[10.000 exemplares directos ás súas mans]
Número: 21 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 28 de outubro de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta
DERBI FÚTBOL SALA
O Ponte Ourense levou o derbi ante o Cidade por 3 goles a 1
páx.12-13
ARTIGO
páx.22
Alfonso Vilachá: a actividade física nos mozos maiores
Fútbol:
O CD Ourense tentará recuperar o liderato
páx. 5
Baloncesto:
O COB, a sair do pozo
páx. 10
Preparando a San Martiño
Defendendo as nosas cores:
Centos de corredores participaron na I Carreira Popular de A Carballeira.
páx. 3 e 4
Laura Fernández, xogadora do Carmelitas
páx. 21
BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de NOVEMBRO. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
ATLETISMO
A dureza de Parada do Sil
Madrid - Segovia en pouco máis de 13 horas R. Barreiros
4 A carreira de Montaña de Parada do Sil tivo como novididade este ano unha media. R. Barreiros A pasada fin de semana disputábase no marco incomparable da Ribeira Sacra a cuarta edición da Carreira de Montaña Cañón do Sil, proba máis dura se cabe que a de Penedos do Lobo, se miramos o tempo empregados polos participantes. Este ano ademais da carreira longa de 32.600 metros, os organizadores elaboraron unha máis curta, de 16.300 metros. O vencedor da carreira de montaña foi Fernando Arca que empregou un tempo de 2 horas, 45 minutos e 24 segundos en percorrer os 32.600 metros. O segundo en sobrepasar a liña de meta foi Elpidio Gómez Sousa (2:51:11) e o terceiro Tono Abal Nartallo (2:57:28), os tres do Club Ribeira Sacra. A primeira muller en completar a proba foi Sonia Botana González facendo un tempo de 3:53:05, María José Grobas Garaboa foi segunda con 4:05:21 e pechou o podio Tereza Ctvrtnickova (4:05:22). Na carreira curta que se facía por primeira vez este ano, Antonio Sobrado Fernández, de Redondela, foi o primeiro vencedor desta
O ultrafondista, Antonio Manuel Madriñán acaba de participar nos 100 quilómetros Madrid - Segovia. O reto apenas levoulle 13 horas e 25 minutos quedando na clasificación final no posto 37 dun total de 338 participantes que chegaron á meta. O próximo reto deste ultrafondista ourensán afincado en Oviedo é a participación nas 24 horas de TV3 que se disputará case que con toda probabilidade na fin de semana anterior ao Nadal, onde
proba cun tempo de 1:36:22, segundo foi Jesús Rodríguez León con 1:38:38 e terceiro Marcos Ubeira Vidal con 1:39:01. En categoría feminina, María Fernández Villarmea, 1:48:15, foi primeira seguida de Paqui Souto Salgado, 2:03:44, e de Mª Dolores González Enriquez, 2:08:57.
Arca e Botana foron os vencedores en Parada do Sil
Madriñán e os seus compañeiros tentarán facer podio para así estar convocados para o próximo Campionato do Mundo. Para iso, Antonio, estase a preparar duramente nestas semanas.
13 horas e 25 minutos foi o tempo empregado por Madriñán en percorrer os 100 quilómetros entre Madrid e Segovia
Participantes subindo duras rampas da proba. /R.T.
A carreira comprobou a forma física dos participantes. /R.T.
Madriñán nos 100 quilómetros Madrid - Segovia.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
34ª CARREIRA POPULAR DO SAN MARTIÑO
En marcha para a San Mariño
4 O 14 de novembro, as rúas de Ourense encheranse de atletas para disputar a 34ª edición da careira popular do San Martiño. R. Torres O domingo 14 de novembro, é a data na que terá lugar a 34ª edición da Carreira Popular do San Martiño, que ten o mesmo percorrido urbán dos últimos anos polas rúas de Ourense, e congregará a miles de atletas populares tanto ourensáns como galegos, nacionais e internacionais. Todos eles optarán aos mesmos premios (coa mesma cuantía) do ano pasado. A hora de saída da proba absoluta é ás 11 da mañá, e dará o pistoletazo de saída, Pilar Neira, ex-fultbolista galega e actualmente adestradora da selección galega de fútbol feminino. Neira foi unha das catro primeiras mulleres en obter o carné de adestradora en España. Ás 12.30 horas, o turno será para a carreira escolar que engloba as categorías alevín, infantil, cadete e xu-
venil e percorrerá unha distancia de 4,5 quilómetros. Cabe recordar que esta carreira leva anos homologada, sendo unha dos poucas en Galicia que ten esta característica, polo que é unha boa ocasión para todo o mundo de saber cal é o seu tempo real na distancia dos 10 quilómetros ou se é capaz este ano de superar anteriores rexistros de anteriores edicións. Inscricións A inscrición que, como cada ano é gratuíta, xa se pode realizar a través da páxina web do concello www.ourense.es, de www. championchipnorte.com ou acudindo ás instalación do pavillón municipal de Ourense. Para a categoría absoluta o peche das inscricións será o 9 de novembro, mentres que para a categoría escolar remata o día 5.
Novidades Dúas son as novidades máis salientables desta edición da San Martiño. Por unha banda, a opción de mercar o chip que controla o tempo nas carreiras, en championchipnorte a un prezo de 14 euros, e por outra a de agasallar a todos os que rematen a proba cunha camiseta técnica deixando xa as camisetas de algodón coas que se premiaba aos que remataban a proba en edicións anteriores. O chip serve para calquera carreira que estea cronometrada por Championchipnorte, sendo estas moitas na xeografía galega, polo que pode ser unha boa ocasión de ter en propiedade un chip que moitos corredores populares xa posúen e a un prezo asequible. Outro aspecto novidosos que xa se introduciu o ano pasado, é a de poderse ver chegar á meta da carreira a
Organizadores e colaboradores na presentación da 34ª Carreira pedestre popular do San Martiño. /RAMSÉS
través de web www.strand. com. Presuposto O presuposto da San Martiño é de 132.000 euros, que se reparte entre o 61% achegado polo Concello de Ourense (55% do Consello Municipal de Deportes e 6% doutros estamentos muncipais ) e o resto procedente da iniciativa privada. Sen axuda da Xunta e da Deputación Fernando Varela, concelleiro de Deportes de Ourense, lamentábase na rolda de prensa da presentación da Carreira do San Martiño, de que as administracións provincial e rexional non axudaran en nada a este evento sendo unha das máis importantes citas galegas na que participan deportistas populares, sendo unha marea multicor de milleiros de persoas a que invade as rúas da nosa cidade durante unhas horas, ademais de numeroso público o que sae a rúa a animar aos participantes.
A Carreira Pedestre Popular do San Martiño é a máis antiga de todas cantas se celebran no territorio galego sendo a deste ano a 34ª edición
A inscrición remata o 9 de novembro para a carreira absoluta e o 5 para a escolar Inscricións no Pavillón de Deportes, en www.championchipnorte.com ou en www.ourense.es Os escolares só se poden inscribir na web do Concello
4Rubén Domínguez, gañador do cartel desta edición O ourensán de 28 anos, Rubén Domínguez foi o gañador do cartel anunciador da 34 Carreira do San Martiño. Ambientada nos carteis de películas épicas, Rubén quería “coller o legado romano da nosa cidade por mediación do lume e a tipografía dorada nas letras” e no lume que
aparece na pisada mostra “paixón e sentimento, dous factores moi importantes na carreira”, explicaba o creador do cartel. No cartel gañador pódese ver unha pisada a lume nun fondo negro e a tipografía romana na lenda.
Rubén Domínguez, gañador do cartel da San Martiño deste ano. /RAMSÉS
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
ATLETISMO
Na Carballeira preparouse a San Martiño
4 Preto de 400 atletas chegaron á meta na primeira edición desta carreira popular. R. Torres A escasas datas para que se celebre a 34 edición da carreira popular do San Martiño, numerosos atletas populares achegáronse ao barrio de A Carballeira para disputar a súa primeira edición e así, ir medindo as forzas para a carreira popular galega por excelencia. O barrio da Carballeira uníuse ao do Couto e ao da Ponte para celebrar polas súas rúas unha carreira popular. Neste barrio era a primeira edición desta proba que contou cun gran número de participantes. Preto de 400 atletas de todas as categorías chegaron á meta que estaba situada na praza da Lexión. Ademais de veciños ourensáns tanto da cidade como da provincia, participaron neste evento xente de todos os lugares de Galicia e incluso de Portugal, no que foi un día de festa no deporte do atletis-
mo, grazas á organización e a que o tempo acompañou e non choveu como estaba previsto. Na carreira para os infantís e cadetes, foron 46 os que completaron os aproximadamente 2.000 metros de percorridos, mentres que na proba das categorías benxmín e alevín 79 participantes completaron os 1.000 metros de distancia; a carreira absoluta foi a que congregou un maior número de participantes chegando a rematala 276 populares que quixeron participar desta primeira festa do deporte popular no barrio de A Carballeira. Na última carreira, a de pitufos, uns 30 cativos tomaron a saída. Gañadores Na carreira absoluta, sobre unha distancia de aproximadamente 5.100 metros, o primeiro en chegar á liña de meta foi o
Os pitufos tamén esforzáronse na súa carreira. /M. REJO
atleta do A Gándara, de Monforte de Lemos, Carlos Expósito, empregando un tempo de 17 minutos e 56 segundos, tras el chegarían a meta os portugueses do Club Nataçao e Cultura, Luis Sa (segundo cun tempo de 18.13) e José Correia (terceiro con 18.20). O primeiro ourensán foi José Manuel Ramos Vázquez cun tempo de 18.39. En categoría feminina, a portuguesa Carla Oliveira, do Club Nataçao e Cultura, rematou en primeira posición ao facer a mesma distancia duns 5.100 metros en 21 minutos e 46 segundos; acompañárona no podio, Iria Fernández, do Academia Postal, con 23:25 e a tamén académica Silvia Teijeiro con 24:05.
rematadas por este ano as carreiras populares que se organizaron en distintos barrios da capital ourensá, e antes de afrontar a do San Martiño, de forma moi positiva todas elas e destacou a de A Carballeira como un gran éxito de organización e de participación. O concelleiro explicou que despois da Carreira Popular do San Martiño, volverán reunirse organizadores e colaboradores para preparar un circuíto de carreiras populares de cara ao ano 2011 -despois da proba feita este ano para ver se podía ser posible crear o circuíto ourensán-, no que pre-
tende que se integren as citas do barrio de O Couto, A Ponte, a que organizou este ano a Casa da Xuventude e a propia de A Carballeira e no que tentarán recuperar a nocturna do Corpus. Varela comentou a participación nas probas ourensáns: “a carreira do Couto fíxose a presa e case sen datas igual que a da Casa da Xuventude, que a pesar de todo para ser a primeira vez tivo unha moi boa participación; na da Ponte o convinte é que moita xente está fóra, de vacacións; e esta de A Carballeira tivo máis participación que as outras” puidendo ser por que “foi
a última que se organizou, por que está próxima a San Martiño ou por que puxeron moito interese nesta carreira”. Con todo o visto nestas competicións haberá que ir pulindo defectos para que poida organizarse un bo circuíto de carreiras populares polos barrios da vella Auria a partir do ano que vén.
Carlos Expósito e Carlo Oliveira foron os vencedores da 1ª Carreira de A Carballeira
Circuíto de carreira O Concelleiro de Deportes de Ourense, Fernando Varela, valorou, unha vez
Nas fotos de arriba participantes da carreira absoluta de A Carballeira. /M. REJO
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
FÚTBOL
Medo ás alturas
4 Pouco lle dura o liderato a C.D. Ourense ao perder contra o Cerceda por 1 a 0. R. Barreiros O C.D. Ourense paréecelle ter medo ao liderato na Terceira División, xa que, despois de situarse ao fronta da táboa, os de Fonsi Valverde en dous partidos con mal xogo e sen pegada,
perderon o liderato en detrimento dun Rácing de Ferrol que cada día se encontra en mellor forma. Nas dúas últimas xornadas, tan só sacaron un punto conseguindoo en casa contra o Negreira e nas postrimerías do encontro. Contra o Cerceda na
pasada xornada non puideron remontar o tempraneiro gol dos locais, único tanto, á postre, do encontro. Os de Fonsi Valverde cederon nestas dúas xornadas cinco puntos que ben valerían para manter o liderato pero o medo ás alturas fixo
Lance do partido entre CD Ourense e Negreira en O Couto. /RAMSÉS
que agora ocupen a segunda posición a dous puntos dos ferroláns. En favor dos ourensáns, cabe dicir que moitos integrantes da plantilla pasaron nestas datas pola enfermería polo que Fonsi non puido contar con todos os seus efectivos pero aínda así, o xogo despregado no terreo de xogo non é o mesmo que en xornadas anteriores cando o equipo ourensán era o máximo goleador do fútbol nacional (o dito, medo ás alturas). Aínda que a liga vén aínda de comezar, o adestrador xa deu un toque de atención e alertou que xogando así non se podía aspirar ao máximo. Ao final da xornada número 11, o novo líder é o Rácing de Ferrol con 25 puntos, seguido polo C.D. Ourense con 23 puntos; tamén en postos de promoción están o vedugo nesta xornada dos ourensáns, o Cerceda que alcanza en puntos (23) ao equipo das Burgas, cuarto, é o Alondras con 18 puntos.
Martín tenta controlar un balón. /RAMSÉS Reciben ao Vilalonga O C.D. Ourense recibe a visita do Vilalongo o próximo domingo, 31 de outubro, a partir das 16.30 horas, nun partido que terán que mudar a dinámica das dúas últimas xornadas se non quere perder comba contra o Ferrol. O Vilalonga ocupa postos de descenso, é 17º con 9 puntos no seu casilleiro polo que chegarán ao Couto coa intención de dar a badalada e saír dos postos de descenso. Na seguinte xornada, o equipo visita a As Pontes que está na meta-
de da táboa, polo que estes dous encontros preséntanse como unha boa oportunidade para demostrar que foi un baixón pasaxeiro e que hai que contar con eles para disputar o título ligueiro e aspirar ao ascenso á Segunda División B.
Este domingo 31 de outubro, a partir das 16.30 horas, CD Ourense - Vilalonga, en O Couto
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
MOTOR
Os irmáns González, segundos Final anticipado de tempada no rali de España histórico
4 José Luis Abadín dá por concluída a tempada por problemas financieiros.
4 A proba disputouse en Ávila. R. Torres Ávila acolleu o II Rali de España, proba puntuable para os certames nacionais de Velocidade e Regularidade Sport. Os ourensáns, Ricardo e José Luis González, do equipo de Ourense Capital Termal aos mandos do Ford Escort RS2000 tiveron unha gran actuación en Regularidade Sport e, pronto comezarían a remontar na clasificación. Na primeira xornada decidiuse a clasificación final, sendo na segunda pasada á Lancha, sexto tramo ro rali, cando os irmáns González alcanzaría a segunda posición e non a abandonarían ata o final do rali, estando por diante deles os actuais líderes do campionato, Josep ey Xavi Gui. Este podio sabe a vitoria,
R. Torres
Os irmáns González nun control na proba de Avila. máxima cando fai escasas datas tiveron que abandonar no Rali de Galicia. Con este segundo posto, colócanse quintos na clasificación xeral no Trofeo de España de Regularidade Sport o que lles mete de novo na loita polos primeios postos de cabeza neste, o ano do seu debut.
O Ford Scort RS2000 nun dos tramos do rali de Avila.
No apartado de Velocidade, Antonio Sainz e Javier Martínez Cattaneo, foron os primeiros en Ávila, o que lles fai líderes avantaxados na proba. Próxima cita Ricardo e José Luis volveran ver as caras dos seus rivais os días 5 e 6 de nov-
embro, no Rali Costa Brava.
En Ávila, o Ourense Capital Termal tan só foi superado polos actuais líderes do campionato
José Luis Abadín ten que finalizar antes de tempo a tempada na European F3 Open debido a problemas financieiros, polo que non estará na partida na vindeira carreira, que terá lugar no circuíto de Jerez nin na última do calendario a disputar en no Circuíto de Cataluña, aínda que o ourensán non descartou participar nesta última. Devanditos problemas económicos os leva arrastrando durante toda a tempada, tendo que renunciar a disputa da carreira de Magny Cours
José Luis Abadín.
antes de dar por concluida finalmente a tempada. Agora toca comezar a traballar de cara ao próximo ano. O piloto laméntase de que nas tres últimas tempadas non tivo o apoio suficiente para realizar unha pretempada e tempada en condicións para poder loitar en igualdade de condicións cos seus rivais. A pesar dos problemas, o piloto ourensán chegou a estar terceiro na clasificación do European F3 Open.
Abadín chegou a estar terceiro esta tempada na European F3 Open
PUBLICIDADE
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
HOQUEI
Dous de dous
4 O Caldaria Barrocás encarámase nas dúas primeiras xornadas ao máis alto da clasificación con sendas vitorias. R. Barreiros O equipo de División de Honra B de hoquei sala, o Caldaria Barrocás, encarámase ao máis alto da competición trala disputa das dúas primeiras xornadas, sendo líder en solitario con catro puntos. Na primeira xornada a vitoria foi en terras catalanas ante o Egara por un apretado 1-2. Nesta segunda xornada, o Caldaria Barrocás xogaba ante a súa afección por primeira vez esta tempada. O rival foi o júnior, equipo que vencera na primeira xornada ao Valencia por un contundente 4-0. O partido
iniciouse con gran intensidade por parte do equipo visitante e cun Barrocás empregándose a fondo en defensa. A medida que transcorría o tempo, os locais empezaban a facerse co control do partido, chegando ao final da primeira parte sen goles no marcador. Na reanudación, o Júnior, como no inicio de encontro, presiona en todo o campo pero o Barrocás, novamente, sacúdese a presión e toma as riendas e o tempo do partido ata que, no minuto 12 deste segundo período, un contragolpe do equipo local pola dereita, remata en Penalti-Strot e, tira Rubén Quintas enga-
ñando ao portero, 1-0. E no minuto 28, o Caldaria recupera a bola no seu campo e, nunha rápida transición recibe a bola Xurxo que, desfacéndose de dous contrarios, bate a meta contraria de revés. Nos últimos cinco minutos o empuxe do Júnior faino dispor dun penalti córner e un penalti strot que o porteiro local solventa sen problemas. Próximas citas O próximo encontro do Caldaria Barrocás será en Sevilla contra o recén ascendido Universidade, terá lugar o 7 de novembro por que esta fin de semana hai parón ligueiro polo torneo
Partido do Caldaria Barrocás contra o Júnior disputado en Mariñamansa. /RAMSÉS
Encontro entre Ourense Galicia Calidade e o Alcalá. /RAMSÉS autonómico de seleccións Sub-18 masculino. O Caldaria Barrocás volverá a xogar en casa o 14 de novembro contra o Murcia. O Ourense Galicia Calidade non arranca O Ourense Galicia Calidade, da División de Honra do hoquei nacional, non puntúa nos tres primeiros partidos da liga e afúndese na clasificación con tan só un gol nos tres encontros disputados. Cabe recordar que en pretempada o equipo apenas contaba con efectivas para a disputa da liga polo que o equipo que se formou nas postrimerías da pretempada fixo que se chegue a esta situación, xa que é unha plantilla curta e sen apenas adestramentos. O Ourense na primeira xornada sufriu un duro correctivo ao caer estrepitosamente contra o Polo por 8-0; no segundo partido, en casa, volvería perder contra o Alcalá por 0-2; e na ter-
ceira xornada o verdugo foi o Terrassa quen lle endosou un 3-1. O Terrassa é terceiro con catro puntos de seis posibles. Despois do parón da próxima xornada, o Ourense xogará en casa contra o Cajacantabria, o domingo 7 de novembro. As ourensás deberán ir cada día a máis para saír do pozo no que se encontran sumerxidos. Primeira grupo III No grupo terceiro da Primeira División están encadrados os representantes ourensáns, na que o Apóstol é o líder con catro puntos dos catro posibles; Cidade de Ourense e Caldaria Barrocás son os seus inmediatos perseguidores con tres puntos cada un. O Albor é cuarto con dous puntos, e pechan a clasificación cun puntos en dous partidos o At. Coruña, o Atlántico Caixanova de Vigo e os ourensáns o Pabellón e o Calor y Fuego - Cudeiro;
estes dous conxuntos veñen de empatar a dous tantos na segunda xornada de liga. Para a vindeira xornada que se disputará o sábado 6 de novembro, os enfrontamentos dos ourensáns son os que seguen: o Pabellón contra Coruña, ás 16 horas; Calor y Fuego - Cudeiro fronte o Caldaria Barrocás, ás 18 horas e ás 20 horas, Apóstol Ourense contra o Cidade de Ourense; todo eles no campo de Mariñamansa. O Albor visita a cancha do Atlántico Caixanova de Vigo.
A competición volve a Mariñamansa o sábado, 6 de novembro con partidos da 1ª División Nacional e o domingo 7, turno para o Ourense feminino
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
POLIDEPORTIVO
O Campus Ourense, líder
4 Os de Ernesto Barbosa arrancan na liga con dúas vitorias consecutivas. Redacción O Campus Ourense Rugby continúa ao fronte da clasificación trala vitoria na segunda xornada contra o Iveco Universidade de Vigo co resultado de 36-10. Na primeira parte, as melés e touchés foron de gran igualdade para os dous conxuntos o que permitía dispoñer de moitas oportunidade tanto para os ourensáns como para os vigueses. Aínda así, o conxunto ourensán dominou o encontro, mostrando ante os afeccionados presentes nas gradas do campo de Monterrei un xogo dinámico e moi vistoso, con rápidas transicións entre a dianteira e a liña de tres cuartos facendo chegar ao marcador os primeiros ensaios a
cargo de Metita, Abraham, Khalifa e Lucas. Remataría a primeira metade cun claro 29-0 para os locais. Na segunda metade, a relaxación dos xogadores ourensáns, debido ao abultado do marcador, era notable, o que fixo que o Universidade de Vigo acortara distancias, grazas a dous ensaios dos visitantes. Pero, un ensaio de Iago polos ourensáns, transformado por Pelos, devolvía a tranquilidade ao Ourense e cortaba calquera dúbida de que a vitoria quedaría en casa. Marcador final de 3610 é vitoria con bonus para os ourensáns que se manteñen ao fronte da clasificación con 10 puntos, dous de vantaxe sobre o equipo santiagués do Gallaecius que venceu a domicilio ao
Fendetestas. No outro partido da xornada, Mareantes e Ferrol empataron a 19 puntos. Equipo cadete Unha vez rematado o encontro dos sénior, o turno era para os cadetes que recibían ao Universidade de Vigo, nun partido amigable que servía para medir as forzas de ambas as dúas escadras de cara a liga que esta a piques de iniciarse. O encontro estivo igualado no primeiro período, e no segundo, os ourensáns tiveron máis dominio do xogo; froito deste dominio o Campus de Ourense logrou a vitoria por 31 a 17, deixando boas sensacións para o próximo comezo de liga.
Entrada a melé no partido do Campus de Ourense contra o Univerisdade de Vigo.
Un dos participantes no Open Cidade de Ourense de billar.
Movilla conquista o Open Cidade de Ourense de Billar
4 É o seu segundo entorchado neste evento. Redacción Durante tres días (10, 11 e 12 de outubro), Ourense acolleu a sexta edición do Open Cidade de Ourense de Billar onde o ourensán Francisco Movilla alzaríase co triunfo final. Esta é a segundo vez que Movilla conquista este Open sendo en 2006 a súa primeira vitoria. Nestas tres xornadas puideronse ver grandes enfrontamentos, que refrendaron o gran momento de forma dos xogadores ourensáns. Na primeira xornada, o veterán xogador carballinés, Juan Cerdeira, o ourensán Francisco Movilla e o croata Dennis Kulovic, accederían á gran final. Juan Cerdeira demostraba nesta primeira xornada que volve polos seus foros, mentres que o croata pasaría sen desplegar un gran xogo pero con suficiencia para superar a ronda.
Na segunda xornada o máximo favorito e xogador da Liga Nacional, Jacobo Martínez, o ourensán Marcos Rivera e Adrián Piñeiro foron os que lograron o pase para a final. Este último xogador, foi unha das grandes sorpresas, xa que é un xogador recén ascendido a 2ªB; Piñeiro realizou un gran torneo vencendo a moitos xogadores de superior categoría e perdendo pola mínima con Jacobo Martínez. A terceira xornada traería aos últimos clasificados para a final, sendo estes Manuel Sampayo e Pablo García, logrando o seu pase tras ir mellorando co paso das partidas e deixando apeado da final ao ourensán José Manuel Rivero, quen acusou o esforzo e non puido dar o seu máximo nivel. Na fase final, Jacobo Martínez chegaría á final despois de derrotar a Marcos Rivera e Pablo García;
no outro cadro, Francisco Movilla facía o propio con Dennis Kulovic e Adrián Piñeiro vencéndoos con facilidade e solvencia (6-1 e 6-3 respectivamente). Así, Movilla chegaría á gran final, impoñéndose a Jacobo Martínez por 6-4 nun enfrontamento con altibaixos dos dous xogadores e mandando a Jacobo á zona de perdedores. Pola súa banda, Marcos Rivera, na zona de perdedores, ía desfacéndose dos seus rivais ata chegar a xogar de novo con Jacobo Martínez con quen perdera nunha ronda anterior; pero nesta ocasión a partida foi para Marcos Rivera, tendo ambos os dous moitos fallos, polo que accedería á final contra Movilla. Na final vencería Movilla por 6-4 logrando deste xeito o seu segundo título neste torneo e demostrando o bo estado de forma no que se encontra.
10
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
BALONCESTO
A saír do pozo no Pazo
4 Club Ourense Baloncesto tentará gañar contra o Lleida e así ver con máis tranquilidade a clasificación. R. Torres O Club Ourense Baloncesto xoga este venres, 29 de novembro a partir das 21 horas, no Pazo dos Deportes Paco Paz, o partido da sexta xornada que o enfronta ao Lleida e, no que tentará levarse a vitoria e ver a clasificación con máis tranquilidade. Os ourensáns levan un partido gañado de cinco disputados e foi no partido da cuarta xornada disputado en casa ante o Tarragona e despois de xogar uns primeiros 35 minutos nefastos. Os seguintes 15 minutos ata o final do encontro foron outra historia, e os de Paco García lograron remontar un resultado adverso de 17 puntos abaixo. Ao final, 93-85 para un Ourense que
parece haber recuperado a Moses Ehambe, desaparecido nas primeiras xornadas, e que reivindicouse con 23 puntos (cinco triples) e un Mokongo espectacular na batuta da orquestra. Na quinta xornada, o COB desprazouse ata a Palma volvendo o xogo das primeiras xornadas e sen ter opción de loitar polo triunfo final, 86-74, e maquillando o resultado nos últimos minutos de encontro. Ao remate do partido, Paco García mostrábase preocupado por como pasou o rival por encima do seu equipo. Toca Lleida Este venres, 30 de outubro, o COB volta ao Paco Paz para xogar contra o Lleida. Ourensáns e ilerdenses están separados
Abo
Ourense Capital Termal vence pero non convence 4 Gaña no último cuarto. Redacción
Arco loitando por un balón fronte ao Murcia./R.T. por unha vitoria a favor do equipo catalán -dúas vitorias do Lleida por unha do Club Ourense Baloncesto-, polo que o partido se presenta emocionante. De gañar os ourensáns verían a luz no tunel e de perder afundiríanse no pozo da clasificación.
Festa Samaín O Club Ourense Baloncesto para este partido invitará aos nenos ourensáns, que disporán dun set de maquillaxe para que se maquillen con motivos do Samaín. Tamén terán a merenda de balde. Os socios entrarán no sorteo dunha bicicleta.
O Ourense Capital Termal, ven de gañar na cuarta xornada de liga, no pavillón dos Remedios contra o Universidade de Oviedo nun partido no que o cadro ourensán tivo que empregarse a fondo no último cuarto para dobregar ao equipo asturiano. Esta é a segunda vitoria de tres encontros nesta tempada o que o fai ocupar a sétima posición na clasificación cun partido menos, o que se aprazou no seu momento contra o Chantada. Este partido
xogarase o 15 de decembro no pavillón municipal de Chantada. Próximo partido O próximo encontro do ABO é esta mesma semana, sábado 30, en Ferrol contra o Recinor Ferrol, equipo que ocupa a segunda posición e conta os seus catro partidos por vitorias. A afección do ABO volverá ver ao seu equipo nos Remedios o domingo, 7 de novembro, a partir das 12.15 horas, e medirase ao Beirasar Rosalía, escadra que é penúltima na liga e aínda non coñece a vitoria esta tempada.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
BALONCESTO
Cita coa esperanza
4 O Codigalco Carmelitas aínda non coñece a vitoria no que vai de tempada. R. Torres Universitario de Ferrol, Arranz-Jopisa Burgos e Aguere foron os tres conxuntos que ata o de agora conseguiron vencer, con maior ou menor dificultade, ao Codigalco Carmelitas nas primeiras citas do Campionato Nacional de Liga Feminina 2. Como visitantes na primeira xornada e anfitrioas nas dúas seguintes, os tres encontros desputados polo Codigalco depararon o mesmo desenlace, pero distinta imaxe. Mentres ante o Universitario de Ferrol as colexialas ofrecían un desafortunado arranque ligueiro no que o resultado final de 72-40 dicíao todo, ante o Arranz-Jopisa Burgos mostraban que tamén saben pelexar e porllo difícil ata a quen o da todo por gañado xa antes de comezar o partido; de feito a tan só tres segundos para o remate as ourensás tiñan a vitoria na man, pero unha acertada e determinante canastra das burgalesas obrigaba a alongar ata a prórroga un encontro que a partir do terceiro cuarto comezou a ser controlado polas locais. Lamentablemente, os seis puntos de vantaxe que acadou o Arranz ao comezou do tempo de desconto marcaron o resto do mesmo
e sentenciaron a cita, ante un Codigalco que a pesar da derrota saía do primeiro acercamento coa súa afición co bo sabor de boca que deixa un partido competido. Sen embargo, a motivación que gañaron as ourensás a raíz desta ocasión non foi suficiente para contrarrestar os erros que o conxunto segue a repetir en defensa e unha semana despois non eran quen de facer fronte ao Aguere (Islas Canarias). Sempre por detrás no marcador, chegando incluso a sufrir unha diferenza de 33 puntos, as locais trataron en todo momento de acortar distancias ou, como mínimo, de non porlle as cousas sinxelas ás canarias, pero o tempo non foi suficiente e o encontro finalizaba cun demasiado contundente 46-68. Tres derrotas que non alimentan en exceso o optimismo, pero que si deben de servir para solventar as carencias do equipo e loitar por escribir o maior número posible de vitorias nas páxinas aínda en branco deste campionato. A última incorporación A pasada semana uníase ao equipo colexial Noelia Oliva, base/escolta de 1,75 m que durante a tempada anterior militou no Obena-
Unha cara e dúas cruces
4 O Pabellón feminino venceu no primeiro dos tres encontros disputados ata a data. R. Torres
Partido desta tempada do Carmelitas na casa. /RAMSÉS sa Navarra, co que viviu o ascenso a Liga Feminina e acadou unha media de 20 MPG (minutos por partidos gañados) e 6,3 PPG (puntos en partidos gañados). Anteriormente, xogou no UniCaja Canarias, Cáceres e Burgos; debutou na Euroliga en 2007; e foi internacional Sub-20 e Sub-18 coa Selección Nacional. En definitiva, unha das xogadoras de LF2 con mellor currículum e peza chave para que o conxunto ourensán logre materializar o seu proxecto deportivo para este ano. Con Noelia Oliva son xa tres as internacionais que defenden as cores do Carmelitas na actualidade (ela e Míriam Bolivar por España e Beata Gullberg por Suecia). Vindeiros encontros O sábado 30 de outubro o Codigalco ten a seguinte oportunidade para estrearse
como gañador nesta tempada na cancha do Coelbi Bembibre PDM. E o día 6 de novembro acompañarase de novo do seu público no Polideportivo Vedruna para recibir ao Aros Leon.
O 6 de novembro, ás 19.30h. Carmelitas - Bembibre no polideportivo Vedruna
11
O Pabellón feminino comezou esta tempada 20102011 cunha vitoria e dúas derrotas nas tres primeiras xornadas disputadas ata a data. Se ben é certo que o ano pasado non conseguiron a primeira vitoria ata a xornada 11. Nesta tempada a primeira vitoria chegaría no primeiro encontro e a domicilio contra o Universidade de Valladolid (51-67), para unha semana máis tarde no debut ante a súa afección o Pabellón caera no primeiro encontro como local ante o Valbusenda por 63-78. A terceira xornada faría desprazar as ourensás ata Santiago para enfrontarse ao Pío XII e de novo saíron
derrotadas por 20 puntos de diferenza (67-47) ante as líderes provisionais da Liga Feminina 2. Actualmente as de Lisardo Rodríguez son novenas cunha vitoria de tres posibles. Este sábado 30 de outubro, as ourensás volven aos Remedios diante da súa afección no partido da cuarta xornada que as enfrontará ao Arxil que ocupa a sétima posición e ten as mesmas vitorias e derrotas, 1-2, que as pabellonistas.
O Pabellón recibe en Os Remedios ao Arxil este sábado, 30 de outubro ás 20 horas
Partido disputado en Ourense entre Pabellón e Valbusenda. /RAMSÉS
12
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
PONTE - CIDADE
Ourense é único polo seu “Ponte” e polas “Burgas”
4 Ponte Ourense lévase o derbi contra o Cidade de As Burgas nun encontro moi vibrante tanto dentro como fóra da cancha. Estatísticas do encontro: Ponte Ourense: Eva, Ampi, Laura, Marta e Sarita (cinco inicial). Tamén xogaron, Bea, Anita e Souza. Cidade de As Burgas: Nati, Peque, Sonia, Iria e Laura (quinteto inicial). Tamén xogaron, Vanesa, María Arias e Raquel. Pabellón Los Remedios. Máis de 1.000 espectadores. Tarxetas: Cartulina amarelas para Sara e Marta no Ponte e con amarela tamén a Peque, Nati e Iria do Cidade Expulsadas por dobre amarilla Sonia (9’), Laura (30’) do Cidade de As Bur-
gas además do técnico do Cidade Manolo Codeso. Goles: 1-0, min. 20 Laura 2-0, min. 25 Ampi 2-1, min. 28 Vanesa 3-1, min. 36 Bea R. Torres Tres cousas diferenzan a Ourense: a ponte Romana, o Santo Cristo e As Burgas fervendo auga. Destas tres señas de identidade da nosa cidade, dúas son representadas á perfección polos nosos equipos femininos de División de Honra; o Ponte Ourense e o Cidade de As Burgas, que disputaron o
primeiro derbi ourensán na máxima categorìa do fútbol sala español. Partidazo o vivido no pavillón dos Remedios de Ourense ante a presenza de máis de 1.000 afeccionados nas bancadas animando a ambas as dúas escuadras, na quinta xornada da División de Honra do fútbol sala feminino. O partido, aínda que as xogadoras non desplegaron toda a súa calidade na cancha, foi dunha gran intensidad, marcado sobre todo polo respecto mutuo. As xogadoras de Manuel Castillo, tentaban levar en todo momento a iniciativa do balón e controlar o tempo
do partido; pola súa banda, as de Manolo Codeso sabían como tiñan que xogar e esperaron ben asentadas atrás ás pontinas para atacar en rápidos contagolpes tralo roubo do balón ou en saques lonxanos por parte da porteira Nati. No comezo do partido as dúas escuadras medían as súas forzas, algo normal nun partido destas características no que os dous conxuntos queren obter un bo resultado diante da súa afección e, pouco a pouco, o balón estaría máis do lado pontino aínda que sen máis ocasións de cara ao gol que as do Cidade. No minuto nove, a veterana Sonia Pa-
As bancadas estiveron cheas de afeccionados dos dous conxuntos que non se perderon nin un so detalle. /RAMSÉS
cios era expulsada por dobre amarela o que fixo que as de Codeso xogaran durante dous minutos cunha xogadora menos; esta superioridade non se viu reflectida no marcador e volvía a igualdade no número de xogadoras en pista. Cando todo parecía que irían aos vestiarios sen estrear o marcador, Laura adiantaría ao Ponte Ourense aproveitando un centro de Ampi ao segundo pao, despois de xogada persoal da andaluza. Segundo tempo No segundo tempo, o dominio foi de novo para as de Castillo e refrendouse aos cinco minutos da reanudación cun novo tanto a cargo de Ampi de disparo cruzado. Pero o Cidade continuaba co seu xogo e esperaba a súa oporunidade, que chegaría no minuto 28 de encontro con Vanesa como goleadora -sería o seu noveno tanto en liga- tras xogada de Iria cun centro ao área para que Vanesa tan só tivera que deslizarse para golpear o balón e que entrara na portería de Eva Tamayo, quen non puido evitar o tanto. Cando máis intenso estaba o encontro, unha nova expulsión das do Cidade, esta vez era Laura por dobre amarela, facía estar de novo en superioridade ao Ponte Ourense, quen desta vez non desaproveitou a oportunidade e puxo terra
Laura e Vanesa en dura pugna por u de por medio cun gol de Bea a falta de catro minutos para o final do encontro, nunha xogada iniciada por Eva desde a súa portería. A partir dese momento, Codeso optou polo xogo de cinco de campo pero o marcador permanecería invariable ata o final do encontro.
Máis de 1.000 persoas encheron as bancadas da cancha central dos Remedios Tanto Ponte como Cidade xogan como locais ás 17 horas no pavillón municipal
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
PONTE - CIDADE
4 Incidentes na bancada R. Torres
un balón. /RAMSÉS
Ao final do partido afeccionados dos dous conxuntos enzarzáronse nunha disputa dialéctica que rematou con algún que outro empurrón. Os nervios afloraron e non souperon conter tanta emoción que nos brindaron os nosos dous equipos representativos da nosa cidade na máxima categoría do fútbol sala feminino. Por que os dous son ourensáns e os dous nos representan. O marabilloso das gradas durante todo o encontro, estaban cheas de afeccionados moi animosos, non se pode empañar por que catro persoas se pelexen polas súas cores. Non se pode permitir que o traballo de Castillo e de Codeso coas súas xogadoras se empañe porque uns traspasen o límite da súa paixón. Dúas cousas temos que recordar: 1. Que eran dous equipos irmáns os que estaban na
4 As notas do encontro
Sobresaínte: Ás bancadas (pero só durante o encontro). Máis de 1.000 afeccionados nas gradas da cancha central do pavillón dos Remedios. Que siga así o espectáculo. Notable: Á porteira do Ponte, Eva Tamayo, segura durante todo o encontro, só encaixou un gol ante o que non tivo nada que facer. Ben: Ao plantexamento de Manolo Codeso. Soubo en todo momento como tiñan que xogar as súas pupilas e estivo cerca de dar a badalada. Ben asentadas en defensa e buscar en contras as sùas oportunidades. Aos dous conxuntos, a pesar de non mostrar os dous equipos todo o potencial que teñen houbo intensidade e emoción; gañou o favorito pero o Cidade demostrou que é un equipo con presente e futuro. Aprobado: Ampi e Vanesa. Novo partido e nova cita co gol de dúas das máximas artilleiras do fútbol sala feminino. Suspenso: Á expulsión de Sonia Pacios. A veterán do Cidade non pode saír do partido aos nove minutos de xogo por unha tarxeta absurda. Os galóns téñense que notar neste tipo de encontros. Ela é a “alma mater” do conxunto e era unha boa ocasión para demostralo. Seguro que lle esperan tardes mellores.
cancha loitando pola vitoria. 2. Nas bancadas había moitas xogadoras dos filiais de Cidade e de Ponte polo que non se lle pode amosar unha escea tan fea como a ocorrida ao final do encontro, xa que podemos botar por terra o traballo de adestradores, monitores, educadores... que nestes dous conxunto é moi bo. Que este partido sirva para crear afección ao fútbol sala feminino na nosa cidade, que o temos e do bo, do moi bo, e poidamos ver cada sábado ás 17 horas (ou a Cidade ou a Ponte xogan ese día a esa hora, que é cando o fan como locais), as bancadas dos Remedios cheas de afeccionados como estiveron no derbi. O espectáculo por ambos os dous conxuntos está asegurado, creanme! E esquezámonos de rencillas malas compañeiras que non nos sirven de nada nin nos levan a ningún lugar.
Sarita fai un regate ante a presenza de Laura e Peque. /RAMSÉS
Unidas polo gol Redacción
Ampi (Ponte Ourense) e Vanesa (Cidade de As Burgas, seguen co seu estado de gracia de cara ao gol. No que levan de tempada marcaron en cada partido e neste non fallaron á cita. Un gol para cada unha delas.
Ampi e Vanesa.
Iria despraza o balón presionada por Laura. /RAMSÉS
13
14
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
POLIDEPORTIVO
Con opcións para a fase final
4 Disputouse a segunda xornada do interautonómico e o Mabel mantén opcións de clasificarse para a fase final. R. Torres Despois de dúas xornadas disputadas e as retiradas da competición dos equipos de Oporto e Finisterre, o equipo ourensán do Marbel ocupa a sétima posición de 16 conxuntos participantes, con opcións de meterse na fase final, na que entran os catro primeiros clasificados da primeira fase. O representante ourensán rematou unha segunda xornada de forma satisfactoria para os seus intereses de meterse na fase final, que, de ocurrir, sería a primeira vez que o consigue. O representante ourensán, que dirixe o Mestre 6º Dan, Manuel Montero, completou unha gran xornada. Con Miguel Álvarez lesionado, Zeus Herrero, Cristian Alvarez, Felipe Iglesias e Isols Mayáns, máis o suplente Guillermo Otero, certificaron unha boa xornada con catro vitorias de seis posibles; 3 vitorias a unha contra o Manhente portugués, 4-0 contra el Jiu Jitsu Coruña, 3-1 contra el Parque Sport Valladolid e 4-0 ao Famu Vigo C. As derrotas foron contra o intratable Arteixo (1-3) e un empate (2-2) contra o Judo Club Coruña B solucionado a favor dos visitantes por puntos (12-20). O Marbel tiña sete vitorias pero as baixas de Oporto e
4 Participaron máis de 80 tiradores.
Finisterre fan que o equipo da vella Auria quede con cinco vitorias, un empate e tres derrotas, xa que se lle retiraron as vitorias logradas ante estes dous conxuntos. O conxunto dirixido por Manuel Montero está a dous encontros gañados dos postos que dan acceso á devandita fase final. O sábado, 30 de outubro, disputarase a última xornada da fase regular na que os ourensán terán que botar toda a carne ao asador se queren alcanzar unha das catro primeiras posición para chegar á final. Esta liga interautonómica reúne a 18 equipos masculinos (agora son 16 tralas baixas citadas anteriormente) e 16 femininos de Galicia, Asturias, Castilla León e Portugal, accedendo áronda final os catro mellores.
Redacción
Combate de Christian Álvarez na Liga Interautonómica.
4 Ana Fernández, cinturón negro de judo A judoka de ximnasio Marbel Ana Fernández Morais, aprobou a pasada fin de semana en Santiago o examen de Cinturón Negro de Judo, tras demostrar os seus coñecementos ante un tribunal da Federación Galega. É a terceira ourensá que o acada.
Eiroás acolleu o Campionato Galego de Aire Comprimido
4 Randori Internacional
250 nenos de Galicia e Portugal participaron no Randori Internacional que tivo lugar no polideportivo do Campus de Ourense e, pechando desta forma a Copa Deputación 2009-2010. Esta reunión de judokas non ten caracter competitivo para os rapaces que participan nela e o que se pretende con ela é estimular unha boa técnica e aprendizaxe do Judo ademais de valores como o compañerismo, a xenerosidade, a diversión e a disciplina. Nesta edición, pioneira polo tipo de formato do evento, participaron 18 equipos galegos e 3 portugueses. Para próximas citas agárdase contar cun maior número de rapaces de toda Galicia e Portugal.
Máis de 80 tiradores participaron a pasada fin de semana no Campionato Galego de Aire Comprimido disputado no Club de Tiro de As Eiroás. En pistola, categoría absoluta, Gervasio Murado Linares, de Lugo alzouse co triunfo batendo aos favoritos nunha disputadísima final; Carlos Igrexas Pérez de Pontevedra gañou a medalla de prata e Darío Proscia Penado de Coruña quedou terceiro. O ourensán Manuel Martínez Varela clasificouse en cuarta posición a tan só sete décimas do primeiro. En carabina, categoría absoluta, o tirador de Ourense Jorge Encinas Arnau gañou o campionato por terceiro ano consecutivo desde a súa volta ás canchas de tiro; os coruñeses Antonio Casal rei e Jesús García Parada obtiveron a prata e o bronce respectivamente. Numerosa foi a participación en pistola aire damas, na que Manuela Garabal gañou con autoridade a pesar de non ter podido adestrarse para o campionato. A tamén ourensá Nuria Mera Carrión quedou segunda e Maria José Arevano da Coruña obtivo o bronce. Pola súa banda o tirador ourensán Enrique Dorrio gaño o campionato en pistola categoría veteranos B. O campionato contou con numerosa participación, máis de 80 tiradores
Manuela Garabal, gañadora en pistola./J.ENCINAS. das catro provincias galegas e a organización estivo á altura das circunstancias. As tiradas desenvolvéronse durante a mañá e boa parte da tarde do domingo 24 e contaron coa presenza do concelleiro e xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Mario Guede. Mellora das instalacións Durante a entrega de trofeos o presidente do Club de Eiroás, Celso Parga, anunciou as próximas obras de mellora das instalacións do campo de tiro, o que no futuro permitirá a organización en Ourense de campionatos de ámbito nacional e de modalidades de tiro para deportistas discapactiados, todo iso grazas á colaboración económica da Deputación e do Concello de Ourense.
Un momento da competiciónd de pistola. /J.ENCINAS.
PUBLICIDADE
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
15
16
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
POLIDEPORTIVO
Éxito na primeira tempada
4 A sección Máster do Club Natación Pabellón, a pesar de contar na primeira tempada con só catro integrantes. R. Torres A sección Máster do Club Natación Pabellón colleitou grandes éxitos sobre todo grazas aos irmáns García Colomo, Cristina e Manuel, na primeira tempada na que participaron en competicións. A sección contaba na tempada 2010 con catro integrantes e esperan que esta cifra se triplique chegando aos 12 integrantes como mínimo, en idades que van desde os 30 ata os 80 anos. Éxitos María Cristina rematou a tempada con 5 ouros, 2 pratas e 1 bronce nos campionatos de España, de inverno e de verán (celebrados en Castellón e Badaxoz). Nos
campionatos galegos (inverno en Pontevedra e verán en Ponteareas) logrou 6 ouros. Na actualidade ten 9 récords galegos, 4 en piscina de 25 e 5 en piscina de 50 metros; mentras que no ránking nacional é primeira en 400 estilos (piscina de 50 metros), segunda en catro probas en piscina de 25 metros e terceira nunha proba de 25 metros e outra de 50. Pola súa banda, Manuel Colomo, a pesar de ter que pasar polo quirófano este ano, os seus éxitos foron moi destacados. 3 ouros, 2 pratas e 3 bronces nos campionatos de España, de invierno e verán, e 6 ouros nos dous campionatos galegos, avalan o traballo deste
ano. Manuel ten 3 récords nacionais en 800 e 1500 libres e 200 mariposa en piscina de 25 metros, ademais de 28 récords galegos (18 en piscina de 50 e 10 en piscina de 25 metros). No ránking nacional é primeiro en 200 bolboreta e 400 estilos, tanto en piscina de 25, como de 50 metros, segundo en 800 libres piscina 25 e 200 braza en piscina de 50 e terceiro en 100 bolboreta e 200 estilos en piscina de 25 metros. Os outros dous integrantes do Máster do Club Natación Pabellón, Ana Pereira e Mario Marcilla completaron os campionatos galegos de inverno e verán con varios medallas nos seus pescozos.
Tempada 2011 Ademais de incrementar o número de licencias para esta tempada, o club conta con participar en todas as competicións tanto a nivel galego como nacional. O Campionato de España de inverno celebrarase en Pontevedra e a intención do equipo ourensán é a de levar un número importante de competidores do club para tentar traer un gran número de medallas tanto en categoría individual como en relevos. Os nadadores xúntanse os mércores na piscina de 50 metros do pavillón municipal para adestrar xuntos.
O Concello apoia o “Basket and English” Redacción A Xunta de Goberno Local aprobou a continuidade do programa formativo “Basket and English, the Willie Ladson Program” que se impartirá por tercer curso consecutivo en centros públicos da cidade en colaboración coa Concellería de Educación. Para o curso escolar que comeza, aprobouse a ampliación da impartición do curso formativo de Willie Ladson en dous novos centros, CEIP O Couto e CEIP Curros Enríquez. O programa consiste no emprego do inglés como ferramenta de comunicación e desenvolvemento dunha actividade deportiva como é o baloncesto, e complementario coas ensinanzas regladas do Ministerio de Educación e da Xunta de Galicia. Des-
te xeito, a Concellería de Educación reafirma a súa aposta por dous pilares básicos da formación íntegra dos mozos na actualidade: o deporte e a aprendizaxe de idiomas. A mellora do traballo en equipo e a capacidade de concentración son algunhas das premisas do programa, mentres melloran o seu inglés dun xeito ameno. Na edición 2010-2011 que comeza, participarán catro centros educativos da cidade: CEIP Irmáns Villar, CEIP A Ponte, CEIP Curros Enríquez e CEIP O Couto, en grupos de 16 alumnos cada un. Neste curso participan un total de 120 alumnos que cumplimentaron as súas solicitudes nos primeiros días de clase, de xeito que na primeira semana de inicio da actividade tiñan completas as prazas ofertadas.
Magdaleno segundo en A Saleta 4 Na súa clase. Redacción
Sección Máster do Club Natación Pabellón.
O Team Mayador continúa colleitando éxitos e, na XIX subida á Saleta, José María Magdaleno pilotando o Renault Sport Mègane Trophy alcanzou a segunda plaza na súa clase ademais de cuarto en carrozados e decimoprimero da xeral, a pesar de que as condicións do seu Renault Sport Mègane Trophy non eran as ideais para este tipo de subida. Magdaleno mostrábase satisfeito co resultado sabedor das súas dificultades, sobre todo na saída, con respecto aos seus rivais.
A recuperada subida á Saleta en terras de O Carballiño foi todo un éxito de participación e público asistente ao evento, facendo volver a Vila do Arenteiro ao calendario galego auomobilístico. Citas O Team Mayador comeza a traballar nas súas próximas citas, que nesta ocasión terán os circuítos como protagonistas. A primeira será no Jarama coas Ecoseries RACE e a segunda en Motorland Aragón co Castelán-Manchego de Velocidade en Circuíto, poñendo fin deste xeito á tempada 2010 do Team Mayador.
Magdaleno na subida á Saleta.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
POLIDEPORTIVO
O Galmédica Ourense colleita vitorias por partida dobre
4 Tanto o primeiro coma o segundo equipo, acadaron a vitoria nesta xornada. Redacción Os dous equipo que ten o Galmédica Ourense de Tenis de Mesa colleitaron a vitoria nesta xornada. O “A” impúxose a domicilio ao Mercantil de Vigo por un axustado 3 a 4, nun
encontro que resolveuse no sétimo partido, no de dobres cando a igualdade era a tónica do encontro. A parella ourensán formada por Ramón Becerra e Juan Angel Ferreiro impoñíase por 3 sets a 0 á parella viguesa, desfacendo o empate
Compoñentes do Galmédica “B”.
que había no marcador ata ese momento. Coa vitoria ante o Mercantil, o Galmédica ocupa a metade da táboa, cuarto clasificado, da 2ª División Nacional do Tenis de Mesa, empatado a puntos cos tres primeiros da clasificación. Na próxima xornada, a cuarta, o cadro ourensán recibe ao farolillo vermello, o Cinania, quen aínda non sabe o que é a vitoria nesta liga. O “B” invicto Se a sorte lle sorrí ao equipo “A”, mellor aínda pintan para o “B”, que nas catro primeiras xornadas sitúase como líder da 3ª División Galega contando todos os partidos por vitorias. A última ante o Monteferrei-
O Gálmedica “A” recibe este sábado ao pechacancelas, Cinania, no Paco Paz, ás 17 horas ros de Tomiño (Pontevedra) no Paco Paz au que venceu por un inapelable 7-0. O equipo ourensán non só vence, senón que ademais, non perdeu un só set no que levamos de liga -28 partidos gañados por ningún perdido-, polo que, a pesar de estar nos primeiros compases desta tempada, o equipo filial do Galmédica está chamado a ser un dos que ascenda á 2ª División Galega.
17
I Open de pádel “La posada de los monjes” Redacción O I Open de pádel “A pousada dos monxes” levouse a cabo entre os días 15 e 23 de outubro, nas instalacións do complexo deportivo Fitness-Place de Ourense. Cun total de 26 parellas en competición, tanto en categoría masculina, como feminina e mixta, o torneo foi un éxito tanto de participación coma polos nume-
rosos espectadores que acudiron ao evento. Os premios entregáronse na cervexaría “A pousada dos monxes”, xunto cun sorteo de material deportivo para os asistentes. Gañadores Os gañadores do torneo foron Federico López e Ramón Rodríguez, mentres que no cadro de consolación impúxose a parella formada por Javi Salgado e Diego Formoso.
Javi Salgado e Diego Formoso vencedores da final B.
18
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
CIDADE DE AS BURGAS
Loitan ata o último segundo cada partido
4 O Cidade de As Burgas perde en Zaragoza vendendo cara a derrota. R. Torres O recén ascendido, Cidade de As Burgas, á División de Honra do fútbol sala feminino, está a descubrir o complicado desta liga. Na pasada xornada caeu ante o Zaragoza, que levaba tres xornadas sen gañar. As de Manolo Codeso teñen claro que terán que loitar moito nesta camapaña se queren manter a categoría e por iso, non dan un encontro por perdido ata o pitido final. No partido contra o Zaragoza, as ourensás chegaron a ir tres abaixo no marcador (3-0) nos primeiros minutos
de encontro, pero o empuxe do equipo das Burgas logrou empatar a contienda antes do descanso (Sonia poría as táboas no marcador segundos antes do final do primeiro tempo que se sumaría aos tantos de Iria e Vanesa anotados anteriormente). Na segunda metade, as alternancias sucedíanse en ambas as dúas porterías, puidendo calquera dos dous conxuntos adiantarse no marcador. Pasada a metade do segundo tempo, as locais volvían adiantarse e cando Codeso optara polo xogo de cinco, un novo
tanto das mañas poñía terra de por medio. Cando todo parecía que estaba decidido, un novo tanto de Iria para o Cidade, facía volver a emoción ao partido que, acto seguido, Sareta de dobre penalti, convertiriao en espellismo e quedarían os tres puntos en liza en terras aragonesas.
17 horas na cancha central dos Remedios; o rival será o correoso Valladolid que está de cuarto con 15 puntos. O Cidade é décimo con nove puntos no seu casilleiro nestas sete primeiras xornadas, unha boa colleita de puntos se temos en conta que xa se enfrontou con rivais que están chamados o loitar pola liga como o Móstoles, Ponte Ourense e Atlético de Madrid (os tres son os primeiros da clasificación), ademais de Córdoba, Rioja, Murcia e o Zaragoza.
O Cidade de As Burgas, aos poucos minutos ía perdendo en Zaragoza pero antes do descanso logrou empatar o encontro. Na segunda metade o partido decantouse do lado local por un 6-4
Esta fin de semana non hai liga na División de Honra polo compromiso da selección española O Cidade volta aos Remedios o sábado, 6 de novembro a partir das 17 horas contra o Valladolid
Parón e volta aos Remedios Despois do parón que terá lugar esta fin de semana, o Cidade retoma a competición o próximo mes de novembro, concretamente o sábado, día 6, a partir das
4 Vanesa pichichi
Xogada do último encontro disputado en casa polo Cidade ante o Rioja. /J.R.
A xoven xogadora do Cidade de As Burgas, Vanesa, e a máxima artilleira da liga con 11 tantos. Vanesa está igualada en goles a xogadoras tan contrastadas como a pontina Ampi e Sofía do Navalcarnero todas elas con 11 dianas. O mérito é maior desta xogadora ourensá se se ten en conta que esta é a súa primeira participación na máxima categoría na División de Honra do fútbol sala feminino.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
FÚTBOL SALA
19
Invictas na liga
4 O Ponte Ourense continúa invicto na División de Honra trala vitoria contra o Femesala Elche. R. Torres Invictas, así é como seguen as xogadoras do Ponte Ourense despois da disputa da sétima xornada da División de Honra. A última vítima, o Femesala Elche non lles puxo as cousas nada fáciles ás pupilas de Manuel Castillo. O partido presentábase como unha oportunidade de aventaxar na clasficicación en oito puntos a unha das rivais directas de cara a consecución do título polo que o espectáculo estaba servido. O Ponte comezou adiantándose no marcador cun gol da goleadora do cadro pontino, Ampi. Froito deste gol, as pontinas encontrábanse máis cómodas no parquet pero o Elche ten-
taba buscar a igualada que chegaría minutos máis tarde, tras unha perda de balón de Sara. Sería a propia Sara a que enmendaría o seu erro e a portería ilicitana de forte disparo de fóra da área. Con este resultado de 2-1 chegaría ao descanso. Na reanudación, as de Castillo seguían dominando o partido; este dominio reflectíuse no marcador con dous tantos, e novamente Ampi e Sara como protagonistas, o gol de Sara desde o campo propio ao roubar un balón e golpear cara a portería baleira, aproveitándose de que Maravillas optara por xogar con cinco de campo. O Femesala, lonxe de amilanarse, seguía presionando con cinco xogadoras ante o cadro local
e, froito desta presión chegaría o segundo gol visitante para metelas de novo no partido. Pero Ampi, instantes máis tarde completaría o seu “hat trick” cun novo tanto despois de sentar á porteira visitante. Cando todo parecía perdido para o Elche, Maravillas seguía confiando no xogo de cinco e a constancia dunhas e o cansancio das outras levou a que as levantinas deran a volta ao marcador e lograran o empate nas postrimerías do encontro. Canto todo parecía que os dous conxuntos se repartirían os puntos, Laura rematou unha contra de potente disparo que elevaría o 6-6 ao electrónico e daría ao Ponte unha nova vitoria, a sétima desta liga.
Ampi bate a Mónica, a porteira do Femesala Elche. /RAMSÉS Con este resultado, o Ponte Ourense non coñece a derrota nesta liga e ocupa a segunda posición -21 puntos- cos mesmos puntos que o Móstoles, sendo as madrileñas primeiras pola diferenza de goles. Esta semana hai parón na División de Honra do fútbol sala feminino, polo que Ponte Ourense reanuda a competición o sábado, 6 de
novembro, contra o colista, Campillos, no seu feudo. O próximo encontro na casa terá lugar o 13 de novembro, contra terceiro clasificado, o Atlético de Madrid Navalcarnero, no que será un dos partidos da xornada. O equipo madrileño é terceiro a tres puntos dos líderes Móstoles e o propio Ponte Ourense. Ampi, goleadora A xogadora andaluza do Ponte Ourense, Ampi é a máxima goleadora de equipo ourensán e da liga. Honra que comparte con Vanesa do Cidade e Sofía do At. de Madrid Navalcarnero. Ampi, leva 11 goles en sete partidos polo que a súa adaptación ao equipo ourensán foi total en moi pouco tempo, demostrando o acertado da súa fichaxe.
O próximo encontro en casa é contra o Atlético de Madrid Navalcarnero o sábado, 13 de novembro ás 17 horas, nos Remedios
Ampi rematando a portería. /RAMSÉS
4 Ampi, Sara e Laura, convocadas coa selección
Entrada sobre Sarita dunha xogadora do Femesala Elche. /RAMSÉS
As xogadoras pontinas, Ampi, Sara e Laura son convocadas polo seleccionador José Venancio López para disputar un encontro amigable contra un combinado de xogadoras da rexión de Murcia, que se disputará o día 30 de outubro en Totana. Os dous partidos previstos contra a selección de Ucrania foron suspendidos.
20
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
ACTUALIDADE
A Xunta de Galicia investiu catro millóns de euros en instalacións deportivas por toda a provincia
4 Tamén se compreometeu a construir un polideportivo de ximnasia en Mariñamansa. R.B. Rogelio Martínez, como delegado da Xunta de Galicia en Ourense, anunciou o compromiso por parte da institución autónoma de construir un polideportivo de ximnasia en Mariñamansa coa intención de que sexa un referente en toda Galicia para a práctica deste deporte. Para iso, o concello de Ourense debe ceder os terreos precisos mediante un convenio para que se leve a cabo a obra, que se estima terá un orzamento de tres millóns de euros. Para o delegado territorial, que se faga este polidepor-
tivo en Ourense é moi importante e unha débeda con este deporte en Ourense, xa que desta terra saíron importantes ximnastas como Marta Bobo, Pino Díaz, Adita Pazos, Luis Roales ou Silvia Alonso, ademais dos actuais Daniel Pérez e Yael Campelo e Carlos Trigo en sub-14 que participan en numerosos campionatos con moito éxito. Na provincia, a ximnasia conta con escolas deportivas en Ribadavia, Carballiño e Allariz, ademais Ourense conta coa Federación Galega de Ximnasia, polo que en palabras de Martínez “hai que respostar tanta demanda”. Coa
creación deste polideportivo prevese que nel se poida acoller campionatos nacionais e internacionais. Investimento en toda a provincia Durante todo o 2010, o delegado territorial asegurou que a Xunta fixo un investimento de máis de catro millóns de euros en obras de construción, mellora, acondicionamento e reforma de instalación deportivas, adquisición de equipamentos deportivos, convenios cos concellos e adquisición de aparellos biosaudables. As accións que tiveron lugar neste ano foron numero-
Mario Guede e Rogelio Martínez na rolda de prensa explicando as actuacións da Xunta no 2010. /RAMSËS
Numerosa participación nas xornadas de Deporte e Saúde organizadas polo Campus
4 Interviron profesionais de diversas actividades. Redacción A pasada fin de semana, o Campus de Ourense organizou unhas xornadas sobre Deporte e Saúde na sede social da Fundación Caixa Galicia. Ponentes Nas ponencias estiveron xente moi destacada no seu
ámbito, como Juan Francisco Marcos Becerro, falando sobre “Exercicio, saúde e lonxevidade”; Sandra Marcela Matsudo co tema “A actividade física na construcción da saúde: A experiencia do programa Agita sao Paulo”; Vicento Martínez e Mairena Sánche,z que explicaron o “Movi: unha intervención de actividade
física de tempo libre en escolares”, entre outros ponentes. As xornadas foron todo un éxito, chegando a superar o cento de persoas que foron ás ponencias, persoas de diversos ámbitos como monitores e profesores de educación, entre outros profesionais.
sas, como pas melloras que se desenvolveron no complexo de Monterrei, onde se pechou o campo de atletismo e obras para o mantemento das piscinas. Tamén no campo de O Couto onde se levaron a cabo obras de mellora, así como arranxo de vestiarios e caldeira. Tamén se adxudicaron as obras para reformar as gradas do estadio de O Couto. En total foron 30 os concellos que firmaron convenios coa institución autonómica beneficiándose de dotación de mobiliario, reparación de piscinas, construción de pistas polideportivas, de pistas de padel, arranxos de vestiarios, creación de circuítos de skate e patinaxe, creación de rutas de sendeirismo, construción de ximnasios, de campos de fútbol, e acondicionamento de instalacións, entre outras accións.
Coa creación do polideportivo de Mariñamansa prevese acoller campionatos nacionais
O Concello reparte bolsas de axuda
4 Recibíronas 35 deportistas. R. B. O Concello de Ourense por medio do Consello Municipal de Deportes fixo entrega a 35 deportistas ourensáns das primeiras axudas que esta institución concede de forma individual a deportistas da nosa provincia. Desde o Concello concedeuse a bolsa a todo aquel deportista que presentou a solicitude e cum-
pría os requisitos esixidos polo Consello Municipal de Deportes. Deportistas de disciplinas como natación, wushu, xadrez, atletismo, halterofilia, kickboxing, ximnasia, billar, automobilismo ou raids foron os beneficiarios destas axudas que oscilaron entre os 1.062 euros concedidos ao xadrecista Iván Salgado e os 172 euros para o nadador Rubén Rodríguez.
Beneficiarios das axudas cos concelleiros de Deporte e Cultura, Varela e Pérez, respectivamente. /RAMSÉS
Ribadavia quere un campo de herba artificial R. B. A plataforma cidadá “Campo de herba artificial xa” de Ribadavia mantivo unha reunión co alcalde da localidade e o seu concelleiro de Deportes para informarlles sobre as xestións realizadas coas distintas institucións públicas. O alcalde, pola súa banda, explicou que non pode
asumir o 50% de inversión da obra, pero que, aceptará o convenio que firmen a Xunta e Deputación Provincial, sendo esta actitude valorada positivamente pola plataforma. A plataforma confía plenamente nos compromisos adquiridos, e, velará, para que non se demore no tempo, debido á necesidade e urxencia desta instalación.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
ENTREVISTA
21
Defendendo as nosas cores 4 Terceira entrevista desta sección na que os protagonistas son deportistas que decidiron vir a Ourense para defender as nosas cores. Esta vez é o turno da murciana Laura Fernández Corbalán xogadora do equipo de baloncesto de Liga Feminina 2, Codigalco Carmelitas. R. Torres 1´69 m de estatura, 62 kg de peso, natural de Murcia e actualmente escolta do Codigalco Carmelitas
co dorsal número 11, esa é Laura Fernández Corbalán, a xogadora máis veterana do equipo colexial das que proceden de fóra da nosa provincia.
Laura Fernández na porta do polideportivo Vedruna onde xoga os seus partidos como local o Carmelitas. /RAMSÉS
Co claro obxectivo de consolidarse como deportista en Liga Feminina 2, a actual categoría na que se atopa o clube ourensán, Laura afronta esta nova tempada co firme propósito de seguir compaxinando os seus estudos coa práctica do baloncesto a base de esforzo e adicación. Por que aceptaches en 2008 a oferta do Codigalco Carmelitas? Laura Fernández: “Porque chegou un momento no que vín que o equipo no que me atopaba en Murcia non conseguía superar o nivel nacional e plantexeime cambiar de conxunto e de cidade, co único fin de mellorar e xogar nunha categoría superior”. Cres que o Codigalco mellorou nestes últimos anos? L.F.: “Si, sen dúbida. O máis destacable foi o ascenso e aínda que o ano pasado non respostou como se agardaba, esta tempada comprobarase unha evolución en calidade e xogado-
ras”. Precisamente en relación a esta segunda oportunidade en Liga Feminina 2, como ves ao equipo para afrontala? L.F.: “Estámolo tomando con gañas. Non quedamos moitas xogadoras do ano pasado, pero estamos todas dacordo en que queremos manternos nesta categoría con maior facilidade, sen estar sufrindo toda a tempada nin agardando a que outros equipos perdan”. En 2008 fuches a adestradora do Carmelitas 99 Feminino (Premini Mix), como ves ás novas xeracións do clube? L.F.: “A verdade é que acá potenciase moito o equipo base e creo que haberá moitas xogadoras que poderán relevar ao conxunto sénior e defenderse á perfección en Liga Feminina 2 ou na categoría que acade o Codigalco”. Que opinas do balonces ourensán? L.F.: “Creo que Ourense destaca pola súa afección ao deporte en xeral e ao baloncesto en particular, tanto masculino como feminino. Ademais, os equipos de aquí teñen un gran nivel e moitos deles están na actualidade en ligas altas, o que demostra o enorme esforzo dos deportistas que están detrás”. E do seu público? L.F.: “É o mellor que
Laura xogando cun balón de baloncesto. /RAMSÉS vín en todos os anos que levo xogando. Participei en competicións nacionais e, algunhas veces, había tan só tres pais nas bancadas. En Ourense a asistencia é masiva. Sexa un partido amistoso, contra o líder ou o derradeiro da clasificación a afluencia é máxima”. Persoalmente, como foi a túa adaptación a Ourense? L.F.: “A verdade é que foi moi sinxela. No clube
trátannos dunha maneira moi próxima, preocúpanse por nós e, ademais, a cidade é moi similar á miña, polo que todo iso axudoume a adaptarme moi rápido e sen ningún problema”. E que te sorprendeu da nosa cidade á túa chegada? L.F.: “O río, a gran cantidade de pontes que hai e, como non, a auga termal, que non a vira en ningún outro sitio”.
Máis persoal 4 Corbalán naceu o 21 de xuño de 1988 en Murcia e dende que contaba con tan só dez anos non se separa dunha pelota de baloncesto. 4 Xogou co Capuchinos de Murcia nas categorías femininas de Minibasket, Infantil, Cadete e Júnior, así como en Benxamín Mixto. E co Clube Universidad Católica San Antonio en Primeira División Nacional Feminina. 4 A Laura encántalle a pizza, a súa cor é a amarela e, como non podía ser doutro xeito, escaparíase sempre que poidese á súa terra natal.
22
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
4O RINCÓN DO MESTRE
A actividade física e beneficios nos mozos maiores (II) Actividades a realizar As actividades a realizar han de adaptarse á súa idade. Hase de empezar con obxectivos pequenos, aumentando o tempo de maneira progresiva. É eficaz e conveniente combinar actividades aeróbicas, de forza ou fortalecemento, coordinación, equilibrio e mobilidade articular. Actividades a realizar entre outras: - Pasear en bicicleta. - Paseos, pequenas excursións. - Ximnasia natural. - Bailes. - Expresión corporal. - Deportes adaptados. - Xogos tradicionais. - Xogos populares. - Xogos de animación. - Natación. - Circuítos de mantemento de ton muscular, capacidade aeróbica, mobilidade articular, coordinación, elongación muscular. Os seus beneficios: - Perder ou manter o peso. - Manter as articulacións funcionando ben e reducir a dor da artrose. - Aumentar a súa enerxía. - Facer novas amizades ao traballar en grupo. Forza ou fortalecemento e os seus beneficios Antes de realizar un traballo de forza é recomendable facer un lixeiro quecemento en base a exercicios de mobilidade articular, coordinación, equilibrio en movemento e plano estático. Dentro do fortalecemento ou forza distinguimos a forza estática e dinámica. · Forza estática: Aquela en a que mantendo unha resistencia externa non hai desprazamento algún: - Presionar cos pés ou mans sobre un obxecto ou cousa (parede, columna). - Collidos a unha espaldera, tentar levantar a espaldera na parte inferior co empeine total. - Presionar coa punta do pé sobre o chan. - Presionar co talón sobre o chan.
- Soster un balón medicinal. - Por parellas ou grupo tirar dos extremos dunha corda. - Collidos a unha espaldera tirar cara a fóra ou cara a dentro. - Tentar mover algo moi pesado. · Forza dinámica: Aquela en a que ao vencer a resistencia, o músculo sofre un desprazamento: - Realizar abdominais sinxelos. - Flexións de brazos sobre unha parede ou outro obxecto liso. - Por parellas, collidos dos brazos en posición frontal realizar flexións de brazos con lixeira resistencia. - Por parellas e colleitos das mans tirar cara a fóra. - Por parellas e colleitos aos extremos dunha pica cunha ou as dúas mans tirar cara a fóra. - Cun lixeiro peso (mancuernas, pedra, etc.) facer flexións e extensións de brazos. - Cunha goma colleita polos extremos, extensión e flexión da mesma. - Subir e baixar unha escaleira amodo. - Realizar alternativamente movementos de circunducción cos brazos con lixeiro peso na man. - Facer oscilacións cos brazos estendidos cun lixeiro peso en cada man. - Realizar os quefaceres domésticos. - Actividades de xardinaría que lle fagan levantar ou facer forza. - Limpar a casa, o garaxe, lavar o coche. Os seus beneficios: - Manter os seus músculos ou ósos fortes ao envellecer. - Aumentar a súa forza e independencia. - Reducir a necesidade de utilizar bastón. - Diminuír o risco de fracturas óseas e outras lesións, recuperarse máis rápido en caso de lesión. Alfonso Vilachá,profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol
ACTUALIDADE
Expourense encherase de taboleiros de xadrez
4 Máis de 300 participantes de España, Portugal e Marrocos daranse cita no III Festival Internacional de Xadrez. Redacción Expourense celebra este domingo, 31 de outubro a a terceira edición do Festival Internacional de xadrez “Ourense 2010”, derradeira das 17 probas puntuables do Circuíto Galego 2010. Esta terceira edición contará con máis de 300 participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, procedentes de toda Galicia, Galicia, Castela León, Portugal e ata de Marrocos. De todos eles, máis de 40 participantes teñen ránking internacional, o que o leva a ser unha das catro citas máis importantes no panorama nacional. O evento terá lugar ao
Alejandro Rubín e Fernando Varela disputando unha partida de xadrez./M.REJO. longo do domingo, 31 de novembro, a partir das 11 horas en Expourense. A competición xogarase polo sistema suízo a 7 roldas.
A coller a bici
4 O domingo, 7 de novembro, celébrase o Día da Bici. Redacción O domingo, 7 de novembro, chega unha cita ineludible para os amantes das dúas rodas sen motor, a 26ª edición do Día da Bici. A saída, como
todos os anos, se fará desde a Deputación Provincial de Ourense e percorrerá a serpe multicolor todos os barrios da nosa cidade e rematando a proba na Alameda. Milleiros de ourensáns participan cada ano neste
Partida exhibición Rematada a competición, o campión galego sénior medirase nunha exhibición evento en que pais e fillos pasan unha xornada en familia e cos amigos. Esta actividade, é unha das máis concurridas de cantas se organizan na nosa cidade e o espectáculo para quen sae as rúas a ver a todos os participantes e difícil de olvidar. A proba un paseo pola cidade e non ten caracter competitivo. Inscricións O prazo de inscrición re-
aos cinco campións do circuíto galego 2010 - das cinco categorías que participan-, en só 10 minutos de tempo. mata o sábado, 6 de novembro e pódese dirixir un ao Centro Comercial Paseo La Región ou a Ciclos Moure, sito en Celso Emilio Ferreiro, 41. Sorteos e agasallos Para todo aquel que se inscriba na proba haberá unha bolsa con pasteliños, refrescos e unha gorra, ademais de adhesivos e unha papeleta para o sorteo de bicicletas.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
A PREGUNTA DO MES
23
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº21 - Ano: II - 28 de outubro 2010 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
Vas a algún ximnasio?
Álvaro Seco: “Estiven nun ximnasio pero deixeino polo bebe, quero apuntarme dentro de 4 ou 5 meses; prefiro actividades de mantemento: cinta, abdominais...”
Rocío Fernández: “Si, vou ao ximnasio para estar en forma, sobre todo a musculación e a pilates”
Javier Airas: “Cero, nin me gusta, nin teño tempo nin diñeiro”.
Camilo: “Non vou por falta de tempo”. Felipe: “estou nun ximnasio pero por rehabilitación, estou operado”
Beatriz Barandela: “Non, non teño tempo, nin me gusta, apunteime unha vez, durei catro meses e apenas ía, pero recoñezo que é saudable”.
José Manuel Crespo e Joel: “Pois non, non teño tempo,aínda que fun unha tempada”.
Ana Guerra: “Onte fun por primeira vez ao da Universidade, coa idea de manterme en forma. Gústame o aeróbic”.
Loxo Pérez: “Si, vou ao ximnasio, fundamentalmente a mantemento”.
BARRIOS DEPORTIVO 28 de outubro de 2010
[10.000 exemplares directos ás súas mans]