SEMANA das INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Page 1

O MAGOSTO


O MAGOSTO

No mes de novembro ten lugar en Galicia O Magosto: a festa de exaltación da castaña, produto que durante séculos foi compañeira inseparable na mesa de tódolos galegos. Aínda que na actualidade se celebra nas casas e nos colexios, tivo o seu orixe no monte. Os seus protagonistas son: o castiñeiro, a castaña, o lume e o viño. Os celtas celebraban esta festa no claro dos bosques e co tempo foise transformando ata converterse no que é hoxe: o asado das castañas e chourizos con cantos e troula arredor da fogueira para rematar a festa coméndoas acompañadas de viño novo. Atrévete a investigar sobre o magosto a través das Intelixencias Múltiples

1


O MAGOSTO

Intelixencia Lingüístico/verbal “Crear – narrar unha historia sobre o magosto”

Para iso partimos dunhas imaxes que axudarán ao alumno a crear a súa propia historia acerca desta festa tradicional

Agrupamento: por aulas co/a titor/a Emprazamento: entrada corredor

2


O MAGOSTO

3


O MAGOSTO

4


O MAGOSTO

5


O MAGOSTO

6


O MAGOSTO

Intelixencia Lóxico/Matemática Cálculo: aprender conceptos numéricos, forzar relacións creando conexións significativas entre ideas incoherentes

7


O MAGOSTO

Actividade: Caer o lume Espazo: Sala de Ciencias. Temporalización: 15 – 20 minutos aproximadamente Agrupamento: en parellas Materiais: Un taboleiro, fichas en forma de castaña e un dado

Procedemento Presentamos o xogo nunha reunión de grupo. Unha vez descritas as regras, o obxectivo e os materiais, explícase que se xoga por parellas e que cada xogador terá seis fichas con forma de castaña que debe colocar en calquera das casiñas do taboleiro (anexo), podendo colocar máis dunha ficha en cada casiña. O obxectivo é colocar tódalas castañas na fogueira; para isto, os xogadores, por quendas, tiran o dado e se o número corresponde a unha casiña na que se atopa unha ficha súa, tira unha castaña, pasa quenda. Soamente se pode quitar unha ficha en cada xogada. Gaña a parella que poña antes todas as súas castañas na fogueira.

8


O MAGOSTO

Actividade: As follas Espazo: Sala de Ciencias. Temporalización: 15 – 20 minutos aproximadamente Agrupamento: aula por aula Materiais: follas e fichas de series

Procedemento Trátase de que os/as nenos/as se familiaricen con distintos tipos de follas e coas arbores correspondentes. A maioría son usuais na súa vida diaria, comen os seus froitos e deben darse conta de que cada unha delas pode asociarse a diferentes arbores. Logo pódese facer unha seriación destas follas segundo o modelo.

9


O MAGOSTO

Actividade: A arbore

Espazo: Sala de Ciencias. Temporalización: 15 – 20 minutos aproximadamente Agrupamento: toda a aula Materiais: arbore de goma eva, ourizos, castañas, follas,…

Procedemento Esta actividade consiste en construír entre todos un gran castiñeiro empregando diversos materiais que podemos ter do outono, tales como: ourizos, castañas, follas. Para iso pediráselle aos alumnos que traian das súas casas algúns dos materiais mencionados. Para comezar a actividade, exporanse os materiais nunha mesa ampla, de maneira que se poidan observar e clasificar para a súa arbore. Trátase de crear unha escena na que se observe a festa do magosto.

10


O MAGOSTO

Intelixencia cinética/corporal Representación dramática (Emisión radiofónica): creando un mini drama que mostra a relación entre diferentes conceptos ideas e procesos. Espazo: A casiña (biblioteca) Agrupamento: toda a aula, para infantil será representada polos/as maiores e os/as alumnos de infantil serán os/as oíntes.

11


O MAGOSTO

Emisión radiofónica: O Magosto Presentador.- Cando e onde naceu o primeiro castiñeiro? Como se chamaba o home que o plantou? De onde sacou a castaña? Que foi primeiro a castaña ou o castiñeiro? Estas e outras preguntas son as que nos facemos nestes días, por iso hoxe na nosa emisión contamos coa presenza dunha castaña, un castiñeiro eh...... Bo día señor castiñeiro! Señor Castiñeiro.- Bo día e grazas por terme convidado nestes días tan especiais. Hai quen pensa que somos unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que fomos "inventados" en Galicia hai varios centos de anos..... e hai quen mira para un castiñeiro.... e non pensa nada. Presentador.- Carafio! xamais pensei que mirando un castiñeiro se visen tantas cousas. Señor Castiñeiro.- Isto é para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro. E agora van falar as miñas queridas, aínda que me abandonen no outono. Dicía, as miñas queridas follas: Folla 1.- Bo día Folla 2.- Eu tamén direi Bo día Folla 3.- Como non, bo día radiooíntes

12


O MAGOSTO

Folla 1.- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Hai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (hai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas Folla 2.- O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban mellor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos. Folla 3.- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas mornas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América. Señor Castiñeiro de Indias.- E cando falo Eu??? Ben, menos mal que xa me toca, nun principio o castiñeiro vivía en áreas mais setentrionais das que hoxe habita, pero cando chegaron as glaciacións arrefriou o clima e o castiñeiro retrocedeu, e en Europa refuxiouse na zona mediterránea. Máis tarde, cando o clima volveu quecer un pouco, o castiñeiro volveu estenderse pouco a pouco por outras zonas, pero moi lentamente debido a que a castaña pesa moito e non pode ser transportada polo vento, senón que para viaxar dun lugar a outro ten que ser levada por homes ou animais. Señor Castiñeiro.- Sabedes que no mundo enteiro, os paises que máis castañas producen son A China, seguida de 13


O MAGOSTO

Corea, Turquía, Xapón, Italia, Francia... Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende hai máis de 6.000 anos. Presentador.- Moi boa información, pero que nos poden contar do castiñeiro en Galicia? Señor Castiñeiro de Indias.- Non se sabe con certeza cando apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia. En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuíron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían conquistando. Folla 1.- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise estendendo hasta ocupar case toda a rexión, converténdose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise estendendo o cultivo da pataca e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimentarios: A castaña empezou a quedar nun lugar secundario, pasando a ter máis importancia na alimentación humana as patacas e os cereais. Folla 2.- Esta substitución da castaña pola pataca explica que nalgúns sitios ás patacas se lles chamase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patacas se lle chame "castañal". Folla 3.- Hoxe en día a zona de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos 14


O MAGOSTO

pero nos últimos setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos. Señor Castiñeiro.- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Courel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense. Presentador.- Moitas grazas pola vosa información e xa nos temos que despedir. Ata a próxima. Follas 1, 2 e 3.- E outro día contarémosvos moito máis.

15


O MAGOSTO

Intelixencia Musical Rap: mediante a elaboraci贸n dun rap polos alumnos maiores lembraremos certos conceptos, ideas e procesos. Espazo: aula de 6潞

16


O MAGOSTO

Actividade: RAP do Magosto Neste colexio Celebramos o Magosto O 10 de Novembro Cantando e bailando Na festa do Magosto Pasámola ben Comemos chourizos E castañas tamén No Magosto chourizo con pan No magosto chourizo con mel No magosto chourizo con repolo No magosto pasámolo ben Carreiras de sacos, comemos castañas Señora María, Señor Manuel Castañas asadas E viño con mel Xogamos cos sacos Xogamos cos nenos Xogamos cos zancos Saltamos nos bancos Se o Magosto ven claro Boa castaña e bo nabo Se ven nubrado Estás apañado Quedades invitados Con este Rap A nosa festa Vide participar!!!!

17


O MAGOSTO

Intelixencia Naturalista Observación da natureza: participamos en actividades de observación como por exemplo actividades de exploración,….. Espazo: o entorno exterior

18


O MAGOSTO

Actividade: Visionado de vídeo Partimos dun vídeo de Internet sobre a castaña galega, duración aproximada duns 9 minutos que nos falará dos soutos de Maceda, do valor da castaña… Este será o punto de partida para iniciar a semana das Intelixencias Múltiples. Agruparase aos alumnos por ciclo para poderen ver o vídeo.

Unha vez visto o vídeo terán que observar a natureza, atopar as follas anteriores,…..

19


O MAGOSTO

Intelixencia Espiritual (Intrapersoal) Prácticas de conciencia: prestar atención a experiencia propia vivida. Capacidade de afrontar a dor e aprender co sufrimento. Espazo: aula (na aula de relixión, titoría, ou en coñecemento do medio)

20


O MAGOSTO

Actividade: Sinto a natureza Enriba da mesa unha castaña metida no seu ourizo. Os nenos intentarán collela e tela uns segundos na man, unha vez que todos a collan deben dicir o que senten (que se picaron, que a tiveron que coller con moito coidado…). Unha vez expresen todo o que sentiron, o/a profesor/a saca as castañas do ourizo párteas e compártea con todos/as. Facemos a seguinte reflexión con eles/as: Aínda que ás veces a dor nos envolve, as preocupacións, os problemas, se os sabemos tratar con tacto, o mesmo que fixemos para coller o ourizo, para que non nos picase demasiado, desta mesma maneira, debemos intentar solucionar os nosos problemas e afrontalos, medraremos e irémonos facendo persoas máis maduras. Cos máis pequenos podemos amosárllelo sen que o toquen, que o vexan, que saiban que pica, que doe, pero que ao sacar o ourizo o de dentro é unha froita moi boa e rica. Que valoren como Deus creou o froito e se o tratamos con cariño e con coidado poderemos saborear un froito moi rico. Que agradezan a Deus que lles deu tantas cousas ricas que nos axudan a medrar.

21


O MAGOSTO

Intelixencia Interpersoal Estratexias de aprendizaxe cooperativo: realizar un traballo en equipo estruturado para as diferentes aprendizaxes académicas. Dende as diferentes aulas e niveis, realizar murais que axuden a ambientar os corredores e patios do colexio para estimular, motivar e axudar a traballar dun xeito máis lúdico e visual o tema do Magosto, para axudar a enriquecer a aprendizaxe. Isto axuda a fomentar relacións afectivas entre os compañeiros e compañeiras e a valorar as achegas dos demais.

22


O MAGOSTO

Intelixencia visual / espacial Esquemas de cor e textura: asociar cores e texturas con conceptos, ideas e procesos. Espazo: entrada do colexio (na entrada a cociña) Traballaremos cos alumnos distintas texturas e cores nos diferentes idiomas (galego, inglés e castelán)

23


O MAGOSTO

Ficha INTELIXENCIA MÚLTIPLES Curso:

Data:

Profesor/a:

Tema:

NATURALISTA

INTERPERSOAL

LÓXICO MATEMÁTICA

VISUAL ESPACIAL

CINÉTICA CORPORAL

INTRAPERSOAL

MUSICAL

LINGÜÍSTICA VERBAL

Observacións:

24


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.