Magosto samaín bis odt (1)

Page 1

TEMPO DE MAGOSTO E DE SAMAร N

6ยบ CURSO DE PRIMARIA


TEMPO DE MAGOSTO E DE SAMAÍN NEREA - Pois sí, éche tempiño de castañas, de magostos... DIEGO - De cabazas e de Samaín... INÉS - Na miña casa sempre se facían nestas datas zonchos como estes, colares coas castañas cocidas. SERGIO - Pero vós sabedes por que celebramos o Magosto? MARÍA - Non sei, pero o Samaín...? En Galicia...? HUGO - O Samaín é unha festa que xa celebraban os nosos antergos celtas á fin do tempo das colleitas. MARÍA - Era cando as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitaren aos familiares e quentarse nas lareiras. MATEO - O magosto sí que é a festa do outono por excelencia... MARCOS - A exaltación da castaña e do castiñeiro. BILL - E do lume. SERGIO - E do viño, non te esquezas... NEREA - Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín... INÉS- A miña avoa di que se celebra o magosto para agradecer as colleitas. MARINA - A min contáronme que polo Samaín era costume baleirar nabos e melóns para pórlles dentro candeas. JOSE - Nabos? DAMIÁN- Sí, agora son cabazas. HUGO - Iso facíase para guiar aos defuntos... MARINA - Ou asustalos... NEREA - Pero a que non sabíades que cada castaña que se come dos zonchos dicíase que era unha alma liberada do purgatorio? MARÍA- Castañas, outono e defuntos están moi relacionados na nosa cultura popular. INÉS- Tamén contan que pola forma de corazón das castañas dise que a persoa que pisa unha cando vai polo monte non terá amores nunca.


SERGIO - Trangalladas, daquela eu... DIEGO - Nalgúns lugares tamén se usan caveiras para que as ánimas non se acheguen, como o Samaín é o Día de Defuntos. MARINA- O meu avó di que a rapazada vestíase con sabas e candeas, e ata unha campaíña, coma quen que era a Santa Compaña, para escorrentar á xente. HUGO - E contábanse historias e contos de medo. MARÍA - Como a lenda da ponte de Pontedeume? Coñecédela? TODOS - Non, que di esa lenda? MARÍA - Pois que a ponte fíxoa o demo nunha soa noite. Había un rapaz chamado Ledán que afogou no río unha noite de treboada, cando o atravesaba nadando para ir ver á súa moza. Ela chamábase Minla e era a filla dos condes de Andrade, moi fermosa. Ó escoitar os berros de Ledán, prometeu a súa alma ao demo en troca que este construíse unha ponte para cruzar o río e velo corpo do seu amado, coa condición de que a ponte estivese rematada antes de que cantase o galo do curral dos Andrade. O demo traballou toda a noite e foi quen de facer case setenta e un arcos de cantería. Ao alborexar cantou o galo e aínda quedaba un arco por rematar. Así salvou a alma Minla e o demo quedou retorto, pois a dama puido cruzar dando un chimpo. JOSE - Pois en Monfero hai a lenda do Marco da Castelida..., que di que o veciño que padeza o mal de ollo ou meigallo, debe achegarse á pedrafita na medianoite e dar sete voltas ao seu redor. Despois, ten que enterrar unha moeda no chan e abandonar o lugar de cóstas e sen falar con ninguén. DAMIÁN- Como a do Marco do Seixo, pero aquí hai que dar nove voltas para espantar o meigallo e en cada volta tirar unha moeda. Se alguén collía unha, o meigallo podíase volver contra el. Porén, as moedas sempre desaparecían. INÉS - Ai, calade xa con esas historias que me dan calafríos... NEREA- Sí, por que non botamos unhas regueifas? JOSE - Ti que dis, oh? Que é iso das regueifas? MARÍA - Éche como rapear pero en galego, xa se facía fai moito tempo... TODOS - Pois a regueifar!!!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.