COMUNICADO 25N 2022

Page 1

NOTA DE PRENSA ASOCIM RECIBE O MENINAS 2022: “ÁS PROFESIONAIS DOS CIM QUE TRABALLAN DÍA A DÍA PARA MELLORAR A SITUACIÓN DAS VÍTIMAS E DE TODAS AQUELAS MULLERES VULNERABLES” •

ASOCIM reivindica a implicación das traballadoras dos CIM na erradicación da violencia de xénero desde a formación especializada en igualdade

23 de novembro, 2022 – A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller (ASOCIM) vén de

recoller un dos premios Meninas 2022, concedidos pola Delegación do Goberno en Galicia. Un galardón co que se recoñece o traballo das e dos profesionais dos Centros de Información á Muller (CIM) na loita activa pola igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e o labor que desenvolve esta asociación na reivindicación e defensa dos centros e do seu persoal contribuíndo “a que a cidadanía coñeza o seu traballo e aumente a súa sensibilidade cara as cuestións de igualdade e de prevención da violencia machista". “Ás profesionais dos CIM que traballan de forma calada e discreta día a día para mellorar a situación das vítimas e de todas aquelas mulleres vulnerables; por todas as compañeiras que creron necesaria a fundación dunha asociación profesional para defender os nosos dereitos, que redundan no beneficio das mulleres; a todas as vítimas porque para elas traballamos, é a nosa razón de ser”, dicía Montserrat González, presidenta de ASOCIM, encargada de recoller o galardón no acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos. Un premio que para esta entidade supón un impulso “para continuar pelexando na primeira liña polo que é xusto: a igualdade entre homes e mulleres” e “buscar un mellor presente e futuro para o noso colectivo”. Esta asociación profesional, nada a finais do 2015, representa a máis de medio centenar de Centros de Información á Muller galegos e traballa desde a súa fundación por visibilizar e poñer en valor o traballo das/os profesionais dos CIM, incidindo na necesidade de reforzar os centros con recursos humanos e materiais. Aproveitando este acto e a vésperas do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, ASOCIM reivindica a implicación e traballo das profesionais dos CIM galegos na erradicación da violencia de xénero desde a formación especializada en igualdade. No que levamos de ano, o número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no noso país ascende a 38, a 1.168 desde 2003, e o dos menores a 2, 48 desde o ano 2013, cando se comezaron a contabilizar. Os CIM son centros de referencia para a atención especializada das mulleres vítimas da violencia machista, garantir a calidade do servizo con suficientes medios persoais e materiais é fundamental. A Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller no seu manifesto deste 25N tamén pon o foco no aumento das violencias machistas entre os máis novos. A hipersexualización do corpo feminino, a cultura da violación, a pornografía ou o mito do amor romántico sumados á utilización das redes sociais e de


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
COMUNICADO 25N 2022 by ASOCIM - Issuu