“ANTE A VIOLENCIA MACHISTA QUE NON CESA, OS CIM MANTÉMONOS EN LOITA"

Page 1

NOTA DE PRENSA MARGARITA DE LA CALLE, PRESIDENTA DE ASOCIM: “ANTE A VIOLENCIA MACHISTA QUE NON CESA, OS CIM MANTÉMONOS EN LOITA”  Coa mirada posta no 25N, a asociación reclama reforzar os Centros de Información á Muller polo labor fundamental de atención especializada que levan a cabo A ESTRADA, 21 de novembro, 2019 – • No que levamos de ano 51 mulleres foron asasinadas a mans das súas

parellas ou exparellas en España, unha cifra que xa supera ao total rexistrado en 2018 (50), segundo as últimas estatísticas da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero; que non contabilizan os crimes machistas cuxo autor non mantivera unha relación sentimental coa vítima. Estes datos tan só son a última consecuencia dunha problemática social de fondas raíces, que é necesario visibilizar, e que pon de relevo a necesidade de seguir artellando unha rede de atención ás vítimas de violencia de xénero. “Ante a violencia machista que non cesa, os CIM mantémonos en loita”, asegura Margarita de la Calle, presidenta de ASOCIM (Asociación de Profesionais dos CIM de Galicia). Desde o colectivo reclaman reforzar os Centros de Información á Muller con máis persoal e medios ao tratarse do “recurso especializado de primeira man” ao que teñen acceso as mulleres. Unha reivindicación á que se suma a necesidade de aumentar a presenza deste servizo de atención e protección nas zonas rurais e redistribuír os fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, fixando maiores partidas para as axudas destinadas ás vítimas, tanto en contía como en cobertura temporal, como para aqueles municipios que contan cun CIM; co obxectivo de incentivar a súa creación. Coa conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o vindeiro luns 25 de novembro, no horizonte, ASOCIM chama a promover campañas de sensibilización e concienciación que poñan o foco no agresor machista e afonden nas diversas formas que existen de violencia de xénero (psicolóxica, sexual, física, económica). Accións imprescindibles para desactivar, en palabras de Margarita de la Calle “o auxe de ideas retrógradas que pensabamos superadas”. Neste sentido, o papel dos medios de comunicación vólvese fundamental; por iso, é necesario que informen desde a responsabilidade e o compromiso cunha sociedade libre de violencia machista.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 616 703 186 / 636 792 073 | Correo electrónico: prensaasocim@gmail.com / asociacionprofesionaiscim@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.