[10.000 exemplares directos ás súas mans]
Número: 13 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 21 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta
FÚTBOL SALA
páx.3
O Cidade de As Burgas xógase o ascenso á división de honra do fútbol sala feminino contra o Tecuni Bilbo
ATLETISMO
páx. 6
Campos e Teijeiro vencen na 3ª edición Carreira popular Festas de O Couto
A elite do Enduro pasou por Coles e A Peroxa
Fútbol:
C.D. Ourense cobra vantaxe contra o Constancia (1-0).
páx. 2
Artigo: O deporte e a saúde, páx. 8
por Alfonso Vilachá
BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 4 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
páx. 14
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
FÚTBOL
Escasa diferenza para o Ourense polo visto no estadio de O Couto
4 O gol de Oli no minuto 92 fai ter vantaxe na eliminatoria para os de Fonsi Valverde. Os ‘rojillos’ puideron levar unha marxe máis grande ao partido de volta. R. Torres Xogadores e afeccionados de C.D. Ourense marcharon do estadio de O Couto coa satisfacción do gol de diferenza fronte ao Inca, que levarán a Baleares no segundo partido desta primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División B. Xa nos primeiros compases de encontro, ambos os dous conxuntos mostraban as súas cartas e, mentres que o Ourense saía en trom-
ba, os baleares deixaban toda a carga do xogo aos ourensáns. Pero o dominio constante dos locais non daba os seus froitos, incluso despois de que o Constancia quedara cun xogador menos sobre o céspede trala expulsión do seu dianteiro Radó, no minuto 32 de xogo, momento no que os visitantes repregaron filas sobre o seu gardamallas. Minutos antes, o colexialo perdonou unha penalti claro na área visitante sobre Quintairos. Sen máis che-
gouse ao descanso. Dominio total Na segunda metade máis do mesmo, dominio total e absoluto do Ourense que non materializaba as súas ocasión; pola súa banda, o Inca apenas inquedaba as inmediacións de Berto que era un espectador máis no Couto, no día que máis afeccionados enchían as bancadas do estadio nesta tempada, cunha afluencia de máis de 2.000 espectadores. O discorrer dos mi-
Martín segue a traxectoria do balón para controlalo na área do Constancia. /RAMSÉS
nutos traía a preocupación en xogadores, corpo técnico e seareiros, que veían como o tempo se esgotaba e o gol non chegaba a pesar das innumerables ocasións. E chegou, pero o árbitro da contienda o anulou ao entender o xuíz de liña que o balón saíra do campo no saque de esquina que botou Rafa e rematou Yebra. A pesar diso, o Ourense non desfaleceu e continuou ao seu, con ocasións que chocaban contra o gardamallas Vives, quen fixo un partido espectacular parando todos os remates dos de Fonsi Valverde ata o minuto 92, momento no que un novo saque de esquina é palmeado no primeiro pao coa man por Josu e remachado á portería por Oli no segundo pao. O delirio chega a bancada tralo gol, unha bancada que non se moveu ata o pitido final do
O encontro tivo a máximo afluencia de público de toda a liga con máis de 2.000 persoas nas bancadas
Os xogadores festexando o gol de Oli. /RAMSÉS colexiado porque sabían que o gol podería chegar en calquera momento, incluso no tempo de desconto, cando chegou. Partido de volta Renda pequena para un Club Deportivo Ourense que foi superior ao seu contrincante durante todo o encontro e xogará o próximo domingo 23 de maio en Inca a partir das 12 horas, tendo que defender esa mínima vantaxe dun gol a cero, pero que lle pode dar o pase á seguinte eliminatoria da fase de ascenso á Segunda División B.
O 1-0 chega tras un saque de esquina que peina coa man Josu e remata ás mallas Oli O partido de volta será o domingo 23 de maio, ás 12 horas, en terras baleares
Os afeccionados celebran o gol de Oli. /RAMSÉS
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
FÚTBOL SALA
Ás portas da División de Honra do fútbol sala feminino
4 O Cidade de As Burgas está a dous partidos de subir á máxima categoría do fútbol sala feminino. R. Torres Partido agónico o disputado polo Cidade As Burgas contra o Ateneo Combarro na última xornada da liga regular do grupo cuarto da División de Prata do fútbol sala feminino. Os dous equipos galegos coa vitoria poderían xogar a fase de ascenso á División de Honra, as ourensás o tiñan máis fácil, e con tan só gañar quedarían segundas e sería unha das dúas mellores segundas de todos os grupos; pola contra, o Ateneo Combarro tiña que gañar e esperar outros resultados para poder disputar a fase de ascenso. Con estas premi-
sas o partido presentábase apaixoante. E non defraudou. Entraron revolucionadas as dúas escuadras nos primeiros compases de encontro pero sen acerto de cara ao gol, máxime cando a xogadora visitante Eliana lanzou fóra un penalti. Reanudado o partido a emoción faríase palpable tanto dentro como fóra do terreo de xogo, sobre todo cando María adiantaba ao Combarro cando peor o estaban a pasar as de Manolo Codeso. Entón chegou a veteranía de Sonia, que puxo o empate no luminoso tres minutos máis tarde. Codeso e o público respiraban. As pabellonistas comenzaron
a despeegar a súa garra e o seu xogo na central dos Remedios cando expulsaron a unha contrincante e as pontevedras xogaron durante dous minutos cunha xogadora menos. Pero foi no minuto 34 de encontro (con igualdade numérica), cando Vanessa de penalti adiantaba ao cadro local, 21. A puntilla deuna Carmen no minuto 36 co 3-1 definitivo. Nos últimos intres de encontro, o Combarro volcouse ante a portería defendida por Nati con cinco xogadoras de campo, pero a porteira ourensá mostrouse un muro infranqueable, atallando incluso un dobre penalti. Ao final do partido,
Xogadoras do Cidade de As Burgas celebran o gol do empate ante o Combarro. /RAMSÉS
O encontro de ida será o sábado 22 de maio, a partir das 19 horas na cancha central dos Remedios. A volta será o 29 de maio en Bilbao
tanto equipo como afeccionados celebraron entrar no play off de ascenso. Bilbo, o rival A pesar de que se fixo sorteo, xa se sabía de antemán que o Bilbo sería o rival das pabellonistas posto que as ourensás foron segundas do seu grupo e lles tocaría disputar o play off contra un dos dous mellores primeiros dos catro grupos; eses dous conxuntos foron o Bilbo e o Cidade de Alcorcón, en tanto que o Cidade non podía xogar contra un equipo do seu mesmo grupo -Cidade de Alcorcón- non lle queda outra que xogar contra o Bilbo. O equipo vasco é un dos peores rivais que lle podían tocar ás ourensás, cedendo tan só tres derrotas en 22 encontros, sendo o máximo goleador dos catro grupos (135 goles) chegaran a este play off como as favoritas, pero as pabellonistas chegan con moita ilusión de facer algo importante e colarse na División de Honra. Están a tan só 80 minutos de xogo que comenzarán co primeiro encontro o 22 de maio ás 19 horas na central dos Remedios. O segundo partido será en Bilbao o 29 de maio.
Carmen lanzando á porta do Combarro. /RAMSÉS
De ascender o Cidade As Burgas, Ourense tería dous representantes na máxima categoría da División de Honra do fútbol sala feminino: o propio Cidade e o Ponte Ourense
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
FÚTBOL SALA
Ponte Ourense retoma a liga 4 Despois de aplazar o partido contra o Atlético de Madrid.
en segunda posición do Torneo Internacional Ciudad de Espinho despois de perder na final contra o selección de Brasil.
O Ponte Ourense xoga o sábado 22 de maio, ás 17 horas na central dos Remedios
4CLASIFICACIÓN Equipo Puntos 1.- Córdoba 2.- Elche 3.- Móstoles 4.- Murcia 5.- Rioja 6.- Burela 7.- Atl. Madrid 8.- Valladolid 9.- Gironella 10.- Zaragoza 11- Ponte Ourense 12.- Logroño 13.- Soto del Real 14.- Campillos 15.- Telde 16.- Castelledefels 17.-Torrejón
72 68 59 56 51 46 45 44 39 38 37 24 22 21 19 14 11
4 Charla do médico “da vermella”
Partido de Ponte Ourense contra o Burela disputado nos Remedios. /RAMSÉS R. Torres Ponte Ourense retoma este sábado, 22 de maio, a competición ligueira a partir das 17 horas na cancha central dos Remedios. O rival será o Zaragoza, equipo co que tan só está separado na clasificación por un punto a favor das aragonesas aínda que as pontinas teñen un partido menos que terán que disputar contra o Atlético de Madrid. Cinco xornadas son as que restan na División de Honra de fútbol sala feminino para que remate a competición e as ourensás xa non se xogan nada, están en terra de ninguén, na metade da táboa, cos postos de arriba inalcanzables e sen opcións os de abaixo de darlle alcan-
ce ás de Isidro Grela, que xa están salvadas. Por arriba xogaranse o título nesta recta final os equipos do Córdoba e o Elche, que están separados por catro puntos (74 e 68 respectivamente) a favor das cordobesas, aínda que as ilicitás teñen un partido menos polo que se presume vibrante o final de campionato. Na parte de abaixo, dos catro postos de descenso parece que Castelldefels e Torrejón xa están condenados ao descenso (14 e 11 puntos respectivamente), mentres que para os outros dous postos de descenso hai catro candidatos. Agora, Campillos e Telde ocupan esas dúas prazas con 21, Campillos, e 19 puntos, Tel-
de, pero tanto Soto del Real como Logroño non se poder durmir porque teñen o descenso a un e tres puntos respectivamente. O equipo pontino soamente lles resta visitar a cancha do Castelldefels na xornada 32.
A Fundación Oira Futuro trouxo ao auditorio de Ourense a Juán José García Cota, Xefe de Traumatoloxía da Selección Nacional Absoluta de Fútbol, Xefe dos Servicios Médicos do Real Clube Celta de Vigo e profesor da Universidade Europea de Madrid, entre outras moitas cousas. A charla que foi aberta para todo o mundo pero en especial para a base do club versou sobre os bos hábitos de alimentación deportiva comentando con eles innumerables de anécdotas vividas cós xogadores máis importantes do fútbol español.
Partido aprazado O Ponte Ourense ten un partido aprazado da xornada anterior por mor de que, o seu rival, o Atlético de Madrid Navalcarnero xogou a IV Women’s Futsal Nations Cup de Portugal onde rematou como quinto clasificado. O partido terá lugar o día 29 de maio ás 18.30 horas en Navalcarnero. Torneo O Ponte Ourense quedou
Cota na charla ca base do Ponte Ourense. /RAMSÉS
4 Liga Provincial
Tras saber o gañador da liga provincial fai tempo, só quedaba por coñecer quen quedaría segundo e ascendería xunto co Feás. O Aceites Abril gañou o enfrentamento directo co Cortegada e asegurou esa segunda plaza que lle da dereito ao ascenso. En canto ao descenso Porteliña e Beariz xa non tiña moitas opcións nestas últimas xornadas e certificaron o descenso, acompañados polo Hermanos Carral e o Mesón Museo. Para o remate desta tempada de fútbol sala só queda a lotería da Copa. Despois dunha previa, xa comeza de verdade a competición e, coma sempre, nunca hai un favorito.
4 I Trofeo Barrios Deportivo Dende este medio deportivo estase organizando un torneo entre os sete equipos campións das distintas competicións de fútbol sala provincial, a saber, campión de provincial, 1ª e 2ª local, 1ª e 2ª de Carballiño, Celanova e o campión da Copa Deputación que se saberá o 19 de xuño, xunto co o equipo de Autonómica Mobles Andrade. A idea é reunir aos mellores equipos e mediante cuartos, semifinal e final, e dirimir quen é o mellor equipo da provincia. A cita co mellor do fútbol sala local será nos Remedios os días 30 de xuño, 1, 2 e 3 de xullo.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
HOQUEI
O Caldaria Barrocás manterase un ano máis na División de Honra B do hoquei herba
4 O Xacobeo Deporte Galego -Primeira División feminina- sitúase segundo a falta dunha xornada. R. Torres O Caldaria Barrocás de División de Honra B de hoquei herba, manterá a categoría un ano máis grazas ao seu triunfo na penúltima xornada de liga por 31, fronte ao Sardinero, en partido disputado no campo de Mariñamansa. O equipo ourensán pode respirar tranquilo despois dunha tempada na que estivo na corda frouxa. O último encontro desta liga levará ao cadro barroco ata o campo do líder, o Vallés Esportiu. Xacobeo Deporte Galego As de Tito Piñeiro deron un paso importante na súa loita por ascender á Divi-
sión de Honra feminina ao vencer por 1-2 a un rival directo, o equipo cántabro do Tenis. Con este resultado as ourensás colócanse segundas a falta dunha xornada para rematar a tempada e con moitas posibilidades de ascenso, xa que xogarán en casa o domingo 23 de maio, a partir das 11 horas contra o Covadonga de Asturias, equipo que ocupa a última posición na liga. Primeira división O grupo terceiro da Primeira División xa rematou a tempada con dous claros dominadores: o Apóstol e o Albor. Estes dous conxuntos ourensáns disputará a
4 Próximos encontros de hoquei herba en Mariñamansa Domingo 23 de maio - 11.00h. Xacobeo Deporte Galego - Covadonga. Días 28, 29 e 30 de maio - Fase de ascenso á División de Honra B na que participará o Apóstol.
Partido entre Caldaria Barrocás e Sardinero. /M. REJO
fase de ascenso á División de Honra B. O Apóstol o fará en Ourense os días 28, 29 e 30 de maio. O filial do Caldaria Barrocás foi terceiro na liga por diante de Pabellón e Cidade de Ourense, cuarto e quinto respectivamente. O Calor y Fuego Cudeiro rematou a liga en 7ª posición.
O Xacobeo Deporte Galego pode certificar o ascenso á División de Honra se gaña ao Covadonga 4CLASIFICACIÓN División Honra B 1.- Vallés 2.- Benalmadena 3.- Junior 4.- Pedralbes 5.- Valencia 6.- R. Sociedad 7.-Caldaria Barrocás 8.- Egara 9.- C. Sardinero 10.- Natació-Linia
29 25 22 18 16 16 15 13 9 7
1ª División Feminina 1.- C. Sardinero 2.- Xacobeo Galicia 3.- Jolaseta 4.-Tenis 5.- Xaloc 6.- Olimpia 7.- C. de Campo 8.- Pozuelo 9.- San Fernando 10.- Covadonga
32 21 20 19 19 15 15 11 11 7
1ª División Masculina 1.- Apóstol 30 2.- Albor 26 3.- Caldaria Barrocás 23 4.- Pabellón 22 5.- Cidade de Ourense 14 6.- Atl. Caixanova 13 7.- Calor y Fuego Cudeiro 8 8.- Atl. Coruña 4 9.- P. Leonés 2
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
ATLETISMO
Os atletas do Academia Postal xogaranse todo na última xornada
4 Nin en homes nin en mulleres puideron salvar a categoría na segunda xornada. Redacción
Eloy Campos levantando os brazos en sinal de triunfo na terceira carreira popular de O Couto. /ALBERTO
Eloy Campos levouse a terceira edición da carreira Festas do Couto 4 A primeira muller foi Silvia Teijeiro. R. Torres O atleta ourensán do Atletismo Venturiña, Eloy Campos Dacosta foi o vencedor da III Carreira popular Festas de O Couto que percorreu as rúas do citado barrio. Eloy empregou un tempo de 19 minutos e 18 segundo sobre unha distan-
cia aproximada de 6.000 metros. No podio acompañárono Amador Aguiar (CAIO), e Daniel Inunciaga (OAAP). En mulleres o primeiro posto foi para Silvia Teijeiro (OAAP) cun tempo de 23.36, seguida de Filomena Cid (OAAP), na terceir posición entraría Tania Vázquez.
En cadete, Cristian García e Sandra González venceron; en infantís gañaron Francisco José e Lucía Daponte; Jesús Álvarez e Paula Freiría foron os primeiros en chegar á meta e Pablo Romero e Verónica Gómez fixeron o propio en categoría benxamín.
Os máis pequenos tamén participaron na popular de O Couto. /ALBERTO
O Ourense Atletismo Academia Postal terá que agardar, tanto en homes como en mulleres, ao 12 de xuño para saber se continúa unha tempada máis na elite do atletismo nacional, despois de quedar terceiros e cuartas nas súas respectivas competicións. As mulleres ían a Santander mermadas de efectivos, e a pesar dos seus esforzos, nada puideron facer para saír da cuarta e última posición por detrás do Oviedo, L´Hospitalet e o gañador e anfitrión Piélagos. Por parte das ourensás destacaron o primeiro posto nos 5 quilómetros marcha de Rocío Carbia e os terceiros postos de Leticia Fernández nos 1500 metros e de Beatriz Viteri no salto con pértiga. No tocante aos homes, máis do mesmo. O equipo acudiu a Jaén con algunha baixa importante nas súas filas e que fixo que quedaran a 21 puntos da salvación automática. O Caja de Jaén foi o vencedor, seguido de Tenerife CajaCanarias, en terceira posición rematou o Ourense Atletismo. O venezolán Edgar Villanueva estrenabase no Club coa victoria nos 800 metros e un segundo posto en 1500, Alfonso Palomanes repetía os dous primeiros postos en lonxitude e triple, Javier Fidalgo vencía nos 400 vallas
Proba de xabalina disputada na primeira xornada de división de honra disputado na pista de atletismo de monterrei. /ARQUIVO e Nacho Calderón no martillo. Ademais, Patrick Ike nos 100 metros, Alex Sola na pértiga e Jorge Prada na xabalina lograban o segundo posto. E Yioser Toledo en peso, Iván Valle en altura; Hassan Lekhili no 3000 e Pablo Ezquerro nos 400 metros lograban a terceira posición nas súas probas. Copa do Mundo de Marcha Na localidade mexicana de Chihuahua disputouse o campionato do mundo de marcha e, onde Lorena Luaces (OAAP) rematou 30ª nos 20 quilómetros
marcha. O outro representante do Academia Postal, Francisco Arcilla foi 50º na mesma distancia da proba masculina. Medio Maratón A Coruña O equipo ourensán meteu a tres atletas entre os cinco primeiros clasficados en categoría masculina do segundo medio maratón de A Coruña. Manuel Hurtado entrou na segunda posición, Daniel Bargiela, terceiro e Rubén Diz quinto. En canto ás mulleres, Isabel Saez foi cuarta e Silvia Teijeiro quinta.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
ESCOLAS DEPORTIVAS
Baloncesto no Día das Letras Galegas
4 A central dos Remedios acolleuo Torneo de minibasket alevín “Letras Galegas 2010”. Redacción Durante o Día das Letras Galegas, as Escolas Deportivas de Ourense celebraron o Torneo de minibásket alevín “Letras Galegas 2010” con oito equipos participantes e uns 100 xogadores que pasaron pola pista central do pavillón dos Remedios. O torneo estivo dividido en dous grupos dos que saían dous semifinalistas de cada grupo enfrontándose primeiro contra segundo. A primeira seimifinal enfrontou ao vencedor do grupo A (EDO Prácticas) contra o segundo do grupo B (Barbadás), vencendo o Barbadás; na segunda semifinal, o Carmelitas (primeiro grupo B) xogou contra o Josefinas (segundo grupo
A), gañando as Carmelitas. Na loita polo terceiro posto o Josefinas venceu ao Prácticas e na final a vitoria foi para o Carmelitas sobre o Barbadás a quen gañou por un resultado de 4-21. Gala final das Escolas Deportivas de Ourense A cancha central do pavillón municipal volverá ser escenario dun novo evento das Escolas Deportivas de Ourense que nesta ocasión se despiden por este curso. A cita será o venres 28 de maio, ás 20 horas. Na devandita gala entregaranse aos participantes os distintos premios e multitude de agasallos a todos os nenos inscritos nas Escolas Deportivas. O programa de activida-
des comezará coa presentación das escolas EDO para despois contemplar unha exhibición de defensa persoal por parte de alumnos do ximnasio Marbel. Despois a exhibición correrá a cargo dos nenos da escola de psicomotricidade da EDO. E para finalizar o acto, chegará o momento da entrega de premios e agasallos por parte de autoridades e personaxes do deporte aos máis de 300 rapaces cos que contou as escolas deportivas este curso 20092010.
315 rapaces participaron Escolas Deportivas de Ourense
Arriba e abaixo. Torneo de minibasket alevín que congregou a preto de 100 nenos no pavillón municipal da central dos Remedios. /RAMSÉS
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
ENDURO
Cristóbal Guerrero imponse en Coles e A Peroxa
Un dos participantes do campionato de España de Enduro disputado en Coles e A Peroxa participando na Crono Extrema da segunda localidade. /RAMSÉS
4 Venceu nas dúas probas que se disputaron nas localidades ourensás. R. Torres A cuarta proba do campionato de España de Enduro chegaba ás localidades ourensás de Coles e A Peroxa cos campións do mun-
do Cervantes e Salminen como máximos favoritos ao triunfo, pero foi Cristóbal Guerrero quen dominou nos dous días de competición. O primeiro día, o piloto aos mandos dunha Yamaha foi o máis rápido, aproveitándose dos problemas que tiña Salminen coa súa recén estreada BMWHusqvarna e dunha carreira conservadora por parte de Iván Cervantes (KTM). Miles de afeccionados congregaronse nas dúas localidades para ver na primeira das xornadas o triunfo de Guerrero por diante de Cer-
Melcior Faja sorteando uns troncos. /RAMSÉS
vantes e do galego Aarón Bernárdez. Oriol Mena foi cuarto e Salminen quinto. Doblete de Cristóbal Guerrero Se o sábado, Guerrero facíase co triunfo, o domingo repetía o primeiro posto na clasificación e conseguía a vitoria nesta cuarta proba do Campionato de España de Enduro. Nesta xornada de domingo, Lorenzo Santolino con KTM foi segundo seguido moi de cerca polo galego Aarón Bernárdez, que repetía na terceira posición por diante de Vic-
tor Guerrero e do campión mundial Iván Cervantes, que non tivo o seu día, xa que unha caída fixolle perder un minuto que á postre no puido recuperar. Tampouco tivo o seu día o finés Salminen coa nova motocicleta híbrida de BMW e Husqvarna, e caía na Extremo xusto enribaa da célula fotoeléctrica da chegada, lesionándose nun pé. Oriol
Mena tivo un accidente polo que tivo que recibir asistencia médica polas feridas leves sufridas no tórax, cando estaba loitando polos primeiros postos. Nesta segunda xornada o público volveu responder, e acudiu en masa a desfrutar do Campionato de España de Enduro Coles-A Peroxa sendo os puntos máis espectaculares as trialeras e
Xavier Puigdemont polos aires en A Peroxa. /RAMSÉS
as dúas cronos ubicadas en Vilarchao e A Peroxa.
Miles de afeccionados disfrutaron do Enduro nas localidades de Coles e A Peroxa.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
XORNADAS DE CONVIVENCIA
O III Torneo de convivencia de barrios baixou o telón neste curso 4 O torneo, de futbito, foi cada mes a un barrio da cidade. R. Torres O III Torneo de Convivencia de barrios xa é historia. Máis de 100 nenos participaron en cada unha das xornadas que tiveron lugar ao longo do curso, nun torneo de futbito, que non tiña vencedores nin vencidos, senón que todos se divertían practicando deporte ao tempo que melloraban o aspecto hixiénico e dietético, ademais de aspectos deportivos como a técnica, táctica e o físico. O colexio de Vistahermosa puxo o punto e final, por este ano, ás xornadas de convivencia, despois de ter pasado polos barrios de A Carballeira, Mariñamansa, Ponte, Couto, Covadonga e Santa Teresita, nunhas xornadas que tiveron lugar os sábados. Na clausura, os organizadores, entre eles a Concellería de Educación, coa edil Ana Garrido á cabeza, fixéronlle entrega dos aga-
Participantes e organizadores do III Torneo de convivencia de barrios na última xornada deste curso no colexio de Vistahermosa. /RAMSÉS sallos aos participantes. O recordo era unha medalla para todos os participantes. Os rapaces xa esperan o próximo curso para tomar parte da cuarta edición das xornadas de convivencia.
Os barrios de A Carballeira, Mariñamansa, Ponte, Covadonga, Couto, Santa Teresita e Vistehermosa participaron nas xornadas
O futbito foi o protagonista nestas xornadas. /RAMSÉS
A concelleira de Educación, Ana Garrido, entregándolle unha medalla a un dos particpantes. /RAMSÉS
10
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
POLIDEPORTIVO
Rematou a liga zonal infantil de natación
4 Seis clubes participaron nesta xornada disputada en Ourense. Redacción A piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de Ourense acolleu a última xornada da liga infantil de natación na que se deron cita seis clubes do grupo 4 (CN Pontevedra, CN Fluvial de Lugo, CN Riveira, CN Salnés, CN Monforte e CN Pabellón Ourense), con máis de 70 nadadores. A maioría deles tiñan a última oportunidade de acadar as mínimas para o campionato galego deste verán e o nacional. Por parte pabellonista, Ezequiel Quiroga Ramos, conseguiu a mínima para os nacionais na proba de 400 estilos, quedando ás portas da mínima nos 200 libres; Rubén Rodríguez López e Borja González Rodríguez nos 400 estilos e no pase dos 100 bolboreta na mesma proba; Iago Rodríguez Peña e Pedro Díaz Castro nos 400 estilos; Esther
Álvarez Álvarez, Cristina Cruz Moure e Laura Balsa Pérez fixéronse coa mínima infantil nos 400 estilos e a mínima no pase dos 100 bolboreta na mesma proba, acadando tamén as tres a mínima absoluta para o campionato galego desa mesma proba; José Ángel Regueiro Janeiro, Martín Sabuz Forneiro e Pablo Fernández Prol na proba de 100 bolboreta; Cristina Cruz Moure nos 200 libres e na mesma proba dos 200 libres, Esther Álvarez Álvarez meteuse no bolsillo a mínima abasoluta para o galego.
Próxima cita Os pabellonistas volven a mergullarse na piscina representando ao Pabellón o sábado 22 de maio na piscina de Riazor en A Coruña, onde se xogarán a permanencia na División de Honra galega da categoría aboluta nunha dobre e única xornada. Ao CN Pabellón só lles vale a vitoria, xa que o club gañador dos tres que compiten é o único equipo que mantén a categoría mentres que os outros dous clubes descenderán de categoría, a 1ª División.
4 Miras internacionais
Laura Pimentel Perez do CN Pabellón Ourense foi convocada para participar no 1º Control de Aguas Abiertas do programa nacional de tecnificación deportiva, que se celebrará do 27 ao 29 de maio no complexo Deportivo M-86 de Madrid. Por outra banda, a pabellonista Iria Álvarez Liz, participará co equipo nacional na Copa Latina que se disputará do 20 ao 22 de maio en Mar del Plata (Argentina).
A expedición galega de Kickboxing no Paco Paz. /FGK
O Kickboxing estivo presente en Ourense
4 158 competidores disputaron no Paco Paz o campionato de España de kickbóxing oriental. Redacción No Paco Paz de Ourense tivo lugar o Campionato de España de kickbóxing Oriental 2010 no que participaron 158 competidores nas 17 seleccións que acudiron á cita. Disputáronse as probas de Low-Kick, Oriental Style,
Koshiki e Thaiboxing. Os deportistas que representaron a Galicia nos campionatos de España de Kickboxing Oriental 2010 conquistaron nove metais, dos cales sete foron bronces, unha plata e un ouro. Destes nove metais, a representación ourensá, pertencente ás escolas de kick-
bóxing Cipri Gomez obtivo o ouro de Iago Barros, que se converteu no primeiro campión de España na proba de Oriental Style en categoría absoluta menos de 60 quilos, ademais dos bronces conseguidos polos deportistas Joel Araujo, Marcos Rodríguez e Javier Iglesias.
Campionato Provincial de Taekwondo Redacción
Un nadador nunha das xornadas da liga zonal disputada en Ourense. /RAMSÉS.
O Campionato Provincial de Taekwondo disputouse nos Remedios. Nel tomaron parte máis dun cento de deportistas nas modalidades de técnica e exhibición, mostrando un bo nivel de execución. A proba serviu ademais de clasificatorio para o campionato galego que se celebrará en Sada o 22 de maio, e no que participarán todos os medallistas deste provincial.
Participantes no campionato provincial de Teakwondo.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
BREVES
11
BALONMÁN
O balonmán galego cítase en Ourense O sábado, 29 de maio, celébrase en Ourense o 7º Campionato Galego de seleccións provinciais nas categorías alevín mixto e infantil masculino e feminino, é dicir, de 9 a 13 anos. As sedes do torneo serán
tres: a pista central do pavillón dos Remedios na que xogarán os alevíns, o anexo dos Remedios para a categoría infantil masculina e o polideportivo do Campus de Ourense, onde xogarán as ínfantís femininas. O tipo de competición é de todos contra todos e o horario será durante todo o día, comenzando ás 10 horas e rematando contra as 20 horas coa entrega de premios. Na edición anterior, o
combinado ourensán rematara en todas as categorías en segunda posición, por diante de A Coruña e Lugo e tan só superados polo poderoso combinado de Pontevedra. Campionato Galego de Veteráns Durante maio e xuño vaise disputar o I Campionato Galego de Veteráns de balonmán no que participará o equipo ourensán de Sergave Ourense.
VOLEIBOL
Ascenso do C. Voleibol Ourense
Presentación da campionato galego de seleccións provinciais. /RAMSÉS
SOLIDARIEDADE taban un set, pero este non foi necesario ao perder o Universidade de Burgos contra o Universidade de Oviedo; aínda así, as xoga-
doras de Labrador foron a polo último encontro para dedicarllo a súa afección. Venceron por tres sets a dous.
O equipo feminino do Club Voleibol Ourense acaba de ascender á Primeira Nacional despois de vencer os cinco partidos da fase de ascenso que se xogou no Paco Paz de Ourense. Na última xornada necesi-
Actos en Ourense pola carreira da muller O Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, con motivo da I Carreira da Muller de Galicia que se celebrará en Santiago o vindei-
ro, domingo, 23 de maio, vai organizar un evento en Ourense o venres 21 de maio no Paraninfo do Instituto Otero Pedraio. O evento consiste na presentación do film “La teoría del espiralismo” por parte dun representante do Comité Paralímpico, que fará unha pequena introdución da película, para despois proceder ao visionado da
mesma. Tralo filme, haberá un debate entre asistentes e deportistas. “La teoría del espiralismo” explica, a través do deporte paralímpico, as grandes dificultades que deben superar deportistas femininas para poder lograr as metas que se propoñen, non só por barreiras físicas ou psicolóxicas, senón tamén sexistas.
cabalos e os seus controis. Na xornada do venres empezan xa as verificacións (pola mañá) e un acto de presentación da proba ás 18 horas. O sábado a saida é ás 7 horas e os primeiros cabalos rematarán a carreira a partir das 19 horas, con
pasos permanentes polo hipódromo. O domingo, as salidas son ás 8 e 9 horas. Os dous españois primeiros clasificados quedan seleccionados para participar nos xogos ecuestres mundiais integrando a selección española.
HÍPICA
O maratón das carreiras de cabalos, en Antela Un total de 85 cabalos, xinetes internacionais, o patrocinio por parte do Príncipe de Qatar e a participación da súa corte de cabalos para percorrer distancias de ate 160 quilómetros son algúns dos aspectos máis salientables do Campeonato de España de Raids hípico que se vai celebrar esta fin de semana na comarca da Limia e que terá como centro operativo o Centro Ecuestre
de Sandiás. “Non hai hoxe en España un percorrido da calidade do que se vai celebrar esta fin de semana en Ourense”. Así se manifestou Conchi Romero, membro do comité organizador da proba que percorrerá os diferentes concellos da comarca da Limia nas tres probas que se van celebrar, unha o sábado de 160 quilómetros e duas o domingo, de 80 e 120 quilómetros de distancia. O Raid é unha proba hípica contra o reloxo con controis en diferentes tramos do percorrido nos que se analizan as condicións dos cabalos e a conveniencia ou non de
que continuen. A esixencia deste tipo de probas maniféstase en que únicamente rematan un 30% dos inscritos, como sinalou Félix Lorente, o xinete ourensán que se atopa entre a élite neste tipo de disciplinas e que engadíu que a esta proba asistirían os 10 mellores cabalos do mundo na actualidade. Respecto ao apoio do Príncipe de Qatar a esta proba, desvelou que o Príncipe correu de incógnito na proba do ano pasado e que posiblemente o éxito da mesma foi o que o levou a prestar o seu apoio nesta edición, para a que hai un
Acto de presentación do raid. presuposto que supera os 120.000 euros. As probas de Raid realizanse en formato de “flor de margarita”, con saída no centro ecuestre, ao que se retorna cada 90-120 minutos, polo que é o mellor lugar para presenciar o paso dos
12
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
CAMPUS OURENSE
Inícianse os preparativos para o III Campus de Tenis Ureca - La Zamorana
4 Celebrarase entre o 21 de xuño e o 16 de xullo e toda a información pódese ver na páxina web www.40nada.com. Redacción Como xa ven sendo habitual nestas datas, preséntase o III Campus de Tenis Ureca-La Zamorana, un campus/campamento que xa vai facéndose un oco entre as actividades estivais e que na edición 2010 celebrarase entre o 21 de xuño e o 16 de xullo, nas instalacións do club de Tenis Ureca-La zamorana, situadas no Polígono de San Cibrao. O pasado ano, na súa segunda edición, o Campus contou coa presenza de aproximadamente uns 110 nenos distribuídos ao longo de tres semanas, que, gozaron do tenis, a natureza e a convivencia con compañeiros durante cinco días de intensa e divertida actividade. A actividade está coordinada e dirixida por técni-
cos, licenciados en Actividade Física e especialistas en tenis. En palabras do seu organizador, Jose Enrique Conde, “o campus é unha moi boa alternativa para cando os nenos rematan o colexio, poder ofrecerlles unha boa formación en tenis ou inicialos no deporte dun xeito lúdico e divertido”. O campus está aberto a calquera neno ou nena de entre 7 e 18 anos, sen importar o nivel, e que queira gozar dunha semana de tenis e diversión en compañía. Consiste nun campamento lúdico orientado fundamentalmente ao tenis no que tamén teñen cabida outros deportes como os deportes colectivos, xogos de cooperación ou actividades acuáticas incluíndo unha acampada ao final da semana (de xoves a venres). O prezo do campamento
oscilará entre os 100 e os 130 euros/semana dependendo da opción elixida e nel inclúese, desprazamento en autobús (ida), clases de tenis, actividades lúdicas, comida os cinco días da semana e unha noite de acampada coa súa correspondente cea e almorzo, así como un obsequio a todos os participantes. [Toda a información e inscrición pódese realizar a través da páxina web: www.40nada.com]
En 2009 participaron máis de 100 rapaces no Campus de Tenis Ureca - La Zamorana
Rapaces que participaron no campus de tenis Ureca - La Zamorana o ano pasado.
A Universidade de Vigo homenaxea aos seus mellores deportistas
4 Os actores Sergio Pazos e Déborah Vukusic presentarán o acto. Redacción A Universidade de Vigo vai recoñecer aos seus máis destacados deportistas mediante un acto público ante todos os membros da comunidade universitaria, facéndolles entrega dos premios á excelencia académica. O acto terá lugar o venres, 21 de maio, ás 19 horas e incluiranse na gala monólogos, actuacións musicais en directo, espectáculos de maxia, sorteo de agasallos e proxeccións audiovisuais das que poderán gozar ás preto de 300 persoas que os organizadores esperan reunir na Aula Magna do Edificio Politécnico para a celebración do evento,lo actor ourensán Sergio Pazos e a filóloga e actriz Déborah Vukusic. Entre os premios que se entregarán nesta gala, destacan os Premios de Excelencia, uns galardóns que recoñecen o expediente académico e deportivo de dous estudantes e que se decidirán entre seis candidatos; un premio a un profesor da Universidade de Vigo polo seu traballo a prol do deporte, e a un ex-alumno da institución académica que destaque na práctica deportiva a nivel profesional.
Torneo de Copa Intercampus As actividades comezarán xa pola mañá no pavillón universitario coa celebración da fase final do Torneo de Copa Intercampus, unha competición na que se enfrontan os equipos gañadores dos tres campus da Universidade de Vigo nas modalidades de baloncesto, balonmán, fútbol 7 e fútbol-sala. Paralelamente os integrantes dos equipos de persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos xogarán tamén as respectivas finais nas modalidades de tenis, pádel e fútbol 7 masculino, para que, pola tarde, lles fagan entrega do trofeo aos gañadores.
Sergio Pazos
A gala terá lugar o venres, 21 de maio, a partir das 19 horas na Aula Magna do Edificio Politécnico
Un euro por Haití Redacción
Estudiantes o profesores do campus de Ourense da Universidade de Vigo paraticiparon nun partido solidario de fútbol sala na cancha do pavillón da Universidade. O evento tiña a finalidade de recaudar fondos para mandar ao país caribeño por mor do terremoto que o asolou fai varios meses. Aínda que a bancada non estaba chea, tivo unha afluencia importante de xente como o vicerreitor do Campus, Juan Francisco Gálvez, quen non quixo perder o partido solidario.
Partido por Haití entre alumnos e profesores do Campus de Ourense. /R.T.
Última andaina do curso Redacción
Tres días tardaron 40 estudantes da universidade de Vigo en percorrer os máis de 100 quilómetros que separan Ourense de Santiago, no que foi a última andaina cultural deste curso capitaneada novamente polo ex-militar, José García Calvo “Willy”.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
NA PROVINCIA
Co bo tempo andainas e carreiras enchen a provincia 4 A andaina de Allariz chega a súa 13ª edición. R. Torres Nestes meses son numerosas as actividades ao aire libre que se fan na provincia, grazas á chegada do bo tempo. As actividades que están en auxe son as carreiras populares e as andainas con cada vez máis xente que quere practicar deporte. Andainas Unha andaina asentada na provincia é a de Allariz, que cada vez congrega máis xente. O percorrido é de 50 quilómetros e hai que facelo en un tempo nunca superior ás 12 horas. A saída está prevista para as 9 horas do 22 de maio e sairase desde a Alameda de Allariz e con chegada ao mesmo punto. O 23 de maio haberá a andaina Ruta dos Castros, cun percorrido de preto de 16 quilómetros polas beiras do Larouco, no concello de Cualedro (máis información no 600 41 00 18). O 30 de maio organizase a segunda edición da andaina comarca da Limia cun percorrido cercano aos 20 quilómetros e cunha dificultade media-baixa. A ruta comenzará e rematará na localidade de Boado. A inscrición está aberta ata o 27 de maio, e pódese realizar no Bar Fentos (r/ Toural, Xinzo), en Bicicletas da Cunha (r/Progreso, 75, Ourense) ou mediante transferencia bancaria no Banco Gallego. En xuño, o 20 en Cea e o 27 en Manzaneda, serán as citas dos andaríns da provincia. Carreiras populares O domingo 30 de maio, a asociación Limiactiva en colaboración co Concello de Sandiás organiza a I Carreira Popular Torre de O Castro. Disputarase en categoría absoluta (7,900 metros), escolar (2.000 metros) e pitufos (350 metros). As inscricións pódense realizar ata o 29 de maio, custando 3 euros na categoría absoluta e sendo gratuíta nas outras dúas. A saída darase ás 11:30 na carreira ab-
soluta desde diante da casa consistorial de Sandiás. O domingo 6 de maio, chega unha nova edición, a cuarta, da Subida Rocas-Eirado, no concello de Esgos, que vén conxuntamente coa IV andaina popular Concello de Esgos (saída ás 9.30 horas), de 21 quilómetros. A carreira está encadrada dentro do Campionato Galego de Montaña e consta de 13 quilómetros con saída ás 10.30 horas desde a casa consistorial. A inscrición tanto da andaina como da carreira é de 5 euros e pódese facer ata o día 2 de xuño. Tamén en xuño, os populares teñen dúas citas ineludibles con dúas carreiras nocturnas; así, o sábado 20 chega a sexta edición da nocturna de Xinzo de Limia e o sábado 27, a sétima de Celanova. Unha carreira que non é na nosa provincia pero que é moi importante á vez que solidaria, é a Carreira da Muller, que se celebra o 23 de maio en Santiago e na que participan soamente mulleres. Esta carreira ten a súa razón de ser na loita contra o cancro de mama.
Participantes da carreira nocturna de Xinzo. /ARQUIVO
13
WUSHU
Verín acolle a celebración do Campionato Galego de Wushu Redacción O sábado 22 de maio, no Pavillón de Deportes de Verín, celebrarase o Campionato Galego de Wushu ao longo de todo o día. Os espectadores gozaran con exhibicións, combates e a propia competición. Pola mañá disputaranse as modalidades de Wushu de infantís e
cadetes, e pola tarde, turno para os júnior e sénior. Durante a sesión de tarde, o deportista local José Manuel Ferreira Colmenero fará unha demostración coa selección galega. Ferreiro foi cinco veces campión de España e medalla de prata no Campionato Europeo de Polonia. No referente aos combates disputaranse cinco entre os estilos de Sanda -a loita china- e Kick Boxing (realizados coas normas de Sanda e será ao KO). Entre os participantes están Alfonso Valcárcel, actual campión de Europa na categoría de 90 quilogramos, ou Francisco Sobradelo, medalla de bronce no Europeo de Turquía 2010.
Ferreira Colmenero. /ARQUIVO
III Marcha Cicloturista BTT na vila do Támega Redacción
O domingo 30 de maio, con saída ás 9.30 horas desde o Pavillón de Deportes de Verín, desenvolverase a III Marcha Cicloturista BTT organizada polo Concello de Verín en colaboración con Club BTT Verín. A marcha conta con dous percorridos, un de 35 quilómetros e outro de 50, e atravesará os núcleos rurais de Cabreiroá, Tamagos, Mourazos, Feces de Cima, Vilarello da Cota, Villardeciervos e retorno a Verín por San Antón-. O prezo da inscrición é de 16 euros para os non socios e 12 para os socios do Club BTT Verín.
Integrantes do BTT Verín nunha das actividades do club. /BTT VERÍN
14
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
4EN FORMA
[Sección ofrecida por Saudeter]
DEPORTE E SAÚDE
4O RINCÓN DO MESTRE
Deporte e saúde
Aldeas saudables A maioría dos nosos municipios están conformados por un núcleo máis ou menos grande de poboación e pequenas aldeas, no primeiro concéntranse xeralmente todas as ofertas culturais, deportivas, etc. pero non debemos esquecernos da multitude de pequenas aldeas que polo xeral quedan ignoradas nesas ofertas. Sendo as persoas que viven afastadas dos grandes núcleos de poboación as que teñen moitas máis dificultades para gozar desas actividades polas distancias que teñen que percorrer, o tempo empregado ou “perdido” nos desprazamentos, a necesidade dun medio de transporte, etc. Unha solución é a de levar até os diferentes recunchos as actividades físicas saudables, algo así como o que leva o pan ou o peixe ás aldeas. De todas as administracións públicas os concellos son as máis próximas aos cidadáns, por iso convértense nos núcleos idóneos para fomentar e organizar accións encamiñadas a mellorar a saúde e a calidade de vida de toda a poboación. Na actualizade xa son varios os municipios próximos a nós que se converten en parte activa deste labor transformándose, nalgúns casos, en lugares óptimos para a consecución deste obxectivo. Esta adaptación vira ao redor de tres elementos fundamentais, o primeiro é a xeración, oferta, acondicionamento e dotación de espazos e instalacións dirixidos á práctica de actividades físicas como as propias instalacións deportivas municipais, pero tamén acondicionando diferentes locais
en distintos pobos e barrios como a antiga escola rural, a sede dalgunhas asociacións veciñais, etc., pero non só as infraestruturas son necesarias senón que é preciso equipalas axeitadamente, por iso o segundo elemento sobre o que se incide é no fornecemento de equipamentos deportivos adecuados para a práctica das actividades físicas e deportivas, que non supón moita dotación xa que a maioría dos exercicios que se realizan non requiren apenas material, ás veces un simple equipo para escoitar música, uns globos ou unhas poucas pelotas de goma son suficientes; pero todo estes esforzos económicos e administrativos non terán resultados positivos si faltase o terceiro, e creo que máis importante elemento, que é o investimento en recursos humanos, animadores, monitores e técnicos ben cualificados que organicen, planifiquen e leven á práctica os programas encamiñados á mellora da saúde e a calidade de vida. Ás veces crese que todo este proceso supón un gran traballo de organización e un alto investimento, os dirixentes dos concellos que o están realizando saben que non é así, que o custo económico non é tan elevado, e a longo prazo resultará ridículo en comparación coa compensación de gozar dunha cidadanía con mellor saúde e calidade de vida xa que unha poboación activa é unha poboación máis sa. José Manuel Paredes González, licenciado en Educación Física, SAUDETER
Introducción O deporte e a saúde son compañeiros inseparables na vida das persoas. Existe entre ambos unha mutua reciprocidade. O deporte mellora a saúde física e mental, pero tamén é verdade que sen saúde, salvo excepcións, non se pode practicar deporte. Na sociedade actual vivimos mergullados hora tras hora, día tras día nunha situación estresante que aos poucos vai danando a nosa saúde. Ante tal circunstancia, habemos de practicar algunha actividade física. É o mellor antídoto para combater o sedentarismo, principal causante do cansazo, atrofia xeral do organismo (menos forza, resistencia, pouca axilidade, falta de reflexos, e indefenso ante as enfermidades), a obesidade, mal presaxio para o funcionamento do organismo. Por medio do exercicio físico, o sistema nervioso libera unha substancia chamada “endorfina” ao torrente sanguíneo, producindo un agradable benestar durante e despois da actividade física. Non perdamos a oportunidade de gozar desta droga natural e gratuíta. Os niveis de endorfinas aumentan facendo deporte. A actividade física activa a súa produción e xera unha sensación agradable de optimismo. Que non nos caiba a menor dúbida, que a través do deporte podemos gozar dun colocón máis natural, san e satisfacto-
rio. Se é importante o exercicio físico, máis beneficiosos serán os seus efectos na nosa saúde. Beneficios do deporte Os beneficios do deporte acaparan o aspecto social, psicolóxico, terapéutico e físico: - Mellora a calidade de vida das persoas. - Reduce os síntomas da depresión. - Aumenta a capacidade de traballo. - É un extraordinario medio de integración, de socialización, de comunicación, de relación, de cooperación, de participación, de facer amigos. - É unha psicoterapia idónea para desconectar dos problemas da vida, da tensión nerviosa á que ás veces nos vemos sometidos, aliviamos a tensión, a ansiedade. - É hedonista, proporciona pracer e satisfacción. - Favorece o desenvolvemento persoal (autonomía, autoestima, confianza, seguridade, decisión, ). - Mellora o sistema cardiovascular (aumenta a cavidade cardíaca, fortalece e engrosa as paredes do corazón, diminúe a frecuencia cardíaca, aumenta e mellora a rede capilar, aumenta os glóbulos vermellos e hemoglobina). - Mellora o aparello respiratorio (amplía a capacidade pulmonar, mellora o mecanismo de inspiración e expiración para renovar o aire nos pulmóns, fai máis eficaz a hematose). - Mellora o sistema nervioso (mellores reflexos e coordinación para realizar
os movementos ). - Mellora o aparello locomotor ( maior forza e flexibilidade ). - Fomenta normas e hábitos de vida que contribúen ao benestar. Recomendacións a ter en conta Coñece as túas aptitudes - Facer un recoñecemento médico antes de practicar deporte, sobre todo se padeces algunha enfermidade ou segues algún tratamento farmacolóxico. Consulta co médico todas as túas dúbidas. Elixe o teu deporte - Practica o deporte que máis se adapte ás túas condicións físicas. Déixache aconsellar. Coñece o teu deporte - Aprende a técnica, a táctica e o regulamento para un mellor desenvolvimiento do mesmo e evitar posibles lesións. Prepara a actividade - Inicia a actividade co quecemento. Realiza estiramentos antes, durante e despois da actividade física. Non esquezas “adestrar” durante a semana se estás en competición. Coñece as túas limitacións - Compite nun deporte adecuado ás túas condicións físicas. Ás veces a imprudencia pódenos traer malas consecuencias. Recordar que imprudencia=accidente. Segue unhas normas hixiénicas - Fai unha dieta equilibrada, Bebe auga mentres practicas deporte. - Levar roupa cómoda e
transpirable. - Utilizar calzado deportivo adecuado. - Utilizar chancletas para evitar posibles infeccións - Ducharse sempre despois do exercicio físico. - Pór roupa limpa e seca despois do exercicio físico para evitar posibles arrefriados. - Non consumir sustancias tóxicas, alcol, tabaco, drogas... - Descansar e durmir as horas necesarias. Non á dopaxe - Non utilices produtos milagrosos para mellorar o teu rendemento. Coñece os efectos reais destas substancias, para iso consulta con expertos as informacións a preto de “produtos milagrosos”, dietas. Lesións - Deterse ante a aparición de molestias ou dores. - Recupérache das lesións, non volvas á práctica deportiva antes de curarche dunha lesión. Utiliza proteccións. - Evitar a discusión e a violencia. Conclusión - A práctica do deporte axudarache a manterte e mellorar a túa saúde e a sentirche mellor contigo mesmo. O mellor premio da actividade deportiva é a satisfacción.
Alfonso Vilachá, profesor e entrenador nacional de fútbol.
“O sistema nervioso libera unha substancia chamada “endorfina”, producindo un agradable benestar durante e despois da actividade física”
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
A PREGUNTA DO MES
15
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá. Nº13 - Ano: II - 21 de maio 2010 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
Mensaxes de apoio dos ourensáns ao C.D. Ourense e ao Pabellón Cidade de As Burgas
Manuel Fernández: “Fun ver ao C. D. Ourense a semana pasada. Que sigan loitando os dous equipos e a ascender que así irá máis xente velos”.
Gabriel Elvira: “Que sintan o apoio da cidade e da xente e que suban a 2ª B e a División de Honra”.
Francisco J. GonzáElena González: “Moito animo e a as- lez: “Está ben que ascencender”. dan os dous equipos porque levan o nome de Ourense pero alégrome máis polas rapazas do pabellón”.
Jorge Basalo e Pilar Diego Blanco: Rodríguez: “Desexolles sorte e “Moita sorte e seguro que ascendan de cateque ascenden a 2ª B e a goría”. División de Honra”.
Yago e Liliana: José Manuel Nieto: “Vin o C.D. Ourense “¡ Aupa campións e varias veces esta tempa- campionas ¡”. da e creo que ten posibilidades. Moito ánimo e a esperanza é o último que se perde”.
BARRIOS DEPORTIVO 21 de maio de 2010
[10.000 exemplares directos ás súas mans]