1 minute read

O lambecús

Next Article
A lingua

A lingua

Anena sempre recordará os primeiros anos da súa vida, e non precisamente porque foran bos. Simplemente tiña por obriga acudir a un inferno. Alí atopábase un monstro que, en lugar de tratar a todos os nenos por igual, o que facía era distinguir por clases sociais e empatizar cos que máis agasallos lle levaban e, pola contra, ridiculizar o resto e incluso roubarlle a merenda de media mañá para dárllela a outros nenos.

Como ía querer a nena acudir a xunto dese monstro?

Advertisement

Nunca se esquecerá de cada unha das cousas que fixo, tanto a Anxo como a Xesús, a Antía… Nenos que por medo nunca dixeron nada, ao igual que esta nena, pero que hoxe saben o que hai e que esperan que persoas coma este monstro paguen polos danos feitos.

Porque todos somos iguais, independentemente da nosa etnia, cor, status social… Todos somos persoas coas mesmas oportunidades e non temos por que pagar polas diferenzas do sistema.

O peor de todo é que este monstro é un ser que baila ao compás do goberno local, o que eu lle veño chamando un “lambecús”.

Pero a nena nese momento tiña tanto medo que nin foi capaz de aprender a ler na casa. Cando lle dicían “u”, ela dicía “a” e apartábase para atrás por medo a recibir unha labazada. E sabedes por que? Porque tiña tanto medo a este monstro que o silencio era o seu mellor amigo.

Na casa sorprendíalles a todos que fose para primeiro e non soubese ler aínda, porque ía aos sitios e era moi faladeira… O que non sabían era o maltrato que recibiran tanto ela coma os seus compañeiros.

Deberíamos fixarnos máis se os nosos pequenos mostran comportamentos raros e afondar no porqué. Igual nos atopamos algunha que outra sorpresa.

O que non podemos permitir é que isto siga pasando. A este monstro imos chamarlle “maltrato escolar”.

This article is from: