Bd128

Page 1

Fernández e Paredes vencen no Correndo por Ourense ATLETISMO

Páx. 4-6

FÚTBOL

Páx. 6-7

FÚTBOL SALA

Páx. 8-9

TIRO

Páx.11

[ Páx. 4 ] XADREZ

Páx. 14

O Envialia colle impulso [Páx. 8]

Na memoria, o playoff [Páx. 3]

O COB recibe ao Breogán este sábado -17h- co recordo do playoff. O Ourense Envialia, con paso firme, visita ao Alcorcón./RAMSÉS.

Número: 127- Ano: VII -30 de outubro de 2015 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 13 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

AXENDA / COB

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 1 de novembro. O Couto -16.30h-. UD Ourense - Pontedeva. 2ª Autonómica. - Día 1 de novembro. Rozavales. Monterrei - Valadares. Rexional Preferente. - Día 1 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Céltiga. Rexional Preferente. - Día 1 de novembro. Miguel Anxo. Pabellón Ourense - Sporting de Gijón. División Honra Xuvenil. - Día 1 de novembro. Velle. U.D. Ourense - SD Amencer. Segunda Galega feminina. - Día 8 de novembro. Calabagueiros. CD Barco - Rápido de Bouzas. 3ª División. - Día 8 de novembro. Os Carrís. Barbadás - Deportivo da Coruña B. 3ª División. - Día 8 de novembro. José Arjiz. Verín - Arousa. 3ª División. - Día 8 de novembro. O Couto. Ourense C.F. - Estradense. Rexional Preferente. - Día 8 de novembro. Oira. Ourense C.F. - Llano 2000. División Honra Xuvenil.

Baloncesto

- Día 31 de outubro - Paco Paz - 19.00 h - COB Breogán Lugo. LEB Ouro. - Día 1 de novembro. Paco Paz -12.00h- Calidos Gallegos COB - Queso Zamorano. Liga EBA. - Día 11 de novembro - Paco Paz - 19.00 h - COB - Palma Air Europa. LEB Ouro. - Día 14 de novembro - Carmelitas - 20 h - Carmelitas - Porriño. 1ª Autonómica feminina. - Día 14 de novembro - Campus - 16 h - Campus Ourense - Pabellón Ourense. 1ª Autonómica feminina.

Fútbol sala

- Día 31 de outubro - Os Remedios -17 h- Cidade As Burgas - Valdetires Ferrol. 1ª División. - Día 31 de outubro - Os Remedios -19.30 h- Sala Ourense - Cistierna. Segunda División B. - Día 7 de novembro - O Barco de Valdeorras. Pizarras los tres cuñados - Guardo. 2ª División B. - Día 7 de novembro - Os Remedios -17 h- Ourense Envialia - Poio. 1ª División.

Atletismo

- Día 1 de novembro. Monterrei. 2ª carreira popular Concello de Monterrei. - Día 8 de novembro, O Barco de Valdeorras. 8ª carreira popular dos Santiños. - Día 15 de novembro. Ourense. XXXIX carreira popular do San Martiño.

Xadrez

- Día 1 de novembro. Expourense. VIII Festival Internacional de Xadrez.

Tiro

- Días 7 e 8 de novembro. Club de tiro Eiroás. XXVII Copa Excma. Deputación de Ourense. - Día 7 de novembro. Club de tiro Eiroás . Tirada de Magosto.

Balonmán

- Día 31 de outubro. Pavillón universitario. Campus Ourense - Goldie Xiria. 1ª Autonómica. - Día 31 de outubro. Anexo Os Remedios. Balonmán Pabellón - Caselas. 1ª Autonómica. - Día 8 de novembro. Ribadavia. Viña Costeira - Pontedeume. 1ª Autonómica. - Día 15 de novembro. Anexo Os Remedios. Balonmán Pabellón - Chapela. 1ª Autonómica masculina.

Rugbi

- Día 7 de novembro. Campus universitario. Keltia Rugby Ourense - Zalaeta. 2ª Autonómica sénior masculina. - Día 14 de novembro. Campus universitario. Campus Ourense Coosur - Ferrol. 1ª Autonómica sénior.

A base do COB, a súa canteira

é que o COB contará cun equipo infantil na Segunda División (no grupo B). O adestrador será Jacobo de Benito.

4 O Club Ourense Baloncesto conta este ano cunha canteira extensa e con convenios con outros clubs e colexios.

Convenios Como na pasada tempada, o Club Ourense Baloncesto seguirá ligado ao ABO. Este ano, tamén, existirá colaboración co Pabellón Feminino. Así, as tres canteiras (Pabellón, ABO e COB) terán a súa base de alevín para abaixo moi relacionada e baixo a mesma dirección de traballo.

convenio de colaboración e formación co proxecto de canteira. Intentararase que en breve sexan máis centros educativos os que se unan a Curros Enríquez, Luis Vives, Padre Féijoo e Colexio San José como base de canteira para os mesmos. As escolas deportivas terán como base o pavillón dos Remedios e o Paco Paz para os máis cativos (entre os 5 e 11 anos). A novidade neste apartado chega coa nova escola no Instituto Otero Pedrayo.

Escolas deportivas e colexios Polo momento son catro os colexios que inicialmente manteñen un

Son catro os colexios que forman parte da canteira do COB

R. Torres O Club Ourense Baloncesto quere ter unha estrutura acorde coa competición que deberá disputar o ano que vén: a ACB. Para elo comeza pola estrutura da súa base que conta con catro equipos ademais de convenios con outros clubs ourensáns. Finaliza outubro e comezan, en breve, as súas respectivas ligas. Algúns equipos coma o filial e o júnior xa tiveron algunha competición. COB B O filial do COB, o Cálidos Gallego COB xogará este ano a Liga EBA tralo ascenso do ano pasado. Cunha base de xogadores de Ourense e do equipo que logrou o ascenso desde a Primeira División, o obxectivo este ano é o de seguir medrando e mellorar a uns xogadores moi mozos (a media de idade é de 19,6 anos). A plantilla estará formada por: Martín Rodríguez (Base, 18), Martín Rego (Escolta, 18), Isma Fernández (Escolta, 21), Xabi Arriaga (Alero, 18), Cristian Iglesias (Ala-Pívot, 21), Amir Valcárcel (Ala-Pívot, 21), Pablo Sánchez (Ala-Pívot, 22), Bob Van Zijverden (Pívot, 20). Na dirección e coordinación da canteira continuará Juan Norat, que estará apoiado por Diego Seara na preparación física. O debut ligueiro terá lugar o 1 de novembro no Paco Paz ante o Hiled Quesos Zamorano. Previamente disputou a Copa Galicia EBA. Na

cita copeira estivo por debaixo do seu nivel rematando último do seu grupo. Equipo júnior Os júnior disputarán a Primeira División da súa categoría, loitando contra os mellores equipos da comunidade galega. Xunto a el estarán outros dous conxuntos ourensáns: o Campus Ourense-Blanco Amor e Bosco Salesianos “98”. Logrou o ascenso a esta categoría o pasado 4 de outubro. Cadete O equipo cadete militará este curso na Segunda División a pesar de haber ascendido á Primeira. A coordinación de canteira decidiu tomar esta decisión para que os xogadores compitan nas mellores condicións na 2ª División cadete. Marcos Pereira será o adestrador. Infantil A novidade deste ano

Este ano o COB contará con equipo infantil

Un xogador cadete do COB entrando a canastra nun partido no Pacito.

Plantilla do equipo júnior do COB.


BALONCESTO

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

O COB agarda o derbi co playoff na memoria 4 Os cinco últimos partidos da tempada pasada os xogaron contra Breogán. R. Torres O Club Ourense Baloncesto agarda o derbi co playoff da pasada tempada aínda moi vivo. Os cinco últimos partidos da Leb Ouro da pasada tempada o disputaron o COB e o Breogán para saber cal sería o equipo que ascendería á ACB (finalmente non deixaron que os ourensáns consumaran un merecido ascenso). Co partido deste sábado serán sete as veces que se enfronten este ano lucenses e ourensáns (un na Liga regular do pasado curso, cinco no playoff final e este partido percentente á quinta xornada da 2015-2016). O partido será a partir das 19 horas no Pazo dos deportes Paco Paz. Agora a historia é distinta por varios motivos.

O COB xa ten asegurada a súa presenza na ACB a vindeira tempada, mentres que o Breogán ten que loitar por un posto de ascenso; os lucenses fixeron unha pretempada normal, por un conxunto ourensán que esta semana -con catro xornadas disputadas- cumple as seis semanas de adestramentos coa plantilla ao completo. En definitiva, moitos factores distintos que poden dar como favorito ao equipo da cidade amurallada. Pero diante estará un conxunto da cidade das Burgas dirixido por Gonzalo García de Vitoria e liderado por Guille Rejón e Pedro Rivero, polo que calqueira cousa pode suceder. Oviedo Contra Oviedo, no Pumarín, os ourensáns perderon a oportunidade de su-

mar a terceira vitoria da tempada o que os levaría a situarse colíderes da clasificación. Decisións desacertadas unidos a fallar 11 tiros desde a liña de persoal fixeron que non deran sacado o partido. Coa derrota o COB suma dúas vitorias por dúas derrotas situándose décimo segundo.

Este sábado 31 de outubro a partir das 19 horas, COB - Breogán de Lugo, no Pazo dos deportes Paco Paz Con este partido serán sete as veces que se enfronten, este ano, ourensáns e lucenses

Juan Norat (coordinador COB), Roberto Blanco (coordinador ABO), Rafael Fernández (coordinador Pabellón Feminino) e Antonio José Gavilanes Limia (presidente de Club Ourense Baloncesto) na presentación do convenio./RAMSÉS.

Convenio pola canteira O Club Ourense Baloncesto, a Asociación de Baloncesto de Ourense (ABO) e o Pabellón Ourense veñen de firmar un convenio para traballar de xeito común as tres canteiras, das máis importantes da provincia se falamos de baloncesto. O traballo será común e de forma coordinada entre monitores e adestradores das tres canteiras. Este convenio pretenden que perdure no tempo e que se vaian unindo outras escolas e colexios da provincia para que todo o baloncesto provincial vaia xunto da mán. Este acordo era algo no que se viña traballando desde fai tres anos e, por fin, será unha realidade, grazas a vontade dos tres clubs ourensáns.

Primeira Autonómica feminina Redacción

Guille Rejón tenta zafarse de Beka Burjanadze no partido no Paco Paz contra Leyma Coruña baixo a atenta mirada de Gonzalo García de Vitoria. /RAMSÉS.

A Liga feminina de Primeira Autonómica contará este ano con tres representantes ourensáns. Campus Ourense, Codigalco Carmelitas e Pabellón Ourense serán os encargados de representar a nosa provincia na primeira categoría autonómica. O ano pasado soamante o Campus era o representante ourensán nunha categoría na que este ano o acompañarán o Pabellón e o Carmelitas.

As colexialas logo de levar uns anos sen equipo sénior trala desaparición do equipo de Liga Feminina 2 (LF2), este ano regresan á competición nesta categoría. Pola súa banda, o Pabellón Ourense tralo descenso do ano pasado de LF2 tivo que baixar dous chanzos para poder ter un equipo sénior; os problemas económicos fixeron que se tomara esta medida, a pesar de poder permanecer na segunda categoría nacional. Pero o alto custe tanto en LF2 coma en Primeira Nacional fixo que se tomara esta medida.

Liga A Liga para estes tres equipo comeza a mediados do mes de novembro. O 14 dese mes está estipulada a primeira xornada no grupo Sur. Para esta primeira xornada xa está previsto o primeiro derbi ourensán. Campus e Pabellón enfróntanse o sábado 14 a partir das 16 horas no pavillón universitario. O Carmelitas visita ao equipo Seis do Nadal de Coia (Vigo). Copa Galicia O Campus Ourense foi o vencedor desta edición da Copa Galicia.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

ATLETISMO

6.700 inscritos, e subindo 4 A Carreira Popular da San Martiño disputarase o domingo 15 de novembro. P. Lodeiro

O Correndo por Ourense foi de Iria Fernández e Javier Paredes 4 Os dous atletas non tiveron problemas en facerse co título na edición 2015. R.T. O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” chegou ao seu fin este ano. A carreira da Carballeira deu por finalizada esta quinta edición dun circuíto que consta de seis probas polos barrios de Ourense e que cada ano suma máis adeptos en todas as categorías. A Carballeira Uns 500 atletas participaron na última proba do “Correndo por Ourense”, a carreira da Carballeira. Na proba absoluta, Javier Paredes (Ourenrunning) foi o máis rápido ao parar o crono en 19 minutos e 14 segundo nos 5.700 metros de carreira. O segundo na liña de meta foi Luis Iglesias (Arenteiro Atletismo) cun tempo de 19:16 minutos; Iglesias foi o que máis lle pelexou a vitoria no circuíto. José M. Corral (Arenteiro Atletismo) foi o terceiro na meta da Carballeira parando o crono en 19:36 minutos. En categoría feminina Iria Fernández logrou a vitoria (Comesaña Sporting Club) cun tempo de 23 minutos e 29 segundos. Ana María Ocampo (Ourenrunning) foi segunda con 24:11 minutos. E terceira rematou Vicky Losada tras 24:29 minutos. Gañadores Os gañadores absolutos do circuíto foron Iria Fer-

O domingo 15 de novembro celebrarase a 39ª edición da Carreira Pedestre Popular da San Martiño. A dúas semanas para que remate o prazo de inscricións a cifra de anotados achégase aos 7.000. Convertida xa nunha cita deportiva de referencia a nivel nacional -está homologada pola Federación Española de Atletismo- e internacional, a carreira de 10 km polas rúas da cidade é tamén un evento social de primeira orde en Ourense. Categorías Como cada ano son tres as carreiras que se disputan. Ás 11 horas será a saída da proba absoluta (10 km). Ás 12.30 sairán os escolares que percorrerán 4.700 metros. Ás 13.15 finalizará a San Martiño coa proba de 1.400 metros para os máis cativos (menores de 8 anos).

Na carreira da Carballeira houbo moitos cativos participantes, e numeroso público animándoos./R.TORRES. nández e Javier Paredes. A atleta do Comesaña non tivo rival e logrou a vitoria en cinco das seis carreiras (na primeira no barrio do Vinteún non participara). En segunda posición remataba Sonia Teijeiro; ausente na Carballeira a do Atletas Veteranos Ourense lograba nas outras carreiras a segunda posición. A terceira posición foi para Ana María Ocampo ao lograr 14 puntos (catro terceiros postos e un segundo). En homes Javier Paredes foi o triunfador. Paredes sumou seis puntos tras vencer en catro carreiras e rematar segundo noutra. Luis Iglesias foi segundo a tan só dous puntos do campión. Iglesias venceu en dúas probas e foi segundo en tres. O terceiro caixón do podio foi para José Manuel Corral quen acadou 14

puntos tras catro terceiros postos e un segundo. Para poder competir no circuíto a organización establece que hai que participar en cinco das seis carreiras; en caso de participar en todas rexeitarase a que o atleta remate en peor posición. Os puntos súmanse segundo o posto na liña de meta. Así, o primeiro levaba un punto, o segundo dous, e así sucesivamente. Premios A entrega de premios do “Correndo por Ourense” realizarase na previa da San Martiño. O sábado 14 de novembro ás 19 horas na cancha central dos Remedios todos os primeiros clasificados de todas as categorías están citados para recibir o seu premio.

Premios Cada ano os premios da San Martiño son moi cuantiosos. Como en anteriores edicións, este ano, poderanse repartir máis de 6.000 euros ademais dos correspondentes trofeos. Na categoría absoluta, tanto en homes coma en mulleres, os cinco primeiros levarán premio en metálico. Así, o primeiro conseguirá 1.000 euros máis trofeo; o segundo, 700 euros máis trofeo; o terceiro, 500 euros máis trofeo; o cuarto, 300 euros e o quinto, 200. Haberá un premio especial para o que logre batir o récord da proba. En ca-

Repartiranse máis de 6.000 euros en premios e trofeos para os primeiros de cada categoría

Grupo de corredores participantes na San Martiño 2014./ARQUIVO. tegoría masculina a marca a baixar é de 28 minutos e 49 segundos e na feminina de 32´45´´. Outro premio especial será para o primeiro atleta que cruce a pancarta dos 5 km; para optar a este premio é imprescindible rematar a proba. A contía deste premio é de 300 euros. Pola súa banda, aos premios locais optarán os atletas nados ou empadroados no Concello de Ourense. Os primeiros locais (home e muller) embolsaranse 200 euros máis trofeo; os segundos, 150 máis trofeo e os terceiros, trofeo e 100 euros. En canto aos escolares, na clasificación individual conseguirán trofeo os tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina. Por colexios, acadarán 120 euros en material deportivo todos os colexios con 25 deportistas clasificados. Os seis primeiros colexios (infantil - primaria, secundaria - bacharelato) tamén terán os seus pre-

O prazo de inscrición péchase o 8 de novembro mios en material deportivo. E 300 euros para o primeiro; 250 para o segundo; 200 para o terceiro; 150 para o cuarto; 120 para o quinto e 100 para o sexto. Inscrición As inscricións na carreira realízanse na web www. deportesourense.com até o 31 de outubro (cun prezo de 3 euros para a carreira de 10 km), ou do 1 ao 8 de novembro (cun prezo de 5 euros). As carreiras escolar e de cativos serán de balde para todos os que se anoten. Os que recollan en Ourense o seu dorsal (e o chip os que non o posúan en propiedade) deberán facelo na cancha central do pavillón dos Remedios entre o venres 13 -de 16 a 20 horas- e sábado 14 -de 9 a 20 horas-. Nesas dúas xornadas celebrarase a IV Feira do Corredor.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015


BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

ATLETISMO / FÚTBOL

Empate no derbi 4 Ourense C.F. e Pabellón Ourense empatan na División de Honra xuvenil. Redacción

Requejo (á dereita) xunto a dous compañeiros do seu grupo, na andaina da Merca.

Requejo, na andaina da Merca

O atleta internacional, José Antonio Requejo -terceiro no Campionato do Mundo de 100 km en Qatar 2014-, participou na edición deste ano da andaina do Concello da Merca, que este ano chegaba a súa sétima edición. Requejo, que participou xunto a un pequeno grupo en paralelo á proba, quedou moi satisfeito do circuíto e destacou a súa gran beleza. Posiblemente, o mesmo percorrido albergará unha carreira en vindeiras datas.

Monterrei acolle a súa segunda carreira popular 4 Terá lugar o 1 de novembro en Albarellos. Redacción O Concello de Monterrei xa ten todo preparado para a celebración da segunda edición da súa carreira popular. O municipio de Albarellos será o epicentro desta edición que conta con seis carreiras segundo categorías. Preto de 400 atletas están inscritos. Carreiras A que dará o pistoletazo de saída desta edición é a de infantil e cadete (2.000 metros) a partir das 10.30 horas. Ás 10.50 será o turno dos benxamíns e alevíns que percorrerán un quilómetro. A proba máis esperada, a absoluta, será a que conitnúe; 8.000 metros por percorrer desde as 11:15 horas. Para despois queda a dos

Ás 11:15 horas dará comezo a proba absoluta, de 8.000 metros

máis pequenos. Ás 12:30 horas correrán os prebenxamíns (400 metros) e o colofón final será ás 13 horas coa carreira de pitufos. Sobre a unha da tarde farase o acto de entrega de trofeos. Albarellos A carreira, que está organizada polo Concello de Monterrei conxuntamente coa Asociación Limiactiva, será por un terreo completamente chán. A absoluta, discorrerá por

4 Elpidio Gómez, terceiro na Copa de España O atleta ourensán Elpidio Gómez vén de rematar terceiro na Copa de España de carreiras de montaña. Murcia acollía a última proba copeira onde o ourensán do club Ribeira Sacra remataba quinto, sendo o mellor galego; o que lle valeu para acadar esa terceira posición final. Gómez sufriu unha caída cando ía en postos de podio. O seu compañeiro de equipo, Luis Calvo, foi sexto.

circuíto urbano; sae de Albarellos, vai ata Vilaza e regresa a Albarellos onde estará a meta.

Membros da organización, xunto ao vicepresidente da Deputación e o responsable de Deportes, durante a presentación da proba./RAMSÉS.

Ourense C.F. e Pabellón Ourense empatan a un tanto no derbi ourensán da División de Honra xuvenil. O encontro viña precedido do empate dos dous equipos na xornada anterior (a número sete); o Pabellón ante o Celta (33) e o Ourense CF fronte o Roces (1-1). O derbi caracterizouse pola igualdade, sendo os pavillonistas os primeiros en golpear. No minuto 12 Mario abría o marcador. Pouco lles durou a ledicia, xa que oito minutos máis tarde, Xoel igualaba a contenda. Tralo descanso, os dous equipos volveron a buscar a vitoria pero o marcador xa non se movería. Nos minutos finais unha ocasión para cada equipo puido desfacer a igualdade. Unha falta botada por Caio foise fóra por moi pouco. Pablo Díaz, para

os visitantes golpeou mal ao balón cando todo parecía que a xogada ía rematar en gol. Os locais, con máis apuros na táboa, o intentaron ata o final, pero o marcador xa non rexitraría ningún gol máis.

4 Suma 19 puntos nas 10 primeiras xornadas. Facía anos que non había unha Terceira tan animada como este no que a equipos ourensáns se refire. O equipo mellor colocado é o Barbadás que suma nas 10 primeiras xornadas 19 puntos, e vai terceiro na clasificación. Con cinco partidos gañados, catro empatados e un só perdido ao conxunto dirixido por Peluso tan

O Barbadás vai terceiro na clasificación

O Pabellón vai 11º e o Ourense C.F., de último

Un lance do xogo do partido disputado en Oira entre o Ourense C.F. e o Pabellón Ourense. /I.DACAL.

O Barbadás, en boa liña Redacción

Xornada 9 Na vindeira xornada o Pabellón Ourense recibe no Miguel Ángel ao Sporting de Gijón. Os asturianos están en postos de descenso con 8 puntos. O Pabellón é undécimo con 10 puntos. O Ourense C.F. visita ao Alondras que tamén está en descenso directo. Suma 7 puntos por 3 dos ourensáns.

só o superan o Cerceda (primeiro con 20 puntos) e o Choco (con 19 puntos e segundo). Na última xornada nos Carrís venceu ao Vilalbés por un gol a cero. Barco e Verín Os outros conxuntos ourensáns están pegados na clasificación. O Barco é undécimo con 12 puntos e o Verín, décimo segundo con 11. Nesta xornada O Barco empatou a catro goles contra o Deportivo da Coruña e o Verín perdeu na casa fronte o As Pontes (0-2). O de Calabagueiros foi

un partido para recordar durante un longo tempo. A primeira metade tivo catro goles; os locais adiantáronse con 2-0 e antes do descanso os visitantes anularon a vantaxe. Na segunda metade ao revés: os visitantes golpearon por dúas veces e os valdeorreses foron quen de empatar antes do pitido final para deixar o 4-4. A nota negativa púxoa a lesión de Jorge de Dios, que podería ter tocado o ligamento cruzado. O seu compañeiro Dani “Chimpín” tamén saiu lesionado do terreo de xogo, sufriundo unha rotura de peroné. Vindeira xornada Esta xornada o Barbadás visita ao líder, Cerceda, o domingo ás 12 horas coas cámaras da TVG2 coma testemuñas. O Barco visita ao Bergantiños (décimo noveno, con 8 puntos) e o Verín ao Boiro (cuarto con 18).


FÚTBOL

Couto “curaferidas” 4 A Unión Deportiva Ourense volve golear no seu estadio. R. Torres O estadio do Couto está a ser o “curaferidas” da UD. Despois de caer como visitante adoita regresar ao Couto para redimirse, e nesta ocasión non foi menos. Salvo contra o Santa Teresita, co que perdeu por 2-3, o resto de encontros como local saldóunos con goleada. Na primeira metade os de Antonio Dacosta lograron un gol, obra de Brais, co que rematarían os primeiros 45 minutos. Foi na segunda metade cando se consumou a goleada. Co paso dos minutos os rivais notaban as dimensións do Couto e foi nese intre cando os unionistas superaron con claridade ao adversario. Cinco goles dos seis foron no segundo tempo. Aos poucos minutos da reanudación, Jonatan (en propia porta) daba o 2-0 aos capitalinos. Tiveron que pasar 15 minutos máis para ver o terceiro da tarde, coa sinatura de Xaco, recén entrado no campo. Brayan E co 3-0 chegaba a hora de Brayan. O dianteiro que estaba negado de cara ao gol (dispuxo de innumerables ocasións pero non se estreara como goleador

na competición) logrou dous tantos neste encontro (o cuarto e o quinto do equipo) en tres minutos. Aínda puido meter outro, pero o seu disparo foise por enriba do longueiro. A goleada redondearíase co sexto gol marcado por Cristian Dacosta. Esta vitoria fai que a UD Ourense sexa oitava con 12 puntos, a sete da cabeza. A clasificación comándana Santa Cruz de Arrabaldo e Amoeiro, con 19 puntos cada un. Nesta xornada o Santa Cruz venceu ao Santa Teresita por 2-1, mentres que o Amoeiro empatou na casa do Pontedeva (1-1).

Xaco controlando o balón ante a atenta mirada rival./R.T.

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

O Pontedeva visita á Unión Deportiva 4 Será este 1 de novembro a partir das 16:30 horas. Redacción O Pontedeva será o próximo rival da Unión Deportiva Ourense no estadio do Couto. O partido está previsto para o domingo 1 de novembro a partir das 16:30 horas. O Pontedeva está un posto por debaixo dos unionistas, aínda que cos mesmos puntos (a diferenza goleadora marca a posición na táboa favorable aos capitalinos). O partido preséntase como una oportunidade para que os de Antonio Dacosta sumen a segunda vitoria consecutiva. Diante terán a un equipo que non lle porá as cousas sinxelas. Os verdibrancos fóra de casa teñen o seu perigo. Dos catro partidos disputados lonxe do seu campo tan só perderon contra o Melias (2-1). O resto consistíu nun em-

O rival só perdeu un dos catro partidos como visitante. Pero a UD adoita golear no Couto

pate contra o Santa Teresita (1-1) e dúas vitorias ante o Palmés (2-3) e o Atlético Velle(1-2). Pola súa banda, a Unión vén de golear en todos os partidos disputados no Couto (8-1 contra Palmés, 8-0 ante Atlético Velle e 6-0 ao Caldelao) agás contra o Santa Teresita co que perdeu 2-3.

Julio Salgado buscando o gol no encontro ante o Amoeiro, no que finalmente a UD caeu por 2 a 0./RAMSÉS

As integrantes do equipo xunto a dous dos seus patrocinadores./I.OSORIO.

O UD Ourense Feminino presenta a súa equipación Este xoves presentouse no Couto a nova equipación do UD Ourense Feminino para a súa primeira tempada en activo. A diferencia da do conxunto masculino, a camisola das féminas ten a franxa central máis ancha. A directiva adiantou que o próximo ano os dous equipos levarán esta nova vestimenta. Ao acto de presentación non faltaron algúns dos seus patrocinadores, que son os mesmos que os do equipo masculino, algo que agradeceu o seu presidente Modesto. O feminino, ademais, conta co apoio publicitario da Deputación, porque xoga fóra da provincia. Este domingo medirase en Velle, ás 12 horas, co Amencer do Grove.


BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

Tapería La Rústica, líder da F7 Cup en Ourense Redacción Comezou a Liga de fútbol 7 da Galicia F7 Cup en Ourense e o fixo cun primeiro líder solvente. Tapería La Rústica é o primeiro líder da competición tras golear ao Móvil Auto por 2 goles a 11. Foi o último partido da primeira xornada e, finalmente, o menos igualado de todos. O Tapería dominou o partido de principio a fin sendo moi superior ao seu rival. Un tras outro, foron caendo os goles ata completar o 2-11 que resume a direrenza entre un e outro equipo neste partido. Resto da xornada No resto da primeira xornada, Arisa sumou os tres puntos en disputa ante o Cervexa San Xoán. Pola diferenza de goles, sitúase na segunda posición. O partido finalizou cun incontestable 7-1. Pola súa banda, Serviocio e Peñas UD Ourense empataron a tres goles. O partido estivo cheo de emoción e cun xogo moi duro por parte das dúas escuadras. A pesar de que o Seviocio quedabase cun xogador menos por expulsión, foi quen de anular o 1-3 do rival e lograr empatar a tres ao final do encontro.

FÚTBOL SALA

O Ourense Envialia segue a estela dos líderes 4 O equipo dirixido por Chipi sumou ante o Rubí a quinta vitoria consecutiva. R.T. O Ourense Envialia mantense firme seguindo a estela dos dous líderes imbatidos: Futsi e Burela. O conxunto ourensán suma cinco vitorias consecutivas o que o leva a ocupar a terceira praza con 15 puntos. Tan só por enriba o Futsi e Burela, con 18. Salvo o traspés da primeira xornada contra Roldán, o resto de

O seguinte rival do Envialia é o Alcorcón, que está un posto por debaixo

encontros os conta por vitorias. O equipo dirixido por Chipi estase a mostrar un equipo moi solvente neste arranque ligueiro. Desde a defensa está a cimentar estes bos resultados. Todo gracias ao fondo de armario que permite ao adestrador rotar rapidamente ás xogadoras para que non decaiga o ritmo do encontro. Se ben ninguén lle discute o fulgurante inicio de tempada o certo é que aínda non se enfrontou a ningún dos equipos da parte alta da clasificación. E co que mellor posición ten, o Roldán que é quinto, perdeu na primeira xornada; o resto,

de metade da táboa cara abaixo. Venceu a Móstoles (undécimo), por 7-0; a Ferrol (décimo), por 1-7; a Rioja (último), por 5-2; a Elche (penúltimo), por 2-6 e a Rubí (sétimo), por dous goles a cero. A pesar desta circunstancia, o certo é que as albinegras están a realizar un gran comezo ligueiro o que lles vale para ser un dos equipos favoritos a estar arriba ao final de tempada. Agora só dous equipos están imparables (Futsi e Burela), pero o Ourense Envialia está a agazapado esperando algún erro dos colíderes para alcanzalos na clasificación.

Spy lanza a meta ante a persecución de dúas xogadoras rivais./RAMSÉS

Marta Figueiredo cortando un contragolpe do Rubí./R.T. Rubí O último partido foi na casa contra o Rubí. O encontro apenas tivo historia e as albinegras lograron a vitoria por 5-0. Ro, Spy, Chiky e Anita (en dúas ocasións) foron as goleadoras deste partido. Alcorcón No próximo partido terán unha dura pedra de toque, xa que se enfrontarán ao reforzadísimo Alcorcón. As madrileñas están un posto (e dous puntos) por debaixo das ourensás. Catro vitorias, un empate e unha derrota para sumar 13 puntos. No cadro alfarero están xogadoras como a porteira internacional, Belén de Uña (que vén de Futsi) e Anita Luján (máxima go-

leadora do equipo).

Primeira División FSF - 6ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Futsi 18 2º Burela 18 3º Envialia 15 4º Alcorcón 13 5º Roldán 13 6º Alicante 10 7º Rubí 10 8º Poio 9 9º Gironella 6 10º Ferrol 6 11º Móstoles 6 12º Orvina 5 13ºCidade As Burgas 4 14º Majadahonda 4 15º Elche 4 16º Rioja 1


BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

FÚTBOL SALA

O Cidade segue sen coller ritmo 4 O Cidade As Burgas tan só suma catro puntos nas seis primeiras xornadas. R. Torres O Cidade As Burgas non lle ten collido o pulo a esta tempada. En seis partidos disputados suma

catro puntos tras unha vitoria, un empate e catro derrotas. A última foi en Vistalegre diante do Burela e o resultado foi de 7-2.

Nerea co balón diante de Lucía e a xogadora do Móstoles, Didi./RAMSÉS.

Xornada 7 - 31 de outubro Burela - Orvina Majadahonda - Alicante Poio - Gironella Alcorcón - Ourense Envialia Rubí - Futsi Elche - Roldán Rioja - Móstoles Cidade As Burgas - Ferrol

Esta semana ten unha boa oportunidade de volver á senda do triunfo; este sábado reciben nos Remedios (17.00h) ao Valdetires Ferrol. Unha vitoria sería saír da zona perigosa na que anda metido o equipo dirixido por Manolo Codeso. A excusa de enfrontarse a equipos da parte alta da clasificación non pode darse neste caso. Certo é, que as franxiverdes xa xogaron contra os dous conxuntos dominadores da Liga (Futsi e Burela cos que perderon), pero tamén é certo que xogaron contra equipos da parte baixa. As outras dúas derrotas déronse contra Majadahonda (décimo cuarto) e Poio (oitavo). O empate foi contra Roldán (quinto) e a vitoria fronte o Móstoles (undécimo). Burela O Burela foi claramente superior ás ourensás desde o inicio. As locais xa dominaban o partido aos catro minutos. E aínda que Vane lograba, minutos despois a igualada, as lucenses rompían o partido antes do descanso ao

marcharse cara vestiarios cun 5 a 1. Na segunda metade dous máis das laranxas e outro de Vanessa Sotela deixaban o definitivo 72. Ferrol O Cidade As Burgas recibe este sábado 31 de outubro ao Valdetires Ferrol. Ante as departamentais terán unha boa ocasión de sumar os tres puntos a adiantar, alomenos, a este rival na clasificación. O Valdetires Ferrol leva seis puntos tras dúas vitorias e catro derrotas. As ferrolás veñen de perder na cancha do Móstoles por un axustado 3-2. A máxima goleadora do equipo é Diana con cinco tantos.

O Cidade As Burgas recibe este sábado -17h Os Remediosao Ferrol coa necesidade de sumar os tres puntos

Xornada 8 - 7 de novembro Orvina - Cidade As Burgas Alicante - Burela Gironella - Majadahonda Ourense Envialia - Poio Futsi - Alcorcón Roldán - Rubí Móstoles - Elche Ferrol - Rioja

María Arias facendo un bloqueo a unha xogadora do Móstoles para que saia Iria Saeta co balón./RAMSÉS.

Gol de dobre penalti do Leis ao Sala Ourense./RAMSÉS.

Derrota do Sala Ourense contra o Ventorrilo 4 Os ourensáns caeron ante os coruñeses por 6-2. Redacción O Sala Ourense Prolsport non puido sacar nada positivo da súa visita a terras herculinas. O equipo dirixido por Víctor Sousa e Aitor Álvarez sucumbiu ante o Husqvarna-Ventorrillo e perdeu por seis goles a tres. Con este resultado os ourensáns baixan ata a décimo terceira posición. A pesar de baixar seis prazas na clasificación está empatado a puntos, sete, co noveno (Xove). E a tres puntos ten ao quinto, Universidad de Valladolid (dez puntos). Los Tres Cuñados A xornada número seis foi aciaga para os intereses ourensáns. Se o conxunto capitalino perdía o seu partido, o outro equipo da provincia tamén sufría unha dura derrota na súa cancha. O Pizarras Los Tres

Cuñados non era quen de sacar o seu partido diante do Bueu en Calabagueiros. Os valdeorreses caeron por 2-5 ante os pontevedreses. Este resultado os mantén na sétima posición con nove puntos, a tres dos segundos clasificados, Bembrive e Benavente. Vindeira xornada Na xornada número sete o Sala Ourense Prolsport regresa aos Remedios. Recibe ao Cistierna o sábado 31 de outubro a partir das 19.30 horas. Os castelán leoneses son os pechacancelas con dous puntos, polo que será unha boa ocasión para que os ourensáns sumen un novo triunfo e volvan aos postos altos. Pola súa banda, o Pizarras Los Tres Cuñados visita ao Noia. O cadro noiés é o líder indiscutible do grupo primeiro da Segunda División B con 16 puntos (a catro puntos atópanse o segundo e terceiro clasificados).


10

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

EN BREVE 4 Éxitos do Club Deportivo Couto de taekwondo Deportistas do Club Deportivo Couto de taekwondo participaron este 18 de outubro no torneo Cidade de Riveira. En total remataron seis medallas nas mans do club ourensán. Ainoha acadou un ouro, Breogán e Sergio foron prata, e Julián, Andrés e Iván, bronce. Antes, o 4 de outubro, no Open de Moaña, Andrés e Sergio lograran medalla de ouro e Frei, unha de bronce. E o 16, en Torrevieja, María fíxose cunha prata. Así mesmo, a fin de semana do 24 e 25 de outubro, o club ourensán participou na Copa Deputación e conseguiu 32 clasificados para o autonómico, ademais de gozar de dúas xornadas divertidas como en familia.

4 Curso de paos xemelgos en Artai

ARTES MARCIAIS

O Marbel queda fóra do playoff de ascenso 4 Da Liga de judo. Redacción O Club Marbel de Ourense queda fóra do playoff de ascenso a Primeira División da Liga de judo “Trofeo Cidade de Ourense” en categoría masculina. O pasado sábado 24 de outubro disputouse a última xornada antes da fase final. O conxunto ourensán do Marbel chegaba con opcións de clasificarse, entre os catro primeiros, para o playoff que dá dereito a loitar polo ascenso. Finalmente, non

O 7 de novembro decidiranse os ascensos a Primeira e os campións de 1ª

puido ser e os ourensáns tivéronse que conformar coa sexta posición, que os apeaba do seu obxectivo. Gañou un dos cinco encontros disputados -contra San Francisco de Teo por 3 a 1-. Empatou contra Galicia Sur e Judo Lugo (2-2). Tamén fixo táboas contra Asalia-Beya de Asturias e Shiai Coruña, pero os puntos por combate outorgaron a vitoria aos seus rivais. Con todo, o Marbel foi sexto con tres vitorias, tres empates e tres derrotas. Se ben logrou máis puntos que os dous antecesores na clasificación. Para o adestrador do equipo, Manuel Montero “é un pao non acceder ao playoff. Os empates e os pequenos detalles déixannos fóra da competición”,

lamentaba. Aínda que asegura que isto “servirá para aprender no futuro”. Semifinais O 7 de novembro disputarase o playoff polo ascenso a Primeira. As semifinais depararon un Judo Lugo-Ferrolterra e Galicia Sur-Shiai. Ese mesmo día disputaranse as semifinais de Primeira División masculina e feminina para determinar aos vencedores desta décimo terceira edición do “Cidade de Ourense”. Feminino O conxunto feminino, adestrado polo Mestre Manuel Montero e dirixido por Felipe Iglesias, disputou cinco encontros co resultado de dúas vitorias, contra San Francisco Teo Os judokas do Marbel lograron tres vitorias, tres empates e tres derrotas./RAMSÉS.

O ximansio Artai da Ponte acolle o próximo 31 de outubro (de 10:30 a 12:30 horas) un curso de iniciación nos paos xemelgos (kali chino), impartido por Julio Díaz, cinto negro 2º Dan de kung-fu pola Federación Galega. Os interesados en participar non precisan ningún tipo de coñecemento previo e poden inscribirse no propio ximnasio. O prezo de participación é de 40 euros para o público xeral e de 15 euros para os socios de Artai. O judoka de kimono branco facéndolle un ippon ao seu rival./RAMSÉS.

de Santiago e Senra Lugo, e tres derrotas: Universidade de Coruña, Famu Vigo e Shiai Coruña. Un bo papel, tendo en conta que una dos seus integrantes, Rebeca Garrán, non puido competir por lesión e o equipo comezou cada encontro cunha derrota por ausencia da judoka coruñesa. Ademais de que as tres derrotas foron contra os equipos favoritos da liga. Desta forma, o Marbel feminino rematou a Liga na sétima posición da clasificación, con tres vi-

torias, un empate e cinco derrotas, a dúas vitorias de entrar nos playoffs. Primeira División Na Primeira División xa se coñecen tamén aos finalistas. E no seu caso decidirase quen é o campión o 7 de novembro. As semifinais disputaranas o Arteixo contra o Shiai A e o Famu de Frutos A contra o Ingenieros - Bitácora. Destes catro sairá o vencedor da 13ª edición da Liga de judo - trofeo “Cidade de Ourense”.


POLIDEPORTIVO

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

Liga de pádel de veteráns

btt

Iván Feijoo, segundo en Karrantza

Redacción Desde mediados de setembro estase disputando a primeira Liga Piloto de Equipos Veteráns 2015. A competición non é de carácter oficial aínda que si está organizada pola Federación Galega de Pádel. Esta liga está orientada a xogadores maiores de 40 anos.

4 Na categoría júnior da cita internacional. Redacción

na meta.

O júnior do Academia Postal - Actyon de Maceda Iván Feijoo, remataba segundo no XXIII Ciclocross Internacional de Karrantza. Á cita acudiron os mellores júniors a nivel estatal. Na carreira, marcada polo barro, o ourensán adaptouse perfectamente. O ciclista macedán, que apenas leva tres carreiras nesta categoría, está demostrando o seu acoplamento a ela e ser un dos mellores de España. O seu compañeiro, Román Saa, finalizou décimo sexto. Saa tivo un percance na última volta, que lle fixo perder catro posicións

Medina O equipo júnior do Maceda proclamouse vencedor por equipos, en categoría júnior, en Medina de Pomar. Ademais, Antía Martínez -cadete- e Iván Feijoo -júnior- lograron a terceira posición individual nas súas respectivas carreiras. Antía tamén foi terceira, un día despois na proba disputada en Villarcayo.

O equipo júnior do club venceu en categoría de conxuntos en Medina de Pomar

Tiradores de carabina no Campionato galego de aire comprimido, en Santiago./P.L.

Triunfos ourensáns nos campionatos galegos de aire comprimido 4 Jorge Encinas e Paula Fernández obtiveron o primeiro posto nas modalidades de carabina sénior e pistola júnior, respectivamente. Paula Lodeiro

Tres ciclistas do club macedán, no podio en Burgos.

11

O campo de tiro de Santiago de Compostela acolleu este domingo 25 de outubro o Campionato galego de tiro olímpico na modalidade de carabina aire comprimido, no que o ourensán Jorge Encinas Arnau logrou a medalla de ouro, impóndose aos representantes das demais provincias galegas. Sumou 597,60 puntos. A medalla de prata foi para o coruñés Francisco Vilas e a de bronce para o tirador de Vigo Luís Iglesias. O outro participante ourensán, Teodoro Álvarez, obtivo a quinta

praza. A competición de pistola damas tivo lugar o mesmo día no campo de Arteixo, na Coruña. A júnior ourensá Paula Fernández gañou na súa categoría, con 362 puntos. Pola súa banda, a outra ourensá que competía, Nuria Mera, rematou cuarta na final da categoría absoluta, logo de facer a mellor puntuación na clasificatoria (370 puntos). A vencedora foi a luguesa Andrea Barrio. Galego de pistola sénior A categoría de pistola sénior disputarase no Club de Tiro Eiroás de Ourense o 15 de novembro.

P21 Pádel Club O P21 Pádel Club participa con dous equipos (A e B), que están encadrados no mesmo grupo e emparellados con outros equipos das provincias de Ourense e Pontevedra. Por estas datas a competición está no ecuador da mesma e rematará no mes de decembro, cando se coñecerán aos gañadores. Tempada Oficial Unha vez rematada esta proba piloto, e en vistas da boa acollida da iniciativa, celebrarase a primeira edición oficial da Liga na tempada 2016. De seguro que os equipos ourensáns terán moito que dicir nesta nova competición.

Paula Fernández gañou en pistola júnior./ARQUIVO.

Eiroás acolle o Campionato galego de pistola sénior o 15 de novembro

Dous equipos que participan na Liga de veteráns, antes do partido disputado nas instalacións de P21.


12

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

POLIDEPORTIVO

VOLEIBOL

Dobre cita para o cadete e xuvenil do Burgas 4 As xuvenís perderon os dous encontros mentres que as cadetes lograron dúas vitorias. Redacción

Conxunto participante no Campionato Galego./RAMSÉS.

XIMNASIA

Catro conxuntos pavillonistas no nacional de Zaragoza 4 Celebrarase do 22 ao 24 de novembro. Redacción Ourense estará representada por catro conxuntos do Club Ximnasia Pavillón no Campionato de España que se celebrará en Zaragoza do 22 ao 24 do mes de novembro. O equipo acudirá á capital aragonesa cos conxuntos prebenxamín, benxamín, alevín e cadete. A súa clasificación foi posible grazas á excelente actuación que realizaron no Campionato Galego de conxuntos de base. O torneo autonómico tivo lugar o 17 de outubro nos Remedios. Competición As primeiras en saír a

escena foron as prebenxamíns (Mariña, Claudia, Candela, Noa, laura, Paula e María, todas de primeiro ano da categoría) realizando un gran primeiro exercicio e algún que outro erro no segundo, o que lles valeu para ser segundas. Tras elas, as benxamíns (Iria Cudeiro, Vera, Sara, Iria López, Uxía e Carmen) realizaron dous pases regulares; a maioría delas estreábase en competición, e fixérono coa segunda praza no podio. As alevíns (Antía, Noa, Sara, Daniela, Laura e Candela), todas elas de primeiro ano, fixeron un gran torneo, o que as levou ao terceiro caixón do podio.

E finalmente as cadetes (Marta, Ainoa, Janira, Lucía, Lidia e Ilmira) realizaron os seus exercicios con moita elegancia. Xornada de tarde Na xornada de tarde tivo lugar a primeira fase do Campionato galego de conxuntos e do Campionato galego de rítmica masculino. A fase primeira do campionato federado vai supoñer un 30% da nota final. Nela amosouse o excelente estado no que se atopa a ximnasia galega en todas as categorías. Finalizou con dous excelentes exercicios sénior do Club Esquío e do Club Ximnasia Pavillón, que cun corte totalmente diferente fixeron vibrar á grada. En canto ao Campionato galego individual masculino houbo unha moi baixa participación: un alevín, Miguel Fernández Couto do Club XR. Compostela e dous sénior: Diego Yáñez García do Club Bayo-Sil e Rodrigo Vázquez Pardal do Club Ximnasia Arousa, proclamándose primeiro Rodrigo.

Os equipos xuvenil e cadete do Burgas Voleibol tiveron dobre cita a pasada fin de semana. O equipo xuvenil feminino (Concepción Arenal) non foi quen de lograr ningunha vitoria nos dous encontros que disputou. O primeiro dos partidos foi en Vigo contra o Club Vigo Voleibol. Os erros no xogo e o feito de non sentirse cómodas no primeiro desprazamento da tempada fixo que o equipo ourensán perdera este encontro. Ao día seguinte xogaban no Paco Paz contra o Cambados. O cansazo polo partido do día anterior notouse no primeiro set, o que fixo que se fora

para o lado visitante. No segundo, a pesar de que comezaron a xogar algo mellor, tampouco foron quen de sacalo adiante. Nos dous seguintes sets as locais sacaron a garra e lograron empatar a contenda a dous sets; no cuarto foron quen de remontar un 23-24 para finalizar 27-25. O esforzo dos dous sets anteriores pagounos o Concepción Arenal e en ningún momento tivo na súa man a vitoria. Finalmente, o quinto e definitivo set foi para as visitantes. Equipo cadete O equipo cadete do Burgas (o IES Allariz) tamén tivo dobre cita a pasada fin de semana, pero con diferente resultado: dúas vitorias.

Partido das cadetes das Burgas (IES Allariz)./A.VÁZQUEZ.

As ourensás enfrontáronse no primeiro deles ao Xuvenil Teis. Os dous primeiros sets foron para o Burgas, logrando recurtar distancias as locais no terceiro. Xa no cuarto, as ourensás, sen contemplacións, lograron facerse co set, o que lles valeu a vitoria no encontro (3 sets a un). O segundo partido das cadetes disputouse en Dumbría. Alí, o IES Allariz logrou unha nova vitoria, a pesar da dobre cita da fin de semana, o que leva ao conxunto ourensán a continuar invicto na competición.

O equipo cadete segue invicto na competición


POLIDEPORTIVO

O Balonmán Pabellón empata ante o Tui 4 24 a 24 foi o resultado do equipo masculino. Redacción O Balonmán Pabellón empatou ante o Tui nun partido en que o resultado xusto foi o que se deu. Nun mal partido contra un rival, a priori, inferior, o Balonmán Pabellón Ourense deixou escapar un punto do seu feudo. Nesta terceira xornada, os homes de Diego Lorenzo enfrontabanse a un recén ascendido. Parecía o partido perfecto para comezar a sumar en casa. Pero a realidade foi que un mal partido, sumado a outros factores, fixo que os ourensáns tiveran que conformarse con este empate a 24. A ausencia de Noguerol, o baixo nivel dalgún xogador local e un rival que soubo levar o partido ao seu terreo foron aspectos que fixeron que o partido rematara con empate. Os pavillonistas en ningún momento estiveron cómodos na cancha, o que impediu que se despegaran

Partido entre o Pabellón e o Tui. /RAMSÉS

no marcador. Múltiples igualadas e vantaxes pola mínima dun e doutro equipo foron a tónica durante os 60 minutos. Os erros multiplicábanse nun e noutro equipo. No último tempo o Pabellón ía un arriba e a posesión era do Tui. Os visitantes lograron empatar e co tempo a cero os de Diego Lorenzo tan só puideron sacar un golpe franco sen consecuencias para a portaría rival. A vindeira xornada toca xornada de descanso na Liga Autonómica de balonmán. O seguinte encontro dos ourensáns será o 8 de novembro contra o Seis de Nadal en Vigo. O Pabellón é sétimo con tres puntos. Viña Costeira Nesta xornada o Viña Costeira caeu en Camariñas por 26 a 17. Os do Ribeiro son sextos con catro puntos. A vindeira xornada o Viña Costeira recibe ao Pontedeume. 1ª Feminina O Pabellón Balonmán descansou na sétima xornada, mentres o Campus Ourense caeu na cancha do Tui (26-18). A próxima xornada disputarase o 31 de outubro cos encontros Campus Ourense - Xiria e Pabellón - Caselas.

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

300 xadrecistas reúnense en Expourense 4 O domingo 1 de novembro no VIII Festival de Xadrez. Redacción O domingo 1 de novembro Expourense acolle a oitava edición do Festival Internacional de Xadrez. A partir das 11 horas dará comezo un torneo asentado no panorama xadrecístico galego. Contará cuns 300 xadrecistas de toda Galicia e do norte de Portugal, dos cales preto de 50 están no ranking internacional. Haberá cinco categorías que comprenderán desde o 6 ata os 18 anos. En total xogaranse unhas 1.000 partidas realizando máis de 50.000 movementos durante toda a xornada nos 150 taboleiros dispostos pola organización. En total

son 5.200 pezas de xadrez as que estarán en movemento. Este torneo é a penúltima proba puntuable do Circuíto Galego 2015, que

Na presentación do Festival de Xadrez Mario Guede, Elías González e Cristina Álvarez. /RAMSÉS

tenis de mesa

O Galmédica, colíder na Terceira Nacional 4 Conta todos os seus encontros por vitorias. Redacción O Galmédica Tenis de Mesa, equipo que milita na Terceira División Nacional, está a lograr un

se ven disputando dende maio ata novembro pola xeografía galega e composto por 15 probas puntuables desputadas ao longo de toda Galicia.

gran inicio de tempada. Dos catro partidos disputados ata a data, todo foron vitorias. O que fai que os ourensáns ocupen a segunda praza con 19

puntos. Ó ter sumado nestas catro xornadas menos puntos que o Monteporreiro fai que ocupen esa segunda praza en lugar da primeira (os pontevedreses teñen 21 puntos; os ourensáns, 19). Na última xornada, o Galmédica desfíxose, sen atrancos, de Liceo Noia C (5-1). Liderato A competición reanúdase o 7 de novembro co partidazo da primeira volta. O primeiro contra o segundo ou o que é o mesmo: Monteporreiro fronte

13

Xogadores Dos 300 xogadores que acudirán a esta cita en torno ao 50% son da nosa provincia. Tamén hai unha nutrida representación de deportistas de Portugal, co que se reforza a cooperación transfronteiriza. O sistema de competición será o Sistema Suizo a 7 roldas. Premios Obterán trofeos especiais os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Todos os participantes recibirán un trofeo conmemorativo. Tamén haberá numerosos sorteos e premios sorpresa entre os participantes en forma de material electrónico, deportivo, formativo, etc. Martín Gómez Con cinco xornadas disputadas no Mundial por idades de xadrez que se celebra en Grecia, o ourensán Martín Gómez suma 3 puntos. Dúas vitorias, dous empates e unha derrota e a súa bagaxe. O campionato remata o 6 de novembro. a Galmédica Ourense. Os ourensáns terán unha boa oportunidade para asaltar a primeira praza e seguir con paso firme. Esta fin de semana non haberá Liga porque se disputa en Lugo o Torneo zonal con representación de equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela-León, clasificatorio para o estatal e onde tamén participarán os xogadores ourensáns.

O 7 de novembro o Ourense visita ao Monteporreiro


14

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

POLIDEPORTIVO

O Concello construirá un campo de fútbol-5 no exterior dos Remedios 4 E un novo vestiario para os usuarios da pista de atletismo. Redacción A Xunta de Goberno Local vén de aprobar un gasto para obras de mellora das instalacións no Pavillón dos Remedios por un importe de 99.814 euros. As actuacións consistirán na construción dun campo para a práctica do fútbol5, que estará emprazado xunto ao campo de fútbol Miguel Ángel, e na instalación de un módulo de vestiarios para os usuarios das instalacións de atletismo. O fútbol-5 é unha modalidade deportiva moi similar ao fútbol-sala, coa salvidade de que se xoga coa axuda das paredes que delimitan o campo. Trátase dun deporte “con grande dinamismo e extraordinariamente eficaz

Plano da situación do futuro campo de fútbol-5. para o ensino do fútbol en idades temperás”, segundo reza o informe técnico do Consello Municipal de Deportes. O campo, de céspede

artificial e cunhas dimensións de 40x20 metros, permitirá darlle un uso máis racional ao actual rectángulo de xogo ao tempo que empregar un

Plantexan instalar unha pista cuberta de atletismo en Expourense 4 A Xunta de Galicia reserva nos orzamentos de 2016 un millón de euros. Redacción A Deputación apoiará, a través dos seus representantes no Padroado de Expourense, que a pista cuberta que a Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia pretenden crear na nosa Comunidade sexa situada en Expourense. Este é o acordo da moción presentada por Democracia Ourensana no pleno da Deputación Provincial o 29 de outubro, e aprobada polo Partido Popular. A mesma moción será debatida no pleno do Con-

cello de Ourense o 6 de novembro. Polo momento, o único que contestou o grupo de goberno local á proposta de Democracia Ourensana foi que se está analizando desde a Concellería de Deportes. Segundo explica Democracia Ourensana, en principio, a dirección de Expourense é remisa a aceptar esta instalación, “avalándose nun informe vago e non concluínte”, segundo DO. Mentres que un informe da Federación Galega de Atletismo e outros dous informes oficiais e selados polo co-

lexio de arquitectos da Coruña, aos que tivo acceso DO, aseguran a viabilidade técnica que se cuestiona desde Expourense. Desde o partido de Gonzalo Jácome destacan que en todo o noroeste peninsular non existe ningunha pista cuberta de atletismo cunha corda regulamentaria de 200 metros, onde se poidan facer campionatos nacionais. “A Xunta busca unha localización, e Ourense podería ser o lugar perfecto. Poderíanse organizar varios campionatos nacionais e internacionais cada ano, cunha enorme afluencia de forá-

espazo sen utilizar ao final do mesmo. Igualmente, abre a posibilidade de organizar competicións de fútbol-5. O orzamento destinado para esta obra é de 60.890 euros. Os novos vestiarios emprazaranse na terraza existente entre as bancadas e a entrada do módulo de atletismo do campo de fútbol. É unha instalación modular de 12 metros de longo por 2,44 de ancho e 2,90 de alto. Contará con dous habitáculos independentes no seu interior que terán entradas independentes desde o exterior. A súa instalación, que non precisará de obra, terá un custe de 39.325 euros,. Tratábase dunha infraestrutura moi demandada por deportistas e polos proxenitores dos escolares, xa que o espazo existente non cubría a demanda dos usuarios, e moitos deles víanse na obriga de cambiarse nas instalacións do complexo deportivo e saír á intemperie.

Destinaranse case cen mil euros neos”, consideran. Partida económica nos orzamentos De feito, o Goberno autonómico xa reservou unha partida dun millón de euros nos orzamentos de 2016 para a construción dunha pista cuberta en Ourense. “Sería unha tolemia non aceptar esta infraestrutura gratuíta para Ourense, que sen facer nada, atraería a miles de visitantes ao ano, sen practicamente gastos, máis que acondicionar unhas bancadas móbiles e prover de vestiarios máis amplos”, conclúen desde DO.

Aprobada unha moción apoiando esta proposta na Deputación; no Concello debatirase o día 6 de novembro

Maratón de baloncesto na ponte 4 No pavillón do campus. Redacción A Plataforma en Defensa da Casa da Xuventude vén de organizar un ciclo de actividades, “O Outono da Casa” no que se inclúe un maratón deportivo de baloncesto. O evento terá lugar este domingo 1 de novembro no pavillón deportivo do campus universitario en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. Consistirá en dous torneos no formato 3x3, un senior e outro xuvenil

para rapaces e rapazas menores de 16. Contará cun máximo de 16 equipos por orde de inscrición, que se pode facer a través da páxina de facebook www.facebook. com/3x3xuventude ou no enderezo electrónico xuventude3x3@hotmail. com, Xogaranse os partidos dos grupos pola mañáe as eliminatorias pola tarde. Tamén en xornada de tarde e antes das eliminatorias faranse dous torneos, un de triplas e un bombardeiro.


ACTUALIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº128- Ano: VII - 30 de outubro de 2015 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4PRACTICANDO SAÚDE

Dietas cetoxénicas Ultimamente estanse popularizando as dietas cetoxénicas, as cales se basean na redución drástica da inxesta de hidratos de carbono co obxectivo de facilitar a oxidación de graxas que dea lugar á formación de corpos cetónicos no organismo, os cales se utilizan como fonte de enerxía alternativa ante a falta de glicosa. É a partir das 48-72 horas tras iniciarse unha dieta ausente de carbohidratos cando o corpo entra en cetose, promovendo a oxidación de graxas como combustible. É dicir, que se eliminamos a achega de carbohidratos da dieta queimaremos máis graxa durante o exercicio. A dieta cetoxénica baséase no consumo principal de graxas e proteínas, nunha proporción aproximada de 60-65% e 30-35% respectivamente, axustando a cantidade total de calorías en función das nosas necesidades. Esta dieta adoita ser utilizada por persoas cuxo obxectivo é perder peso, pero non queda clara a súa prescrición para aquelas persoas que queiran aumentar a masa muscular ou realicen exercicio físico dunha maneira esixente, aínda que algúns estudos aproban a súa utilización tamén nestes casos. Aínda que este tipo de dieta parece efectiva a curto prazo á hora de per-

der graxa corporal, non parece que sexa viable mantela, de forma estrita, a longo prazo; primeiro debido á dificultade de manter no tempo unha dieta na que non podes comer pan, froitas ou pasta entre outros alimentos básicos; segundo porque os beneficios a longo prazo non parecen maiores que cunha dieta saudable na que se inclúan hidratos de carbono; e terceiro porque unha dieta cetoxénica estrita leva en moitas ocasións unha serie de efectos secundarios como a perda de masa muscular, mareos, decaimento xeral... No entanto, é recoñecido que a cantidade de carbohidratos que inxerimos hoxe en día é moito maior do realmente necesario, por tanto, a opción máis interesante e saudable para a nosa dieta sería a de achegar pequenas racións de hidratos de carbono mediante alimentos como os cereais ou a pasta, eliminando por completo os carbohidratos azucarados como os refrescos, os doces ou as comidas precociñadas e que predomine a achega de graxas e proteínas saudables. Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en ximnasio Trabazos

O CMD destina 667.000 euros en axudas a clubes deportivos da cidade 4 A axuda cobre a cinco entidades deportivas máis que na convocatoria de 2014. Redacción O Consello Municipal de Deportes (CMD) aprobou, nunha reunión ordinaria, as axudas a clubes e asociacións deportivas para o ano 2015. En total, serán 79 as entidades beneficiadas -cinco máis que en 2014-, cubrindo deportes que van desde a natación ao baloncesto, fútbol e fútbol sala, rug-

bi ou alpinismo. A contía destinada neste exercicio é de 666.962 euros. Cada club percibe 5,36 euros por cada un dos puntos que establecen os criterios da convocatoria. Esta edición aprobáronse todas as solicitudes presentadas agás cinco: tres por non presentar a documentación solicitada nas bases das subvencións e dúas máis ao non estar inscritas

no rexistro de entidades deportivas municipais.

A natación é un dos numerosos deportes que reciben axudas do Consello Municipal.

Conceden 89.000 euros á estación de inverno de Manzaneda e á ADO Moure 4 A Deputación concede estas axudas. Redacción A Xunta de Goberno da Deputación Ourense aprobou axudas por importe de 89.000 euros para a realización de ac-

tividades deportivas na provincia. Dúas entidades foron as beneficiarias. Por unha banda, reafirmaron o convenio de colaboración entre a Estación de Inverno Man-

Contas xustificativas O comunicado do CMD establece unha prórroga ata o 30 de novembro d para a presentación das contas xustificativas das entidades beneficiarias que presentaron os seus proxectos correspondentes á tempada 2014/2015. A resolución destas bases pódese consultar en www. deportesourense.com e no taboleiro de anuncios dos Remedios.

zaneda SA e o ente provincial. O convenio servirá de base para a realización dunha nova edición do campamento de iniciación ao esquí para ne-

nos e nenas da provincia, o Esquiou 2015. O investimento é de 71.000 euros. Por outra banda, o Goberno provincial acordou una subvención nominativa de 18.000 euros á Fundación ADO-Moure para a organización de varias probas ciclistas na provincia.

A estación realizará un campamento de iniciación ao esquí


16

BARRIOS DEPORTIVO 30 de outubro de 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.