Abril, mes dos libros 2015

Page 1


O Equipo de Biblioteca en colaboración co ENDL fixemos unha adaptación e tradución ao galego de: “Si yo fuera un libro” Texto orixinal de José Jorge Letria. Ilustracións de André Letría. Ed. Juventud

O día do libro a cada curso corresponderalle ler e ilustrar catro frases deste libro. Tamén faremos unha lectura colectiva.


O alumnado e mestres do Centro, recibiremos un díptico no que poderemos escribir o título e autor do libro que nos gustaría ser “Se fósemos un libro” e dar unha breve explicación. Con todos eles faremos unha exposición.


O xoves 23, teremos na Biblioteca un obradoiro no que os nenos e nenas crean o seu animal, a partir de fotos de obxectos, para logo escribir sobre el. Está baseado no libro: “Imaxina animais” da Ed. Kalandraka


O 24 de abril, un grupo de alumnos e alumnas representarán unha adaptación teatral de “Papirus” , un conto que atopamos no libro “Tambo” de Edicións do Cumio.


O alumnado do 3º ciclo e de 4º curso de Primaria comparte lecturas coas nenas e nenos de Educación Infantil, 1º ciclo e 3º curso de Primaria.

Os padriños e madriñas preparan o conto que lle van ler aos seus afillad@s e ao día seguinte, na "Hora de Ler", acoden ás aulas a buscalos. Os padriños e madriñas elixen o libro e o lugar onde queren estar. Pode ser en calquera sitio do colexio.


Os libros e as películas proceden de doazóns das familias do alumnado do colexio e do expurgo da nosa Biblioteca. Pódense adquirir ao prezo simbólico dun euro. Os cartos recadados serán para axuda da excursión do alumnado de 6º curso.


Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos unha lista cos libros máis emprestados durante este curso 2014/2015.

Cos dez primeiros libros facemos unha exposición á entrada da Biblioteca titulada: “OS NOSOS LIBROS FAVORITOS”


Consultando a base de datos do programa de xestión da nosa Biblioteca, Proxecto Meiga, confeccionaremos a lista dos mellores lectores 2014/2015; un representante de cada curso.. Raioteca, a mascota da nosa Biblioteca, seguro que terá algunha sorpresa para estes fantásticos lectores e por suposto tamén para Os/as colaboradores/as de Biblioteca.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.