COMUNICADO
ASOCIM REIVINDICA O DEREITO Á SAÚDE DO PERSOAL TÉCNICO
DOS CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER
• A asociación denuncia a saturación dos CIM
08 de marzo, 2023 – Co motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller (ASOCIM) incide na necesidade de coidar ás profesionais dos CIM, garantindo o respecto aos seus dereitos laborais
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230308202348-364b6cda08b8e0aba86f65b0e39465ff/v1/e0be08f6428a01369f82c8989ef39ad0.jpeg)
A entidade, que aglutina ás técnicas dos centros, denuncia a sobrecarga de traballo á que teñen que facer fronte desde os CIM, o que está a repercutir na súa saúde. Cun cadro de persoal insuficiente e unha excesiva burocratización, o desgaste físico e psicolóxico do persoal é patente desde hai anos, unha situación que as administracións competentes deben resolver xa.
Desde ASOCIM sinalan o risco psicosocial que representa o seu traballo, pois ao igual que o persoal sanitario, a atención ás usuarias dáse nun contexto de máxima complexidade que esixe un grande esforzo mental. Se a isto lle engadimos unha xornada laboral superior á estipulada e a dispoñibilidade para atender cuestións de carácter administrativo e de coordinación, obtemos un persoal e un servizo totalmente saturados e esgotados. Co que urxe contemplar este risco á hora de clasificar os Centros de Información á Muller na Relación de Postos de Traballo (RPT) dos concellos.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230308202348-364b6cda08b8e0aba86f65b0e39465ff/v1/737a412a26989d9ee2ad69dc5c0b4186.jpeg)
O Decreto 30/2016 segue a incumprirse de moitas e diferentes formas, por exemplo ao non cubrirse as baixas laborais. E as figuras mínimas que establece o decreto de 2004 que regula os CIM -e que se manteñen no decreto de 2016-, unha avogada e unha psicóloga, é escaso á hora de prestar este servizo. Cómpre incluír canto antes persoal de apoio para a atención das tarefas administrativas, así como outros perfís especializados en Igualdade.
Os CIM son fundamentais
Os Centros de Información á Muller de Galicia teñen un papel fundamental na atención ás mulleres vulnerables, prioritariamente ás vítimas de violencia de xénero. Só con CIMs ben dotados de recursos humanos e materiais será posible facer un traballo efectivo á hora de eliminar a violencia contra as mulleres e de apoiar e orientar ás vítimas, articulando procesos efectivos de asesoramento xurídico, de atención psicolóxica, e de orientación profesional e sociolaboral.
DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230308202348-364b6cda08b8e0aba86f65b0e39465ff/v1/e0be08f6428a01369f82c8989ef39ad0.jpeg)
Tlfno: 636 792 073 / 616 70 31 86
Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com
Facebook Instagram
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230308202348-364b6cda08b8e0aba86f65b0e39465ff/v1/c65dbcfffca9fb2df63694d23cddaba7.jpeg)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/230308202348-364b6cda08b8e0aba86f65b0e39465ff/v1/0183ac0e9527b72f3167fc234fb19cc8.jpeg)