Os nosos avós

Page 1

Na casa de:

TINA E AVELINO (David Chan Radío)

Ceip As Covas- Meaño 3º Ciclo de Primaria 2012 - 2013


A MIÑA CASA Hoxe saímos á hora do recreo rumbo a miña casa. Primeiro, fomos por carreteiras, por onde non transitan coches e polo medio dun monte. Cando chegamos estábannos esperando a nai de José Ramón Alfonso García, Rosana e a avoa Esther e meu pai Alfredo, o meu avó Avelino e miña avoa Tina. Tamén estaban as miñas catro gatas: Mikala, Mikolo, Branca e Mikolón, as miñas dúas pochas: Branca e Margaret e o meu porco: Roxelio. O primeiro que fixemos foi ver o forno onde a miña avoa fai o pan. Logo, pasamos a bodega e o meu avó fixo viño catalán na estrugadora que estaba enriba dunha cuba, logo pasou o, mosto a prensa e por último a un caldeiro. Despois, fomos observar as pochas e o porco. Por último, comemos chocolate “ Nestlé” cun cachiño de pan. Uuuuuuuuuuum!!! estaba riquísimo, despois mentres os profesores: Roser, Clear e Paulo falaban cos familiares, nós estivemos xogando e falando. O que máis me chamou a atención foi que a Mauro lle gustase tanto o viño catalán, e o que máis me gustou foi o pan con chocolate “Nestlé” no medio.

David 6º


Avoa e avó de David

Hoxe fomos 5º e 6º á casa de de David. Cando chegamos a avoa de David ensinounos onde facía o pan, ese forno era moi antigo! Logo nos ensinou a bodega, botaron o cesto de uva na “estrugadora” que caía nunha tina. Da tina collían o viño estrugado na lagareta e saía o viño prensado para o cesto. E cando saía o mosto moitos compañeiros do ciclo beberon un pouco del. Despois Tina deunos un anaco de pan e un pouco de chocolate, deunos de beber coca cola. Nos ensinou as dúas pochas que tiñan e tamén un porco. Eles tamén tiñan unha gata que tiña tres gatiños. Despois marchamos para o colexio.

Marta 5º


Casa de David

Hoxe as 11:45 que é a hora do recreo saímos do colexio a casa de David, atravesamos unha zona de árbores que parecía un bosque e tamén vimos o campo de fútbol. Foi un pouco largo pero valeu a pena, cando chegamos estaban os familiares de José Ramón e de David. Vimos o pan no forno tamén vimos como se quitaba o mosto das uvas e ata o probamos. Vimos unha gata que tiña tres gatiños, pochas e porcos. Despois tomamos varios cachos de pan caseiro con chocolate, tamén se podía tomar Coca-Cola. Ao final de todo estivemos xogando con 5º e sacando fotos. Que ben o pasamos!!!

Eduardo 6º


A casa de David

Hoxe fomos de excursión a casa de David. Ensinounos animais coma o pocho, o porco... Ensinounos como é o seu forno e onde se mete o pan. Tamén vimos a estrugadora como estrugaba as uvas. Vimos a “lajareta”, que é moi grande, tamén tomamos un pouco de mosto. Logo déronnos chocolate con pan e para beber coca cola. Alí tiñan uns gatiños preciosos, a mamá e as súas tres crías. Logo despedímonos e marchamos de volta ao colexio andando. A min gustoume a actividade, gustaríame repetila.

Alba 5º


Fomos a casa de David

Fomos andando desde a escola, os de 5º e 6º e os profes: Paulo, Roser, e Claire. Ata a casa de O avó de David ensinounos o porco e dúas pochas. Tina, a avoa de David, xa tiña tres bolas de pan feito, despois dounos dous cachos de pan acada un e un anaco de chocolate. Botou un capacho de uva catalana na “estrugadora, despois botouna na lagareta. Tina doulle unha copa para que probaran o mosto. Tamén teñen tres gatiños pequenos e moi bonitos. Ao final regresamos para a escola outra vez andando.

María 5º


AVÓS DE DAVID Hoxe fomos a casa de David. A “estrugadora” é unha máquina que ten coitelos que separan as uvas dos acios. A prensa botas as uvas e despois de que pasan pola estrugadora ten dúas táboas, paus e un ferro para aplastar as uvas. O formo do pan ten unha porta que abra e cerra tamén ten algo parecido a unha pala para coller o pan sen queimarse. As pochiñas están nunha cuadra,

xa son bastante grandes a

unha xa case se lle saíron os cornos a outra aínda non lle saíron os cornos porque aínda é moi nova.

Matías 5º


A casa de David

Hoxe fomos á casa de David. Pasamos polo monte e estivemos andando uns 20 minutos. Ao chegar estaban alí a avoa de David, Tina, a avoa de José, o pai de David (Alfredo) e o avó de David (Avelino Radío Varela). Explicáronos como facer viño e bebemos mosto de uvas catalanas. Máis tarde fomos mirar os gatos e todos os animais: porcos, pochos... A avoa de David fíxonos pan caseiro, cinco bolas, e mentres que os profesores falaban fomos mirar as casas dos nosos compañeiro. Ao rematar de falar fomos de volta ao colexio.

Leila 6º


“Os avós de David”

Hoxe fomos á casa de avoa e o avó de David. Pasaron cousas interesantes, como por exemplo o proceso de ver como se facía o viño. Primeiro meteuno na “estrujadora”, o espremeu, e a beber zume de uva que é mosto. Despois a avoa fixo catro bolas de pan. Nós só comemos dúas pero con chocolate. Gustoume moito e antes de volver ao colexio fixemos unha foto todo e todas e marchamos.

Pablo 5º


A casa de David Hoxe fomos polo monte á casa de David. Cando chegamos alí estábannos esperando os familiares de Xosé Ramón e de David. Alí estaba a avoa de David preparando nun gran forno cinco bolos de pan. Logo, o avó de David levounos ata a bodega onde preparou mosto que deixounos probar aos que querían (cosa que eu provín). Despois diso déronnos anacos das bolas con chocolate e tamén déronnos CocaCola. Cando acabamos de comer os profesores puxéronse a falar e mentres algúns xogaban, falaban, preparaban un plan para roubar nas casas... Logo, antes de acabar as clases volvemos ao colexio e aproveitamos os últimos minutos.

Santi 6º


CASA DE DAVID Hoxe fomos a casa de David andando desde colexio, estábanos esperando: o pai de David, Alfredo ,o avó de Avelino, a avoa Tina , a nai de José Ramón e a avoa Ester. Ensináronos a o porco Rogelio e as dúas pochas. Despois o avó ensinounos a facer viño. Primeiro na estrugadora e despois metérono na lagareta. Saíu mosto e probámolo. Máis tarde a avoa de David ensinounos a facer pan no forno de leña. A continuación comemos o pan que fixo Tina con chocolate e bebemos Coca -cola. Máis tarde David doulle un regalo ao seu avó. Xogamos alí un pouco e viñemos de regreso. O que máis me gustou foi mirar as pochas e o porco. Tamén como se fai o viño e o pan. Pasámolo moi ben!!

Lidia 6º


OS AVÓS DE DAVID

Hoxe fomos a casa de David a ver como se fai o viño. Primeiro ponse na “estrujadora” e despois se pon na prensa, e sae o zume chamado mosto e despois se pon a fermentar. Cando acaba ten alcohol. Comemos pan feito pola avoa Tina no seu forno de pedra con chocolate. Fomos ao colexio de volta andando polos camiños con casas tiñan bastantes árbores e había una vista preciosa. Voltamos ao colexio camiñando todos xuntos e pillounos a chuvia.

Pedro 5º


A casa de David

Hoxe marchamos á hora do recreo para chegar a tempo. Na casa de David esperábannos a avoa de David e a de José R. . Tamén a nai de José e o pai de David e o seu avó. A avoa ensinounos un forno de pedra no que nos preparou un pan que comemos con chocolate. Despois o avó ensinounos como facían o viño antigamente. Eu collín copa enchina ata arriba e bebina toda dun trago. Estaba moi bo. Eu para o ano que ben vouno a facer outra vez porque o fago todos os anos. Cando marchamos os de 6º tivemos unha idea coller casas abandonadas e teas para nós. Foi unha boa maña.

Mauro 6º


A Casa de David

Hoxe, na hora do recreo, fomos a clase de 6º e 5º (e tamén os seus profes) a casa de David a ver aos seus avós. Andamos polo monte por un camiño polo que pasan os coches. Cando chegamos a súa casa, encontrámonos cos avós de David, o seu pai e a nai de José. Alí ensinounos como se preparaba o viño e tamén vimos uns gatiños. Tamén ofrecéronos pan e chocolate e despois xogamos moito. Eu paseino moi ben e gustaríame repetilo noutra casa.

Rodrigo 6º


A casa dos avós David

Hoxe fomos a casa de David a andar e cando chegamos fomos a ver o forno onde se facía o pan antigamente, despois co avó de David vimos como estrugaban uvas na estrugadora eléctrica, meteron as uvas no lagar, despois cando salia o zume o bebemos. Fomos a ver as pochas e máis o porco Roxelio, déronnos pan con chocolate e bebemos coca-cola e despois a xogar un pouco. Volvemos a andar para a escola.

Rubén 5º


Os avós de David “ Lino e Esther”

Hoxe fomos a casa do avó de David andando e contounos varias cousas. Díxonos que antes non había “estrujadora” e que se pisábanse as uvas cos pés. Deixounos beber mosto!! A avoa de David fixo pan e comemos pan con chocolate. Vimos os animais: gatiños, gatos, pochas, e Rogelio un porquiño.

Simón 5º


A casa de David Hoxe estivemos cos avós de David e a David de José Ramón. Vimos como espremían as uvas e bebemos un pouco de mosto, tamén fixeron pan caseiro e vimos dous pochas , un porco, galiña, pitos e galos. No camiño de volta para o cole nos colleu a choiva pero pasámolo xenial.

Xián 5º


Na casa de David Hoxe fomos a casa de David. Saímos do colexio na hora do recreo e fomos polo monte ata que chegamos alí. Estábanos esperando a nai e a avoa de José, o pai, a avoa e o avó de David e por último os seus gatos a gata, e os seus fillos. Cando chegamos ensinounos o forno que antes facían o pan. Despois fomos a ver os pochos.Tamén fomos a ver ao porco de David, de Ángela e de Lidia. Máis tarde deunos pan caseiro do forno con chocolate de Nesquik. Dalí a un pouco levounos á bodega e a min deixáronme probar o mosto. Logo volvemos para o colexio. Gustoume Moito!

Mateo 6º


A Casa de David Na hora do recreo fomos pola carreteira, pasamos por un bos que e chegamos a casa de David na que nos estaban esperando Alfredo o pai de David, Avelino o avó de David, Tina a avoa de David, Esther a avoa de José e Rosana a nai de José. Alí vimos se facía o mosto, despois tomamos o mosto, dous anacos de pan e de beber déronos coca cola.Tamén nos ensinaron os animais. Rogelio o porco, un pocho, unha gata e tres gatiños. Edu, Xián, Pedro, Rodrigo e eu estivemos xogando aínda que outros preferían sentarse a falar. Ao avó de David démoslle unha figa, que é un pequeno colgante. Despois a volta viñemos falando de cousas nosas. A cousa máis graciosa que pasou foi que David pisou unha caca de can. Nese día divertímonos moito.

Óscar 6º


A CASA DE DAVID Hoxe as 11:45 marchamos do colexio e fomos a casa de David Chan Radío e estabamos esperando a avoa Tina, a avó Avelino o pai Alfredo a miña avoa Esther e a miña nai Rosana. Primeiro ensinounos o forno de pedra e os gatiños. Despois todos os animais. Por último comemos pan con chocolate. Tamén probamos o mosto e quitamos fotos. Fomos cos profes e graváronnos. Pasámolo moi ben!!

José R. 6º


NA CASA DE DAVID

Hoxe fomos todos os de 5º e 6º a casa de David para que nos explicaran un pouco como fan o viño. Saímos do colexio as 11:45 aproximadamente e tivemos que ir polo monte arriba para dar coa casa. Cando chegamos estaban alí para recibirnos Alfredo que é o pai de David, Rosana que é a nai de José, Esther que e a avoa de José, Avelino que é o avó de David e Tina que é a avoa de David. Avelino, empezou a ensinarnos como fan o mosto e tamén nos ensinou a estrugadora. Logo fomos a mirar os animais que tiñan e habían dúas crías de gatos que eran moi bonitos. Máis tarde, a avoa de David fixo pan para todos, comemos chocolate e pasámolo moi ben, A min gustoume moito ir a casa de David porque aprendín cousas que non sabía. Raquel 6º


Avelino e Tina

David fĂ­xolle entrega de un agasallo de parte de todas e todos, por tratarnos tan ben e ser tan amables, cariĂąosos e hospitalarios.


Moitas grazas por esta experiencia marabillosa e inolvidable.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.