Andrade, comeríate a versos.

Page 1


O 21 de marzo celébrase o “Día Mundial da Poesía” Con este motivo realizaremos a actividade titulada: ANDRADE, COMERÍATE A VERSOS: Espalladas polo centro atoparás poesías. Podedes elixir a que máis vos guste para recitar na hora de ler. O recitado pode ser individual ou en parella. Teredes que facer a inscrición na Biblioteca. Anímate!!! Haberá un agasallo para cada un d@s participantes.


NAMORADIÑAS DO VENTO DÚAS GAIVOTAS ANDABAN. CANDO O VENTO LLES SORRÍA, AS GAIVOTAS TOLEABAN. García Teijeiro


Dorme a lúa no mar. Sombras voan no ceo. Pensa a noite, tristeira: "O inverno xa está preto".

Antonio García Teijeiro.


¡O meu barco de xoguete! ¡O meu barco moito val: verei terras, verei illas, verei mares de coral…! ¡Andei por tódolos mares! ¡Xa cansei de navegar co meu barco de xoguete sen saír do meu fogar! Manuel María


Da nena que xoga cos raios do sol uns din que está tola e algúns din que non. Sentada na escuma, cabelo das ondas, soterra na area as finas raiolas. García Teijeiro


O peixiño nada nada polo río ou polo mar. Carapuchiña de escamas e unha coliña a remar Ana Mª Fernández


O señor Fragata ten un violín que toca ós solpores cantos de delfín. Con ferreñas de aire ten unha pandeira, pelello de nube, aro de orballeira. No seu cataventos cada media hora coa risa do vento toca unha tambora.

Ana Mª Fernández


Nas noitiñas quentes con grande emoción, o señor pirata toca o acordeón. Na noite de prata con lúa redonda o señor Fragata toca unha zambomba. Con vela de nube, barquiño de sal, voga sen descanso dun mar a outro mar.

Ana Mª Fernández


Un choco de mar subíu no autocar. Ía moi serio, lendo un xornal. Unha señora chapeu requintado, sentou ó seu lado. O choco carioco paifoco con musa, coméntalle á fusa: -Permite, bela dama que lle pinte a cara? -Ou, si! Gloria Sánchez


Á tardiña, reúnense no café peixes, cangrexos, golfiños. Conversando son felices! Esperanzados falan das correntes do mar; do pouco que comen os calamares, do perigo que corren todos os mares. Pilar Mayoralas


Á quinta maratón de natación apuntáronse mil cangrexos con ganas de chegar lonxe. Antes da competición, quentaron as patas blindadas, tomaron zume de uva e media ración de algas. Pilar Mayorales


AZUIS son as sardiñas que sulcan alegres o mar VERDES as algas verdes bailan suaves un vals COLORADAS as estrelas, as estreliñas de mar AMARELAS as buguinas coas que escoitas lonxe o mar VERMELLO o caranquexo que camiña para atrás BRANCAS as escumas que acariñan o areal ¡¡Mira o arco da vella que está a facer no mar!! Julia González


Eu quero ser mariñeiro, á lúa segredos contar, pintar de azul os meus soños, de azul e verde como o mar. Julia González


TRES PEIXES DE OLLOS NEGROS MIRABAN PARA MIN, BAIXO A TONA DAS AUGAS DA FONTE DO XARDÍN. OS LOMBOS DE OURO E PRATA RECOLLÍAN O SOL E O AIRE A ESTREAR RISAS NOS NENOS DE ARREDOR. Ana Mª Fernández


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.