XAIME VARELA SIEIRO

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 43

Galego en Londres: unha experiencia comunicativa nas redes sociais para a comunidade migrante no Reino Unido Xaime Varela Sieiro (IE Cañ ada Blanch - Londres) Resume Reino Unido é un dos destinos preferentes da emigración dende Galicia neste contexto de crise económica que estamos inmersos. Unha das ferramentas empregadas para visualizar a galeguidade no exterior é a través das redes sociais. Na primeira parte do artigo faise unha contextualización do espazo virtual da comunidade galega en Londres é arredores, describindo páxinas web, blogues, facebook (grupos, páxinas e perfis) e contas de twitter vencelladas á diáspora galega. A segunda parte centráse no proxecto de dinamización educativa e cultura Fala Londres do IE Cañada Blanch a través do seu blogue, perfil en facebook e conta en twitter. Palabras chave: galegos na diáspora, redes sociais, sentimento de comunidade Abstract UK is one of the preferred destination of emigration from Galicia in this economic crisis we are immersed.One of the tools used to analyze the community of Galician emigrants abroad (known as "galeguidade")is through social networks. The first part of this article is devoted to a contextualization of the virtual space of the Galician community in London and surrounding areas, describing web pages, blogs, Facebook (groups, pages and profiles)and Twitter accounts related to the Galician emigration.The second partfocuses on the design of an educational and cultural revitalization project, named "Fala Londres" (London Speak) carried out by the Cañada Blanch high school educative community through its blog, Facebook profile and Twitter account. Keywords: Galicians abroad, social networks, sense of community 1. Introdución As redes sociais como instrumento de comunicació n entre as comunidades migrantes permiten, sen dú bida, moitas posibilidades que está n empezando a ser exploradas de xeito interesante dende hai xa algú ns anos. Un dos paı́ses que está recibindo o maior nú mero de galegas e galegos é o Reino Unido, e sobre todo a sú a capital. Ao respecto, nun artigo da web de Cadernos de comunicació n e aná lise revé lase que entre o 2008 e o 2012 solicitaron o nú mero da seguridade social inglesa uns 115.000 españ ois e no que vai de 2013 é o segundo paı́s emisor de emigrantes laborais, por detrá s de Polonia. Unha aná lise pormenorizada da situació n elaborouna Duarte Romero na entrada “4 datos para facer unha radiografı́a da emigració n do Estado Españ ol ao UK” na web Galiza no UK, xestionada por el mesmo. Para esta ocasió n, presentaremos a nosa experiencia traballando coa comunidade galega no Reino Unido a travé s das redes sociais e tamé n como se visualiza Galicia neste paı́s a travé s das mesmas. Na actualidade, a pouco que nos deteñ amos en buscar informació n sobre a galeguidade no Reino Unido, decataré monos de que a sú a presenza no espazo virtual é moi ampla. Daquela imos facer un breve repaso para presentar a situació n.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.