
1 minute read
A lingua
from Quen é a nena?
by BABIDI-BÚ
Cando á nena se lle deu por arrancar todo o que tiña dentro e plasmalo nun papel, ao que o seu padriño lle chamaría… “botar a lingua a pacer”, dixéronlle que estaba tola por facelo en galego porque non ía chegar a moita xente, que se o facía en castelán de seguro ía ter máis éxito e que a ían poder ler máis persoas.
Ela quedou calada, ollou para esas persoas e díxolles que non lle importaba nin o máis mínimo, que o que realmente quería era transmitir esta serie de relatos aos que tivesen a lingua igual que a dela, porque os que non a tivesen coma ela non ían entender a meirande parte das cousas, e para escribir algo co cal ela non se fora sentir cómoda nin identificada, mellor nin facelo.
Advertisement
Por iso en galego, porque para ela soaba mellor, porque lle gustaba máis e porque era unha galega moi galega dende que nacera.
Igual que para alguén que escribise no seu día a día en castelán ou en inglés fose máis cómodo que facelo en galego.
Ela pensaba, soñaba e vía todo en galego, recordade iso.
E gustaríalle que o día de mañá existisen tantos libros, tantas películas, tantas cancións e tanta variedade de cultura como no resto de España, pero no seu idioma.
Se todos contribuísen un mínimo, seguro que se lograba, deixándose levar. Sempre. Que aínda que de primeiras semellase unha toleada, soaba moi ben ao final.
Por Galicia, polos galegos, por todos nós.