Entrevista ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Page 1

Coñecendo ao Colexio de Xornalistas

Entrevista ASOCIM

ASOCIM conversa con Sonia Vizoso, vicedecana 1ª do Colexio de Xornalista e Eliana Martíns, vogal do mesmo organismo


Desde a publicación da Declaración de Compostela, que recolle unha serie de recomendacións para o tratamento informativo da violencia de xénero, pasaron 17 anos. En que están a fallar os medios galegos en relación aos postulados recollidos na Declaración? A Declaración de Compostela son 11 puntos e entre os menos

respectados está o dereito á intimidade e a dignidade das persoas agredidas, especialmente en casos de gran repercusión, e a persistente ausencia de fontes expertas. Sobre este último punto, séguese recorrendo a testemuñas veciñais que non aportan información fiable. Tamén detectamos unha banalización da violencia machista sobre todo cando a agredida é, por exemplo, unha muller prostituída. O Colexio reciben moitas queixas pola mala abordaxe desta problemática social nos medios? De ser así, cal é o proceso que seguen a continuación e que resultados obteñen? Que impacto ten isto para o medio en cuestión? Saben se esas reclamacións lles chegan ás redaccións e como actúan ante elas?

Recibimos algunhas queixas. Nestes casos actuamos en función das nosas competencias, tendo en conta que a colexiación no xornalismo non é obrigatoria e non temos capacidade de sanción. A nosa intervención sempre é molesta para os medios e, como estamos convencidas de que a formación é fundamental para evitar a mala praxe, imos impulsar nas redaccións cursos de tratamento da violencia machista. Animamos aos medios a que aproveiten esa formación que lles imos ofrecer grazas a un


convenio coa Xunta para crear a figura de editora de xénero, unha xornalista especializada que velaría por ofrecer aos lectores ou á audiencia unha información respectuosa coa igualdade de xénero.

Lembrando a campaña que se lanzara desde esta entidade para denunciar o tratamento machista das informacións, que dúas novas leron, viron ou escoitaron recentemente que deberían levar o cancelo #NonDifundasMachismo á beira do titular? E outras dúas merecedoras do

cancelo #Xornalismo-Feminista?

#NonDifundasMachismo: “¿Influye la luna? Tomás Gimeno se llevó a sus hijas y David Oubel mató a las suyas en dos días de plenilunio” / “D., el presunto agresor principal de Samuel Luiz que estaba “cegado” por su novia” #XornalismoFeminista: Por exemplo, as dúas reportaxes que fan análises diferenciais sobre o impacto da pandemia segundo o xénero: “La pandemia estanca los planes de igualdad en Galicia y castiga el empleo femenino” / “A pandemia agrava a fenda de xénero na ciencia”


É moi habitual que nos sucesos se caia en malas prácticas, mentres que cando se analiza o impacto que ten o xénero en aspectos da vida, da saúde, da economía saen pezas que teñen un efecto visibilizador da desigualdade. No mes de novembro do ano pasado, o Colexio acordaba coa Consellería de Emprego e Igualdade deseñar unha batería de actividades formativas especializadas en perspectiva de xénero para xornalistas, cales son eses coñecementos que é preciso que adquiran as e os profesionais da comunicación?

Existe un amplo consenso científico sobre o que non se debe facer e é preciso que esas liñas vermellas estean claras para toda a redacción, dende o primeiro ao último membro e sexa cal sexa a súa idade, posto ou formación. As informacións non poden revitimizar á muller agredida ou

asasinada, non deben banalizar as violencias e deben abordalas como un atentado contra os dereitos humanos e un problema estrutural. Tamén somos conscientes de que mesmo os xornalistas que xa teñen interiorizadas estas premisas, que son cada vez máis, afrontan dúbidas no día a día á hora de conciliar os frenéticos ritmos de traballo co especial coidado que se debe ter nestas informacións. Arrastramos moitas décadas de mala praxe, moito machismo evidente e outro máis camuflado. Por iso a formación é fundamental.


No Colexio contan cunha Comisión de Igualdade?

No Colexio non temos unha comisión de igualdade porque a igualdade para nós é un asunto transversal que impregna toda a nosa actuación.

Estamos traballando nun proxecto específico para poder desenvolver co alumnado obradoiros que permitan abordar a perspectiva feminista desde os contidos xornalísticos

Desde hai anos desenvolven xunto á Obra Social 'la Caixa' a iniciativa Xornalismo na Escola "la Caixa” dirixida ao alumnado de secundaria co propósito de introducilo no eido dos medios de comunicación, está presente a perspectiva de xénero nestes talleres? Pensan poñer en marcha algunha formación especializada neste tema? Estamos traballando nun proxecto específico para poder desenvolver co

alumnado obradoiros que permitan abordar a perspectiva feminista desde os contidos xornalísticos. A iniciativa foi presentada á Deputación da Coruña con moi boa acollida e confiamos en presentala pronto e que poida chegar a moitos centros. A intención é que os mozos e mozas coñezan como se perpetúa o machismo no xornalismo, creando así unha audiencia crítica, e ao mesmo tempo identifiquen os estereotipos que perpetúan a desigualdade na nosa sociedade.


Detectan no estudantado un sentir crítico cos mandatos de xénero e a violencia machista? Obviamente, a situación mudou nos últimos anos. A formación que había

ata hai pouco reducíase á Declaración de Compostela e arestora segue a haber unha necesidade de formación especializada. Moitos prexuízos veñen da nosa propia socialización. É un proceso no que todas, nós tamén, estamos aprendendo e desaprendendo á vez.


Segundo unha enquisa realizada pola Federación Internacional de Xornalistas, a crise derivada da COVID-19 incrementou as desigualdades de xénero nas redaccións, cre que pesan máis as voces dos homes nos medios de comunicación?

Sen dúbida. En Galicia, só hai dúas directoras de xornais e a primeira da historia, Carmen Merelas, foi nomeada hai só 11 anos. As cúpulas das redaccións están lonxe de ser paritarias e un traballo de Xornalistas Galegas que analizou 27.000 artigos de opinión publicados na prensa galega ao longo do ano 2018 cifrou en só un 15,5% os asinados por mulleres.

Con todo, considera que a cuarta ola feminista está a chegar aos medios? Existe vontade por aplicar a perspectiva de xénero? Están mudando cousas. No 2018 naceu Xornalistas Galegas, unha

organización que está a facer moito por visibilizar o machismo que persiste nos medios e por unir as mulleres dentro das redaccións. Isto último é moi importante para facer forza e vencer a resistencia aos cambios que son necesarios para camiñarmos cara a igualdade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.