The Animal World outline

Page 1

CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

Unidade Didáctica 3º Primaria “O mundo animal” The Animal World


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

ÌNDICE

1.Xustificación. 2. Referentes lexislativos 3. Obxectivos 3.1 Obxectivos de etapa 3.2 Obxectivos de área 3.3 Obxectivos da Unidade 4. Contidos 4.1 Bloque 1. Comunicación oral 4.2 Bloque 2. Comunicación escrita 4.3 Contidos da Unidade didáctica 5. Criterios de avaliación. 5.1 Criterios de avaliación da Unidade Didáctica. 6. Actividades

Departamento de Inglés


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

UNIDADE DIDÀCTICA TEMA: “O mundo animal“ Etapa: 2º Ciclo de Primaria Curso: 3º Área: Inglés

1.- XUSTIFICACIÓN Neste segundo ciclo de Primaria prodúcese un contacto máis profundo coa lingua estranxeira. Este momento é realmente bo para que o alumno/a adquira unha actitude favorable cara a súa aprendizaxe, poida tomar conciencia da súa capacidade persoal, as súas posibilidades de éxito e de sensibilización á lingua e á cultura. È un ciclo rico en relacións persoais cos compañeiros e cos adultos, a través do xogo, a comunicación, o diálogo e o traballo cooperativo favorécese a participación , a responsabilidade, o respecto a os dereitos dos demais, a tolerancia e o sentido crítico. A área se lingua estranxeira está comprometida en preparar a alumnos/as para que adquiran os coñecementos da lingua e teñan a capacidade de utilizala para comprender, falar, ler e escribir.Isto explica un enfoque comunicativo orientado á adquisición da competencia lingüística.

Esta unidade didáctica está pensada para poñer en práctica no terceiro curso de primaria, no segundo ciclo. Na unidade tratáranse de realizar actividades de diversos bloques de contidos e intentando tocar temas da vida cotiá dos nenos/as para que a aprendizaxe resulte más ameno. 2.- REFERENTES LEXISLATIVOS • Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. • Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

3.-OBXECTIVOS

3.1 Obxectivos da etapa:

- Adquirir en , o menos nunha lingua estranxeira a competencia comunicativa básica que lles permita expresar e comprender mensaxes sinxelas e desenvolverse en situacións cotiás. - Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e outros non tan próximos pero igualmente importantes

e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu

coidado

3.2 Obxectivos de área:

1-Escoitar e comprender mensaxes orais, en diferentes contextos de comunicación, e realizar tarefas concretas e diversas adoptando una actitude respectuosa e de cooperación.

2. Expresarse oralmente de forma adecuada, coherente e correcta en situacións habituais integrando procedementos verbais e non verbais, utilizando os aspectos fonéticos, de ritmo, acentuación e entoación como elementos básicos de comunicación.

3. Ler de forma expresiva e comprensiva textos diversos relacionados coas súas experiencias e intereses, extraendo información xeneral e específica de acordo cunha finalidade previa.

4. Escribir de forma adecuada, coherente e correcta, con axuda de modelos, textos diversos cunha finalidade variada relacionados coa experiencia e intereses do alumnado.

5. Utilizar con autonomía todos os medios convencionais e tecnoloxías da comunicación e a información para obter e presentar información diversa e para comunicarse na lingua estranxeira.

6. Valorar a lingua estranxeira e as linguas en xeral como mostra de riqueza cultural, e como medio de comunicación e entendemento entre persoas de procedencias, linguas e culturas diversas evitando calquera tipo de discriminación e de estereotipos lingüísticos.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

7. Manifestar una actitude receptiva, interesada e de confianza na propia capacidade de aprendizaxe e uso da lingua estranxeira e utilizar os coñecementos e as experiencias previas con outras linguas para unha adquisición máis rápida, eficaz e autónoma da lingua estranxeira.

8. Utilizar a lectura en lingua estranxeira como fonte de pracer e de enriquecemento persoal.

3.3 Obxectivos da Unidade:

- Identificar e nomear 20 animais. - Identificar e nomear 4 hábitats. - Diferenciar animais que viven en cada hábitat. - Introducir os artigos indeterminados a/an. - Introducir o verbo “can” - Identificar e recoñecer as accións que poden facer os animais. - Aprender a recoñecer os animais polos sons que emiten. - Realizar actividades escritas, practicando a comprensión e a expresión e consolidando así o vocabulario e as estruturas da unidade - Escoitar, ler e cantar unha canción, practicando todo o vocabulario e estruturas da unidade. - Aprender como viven e que comen os animais nos diferentes hábitats. - Realizar pequenos intercambios comunicativos para practicar as estruturas lingüísticas (Where`s the...?, In the....,I can...It can...,What`s this...? Is It a...?)

4.-CONTIDOS

4.1 Bloque 1. Comunicación oral:

Escoitar - Escoita e comprensión de instrucións ou explicacións, interaccións orais dirixidas ou gravacións en soporte audiovisual e informático para extraer información global e algunha específica.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

- Desenvolver estratexias básicas para apoiar a comprensión: asociación de palabras e expresións con elementos xestuais e visuais; uso de aspectos fonéticos, do ritmo, acentuación e entoación; e dos coñecementos previos das linguas que coñece.

- Uso da repetición, memorización e observación de modelos, para a adquisición de léxico e estruturas elementais da lingua previamente utilizadas.

Falar - Reprodución e produción de textos orais en representacións, cancións,recitados, dramatizacións, interaccións dirixidas...

- Desenvolvemento de estratexias básicas para apoiar a expresión oral: contexto visual e non verbal e uso de aspectos fonéticos, do ritmo, acentuación e entoación; dos coñecementos previos das linguas que coñece.

- Recoñecemento e uso de léxico, formas e estruturas básicas propias da lingua estranxeira, previamente utilizadas.

- Uso de fórmulas habituais de saúdo, nominación, felicitación e participación activa en rutinas, representacións, cancións, recitados, dramatizacións.

Conversar - Interacción oral en situacións reais ou simuladas dando respostas verbais e non verbais que esixan elección entre un repertorio limitado de posibilidades, en contextos progresivamente menos dirixidos.

- Valoración da lingua estranxeira como instrumento para comunicarse e interese por utilizala en situacións variadas.

- Interese por coñecer información sobre as persoas e a cultura dos países onde se fala a lingua estranxeira.

- Coñecemento de algunhas similitudes e diferenzas nas costumes cotiáns e uso das formas básicas de relación social entre os países onde se fala a lingua estranxeira e o noso.

- Actitude receptiva cara as persoas que falan outra lingua e teñen unha cultura diferente à propia.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

- Confianza na propia capacidade para aprender unha lingua estranxeira e gusto polo traballo cooperativo.

- Reflexión sobre a propia aprendizaxe e aceptación do erro como parte do proceso.

4.2 Bloque 2. Comunicación escrita:

Ler - Asociación de grafía, pronunciación e significado a partir de modelos escritos, expresións orais coñecidas e establecemento de relacións analíticas grafía-son.

- Lectura e comprensión de diferentes textos, en soporte papel e dixital, adaptados à competencia lingüística do alumnado, para utilizar información global e específica, no desenvolvemento dunha tarefa ou para disfrutar da lectura.

- Uso guiado de estratexias de lectura (utilización dos elementos do contexto visual e dos coñecementos previos sobre o tema ou a situación transferidos dende as linguas que coñece), identificando a información máis Importante, deducindo o significado de palabras e expresións non coñecidas.

- Uso de medios gráficos de consulta e información e das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías.

Escribir - Uso de estratexias básicas da produción de textos sinxelos (elección do destinatario, propósito, planificación, redacción do borrador, revisión do texto e versión final) utilizando expresións e frases moi coñecidas oralmente, para transmitir información, ou con diversas intencións comunicativas.

- Uso das tecnoloxías da información e a comunicación para ler, escribir e transmitir información.

- Interese polo coidado e a presentación dos textos escritos.

4.3 CONTIDOS DA UNIDADE DIDÁCTICA •

5 animais da granxa(Pig, sheep, cow, horse, duck)

5 animais do océano(shark,dolphin,seahorse,lobster,octopus)


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

5 animais da xungla(elephant,monkey, tiger, lion, parrot)

5 animais do bosque(Bear,rabbit,deer, forg,wolf)

4 hábitats( farm, ocean, jungle, forest)

Accións( swim, run, fly,jump)

Características dos animais( wings, feathers, tail, spots,stripes)

Adxectivos(long, short, big, small)

Estructuras básicas: What`s this? Is It a/an...? Where`s the...? In the... It can... Linguaxe receptiva: What colour is It? Where does It live? Vocabulario de repaso: •

Partes do corpo(face: eyes, ears, nose, mouth), hair, legs, tail)

Colours

a/an

Gramática: Verbo “can”

5.-CRITERIOS DE AVALIACIÓN 1. Manter conversacións cotiá¡s e familiares sobre temas coñecidos en situacións de comunicación predicibles, respectando as normas básicas do intercambio, como escoitar e mirar a quen fala.

2. Captar o sentido global e Identificar informacións específicas en textos orais variados emitidos en diferentes situacións de comunicación.

3. Usar formas e estruturas básicas propias da lingua estranxeira incluíndo aspectos de ritmo, acentuación e entoación en diferentes contextos comunicativos de forma significativa.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

4. Ler e localizar información explícita e realizar inferencias directas en comprender textos diversos sobre temas de interese.

5. Elaborar textos escritos atendendo al destinatario, o tipo de texto e à finalidade, tanto en soporte papel como dixital.

6. Usar algunhas estratexias para aprender a aprender, como facer preguntas pertinentes para obter información, pedir aclaracións, utilizar dicionarios bilingües e monolingües, acompañar a comunicación con xestos, buscar, recompilar e organizar información en diferentes soportes, utilizar as TIC para contrastar e comprobar información, e identificar algúns aspectos que lle axudan a aprender mellor.

7. Valorar a lingua estranxeira como instrumento de comunicación con outras persoas, como ferramenta de aprendizaxe e mostrar curiosidade e interese cara as persoas que falan a lingua estranxeira.

8. Mostrar interese e curiosidade por aprender a lingua estranxeira.

9. Ler por propia iniciativa diferentes tipos de textos, usar e manexar con soltura as bibliotecas, videotecas, etc. e comprender os mecanismos e procedementos de organización e selección de obras e outros materiais. Colaborar no coidado e mellora dos materiais bibliográficos e outros documentos dispoñibles na aula e no centro.

5.1 CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA

Os alumnos/as ao final desta unidade deben ser capaces de:

Nomear e identificar en inglés os animais propostos.

Nomear e identificar en inglés os hábitats propostos.

Recoñecer e reproducir aspectos sonoros, de ritmo, acentuación e entoación de expresións que aparecen en contextos comunicativos habituais.

Disfrutar escoitando as historias en inglés.

Pronunciar correctamente o vocabulario aprendido.

Consolidar o vocabulario básico da unidade.

Recoñecer a importancia de axudar a outros cando o necesitan.

Proporcionar a os nenos/as unha oportunidade de avaliar o seu progreso( Portfolio)

Ampliar os coñecementos sobre os animais.


CEIP As Covas- Meaño

Unidade Didáctica 3º Primaria

Departamento de Inglés

Comezar a desenvolver interese en ler en inglés.

Consultar e utilizar os recursos que ofrece a biblioteca escolar.

Consultar e utilizar recursos en soporte dixital.

6.-ACTIVIDADES:

Presentación en Power Point dos animais e os hábitats.

Xogo para reforzar o vocabulario novo.

Actividades de relacionar e escribir para practicar o vocabulario a aprender.

Exercicios orais e escritos para practicar as estruturas novas.

Exercicios de relacionar os animais e o seu color.

Exercicios de relacionar os animais e o seu hábitat.

Exercicios para aprender con xestos accións que poden facer os animais dados.

Actividades de ordenar, unir,completar...

Actividades para buscar palabras nunha sopa de letras.

Exercicios de describir animais para practicar o aprendido.

ACTIVIDADES DA UNIDADE DIDÁCTICA


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.