XVII Salón do Libro INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
CANTA BICHERÍA! Do 1 ao 23 de abril de 2016 Pazo da Cultura de Pontevedra www.salondolibro.org
Achégate ao Salón. Entrarás nun conto.
XVII Salón do Libro
INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
CANTA BICHERÍA! Do 1 ao 23 de abril de 2016 Pazo da Cultura de Pontevedra www.salondolibro.org
PREMIO DO PÚBLICO Escolle o traballo do centro de ensino que máis che guste e deposita o teu voto na furna situada no Salón. O gañador terá un recoñecemento especial na vindeira edición.
HORARIO De luns a venres: De 17:00 a 20:00 h. Os sábados, domingos e festivos: De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. As exposicións e instalacións permanecerán abertas ao público xeral ata o 23 de abril de 2016
Inscricións nas actividades A inscrición é presencial. Achégate para apuntarte ás actividades que requiran inscrición previa no horario de apertura do Salón. Ata esgotar as prazas. *Ten en conta que para acceder a cada un dos espectáculos cada persoa debe ter unha entrada, independentemente da súa idade e de que ocupe ou non unha localidade. As idades dos espectáculos son recomendadas o que non significa que os espectadores con idades inferiores ás recomendadas non teñan que pagar localidade. Lembra que non se permite acceder ao Auditorio e ao Salón de Actos con cocheciños ou cadeiras de bebés.
Lembra! VENDA DE ENTRADAS * No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura 1 hora antes de cada función, agás os espéctaculos nos que haxa venda anticipada, en ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500
Este folleto é meramente informativo e pode sufrir variacións. Consulta a información actualizada na web do Salón: www.salondolibro.org
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
www.salondolibro.org www.pazodacultura.org
Programa de actos
SÁBADO 2 de abril
11:00, 12:30 e 17:30 h “Pequeña Max”
Arena en los bolsillos
VENRES 1 de abril
18:00 h As Peripecias de Extravaganzza Pérez. Conto musicado
Teatro de títeres, obxectos e poética clown para bebés e primeira infancia.
Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés+1 adulto acompañante) Prezo 3 euros
María Lado, Lucía Aldao e Seminario Permanente de Jazz
11:00 e 17:00 h
Espectáculo feito especialmente para o Salón baseado no libro homónimo de Ledicia Costas.
Víctor Rivas. Colaboradores: Inkelarre / Xerais
Extravaganza Pérez é unha nena moi feliz que protagoniza unha viaxe chea de sorpresas á procura de seus pais e de exóticos animais. Escoitaremos un conto narrado por Lucía Aldao e María Lado cheo de cancións ás que pon música o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.
Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 4 anos. Entrada libre ata completar cabida
19:00 h Inauguración oficial do XVII Salón do Libro
Obradoiro: Libro Xigante
Escribiremos contos que serán ilustrados por ilustradores e posteriomente elaboraremos un libro xigante que se exporá no Salón.
A partir de 5 anos. Entrada libre ata completar cabida
12:00 h Contacontos: Mira ben onde pisas! Nate Borrajo
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Auditorio do Pazo da Cultura
12:30 h
19:00 h
Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete óptico
Obradoiro: Extravaganzza en Pontevedra Anxo Fariña
Nun panel con rodas está debuxada a cidade de Pontevedra con ocos en branco para que os participantes poidan encher o mural coas súas ilustracións. Nunha zona do panel haberá unha diana para utilizar con pelotas con velcro. Cada participante lanzará unha pelota que pode caer en diferentes motivos a debuxar: Peixes, árbores, persoas, obxectos…
A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida
19:30 h Safari Contográfico Pavís Pavós Contacontos
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
19:30 h Algo está pasando en Ilusión Ártica Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia
Van Divulgación Cultural
Traballararemos coa imaxe e co movemento. Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando o taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía creado por vós mesmos.
Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo). Inscrición previa
13:00 e 18:00 h Contacontos: Bicho á vista! Raquel Queizás
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
17:30 h Contacontos e obradoiro: A canción do sol Estefanía Padullés. Hércules Editora
Contacontos
Actividade que mestura a narración oral e a ilustración coa autora do libro “A canción do sol”.
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
A partir de 3 anos. Entrada libre ata completar cabida
18:30 h Teatriño Adaptación da obra “As peripecias de Extravaganzza Pérez” Alumnado do IES Mestre Landín
4
18:30 h
12:30 h
Espectáculo musical. A bichería canta!
Obradoiro: Doces bichos
Migallas interpreta os temas musicais dos seus traballos “¡Canta connosco!” e “Pan de millo” onde os protagonistas son os animais neste espectáculo, deseñado especialmente para o Salón. Combínanse cancións tradicionais como “Unha vella tiña un can” ou “O piollo e a pulga” con outras de creación como “Dime que fixeches!” ou “O espantallo divertido”.
Construiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os/as participantes poderán levar o resultado ao rematar.
Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros
13:00 e 19:00 h
Migallas Teatro
Ceo Aberto
A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24)
Contacontos: Bicho á vista! ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN
Raquel Queizás
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
20:30 h a 22:30 h
18:30 h
Fai o teu fanzine
Obradoiro: Kirigami Extravaganzza
Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.
Na procura do Sinsajo Katniss Everdeen está a piques de asaltar e derrotar o Capitolio, pero o Presidente Snow gárdase un as na manga. O símbolo da rebelión foi secuestrado e a nosa protagonista precisa de heroes e heroínas capaces de recupera o Sinsajo. Seredes quen de superar as probas e entrar no Capitolio?
Ceo Aberto
Recrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez” utilizando técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
LUNS 4 de abril DOMINGO 3 de abril
17:30 h
11:30 e 17:30 h
Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga
Obradoiro: O conto dos animais perdidos
Kiko da Silva e Fonso Barreiro (O Garaxe Hermético) O contador de historias, Kiko da Silva, perdeu todos os animais do seu conto... Vén ao Salón do Libro axudalo a crear as personaxes ilustradas para que vos poida contar o conto.
A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30). Inscrición previa
11:30 h Extravaganzza Pérez na Illa do Covo. Roteiro Van Divulgación Cultural
Ceo Aberto
Coñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
18:00 h Contacontos. Algo está pasando en Ilusión Ártica Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Actividade de investigación e creatividade na Illa do Covo. Entregarase a cada familia un mapa con pistas no que aparecerán representados diferentes lugares (Nocturnia, Terra Pelada, Mundo Azul, Dunas de Espiños,…). Xuntos deberán atopar as pezas coas que crear a escultura dun animal en perigo de extinción. Reflexionaremos sobre porque estes animais poderían extinguirse.
Familias con nenos/as de 5 a 12 anos. Prazas limitadas (30, contando nenos/as e acompañantes). Inscrición previa
12:00 e 18:00 h Contacontos: Os contos da carricanta
Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
5
MARTES 5 de abril
XOVES 7 de abril
17:30 h
17:30 h
Obradoiro: Érase unha vez un bicho
Obradoiro: Animais de relevo
Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.
Fabricararemos unha réplica exacta do teu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se emprega para obter copias ou reproducións dunha escultura.
Ceo Aberto
Van Divulgación Cultural
A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25) Inscrición previa
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
18:00 h
18:00 h
Contacontos: Contos de bruídos e miañares.
Contacontos: A viaxe das bolboretas (OQO Editora) e Eu non fun (Kalandraka) Alumnado de 6º Primaria CEIP Montemogos
18:30 h Teatro. O último dragón Sarabela Teatro
O dragón desta peza non é un dragón común. Trátase do derradeiro da súa especie. Porque os tempos nos que os dragóns eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo se achegan ao fondo da cova onde vive para acabar con el e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a se mover: “Para que vou eu querer unha princesa? Nin sequera se me ocorrería comer unha cousa tan horrible”- di con xigantesco asombro.
Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros
MÉRCORES 6 de abril
17:30 h Obradoiro: Onde viven os animais? Construíndo un xoguete óptico Van Divulgación Cultural
Traballararemos coa imaxe e co movemento. Primeiro xogaremos a descubrir diferentes animais e despois situarémolos no seu hábitat usando un taumatropo, un xoguete óptico considerado precursor da cinematografía, creado por vós.
Familias con nenos/as de 5 a 10 anos. Prazas limitadas (10 familias de xeito simultáneo. Cando unha familia remate pode entrar outra en agarda. (30 participantes contando nenos/as e adultos/as como máximo). Inscrición previa
18:00 h Contacontos: O coelliño branco Trinke Trinke
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
6
Xarope Tulú
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
VENRES 8 de abril
ACTIVIDADES DE NOITES ABERTAS NO SALÓN
17:30 h
20:30 h a 22:30 h
Obradoiro: Fagamos un conto ilustrado
Fai o teu fanzine
Yupiyeyo (María Álvarez)
Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa
18:00 h Charla Inspiradora: “Outros animais sorprendentes de 20.000 leguas baixo dos mares”
Lara García Alves (Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña, Instituto de Investigacións Mariñas, CSIC) É inevitable acordarse da lura xigante atacando o Nautilus, cando pensamos neste clásico de Jules Verne. Sen embargo, esta obra de aventuras agocha entre as súas páxinas centos de especies animais descoñecidas, tan sorprendentes ou mais que a famosa lura. Os/as intrépidos/as asistentes á charla, enmarcada no certame de relatos INSPIRACIENCIA, descubrirán a gran diversidade de animais microscópicos que se atopan no mar co apoio de imaxes e vídeos, pero tamén coa observación nos lentes binoculares, dalgúns destes singulares organismos.
A partir de 7 anos
18:30 h Musical. “A fada Diana” The fairy storyteller
Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.
Moda e mitos: moda vampírica Algunha vez pensaches en ser como Lestat de Lioncourt ou Van Helsing? Gustaríache converterte en vampiro ou vampiresa por un día? Durante esta actividade analizaremos a estética e moda das películas vampíricas ao longo da historia e crearedes de forma sinxela os vosos propios looks a partir destes mitos inmortais.
SÁBADO 9 de abril
11:00, 12.30 e 17:30 h Teatro. Chíos
Teatro da Semente Poesía sensorial para bebés. Espectáculo con cantigas, bailes, música, poemas visuais, xogos e estimulación olfativa e táctil. Descubriremos o mundo a través dos sentidos, exaltando a importancia do contacto coa natureza.
Sala de Obradoiros Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 adulto acompañante). Prezo 3 euros
11:00 e 17:00 h Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo Tegra A. Gómez Pino
Espectáculo interactivo trilingüe con cancións orixinais de estilos como Pop, Rock, Reggae, ou Folk. Nun percorrido a través do seu máxico bosque, a Fada Diana inculca o respecto ao medio ambiente ensinando o importante que é a reciclaxe e valores intemporais como o compañeirismo, o coidado da saúde ou a intelixencia emocional.
Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas.
Auditorio Pazo da Cultura A partir de 3 anos. Prezo 3 euros
Público familiar. A partir de 3 anos.
19:00 h Presentación do libro-disco “Os soños na gaiola. Vintecinco cantigas para nenos”.
Editado por Senén Vaamonde coa presenza de Mini e Mero e Senén Vaamonde Público familiar
12:00 h Contacontos: Mira ben onde pisas! Nate Borrajo
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
12:00 h Cine: Minúsculos. O val das formigas perdidas (2013). Duración: 89 min
Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra No claro dun pacífico bosque os restos abandonados dun pícnic sementan a discordia entre dúas tribos de formigas. Só coa axuda dunha valente xoaniña, o bando máis débil conseguirá o prezado botín.
Salón de Actos Entrada libre ata completar cabida
7
12:30 h
DOMINGO 10 de abril
18:00 h
Obradoiro: Quen vive aí? Visitando unha pinga de auga.
11:00 e 17:00 h
Cine. Arrietty e o mundo dos diminutos
Obradoiro: Tíralle da lingua. O conto da píntega e o teixo
Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra
Ceo Aberto
Coñeceremos a bichería que se oculta nos mundos non visibles a primeira ollada empregando microscopios USB conectados a un computador, no que se poderán observar pingas de auga con diferentes tipos de organismos.
Tegra A. Gómez Pino
17:30 e 18:30 h
Elaboraremos unha píntega cunha lingua moi longa, onde os rapaces e rapazas escribirán soños, contos e segredos... Esta é unha píntega que vive en San André de Teixido, ten a casa preto dun teixo con centos de anos, e que como é sabido non fai máis que soltar ao vento, polas súas follas, segredos das persoas mortas.
Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”
Público familiar. A partir de 3 anos.
Elaboraremos unha película, dende a creación do guión até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques.
11:30 h
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
Manuel Pombal e Suso Pando
A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20)
18:00 h Contacontos: Bichos nos Cestos Migallas Teatro
Roteiro. Saída polo Lérez
Oculta baixo o chan dunha mansión campestre vive unha familia de seres diminutos. A súa tranquila existencia muda cando Arrietty é vista accidentalmente por un dos habitantes da casa.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida
18:00 h Contacontos. O coelliño branco Trinke Trinke
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Manuel Domínguez e María Sánchez (Ventos)
18:30 h
Percorrido de 2,5 horas guiado pola zona da Xunqueira, Illa do Covo e marxes do Lérez, realizando observación de aves e de outros tipos de fauna.
Obradoiro: Imaxina animais imaxinarios
A partir de 8 anos (ou dende 4 acompañados). Prazas limitadas (40). Inscrición previa
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
18:00 h
11:30, 12:30, 17:30 e 18.30 h
Cine. A canción do mar
Obradoiro: “Dobraxe no Salon do Libro”
(2014) Duración: 93 min
Manuel Pombal e Suso Pando
Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra
Elaboraremos unha película, dende a creación do guion até a dobraxe da mesma, a través dunha representación teatral con monicreques.
Ben e Saoirse, que vivían co seu pai nun faro, son enviados á cidade canda a súa avoa. Alí, Ben descubrirá que Saoirse é unha selkie, unha fada do mar que co seu cantar pode liberar os seres máxicos das gadoupas da meiga Macha.
(2010). Duración: 94 min
Lobito Bueno Editorial
Imaxinaremos, evocaremos, soñaremos despertos, crearemos a auténticos animais imaxinarios: Como ten as pernas, as unllas, o cabelo? Cal é a súa comida favorita, xogo, postura? Como se chama, quen son seus pais, onde vive?
A partir de 4 anos. Prazas limitadas (30) Inscrición previa
18:30 h Teatro: Kibubu Marie de Jongh
Contacontos: Bichos nos Cestos
Xebas e Cocó forman unha parella artística de pallasos con máis ilusión que éxito. Para o futuro espectáculo que preparan, Xebas decide introducir un elemento co que pretende dar a badalada: Un gorila de verdade, de carne e óso. Está convencido de que se o doma e lle ensina os diferentes números, a súa sorte cambiará e gañarán o aplauso do público.
Música. Brinca Vai! 2.0
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Auditorio Pazo da Cultura A partir de 6 anos. Prezo 3 euros
Paco Nogueiras
12:00 h
Espectáculo musical e audiovisual baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!” de Kalandraka Editora. Nesta ocasión o músico e actor Paco Nogueiras e o artista audiovisual Xosé Miguel Sagüillo combinan a súa tecnoloxía, aparatos e instrumentos nunha divertidísima viaxe chea de humor, cores, imaxes, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samaín, o entroido...) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe.
Cine. A ovella Shaun. O filme
Auditorio do Pazo da Cultura Público familiar. Prezo 3 euros
Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida
Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida
18:30 h
A partir de 6 anos. Prazas limitadas (20)
12:00 h Migallas Teatro
(2015). Duración: 85 min
Proxección a cargo do Cineclube Pontevedra A vida da ovella Shaun na granxa de Mossy Bottom é do máis monótona. Por iso idea un plan que lle permita sortear a vixilancia do granxeiro e do can Bitzer e gozar dun día de lecer.
13:00 h Contacontos. O caracol namorado Trinke Trinke
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
LUNS 11 de abril
17:30 h Obradoiro: Doces bichos Ceo Aberto
Construiremos un solo (con galletas e gominolas) recreando a súa estrutura e capas e aprenderemos como vive no seu interior a bichería. Os nenos/as poderán levar o resultado o rematar.
A partir de 5 anos. Prazas limitadas (24)
18:00 h Contacontos. Algo está pasando en Ilusión Ártica Unidade de Cultura Ciéntifica CSIC Galicia
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
8
MARTES 12 de abril
17:30 h Obradoiro: Insectos que voan en origami! Nova xestión cultural-Mimadriña
Crearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas.
A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20) Inscrición previa
18:30 h Teatro. “Los tres osos” L´Estaquirot Teatre
Unha recreación do conto Riciños de Ouro protagonizada por unha familia de osos que colleitan froitas no bosque para facer marmelada. Chega a hora para comer e mamá osa e o pequeno preparan unha boa sopa. Mentres agardan que arrefríe, saen de paseo. Nese momento chega Riciños de Ouro, unha nena un pouco traste que acaba alterando a harmonía familiar.
Monicreques manipulados sobre taula. Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 4 anos. Prezo 3 euros
MÉRCORES 13 de abril
17:00 e 18:30 h Obradoiro: “Lectura con Cans” PsiCoCan. Psicoterapia y Educación
Dedicado aos nenos e nenas con dificultades para ler. Traballaremos con cans para mellorar as súas habilidades lectoras.
8 e 9 anos. Prazas limitadas (6). Inscrición previa
17:30 h Obradoiro: Kirigami Extravaganzza Ceo Aberto
Recrecrearemos algunha das escenas do conto “As peripecias de Extravaganzza Pérez” utilizando técnicas manuais e desenvolvendo un decorado con profundidade, ao modo dos Kirigami que atopamos en postais ou contos.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
18:00 h Contacontos: O caracol namorado Trinke Trinke
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
9
XOVES 14 de abril
18:30 h
12:30 h
17:30 h
Teatro. El niño erizo
Insectos que voan en origami!
Juan é o fillo duns granxeiros, metade ourizo, metade neno. A súa nai adórao, pero o pai sente que son o faimerir da aldea pois, ademais de raro, o seu fillo compórtase como un animal e é incapaz de aprender bos modais. Un día, Juan, decide partir de casa montado no seu galo e desaparecer entre as árbores do bosque…
Crearemos insectos e animais que voan con papel, ao tempo que escoitaremos historias fantásticas.
Auditorio do Pazo da Cultura A partir de 6 anos. Prezo 3 euros
Obradoiro. A clínica veterinaria do Salón
SÁBADO 16 de abril
Xogaremos a ser veterinarios/as. Unha parte dos/as participantes serán os donos/as dos animais con patoloxías diferentes e o resto serán os veterinarios/as da clínica do Salón.
Obradoiro: Érase unha vez un bicho Ceo Aberto
Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando as propias personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os/as participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores/as dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
18:00 h
La machina teatro
11:00, 12:30 e 17:30 h
Contacontos: Contos de bruídos e miañares Teatro. Feo! Xarope Tulú Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
18:30 h Conto musicado. A sinfonía das Fábulas Banda de Música de Pontevedra. Coa colaboración de Raquel Queizás (contacontos) e as ilustracións dos alumnado do Máster en Libro Ilustrado da Facultade de Belas Artes.
Caramuxo Teatro Inspirado en “O parrulo feo” de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, amarelos, ¡amarelos dende 1941! Mais un día sae un parrulo diferente... Feo! É un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.
Esta sinfonía non pretende ser una BSO de debuxos animados, senón un traballo emocionalmente consistente e programático -con varias opcións para os artistas tanto a nivel musical como verbal- tendo como punto de inspiración a produción de Walt Disney: “Fantasía”.
A partir de 3 anos. Salón de Actos Prezo: 3 euro
Teatro Principal Público familiar. Prezo 3 euros
Debuxa ao animal coas súas propias pegadas
11:00, 12:30 e 17:30 h Ana Seoane e Marta Moldes
VENRES 15 de abril
17:30 h Obradoiro: Animais na arte Taller Abierto
Actividade en familia na que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte.
De 4 a 8 anos + adulto/a. Prazas limitadas (20 parellas neno/a+adulto)
18:00 h Charla: Bichos de cine Ceo Aberto
O coloquio combinará a ciencia e o cinema coa literatura. Analizaremos as personaxes animais que aparecen en diferentes fragmentos de películas fixándonos no seu comportamento e a viabilidade da súa existencia. Mediante xogos e interacción co público, descubriremos que os monstros de Pixar non poden ser reais ou que ET, de existir, trabaría como un depredador.
A partir de 7 anos.
Actividade para bebés a partir de 1 ano no que debuxarán a silueta dun animal nunha tea a través dunha plantilla.
Sala de Obradoiros Prazas limitadas (10 bebés +acompañantes). Dúas quendas de 30 minutos por sesión
11:30 h Obradoiro: Érase unha vez un bicho Ceo Aberto
Recrearemos unha escena de “Extravanganzza Pérez” integrando os propios personaxes do conto e os seus decorados mediante Scratch. Os participantes recibirán unha pequena formación sobre esta técnica na que se lles ensinará a inserir e animar imaxes e incorporar sons e diálogos. Con todo iso poderán converterse en creadores dixitais, aproximándose dunha forma innovadora ao mundo dos contos.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (24)
12:00, 18:00 h Contacontos-Obradoiro. O poeta do Miño. Unha homenaxe a Manuel María Polo Correo do Vento
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
10
Nova xestión cultural-Mimadriña
A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa
17:00 h Paspallás. Asociación Socioeducativa e Cultural e Escola de Tempo Libre
A partir de 4 anos
17:30 h Concerto. Sons miúdos Urdime e Cadena Ser
O Salón presenta o espectáculo máis grande de música infantil galega, que reúne enriba do escenario aos/ás máis importantes artistas nun concerto que percorrerá a historia da música galega infantil dos últimos 15 anos. O repertorio comporase de cancións escollidas na discografía dos e das colaboradores/as e será interpretada en directo por eles/as: Magín Blanco (A nena e o grilo), Ana Senlle (María Fumaça), Pablo Díaz (Tic-tac); Gloria Mosquera (Mama Cabra), Paco Nogueiras (Brinca Vai) e Xoán Curiel (Estamos no verán).
Auditorio Pazo da Cultura Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes do comezo da función. Prezo 7 euros (anticipada máis gastos de tramitación) e 9 euros na billeteira
17:30 h Obradoiro. Gravados animais
Nova Xestión Cultural-David Orihuela (divulgador artístico e pintor) Empregraremos a técnica do gravado (en versión simplificada!) para realizar as nosas propias creacións artísticas máis bestias.
A partir de 5 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa
18:00 h Contacontos: Bicho á vista! Raquel Queizás
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Quen é
EXTRAVAGANZZA PÉREZ?
En Vila Soño, había unha casa que semellaba un pavo real, Vila Pavo, e tan peculiar coma ela eran os seu habitantes: Sebastian e Coco. A parella de biólogos, reunira na súa propiedade cantos animais poidades imaxinar, e no medio deles, criouse a pequena Extravaganzza. Esta rapaza, miúda pero valente e forte como ningunha, no tivo nome ata que asomou a cabeciña, xa que Sebastian e Coco referíanse a ela como Criatura. E cando o fixo, Extravanganzza, viña cos lentes postos!! O seu corpo era tan intelixente que para paliar a súa grande discapacidade visual, naceu cunhas gafas pequenas e redondas sen
as que non daba distinguido absolutamente nada. Nos primeiros anos de vida, Extravaganzza xa amosa ter un don para comunicarse cos animais, e os seus favoritos da casa son unha parella de flamencos e as súas dúas crías, cos que ten un vínculo especial. Cando con 11 anos os seus pais deciden deixala soa na casa e emprender unha longa expedición para investigar uns comportamentos extranos nos pelícanos, eles serán un dos principais apoios na aventura que se vai desencadear. Extravaganzza queda na casa soa, sen medo ningún, con provisións dabondo e a advertencia de non
levantar sospeitas no colexio de que os seus pais a abandonaron. Queda ao cargo tamén dunha caixiña de lata que só poderá abrir cando pasen dúas semanas sen ter novas deles, ou… cando a curiosidade poida con ela. Isto non tarda en pasar, e no seu interior, atopa instrucións para construír un aparello voador propulsado polos seus 4 amigos flamencos e un plano cunha longa ruta aérea, con paradas obrigadas e un destino final: a Illa das Esculturas. Extravaganzza prepara a súa partida na procura dos seus pais, vivindo moitas aventuras que poderás coñecer visitando o Salón do Libro.
Le a historia completa no libro
As peripecias de Extravaganzza Pérez Texto de Ledicia Costas e ilustracións de Óscar Villán, editado polo Pazo da Cultura de Pontevedra.
DOMINGO 17 de abril
18:30 h
11:30 h
Obradoiro: Animais de relevo
Obradoiro: Naturezas efímeras
Van Divulgación Cultural
Crearemos seres, animais, insectos con materiais sacados da natureza, como é a arxila ou o barro. Un obradoiro para imaxinar novas especies.
Fabricararemos unha réplica exacta do seu animal preferido usando a técnica do valeirado, un procedemento escultórico que se usa para obter copias ou reproducións dunha escultura. Usando esta técnica, crearemos un negativo dunha figura de animal e logo positivarano para obter a réplica.
A partir de 5 anos Prazas limitadas (20). Inscrición previa
A partir de 6 anos. Prazas limitadas (25) Inscrición previa
11:30 h
18:30 h
Obradoiro: Casiñas de paxaros
Contacontos: O soño de Esther
Nova Xestión Cultural-David Orihuela
Taller Abierto
Obradoiro familiar que busca amosar e coidar a fauna da Illa do Covo a maiores e menores. Cada parella construirá a casiña dun paxaro para saír á Illa e descubrir onde refuxialo deixándoa nese lugar.
De 6 a 12 anos + acompañantes. Prazas limitadas. (20 parellas adulto/a+neno/a). Inscrición previa
12:00 e 18:00 h Contacontos-Obradoiro. Rebeca Atienza no hospital da bichería. Polo Correo do Vento
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
12:00 h Contacontos: Bicho á vista! Raquel Queizás
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
12:30 h Obradoiro: Vilapavo na Cidade dos Bichos Nova Xestión Cultural-Mi madriña
Crearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo, facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos).
A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa
17:30 h Obradoiro: Camiño da Illa das Esculturas
Miguel Ángel Alonso Diz – Nova Galicia Edicións Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
18:30 h Teatro. Roedores Redrum Teatro
Éspectáculo familiar no que se fomenta a igualdade. A través das aventuras de Peludiño e Munda, un hámster e unha rata, que deixarán atrás os seus prexuizos e traballarán en equipo para vencer ao temido Gato.
Teatro de actor. Auditorio Pazo da Cultura. A partir de 5 anos. Prezo 3 euros
LUNS 18 de abril
18:00 h Música. “Os sons da xungla”.
Concerto do Coro Infantil do CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra Dirixido por Nanette Sánchez, o coro interpretará temas arredor da música e os animais.
Salón de Actos. Entrada libre ata completar cabida
18:00 h Contacontos: Os contos da carricanta”
Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Anxo Fariña
Os catro flamencos de Extravaganzza xa están cansos de tanto voar e o último tramo que lles queda cara a Illas das Esculturas téñeno que facer camiñando. Cada un deixa as súas pegadas nunha cor diferente creando catro camiños que se misturan e cruzan. Un xogo a medio camiño entre a Oca e o “Enredos”, que obrigará aos participantes a adoptar divertidas posturas.
A partir de 4 anos
MARTES 19 de abril
17:30 h Obradoiro. Vilapavo na Cidade dos Bichos Nova Xestión Cultural-Paula Tubío
Crearemos espazos e construcións imaxinarias con materiais de refugallo facendo referencia a elementos como arquitectura sostible, construción bioclimática, a construción de aldea (onde humanos e animais compartían espazos).
A partir de 7 anos. Prazas limitadas (20). Inscrición previa
15
MÉRCORES 20 de abril
21:00 h
18:00 h
17:30 h
Teatro. Raclette
Contacontos: O coelliño branco
Baseado no libro do mesmo título escrito por Santiago Cortegoso galardoado co premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014, Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentaren o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela, a medida que comían, queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Obradoiro: Fagamos un conto ilustrado Yupiyeyo (María Álvarez)
Elaboraremos as ilustracións dun libro partindo dun conto baseado no cartaz do Salón, por grupos ou individualmente. Dividiremos as escenas entre os/as participantes e, partindo dos debuxos das personaxes do cartaz, representaremos as accións e escenarios que teñen lugar en cada momento da historia.
A partir de 8 anos. Prazas limitadas (15). Inscrición previa
18:00 h Contacontos: Bicho á vista! Raquel Queizás
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Ibuprofeno Teatro
Auditorio Pazo da Cultura. Prezo 5 euros. Venda de entradas: ataquilla.com. As sobrantes na billeteira do Pazo da Cultura dende unha hora antes da función
XOVES 21 de abril
SÁBADO 23 de abril
17:30 h
11:00, 12:30 e 17:30 h
Animais na arte Taller Abierto
Obradoiro familiar no que descubriremos moitos dos animais que se agochan nas grandes obras da historia da arte.
De 4 a 8 anos + acompañante. Prazas limitadas. (20 parellas neno/a + adulto/a)
18:00 h Contacontos: Os contos da carricanta”
Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Teatro. 4 Tempos Teatro do Miolo
Un espectáculo musical e máxico, onde multitude de personaxes acompañan a nosa protagonista nunha viaxe polas catro estacións, a neve, as frores, as follas, o sol, a choiva, ou o mundo submarino. Empregaremos música, monicreques manuais, robotizados e xogos de luces co obxectivo de estimular os sentidos dos máis pequenos.
Sala de Obradoiros. Espectáculo para bebés, de 0 a 3 anos. Aforo limitado (40 bebés + 1 acompañante). Prezo 3 euros
11:30 e 17:30 h VENRES 22 de abril
Obradoiro: Contacontos debuxado
17:30 h
Partindo dunha historia dividida en cinco escenarios e coa axuda dos/as nenos/as, debuxaremos os animais que protagonizan o conto.
Animais monstruosos Taller abierto
Crearemos os animais máis tolos e monstruosamente divertidos.
A partir de 4 anos
18:00 h Charla: Cando os animais falan
Nova Xestión Cultural-Asociación Os Palleiros
Yupiyeyo (María Álvarez)
A partir de 4 anos
11:30 e 17:30 h Obradoiro: A cociña de Escarlatina Begoña Costas e Cristina Salgado
Taller infantil de decoración de galletas con fondant.
A partir de 5 anos. Prazas limitadas (25). Inscrición previa
Sesión dinamizada por unha veterinaria onde se aprenderá a coñecer o que sinten os animais sen necesidade de palabras e como aplicar uns primeiros auxilios no caso de que precisen axuda.
12:00 h
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
16
Contacontos: Bechiños e contiños Andrea Bayer
Trinke Trinke
18:30 h Música. “O esquío rampante” (Edicións do Cumio, 2015). Tres xeitos de celebrar o día mundial do Libro: narrando, musicando e ilustrando. Estrea da actividade na que o colectivo Polo Correo do Vento, acompañado por un quinteto de corda, realizará unha longa travesía por medio da voz, a música e a pintura, baseándose no libro “O esquío rampante “ de Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Auditorio Pazo da Cultura. Público familiar. Prezo 3 euros
Actividades das Noites Abertas no Salón do libro SÁBADO 2 de abril
Exposicións NO ESPAZO DO SALÓN. (PAZO DA CULTURA) • Traballos dos centros de ensino de Pontevedra e comarca • Ambientación xeral do Pazo da Cultura (ETL Paspallás) • MI (Master Ilustra) colección de bichos raros. (Alumnado Mestrado en Libro Ilustrado e animación audiovisual. Universidade de Vigo)
De 20:30 h a 22:30 h
• Intervención artístico-educativa do CEIP Carballal
Fai o teu fanzine
• As peripecias de Extravanzza Pérez. (Oscar Villán)
Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.
NO ACCESO AO PAZO DA CULTURA.
Na procura do Sinsajo Katniss Everdeen está a piques de asaltar e derrotar o Capitolio, pero o Presidente Snow gárdase un as na manga. O símbolo da rebelión foi secuestrado e a nosa protagonista precisa de heroes e heroínas capaces de recupera o Sinsajo. Seredes quen de superar as probas e entrar no Capitolio?
•
• A horta do Salón (Concellaría de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra)
VESTÍBULO DO AUDITORIO (PAZO DA CULTURA) • Escarlatina – Esmeraldina (Víctor Rivas)
VENRES 8 de abril
NA GALERÍA SARGADELOS
De 20:30 h a 22:30 h
Do 7 ao 30 de abril
Fai o teu fanzine
• Da ciencia á ficción. Búscate no Salón (Alba Sotelo)
Neste obradoiro coñeceredes os principios desta autoedición analóxica e poderedes levarvos a casa o voso propio fanzine.
Moda e mitos: moda vampírica Algunha vez pensaches en ser como Lestat de Lioncourt ou Van Helsing? Gustaríache converterte en vampiro ou vampiresa por un día? Durante esta actividade analizaremos a estética e moda das películas vampíricas ao longo da historia e crearedes, de forma sinxela, os vosos propios looks a partir destes mitos inmortais.
NA BIBLIOTECA PÚBLICA ANTONIO ODRIOZOLA • Cocorico en movemento (OQO Editora e OQO filmes)
17
Outras actividades Canta bichería na cidade! Ambientación das rúas do centro histórico (Centro Comercial Urbano. Zona Monumental. CCU ZM)
Merendando Contos Contacontos nas librarías Luns 21 de marzo. 18: 00 h
Libraría Cronopios
Obradoiro de mediación lectora “Vamos cazar un oso ou como contar dramatizando” Sábado 16 de abril. Pazo da Cultura Formadora: Alexia Dotras Bravo
Os contos da carricanta Bea Campos e Davide González de Migallas Teatro
Martes 22 de marzo. 18:00 h
Libraría Seijas O lobo Garabelos
O Carballo con botas
De 10 a 14 e de 16 a 18 h. (Total 6 h. de formación. Bamad emitirá certificado de asistencia)
Mércores 23 de marzo. 18:00 h
Obradoiro de formación para bibliotecarios/as
Libraría Aviones de Papel O coelliño branco
Matrícula en www.bamad.gal e-mail: bamadgalicia@gmail.com
Trinke Trinke
Prazas limitadas (25)
Luns 28 de marzo. 18:00 h
Organiza: Bamad Galicia: “Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia”
Libraría D-Lectum Bicho á vista! Raquel Queizás
O burro Caramulo, o xinete das árbores
Martes 29 de marzo. 18:00 h
Sábados 9 e 16 de abril. Todo o día
Bechiños e contiños
Carballo con botas
Libraría Paz
Andrea Bayer (Baobab Teatro)
Público familiar
Almorzos ilustrados Manteis ilustrados por Sandra Carmelo e Dani Padrón (AGPI), repartidos nos establecementos hosteleiros do centro histórico.
Mércores 30 de marzo. 18:00 h
Libraría Nobel
Safari Contográfico Pavís Pavós
Xoves 31 de marzo. | 18:00 h
Libraría Xoguetería Estrellas o Limones Contos do Libro da aldea Pol do Canizo
Ademais deste programa, o Salón organiza actividades concertadas cos centros de ensino, así como obradoiros para docentes en colaboración co CEFORE 18
XOGO DE MEMORIA MI (Master Ilustra)
Proxecto MI Alumnado do Mestrado en Libro Ilustrado e Animaci贸n Audiovisual
IMOS DE SAFARI FOTOGRÁFICO?
Estes son algúns dos animaliños raros da colección do MI (Master Ilustra) que están no Salón do Libro. Serías quen de atopalos a todos?
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
Atrapeino!
CONSELLO! Podes recortalos pola liĂąa de puntos, darlles cor e facer o teu xogo de cartas personalizado para divertirte coa tĂşa memoria. Atrapeino!
Atrapeino!
Ilustracións de: Alicia Baña Patricia Blanco Ricardo Casal Yolanda Covelo Sheila Broullón Román Cuadrado Jennifer Espiñeira Andrea Fernández Gloria García Beatriz Navarrete Carolina Quero Igor Pérez Gloria Rubio Sandra Santamarina Maria Jerònia Siquier Miguel Ángel Trassierra Rebeca Weladora
ESTOU INSCRITO/A EN: Día
Hora
Actividade
Andrea Bayer Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) Asociación Galega de Editores Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) Asociación Taburete ASPG Banda de Música de Pontevedra Bamad Galicia: “Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola CEIP Carballal Centro Comercial Urbano. Zona Monumental. (CCUZM) Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (CEFORE) Centros de Ensino de Pontevedra e comarca Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Cineclube Pontevedra Concellaría de Parques e Xardíns Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga Editoriais ETL Paspallás Galería Sargadelos GALIX Instituto Cervantes New York María José Villar Fernández Mestrado en libro ilustrado e Animación Audiovisual Noites Abertas Universidade de Vigo. Facultade de Belas Artes Pavís Pavós Pilar Sampedro e Cristina Novoa, asesoras de Bibliotecas Escolares Renfe Seminario Permanente de Jazz
••• Mención especial nesta edición para: Ledicia Costas pola súa permanente implicación co Salón do Libro
••• Ás librarías de Pontevedra e aos colectivos, e tantas persoas que contribúen a facer realidade este Salón, GRAZAS
Este folleto é meramente informativo e pode sufrir variacións. Consulta a información actualizada na web do Salón.
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra
www.salondolibro.org www.pazodacultura.org
Ilustración: Yupiyeyo | Maquetación: ovopublicidade.com | Imprime: Gráficas Anduriña | DL PO 131-2016
Entidades colaboradoras