Violencia de xénero e Xustiza en tempos de pandemia Reportaxe ASOCIM
ASOCIM conversa coa maxistrada Paz Filgueira e a fiscal Pilar Fernández sobre a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero durante a crise sanitaria e o estado da Xustiza en relación a esta problemática social Xa son 25 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas no que levamos de ano, segundo datos do Ministerio de Igualdade. Os colectivos feministas levan tempo reivindicando que as estatísticas da Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero recompilen todos os casos de violencia machista, independentemente da relación que tiveran as vítimas e os agresores. Unha petición que segue sen atenderse a pesar de que se trata dun “imperativo do Convenio de Istambul, asinado por España en 2014”, tal e como apunta a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, Paz Filgueira. “A lei integral debe de estender a súa regulación a todos os supostos de violencia contra a muller polo feito de ser muller e iso implica a recollida e tratamento de datos polo Observatorio contra a Violencia de Xénero, o que nos permitiría un verdadeiro coñecemento da dimensión do problema, especialmente no relativo ás agresións sexuais e á trata de mulleres”, asegura a fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adscrita en violencia de xénero en Santiago de Compostela, Pilar Fernández. Filgueira coincide en que esta recollida de información “modificaría as cifras e a perspectiva da realidade dunha forma substancial”. O estado de alarma obrigou a moitas mulleres a confinarse cos seus agresores durante semanas, o que se traduciu en 29.700 peticións de axuda, desde o 14 de marzo ao 20 de xuño, un 57% máis respecto ao mesmo período en 2019. Das cales, 26.417 foron chamadas telefónicas realizadas ao 016. O aumento destas solicitudes veu aparellado do descenso das denuncias, un 10% menos entre xaneiro e marzo deste ano respecto ao primeiro trimestre de 2019. Durante eses meses os servizos de
atención ás vítimas de violencia de xénero foron declarados de esenciais e continuaron a funcionar, cobrando forza os medios telemáticos. Fernández ve a tecnoloxía como “un instrumento de traballo, sempre que se utilice para mellorar a prestación do servizo e se utilicen plataformas que garantan un bo funcionamento e seguridade”. Nesta liña tamén se sitúa a xuíza de Vigo ao valorar o “avance nas tramitacións” que implica o online, especialmente “en materia de prestacións económicas de axudas en alugueiros, residencia e similares”. Con todo, o trato presencial vólvese imprescindible, sobre todo nun primeiro momento, para, en palabras dela “dar seguridade e fiabilidade de todo o sistema ante unha potencial vítima de violencia de xénero”. Preguntadas polas carencias que detectaron nos servizos de atención a mulleres e menores durante o confinamento, a fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera que non pode avalialos adecuadamente ao non recibir nin na Fiscalía nin no Xulgado de Violencia de Xénero da capital galega “informes dos servizos sociais que nos permitan avaliar a eficacia das medidas adoptadas; hai unha falta total de conexión”. Pola súa banda, a xuíza de Vigo chama a realizar “estatísticas rigorosas” para estudar o que sucedeu neses meses e que provocou unha caída das denuncias co obxectivo de “evidenciar o que acontece para poder paliar estes efectos no futuro”. Un descenso que achaca “á falta de incentivos para denunciar” é a imposibilidade “de actuar por parte das vítimas a pesar de contar con comisarías e xulgados; o fallo estriba na necesidade de tramitación das axudas económicas, así como na falta de centros de acollida ou de emerxencia dispoñibles”. Desde a Xunta de Galicia destináronse 157 aloxamentos turísticos para o acollemento temporal de persoas afectadas pola crise do coronavirus, entre elas vítimas de violencia de xénero. Unha medida que non lles acaba de convencer ás xuristas ao tratarse dun espazo pouco apropiado para atender as necesidades de mulleres e menores que precisan dunha atención experta que lles permita “realizar unha vida normalizada”, anota Pilar Fernández. “Os hoteis deben ser unha segunda opción (despois dos centros de emerxencia e as casas de acollida)
O Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra a muller e a violencia doméstica, coñecido como Convenio de Istambul, é, segundo o Consello de Europa, “o tratado internacional de maior alcance para facer fronte a esta grave violación dos dereitos humanos. Ten por obxecto establecer unha tolerancia cero con respecto a este modo de violencia, e representa un avance importante para facer que Europa e outras partes do mundo sexan máis seguros”. Os datos plasmados ao longo do documento pertencen ao Observatorio contra a Violencia de Xénero.
O período de confinamento incrementa o risco dun maior conflito, pero tamén supón un maior control sobre ás mulleres polas súas parellas, polo que diminúen as denuncias, o que non implica que diminuísen as situacións de conflito por defecto de cota ou por un motivo xustificado, pero non unha opción asumible especialmente nun caso con risco grave ou moi grave”, contempla Filgueira. Os fogares constitúen o escenario principal no que teñen lugar as agresións e neles cométense tres de cada catro crimes machistas. O feito de ter convivido as 24 horas do día co agresor, sen opción a relacionarse con outras persoas e de contar con momentos sen a súa presenza, levou a moitas mulleres a buscar axuda a través dos medios telemáticos, ben foran chamadas telefónicas, correos electrónicos, os números de WhatsApp habilitados para tal fin ou consultas en páxinas web. Non obstante, as denuncias, como se anunciou anteriormente, sufriron unha caída. “O período de confinamento incrementa o risco dun maior conflito, pero tamén supón un maior control sobre ás mulleres polas súas parellas, polo que diminúen as denuncias, o que non implica que diminuísen as situacións de conflito”, expón a fiscal do TSXG. Tralo desconfinamento e xa na nova normalidade ponse a vista sobre o posible repunte de casos de violencia machista. Un repunte que, como explica a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, “é en certa forma a evidencia de violencia latente e que estruturalmente radica en toda sociedade, e, polo tanto, a visibilización do que acontece realmente”. E volve incidir na utilidade dunhas estatísticas “pormenorizadas sobre os factores que concorren en cada caso” e como estes interactúan nunha situación de confinamento. O SISTEMA XUDICIAL A formación en xénero é un asunto transversal e como tal abrangue desde o sistema xudicial, administrativo, sanitario, educativo, implicando a toda a sociedade. Para Pilar Fernández “debe de ser unha formación obrigada desde os primeiros anos de ensino e aplicada a todos os ámbitos”. Unha visión que comparte Paz Filgueira e que exemplifica do seguinte xeito: “A non discriminación por razón de sexo é un principio inspirador de todo o ordenamento e de nada vale condenar e investigar a trata ou a explotación sexual no ámbito penal senón se canaliza a súa condena a todos os niveis contencioso administrativo no ámbito de licenzas de locais ou situacións similares de policía administrativa, así como (dende o ámbito laboral onde se debe recordad que non é unha profesión por conta allea que poida ser recoñecida como relación laboral. E isto é un labor non só lexislativo senón
Os estereotipos sociais que existen na actualidade fan mella en todas as ordes, incluídas os xudiciais
tamén de aplicación da normativa e da formación estrita de como o sistema trata ás mulleres e aos menores, se deben evitar situacións de discriminación a todos os niveis e que os meno-res sufran consecuencias prexudiciais”. A maxistrada tampouco se esquece do papel dos axentes socializadores neste asunto (medios de comunicación, o sistema cultural, as campañas da administración pública) e a responsabilidade que teñen para con el. A aplicación da perspectiva de xénero é primordial para que este engrenaxe funcione. Se a xurista estadounidense Catherine Mackinnon afirmaba que “o dereito trata ás mulleres como os homes ven e tratan ás mulleres”, que cambios debería introducir Xustiza para mudar esta situación? Fernández aposta como primeira medida deixar de desconfiar “de todo o que denuncian as mulleres” e prestar atención “ao que están a demandar a nivel social para que se garanta un trato digno e igual”. Para Filgueira a chave radica nunha formación interdisciplinar “estrita e rigorosa, non só legal, senón tamén sociolóxica, psicolóxica e de índole socioeconómica”. “A pesar de que existen avances a nivel xurisprudencial, esencialmente en casos de violencia sexual, como podemos ver en sentenzas moi sinaladas na actualidade, faltan moitos eidos nos cales non se alcanza unha visión estrutural do que acontece na sociedade, senón que se resalta o imaxinario social de forma constante. Parcelas como as de dereito de familia tamén se encallan na perspectiva de xénero e moitas veces cáese en interpretacións que non favorecen ao sexo discriminado en cuestión tan elementais como as económicas, baseándose en falsos mitos como que xa existe igualdade. Os estereotipos sociais que existen na actualidade fan mella en todas as ordes, incluídas os xudiciais”, explica. Nesta liña, a xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo considera que a Xustiza “ten moitas fendas abertas” nesta materia: “Aínda que existen avances inmensos, a maioría impulsados por normativa e xurisprudencia de nivel europeo que vincula a España, non se acaba de alcanzar de forma precisa e clara a perspectiva de xénero tan necesaria”. A falta de formación e de medios nos diferentes elos da cadea poderían explicar este panorama. Para a fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para que a Xustiza sexa xusta deber ir “adaptándose e reciclándose,
como establece a profesora de filosofía ética Begoña Román, non é suficiente con que cada profesional asuma a súa responsabilidade, senón que hai que ir máis alá e debe haber unha ética que explicite uns valores reitores”. Cre, ademais, que “o procedemento penal ,decimonónico, non é o adecuado para liquidar este tipo de cuestión”. De feito, as mobilizacións do pasado 25-N puxeron o foco na “violencia xudicial” e o Defensor do Pobo alertou de “fallos” no sistema de protección a vítimas de violencia de xénero. En relación a estas eivas, Paz Filgueira pon o foco nas “numerosas medidas tanto sociais como lexislativas” que recolle o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e que non se chegaron a poñer en marcha. “Por exemplo, o Pacto de Estado indica que en caso de denuncia ou condena por delito de maltrato, da índole que sexa, non caben visitas e se isto estivese xa plasmado lexislativamente non estariamos cos procesos de visitas ou suspensión en caso de confinamento”. Aposta por paliar este tipo de déficits o máis axiña posible para evitar maiores problemas no futuro. Así mesmo, Pilar Fernández reflexiona sobre a necesaria “reforma estrutural do proceso” ante os “fallos” detectados e sobre “a posibilidade de buscar outros camiños para dar unha resposta ás demandas das cidadás” ante os deberes que deixa o coronavirus, “o malo é que aínda non estamos preparados/as para responder coa eficacia que se nos supón”. O Convenio de Istambul é outro dos acordos que, despois de case nove anos desde a súa aprobación, aínda está sen aplicar na súa totalidade. “Creo que é necesario garantir a aplicación do previsto no artigo 55, que non se faga depender exclusivamente da declaración da vítima a condena do acusado cando existan outras probas que acrediten os feitos, sempre que se constate a gravidade dos mesmos. Isto supón que seguimos facendo responsables ás vítimas do éxito ou fracaso de procedemento”, móstrase crítica a fiscal, ao igual que a xuíza: “É un tratado esencial nesta materia pero de novo por desidia ou por múltiples factores non se acaba de canalizar de forma clara”. Filgueira chama a atención sobre a falta de adecuación das estatísticas ou as medidas lexislativas e a reforma do Código Penal sobre delitos contra a liberdade sexual que segue pendente.
Creo que é necesario garantir a aplicación do previsto no artigo 55, que non se faga depender exclusivamente da declaración da vítima a condena do acusado cando existan outras Os estereotipos sociais quesempre existen nase probas que acrediten os feitos, que constate a gravidade dosen mesmos. supón actualidade fan mella todas Isto as ordes, que seguimos facendoos responsables incluídas xudiciais ás vítimas do éxito ou fracaso de procedemento
A INDEPENDENCIA ECONÓMICA E AS MULLERES DO RURAL Un sistema xudicial no que a aplicación da perspectiva de xénero sexa unha realidade é a base para garantir unha abordaxe interdisciplinar e completa das situacións de violencia de xénero polas que atravesan mulleres e menores. Nese camiño cara á ruptura do nexo do maltrato e a conquista da autonomía e o poder sobre a propia vida, as liñas de axudas xogan un papel fundamental. Prestacións que seguen a estar suxeitas á denuncia; “no canto de establecer un sistema de control de axudas e xustificación máis alcanzable, fano depender do éxito ou fracaso do procedemento que nada ten que ver, en moitas ocasións, coa necesidade real que representa”, informa Pilar Fernández. As axudas vólvense escasas, tal e como denuncia Paz Filgueira que referencia á alerta que xa fai o Programa Daphne II do Consello de Europa neste sentido, reivindicando axudas non só a curto prazo, senón a medio e longo, tanto de índole económica como vencelladas á vivenda ou a recursos psicosanitarios. “As vítimas a nivel xudicial queixábanse moito de que o apoio psicolóxico só era unha vez ao mes e só tiña a posibilidade de indicarlle que os recursos, como públicos, son escasos, pero iso non lles soluciona a situación. Os recursos e o control a todos os niveis deben ser ampliados”, conclúe a maxistrada. Mención especial merecen as mulleres do rural, unha realidade que cobra especial relevancia na comunidade galega e no caso das mulleres de maior idade, dada a gran diferenza de recursos que existen entre este espazo e o urbano, así como da súa visibilidade. “Poden estar máis illadas e, ao ser sitios máis pequenos, máis estigmatizadas”, observa a fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adscrita en violencia de xénero en Santiago de Compostela, Pilar Fernández. O anonimato que ofrecen as cidades, como di a maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, Paz Filgueira, tamén é un factor determinante á hora de presentar a denuncia. “As zonas rurais que carecen dos mesmos recursos tampouco se lles facilita o acceso a eles de forma equitativa e para cubrir tal carencia créanse unhas redes
de apoio que implican máis lazos familiares, ás veces políticos, que amparan que non se denuncie o maltrato sen que existan recursos públicos por parte das administracións para evitar estas situacións que desincentivan tanto a denuncia como calquera saída do entorno do agresor”, critica a xuíza que reclama campañas de concienciación adaptadas a cada entorno. “O Pacto de Estado lembra nunha das súas cláusulas que se erradiquen as diferenzas entre urbe e rural, por ese motivo se realiza unha maior asignación económica ás comunidades, entre elas Galicia. Agora será cuestión de realizar valoracións e estatísticas para visualizar se se consegue tal efecto ou, polo contrario, ver onde se falla neste proceso de reasignación; e isto é unha responsabilidade exclusiva da administración pública”, sentenza.
No canto de establecer un sistema de control de axudas e xustificación máis alcanzable, fano depender do éxito ou fracaso do procedemento que nada ten que ver, en moitas ocasións, coa necesidade real que representa
PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN DE ASOCIM GALICIA Tlfno: 636 792 073 | 616 703 186 Correo electrónico: prensaasocim@gmailcom / asociacionprofesionaiscim@gmail.com