POEMAS E ILUSTRACIÓNS
Ceip Andrade Curso 2007/08
ARCO DA VELLA Arco da vella Vaite de aí Que as nenas bonitas Non son para ti. Fuxe chuvia, fuxe sol, Fuxe roda de color Que a neniña quere brincar Coas areas do areal. Vaite néboa, vaite vento, Vaite cara de mal tempo Que a neniña quere Correr pola areas do ler
Ilustración: E.Infantil(3anos)
Ai, miña neniña, nena, Non se vai o arco da vella! XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ “Roseira do teu mencer” Xerais
O PARAUGAS Polos altos De Pousadoiro Anda unha nena Cun zoscadoiro Para zoscarlle Ó vento nordés Porque lle puxo O paraugas do revés E mollouna todiña Da cabeza ós pes.
Ilustración: E.Infantil(3 anos)
XOÁN BABARRO “Ten, ten a miña casa ten…” Árbore. Galaxia.
A LÚA Lúa que saes de noite núa Onde tes a casa túa? Lúa nova oculta na cova. Lúa crecente Médralle un dente Lúa minguante Cairo de elefante.
Ilustración: E.Infantil(4-5 anos)
Lúa que saes de noite espida Onde dormes de día? XOÁN NEIRA. “Xix de cor”. Baía edicións
A NEVE E O SOL A neve e o sol casaron En mañanciña de Abril Ela vestida de branco Con perfume de xasmín El co seu metal brillante De trompeta e de clarín Foi na praia dos lagartos Onde se dixeron o si. E baixaron pola laxas Aquel día tan feliz Augas cantareiras, limpas Como un só de violín.
Ilustración:E.Infantil(4-5 anos)
HELENA VILLAR JANEIRO. “Na praia dos lagartos”. Ed. Do Castro
HORMIGUITAS Pequeñitas y trabajadoras Andarinas y no voladoras Llevan su comida en la espaldita Hasta su casita. Poema e ilustración: 1º Ciclo
SE LLAMA … Esa niña tan bonita Que llega con su cestita A casa de la abuelita Se llama Caperucita Y tiene una colita De ratoncita. Poema e ilustración: 1º Ciclo
EL PIRATA Cincuenta piratas Tuertos y cojos, Con cincuenta patas Y cincuenta ojos. También sus abuelas Eran así y este poema Llegó al fin. Poema e ilustración: 1º Ciclo
MAR María Manuela foi mariscar, O mar mariñeiro quixoa namorar. De algas mimosas, Fíxolle un mantelo, De escuma miúda, Medias de modelo. Namorar namoreime, Da beleza do mar. Namorar namoreime, Dun sereo que oin cantar.
Poema e ilustración: 1º Ciclo
O LORO MANOLO Eu teño un loro Chamado Manolo, Cando lle dou un xeado Canta como un pringado, Tamén toca a frauta Pero non lle gusta a gaita, Compreille un emepetrés E baila do revés. Almudena (3º curso)
A ARAÑA E A CABRA Había unha araña Que caeu nunha castaña Chegou unha cabra E levouna á unha cabaña, Alí comeu a castaña E dentro berrou a araña: Ai, que demo de cabra! Román (3º Curso)
O TRACTOR VELLIÑO Un tractor Moi velliño Estaba moi Enfermiño E os demais Tractoriños o Coidan con Moito cariño.
Álex Gómez (4º Curso)
ESTACIÓNS A primavera é moi fermosa É tan fermosa coma o pétalo dunha rosa. Cos seus campos verdes, Cheos de flores. Que deixan miles de olores. O verán é moi alegre Co seu sol madrugador, Os paxaros cantan moito Para ver saír o sol. As árbores están espidas Cando o vento lles tira as folliñas, A choiva o chan mollou O outono xa chegou. O ceo está escuro É un inverno moi duro. Todo o día choveu sen parar E de noite comezou a nevar.
Fátima Solís (4º Curso)
O CAMIÑO Cando pasei pola vila Atopei un camiño, Fun polo camiño Pasiño a pasiño E cheguei a un casteliño. Cando voltei para a vila Desandiven o camiño E pasiño a pasiño Atopei un amiguiño. Javier (5º Curso)
O CAMIÓN No camión Hai un melón Roido por un furón O camión Vai para Ribeira Pero non leva nin unha cadeira. O camión fai moitas viaxes Polo que coñece moitas paisaxes, Dorme cada día nun lugar, Pouco para no fogar. Na estrada non debe correr Pois un accidente pode haber, Vai con moita precaución Pois góstalle a súa profesión.
Javier González (5º Curso)
É fermoso recitar É tan fermoso como cantar. É fermoso compartir Para mellor poder vivir. É fermoso estudar Para nun futuro poder traballar. É fermoso ser feliz Porque te axuda a compartir. É fermoso ter amigos Para estar unidos. Noelia Regueiro (6º Curso)
A miña vida e a poesía A túa cara é fermosa Coma unha rosa A túa cara é lisa E tamén a túa risa. Eu quero ser, O home dos teus soños E adorarte sempre, E amarte e ser o teu amor. Eu quero ser, O teu compañeiro sentimental, E espero que nunca Te traten mal.
César (6º Curso)
TODOS/AS APORTAMOS ALGO: E.Infantil 3 anos: Ilustramos dous poemas: “O Paraugas” e “Arco da Vella”. E.Infantil 4-5 anos: Ilustramos dous poemas: “A Lúa” e “A Neve e o Sol”. 1º Ciclo: Os de 1º, escribimos e ilustramos dous poemas: “Hormiguitas” e “Se llama”. Os de 2º, escribimos e ilustramos dous poemas: “Mar” e “El Pirata”. 2º Ciclo: Todos e todas escribimos e ilustramos un poema e eleximos catro que nos gostaron máis: “O Tractor Velliño” e “Estacións” no 3º curso . “O Loro Manolo” e “A araña e a cabra” no 4º curso. 3º Ciclo: Todos e todas escribimos e ilustramos un poema e eleximos catro que nos gostaron máis: “O camiño” e “O camión” no 5º curso. “A vida” e “A miña vida e a poesía” no 6º curso.
Todos estes poemas pasarán a formar: “O álbum dos nosos poemas” Ceip Andrade 2007/08