Ciencia e literatura
Psicoloxía e Ética
Nas seccións de teoría da ciencia e de literatura filosófica tamén temos obras sobre mulleres científicas, obras de grandísima soa escritas por mulleres e novelas sobre os problemas da adolescencia e a adquisición da identidade.
Adolescencias por venir está escrito, en colaboración con varias/os autoras/es, por Luz Fernández García, a psicóloga e psicanalista que nos visitou estes dous últimos cursos. Divídese en dúas partes, unha de estudos sobre a adolescencia e outra sobre experiencias clínicas con persoas en busca da súa identidade, tanto social coma sexual.
.
Entre as primeiras, ademais dos clásicos Mujeres científicas de todos los tiempos e Marie Curie, la descubridora del radio, puxemos na exposición Las damas del Laboratorio, Las maestras de la República e Las olvidadas. Entre os segundos, unha obra representativa: Frankenstein, de Mary Shelley, do currículo lector de 1º Bach. unha novela da que pouca xente sabe que foi escrita por unha muller.
Sobre os problemas da adolescencia e da adquisición da identidade, a obra elixida foi Alicia a través do espello, tamén do currículo lector de 1º Bach., xunto con Alicia no país das marabillas.
BIBLIOTECA ESCOLAR IES PEDRO FLORIANI
Exposición XÉNERO E IDENTIDADE Lecturas filosóficas
Filosofía e xénero é un libro do colectivo Enxergo, que a través da editorial Xerais publicou durante anos os únicos libros de texto en galego que daban unha importancia capital á educación en valores. No Departamento de Filosofía, temos tamén un título similar: Eros, materiais para pensar o amor.
http://bibliofloriani.blogspot.com
r/ Pedro Florián, 2 - 36800, Redondela Teléfono: 986 40 19 11 Fax: 986 40 39 44
http://bibliofloriani.blogspot.com