[ Páx. 11]
Entrevista a Rubén González, xogador do Nova Xestión balonmán Ourense FÚTBOL
Páx.3
UD Ourense - Bande, nos cuartos da Copa Deputación
RUGBI
Páx.4
O Campus Ourense Rugby ten na súa man a salvación
BALONCESTO
Páx.5
O COB xoga nesta xornada da LEB Ouro diante do Palma
FÚTBOL SALA Páx.6
NOVAS
Páx.15
Envialia e Cidade están en postos de Copa de España
Inagurada a nova cara do anexo dos Remedios
Febreiro pasado por auga Disputáronse na piscina Rosario Dueñas de Ourense os campionatos galegos de sincronizada e salvamento deportivo./RAMSÉS TORRES.
Número: 154- Ano: IX -24 de febreiro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
4 Axenda deportiva Fútbol
- Día 25 de febreiro. Os Carrís. Barbadás - Choco. 3ª División. - Día 25 de febreiro. O Couto - 17 h-. UD Ourense Bande. Cuartos de final da Copa Deputación. - Día 26 de febreiro. Antonio González - 16:30 h -. Polígono - Atios. Rexional Preferente. - Día 26 de febreiro. O Couto - 16:30h -. Ourense C.F. - Moaña. Rexional Preferente. - Día 26 de febreiro. Velle - 18:30 h-. UD Ourense - O Val. 1ª Galicia feminina. - Día 5 de marzo. Calabagueiros. CD Barco - As Pontes. 3ª División. - Día 5 de marzo. José Arjiz. Verín - Valadares. Rexional Preferente. - Día 5 de marzo. A Tella. Nogueira - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 5 de marzo. Espiñedo. Arenteiro - Cultural Areas. Rexional Preferente. - Día 5 de marzo. Miguel Anxo. Pabellón - Val Miñor. División Honra xuvenil. - Día 5 de marzo. A Queixeira. Atlético Arnoia - UD Ourense. 1ª Galicia.
Baloncesto
- Día 25 de febreiro. Paco Paz - 19 h-. COB Ourense Provincia Termal - Palma. LEB Ouro. - Día 25 de febreiro. Campus de Ourense - 16 h-. Campus Ourense - Seis do Nadal - Coia. 1ª Autonómica Galicia. - Día 25 de febreiro. Carmelitas - 20 h-. Gadasa Carmelitas - Peleteiro. 1ª Autonómica Galicia. - Día 26 de febreiro. Paco Paz - 12 h-. COB B - Chantada. Liga EBA.
Atletismo
- Día 11 de marzo. O Carballiño -7:00 h-. “102 km Carballiño-Santiago”.
Fútbol sala
- Día 4 de marzo. Os Remedios - 17 h -. Cidade das Burgas - Alcorcón. 1ª División. - Día 4 de marzo. Calabagueiros (O Barco) - 16:30 h -. Pizarras Los Tres Cuñados - Zamora. 2ª División B. - Día 5 de marzo. Os Remedios - 12 h -. Sala Ourense - Mosteiro Bembrive. - Día 11 de marzo. Os Remedios - 17 h -. Ourense Envialia - Móstoles. 1ª División. - Día 11 de marzo. Paco Chao (Carballiño) - 17 h -. Carballiño - Ribeira. 3ª División.
Orientación
- Día 25 de febreiro. O Barco - 11:00 h -. Xornada de orientación.
Tiro
- Días 4 e 5 de marzo. Club de tiro Eiroás. XXIX Copa Deputación de tiro olímpico.
Bádminton
-Día 24 de febreiro. Ourense - 9:30 h -. 3ª fase previa de bádminto -XOGADE-.
Sincronizada
- Día 25 de febreiro. Os Remedios - 16:30 h -. Campionato de Galicia de inverno de sincronizada Base IV.
Rugbi
- Día 26 de febreiro. As Lagoas - 12:00 h -. Campus Ourense - Zarautz.
Outros
- Do 27 de febreiro ao 5 de marzo. Manzaneda. Esquiou. - Días 3, 10 e 17 de marzo. Ourense. Curso de iniciación á escalada. - Día 5 de marzo. Muíños -09:30h- Saída formativa iniciación ao ciclismo. - Día 5 de marzo. Nogueira de Ramuín -10:00h- I Ruta cabalar Feira castrexa de Luíntra.
FÚTBOL
Barbadás e Barco buscan asentarse na zona media 4 Os dous conxuntos ourensáns ocupan a décima e décimo terceira posición, respectivamente. Redacción Despois de que nalgunhas xornadas estiveran nos postos altos da clasificación, tanto Barbadás coma Barco buscarán non pasar apuros ata final de tempada; os dous conxuntos ourensáns ocupan a décima e décimo terceira posición, respectivamente. O Barbadás con 36 puntos está a 13 dos postos de promoción e nove máis co descenso. Con 12 xornadas por disputar o equipo azulón non se debe relaxar se non quere pasar apuros. A pasada xornada perdeu ante o líder, o Rápido de Bouzas, por 2 a 1; pero debe esque-
celo e afrontar o futuro con optimismo. A súa seguinte cita é este sábado, que volve a xogar na casa (Os Carrís, 17 horas) ante o Choco, que está a dous puntos dos ourensáns. Barco O Barco estaba chamado a ser un dos equipos
4 O Ourense C.F. e o Nogueira achéganse á promoción. O Arenteiro continúa soñando cun ascenso a Terceira división, que cada vez o ve máis real. Tras 25 xornadas disputadas é segundo con 49 puntos, a dous do primeiro (Cultural Areas) e seis máis co terceiro, o Estradense. Ourense C.F. e Nogueira levan paso firme para estar loitando, alomenos, pola terceira posición, que da dereito a xogar a
O Barbadás xoga este sábado ás 17 horas nos Carris ante o Choco
Partido do Barbadás nos Carrís. /ARQUIVO.
O Arenteiro continúa soñando
Redacción
de arriba nesta tempada. Unha serie de infortunios, en modo de lesións, fixo que mudarán de propósito durante a tempada. Actualmente con 34 puntos teñen moi lonxe aos primeiros espadas (están a 15 puntos de promoción de ascenso) e por detrás apretan os que se están
xogando a salvación; o descenso o teñen a sete puntos (a cinco se contamos un posible arrastre que chegue da 2ª B, e a catros se son dous os galegos que descenden da categoría superior). A xornada pasada lograron unha importante vitoria diante do Alondras (2-1) que deberán refrendar esta fin de semana diante do Castro, equipo que marca o descenso.
promoción de ascenso (os dous primeiros ascenden directamente). Os capita-
linos son quintos con 41 puntos, mentres que os de Luíntra marchan sextos, con 39. Os primeiros tiñan como obxectivo estar loitando cos de arriba, mentres que para os segundos a gran campaña que están realizando os levou a estar comodamente asentados (cando a sua loita era a permanencia).
Partido entre o Verín e o Polígono./VERÍN.
O Arenteiro está a dous puntos do líder Polígono e Verín Os outros dous conxuntos ourensáns seguen afondados no pozo. Despois do partido entre eles da pasada xornada (con vitoria do Polígono no campo do Verín por 1-2), son os do val do Támega os que ocupan a última posición. O Polígono é penúltimo. Teñen a cinco e sete puntos, respectivamente, a salvación. Xornada Esta xornada o Polígono recibe ao Atios e o Ourense C.F. ao Moaña. O Nogueira visita Valadares; o Verín, Porriño e o Arenteiro, Pontellas.
FÚTBOL
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
Un partido con moito entroido 4 UD Ourense e Bande miden as súas forzas nos cuartos de final da Copa. R.T. Este Sábado de Entroido o estadio do Couto acollerá (ás 17 horas) un partido moi atractivo e con moito colorido nas bancadas. Atractivo porque se enfrontan os dous mellores equipos da Primeira Galicia, e con colorido polos das persoas que acudan disfrazadas ao mesmo. Dous equipos que teñen moi encarrilado o ascenso a Rexional Preferente (obxectivo dos dous clubs) e que teñen na Copa un incentivo extra. Ourense first Desde a UD Ourense animaron a acudir ao partido mediante un spot. No mesmo, como non podía ser doutro xeito, o Entroido está presente. Afeccionados vitorean a un “Donald Tromp” (a caracterización correu a cargo do xogador dos Chaos, Cristian) que incita a acudir ao partido. O anuncio pódese visualizar en varias redes sociais; e xa conta cunhas 6.000 visualizacións. O club agasallará cunha
Fran Martínez regateando a un rival do Francelos./RAMSÉS. Partido de Liga entre Bande e Ourense. rifa a todos os que vaian ao encontro disfrazados. Sortearase un bono de fin de semana de Caldaria, unha cesta con produtos do Entroido e unha caixa de botellas de viño. Homenaxe Antes de que rode o balón faráselle unha homenaxe ao equipo cadete do Ourense A, polo seu ascenso, e ao xogador do Allariz, Cristian, que está a atravesar un momento delicado por culpa dunha enfermidade.
Encarrilado o ascenso, UD Ourense e Bande teñen un aliciente extra na Copa
A UD Ourense solventou o partido no primeiro tercio 4 En 25 minutos os de Antonio Dacosta xa mandaban no marcador por 3-0. R. Torres Despois do apuro da pasada semana, e de varias máis, a Unión Deportiva Ourense solventou o partido contra o Francelos en 25 minutos. E iso que poderíase estar falando doutra cousa se os visitantes houberan tido máis fortuna nese inicio de encontro. As accións do Francelos, claras diante de Samuel, non viron a rede rival, porén, os dous primeiros goles locais contaron coa sorte
do seu lado. No primeiro, Fran Martínez tivo a axuda dun defensa que desviou o balón para que non chegara aos dominios do porteiro Changui. No segundo Aitor lanzou
e o balón golpeu primeiro nun rival, despois no pao e finalmente nas costas do porteiro para rematar entrando na portaría. O terceiro foi un golazo de Marcos Sotelo, que
Marcos Sotelo na xogada do seu gol ante o Francelos. /RAMSÉS.
cabalgou ata a área rival desde campo propio para lograr o tanto. E así remataría a primeira metade, cunha UD que encarrilaba o encontro e un Francelos que viña para coller unha inxección de moral, pero que non ía por bo camiño. Na reanudación, os unionistas dedicáronse a contemporizar o partido e a buscar as súas opcións á contra para ampliar aínda máis a vantaxe. Hugo fixo subir o cuarto cun gran remate desde a área. Puideron ser máis, pero nin Unai, en dúas ocasións, nin Rubén Durán estiveron acertados diante do porteiro rival. Clasificación Esta vitoria permite aos de Dacosta manterse a dous puntos do Bande, que goleou (4-0) ao Peroxa. O terceiro é un Velle que está a 13 puntos dos unionistas. Bande Esta fin de semana non hai Liga pero si un atractivo UD Ourense – Bande nos cuartos de final da Copa Deputación. O encontro terá lugar o sábado 25 a partir das 17 horas.
Copa Deputación: UD Ourense - Bande, este sábado 25 ás 17 horas no estadio do Couto
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
RUGBI
A salvación, na man 4 O Campus Ourense Rugby ten moi preto a permanencia. R. Torres O Campus Ourense Rugby debutaba este ano na División de Honra B coa intención de pelexar cada partido para ir logrando vitorias que o levasen á salvación. A permanencia era o único
e claro obxectivo dunha plantilla que era consciente do moito que ía sufrir ao longo da tempada. E si sufriu, pero o crecemento como equipo, unido á reincorporación do australiano Andy, fixo que o equipo vira a salvación cada vez máis preto. De
tan preto, que a ten practicamente no peto. O Campus Ourese foi de menos a máis durante o curso. Un equipo que se facía forte nas Lagoas como local e que non era quen de sacar algo positivo nos seus desprazamentos. Pero coforme pasaban
O conxunto ourensán mídese este domingo 26 ao Babyauto Zarautz./RAMSÉS.
O Campus Ourense fixo das Lagoas un fortín./RAMSÉS. as xornadas os ourensáns medraban cada vez máis, e o que era un imposible ao principio, pouco a pouco, a base de sacrificio foise convertendo en realidade. E xa non lograban soamente puntuar como locais, tamén o facían como visitantes. Isto supuxo que foran escalando posicións ata chegar á quinta posición que ocupan a falta de catro xornadas. Ademais, son o mellor conxunto galego da Liga con seis puntos de vantaxe con respecto ao CRAT Coruña e 10 co Kaleido Universidade de Vigo. O Campus ten 50.
Catro xornadas O equipo adestrado por David Monreal ten un partido aprazado ao que hai que sumarlle as catro xornadas que restan para que finalice a Liga. O primeiro deses choques será este mesmo domingo, a partir das 12 da mañá no campo das Lagoas. O rival será o Babyauto Zarautz, terceiro clasificado. Resto de equipos Pola súa banda, o equipo feminino venceu a domicilio ao outro equipo universitario de Vigo, Kaleido Universidade Vigo, polo
resultado de 10 a 19. Nas categorías inferiores enfrontábanse os sub 18 e os sub 14 a Os Ingleses nas instalacións do campus universitario ourensán. Os sub 18 caeron derrotados por 5 a 55. Os sub 14 venceron esta vez a Os Ingleses por un contundente 71 a 20.
O conxunto feminino venceu ao Kaleido Universidade de Vigo, por 10 a 19
BALONCESTO
COB-Palma este sábado no Paco Paz a partir das 19 horas a entrar na promoción de ascenso. A pesar de todo, as urxencias nesta xornada son máis grandes para o conxunto isleño. Christian Díaz, no partido contra Leyma Coruña./RAMSÉS.
O COB pode librarse dun rival directo 4 De vencer ao Palma desfaríase dun claro contrincante na loita por entrar en playoff. R. Torres O partido deste sábado non será un máis. Club Ourense Baloncesto e Palma enfrontaranse a partir das sete da tarde no Pazo
dos Deportes Paco Paz na 25ª xornada da LEB Ouro. En caso de gañar o COB terían un rival menos na disputa por entrar no playoff de ascenso á
ACB. Despois de vencer no partido da primeira volta cunha renta de 12 puntos (tras unha prórroga), acadala vitoria este sábado suporía deixar aos de Mallorca a tres vitorias máis o average. Distancia practicamente insalvable nas nove xornadas que restarían por disputar. Pola contra, unha vitoria do Palma faría recurtar a distancia entre ourensáns e malloquines a unha soa vitoria. En definitiva, un encontro que pode clarificar o futuro dos homes de Gonzalo García de Vitoria de cara
Palma Se pretendía loitar por conseguir o título, terase que conformar con pelexar ata o final para entrar no playoff de ascenso. O Palma conta cunha gran plantilla que por diversos motivos non está nas posicións que todos agardaban ao inicio de curso. Sancionados no verán, non puideron contar cos xogadores americanos que tiñan firmados. A este pao hai que engadir as numerosas lesións dos seus xogadores, non puidendo ter a toda plantilla a disposición do adestrador en moitas das xornadas. Aínda así, o Palma conta cun gran equipo. Asier
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
Zengotitabengoa, Mikel Úriz, Carles Bivia e Ben Mockford son os nomes propios do equipo. Ben secundados por Grabauskas, Fornás Medori, ou os ex xogadores do COB, Serrano, Vicens e Frutos. COB B O Calidus Gallego -COB B- ocupa a terceira posición na Liga EBA a unha soa vitoria dos dous primeiros clasificados (Chantada e León). O equipo dirixido por
Partido entre o COB B e o Lugo no Pazo./RAMSÉS.
Juan Norat leva 13 partidos gañados en 17 xornadas, cunha racha de tres partidos consecutivos logrando a vitoria. A última, a domicilio diante da Flecha por 69 a 74. Esta semana recibe ao líder, Chantada no Paco Paz o domingo a partir das 12 da mañá. No partido da primeira volta, o conxunto ourensán caera por cinco puntos de diferenza (5752). Primeira autonómica feminina Na Primeira autonómica feminina dispútase esta fin de semana a última xornada da Liga regular desta tempada. Carmelitas e Campus ocupan a segunda e terceira posición respectivamente, os dous con seis vitorias. Nesta última xornadas o Campus recibe no pavillón universitario ao líder, Coia (sábado, 16 horas), mentres que o Carmelitas se enfronta ao Peleteiro (sábado, 20 horas, no polideportivo Vedruna).
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
FÚTBOL SALA
EN BREVE
Bea Seijas novamente facía o quinto na reanudación e Sara Moreno, de penalti, poñía o definitivo 6-1. Tres puntos que deixan ao Envialia na quinta posición pero a dous puntos do cuarto, o Burela que empatou a dous co Alcorcón. A vindeira semana as ourensás visitan ao Leganés.
4 Tiro olímpico O Club de Tiro Eiroás organizau o Torneo San Sebastián de tiro olímpico. O tirador Juan Carlos Ferreño foi o gran protagonista ao vencer en dúas modalidades: F Class e Pistola Standard. En veteráns venceu Enrique Castro e en veterán sénior, Arturo Rodríguez foi o gañador.
4 Escalada O Club Alpino Ourensán organiza un curso de iniciación á escalada. Serán os días 3, 10 e 17 de marzo. O prezo é de 15 euros para socios do club e para non socios, 10 euros de cuota de alta do club máis 15 polo curso de escalada. Os que non estéan federados deberán pagar 18 euros máis de seguro. Máis información na web do club.
4 Ultrafondo O sábado 11 de marzo celébrase a proba de ultrafondo que une O Carballiño con Santiago de Compostela. Serán 102 quilómetros de percorrido para todo aquel que se anime. As inscricións están abertas en championchipnorte.com.
4 Ciclismo O domingo 5 de marzo, na Serra do Xurés, realizarase unha saída formativa con bicicleta de montaña para coñecer o Centro BTT Serra do Xurés, Curso Básico de condución, mecánica e interpretación de rutas.
Lucía Gómez controlando o balón ante a presenza da súa compañeira Nere./RAMSÉS.
Goleada do Envialia 4 Pola súa banda, o Cidade estivo a piques de dar a sorpresa. R. Torres Esta xornada, a número 18 de Primeira división, deixou a goleada do Ourense Envialia diante do Txantrea e a un Cidade das Burgas ás portas de dar a sorpresa diante do lìder. O Envialia gañou por 6 a 1 a un Txantrea que apenas inquedou ás pupilas de Chipi. Tardou en chegar o primeiro, pero unha vez que subiu ao marcador os demais goles foron caendo. Aos 10 minutos, Luci inaguraba o electrónico
Na vindeira xornada o Cidade recibe ao Alcorcón de Ana Rivera e Vanessa Sotelo
de tiro raso. Os dous seguintes goles nun minuto de tempo e de estratexia. Rosángela á saída dun saque de banda e Antía tras rematar un córner facía o
tres a cero. Mai Garde recurtaba distancia, pero as locais deseguido responderon co gol de Bea Seijas. 4-1 e para vestiarios.
Cidade As Burgas Un mal inicio das de Codeso privoulles de dar a sorpresa en La Estación diante do Futsi. Marta Pelegrín adiantaba ás locais no primeiro minuto despois de que Ana Lastra parara dous balón (co terceiro xa non puido). Para colmo de males, dous minutos máis tarde, Ju Delgado se aproveitaba dun lanzamento de Ari para colocar o 2-0 no marcador. No resto da primeira metade viuse a un Cidade das Burgas con sensación de que, pouco a pouco, collíalle o pulo ao partido. Porén, antes do descanso, Amelia Romero facía o
terceiro. Na segunda parte, co Cidade máis volcado en nivelar a contenda, Candela lograba o 3-1 ao batir a Estela no man a man. O partido entraba nunha fase de pasarrúas. Clara, a falta de seis minutos deixaba a diferenza nun gol (3-2) ao aproveitar un rexeite a tiro de Candela. Aínda que as visitantes o intentaron, o marcador non se movería e os tres puntos que se quedaban en Madrid. O Futsi suma 18 vitorias consecutivas. O Cidade continúa na oitava posición con 25 puntos. Este sábado recibe nos Remedios ao Alcorcón de Vanessa Sotelo e Ana Rivera. Clasificación En canto á clasificación, está comandada polo Futsi que conta os seus encontros por vitorias e xa suma 54 puntos. Na segunda posición está o Universidad de Alicante con 46 e Alcorcón é terceiro, con 40, e o Burela, cuarto con 37.
4 Galicia VS Cataluña
Lucía Gómez controlando o balón ante a presenza da súa compañeira Nere./RAMSÉS.
O complexo deportivo de Santa Isabel -Santiago de Compostela- acollerá o vindeiro 7 de marzo, a partir das 20:30 horas, o partido amigable de fútbol sala entre as seleccións de Galicia e Cataluña. Na convocatoria estarán as ourensás Bea Seijas, Andrea “Spi” e Marta Figueirido -do Envialia-; Iria Saeta, Ana Lastra e Sonia Pacios -do Cidade- e Vanessa Sotelo e Ana Rivera -do Alcorcón-.
FÚTBOL SALA / SINCRONIZADA
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
NATACIÓN sincronizada
As infantís do Sincro Ourense dominan Galicia 4 Suman un primeiro, dous segundos e un terceiro posto tras dúas xornadas de Liga. Redacción Allariz nun partido do Sala Ourense./RAMSÉS.
O Sala Ourense cae ante o Estradense 4 No peor partido do ano. R.T.
Ourense lograría tres.
O peor partido do Sala Ourense chegou no peor momento. Xogabase moito na pista do Estradense, o seu perseguidor máis próximo na táboa clasificatoria. Os locais entraron no partido mentalizados polo que se xogaban, e ao minuto xa dominaban o marcador. A forte presión do rival era imposible de superar para os de Kike García. As perdas convertíanse en goles e o técnico buscaba solucións, pero estas non chegaban. Os ourensáns estaban irrecoñecibles no parquet. Faltos desa agresividade que lles caracteriza vían como os goles caían en contra dun en un ata sumar 10. Pola súa banda, o Sala
Vindeira cita O Sala Ourense recibe o domingo 5 de marzo ao Bembrive na cancha central dos Remedios a partir das 12 horas. A próxima semana non hai liga.
A piscina Frigsa de Lugo acolleu -a mediados de mes- a segunda xornada da liga galega de figuras de natación sincronizada á que o club Ourense acudiu coas súas 29 nadadoras de nivel pertencentes as tres categorías en competición. Tratábase dunha competición de figuras individuais. Foi en categoría infantil onde o dominio das ourensás foi máis claro. Así, seis das súas nadadoras coparon os oito primeiros postos da clasificación xeral tras a
suma dos resultados das dúas primeiras xornadas de liga. Así, Lola Carracedo ocupa a primeira posición; Ana Moyano é terceira; Lucía Villar, cuarta; Claudia Bande, sexta; Candela Rodríguez, sétima; Rebeca Ruíz, oitava; María González; 14ª; Rocío Blanco, 22ª; Sabela Guevara, 27ª; Erea Acevedo, 37ª; Iria Guevara, 50ª; e María Isabel del Olmo, 55ª dun total de 67 participantes nesta categoría. Alevín e júnior Trala suma das notas das dúas primeiras xornadas, as ourensás tamén están situadas en postos
destacados. Antía Touriño ocupa a cuarta posición; Blanca Moyano é sexta; Eva Rodríguez, oitava; Antía Blanco, 12ª; Iris Carid, 13ª; Lucía Pousa, 22ª; Ronsel Luís Ojea, 24ª; Iría Fernández, 25ª; Cristal Daniela Mota, 29ª; e Lea Pulido, 37ª; dun total de 43 participantes. En canto á categoría júnior, os postos obtidos nesta segunda xornada polas nadadoras do Sincro Ourense foron: Lola Carracedo 2ª, Claudia Bande 4ª, Rebeca Ruíz 6ª, Lucía Villar 7ª e Candela Rodríguez, oitava. Xuvenís E por último, en xuvenil,
con 43 nadadoras participantes, a mellor ourensá clasificada foi Lara Doval, que marcha sexta na suma das dúas xornadas de liga. Laura Bernardo é 11ª, Elena Moyano, 16ª; Xiana Otero, 21ª; Marta Vilariño, 24ª; María Cid, 27ª e Paula Vilariño, 33ª. Esta segunda xornada supón o ecuador da Liga de figuras, pois a mesma consta de catro xornadas. Tralas dúas primeiras xornadas as expectativas das ourensás de alcanzar varios podios na clasificación final da devandita liga son reais. Base IV Este sábado -pola tarde- a Rosario Dueñas de Ourense acolle o galego de inverno de base IV.
A falta de dúas xornadas na Liga de figuras hai ourensás con opcións de podio
Carballiño O Carballiño venceu na casa por 5-1 ao Coruña e sae da última posición. Na próxima xornada enfróntase ao Superti A Pontenova.
Esta fin de semana párase a competición O Carballiño sae da última posición
Compoñentes do Sincro Ourense na segunda xornada da Liga de figuras disputada en Lugo.
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
NATACIÓN SINCRONIZADA
Espectacular exercicio dun grupo de sincronizada no Campionato de Galicia disputado en Ourense. /RAMSÉS.
Deporte de auga ou de aire?
4 Espectacular xornada do Campionato de Galicia de natación sincronizada que se disputou na piscina Rosario Dueñas de Ourense. R. Torres Espectacular xornada do Campionato de Galicia de sincronizada a que tivo lugar en Ourense este sábado 18 de febreiro.
Acrobacias e exercicios imposibles dunhas deportistas ás que se lle notaron as moitas horas e horas de adestramento. As bancadas estiveron ateigadas de afeccionados que gozaron
Exercicio realizado por un grupo de categoría júnior-absoluto do galedo de sincro. /RAMSÉS.
duns exercicios moi elaborados. No que se refire á competición, o Sincro Ourense -club que fixo de anfitriónlogrou grandes resultados. As ourensás foron prata en alevín, ouro en infantil e júnior-absoluto, ademais de acadar o título ao mellor club do campionato. Máis de 150 deportistas se deron cita neste evento no que participaron sete clubs con nadadoras en categoría Nivel, o que permite participar en campionatos de España; as ourensás participaron con 29 nadadoras despois de pasar unha proba de selección. Xunto ao Sincro Ourense participaron o Real Club Náutico de Vigo, o Sincro Pontevedra, Sincro Rías Baixas de Vigo, Galaico Sincro de Pontevedra, Sincro Ferrol e Portamiñá de Lugo. A competición consistiu nunha proba de rutinas combinadas (Combos) formados por entre catro e dez nadadoras e desenvolveuse en tres categorías: alevín (menores de 12 anos), infantil (12 a 15 anos) e júnior-absoluta que inclúe a nenas de 14 anos en diante.
Resultados En categoría alevín, o Galaico Sincro proclamouse campión galego sendo o Sincro Ourense (formado por Eva Rodríguez, Antía Touriño, Crista Daniela Mota, Blanca Moyano, Iris Carid, Lía Pulido, Iria Fernández, Lucía Pousa, Antía Blanco e Estela Luisa Ojea, adestradas por Beatriz Montes) subcampión. O Real Club Náutico de Vigo rematou terceiro.
En infantís, o Sincro Ourense (Candela Rodríguez, Lola Carracedo, Ana Moyano, Rebeca Ruíz, Iria Guevara, Lucía Villar, Claudia Bande, Rocío Blanco, María González, Erea Lamas, Sabela Guevara e María Isabel Do Olmo, adestradas por Elvira López) alzouse co título, seguidas de Galaico Sincro e Real Club Náutico de Vigo, segundas e terceiras, respectivamente. As ourensás co seu exerci-
O grupo júnior de Ourense durante a rutina.
cio “Moulin rouge” puxo en pé ao público acadando 73 puntos, nota máis alta alcanzada na historia nun Campionato de Galicia e que as colocou a case nove puntos de vantaxe do segundo clasificado. As últimas participacións foron os dos grupos júnior-absoluto. A rutina das ourensás cunha execución e sincronización casi perfecta levounas a acadar o título. A puntuación foi superior aos 75 puntos, novo récord galego de puntuación. Na segunda posición remataría o Galaico Sincro e o Portamiñá de Lugo foi terceiro. As júnior do Sincro Ourense son Lara Doval, María Cid, Paula Vilariño, Xiana Otero, Laura Bernardo, Elena Moyano, Lucía Villar, Claudia Bande, Candela Rodríguez, Lola Carracedo, Ana Moyano, Rebeca Ruíz e Candela Rodríguez, preparadas por Elvira López. Mellor club galego Tamén se entregou o trofeo ao mellor club galego de inverno que recaeu nas mans do Sincro Ourense.
O Sincro Ourense logrou dous ouros (infantil e júnior-absoluto) unha prata (alevín) e o título de mellor club do campionato
SALVAMENTO DEPORTIVO
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
ámbolos dous do Club Salvour, en categoría máster de menos de 45 anos; e en máster de máis de 45, Elena Gómez Sueiras, do Sas e Andrés Fernández Fernández, do Sasa.
O Club Salvour de Ourense festexando o seu título galego.
El Club Salvour, mellor equipo galego máster 4 O Umia foi o vencedor absoluto. R.T. O Club Salvour, anfitrión do Campionato de Galicia de salvamento e socorrismo deportivo, proclamouse campión na categoría máster. O equipo Umia (de Caldas de Rei) foi o vencedor absoluto, seguido do Salvamento Sasa (de Sada),
e o Salvamento Arteixo (terceiro). Por categorías, o Sasa foi o primeiro equipo xuvenil; o Sysca de Carballo, en júnior; o Umia, en sénior; e o Salvour, en máster. En canto aos deportistas vencedores, sumando os puntos das diferentes probas foron: en xuvenil, Noelia Loureiro Serrano
Saída dunha das probas de arrastre con manequín./RAMSÉS.
del SAL (Laracha) e José María Villaverde Campos do Sapo (Pontevedra); en júnior Paula Agra Neira, do Sasa e Víctor Paz Soage, do Arteixo; Antía García Silva (actual campioa do mundo), do Umia e Iván Lobelle González, do SAL e en sénior; Silvia Fernández López e Jesús Carlos Quintas Barros,
Récords galegos Durante os dous días de competición (tres xornadas) varios foron os récords galegos que se batiron. Ademais lográronse numerosas mínimas para participar nos campionatos de España que se celebrarán a finais deste mes en Castellón. En total participaron 11 clubs e preto de 250 deportistas que se deron cita na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal dos Remedios. Unhas 600 persoas estiveron presentes nas gradas. Os ourensáns No que se refire a representación ourensá (todos eles do Salvour), ademais do campionato galego en categoría máster houbo varios podios a nivel individual. Silvia Fernández e Jesús Quintas foron os mellores deportistas máster -45. Ademais, as xuvenís Eva Espinosa e Silvia Quintela quedáronse ás portas de colgarse unha medalla. En júnior, Noel Quiroga foi prata en 200 metros obstáculos e Andrea Bello acadou un bronce. A choiva de metais chegou coa categoría máster. Jesús Carlos Quintas colgouse oito medallas (cinco individuais e tres de relevos), a maioría de ouro. Roberto Naranjo, sete medallas destacando a vitoria nos 200 obstáculos +45 y 100 socorrista. Julio Iglesias Fernández,
Paredes, no comezo dunha proba./RAMSÉS. catro medallas demostrando ser o máster máis rápido impoñéndose na proba máis curta do calendario (50 arrastre de manequín). Marcos Estévez fixo dous ouros e dúas pratas. E José Manuel Paredes un ouro e dúas pratas. En féminas máster destacaron Silvia Fernández
López con catro ouros e unha prata; María López, con tres ouros e Marta Estévez, dous ouros. Nesta categoría de máster o Salvour demostrou ser o máis potente seguido moi de preto polo Salvamento Sapo (Pontevedra), con quen pelexou polo título, e co Salvamento Sasa (Sada).
Participaron 250 deportistas de 11 clubs galegos e unhas 600 persoas asistiron como público
Dous compoñentes do Salvour en plena proba./RAMSÉS.
10
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
DEPORTES ACUÁTICOS
Eva Feijoo, cuarta no nacional de salvamento 4 Na proba de 200 metros obstáculos. Redacción Tres ourensás do Club Salvour participaron a pasada fin de semana no Campionato de España de salvamento e socorrismo deportivo en augas pechadas. O campionato era para nadadores infantís e cadete, aínda que as tres participaron na categoría cadete. Ata Don Benito
(Badajoz) se desprazou a expedición para participar no evento. En canto aos resultados, Eva Feijoo logrou establecer un novo récord galego nos 200 metros obstáculos cunha marca de 2 minutos, 26 segundos e 50 centésimas, mellorando en máis de cinco segundos o récord anterior esta-
blecido no mes de xaneiro, no galego, por Marta Troitiño do club Salvamento Umia. Ademais, Eva quedouse a un chanzo do podio ao rematar na cuarta praza. Eva Espinosa participou en tres probas sendo 32ª nos 200 metros obstáculos; 17ª, en 50 arrastre de manequín e o posto 14 en 100 metros combinada (nesta logrou batir, en dous segundos, o seu propio récord galego logrado en Carballo). Pola súa banda, Aldara Estévez foi 15ª nos 200 metros obstáculos. Por equipos, o club rematou nunha meritoria 17ª posición. O mellor club de España nas dúas categorías foi o Alcarreño de Salvamento e So-
corrismo. En canto aos galegos o mellor infantil foi o Club Salvamento Sada – SASA, 12º e en cadete o Club Acuático Umia, 13º.
Eva Espinosa, Eva Feijoo e Aldara Estévez.
Bo papel de Marcos García coa selección galega 4 Foi parte da selección no Campionato de España por comunidades. Redacción Varios foron os frontes, durante este mes, nos que houbo representación do Club Natación Pabellón Ourense. O Campionato de España por Comunidades Autonómas, finalizou cun quinto posto de Galicia. Como integrante da mesma atopábase Marcos García. O ourensán puxo o seu granito de area para achegar os máximos puntos posibles á selección nas probas que disputou. A nivel individual mellorou a súa marca nos 100 m. libre e completou unhas magníficas postas nas substitucións nos que o seleccionador confiou nel. Por outra banda, na fase final do “nada - corre”, Alexandre Álvarez proclamouse subcampión galego da categoría infantil. Destacar que a vitoria se lle escapou por moi pouco xa que quedou a só dúas décimas do ouro. Sen dúbida un gran éxito para o
CNPO neste segundo ano de vida da sección de tríatlon. Neste mes tamén se disputou o Torneo ADAN en Santiago, onde as categorías superiores do Pabellón Ourense desempeñaron un bo papel en canto a marcas refírese e sen dúbida axudará ao seu técnico, Daniel Toro, a despexar dúbidas de cara ao campionato galego infantil e júnior para a vindeira semana. En Monforte, os alevíns e benxamíns nadaron a súa correspondente xornada da liga de idades na que destacou o dominio pavillonista en boa parte das probas. Para os alevíns era a última ocasión para sumarse aos doce nadadores clasificados para a disputa da copa galega alevín. Destacaron as mínimas de Nerea Civeira ou Uxía Campos en mozas, e Brais Fernández en mozos.
Eva Feijoo -en 200 metros obstáculos- e Eva Espinosa -en 100 metros combinada- estableceron un novo récord de Galicia
Cristina García Colomo.
Cinco medallas en cinco probas para Cristina Colomo 4 No Campionato de España de natación máster. Redacción
botín desta nadadora.
A nadadora Cristina García Colomo foi a única representante do Club Natación Pabellón Ourense que participou no Campionato de España de natación máster, que se celebrou en Palma de Mallorca entre o 2 e o 5 de febreiro. A ourensá acadou un total de cinco medallas nas cinco probas que disputou. Dous ouros, en 200 estilos e 200 libres e tres pratas, en 400, 800 libres e 400 estilos foi o gran
Festival de estilos Días despois, García Colomo estaba en Vigo, xunto aos seus compañeiros (Manuel Gómez Sousa, Manuel García Colomo e Ángel Blanco Pérez) participando do Festival de estilos. Cristina Colomo proclamouse campioa absoluta en dúas das tres probas celebradas. Os outros tres compoñentes da expedición lograron rebaixar as súas marcas nas probas que disputaron.
ENTREVISTA
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
ENTREVISTA A rubén gonzález, porteiro do nova xestión balonmán
“O meu ídolo foi David Barrufet, e agora mesmo, Silvia Navarro, que é unha crack, e Rodrigo Corrales” 4 O porteiro está a ser unha das sensacións en Primeira Autonómica ao levar varios penaltis parados. Carlos Domarco Recíbenos no recén remodelado anexo dos Remedios, xa listo para un novo adestramento e cunha pelota na man que xa non soltaría, inseparables. Sempre cun sorriso e disposto a axudarche en todo para que todo vaia perfecto. Así é Rubén González, porteiro do equipo de balonmán Nova Xestión Pavillón Ourense. Este “mecánico” do balonmán leva toda unha vida no club e agora ademais exerce de adestrador dos equipos benxamíns e alevíns do Vistahermosa. Faceta esta de adestrador que lle apaixona, como demostra a súa achega de monitor nos Campus Davor Cutura. Rubén é neste momento un referente do balonmán ourensán e galego, e se segue por este camiño chegará onde se propoña. Como foron os teus comezos? R.G.: “Pois a verdade, empecei a practicar este deporte, porque no colexio no que eu estaba só había fútbol sala, e non me gustaba moito. Introducinme só (risas) por probar”. Quen era o ídolo deportivo que marcou a túa infancia? E o de agora? R.G.: “David Barrufet, e agora mesmo, Silvia Navarro, que é unha crack, e Rodrigo Corrales”.
“O meu mellor recordo deportivo foi poder ir coa selección galega cadete ao torneo de Villablino”
par de erros seguidos cústame volver entrar no partido. Pero os meus compañeiros, o adestrador, o delegado, a nosa bancada xa me coñecen, e como saben que me veño abaixo rápido, sempre están aí animándome, para non saír do partido”.
Rubén González no anexo dos Remedios onde xoga os seus partidos como local o Nova Xestión Pavillón./RAMSÉS.
Levas máis da metade da túa vida no club. Quen che marcou deportivamente? R.G.: “Deportivamente, a persoa que mais me márcou foi Quintana, foi o que me dixo que probase de porteiro, e o primeiro ano que xoguei, foi baixo as súas ordes, e a mellora fóra moi boa. Como non marcaba un gol como xogador, déuseme por probar de porteiro por que ninguén quería (risas). Agora mesmo, a miña relación con el é fabulosa, á parte de por que é o presidente do club, sempre esta aí apoiándonos”. Non tes nin o peso nin a estatura media dun porteiro de balonmán, como suples iso para ser un dos mellores porteiros da categoría ou mesmo de Galicia? R.G.: “(risas) Un dos mellores? ogallá fose así! De Galicia nin de coña! Pois con elasticidade e axilidade, non queda outra. Son rápido e explosivo e teño que xogar esas bazas. Adiantarme aos xogadores, por que se non estou perdido. Acórdome cando era
infantil e cadete, que me dicían de broma, que me puxese dúas sudaderas para aumentar un pouco mais o volume (risas)”. Es monitor nos campus de Davor Cutura e ademais de xogador no Nova Xestión levas as categorías base do Vistahermosa, Que che gusta máis: xogar ou ensinar? R.G.: “As dúas cousas, pero neste momento, se me tivese que decantar seguramente me quedaría ensinando. Gozo moitísimo. Levo catro anos cos benxamíns e alevíns de Vistahermosa e pásomo mellor que eles. Con Davor fun hai dous anos, déronme a oportunidade e foi única. O ano pasado por traballo non puiden ir, pero espero poder volver este verán. Son xente excepcional, e eu aprendo moitísimo con eles, para mín son a miña segunda familia”. Veste nun futuro de adestrador? R.G.: “Encantaríame. Espero ir subindo categorías aos poucos, aínda que aos meus peques non os deixaría”.
Como che axudou o deporte ao teu crecemento persoal? R.G.: “Achegoume disciplina, orde, seriedade, compromiso e a convivir en equipo, que non é fácil”. Inflúe o teu estado emocional no teu rendemento físico? R.G.: “Procuro que non me inflúa, pero é imposible”. Como controlas os pensamentos negativos tras un erro e que non che afecte durante o partido? R.G.: “Cando fago un
Que se nota máis: a calor da bancada ou a presión en contra? R.G.: “A presión en contra, sen dúbida. Aínda que a bancada axuda moito, a pesar de que cando estas concentrado, é o último que escoitas”. É necesario algún ou algúns líderes no vestiario para que un equipo alcance o seu máximo potencial? Quen ten ese rol no teu equipo? R.G.: “Claro que si, sempre fai falta alguén de peso que marque o camiño a seguir, no noso equipo son Fran e Victor”. Sufriches algún tipo de lesión importante? Como se mantén a moral durante a recuperación? R.G.: “Si, algunha lesión tiven. A mais importante foi o ano pasado, que me operei do xeonllo, e xa non me acordaba o que se
Rubén González cos alevíns aos que adestra.
11
sufría desde a bancada. Paseino fatal, quedeime sen unllas eses partidos. A moral, como se pode, é difícil”. Que metodoloxía estás a usar para mellorar a túa técnica? Algunha tecnoloxía especial ou alguén que che axude nesta faceta? R.G.: “Adoito estirar moito e a técnica nos extremos que é o que mais cústame parar. E o adestrador tamén prepara exercicios”. Cal é o teu mellor recordo deportivo? E o peor? R.G.: “O meu mellor recordo deportivo, foi poder ir coa selección galega cadete ao torneo de Villablino, que aínda que era un torneo amigable, para min foi o mellor que me pasou. E o peor, os catro meses que estiven sen poder xogar despois da operación de xeonllo”. Cales son os obxectivos do equipo para esta tempada? Estades onde esperabades? R.G.: “O obxectivo é a permanencia. Estamos moi xustos de persoal, así que creo que ese obxectivo é o primordial. E non sei, quizais non esperabamos estar aí na metade media alta, agora mesmo imos quintos, pero este ano esta moi parella a cousa. Vai ser un final duro, temos un persoal moi xusto, pero creo que achegando todos un pouco, conseguiremos a permanencia sen apuros”.
“O peor, os catro meses parado pola lesión de xeonllo”
12
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
BALONMÁN / VOLEIBOL
O Nova Xestión Balonmán vence no renovado anexo dos Remedios 4 Logrou a vitoria diante do Tui por 29-22. R.T. Volvía o Nova Xestión Balonmán Pavillón ao renovado anexo dos Remedios para medirse ao Tui en partido da Primeira autonómica. Os ourensáns comezaron co bo pé ao vencer por 29-22. Coa premisa de convertir nun fortín a súa cancha de aquí a final de tempada saíron á pista os homes de Diego Lorenzo. O comezo non foi o esperado e os visitantes lograron irse no marcador por 0-3. O técnico meteu en cancha ao porteiro Rubén e pouco a pouco a remontada foi po-
sible. Os locais xa mandaban ao descanso por 13-9 con penalti, incluído, parado polo porteiro. Na segunda metade os ourensáns mantiveron a raia ao rival o que lles valeu para non pasar apuros e sumar unha nova vitoria. Ao final, 22-29 para o Nova Xestión que é quinto con 14 puntos. A vindeira xornada volve a xogar na casa diante do Pontedeume, nunha boa ocasión para volver a sumar os puntos en litixio. Feminino O conxunto feminino presentouse en casa do
líder (Culleredo) con só seis xogadoras. Aínda así, estiveron en partido nos primeiros 30 minutos, ata que lles aguantaron os folgos. Pero a segunda metade foi distinta á primeira e as coruñesas fóronse no marcador ata deixar o resultado final nun abultado 29-14 para as locais. As ourensás remataron a fase regular na sexta posición.
Esta fin de semana recibe ao Pontedeume
Rubén González tentando parar o lanzamento dun rival. /RAMSÉS.
Equipo xuvenil do IES Lagoas.
Voleibol
Catro vitorias en cinco encontros 4 Dos filiais do Club Voleibol San Martiño. Redacción Fin de semana propicio para os intereses dos equipos filiais do CV San Martiño onde catro dos cinco equipos que disputaron encontro lograron a vitoria. No pavillón da Carballeira disputouse o partido de categoría infantil, de 3ª autonómica, entre o IES Lagoas e o Concepción Arenal. Tras un comezo moi igualado os puntos serían para o IES As Lagoas por tres sets a cero convertíndose no novo líder da liga e co pase á seguinte fase no peto. Ata Lugo desprazouse o Dompa Gestión de 2ª autonómica para enfrentarse ao equipo da localidade. Un gran comezo das ourensás fixo que se levaran os dous primei-
ros sets de forma sinxela. Porén, chegaron os erros e o Lugo comezou a crecerse logrando empatar o encontro a dous sets. No definitivo quinto xogo, as visitantes souperon reaccionar levándose a vitoria a terras ourensás. 3-2 para que o Dompa continúe na segunda posición co pase á seguinte fase case asegurado. Ao equipo infantil Guillelme Brown que milita na 2ª división autonómica tocoulle xogar en Boiro. O forte ritmo do conxunto ourensán fíxolle lograr os dous primeiros sets facilmente; o terceiro, aínda que con máis apuros tamén caeu do lado ourensán para levarse a vitoria por 3 a 0. O Guillelme Brown ten asegurada praza para a fase de ascenso. O segundo equipo filial que xoga en 2ª división
autonómica tivo que desprazarse á Pobra de Caramiñal, a enfrontarse ao equipo de Pobra. Non tiveron o seu mellor día, causado en parte polas baixas que arrastrou o equipo. O mal partido realizado levounas a perder por 3-0. A pesar do varapao aínda teñen opcións de ascenso. E para finalizar a xornada, o equipo xuvenil de Terceira división -IES Lagoas- tamén desprazouse ata A Pobra de Caramiñal. O forte ritmo imposto polas ourensáns durante todo o encontro fixo que se levaran a vitoria comodamente cun parcial de tres sets a cero. Ascenso Todos os equipos do CV San Martiño teñen posibilidades de xogar cadansúa fase de ascenso. De aquí a final de tempada verase que equipo entrará na loita por ascender e cal se queda no camiño.
Todos os equipos filiais do CV San Martiño teñen opcións de ascenso
POLIDEPORTIVO
O Galmédica Ourense remata a Liga en Vigo 4 Mídese co Inmobiliaria Navas este sábado 25. Redacción O Galmédica Ourense tenis de mesa de 3ª división nacional xogará este sábado o último partido da fase regular. Os ourensáns visitan ao Inmobiliaria Navas de Vigo coa intención de lograr a vitoria. Diante terá
a un equipo vigués que é sexto con oito puntos, polo que se presume unha vitoria visitante nesta última xornada. O Galmédica é segundo con 22 puntos a dous do líder, Helios Asesoría Serinte. Nesta última xornada se disputan o título, aínda que todo fai indicar que o
fútbol gaélico
Dolorosa derrota do Auriense 4 Do equipo feminino. Redacción O Auriense sufriu un duro revés na súa visita ao campo da Estrada. Enfrontabase ás Irmandinhas, e a pesar de ser un partido moi igualada ao final cederon por 2-11 (17) / 1-07 (10) . As ourensás o tentaron durante todo o partido pero ao final volveron de baleiro de Pontevedra. Unha derrota dolorosa, sobre todo porque xogaban contra un rival directo. O acerto do Auriense cara a portería contraria, estivo limitado pola boa defensa das xogadoras irmandinhas, que apuran as
suas opcións para meterse ainda no grupo de cabeza. As ourensás descólganse das cinco primeiras posicións aínda que con opcións de recuperar o terreo perdido nas nove xornadas que restan para que finalice a liga. Os partidos na casa e o average, vitais neste final de curso para o Auriense de cara a unha clasficación para a rolda Ibérica.
Restan nove xornadas para que finalice a tempada
Unha xogadora do Auriense F.G.
equipo de Bembrive será o campión. Se os ourensáns teñen un fácil desprazamento nesta última xornada, o Helios recibe na casa ao Vincios Lucas Tojal, de Cambados. A pesar de que é terceiro, non ten posibilidades de xogar a fase de ascenso.
fase de ascenso a conforman os oito mellores equipos, os dous primeiros de cada grupo (norte, noroeste, centro e sur). Hotel Chips Narón e Club San Xoán Veteranos, do grupo norte; o Conxo T.M. e AD Zas Ponciano Nieto , do grupo noroeste; Liceo de
Ascenso Unha vez rematada, esta fin de semana, a liga regultar, tocará disputar a fase de ascenso. O Galmédico xunto ao Helios Asesoría Serinte son os dous representantes do grupo sur da Terceira división nacional. Os ourensáns buscarán un ascenso ante os mellores equipos da categoría. Esta
Equipo do Galmédica Ourense tenis de mesa.
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
Noia B e Lalín, do grupo centro; e os citados Helios e Galmédica, do sur.
O Galmédica Ourense disputará a liga de ascenso
13
Alejandro Montero, campión galego Redacción O atleta do Ourense Atletismo, Alejandro Montero, proclamouse campión galego de cross adaptado. Montero non tivo rival e revalidou o título, de campo a través Feddi, acadado o pasado ano. O seu compañeiro de equipo, Ramón, logrou colgarse a medalla de bronce. Este título é testemuña do gran estado de forma no que se encontra o atleta ourensán.
14
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
POLIDEPORTIVO
EN BREVE
4 Taekwondo
Participante da edición do ano pasado.
Inscricións abertas para a OCR Allariz 4 A proba de obstáculos chega á terceira edición. R.T. A terceira edición da carreira de obstáculos OCR Allariz xa ten abertas as inscricións. O 20 de maio é a data sinalada para a celebración desta proba que combina rapidez e forza. A presentación tivo lugar no salón de plenos do Concello de Allariz, onde a concelleira de Deportes, Helena Suárez destacou a importancia da proba, que volverá a contar “coa colaboración do Concello de Allariz para o desenvolvemento da mesma”. Nesta terceira edición mudouse “algunha parte do percorrido” para que os participantes “poidan contar cos espectadores”, explicaba a concelleira. Proba Manuel Blanco, director da proba organizada por Fusión Fitness fixo unha descrición da proba. “Serán 9,5 km con 30 obstáculos”. Ademais “contará con dúas modalidades, unha de élite, clasificatoria para o campionato europeo e que contará con atletas de toda
a xeografía, segundo as normas que estableza a federación”; a outra será de caracter “popular” na que “poderá participar calquera persoa”, indicaba Blanco. A carreira sairá da piscina municipal, pola marxe esquerda do río Arnoia, pasando polo Briñal, o Campo do Seixo e o camping e volverá pola marxe dereita do río ata a piscina. Un percorrido privilexiado “pola Reserva da Biosfera Área de Allariz” explicaba o organizador. Nas instalacións da piscina municipal contarase con servizo de vestiarios e duchas para os participantes. Todos os finalistas recibirán unha medalla e unha camiseta conmemorativa da carreira. As inscricións, abertas xa, deberán facerse en championchipnorte.com.
A proba disputarase o 20 de maio
Integrantes do Marbel no galego de jiu jitsu.
Cinco medallas del Marbel en el Gallego de Jiu Jitsu 4 Tres ouros, unha prata e un bronce. Redacción Cinco medallas leváronse os integrantes do Club Marbel no Campionato de Galicia de jiu jitsu. O torneo disputou a pasada fin de semana na Coruña. Pleno de ourensáns que pisaron podio neste campionato na modalidade de loita. Tamara Silva (+70 quilos), Arturo Julve (-94 quilos) e Tono Fernández (-85 quilos) lograron a medalla de ouro. Rubén Córdoba (-77 quilos), a de prata e Xermán Rodríguez (-85 quilos) a de bronce; todos cun destacado papel na competición. Silva e Fernández obtiveron o billete para o Campionato de España. A estos hai que engadir a Felipe Iglesias (-62 quilos) e a Anita Fernández (-62 quilos), quenes teñen praza reservada por ser medallistas nacionais en 2016. Judo O domingo, 5 de febreiro, disputouse no pavillón
Municipal do Restollal (Santiago de Compostela) o Campionato de Galicia júnior de judo, coa participación de dous judokas do Club Marbel. A ourensá Iria Oleiro tivo unha accidentada traxectoria en -57 quilos. Comezou perdendo contra Andrea Robla (Universidade Santiago). Condeada á repesca, gañou en primeira rolda a Lucía Furtado, tamén do (UDC) e perdeu na loita polo bronce contra Laura Carballeira (Lugo), combate que tiña gañado e deixou escapar por varios erros non forzados. O tamén ourensán Rubén Córdoba comezou con bo pé en -73 quilos masculina, vencendo por Ippon a Óscar Lage (Oleiros). Na rolda de oitavos caeu
contra Ion López Almón (Shiai Coruña). Ademais, catro Mestres do Marbel participaron o mesmo día nun curso de actualización de arbitraxe: Manuel Montero, Felipe Iglesias, Anita Fernández e Oliver Balvís. En canto á Copa Deputación de judo, esta comezou o 11 de febreiro, tendo lugar a primeira xornada no Pazo Paco Paz. Foi a primeira de catro xornadas na que participan 120 judokas.
Silva e Fernández obtiveron billete para o nacional de jiu jitsu
Primeira xornada da Copa Deputación de judo.
A taekwondista ourensá, María González, participou, con tan só 15 anos, no Campionato de Galicia sub 21 (celebrado en Bueu) logrando subirse ao podio. A ourensá logrou a medalla de bronce neste torneo. A xoven deportista apenas puido prepararse nas últimas semanas debido a unha inoportuna lesión, o que lle outorga máis mérito á súa medalla.
4 Hoquei sala O Club Hockey Barrocás logrou a medalla de bronce no Campionato de España de hoquei sala. No partido pola medalla empataron no tempo regulamentario a catro goles. No shoot-out, o porteiro Cuco detén por dúas veces o ataque do xogador rival logrando, deste xeito, conseguir por segundo ano consecutivo a terceira posición no nacional.
4 Atletismo O campionato de España de atletismo en pista cuberta saldouse con tres quintos postos ourensáns. Leticia Gil, José Alfonso Palomanes e Leticia Fernández estiveron preto de subirse ao podio no nacional celebrado en Salamanca. Leticia Gil logrou o récord galego de salto de lonxitude ao saltar 6,22 metros. Palomanes realizou en triplo salto un mellor intento de 15,58 metros. E Fernández rematou na quinta posición nos 1.500 metros, proba na que se impuxo a galega Solange Pereira.
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017
NOVAS
15
Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº154- Ano: IX - 24 de febreiro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
O anexo dos Remedios estrea nova imaxe 4 Un renovado pavimento, bancadas e calefacción para unha pista desta época. O anexo dos Remedios é unha das instalacións con máis horas de uso. /RAMSÉS.
13.000 usuarios das instalacións deportivas 4 Do Consello Municipal de Deportes no ano 2016. Redacción O Consello Municipal de Deportes dálle servizo a 13.147 usuarios na cidade e acada un notable nivel de valoración e fidelización. Máis de 13.000 veciños da cidade utilizaron os servizos e equipamentos deportivos municipais ao longo do ano 2016. Son en total, 7.247 deportistas de 57 clubs e 5.900 persoas abonadas ao Pavillón. Estas cifras reflicten unha penetración social dos servizos municipais dun 12,40%, que resulta superior ao promedio de España (10,20%). Enquisas As enquisas realizadas aos usuarios poñen de manifesto unha alta valoración dos servizos prestados (o 75% das persoas responderon que foron do seu agrado) e tamén de fidelización, xa que o 75% dos usuarios superan os dous anos de estadía. O Consello Municipal dá servizo aos abonados durante 503 horas semanais, incluíndo aperturas dos vasos, spa, cursiños de natación para nenos e adultos, sala de musculación e actividades dirixidas.
Instalacións A instalación máis usada neste recinto é a piscina de 50 metros, con 3.998,50 horas por ano, incluídas as competicións, seguida do anexo, recentemente reformado, con 2.836. 475 nenos e adultos realizaron cursos de actividades acuáticas de iniciación ou perfeccionamento.
Redacción Case tres décadas despois da súa creación o anexo dos Remedios sufre unha remodelación. É un cambio acorde ás necesidades dos usuarios desta pista que tanto necesitaban. As obras tiveron un investimento de 214.397,10 euros e foron executadas pola empresa Mondo Ibérica S.A. A inauguración das reformas da instalación contou co partido de balonmán amigable entre o Nova Xestión Pavillón de Ourense e o Cisne Los Sauces de Pontevedra. Cambios O anexo dos Remedios foi construído en 1989 coas dimensións e características coas que conta na actualidade. Cáse-
que tres décadas despois, cambiouse a superficie de xogo, substituíndo o linóleo asentado sobre taboleiros de madeira por un pavimento deportivo de alta calidade en absorción de golpes, fricción e uniformidade. Cambiáronse as bancadas telescópicas para incluír unhas mecanizadas con asentos individuais de polipropileno, e instalouse un sistema de calefacción para atemperar o recinto evitando as baixas temperaturas que ás veces rexistra o recinto deportivo. O pavimento combinado está composto por dúas capas de contrachapado de madeira, sobre as que se coloca unha superficie de caucho vulcanizado, homologado como FIBA Nivel-1. O sistema susténtase sobre uns tacos elásticos que posibilitan un equilibrio perfecto entre o retor-
no da enerxía, a absorción de impactos, a deformación e os botes de balón. Precisamente a alta absorción de impactos permite a este pavimento ofrecer unha gran protección aos deportistas, reducindo así o risco de lesións. A obra executada ven dar unha nova vida a estas instalacións, unhas das máis utilizadas en Ourense, xa que posibilitan partidos simultáneos de diferentes especialidades. O recinto é utilizado a diario por máis de 300 deportistas de todas as idades. Na zona de xogo, coincidindo coas dimensións dun campo de balonmán e fútbol sala, instaláronse 399 metros de pavimento de cor azul. O perímetro suma outros 460 metros de superficie en cor madeira. A pista pintouse tamén para
Axudas O Consello Municipal tamén concedeu axudas a 66 deportistas individuais, a 78 clubs deportivos de distintas disciplinas e destinou 100.000 euros ao apoio a eventos e manifestacións deportivas. O reto actual -subliñou o alcalde_- é mellorar as instalacións existentes e fomentar a ampliación do tecido asociativo para chegar a máis veciños.
O Consello Municipal da servizo aos abonados durante 503 horas semanais
Inauguración do remodelado anexo dos Remedios./CARLOS DOMARCO.
baloncesto, balonmán, fútbol sala, mini-básquet, dúas pistas de voleibol e outras dúas de bádminton. Instaláronse tapas sobre as zonas de anclaxe onde, en función das necesidades, se encastra o material necesario para practicar diversos deportes. Aproveitamento termal As obras de acondicionamento do anexo dos Remedios completáronse coa renovación do sistema de calefacción baixo cuberta mediante aerotermos, utilizando de novo o calor residual da piscina climatizada anexa. Aproveitouse a alta temperatura das augas termais para facer circular o sobrante da piscina e convertelo en calefacción do pavillón. Tamén se realizaron traballos de acondicionamento, reparación e pintura.
O novo pavimento reduce o risco de lesións pola alta absorción dos impactos
Barrios DEPORTIVO 24 de febreiro de 2017