Caderno Centro - Programación Anual Madre de Dios Ourense

Page 1

PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

PROGRAMACIÓN XERAL curso 2011/2012

1


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

2


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ÍNDICE INDICE ............................................................................................... 3 PRESENTACIÓN................................................................................ 5 A NOSA ESCOLA ............................................................................. 6 MADRE TRINIDAD – POLO SEU FROITO A COÑECEMOS ........ 10 LEMA ............................................................................................... 13 OBXECTIVOS .................................................................................. 14 COMUNIDADE EDUCATIVA......................................................... 16 ORGANIGRAMA ........................................................................... 21 CONSELLO ESCOLAR ................................................................... 22 SERVIZOS COMPLEMENTARIOS................................................... 23 ORGANIZACIÓN: DISTRIBUCIÓN HORARIOS ............................ 24 ORGANIZACIÓN: CALENDARIO ESCOLAR .............................. 25 ORGANIZACIÓN: CALENDARIO PASTORAL ............................. 27 ORGANIZACIÓN: ACTIVIDADES CULTURAIS............................. 29 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: OBRADOIROS ................ 30 ORGANIZACIÓN: CALENDARIO AVALIACIÓNS ...................... 34 NORMAS DE CONVIVENCIA ....................................................... 35 EPÍLOGO......................................................................................... 37

3


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

4


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 PRESENTACIÓN

“Víchelo?” “Ao instante abríronselle os ollos e recoñecéronno” (Lc 24, 31) Benvidos a todos e cada un dos que formades a Comunidade Educativa de Madre de Díos: Alumnos/as, familias, persoal docente e non docente. A todos e a cada un deséxovos que ao longo deste curso poidamos facer vida o lema que nos acompañará cada día “Víchelo?”. Que como aos discípulos de Emaús se nos abran os ollos do corazón, para ver” máis ala “, para recoñecer a Xesús no pequeno, no sinxelo, no cotián e que isto encha os nosos corazóns de ledicia. Oxalá que cando rematemos o curso e nos pregunten: Víchelo?, poidamos contestar co corazón cheo de ledicia: “Sí, vinno e camiña ao meu carón”. Moitas grazas a todos e cada un por estardes unidos e elixir camiñar xuntos ao longo deste curso 2011/2012. Que teñades un curso cheo de “detalles por descubrir”, cheo do Deus da Vida, o Deus das pequenas cousas. Que teñas un curso repleto de “detalles por descubrir”, repleto do Deus da Vida, o Deus das cousas pequenas.

Feliz curso e un cordial saúdo. Sor Isabel López

.

5


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

A NOSA ESCOLA A proposta Educativa equivale ao Ideario ou carácter propio, que guía e orienta todas as intervencións educativas do Centro en cada un dos niveis. Aquí ven recollida soamente nas súas liñas esenciais. Queremos que esta Proposta sexa o punto de referencia para exercicio das distintas funcións e competencias das persoas que forman parte da Comunidade Educativa. 1. PRINCIPIOS E CRITERIOS DA ACCIÓN EDUCATIVA “MADRE DE DIOS”. O colexio “Madre de Dios” basea a súa proposta educativa nas seguintes criterios:

-

É unha escola aberta a todos, e en colaboración coas familias. Coloca ao alumno/a no centro do feito educativo. Educa evanxelizando e evanxeliza educando con espiritualidade propia: Eucarística, Franciscana e Mariana. Preséntase como familia educadora. Centro ao servizo da persoa e da sociedade. Fai realidade a participación corresponsable, activa e coordinada.

2. O PROCESO EDUCATIVO Como centro ao servizo da persoa e da sociedade,recoñecemos o dereito a educación de toda persoa e a nosa educación esta ao servizo do home e da sociedade plural fundada na dignidade de cada persoa. O noso estilo é de apertura, sinxeleza e ledicia no servizo. Acollemos a todos e dámolo todo por quen máis nos necesita. Partimos de que o educando é o principal artífice da súa propia educación, polo que ante os retos previsibles que poden xurdirlles no futuro, esta é a nosa liña pedagóxica :

6


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

-

Cultiva de forma harmónica, gradual e adaptada a idade de todos os compoñentes da personalidade humana: intelectuais, evolutivos, afectivos, estéticos, físicos.

-

Pon en práctica unha pedagoxía personalizada e de acompañamento que ten en conta o educando como é e acomodámonos as características da súa propia individualidade. Desenvolvemos un traballo intelectual serio e rigoroso onde o educando chega ao máximo das súas posibilidades.

-

Favorecemos o dominio das distintas vías de comunicación como vehículo de entendemento entre as distintas culturas.

-

Desenvolvemos o seu aspecto afectivo-volitivo, favorecendo as distintas formas de traballo en equipo e, a través delas, a cooperación ,a solidariedade, e o propio crecemento.

-

Desenvolvemos o seu sentido crítico. Educamos para o ocio e o tempo libre.

3. O ESTILO DO COLEXIO MADRE DE DIOS O colexio “Madre de Dios” vive e transmite a súa labor educativa co espírito de Madre Trinidad Carreras Hitos, que se caracteriza por:

-

Espírito Eucarístico, dende a xenerosidade, fraternidade, entrega e servizo. Espírito mariano, dende a dispoñibilidade e a entrega. Espírito Franciscano, dende a sinxeleza, proximidade, solidariedade e ledicia. A oferta respectuosa dunha experiencia de fe. As propostas de compromiso cristián.

4. ACTUAMOS COMO COMUNIDADE EDUCATIVO-PASTORAL Comprometémonos na construción e maduración da comunidade Educativo-Pastoral:

-

Comunidade, porque implica, en clima de familia, ao alumnado, ás familias e aos educadores. 7


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

-

Educativa, porque axuda a madurar a cada un dos seus membros.

-

Pastoral, porque acompaña cara o encontro con Xesucristo.

5. O PROFESORADO NA COMUNIDADE EDUCATIVA O traballo dos mestres e mestras desenvólvese na Comunidade Educativo –Pastoral. A súa palabra, testemuño, alento, axuda, consello, corrección amigable e experiencia son claves no desenvolvemento do proceso educativo. Entre os aspectos máis significativos do profesorado da nosa escola destacamos:

-

A profesionalidade. A colaboración. A coherencia persoal. A actitude educativa e a sensibilidade polos nenos/as. Unha forte simpatía cara Madre Trinidad. A capacidade de educar dende o positivo. A apertura e a transcendencia.

Os profesores e profesoras da nosa escola :

-

Son ante todo educadores. Establecen unha relación franca e de colaboración cos compañeiros e compañeiras. Desempeñan un papel decisivo na aplicación e avaliación do Proxecto Educativo. Corresponsabilízanse activamente na xestión do centro.

8


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

Por e para todo iso a nosa escola convértese nunha entidade permeable aos cambios que a sociedade está demandando e todo iso traballado dende:

-

Unha nova forma de entender a intelixencia: no marco das intelixencias múltiples Espertar o potencial e atender a diversidade dende a base: estimulación temperá. Multiplicando o noso potencial creativo: aprendizaxe cooperativo Aprendizaxe baseada en problemas e en proxectos interdisciplinares Aprendizaxe experencial: a intelixencia ao servizo da creatividade e da responsabilidade. Aprender a pensar para aprender a aprender: destrezas do pensamento. Centro en pastoral: con intelixencia espiritual. Construír o propio camiño de aprendizaxe e crecemento: portfolio.

Neste curso estamos a por en marcha unha proposta pedagóxica innovadora cuxo principal obxectivo é facer reais as matemáticas para que os/as alumnos/as aprendan as habilidades necesarias para entender o proceso matemático como algo útil e práctico; e que as estratexias que están utilizando na clase seranlle de utilidade nas súas propias vidas: ENTUSIASMAT.

9


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

MADRE TRINIDAD. polo seu froito a coñecemos Naceu o 28 de xaneiro de 1879 en Monachil (Granada), e foi bautizada co nome de Mercedes Mercedes distinguíase polo seu carácter vivo e impetuoso; o seu dinamismo e creatividade faranse presentes en moitos momentos da súa vida, pero ao tempo chamaba a atención o seu bo xuízo e seriedade. O encontro de Mercedes co Señor, o día de Pentecostes de 1886 foi decisivo na súa vida; a Eucaristía foi o eixe de seu existir. Á Adoración de Xesús Eucaristía, e a impulsar esta paixón nas almas, dedicouse con todas as súas forzas e artes. Desde nena motivaba a outros nenos, repartíndolles chocolate que collía á súa nai, para levalo á catequese e á visita ao Santísimo. Aínda moi nena, en xullo de 1887, sufriu unha gran perda, morría a súa nai. A morte foi precedida dunha despedida en que a boa nai encomendaba aos seus pequenos á protección da Virxe Nai. “Non vos deixo orfos, díxolles, sinalando un cadro de María, aí tedes á que desde hoxe coidará de vós e será a vosa nai. " Esta vivencia quedou gravada en Mercedes e, desde os seus oito anos, non a abandonará xamais. Fíxalles a entrada para o día 28 de xullo de 1893, no convento de S. Antón, polos seus desexos de vida contemplativa e penitente. Desde o comezo sométese ás austeridades da Regra e a longos tempos de oración. O 21 de Novembro de 1896, na festa da Presentación de María, toma o hábito e recibe o nome de Sor Trinidad del Purísimo Corazón de María. 11 de abril de 1925: Saen para Chauchina as doce Relixiosas, presididas pola M. Trinidad. Elas constituían a primeira Comunidade de Capuchinas Adoradoras. 10


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 1934: Funda en Braga, ao norte de Portugal. Alí estableceu o Noviciado. 1936: Funda en Porto. 1937: Ábrese a casa de Ourense. 1939: Fundación en Granada. 1942: Funda en Laveiras en Portugal. 1943: Fundación en Lisboa 1944: Funda en Madrid, onde establece o Noviciado para España, e no 1954 trasládase tamén aquí, desde Lisboa, a Casa Xeral da Congregación. 1945: Fundación en Bilbao. 1947: Funda outra Comunidades en Italia e Madrid, que despois se pechan. 1948: Envía tres Relixiosas a fundar en México. 1949: Funda en Viana do Alentejo, Portugal. É a última Comunidade en vida da M. Trinidad. Aos trece anos da súa morte, o 11 de abril de 1962, o seu corpo, que se descubriu incorrupto, é trasladado á Casa Xeral, en Madrid. Alí está colocado xunto a Xesús Eucaristía. Na actualidade, as Relixiosas están presentes en Portugal, Angola, Cabo Verde, México, Perú, Venezuela, Timor e España. Durante o curso pasado celebramos o Ano Xubilar de Madre Trinidad, en todos os colexios da Congregación das Escravas da Stma. Eucaristía e da Nai de Deus. Tendo en conta que concluíu o proceso diocesano. 11


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 Ao longo de todo o ano (cuxa apertura tivo lugar o catro de outubro de 2008 en Madrid e que conclúe o catro de outubro de 2009 en Berja), continuouse na busca de Grazas recibidas dela para lograr a súa beatificación e consecuente Canonización. DATAS IMPORTANTES PARA A CONGREGACIÓN: 1 de Xaneiro: Festa da Nai de Deus. 6 de Xaneiro: Festa da Adoración dos Reis. 10 de Xaneiro: Aprobación da Constitución (1949) 28 de Xaneiro: Aniversario do nacemento de N. M. T. 19 – 20 de Marzo: Inscrición da Fundación (1925). 15 de Abril: Data da morte de Madre Trinidad (1949) 28 de Xullo: Aniversario da entrada á vida relixiosa. 15 de Setembro: A nosa Señora das Dores. 4 de Outubro: San Francisco de Asís. 26 de Novembro: Data da súa profesión relixiosa.

12


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

LEMA Quen non escoitou algunha vez iso de "hai que saber apreciar os pequenos detalles de cada día"... Parece que Deus é un experto en "pequenos detalles". Si, deses que enchen a nosa vida e poden verse a diario. Pero só poden verse se estamos ben atentos. Comezamos un novo curso que estará repleto de oportunidades, de detalles, de traballo, de compañeiros, de nenos/as, de pais e nais, de desgustos e de alegrías... Non sería xusto para todos que isto pasase pola nosa vida como se nada, porque en cada irmán, en cada compañeiro, en cada alumno e en cada traballo temos a oportunidade de encontrarnos con esa brisa suave que caracteriza ao Deus da Vida, aquel que fai da rutina algo extraordinario e marabilloso. Tes mil oportunidades de atoparte co Señor durante este ano, de abrir os teus ollos ao que che rodea, ao que tes ao lado, e aos que tamén ti explicas as escrituras. Non vaias perderte todo iso por non ter os ollos ben abertos ou por non levar os lentes axeitados.

13


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

OBXECTIVOS

OBXECTIVO XERAL: Recoñecermos o gran Tesouro que Deus puxo no mundo para compartilo e dar vida aos demais.

OBXECTIVOS PARA PROFESORES/AS:

 Aceptar a cada un/unha coas súas diferencia favorecendo as relacións entre os membros da comunidade educativa.  Promover e coidar actitudes de respecto, tolerancia, flexibilidade contribuíndo así á adquisición de habilidades sociais.

OBXECTIVO PARA ALUMNOS/AS: 

Practicar e explorar sentimentos de admiración, corresponsabilidade e coidado da natureza e o seu entorno, así como de contemplación e silencio.

Desenvolver e canalizar vínculos empáticos coas outras persoas, en situacións de inxustiza, superación, cooperación...

OBXECTIVO PARA A FAMILIA  Coñecer, valorar e situar a integración das familias no proxecto educativo, mantendo unha actitude de proximidade, escoita e cooperación.

14


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

OBXECTIVOS POR ETAPAS

EDUCACIÓN INFANTIL      

Desenvolver física ,intelectual,afectivo ,social,moral e relixiosamente aos nosos nenos/as a través de experiencias,actividades e sobre todo do xogo. Aumentar o seu interese por explorar, descubrir, coñecer, experimentar, resolver. Ser independentes, estar seguros de si mesmos, ser capaces de convivir con outras persoas en harmonía. Desenvolver unha axeitada competencia lingüística.

EDUCACIÓN PRIMARIA Proporcionar aos nosos alumnos/as unha educación que lles permita: 

 

Adquirir habilidades culturais básicas relativas a expresión e comprensión oral, a lectura, escritura e ao cálculo, así como habilidades que lles permitan desenvolverse física, intelectual, moral e relixiosamente. Desenvolver habilidades sociais, hábitos de traballo e estudo, sentido artístico, creativo e afectivo. Adquirir progresivamente unha boa competencia lingüística en inglés.

Pondo especial énfase na atención á diversidade, atención individualizada e previndo as posibles dificultades de aprendizaxe.

15


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 COMUNIDADE EDUCATIVA ÓRGANOS UNIPERSOAIS Sor Isabel López Ramos DIRECTORA TITULAR. É a representante da Entidade Titular no Centro. (horas de visita: previa chamada ao centro escolar).

Mª. Remedios Forneiro Cruz DIRECTORA PEDAGÓXICA. É a responsable de dirixir e coordinar a acción educativa do centro escolar. (horas de visita: previa chamada ao centro escolar).

Sonia Ramos Bravo ADMINISTRADOR. É o responsable da xestión económica do centro escolar. (horas de visita: previa chamada ao centro escolar).

María José González Ruído SECRETARIA. É a responsable de atención ao público amais das labores propias do seu cargo. (horario Secretaría: 9:00 a 13:00 h.).

TITORES/AS Educación Infantil

Belén González Lovelle

1º de Primaria

Ana Escudero Sabuz

2º de Primaria

Ana Escudero sabuz

3º de Primaria

Isabel de Aguiar Fernández

4º de Primaria

Pilar Vázquez Casasnovas

5º de Primaria

Laura Villar Domínguez

6º de Primaria

Alberto Domínguez Fernández

(horario titorías: luns ás 17:00 h. previo aviso)

16


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 A TITORIA NA AULA A titoría é unha labor pedagóxica encamiñada a tutela, acompañamento e seguimento do alumnado coa intención de lograr unha formación integral tendo en conta as súas características e necesidades persoais. As actuacións prioritarias da TITORIA concrétanse no PPT que forma parte do proxecto Educativo do centro, sendo as funcións máis importantes:

-

A inserción do neno ou nena no grupo de compañeiros

-

A adaptación escolar

-

A prevención de dificultades

-

A vinculación do colexio coa familia

A titoría desenvolvese ao longo do ano de maneira transversal en todas as áreas e de xeito especifico nunha sesión semanal na que se traballará a adquisición de valores que contribúan ó pleno desenvolvemento da personalidade de cada alumno facendo posible a convivencia e mellorando a sociedade.

ESPECIALISTAS Educación Física

Alberto Domínguez Fernández

Orientadora

Laura Fernández López

Inglés

Laura Villar Domínguez

Música

Javier Domínguez Pérez

17


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 ÓRGANOS DE COORDINACIÓN EDUCATIVA Claustro de mestres/as Integrado pola totalidade dos profesores/as do centro é o órgano de participación destes no colexio.

Departamento de Pastoral É o grupo de persoas responsables da animación, coordinación e execución de todo o referente á acción evanxelizadora e á pastoral do centro. Responsable do departamento: Isabel López Ramos

Departamento de Orientación É o estrutura organizativa responsable de coordinar a Orientación Educativa, da Atención a alumnos e alumnas con Necesidades Educativas Especiais, do seguimento do proceso de ensino do profesorado, da acción titorial e do asesoramento ás familias. Responsable do departamento: Laura Fernández López

Departamento de Normalización Lingüística É a estrutura encargada do uso activo do galego en tódolos ámbitos do colexio, tanto dende o aspecto educativo como de comunicación interna ou externa do propio centro. Responsable do departamento: Mª Remedios Forneiro Cruz

18


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 Coordinación de Educación Infantil É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e controlar no seu conxunto a tarefa educativa da etapa. Responsable do departamento: Belén González Lovelle

Coordinación de Educación Primaria É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e controlar no seu conxunto a tarefa educativa da etapa. Responsable do departamento: Ana Escudero Sabuz

Coordinación de Seccións Bilingües É a estrutura encargada do promover, organizar e coordinar a competencia plurilingüe no noso centro como un compoñente básico de formación. Responsable do departamento: Laura Villar Domínguez

19


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 Coordinación Abalar É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e afianzar os manexos das TIC no centro escolar como un compoñente mais de formación. Responsable do departamento: Alberto Domínguez Fernández Departamento de Innovación Coa necesidade de adaptarse as demandas do que a sociedade está a pedirlle a educación e entendendo que esta demanda podemos e debemos levala a cabo, creouse dito departamento coa finalidade de implantar os cambios pedagóxicos, didácticos e pastorais necesarios para chegar a sermos a escola innovadora que se recolle no PEI ( Proxecto Educativo Institucional). Responsable do departamento: A Dirección Focos Estratéxicos deste curso:

-

EntusiasMAT ( en Ed. Infantil e inicio no 1º e 2º ciclo)

-

Seccións Bilingües (2º ciclo)

-

Estimulación Temperá ( Ed. Infantil)

-

Proxecto por IM (intelixencias múltiples) un por trimestre para todos os cursos

-

Portfolio na área das linguas.

-

Formación permanente do profesorado.

20


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ORGANIGRAMA

21


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

CONSELLO ESCOLAR

É o máximo órgano de participación de toda a Comunidade Educativa no Centro. COMPOÑENTES: DIRECTORA TITULAR

Sor Isabel López Ramos REPRESENTANTES DA TITULARIDADE

Sor Pilar Rodríguez Sor Angustias Vaquero DIRECTORA PEDAGÓXICA

Mª Remedios Forneiro Cruz

ADMINISTRACIÓN

Sonia Ramos Bravo REPRESENTANTES DO PROFESORADO

Ana EScudero Sabuz Belén González Lovelle Mª Pilar Vázquez Casasnovas Laaura Villar Domínguez REPRESENTANTES DAS FAMILIAS

Elena Sáez Sáez

Cristina Villasante Flora Varela REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE

Mª José González

22


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

COMEDOR ESCOLAR cociña

Dolores Blanco Cid

TRANSPORTE ESCOLAR compañía

Autocares ALFER

SEGURO ESCOLAR compañía

Allianz

SANIDADE responsable

Sonia Ramos Bravo

servizos

Botiquín de primeiros auxilios

RISCOS LABORAIS responsable

Alberto Domínguez Fernández

membros

Luis Paz

empresa

LINORSA

LIMPEZA

23


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ORGANIZACIÓN: DISTRIBUCIÓN DOS HORARIOS

HORARIO DE CLASES HABITUAL De 9:00 a 13:00 h. da mañá De 15:00 a 17:00 h. da tarde De 13:00 a 14:00 h. xantar De 13:40 a 14:45 h. sesta para Educación Infantil HORARIO DE CLASES EN XUÑO E SETEMBRO(1) De 9:00 a 13:40 h. da mañá De 13:40 a 14:30 h. xantar HORARIO DE PERMANENCIA PROFESORADO De 17:00 h a 18:00 h da tarde, os luns, martes e mércores. Este tempo dedícase a reunións, elaboración de traballo de apoio e reforzo, axuda aos/ás que non van no autobús.

1

-

Claustro de Profesores os primeiros martes de cada mes

-

Reunións por Departamentos ou ciclos os martes restantes

Nos meses de xuño e setembro só hai media xornada de clase, con servizo de comedor incluído.

24


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 ORGANIZACIÓN: CALENDARIO ESCOLAR MES

DATA

SETEMBRO

12

Comezo do Curso Escolar

OUTUBRO

5

Reunión cos pais/nais – titores/as

12

Día da “Virxe do Pilar”(2)

31

Día do Ensino

1

Día de “Tódolos Santos”

2

Samaín e Hallowen

10

Magosto

11

Día do “San Martiño”

NOVEMBRO

DECEMBRO

do 1 ao 11

Constitución e Estatuto de Galicia

6

Día da “Constitución

8

Día da Inmaculada

21

Celebración do Nadal na escola

22

Inicio vacacións do Nadal

9

Inicio das clases tralo Nadal

30

Día da “Paz”

17

Celebración do Entroido no colexio

XANEIRO

FEBREIRO

do 20 ao22 MARZO

8 do 12 ao 16 15 Do 26 ao 31

2

Non lectivos polo Entroido Día da “Muller Traballadora” Semana da Prensa Día dos “Dereitos do Consumidor” Semana da ciencia

En negriña os días non lectivos

25


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 MES

ABRIL

MAIO

DATA

2 ao 9 7

Día Mundial da “Saúde”

23

Día do “Libro”

1

Día do “Traballador”

3

Os Maios

9

Día de “Europa”

11,12 e 13 do 10 ao 16 XUÑO

Vacacións de Semana Santa

XIV Encontro Deportivo en Berja Semana das Letras Galegas

17

Día das “Letras Galegas”

5

Día Mundial do “Medio Ambiente” Semana do teatro

21

Festa Fin de Curso

22

Derradeiro Día Lectivo 2011/12

Unha vez ao trimestre o alumnado de Educación Infantil e mailas súas familias poderemos compartir unha merenda no colexio, que aproveitaremos para cambiar impresións ao tempo que fomentar un achegamento entre o colexio e os pais. Ao longo do curso iremos fixando estas datas.

26


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 DATA ORGANIZACIÓN: CALENDARIO DE PASTORAL MES SETEMBRO

Celebración Inicio das clases do 26 ao 30

OUTUBRO

Lema

4

San francisco de Asís

12

Virxe do Pilar

do 17 ao 23

Semana do “Domund” Merenda Solidaria

NOVEMBRO

20

Eucaristía

27

Convivencia 1º,2º e 3º

28

Convivencia 4º,5º e 6º

1

Día de todos os Santos Achegamento a Palabra: Salmos

DECEMBRO

27

Inicio do Advento

8

Inmaculada

21

Eucaristía de Nadal

XANEIRO

do 23 ao 30

FEBREIRO

22 dende o 23

Semana da “Paz” “Mércores de Cinza” Preparación “Coresma” (até o 31 marzo)

27


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 MARZO ABRIL

MAIO

até o 31

Preparación “Coresma”

do 4 ao 8

Semana Santa

10 ao 14

Proxecto Pascua

16 ao 22

Semana Madre Trinidad

do 3 ao 31

Achegamento á Vida de María 2ª Convivencia 1º,2º e 3º 2ª Convivencia 4º,5º e 6º

31 XUÑO

do 1 ao 4

Festa na honra á Virxe Semana oracional “Corpus” Eucaristía Fin de Curso

28


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ORGANIZACIÓN: ACTIVIDADES CULTURAIS Esta relación de actividades poderá sufrir variacións en función das propostas expostas polas entidades externas ao centro, é dicir, Concello, Deputación, Entidades bancarias, Consellería de Educación, etc. -

Festas tradicionais como o Magosto, o Samaín, os Maios ou o Entroido

-

Participación nas campañas programadas por outras entidades e, nomeadamente, concello de Barbadás

-

Visitas a museos, bibliotecas, etc.

-

Festa da Lingua

-

Día da árbore

-

Campaña de Animación á Lectura

-

Encontro Deportivo “Madre Trinidad”

-

Excursión á Coruña “Festa Voz Natura”

-

Visitas de personaxes de renome (escritores, contacontos, profesionais varios...)

-

Almorzos e xantares saudables

-

Excursión Fin de Curso (por concretar)

-

Campaña de teatro con diversas representacións

-

Día da ciencia en galego participando en videoconferencias

29


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: OBRADOIROS INFORMÁTICA Afianzar no manexo das TIC na idade escolar, enfocada dende un punto de vista pedagóxico e funcional. Utilizar as Tics de forma creativa e construtiva para favorecer a comunicación universal. CIENCIA DIVERTIDA O século XXI demanda científicos e para logralos debemos empezar coa preparación dende idades temperás. Por iso, dende os máis pequenos ata os maiores incursionan no mundo da ciencia,das matemáticas e da tecnoloxía con experimentos

sinxelos

dos.Trabállase

e

diverti-

en catro ni-

veis base en atención as idades: Xogamos a reciclar, xogamos a ser científicos, partimos ao descubrimento e exploradores da ciencia.

30


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 TEATRO Achegar a experiencia teatral nestas idades permítenos participar na aventura de grupo, aprender a falar co corpo e coa voz, pórse no lugar do outro a través da interpretación de diferentes personaxes; con isto avanzamos na conquista das competencias lingüísticas, expresivas e sociais.

LECTURA (L. Galega, Española e Inglesa) Fomento do gusto pola lectura: Traballamos a atención, a escoita, a expresión oral e escrita. Realizamos coloquios e diálogos. Traballamos a conversación nos distintos idiomas.

31


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 HÁBITOS SAUDABLES Participación en proxectos ecolóxicos. Compromiso e respecto polo entorno e a recuperación

creando espazos

para a aprendizaxe e o ocio: A nosa horta. Hábitos de hixiene Fomentar actividades alternativas que esperten intereses e afici´´ons múltiples e enriquecedoras. TÉCNICAS DE ESTUDO Mellorar o seu método de estudo. Saber organizarse nas súas tarefas diarias e estudo. Facilitar o proceso de Memorización. Mellorar o seu rendemento escolar. Mellorar claramente resultados. Adquirir unha serie de habilidades, técnicas e hábitos para mellorar a velocidade e a comprensión lectora Disfrutar estudando Economizar tempo para o ocio 32


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ACTIVIDADES DEPORTIVAS Minibasquet: competición deportiva na que o alumnado participa na liga que organiza o pavillón de Ourense. Xogade: actividades deportivas que organiza a consellería de educación da Xunta.

33


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

ORGANIZACIÓN: CALENDARIO DE AVALIACIÓNS As avaliacións teñen periodicidade trimestral, partindo dunha avaliación inicial a comezo de curso no mes de setembro 1ª AVALIACIÓN - DECEMBRO día 13– Xunta de Avaliación día 20– Entrega das notas aos pais/titores (3) día 21 – Entrega das notas aos nenos/as 2ª AVALIACIÓN - MARZO día 20 -

Xunta de Avaliación

día 29– Entrega das notas aos pais/titores día 30 – Entrega das notas aos nenos/as 3ª AVALIACIÓN - XUÑO día 12 – Xunta de Avaliación día 22 – Entrega das notas aos pais/titores e nenos CRITERIOS DE AVALIACIÓN 3

Probas escritas e orais que determinan o nivel de competencia na expresión oral e escrita. Traballo diario de aula e máis na casa. Pulcritude na presentación de cadernos, traballos… Actitude cara as materias, mestres/as e compañeiros/as.

A entrega de notas farase sempre ao remate da última clase do día sinalado.

34


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

NORMAS DE CONVIVENCIA A finalidade destas normas é contribuír a crear un ambiente adecuado en tódolos espazos que integran a vida diaria do centro, en el debemos incluír dende o momento de espera polo autobús na propia parada como no traxecto até o colexio, no patio do centro e no comedor, etc., que axude e favoreza o acadar unha educación integral. Sinalamos os seguintes puntos que debe coñecer todo o alumnado: - A ASISTENCIA: é un medio importante que favorece o aproveitamento escolar dos alumnos. Polo tanto toda ausencia debe ser xustificada por escrito. - O RESPECTO aos demais e ao Centro escolar; como alumno/a deberás:     

     

Coidar o mobiliario e as instalacións así como usar as papeleiras Ser ordenado cos libros, mesas e obxectos persoais Non permanezas nas aulas unha vez rematadas as clases Entra en orde no comedor e nas aulas, falando sempre en ton moderado No autocar respecta e obedece ao condutor e á persoa que os acompaña, cumprindo as súas indicacións. Son os representantes do cole igual que os profesores/as. No trato e no modo de dirixirte aos demais, sé educado/a e coida o VOCABULARIO, e nunca esquezas dicir GRAZAS e POR FAVOR. A falta de respecto aos/ás compañeiros/as, profesores/as e persoal non docente, será considerado FALTA GRAVE As lambetadas son para a fin de semana. Deixa os aseos limpos para que outro/a os poida empregar sen reparos Coida do teu ASPECTO e do ASEO PERSOAL Os corredores e as escaleiras, son lugares de paso; non debes permanecer neles. Evita en todo momento berros e carreiras, por respecto ao traballo que fan os demais.

INDUMENTARIA : o alumnado deberá asistir a clase coa roupa axeitada e debidamente aseados ; nas clases de educación física o/a alumno/a non debe esquecer o material deportivo para levar a cabo a actividade. Queda prohibido usar aparellos multimedia no centro escolar (mp3 ou mp4, móbiles, videoconsolas, etc.), co fin de favorecer a convivencia no centro, ao tempo que o Colexio non se fará responsable da perda nin destes nin doutros obxectos de valor. O non cumprimento desta regra supón FALTA GRAVE.

35


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012 No caso de calquera falta, informarase aos pais/titores para estudar xuntos o castigo ou corrección oportuna. Se o/a neno/a incide na falta, será informado o Consello Escolar. ACTUACIÓNS FAMILIARES QUE INCIDEN FAVORABLEMENTE NO RENDEMENTO DOS/AS ALUMNOS/AS .Inculcando o sentido da responsabiliade .Creando un clima familiar e motivador .Concienciando os fillos de que o estudo esixe continuidade e esforzo .Animándoos para que estuden todos os días .Vixiando o seu traballo diario .Valorando e salientando o esforzo e a dedicación dos seus fillos .Controlando o tempo de televisión, xogos virtuais e Internet .Inculcando o sentido da puntualidade .Falando periodicamente co titor/a .Mantendo cos fillos/as unha comunicación fluída .Mostrándolles a preocupación da familia polo seu benestar e felicidade A nova lei 4/2011 de convivencia recoñécelles aos alumnos dereitos e deberes o mesmo que lle recoñece ás nais e pais ou titores legais unha serie de dereitos pero tamén deberes que axudaran a coñecer, participar e apoiar as relacións coa comunidade escolar.

36


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

EPÍLOGO Cómo costa, a veces, atopar aquilo que buscamos, xorden preguntas que nos poden orientar sen darnos conta que o temos mais cerca do que críamos. A M. Trinidad comezou moi pronto esa busca transcendente, pouco a pouco íase acercando, a súa mirada cravábase no Sagrario do seu pobo e alí... “¡Que leda me sentía ao lado de Xesús,quería que todas as nenas viñeran comigo par que elas tamén participaran da miña felicidade...!” Por ser fiel a esa chamada e loitar con todas as súas forzas foi capaz de chegar á Cima do seu Ideal e deixarnos impreso nas nosas almas e nas nosas vidas o gran tesouro da Educación,moral e cristiá nos nosos nenos/as e mozos/as. Saber discernir o camiño axeitado desde os primeiros anos, facer dos educandos persoas comprometidas ( educadas) en valores para ser fermento que de froitos na nosa sociedade. Persoas libres que saiban dar resposta coa súa palabra e coa súa vida. Sor Angustias

37


PROGRAMACIÓN XERAL 2011/2012

38


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.