O congreso Ibercom 2013, que organizan as tres universidades galegas, celebrarase na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago os días 29, 30 e 31 de maio
Máis de 700 investigadores debaten sobre a importancia da comunicación nos movementos sociais como a Primavera Árabe Durante o evento poderase visitar a exposición “ O poder do humor” do Museo da Imprensa Portuguesa
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2013.- A importancia dos medios de comunicación para a democracia e os cambios sociais é un dos debates que reúne os próximos días a máis de 700 investigadores no XII Congreso Internacional Ibercom que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O evento que comezará o próximo 29 de maio está promovido pola Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (Agacom) e organizado por unha comisión que, baixo a presidencia da catedrática Margarita Ledo, integra a profesores das tres universidades galegas. A inauguración oficial do congreso estará presidida polo presidente da Federação Brasileira das Associações Científicas e Acadêmicas de Comunicação, José Marques de Melo, e participarán os reitores das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. A comunicación alternativa Unha conferencia da colombiana Clemencia Rodríguez, profesora da Universidad de Oklahoma (USA), abrirá a actividade académica analizando a importancia dos medios de comunicación nos movementos e cambios sociais como a recente Privamera Árabe. Clemencia Rodríguez está especializada na análise de comunicación alternativa, comunitaria e cidadá na que traballa dende hai máis de tres décadas. Tres sesións plenarias proseguirán os debates para analizar os riscos e potencialidades da comunicación na era de internet. A primeira, coordinada polo catedrático da Universidade