2106 Ceip Eduardo Pondal –Vigo BIBLIOCROCAIO Crocaio ofécevos unhas suxerencias variadas para ler cos vosos fillos e fillas nestes días, son historias marabillosas e fermosas ilustracións! Aínda que os nenos e nenas vaian gañando en autonomía e sexan quen de ler sós, é moi bo compartir con eles a lectura, seleccionar os libros, falar deles, levalos ao cine, ao teatro, contarlle historias en voz alta…esta será entón unha familia lectora.
Primeiros lectores: O monstro non sabe o que lle pasa, está feito un lío coas emocións. Unha historia sinxela e divertida que nos introduce no fascinante linguaxe das emocións. Autora e ilustradora : Anna Llenas. Editorial . Flamboyant. O monstro de cores
Un conto cheo de lobos. Roberto Aliaga OQO editora.
ABECECUENTOS Daniel Nesquens Anaya Que mellor forma de aprender o abecedario que xogar coas palabras. Personaxes de contos e libros infantís conviven nestas páxinas: Alicia, Blancanieves, Caperucita, Pinocho ou Rapuncel, entre outros, nas situacións máis variopintas. En este disparatado libro todo es posible, la única regla la dicta el orden del abecedario.
O porquiño de Arnold Lobel Había lobos grandes e pequenos. Lobos durmidos e espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis…Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!
Kalandraka. O porquiño vivía no seu cortello, nunha granxa. Ao porquiño gustáballe comer, correr arredor do cortello e durmir. Pero o que máis lle gustaba era sentarse e estomballarse na lama. O granxeiro e a súa muller queríano moito ao porquiño. -Para nós, es o mellor porco do mundo -dicían.