[ Páx. 11]
A UD Ourense pasa de ronda na Copa JIU JITSU
Páx..3
Iglesias e Álvarez foron quinto e sétimo no Mundial
BTT
Páx.4
Tres podios para o C.C. Maceda na Copa Galicia
ATLETISMO
Páx. 7-9
Ourense terá a súa primeira San Silvestre
BALONCESTO Páx.10
FÚTBOL SALA Páx.12
O COB recibe ao Cáceres este venres no Paco Paz
Envialia e Cidade, empatados a puntos ata o ano que vén
[Páx. 4- 5]
Exhibición deportiva na Ponte Máis de 1.000 novos deportistas participaron nos torneos de Megaxove e 500 ximnastas no Torneo de Nadal./M.REJO e R.TORRES.
Número: 151- Ano: VIII - 9 de decembro de 2016 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 6 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
AXENDA / BOXEO
4 Axenda deportiva Atletismo
- Día 11 de decembro. San Cibrao das Viñas. XV Carreira do Nadal -Campionato provincial de 10 km-. - Día 18 de decembro. A Rúa. V carreira popular do Nadal. - Día 18 de decembro. O Carballiño -11:00 h -. VIII Carreira solidaria Arenteiro. - Día 31 de decembro. Ourense -16:30 h -. I San Silvestre Ourensá. - Día de 1 de xaneiro. - XXIV Subida Costiña de Canedo. - Día 8 de xaneiro. A Rúa. Campionato de Galicia de campo a través veterán.
Fútbol
- Día 11 de decembro. Os Carrís. Barbadás - Dubra. 3ª División. - Día 11 de decembro. Antonio González. Polígono Pontellas. Rexional Preferente. - Día 11 de decembro. José Arjiz. Verín - Alertanavia. Rexional Preferente. - Día 11 de decembro. O Couto. UD Ourense - Cortegada. 1ª Galicia. - Día 18 de decembro. Calabagueiros. CD Barco - Choco. 3ª División. - Día 18 de decembro. O Couto. Ourense C.F. - Valladares. Rexional Preferente. - Día 18 de decembro. Espiñedo. Arenteiro - O Grove. Rexional Preferente. - Día 18 de decembro. A Tella. Nogueira - Verín. Rexional Preferente. - Día 18 de decembro. Velle. UD Ourense - Victoria. 1ª Galicia feminina. - Día 18 de decembro. Miguel Anxo. Pabellón - Deportivo da Coruña. División Honra xuvenil. - Día 8 de xaneiro. Calabagueiros. CD Barco - Cerceda. 3ª División. - Día 8 de xaneiro. Antonio González. Polígono - Mondariz. Rexional Preferente. - Día 8 de xaneiro. José Arjiz. Verín - Estradense. Rexional Preferente. - Día 8 de xaneiro. O Couto. UD Ourense - Maside. 1ª Galicia.
Baloncesto
- Día 9 de decembro. Paco Paz. 21 h. COB Ourense Provincia Termal - Cáceres. LEB Ouro. - Día 10 de decembro. Campus de Ourense. 16 h. Campus Ourense - Arxil. 1ª Autonómica Galicia. - Día 10 de decembro. Paco Paz. 19h. COB B - VGO Basket. Liga EBA. - Día 20 de decembro. Paco Paz. 21 h. COB Ourense Provincia Termal - Lleida. LEB Ouro. - Do 28 ao 30 de decembro. Colexio Salesianos. II Torneo de Nadal don Bosco.
Mario Peleteiro e Luis Arturo disputaron o primeiro combate da noite. /RAMSÉS.
Copa Deputación de boxeo 4 Máis dun cento de púxiles participaron na velada. Redacción O boxeo ourensán celebrou a Copa Deputación no Paco Paz o pasado sábado 19 de novembro. Foron máis dun cento de púxiles os que participaron na velada. Despois da disputa das categorías de máis pequenos tocoulle o turno aos combates en categoría sénior. No primeiro combate da noite e tras consumir os tres asaltos, os xuíces decretaron nula a pelexa entre Luis Arturo (Club Olimpo´s) e Mario Pele-
teiro (Thunder Team). O continuo intercambio de golpes non levou á vitoria a ningún dos dous. No segundo combate, o local Juan Carlos Estévez levouse o triunfo ante o compostelán Andrés Magallanes. Estévez soupo levar a iniciativa o que lle levou a gañar o combate. O terceiro combate trouxo a novidade ao ring ourensán. Ao cuadrilátero subíanse dúas mulleres para realizar o primeiro combate feminino na cidade das Burgas. Dúas púxiles, de Madrid e Noia, pelexaban para coñecer
á primeira gañadora dun combate de boxeo en Ourense. Finalmente foi, aos puntos, a madrileña, Bárbara. O subcampión nacional de fullcontact Óscar Mira (Club Olimpo´s) subíase á lona para desfacerse do seu rival sen contemplacións e de forma unánime polos xuíces. Simón González Tralo cuarto combate a velada fixo un receso para realizar unha sentida homenaxe ao 13 veces campión do mundo de full contact, Simón González.
Fútbol sala
- Día 18 de decembro. Os Remedios. Sala Ourense - 5 Coruña. 3ª División.
Andaina
- Día 18 de decembro. A Rúa. V andaina popular do Nadal.
Xadrez
- Do 23 de decembro ao 5 de xaneiro. A.VV. Barrocás. XXXII Torneo Internacional Aninovo de xadrez.
Patinaxe
- Día 19 de decembro. Campus universitario e Paco Paz. Copa Deputación de patinaxe.
BTT
- Día 24 de decembro. Maceda -11:00 h -. IX Ciclocross Castelo de Maceda.
Outros
- Día 18 de decembro. Coles. Concurso social de Nadal de doma clásica. -Día 31 de decembro -Ourense- I Canicross Ourense.
Nas imaxes de arriba dous combates máis da Copa Deputación de boxeo. /RAMSÉS.
A continuación celebrouse o quinto combate no que o local Fabio Bouzas (Club Olimpo´s) non tivo o seu mellor día; o ourensán perdeu por KO técnico no primeiro asalto ante o vigués Sergio Castro -varias veces campión galego de full contact-. A velada remataría co sexto combate (estaban previsto sete) pero o último non se puido disputar por incomparecencia do rival do local Manuel Jiménez “Nono”. Neste combate Abraham Benito (Club Olimpo´s) foi quen de vencer a Berto Loureiro (campión galego e bronce nacional de boxeo). Un combate moi equilibrado no que os dous púxiles intercambiaron e souperon encaixar golpes e no que, finalmente os árbitro decretaron vencedor a Benito. Infantís En categoría infantil -desde os 6 ata os 15 anos- tivo unha nutrida participación. Todos os participantes recibiron unha mochila como obsequia á súa participación.
O 13 veces campión do Mundo de full contact, Simón González, recibiu unha homenaxe
JIU JITSU / KUNG FU
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
Iglesias e Álvarez foron quinto e sétimo no Mundial de Jiu Jitsu 4 Disputado en Polonia. Redacción Os jiujitsukas ourensáns Felipe Igrexas e Christian Álvarez, participaron durante os pasados días 25 a 27 de novembro no Mundial da especialidade, que se disputou en Wroclaw (Polonia). Ambos formaron parte da reducida expedición de sete integrantes da selección española, a cargo do seleccionador Eusebio Sánchez. Felipe Iglesias logrou un meritorio quinto posto na categoría de loita de -56 quilos. O ourensán comezou gañando os seus dous primeiros combates con autoridade, contra o etíope Nigusse Yared e contra o alxerino Kassied Aggoun. Na semifinal chegou o cruzamento contra o francés Romain Chazette, na que Iglesias caeu por un axustadísimo 8-10. Na loita polo bronce, tras outro disputado encontro contra o fogoso grego Ara Tzanikian, o ourensán do Mar-
bel perdeu por 12-16, terminando nun magnífico quinto posto mundial. Ademais, mantén o número un no ranking da Federación Internacional. Álvarez Para o tamén ourensán Christian Álvarez foi a súa segunda experiencia nunha competición desta magnitude, na categoría de loita de +94 quilos. Tivo a mala sorte de oincidir en primeira rolda contra o futuro campión, o polaco e ídolo local Rafal Riss. Na repesca, venceu ao iraquí Muayad Ao Tammemi, pero non puido manter o ritmo contra o alemán Rado Mollenhauer e quedou fóra da loita polo bronce rematando sétimo.
Iglesias mantén o número do ranking mundial de jiu jitsu
O tai chi estivo presente na Copa Deputación de kung fu.
O kung fu ourensán celebrou a súa Copa Deputación 4 O pasado domingo día 27 de novembro disputouse a V Copa Deputación de Kung fu, no Pazo dos Deportes Paco Paz. Redacción A quinta edición da Copa Deputación de kung fu estivo organizado polo club “Escolas Deportivas Artai” e a Federación Galega de Kung fu. Participaron máis de 120 practicantes de artes marciais chinesas nas distintas modalidades, facendo deste evento unha festa do Kung fu galego celebrada no Paco Paz. O evento estivo dividido en dúas partes, exhibicións e competición de combate. Exhibicións Realizáronse dous talleres de exhibición: un de kung fu infantil e outro de taolu (formas).
O ourensán Felipe Iglesias co dorsal que luciu no Mundial de Polonia de jiu jitsu./ARQUIVO.
No primeiro, preto de 70 rapaces (de entre 12 e 14 anos) executaron distintas técnicas de patadas, posicións e defensa persoal de kung fu. No de taolu (formas) de competición, 20 rapaces (de 12 a 18 anos) executaron un quecemento estándar internacional de competición e rutinas de competición internacional (con e sen armas). En canto ás exhibicións foron dúas. A de qigong, con preto de 40 persoas, de entre 55 e 75 anos, que realizaron series de execución qigong (exercicios de enerxía china). A outra exhibición foi a de tai chi, na que 10 alumnos fixeron a rutina internacional de 24 movementos de estilo Yang de tai chi.
Un combate feminino disputado no torneo.
Combates No apartado de combates foron 12 os que se realizaron de dúas modalidades distintas. Qingda (combate con contacto controlado) e Kung fu Combat (combate a pleno contacto).
Participaron 120 deportistas que practican distintas artes marciais chinesas
Unha participante na exhibición de taolu.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
POLIDEPORTIVO
Tres podios para o C.C. Maceda en Pontevedra 4 Na Copa Galicia. Redacción
A halterofilia foi un dos deportes presente no XVII Salón Megaxove./M. REJO.
Máis de 1.000 deportistas pasaron por Megaxove 4 O 17º Salón da Xuventude en Expourense pechou as súas portas tras catro días de intensa actividade. Redacción Coa celebración de distintos campionatos deportivos nos que participaron máis de 1.000 deportistas púxose peche a catro días de deporte e lecer en Megaxove. Na última xornada do 17º Salón da Xuventude, celebrado en Expourense entre o 5 e o 8 de decembro, houbo torneos de xadrez, fútbol sala, kickboxing, judo, halterofilia e minibasket. En todos eles participaron cativos e mozos procedentes de toda Galicia e do norte de Portugal. Despois de catro días de intensa actividade, Megaxove pechou convertido no lugar elexido por máis de 9.000 visitas para gozar desta peculiar semana de decembro con festivos e lectivos. No recinto feiral ourensán puideron partici-
par activamente nas máis de 150 opcións deportivas, culturais e de lecer que ofrecían os 30 expositores do Salón da Xuventude. O salón ofreceu a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serviu tamén de andén de promoción e descubrimento de outras actividades vencelladas ao tempo libre, á cultura e ás disciplinas deportivas minoritarias. Nesta cita tivo cabida todo aquelo que animara á participación activa e á adopción de hábitos saudables. Cada participante puido escoller libremente en que quería invertir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata a zona de videoxogos, ou dende deportes populares coma o fútbol sala ou xadrez ata outros menos coñecidos como a esgrima
antiga ou a loita. “Pulpo Extreme” Unha das novidades desta edición foi a área denominada “Pulpo Extreme” coordinada pola Concellería de Xuventude de Ourense que chamou a atención dos adolescentes que se animaron a practicar roller, BMX e skate. Entre as asociacións participantes destacou un ano máis a Fundación Cipri Gomes, esta Fundación, que colaborou por sétimo ano consecutivo en Megaxove, e que convocou a centos de nenos e adultos das 20 escolas deportivas coas que conta nas catro provincias galegas e tamén de Portugal. Esta Fundación organizou, entre outras, actividades vencelladas co kickboxing e o karate.
No festivo da Concepción o Club Ciclista Maceda presentouse nas instalacións do hipódromo de Campaño, en Pontevedra, para participar nunha nova xornada da Copa Galicia de ciclocross. O Academia Postal Actyon MMR logrou nas súas filas ata tres podios. Carlos Canal foi segundo en cadetes, mentres que os seus compañeiros Hugo Vázquez e Marco Nube finalizaban noveno e décimo, respectivamente. En elite - sub 23, Román Saa lograba rematar terceiro dos sub 23, e noveno na xeral. En féminas, Noela Saa facíase coa segunda posición o que lle daba o liderato entre as cadetes; Aida González ocupaba a cuarta posición. En júniors, Abel Franco facíase co cuarto posto. Boiro O martes 6, festividade da Constitución, o CC Maceda lograba un total de cinco podios na Copa Galicia. Iván Feijoo, en júniors, Carlos Canal e Noela Saa, en cadetes lograban a vitoria nas súas respectivas carreiras. Ademais, Abel Franco foi terceiro entre os júniors e Antía Martínez a segunda das cadetes; esta conserva o liderato da Copa.
Román Saa na proba de Pontevedra. Copa de España A última fin de semana de novembro o ciclista do Academia Postal Actyon MMR, Carlos Canal, subiuse ao podio en Manlleu, na Copa de España de ciclocross, ao rematar primeiro na carreira de categoría cadete. Ademais o club ourensán logrou tres podios máis. Así, Iván Feijoo remataba terceiro entre os júniors. Noela Saa e Aida González finalizaban, segunda e terceira, respectivamente na categoría cadete. Pola súa banda, Marco Nube, era sétimo en cadetes, sendo o seu primeiro “top ten” na Copa de España. Copa de Galicia O resto do equipo participaba a mesma fin de semana de novembro na Copa de Galicia celebrada en Dumbría. Román Saa, sub 23, lograba a terceira posición (décimo na xeneral). Tamén terceira, pero en cadetes, chegaba a meta Antía Martínez. Mentres, na proba da Taça de Portu-
gal, Abel Franco lograba o segundo posto en júniors, moi preto de acadar a vitoria. O Rosal e Marín Na dobre cita da Copa Galicia de ciclocros, coa disputa das probas do Rosal e Marín, o sábado 19 e o domingo 20, nova exhibición dos deportistas do CC Maceda. Dos rapaces, Carlos Canal acadou a vitoria nas dúas citas (O Rosal e Marín) na categoría cadete. Isto fai que o ourensán afianzara o seu liderato na categoría. Entre as rapazas repartíronse as vitorias. Así, o sábado gañaba Noela Saa e Antía Martínez era terceira, e o domingo a vitoria foi para Antía e Noela remataba segunda. En mulleres, categoría sub 23, Xiana Conde lograba o terceiro posto no Rosal.
Noela Saa lidera a Copa Galicia na categoría cadete
XIMNASIA
Exhibición nos Remedios
Dez anos do Torneo de Nadal de ximnasia e cada ano segue sorprendendo a propios e estraños. Este ano o 6 de decembro a cancha central do pavillón dos Remedios encheuse de ximnastas que deleitaron aos presentes. Unha xornada non competitiva que serviu de preparación para os deportistas para futuras competicións, e que valeu para enganchar a algún despistado a este deporte. Participación Máis de 500 ximnastas repartidos en 11 clubs de Ourense, na súa maioría, e doutras partes de Galicia
realizaron os seus exercicios. Ximnasia rítmica, ximnasia xeneral, acrobática e trampolín, xunto a unha exhibición de danza foi o que deu de si as máis de cinco horas de coreografías. Músicas de diferentes países evocaron aos Xogos Olímpicos en conmemoración os de Río, temática desta edición do Torneo de Nadal.
Este torneo serviu de preparación para as vindeiras citas competitivas das ximnastas
Arriba, unha exhibición de trampolín, abaixo, un trío realizando unha coreografía./RAMSÉS.
4 Torneo Cidade de Vigo
4 Un ano máis, o Torneo de Nadal de ximnasia deixou bo sabor de boca entre ximnastas e afeccionados. Redacción
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
Un equipo executando o seu exercicio./RAMSÉS.
O Club Ximnasia Pavillón conseguiu no trofeo Cidade de Vigo dous podios. O infantil A foi segundo, tralo Club Ritmo, mentres que o infantil B rematou terceiro. O torneo, disputado no pavillón das Travesas da cidade olívica o pasado mes de novembro, foi preparatorio para o Nacional de Murcia.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
DEPORTES ACUÁTICOS
Tres primeiros postos na Liga de salvamento O equipo do Sincro Ourense en Madrid.
O Sincro Ourense, o mellor equipo galego no nacional 4 Remataron na décimo quinta posición. Redacción A pasada fin de semana celebrouse no Centro de Natacion M-86 de Madrid, o XIV campionato de España de figuras infantiljúnior no que participaron 258 nadadoras pertencentes a 26 clubs de toda España. O Sincro Ourense acudiu á cita con 8 nadadoras infantís: Ana Moyano, Candea Rodríguez, Claudia Bande, Iria Guevara, Lola Carracedo, Lucía Villar, Rebeca Ruiz e Asperxo Branco que viaxaron acompañadas por as técnicas Elvira Lopez e Beatriz Montes. As ourensás foron as galegas mellor situadas na clasificación individual e por clubs. Finalizaron no posto 15 da clasificación por clubs e a nivel individual a primeira clasificada foi Candela Rodriguez que acabou no posto 63 da clasificación absoluta seguida por Lola Carracedo
Na primeira xornada da Liga galega as infantís lograron meter a seis deportistas entre as 10 mellores no posto 78. Na clasificación por grupos de idade entre as nadas en 2003 Ana Moyano ocupou o posto 37 e Rocío Blanco o 61. Boa tempada Estes bos resultados veñen corroborar os obtidos polo club ourensán na 1ª xornada de figuras da liga Galega celebrada en Vigo o día 19 de novembro e onde as infantís do sincro Ourense dominaron claramente na súa categoría, ao ocupar os postos primeiro, segundo, terceiro, sexto, sétimo e noveno das 65 participantes.
4 A júnior Andrea Bello e os másters Cristina Colomo e Roberto Naranjo, primeiros na segunda xornada. Redacción O club Salvour conxuntamente coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia organizou a segunda xornada da Liga galega de salvamento en augas pechadas do grupo sur. O escenario foi a piscina Rosario Dueñas de Ourense. En sesión de mañá participaron case 100 deportistas das categorías xuvenil, júnior, sénior e máster, mentres que pola tarde foi a quenda para os alevíns, infantís e cadetes. En total máis de 200 deportistas, 24 deles do Salvour, gozaron das instalacións e da organización do equipo anfitrión. Ourensáns O alevín Daniel Araújo
Unha das probas das categorías escolares./RAMSÉS. Dapía ocupou o posto 17 en 50 metros obstáculos. En infantís, Zaira García Villalonga, 35ª en 100 metros socorrista; proba na que Hugo Estévez Crespo ocupou a posición 16 e Xenxo Fernández Fernández e Adrián Correa Duorado a 32 e 33, respectivamente. Entre os cadetes, na proba de 200 supersocorrista a mellor ourensá foi Eva Espinosa Fernández na po-
Mínimas para o galego e nacional 4 Moitos nadadores do CNPO acadan mínimas para disputar os torneos importantes. Redacción Os integrantes do Club Natación Pabellón
Ourense están a colleitar, nestas alturas de tempada, grandes resultados. Os obxectivos de todos eles é
sición número 10 e en mozos Roi Naranjo Estévez, posto 15; Ignacio Delgado Zamora, 17; Matín Merinov, 30 e David López 39. En 50 arrastre de maniquí, Eva Espinosa rematou oitava; Eva Feijoo Gómez, novena, Aldara Estévez Crespo, 32ª, Aldara Nerea Vesprini, 39ª e Nerea Rodríguez 48ª. E en mozos David López ocupou o posto 17; Ignacio Delgado, o 24, Roi Naranjo; o 27 e
acadar mínimas que lles permitan participar nos campionatos de Galicia e de España. En Monforte foi un lugar onde se lograron os obxectivos. Destacada, entre outros que acadaron mínima, foi a actuación de Eva Carril e Luz María Fernández. Outras citas O sábado o Natación Pabellón desprázase a Carballo, co equipo absolu-
Máis de 200 deportistas participaron na segunda xornada en Ourense Martín Merinov, o 34. Dos xuvenís, Silvia Quintela logrou ser quinta nos 100 metros socorrista e cuarta nos 50 arrastre de maniquí. O botín dos júnior foi o quinto lugar de Noel Quiroga Ramos, quinto en 100 socorrista e 200 supersocorrista; e Andrea Bello Armada, cuarta en 200 supersocorrista e primera en 50 arrastre de maniquí. Na categoría absoluta, Ángela Dopereiro García foi a número 21 en 100 metros socorrista e 14ª en 50 rescate de maniquí. Na mesma proba Marco Salvadores Acero, 23º, e Cristina Gómez 23ª. En 200 supersocorrista Ecequiel Quiroga, sexto. E finalmente en máster de máis de 45 anos, tanto Roberto Naranjo en 100 metros socorrista como Cristina García Colomo en 50 arrastre de maniquí foron primeros nesta categoría.
to- junior, ademais dalgún infantil na convocatoria, para disputar o último test a nivel de marcas antes do campionato galego que terá lugar en Pontevedra do 27 ao 29. No caso de equipo máster, conformado polos veteranos do club, desprázanse o domingo ata Lugo para disputar a liga desta categoría, onde se espera varios postos entre os mellores de cada grupo de idade.
ATLETISMO
Requejo roza o bronce en Murcia 4 No Mundial de 100 km. Redacción Los Alcázares acolleu a edición deste ano do Mundial de 100 km. José A. Requejo, atleta ourensáns do club Celta de Vigo foi seleccionado por España tralos bronce no europeo de Belves (Francia) e no Mundial de Doha (Qatar). Nesta ocasión Requejo soamente puido ser sexto, a algo máis de cinco minutos da medalla de bronce. Requejo, no quilómetro 90 ía cuarto chegando a ser terceiro ao adiantar ao surafricano Gift Kelehe. Pero comezou a atravesar malos momentos para chegar finalmente en sexta posicion cun tempo de 6h.41:08.
Outros ourensáns Catro atletas do Esprintes Ourense participaron nesta competición. En categoría feminina, Silvia Rodríguez Ferro e Marisol Gómez Chao finalizaron en 8ª e 10ª posición na súa categoría mentres que, no apartado masculino, José María Levoso Touceda e Óscar do Campo Rodríguez obtiveron a 14ª e a 16ª praza do Mundial.
José A. Requejo.
Ourense contará coa súa San Silvestre 4 O 31 de decembro no parque do Barbaña. Redacción O que era unha demanda por unha gran parte dos atletas locais, este ano convertirase en realidade. O sábado 31 de decembro terá lugar en Ourense a primeira edición da “San Silvestre Ourensá”. Unha proba que terá lugar no entorno do parque do Barbaña e que contará con catro carreiras. A partir das 16:30 h os pitufos serán os primeiros en percorrer unha distancia cercana aos 100 metros; ás 16:35 horas será o turno dos benxamíns e alevíns que disputarán
unha carreira de 1,4 km. A seguinte carreira prevista será para as categorías infantil e cadete percorrerá 2,35 km. E finalmente, ás 17 horas será o turno da proba absoluta sobre unha distancia de 7,05 km. Inscricións As inscrición están abertas ata o martes 27 de decembro. O custe na categoría absoluta é de 5 euros, para o resto de categorías é de balde. A inscrición debe realizarse na web carreirasgalegas.com. Recollida de dorsais A recollida de dorsais e
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016 chips terá lugar en Turini, rúa Cardenal Quevedo, 19, o día 30 de decembro de 16:30 a 20:30 horas. Co dorsal todos os participantes recibirán unha bolsa de cotillón. O día da carreira non se entregarán dorsais. Premios Todos os participantes da categoría pitufos recibirán unha medalla ao rematar a súa proba. Os tres primeiros clasificados das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, homes e mulleres, recibirán unha medalla. Os tres primeiros da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.
A recollida de dorsais será na tenda de deportes Turini o día 30 de 16:30 a 20:30 horas
Carreira de San Cibrao Redacción Regresa un ano máis a carreira de San Cibrao que este ano celebra a súa 15ª edición. Ademais será o terceiro ano que sexa tamén o Campionato provincial de 10 quilómetros en ruta. A cita terá lugar en Ponte Noalla (no Polígono de San Cibrao das Viñas). Ás 10:30 horas darase a saída da carreira escolar (2,5 km) e ás 11:30 será o turno da absoluta; para a 13:00 correrán os pitufos.
Participantes do ano pasada en San Cibrao.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
XL SAN MARTIÑO
7.467 atletas superaron o chaparrón
Corredores da San Martiño ao seu paso pola Ponte Romana. /MIGUEL REJO.
4 Jocelyn Brea e Nuno Costa foron os vencedores da 40ª Carreira popular do San Martiño. Redacción A Carreira popular pedestre do San Martiño estivo pasa por auga, o que non impediu que a xente saíra en masa a participar desta edición. En total foron 7.467 os atletas que lograron atravesar a liña de meta entre as tres carreiras disputadas: 3.539 fixérono na proba absoluta; 2.378, na escolar e 1.550, na de cativos. En canto á absoluta, Nuno Costa e Jocelyn Brea escribiron con letras de ouro o seu nome na lista de gañadores da decana das populares galegas.
Nuno Costa foi o mellor dun ramillete de favoritos ao completar os 10.000 metros homologados nun tempo de 30 minutos e 28 segundos. Tras el chegaría o local, e dobre campión da San Martiño, Alejandro Fernández a 10 segundos (30:38). O veterano atleta Lolo Penas completaría o podio; o seu tempo de 31:02. O ourensán Rubén Diz sería oitavo a case dous minutos do gañador (32:21). En mulleres, a pesar de que era unha das favoritas a podio, Jocelyn Brea deu a sorpresa. Brea rematou a proba en 35 minutos e seis
segundos aventaxando en seis segundos a Ester Navarrete (35:12). Terceira en meta foi a favorita Solange Pereira que entraría en meta a un minutos e dous segundos da vencedora (36:08). Solange leva tres triunfos na proba ourensá sendo a única persoa que logrou tantas vitorias nos 40 anos de historia. Sonia Teijeiro foi a primeira ourensá, décima entre as mulleres, cun tempo de 38:31. Escolares Arturo Ramos e Elsa Pena foron os vencedores na categoría escolar,
e Alex Sierpes e Carmen Martínez, os mellores na de cativos. Ourense despediu á San Martiño ata o ano que vén demostrando que nin a
choiva pode co poder de convocatoria dunha proba que excede os límites do deportivo. Un ano máis quedou claro que esta xoia ourensá é algo especial.
Nuno Costa entrando na meta. /MIGUEL REJO.
3.539 corredores remataron a proba absoluta
XL SAN MARTIÑO
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
Alejandro Fernández e Nuno Costa rivalizaron polo lierato da proba xa desde o primeiro quilómetro./M.REJO.
2.378 rapaces remataron a carreira escolar, de 4,7 km./M.REJO.
Os servizos sanitarios atendendo a un participante na proba escolar á súa chegada a meta./M.REJO.
Jocelyn Brea (esq.) celebra a vitoria./MIGUEL REJO.
Arturo Ramos venceu na carreira escolra./MIGUEL REJO.
Entrega de premios escolares da XL San Martiño así como da recadación solidaria ás causas de loita contra o cancro./RAMSÉS.
10
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
BALONCESTO
Un partido con sabor a solidariedade 4 Cáceres será o rival dun COB que non quere perder comba cos de enriba. R. Torres O Club Ourense Baloncesto recibe este venres -21 h- no Pazo dos Deportes Paco Paz ao Cáceres. Os homes de Gonzalo García de Vitoria buscarán brindar un novo triunfo aos seus afeccionados despois da derrota da pasada xornada fronte o Burgos. Ante os casteláns o técnico foi moi crítico cos seus xogadores ao asegurar que o primeiro cuarto foron os peores 10 minutos que vira no baloncesto; o que lles lastrou para poder loitar pola vitoria. Pasado o mal trago toca pensar no Cáceres. Un equipo que comezou desastrosamente a Liga (catro derrotas nas catro primeiras xornadas), pero que agora está mostrando a súa mellor versión. Nas últimas nove xornadas sete vitorias falan dun equipo en crecemento. Esta dinámica fixo que asomaran a cabeza e xa estén a dúas vitorias dos ourensáns. Atención no cadro estremeño para Rakocevic, Marcius e Anagnostou. Os tres son a calidade e os puntos polo que será básico, para a vitoria cobista, que non se sintan cómodos
Vitoria do Carmelitas diante do Campus 4 As colexialas venceron no seu feudo por 65 a 54. Redacción
Díaz no partido ante Rioja./RAMSÉS. no parqué do Pazo. O Club Ourense Baloncesto non quere perder comba cos de enriba. A dúas vitorias do líder, Lleida -este cun partido máis- e a unha dun ramillete de cinco equipos sacar o partido sería necesario para seguir a estela dos primeiros. Igualdade A igualdade é tal neste curso que hai nove equipos en dúas vitorias -unha se non contamos a Lleida que ten un partido máis-. Operación Quilo Un ano máis o Club Ourense Baloncesto colabora coa Asociación Xuvenil Amencer na Operación Quilo. Se fai uns días o técnico se pesaba para que o club donase o seu peso en ali-
Os afeccionados que leven, alomenos, un quilo de alimentos terán unha entrada gratis para o partido contra Lleida do vindeiro 20 de decembro mentos, para este partido o club premiará aos que leven comida. Desde o club agasallarán cunha entrada para o partido de Lleida a todos os que leven, alomenos, un quilo de alimentos -non perecedoiros- este venres. O partido contra Lleida está previsto para o martes 20 de decembro ás 21 horas.
O primeira partido de Liga da Primeira división autonómica deparou un Carmelitas contra Campus Ourense. O partido viña precedido polos dous enfrontamentos na Copa con vitoria, nas dúas ocasións, para as universitarias. Porén, no partido da primeira xornada foi distinto. O Carmelitas, que xogaba como local, foi superior a un Campus que tirou de raza nos últimos minutos, pero que nada puido facer. O cento de afeccionados que presenciaron o partido viron como as locais tomaron vantaxe desde o principio. As universitarias non se renderían e lograron irse a vestiarios a sete puntos das colexialas (32-25). No terceiro cuarto Carmelitas cimentou a súa vitoria. As xogadoras locais, moi acertadas no tiro libre, foro estirando a diferenza ata os 16 puntos. No último cuarto, o Campus intentouno cunha presión en todo cam-
po que por momentos se lle atragantou ao Carmelitas. Pero foron pasando os minutos e con eles as opción das visitantes de darlle a volta ao marcador. Finalmente a vitoria quedaría na casa. O Carmelitas suma a súa primeira vitoria do curso. O Universitario Campus deberá agardar, alomenos, una semana máis. Segunda xornada Con motivo dos festivos pola Constitución e a
Inmaculada Concepción a segunda xornada dísputase en distintos días. Así, o Campus recibiu o pasado domingo ao Arxil. As pupilas de María Álvarez venceron por 61-56. Pola súa banda, o Carmelitas xoga o seu partido o sábado 10 de decembro na pista do Mesón A Vila. Na seguinte fin de semana disputarase a último xornada do ano. O Carmelitas recibirá ao Arxil no Polideportivo Vedruna o sábado 17 a partir das 20 horas, e o Campus visita ao equipo de Santiago de Compostela, o Peleteiro.
O Carmelitas xoga este domingo no campo do Mesón A Vila
Partido no Vedruna entre Carmelitas e Campus. /RAMSÉS.
FÚTBOL
O Cortegada, para cortar males
4 A UD Ourense recibe ao Cortegada para regresar á senda da vitoria. R.T. Trala derrota da pasada fin de semana, a segunda da tempada, os homes de Antonio Dacosta buscarán olvidala deseguido no partido contra o Cortegada. O encontro terá lugar o domingo ás 16 horas no Couto. O Cortegada é noveno con 20 puntos. Operación Quilo O club colabora coa
Operación Quilo de Amencer polo que piden a todos os asistentes ao encontro que leven alimentos non perecedeiros. Este ano é o terceiro consecutivo, desde que se formou o club, que colaboran con esta iniciativa solidaria. Ao recadado o próximo domingo engadirase o peso do xogador Omar. O centrocampista pesouse na presentación desta edición e o club cedera o seu
peso en alimentos; en total serán 75 quilos de comida para axudar aos máis necesitados. Ribeiro O equipo sufriu a segunda derrota do curso en San Cristóbal. O Ribeiro foi o verdugo; 2 a 1 o resultado. O encontro, nun campo de tan pequenas dimensións,
foi moi trabado e decidiuse en xogadas de estratexia e en segundas accións. Bande A derrota do Ourense e a vitoria do Bande (3-1 fronte o Vilariño) fai que os de Iván González regresen á primeira posición con 38 puntos, 37 teñen os capitalinos.
Lucas Sierra despexando un centro do Arenteiro. /R.T.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
11
Campus de Nadal do Ourense C. F. 4 Celebrarase do 26 ao 30 de decembro. Redacción O Ourense Club de Fútbol en colaboración con Ociosaugal organizan o “Campus de Nadal” do 26 ao 30 de decembro no Polideportivo Municipal de Oira. O campus está pensado para nenos de entre 4 a 12 anos. En horarios de 10:00 a 13:30, os pequenos deportistas realizarán sesións de traballo centradas exclusivamente
nas accións técnicas individuais e colectivas. Un traballo específico, que segundo o coordinador Miguel Carballo, quen explicaba que “contribuirá á evolución do xogador e é un complemento á formación que reciben nos propios clubs”. Prezo O prezo é de 70 euros para socios do club -e irmáns- e de 75 para o resto.
Decididos os cuartofinalistas 4 Da Copa Deputación de fútbol. Redacción A Copa Deputación de fútbol coñece aos seus cuartofinalistas. Entre o martes e xoves -os dous festivos- xogáronse os partidos de volta dos oitavos de final. O máis atractivo foi o Arenteiro contra a Unión Deportiva Ourense. Os ourensáns levaban unha renta dun gol a cero do partido de volta disputado no Couto. Neste segundo encontro preto de 1.500 persoas acudiron a Espiñedo para ver o desenlace desta eliminatoria. Comezou de cara para os de Antonio Dacosta cando no minuto cinco adiantábanse co gol de Julio Martínez ao rematar un saque esquina. Na xogada anterior Unai non foi quen de batir ao porteiro local, quen despexou a córner propiciando a xogada do gol. Sen tempo para nada máis que sacar de medio campo, o Arenteiro devolveu as táboas co gol de Varandela. Pouco a
pouco os de Manel Vázquez foron gañando terreo e a súa posesión transformouse nun novo gol de Varandela (2-1) e a eliminatoria estaba aberta. Estes minutos foron os peores dos unionistas, que eran sobrepasados polo xogo dos locais. Ata que, a un minuto do descanso, un pase entre liñas de Rubén Durán chega a Aitor Martínez que regatea a Pachi e logra un novo empate (22). Descanso en Espiñedo e todo aberto para a segunda metade. Tralo paso por vestiarios o Arenteiro buscou darlle a volta a eliminatoria. Porén foi a UD Ourense o que lograría o terceiro. Durán colleu un balón en campo propio, e tras unha gran galopada cede a Fran Martínez quen, de tiro raso, logra o terceiro tanto. Eliminatoria encarrilada para os capitalinos. A partir dese momento, os do Carballiño baixaron os brazos e comezaron a pensar no partido de liga do vindeiro domingo fronte ao Caselas. Aínda así, lograron empatar o partido
Currás e Vitti no Arenteiro - UD Ourense./RAMSÉS. con gran gol de falta de Iván Portos (3-3). O partido non daría para máis e a Unión Deportiva Ourense estará no sorteo do vindeiro luns para coñecer os emparellamentos de cuartos de final da Copa Deputación. Polígono - Ribeiro No outro partido de Copa deste xoves o Polígono venceu ao Ribeiro por 2-1. O 3-0 do partido de ida foi determinante para que os de Ribadavia sexan os cuartofinalistas. Resto de partidos O resto das eliminatorias decidíronse o martes. O Antela venceu a domicilio ao Taboadela e pasou aos cuartos; o empate entre
Francelos e Velle supuxo o pase dos segundos; o Verín 5, Sporting de Celanova 0 fixo que pasaran os do val do Támega; o empate a dous entre Allariz e Viana clasificou aos primeiros e a contundente vitoria do Bande (5-0) os meteu nos cuartos en detrimento do Xunqueira.
O sorteo dos cuartos de final da Copa Deputación terá lugar o luns na sede da Federación Galega de Fútbol en Ourense
12
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
FÚTBOL SALA
Vane e Ana En canto ás ourensás do Alcorcón, Vanessa Sotelo estivo moi activa, mentres que a Ana Rivera pesoulle o xogar contra o equipo de toda a súa vida. Rivera estivo máis desacertada e contou con poucos minutos. A nota negativa foi a lesión de Vanessa Sotelo. Unha escordadura de nocello foi a valoración da lesión a pé de pista, polo que podería perderse o cuadrangular europeo coa Selección española. Envialia e Cidade festexando, cada equipo, un gol no derbi disputado nos Remedios./RAMSÉS.
Empatados a puntos ata o ano que vén 4 Ourense Envialia e Cidade das Burgas chegan ao parón cos mesmos puntos: 21. R. Torres Ata o ano que vén non volveremos ver fútbol sala de Primeira división en Ourense. Un calendario inapropiado, para un deporte que non se merece este trato, fai que ata o 7 de xaneiro de 2017 non regrese a competición. Máis sangrante é, se cabe, que o Mundial oficioso de cada ano non se celebrará e no seu lugar disputarase un torneo europeo entre catro conxuntos. Na última xornada previa ao parón navideño sorte dispar para os representantes ourensáns. O Envialia caeu na casa
diante do Alcorcón, mentres que o Cidade sacou un valioso triunfo na pista do Móstoles. Envialia Comezaba a décimo segunda xornada, para os equipos ourensáns, cun gol de Marta aos 20 segundos de encontro. Un partido entre Ourense Envialia e Alcorcón que foi moi disputado. Os dous equipos foron a polo encontro e nos primeiros minutos o control foi para as de Chipi. Iso fixo que nos primeiros segundos xa se adiantaran cun gol de Marta. No ecuador do primeiro tempo, Estela lograba empatar de tiro raso. Con tá-
boas finalizaría o primeiro acto, a pesar de contar con varias ocasións os dous conxuntos. No segundo período as visitante estiveron máis intensas logrando ter o control. Así, no minuto 28 Desirée dáballe a volta ao marcador cun remate desde o corazón da área (1-2). A partir dese momento as albinegras volveron tomar as rendas do encontro con ocasións para nivelar a contenda. A falta de tres minutos Andrea faría de porteira xogadora para buscar con máis posesión o empate. Porén, foi Vadillos para as alfareiras a que pecharía o partido co
terceiro tanto visitante; 1-3 final que fai que as ourensás cheguen ao parón na quinta posición con 21 puntos.
Cidade O Cidade das Burgas vai de sorpresa en sorpresa, polo que xa non sorprende. Esta paradoxa vén dada porque as de Manolo Codeso suman 21 puntos e ocupan a sexta posición da clasificación. Minutos ás xogadoras máis novas e meterse entre os oitos primeiros (para entrar en Copa) deben ser, desde xa, os obxectivos do cadro franxiverde. Contra o Móstoles demostraron que iso de loitar pola permanencia non vai con elas. Nunha cancha complicada souberon sacar os tres puntos sufrindo.
Clara, do Cidade, e Sara, do Envialia./RAMSÉS.
Sonia poñía o 1-0 nada máis arrancar o encontro. O seu golpeo desde o segundo pao entraba na portaría rival. Unha indisposición do árbitro auxiliar faría que o encontro se interrompese por unha hora. O encontro reanudaríase e Rocío facía o empate a un de potente disparo desde fóra da área. E antes do descanso dous goles máis. Iria lograría o 1 a 2 e Celia devolvía o empate co que se chegaría ao descanso. Na reanudación os dous equipos buscarían o gol con tesón, pero o marcador non se movería ata os últimos cinco minutos. Foron neses últimos minutos cando subirían tres máis ao marcador. Clara, que debuta este ano na Primeira división, firmaba o terceiro das ourensás de xogada persoal. Tres minutos despois Inma facía o empate a tres goles cando xogaban de cinco. Cando parecía que se ían repartir os puntos emerxeu a figura de Iria. A xornada, para os equipos ourensáns, remataba co gol de Iria a falta de 10 segundos; lograba o cuarto tanto do Cidade e con el os tres puntos. Este resultado fai que o Cidade das Burgas sexa sexto con 21 puntos, os mesmos que o Ourense Envialia. Agora toca esperar ata o 7 de xaneiro para volver ver máis fútbol sala de Primeira división. Incrible o do calendario, que se o faga mirar quen así o decidiu.
A Liga regresa o 7 de xaneiro co Majadahonda Envialia e o Cidade U. de Alicante
POLIDEPORTIVO
O Sala Ourense continúa líder 4 Trala vitoria na casa do Bueu por 2 a 5. Redacción O Sala Ourense continúa ao fronte da clasificación da Terceira división de fútbol sala ao vencer na pista do Bueu por 2 a 5. Tras uns primeiros mi-
nutos de alternativas sen un dono claro do balón e do partido, chegaron as ocasións. As máis claras correrían a cargo dos ourensáns, aínda que os locais tamén tiveron as súas.
Derrota do Campus en Euskadi 4 Uribealdea gañou por 37 a 20 aos ourensáns. Redacción O Campus Ourense Rugby completou a primeira volta sen coñecer a vitoria lonxe de Ourense. Ante o equipo vasco do Uribealdea as cousas comezaron ben pero ao final, os de David Monreal, non souberon manter a renda. A pesar de ser un dos mellores equipo da División de Honra B, o conxunto ourensán a piques estivo de levar unha vitoria que saboreou durante moitos minutos do partido. As baixas visitantes foron determinantes para que os locais lle deran a volta ao marcador no segundo tempo. O partido comezou co ensaio do neozelandés Andy Williams e posterior transformación (0-7). Ao pouco o Uribealdea foi quen de devolver as táboas
Partido entre Campus e Eibar./RAMSÉS.
ao marcador, pero os ourensáns lograron cinco puntos máis por mediación de Guille (xogador sub20 que foi chamado pola selección española para unha concentración). Os vascos lograron darlle a volta ao marcador para colocarse 14-12. Antes do descanso e grazas ao ensaio e transformación de Joe Marston e Andy Williams, respectivamente marcharon cara a vestiarios con vantaxe ourensá (14-20). Pero a segunda metade foi moi longa para o Campus e ao final non puideron frear o equipo rival. Co pitido final o marcador reflexou un 3720 para os locais do JUribealdea. A vitoria lonxe das Lagoas terá que agardar para unha mellor ocasión. Oviedo Este sábado 10 de decembro, o Campus Ourense Rugby recibe a partir das 16 horas ao Real Oviedo Rugby. Os asturianos van novenos a dous puntos dos ourensáns. Rival directo na loita pola permanencia.
Este sábado o Campus recibe a Oviedo
Guerra, aos 11 minutos, lograba o 0-1, resultado co que finalizaba a primeira metade. No segundo tempo chegarían máis goles. O Bueu lanzado a polo empate viuse con outro gol en contra; Fente roubaba o balón e Guerra transformaba (02). O varapau serviu para que os locais seguiran coa presión, embotellando por momentos aos xogadores de Kike García. Un tempo morto deste, para reorganizarse, supuxo o terceiro tanto obra de Tizón. Pron-
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
13
to recurtaría distancias o equipo local e con xogo de cinco puxo o 2-3 no marcador. Cando parecía que a remontada podería ser posible, dous goles máis do líder puxeron o 2 a 5 no marcador, e os tres puntos para casa. Vindeira xornada Esta fin de semana non haberá liga. A mesma regresa o 17 de decembro, día no que o Sala Ourense recibe ao Coruña na xornada número 13. O encontro disputarase nos Remedios.
Encontro do Sala Ourense nos Remedios. /RAMSÉS.
14
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
POLIDEPORTIVO
Aprobadas as bolsas para deportistas 4 O CMD achegará 25.000 euros para apoiar deportistas destacados en 20 disciplinas diferentes. Redacción O Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes aprobou na súa xuntanza do 7 de decembro a concesión das bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas de Ourense que destacaran na súa participación en competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas na súa convocatoria do presente ano 2016. Son 62
deportistas empadroados en Ourense, de diferentes disciplinas deportivas. O importe das axudas é duns 25.000 euros. 77 solicitudes foron estudadas, o que supuxo un 12% máis que o ano pasado. En total son beneficiarios deportistas de 20 disciplinas deportivas tan dispares como jiu jitsu, tiro olímpico, ximnasia, atletismo, kung fu, piragüismo ou hípica, entre outras.
Marta Míguez toma posesión Redacción Marta Míguez vén de xurar o cargo como Secretaria xeral para o Deporte. A ourensá substitúe no cargo a José Ramón Lete Lasa, que pasa a ser novo presidente do Consello Superior de Deportes. Míguez, ata agora, era coordinadora de actividades deportivas do Conce-
Marta Míguez. llo de Ourense. Na súa carreira deportiva foi olímpica en Sidney na disciplina atlética de xavelina. Desde xa será a maxima responsable do deporte galego.
A Deputación de Ourense convoca as axudas ao Deporte 2017 4 Estas están destinadas a clubs, deportistas, concellos, entidades e torneos. Redacción A Deputación de Ourense destina un presuposto total de 640.000 euros para as diferentes modalidades. As bases cos requisitos para poder concorrer ás mesmas- xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP). Clubs Para os clubs o prazo máximo para presentar as solicitudes rematará o 20 de decembro de 2016. O importe máximo será de 24.000 euros. Deportistas Os beneficiarios destas axudas son as persoas físicas que sexan deportistas federados, de categoría de base ata absoluta, e exclusivamente de mo-
dalidades deportivas individuais, de nacionalidade española ou residentes legais en España. O prazo para solicitar estas axudas remata o 20 de decembro de 2016. Cooperación cos concellos A Deputación tamén establece axudas a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades físico-deportivas 2017. Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos ourensáns de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades de municipios da provincia de Ourense. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 28 de febreiro de 2017. Entidades deportivas O BOP tamén publicou
Acto de entrega das axudas a deportistas do ano 2014.
as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos 2017. O prazo de presentación de solicitudes ten dous períodos, o primeiro ata o 28 de febreiro de 2017 e; o segundo, desde o 1 de xuño ata o 30 de xullo de 2017. Copas Deputación O programa de Copas Deputación 2017, de gran tradición na provincia, trata de garantir a continuidade de determinadas competicións deportivas amateur. Nalgúns casos son a única actividade regulada que se organiza na provincia para determinadas disciplinas deportivas. As solicitudes pódense presentar ata o 20 de decembro de 2016.
Algunhas das solicitudes de axudas rematan o 20 de decembro deste ano
Resultados de taekwondo Redacción
Os deportistas do Club Couto de Ourense lograron grandes resultados no Open Vila de Moaña. Así, María González colgouse o ouro en -49 kg júnior, o mesmo que María Ferreiro (-37 kg cadete) e Ainoha García (-51 kg cadete). Sandra Senra foi prata en máis de 73 quilos sénior e Fátima Martínez, bronce en -63 kg júnior. Na competición técnica, Ainoha García acadou o ouro en alevín; Alejandro Feijóo, a prata en prebenxamín; Brais Sánchez, prata en benxamín e bronce en precadete (-30 kg) en combate e Esperanza Fernández foi prata en máster 1 de técnica. Tamén, Andrés Freijeiro logrou o ouro en freestyle adulto. Copa Xunta Na Copa Xunta de Galicia de técnica o club ourensán acadou 20 medallas. O torneo disputouse no Carballiño e participaron catro clubs da provincia: Taebek, Olimpia, Trabazos e Couto. Por parte do Club Couto, as oito medallas de ouro foron para Ainoha García, Ismael Fernández, Alda Rey, Andrés Freijeiro, Carla Padrón, Manuel Ramos, Ana Ferreiro e Gabriel Vázquez). Conseguiron ademais catro pratas e oito bronces máis.
ACTUALIDADE
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016
15
Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: José Mª Arribas Nº151- Ano: VIII - 9 de decembro de 2016 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
4PRACTICANDO SAÚDE
Como elixir un adestrador persoal O servizo que ofrecen os adestradores persoais está en auxe e é cada vez máis solicitado, só debemos fixarnos nunha sala de adestramento e veremos como son moitas as persoas que recorren a un adestrador persoal. Apenas quedan centros deportivos nos que non se ofreza este servizo, e mesmo cada vez son máis os centros especializados exclusivamente en adestramentos persoais. Xa non é exclusivo de clases sociais altas, deportistas de elite ou profesionais e xa está ao alcance da maioría da poboación. Todos pasamos por determinados momentos da nosa vida deportiva na que contar cun adestrador persoal pódenos resultar moi beneficioso: volver ao deporte tras unha lesión, preparar probas físicas para unhas oposicións, perda de peso, conseguir determinados obxectivos deportivos, comezar a realizar exercicio... son algúns dos casos nos que contar cun bo adestrador pódenos ser de moitísima axuda. Agora ben, nun sector no que existe o problema do intrusismo laboral, debemos saber diferenciar a un bo adestrador e non caer en mans de calquera, a nosa saúde está en xogo. Fixémonos en varios aspectos para saber elixir un bo adestrador persoal: - Formación académica:
É necesario que conte, como mínimo, cunha formación universitaria. Se ademais ten formación complementaria e superior, mellor. Non confiemos demasiado naqueles que conseguiron a formación en cursos de fins de semana. - Experiencia profesional: Como en calquera outro traballo, a experiencia é un punto a favor. Un adestrador con experiencia terá máis recursos e solucións aos problemas cos que se poida atopar e conseguirá os obxectivos dunha maneira máis directa e rápida. - Capacidade de empatía: Un bo adestrador debe ser capaz de porse no lugar do deportista e escoitalo. Debe saber adaptar as clases en función das posibilidades do deportista e elixir os exercicios axeitados, sabendo modificalos se fose necesario. - Ensinar a aprender: O adestrador debe preocuparse de que o deportista aprenda a adestrar correctamente por si só, ensinando a executar correctamente os exercicios, explicando o porqué das rutinas... O adestrador non vai estar toda a vida xunto ao cliente. José Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD, adestrador persoal en ximnasio Trabazos
374 coches vendidos nas dúas citas do Salón do Automóbil 4 O recinto feiral de Expourense recibiu máis de 13.000 visitas sumando as dúas fins de semana. Redacción O 8º Salón do Automóbil celebrado en Expourense nas últimas dúas fins de semana de novembro pechou superando en público e vendas as cifras da edición do ano pasado, que fora o mellor ata o momento. O certame mantivo en exposición 300 vehículos novos e 350 usados, dos que se venderon un total de 374 automóbiles, 233 unidades no Salón do Vehículo Novo e 141 no Salón da Ocasión. No que se refire ao público, entre as dúas fins de semana o recinto feiral de Expourense recibiu unhas 13.000 visitas. Para Gerardo Aragonés, vicepresidente de ACAUTO (Asociación de Concesionarios de automóbiles de Ourense) “a edición de 2015 fora tan boa que tiñamos dúbidas de chegar ás mesmas cifras, agora superado a fin de semana comprobamos que o público respondeu e esta edición foi un éxito”. Coma incentivo para
EN BREVE 4 Enduro na Peroxa O sábado 10 de decembro celebrase o II Enduro A Peroxa 2016, organizado polo Concello de A Peroxa e a Liga Galega de Moto de Campo, ademais do Motoclube A Peroxa. Nesta ocasión estarán os mellores pilotos do momento do enduro galego.
4 Tenis de mesa
Público observando algúns dos vehículos presentes no Salón do Automóbil Novo./R.T. animar aos visitantes a axiliar o proceso de decisión, a organización volveu sortear entre aqueles que pecharon a compra dun vehículo durante o salón, un cheque agasallo por importe de 6.000 euros a descontar no prezo de compra do vehículo adquirido, que lle tocou a Rosario Pérez Ferro, quen mercara un vehículo de ocasión, un Audi 1. Nunha vertente solidaria, o Salón do Automóbil
colaborou este ano con Cáritas, donando cada expositor 15 euros por vehículo vendido, isto é, un total de 5.610 euros. Nesta edición participaron todos os concesionarios da provincia agrupados en ACAUTO, 17 empresas que engloban 26 marcas.
Vendéronse 233 vehículos novos e 141 de ocasión
O Galmédica Ourense lidera a Terceira división nacional de tenis de mesa. Os ourensáns suman 13 puntos tras sete xornadas disputadas. Seis vitorias e un empate é a bagaxe dos ourensáns; tras eles sitúase o Helios Asesoría Serinte, cun punto menos. Esta fin de semana o Galmédica visita o Monte Porreiro Mixilon, nunha boa xornada para seguir sumando. Despois, parón ata o ano que vén.
4 Subvención Letras a la Carta SL, empresa que edita Barrios Deportivo, recibiu unha axuda de 13.311,14 euros, correspondente á Resolución do 18 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se conceden as axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións integramente en galego.
Barrios DEPORTIVO 9 de decembro de 2016