[ Páx. 8]
O Envialia faise co derbi BALONCESTO Páx..4
FÚTBOL
Páx.7
Freazo do COB: perde en casa
Bande agarda a visita da UD Ourense
BALONMÁN
Páx. 10
O Pabellón cae pola mínima
MOTOR
Páx.12
Ralimix de Barbadás, para Abel Jurado
PATINAXE
Páx.13
Este sábado, gala de patinaxe artística
40ª CARREIRA DO SAN MARTIÑO
Estades preparados?
[Páx. 3]
Máis de 11.000 persoas anotáronse para correr este domingo a Carreira Pedestre Popular do San Martiño./M.REJO.
Número: 150- Ano: VIII - 18 de novembro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 20 de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
AXENDA / ATLETISMO
4 Axenda deportiva Atletismo
- Día 20 de novembro. Ourense. 40ª Carreira do San Martiño. - Día 11 de decembro. San Cibrao das Viñas. XV Carreira do Nadal -Campionato provincial de 10 km-.
Fútbol
- Día 20 de novembro. Calabagueiros. CD Barco - Vilalbés. 3ª División. - Día 20 de novembro. Os Carrís. Barbadás - Céltiga. 3ª División. - Día 20 de novembro. O Couto. Ourense C.F. - Portonovo. Rexional Preferente. - Día 20 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Nogueira. Rexional Preferente. - Día 20 de novembro. Velle. 12 h. UD Ourense - Milagrosa. 1ª Galicia feminina. - Día 20 de novembro. Outeiro (Bande). Bande - UD Ourense. 1ª Galicia. - Día 27 de novembro. Calabagueiros. CD Barco Arousa. 3ª División. - Día 27 de novembro. Antonio González. Polígono Gondomar. Rexional Preferente. - Día 27 de novembro. José Arjiz. Verín - Arenteiro. Rexional Preferente. - Día 27 de novembro. A Tella. Nogueira - Moaña. Rexional Preferente. - Día 27 de novembro. Miguel Anxo. Pabellón - Bansander. División Honra xuvenil. - Día 27 de novembro. O Couto. UD Ourense - A manchica. 1ª Galicia.
Baloncesto
- Día 26 de novembro. Paco Paz. 19h. COB B - León. Liga EBA. - Día 26 de novembro. Polideportivo Vedruna. 20 h. Gadasa Carmelitas - Campus Ourense. 1ª Autonómica Galicia. - Día 29 de novembro. Paco Paz. 21 h. COB Ourense Provincia Termal - Calzados Robusta. LEB Ouro. - Día 10 de decembro. Campus de Ourense. 16 h. Campus Ourense - Arxil. 1ª Autonómica Galicia.
Fútbol sala
- Día 19 de novembro. Os Remedios. 17 h. Cidade As Burgas - Leganés. Primeira División. - Día 19 de novembro. Carballiño. Carballiño - Santiago Futsal B. 3ª División. - Día 26 de novembro. Os Remedios. 17 h. Ourense Envialia - Alcorcón. Primeira División. - Día 26 de novembro. Calabagueiros -O Barco- Pizarras Los Tres Cuñados - San José. 2ª División B. - Día 26 de novembro. Os Remedios. Sala Ourense - La Peña Talleres ABC. 3ª División.
Andaina
- Día 26 de novembro. Nogueira. Andaina Solidaria 2016 Nogueira de Ramuín. - Día 27 de novembro. Celanova. I Andaina Solidaria Celanova. - Día 27 de novembro. Carballeda de Avia. Andaina Solidaria festa do Outono.
Outros
- Día 5 de novembro. Paco Paz. Copa Deputación de boxeo. - Día 27. Ximnasio Artai - 10 h -. Copa Deputación de kung fu.
Patinaxe
- Día 19 de novembro. Campus universitario e Paco Paz. Copa Deputación de patinaxe.
BTT
- Día 20 de novembro. Carballeda de Avia. I BTT Carballeda de Avia.
Kick boxing
- Día 29. Pavillón municipal de Oira. Campionato de Galicia de kick boxing.
Lekhili e Fernández, da man en Albarellos 4 Sánchez foi o máis rápido no Barco. Redacción Quince días antes da San Martiño disputáronse dúas probas atléticas na nosa provincia: os 10 km de Albarellos (Monterrei) e a popular dos Santiños (O Barco de Valdeorras). Albarellos A localidade de Albarellos do Concello de Monterrei acolleu a terceira edición da súa carreira popular. Este ano o seu percorrido de 10 quilómetros foi homologado pola Real Federación Española de Atletismo (sobre un circuíto de 5 km). Á proba acudiron a maioría dos mellores atletas da nosa provincia. Chegaron da man
os atletas Hassan Lekhili e Alejandro Fernández, dándolle a organización o triunfo ao primeiro deles; o tempo dos dous de 31 minutos e 55 segundos. En terceiro lugar chegaba Luis Iglesias (32:49). En canto ás mulleres, Yolanda Gutiérrez foi a campioa (37:58), seguida de Sonio Teijeiro (38:38) e de Ana María Ocampo
4 O integrante do club Esprintes Ourense, César Leboso, participou no maratón de Atenas. O integrante do club Esprintes Ourense, César Leboso, participou o pasado domingo no maratón de Atenas. A proba une as localidades de Maratón coa de Atenas, para rememorar un feito que mestura lenda con realidade e que deu lugar á proba atlética do maratón; proba que consiste en percorrer 42,195 quilómetros. Ata alí desprazouse César Leboso que participou en tan mítica proba. Xunto a el participou Elena Pérez do club Burgas. Ademais, outra do Esprintes, Patricia, correu a carreira de 5 km en paralelo ao maratón. Ademais da dificultade de ter que percorrer
Santiños Ao tempo ca de Albarellos celebrouse no Barco a popular dos Santiños. Esta novena edición tivo a Hugo Sánchez como vencedor dos sete quilómetros cun tempo de 21 minutos
Máis de 200 atletas participaron na carreira absoluta de Albarellos
Podio masculino e feminino nos 10 km de Albarellos./ERIK ALFONSO.
César en Atenas
Redacción
(39:33). Foron máis de 200 os atletas da carreira absoluta que remataron a mesma.
e 55 segundos. Saturnino González (22:15) e Roberto Espiña (22:15) foron segundo e terceiro, respectivamente. Na categoría de féminas a máis rápida foi Barca Toba (25 minutos e 29 segundos); segunda, Iria Fernández (26:24) e terceira, Marta Ballesteros (28:08).
unha distancia de máis de 42 quilómetros esta, en concreto ten a particularidade de que sei fai a maioría do tempo costa arriba, o que lle dá un halo de heroicidade máis grande se cabe.
César Leboso en Atenas coa súa medalla de “finisher” de tan emblemático maratón.
O “Correndo por Ourense” premia os mellores Redacción O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” premiará os mellores da sexta edición celebrada este ano no marco da Carreira Popular do San Martiño. Será o sábado 19 de novembro, a partir das 19 horas, cando se lle entregue aos atletas máis destacados deste ano os seus respectivos premios. O acto terá lugar na cancha central dos Remedios no marco da San Martiño; e é que ao longo dese día o pavillón municipal será o epicentro do deporte ourensán e máis concretamente do atletismo. Durante todo o día os inscritos na decana de Galicia poderán recoller o seu dorsal, e se acuden sobre ás sete da tarde poderán ver a cerimonia de premiación do “Correndo por Ourense” no que estarán os mellores atle-
tas da nosa provincia. Clasificación Rubén Diz no apartado masculino, foi o claro vencedor final. O podio deste ano completouse con Luis Iglesias e José M. Corral, segundo e terceiro, respectivamente. Sonia Teijeiro foi a vencedora entre as mulleres. O segundo caixón do podio estivo copado por María Ferreiro e o terceiro por Ana María Ocampo.
Sonia Teijeiro foi a vencedora do circuíto.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
SAN MARTIÑO
4TRIBUNA ABERTA
o amarelo para os que teñan unha marca entre 40 e 48 minutos e 45 e 55, homes e mulleres, respectivamente. E o caixón verde para os que non acrediten marca ou a teñan inferior ás citadas.
“O Zorro” na San Martiño do 76 Considérome afortunado por ter amigos no mundo do futbol, e non só por exercer unha carreira longa, senon tamén pola cantidade de xente que vai un coñecendo ligada a este deporte. Fai uns anos coñecín o protagonista desta historia, un ex xogador do Sporting Celanova da época dos 70: José Mosquera, “o Zorro”, un tipo singular, humilde e desinteresado, apegado ao rural, ao seu pobo e á gandaría. Pepe era un extremo esquerda veloz e potente, un deses bichos que se te descoidabas un anaco xa cha tiña liada. Sentámonos ao pé do lume e falamos de fútbol longo e tendido, de anécdotas e de antigos xogadores. De súpeto, trocamos a conversa e comenzamos a falar de atletismo, das carreiras nos anos do Seminario, cando era un cativo. Aquel cura inesquecible, Alejandro Lorenzo, meteuno de cheo no mundo das probas populares, que daquela organizábanse nos colexios, nos barrios, e nalgunha vila da provincia. Cos olliños cravados nas fotos antigas que sacou dunha pequena caixa de madeira, relatoume o acontecido. “Había rumores de que se estaba argallar na cidade unha carreira pedestre urbana, e aos corros do atletismo ourensán chegaban as novas aos poucos. Ninguén coñecía o percorrido nin a distancia, só se sabía que unha gran carreira estaba cocendo nas entrañas de Ourense. O cura pronto tivo información, e no Seminario formaron un equipo de rapaces no que me incluíron a min. Eu era moi novo, e voaba literalmente sobre o asfalto, terra ou o que fixera falta. Lembro que foi un venres pola noite, a saída era na praza Maior, ateigada de xente, non recordo a cantidade de corredores, pero eran moitas as cacholas ao meu carón. O percorrido praza Maior, San Martiño, subir a avenida
Ponte Vella O Centro Comercial Ponte Vella porá a disposición dos participantes o aparcadoiro do centro comercial de xeito gratuíto.
José Mosquera, “o Zorro”.
Un atleta disfrazado de gladiador na carreira do ano pasado./ARQUIVO.
Buenos Aires, baixada pola avenida da Habana, colliamos General Franco (Progreso) pasando por diante de Correos, baixada ás Burgas e praza Maior outra vez, e así tres voltas. Foi unha cousa fóra de serie, habia dous motoristas da Policía coa luminaria prendida abrindo a carreira. Lembro a José Luis Domínguez e a Fortes, ex arbitro de futbol, que eran corredores moi bos, mais aquel dia din ‘zapatilla’ e entrei primeiro na praza Maior co alborozo da multitude. Dáronme unha copa e unha medalla, a medalla colgueilla no pescozo ao rapaz que se accidentara coa moto na saída, quedou contento. Eu non quería os trofeos, regalábaos todos, incluso ás veces dicíalle a algunha rapaza ‘esta carreira vouna gañar para ti’, e así era. Din que son o primeiro gañador da San Martiño, e que nesta edición fan 40 anos. Alégrome moito de que siga todo cara adiante. Agora é unha super carreira”. Quizais José Mosquera “o Zorro” soña moitas veces con aquel fermoso día que gañou a San Martiño. Non estaría de máis que por parte de quen corresponda lembraran os primeiros pasos desta fermosa proba, e o nome de José Mosquera, “o Zorro” estivera gravado con letras de ouro na historia infinita da imparable San Martiño.
Todo listo para a San Martiño XL
Miguel Sotelo, adestrador de futbol
4 A carreira popular decana de Galicia chega a súa 40ª edición con máis de 11.000 inscritos.
Redacción Galicia enteira está preparada para unha nova edición da Carreira popular do San Martiño. A edición XL -40ª- esta prevista para este domingo 20 de novembro. Coparán as rúas da cidade das Burgas os milleiros de atletas chegados de todos os puntos da nosa comunidade, que un ano máis estarán na liña de saída. Números Este ano o número de
inscritos baixou con respecto ao do ano pasado e preto de 500. Aínda así, a cifra é para asustar; 11.271 entre as tres carreiras que terán lugar. 4.463 é o número de persoas que se anotaron para a proba absoluta, que dará comezo ás 11 horas cun percorrido homologado pola Real Federación de Atletismo de 10 quilómetros. Na proba escolar o número é de 4.151, e ás 12:30 h dará o pistoletazo esta carreira de 4.700 metros. E para a carreira de cativos, con 1.400 metros
de percorrido con saída ás 13:15 horas, o número total de anotados é de 2.657. Caixóns Para que a saída sexa o mellor posible, a organización dispón de caixóns de saída onde se terán que colocar os participantes segundo a súa marca. Así, no caixón negro estarán ubicados aqueles atletas que posúan unha marca inferior aos 35 minutos (homes) e aos 40 (mulleres); no vermello os de marcas entre 35 e 40 minutos (homes) e 40 e 45 (mulleres);
Premios aos mellores Redacción
Participantes do 2015 que o pasaron en grande durante o percorrido polas rúas ourensás./ARQUIVO.
En canto aos premios, na categoría absoluta haberá trofeo aos tres primeiros e premios en metálico para os cinco primeiros (1.000, 700, 500, 300 e 200 euros, respectivamente). Para optar aos premios locais, o atleta ten que ser ourensán ou estar empadroado. O primeiro levará 200 euros; o segundo, 150 e o terceiro, 100. Os tres levarán trofeo.
Dorsais Os dorsais poderanse recoller na cancha central do pavillón dos Remedio. Este venres de 16 a 20 horas ou sábado de 9 a 20 horas. No mesmo recinto, o sábado ás 19 horas realizarase a cerimonia de premiación dos mellores de cada categoría do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que rematou o mes pasado coa carreira da Carballeira. Magosto Un magosto popular no campo da feira é a maior novidade deste ano. O magosto celébrase a partir das 14:30 horas e o menú constará de bolos preñados, costela e castañas.
Os participantes poderán usar de balde o aparcadoiro do Centro Comercial Ponte Vella para deixar os vehículos O primeiro atleta que chegue aos 5 km de carreira acadará o premio especia CaixaBank co que será obsequiado con 300 euros. Para optar a el deberá rematar a proba. Récor da proba Outro premio especial, que fai tempo que non o consegue ninguén, é o do récord San Martiño. Para homes e mulleres, o que logre rebaixar a mellor marca da historia do evento levarase 500 euros. En homes, o récord está en 28:49 minutos e en mulleres, en 32:45.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
BALONCESTO / RUGBI
o balón, aproveitándoo o equipo rival para poñer o insalvable e definitivo 71 a 76.
Freazo do COB Martín Rodríguez tentando superar ao xogador do Araberri, Iván García./C.DOMARCO.
4 Perdeu no Pazo ante Araberri por 71 a 76. R.T. A xornada número 9 da LEB Ouro deparaba no Pazo dos Deportes Paco Paz un Club Ourense Baloncesto contra o Sáenz Araberri. Os dous chegaban a esta cita con cinco vitorias e tres derrotas. Tanto ourensáns coma vitorianos confeccionaron as súas plantillas moi tarde. O COB está realizando un bo inicio de campaña e o Araberri está considerado como o equipo revelación. Que non ía ser o día dos locais pronto se soubo. No primeiro cuarto os visitantes lograron unha renda de oito puntos para finalizar os primeiros 10 minutos cun parcial de 12 a 20. No segundo cuarto apa-
receron puntualmente Kapelan e Hittle para recurtar diferenzas. Porén, Berhanemeskel, un dos mellores anotarores da Liga puxo, con dúas triplas, o marcador de 34-40 ao descanso. O terceiro cuarto foi para olvidar. Os erros dos homes de Gonzalo García de Vitoria á saída de vestiarios condenaron ao COB. Os vascos, pouco a pouco, foron distanciándose no marcador ata lograr unha vantaxe de 18 puntos. Hearst, Berhanemeskel e Papantoniou estaban nunha festa na que non había ningún xogador cobista invitado. O terceiro cuarto rematou co resultado de 50-66. Cando parecía que todo estaba perdido os xogadores cobistas non baixa-
ron os brazos e a piques estiveron de completar a remontada. Canastra a canastra o COB foi recurtando puntos ata chegar aos catro abaixo (65-69) con catro minutos por disputar. Máis se apretaría o marcador a medio minuto para o final (71-72). Hearst, con dous tiros libres antotados poñía o 71-74. Na xogada seguinte con balón para os ourensáns, Christian Díaz non está acertado e perde
Dous fóra Agora agardan dúas xornadas que terán que disputalas lonxe do Pazo. Este domingo en Barcelona enfróntanse ao filial do Barça e a seguinte fin de semana visitan ao Magia Huesca. Cataláns e aragoneses marchan debaixo de ourensáns na clasificación; o Huesca leva tres vitorias e o Barcelona B, dúas. Dúas ocasións para seguir sumando triunfos que permitan codearse na zona media alta da táboa. Jordi Trias é o perigo dun conxunto blaugrana que ten nas súas filas ao ourensán Alex Mazaira. O frenético mes de novembro péchase con xornada entre semana. O día 29 o COB recibe ao pechacancelas, Calzados Robusta da Rioja.
O COB regresa ao Pazo o 29 de novembro diante do Rioja
Christian Díaz no partido contra Marín./RAMSÉS.
Partido do Campus nas Lagoas./RAMSÉS.
O Campus Rugbi perde co Zarautz
4 Seguen sen gañar un partido lonxe de Ourense. Redacción O Campus Universitario Ourense Coosur da División de Honra B de rugbi caeu derrotado diante do Zarautz. Os homes de David Monreal non son capaces de gañar lonxe de Ourense. A pasada xornada tampouco foi o día de acabar con esa racha negativa. Certo que xogaron contra un dos favoritos para o ascenso, e aínda que realizaron un encontro moi serio, caeron derrotados en terras donostiarras. O resultado (24 a 7) a pesar do abultado non foi o reflexo do que ocorreu no encontro; os locais basearon o seu xogo en patear o balón alto e longo. Catro golpes de castigo transformados, un ensaio de castigo e un ensaio fan a suma deses 24 puntos dos de Donos-
tia. O Campus ensaiou e transformou deixando eses 7 puntos cos que acabaron. Eibar Dentro de dúas fins de semana, a vindeira toca descanso, o Campus recibe nas Lagoas ao Eibar, equipo que ocupa a undécima posición. Os ourensán tratarán de seguir fortes na súa casa cunha nova vitoria. Outros resultados En canto aos outros equipos do Campus, o filial perdeu por 12 a 24 diante do CRAT B; o conxunto feminino venceu na casa ante o Santiago por 17 a 15 e os sub 16 caeron con contundencia contra o Vigo por 0-68.
En dúas semanas reciben ao Eibar
POLIDEPORTIVO
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
FÚTBOL / GAÉLICO
a partir das 16:30 h. O Ourense C.F. recibe no Couto (domingo, 16 h) ao Portonovo; o Polígono visita ao Valladares e o Verín fai o propio co Sanxenxo.
Partido de Liga entre Barbadás e Barco.
Boas sensacións para Barco e Barbadás 4 Na Preferente despunta o Arenteiro e asoma a cabeza o Ourense Club de Fútbol. Redacción Os dous conxuntos ourensáns da Terceira división están a realizar un primeiro tercio de campionato para enmarcar. O Barco ocupa, na terceira posición, postos de promoción de ascenso a Segunda división B, mentres que o Barbadás está a un punto do cuarto clasificado; o primeiro ascende directamente e os postos que van do segundo ao cuarto promocionan. Empates é o que acadaron os dous conxuntos na última xornada lonxe dos seus campos. Os valdeorreses empataron a un co Silva e os dos Carrís lograron un empate a tres en Ribadumia. Esta xornada regresan a casa na que será a décimo cuarta xornada. O Barco recibe en Calabagueiros, 16:15 h do domingo, ao segundo clasificado, o Vilalbés; encontro en todo o alto no que os de Javi Rey queren demostrar que hai
que contar con eles neste curso. O Barbadás recibe nos Carrís o domingo (16:15 horas) ao Céltiga. Os arousáns son décimo segundos e con 18 puntos, están a dous dos ourensáns. Rexional Preferente O grupo sur da Rexional Preferente sigue comandada polo Arenteiro. Os do Carballiño, a pesar de que levan tres empates seguidos, continúan ao fronte da clasificación con 26 puntos, empatados co Porriño Industrial. Outro equipo ourensán que está
a asomar a cabeza é o Ourense Club de Futbol. Nas últimas xornadas, tres vitorias e un empate fan que o equipo que adestra Fran Justo sexa oitavo con 20 puntos. Na zona media da táboa (12º) déixase ver o Nogueira de Ramuín; os da Tella sufriron na última xornada unha inxusta goleada na casa diante do Sanxenxo. O Polígono está un punto por enriba do Sanxenxo e o Verín está a tres da salvación. Para esta fin de semana chega un derbi ourensán entre o Arenteiro e o Nogueira; o partido terá lugar en Espiñedo o domingo
Pabellón xuvenil O Pabellón xuvenil de División de Honra está sumido nunha crise de resultados. Seis derrotas consecutivas, a última moi dolorosa ao caer goleado por 9 a 0 ante o Celta de Vigo, fan que os ourensáns sexan pechacancelas do grupo e teñan moi complicada a permanencia. Os ourensáns, con catro puntos, atópanse xa a sete da salvación; unha situación límite que deberán reverter nas próximas citas. A primeira oportunidade para darlle a volta á situación chega esta mesma fin de semana. O domingo o Pabellón viaxa ata a capital galega para enfrontarse ao Santiago de Compostela. Os da terra do apóstolo van un posto por enriba dos pavillonistas na clasificación; tres puntos separan a un de outros polo que unha vitoria visitante suporía pasalos na clasificación e unha inxección de moral, da que nestes momento están moi necesitados os pupilos de Guillermo García.
Regresa a Liga para o Auriense 4 Despois dun receso, a Liga de fútbol gaélico comezou a pasada fin de semana. Redacción Despois de que se tivera que aprazar o arranque das ligas de fútbol gaélico, estas deron comezo esta pasada fin de semana. A Liga comezou co partido das ourensás do Auriense en Lalín enfrontándose ao Herdeiras de Dhais. O resultado foi de 25 a 22 para as locais, nun partido moi disputado que se decidiu nos derradeiros segundos. Tamén se disputou unha xornada da Liga Gallaecia mixta, onde as Afiadoras, de Ourense, lograron a primeira vitoria da tempada. As Afiadoras derrotaron ao Cascarilha por 19 a 3. Vindeira xornada O club ourensán Auriense F.G., único representante deste deporte na provincia, debuta en
O Barco está en postos de promoción a Segunda B
Partido de Liga entre Ourense C.F. e Verín.
O Arenteiro, a pesar dos tres últimos empates, mantense líder
Equipo das Afiadoras.
Liga na casa con dous encontros, o do equipo masculino e o do feminino. Este domingo o Campus de Ourense acolle os dous encontros; ás catro da tarde disputarase o Auriense contra o Cambados, en homes, e ás 17 horas, o Auriense Ártabras, en mulleres. Arranca pois, unha competición nas que o club ourensán espera dar o mellor de si e ser o máis competitivo posible.
Este domingo o Auriense xoga no Campus os encontros contra o Cambados, masculino, 16 h, e ante Ártabra, feminino, ás 17 horas
FÚTBOL
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
Bande agarda a visita da Unión Deportiva Ourense 4 Posiblemente sexa o partido que máis expectación xera desde fai anos na Primeira Galicia. Redacción O campo de herba artificial de Outeiro -Bandeserá o escenario do primeiro asalto, de dous, dos partidos que enfrontarán na Liga a Bande e a Unión Deportiva Ourense. O partido terá lugar o domingo 20, ás 16:30 horas. Tanto os da Baixa Limia coma os da capital chegan lanzados a este duelo que corresponde á xornada número 13 na Primeira Galicia. Os dous levan as mesmas vitorias (11) e as mesmas derrotas (unha), ningún empate; a diferencia de goles fai que o Bande sexa o líder: 34 goles a favor por 31 dos unionistas e seis en contra, por sete. Velocidade de cruceiro para os dous máximos
favoritos ao ascenso ao grupo sur da Rexional Preferente. Sacan ao terceiro clasificado, Maside, oito puntos, polo que todo apunta a que non terán complicado cumprir co obxectivo marcado por ambos os dous clubs do ascenso de categoría. Sobre o papel o favorito é o Bande. Equipo no que recalaron o técnico Iván González xunto con nove xogadores maís do Verín da pasada campaña, na que militaba en Terceira división. Xogadores como Piollo, Viti, Marcones, ou o goleador David Soares, entre outros, fan do Bande un equipo moi competitivo. Porén a Unión Deportiva Ourense non queda atrás. Antonio Dacosta, que suma a súa terceira
Xaco, xogador da UD Ourense nun partido de Liga.
O partido entre Bande e a UD Ourense disputarase este domingo ás 16:30 h en Outeiro tempada no banco, ten nas súas filas a xogadores como Lucas Sierra, Xurxo, Omar ou mesmo Rubén Durán, sendo un equipo, ao igual que o seu rival, con xogadores de categoría superior. Expectación O Bande - Unión Deportiva Ourense é, sen dúbida, o encontro que máis expectación xera esta campaña e, posiblemente, o que máis en anos na Primeira Galicia. As espadas en todo o alto para dous equipos que teñen na mente o ascenso, pero sen renunciar ao título de Liga. Máis de tres puntos en xogo, pouco pode determinar o partido no clasificatorio, pero desde logo o que leve os tres puntos levarase, ademais, unha vitoria de prestixio.
Os dous equipos están empatados a 33 puntos
Hugo colgando un balón á área ante a oposición dun rival. /RAMSÉS.
Vitoria rácana da UD Ourense 4 A Unión Deportiva Ourense venceu no Couto ao Peroxa por un solitario gol de Unai. R.T. Nas últimas semanas á UD Ourense estalle costando sacar os partidos adiante. Nesta ocasión non foi menos e os homes de Antonio Dacosta realizaron un dos peores encontros desta tempada. Aínda así os unionistas están a sumar de tres en tres o que lles permite loitar de ti a ti co Bande, próximo rival dos ourensáns. Contra A Peroxa o encontro estivo falto de ritmo e case sen ocasións para un e outro equipo. Os locais non tiveron a posesión do balón o tempo que acostuman tela e os visitantes tampouco souberon aproveitarse delo. Na primera metade apenas apareceron os porteiros salvo nunha
ocasión na que o visitante tívose que empregar para repeler o disparo de Xaco. Lucas Sierra foi máis testemuñal aínda e as súas intervencións foron nos lanzamentos de portaría. No segundo tempo máis do mesmo. Sen historia os minutos pasaban men-
Unai, pola banda do Couto ante o Peroxa. /RAMSÉS.
Un gol de Unai deulle a vitoria á UD Ourense tres o tedio instalabase na grada do Couto. E nestas apareceu Unai. Á saída dun saque de esquina controlou o balón na área visitante e cun forte disparo aloxaba o esférico na rede da portaría rival. 1-0 e os afeccionados comezaban a respirar. A Peroxa buscou con máis corazón que cabeza o empate, o que lle valeu un par de disgustos en forma de contras dos unionistas. Porén, a tarde non estaba para máis florituras e o mellor que puido suceder foi que o árbitro decretara o final do partido. 1-0 e tres puntos para o Ourense antes de visitar ao líder, Bande.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
FÚTBOL SALA
O Envialia lévase, con claridade, o derbi ante o Cidade 4 As de Chipi foron superiores ás de Codeso e venceron por 5 goles a 1. R. Torres O derbi aparecía en escena cando os dous equipos estaban na clasificación moi igualados. Mentres que o Envialia era quinto con 18 puntos, o Cidade estaba na sexta posición
con 15. O partido prevíase moi disputado e cun marcador moi xusto. A primeira premisa deuse pero non así a segunda. O Envialia demostrou a súa superioridade ante un equipo que está en plena construción.
O Envialia festexando un dos goles do partido./RAMSÉS.
E iso que quen golpeu primeiro foi o Cidade das Burgas, que nesta ocasión facía de equipo visitante nos Remedios. Iria Saeta introducía o balón no fondo da portaría defendida por Vanessa Barberá. O Ourense Envialia,
que comezou o encontro presionando xogadora a xogadora para asfixiar a saída de balón do rival, viuse co tanto en contra. A pesar do revés seguiu co seu plantexamento e deseguido deulle a volta ao marcador. A estratexia funcionou para as de Chipi e con dous goles seguidos puxeron o 2-1. Sara Moreno ao saque dunha banda e Iria, en propia porta, unha vez lanzado un córner, puxeron en vantaxe ás albinegras. As locais seguían presionando, pero unha acertada Ana Lastra mantería ao seu equipo con opcións no segundo tempo. O último acto comezou coas franxiverdes indo a polo empate. Subiron a liña de presión buscando roubar e lanzar unha contra letal, pero non tiveron apenas ocasións. A maioría do tempo buscaban, cun lan-
zamento lonxano, á pivote para que se pelexara coa súa par e con Barberá. O Ourense Envialia agardaba a que fora madurando o encontro. Coa pouca rotación no banco do Cidade esperaron a que o cansanzo fixera mella nas rivais e así matar o partido. O terceiro chegaba despois de varias ocasións claras; Antía lograba quedar soa ante Lastras e batila. Andrea fixo subir o quinto de xogada parecida. E Bea Seijas, cando o Cidade optara polo xogo de cinco, anotou o quinto desde campo propio. Un partido desigual entre dous equipos que sempre dan a cara. O Ourense Envialia deu un paso máis para superar a quinta praza do ano pasado; ao Cidade das Burgas tócalle apren-
der dos erros. Vindeira xornada Nesta xornada o Cidade das Burgas xogará de local. O partido terá lugar este sábado, ás 17 horas. A utilización da pista central dos Remedios para os preparativos da San Martiño fai que o encontro se xogue no anexo. O rival será un Leganés que ocupa postos de descenso. Pola súa banda, o Ourense Envialia visita a pista do líder, o sempre difícil Atlético Navalcarnero Futsi.
O Cidade recibe este sábado ao Leganés no anexo dos Remedios (17 h)
Iria e Andrea mirando cara ao balón./RAMSÉS.
Marta e Candela loitando polo balón./RAMSÉS.
FÚTBOL SALA
O Sala Ourense perde e déixase o liderato 4 O Pazos de Borbén véncelle e recupera o 1º posto. Redacción Unha xornada duroulle o liderato ao Sala Ourense na Terceira división. Os ourensáns lograran o primeiro posto logo de vencer, na xornada número 8, ao Casás e de descansar o Pazos de Borbén. Porén, o destino fixo que se encontrarán na seguinte xornada para disputarse o liderato. Os ourensáns chegaban a Pontevedra cunha renda de dous puntos. E despois de sete vitorias consecutiva chegaba a derrota en Pazos de Borbén e con ela baixaban, novamente, ao segundo posto. Antes de comezar o encontro, Raúl Rivero resentuise dunhas molestias que lle impediron axudar aos seus compañeiros. O inicio foi fulgurante e en tres minutos mandaban os homes de Kike García por 1 a 3. Diego - primeiro en propia porta e despois metendo os dous primeiros goles do Sala- e Tizón -o terceiro- puxeron esa vantaxe no marcador. Antes do descanso o Pazos recurtaría distancias (2-3). Na segunda metade comezaron os problemas para os visitantes. Aos dous minutos, penalti e expulsión de Fente, que se converte no empate a tres. Dous minutos despois ex-
pulsión de Guerra e na inferioridade numérica do Ourense os locais toman a dianteira (4-3). Un minuto máis tarde sería Tizón o que aproveitaría a superioridade -por expulsión dun rival- para devolver as táboas (44). Pero o Pazos lograría dous goles case seguidos para poñer terra de por medio (6-4). Alli poñía emoción ao encontro con 6 a 5, pero a réplica non se fixo esperar e volvían os dous goles de vantaxe para os locais. Kike García optaba polo xogo de cinco que valeu para dar un gol a cada equipo e deixar o marcador no 8 a 6 definitivo. Carballiño Ao Carballiño tocoulle descansar e ocupa a décima posición con oito puntos. A vindeira xornada será o Sala Ourense o que descanse e O Carballiño recibirá este sábado (16 horas, Paco Chao) ao Santiago Futsal B.
Esta xornada descansa o Sala Ourense mentres que o Carballiño reciba ao Santiago Futsal B
Partido desta tempada disputado na casa./ARQUIVO.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
Tizón, o mellor xogador Redacción O Sala Ourense distingue, cada mes, aos mellores xogadores do equipo sénior e da base. No mes de outubro foi Rubén Tizón Pérez o mellor xogador do equipo que milita na Segunda división B do fútbol sala. Tizón suma 15 goles neste inicio ligueiro. Brais Prieto Pereira, do xuvenil, foi o mellor xogador da canteira nese mes.
Carlos Morente, do CM El Carmen, e Juan Manuel Blanco Dorrego, de Gadeca, entregando a Tizón (centro) o trofeo de mellor xogador do mes de outubro./RAMSÉS.
10
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
POLIDEPORTIVO
O deporte ourensán, coa “Operación Quilo” 4 Un ano máis os clubs da cidade apoian esta campaña de Amencer. Redacción A “Operación Quilo”, campaña da Asociación Xuvenil Amencer, cumpre este ano 30 de vida. O deporte ourensán leva colaborado con esta iniciativo solidaria desde fai anos, e este non vai ser menos. Esta semana presentouse no colexio Salesianos a edición de 2016, que leva por lema “30 anos Quilaborando”.
Por estas datas Amencer organiza esta campaña para recoller alimentos para os máis necesitados. Consiste na recollida de “quilos” de alimentos, ademais de xoguetes para as familias empobrecidas da nosa cidade. Cáritas, presente en todos os barrios da cidad,e fará o reparto de todo o que se recolla en Amencer en días previos ao Nadal. A iniciativa consiste en recadar alimentos, xogue-
O Pabellón cae pola mínima 4 O equipo feminino tamén perdeu. Redacción Mala xornada, a pasada, para os intereses dos dous equipos sénior do Nova Xestión Pabellón Ourense. Os dous conxuntos caeron nesta xornada. O equipo masculino desprazouse ata Pontedeume para disputar o encontro nunha pista impracticable;
a humidade fixo acto de presenza e os xogadores estaban máis pendentes de non caer e mancarse que de xogar. Na primeira parte o dominio foi dos ourensáns marchando ao descanso cun resultado de 11 a 17. Na segunda parte todo cambiou. Foi nos últimos 10 minutos de encontro,
Partido do Pabellón no anexo dos Remedios./ARQUIVO.
tes ou cartos de distintas maneiras. Moitos dos supermercados da cidade porán carros de compra para que a xente deposite os alimentos -non perecedoiros- para esta causa; colocaranse petos en máis de 300 establecementos da cidade para recadar diñeiro; e a partir da ponte da Constitución nos locais da Asociación recolleranse xoguetes. Estas son algunhas das iniciativas que es-
os locais déronlle a volta ao resultado. O medo a mancarse xunto a algunha decisión arbitral discutida polos visitantes fixo que o marcador final fora de 23-22. O Nova Xestión é terceiro con nove puntos. Esta fin de semana os de Diego Lorenzo xogan no pavillón de Oira a partir das 18 horas contra o líder, Camariñas. Feminino O conxunto feminino non puido contra un rival que dobrou en goles ás ourensás. O Culleredo venceu por 15 a 30 ante un Nova Xestión que non demostrou o nivel doutras citas. O 6-12 do primeiro tempo foi premonitoria da goleada que sufriron as pavillonistas. Esta fin de semana próxima repiten na casa contra o Carballal. Xogaran no polideportivo de Oira as 16:30 h.
Os partidos que disputa esta xornada o Nova Xestión Pabellón terán lugar no pavillón de Oira, ás 16:30 h o equipo feminino e ás 18 horas o cadro masculino
tarán en marcha ata xusto antes do Nadal.
alomenos, un quilo de comida.
Deporte O deporte estará un ano máis presente na “Operación Quilo”. Así, nun dos partidos que os clubs da cidade disputen como locais, animarán aos seus afeccionados a achegar,
Reparto En Amencer soamente se distribúe o recollido (alimentos e xoguetes) ás Cáritas de cada barrio de Ourense. Será na mañá do xoves 22 de decembro cando se faga o reparto.
Presentación da “Operación Quilo” deste ano. /AMENCER.
Dobre cita para o CNPO Redacción O Club Natación Pabellón Ourense ten dobre cita esta fin de semana: por unha banda o Campionato de Galicia de longa distancia, e pola outra, xornada correspondente á Liga de idades. Este sábado, en Pontevedra, celébrase o rexional de longa ditancia. Por parte do CNPO acudirá un equipo integramente masculino. Santiago Gutiérrez, na categoría infantil; Noel Quiroga, Antón Rodríguez e Jose Moure, en júnior, e Ecequiel Quiroga, en absoluta, serán os representantes ourensáns. O obxectivo é achegarse ao podio. E Ourense acolle a primeira xornada da Liga de idades. O sábado pola maña, na piscina Pedro Escudero a categoría promesas -nados en 2008- nadarán a proba dos 25 metros crol. Pola tarde, na Rosario Dueñas, as categorías benxamín e alevín. As probas que se disputarán son: as de 100 e 400 libre, 200 braza, 100 bolboreta e 200 estilos. A competición dará comenzo ás 16:30.
Os clubs da cidade farán recollida de alimentos nun partido que disputen como locais antes de que chegue o Nadal
POLIDEPORTIVO
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
Xornada irregular para o CNPO na Liga de clubs
Medallas para o Club Couto Redacción
4 O Galaico Pontevedra foi superior ao resto de equipos. Redacción Xornada un tanto irregular, esta primeira, para o Club Natación Pabellón Ourense na Liga de clubs de División de Honra. Nesta primeira xornada o dominio foi do Galaico Pontevedra ante o resto de adversarios. O Natación Ourense soamente puido ser quinto, aínda que a moi poucos puntos do terceiro clasificado, o Ferrol. O máis destacado dos ourensáns foi algunha que outra boa marca. Como a de David González en 100 braza e José Moure en 200 costas; os dous acreditaron mínima para o Campionato de España. Ademais, Marcos García foi segundo en 50 libres. A estratexia, a partir de agora, será a de pensar nas dúas xornadas clasifi-
catorias para a loita polo título. Nunha delas os nadadores ourensáns terán a favor que se dispute en casa. Tamén os relevos femininos sufrirán algúns axustes para ser máis competitivos. Ligas As vindeiras citas para os integrantes do Club Natación Pabellón Ourense serán o 19 de novembro. Na piscina Rosario Dueñas disputarase a Liga alevín e benxamín, mentres que en Pontevedra celebrarase o Campionato de Galicia de longa distancia.
O 19 de novembro dispútase en Ourense a Liga alevín e benxamín
Nadadores do CNPO na primeira xornada da Liga galega de clubs. /CNPO.
11
Podio masculino de Primeira división da Liga de judo.
Arteixo e Famu Vigo, gañadores da Liga de judo 4 O Parque Sport foi o vencedor da Segunda división masculina. Redacción Os clubs Arteixo e Famu Vigo foron os gañadores da XIV Liga de judo “Trofeo Cidade de Ourense”. O Parque Sport foi o vencedor na Segunda división. O 12 de novembro disputáronse as semifinais e finais de Primeira e Segunda masculina e de Primeira feminina. O único representante ourensán en competición foi Felipe Iglesias, quen defendeu os intereses do Jiu Jitsu Coruña, de Segunda. Na Primeira división masculina Arteixo - Shiai Coruña e Famu Vigo - Bitácora foron os emparellamentos nas semifinais. Arteixo e Bitácora derrotaron os seus rivais e víronse nunha final que gañaron os primeiros.
Na loita polo título de Segunda e o ascenso de categoría Famu Vigo B Compostela Judo e Parque Sport - Jiu Jitsu Coruña enfrontáronse nas semifinais. O ourensán non puido loitar polo título, xa que o Jiu Jitsu Coruña caeu diante de Parque Sport, á postre vencedor desta categoría. Na final derrotou ao Famu Vigo B. Feminina Na Primeira feminina repetición das semifinais
do ano pasado. Famu Vigo e Universidade de Coruña loitaron por un posto na final, mentres Shiai Coruña e Parque Sport fixérono polo outro. Accederon ao encontro definitivo Famu e Shiai, vencendo o club vigués. A competición, patrocinada polo Consello Municipal de Deportes, punteira no panorama ibérico por reunir os mellores equipos do norte de España, despídese ata a edición do ano que vén.
Podio feminino de Primeira división da Liga de judo.
A pasada fin de semana celebrouse, coa participación do Club Couto, a Copa Cidade de Coruña de taekwondo. A proba herculina é valedeira para o ráanking galego. Os deportistas ourensáns que participaron na cita lograron grandes resultados. María González (júnior -49 kg) foi ouro ao igual que María Ferreiro (en cadete -37 kg) e Ainoha García (cadete -55). A prata ourensá foi para Sandra Senra na categoría sénior de máis de 72 quilos. Pola súa banda, Fátima Martínez (cadete -51); Julián Feijóo (cadete -33) e Brais Martínez (precadete -30 kg) acadaron a medalla de bronce. Copa Xunta A vindeira fin de semana celebrarase no pavillón Paco Chao do Carballiño a Copa Xunta de Galicia de técnica.
Copa Deputación de boxeo Redacción Este sábado celebrarase a Copa Deputación de boxeo no Paco Paz. Comeza ás 16:00 h. cos máis pequenos, entre os 6 e os 15 anos, en escena. A velada continuará máis aló das oito da tarde, no que será o turno dos adultos. A partir desa hora disputaranse oito combates de boxeo olímpico máis un combate de boxeo feminino.
12
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
POLIDEPORTIVO
Feijoo, líder da Copa de España 4 En categoría júnior de ciclocross. Redacción O ciclista do Club Ciclista Maceda, Iván Feijoo, vén de situarse primeiro na clasificación
provisional da Copa de España de ciclocross. O alaricano accede ao primeiro posto logo de rematar segundo na proba disputada en Les Franque-
Iván Feijoo no circuíto embarrado de Karrantza. /CEDIDA.
Triple vitoria do CC Maceda 4 Na proba da Copa de España disputada en Karrantza. Redacción Histórica para o Club Ciclista Maceda a xornada vivida en Karantza. Disputabase na localidade vizcaína unha das probas da Copa de España de cli-
clocross. Unha representación do Academia Postal Ation MMR desprazouse para participar nun evento marcado polo barro presente no circuíto. A representación ouren-
Carlos Canal e Aida González no podio de Karrantza.
sá non puido brillar máis. En júnior, Iván Feijoo alzouse co triunfo, a pesar dos problemas na saída; Feijoo puido remontar e rematar vencendo superando incluso ao seu máximo rival, o catalán Jofre Cullel. Cadetes En cadetes, dobre vitoria. Carlos Canal, en homes, e Aida González, en mulleres, eran os vencedores. Canal impoñíase ao actual campión de España, Gonzalo Inguanzo; Marco Nube entraba en meta 15º e Hugo Vázquez 28º. Se Aida era a primeira, Noela Saa entraba en liña de meta quinta e Antía Martínez, sétima entre as cadetes.
Feijoo na proba de Les Franqueses. /CEDIDA.
O Ralimix de Barbadás, para Abel Jurado 4 Segunda vitoria consecutiva do piloto na proba. Redacción O piloto asturiano Abel Jurado (aos mandos dun kartcorss) faise dono do Ralimix de Barbadás. Por segundo ano consecutivo logra a vitoria na localidade ourensá. Na segunda posición,
o ourensán Javier Pardo (Volkswagen Polo N1) ao que lle sacou máis de medio minuto na liña de meta. Outro ourensán coparía o terceiro caixón do podio; Jesús Vázquez (Semog) rematou na terceira posición a case un minuto do campión.
ses (Barcelona). Iván sufría unha picada na segunda volta, o que lle afastaba da loita polo triunfo contra o catalán Cullel. A pesar do infortunio logrou chegar a liña de meta como segundo, o que lle vale ese primeiro posto provisional. Resto do equipo En canto ao resto do equipo que se desprazou para a disputa desta carreira, Carlos Canal (en cadetes) era segundo nunha dura proba; esta segunda posición faille sumar un novo podio e manterse no segundo lugar da clasificación. Marco Nube remataba undécimo. En cadetes mulleres, Aida González seguía a estela dos seus compeñeiros e subía ao podio no terceiro caixón; Aida fora a primeira na pasada xornada celebrada en Karrantza. Ademais Noela Saa era quinta e Antía Martínez, sétima.
Co chamativo Polaris RZR, o coruñés José Novo rematou na cuarta posición a máis dun minuto do líder. O top cinco pecharíao Javier Ramilo co seu Yacarcross, a minuto e medio do gañador. Sexto foi Perfecto Calviño cun Peugeot 208; sétimo, José Fernández (Mitsubishi L); oitavo, Celestino Iglesias (Ford Fiesta); noveno, Daniel Álvarez (Peugeot 205) e na décima posición remataría Óscar Añón co seu Yacarcross. En total, 37 coches remataron a proba e 12 víronse na obriga de abandonar no terceiro Ralimix de Barbadás.
POLIDEPORTIVO
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
Sorte dispar para o Pavillón na Copa de España de ximnasia
nuel Seguín, e a presidenta do Club Deportivo Ourela, Nuria Rives. Participantes En total serán preto de 60 patinadoras e patinadores, os que participen nesta xornada “nunha modalidade deportiva que se atopa en auxe e que cada vez son máis os nenos e nenas que se apuntan a esta disciplina”, dixo a presidenta do Club Deportivo Ourela.
4 O equipo infantil rematou undécimo. Redacción Cinco equipos do Club Ximnasia Pavillón e Club Escola Ximnasia Pavillón participaron na Copa de España de conxuntos de ximnasia rítmica e na competición nacional de base celebrada en Valladolid. Na competición de base, o conxunto prebenxamín do Club Escola Pavillón logrou rematar na décima praza cunha nota moi próxima á das mellores do torneo, posto que foi cualificado cun 9,450. Peor sorte tiveron os conxuntos alevín e xuvenil. Un mal día das dúas formacións fixo que ocuparan os postos baixos da clasificación. Infantís As que si tiveron unha boa actuación foron as
infantís. O seu exercicio apenas tivo erros e, xunto cunha gran execución, permitiulles sumar unha puntuación de 9,800, o que lles valeu para rematar na undécima posición, entre as mellores do panorama nacional. A seguinte cita deste grupo será no mes de decembro en Murcia coa disputa do Campionato de España de ximnasia rítmica de conxuntos.
A próxima cita das infantís do Ximnasia Pavillón será en Murcia no mes de decembro na Campionato de España
Ximnastas e adestradoras do Ximnasia Pavillón na Copa de España celebrada en Valladolid.
13
Na presentación da patinaxe artística, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Nuria Rives, presidenta do CD Ourela; Bernardino González, asesor de Deportes do ente provincial./RAMSÉS.
Competición e exhibición sobre rodas en Ourense 4 Ourense acolle a Copa Deputación e unha gala de exhibición cos campións galegos de patinaxe artística. Redacción Ourense acolle a Copa Deputación e unha gala dos campións galegos de patinaxe artística. O Club Ourela é o organizador desta dobre cita que terá lugar este sábado 19 en dous escenarios distintos: o pavillón do Campus universitario e o Pazo dos Deportes Paco Paz. En xornada matutina, no Campus universitario, celebrarase, desde as 10.30 ata as 13.30 horas, a Copa Deputación. Nela
participarán os patinadores da provincia. A presidenta do Club Deportivo Ourela, Nuria Rives, explicou que a Copa Deputación de Ourense será unha competición na que “participarán nenos e nenas dos clubs da provincia de Ourense, que son o Club Fénix e o Club Deportivo Ourela. Os rapaces competirán en todos os niveis e haberá tres xuíces da Federación Galega”. Xa pola tarde, de 16 a 19:30, tocará o turno dos campións galegos. O evento trasladarase ata o Paco
Paz para ver as exhibicións dos mellores patinadores da nosa comunidade a nivel internacional e nacional nunha gala de exhibición “por categorías de libres, parellas e grupos”, comentou Nuria Rives. A presentación desta celebración deportiva tivo lugar no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o coordinador da Asociación Xuvenil “Amencer”, Ma-
“Operación Quilo” Asemade, ambas celebracións contarán cun espazo solidario, a través da recollida de alimentos que estará nos dous recintos, destinados á “Operación Quilo” 2016. Manuel Seguín, da Asociación Amencer, agradeceu a colaboración con este tipo de iniciativas, dixo que a “Operación Quilo” é “a primeira actividade da asociación, a cal levamos realizando desde hai 30 anos, e que cada vez vai a máis”. Desde Amencer aconsellan aos que queiran levar alimentos, que estes sexan non perecedoiros.
O pavillón do Campus universitario, pola mañá, e o Paco Paz, pola tarde, serán as sedes da Copa Deputación e da gala de patinaxe artística deste sábado 19 de novembro
14
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
POLIDEPORTIVO
Xabier Gómez vence no torneo do Campus
Gala do deporte da UVIGO Redacción
4 Máis de 50 xadrecistas participaron neste torneo. Redacción O Campus de Ourense acolleu o Torneo de Xadrez Activo que contou coa participación de 51 xadrecistas. Proclamouse vencedor Xabier Gómez (Club Xadrez Universitario), seguido do seu compañeiro Miguel Puga e do xadrecista de Celanova, Jairo Villar, segundo e terceiro, respectivamente. A competición xogouse polo sistema suízo de seis rondas a un ritmo de xogo de 15 minutos, máis tres segundos por xogada. Universitario No que respecta á cate-
Tras Xavier Gómez quedaron Miguel Puga e Jairo Villar, segundo e terceiro, respectivamente goría de universitarios, os tres primeiros foron David Feijóo, Olalla Rodicio e Luis Pérez, do Universitario Ourense. O resto de campións foron: Miguel Cantón, en sub-14; Carlota García, sub-12; Uxío Vilariño, sub-10 e Martina Vidal, sub-8.
O Galmédica lidera a Terceira división 4 Nas catro primeiras xornadas disputadas. Redacción O Galmédica Ourense lidera o grupo sur da Terceira división de tenis de mesa. O conxunto ourensán suma catro vitorias noutras tanto xornadas o que lle vale para liderar en solitario a clasificación. A pasada fin de semana desfixéronse a domicilio
do Helios Asesoría Serinte “B” por un contundente 0-6. Xornada 5 Reciben na casa -Paco Paz, sábado 19, ás 17 ha outro Helios, nesta ocasión ao Restaurante Cielito Lindo, equipo que marcha terceiro, a dous puntos dos ourensáns.
Podium sub14 do circuíto galego de xadrez.
O Xadrez Ourense, club máis galardoado en 2016 4 O Circuíto galego de xadrez 2016 puxo o seu punto e final este ano coa proba celebrada en Vilagarcía de Arousa o pasado 5 de novembro. Redacción O Xadrez Ourense foi o club máis galardoado en 2016 no Circuíto galego de xadrez. O circuíto desenvolveuse desde abril ata novembro celebrando un total de 18 probas puntuables, das cales dúas tiveron lugar na provincia de Ourense; sendo das máis participativas. Na clasificación por clubs o Xadrez Ourense foi o club galego máis premiado, con tres xadrecistas medallistas. O Casa da Xuventude logrou un podio. Os xadrecistas ourensáns estiveron a un gran nivel. Lograron catro dos 16 premios entre as distintas categorías facéndose cun ouro, unha prata e dous bronces. Na categoría sub-14, Martín Gómez Carreño
(Club Xadrez Ourense), proclamouse vencedor do Circuíto galego 2016, por diante do coruñés Jorge Méndez (Xadrez Padrón) que rematou segundo. Destacado foi o final de tempada de Mateo Díaz (Club Xadrez Ourense), que tras un emocionante final nas derradeiras probas puntuables, conquistou finalmente o bronce. Sub-12 En Sub-12, vitoria do pontevedrés do club Fontecarmoa de Vilagarcía, Andrés Rodríguez Ferreirós. A prata e o bronce viaxaron cara á nosa provincia de mans de César Pérez (Casa da Xuventude) e de Marcos Vázquez (Club Xadrez Ourense). Xacobe Conde e Laura Gómez (ambos compañeiros no Club Xadrez Ourense), a piques estiveron de acadar podio tanto
en masculino como en féminas. Nas categorías sub-8 e Sub-10 destacada actuación dos irmáns Pura e Benjamín Diéguez Nóvoa (ambos do Club Xadrez Benchoshey, de Pereiro de Aguiar), que tamén estiveron a piques de meterse entre os premiados das súas respectivas clasificacións xerais. Benjamín conquistou o quinto lugar da clasificación xeral en sub-10, mentres que Pura, en sub-8, tamén rematou quinta, ademais de subcampioa en mulleres.
O Xadrez Ourense acadou tres medallas, o Casa da Xuventude, unha, no Circuíto galego de xadrez
O Teatro Principal de Ourense engalanouse para acoller a 25ª edición a Gala do deporte da Universidade de Vigo. No acto entregáronse un total de de 44 galardóns individuais e colectivos en recoñecemento ao traballo feito durante o curso 2015/2016. Entre os galardóns que se outorgaron destacan os VII Premios á Excelencia Deportiva, nos que se recoñece o esforzo de estudantes que acadaron non só éxitos deportivos senón tamén bos resultados académicos. Estes galardóns serán para a nadadora Laura Pimentel; para os taekwondistas Iván García, Alba Caamaño, Beatriz Parada e Raúl Cancelas e para o atleta Alfonso Palomanes. Alfonso Palomanes será ademais distinguido cunha mención especial ao deportista universitario do ano. Tamén salientaron desde a organización o V Premio Vida á traxectoria persoal e deportiva, que foi para Julio Fernández e Mercedes Valencia polo seu fomento do atletismo, a halterofilia e o bádmiton. 25 anos do Servizo de Deportes Dado que este ano o Servizo de Deportes da Universidade celebra o seu 25º aniversario, durante a gala fíxose un recoñecemento a protagonistas da súa posta en marcha, como son Patricio Sánchez Bello, Daniel Benavides, Pino Díaz e o exreitor Luís Espada.
ACTUALIDADE
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016
15
Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº150- Ano: VIII - 18 de novembro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4PRACTICANDO SAÚDE
HIIT Durante os últimos anos aumentou a popularidade dun tipo de adestramento coñecido como “HIIT” (High Intensity Interval Training) ou adestramento de intervalos de alta intensidade. Este tipo de adestramento baséase en alternar tramos curtos de actividade moi intensa próxima ao 90% da nosa frecuencia cardíaca máxima con períodos de recuperación activa en torno ao 60% da FCmáx. Os períodos de actividade deben ser curtos, entre 15 e 30 segundos, e a recuperación activa debe durar, por norma xeral, o triplo de tempo que o período de actividade. Débense realizar unhas 3 series de 4-5 repeticións con descansos máis amplos de 2 ou 3 minutos entre cada serie. O “HIIT” pódese realizar utilizando diferentes actividades, desde correr que é a máis habitual, até dominadas, press banca ou salto á corda, sempre respectando a intensidade e o tempo adecuado. En función do material e espazo dispoñible e os nosos gustos particulares podemos realizar “HIIT” con multitude de variantes. Por que aumentou tanto a popularidade deste tipo de adestramento? Unha das principais razóns é que non se necesita dema-
siado tempo, cuns 20 ou 25 minutos é suficiente. Outra razón é que non necesita un material nin un espazo determinado, podemos adaptalo ás nosas posibilidades. Desde o punto de vista fisiolóxico aumenta o consumo de graxas e diminúe as pregaduras de graxa subcutánea, así como regula os niveis de insulina e aumenta rapidamente a resistencia muscular. Pero non todo vai ser aspectos positivos. Debemos ter presente que este tipo de adestramento está principalmente indicado para persoas atléticas e con certa experiencia no adestramento deportivo, as persoas sedentarias ou que se acaban de iniciar no exercicio físico deben evitar este adestramento xa que ao utilizar intensidades próximas ao máximo o risco de lesión é elevado para eles. Tampouco está indicado para persoas de avanzada idade xa que non deben chegar a frecuencias cardíacas demasiado altas. Este tipo de persoas deberían iniciarse en exercicios de menor intensidade e maior duración antes de pasar ao “HIIT”. José Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en ximnasio Trabazos
Todos os concesionarios oficiais da provincia acoden ao 8º Salón do Automóbil 4 A fin de semana do 18 ao 20 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 25 ao 27 de novembro o de Ocasión. Redacción Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, participarán coma expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará no mes de novembro, durante dúas fins de semana seguidas, en Expourense. Do 18 ao 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ao 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que están organizadas de forma conxunta entre Ex-
As marcas aproveitarán a súa presenza para presentar os últimos lanzamentos
pourense e ACAUTO. coa colaboración de Abanca e de Cáritas Ourense. As marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara á campaña do 2016. Entre outros poderase contemplar o Peugeot 2008 ou o Mecerdes GLC Coupé. Sorteo dun cheque regalo de 6.000 euros Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volve-
rá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido. San Martiño A colaboración do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ourense fai que se facilite o reparto de invitacións para visitar o salón entre aqueles corredores, maiores de idade, que participen Carreira Popular de San Martiño que se celebrará este domingo
Presentación do Salón do Automóbil. /EXPOURENSE.
día 20 de novembro. A entrega farase no momento da recollida do dorsal. Os que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración destes salóns poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, AVANT de Renfe. Cáritas Outra das novidades deste ano será a colaboración de Expourense e A.C.AU. T.O. con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón a esta entidade. Ademais, se o gañador do bono desconto de 6.000 euros tivera mercado un vehículo por un importe inferior, esa diferenza destinaríase a Cáritas. Ademais “Stop Accidentes” contarán cun stand informativo no que entregarán planos dos vehículo para facilitar o traballo dos bombeiros no caso dunha excarcelación.
Barrios DEPORTIVO 18 de novembro de 2016