ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA
2012 53
Modelos de gobernanza das políticas de comunicación e das radiotelevisións públicas do espazo lusófono Francisco Campos Freire - francisco.campos.freire@gmail.com (Facultade de Ciencias da Comunicación - Universidade de Santiago de Compostela)
Resumo A comunicación é unha necesidade consustancial da relación social, un direito cívico a dar e a recibir información, en privado e en público; unha actividade humana e industrial que alimenta o osíxeno da sociedade e que fai fluir as informacións, opinións e ideoloxías que converxen no espazo público no que se substancia a vida común e económica, a opinión pública, a política e a democracia. Por iso o recoñecemento da liberdade de comunicación individual e social forma parte do núcleo esencial da declaración universal dos dereitos humanos e así se foi incorporando nas respectivas constitucións democráticas modernas. Nese aspecto, os medios de comunicación en xeral -e a radiotelevisión pública, en particular- son un instrumento fundamental para o funcionamento do sistema democrático e un espello para medir a súa calidade. O que se aborda nesta investigación, partindo dos marcos constitucionais e lexislativos propios de cada país e dos cambios que se están a producir no ámbito audiovisual e mediático global, son os modelos de gobernanza e xestión que corresponden ás radiotelevisións públicas do espazo lusófono de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, Mozambique, Portugal, Santo Tomé e Timor xuntamente co caso de Galicia, en particular, e de España en xeral. Trátanse principalmente tres cuestións centrais: as políticas de comunicación, a calidade da súa regulación e as estruturas da gobernanza e xestión das respectivas empresas públicas de radiodifusión dos citados países. Palabras chave: políticas de comunicación, gobernanza, órganos reguladores, dereitos de comunicación
Abstract Communication is essential to establish and maintain social human relationships and a highly protected right in democratic countries that ensures that everyone can share their wishes, thoughts and opinions in public and private. In addition to being inherently human, the Communication Media have become an important stakeholder and economic power producing and sharing information, entertainment and schools of opinion and thought which form the base for a democratic social community. Freedom of speech is recognized in The Universal Declaration of Human Rights because it constitutes a mean, a basis and a testimonity of the quality and strength of democracy. In this paper we research, analyse and compare the legal framework, policies and governance of public Media and Communication in Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, Santo Tome, Timor, Galicia and Spain, as well as the changes in the national and global environment that affect Media and Communication in those countries. Keywords: Communication Policy, Governance, Legal Framework, Communication Rights, Freedom of Speech