Débora Campos Vázquez

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 49

Tecedores de redes: as estratexias dos galegos e das galegas na diáspora para ser e existir Dé bora Campos Vá zquez (Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires. Presidenta da Asociació n Internacional de Estudos Galegos - AIEG) Resume Os blogs dos primeiro lustro do século foron mudando en muros nas redes sociais pero o obxectivo é o mesmo: construir dende a diáspora unha pertenenza e un vínculo coa terra, coa súa xente e coas súas institucións para reafirmar a presenza máis alá do país onde se reside. Cando o Estado semella estar en retirada, a comunicación horizontal é o mecanismo que permite a moitos individuos e colectivos non perder a súa condición de actores políticos, culturais e sociais. Palabras chave: galegos na diáspora, redes, comunicación horizontal Abstract Blogs of the first lustrum have been turning in walls in the social media but the goal is the same: to build from the exodus a belonging and attachment to the land, its people and its institutions to reaffirm the presence beyond the country where it resides. When the State seems to be in retreat, horizontal communication is the mechanism that allows too many people and groups not lose their status as political, cultural and social actors. Keywords: Galician people in exodus, networks, horizontal communication Hai dous anos, máis ou menos, un nutrido grupo de persoas que compartían as clases semanais do seu curso de lingua galega na cidade de Bos Aires, foron informadas sobre a cancelación dese programa. Pasmadas e afeitas aos Estados que non dan respostas, decidiron organizarse e reclamar. Mandaron cartas e asinaron peticións, conseguiron enderezos, escribiron mensaxes e fixeron escoitar o seu pedido en non poucos espazos. Presionaron. Con insistencia, presionaron. E, ainda que os cursos non voltaron, o que gañaron foi certamente máis importante: por una banda, conformaron un grupo de estudo autónomo que adianta na súa relación co idioma da Galiza a forza de exercicios, lecturas, películas e actividades que eles mesmos se procuran. E, pola outra, cobraron entidade política tanto na terra como na cidade de Bos Aires. Son O Terzo da Fala e todos saben da súa loita a prol do galego. Como o conseguiron? Comunicando. A rede Internet viviu nos primeiros anos do século a emerxencia dun formato de comunicación, os blogs ou bitácoras que presentaron unha posibilidade expresión, até o momento, inaudita: a capacidade de producir e publicar na rede sen ter (case) coñecementos informáticos. Estas pequenas publicacións, de edición individual en boa parte dos casos, supuxeron un auténtico desafío metodolóxico para comprender os cambios sociais e comunicativos que as novas tecnoloxías están a inducir nas sociedades contemporáneas”, anotaron os integrantes do Grupo de Investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, no seu


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.