ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 67
Diáspora, política e propaganda. Salazar e a colonia portuguesa nos Estados Unidos de América33 Alberto Pena-Rodrı́guez (Universidade de Vigo)
Resume Este artigo é unha achega ó comportamento polı́tico da comunidade inmigrante portuguesa nos Estados Unidos de Amé rica durante o proceso de consolidació n da dictadura. Nesta aproximació n, baseada no estudio de fontes hemerográ ficas e documentais orixinais procedentes de arquivos portugueses e norteamericanos, preté ndese amosar cal foi a estratexia e a dimensió n polı́tica da propaganda empregada pola diá spora lusa en territorio norteamericano a favor e en contra da instauració n do Estado Novo de Salazar. Pablabras chave: Diá spora, polı́tica, propaganda, Salazar, Estados Unidos Abstract This article is an approach to know the political and propagandistic role of the Portuguese immigrant community in the United States of America during the dictatorship consolidating process. In this academic approximation, based in hemerographic and documental sources, it aims to study what was the strategy and the political dimension of the propaganda used by the lusophone diaspora in Northamerica in favor and against the establishment of the Salazar New State. Keywords: Diaspora, politics, propaganda, Salazar, United States Introdución A ditadura portuguesa tivo un gran impacto no fenó meno da emigració n portuguesa. Desde o sú a fundació n o 28 de maio de 1926 ata o 25 de abril de 1974, miles de portugueses saı́ron do paı́s en busca dun destino mellor. Foron corenta e oito longos anos que afectaron á forma que moitos emigrantes portugueses vı́an e sentı́an o seu paı́s, moldeado ideoló gicamente por Antó nio de Oliveira Salazar a partir da fundació n do Estado Novo en 1933. Foron anos nos que, á s razó ns econó micas unı́ronse os motivos polı́ticos para abandonar Portugal (Santos & Carneiro, 2004). Miles de portugueses emigraron a diferentes paı́ses europeos, Brasil, Estados Unidos e Canadá , segundo o Observatorio da Emigraçã o do ISCTE, en Lisboa. En cifras absolutas, non foi o perı́odo no que má is portugueses chegaron a Estados Unidos, principalmente polas restricció ns fronteirizas nos anos trinta (só entraron 3.518) e corenta (6.765) (Yearbook of Inmigration Statistics, 2012). Aı́nda que a chegada de inmigrantes lusos foi 33Este traballo forma parte dos resultados dun proxecto de investigació n titulado “Portugal, Españ a e os Estados
Unidos de Amé rica. A representació n das ditaduras ibé ricas no discurso xornalı́stico luso-americano (19361945)”, aprobado e patrocinado pola Harvard University (Faculty of Arts and Sciences). O traballo de campo foi financiado polo Ministerio de Educació n de Españ a, ó abeiro dunha Bolsa de Movilidade Sé nior-Salvador de Madariaga (PRX12/00024, 2012-2013). Para desenvolver a investigació n, o autor contou tamé n co apoio do Real Colegio Complutense at Harvard, na condició n de Associate.