8 de marzo, día Internacional da muller

Page 1

8 de MaRZo Día iNTeRNaCioNaL DaS MuLLeReS


orixes do 8 de marzo Este día conmemora a loita das mulleres por participar na sociedade en pé de igualdade cos homes. A idea dun día internacional das mulleres xorde a finais do século XIX, momento no que se desenvolven múltiples reivindicacións a prol da igualdade que teñen ás mulleres como protagonistas. Estamos a falar dun escenario marcado pola Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa e o auxe do sindicalismo feminino, que loitaba por defender os dereitos laborais das traballadoras e por lograr o dereito das mulleres ao sufraxio1. 1857

1908

Morreron queimadas nun incendio as obreiras dunha fábrica téxtil por reclamar a igualdade de salarios e unha xornada digna

Promóvense en Chicago as primeiras xornadas Women Day co obxectivo de loitar polo sufraxio feminino

1910

II Conferéncia de Mulleres Socialistas en Dinamarca propuxeron establecer o 8 de marzo como día internacional da muller

1975

A ONU establece este día como día internacional da muller. Resolución 32/142, 1977.

1

1917

En plena guerra, as mulleres reivindican a volta aos fogares dos combatentes e o dereito ao pan. A elas únense traballadoras e estudandes...constituíndo esta mobilización un detonante da Revolución Rusa.

Fonte: http://www.educared.org.ar/CAL_EDU/03/03_08.ASP


FICHA “AS MULLERES GALEGAS NA HISTORIA” MARÍA BARBEITO, A Coruña 1880-1970 Unha precursora da educación actual. Profesora, pedagoga e escritora, foi unha das figuras femininas máis destacadas da Galiza urbana do primeiro terzo do século XX. Foi constante defensora da emancipación e da educación sen sen discriminación das mulleres.

CONCEPCIÓN ARENAL, Ferrol 1820-Vigo 1893 Intelectual e feminista do século XIX. En 1842 fíxose pasar por home para poder estudar dereito na Universidade Complutensede Madrid.

SOFÍA CASANOVA, Culleredo 1862-Poznan 1958 A primeira correspondente de guerra. Na súa lucidez de muller comprometida coa súa época manifestou e tomou partido nunha postura pacifista e antibélica, e así o fixo constar nas súas múltiples obras e intervencións.

ROSALÍA DE CASTRO, Santiago de Compostela 1837-Padrón 1885

É a persoa máis destacada do Rexurdimento galego. Foron Cantares Gallegos e Follas novas os dous poemarios que a converteron na escritora máis coñecida do idioma galego.

EMILIA PARDO BAZÁN,1851-1921

Pioneira na defensa dos dereitos femininos no século XIX, especialmente do dereito á igualdade na educación. Fonte: http//: www.culturagalega.org


FICHA “A MULLER ANÓNIMA” A MULLER ANÓNIMA2 Mulleres que todo o facían cun sorriso nos beizos, mulleres que traballaban de sol a sol nas eiras, sementando e recollendo os froitos da terra, cruzando os montes neses chuviosos días de inverno, lavando roupa á beira do río, camiñando pola lama coa pesada carga ó lombo entre a brétema e o frío que chegaba ata ós osos, cociñando ricas comidas co pouco que tiñan... Mulleres que traballaban fóra e dentro da casa, usando a gadaña e o fouciño nas tarefas agrícolas coas mesmas mans que sostiñan no colo ás fillas e fillos, cun canto de berce á calor da lareira. Mulleres que todo o facían cantando, que daban todo polos demais, mulleres fortes por fóra pero cun corazón moi grande por dentro, viúvas de vivos e viúvas de mortos. Mulleres que viron partir ós seus homes e fillos á emigración, quedando ao coidado das casas, esperando días e anos as cartas que traían as noticias de América, deses seres amados que en moitos casos non viron nunca máis. Muller, nai, filla, labrega, marisqueira...

"Este vaise i aquel vaise, e todos, todos se van, Galicia, sin homes quedas que te poidan traballar. Tés, en cambio, orfos e orfas e campos de soledad, e nais que non teñen fillos e fillos que non tén pais. E tés corazóns que sufren longas ausencias mortás, viudas de vivos e mortos que ninguén consolará". ROSALÍA DE CASTRO, "FOLLAS NOVAS", 1880

2

Fonte: http://www.galespa.com.ar/mullergalega.htm


FICHA “INVENTOS DE MULLERES” MULLER

INVENTO

Gertrude ELION

Menciña para leucemia e herpes

Ada BYRON

Linguaxe de programación informática

Marion DONOVAN Elizabeth LEE HAZEN Stephanie L. KWOLEK Hedy LAMARR Bette NESMITH GRAHAM Julie NEUMAR

Cueiros Antibiótico Fibra Kevlar Sinalización de barcos Tipp-ex Pantis

Mary ANDERSON

Limpaparabrisas

Josephine COCHRAM

Lavalouza

Catherine BLOGGETT

Cristal non reflectante

Edith FANIGEN

Refinado de petróleo

Mary PHELPS JACOB

Sostén

Fonte: http://www2.elkarrekin.org/elk/8marzo/mujeres_inventoras.htm Barcos Reyero, R. e Pérez Sedeño E.; Mujeres inventoras. Instituto de Filosofía. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. http://www.ifs.csic.es/mujeres/Invento.pdf


FICHAS “OS DEREITOS DAS MULLERES” “O DEREITO Á VIDA ” >> A discriminación de xénero empeza cedo. En Asia, sobre todo na India e en China, hai un número desproporcionado de nacementos de varóns e unha presenza esaxerada de nenos menores de cinco anos. >> Calcúlase que máis de medio millón de mulleres – unha por minuto – morren ao ano como resultado das complicacións durante o embarazo ou o parto. >> As mulleres e as nenas son máis vulnerables ao seren as encargadas do coidado das persoas enfermas, ao tempo que os coidados que reciben son, en moitos casos, peores dos que reciben os homes. Se ben é certo que as mulleres viven máis que os homes, a súa saúde é peor.

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.


“DEREITO A UNHAS CONDICIÓNS DE VIDA DIGNAS” >> O 70% das persoas que viven na pobreza son mulleres. >> Morren 500 mil mulleres cada ano por complicacións relacionadas co embarazo. >> As mulleres representan dous terzos das persoas adultas analfabetas do mundo. >> Unha de cada tres mulleres do mundo sofre algún tipo de violencia ao longo da súa vida. >> En 2006 a diferenza salarial entre homes e mulleres nalgúns países foi de entre o 30% e o 40%. >> As mulleres dos países empobrecidos non posúen nin o 2% da terra cultivable, pero producen o 70% dos alimentos. >> Unha nai angolana ten 16 veces máis posibilidades que unha muller europea de morrer no embarazo ou durante o parto. >> En España, a taxa de desemprego feminino foi do 11,4% fronte ao 6,1% masculino.

Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.


“DEREITO AO TRABALLO” >> As mulleres non só soportan unha carga desproporcionada da pobreza mundial, senón que nalgúns casos esta fenda foi aumentada pola globalización, xa que as mulleres perden unha proporción moi superior de emprego, prestacións e dereitos laborais. >> Aínda que nunca houbo tantas mulleres no mercado laboral, as desigualdades con respecto aos homes persisten e as diferenzas son moi acusadas en función das rexións. >> No 2006 as mulleres en todos os países tiñan maiores probabilidades de estaren desempregadas que os homes. Había 81,1 millóns de mulleres sen emprego, a pesar de que querían traballar. >> O traballo non remunerado, incluído o voluntario, supón en España o 60,71% do PIB. Ao redor do 80% dese traballo fano as mulleres. A atención ás persoas dependentes sempre a realizaron as mulleres, tendo en conta que nos últimos anos as mulleres inmigrantes son quen desempeñan maioritariamente estes labores de coidado, ao mesmo tempo que outras mulleres da súa familia coidan dos seus propios fillos e fillas, continuando así a cadea do coidado feminino. QUE PASARÍA SE... >> CALQUERA DÍA SE LLES ESTRAGASE O ESPERTADOR A TODAS AS MULLERES? >> SE TODAS AS AVOAS SE DECLARASEN EN FOLGA? Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.


“DEREITO Á EDUCACIÓN” >> No mundo en desenvolvemento as nenas teñen menos posibilidades que os nenos de asistir a clase. >> Segundo UNICEF a medida de nenas que acoden á escola secundaria nos países en desenvolvemento é só do 43%. As razóns: a imposición das tarefas domésticas e do coidado das persoas maiores, e mesmo das irmás e irmáns pequenos; a falta de saneamento na escola, a escaseza de referentes femininos, o matrimonio infantil, a maternidade tempera, entre outras. SABÍAS QUE... ...HAI 77 MILLÓNS DE NENAS E NENOS EN IDADE ESCOLAR QUE NON VAN Á ESCOLA, DOS CALES DOUS TERZOS SON NENAS... ...CHINA TEN 55 MILLÓNS DE MULLERES ANALFABETAS... Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.


“DEREITO A PARTICIPAR NA TOMA DE DECISIÓNS “ >> No que se refire á presenza das mulleres na toma de decisións a proporción é aínda moi baixa. Aínda que nas últimas décadas se produciron cambios importantes e o número de mulleres é considerablemente maior, as diferenzas entre mulleres e homes seguen a ser importantes. >> A finais do 2006, só 11 mulleres estaban ao mando do Estado entre os 192 países membros das Nacións Unidas (ONU)... Angela Merkel Tarja Jalonen Mari McAleese Vaira Vike Freiberga Bachelet Ellen Johnson Luis Diogo Helen Clark Gloria Macapagal María Do Carmo Silvana Han Myung-sook

Alemaña Finlandia Irlanda Letonia Chile Liberia Mozambique Santa Tomé Nova Celandia Filipinas Corea do Sur

>> Nalgúns países occidentais ata datas recentes non existiu o sufraxio feminino, cando había décadas ou séculos que os homes podían votar...

1893

1931 1934 1954 1965 1971 1994

NOVA CELANDIA ESPAÑA TURQUÍA PAKISTÁN ESTADOS UNIDOS* SUIZA SUDÁFRICA**

* Desde 1920 podían votar as mulleres de pel branca. ** Desde 1930 podían votar as mulleres de pel branca. Fonte: Adaptación de BRIÑÓN GARCÍA, Mª A., Unha visión de xénero...e de xustiza.


Os contidos aqui presentados son froito do traballo dos Equipos Comarcais de Igualdade da Rede de Oficinas I+B do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e parte do Programa de Intervención Educativa en materia de Igualdade que están a desenvolver nos centros de ensino ao longo do curso 2008-2009. En todo caso se mencionan as fontes e referéncias bibliográficas empregadas para a elaboración dos materiais. A fonte da foto da portada: http://singenerodedudas.com/images/73.png.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.