Bd141

Page 1

[ Páx. 2]

COB: a pelota está no aro NATACIÓN

Páx.3

400 nadadores reuniranse no Trofeo Pedro Escudero

FÚTBOL SALA

Páx.8

O Envialia queda fóra da Copa, e Iria Saeta, pichichi da Liga

TIRO OLÍMPICO Páx. 9

ATLETISMO

Páx. 14

Jorge Encinas, entre os cinco mellores tiradores de España

Os atletas Triana e Navarrete despuntan en Ourense

CICLISMO

Páx. 20

A 5ª BTT “Cidade de Ourense”, este domingo 12 de xuño

Outro título máis [Páx. 11]

O mellor rali

[Páx. 6]

Presentación da 49ª edición do Rali Ourense Termal, nas Burgas. // A UD Ourense fíxose coa Copa B fronte ao Paderne./R.TORRES.

Número: 141- Ano: VIII - 10 de xuño de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 28 de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

BALONCESTO

COB: a pelota está no aro

4 O pitido final xa sonou e falta por ver se o club ourensán entra ou non en ACB. R. Torres Incomprensiblemente a estas alturas non se sabe se o Club Ourense Baloncesto xogará na Liga Endesa o ano que vén ou non. Recapitulando: o equipo logra o ascenso en xuño pasado; en menos de dúas semanas alcanza un acordo con Abanca para ter un crédito de tres millóns de euros -o que esixe a ACB-. A ACB non lle deixa entrar na Liga Endesa da tempada 2015-16 e as dúas partes, asociación e club, firman un acordo para pospoñer o ascenso á seguinte tempada. O COB rompe o acordo con Abanca e pide un novo contrato á entidade para que sexa menos gravoso para a entidade deportiva; o 29 de abril Abanca envía o contrato, o cal tilda o alcalde de ilegal para o Concello de Ourense con “clausulas leoninas”. Aparece a opción de que o Concello conceda unha subvención nominativa de 1,5 millóns de euros a cal rexeitan os grupos da oposición. Desde a directiva do club piden á Administración local que lles conceda unha subvención de 1,2 millóns de euros, que sería o 20% dos gastos que supón en-

Os directivos do COB Camilo Álvarez, Antonio Gavilanes e Germán Rodríguez Saá, nunha das últimas roldas de prensa. /RAMSÉS. trar na Liga Endesa e dos gastos correntes de toda a tempada, o mesmo 20% que as accións das que é propiedade o Concello. Ante a insistencia do grupo municipal socialista de que soamente votaría a favor dunha subvención de 607.000 euros, a directiva estuda alternativas con outras entidades bancarias; e solicita un pleno extraordinario para que se lles concedan os 607.000 euros; o alcalde de Ourense pide unha “garantía mínima” por parte da institución para poder levar a cabo esa operación.

Axilidade Segundo informou este xoves o rexedor, Jesús Vázquez, os técnicos municipais garantiron que axilizarían o proceso. Despois quedaría aprobar o expediente en Xunta de Goberno local e deseguido convocaríase un pleno extraordinario para a súa aprobación definitiva, agardando que, desta vez si, o PSOE xunto co grupo de goberno do PP a favor. Pola súa parte, a directiva do COB negocia cunha entidade para que conceda os cartos, poñendo como garantías os 1,2 millóns que

achegan as administracións (repartidos entre Concello e Deputación ao 50%) e a carta na que a ACB confirma que devolvería os cartos, ao número de conta que o banco queira, en caso de descenso do club. En todo caso, o COB ten ata o 15 de xuño para depositar os case tres millón de euros na ACB. Cinco días para coñecer o futuro do equipo.

O COB ten ata o 15 de xuño para depositar os tres millóns de euros

4EDITORIAL

Moitas preguntas sen resposta Moitas son as dúbidas que asaltan cando a 9 de xuño de 2016 non está asegurada a presenza do Club Ourense Baloncesto a vindeira campaña na Liga Endesa. E moitos son os interrogantes por ue poucas son as respostas. Un ano despois de que o equipo lograra o ascenso no quinto partido do playoff final ante o Breogán, a realidade é que o Club Ourense Baloncesto -Ourense Provincia Termal- non ten asegurada a súa presenza na ACB. Nas últimas datas todas as miradas se dirixiron aos grupos municipais do Concello de Ourense. Pero volvamos atrás uns meses no tempo. O ano pasado había un acordo entre COB e Abanca que se rompeu para volver negociar outro que non castigara tanto ao club. Entón, por que a finais do ano pasado, principios deste, a entidade bancaria entrega o mesmo contrato ao consello de administración do club? Non era que prexudicaba considerablemente ao club? Por que o banco presenta un novo o 29 de abril, a 16 días de que se abra o período para entregar á ACB os case tres mi-

llóns de euros necesarios? Por que cando o presentan o alcalde de Ourense o tacha de “ilegal para o Concello” e con “cláusulas leoninas”? Por que desde a directiva non se plantaron ao ver que pasaban os meses e que non tiñan ningún acordo que presentar a Concello e Deputación para que o valorasen os seus interventores? Por que non se valorou outra alternativa máis aló de que sexan Concello e Deputación os que poñan os cartos para entrar na ACB? Por que a Deputación di que apoia incondicionalmente ao COB, e deseguido, engade que coa condición de que o Concello achegue a mesma cantidade? Iso é apoio sen condicións? Por que a Deputación non deixa negociar con outra entidade que non sexa Abanca? Cando un precisa pedir un crédito acostuma mirar varias alternativas e queda coa que mellores condicións lle ofrece, ou non? E se ten que ser cunha entidade si ou si será por que proporcionará algunhas vantaxes, ou non? Por que sobre a bocina se dá permiso aos directivos para que negocien con outras bancos? E sobre todo, por que sempre ten que ocorrer algo cada verán en casa COB? Barrios Deportivo


ACTUALIDADE

400 nadadores no Trofeo Pedro Escudero 4 Disputarase este sábado 11 na piscina Rosario Dueñas de Ourense. R.T. A piscina olímpica do Pavillón dos Remedios acolle este sábado 11 de xuño unha nova edición do torneo Pedro Escudero de natación, a número 45, coa presenza de preto de 400 nadadores de 23 clubes de Galicia e de Astu-

rias, unha cifra que supera as expectativas da propia organización. “Nacido nas orixes para completar un calendario nunhas datas nas que a competición en Ourense era escasa, e que actualmente xa está consolidado coma un dos grandes torneos da nosa comunidade”, subliñou o

alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación da proba. Xornada O torneo desenvolverase nunha soa xornada con dúas sesións, desde as 10:00 horas pola mañá, e a partir das 17:00 horas pola tarde. O acceso á ce-

lebración do torneo como público é libre e de balde. Haberá un total de 30 probas (15 masculinas e 15 femininas) e haberá medallas e premios en metálico para os tres primeiros clasificados. A novidade desta edición, segundo explicou Santi Escudero, fillo de Pedro Escudero e integrante do Clube Pabellón de Natación, “é a modificación do sistema de competición: trátase de non alongar a competición e conseguir máis fluidez tanto para as probas como para os espectadores”, dixo. Por iso, as probas da mesma distancia e estilo irán correlativas no pro-

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

grama competitivo. Así, o ránking establecerase pola suma dos puntos FINA: baséase en comparar as marcas dos nadadores cunhas marcas de referencia establecidas pola Federación Internacional de Natación, de forma que

as marcas de máis calidade reciben unha puntuación máis alta. Ao Pedro Escudero non faltarán nadadores coma Laura Pimentel, Marc Ciurana, Alba Franco, Gaspar Andrade ou Anne De la Fuente, entre outros.

Presentación do Pedro Escudero na piscina exterior do pavillón municipal. /RAMSÉS.

Unha proba popular no Descenso do Miño 4 É a novidade máis salientable deste ano. Redacción

Lance de partido de semifinais entre CW Santiago e CW Pontevedra. /RAMSÉS.

O Pontevedra logra a Copa Galicia de waterpolo 4 Ao vencer a Coruña. Redacción

da edición pasada.

A Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios foi a piscina que acolleu a Copa de Galicia de waterpolo masculino o pasado 4 de xuño. Cinco equipo participaron para facerse cun título no que Pontevedra e A Coruña partían como favoritos. Na final, os do Lérez impuxéronse aos herculinos por un apretado 6-7, o cal defendía título de campión

CW Ourense No que respecta ao Club Waterpolo Ourense, anfitrión por segundo ano consecutivo da Copa de Galicia, estes caeron en semifinais diante dos coruñeses por 15 a 5.

O Pontevedra venceu na final por un apretado 6-7 ao Coruña

O sábado 18 de xuño celébrase no río Miño o 48º Descenso do Miño. Unha edición que trae como novidade unha proba popular. A tradicional proba para federados dará comezo ás 17:30 horas e percorrerán 17 quilómetros nun traxecto que os levará desde Os Peares ata o encoro de Velle. Máis de 400 palistas de 40 clubs de Galicia, Asturias, León e Portugal descenderán en piragua as augas do río Miño nesta edición. A data límite para anotarse nas categorías non profesionais é o día 15. Proba popular Nesta edición número

48 do descenso haberá, por vez primeira, descenso popular e xornadas de iniciación para cativos de 10 a 17 anos. Os cativos de 10 a 17 anos poderán anotarse nunha das tres quendas de 45 minutos (11 - 11:45 e 12:30 h), dirixidas por un técnico da Federación de Piragüismo, na web fegapi.org. Nese mesmo espazo web poderán tamén apuntarse os adultos que queiran anotarse no descenso popular de 7,5 quilómetros desde Barra de Miño. O prazo de inscrición en ambos casos remata o vindeiro 15 de xuño. O prezo para os cativos é de tres euros e de 7 euros máis 5 en alugues de piragua para os adultos.

Presentación no Concello de Ourense do XLVIII Descenso do Miño. /RAMSÉS.

Grupo de patinadoras ourensás que competiron.

patinaxe artística

O CD Ourela, líder provincial 4 Disputou o Campionato Provincial de Deporte Escolar. Redacción O pasado mes de maio celebrouse en Redondela o Campionato Provincial de Deporte Escolar de Patinaxe Artística. As nove patinadoras ourensás entre 8 e 12 anos conseguiron clasificarse en primeiro lugar na súa primeira competición na modalidade de grupo. Ao ser o único equipo da provincia que participaba, o C.D.Ourela tivo que trasladarse ao Campionato Provincial de Pontevedra. “Competir na provincia de Pontevedra sempre é un reto xa que teñen moitísima tradición neste deporte e o nivel é moi alto”, co-

mentaban desde o club. “Estamos moi satisfeitas co resultado. É a primeira tempada nesta modalidade para as patinadoras participantes e tiveron unha magnífica actitude durante todo o curso e tamén na competición”, proseguían. Grupos pequenos Foron as primeiras clasificadas na modalidade de Grupos Pequenos de Primaria, aínda que nesta ocasión non puideron presentarse na modalidade de Secundaria: “Esperamos seguir crecendo e poder ampliar a nosa participación durante os próximos anos”, finalizaban desde a directiva do club.


Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

POLIDEPORTIVO

salvamento

do ranking nacional.

Bello e Feijoo vencen na última xornada de Liga 4 Ecequiel Quiroga logrou un segundo posto. Redacción A praia de Silgar (Sanxenxo) acolleu -o 4 de xuño- a cuarta e última xornada da Liga de salvamento acuático á que acudiron 14 deportistas do Club Salvour. A júnior Andrea Bello gañou nas probas de sprint en praia e nadar-surf. Na categoría absoluta, Ecequiel Quiroga foi segundo en nadar-surf. Pola súa banda, Ángela Dopereiro foi cuarta absoluta en sprint e Silvia Quintela, 10ª en nadar-surf xuvenil. Nas categorías inferiores Eva Feijoo gañou a proba de carreira con táboa, onde

Eva Espinosa foi sétima e Aldara Estévez oitava; en homes, Roi Naranjo rematou oitavo. Pola súa banda, Nerea Rodríguez non se clasificou para a final de táboa; Hugo Estévez foi décimo en bandeiras alevín; o relevo de rescate con táboa cadete feminino composto por Aldara e Eva Espinosa impúxose na final B;e o relevo sprint de praia formado por Martín Merinov, Manuel Limia, Ignacio Delgado e Roi Naranjo quedou segundo na final infantil. Campionato de España Ata Torrevieja (Alican-

te) desprazouse Cristina Colomo para participar no Campionato de España de salvamento. A ourensá foi unha das mellores da cita logrando un total de sete medallas (catro de ouro e tres de prata). Ademais dos metais, Colomo batiu dous récords de España (na proba de 200 metros obstáculos e na de 100 metros socorrista). Xunto a estas dúas probas tamén se proclamou campioa de España en bandeiras e nadar-surf; subcampiona foi en 100 metros rescate con aletas, 50 rescate de maniquí e sprint de praia. Ela soa conseguiu que o club Salvour rematara 12º

4ESPECIAL AUTOMOCIÓN

Seat presenta o seu primeiro modelo SUV, o novo Ateca Seat presenta o seu primeiro modelo SUV.: o novo Ateca. Calidade sobresaliente, produción precisa e atractiva relación calidade-prezo son as palabras que o describen. Cando o Seat Ateca inicie a súa comercialización estará dispoñible nunha ampla gama de variantes, que permitirán elixir entre potentes propulsores turbo de gasolina ou

diésel, cunha potencia de entre 115 e 190 CV, con tracción dianteira ou total, ademais de caixas de cambios manuais ou DSG de dobre embrague. A ampla gama de opcións esténdese desde os faros Full LED até unha gran variedade de sistemas de asistencia, como o innovador asistente para atascos ou outro para emerxencias, pasando por un paquete de sistemas de última xeración

con pantallas táctiles de 8 polgadas e conectividade Full Link. Aos acabados habituais de Seat, engádese agora o Xcellence, que ocupará o tope da gama. Todos eles ofrecerán unha variedade de cores e materiais de máxima calidade. Deseño O frontal do Ateca é 100 % Seat e, á vez, 100 % SUV. A rotunda grella elevada de gran tamaño con-

Copa Deputación Ao remate da segunda xornada da Copa Deputación de salvamento Andrea Bello e Ecequiel Quiroga lideran o torneo absoluto. Nesta ocasión os deportistas realizaron as probas de

rescate con aletas. Olalla Iglesias foi a mellor benxamín; Zaira García e Hugo Estévez, destacaron en alevín; igual que en infantís, Aldara Estévez e Martín Merinov; e en cadetes, Nerea Rodríguez e Daniel Carnero.

Eva Feijoo rematou primeira na carreira con táboa.

trasta cos faros afiados e as prominentes entradas de aire, non deixando lugar a dúbidas sobre o seu carácter dinámico. Ao mesmo tempo, este SUV presenta un porte atlético, cargado de solidez e fiabilidade. O deseño do interior combina elegancia e seguridade. Os aspectos chave son a posición elevada dos asentos, a perfecta visibilidade do frontal do vehículo e as robustas molduras das portas. Cunha lonxitude exterior de 4,36 metros, o novo Ateca aproveita o

espazo dispoñible mellor que ningún outro vehículo do seu segmento, contando cun maleteiro de 510 litros na súa configuración estándar. Tecnoloxía Un exemplo da tecnoloxía do novo Ateca é o “ Tr a ff i c

Fútbol en verán con Ociosaugal Redacción Ociosaugal, empresa especializada en actividades de ocio, culturais e deportivas, organiza este verán, en horario matutino, un total de cinco campus de fútbol: o de Carmelitas, do 27 de xuño ao 1 de xullo; o de Velle, do 4 ao 8 de xullo,; o de Loñoá, do 18 ao 22 de xullo; o da Peroxa, do 26 ao 30 de xullo; e o de Nogueira, do 8 ao 12 de agosto. Todos dirixidos a nenos e nenas que teñan entre 4 e 12 anos. Os prezos oscilan entre os 75 euros que custa a asistencia a un campus e os 300 se o cativo está interesado en asistir a todos. Poden consultar as opcións de desconto e información completa en ociosaugal@gmail.com e no 667 81 75 05.

Jam Assist”, unha función de asistencia que ofrece un maior confort atascos. Así como o “Emergency Assist”, que envía advertencia, visual e sonora, se o condutor permanece inactivo durante certo tempo, e detendo o coche se non hai reacción.

Proba o novo Seat Ateca en Copersa, rúa Seixalbo.


NATACIÓN

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

tos” da provincia. Foi o formato optado para esta Copa Deputación; os nadadores disputaban varias probas nas tres xornadas do torneo e o que maior puntuación tivera sería o vencedor.

Saída dunha das probas da Copa Deputación de natación. /RAMSÉS.

Ourense xa ten os seus “nadadores completos” 4 Marcos García e Laura Pimentel foron os vencedores absolutos. Redacción O pasado sábado 28 de maio celebrouse a terceira

xornada da Copa Deputación de natación na piscina Rosario Dueñas. Participaron nadadores

dos club Pabellón Ourense e Miraflores. Nesta terceira e última xornada decidíanse aos “nadadores comple-

Un dos participantes da Copa Deputación de natación. /RAMSÉS.

O CNPO, en Lugo e Redondela 4 Os nadadores ourensáns lograron grandes resultados. Redacción A primeiros do mes de maio o Club Natación Pabellón Ourense estivo presente en dúas citas. Por unha banda, 23 nadadores (alevíns e benxamíns) desprazáronse ata a capital lucense para participar no XXVI Trofeo Cidade de Lugo. Todos rebaixaron as súas mellores marcar persoais, sobre todo nas probas de 50 metros. Destacado foi

o cuarto posto de Anxo Vigo en 50 costas. Redondela E en Redondela celebrabase o II Trofeo Marisma no que participaron 27 nadadores que obtiveron un total de nove medallas. Berto Taboada, en 100 braza absoluto e Santiago Gutiérrez, en 100 libres alevín, colgáronse o ouro. Os dous tamén levaríanse a prata, en 100

Campións Os campións, por tabla FINA, foron os seguintes: en categoría absoluta-júnior masculina, Marcos García con 2257 puntos; en categoría absoluta-júnior feminina, Laura Pimentel con 2299 puntos; en categoría infantil masculina, Jacobo Caride con 2021 puntos; en categoría infantil feminina, Eva Carril con 1869 puntos; en categoría alevín masculina, Santiago Gutiérrez con 868 puntos; en categoría alevín feminina: Aldara Estevez con 711 puntos; en categoría benxamín masculino: Brais Estevez con 426 puntos e en categoría benxamín feminina: Alexia Camba con 366 puntos.

A Copa Deputación disputouse en tres xornadas celebradas na piscina Rosario Dueñas dos pavillón

costas absoluto (Berto) e en 100 bolboreta alevín (Santiago), fixéronse coa prata. E os bronces foron para José Moure, en 100 bolboreta absoluto; Eva Feijoo, en 100 libres (Primera mínima para o Campinato de España alevín); Juan R. García, en 100 braza, alevín; Uxía Campos, en 50 braza benxamín e Anne Villa, en 100 costas alevín. Liga Galega A piscina Municipal de Monforte de Lemos acolleu -o sábado 21 de maio- a sétima e última xornada da liga de idades en categoría benxamín e alevín. 35 nadadores benxamíns do Club Natación Pabellón Ourense acudiron á cita e disputa-

Vinte e tres nadadores do CNPO participaron no XXVI Trofeo Cidade de Lugo ron as seguintes probas: 50 libres, 200 libres, 100 libres e 100 estilos. En canto aos alevín, 29 foron os que participaron

do CNPO. Estes participaron nas probas de 100 costas, 800 libres, 100 bolboreta, 200 libres e 400 estilos.

35 benxamíns e 29 alevíns acudiron a Monforte


Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

MOTOR

Abel Jurado vence unha vez máis 4 O piloto asturiano venceu no Ralimix da Gudiña. Redacción O piloto Abel Jurado venceu co seu Ya-Car Cross nunha nova edición do Ralimix da Gudiña. Para o asturiano é a segunda vitoria da tempada, xa que antes vencera en Piñor. Este triunfo fai que sexa líder indiscutible do Campionato galego de Ralimix cando van disputadas tres probas. O abandono dos seus rivais máis directos xunto a un gran control de cada tramo fixo que fora unha vitoria incuestionable. Na primera xornada o campión da pasada edición, o ourensán Iago Silva, tivo que abandonar tras unha rotura do cárter

no seu Ya-Car Cross. Tamén tivo que deixar a proba, pero o domingo, o piloto Eugenio Fernández (por pinchazo e rotura de cárter). Podio En segunda posición remataría Óscar Añón, a máis de 25 segundos do campión. O terceiro lugar sería para o ourensán Jesús Vázquez que co seu Semog chegou a 55 segundo do líder.

Iago Silva e Eugenio Fernández abandonaron

Coa vitoria na Gudiña o piloto asturiano sitúase como líder indiscutible do Campionato galego de Ralimix.

O Rali de Ourense entra en escena 4 Os días 17 e 18 de xuño chega a 49ª edición dun dos mellores ralis nacionais. R.T. Dous días de pura adrenalina na que se darán cita os mellores pilotos do Campionato de España de ralis de asfalto é o que nos agarda os días 17 e 18 de xuño coa 49ª edición do Rali Ourense Termal. O piloto Xevi Pons, campión do Mundo da categoría S2000 en 2010 e campión de España de ralis sobre terra en 2008, 2012 e 2013, fará unha exhibición cun Mitsubishi Lancer Evo X no tramo espectáculo de San Cibrao. Tramos O deste ano será un percorrido similar ao de pasadas edicións, con lixeiros cambios. A tarde do venres 17 terá lugar o tramo espectáculo de San Cibrao (3,33 km), no que os participantes terán que dar dúas voltas case completas ao trazado. O sábado pola mañá faranse dúas pasadas aos tradicionais tramos da Peroxa (27,63 km) e Toén (15,00 km), ambos con lixeiros cambios. Na Peroxa suprímese a zona estreita inicial, sendo a partir de aí idéntico ao do ano pasado. En Toén tamén hai algunhas variantes, iniciándose de forma case similar ao de 2010 para, na súa parte final, transitar pola que fora antigamente a especial de

Presentación do Rali de Ourense, nas Burgas,/RAMSÉS. Puga, aínda que sen perder a espectacular rotonda no mesmo pobo de Toén. A tarde iníciase co tramo de Esgos (15,48 km), nesta ocasión cun percorrido máis curto ao habitual das últimas edicións, denominado San Pedro de Rocas, pois comezará en Triós e rematará en Niñodaguia, nunha versión xa utilizada en numerosas ocasións. A gran novidade será o tramo de Maceda (13,42 km), cuxa saída estará nas rúas da localidade e finalizará en Baldrei, collendo parte do trazado que xa se realizou nos anos 1994 e 1995, e cunha zona nova. E como non podía ser doutra forma, non faltará o clásico de Canón do Sil (32,00 km), que repite o mesmo esquema da edición anterior con ese bonito inicio no centro urbano

de Castro Caldelas. Números En total serán once tramos (seis diferentes) con 210,39 km cronometrados dos 565,13 totais, sinalando que os horarios se adiantan con respecto a 2015, pois o venres San Cibrao comeza ás 19:30 mentres o sábado tamén se sairá media hora antes que o ano pasado, xa que os coches partirán de Expourense ás 7:30. Todo iso condicionado polo reagrupamento de mediodía no parque de San Lázaro, a partir das 12:45 horas, o que ademais permitirá realizar a entrega de trofeos ao fío das dez da noite.

A gran novidade será o tramo de Maceda

4 O Rali de Clásicos, o 10 e 11 de xuño Durante dous días as estradas de Ourense, capital e provincia, verán desfilar auténticas xoias do automobilismo de varias épocas, no 22º Rali de Clásicos. En concreto, 76 coches datados entre as décadas dos 30 e 80 do século pasado, percorrerán entre o 10 e o 11 17 concellos da provincia nun rali de regularidade no que o máis importante é gozar do encontro, dos propios automóbiles, e da riqueza natural e monumental que van descubrindo ao seu paso. As verificacións técnicas terán lugar o venres á 17:30 h en Ponte Vella e o sábado antes das 10:30 h na praza Maior.


PUBLICIDADE

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016


Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

FÚTBOL SALA

Iria Saeta, pichichi da Liga 4 O Cidade venceu na última xornada ao Alcorcón, posiblemente próximo equipo de Vane Sotelo. R. Torres Último partido da tempada do Envialia na casa, contra o Cidade. /RAMSÉS.

Duro golpe para o Envialia 4 As de Chipi quedan fóra da Copa. R. Torres

na beira.

Levaban a maior parte da tempada na cuarta posición, última que daba dereito a xogar a Copa de España. E tivo que ser na derradeira xornada desta tempada cando o Ourense Envialia quedaba apeado de xogar na cita copeira. Xogaban contra o Futsi que se xogaba o título ligueiro co Burela -á postre o campión-, cun só punto manterían a cuarta praza fixera o que fixera o seu perseguidor: o Universidad de Alicante. As alacantinas non tiveron problemas para desfacerse a domicilio do Móstoles, ao que gañaron por un gol a cinco. As ourensás non foron quen de plantarlle cara ao Futsi, e iso que ao descanso chegouse cun esperanzador empate a un tanto. Pero na segunda metade as madrileñas sentenciaron e deixaron un 52. Con este resultado as albinegras quedaban fóra da Copa. Remar para morrer

Positivo O positivo desta campaña foi que o Ourense Envialia regresou na Liga aos postos onde ten que estar por equipo. As ourensás deben de pelexar cada tempada por entrar na Copa de España como sucedeu nesta. O outro punto positivo foi a conquista da Copa Xunta diante do Cidade As Burgas. Copa Os catro equipos que disputarán a Copa son o Burela, Futsi, Alcorcón e a Universidad de Alicante (UA). Os emparellamentos en semifinais son: Futsi - UA e Burela - Alcorcón. Dispútase esta fin de semana.

O Envialia quedouse a un punto den entrar na Copa

Na táboa clasificatoria estaba todo decidido, pero aínda quedaba un obxectivo por tentar conseguir. Iria Saeta estaba, a falta dunha xornada como pichichi da competición. Coa disputa de tres puntos sen importancia o foco de atención se centraba na ourensá; sería capaz de alzarse co premio de máxima goleadora da tempada 201516 na Primeira División de fútbol sala? Tras ela estaba a pichichi do ano pasado, a xogadora do Futsi, Ari; e en terceira posición a compañeira de Iria, Vanessa Sotelo. Entre a brasileira e Saeta había tres goles de diferenza, Sotelo, a seis. Na última xornada o Futsi xogabase o título contra Burela -finalmente campión-. As madrileñas xogaban na casa contra o Envialia e as lucense viaxaban a La Rioja. 42 goles levaba a franxiverde e 39 a colchoneira.

Iria Saeta, pichichi da Liga con 43 goles. /RAMSÉS. Desde Madrid chegaba a información vía twitter, Ari lograba marcar e achegabase ao rexistro de Iria. Pero foi no minuto 14 da primeira metade cando a ourensá lograba un gol que faría insalvable a distancia; a brasileira lograba un insuficiente “hat trick” que a deixaba na segunda posición das goleadoras. Por primeira vez unha ourensá logra ser a xogadora que máis goles mete nunha campaña na máxima categoría do fútbol sala. Ari, quedaba segunda cun gol menos (42) e en terceira posición Vanessa Sotelo firmaba 37 tantos.

Vanessa Sotelo A que é a terceira mellor xogadora do Mundo, Vanessa Sotelo, pode que xogase o derradeiro encontro vestindo a elástica do Cidade As Burgas. Ofertas de Italia (case descartadas pola xogadora) e outras de Madrid fan que posiblemente marche en busca doutras aventuras. Futsi e Alcorcón a teñen no punto de mira. Sotelo ten case decidida a súa aposta polo cadro alfarero. A dianteira, en caso de marchar, promete regresar, algún día, ao Cidade As Burgas. Sorte Vane!

Vanessa Sotela coa súa familia ao finalizar o último partido de Liga. /RAMSÉS.

O Sala Ourense xogará en Terceira Redacción Despois dunha tempada para esquecer o Sala Ourense xogará o curso 2016-17 na Terceira División. Oferta, non formal, para continuar en Segunda División B xa a tiñan pero desde o club decidiron apostar por competir nunha categoría inferior nun ano de transición. Cambios Trala demisión do presidente, Julio Prol, e dun dos vogais, Óscar Vivián, o club comezou a traballar de cara á vindeira campaña. Toño Sanmiguel seguirá sendo o novo presidente da entidade e Víctor Sousa, que facía de adestrador do primeiro equipo, ocupará as funcións de director deportivo. O novo adestrador será Quique García, un técnico que xa demostrou a súa valía en equipos como Carballiño F.S.,Estreliña de Verín e Ourense F.S.

Quique García (esquerda) será o novo adestrador do Sala Ourense en substitución de Víctor Sousa (dereita).


FÚTBOL SALA

Jorge Encinas, entre os cinco mellores tiradores de España 4 O deportista ourensán estableceu tres novas marcas galegas na Copa do Rei. Redacción Vén de celebrarse en Granada a Copa do Rei de tiro olímpico, unha das competicións máis importantes a nivel nacional deste deporte, na que participaron 182 deportistas de toda España das diferentes modalidades olímpicas de tiro. Jorge Encinas, único representantes ourensán na competición, conseguiu clasificarse para disputar dúas finais, alcanzando a quinta posición na modalidade de carabina 3x40 e o sexto posto na carabina de aire comprimido, regresando a Ourense con dous diplomas. O tirador ourensán logrou bater tres récords de Galicia destas modalidades olímpicas de carabina. En carabina aire comprimido sumou 608,1 puntos, e posteriormente, xa na final, fixo 116,7 puntos, quedando en sexta posición. Na final de carabina tres posicións entrou en

Jorge Encinas foi quinto en carabina 3x40. oitavo lugar e progresou ata quedar finalmente no quinto posto, establecendo un novo récord galego con 397 puntos. Bicampión galego O bo momento de forma de Encinas tamén se demostrou días antes nos campionatos galegos. Na proba de carabina match disputada en Pontevedra o

O Barrocás queda sen ascenso 4 Perdeu os dous partidos da fase final. Redacción O Club Hockey Barrocás non logra o ascenso á División de Honra B. Os ourensáns chegaban á fase final de Cádiz cun punto (o obtido contra o San Fer-

nando na fase anterior). Na primeira xornada os barrocos perderon pola mínima ante o Linia 22 e lastraba as opcións de ascenso, sobre todo porque o seu rival xa tiña unha das prazas de ascenso no peto.

28 de maio, quedou primeiro e estableceu unha nova marca galega con 592 puntos. E o pasado 17 de maio na mesma localidade, na competición de carabina tres posicións, alcanzou tamén o primeiro posto, nunha tirada na que participaron deportistas de toda Galicia e na que foi o único representante da nosa provincia. Na segunda xornada tocaba xogar contra o SPV. Os de Roberto Oliveira tiñan que gañar e que non o fixera o San Fernando. Pero nin os ourensáns venceron nin os gaditanos perderon. Mentras o Barrocás caía, de novo pola mínima (23) ante os madrileños, os andaluces lograban unha vitoria que os levaba a División de Honra B. A falta de acerto nos metros finais lastraron a un conxunto ourensán que viu truncado o seu soño de regresar a división de prata do hoquei herba nacional. O ano que vén Roberto Oliveira lamentouse trala fase a falta de acerto. O técnico non baixa os brazos e asegurou que o ano que vén o volverán a tentalo.

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

rugbi

Co ascenso de cara 4 O Campus Universitario Ourense Coosur leva vantaxe a Bilbao. Redacción A un partido está o Campus Universitario Ourense Coosur de subir de categoría. Desde comezos de tempada marcáronse o obxectivo de ascender á División de Honra B e agora téñeno na man. Falta un partido en terras vascas para saber se os ourensáns son equipo da división de prata nacional ou se teñe que disputar unha repesca. Despois de desfacerse en primeira rolda do Gaztedi, tocou na final o Universitario Bilbao. O partido de ida disputouse en Ourense e

non puido ir mellor para os intereses do conxunto dirixido por David Monreal. 31-3 foi o resultado. Agora toca defendelo na

cita definitiva, que se disputará este domingo en terras vascas. Repesca En caso de caer estrepitosamente ante o Bilbao e non ascender terían unha nova oportunidade. Sería unha repesca que xogarían ante o filial do Quesos Entrepinares de Valladolid. Desde o cadro ourensán agardan certificar o ascenso de categoría este mesmo domingo.

Este domingo decídese o ascenso en terras vascas.


10

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

FÚTBOL

O Couto acolle a II Ourense Termal CUP 4 Terá lugar o 19 de xuño. Redacción O vindeiro domingo 19 de xuño, o Ourense C.F. organiza no estadio do Couto a segunda edición da Ourense Termal CUP, rematando coa cerimonia de fin de tempada. O torneo vai dirixido a deportistas de categoría alevín de primeiro ano, e dará comezo ás 09:30 horas, con competición durante mañá e tarde, rematando coa gran final ás 19:15 horas. Para os acompañantes e demais público instalarase nos arredores do estadio unha carpa con postos para degustar produtos autóctonos. O presidente da entidade, Camilo Díaz, destacou que “na idea do Club de dar a coñecer a nosa cidade e a súa provincia no

exterior, visitarannos máis de 250 familias, que poderán descubrir as vantaxes turísticas da nosa contorna, coa instalación dunha caseta para facilitar información”. Pola súa banda, o director deportivo, Manu Cerón, puxo especial énfase en que “o Couto acollerá a uns 700 deportistas durante todo o día, nunha

homenaxe ao deporte de formación”. De feito, acudirán á cita, xunto ao anfitrión, 15 clubs de diversos puntos do país (Pontevedra, Coruxo, Ulla, Rúa, Real Valladolid, Vitoria Guimaraes, Cultural Areas, SD Compostela, Ponferradina, UD Santa Mariña, Rápido de Bouzas, Lugo, Figueirido, Victoria e Puentecaldelas). Ademais, na ceremonia de fin de tempada estará presente o campión do Tour de Francia 2006 Óscar Pereiro e actuarán os cativos s da Escola de baile Leticia Nogueira.

Presentación do evento no estadio do Couto.

Fin de curso do fútbol provincial 4 Este sábado dispútase a final da Copa Deputación entre o Polígono e o Arenteiro. Redacción Remata o curso no fútbol provincial este sábado coa disputa da final da Copa Deputación entre o Polígono e o Arenteiro. O encontro terá lugar no estadio do Couto a partir das 19 horas. Sen un claro favorito, se hai que escoller este podería ser o Arenteiro por estar nunha categoría superior. Os de carballiño remontaron un 0-1 do partido de volta das semifinais ante o Bande. Pola súa banda, o Polígono logrou o pase no tempo de desconto ante o Monterrei.

Movementos E co fin de tempada chegan os movementos nos bancos. De arriba cara abaixo, na Terceira División seguirán O Barco e Barbadás. O primeiro manterá ao seu adestrador, Javi Rey, e a gran parte da plantilla; no cadro azulón xunto coa baixa do adestrador -Peluso cede o sitio a Miki López- deixarán o equipo gran parte dos xogadores. En canto á Rexional Preferente, co descenso do Verín son cinco os conxuntos ourensáns que competirán

nesta categoría na vindeira tempada. O equipo do val do Támega cambiará de cromos; Anxo Valcárcel será o seu adestrador e augúrase un desembarco de máis de 10 xogadores, e outros tantos deixarán a entidade. Entre os que continúan un ano máis en Preferente atópase o Arenteiro, que pretende dar un salto máis da man do técnico Manel Vázquez, quen collera o equipo iniciado o curso. O Ourense C.F. prescinde de Rubén Domínguez para incorporar a Fran Justo (técnico do xuvenil). Os dous equipos ascendidos da Primeira Rexional son o Nogueira e o Polígono. Mentres o Nogueira xa confirmou o ascenso de categoría mantendo o mesmo bloque, o Polígono aínda non se pronunciou sobre se haberá cambios ou non nas súas filas .

11 de xuño. 19 horas. Final da Copa no Couto entre Polígono e Arenteiro


FÚTBOL

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

Unha primeira fase de sobresaínte 4 A UD Ourense pechou os dous anos máis complicados cumplindo obxectivos. R. Torres

A UD masculina venceu na final ao Paderne, que non lle puxo as cousas sinxelas./R.T.

Dúas copas para as vitrinas da UD Ourense 4 Os equipos sénior masculino e feminino lograron a Copa Deputación. Redacción Os dous equipos sénior da Unión Deportiva Ourense lograron alzarse coa Copa Deputación. O sábado 4 de xuño o conxunto masculino chegaba á primeira final da súa historia. Diante estaba un Paderne que non lle ía poñer as cousas sinxelas. A bancada do Couto estaba chea de afeccionados dun e doutro equipo. Na primeira metade o dominio foi total e absoluto dos unionistas, pero sen materializalo en goles. Tivo que ser na segunda parte cando Adrián marcaba o único tanto do encontro. Despois chegaría algunha ocasión

máis que non se atopou coa rede, o que fixo que os homes de Antonio Dacosta sufriran un pouco nos últimos minutos. Co asubío final, nova celebración dun equipo que fai soñar aos seus seareiros e que coloca nas súas vitrinas un título que esperan non volver ter que disputar. Feminino Segunda final do club en menos de 24 horas. Ao día seguinte era o equipo feminino o xogaba a final da Copa Deputación diante do Rúa de Valdeorras con preto de 500 afeccionados nas bancadas do Couto. Intres antes de que o árbitro decretara o descanso

Palo facía o primeiro tanto da tarde. Cris Rodríguez lograba o segundo gol das unionistas aos 10 minutos da reanudación. Pero Pauli recurtaba distancia e daba emoción ao encontro. Xa no tempo de desconto, novamente, Cris Rodríguez sentenciaba a final co terceiro tanto das franxivermellas. Dous títulos para a UD Ourense en dous días.

Está claro que a Unión Deportiva Ourense non ten todo o camiño andado, pero tamén está claro que os dous primeiros anos eran os máis difíciles. E estes foron superados con sobresaínte. Eran os máis difíciles porque había que asentar unha masa social arredor do club, porque os ascensos de categoría non tiñan os mesmos alicientes que os de categorías superiores e porque continuar o legado de Club Deportivo Ourense era unha misión complexa. Porén a masa social estivo desde o principio -máis de 1.000 socios e abonados en ámbalas dúas primeiras campañas-, os ascensos lográronse con bo fútbol e espectáculo e o legado parece incuestionable.

O virtuosismo instaurouse neste equipo nestes dous anos. En total, os unionistas lograron dous ascensos, dous títulos de liga e unha Copa Deputación. A primeira fase do proxecto xa está finiquitada, agora queda un camiño, aínda que nada sinxelo, ilusionante. Primeira Rexional Na Primeira categoría do

Julio Salgado e Julio Álvarez non seguirán na UD./R.T.

Grazas a todos 4 Xa se coñece a lista de baixas para o vindeiro curso.

O conxunto feminino disputou a Copa co Rúa de Valdeorras.

Algúns estiveron desde o principio, outros incorporáronse este ano, pero o certo é que todos eles fixeron medrar á UD Ourense cando máis o necesitaba, nos primei-

fútbol provincial as cousas veranse de distinta maneira. Aínda que se estea na terceira liga pola cola e o obxectivo sexa o mesmo, as cousas cambian. Por exemplo, entrarán no bombo da Copa Deputación A, no que estarán tamén equipos de Preferente. Así, este curso volverán ter a esixencia de subir de categoría, si, pero sabendo que o seguinte será un chanzo (Preferente) máis acorde co club; medirse con equipos da provincia de Pontevedra será un estímulo maior, tanto para xogadores como para o público.

Lograron dous ascensos, dúas ligas e unha Copa

Xaco buscando o gol ante o Paderne./R.T.

Máis de 2.000 afeccionados viviron as finais nas bancadas do estadio do Couto

Redacción

11

ros anos, nos máis duros. Seguro que todos poderían seguir dando o mellor de si ao equipo, pero os cambios son inevitables e as baixas teñen que producirse. Os que estiveron no Couto aquel verán de 2014 e que non seguirán

son: Héctor, Julio Álvarez, Lucas Nieto, Fran Álvarez, Julio Salgado, Valderas, Roberto Almeida e Roberto Dacosta. Dos que aterrizaron este ano non continuarán: Tito Currás, Jorge e Brais. Algúns xa o tiñan meditado, outros non lles cae de sorpresa e aos menos gustaríalles seguir aínda que hai que ser conscientes de que mudar é preciso. O que non terán dúbida é que foron anos nos que fixeron posible un soño. Para todos eles chega o momento do recoñecemento. Xogaran máis ou menos apostaron por un embrión que alimentaron e fixeron grande e forte. Deles é o mérito de ser os primeiros, para eles o agradecemento de toda a bancada unionista e o orgullo de facer medrar un proxecto que ilusiona por ser o legado de Club Deportivo Ourense.


12

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

especial EUROCOPA


EUROCOPA especial

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

13


14

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

OURENSE TERMAL ATHLETICS MEETING

As probas atléticas (en numerosas categorías e modalidades) foron grandes protagonistas da xornada./R.T.

Triana e Navarrete despuntan en Ourense

4 Foron os mellores no Ourense Termal Athletics Meeting. R. Torres O domingo 29 de maio as pistas de atletismo do campus de Ourense acolleron unha nova edición do Ourense Termal Athletics Meeting. Unha proba cada vez máis consolidada no calendaria da Real Federación Española de Atletismo.

Os mellores atletas deste ano foron Mauro Triana e Esther Navarrete, en homes e mulleres, respectivamente. O deportista galego do Playas de Castellón logrou o triunfo grazas aos 10.46 segundos que fixo nos 100 metros (ilegais polo + 2.1 de vento a favor) e nos 200 metros 21.45 segundos. Por parte de Navarrete,

a do Celta de Vigo parou o crono no 3.000 metros en 4:25.16. Os ourensáns Pola banda local, as actuacións máis destacadas foron as vitorias de Alfonso Palomanes no concurso de triplo salto (cun mellor intento de 15,63 metros); Bea Viteri, con 3.65 me-

tros, en salto con pértega; Emma Valencia, 15.33 segundos, nos 100 metros valados e Alejandro Fernández nos 3.000 metros cun tempo de 8 minutos e 12 segundos.

A cita tivo lugar o 29 de maio no campus

Alfonso Palomanes, Bea Viteri, Emma Valencia e Alejrandro Férnandez foron os ourensáns máis destacados./R.T.


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

Iglesias e Fernández vencen no Couto

O Adas busca o ascenso Redacción

4 Máis de 500 persoas participaron na segunda carreira do “Correndo por Ourense”. R.T. O sábado 21 de maio celebrouse no barrio do Couto a segunda carreira do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nela déronse cita máis de 500 atletas repartidos nas tres carreiras disputadas; ademais da carreira de pitufos que se disputa como antesala das demais. Na carreira alevín e benxamín Héctor Rodríguez e Claudia Salgado foron os mellores. Na de infantís e cadetes, Fiz Losada e Aida Ochogavias

foron os máis rápidos en homes e mulleres, respectivamente. Absoluta Na absoluta a participación superou os 400 deportistas. Luis Iglesias (Arenteiro Atletismo) demostrou a súa superioridade sobre o resto ao vencer cun tempo de 19:05. Con máis de 30 segundos de vantaxe sobre o segundo, o seu compañeiro de club, José Manuel Corral. Terceiro en meta sería Saturnino González (Veteranos Ourense). En canto ás féminas,

15

Participantes da proba absoluta disputada no Couto. Iria Fernández -Adas O Barco- foi a máis rápida; o seu tempo de 22:51. A segunda en meta foi a atleta do Veteranos Ourense, Sonia Teijeiro (vencedora da carreira disputada no barrio do Vinteún) a 15 segundos (23:06). Terceira en rematar a proba sería Ana María Ocampo (Ourenrunning) cun tempo de

23:16 minutos. Corpus O domingo 26 de xuño dispútase a terceira carreira do “Correndo por Ourense”. Será nesa cita cando as rúas centrais da cidade sexan as protagonistas. Volve a ser en domingo e darán comezo ás 12 horas coa carreira de

pitufos para pechar ás 12:30 horas coa proba absoluta.

O 26 de xuño celébrase a terceira carreira polas rúas do centro da cidade

O Club Adas O Barco buscará este domingo o ascenso á Primeira División de atletismo en categoría feminina. Cáceres será o escenario dunha fase de ascenso moi igualada. Nesta ocasión son as mulleres do club as que por primeira vez na historia do mesmo accedan a un campionato de España de clubs en pista. A expedición valdeorresa contará con atletas da talla de Leticia Fernández (que participará nos 800 metros), Barca Toba (3.000 metros) ou Eva Arias (correrá os 3.000 metros obstáculos), entre outras. Galego O Barco acolle esta fin de semana o Campionato Galego benxamín - alevín de pista.


16

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

ATLETISMO

Lekhili e Teijeiro dominan o Desafío 4 Hassan Lekhili e Sonia Teijeiro venceron na terceira edición do Desafío 42. R. Torres Eran os favoritos e así o demostraron. O atleta do Ourenrunning e a do Veteranos Ourense lograron ser os primeiros nesta edición dun Desafío 42 que pasou por Maceda, Ourense e Allariz. Nas primeiras dúas probas celebradas o sábado 14 de maio xa impuxeron a súa superioridade. O marroquí afincado en Ourense non deixaba dúbidas de que sería difícil arrebatarlle a vitoria, mentres que a ourensá non tiña rival. Maceda e Ourense Na primeira proba, en Maceda, de apenas 6 km o máximo rival de Hassan, Lolo Penas, chegaba tan só un segundo por detrás; o terceiro en discordia, Akka Essadoui, xa perdía máis dun minuto. Pola súa banda, Sonia Teijeiro aventaxaba en máis de dous minutos as súas inmediatas perseguidoras. A noite do sábado Ourense acollía a segunda

das tres carreiras. 15 quilómetros nos que de novo Lekhili demostraba a súa superioridade e desta sacaba máis dun minuto ao de Arzúa; Essadoui foide novo terceiro. En mulleres, Teijeiro seguía ao seu, e distanciábase cada vez máis das súas contrincantes. Allariz E chegaba o domingo e a última das probas: o medio maratón de Allariz. A clara vantaxe do ourensán fixo que con só contemporizar lograra o triunfo final tras ser segundo na meta de Allariz. Penas foi o primeiro pero sen sacar o tempo suficiente -tres segundos menos- que lle dera a vitoria global. Akka Essadaoi foi terceiro nas tres carreiras e rematou nesa posición no podio. Sonia Teijeiro repetiría triunfo a pesar de que fa cita de Allariz se lle fixo moi costa arriba. En segunda posición entraría Silvia García e terceira Elena Pérez; ambas na

Boa actuación ourensá no Galego de orientación 4 Na modalidade de distancia longa. Redacción O 28 de maio disputouse no Campus de Marcosende (Vigo) o Campionato Galego de Orientación Pedestre na modalidade de distancia longa. Os distintos clubs ourensáns lograron unha boa colleita de medallas. Medallas En categoría masculina Martín Morales (da A.D. Limiactiva de Xinzo)

conseguíu o ouro en elite; mesmo resultado para Xan M. Trigo (Club Pena

Celanova e Xinzo, as próximas carreiras populares 4 Xa se disputaron a da Valenzá e a de Bande. Redacción

Lekhili, cruzando a meta. mesma posición da clasificación xeral do podio do Desafío 42. Por equipos O primeiro equipo en completar este maratón foi o “Safir Molgas” (Ana Isabel Soutullo, Miguel López e José Manuel Casado). A oito segundos remataría o “Acervañán” (Lucía e Sergio Requeijo). Terceiro foi “Os Folgosos” (Maricarmen Castaño, Alberto Vázquez e Antonio Folgoso).

Trevinca-Barco) en M45. Ademais houbo dúas medallas de bronce, unha para Marcos Álvarez (Club Pena Trevinca-Barco) en M-21A e outra para João Morales A.D. Limiactiva, Xinzo) en M-12. En categoría feminina, Milagros M. Aller (Pena Trevinca-Barco) logrou rematar terceira en F16.

Marcos Álvarez, esquerda, terceiro en M-21A.

Populares e máis populares. Maio e xuño son os meses ideais para saír a correr, por iso a provincia congrega un maior número de carreiras para todo o mundo. Celanova e Xinzo xa preparan as súas; pero tamén haberá en Ourense, Leiro e Molgas. Xa se disputaron as da Valenzá e Bande. Celanova O 11 de xuño chega a 13ª edición da carreira nocturna de Celanova. Ás nove da noite son as carreiras escolares e a partir das 22:30 horas é o turno para a absoluta (7.800 metros). A de Celanova é unha das máis queridas das populares da provincia; proba diso é o número de persoas que cada se inscriben á mesma. Nesta ocasión son máis de 600. Xinzo Outra das clásicas do mes de xuño é a de Xin-

zo de Limia. Prevista para o día 18 deste mes as inscricións están abertas (championchipnorte.com) ata o día 16. O prezo é de tres euros para a categoría absoluta e gratuíta para o resto. Ourense O domingo 26 de xuño, terceira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta ocasión as rúas do centro serán as protago-

4 Será o 19 de xuño. A sexta edición de “Chandrexa Trail” celebrarase o día 19 de xuño no municipio de Chandrexa de Queixa, sendo a segunda proba da Copa Galega de carreiras por montaña. Toda a carreira transcorre pola macizo central ourensán, sendo unha proba dunha importante esixencia física. “Chandrexa Trail” atópase dentro do calendario da Federación Galega de Montañismo, e presenta tres probas distintas: un

Leiro e Molgas Xa no mes de xullo celebraranse as de Leiro e Baños de Molgas. Mentres a da zona do Ribeiro está prevista para o día 3 de xullo a de Molgas terá lugar o 30 do mesmo mes. A Valenzá e Bande As que xa teñen gañadores son as da Valenzá e Bande. Na primeira edición da Valenzá os vencedores foron Luis Iglesias e Sonia Teiejeiro. Na de Bande, que chegaba a súa terceira edición, repetiu Luis Iglesias como vencedor; en categoría feminina foi Lorena Calvo a primeira clasificada.

Proba de pitufos disputada en Xinzo de Limia nunha edición anterior da súa carreira popular./ARQUIVO.

A “Chandrexa Trail” chega á 6ª edición Redacción

nistas. Inscricións abertas ata o mércores anterior á carreira en championchipnorte.com.

trail de 33 quilómetros (puntuable para a Copa Galega), un mini-trail de 20 quilómetros e unha andaina de 20 quilómetros. Xa hai máis de 200 inscritos de toda Galicia e ta-

mén de Valencia, Madrid e Andalucía, pero é posible que ao longo destes días se alcancen os 300 como na edición pasada. Os interesados en participar poderán facelo a través das web www. chandrexatrail.com ou en www.championchipnorte. com, e presencialmente en “Agromacen”, en Trives, ou en “Runmaniak”, en Ourense, estando aberto o prazo ata o 16 de xuño.

Bernardino González, Rosendo Fernández, Francisco Rodríguez e Diego Martínez na presentación da “Chandrexa Trail”.


ATLETISMO

Andainas pola provincia Redacción O sábado 11 de xuño o Concello de Laias acolle unha andaina nocturna. A “The Laias Zombie” é unha novidosa proba que terá a lúa chea como protagonista. A saída dará comezo ás 21:30 horas e haberá quendas cada 15 minutos, ata as 23 h. Contará con dúas distancias, unha de oito quilómetros e o outra de 15. Carballeda de Avia O 12 de xuño celébrase en Carballeda de Avia (9:00 h) a 3ª Andaina Laxa de Novoa. Haberá dúas rutas, unha curta de oito quilómetros e a completa, de 20. Esgos Tamén o día 12 en Esgos haberá a Subida a Rocas O Eirado, con carreira de 13 km (saída ás 11 h) e andaina de 20 km (saída ás 9:30 h).

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

17

II Andaina solidaria de Cáritas 4 Será o vindeiro 11 de xuño, cun percorrido de 9,4 km. Redacción Cáritas organiza o vindeiro 11 de xuño a II Andaina “Ourense ten kilómetros de solidariedade”. A ruta, de 9,4 kilómetros, partirá de Palmés para rematar no colexio Salesianos. Trátase dunha andaina apta para toda a familia, e para participar hai que pagar unha inscrición de dez euros, agás os menores de 12 anos, que poden acudir de balde.

A inscrición inclúe unha camiseta e avituallamento. Para achegarse ata Palmés haberá un servizo de bus gratuíto con saída do intercambiador da Alameda, previa solicitude. Ao finalizar o percorrido realizarase un acto de recoñecemento a socios, colaboradores e voluntarios. As inscricións realízanse ata o 3 de xuño no 988 236 819 ou na praza Bispo Cesáreo.

É unha andaina apta para realizar en familia.

As distintas probas atléticas disputáronse en Monterrei.

O Cardenal Cisneros, co deporte O centro educativo da capital Cardenal Cisneros organizou por terceiro ano consecutivo a súa “Convivencia de atletismo”. A xornada tivo lugar en Monterrei o pasado 13 de maio. Alí déronse cita a comunidade educativa do centro, alumnado, profesorado e resto de persoal laboral, ademais de familiares e empresas colaboradoras. O bo ambiente foi a nota predominante e algún dos alumnos e profesores do centro xa se lles pode ver nalgunha das carreiras populares que se organizan na provincia. Varias probas atléticas, ademais de xogos como o tenis ou fútbol sala, foron as actividades que se programaron para ese día de convivencia.


18

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

POLIDEPORTIVO

III Torneo Activo Campus Ourense 4 Competición de xadrez que se disputa o 11 de xuño. Redacción Iván Salgado (á dereita), durante unha partida.

xadrez

Gran actuación de Salgado en Francia 4 O xadrecista ourensán participou na Liga francesa. Redacción Iván Salgado disputou en Drancy, localidade sita nos arredores do París, a fase final da Liga francesa de xadrez. O ourensán, nas filas de Châlons en Campagne, conseguiu realizar un gran torneo que sen dúbida lle fará subir bastantes postos no ránking internacional. Salgado contabilizou un total de 7 puntos (3 vitorias, 8 empates e ningunha derrota). Con este resultado Salgado ha totalizado unha actuación de 2717 puntos ELO e 14 puntos de subida no ránking. O xadrecista tivo que defender o primeiro taboleiro do seu equipo polo que loitou contra rivais da elite

mundial, como o francés Vachier-Lagrave, quinto do mundo, ou Igor Kovalenko, actual subcampión de Europa, cos que conseguiu facer táboas. Para constatar a dureza da proba Salgado disputou as 11 roldas do torneo contra grandes mestres. Iván Salgado clasificouse recentemente para a copa do Mundo en Kósovo. polo que tivo poucos días de descanso. Próximas citas Nos próximos meses o xadrecista ourensán disputará o Campionato de España e representará a España na Olimpíada de Baku (Azerbaijan), como citas máis importantes no seu calendario.

Míguez jr, a pola Copa Ibérica de kick 4 Este venres nos Remedios. Redacción Este venres 10 de xuño celébrase unha nova velada de kickboxing e boxeo organizado polo Club Míguez Team. O evento terá lugar no pavillón dos Remedios e dará comezo a partir das 22 horas. O ourensán Manu Míguez jr pelexará para facerse coa Copa Ibérica contra o portugués Igor

Meinedo. A entrada custará 10 euros para grada e 12 para pista.

Manu Míguez.

A Universidade de Vigo, a través da Asociación Xadrez Ourensán Universitario, organiza, xunto coa Escola de Xadrez de Lalín, o ”III Torneo Activo Campus Ourense” dentro do “IX Circuíto Galicia Central 2016”. Trátase dunha competición que percorre Galicia nos meses de

verán promovendo este deporte. A Ourense chega este sábado 11 de xuño e disputarase no Campus de Ourense (no Edificio de Ferro). O director do evento Lino Hermida, lembra que o xadrez “crea hábitos positivos como disciplina mental, razoamento, memoria, investigación, análise, síntese, creativi-

dade...” Participantes Aínda que o torneo esta dirixido a todas as idades, unha das características máis salientables é a grande participación de cativos. Desde a organización agardan que se chegue aos 150 participantes, unha cifra destacada para un deporte como o xadrez, claramente en auxe. O prazo de inscrición remata ás 22 horas do venres 10 de xuño e todos os datos do torneo pódense atopar na páxina web tabladeflandes.com. Torneo Internacional Tamén está aberto o prazo de inscrición para o III

Xogador ourensán. Torneo Internacional de Xadrez Campus Ourense, que se disputa entre os días 4 e 10 de xullo. Nesta competición repártense 6.480 euros en premios e prevese a participación de mestres e grandes mestres de diversas nacionalidades. Todos aqueles que desexen máis información poden acudir á paxina web deportes.uvigo.es.


ARTES MARCIAIS

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

Éxito ourensán no nacional de Kuoshu 4 Disputado na localidade madrileña de San Martín de Valdeiglesias. Redacción A fin de semana do 21 e 22 de maio celebrouse na localidade de San Martín de Valdeiglesias (Madrid) o Campionato Nacional de Kuoshu (Artes Marciales Chinas) 2016. Os mellores nacionais da disciplina estiveron representados neste torneo sendo os galegos os mellores con diferencia, ante os máis de 250 participantes. Formas Na modalidade de formas Galicia acadou un total de 12 medallas. A infantil Akira Moreira, Andrea Álvarez en cadete, o júnior Jacobo Rodríguez e o sénior Sergio Parga (campión nacional desde categoría cadete) lograron, cada un deles, tres medallas de ouro nas modalidades man baleira, armas longas e armas curtas.

Outras medallas A sénior Sara Álvarez logrou o ouro en arma curta e arma longa e prata en changquan. Pola súa banda, Nevenka Videira fíxose coa prata en nanquan (infantil); Aarón Martínez, ouro en nanquan, prata en arma curta (cadete); Diego Álvarez, prata en nanquan (cadete); Zaira Ferradás, bronce en nanquan (cadete); Gabriel Vázquez, ouro en changquan e en arma curta (cadete); Alba Rodríguez, prata en changquan (cadete); Lorena González, bronce en changquan (cadete); Jesús Souto, bronce nanquan (cadete); Jacobo Rodríguez, ouro en Changquan; Andreina Álvarez, prata en changquan e en arma longa (júnior); Lucía Conde, bronce en changquan (júnior); Emanuel Álvarez, ouro en arma longa, e prata en arma curta e nanquan (júnior).

Combate En combate, Galicia recuperou o título de mellor equipo de España, despois de perdelo o ano pasado. Ngagne Faye obtivo dous ouros na modalidade de sanda (combate ao KO) e qingda (combate contacto controlado), ademais dunha prata en semisanda. Sara Álvarez conquistou o ouro en qingda e a prata en semisanda. Davíd Fernández foi ouro en qingda e prata en semisanda, tras remontar na final de qingda ao campión de España 2015. Jacobo Rodríguez colgouse o ouro en Shuaijiao (combate de proxeccións); Laura Varela, a prata en semiSanda; Adrián García, a prata en semisanda; Isaac Hernández, prata en semisanda; e Ricardo Domínguez, o bronce en sanda.

José Manuel Ferreira, na cita europea.

Podio europeo para Ferreira e Gago 4 Sumaron cinco metais. Redacción Os ourensáns José Manuel Ferreira (Gimnasio Arco Verín) e Ezequiel

Gago (Dinamic Center Escuela de Artes Chinas) lograron un botín de cinco medallas (entre os dous) no Campionato de Europa

de wushu. España logrou sete máis sumando un total de 12 metais. José Manuel Ferreira alzouse co título europeo en formas de pao (nangun) e coas pratas en formas de puño (nanquan) e en combate de exhibición (‘Duilian’ -combate sincronizado-) formando tándem con Dan Río. E Ezequiel Gago logrou os subcampionatos de taichí moderno e taichí con espada. Internacional A vindeira cita será na casa, coa disputa do Campionato Internacional de Ourense. Será os días 2 e 3 de xullo. Este evento contará con equipos de China, Portugal, Francia e outros países europeos.

EN BREVE

4 Taekwondo

Felipe Iglesias coa súa medalla de bronce./MARBEL.

Iglesias, bronce no Europeo

Sara Álvarez realizando un exercicio con lanza./ARTAI.

19

O jiu jitsuka do Club Marbel Felipe Iglesias fíxose coa medalla de bronce no campionato de Europa, disputado en Gante (Bélgica). Iglesias competiu na categoría de loita de -56 quilos. Comezou vencendo ao italiano Andrea Ventimiglia por 17-8, pero caeu nas semifinais contra o posterior campión, o ruso Arslan Antonov, por un axustado 4-6. Na loita pola medalla de bronce, Iglesias derrotou ao italiano Giuseppe Guaiana (10-5) asegurando o metal e puntuando no ranking para manter as súas opcións de clasificarse entre o seis primeiros para os World Combat Games de Perú, equivalentes aos Xogos Olímpicos das artes marciais.

Andrés Álvarez, do Club Couto de judo, logrou o ouro no Open de Zamora de taekwondo. A súa compañeira María González quedou apeada da competición en cuartos de final. Pola súa banda, María Ferreiro foi quinta no Nacional de cadetes que se disputou en Valencia.

4 Wushu O 5 de xuño Lugo acolleu o XXIV Campionato de Galicia de wushu infantil por equipos, no que o conxunto de combate sincronizado infantil, formado por Juan Rodicio, Ángel Rodicio e Miguel Neves, do Centro Arco, conseguiu a medalla de platino, que este ano se lle concedía aos que puntuaron por enriba de 9.10.


20

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

POLIDEPORTIVO

logrando deste xeito uns moi valiosos puntos UCI.

Judo

Recta final da Copa Deputación Redacción O pasado sábado 7 de xuño disputouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a terceira xornada da Copa Deputación de judo. Preto de 90 deportistas, de categorías escolares desde prebenxamín ata sénior de toda a provincia participaron neste evento. Incluíuse unha categoría open aberta a competidores de ambos sexos, ademais da categoría ne-waza –loita no chan- restrinxida a veteranos. Resta unha cuarta e última xornada a nivel competitivo; despois disputarase unha xornada máis denominada randori. Esta de carácter lúdico para judokas infantís de toda a xeografía galega. A competición é tan reñida que moitas das categorías decidirán ao vencedor na última xornada.

Combate dunha das categorías inferiores.

Iván Feijoo fíxose coa vitoria en categoría júnior.

Vitorias de Feijoo e Canal en Cambre 4 No Open Galego de BTT XCO. Redacción Os ciclistas do Academia Postal Actyon, Iván Feijoo e Carlos Canal, lograban sendas vitorias no Open Galego BTT XCO de Cambre. Feijoo fíxose coa vitoria en júnior, mentres que Canal logrouna en categoría cadete. Ademais dos dous triunfos, Román Saa remataba terceiro en júniors, o mesmo que

A marcha de BTT pasará por Ourense, Coles e Amoeiro 4 Este domingo 12 de xuño. Redacción O domingo 12 de xuño celébrase a quinta edición da marcha ciclista BTT “Cidade de Ourense”. Terá a súa saída ás 9:30 horas desde Oira. Haberá dúas rutas, unha de 25 e outra de 60 quilómetros. A proba sairá das piscinas de Oiras e transitará por un total de tres concellos (Ourense,

Coles e Amoeiro) e por tramos recuperados na ribeira do Miño. Organizada polo Club Ciclista Dúas Rodas ten a colaboración do Consello Municipal de Deportes e Deputación Provincial e o apoio de Deporte Galego da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Ciclismo. A ruta de 35 quilómetros

Marcos Villar en sub 23 e Xiana Conde en categoría feminina. Antía Martínez, que chegaba á liña de meta en cuarta posición, mantiña o maillot de líder en cadetes. Portugal O júnior Iván Feijoo participaba na proba internacional da Taça de Portugal a finais de maio. O ciclista ourensán lograba a segunda posición

será de carácter popular, mentres que a de 60 km será de dificultade media - alta. Na proba haberá avituallamento sólido e líquido (dous para os da ruta longa), duchas, lavado de bicicletas e un agasallo para todos os participantes na proba. Os primeiros clasificados nas categorías de ruta longa, ruta curta, feminina ruta longa e grupo máis numeroso levarán un trofeo e un detalle por parte dos colaboradores da marcha. Novidade A novidade desta edición é a posibilidade de

Open Galego Mugardos e Betanzos foron dúas citas máis do Open de Galicia en pasadas datas. En Mugardos, Román Saa, en júniors, lograba unha vitoria que o afianzaba no seu liderato no Open. Os cadetes Carlos Canal (homes) e Antía Martínez (mulleres) tamén lograron a vitoria nas súas probas. Ademais subían ao podio Marcos Villar, terceiro sub 23; Abel Franco, terceiro júnior; Xiana Conde, terceira elite e Hugo Vázquez, terceiro cadete. Por outra banda, en Betanzos, Canal e Martínez lograban sendas vitorias en categoría cadete. En júnior, Abel Franco era segundo e Román Saa, terceiro. Contrarreloxo Carlos Canal proclambase Campión de Galicia cadete, na especialidade de contrarreloxo individual en carretera, nos campionatos celebrados na localidade de Baños de Molgas. Albstadt Iván Feijoo finalizaba 43º na UCI World Series de Albstadt (Alemania). Varios percances mecánicos (ata catro saídas de cadea) fixeron que non puidera optar a mellores posicións.

A Copa Deputación exhibe a ximnasia ourensá 4 Celebrouse a fase final no Paco Paz. Redacción O pasado 29 de maio celebrouse no Pazo Paco Paz a fase final da Copa Deputación de ximnasia. O Burgas foi o club que máis medallas acadou cun total de 40 (17 ouros, 11 pratas e 12 bronces). Pola súa banda o Pavillón acadou nove medallas en ximnasia rítmica (seis en conxuntos e tres en individual) e 17 en trampolín (seis en tumbling e 11 en minitramp). Galego escolar Riazor foi a sede do Campionato Galego escolar. Club Ximnasia Pa-

villón e Escola Ximnasia Pavillón participaron xunto ás Escolas Municipais de Barbadás, Xinzo e Celanova. O mellor conxunto ourensán foi o cadete do Club Ximnasia Pavillón, que logrou a sexta posición. Clausura das escolas O Club Ximnasia Escola Pavillón deu por concluído o curso cun acto realizado no pavillón dos Remedios o 27 de maio. O actou contou coa participación de 260 ximnastas de escolas deportivas de ximnasia vinculadas ao CXEP. A actividade da Escola regresará no mes de outubro.

O Club Ximnasia Escola Pavillón despediu a tempada.

A V BTT “Cidade de Ourense” foi presentada no Concello. facer tramos de Strava, unha rede social onde os deportistas soben os seus adestramentos gravados a partir de dispositivos GPS creando unha competición virtual que pretende estimular a práctica do depor-

te e aumentar as ganas de mellorar nos deportistas. A persoa que logre o mellor tempo nun determinado segmento obterá o KOM (King of mountain) ou QOM (Queen of mountain) da proba.

A inscrición está aberta ata as 23:59 horas deste venres 10 de xuño na web www.ccduasrodas.es. O prezo é de 5 euros para os deportistas federados e de 10 para os non federados.


PUBLICIDADE

Peugeot lanza o renovado 2008 Peugeot é a segunda marca máis vendida de vehículos SUV en España. Despois de tres anos do seu lanzamento, o Peugeot 2008 continúa unha brillante carreira no mercado español. Coa súa renovación, a marca inicia unha ofensiva sen precendentes nos segmentos SUV máis importantes do mercado. A renovación abrangue a todas as áreas do vehículo. O deseño, os códigos estéticos, os novos acabados e toda a tecnoloxía de conectividade de última xeración permitirán que o 2008 siga sendo

Peugeot é a marca con menores emisións de CO2 de media en Europa

a referencia no segmento B SUV. Motores Coa adaptación á normativa anticontaminación euro 6.1 realizada en setembro de 2015, Peugeot dispón da gama de motores máis eficiente do mercado. É a marca con

menores emisións de CO2 de media en Europa. A solución técnica adoptada polos enxeñeiros de Peugeot sobre o tratamento dos gases de escape e partículas en vehículos diésel revelouse como a máis eficaz do mercado de maneira real. Ademais, a oferta de caixas de cambios manuais de 5 e 6 velocidades e automática de convertidor de par de 6 velocidades EAT6 permite atopar un 2008 cun motor e caixa de cambios adecuado para

Conta con cambios manuais de 5 e 6 velocidades.

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

21

O novo 2008 conta cun deseño máis robusto e deportivo

Presenta faros dianteiros e traseiros renovados. cada cliente. Exterior O novo 2008 amplía a súa gama de cores. O Gris Hurricane convértese na pintura opaca gratuíta; ademais incorpora unha nova cor metalizado Emerald Cristal e un Vermello Ultimate con tres capas de verniz. O Branco Banquise pasa a ser de pago a un prezo reducido. Igualmente evoluciona elementos da súa silueta, incorpora faros traseiros

tecnolóxicos 3D a LED de tres garras e nova máscara de faros dianteiros negro/ cromo. O novo frontal co capó horizontal e a calandra vertical outórgalle unha personalidade inequivocamente SUV. A robustez que transmite o vehículo agrándase cos protectores dos pasos de rodas. A deportividade únese ás características coñecidas do 2008 co novo nivel de acabado GT-Line.

Novidades tecnolóxicas Este renovado 2008 inclúe a última tecnoloxía do automóbil, que facilita ao condutor a vida en contornas urbanas, como por exemplo mediante a cámara de visión traseira, ou o eficaz “Active City Brake”, que desde 5 até 30 km/h permite reducir a velocidade de maneira automática en caso de que detecte un vehículo detido diante. Ademais, coa evolución da súa pioneira pantalla táctil de gran formato de 7 polgadas o 2008 sitúase á vangarda da interacción ao reproducir a pantalla dun smartphone compatible, adoptando comandos vocais, e manexando algunha das APPS máis interesantes do mercado tecnolóxico.


22

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

A “VUELTA” A ESPAÑA

A “Vuelta Junior” promoverá os valores do deporte entre escolares 4 Desenvolverase en 10 etapas de forma paralela a “La Vuelta”. Os músicos Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo, a directora de Tursimo da Xunta de Galicia Nava Castro, a cantante Marta Sánchez, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o secretario de Deportes da Xunta, José Ramón Lete Lasa, e o director de Unipublic Javier Guillén na presentación do spot da “Vuelta”. /RAMSÉS.

Ourense, gran protagonista do spot da “Vuelta” 4 O videoclip amosa imaxes de distintas localización da xeografía ourensá e galega. Redacción A “Vuelta a España” 2016 estreou o seu spot oficial no Teatro Principal de Ourense coa canción composta e creada para esta ocasión, “El ganador”, de Marta Sánchez, destacando no videoclip as imaxes da provincia de Ourense e da xeografía galega como protagonistas. No acto de presentación participaron o director xeral da “Vuelta”, Javier Guillén; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a artista Marta Sánchez; e o secretario Xeral de Deporte da Xunta, José Ramón Lete, acompañados polo músico

ourensán Daniel Minimalia, e o gaiteiro Anxo Lorenzo, que tamén participaron na gravación do spot. O spot que se emitirá en televisión a partir do 2 de xullo “anunciará que “La Vuelta” se retransmitirá en TVE desde o 20 de agosto, e ademais atraerá á xente para que vexa a proba a través da televisión e tamén se anime a visitar Galicia”, sinalou o director da carreira, Javier Guillén.

Os artistas Daniel Minimalia e Anxo Lorenzo tamén participaron no spot da “Vuelta”

Redacción No CEI de Luintra de Nogueira de Ramuín tivo lugar a presentación da “Vuelta Junior”, un acto que contou coa participación dos alumnos do colexio; do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do director de “La Vuelta”, Javier Guillén; e do ex ciclista do “Xacobeo” e membro da Asociación de Ciclistas Profesionais, David Abal, acompañados polo alcalde de Luíntra, César Parente, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e a directora do centro educativo, María José Barandela. Manuel Baltar dixo que a “Vuelta Junior” “é un evento que, de forma paralela á “Vuelta a Es-

paña”, desenvólvese en 10 etapas das 21 que ten a Vuelta, para achegar aos máis pequenos a práctica do deporte e sinaladamente do ciclismo”. “Este ano, na 71ª edición da “Vuelta a España” a provincia de Ourense é a gran protagonista, con catro etapas, coa presentación dos equipos e coa saída da proba, todo en territorio ourensán, e presentamos unha actividade innovadora nos últimos anos na Vuelta, que ten moito que ver co futuro porque está dirixida á xente máis nova”. Baltar explicou que a presentación da “Vuelta Junior” ten lugar no colexio público de Luintra porque esta localidade “vai ser un dos finais de etapa, das catro que se disputarán na provincia de Ourense”, engadindo que o deporte

Presentación de “La Vuelta júnior” en Luíntra.

“une os valores máis importantes do ser humano como son o sacrificio, o traballo en equipo ou a responsabilidade, e facelo aquí, nun colexio do rural de Ourense, é algo que desde a Deputación valoramos moi positivamente, para que os nenos e nenas sexan tamén protagonistas do grande evento que é a “Vuelta a España”, que este ano denomínase “Ourense Termal-Madrid”, que lle dará á nosa provincia un protagonismo decisivo”. Guillén Pola súa banda, Javier Guillén explicou que a intención de Unipublic, da Fundación “Deporte Joven”, da Asociación de Ciclistas Profesionais e de Cofidis “é fomentar por medio da “Vuelta Junior” a práctica do ciclismo en-

tre os máis novos”, engadindo que durante os meses previos ao comezo da “Vuelta” “realízase unha actividade deportiva cos máis novos, que ten como obxectivo promover os valores do esforzo e o respecto por medio dun proxecto pedagóxico impulsado por entidades comprometidas co ciclismo”. Mentres, a delegada da Xunta, Marisol Díaz, avaliou positivamente a organización deste evento deportivo e destacou que o seu desenvolvemento incidirá na repercusión que terá para a provincia o paso da “Vuelta”, subliñando o impacto mediático e económico que produce nas zonas polas que transcorre. Participantes Neste evento participan nenos e nenas de entre 8 e 12 anos dos diferentes colexios en cuxas localidades se van celebrar as etapas da carreira, o que supón en toda España un total de 2.000 escolares.

2.000 estudantes participarán neste carreira ciclista en toda España


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 10 de xuño de 2016

23

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº141- Ano: VIII - 10 de xuño de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Aeromodelismo en Ourense Redacción No mes de xuño, máis concretamente dentro das Festas de Ourense, chega o aeromodelismo a nosa cidade. O venres 24, aproveitando a festividade de San Xoán celebrarase unha exposición estática na rúa do Paseo, xunto aos Xardíns do Padre Feijoo a partir das 17:00 horas. O público poderá ver de cerca os aeromodelos así como os drones, tan de moda ultimamente. Concentración Esa mesma fin de semana, o sábado 25 e o domingo 26, desde as 10 ata as 20 h no campo de voo en Santa Mariña (detrás do punto limpo) terá lugar a “3ª Concentración de Aeromodelismo Ourense 2016”. Xornadas de voo con multitude de modelos das distintas modalidades do aeromodelismo.

ciclismo

Inscripcións abertas para o Grand Prix-Race Edition 4 A proba, que se celebra no municipio da Veiga, está limitada a un máximo de 100 equipos. Redacción Deporte, diversión e traballo en equipo daranse cita nesta singular carreira que se celebrará o 24 e 25 de xuño no municipio ourensán da Veiga. Inspirada no espírito do popular programa de televisión dos 90, esta competición buscará á localidade máis en forma de España. Con todo, non só será necesaria unha boa condición física para alzarse coa vitoria final. Ao longo dun circuíto de seis quilómetros intercalaranse unha serie de obstáculos naturais e artificiais, probas de equilibrio, habilidade ou axilidade mental que deberán resolverse contrarreloxo e coa axuda dos demais compañeiros de aventu-

ra. E é que para participar no Grand Prix-Race Edition será imprescindible formar un equipo mixto de 6 a 12 compoñentes que representará ao lugar de residencia da maioría dos seus integrantes, desde un barrio ou parroquia até unha gran cidade, decidindo cada equipo que demarcación xeográfica quere defender. A carreira disputarase mediante un sistema de quendas, tomando a saída 10 equipos cada 15 minutos. A efectos de clasificación xeral, será o sexto clasificado de cada escuadra o que determine o tempo final do seu equipo. Categorías O Grand Prix-Race Edition acollerá a carreira de adultos o sábado 25 e, o

día anterior, será a quenda daqueles que aínda non alcanzasen a maioría de idade. Neste caso poderán participar nenos e nenas de 8 a 12 anos na categoría júnior e de 13 a 17 na modalidade promesas. Ambas tamén deberán disputarse en equipos, neste caso de 4 a 8 integrantes, que terán que enfrontarse a un circuíto máis curto e adaptado ás súas condicións. Os interesados en participar co seu equipo poden anotarse ata o 20 de xuño na web www. elgrandprix.es.

As semifinais disputaranse a ida e volta o 22 e 29 de maio

1º XCO en Piñor Redacción A A.D.C. Os Mosqueteiros organiza a primeira edición do XCO de Piñor. Será proba puntuable para o Open de Galicia desta disciplina de ciclismo de montaña. O evento dará comezo ás 16 horas deste sábado 11 de xuño. A saída e meta estarán situadas no campo do Arenteiro. Tamén haberá habilitada, para a ocasión, unha zona de espectáculo.

O Grand Prix Race edition basease no popular programa televisivo dos 90 do século pasado.

4PRACTICANDO SAÚDE

Como perder graxa corporal Cando suframos unha lesión que nos obrigue a interromper o noso adestramento durante un tempo prolongado, debemos coidar a alimentación tanto, ou máis, como durante a fase de adestramento. Desta maneira evitaremos perder masa muscular, gañar graxa e axudaremos tamén a coidar as nosas articulacións. Nun primeiro momento tendemos a diminuír a inxesta de calorías, xa que cremos que o noso gasto enerxético vai ser moito menor ao estar inactivos. Aínda que pode ser unha decisión correcta en moitos casos, o recorte calórico non debe ser moi grande xa que durante o proceso de curación o gasto enerxético aumenta. Ademais en casos como nos que o paciente deba utilizar muletas o gasto enerxético é aínda maior, polo que a inxesta calórica debe ser adecuada en función de cada tipo de lesión. Existen unha serie de nutrientes básicos que debemos ter moi presentes no noso menú durante unha lesión para mellorar a recuperación; ácidos grasos omega 3 que funcionan como antiinflamatorios, proteínas para evitar perder masa muscular, vitaminas A e C como antioxidantes... Non é necesario tomar cantidades esaxeradas pero si as recomendadas para calquera deportista. Débese inxerir unha

cantidade de proteínas moderadamente alta, ao redor de 3 gramos por quilo e día. É dicir, un deportista de 70 quilos debe tomar uns 210 gramos de proteína diaria. A porcentaxe de proteínas que inxerimos debe ser maior durante a fase de curación, o cal axudará a non perder masa muscular e, en función do tipo de lesión, a recuperar antes. Evitar calquera tipo de alcol xa que interfire na recuperación muscular, aumenta a deshidratación, diminúe as capacidades físicas... Está claro que non é o mesmo tomar unha cervexa ou un viño que outro tipo de bebidas alcohólicas, pero o mellor é suprimir o alcol totalmente. Non existe mellor bebida que a auga. Polo tanto unha boa dieta para un deportista lesionado, e en xeral para calquera deportista, debe consistir en alimentos frescos e non procesados, o máis naturais posibles, aumentando a dose de proteínas, vitaminas, minerais, fibra e auga. José Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en ximnasio Trabazos

Durante unha lesión hai que ter presente na alimentación ácidos grasos omega 3 que funcionan como antiinflamatorios


Barrios DEPORTIVO 13 de maio de 2016


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.