ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUCIÓN LUSÓFONA I 2014 41
Comunicación e Diversidade Cultural: o proxecto europeo campUSCulturae Xosé A. Neira Cruz (Universidade de Santiago de Compostela)
Artigo recibido: 08/10/2014 Artigo aceptado: 15/11/2014 Artigo publicado: 10/12/2014
Resumo A Universidade de Santiago de Compostela, desde a súa Facultade de Ciencias da Comunicación, puxo en marcha en maio de 2011 o proxecto campUSCulturae, unha iniciativa a prol da diversidade cultural cofinanciada pola Culture Agency da UE cun orzamento total de algo máis de catro millóns de euros. Até maio de 2016, e en colaboración con cinco institucións universitarias e culturais doutros tantos países europeos, campUSCulturae pretende crear un espazo internacional sobre as minorías culturais do mundo atendendo a unha realidade triple: a necesidade de fomentar estratexias europeas de comunicación a favor das linguas e culturas minoritarias; a intención de abrir vías de inclusión para os grupos en risco de exclusión; e a conveniencia de facelo prestando especial atención ás audiencias comprendidas no tramo infantil-‐xuvenil. Palavras-‐chave: Minorías culturais; Audiencia infantil e xuvenil; Grupos en risco de exclusión; Multimedia Abstract The University of Santiago de Compostela, from his Faculty of Communication Sciences, started in May, 2011 the project campUSCulturae, a multimedia platform in favour of cultural diversity co-‐financed by the EU Culture Agency with more than four million euros as total budget. Until May, 2016, and in collaboration with five European university and cultural institutions, campUSCulturae will try to create an international space on the cultural minorities of the world attending to a triple reality: the need to promote European strategies of communication in favour of the languages and minority cultures; the intention of opening routes of incorporation for the groups in risk of exclusion; and the convenience of doing it paying particular attention to the infantile-‐juvenile audiences. Keywords: Cultural minorities; Infantile-‐juvenile audience; Groups in risk of exclusion; Multimedia 1. Introdución campUSCulturae xorde da idea de crear un espazo internacional sobre as minorías culturais do mundo. O proxecto, cofinanciado pola Culture Agency da Comisión Europea con algo máis de catro millóns de euros , atende a unha triple realidad: a necesidade de apoiar estratexias europeas a prol das linguas e culturas minoritarias, a intención de abrir vías de inclusión para os grupos en risco de exclusión e a conveniencia de facelo a partir da literatura infantil e xuvenil. Esta decisión, clave no fundamento do proxecto, obedece a: