Quen é a nena?

Page 6

María Pájaro

A lingua

Cando á nena se lle deu por arrancar todo o que tiña dentro e plasmalo nun papel, ao que o seu padriño lle chamaría… “botar a lingua a pacer”, dixéronlle que estaba tola por facelo en galego porque non ía chegar a moita xente, que se o facía en castelán de seguro ía ter máis éxito e que a ían poder ler máis persoas.

Ela quedou calada, ollou para esas persoas e díxolles que non lle importaba nin o máis mínimo, que o que realmente quería era transmitir esta serie de relatos aos que tivesen a lingua igual que a dela, porque os que non a tivesen coma ela non ían entender a meirande parte das

cousas, e para escribir algo co cal ela non se fora sentir cómoda nin identificada, mellor nin facelo.

Por iso en galego, porque para ela soaba mellor, porque lle gustaba máis e porque era unha galega moi galega dende que nacera.

Igual que para alguén que escribise no seu día a día en castelán ou en inglés fose máis cómodo que facelo en galego.

Ela pensaba, soñaba e vía todo en galego, recordade iso.

E gustaríalle que o día de mañá existisen tantos libros, tantas películas, tantas cancións e tanta variedade de cultura como no resto de España, pero no seu idioma.

Se todos contribuísen un mínimo, seguro que se lograba, deixándose levar. Sempre. Que aínda que de primeiras semellase unha toleada, soaba moi ben ao final.

Por Galicia, polos galegos, por todos nós.

O lambecús

Anena sempre recordará os primeiros anos da súa vida, e non precisamente porque foran bos. Simplemente tiña por obriga acudir a un inferno. Alí atopábase un monstro que, en lugar de tratar a todos os nenos por igual, o que facía era distinguir por clases sociais e empatizar cos que máis agasallos lle levaban e, pola contra, ridiculizar o resto e incluso roubarlle a merenda de media mañá para dárllela a outros nenos.

Como ía querer a nena acudir a xunto dese monstro?

Nunca se esquecerá de cada unha das cousas que fixo, tanto a Anxo como a Xesús, a Antía… Nenos que por

medo nunca dixeron nada, ao igual que esta nena, pero que hoxe saben o que hai e que esperan que persoas coma este monstro paguen polos danos feitos.

Porque todos somos iguais, independentemente da nosa etnia, cor, status social… Todos somos persoas coas mesmas oportunidades e non temos por que pagar polas diferenzas do sistema.

O peor de todo é que este monstro é un ser que baila ao compás do goberno local, o que eu lle veño chamando un “lambecús”.

Pero a nena nese momento tiña tanto medo que nin foi capaz de aprender a ler na casa. Cando lle dicían “u”, ela dicía “a” e apartábase para atrás por medo a recibir unha labazada. E sabedes por que? Porque tiña tanto medo a este monstro que o silencio era o seu mellor amigo.

Na casa sorprendíalles a todos que fose para primeiro e non soubese ler aínda, porque ía aos sitios e era moi faladeira… O que non sabían era o maltrato que recibiran tanto ela coma os seus compañeiros.

Deberíamos fixarnos máis se os nosos pequenos mostran comportamentos raros e afondar no porqué. Igual nos atopamos algunha que outra sorpresa.

O que non podemos permitir é que isto siga pasando. A este monstro imos chamarlle “maltrato escolar”.

A praia

Cando es pequena, ou non tan pequena, un dos praceres máis grandes do verán é poder ir á praia… e moito máis cando alguén maior ca ti te leva nun coche vermello, igual ca o que ti tiñas cando eras un bebé.

Poder ir coa música a todo volume, desfrutando da paisaxe galega e coa voz de Amaia Montero ou de El canto del loco, soñando con algún día conducir ti un coche similar e poder volver por eses lugares que tanto che gustaron, que non foron poucos. Era todo un planazo.

Chegar con fame á casa despois de todo o día de volta para aquí para alá, de paseos ao carón do mar, e ducharte coma se fose a última vez que o fixeses. Que pracer!

Por non falar da tortilla que xa recendía dende o baño recentemente feita e que tanto che gustaba. Eses días eran nos que mellor se durmía; o motivo non o sabía, pero era pousarse na cama e os ollos pecharse cunha forza tan grande que ata o día seguinte non se volvían abrir.

Parecía maxia, porque o resto dos días mira que daba voltas. Xa podían ser todos os días así para conseguir durmir tan ben e para comer tortilla. Por ela comeríaa os sete días da semana. Canto lle gustaba!

Pero ás veces, un monstro aparecía e todo se truncaba. Estaba xa lista, coa carteira ás costas, a merenda feita e non podía ir. Ela quería con todas as súas forzas cambiar os feitos, pero as outras palabras eran máis valiosas que as súas, deixábana en ridículo, facíana sentir mal, menosprezábana, facíana sentir culpable de cousas que non eran reais, e ao final, por non escoitar máis, por non desfacerse máis, tiña que parar a batalla: non tiña as armas suficientes nin os escudos e moito menos a forza para derrotalo.

Digamos que ao segundo monstro lle chamaremos “abusón”.

Escapamos dos fantasmas que foron acompañando a nena ata o día de hoxe.

É un libro de carácter biográfico que demostra que todos somos iguais independentemente da lingua, que ten que ser falada para evitar a súa desaparición. Da clase social que, por desgraza, non determina o valor persoal de cada quen. O libro trata da riqueza cultural dos nosos refráns e do valor de achegármonos ás persoas que realmente nos queren, afastando outras que nos desexan o mal, entre outras historias que quedan por contar.

Todas elas cunha ensinanza final, que sempre é a mesma: seremos capaces de vencer eses monstros que tanto dano nos fan.

Quen é a nena? Non vai deixarte só e será unha menciña para seguir adiante.

mirahadas.com I N S PIR I N G UC R SOI I T Y ISBN 978-84-19723-16-1 9 788419 723161

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.