NOVAS

Page 1

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 207

Novas Eventos A axenda de eventos científicos vencellados á comunicación na Lusofonía abrese co Iº Congreso Cabo-verdiano de Ciências da Comunicação, organizado pola Associação Caboverdiana das Ciências da Comunicação – MEDIACOM en decembro de 2013. A seguinte cita é na Facultade de Comunicación de Pontevedra na Galiza o 11 e 12 de abril de 2014 coa celebración do XI Lusocom-2014 Marca-territorio. Nese mesmo mes, entre o 13 e o 16 de abril, a comunidade científica trasladarase á Universide de Minho en Braga (Portugal) para asistir ao II Congreso Mundial de Comunicación Iberoamericana. Finalmente, a primeiros de setembro, entre o 2 e o 5 en Foz de Igaçu terá lugar a XXXVII edición do Congreso Brasilero de Ciencias da Comunicación denominado INTERCOM 2014. MEDIACOM 2013 “Caminhos da Comunicação” O Iº Congresso Cabo-verdiano de Ciências da Comunicação supón o primeiro evento científico organizado pola Associação Cabo-verdiana das Ciências da Comunicação – MEDIACOM. Este congreso ten como lema “Caminhos de Comunicação” , e celebrase entre os días 5 e 7 de decembro do 2013 na cidade de Praia (Cabo Verde). Neste congreso participan destacados membros da comunidade científica pertencentes ao ámbito lusófono. Entre as sesións programadas destaca a titulada “Ciências da Comunicação e a Construção do Espaço Lusófono do Conhecimiento” e na que participarán os representantes das asociacións de comunicación de: Cabo Verde (MEDIACOM), Silvino Lopes Évora; Portugal (SOPCOM), Moisés de Lemos Martins; Galiza (AGACOM), Margarita Ledo Andión; Mozambique (CEC), Eduardo Namburete e Brasil (INTERCOM), José Carlos Marques. Asemade, o Congreso será o marco do lanzamento de varios libros individuais e colectivos (de varios autores cabo-verdianos e estranxeiros) entre eles “As Ciências de Comunicação em Cabo Verde” , editado por INTERCOM. XI LUSOCOM-2014 Marca-territorio: A construción da(s) identidade(s) a través da comunicación O espazo lusófono de comunicación comparte a preocupación polo complexo equilibrio entre o mantemento da identidade sustentada na cultura e a necesaria integración nun espazo comunicativo global. Dende esta perspectiva a utilización da comunicación como ferramenta básica na construción identitaria ven sendo unha realidade nos distintos territorios lusófonos. Neste contexto a potenciación da “Marca Territorio” supón unha oportunidade de grande interese. Unha “Marca-Territorio” que debe ir máis aló do concepto “Marca país” - que se está difundindo dende unha perspectiva puramente marketiniana – e debe evitar a súa delimitación baseada en fronteiras xeográficas ou políticas. O Lusocom 2014 serve como foro de debate para coñecer a realidade e a evolución desas “Marca-Territorio” concibidas dende moitas perspectivas e que, como calquera marca, se compón dunha misión, visión e valores concretos que poden ser xestionados dende a comunicación, sendo incluso posible medir o peso de cada un dos elementos que configuran esas “marcas”: identidade, cultura, medios, historia, lingua, comunicación… O congreso artellase en dezaseis grupos de traballo (GTs) nos que a comunidade científica pode inscribir as súas contribucións.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.