CAP+ìTULO 8

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DE COMUNICACIÓN LUSÓFONA

2012 101

A publicidade nos medios públicos de Galicia. A Televisión de Galicia e o “modelo publicitario galego” Emma Torres Romay – emmatr@uvigo.es (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Universidade de Vigo)

Resume A limitación de publicidade en Televisión Española supuxo zanxar un debate sobre un modelo denominado como “mixto” do medio público por excelencia en España. Sen embargo, no referido os medios públicos autonómicos, e máis concretamente no caso de Galicia, o debate segue aberto e o modelo de negocio da televisión e a radio pública segue sendo complexo e de difícil avaliación. Neste contexto, plantexamos un traballo de investigación no que valoraremos a importancia que estes medios públicos teñen na existencia do que podemos denominar “modelo publicitario galego”. Un modelo caracterizado por unha serie de estratexias e tácticas determinadas que, como hipótese de partida, non terían razón de ser sen a existencia dos medios públicos. Deste xeito partimos da premisa da publicidade como elemento de socialización e incluso de culturalización e valoramos a existencia dunha publicidade local como unha expresión mediática fundamental da identidade dun colectivo. Nese sentido a proposta que facemos implica: 1. Analizar a situación da publicidade nos medios públicos nacionais e autonómicos no contexto da crise actual. 2. Entender a realidade do mercado publicitario galego. 3. Valorar a existencia ou non do “modelo publicitario” especificamente galego. 4. Comprender as potencialidades da publicidade en Galicia e o aproveitamento das peculiaridades dos medios públicos na comunidade. Con estes elementos de partida a análise baseárase en cuestións cuantitativas e cualitativas. No referido a aspectos cuantitativos debemos valorar as cifras de investimento da publicidade en Galicia, identificando os cambios que se poidan ter producido como consecuencia da crise e valorando os efectos nos medios. Dende a perspectiva cualitativa o idioma, a identidade, a especificidade temática son os puntos cruciais do “modelo publicitario galego” que, ademais, debe valorar a creación liñas estratéxicas específicas para un colectivo concreto: o galego. De calquera xeito, non partimos dun campo de traballo sen referencias previas. Ben é certo que os traballos preexistentes foron realizados en períodos moi anteriores e, polo tanto, analizaban un período moi inicial dos medios públicos e, ademais, se centraron en cuestións moi concretas que non establecían un vínculo tan directo entre publicidade e medio de comunicación. Logo de todo isto, a perspectiva inicial sobre o “modelo publicitario galego” é moi pesimista e con poucas perspectivas de futuro. A proposta pretende, polo tanto, realizar unha nova análise nun momento de crise económica profunda que pode condicionar os avances ou falta de avances que se teñan producido ata o momento. Sexa como sexa esta análise busca dar un novo pulo ó seguimento necesario da comunicación galega en tódalas súas manifestacións, máis concretamente no caso da publicidade. Palabras clave: Publicidad, medios públicos, Galicia, modelos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.