COMUNICADO SOBRE A APERTURA DO SERVIZO DE APOIO FAMILIAR
A ESTRADA, 10 de decembro, 2019
A asociación que agrupa aos técnicos e técnicas dos CIM de Galicia (ASOCIM) quere trasladar a súa preocupación pola posta en marcha do Servizo de Apoio Familiar (SAFIM), impulsado pola Asociación Galega de Pais e Nais Divorciados co apoio económico da Xunta de Galicia. O colectivo mostra o seu total rexeitamento ante a recentemente apertura do SAFIM ao considerar que o servizo de mediación e coordinación parental, tal e como propoñen, podería poñer en risco o benestar dos menores ao influír no transcurso do proceso xudicial, no cal se decide a adxudicación da custodia e/ou réxime de visitas. Un servizo, ademais, que carecería dun elemento fundalmental: a imparcialidade, ao ser as propias persoas integrantes da Asociación Galega de Pais e Nais Divorciados, as cales están ou estiveron involucradas en procedementos xudiciais, as responsables da selección do persoal. Recordemos que o colectivo maniféstase tanto en contra da Lei de Violencia Xénero e da Lei de Igualdade, ao considerar que atentan contra os dereitos humanos. Así mesmo, esta organización considera que a mediación sempre será positiva sempre e cando as partes implicadas queiran sumarse a ela de xeito voluntario e non exista ningún indicio de violencia de xénero ou maltrato infantil e volve indicir no rexeitamento da figura do coordinador parental, asentado na negación destas dúas problemáticas sociais. Por todo o anteriormente exposto, ASOCIM decide adherirse ao comunicado en contra do Servizo de Apoio Familiar que a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) fixo público a pasada semana, un manifesto que conta co respaldo doutros 28 colectivos.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com