por superar as dificultades propias dunha tradución. Interese en facer unha tradución coidada. Esforzo por rematar as traducións. Afán pola precisión na linguaxe. Valoración da importancia do caudal léxico de orixe grega no mundo científico e técnico. Valoración da cultura grega e a súa achega á cultura occidental. Interese pola comparación de aspectos da historia antiga e da actual. Constancia na realización cotiá das tarefas encomendadas. Aprecio e sensibilidade coas manifestacións artísticas e literarias. Actitude crítica ante os feitos históricos, artísticos e literarios. Interese por ampliar os coñecementos básicos.
7.2.9. Avaliación. Grego II 7.2.9.1. Criterios de avaliación. Grego II. 1. Comprender e traducir de forma coherente textos gregos pertencentes a diversos xéneros literarios. 57 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Con este criterio preténdese comprobar a adquisición dunha certa competencia lingüística e o progreso na práctica da tradución. Valorarase a elección correcta das estruturas sintácticas, das formas verbais, das equivalencias léxicas na lingua materna e da orde de palabras no proceso e resultado da tradución, así como o uso adecuado do dicionario. 2. Identificar e analizar en textos orixinais os elementos da morfoloxía e da sintaxe casual e oracional comparándoos con outras linguas coñecidas. Este criterio trata de comprobar o coñecemento da lingua grega por parte do alumnado. Este ha de manifestar o seu avance neste nivel facendo análises morfosintácticas de textos orixinais de maior complexidade e recoñecendo as variantes e coincidencias respecto a outras linguas por el coñecidas. 3. Recoñecer en textos gregos orixinais termos que son compoñentes e étimos de helenismos e deducir o seu significado, tanto no vocabulario patrimonial das linguas modernas coma nos diversos léxicos científico- técnicos. Este criterio serve para determinar se se domina o vocabulario básico e se se coñecen os procedementos de derivación e composición dos helenismos nas linguas modernas, así como a correcta transcrición dos termos e as transformacións que experimentan no eido formal e semántico. 4. Realizar comentarios de textos traducidos, analizar as estruturas e os seus trazos literarios e recoñecer o papel da literatura clásica nas literaturas occidentais, identificando elementos de androcentrismo e etnocentrismo neles. Con este criterio preténdese comprobar a identificación dos elementos esenciais dun texto literario, formais e de contido, e se se recoñecen os diversos xéneros polos seus trazos diferenciadores. O comentario versará sobre textos con sentido completo de diversos xéneros literarios e a súa comparación con textos da literatura posterior en que sobrevivan trazos, temas ou tópicos da literatura grega. 5. Realizar traballos monográficos consultando as fontes directas e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta de organización e comunicación dos resultados. Este criterio trata de constatar a capacidade creativa do alumnado na planificación, busca, recompilación e sistematización da información, así como o grao de corrección na expresión oral ou escrita. Sempre baixo a dirección do profesorado, planificará a actividade, organizará a información, contrastaraa e intentará formular hipóteses, elaborando o seu traballo mediante o uso das tecnoloxías da información e da comunicación como ferramenta fundamental en todo o proceso e como soporte polivalente para a exposición das súas conclusións. 7.2.9.2. Criterios de cualificación e procedementos de avaliación. Grego II.
Unha proba escrita por avaliación (como mínimo). A súa estructura seguirá o modelo das PAAU e nela o alumnado demostrará os seus coñecementos nos catro bloques nos que se divide a materia. De facerse máis probas, obteráse a media entre elas a partir dunha calificación de 3 en cada unha. Aportará o 70% da nota da avaliación.
O traballo na aula suporá ata un 30% da nota da avaliación. Rexistrarase mediante a correción oral ou escrita das actividades de desenvolvemento, consolidación, reforzo e ampliación. Algunhas delas se farán na aula virtual aínda que neste curso de 2º a aula
58 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
virtual será utilizada máis como instrumento de comunicación académica entre profesora e alumnado que como ferramenta de traballo.
A calificación de sobresaínte obteráse da conxunción da nota da proba escrita e o rendemento positivo do traballo na aula, sen isto último será imposible obter dita cualificación.
7.2.10. Contidos mínimos Grego II. Dominio da flexión regular nominal, verbal e pronominal. Sustantivos e adxectivos irregulares. Os verbos contractos, oclusivos, líquidos e en –μι: saber recoñecelos e analizalos con axuda do diccionario. Regras e variacións do aumento e a reduplicación. O aoristo radical. A subordinación sustantiva, adxectiva e circunstancial. Uso correcto do diccionario. Xenofonte: vida e circunstancias históricas, sociais e políticas; obra, xénero e estilo. Saber elaborar unha redacción sobre os seguintes xéneros literarios: épica, lírica, teatro e historiografía, indicando as súas principais características, autores, obras e cronoloxía. Principais helenismos utilizados nas restantes materias de bacharelato. A cidade de Atenas. O matrimonio, a pederastia e a situación da muller en Grecia.
59 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
8.
Departamento Clásicas
PROGRAMACIÓN
DE
CULTURA CLÁSICA 3º ESO 8.1. A materia de Cultura Clásica en 3º de ESO
8.1.1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
A materia de cultura clásica supón o primeiro achegamiento sistemático, e quizais o único, ao mundo grecolatino, do que poida dispor o alumnado ao longo do seu proceso formativo. Integrada no currículo da educación secundaria obrigatoria, compaxina o coñecemento e comprensión do mundo clásico cunha toma de conciencia da súa presenza no mundo actual. Esta materia ten un obxectivo básico: coñecer os aspectos máis relevantesdas sociedades e as culturas de Grecia e Roma e descubrir desde o mundo de hoxe o fío que nos guía ata elas. A cultura grecolatina, patrimonio común e irrenunciable, é a base necesaria dunha parte moi considerable do pensamento humano occidental, e as formas creadas polo xenio de gregos e romanos constitúen o soporte e a esencia da nosa civilización. Mediante a comparación constante entre o seu contorno e a diversidade dos clásicos grecorromanos o alumnado será quen de recoñecer en que medida o seu presente é froito, xa directo, xa iterpretado por sucesivas xeracions, dun rico proceso creador que transcorre ao longo de mais de trinta séculos de historia. Pero esta achega, aínda que moi importante, non é exclusivo, polo que deberá valorar tamén aqueles elementos asimilados doutras culturas. Así mesmo, comprobará de que xeito a cultura clásica se converte na enerxía vivificadora de todo renacemento cultural, e en particular de aquel co que se inagura a época moderna. O coñecemento do marco xeográfico e histórico e dos aspectos mais relevantes das sociedades grega e romana, desde as que se transmitiron modos de vida, institucións ou creacións literarias, técnicas e artísticas achegará un instrumento de referencia necesario para entender a configuración e o progreso de Europa, os antecedentes históricos da organización social, e a delimitación dos dereitos das persoas. O estudo básico dos fundamentos das linguas grega e latina, das regras elementais de evolución fonética e da formación das palabras dota o alumnado dos coñecementos necesarios para comenzar e entender a evolución lingüística, determinar os procesos de cambio fonético e semántico e ilustrar os procedementos que actúan na formación do léxico. A cultura que modelou o noso presente e fixa boa parte dos nosos canons estéticos é tamén transmisora de valores universais, que entroncan a nosa herdanza cultural coas raíces do mundo clásico. O achegamento ás narracións míticas xunto coa lectura, aínda que fragmentaria, de textos da literatura clásica axudará a observar como temas e tópicos da cultura grecolatina se transmitiron ata hoxe e seguen vivos nos nosos escritos e mesmo nas expresións da lingua cotidiá. O seu carácter opcional fai necesario dotar ao ensino desta materia dunha gran flexibilidade para adecualo á realidade de cada centro e do seu alumnado. Cómpre recordar tamén que a 60 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
programación da materia de Cultura Clásica é a mesma para 3º e 4º da ESO, xa que o alumnado non a pode cursar nos dous anos. A única diferencia entre as dúas será que no 4º curso dispondremos de tres horas semanais mentres que en 3º temos só dúas. Isto fará que en 4º poidamos detérmonos nas explicacións e poderemos profundizar algo máis en cada unidade do que se fará en 3º da ESO. 8.1.2. OBXECTIVOS 1.- Localizar no tempo e no espazo os procesos e acontecementos históricos máis relevantes das culturas grega e latina. 2.- Recoñecer e identificar aspectos diversos da cultura grecolatina relativos á lingua, á literatura, á filosofía, á ciencia, a técnica, ao dereito. A Administración do Estado , ao urbanismo, á arquitectura, ás artes plásticas, valorando a súa unidade e, ao mesmo tempo, a diversidade. 3.- Valorar a mitoloxía clásica, especialmente a grega, como elemento unificador da cultura grecolatina e inspirador da cultura ao longo da historia europea. Identificar en formas de relixiosidade actuais elementos que estean presentes nos mitos ou ritos propios da relixión grecorromana. 4.- Valorar a conciencia de pertenza a un contorno social e cultural, identificando elementos de continuidade da cultura clásica na propia, respectando a diversidade de identidades culturais. 5.- Identificar as raíces clásicas de valores actuais nos ámbitos da educación, o pensamento, o dereito, a política, valorando os elementos que hai que preservar e os elementos revisar. 6.- Recoñecer e valorar as pegadas da cultura clásica en contextos artísticos, lingüísticos e científicos-técnicos, entre outros, tanto na cultura occidental como noutras culturas pasadas e presentes. 7.- Coñecer os xéneros literarios grecolatinos máis importantes. 8.- Identificar, agrupar e comprender os rastros das linguas clásicas nos diferentes eidos da lingua actual.
8.1.3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS 8.1.3.1 CONTIDOS
Os contidos distribúense en tres bloques: Bloque I, Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares. Bloque II: as pegadas do mundo clásico. Bloque III: nocións básicas de lingua e literatura gregas e latinas. Co primeiro bloque de contidos preténdese que o alumnado comprenda espacial e temporalmente os fenómenos máis relevantes da civilización grecorromana e que sexa capaz de reconocer aspectos diversos polo que respecta á historia, á filosofía, ás ciencias, á mitoloxía, ao urbanismo, a arte e á vida cotiá, identificando trazos comúns e aqueloutros que son diversos. Haberá que recorrer ás competencias adquiridas en outras materias, especialmente ciencias sociais, para así asentar e profundizar nos coñecementos adquiridos. O segundo bloque daralle ao alumnado ferramentas para recoñecer e valorar críticamente a achega da civilización clásica á cultura que lle é propia, respectando a diversidade das identidades culturais. Implica o desenvolvemento da sensibilidade estética e a capacidade da reflexión crítica para valorar a continuidade da cultura clásica en contextos diversos, tomando 61 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
conciencia da pertenza a unha cultura que comparte raíces con outras. Certos elementos da cultura clásica están na base dalgunhas das formas vixentes do pensamento e da organización política, e este feito permite establecer unha ligazón entre os contidos da materia e os de educación para a cidadanía. O terceiro bloque tenta iniciar as alumnas e alumnos na dimensión lingüística da civilización grecorromana baseada especialmente nos elementos do alfabeto e o léxico, incorporando tamén contidos de literatura. Son evidentes as relacións que se poden establecer coas literaturas galega e casteláe, aínda que en menor medida, polo nivel do seu estudo, coas linguas estranxeiras. Bloque 1. Grecia e Roma como civilizacións históricas singulares. El mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda fronte á historia. O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao home. Polis e civitas: o home da areté e home da virtus. As sociedades grega e romana e as súas manifestacións artísticas e culturais: literatura, filosofía, arquitectura, política, relixión, arte; o espazo público: o exército; a política; a xusticia; a economía. O individuo: o espazo privado. Clases sociais. Costumes e afeccións; o traballo; o vestido e a hixiene; a comida; as viaxes; relacións privadas. A familia: a educación. As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais. Semellanzas e diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en Europa. Os principais xéneros. A arqueoloxía. Os restos máis importantes; o seu valor artístico, cultural e documental. Os restos no noso contorno. Bloque 2. A herdanza da cultura clásica. Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura indíxena: ritos ligados aos ciclos da naturaleza, festas, toponimos, tradicións... As pegadas do mundo clásico: que é romano; que é grego. (literatura, arte, dereito, ciencia, obras públicas, técnica, filosofía...). A mitoloxía e a súa presenza na cultura occidental. A organización e o cómputo do tempo. A civilización grecorromana como elemento rexeitado ou reivindicado; os renacementos. A herdanza clásica como elemento unificador de Europa. Estudo crítico. Bloque 3. Iniciación aos elementos básicos das linguas de Grecia e Roma Do alfabeto ao abecedario. Breve historia da escritura. Signos e materiais. As familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances. As linguas flexivas. A evolución das linguas.o latín como orixe de galego e castelán. O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, latinismos, helenismos, prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razóns lingüísticas, históricas e culturais. 8.1.3.2. TEMPORALIZACIÓN
PRIMEIRA AVALIACIÓN 1. Xeografía e historia de Grecia e do Imperio Romano. a) Xeografía de Grecia e provincias do Imperio. b) Acontecementos relevantes da historia de Grecia e Roma. c) O eixo cronolóxico. d) A fundación de Roma. 2. A relixión grecorromana. a) O oráculo de Delfos. 62 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
b) O culto e as festas relixiosas. c) A relixión privada. d) O mundo dos mortos e a orixe das estacións 3. A infancia no mundo clásico a) Os xogos. b) O nacemento e a aceptación dos fillos. Imposición do nome. c) A educación. d) Soportes e instrumentos de escritura. e) A infancia de Zeus. SEGUNDA AVALIACIÓN 1. O mundo feminino. a) A muller na antigüedade. b) O matrimonio. c) A xornada dunha muller casada d) A vestimenta e) O xuízo de Paris 2.- O mundo masculino. a) A xornada dun cidadán grego. b) A xornada dun cidadán romano. c) As termas. d) Apolo e Dafne 3. Política e cidadanía. a) As votacións en Atenas. b) A polis grega c) Evolución política do mundo grego d) O cursus honorum. e) As conquistas de Roma. f) A historiade Aracne. TERCEIRA AVALIACIÓN 1. O exercito e a guerra. a) O exercito grego. b) O exercito romano. c) O equipamento dun lexionario romano. d) O campamento romano. e) Os amores de Afrodita e Ares. 2. A arte clásica. a) O ideal de beleza no mundo clásico b) A arquitectura e escultura gregas. c) A arquitectura e escultura romanas. d) Pintura e mosaico. e) As transformacións de Zeus. 3. Cidades antigas e modernas. a) A fundación dunha cidade. b) A cidade grega. c) A cidade romana. d) As vivendas romanas. e) A loita polo padroado de Atenas entre Poseidón e Atenea 4. Xogos e espectáculos. a) As orixes do teatro. 63 / 79
IES Salvaterra.
b) c) d) e)
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Os actores e as representacións teatrais. O circo. Os ludi circenses. O anfiteatro e os espectáculos de gladiadores. Orfeo e Eurídice.
8.1.4. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS BÁSICAS A contribición desta materia á adquisición das competencias en cominicación lingüística son importantes. A través da lectura comprensiva de textos variados, da busca e tratamento da información obtida, así como a síntese para a expresión oral e escrita, contribúe adquisición da competencia en comunicación lingüística. A lectura comprensiva dunha realidade certamente afastada do contorno do alumno, a comprensión duns conceptos totalmente novos e a necesidade ineludible de aprender a expresalos dunha forma ordenada ten un valor moi estimable. Pero se por algo destaca esta materia no eido da lingua é por ser un instrumento inmellorable para a adquisición dun vocabulario pasivo e activo baseado nos termos que se expliquen ao longo do curso, incluidos os seus compoñentes e as regras de combinación. A introducción breve ao estudo diacrónico das linguas, incluido entre os obxectivos, contribuirá a unha percepción máis matizada do que é un sistema lingüística. O coñecemento de cómo se serviron do contorno, de cómo aproveitaron os recursos naturais, de cómo os transformaron, posibilitará unha meirande facilidade para o coñecemento e a interacción co mundo físico. A competencia na expresión cultural e artística foméntase mediante o coñecemento dos fundamentos da literatura clásica, da arquitectura, da escultura, da arte en xeral que debe dar un leve sustento teórico ao que é o comenzo do aprecio e do goce da arte como produto da creación humana e como testamuño da historia. O coñecemento dos restos arqueolóxicos do contorno debe axudar a aprender a valorar as obras do pasado e a apreciar os esforzos pola súa conservación. Cóntase, así, con referencias para facer unha valoración crítica de creacións artísticas posteriores inspiradas na cultura e na mitoloxía grecolatinas, ou das mensaxes difundidas polos medios de comunicación que, en moitos casos, toman a súa base icónica do repertorio clásico. Contribúe a adquisición da competencia social e cidadá o coñecemento das institucións e o modo de vida dos gregos e romanos como refente histórico de organización social, participación dos cidadáns na vida pública e delimitación dos dereitos e deberes dos individuos e das colectividades, no ámbito e no contorno dunha Europa diversa unida en moitos aspectos pola cultura grecolatina. O uso crítico da rede como fonte de información, o emprego de aplicacións informáticas para a elaboración de documentos de aula, servirán para completar a achega da cultura clásica á adquisición desta competencia no tratamento da información e competencia dixital. As actividades relativas á recollida, selección e análise da información, a aplicación de técnicas de síntese, a identificación de palabras clave e a distinción entre ideas principais e secundarias achegan intrumentos básicos para a adquisición desta competencia, tan relacionada con destrezas para a continua formación persoal. O estudo dos elementos básicos das linguas grega e latina, na medida en que propicia a disposición e a habilidade para organizar a aprendizaxe, favorece as destrezas de autonomía, disciplina e reflexión, exercita a recuperación de datos mediante a memorización e sitúa o proceso formativo nun contexto de rigor lóxico, inciden no logro da competencia de aprender 64 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
a aprender. Contribúe ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal na medida en que se utilizan procedementos que exixen planificar, seleccionar, avaliar distintas posibilidades e tomar decisións. O traballo cooperativo e a posta en común dos resultados implica valorar as achegas doutros compañeiros, aceptar posibles erros, comprender a forma de correxilos e non se render ante un resultado inadecuado. En definitiva, achega posibilidades de mellora e fomenta o afán de superación. 8.1.5. AVALIACIÓN 8.1.5.1 CRITERIOS DE AVALIACIÓN Realizaranse probas periódicas para comprobar o grao de obxectivos alcanzados. A valoración das mesmas servirá para adecuar o ritmo de traballo e mesmo para corrixir os erros cometidos. As alumnas e alumnos da materia de Cultura Clásica haberán de demostrar que lograron asimilar os contidos durante o curso. A avaliación organizarase en torno a tres momentos fundamentais: Avaliación prognóstica: para detectar os coñecementos, preconceptos e prexuícios que sobre cada punto dos contidos vaiamos a tratar. Avaliación continuada: na que valoraremos preferentemente a adquisición progresiva de conceptos, procedementos e actitudes. Avaliación sumativa: ao remate de cada etapa recollermos os resultados alcanzados polo alumnado nun momento dado, e especialmente ao final do proceso. En cada trimestre faremos unha ou dúas probas escritas e/ou orais acordes cos contidos explicados ata ese momento nas que, ademais destes, valoraranse os seguintes puntos: Ortografía. Lectura e expresión escrita comprensiva. Correcta presentación do caderno persoal e dos traballos propostos ao longo do trimestre. Interese e esforzo amosados. Colaboración nas actividades de grupo. A cualificación final de cada avaliación será froito das notas obtidas en cada proba, dos traballos personais ou de grupo elaborados, e da actitude das alumnas e alumnos (intervencións en clase, preguntas, exercicios, esforzo diario), a ortografía, expresión e presentación dos traballos, e o interese demostrado ao longo de todo o trimestre. Ademais de superar os devanditos contidos procedementais e actitudinais, o alumnado haberá de demostrar, despois de cada bloque, que adquiriron os conceptos mínimos para comenzar o desenvolvemento do seguinte. En caso contrario haberá de recuperar eses contidos. Os alumnos e alumnas terán que evidenciar que leron os libros e obras literarias de lectura obrigatoria nalgunha proba escrita e/ou oral, mediante a elaboración dunha reseña dos mesmos, ou calquera outro medio que no seu momento se determine. As características da materia e do ciclo no que se desenvolve esixen un sistema de avaliación continua, tendo en conta os seguintes criterios: Tres avaliacións superadas: materia aprobada coa nota media aproximada. 1ª avaliación suspensa, resto aprobadas: materia aprobada coa nota media aproximada. Unha avaliación suspensa: recuperación dos contidos non superados. Tres, dúas ou a terceira avaliación suspensas: recuperación de toda a materia. As probas de recuperación extraordinarias terán como contidos mínimos os incluídos na presente programación e á disposición da Comunidade Educativa na Xefatura de Estudos do Centro. Os criterios de avaliación serán os mesmos que nos demais casos. 65 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
8.1.5.2. PROCEDEMENTOS PARA A REALIZACIÓN DA AVALIACIÓN INICIAL Nos prime iros días do curso poderase realizar unha proba específica sinxela para avaliar o grao de dominio dos contidos mínimos que se consideran imprescindibles para construir sobre eles as novas aprendizaxes propias da materia. Antes da avaliación inicial, mediante observación directa nas clases, tamén se recollerá información das peculiaridades da forma de aprender de cada alumno/a (habilidades, estratexias e destrezas desenvolvidas, é dicir, manexo de procedementos) así como información sobre o grao de integración social do alumno/a (consigo mesmo, cos compañeiros e compañeiras e co profesorado). 8.1.5.3 PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación levarase a cabo tendo en conta os diferentes elementos que constitúen o currículo, é dicir, as competencias básicas, os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación.
Avaliación ordinaria Ao longo do curso realizaranse tres sesións de avalión, unha pr cada trimesre. A ultima desta avaliación coincidirá coa avaliación fnal ordiaria do mes de xuño.
Avaliación extraordinaria Coa lexislación vixente está previsto un exame extraordinario de Setembro para o alumnado que non acade cualificación positiva na convocatoria de xuño. Na data de Setembro que acorde o Centro Educativo realizarase un exame escrito, sendo necesario obter unha nota mínima de cinco para superalo. O alumnado que nesta convocatoria siga sen acadar cualificación positiva e promocione de curso, levará a materia pendente. 8.1.5.4 SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN 1. Avaliación de Contidos: Establecemos un 90% de nota para o conxunto de Contidos conceptuais e procedementais e un 10 % para os actitudinais. 2. Criterios para calcular a nota da avaliación: Media ponderada de Conceptos e Procedementos segundo a seguinte fórmula: media dos resultados nas probas escritas e orais de cada Unidade Didáctica e do uso dos instrumentos correspondentes para a realización de traballos e exercicios durante o trimestre ata acadar un 90%. A isto hai que engadirle o valor de actitudes e participación ata sumar un 10% da nota. 3. Sistema de cualificación das actitudes, valores e normas (10%): asiste con regularidade e puntualidade .............................................0,1% é respetuoso: non ten faltas de orde nos partes de clase..................0,1% fai ás actividades con limpeza e orde nos traballos ou caderno ........0,2% interese pola materia: participa con regularidade, fai preguntas .......0,2% coñece e respecta as normas de uso e utilización de recintos...........0,2% ten espírito crítico nas súas valoracións e o fai dun xeito constructivo....0,2% 4. Criterios para calcular a nota final da materia: para superar a materia é imprescindible superar dúasdas tres avaliacións, sendo unha delas a 3ª. A nota final será igual a nota da 3ª avaliación xa que non se eliminará materia e a avaliación é continua. Poderá ser maior se o alumnado mantivo unha progresión nas notas das tres avaliacións e inferior se é ao contrario. 5. Criterios de corrección de exercicios e probas:
66 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Faltas de ortografía e puntuación: criterios aplicables ao uso da lingua vehicular: galego ou castelán): erro de grafemas: - 0,2 puntos; erro de signo ortográfico (acentuación, puntuación ...): -0,1 puntos. Presentación: limpieza, caligrafía, respecto polas marxes ...Por cada un dos elementos considerados na presentación ata -0,5 puntos. Exactitude na resposta e solución de actividades: terase en conta o rigor na resolución das actividades e a corrección na indagación, estudo e asimilación de datos. Expresión: valorarase a correcta utilización da lingua vehicular, tendo en conta a riqueza léxica e semántica usada nas respostas. Este criterio ten valor positivo: unha mellor expresión significará unha maior cualificación na proba ou traballo. Desenvolvemento da actividade: resolución axeitada en tempo e forma. sobre unha nota de 10, valorarase cada unha das preguntas segundo a súa importancia, o que se lles comunicará antes do comenzo do exercicio, ben oralmente ou ben no mesmo folio da proba.
8.1.5.5 INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Para avaliar a materia poderanse utilizar os seguintes instrumentos: Probas escritas (exame clásico), podendo ser este de preguntas cortas, de respostas directas, de tipo test, de preguntas teóricas, etc. Probas orais. Traballos feitos individualmente ou en grupo. Valoración do caderno de clase. Anotacións procedementais derivadas da observación directa, como saídas didácticas na clase, capacidade organizativa, presentación de traballos, etc. Valoración da curiosidade e interese pola materia, do comportamento, da integración no grupo de traballo, creatividade e investigación persoal. Outras anotacións derivadas da observación directa. 8.1.6 ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN Aínda que o alumno terá a posibilidade de facer un examen ó final de curso para comprobar se acadou os obxectivos propostos, sen embargo ó longo do curso o profesor confeccionará unha serie de actividades de recuperación divididas nas tres avaliaciones: 1ª avaliación: o profesor lle entregará o alumno o material pertinente para contestar a una serie de preguntas que versarán sobre a realización de mapas, as orixes das linguas romances, os alfabetos, prefixos e sufixos grecolatinos, latinismos e traduccións. 2ª avaliación: o alumno leerá e realizará un traballo sobre unha lectura dun autor grecolatino: Plauto, Sóflocles... Nesta mesma avaliación entregará un informe sobre a mitoloxía clásica. 3ª avaliación: tras darlle o alumno o material pertinente, contestará a un cuestionario sobre as realizacións da arte clásica: pontes, murallas, teatros... Todos estes traballos servirán o profesor para facer a avaliación global do alumno ó longo do curso e os mesmos traballos desenvolvidos polo alumno serán susceptibles de ser considerados materia de avaliación para o exame a realizar ó final de curso.
67 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
8.1.7. MÍNIMOS ESIXIBLES PARA UNHA AVALIACIÓN POSITIVA 1.- Localizar no tempo e no espazo as etapas básicas das culturas grega e romana e os seus feitos mais relevantes, os elementos de cambio e continuidade e as relacións con outras culturas coetáneas. Búscase comprobar se o alumnado pode identificar en textos e situar no espazo e no tempo feitos relevantes da historia das culturas clásicas. 2.- Localizar no espazo geográfico as civilizacións grega e romana, así como recoñecer os elementos relevantes do patrimonio arqueolóxico e artístico en Galicia y en España. Preténdese comprobar a capacidade para ocalizar en mapas o espazo das civilizacións antigas, así como recoñecer e situar os restos mais relevantes na Galicia e na España actual. 3.- Identificar as formas básicas de organización social e política de Grecia e de Roma e a súa continuidade no mundo de hoxe. Preténdese comprobar se o alumnado é quen de comprender a organización sociopolítica de Grecia e Roma, así como establecer comparacións coa existente na actualidade. 4.- Distinguir nas diversas manifestacións literarias, artísticas e, incluso, científicas de todos os tempos, a mitoloxía clásica como fonte de inspiración. 5.- Recoñecer os trazos esenciais de cada xénero literario. Preténdese comprobar se o alumnado coñece os elementos básicos dos xéneros literarios clásicos, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas. 6.- Identificar elementos do legado lingüístico común das linguas románicas actuais. Recoñecer o vocabulario grecolatino nas linguas modernas. Búscase comprobar se o alumnado, acudindo ás aprendizaxes xa adquiridas nas outras linguas, é quen de recoñecer elementos comúns a todas elas no vocabulario. 7.- Identificar aspectos significativos da achega da cultura clásica á civilización occidental no campo do pensamento, da ciencia e da técnica. Preténdese comprobar se o alumnado é capaz de relacionar as achegas do mundo clásico nos eidos do pensamento, ciencia e técnica, ao mundo actuais. 8.- Valorar críticamente a herdanza dos clásicos e as posibilidades de influencia no mundo actual, establecendo relacións entre algúns dos valores, diposicións e costumes. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado, coa axuda do profesorado, é quen de analizar a permanencia do legado clásico na actualidade, así como a evolución co paso do tempo. 9.- Manexar recursos que permitan elaborar, coa axuda do profesorado, un traballo temático sinxelo sobre calquera aspecto da produción artística e técnica, a historia, as institucións, ou a vida cotidia en Roma. Preténdese comprobar a capacidade do alumnado para elaborar un pequeno traballo temático sinxelo sobre algún dos aspectos do legado do mundo clásico e a capacidade de exposición posterior na aula. Valorase o grao de planificación e a selección da información, que se debe facer acudindo a fontes variadas, así como a presentación clara e ordenada e a utilización dos medios informáticos. 8.1.8 ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Serán as mesmas que están programadas para as materias de Latín e Grego.
68 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
9. Plan Lector Como contribución ao Plan Lector do I.E.S. Salvaterra de Miño, o Dep. de Linguas Clásicas prevé:
a) Como obxectivo xeral deste departamento: 1) Contribuir a unha mellor organización da aprendizaxe favorecendo, a través do estudio de dúas linguas flexivas as destrezas de reflexión lingüística e memoria.
b) Como obxectivos concretos: 2) Contribuir a búsqueda do rigor lóxico na comprensión e expresión do alumnado, sobre todo a través do estudio do latín polas especiais características desta lingua. 3) Contribuir ao aumento da sensibilidade estética do alumnado a través da entrada en contacto coa civilización grega, buscando unha lectura máis competente. 4) Conquerir unha reflexión máis profunda sobre a creación literaria e as súas formas a través do estudio do nacemento dos xéneros literarios gregos e latinos (nun nivel introductorio e a modo de “taller” en 4º de E.S.O., e nun nivel algo superior en 1º e 2º de Bac). 5) Mellorar o léxico propio do alumno/a a través do estudio da etimoloxía. 6) Promover a búsqueda de información en distintas fontes, a partir dunha bibliografía e dictiografía dadas, para ampliación de coñecementos en temas de cultura grega e romana: mitoloxía, realia, arte, etc.
c)Medidas fixadas para alcanzar estes obxectivos: 4º E.S.O.: Latín como materia optativa
Un taller sobre os xéneros literarios e a súa orixe no que ademáis de estudiarse a teoría literaria se len fragmentos traducidos de obras clásicas de tódolos xéneros. En cada unidade do libro de texto ( son 10 ) lectura, en latín, de unha narratio sobre temas relacionados coa sociedade e cultura romanas, e un colloquium no que se introduce o vocabulario de cada unidade. Estas lecturas fanse primeiro individualmente e logo en alto para toda a clase, procurando que todo o alumnado participe. En cada unidade do libro de texto, no apartado de historia cultural e social de Roma, fanse fichas consistentes na lectura e comentario de fragmentos de autores utilizados como fontes ( Tito Livio, Suetonio, Tácito ou Eutropio).
1º Bac.: Latín e Grego como materias propias de modalidade
A traducción entendida como a comprensión e análise dun texto en lingua grega ou latina e a súa versión literal e literaria ao galego e castelán, é o traballo diario destas materias en 69 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
bacharelato. Polo tanto o traballo de lectura e comprensión de textos variados, maiormente en prosa, é constante, básico e primordial. En cada avaliación se len na aula unha media de dez fragmentos traducidos de obras da literatura grega e latina pertencentes a distintos xéneros. Primeiro faise lectura individual, logo colectiva e comentario.
2º Bac.: Latín e Grego como materias propias da modalidade
A práctica da traducción é aínda máis intensa posto que se centra, nas dúas materias, nun só autor que é estudiado en profundidade. Este ano optouse por Eutropio para Latín e Xenofonte para Grego. Se procura tamén que o alumnado teña ocasión de ler estes autores traducidos. O grupo de traballo da Ciuga marca en ámbalas dúas materias unhas lecturas obrigatorias:
Latín
Grego
Poemas de Catulo Fragmentos de Metamorfosis de Ovidio A violación de Lucrecia en Tito Livio Amphitruo de Plauto Discursos de Calgaco e Agricola na Xermania de Tácito
Edipo Rei de Sófocles As Nubes de Aristófanes Antoloxía de líricos gregos Catro libros da Ilíada de Homero
Este Departamento promove a lectura voluntaria e a elaboración de traballos de profundización nalgún tema concreto que sexa de interés para algún alumno,-a, para o cal a programación contén un listado de novela histórica relacionada co mundo clásico e outro de dictiografía cos sitios e páxinas máis útis e interesantes da rede.
70 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
10. Plan TICs Esta Programación declárase, xa no seu apdo.adicado á metodoloxía (páx.6 e 7), absolutamente partidaria da integración das TICs no ensino das linguas clásicas. As medidas que pon en práctica son: Uso de aparatos informáticos tales como o canón conectado ao ordenador e, nun futuro cercano, a pantalla dixital. Realización de actividades de reforzo e consolidación no ordenador, utilizando sobre todo a aula virtual do centro (http://www.edu.xunta.es/centros/iessalvaterramino/aulavirtual/course/view.php?id=83), aparte dos CDs dos libros de texto ou as webs que na rede existen adicadas ao ensino das linguas clásicas. Axuda e orientación ao alumnado para moverse na Rede á procura de material relacionado coas nosas materias. Fomento no alumnado da entrega de traballos e actividades en soporte informático, tratando de evitar, de paso, un uso excesivo de papel. Progresivo uso da páxina web do centro tanto para avisos ao alumnado como para entrega de materiais. Facilitación ao alumnado do Dep. das ferramentas TICs necesarias para o tratamento das linguas clásicas, tales como o programa Sybilla para escribir en grego, fontes, corpus informatizados e programas de flexión e léxico de latín e grego. Esta programación renova cada ano o seu anexo de dictiografía interesante relacionada coas linguas clásicas.
Ayuda escritorio…
71 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
11. Conclusión O estudio da lingua e cultura grecolatinas no marco da E.S.O. e o Bacharelato deberá aportar á formación dos alumnos/as uns coñecementos e uns valores que estiveron vixentes ao longo de toda a nosa historia e nos que aínda hoxe vivimos inmersos. O estudio das linguas clásicas contribúe a unha reflexión sobre os distintos elementos que conforman as linguas e as súas estructuras e, ademais, incide na reflexión sobre a linguaxe escrita como unha linguaxe dotada dunhas características específicas por tratarse de linguas flexivas, o que permitirá ao alumnado un perfeccionamento das súas capacidades lingüísticas á hora da análise textual. Resulta obxectivo primordial conquerir que os alumnos/as alcancen un coñecemento elemental das linguas grega e latina nos seus aspectos fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico, co que poidan acceder a textos literarios orixinais e así mellorar o uso da súa propia lingua. Debemos tratar, igualmente, de coñecer directamente o pensamento dos autores clásicos e descubrir neles os múltiples indicios que aínda persisten no mundo actual. En definitiva, todo vai encamiñado a profundizar nunhas sinais de identidade que aínda hoxe continúan sendo relevantes.
En Salvaterra, a 16 de Setembro do 2013
A Xefa do departamento
Asdo: Mª Victoria Fernández Gutiérrez
72 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Anexo I: Títulos de Novela Histórica Relación de títulos de novela histórica a escoller polo alumnado para traballos de ampliación. Graves, R. Yo Claudio. . Ed. Edhasa, Barcelona, 1986. Grimal, P. Memorias de Agripina. Ed. Edhasa, Barcelona, 1993. Moix, T. El sueño de Alejandría. Ed. Planeta, Barcelona, 1990. Moix, T. No digas que fue un sueño. Ed. Planeta, Barcelona, 1986. Priante, A. Lesbia mía. Ed. Seix Barral, Barcelona, 1992. Romero, C. Así aman los dioses. Ed. Clásicas, Madrid, 1991. Saylor, S. El brazo de la Justicia. Ed. Emecé, Barcelona, 1993. Saylor, S. Sangre Romana. Ed. Emecé, Barcelona, 1993. Vázquez Pita, E. O ouro de Agrícola. Ed. Tambre, Zaragoza, 2004. Yourcenar, M. Memorias de Adriano. Ed. Edhasa, Barcelona, 1990. Flaubert, G. Salambó. Cátedra, Madrid, 2002. Eslava Galán, J. Cleopatra, la serpiente del Nilo. Planeta, Barcelona, 2004. Posteguillo, S. Africanus, el hijo del cónsul, Ediciones B Las legiones malditas Manfredi, El ejército perdido
73 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Anexo II: Bibliografía Básica e de Ampliación Bibliografía básica (a disposición do alumnado no Departamento ou na Biblioteca): 1.
Crusius, F. Iniciación en la métrica latina, Ed Bosch, Barcelona, 1987.
2.
Rubio, L. Introducción a la sintaxis estructural del Latín, Ariel, Barcelona, 1984.
3.
Herrero, V. J. Diccionario de expresiones y frases latinas. Ed Gredos.
4.
Molina Yevenes, Iniciación a la fonética, fonología y morfología latinas. ed.
5.
preparada por E. Borrel Vidal, Barcelona, 1993. Molina Yevenes, Sintaxis de los casos. Retroversión y Comentario de Textos. Ediciones Universitarias de Barcelona,1996.
6.
Rubio L. Nueva gramática latina. Ed Coloquio, Madrid, 1985.
7.
Correa Calderón, E. y Lázaro Carreter, F. Cómo se comenta un texto literario. Ed Cátebra, Madrid, 1992.
8.
Kenney, E.J. y. Clausen W.V (eds.) Historia de la literatura clásica (Cambridge University), II. Literatura latina. Ed Gredos, Madrid, 1989.
9.
Bickel, E. Historia de la literatura romana, Ed Gredos, Madrid, 1982.
10. Jenkyns, R. editor, El legado de Roma, Ed Crítica, Barcelona, 1995. 11. Grimal, P. La civilización romana, Ed Barcelona, Paidós, Barcelona, 1999. 12. Beare, W. La escena romana, Ed Eudeba, Buenos Aires, 1972. 13. Friedlander, L. La sociedad romana, Fondo de Cultura económica, Madrid, 1982. 14. Veyne, P. La sociedad romana, Ed Mondadori, Madrid, 1991 15. García y Bellido, A. Arte romano. CSIC, Madrid, 1990. 16. Boardman, J. Y otros. Historia Oxford del Mundo Clásico. 2. Roma. Alianza Editorial, Madrid, 1988. 17. Roldán, J. M. Historia de Roma. Tomos I y II. Ed Cátedra, Madrid, 1995. 18. Codoñer, C. (ed.) Historia de la Literatura Latina. Ed Cátedra, Madrid, 1997. 74 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
19. Howatson, M. C. Diccionario de la Literatura Clásica. Alianza Editorial, Madrid, 1991. 20. Grimal, P. Diccionario de Mitología Griega y Romana. Ed Paidós, Barcelona, 1984.
Bibliografía para ampliación (a disposición do alumnado no Departamento): 21. Rubio L. y otros. Textos latinos comentados, Ed Alambra, Madrid, 1985. 22. Reynolds L.D. y Wilson, N.G. Copistas y filólogos, Ed Gredos, Madrid, 1986. 23. Grimal, P. La civilización romana, Ed Paidós, Barcelona, 1999. 24. Lausberg, H. Elementos de retórica literaria, Ed Gredos, Madrid, 1975. 25. Montero Cartelle, E. El latín erótico. Aspectos léxicos y literarios, Universidad de Sevilla, 1991. 26. Grimal, P. El siglo de Augusto, Ed Eudeba, Buenos Aires, 1983. 27. Hus, La historia en Roma, Ed Siglo XXI, Madrid, 1983. 28. Buzzi G., César, Ed Prensa española, Madrid, 1970. 29. Aries Ph. y Duby G. (eds.), Historia de la vida privada, Ed Taurus, Madrid, 1988. 30. Quatrecasas, Eros en Roma (a través de sus clásicos), Ed Temas de hoy, Madrid, 1993. 31. Robert, J. N. Eros romano. Sexo y moral en la Roma antigua, Editorial Complutense, Madrid, 1998. 32. Daraki M. y Romeyer-Dherbey, G. El mundo helenístico: cínicos, estoicos y epicúreos, Ed Akal, Madrid, 1996. 33. Guillén, J. La sátira latina, Ed Akal, Madrid, 1991. 34. García Gual, C. Los orígenes de la novela, Ed Istmo, Madrid, 1972. 35. Rodríguez Adrados, F. La fábula grecolatina, Universidad Complutense, Madrid, 1979-1987.
75 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
36. Iglesias, J., Derecho Romano, Ed Ariel Derecho, Madrid, 2001. 37. Bloch, Instituciones romanas, Ed Labor, Barcelona, 1930. 38. Gutierrez-Alviz, F. Diccionario de Derecho Romano. Ed Reus, 1976. 39. Mateos Muñoz, A. Etimologías latinas del español. Ed Esfinge, Mexico, 1986. 40. Marrou, H. Historia de la educación en la antigüedad. Ed Eudeba, B. Aires, 1955. 41. Dupla, A. Iriarte, A. El cine y el mundo antiguo. Servicio editorial de la U. País Vasco, Bilbao, 1990.
76 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Anexo III. Dictiografía Proyecto Palladium.- http://recursos.cnice.mec.es/latingriego .
Proyecto elaborado baixo a dirección do Ministerio de Educación. Inclue materiais para todo o currículo de latín, grego e Cultura Clásica. Moi completo en actividades e exercicios. Aínda que deben depurarse algunhas deficiencias de funcionamiento resulta de gran utilidade.
Scripta. Conocer la literatura latina. http://www.cnice.mec.es/pamc/pamc_2001/2001_scripta_conocer_literatura/ Esta aplicación, concebida como un libro electrónico, é un instrumento didáctico que pretende dinamizar o traballo convencional na aula de Latín, aproveitando as posibilidades que brindan os medios electrónicos para potenciar o protagonismo do alumno. Autor: Francisco Manzanero Cano
Kairos. http://recursostic.educacion.es/kairos/web/metodologia/metodologia.html Tratase dun programa de apoio ao profesorado de Historia de Secundaria e Bacharelato. Kairos conten interesantísimas propostas metodolóxicas para a didáctica da historia, que utilizan dende a mitoloxía ata o cine e a fotografía. Ademaís ofrece un espacio de comunicación:para achegamento de documentos, presentación de libros e publicacións electrónicas e permanente actualización de documentos.
Historia del Teatro. http://www.cnice.mec.es/pamc/pamc_2000/2000_historia_teatro/ Esta aplicación, creada por Miguel Ángel Gómez Ferro y César Vallejo de Castro, ofrece una visión del teatro a través de distintas épocas, desde Grecia hasta el siglo XVIII.
Biblioteca Augustana. http://www.fh-augsburg.de/~harsch/saeca01.html Amplia biblioteca de textos latinos desmenuzados y analizados de muy fácil utilización.
Cultura Clásica. http://www.culturaclasica.com/enlaces/latin.htm Página de la Asociación Cultural Culturaclasica.com que tiene como principal misión informar y mantener de forma virtual al día a todos aquellos interesados en el mundo grecorromano. En estas páginas se puede encontrar todo tipo de información actualizada cada día sobre todo lo que concierne a la cultura, literatura, historia, arqueología, cine, mitología, educación, sociedad, noticias, etc., relacionadas con la civilizaciones griega y romana.
Aula de Latín http://antalya.uab.es/pcano/aulatin/ Portal del área de Filología Latina de la Universidad Autónoma de Barcelona dedicado a la didàctica del latín desde diferentes puntos de vista: gramática, sintaxis, juegos o cine. Muy buena selección de enlaces comentados.
El Proyecto Grammaticvs http://www.santiagoapostol.net/grammaticus/ Es un sitio dedicado al latín y la cultura clásica en la Enseñanza Secundaria. Donde se pueden encontrar materiales sobre lengua y cultura latinas, en especial su programa de inicio a la traducción.
77 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Departamento de clásicas del IES Universidad Laboral de Cáceres. http://www.unilaboralcaceres.net/departamentos/latinygriego/recursos.html#LENGUA Página interesante por lo que aporta de recursos de latín y cultura clásica en forma de resúmenes, esquemas, etc. para ser utilizados por los estudiantes.
78 / 79
IES Salvaterra.
Programación 2014-15
Departamento Clásicas
Anexo IV. Filmoteca do Departamento Título Película
Director
Estrea
Cabiria
Giovanni. Pastrone
Italia, 1914
Espartaco
Stanley Kubrick
EEUU, 1960
Cleopatra
J. L. Mankiewicz
EEUU, 1963
Antonio y Cleopatra
Charlton Heston
R. Unido, España y Suiza, 1972
Yo Claudio
Herbert Wise
Reino Unido. Serie televisiva
La caída del Imperio romano
Anthony. Mann
EEUU, 1964
Gladiator
Ridley Scott
EEUU, 2000
Ben-Hur
William Wyler
EEUU, 1959
Quo Vadis
Mervin Leroy
EEUU, 1951
Los últimos días de Pompeya
Mario Bonnard
Italo-hispano-alemana, 1959
Atila, rey de los hunos
Douglas Sirk
EEUU, 1954
Golfus de Roma
Richard Lester
Reino Unido, 1966
Satiricón
F. Fellini
Italia, 1969
Edipo Rey
P.P: Pasolini
Italia, 1967
Medea
P.P: Pasolini
Italia, 1970
Escipión el Africano
Luigi Magni
Italo-germana, 1971
Electra
Cacoyannis
Grecia, 1961
El viaje de los comediantes
Theo Angelopulos
Grecia, 1975
Troya
Wolfgang Petersen
2004
Ágora
Alejandro Amenábar
2009
79 / 79