03 mar 2011 - N30

Page 1

Rafa Sanz, molesto coa actitude da plantilla páx.10 DE DERBI A DERBI

páx.2-4 e 8-9

XIMNASIA

páx.12-13

...o baloncesto

agarda...

O Ponte

vence...

... e os ximnastas deslumbran

Número: 30 - Ano: III - 2 de marzo de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

DERBI DIVISIÓN DE HONRA

Anita deulle os tres puntos ao Ponte Ourense

4 Nun partido vibrante e con moita emoción, foi a verinesa Anita a que deulle os tres puntos a Ponte Ourense e a mantén na loita polo título. Estatísticas Cidade de As Burgas: Nati, Peque, Laura, Iria e Vanesa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Sonia e María Arias. Ponte Ourense: Eva, Bea, Laura, Sarita e Souza (quinteto inicial). Tamén xogaron, Ampi, Marta e Anita. Pavillón Os Remedios. Máis de 800 espectadores. Amonestacións: Con dobre amarela a Iria (36’) no Cidade de As Burgas e con amarela a Ampi no Ponte Ourense. Goles: 0-1, min. 12 Anita

R. Torres Partido vibrante o que enfrontou a Cidade de As Burgas contra o Ponte Ourense na xornada 20ª da División de Honra do fútbol sala feminino no pavillón dos Remedios onde os dous conxuntos xogan os encontros como locais aínda que nesta ocasión tocoulle ser anfitrión ao Cidade de As Burgas. O encontro comezou co respeto mutuo das dúas escuadras e iso que as de Codeso sorprenderon cun plantexamento de ir a polo encontro desde o primeiro minuto, nembargantes o bo

oficio das pontinas fixeron que non inquedaran sobremaneira o marco defendido por Eva quen non tivo moito traballo e que, cando o tivo empregouse como a boa porteira que é. Quen si tivo que aportar un plus foi a súa homónima do Cidade, Nati Pacios, que tivo que facer paradas de mérito para que o marcador non se movera. No minuto 12 da primeira parte, Anita marcaría de tiro raso e desde fóra do área, logo dunha xogada moi elaborada por parte das visitantes, ao que Nati non tivo nada que facer. Tralo gol, as locais tentarían o

empate sen apenas ocasións e con pouca fortuna das que dispuxeron. Na outra beira, as de Castillo encontrábanse mellor no campo e Bea Seijas controlaba o tempo do partido moi ben secundada por Laura; Ampi recén saída da súa lesión non foi a Ampi doutras ocasións, aínda que Vanesa (a réplica desta no Cidade) tampouco anda fina de cara ao gol nas últimas xornadas. No segundo tempo o partido seguiría coa mesma tónica, dominio das visitantes e empuxe das locais sen apenas crear perigo. Con esta situación chegaríase aos minutos finais onde cal-

Gran partido o vivido na central dos Remedios entre Cidade de As Burgas e Ponte Ourense. /RAMSÉS

quer despiste podía decantarse a balanza para un dos dous bando; o Ponte controlaba o partido e o Cidade tentaba por todos os medios facer daño, pero as ocasións máis claras seguían sendo do lado pontino e con algún que outro susto na portería de Eva. A catro minutos do final, Iria foi expulsada polo seu ímpetu de impedir que Ampi marcháse soa ante a portería defendida por Nati, polo que as de Codeso tiveron que xogar cunha xogadora menos, situación ésta que non fixo que variara o marcador. Ao final, 0-1 para Ponte Ourense que continúa na súa loita particular contra Móstoles para conquistar o título ligueiro na División de Honra do fútbol sala feminino, mentres que o Cidade terá que sufrir moito para lograr entrar na Copa de España que, de seguro que con este xogo mostrado durante toda a liga é máis que posible a súa participación en devandito torneo a pesar de que é un equipo recén ascendido e que conta con xogadoras de moi curta idade. Vindeiras citas Esta fin de semana párase a competición na División de Honra pola celebración do XIX Campionato de España de Seleccións Territoriais. A liga reanúdase

a competición o sábado, 12 de marzo no que o Ponte Ourense recibe ao Cidade de Alcorcón e o Cidade de As Burgas visita a cancha do Diamante Rioja, rival directo para entrar na Copa de España. O Cidade de As Burgas desprázase ata a localidade portuguesa de Covilha para disputar un torneo internacional de fútbol sala os días 4, 5 e 6 de marzo.

A liga reanúdase o 12 de marzo tralo torneo das seleccións territoriais, cun Ponte - Alcorcón e o Rioja - Cidade 4 División de Honra FSF - 17ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Móstoles 58 2º Ponte Ourense 55 3º At. de Madrid 40 4º Valladolid 35 5º Burela 35 6º Rioja 32 7º Elche 31 8º Zaragoza 29 9º Córdoba 28 10º Cidade Burgas 27 11º Gironella 24 12º Soto del Real 21 13º UCAM Murcia 15 14º Alcorcón 14 15º Orvina 14 16º CD Campillos 0


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

DERBI DIVISIÓN DE HONRA

4 Ninguén se quixo perder o derbi ourensán Redacción

4 Castillo

Para o adestrador do Ponte foron xustos vencedores e incluso con algún gol máis no electrónico a favor das pontinas xa que “tivemos unhas seis ou sete ocasións claras de gol. Ao non definir ao final sufrimos, aínda así dominamos o encontro e as ocasións claras foron nosas. Foi un partido moi competitivo. Neste partido hai moita rivalidade e non existe a cordialidade que debería existir. Non é normal que tanto Móstoles coma nós levemos unha racha tan boa de resultados e o lóxico sería que nalgún momento pinchemos os dous equipos”.

4 Codeso

“Era como o había plantexado: moita emoción e respecto. Debo felicitar as miñas xogadoras polo seu esforzo, demostrándome que somos un equipo moi maduro aínda que a veces notábase a inexperiencia. Salgo moi ledo do encontro, por que un super equipo como Ponte Ourense nos tivo moito respecto e nalgún momento o tivemos contra as cordas é algo moi positivo para nós, tendo en conta que xogadoras internacionais soamente conseguiron un gol contra nenas de 14, 15 e 17 anos. Agora temos que pensar no mes de marzo que é cando nos xogamos de verdade o estar na fase final da copa”.

4 Bea Seijas

“Creo que a xente que se achegou a presenciar o encontro a vivido un bonito espectáculo. Para nós eran moi importantes estes puntos para seguir os pasos do Móstoles. Ata final de tempada, todos os encontros serán finais para tentar lograr o título ligueiro que será unha dura pugna contra as madrileñas”.

4 Xornada 20 - 12 e 13 de marzo C.D. V.P. Soto del Real - Burela F.S. Pescados Rubén Valladolid F.S.F. C.D. - C. Queralt Gironella Natudelia.com Zaragoza - Lacturale C.D. Orvina Diamante Rioja - Cidade de As Burgas F.S. Ponte Ourense S.A.D. - F.S. Ciudad de Alcorcón F.S.F. Móstoles - Femesala Elche F.S.F. Ucam Murcia - C.D. Campillos Cajasur Córdoba - AT. Madrid Navalcarnero

4 Sonia Pacios

“Fago unha valoración positiva do partido por que tiñamos a un grande equipo diante con moitas internacionais. Nós con nenas de casa plantámoslle cara e iso é moi importantes para nós. Por moito que fiches fóra, tamén hai que valorar o que hai na terra, de feito foi a ourensá Anita quen anotou o gol do triunfo delas”. Agora ao Cidade tocalle xogar na súa verdadeira liga despois do enfrontarse aos dous cocos da competición e para Sonia “é o momento de ver se poder acceder á Copa de España”.

Moitos foron os que non se quixeron perder este derbi. Entre eles estaban o candidato á alcaldíad de Ourense polo Partido Popular, Rosendo Fernández (baixo estas liñas), xunto co presidente do Ponte Ourense CF, Plácido Díaz; o edil nacionalista, concelleiro de Deportes, Fernando Varela, xunto co xerente do pavillón municipal (segunda foto). Tampouco quixo perderse o partido o adestrador do Burela, Pardeiro, a quen non lle importou facer 200 quilómetros para presenciar “in situ” este derbi (terceira foto); e por suposto a afección sendo máis de 800 persoas as que veron o derbi ourensán en directo (foto de abaixo).


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

DERBI DIVISIÓN DE HONRA

4 As imaxes do derbi

Este derbi ourensán entre Cidade de As Burgas e Ponte Ourense deixounos belas imaxes destes dous grandes equipos na a retina. Aquí tes unhas para gozar delas. [Galería de imaxes do derbi en www.barriosdeportivo.com]

Sobre estas liñas, Souza controlando o balón, arriba a dereita, Iriia e Sara loitando polo balón, no centro Nati tentando atallar o esférico e a dereita . /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

FÚTBOL

Empate contra o último 4 Reparto de puntos entre a UD Barbadás e La Braña.

Así periga a promoción 4 CD Ourense vén de perder novamente fóra de casa, e xa conta cunha volta enteira sen sacar tres puntos nun encontro lonxe de O Couto. R. Torres Unha volta enteira sen gañar lonxe de O Couto é a pobre bagaxe dun conxunto, o CD Ourense que quere entrar na promoción de ascenso á Segunda División B. Con tres puntos cada 15 días (cando xoga en casa) é unha misión difícil de entrar en posto de promoción pero se a principio de tempada o obxectivo era o primeiro posto a misión convértese en imposible. E é que o Ourense non gaña lonxe de casa desde fai unha volta enteira e ademais cun xogo bastante pobre cando non está diante da súa afección, con este panorama o Ourense alónxase cada día máis dos dous primeiros postos, Cerceda e Ferrol a nove e seis puntos respectivamente e o primeiro cun partido menos, e os de abaixo cada vez máis preto se se mira polo espello retrovisor, o terceiro e o cuarto están a tres puntos dos da vella Auria, e o Vilalbés que é cuarto cun partido menos. A todo isto, se Fonsi Valverde era moi crítico cos xogadores despois da visita ao Rácing de Ferrol en A

Malata agora, unha vez rematado o encontro contra o Alondras, o técnico móstrase con máis gañas de seguir ao mando do equipo “rojillo” xa que lles viu outra predisposición. Espera o Ordes Para a vindeira xornada, a 28 xa, CD Ourense recibe a un Ordes que ocupa a sexta posición e encóntrase a tres puntos da promoción polo que será un partido moi importante para as aspiracións dos de Valverde. Pero ao equipo non so lle espera o Ordes senón que tamén agarda a afección que non se sabe como vai a reaccionar contra o equipo tras está falta de actitude cando xoga como visitante. Cando saian os xogadores ao céspede, verase se o público perdoalle a súa falta de caracter lonxe de casa o se pola contra vai estar arropando ao equipo durante os 90 minutos.

O Ourense recibe ao Ordes o domingo 6 de marzo

Estatísticas Barbadás: House, María, Rocio (m. 51 Su), Olaia, Jani, Andrea, Helena, Mónica, Emma, Alba e Melissa. La Braña: Sara, Aymara, Jara, Cecilia, Saula, Miriam, Elena (m. 74 Alba), Ángela, Noelia (m.46 Erika), Vanesa e Tania. Goles 0-1. Minuto 20. Contraataque pola esquerda de La Braña e Cecilia da un pase atrás que Aymara totalemente soa empurra á rede. 1-1. Minuto 70. Balón que chega a Emma, e desde uns sete metros fóra d área golpea en parábola que entra pola escuadra de Sara.

José Arenas /ARQUIVO.

Redacción

4 Fin de tempada para Arenas

Mal partido da UD Barbadás que chegaban ao

O dianteiro do CD Ourense José Arenas recibiu este luns a peor das noticias, a confirmación de que padece unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo e o menisco interno, lesión da que será operado o 16 de marzo. O prazo de recuperación da mesma non será inferior a catro meses, polo que o futbolista ponteareán retírase forzosamente, por esta tempada, da competición. O club estudará a posibilidade de contratar algún reforzo, tal e como lle vén demandando o adestrador desfe fai tempo.

encontro con innumerables baixas que, sen embargo, non é excusa para a falta de competitividade que mostraron durante os 90 minutos, e máis concretamente nos primeiros 45; proba delo era que mereceron o gol que anotaron no minuto 20 e algún máis que tiveron nas ocasións das súas xogadoras. Na reanudación, o xogo mellorou algo no cadro local e pouco a pouco foron tendo ocasións ata a chegada do gol de Emma que de potente disparo en parábola batería o marco visitante, o que lle permite ás ourensás manter os catro puntos de diferenza con respecto ás asturianas que son as pechacancelas desta 1ª Nacional Feminina Grupo 2. Con seis xornadas por diante ata que remate a liga, a UD Barbadás continúa na penúltima posición con 10 puntos, catro máis que La Braña e a nove do Erizana,

Partido entre UD Barbadás e La Braña. /RAMSÉS

equipo que está xusto por enriba das Ourensás. A 1ª Nacional Feminina Grupo 2 está formada por 14 equipos de Galicia, Castela e León e Asturias e o único representante ourensán é a UD Barbadás logo de dous ascensos consecutivos nas tempadas anteriores. Meritorio, ademais, se temos en conta que no equipo tiveron este ano a baixa de cinco xogadoras titulares o ano pasado, e que xogan contra equipos nalgúns casos semiprofesionais.

O único positivo do encontro foi que se mantén a diferenza de catro puntos con pechacancelas da liga, La Braña, de Asturias


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ATLETISMO

Oito anos andando polo contorno ourensán 4 A andaina da capital chega a súa oitava edición o 20 de marzo. R. Torres Oito anos levase organizando a “Andaina Ourense Capital Termal” pola capital ourensá entre a concellería de Deportes e o Clube Universitario de Cultura e Ocio CUCO. Este ano retrasouse dous fins de semana por sendos motivos; por unha banda a celebración do Entroido na primeira fin de semana de marzo e por outra porque na segunda fin de semana xa estaba programada a andaina “Ruta do Miño” en Cenlle, e así non se solapan unha coa outra, xa que moitos andaríns repetirán nas dúas andainas. Así, finalmente queda para o domingo, 20 de marzo. Fernando Varela, concelleiro de Deportes, invitou a todo o mundo tanto de Ourense como de fóra da nosa provincia a participar na oitava edición desta an-

daina que xa está máis que asentada en canto ao éxito de participación chegando aos 500 andaríns, cifra máxima que permite a organización como número de inscritos para, como explicaba José García Calvo “Willy” “poder asegurarse o avituallamento e a atención a todos os participantes”. A saída do evento será ás 9 da mañá nas termas de Outariz, saindo autobuses desde o pavillón dos Remedios ata as termas ás 8.15 horas. O percorrido que é mezcla de rural e urbán, conta con 28 quilómetros e pasa polas ribeiras dos ríos Miño (muíño da Veiga, Chavasqueira) e Loña, e atravesando lugares con encanto como o Castro de Santomé, o camiño de Santiago (vía da prata) ao seu paso por Cudeiro e Sartedigos para voltar outra vez as termas de Outariz. Para

A escasas horas das so 24 horas “Oumoving” 4 O reto máis solidario, do 5 ao 6 de marzo.

completar a proba haberá que chegar antes das catro da tarde, e terán os andaríns buses a súa disposición desde Outariz ata os Remedios ás 14, 15:30 e 17 horas. A dificultade da proba é media tendo a súa máxima dificultade na subida a Astrés por Cudeiro, pero para repor forzas a proba conta con cinco puntos de avituallamento. As inscrición poderán realizarse no propio pavillón municipal ou na tenda de deportes Redonet cun custe de 6 euros. Todos os participantes deberán ser maiores de 16 anos.

Finalmente a andaina terá lugar o domingo, 20 de marzo desde as nove da mañá con saída en Outariz

Presentación da VIII andaina “Ourense capital termal”. /RAMSÉS

Presentación das 24 horas solidarias “Oumoving” en Cinebox de Ponte Vella. De esqueda a dereita Esteban, Demetrio Álvarez, Antonio Madirñan e Marta Prieto. /RAMSÉS R. Torres Estamos a escasas horas de que Ourense viva as 24 horas máis solidarias da man dos ultrafondistas, Antonio Madriñán e Demetrio Alvarez do club Muescas. Xa está todo preparado para que estos dous intrépidos fagan a machada de estar durante 24 horas correndo pola ribeira do Miño, nun circuíto duns 10 quilómetros de distancia, con saída, chegada e avituallamento no Centro Comercial Ponte Vella, Centro que se volcou coa iniciativa desde o inicio dándolle todas as facilidades a estes

dous ultrafondistas. O beneficiario desta iniciativa será a Fundación Meniños de Ourense. A presentación do evento tivo lugar na sala 6 do Cinebox, ubicada no propio Ponte Vella e na que Madriñán e Alvarez desgranaban o que podía ser as 24 horas correndo e aventurábanse a decir unha distancia aproximada que ían percorrer “faremos máis de 100 quilómetros se todo vai ben” auguraba Madriñan. Desde a Fundación Meniños mostrábanse agradecidos por contar coa súa fundación como beneficiario do evento e mostráronse en todo momento dispostos

a axudar no que lles faga falta aos dous atletas. Desde Centro Comercial Ponte Vella animaban aos cidadáns a “participar neste evento que marca un hito na nosa provincia” comentaba a relacións públicas de Ponte Vella, Marta Prieto, e aseguraba que durante as 24 horas que van desde o 5 de marzo ás 12 da mañá ata o 12 de marzo á mesma hora, Ponte Vella ía estar apoiando no que fixera falta; incluso poñeríanse “simbólicamente” o chandal para participar, “aínda que algún seguro que fará algúns metros ao carón destes dous atletas”, sentenciaba o xerente de MacDonald´s.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ATLETISMO

olidarias Paula Mayobre,

estivo a piques de alcanzar podio se non chega a ser por un salto que foi declarado nulo por escasos milímetros. Iria Catro quedou apeada da final nas semifinais dos 800 metros, e Beatriz Viteri foi 14ª salto con pértiga.

subcampiona de España

Os dous protagonistas desta aventura xa están velando armas e preparados para asaltar as 24 horas máis solidarias que tiveron antes lugar en Ourense, de seguro que nestes días previos ao reto, poderase ver a Madriñán adestrando pola vella Auria. Participación aberta Madriñán e Alvarez animan a todos a que participen nestas 24 horas, xa sexa correndo ou mesmo animando, facendo 50 metros ou as voltas que queiran pero que participen nunha proba sin igual na xeografía galega, “algo así é a primeira vez que se da en Galicia, nunca antes alguén fixera algo parecido”, aseguraba Madriñán. Corredores doutros puntos da xeografía nacional confirmaron asistencia, corredores de lugares como Asturias ou Madrid entre outros. Despois destas 24 horas, os dous ultrafondistas teñen outras actividades solidarias relacionadas co ultrafondo en distintos puntos de España, como o propio Madriñán comentaba “que mellor cousa que correr e axudar aos máis necesitados”.

A participación está aberta a todo o mundo para facer a distancia que se queira ou mesmo animar

4 A atleta do Academia Postal foi segunda no Campionato de España de campo a través. Redacción A académica Paula Mayobre conquistou o subcampionato de España de campo a traves en Haro (A Rioxa) e co seu segundo posto a selección galega acadou o terceiro caixón do podio en categoría promesa. A este éxito hai que sumarlle a vitoria no nacional de clubes de fai unhas semanas, o sub-

campionato de España en pista cuberta e a chamada do combinado español para disputar o campionato de Europa de Campo a través. No que se refire a actuación académica no nacional de campo a través, a atleta rematou a súa proba en sétima posición. Con este sétimo posto e as actuacións das súas compañeiras (dúas delas do equipo ourensán Rocío Carbia e Yuliana Ve-

Cross para todas as idades 4 Celebráronse o Campionato Provincial de cross absoluto e escolar.

Mayobre no Cross de Ribadavia. lazques-) remataron na súa categoría en cuarta posición representando a Galicia. En canto aos homes, Hassan Lekili foi o primeiro dos galegos en entrar a meta seguido de Manuel Hurtado, o trío ourensanista completaríao Juan Pousa. 10 integrantes da selección galega eran pertencentes ao Academia Postal. Ignacio Sarmiento foi sexto nos 400 metros. Redacción Dúas foron as citas que tiveron como protagonista o cross. Pon unha banda o Campionato Provincial celebrado en A Rúa, e por outra, o escolar nas instalacións deportivas de Monterrei, no municipio de Pereiro de Aguiar.

Participantes do cross escolar celebrado en Monterrei. /RAMSÉS

Campionato Nacional absoluto de pista cuberta Ata Valencia desprazáronse os integrantes do Academia Postal para participar no Campionato Nacional absoluto de pista cuberta. A mellor actuación dos ourensáns foi a de Alfonso Palomanes sendo cuarto en triple salto cunha marca de 15,98 metros, o que lle permitiu batir o récord galego absoluto de pista cuberta; Palomanes

Provincial absoluto No provincial absoluto celebrado en A Rúa, o dominio foi claro dos locais do ADAS Proinor O Barco, polo que se levaron a vitoria na categoría absoluta masculina; Pepe Márquez foi o primeiro en entrar a meta seguido de Alejandro Cid e Javier Pacios. Por equipos o ADAS de O Barco foi primeiro secundado no podio polo Club Casa da Xuventude de Ourense e o Vía 18 de Maceda. En categoría feminina absoluta, Iria Fernéndez, Violeta Portero e María González, por este orde, ocuparían os postos de honra. Por equipos, o ADAS foi primeiro seguido do Ourense Atletismo Academia Postal. Campionato Escolar Se A Rúa acollía o Provincial nas categorías su-

Galego de veteráns Ata A Coruña achegáronse os veteráns académicos onde conquistaron un total de 14 medallas, onde destacou por enriba de todos Emilia Mesa, acadando o primeiro posto e o récord de España en lanzamento de peso da súa categoría cunha marca de 11.05. Basilio Alvarez fíxose con tres preseas. Nacional cadete O ourensán Miguel Otero logrou a medalla de bronce nunha loitadísima proba onde demostrou o seu valor en alza no medio fondo. periores, Monterrei facía o propio pero nas categorías escolares, onde reuníronse un total de 48 equipos de toda a provincia. Máis de 500 rapaces da xeografía ourensá gozaron dunha xornada de atletismo para dilucidar cales sería os que representaría a nosa provincia no Campionato Galego Escolar de Campo a través que terá como sede novamente as instalacións deportivas de Monterrei, e terá lugar o vindeiro sábado, 12 de marzo na que participarán os que conseguiron as mellores marcas nos seus respectivos campionatos provinciais das catro provincias galegas.

O sábado, 12 de marzo terá lugar o campionato autonómico de Cross escolar en Monterrei


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

DERBI LIGA FEMININA 2

Un derbi con R.T. Pabellón e Carmelitas enfrontaranse de novo o vindeiro sábado no segundo derbi da tempada da Liga Feminina 2 de baloncesto con estados de ánimo moi distintos. Trátase dun encontro que se nun principio auguraba o desempate entre dous conxuntos que camiñaban da man no campionato, nestre intre actuará como a taboa de salvación para o vencedor. Xa que, por un lado, para as pabellonistas suporía a recuperación da confianza que precisan para afrontar o resto de liga, mentras que para as colexialas significaría o paso definitivo para marcar distancias cos dous derradeiros postos da clasificación.

O encontro disputarase na cancha do Pabellón Ourense, en Os Remedios, o sábado, 5 de marzo

O Pabellón Ourense afronta o partido con baixas e despois de varias derrotas consecutivas, mentras o Codigalco Carmelitas ven de celebrar a súa quinta vitoria da tempada contra un rival directo O partido, o único que pode “decidir” cal é o mellor equipo ourensán de baloncesto feminino

O Pabellón acarrea lesións e mala sorte Por se as numerosas baixas das súas xogadoras non fosen suficiente escollo para o Pabellón Ourense, a sorte voltou a darlle as costas nas últimas xornadas deparándolle o peor dos desenlaces, aquel no que a vitoria se chega a rozar coa punta dos dedos. Igual que ante o Arxil pontevedrés fai dúas xornadas, o pasado sábado as de Lisardo Rodríguez caían pola mínima a apenas uns minutos do remate. E se tan axustados encontros sempre deixan moi mal sabor de boca ao perdedor, aínda o empeora o feito de que, neste caso, ademais de facer fronte como visitantes a un rival moito máis forte, o Universitario de Ferrol, as ourensás conseguiron remontar na segunda metade os 20 puntos de diferen-

za que separaban a ambos conxuntos ao descanso. Sen embargo, de novo, a historia volvía repetirse e os peores presaxios cebábanse coas pabellonistas que vían como a tan ansiada vitoria que precisan para recobrar o ánimo se lles escapaba por tan só dous puntos (8785). Sen dúbida, pelexaron como nunca, pero, lamentablemente, remataron perdendo coma sempre.

Partido entre Carmelitas e Pabellón O Codigalco levanta voo pouco a pouco Con sensacións moi diferentes ás pabellonistas chegarán o sábado as colexialas a Os Remedios. Aínda que o rol de visitante adoita ser un hándicap para as de Juan


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

DERBI LIGA FEMININA 2

n dúas caras Rodríguez, o apoio dos seus seareiros nas bancadas do pavillón municipal engadido á recente vitoria (a quinta da tempada) que vén de festexar o Codigalco, probablemente lle proporcione algo máis de seguridade da que adoitan gozar cando se atopan lonxe do Vedruna. Porque se as colexialas son fieis a algo segue sendo á súa cancha, xa que ata o momento os encontros que

gañaron sempre o fixeron como locais (incluíndo o partido da primeira volta que as enfrontou ao Pabellón). E así o demostraron o sábado pasado cando doblegaron a un dos seus rivais máis directos, o Femenino Cáceres, sito un posto por enriba das de Juan Rodríguez e, agora, igualados a vitorias. Logo dun primeiro cuarto moi axustado, o Codigalco apretou os dentes

da primeira volta no polideportivo Vedruna. /ARQUIVO

O Pabellón non está a atravesar o seu mellor momento da tempada. /RAMSÉS no segundo período e dominando o rebote defensivo, así como con acertados tiros exteriores de Noelia Oliva, triples de Merideth Mars e o sempre perfecto xogo interior da pívot cubana Zuleira Aties, as ourensás chegaban ao descanso dez puntos por diante (3323). Xa na segunda metade, as cacereñas trataron de darlle a volta ao casilleiro coas acertadas canastas de María Victoria, María José Bolonio e Christine Simmnos, pero sen éxito, xa que, unha vez máis, era a cubana Aties a que sentenciaba o encontro a favor das ourensás (61-49).

do con todas as súas forzas, porque indepentemente de que neste momento, por decisión da propia Federación Española de Baloncesto, xa non corren risco de descenso, un derbi nunca deixa de selo. E con gran probabilidade así será, xa que ante un encontro deste tipo nin os favoritismos, nin os presaxios teñen cabida, porque, como sempre acontece nos seus enfrontamentos, Pabellón e Carmelitas sairán á cancha co mesmo desexo de vitoria. Lamentablemente, aínda que nós o repartiríamos, o punto ao final só será para un dos dous. Que o gañe o mellor!

Pero “un derbi é un derbi” Con esta afirmación tan contundente o adestrador do Codigalco, Juan Rodríguez, explicaba ao remate do partido contra o Cáceres que, sen dúbida, ambos conxuntos xogarán o sába-

Pabellonistas e colexialas ocupan a penúltima e antepenúltima posición na Liga Feminina 2 de baloncesto

O Carmelitas venceu a pasada xornada ao Cáceres. /RAMSÉS


10

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

BALONCESTO

club ourense baloncesto

Rafa Sanz: “Levo adestrando desde os 14 anos e nunca sentira tanta vergoña coma no partido contra Girona” 4 O adestrador cordobés móstrase moi molesto coa actitude da súa plantilla cando chegan a unha semana clave para as aspiracións de permanencia na Adecco Ouro. R. Torres Augas turbulentas baixan en Club Ourense Baloncesto na semana máis importanto do conxunto ourensán nesta tempada. O mércores recibe a Obradoiro, que está a loitar polo ascenso á ACB e o domingo visita a Huesca, un rival directo que de vencer aos ourensáns, faríanlle decir adeus case con total probabilidade á Adecco Ouro. O tempo esgótase. Restan nove xornadas para que finalice a liga na Adecco Ouro e Club Ourense Baloncesto continúa na derradeira posición da táboa, con cinco vitorias en 25 encontros, cifra moi pobre para un cadro o ourensán que quere saír do pozo; ou non? Esta inquietude despréndese das palabras en rolda de prensa de Rafa Sanz, adestrador do COB, que despois do bochornoso espectáculo ofrecido en Girona polo equipo ourensán, móstrase máis pesimista que de costume e asegura que “respondo por min mesmo e non poño a mán no lume por ningún xogador. Porque pór a mán no lume por xente que non tes moi claro que traballe ao cen por cen non está ben” e explicaba

que durante os seus 20 anos como adestrador “puxen a cara polos meus xogadores, pero agora tocoume un grupo de xogadores que lles vin a cara boa, durantes 30 días, e a mala nos últimos oito”, ademais de asegurar que están no posto que están “por méritos propios”. Desencanto Sanz recoñeceu que durante o encontro contra Girona “sentín asco de mín mesmo” e plantexábase se fóra acertada a decisión de firmar polo Club Ourense Baloncesto no mes de xaneiro, “estou molesto conmigo mesmo, porque ao mellor tiña que ter sido máis intelixente e non tiña que vir aquí” declaraba o adestrador cordobés que de salvar a algún dos xogadores ao mellor sería Fran Cárdenas “ao mellor, e se me apuntan cunha pistola no peito e me din que teño que salvar a un dos xogadores”. Este desencanto do adestrador vén sobre todo porque pensa que o problema do equipo está na paixón con que fai as cousas e esperaba encontrarse aos xogadores con “outro corazón, con outras ambicións, con outros desexos, outras capacidades de superacións,

en definitiva, con outros valores” e sentenciaba que xogando así “non estamos nin para xogar na Liga EBA. A paixón que hai que pór para que esto saia adiante ten que ser a máxima, e non está sendo así, porque senón o rendemento non debería ser tan baixo”. Nestes momentos, o técnico andaluz non conta nin con cinco xogadores aos que aferrarse de aquí ata final de tempada. Ventá á esperanza Pero non todo e negro, e para Rafa Sanz a salvación pasa por xogar como o fixeron contra A Palma ou Lleida. Pola contra se o equipo xoga como contra Girona, está condeado ao descenso. Obradoiro e Huesca Ante este panorama tan oscuro, o COB recibe a un dos grandes da liga que loita para ascender a liga ACB. Sanz é consciente de que o futuro do equipo pasa por esta semana na que teñen que lograr algo positivo. Contra Obradoiro sabe que “será imposible xogarlle rápido” e “son moi agresivos en defensa e non dan concesión algunha”. Sobre se tiña preparado os dous partidos desta semana

Un momento do encontro que o COB perdeu en casa contra o Burgos./RAMSÉS. ou ía partido a partido, Rafa foi claro “outra persoa máis intelixente ca min e máis fría, tiraría o partido contra Obradoiro e prepararía o de Huesca, pero ese non é o meu estilo. Por respecto ao club e á afección penso ir polo encontro”. Para estes dous partidos, Sanz tiña dúbidas da actitude do equipo “non sei cal vai ser a nosa actitude, a nosa ambición e ilusión; en Girona foi cero e perdi-

O mércores 2 de marzo, ás 21 horas no Paco Paz: COB - Obradoiro

mos daquela maneira. Na mente de cada un estará o que debemos facer. Eu teño claro que polo menos temos que pór 100 veces máis de esforzo, ilusión, gañas, das que tivemos en Girona; iso para ter unha posibilida-

de entre dez de facerse co partido; agora, todo o que sexa baixar de aí será non ter opción”, remataba un Rafa Sanz máis desmoralizado que cando chegara a Ourense para tentar salvar ao equipo do descenso.

Rafa Sanz en rolda de prensa. /R.T.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

POLIDEPORTIVO

Avanzan as ligas anuais no Club de Tiro Eiroás

Rugbi

4 As próximas citas son os días 5 e 6 para a Copa Deputación de armas neumáticas. P.Lodeiro Prosiguen as competicións no Club de Tiro Eiroás, coa celebración das tiradas correspondentes ao mes de febreiro de ligas anuais como a Copa Deputación ou a Copa Cidade das Burgas. En ambos os dous casos, escóllense as mellores catro tiradas do ano para escoller aos gañadores. As próximas citas deportivas no club ourensán son os días 5 e 6 para a Copa Deputación de armas neumáticas, o día 13 para o Campionato Provincial de Minifoso (tiro ao prato). Nesa mesma xornada disputarase o clasificatorio para o Campionato Autonómico de armas históricas e avancarga, e o 20 de marzo o clasificatorio nas modalidades de carabina 3x20 e 3x40. O mes remata coa tirada correspondente da Copa Cidade das Burgas

4Resultados Copa Deputación

Veteráns: Guillermo Cosque 556 pto Arturo Rodríguez 513 pto José Antonio Cortés 528” Pedro Bermejo 514 “ Veteráns sénior: Miguel Valea 546 puntos Enrique Do Río 539 ” Francisco Fernández 478 Antonio Salas 426 “ Veteráns máster: Manuel Somoza 476 “ Damas: Nuria Mera 360 puntos Nuria García 355 “ Beatriz Pereira 352 “ Elena Viso 342 “ Beatriz López 290 “ Sénior masculino: Miguel Colmenares 572 “ Manuel Martínez 563 “ Juan José Conde 552 “ Ginés Trenza 549 “ Juan Doval 547 “ Pedro Bermejo 541 “ Francisco Fdez. 524 “ Rafael M. Fernández 496 Vicente Logiudice 425 “ Xuvenil masculino: Javier Gago 546 puntos Cadete masculino: José María Carracedo 334 Alevín masculino: Martín Fernández 108 pto

Derrota con todo decidido 4 O Campus Ourense Rugbi perde no seu último encontro de liga aínda que queda campión galego. R.T.

O presidente do club, Celso Parga, fai socio de honra a Manuel Martínez Figueiras, durante a cea de San Sebastián./P.LODEIRO. en carabina lixeira 3x20, match 3x40 e pistola libre o día 27. Cea de San Sebastián Noutro orde de cousas, o club celebrou o pasado sábado en Aixiña a sua cea anual, á que acudiron máis de 80 socios así como representantes institucionais como o xefe territorial de Deporte, Mario Guede, o director xeral de Emprego, José Ángel Vázquez Barquero (en representación do Concello), o delegado de Defensa e o secretario xeral

da Comisaría de Ourense, Juan Manuel Sardiña. No evento entregáronse os galardóns aos participantes na tradicional tirada de San Sebastián. Ademais, o club nomeou socio de honra a Manuel Martínez Figueiras pola súa contribución a esat deporte como monitor de novos tiradores.

En marzo hai tiradas no club ourensán todas as fins de semana

11

4 Resultados Copa Cidade das Burgas

3x20 carabina libre: Jorge Encinas 556 puntos Luis Iglesias 518 “ Carabina lixeira sénior: J.A. Carballo 549 puntos J.M. Conde 528 “ J.M. Cabaleiro 524 “ Veteráns A: Pedro Bermejo 548 ptos. Veteráns B: Manuel Somoza 528 ptos. Manuel Fernández 382 “ Pistola libre: Alberto Pérez 498 puntos Ginés Trenza 485 “ Francisco Pando 472 “

Xa estaba todo decidido polo que o Campus Ourense Rugbi non lle puso o empeño de facerse co triunfo ante o Universidade de Vigo, ante o que caeu por un 22-17 despois de ter asegurado o primeiro posto unha semana antes. Na primeiraparte, o dominio do Iveco Universidade foi claro, e os ourensáns adicáronse a defender durante a maioría do tempo. Os vigueses conseguiron anotar en tres ocasións, aproveitando a mobilidade da súa dianteira e o seu poderío na melé. Foi chegando xa ao final cando Juancito conseguía anotar para os ourensáns, mantendo as esperanzas de remontada. No segundo período o dominio foi alternando nun e noutro conxunto; nos primeiros 20 minutos, Khalifa e Juancito anotaron para os ourensáns sendo insuficiente para a remontada. Con esta o cadro ourensán tan só tivo tres derrotas en toda a tempada. Fase de ascenso Ao Campus Ourense tócalle esperar que vai suceder para loitar polo ascenso á Liga Nacional, aínda que todo apunta a que será contra un equipo asturia-

Tirada do mes de febreiro da Copa Deputación de aire comprimido /PAULA LODEIRO.

no co que se xogue, a ida e volta, a volta á categoría na que militaba anteriormente. Derrota dos cadetes Os cadetes do Campus de Ourense saíron derrotados da cancha do Ferrol polo que non puideron ascender á segunda posición na táboa. Os ourensáns comezaron presionando docilmente ao contrario pero de seguido golpearon os ferroláns cun ensaio. Acortaría diferenzas o Campus cun golpe de castigo transformado por Andzhel. Logs dos puntos do cadro da cidade de as Burgas, chegarían novos puntos locais que porían o 17-3 ao final do primeiro tempo. Na segunda metade o xogo non melloraría e dous ensaios máis dos ferroláns cortarían toda posibilidade do Campus de sacar algo positivo de A Malata; ao final 31-10 para os locais. Agora tocan dúas semanas de descanso para afrontar con forzas a recta final do campionato e recuperar aos lesionados para acadar una boa clasificación neste primeiro ano do equipo cadete na categoría.

Os cadetes do Campus sairon derrotados na cancha do Ferrol

Encontro desta tempada do Campus Ourense Rugbi.


12

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

XIMNASIA

Os ximnastas por fixéronse coa IV C Ximnasia Acrobát

4 250 deportistas españois e lusos déro febreiro nunha das competicións de ximna R. Torres Por cuarto ano consecutivo o pavillón municipal de Os Remedios acolleu a Copa Galicia de Ximnasia Acrobática, todo un espectáculo protagonizado tanto por deportistas españois como portugueses, aínda que foron estes últimos os que finalmente se fixeron cos primeiros postos das categorías senior. Vitorias só eclipsadas pola actuación das deportistas pontevedresas, que lograron varios podios e o triunfo na categoría Open trío feminino.

Un dos trios particpantes na IV Copa Galicia. /RAMSÉS

250 deportistas Foron un total de 250 ximnastas (procedentes de Portugal, Andalucía, Valencia e Galicia) que deleitaron a un público entregado que cubriu as bancadas do pavillón ourensán durante toda a xornada do sábado. Entre eles atopábase, como anfitrión, o clube Ximnasia As Burgas, que realizou unha brillante actuación nas categorías cadete e júnior. Así o demostraron os primeiros postos acadados polas cadetes Silvia Viéitez e Beatriz Carballo, e Lara

Colmenero, Sara Blanco e Rosa Carballedo en dúo e trío feminino, respectivamente; e os grandes resultados da parella junior formada por Rosana Cutillas e Laura Fernández, segundas en Equilibrio e primeiras en “All round”.

Clubes de renome Xunto ao conxunto ourensán, participaron nesta IV Copa Galicia outros clubes de renome como son o Club Ximnasia Pontevedra, o Club Gimnástico Acróbatos de Granada, a Asociaçao Académica de

Exercicios de bela factura víron Galicia de Ximnasia Acrobátic Pavillón dos Remedios de Our


XIMNASIA

rtugueses Copa Galicia de tica

onse cita en Os Remedios o pasado 19 de asia máis importante da noso país. Coimbra, Sport Club do Porto ou o Acro Clube de Maia. A Ourense acudiron algúns dos mellores equipos ximnásticos da península ibérica, entre os que se atopan, incluso, varios dos que optan a títulos europeos.

nse na IV Copa ca celebrada no rense

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

NOVAS

A Liga Alevín tivo a súa continuidade en Ourense

4 A piscina Rosario Dueñas foi o escenario da cuarta xornada. Redacción A cuarta xornada da Liga Alevín que se celebrou na piscina olímpica Rosario Dueñas de Ourense contou coa participación de cinco clubes (Club Natación Xove, Club Fluvial Lugo, Club Natación Porta-miña, Club Natación Monforte e Club Natación Pabellón Ourense). Estes cinco conxuntos forman o novo grupo da liga local, participando nesta xornada un total de 90 nadadores. Nesta xornada os nadadores deron o mellor de sí, xa que lles servía de preparación para o Campionato Galego Alevín de Verán. As probas disputadas foron as de 200 estilos masculino 12 anos onde José Moure Doval obtivo o segundo posto e Marcos García Otero o terceiro; 200 estilos masculino 13 anos, co primeiro posto de Martín Rodríguez Paradela e o segundo de Luis Bello Iglesias; en 200 estilos feminino 11 anos, Laura Rodríguez Parada foi cuarta; en 200 estilos feminino 12 anos, Paula Blanco Pérez foi primeira; en 100 bolboreta masculino 12 anos, quedou en segunda posición Marcos García; nos 100 bolboreta masculino 13 anos, Martín Rodríguez Paradela obtivo o primeiro posto e Luis Bello Iglesias foi terceiro; 100 bolboreta feminino 11 anos, Laura Rodríguez Parada foi cuarta; en 100 bolboreta feminino 12 anos, a primeira foi Andrea Bello Armada, Uxia Gómez Novoa segunda e Paula Blanco terceira; no relevo 4x50 bolboreta mas-

Participantes da Ruta Arnuide - San Mamede. Nadador do CN Pabellón disputando a liga Alevín. /RAMSÉS culino o equipo A quedou primeiro (Martín Rodríguez Paradela,Luis Bello Armada, Marcos García Otero e Aleixo Fernánde Rodríguez) de segundo o equipo B (José Moure Doval, Miguel Vázquez Timaraos, Antón Rodríguez Rodríguez e Pablo Caseiro Duran); no relevo 4x50 bolboreta feminino foron primeiras as ourensás (Paula Blanco Pérez, Andrea Bello Armada, Uxía Gómez Novoa e Laura Rodríguez Parada). Campionato de España de longa distancia Laura Pimentel Pérez rematou en sétima posición na categoría júnior do Campionato de España de longa distancia celebrado na piscina M86 de Madrid. O infantil Borja Fernández Rodríguez rematou en oitava posición. Nacional categoría Mozos A Palma de Mallorca desprazáronse catro inte-

grantes do Club Natación Pabellón para participar no Campionato de España de Natación Categoría Mozos nas instalacións de Son Hugo, en Palma de Mallorca. A nadadora Cristina Cruz Moure foi medalla de bronce en 100 braza, sétima en 50 braza (a décimas de repetir medalla) e décima en 200 braza. Laura Blanco Seara do ano 95 foi décima en 50 bolboreta (e marca provincial), 12ª en 100 bolboreta, 14ª en 200 estilos e vixésima en 50 costas. Ana Mª Santiso Prado do 96 acadou o décimocuarto posto en 200 bolboreta, 16º en 400 estilos, 17º en 200 braza e 19º 200 estilos. Martín Sabuz Forneiro que nadou na proba de 200 braza do ano 94 obtivo o posto 13º. 4ª xornada de liga Benxamín A Lugo achegáronse os benxamíns do Pabellón para participar na 4ª xor-

Máis de 90 nadadores participaron na 4ª xornada da liga alevín. /RAMSÉS

nada de liga Benjamín contra catro clubes máis. O máis destacado da expedición ourensá foi o segundo e terceiro posto de Héctor Alvarez Alvarez e Noel Quiroga Ramos respectivamente en 200 libre; o terceiro posto en 200 libre de Noelia Rodríguez Ferreiro e o cuarto posto da mesma nadadora en 100 estilos. Héctor Alvarez Alvarez en 100 estilos foi cuarto seguido de David González García, Jacobo Caride Cid e Noel Quiroga Ramos. No relevo 4x50 bolboreta foron segundo os pabellonistas Jacobo Caride, Héctor Alvarez, Mario Alvarez e David González. Vindeira cita A vindeira participación dos pabellonistas será no Campionato Galego Infantil de Inverno que se disputará os días 5 e 6 de marzo na piscina do Club Natación Ponteareas, onde tentarán revalidar os títulos acadados a pasada campaña.

A nadadora Cristina Cruz Moure foi medalla de bronce nos 100 braza do Nacional de categorías mozos disputado en Palma de Mallorca

“Cinco chanzos” separaron Arnuide e San Mamede 4 A sétima ruta cultural do curso do Servizo de Deportes do Campus de Ourense congregou a 100 sendeiristas que fixeron fronte a choiva e neve. Redacción Un total de 27 km, que unían Arnuide e San Mamede a través da Ruta do Mosteiro de Montederramo, foi o percorrido establecido para a sétima ruta cultural organizada polo Servizo de Deportes do Campus ourensán. A proba máis innovadora de todo o proxecto, así como a máis dura para os participantes que, ademais de ter que afrontar a ruta de maior lonxitude, o sábado pasado tiñan que soportar as peores condicións climatolóxicas, xa que a choiva e ata 60 centímetros de neve (nas zonas máis altas) acompañaron ao cento de sendeiristas (procedentes de Ourense e Vigo) congregados para a ocasión. Unha intensa xornada que comezaba a primei-

ra hora da mañá tomando forzas nunha cafetería da zona universitaria ourensá, dende onde un autobús trasladou aos participantes ata Arnuide, punto dende o cal comezaba a súa travesía a pé ata San Mamede. O percorrido tocou ao seu fin ao redor das 15.30 horas, momento de voltar á cidade das Burgas. O propio supervisor da ruta, José García Calvo “Willy”, describiu a mesma ao seu remate co calificativo de “cinco chanzos”, formados pola imponente subida de 13 quilómetros que integraba unha parte do percorrido, así como pola dificultade que engadiron unhas condicións meteorolóxicas adversas, como foron a choiva e a neve. Segundo o seu creador tratouse dunha “esixente pero fantástica aventura”.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

15


16

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

NOVAS

Tenis de mesa

Vitorias para descansar 4 Os dous conxuntos ourensás de tenis de mesa seguen na senda do triunfo antes do parón ligueiro. Redacción O Galmédica Ourense Tenis de Mesa segue nunha marcha triunfal nesta tempada na que o primeiro equipo manterá a categoría e o segundo ascenderá na ano do seu debut.

o Líder, Helios Bembrive. Despois deste partido, ao Galmédica “A” só lle resta un partido nesta fase regular que o disputará o vindeiro, 12 de marzo, ante o Grupo Barros - Cambados na localidade pontevedresa sen nada en xogo.

Galmédica Ourense Tenis de Mesa “A”, de 2ª División Nacional Os ourensáns recibían no “Paco Paz” ao Joyería Enrique de Cambados ao que venceu por un claro 5 a 1. Ramón Becerra (2), Juan Angel Ferreiro (2) e Emilio Diéguez (1) foron os responsables desta vitoria que, certifica ao equipo a permanencia matemática nesta división a falta de dous encontros para que finalice a fase regular da Liga; aínda que sete días máis tarde perderá de forma clara novamente no Paco Paz ante

Galmédica “B” apisonadora Nada novo no encontro do segundo equipo do Galmédica; novo enfrontamento e nova vitoria co mesmo resultado que as anteriores citas, 7-0 para os ourensáns, resultado único desde que comezara a liga nesta tempada na Terceira División Galega. Nesta ocasión desprazouse ata a localidade pontevedresa de Tomiño para enfrontarse ao Monteferreiros T.M., último clasificado da liga polo que xa de antemán o resultado estaba máis que

claro e poderíase apostar por 7-0 sen medo a perder cartos. O Galmédica “B” continúa, despois de 13 xornadas, líder imbatido do Grupo Sur da Terceira División Autonómica, con 91 puntos a favor por 0 en contra, afianzándose nas aspiraciones de ascenso de categoría. O sábado, 12 de marzo, o Galmédica “B” recibe no Pazo ao A.D. Vincios - Mat. Const. J. Quintas, a partir das 17 horas.

O Galmédica Ourense Tenis de Mesa xa ten asegurada por segundo ano a súa participación na 2ª División Nacional

Adestramento de alto nivel realizado en Ourense polo seleccionador nacional, Eusebio Sánchez.

Jiu Jitsu

Seis medallas para o Marbel no Galego de Jiu Jitsu 4 Despois de cinco anos celebrándose en Ourense, esta edición tivo lugar en A Coruña. Redacción

Antonio Gómez, integrante do intratable equipo do Galmédica Ourense “B” da Terceira División Galega.

Despois de cinco anos celebrándose en Ourense, este ano, A Coruña acolleu o Campionato galego de Jiu Jitsu onde a expedición ourensá conquistou seis medallas. Os judokas do Marbel e os coruñeses do Judo Club Coruña foron os que presentaron loita neste campionato, acadando seis metais os ourensáns de sete jiujisukas que participaron no evento. Felipe Iglesias, Miguel Baldemar e Christian Alvarez proclamaronse campións galegos e medalla de ouro, Tono Fernández e Iván Barreiros lograron a medalla de prata e para o xoven Abel Vélez foi a medalla de bronce. Felipe Iglesias (-62 quilos) e Miguel Baldemar Alvarez (-85 quilos) revalidaron o título gale-

go logrado o pasado ano. Iglesias derrotou na final ao coruñés Javier Rodríguez Cousinas, e Baldemar fixo o propio con Antonio Vázquez. Christian Alvarez (-94 quilos) retornaba á competición despois dun ano por mor dunha lesión, e o fixo de forma brillante, recuperando o dominio na súa categoría tras impoñerse a Cristiano Bernardo, do Judo Club Coruña na final. Fase final, en Madrid Os tres jiujitsukas ourensáns clasificaronse para a fase final do campeonato de España, que se disputará en Madrid. Meritorias foron as actuacións de Tono Fernández (77 quilos) e Iván Barreiros (+94 quilos) que acadaron as preseas de prata; o primeiro tras una preparación curta e Iván no seu debut nesta disciplina. Tono caeu na final contra o favorito

Alex Álvarez, mentres que Barreiros rematou por debaixo no caixón do podio de José Chorén na categoría dos pesados. A estes éxitos hai que sumar a sorpresiva medalla de bronce de Abel Vélez (69), confirmando así a súa progresión, caendo ante o campión final e derrotando polo terceiro posto a Óscar Canosa. Yago Fernández, debutou neste campionato sen superar a primeira ronda. Adestramento de alta competición O pasado sábado, o ximnasio Marbel acolleu un adestramento de alto nivel dirixido polo seleccionador nacional, cinturón blanco e vermello 6º Dan de Jiu Jitsu, Eusebio Sánchez. O adestramento congregou aos mellores competidores de toda Galicia durante dúas sesións.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

17


18

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

NOVAS

Volve o hoquei herba

4 Despois do parón invernal regresan as competicións de hoquei herba. Redacción Tres meses despois do parón invernal, Mariñamansa xa volve acoller hoquei herba para afrontar o tramo final das competicións na que participan representantes ourensáns. O equipo de División de Honra Caldaria Barrocás, xogou na reanudación da competición en Barcelona na sétima xornada de liga contra o Pedralbes. O conxunto ourensán tivo que desprazarse por diversos motivos con cinco xuvenís. A pesar deste inconvinte, os ourensán plantáronlle cara ao filial do Polo, chegando ao final do encontro cun resultado de 4-3 para os locais. O Barrocás plantexou o partido defensivamente para protexer ao porteiro xuvenil e saír rápidos ao contragolpe; froito desta estratexia chega o primeiro gol ourensán obra de Xurxo

pero antes do remate da primeira parte os locais empatan o encontro. No segundo tempo, os cataláns saen máis ambiciosos, e en 10 minutos do segundo período sacan unha renda de 3-1, pero os barrocos non se rinden e aproxímanse no electrónico cun gol de Borja. Nos mellores momentos visitantes, tras un erro, chegaría un novo gol do Pedralbes. De aquí ao final, o Caldaria inténtao pero soamente lograría recortar a un gol a distancia dos catalán,s co que se chegaría ao final do encontro co resultado de 4-3. Ourense Galicia Calidade O equipo feminino de División de Honra, o Ourense Galicia Calidade reanuda a competición o domingo, 6 de marzo, ás 13 horas en Mariñamanse, e se enfrontará ao Júnior na segunda

fase do campionato, fase na que se xoga a permanencia na máxima categoría do hoquei herba nacional. Citas en Mariñamansa O vindeiro domingo, 6 de marzo, o Caldaria Barrocás recibe en Mariñamansa ao Egara 1935, a partir das 11 horas. O adestrador Miguel Castaño poderá contar con todos os seus pupilos nun partido crucial para as aspiracións dos ourensáns de manter a categoría a final de tempada. Tamén se reanuda a competición na Primeira División o sábado, 5 de marzo cos encontros que se disputarán en Mariñamansa entre o Pabellón - Apóstol (18 horas), Cidade de Ourense - Caldaria Barrocás (16 horas) e o Albor - Calor y Fuego - Cudeiro, ás 20 horas.

Participantes da actividade de Ociourense de piragua. /RAMSÉS

Alternativa lúdica para as fins de semana da mocidade ourensá 4 O programa “Ociourense” inclúe unha gran variedade de actividades culturais, deportivas e de ocio que terán lugar os venres ou sábados de febreiro a maio. Redacción

4 Cidade de Ourense Infantil Os infantís do Cidade de Ourense proclamáronse campións galegos da categoría infantil masculina de sala despois de disputar a liga en gañar todos os encontros disputados.

Os mozos ourensáns de entre 15 e 30 anos, teñen dende o mes pasado unha alternativa lúdica e sá para gozar dunha maneira distinta das súas fins de semana, xa que a Concellería de Sanidade puxo en marcha ata maio, “Ociourense”, un programa que inclúe actividades de cultura, deporte e ocio para todos os gustos, e que prevé que congregue a preto de 1.200 mozos. O departamento encabezado pola socialista Marga Martín organizou esta oferta lúdica en tres grupos. Por unha ban-

da, entre as actividades culturais atópanse cursos de habilidades teatrais e flashmob (consistente, este último, na creación dunha representación pública sorprendente), ou un seminario de cine e debate, que inclúe a proxección de seis filmes cunha temática orientada á mocidade. En canto ás iniciativas deportivas, os mozos poderán realizar excursións en BTT, cursos de iniciación ao piragüismo e a escalada ou unha andaina sen tabaco. E no tocante á oferta máis lúdica, o programa inclúe un campionato de PS3, un curso de elaboración de cocteis sen alcohol e outro

de bailes de salón por diversos puntos da cidade. Diversas ubicacións Un amplo abano de actividades que se desenvolverán en sesións de dúas horas os venres ou sábados de febreiro a maio. E que terán como escenario diversas instalacións da cidade, como son a Casa da Xuventude, o Centro Cívico de A Cuña, a Aula da Saúde de As Lagoas e a Presa de Velle. Inscricións Todos os interesados poden inscribirse de balde na páxina web deste programa, www.ociourense.es.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ENTREVISTA

19

Ángel Zaragoza, membro da Escudería A Roda:

“Nas probas automobilísticas somos todos amigos, entre nós non hai intereses económicos” Lodeiro/Torres

Angel Zaragoza coa súa colección de coches. /RAMSÉS

Organizador e cronometrador dalgunhas das citas automobilísticas máis importantes da nosa provincia, Ángel Zaragoza, actualmente membro da Escudería A Roda Ourense, é un amante do mundo do motor en tódolos tamaños, xa que desputa ou colabora nun rali coa mesma precisión e interese cos que vai confeccionando, ao longo da súa vida, unha das máis completas coleccións de obxectos relacionados con estas citas deportivas. Desde cando sintes tanta paixón polo automobilismo? Ángel Zaragoza: “Creo que desde que nacín” Coleccionas algún tipo de obxecto? A.Z.: “Desde fai 25 anos colecciono todo o que teña que ver cos rallis: revistas, libros, pegatinas e turismos en xeral. Estes últimos son coches de coleccionista, o 90% deles modelos deportivos.” A que coche da túa colección lle tes máis cariño? A.Z.:“A un Ford Escort de Reverter”. E cal é o que che resultou máis difícil de conseguir? A.Z.:“Un Renault 4 do Ralli de Montecarlo, que atopei nunha tenda en Chaves, Portugal”. Foi casualidade? A.Z.:“Si, totalmente.” Fixéronche algunha vez unha oferta económica por algunha das pezas que coleccionas? A.Z.:“Por ese coche en concreto sí, pero non me acordo nin qué cantidade me ofreceron, non o vendín.” Que cres que lle falta á túa colección?

A.Z.:“Moitos coches”. Tes unha lista daqueles que desexas conseguir? A.Z.:“Non, miro en editoriais especializadas e en tendas, pero nada máis”. De cantos coches estamos a falar? A.Z.:“Entre 400 e 500”. A túa paixón polo motor refléxase tamén en colaboracións con distintas probas de automobilismo, en cales participaches como organizador e que función realizabas nelas? A.Z.:“Empecei fai 25 anos no Ralli de Ourense.

Agora colaboro no Ralli Príncipe de Asturias e nas subidas que hai na nosa provincia (como Castro de Beiro ou A Saleta) e en Chantada. Boto unha man cronometrando, é dicir, como oficial”. Participaches algunha vez como piloto ou copiloto? A.Z.: “Só unha vez, fai uns quince anos, nun ralli pequeno que tivo lugar no Salnés. Participei como copiloto dun Volkswagen Karmann, feito en Alemaña do Leste e ao que lle cha-

Unha parte da colección de Angel Zaragoza. /RAMSÉS

maban o Porsche dos pobres porque é moi parecido en estética ao orixinal pero moito máis barato”. E que sensación tiveches? A.Z.:“Indescriptible... Pásalo moi ben e coñeces xente, que é precisamente o principal obxectivo das probas de automobilismo. Somos todos amigos, aí non hai intereses económicos”. Este ano vas colaborar nalgunha? A.Z.:“En principio estarei na Subida a Xunqueira e despois no Ralli de Ourense, tanto no de velocidade como no de clásico. Pero practicamente axudo en todas as probas que hai en Galicia porque vou como espectador e ao atoparme con alguén da organización xa soa frase de sempre: ‘Zaragoza estás aquí! pois a botar unha man que falta xente’”. A crise tamén chegou ao mundo motor, que probas non se van realizar por este motivo? A.Z.:“Xa é seguro que a de Pereiro de Aguiar non se vai a facer, como aconteceu o ano pasado. A primeira proba que sí se celebrará será a Subida a Xunqueira, o 14 e 15 de maio” Como describirías aos seareiros ourensáns do automobilismo? A.Z.:“Sempre nos calificaron como a mellor afección, xa que os pilotos din sair maravillados de Ourense. Segundo eles desputar unha proba deste tipo na nosa provincia é como para un equipo de fútbol ir a xogar ao Bernabeu ou ao Nou Camp. De feito, merecidamente, o Ralli de Ourense foi considerado este ano como a mellor proba do Campionato de España”.


20

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ACTUALIDADE

Naturock acolle a I Noite de Rap

4 Será o venres, 11 de marzo e participarán cinco grupos de Hip-Hop desde as 22.00 ata as 02.30 horas. Redacción

A discoteca Nathura, situada en Valle Inclán, 6, acolle o venres, 11 de marzo, a partir das 22.00 horas e ata ás 2.30 horas, a primeira edición de “Noite de” que se celebra na nosa cidade.

Nesta edición actuarán cinco grupos ademais de contar con outras actividades. Os grupos que entrarán en escea son: Rack eterno (Porriño - Pontevedra), un dos mellores rapeiros galegos e Karma sound (Lugo) que produciu instrumentais

Mesa redonda sobre “As mulleres e o deporte”

4 No programa de actos do Día Internacional das Mulleres. P.L. A Concellería de Igualdade programa unha mesa redonda sobre “As mulleres e o deporte”, dentro do conxunto de actividades conmemorativas da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O debate celebrarase o mércores 16 de marzo no Centro Sociocultural Novacaixagalica (rúa Xoan XXIII), ás 20:30 horas. Na mesa intervirán Pino Díaz Pereiro, profesora da Universidade de Vigo especia-

Deu comezo a actividade “Ximnasia, un deporte para todos e todas” Redacción Un total de 500 alumnos de Primaria de sete centros educativos da cidade participarán na actividade da Concellería de Educación “Ximnasia, un deporte para todos e todas”. O obxectivo da iniciativa consiste en dar a coñecer o deporte da ximnasia nas súas respectivas modalidades e ofrecer aos

lista no ámbito deportivo e ex-ximnasta (membro da Selección Nacional de Ximnasia Rítmica nos anos 1980-1984). Xunto a ela estarán Lis Franco Iglesias, ex-xogadora de fútbol internacional, e Pablo Fernández Valencia, licenciado en Educación Física e profesor no colexio de Mende. Ademais, Igualdade celebra o 8 de marzo con cine, teatro, unha xornada lúdica, unha exposición e a entrega do premio Clara Campoamor. nenos e nenas unha posibilidade máis de ocupar o seu tempo de lecer. O CEIP Manuel Luís Acuña foi o primeiro dos sete colexios participantes que acolleu a actividade. “Ximnasia, un deporte para todos e todas”, consta de dúas fases: unha teórica, nos propios centros escolares, e onde os deportistas do Club Ximnasia Pavillón contarán as súas experiencias, incidindo nas técnicas de ximnasia e trampolín; e unha práctica, que terá lugar no Pavillón dos Remedios onde os alumnos participarán con adestradores en obradoiros de ximnasia distribuídos por grupos.

para grupos nacionais de renome; BajoDeros (Chapela e Pontevedra), que buscan nas súas letras un modo de expresión e reivindicación social; os ourensáns In the klouds que xa levan actuado nalgúns concertos e acaban de abir un estudio; DTTS, dous MC´s que levan as

súas costas unha boa cantidade de concertos; e Shot y Antone, que unen as súas forzas para esta ocasión (Ourense-Porriño). Estes grupos darán o mellor de si para facer desta primeira edición de “Noite de” unha noite inolvidable. Actividades complementarias Se non parece suficiente a actuación destes cinco grupos, nesta “Noche de” a celebrar na discoteca Nathura haberá varias actividades complementarias como son a actuación dos breakers “Black Shadow” grupo formado por cinco bailaríns da cidade de Vigo e que

Rack Eterno participarán en “Noche de Rap” en Nathura conta nas súas filas con algúns dos mellores breakers galegos a nivel individual. Tamén se poderá ver a realización de dous graffitti por parte de Javier Ramírez (Reni), gañador do concurso Galizacrea e Nacho Sánchez (Nachei), estudante de

deseño gráfico. Entradas O custo da entrada é de 3 euros anticipado ou de 6 euros en taquilla. Os puntos de venda das entradas son: 4 elementos, Juvena e Swass.


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ACTUALIDADE

21

Programa do Entroido 2011

Isabel Pérez: “Priorizamos o Entroido como unha festa clave na cidade que aumenta cada ano en participación” A Concellería de Cultura vén de presentar a programación de actividades do Entroido, que comprende as diferentes tradicións entroideras da cidade, como son o Frei Canedo e as Romanas da Ponte, Paquita e Nicanor en Seixalbo e A Pita das Eiroás. “Despois dos xoves de compadres e comadres arrancamos con cinco días de festa ininterrumpida en toda a cidade adicados a trangresión, a diversión, a irreverencia e o bó humor do que facemos todos gala nestas datas”, afirmou a edil de Cultura, Isabel Pérez. As celebracións do Entroido terán as súa tres principais citas no desfile do venres, 4 de marzo, a noite do luns 7 e o Martes de Entroido, día grande nos diferentes núcleos de Ourense. “Por fortuna – indicou Isabel Pérez – Ourense conta cunha longa tradición de Entroido con manifestacións singulares en cada zona; polo que era preciso que todas foran integradas de xeito complementario aplicando ese principio de descentralización prioritario na nosa acción de goberno,

que permite que esta sexa unha festa de todos e todas os ourensáns”. Este afirmación foi secundada e recoñecida polo representante das Pitas de Eiroás, Lois Pardo, quen lembrou que “Ourense non é só a Praza Maior, e gusta ver como ano tras ano se vai consolidando esta pluralidade”. Durante a súa intervención, a tenente de alcalde de Ourense defendeu o papel central que a festa do Entroido ocupa na labor da Concellería de Cultura, pois trátase dunha celebración “na que vemos como cada ano vai aumentando a participación dos veciños e veciñas e que, ademais, son máis os que nos visitan de fora”. Nesta liña, Isabel Pérez explicou que “para podermos seguir crecendo é importante que programemos unha oferta de Entroido completa, diversificada e para todos os públicos” na que ten especial cabida a programación infantil. A concelleira apuntou que “cando se trata de investir en actividades para cativos, témolo moi en conta pois se trata dun investimento

de futuro; contribuimos a formar os entroideiros de mañá, legándolles a herdanza que nós recibimos”. Diferentes tradicións Especial relevancia tivo a presentación dos diferentes entroidos da cidade, cos que Cultura colaborou na dotación de infraestruturas e materiais. Estivo presente a Pita das Eiroás, mascara ourensá por excelencia, que tal como lembrou o seu representante Lois Pardo, cumple esta edición dez anos de historia, tradición recuperada de mediados de século e que cada ano vai sumando novos adeptos. Interviu tamén Natalia Camba en representación da festa de Paquita e Nicanor, en Seixalbo, Entroido que este ano incorpora como novidade a celebración dun xantar organizado pola Asociación Irmandiños de Seixalbo e que cumple unha vez máis coa tradición “de escoller por sorteo os veciños que elaborarán os bonecos de Paquita e Nicanor, que logo serán sacados en procesión por todo o pobo”, explicou Camba. No barrio da Pon-

A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, xunto aos representantes dos entroidos de Eiroás, Seixalbo e Frei Canedo e as Romanas da Ponte.

As citas principais serán o desfile do venres 4 de marzo, a noite do luns 7 e o Martes de Entroido te, o Entroido identifícase coa tradición de Frei Canedo, que, explicou un dos seus representantes Ignacio Villar “xurdiu fai uns nove anos ao redor dunha cunca de viño”. Festa irreverente e trangresora por antonomasia, a tradición de Frei Canedo conta con máis de 80 cofrades e organiza cada ano “procesión solemne” polas rúas da Ponte que

remata en xantar e baile. Á procesión súmanse as outras representantes do Entroido pontino, as Romanas, que como lembrou Isabel Pérez “establecen un vínculo importante entre o pasado romano da cidade e o presente” e que tal e como informou a súa representante Susana de la Fuentes, xurdiu en 2003 e conta cunhas 20 “romanas”.

Despois do xoves de compadres e comadres (3 de marzo) as celebracións do Entroido arrancan o día 4, venres, e prolongaránse até o día 9 de marzo, coa tradicional procesión e enterro da Sardiña. Nestes días sucederánse as actuacións musicais a cargo de diferentes orquestras e máis de 15 charangas animarán as rúas e prazas da cidade.

Turismo pon en marcha a campaña “Empápate de Entroido” Recolle ofertas de hoteis, restaurantes e instalacións termais A Concellería de Turismo vén de presentar a campaña “Empápate de Entroido” para a promoción turística da cidade nestas datas festivas. Aos paquetes turísticos habituais que inclúen ofertas de hotel e restaurante, o departamento que dirixe a nacionalista Ana Garza incorpora este ano unha proposta termal, recollendo as actividade das estacións de Chavasqueira, Outariz e As Burgas, así como dous hoteis balneario. Tal e como explicou a

edil de Turismo, Ana Garza “considerábamos fundamental facer unha proposta completa e atractiva, o que nos obligaba a incluir esas propostas termais que dan un valor engadido a este Entroido ourensán, facilitando un momento de relax entre festa e festa”. A concelleira amosou a súa confianza en que nesta edición “manteñamos ou mesmo superemos as cifras do ano pasado, nun Entroido que se saldou cun 80% de ocupación hoteleira”.

A campaña está orientada a facer de Ourense punto de lanzadeira aos diferentes entroidos da provincia, xa que como explicou a concelleira “Ourense está situada no centro dese triángulo máxico que conforman Laza, Xinzo e Verín e debe aproveitarse da súa situación estratéxica, por capacidade hoteleira e de servizos, difundindo tamén a nosa festa, que é envidiable”. Distribuiranse máis de 5.000 folletos promocio-

Marcos Barros, vicepresidente de UHO, Ana Garza, concelleira de Turismo, e Pablo Villuendas, xerente de Ibernisha, na presentación da campaña. nais, que recollen ofertas de noites de hotel en 12 establecementos da cidade e provincia, incluíndo hoteis balneario; nas instalacións termais de A Chavasqueira, Outariz e As Burgas; así como 14 propostas de menús especiais “cunha oferta

variada e a prezos competitivos, que é algo polo que nos esforzamos sempre”, lembrou o vicepresidente da UHO, Marcos Barros. Pola súa banda o xerente de Ibernisha, Pablo Villuendas, anunciou que para este Entroido Chavasqueira e

Outariz organizarán concurso de disfraces para cativos e mocidade. Dous actos promocionais en Vigo e Santiago e a instalación de valados informativos nas principais entradas da cidade completan a campaña.


22

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

ACTUALIDADE

As novas instalacións deportivas do campus de Ourense só posúen homologación B 4 A única solución para realizar na zona campionatos nacionais pasa por efectuar as probas de lanzamento de xabalina, martelo e disco en Monterrei. Redacción As novas instalacións deportivas do campus de Ourense foron inauguradas o pasado 24 de febreiro baixo o manto da polémica, xa que os atletas da nosa cidade non entenden que despois de precisar unha inversión económica de dousmillóns de euros, estas non conten coa homologación máxima precisa para acoller un campionato oficial. Dende o Ourense Atletismo Academia Postal critican a falla de consideración que as institucións públicas lle prestan sempre a este deporte e que, ademais, unha vez posto en marcha un proxecto do que tamén forma parte dita disciplina non se tivese en conta a opinión dos seus técnicos. Gran proxecto, pero incompleto O recén inaugurado, pero xa en funcionamento, complexo deportivo, sito no campus universitario ourensán, precisou unha inversión total de dous millóns de euros, que a Secretaría Xeral para o Deporte e a Universidade de Vigo afrontaron a partes iguais, mentras que o Concello de Ourense, pola súa banda,

proporcionou os terreos precisos para a edificación. Unhas instalacións que a nosa cidade precisaba, pero que non cumpliron por completo as expectativas. O complexo está composto por unha pista de atletismo con zona de saltos e foso de lanzamento de peso, e unha zona central de herba sintética que actúa como campo de fútbol e rugbi (divisible en dous campos transversais de fútbol 7). O problema radica precisamente no feito de que a superficie sintética non pode empregarse para o lanzamento de xabalina, martelo e disco, o que leva consigo que esta infraestrutura tan só logre acadar a homologación B por parte da Federación Española de Atletismo.

Homologación compartida con Monterrei Ante a ausencia dos permisos máximos para acoller en exclusiva eventos oficiais, estas novas instalacións universitarias só poden ser sede dun campionato nacional se as probas de lanzamento para as que non están adaptadas se celebran no complexo de Monterrei (que ao estar a menos de 25 km de distancia pode compartir, por norma, a homologación). Sen embargo, o lóxico é que nese caso este último fose o escenario da competición completa, xa que nel sí se poden desputar tódalas disciplinas. Por este motivo os atletas ourensáns sinalan que as carencias das instalacións do campus “son gravísimas

e difíciles de solventar”. Consenso para a solución As institucións implicadas nesta polémica ofrecen solucións diversas ao problema. Segundo o Concelleiro Municipal de Deporte, Fernando Varela, “é precisa unha reunión a tres bandas (Concello, Xunta e Universidade) para habilitar conxuntamente unha zona acoplada á esta instalación na que sí se poidan realizar as probas de lanzamento”. Ademais, sinalou que a súa concelleiría adicará unha partida de 70.000 euros para a adquisición do material deportivo preciso nesta nova infraestrutura. Pola súa parte, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, comprometeuse a acudir a esta xuntanza e a que o goberno autonómico porá todo o que estea na súa man para atopar unha “solución unánime” ao respecto. Mentras tanto, Lete considera que a mellor opción é que a instalación universitaria acade a homologación máxima en colaboración co complexo de Monterrei, unha alternativa que conta co apoio incondicional da Secretaría que representa.

As instalación deportivas do Campus inauguráronse cun amigable de rugbi. /RAMSÉS

Concello e Deputación pactan mellorar varias zonas deportivas

4 As dúas institucións trataron sobre as instalacións de Oira, Velle e Mariñamansa. Redacción Dende fai unhas semanas o Clube Deportivo Ponte SAD mantén unha loita aberta contra o Concello de Ourense en relación ás instalacións deportivas de Oira, xa que segundo a entidade pontina, presidida por Plácido Díaz e principal usuaria destas infraestruturas, as condicións das mesmas, así como o seu tempo de apertura, non é para nada o axeitado. Con motivo deste enfrontamento, o Pazo Provincial ourensán foi o escenario escollido por Concello e Deputación para celebrar unha agardada reunión entre o edil de Deportes, Fernando Varela, e o presidente do organismo provincial, Xosé Luis Baltar, para acadar un acordo entre ambas instituacións tanto en relación a este polémico asunto como outros temas. Como non podía ser doutro xeito, o primeiro punto a tratar foi o caso do complexo deportivo de Oira, para o que ambas partes acordaron manter unha reunión coa directiva do Ponte S.A.D. co fin de solicitarlle unha relación da súas demandas, que posteriormente serán valoradas en termos económicos de cara a acometer un proxecto de actua-

ción conxunto na zona, que se formalizará mediante un convenio entre Concello e Deputación. Agardando deste xeito que quede demostrada a vontade de colaboración mantida en todo momento polo organismo municipal ante un enfrontamento que, segundo Fernando Varela, “non responde a intereses deportivos”. Investimentos en Velle Outro tema de debate foi a mellora das infraestructuras de Velle, onde o organismo provincial proporcionará 300.000 euros para a construcción dun campo de herba sintética, mentras o Concello realizará diversas obras complementarias para a optimización da área. Finalmente, trataron as posibilidades de actuación en Mariñamansa, respecto ás cales ambos responsables políticos lamentaron que a situación xurídica na que se atopa a zona neste intre impida realizar calquera tipo de iniciativa conxunta. Todo un exemplo de consenso entre ambas institucións que o nacionalista Fernando Varela celebrou logo de rematar o encontro. Segundo o concelleiro de Deportes “é importante que as administracións públicas sexan quen de sumar esforzos polo ben dos cidadáns, é un exercicio de responsabilidade política”.


EDUCACIÓN E DEPORTE

BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº30 - Ano: III - 2 de marzo 2011 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Deporte e convivencia entre barrios

Foto de familia dos participantes da Xornada de convivencia celebrada no 21. /RAMSÉS

4 O IES Xulio Prieto Nespereira acolleu o pasado 26 de febreiro o IV Torneo de Convivencia entre barrios, organizado pola Concellería de Educación ourensá. R.T. Escolares procedentes de diversos centros educativos da cidade déronse cita o pasado sábado 26 de febreiro no Instituto de Educación Secundaria Xulio Prieto Nespereira no cuarto Torneo de Convivencia que organizou a Concellería de Educación. Unha iniciativa que busca reunir unha vez ao mes a nenos e nenas de

todos os barrios de Ourense para que aprendan a importancia dunha convivencia cordial fóra das aulas a través do fútbol sala. De 10 a 13 horas os rapaces participantes gozaron dun dos seus xogos favoritos nunha festa moito máis que deportiva e todos foron agasallados con material educativo da man da concelleira responsable, Ana Garrido.

Os nenos gozaron dunha xornada de convicencia no IES Xulio Prieto Nespereira. /RAMSÉS

4O RINCÓN DO MESTRE

Os efectos positivos e beneficiosos da relaxación mental (II) Técnicas de visualización A visualización é unha técnica para relaxarnos física e mentalmente. As técnicas de visualización proponnos aprender a usar a imaxinación de forma positiva e creativa. Consiste en enfocarse ou proxectarse nunha escena ou imaxes positivas que resulten pracenteiras, agradables e resúltennos relaxantes: - Un lago, - O mar. - Unha posta de sol. - Un día na praia. - As cores - Un prado con flores e cheiros, - Observar a paisaxe desde un outeiro. - Unha noite de lúa e estrelada. - Un itinerario cotián. - Un día de neve. - Escoitar sons tales como música lenta, canto gregoriano, vento, fervenza de auga, choiva. Practicar visualización é fácil, relaxante e axuda a pensar claramente. En realidade todos dunha forma ou outra practicamos a visualización nas nosas vidas. A técnica da visualización é efectiva porque todo o que facemos comeza na mente. Usa a túa mente, usa a túa imaxinación para relaxarte e alcanzar as túas metas. Sempre tras os exercicios de relaxación podemos comprobar como a nosa mente está envolvida nunha nube de positividade, calma e alegría. Guía xeral para a técnica de visualización - Elixe un lugar tranquilo, silencioso e osixenado. - Unha temperatura axeitada, sen correntes de aire, nin frío para facilitar a relaxación.

- Utiliza roupa cómoda e solta. - Luz moderada, entre penumbra e escuro, para evitar a distracción que provoca a luz. - Pecha os ollos sen apertar moito as pálpebras. - Os participantes deben estar separados sen tocarse. - Sentar comodamente nun sofá, nunha cadeira con respaldo ou tombado boca arriba nunha cama ou nun diván cos brazos e as pernas lixeiramente apartadas do corpo. - Respira amodo e profundo, sente como o teu estómago ínflase. Sente como inspiras e expiras. Podes expirar polo nariz ou a boca. - A mente ha de implicarse na técnica a levar a cabo, mergullándose na imaxinación e visualizando escenas ou imaxes agradables e pracenteiras. Imaxínate que estás nun lugar cheo de paz e tranquilidade. Visualiza na túa mente un lugar onde podes sentirche en paz, en calma, en tranquilidade. (un lago, a mar, un día na praia, etc.). Familiarízate e sente a contorna con todas as súas vivencias. - Ao finalizar, débense abrir os ollos antes de realizar os movementos, mobilizando lentamente as extremidades. - Nun principio ha de ser dirixida por unha persoa cualificada, para máis tarde efectuala a persoa maior nalgúns casos ou continuar coa axuda do especialista. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

Usa a túa mente, usa a túa imaxinación para relaxarte e alcanzar as túas metas


BARRIOS DEPORTIVO 2 de marzo de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.