7 Setembro 2012 - BD Nº62

Page 1

Rali históricos, os irmáns González a pola vitoria en Galicia FÚTBOL

Páx.2-3

4 O CD Ourense comeza a tempada 2012-2013 cunha vitoria e un empate na Liga de Segunda División, e pasando á segunda rolda da Copa do Rei.

BALONCESTO

[páx. 10] Páx.13

O COB presenta a súa Fanzone

David Pérez conquista o V Futures Cidade de Ourense Páx.12

Arranque con carácter

Do 7 ao 9 de setembro, VIII Octopus Hockey Festival Páx.4

Número: 62- Ano: IV - 7 de setembro de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

AXENDA / FÚTBOL

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 8 de setembro. estadio Miguel Anxo -17.00h.- Pabellón Ourense - Sporting Gijón. - Día 9 de setembro. Oira -12.00h.- Ourense B Covadonga - Día 9 de setembro. O Couto -17.00h.- CD Ourense - CD Tenerife. - Día 16 de setembro. Os Carrís. UD Barbadás - Alondras CF. - Día 16 de setembro. José Arjiz (Verín). CD Verín - CD Valladares. - Día 16 de setembro. O Barco. CD Barco - USD O Grove. - Día 16 de setembro. Oira (Ourense). Ponte Ourense B - UD Atios. - Día 16 de setembro. O Carballiño. Arenteiro - Ribadumia CF. - Día 23 de setembro. O Couto. CD Ourense - Coruxo.

Baloncesto

- Día 14 de setembro. Paco Paz -18.30h.- Obradoiro Breogán. 1ª semifinal da Copa Galicia. - Día 14 de setembro. Paco Paz -21.00h.- Club Ourense Baloncesto - Básquet Coruña. 2ª semifinal da Copa Galicia. - Día 15 de setembro. Paco Paz -20.00h.- Final da Copa Galicia entre os vencedores das semifinais.

Fútbol sala feminino

- Día 15 de setembro. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Poio. - Día 15 de setembro. Os Remedios -20.00h.- Cidade As Burgas - Fervenza.

Atletismo - Día 16 de setembro. Manzaneda. VII Maratón de Montaña de Galicia -Penedos do Lobo-. Horarios: 08.00h. Maratón (42 quilómetros), 08.15h. Andaina (25 quilómetros), 09.00h. BTT (44 quilómetros), 09.30h. Cross (25 quilómetros). - Día 16 de setembro. O Barco de Valdeorras. XXVI Milla Urbán do Barco. - Día 16 de setembro. Celanova -10.00h.- Andaina Saudable de Celanova.

Un xogador do Ourense disputando o balón a un do Atlético de Madrid B no partido de estreno do equipo “rojillo” na Segunda

Un comezo ilusionan

4 CD Ourense debuta en 2ªB vencendo ao Atlético de Madrid B en R. Torres Un comezo ilusionante é o que se pode decir das dúas primeiras xornadas de CD Ourense no seu retorno á Segunda División B.

Despois dos consabidos problemas da entidade durante o verán -con causa de disolución de por mediopara poder saír a competir esta tempada, no primeiro partido de liga vencen 31 ao filial do Atlético de

Madrid e convencen á parroquia ourensá. A pesar de que se contaba cunha presenza de afeccionado maior, o certo é que as bancadas estiveron máis cheas que a media de espectadores que acudían ao

Hoquei Herba

- Días 7, 8 e 9 de setembro. Mariñamansa. VII Octopus Hockey Festival -Open de Hoquei de Veteráns.

Tiro

- Día 9 de setembro - Club Eiroás - Campionato Autonómico Fogo central e pistola damas. - Día 16 de setembro - Club Eiroás - Campionato Autonómico de pistola standard.

Balonmán

- Día 8 de setembro - Os Remedios -17.00h.- Balonmán Pabellón-Tui. - Día 8 de setembro - Os Remedios -19.00h.- Balonmán Pabellón - Seis do nadal .

Un xogador do Guijuelo busca despexar o balón ante o intento dun “rojillo” de tirar a porta./RAMSÉS

Couto o ano pasado. No relativo ao partido, o filial colchoneiro comezou o seu partido dominando o balón, pero de seguido o Ourense asentouse no campo e empezou a equilibrar a posesión. Así chegaría o primeiro gol ourensán nesta 2ªB; Noguerol intérnase en diagonal na área rival e bate por baixo ao cancerbeiro Ángel, un a cero ante a algarabía local. Antes do descanso, un penalti un tanto dudoso fixo devolver as táboas ao marcador do Couto. No segundo tempo Lui-

O CDO venceu 3-1 ao Atlético de Madrid B na primeira xornada de liga


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

FÚTBOL

Unha terceira esixente 4 O Barbadás inicia a liga cun empate e unha derrota. Redacción

a División B./RAMSÉS

nte

n empatando ante o Guijuelo. sito faría unhas variacións tácticas poñendo a Yebra e Álex de dobre pivote para ter máis control do tempo do partido. No minuto 53, á saída dun córner Quintairos remataría no segundo pao de cabeza o balón colocando o dous a un no electrónico. Xa no minuto 86, Sanginés aproveitase dun erro da zaga visitante para, de tiro cruzado, colocar o 3 a 1 definitivo, e os tres primeiros puntos para un Ourense que comeza a ilusionar. Empate en Guijuelo Na segunda xornada o Ourense desprazábase ata terras salmantinas para disputar o encontro contra o Guijuelo. O equipo charro estivo a piques de non participar na competición (tivo que aprazar o

seu primeiro encontro da Liga) por motivos económicos. Unha reunión entre directivos e patrocinadores fixo que finalmente o equipo saíra a competir na Segunda División B. Despois destes problemas, o técnico “rojillo” tiña claro que os xogadores do Guijuelo ían querer demostrar que podíase confiar neles, polo que o partido non ía a ser nada doado. Sanginés adiantaba aos cinco minutos de encontro aos visitantes. Durante os primeiros minutos o dominio foi claro para os ourensáns, pero os locais logo fixeronse co dominio e tiveron claras ocasións. Noguerol tamén tivo as súas diante do cancerbeiro local, pero desaproveitounas. Cando todo parecía que o Ourense tiña os tres puntos no

O axustado encontro contra o Guijuelo puido comprobarse en moitas xogadas./RAMSÉS bolsillo o gol guijuelense puxo o empate no marcador e o reparto de puntos para cada equipo. Corría o minuto 87 cando o gol, á saída dun córner, local subía ao marcador. A pesar do empate nas postrimerías do encontro, Luisito mostrábase satisfeito co punto logrado polos seus pupilos. Copa do Rei Entre medias da primeira e a segunda xornada de Liga, o Couto voltaba a acoller, anos despois, un partido da Copa do Rei. Era en primeira rolda e enfrontaba ao Ourense contra o Ávila. O conxunto visitante comezou golpeando primeiro cun gol desde fóra da área. Esto espoleou aos ourensáns e comezaron a ter o dominio do balón. Con todo, o empate non chegaría ata a

segunda metade, cando Iker no minuto 49 remataba á rede. Jona, aos poucos minutos de entrar no terreo de xogo e debutar coa elástica “rojilla” dáballe a volta ao marcador para por o 2-1 que levaría a superar a rolda ao Ourense. O partido de segunda rolda será o 12 de setembro en Inca contra o Constancia, vello coñecido dos ourensáns cando os apearon fai dous anos do ascenso á 2ªB.

O 12 de setembro o Ourense verase as caras co Constancia, na segunda rolda da Copa do Rei. Será en Mallorca

O equipo ourensán do Barbadás, que certificou o ascenso á Terceira División de forma brillante, está a ter un inicio de campaña titubeante. Na primeira xornada empatou a un gol ante o Betanzos, mentres que na segunda caía ante o filial do Deportivo da Coruña na casa. No partido disputado como local, o primeiro ante a súa afección, as cousas non puideron comezar mellor. Os de Jorge Regal anotaron o un a cero antes dos dez primeiros minutos obra de Prada. Esto fixo que o dominio correra a cargo da escuadra local con algunha que outra ocasión de gol. Antes do descanso, Romay facía o empate para os branquiazuis. No segundo tempo o dominio foi dos visitantes, ata que Dani Iglesias aos

dez minutos da reanudación facía o 1-2 definitivo. No último minuto, a defensa filial sacou baixo paos o que podería ser o empate. Unha derrota que da mostras da dificultade desta Terceira División. Ferrol, Pontevedra, Compostela, Vilalbés, Cerceda e os filiais do Dépor e Celta son equipos que avisan da gran calidade que ten o grupo galego da Terceira División, algún deles ben poderían estar nunha categoría superior. Polo que este ano loitarán por todo. Vindeira xornada Para a xornada tres o Barbadás visita a cancha do Rápido de Bouzas. O equipo vigués leva os mesmos puntos que os ourensáns, un. Os azuis tentarán lograr a súa primeira vitoria da súa historia na Terceira División. O vindeiro partido na casa será contra o Alondras o 16 de setembro.

O inicio ligueiro do Barbadás está sendo irregular.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

ACTUALIDADE

Volta o “Octopus Hockey Festival”

4 Os veteráns deste deporte veranse as caras os días 7, 8 e 9 de setembro en Mariñamansa. Redacción

Piscinas do complexo deportivo de Serviocio Eiroás. /M: REJO

Abre o complexo deportivo de ServiOcio Eiroás 4 13.000 metros cadrados dedicados á práctica deportiva. Redacción O 4 de setembro entrou en funcionamento o centro deportivo Eiroás, que xestiona a empresa ServiOcio e en cuxa construción investiu máis de sete millóns de euros. Un recinto de 13.000 metros cadrados que combina campo exterior de fútbol de herba artificial, piscina, ximnasio e tres salas de actividades. Desde o primeiro día os abonados deste complexo deportivo puideron facer uso das instalacións da zona de seco, mentres uns días despois abriu ao público a zona acuática. Equipamento de alta gama ServiOcio fixo unha aposta forte polo equipamento deportivo do ximnasio, 600 metros cadrados preparados con máquinas de alta gama coa tecnoloxía máis avanzada coa que se pode contar, que supuxeron un investimento valorado en 600.000 euros. Os elementos de adestramento cardiovascular contan con conexión a iPod, iPhone e iPad, para que os abonados poidan escoitar a súa música, descargar contidos ou gozar dos seus apps de actividade física. Ademais, unha alta porcentaxe deles dispón de televisión incorporada, coa que

sintonizar a canle preferida ou ver nelas os contidos almacenados nun dispositivo móbil. Os elementos de adestramento da forza están estudados biomecanicamente para que a execución do exercicio sexa óptima. Estes están dispostos por zonas, para que en función do obxectivo de cada persoa, sexa máis fácil encontrar o aparello ideal para conseguilo. As mulleres terán un espazo especialmente pensado para elas na sala, xa que un deses circuítos conta con características e máquinas específicas para as súas necesidades e capacidades. Das tres salas de clases do centro, a máis grande é a dedicada ao ciclo indoor, cuxo equipamento é o de maior calidade do mercado. O axuste da bicicleta fai dubidar se estás sobre unha estática ou sobre unha real de estrada. O pedaleo é tan fino grazas á súa estudada biomecánica que permite ao usuario optimizar os resultados sensiblemente. Ademais, grazas ao sistema Suunto que incorpora, o técnico deportivo terá monitorizados a todos os participantes da clase, e coñecerá permanentemente a frecuencia cardíaca de cada un deles, o que repercute nunha mellora notable do desenvolvemento da se-

sión, xa que cada alumno poderá adestrar máis eficientemente o obxectivo marcado para ese día. Nas outras dúas salas, de 170 metros cadrados cada unha, impartiranse as clases de pilates, ioga, taichí, aeróbic, step, aerobox, stretching, ximnasia de mantemento, para embarazadas e para a terceira idade, actividade física para discapacitados, bailes, gap, tonificación ou deportes colectivos. A planta baixa está dedicada ás actividades acuáticas. Dispón dunha piscina deportiva de 25 x 12,5 e outra de aprendizaxe, spa, sauna e baño de vapor. O centro complementa a súa oferta con servizos de cafetería, salón de beleza e ludoteca. Horarios e prezos O prezo do abono individual é de 32 euros mensuais e o familiar 39,90 euros. O complexo abre de 7 a 23 horas de luns a venres, de 9 a 21 horas os sábados e de 9 a 14 horas os domingos.

O ximnasio está preparado con máquinas de alta gama coa tecnoloxía máis avanzada

O Club Deportivo Open organiza do 7 ao 9 de setembro o VII Octopus Hockey Festival, un open internacional de veteráns. Unha fin de semana na que o deporte, os reencontros, a gastronomía e o turismo se dan a man. Os encontros terán lugar no campo de herba Astroturf A (nas instalacións de Mariñamansa) e neles enfrontaranse seguindo a fórmula “Round Robin” (todos contra todos), con

reglas oficiais, excepto na duración dos partidos que será máis reducida do habitual. Participantes Nesta edición 2012 participarán un total de 7 equipos masculinos (con integrantes maiores dos 35 anos), que son o C.D. Open, Open Vigo, ATHC Terrasa; os portugueses Vilanovense e Club Sport de Portugal; e dous equipos holandeses, MHC e Zutphen. En canto á feminas serán representadas por dous conxuntos

con deportistas que superan os 30 anos, trátase do C.D. Open e o Team Galicia. Máis actividades Como xa se veu facendo nas edicións anteriores, este programa deportivo compleméntase con diversas actividades turísticas que inclúen unha visita pola cidade de Ourense así como ás zonas termais da mesma. Ademais, os participantes contarán coa recepción e cea oficial o venres 7, e unha comida conxunta o sábado 8.

O Octopus Hockey Festival 2012 conta con sete equipos masculinos e tres femininos. /ARQUIVO

BREVES

4 Milla Ur- 4 Andaina 4 Xadrez acbán do Barco saudable tivo O Barco de Valdeorras celebra a súa XXVI Milla Urbán. A data será o domingo 16 de setembro. Haberá dúas probas, unha popular e outra valedeira para o Campionato de España da distancia, onde soen participar algúns dos mellores atletas nacionais.

Celanova será a próxima cita en terras ourensás do I Circuíto Galego de Andainas Saudables. Esta iniciativa corre a cargo da Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Galicia Saudable. A andaina comezará ás 10 da mañá e terá un percorrido de 10.000 metros cunha dificultade baixa.

Na localidade coruñesa de Rianxo disputouse o segundo Campionato Galego de Xadrez Activo 2012. O xadrecista ourensán Francisco Sánchez Aller proclamouse campión logo de sumar sete puntos en oito roldas. Aller sacoulle medio punto aos seus inmediatos perseguidores.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

FÚTBOL XUVENIL

O Compostela logra o trofeo de Barbadás 4 De fútbol en categoría xuvenil. Redacción O Compostela logra alzarse co triunfo no trofeo de Barbadás de fútbol xuvenil disputado no estadio dos Carrís e ante unha grande afluencia de público nas bancadas. Na xornada matutina disputáronse as semifinais. Na primeira delas o Barbadás non foi rival do cadro santiagués. Os da capital galega endosáronlle ao anfitrión un 0-4 inapelable. Na segunda das semifinais a cousa estivo máis reñida, e o Pabellón, que foi o dominador, alcanzou a final ao vencer pola mínima (21) ao Lugo. Na final de consolación, os xuvenis do cadro local do Barbadás lograron a terceira posición ao vencer por un gol a cero ao Lugo.

Final Compostela e Pabellón chegaban á final con gañas de facerse co triunfo da sexta edición do torneo. Un gol dos santiagueses nos primeiros compases do encontro foi suficiente para lograr o triunfo, a pesar das acometidas do cadro ourensán. O Pabellón foi mellor no global dos 90 minutos, pero non foi quen de perfo-

rar a portaría rival e lograr cando menos o empate. Deste xeito, o Compostela quítalle o título ao Pabellón, quen era o que defendía o título logrado na quinta edición do torneo de Barbadás disputado nos Carrís -A Valenzá-. O xogador da SD Compostela, Arturo Míguez foi galardoado como mellor xogador do torneo.

O Compostela venceu a un Pabellón que defendía o título da edición pasada. /RAMSÉS

O Real Madrid mostra a súa superioridade 4 No Torneo de fútbol xuvenil Manolo Arnoia. R.T. O 25 de agosto celebrouse no campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo o cuarto Torneo xuvenil memorial Manolo Arnoia. No evento participaron o Real Madrid, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo e o Pabellón Ourense. O equipo madrileño conquistou o título. O primeiro partido do torneo enfrontaba ao Real Madrid contra o Celta de Vigo. Lozano e Lucas poñían o 2-0 para o Madrid nos últimos dez minutos da primeira parte, e deixaban todo de cara para alcanzar a final. Na segunda metade Álvaro e Gonzalo sentenciaban o

partido para os madrileños. Pablo facía o gol da honra a falta de dez minutos para o remate do encontro e sen tempo para a remontada. 41 final para o Real Madrid o metía na final. A segunda semifinal estivo máis igualada e chegouse ao final do encontro con empate sen goles. Na tanda de penaltis foi o Pabellón o que se levou o gato ao auga e accedeu á final. No encontro pola loita polo terceiro e cuarto posto a rivalidade foi a nota dominante entre dous clubs galegos, o Dépor e o Celta. O Deportivo adiantouse cun gol de Denis aos cinco minutos. Fernando antes do descanso poría as táboas novamente no marcador. Xa

na segunda metade, Chiño faría o definitivo 1-2 para o equipo coruñés logrando a terceiro posición. Na final, o Real Madrid mostrou de novo a superioridade ante un dos seus rivais, que nesta ocasión foi o Pabellón. O conxunto da capital española adiantábase no marcador antes do descanso. Na reanudación, os ourensáns devolvían as táboas ao marcador, pero dous goles máis dos brancos dábanlles o triunfo no cuarto memorial Manolo Arnoia de fútbol xuvenil.

Un xogador do Madrid controlando o balón. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

FÚTBOL SALA

O Cidade As Burgas salva o primeiro escollo 4 Vence con solvencia ao Montiño. R. Torres O Cidade As Burgas ven de vencer no seu primeiro encontro da fase de grupos da Copa Galicia. O rival era o frouxo Montiño ao que venceu por dous goles a nove. A gran superioridade das de Manolo Codeso reflectíuse no marcador nos primeiros 20 minutos. O gol do cadro local antes do descanso non variou nin un ápice o guión dun encontro totalmente controlado polas ourensáns. Na segunda metade seis goles máis das franxiverdes por un das de Mos fixeron que o marcador reflexara un tanteador de dous a nove final. O primeiro escollo xa estaba superado para chegar á fase final da Copa. A Copa está configurada por 10 equipos en tres grupos. Os dous primeiros grupos son de tres equipos pasando a semifinais os primeiro de cada un deles; o grupo terceiro (no que

O sábado 8 de setembro, Cidade Fervenza, ás 20 horas nos Remedios

Unha xogadora do Burela lanza o balón ante a portaría defendida por Antía. /RAMSÉS está o Cidade) está formado por catro equipos, dos cales dous pasarán ás semifinais. Con esta vitoria teñen máis preto a clasificación para loitar polo título. O vindeiro sábado xogarán o partido da segunda xornada contra o Fervenza. Será a partir das 20 horas na cancha central dos Remedios. De ven-

cer tería asegurada a súa presenza nas semifinais. Na última xornada enfrontaranse ao Leis de Pontevedra en data aínda por determinar. Copa Cidade O 24 de agosto o Cidade As Burgas organizou o I Torneo Cidade de As Burgas. O equipo organizador enfrontábase ao Burela Pescados Rubén, terceiro clasificado da pasada campaña en Primeira División. Durante a primeira metade o partido estivo moi igualado, e foi Maite nos

instantes finais quen poría en franquicia a escadra lucense. Na segunda metade o Cidade pagou o seu esforzo da primeira parte e sucumbíu ante os goles de Peque, Dany e Lidia, para perder por 0-4. Presentación Antes do encontro o club presentou ante os seus afeccionados ás xogadoras que formarán a primeira plantilla do Cidade nesta tempada 2012 2013 en Primeira División do fútbol sala feminino.

Cómoda vitoria

4 O Ponte Vence ao Fisober a domicilio por 1-7. R. Torres O Ponte Ourense, actual campión da Copa Xunta de Galicia, comezou con bo pe na súa andadura de revalidalo título. Ata Cee desprazáronse as púpilas de Óscar Vivián para disputar a primeira xornada da fase de grupos anteo Fisober. Na primeira parte, a pesar da superioridade técnica das visitantes, o marcador estaría moi igualado chegándose ao descanso cunha renda mínima para as pontinas (1-2) con goles de Laura e Ana. Na reanudación o guión mudou e as visitantes mostraron a súa superioridade na cancha e no electrónico. Drica (por dúas veces), Chiqui, Marta e Vanessa porían o definitivo 1 a 7 que pon máis preto ao Ponte das semifinais da Copa Xunta de Galicia. Partido contra Poio O sábado 8 de setembro, o cadro ourensán disputa o

seu último encontro da fase de grupos. Nesta ocasión será ás 17 horas na cancha central dos Remedio contra o Poio de Segunda División. Unha vitoria levaría ás albinegras ata as semifinais desta copa Galicia 2012. Drica renova Despois de varias semanas sen rubricar a firma no contrato para esta tempada, por fin Drica xa renovou co Ponte Ourense polo que militará un ano máis na escuadra pontina. A brasileira chegou o ano pasado ao Ponte logo de facer unha grande tempada no Rioja, equipo co que chegou á final da Copa de España 2011. O ano pasado, problemas físicos fixeron que non se vira a mellor cara da brasileira, pero espérase que este ano despunte como a gran xogadora que é.

Sábado 8 de setembro, 17 horas nos Remedios. Ponte Ourense - Poio

4 Xornada 1 - 15 de setembro

Peke rouballe o balón a unha xogadora rival. /RAMSÉS

Gironella - Ponte Ourense Lacturale Orvina- Burela Descansa - Soto del Real Futsi Navalcarnero - Viaxes Amarelles Roldán - Móstoles Ciudad de Alcorcón - U. de Alacante Cidade As Burgas - Valladolid La Rioja - Femeni Centelles

Drica nun partido da pasada tempada. /ARQUIVO


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

DEPORTES ACUÁTICOS

piragüismo

Paula Segura, sub-campioa galega 4 O Fluvial de Allariz rematou de décimo sétimo. Redacción Os días 1 e 2 de setembro celebrouse en Vilanova de Arousa a cuarta e última regata galega de piragüismo deste ano nas categorías alevín e benxamín, a cal se disputou en piraguas individuais, cun percorrido de 1.400 metros. A esta cita acudiron 542 piragüistas (352 nenos e 190 nenas), procedentes de 25 clubs de toda Galicia, que competiron ante a mirada de máis das 800 persoas que abarrotaban o paseo marítimo de Vilanova de Arousa. A regata finalmente foi gañada polo club piragüismo As Torres Romaría Viquinga de Pontevedra. Pola súa banda, o club piragüismo

Fluvial de Allariz rematou de 17 na clasificación xeral, mentres que de entre os seus deportistas destacou a actuación de Paula Segura, que proclamouse subcampioa benxamín. Outros resultados As demais féminas, Andrea Castells e Sara Vide, remataron de 18 e 29, respectivamente, nas súas correspondentes categorías. En canto aos varóns, os resultados foron diversos: Agustín Segura foi 8º, Javier Pereira 13º, Javier Rodríguez 23º, Hugo Borrajo 26º, Ismael Fandiño 27, Esteban Canal 37º e Marcos González finalizou de 78, dos seus respectivos grupos.

Paula Segura coa súa medalla de prata.

O Náutico Castrelo de Miño é a mellor escola de vela 4 Proclamouse campión da XV concentración de escolas de vela, levada a cabo no encoro ribeirao. Redacción Despois de varios anos sen logralo, o Club Náutico Castrelo de Miño vén de facerse coa XV concentración de escolas de vela, na que, ademais, o seu regatista Adrián González foi o vencedor individual. Finalmente decidíuse todo na primeira xornada, xa que a falta de vento nas outras dous fixo imposible a navegaxe. O Club Náutico Castrelo conseguiu o primeiro, sexto, oitavo e noveno posto cos que sumou 24 puntos, oito menos que o C.N.R. de Sada que rematou en segundo lugar e 32 menos que o C.M. Canido que foi terceiro. Con esta vitoria, os ourensáns lograron desbancar á escola de Sada, triunfadora das últimas edicións. Para a puntuación final só computaban os catro mellores, a pesares de que o conxunto ourensán participaba con seis. En escola, Adrián González demostrou ser o

mellor con dous primeiros postos e un terceiro que non deixaron opcións a Pedro Fernández, de Canido, que fixo un terceiro e dous segundos sendo finalmente segundo, e a Marco Cumani, de Sada, que foi finalmente terceiro. En total xuntáronse case 50 nenos de toda Galicia que puideron gozar das instalacións do Parque Náutico durante tres días. A falta de vento nas dúas últimas xornadas non foi obstáculo para que os participantes puideran gozar da piscina, parque infantil e pistas polideportivas ademais de aloxarse no albergue xuvenil de Castrelo de Miño. Copa Deputación Os máis experimentados, que se disputaban o Trofeo Copa Deputación de Ourense, realizaban un percorrido un pouco máis complexo que os de escola. Estivo tan igualada que producíuse un triplo empate na cabeza con 10 puntos para Alba Trigo, Nuria Váz-

quez e Pablo Rodríguez. Así, decidíuse o podio segundo os mellores postos parciais dándolle a vitoria a Alba Trigo (que acadou un primeiro posto conseguido na terceira manga). Segunda sería Nuria Vázquez, de Castrelo (cun segundo, un terceiro e un quinto) e en terceiro lugar Pablo Rodríguez, de Canido, con dous cuartos e un segundo. Escola Castrelo de Miño Gran resultado para a es-

cola do C.N. Castrelo de Miño que levou a vitoria por clubs e ademais en individual por primeira vez nos últimos anos o que vén demostrar o gran traballo da escola do club ribeirao que conta con máis de vinte nenos na modalidade de Optimist.

Adrián González, do C.N. Castrelo, foi o vencedor individual

Un grupo de participantes posando co seu trofeo.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

ATLETISMO

Manzaneda preparada para Penedos do Lobo

4 O 16 de setembro terá lugar o VII Maratón de Montaña de Galicia. Redacción O domingo 16 de setembro terá lugar no macizo central ourensá o VII Maratón de Montaña de Galicia. Unha vez máis Cabeza de Manzaneda acollerá está proba dunha gran dureza que consta de catro categorías: o maratón, unha andaina, un cross e unha BTT.

Este ano non se inclúe no Circuito Alpino (constaba de catro probas por toda a xeografía española), xa que éste, deixa de celebrarse despois de 14 anos. Datos O maratón é unha proba, como non podía ser doutro xeito, de 42 quilómetros por Cabeza de Manzaneda.

Cartel do VIII Maratón de montaña de Galicia Penedos do Lobo.

A inscrición no maratón ten un custe de 35 euros. A andaina, o BTT e o cross de 25. O prazo remata o 10 de setembro

Cinco euros de cada inscrición irán destinados para a repoboación forestal da área de Penedos do Lobo

Acumula un desnivel (positivo e negativo) duns 3.533 metros. O seu punto máis alto está situado a 1.790 metros xusto antes do medio maratón e o punto máis baixo está situado a 850 m. en Requeixo. A andaina e o cross celébranse sobre unha distancia de 25 quilómetros e un desnivel acumulado de 1.953 metros. A marcha BTT percorre unha distancia de 45 quilómetros e un desnivel acumulado de 3.500 metros. Todas elas teñen un percorrido de dificultade técnica alta. A totalidade do percorrido estará sinalizado con estacas de cor, cada 50 metros, na parte esquerda do camiño. Tamén haberá cinta de balizar nos lugares máis complexos.

corredores, 150 camiñantes e 100 ciclistas. Preto de 400 son os inscritos a pouco días de que finalice o prazo de inscrición. Nesta edición, en colaboración co concello de Manzaneda e a Asociación Cultural A Rebusca, 5 euros de cada inscrición destinaranse á repoboación forestal da área de Penedos do Lobo. Para inscribirse pódese facer en Redonet Deporte y Moda (c/ Ervedelo 21 de Ourense) ou no correo electrónico penedosdolobo@gmail.com, despois de cubrir un formulario e facer o ingreso na conta de Novagalicia Banco do Club Desafío 2000. Máis información en penedosdolobo.com.

Inscrición A inscrición para as catro probas está aberta ata o 10 de setembro e ten un custe de 35 euros para o maratón e de 25 para a andaina, o cross e a BTT. O tope máximo de participantes é de 250 maratonianos, 150

Este ano non está incluído no Circuíto Alpino, xa que éste desapareceu despois de 14 anos realizándose

Fuentes e Gutiérrez campións galegos de medio maratón

4 A ourensá Sonia Teijeiro foi subcampioa. Redacción Celebrouse en Petín o Campionato Galego de Medio Maratón nas categorías júnior, promesa, absoluta e veteráns. O xoven Francisco Núñez (Academia Postal) proclamouse campión galego júnior. En categoría absoluta o campión galego de este ano foi o atleta da Gimnástica de Pontevedra Rafael

Fuentes con un rexistro de 1.15.53 seguido de Manuel Oliver do Coruña Comarca e Miguel Fernández do Real Club Celta. Nas mulleres a campeona galega foi Yolanda Gutiérrez do Comesaña con 1.20.53 e quarta na xeneral seguida de Sonia Teijeiro do Club Veteráns Pabellón de Ourense e Teresa Corral do Coruña Comarca. Estas dúas atletas foron as campeonas galegas tamén en cadansúa categoria.

A ourensán Sonia Teijeiro -nunha proba popular- proclamouse subcampioa galega de medio maratón. /S. TORRES

4 Regresa o “Correndo x Ourense” Redacción Despois do parón do mes de agosto, Ourense volve a acoller o circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Nesta ocasión desprá-

zase ata a zona das Lagoas para a disputa da penúltima proba con saída e chegada na pista de atletismo do Campus de Ourense. A cita será o domingo 30 de setembro a partir das 12 da mañá. Comezarán os pitufos (varios centos de metros), despois os benxamíns e alevíns (1.000 metros), os infantís e cadetes (3.200 metros) e a absoluta (6.400 metros).


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

ATLETISMO

Alejandro Fernández sube ao podio nacional de atletismo 4 Nos 5000 metros. Redacción O atleta ourensán do Academia Postal, Alejandro Fernández, ven de proclamarse subcampión dos 5000 metros no Campionato de España de Atletismo celebrado en Pamplona. Fernández tivo controlado en todo momento ao grupo perseguidor dos primeiros clasificados. Diante marchaban Kidane Tadese (fóra de concurso) e Lolo Penas (campión de Espa-

ña). O ourensán empregou un tempo de 14.03 minutos. O velocista pucelano do club, Ignacio Sarmiento, tamén obtivo a medalla de prata nos 400 metros valados. Leticia Fernández foi sexta nos 1500 metros. José Alfonso Palomanes cun salto de 15,86 metros foi quinto no triple salto. José Fernández foi oitavo nos 10 quilómetros marcha cun tempo de 46:29.21, mesma posición que Albert Naugle

Reto solidario

Supermadriñán 4 48 horas correndo para recaudar fondos para a Fundación Meniños. Redacción Antonio Madriñán xa nos ten acostumados a facer retos solidarios imposibles, pero o que este ultrafondista ourensán fixo na localidade asturiana de Covera vai máis aló. Normalmente eran 24 horas solidarias as que facía en cada un dos seus retos, para esta ocasión dobrou as horas e pasou dous días correndo en prol da fundación encargada de programas infantís de inserción en familias e acollidas

temporais. Arroupado por moitos atletas, en total o acompañaron máis de 200, Madriñan ía zancada a zancada cara as 48 horas correndo. Pola noite era o máis complicado, cando estaba menos acompañado e o cansazo e o sono o merodeaban. Pero este ultrafondista -militar de profesión- non se amilanou e tan só parou para comer, facer as súas necesidades e botar unha cabezadiña, non máis de catro horas entre os dous días.

nos 100 metros lisos. Antía Martínez (100 valados), Javier Fidalgo (110 valados) e Albert Naugle (200 lisos) non lograron acceder a cadansúas finais. Academia Postal Gran actuación dos atletas do Academia Postal ao longo desta fin de semana na xeografía galega nas carreiras populares. Alejandro Fernández, recente subcampión de España dos 5000 metros, e en 250 quilómetros e máis de 48 horas non lle fixeron quitar o sorriso da faciana cando rematou este reto imposible no circuíto de cross dos Campos -Corvera-. Ao final, o ourensán, mostrábase “algo canso” e satisfeito por haber podido realizar este reto solidario. O esforzo realizado fíxolle perder entre cinco e seis quilos, a maioría deles fácilmente recuperables xa que son líquidos. Recadación A recadación final ascendeu aos 1.780 euros, que se entregaron a Meniños Asturias, unha fundación que traballa contra o abandono e o maltrato infantil, favorecendo programas de integración familiar, acollemento e adopción. Para Antonio Madriñan está non

Alejandro Fernández (a esquerda) no podio en Pamplona. plena preparación para o Campionato de España de Medio Maratón, ven de sumar unha nova vitoria. Esta vez foi na Carreira Popular de Noia, onde faciase cun

primeiro posto con relativa comodidade, sobre una distancia cercana aos sete quilómetros. Na Estrada, foi Elías Domínguez o que alzouse coa

vitoria nun percorrido de máis de 10 quilómetros.. Manuel Vieites foi sexto e o xuvenil Miguel Otero 11º, sendo o mellor da súa categoría.

é a primeira vez que colabora con esta fundación, xa o fixera no reto solidario ourensán do pasado ano. Este non será o último reto que realice, xa que ten en mente acometer outro xunto co atleta lavianés Héctor Moro, que tamén protagonizou diversos desafíos solidarios. Cuestión de cabeza, físico e solidariedade, moita solidariedade.

Nas 48 horas percorreu máis de 250 quilómetros En total recadáronse 1780 euros para a Fundación Meniños de Asturias

Madriñán no reto solidario de Covera -Asturias-.


10

BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

MOTOR

Os irmáns Pais manteñen o liderato nacional 4 O ACSM Rallye Team tivo unha actuación dispar para os seus tres coches. Redacción

O Ford Scort RS2000 nunha proba do rali de históricos.

Rali de Históricos

Obxectivo: repetir vitoria

4 Os irmáns González buscarán repetir a vitoria do ano pasado no Rali de Galicia. Redacción Os irmáns González, Ricardo e José Luis, co seu Ford Scort buscarán unha nova vitoria no IV Rali de Galicia Histórico. A cita celebrarase en Melide os días 21 e 22 de setembro. Ricardo -Richard- González non esconde as súas intencións para a proba galega, e pretende repetir o éxito da anterior edición cando lograra o primeiro posto xunto co seu irmán e o Ford Escort RS2000. Gran tempada Os ourensáns levan unha gran tempada na que nas citas ás que acudiron non se baixaron do podio. Segundos en Talavera, terceiros en Pravia e segundos de novo en Avilés. Á primeira proba do campionato en Cantabria non participaron polo que se lles está complicando alcanzar os postos de cabeza. “José Luis e máis eu estamos facendo a mellor tempada desde o noso debut, rematando sempre en postos de podio. Pero este ano a competencia é máis forte que nunca, e isto unido a que non disputamos a primeira proba da tempada en Cantabria, está a pornos moi difícil alcanzar os primeiros postos da xeral. Agora mesmo somos cuartos, preto do terceiro”, explicaba Ricar-

do, quen falaba dos obxectivos. “O noso obxectivo é gañar o rali de casa e esperar que fan os nosos rivais directos (Campos-García e Gorroño-Oteaga fundamentalmente)”. Ademais falaba da importancia dos pilotos locais, “en Melide igual que en anos anteriores, é moi fácil que se metan nos primeiros postos pilotos locais así que poden recortarse un bo número de puntos de cara á clasificación do Campionato de España de Regularidade Sport” plantexaba o ourensán. Se acerta no seu prognós-

tico, e máis que probable que se decida algún dos postos de arriba na derradeira proba do campionato, o Rali Costa Brava, que se celebra en outubro. Os dous irmáns adicaronse a descansar durante o verán de cara a afrontar da mellor forma posible a proba galega para lograr a vitoria e poder subir algún posto na clasificación xeral do campionato. Axustes no coche Ao coche que xa está en Galicia fixeronlle os pertinentes reglaxes como pui-

deron ser os axustes na suspensión e no tren traseiro. Tanto Richard como José Luis González esperan facer algún test nos días anteriores de acudir a Melide para comprobar que todo funciona perfecto no seu Ford Escort RS2000 de Ourense Capital Termal.

O IV Rali galego de Históricos celebrarase en Melide o 21 e 22 de setembro

O 43 Rali de Ferrol foi dunha gran dificultade a opinión dos pilotos. Para o ACSM Rallye Team, o ferrolán foi un rali moi positivo. Tres equipos do ACSM estiveron loitando en diferentes frontes. Álex e Santi Pais, co Mitsubishi Lancer Evo X, lograban a quinta praza da xeneral final e a segunda da Copa de España do Grupo N, certame no que son líderes e claros

O equipo do ACSM Rallye Team.

Sen cita na Baixa Limia

4 O Rali Ourense Baixa Limia desaparece do calendario galego deste ano. Redacción O Rali Baixa Limia non chegará -aló menos este ano- á novena edición da proba automobilística. Os problemas económicos fan que unha das mellores

Ricardo e José Luis González están colleitando unha gran tempada.

candidatos a lograr o título final. Pola súa banda, Xevi Pons e Xavier Amigo, co Ford Fiesta Proto N1 de Calm Competició tiveron que abandonar na cita galega na segunda xornada de competición e tras moitos problemas durante a primeira. Tampouco foi o día de Luis Penido e Jesús Rodríguez, que tiveron que abandonar a súa participación na Copa Suzuki Swift ao quedarse sen freos desde o principio.

carreiras do panorama galego non esté este ano no cartel do Campionato Galego de Ralis de Asfalto. Ourense quédase deste xeito sen unhas das súas mellores probas en canto ao deporte das catro rodas se refire.

Os irmáns Pais na Baixa Limia do ano pasado.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

TENIS

David Pérez, campión do Tenis Futures Cidade de Ourense 4 Venceu na final ao catalán Marc Fornell por un dobre 6/4. Redacción David Pérez proclamouse campión da 5ª edición do torneo internacional de tenis Futures Cidade de Ourense. O vallisoletano superou por un dobre 6-4 ao catalán Marc Fornell, completando unha semana no Club Santo Domingo sen ceder un só set. A pesar de que era a súa primeira final deste nivel, Pérez sentíuse moi cómodo na pista logrando o triunfo final. Esta vitoria únese a un palmarés que aos seus

18 anos contempla o título de campión de España nas categorías infantil (2008), cadete (2010) e júnior (2012). O gañador desfíxose de Marc Fornell, veterano en torneos como este nos que lle avalan 14 títulos individuais e máis de 50 se contamos os dobres, con máis de 400 partidos gañados fronte aos 32 de Pérez. Durante o partido, o mozo xogador de 18 anos dominou con solvencia, a pesar de que se lle atragantaron os dous primeiros xogos.

O británico Joshua Milton, segundo cabeza de serie, caeu en cuartos ante David Pérez. /RAMSÉS

Pola súa banda, Fornell non tivo o xogo fluído de xornadas anteriores e apenas lograba puntos gañadores. Nos dous sets, cando ía 5-4 en contra, erros impropios deste xogador condenárono facendo que David Pérez se alzase co triunfo. David Pérez chegaba a Ourense no número 730 do ATP, mentres que Marc Fornell era o 621. Pérez vencera durante a semana a Favier, Veiga, Milton e ao campión de 2011 López Jaén. Pola súa banda, Fornell deixara polo camiño a Rodríguez, Collado, Yevseyev e ao favorito do público Crepaldi. Dobres Os españois Oriol Roca e Ricardo Ojeda, ambos de 19 anos, superaron á parella Crepaldi-Marsalek por 7-6 7-6, nun durísimo encontro. Tras salvar cinco puntos de set no primeiro parcial, os españois levaron o tiebreak. Na segunda manga ían gañando por 5-2, o que facía presaxiar un set máis có-

David Pérez nun dos seus encontros do Cidade de Ourense. /RAMSÉS

En todo o campionato, David Pérez non cedeu un só set modo. Con todo, a dupla Crepaldi-Marsalek conseguiron resarcirse salvando tres bólas de partido. No xogo definitivo un ace de Roca en segundo servizo selaba a vitoria nun novo tiebreak.

Entre as mellores 4 Valeria cóase nas semifinais dos torneos que disputa. R.T. A xogadora ourensá Valeria López está a ser unha das sensacións deste ano no circuíto galego de tenis. En todos os torneos que disputa colócase entre as mellores alcanzando sempre, como mínimo, as semifinais. En Vilagarcía de Arousa, Valeria xogou a final no Open San Roque contra a coruñesa Natalia Galán, número dous do ránking galego absoluto e subcampioa galega de tenis. Valariaperdeu con Natalia en tres sets (7/6, 3/6 e 6/4); un gran resultado se temos en conta que tan só ten 15 anos e está disputando os torneos contra xogadoras profesionais. Idéntica clasificación (subcampioa) tivo no Torneo Virxe da Peregrina per-

tencente ao circuíto Babolat. Neste circuíto rematou como campioa ao vencer en tres dos sete torneos e ser finalista noutros tres. Ciudad de Vigo A ourensá tívose que conformar con ser semifinalista no Cidade de Vigo, torneo de categoría absoluta. No último chanzo para chegar á final tocoulle Diana Cordeiro (exnúmero un de Galicia) coa que perdeu en tres sets. No primeiro Valeria dominou con solvencia logrando un parcial de 6/0. Pero a súa xuventude fixo ceder os dous seguintes por 6/2 e 6/3 apeándoa da final, que finalmente vencería Cordeiro. Neste torneo estaban a número un do ránking galego, a número catro, a cinco, a sete (Valeria)

Valeria López (á dereita) xunto co campión galego absoluto e a subcampioa galega. e a número oito. Máster Babolat Estase a disputar esta semana no club Bamio de Ourense o Máster Babolat

coas 16 mellores raquetas do circuíto de categoría cadete, e onde a promesa ourensá ten moitas posibilidades de facerse co torneo.


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

BALONCESTO

13

3 Xogadroes e afeccionado do COB na COBFAN. /RAMSÉS

O Pabellón, preparado Redacción Repiten as mesmas xogadoras do ano pasado, salvo as de orixe americano, e sumáronse dúas fichaxes novas, a santiaguesa Arantxa Mallou e a pívot Alba Vargas, xunto ás xogadoras tomadas do desaparecido Carmelitas, María Quiroga e Verónica Blanco. Estas son as integrantes do Pabellón Ourense para esta tempada 2012/2013, na que Gonzalo González lle toma o relevo a Lisardo Rodríguez no papel de adestrador. O que dende 2009 foi scouting da LF2 agora sitúase ao fronte do único conxunto ourensán na segunda categoría do baloncesto feminino e asegura estar satisfeito co equipo que vai a dirixir. “Logramos o estilo de grupo que queriamos, con xente nova que nos permita xogar a un ritmo alto”, confesa. Unha calidade de xogo que segundo González se manterá nesta liga a pesar de que se reducirá o número de conxuntos participantes por grupo a 11 (debido a problemas económicos) porque para o técnico pavillonista o nivel está asegurado xa que os conxuntos que quedaron repartíronse as mesmas xogadoras que había dispoñibles antes.

O COB presenta a súa Fanzone 4 Estará instalada no Xardín Xaponés. R. Torres Xa están todos. E deixáronse ver na presentación da COBFAN. No xardín Xaponés e ata o vindeiro 5 de outubro, o Club Ourense Baloncesto contará cunha zona para os fans do equipo. Na COB Fan haberá roldas de prensa, venda de entradas tanto para a fase final da Copa Galicia (14 e 15 de setembro) como para a liga regular -incluídos os abonos de socios-, merchandasing, e mesmo unha exposición con todos os trofeos logrados polo club ao longo da súa historia. Na presentación da Fanzone cobista estivo toda a directiva xunto co corpo técnico e os propios xogadores. Tamén estivo presente a nova peña que animará ao equipo ao longo da tempada, ‘Siareiros cobistas’ e a clásica “Os Boinas”; a mascota “O Lobo” tampouco se perdeu a cita. Copa Galicia O Club Ourense Baloncesto participará na

edición deste ano da Copa Galicia, que se celebrará na capital ourensá os días 14 e 15 de setembro. O Paco Paz engalanarase para recibir aos catro mellores equipos de Galicia. O Obradoiro, de ACB, será o rival a batir por ser de categoría superior. Coruña, Breogán e COB (os

tres de LEB Ouro) tentarán dar a badalada e facerse cunha copa que chega á súa 27ª edición. O COB tentará lograr o seu oitavo título desta competición, que non lograr desde o 2006. O venres 14 disputaranse as semifinais. Ás 18.30 horas enfrontaranse o Obrado-

iro contra o Breogán, e ás 21.00 horas será o turno do partido entre o Club Ourense Baloncesto e o Básquet Coruña. A final será o sábado 15 ás 20 horas entre os gañadores dos dous encontros do venres. O prezo das entradas será de 10 euros para as dúas

semifinais e 10 euros para a final. Tamén se pode adquirir por 15 euros un bono que dá dereito a presenzar os tres partidos. Antes da Copa Galicia, o martes día 11, o COB xogará un amigable en Sarria contra o Breogán de Lugo, a partir das 20.30 horas.

Pretempada Coa liga sen comezar ata finais de outubro a semana próxima o Pabellón Ourense iniciará a súa pretempada, durante a cal xa ten fixados diversos encontros amigables. Así o día 25 de setembro mediranse co Celta, o 30 iniciará a súa participación na Copa Galicia fronte ao Ensino e o 3 de outubro verase as caras co Ferrol. De seguido as pavillonistas xogarán co Cortegada en Vilagarcía.


14

BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

NOVAS

O Pazo comeza o curso con novidades deportivas 4 Superclasse, Aerokicboxing, Brazos Rdikal e Core son algunhas delas. Redacción O Pazo dos Deportes “Paco Paz” comeza unha nova tempada deportiva despois do descanso estival, cunha programación ampla e novidosa para todos os usuarios. Neste senso, xa está deseñada a programación da zona de fitness, (sala de cardio-pesas e clases colectivas) cun horario definitivo a partir do día 10 de setembro. As principais novidades desta nova tempada son as clases de core, brazos rdikal, easy line circuit, superclasse, aerokicboxing; ademais do incremento do número de clases de pilates e a consolidación da quinta sala de clases colectivas cunha programación moito máis ampla. As escolas deportivas están en fase de programación, e a partir do 15 de setembro abrirase o prazo de inscricións. O que xa se sabe é que se manterán as

existentes da pasada tempada. Tamén os clubes deportivos poden facer uso das instalacións para consolidar os espazos de adestramentos a partir de outubro, unha vez remate o prazo regulamentario de solicitudes, que se comunicará en breve.

A inscrición nas escolas deportivas (as mesmas do curso pasado) comezará o 15 de setembro

Felipe Iglesias, mestre-adestrador nacional de judo e defensa persoal O judoka do Ximnasio Marbel, Felipe Iglesias de la Torre, obtivo o título de MestreAdestrador de judo e defensa persoal, ou o que é o mesmo, a máxima cualificación para impartir o ensino destas artes marciais en España. O ourensán superou con éxito o curso de dúas semanas de duración desenvolvido na Coruña pola Federación Galega durante este mes de agosto. Iglesias engadiu a este diploma o título de Monitor de jiu jitsu e convértese, xunto ao Mestre 6º Dan, Manuel Montero, no único profesor en activo con esta titulación.

Rugbi

Novo organigrama técnico no Campus Ourense Rugbi Tríptico informativo das actividades deportivas para o curso 2012/2013 do Paco Paz.

O deporte regresa a Eiroás 4 Unha ducia de tiradores participaron na primeira tirada de setembro, de aire comprimido. P. L. Primeira fin de semana de setembro e primeira cita deportiva tralo parón de agosto no club de tiro de Eiroás. Iso si, notouse que aínda estamos en período vacacional, e por iso a asistencia á tirada da Copa Deputación de aire comprimido foi menor que outras veces, con apenas unha ducia de de-

portistas entre a xornada do sábado e a do domingo. Os mellores resultados acadáronos Juan Carlos Ferreño e Beatriz Ferreiro en pistola sénior e damas (557 e 345 puntos, respectivamente). Pola súa banda José Prada foi o mellor en veteranos (555 puntos) e Víctor José Álvarez en discapacitados (447 puntos). Ademais das competi-

cións habituais de todos os meses, a actividade do tiro olímpico continúa en setembro con dúas citas extraordinarias: o Campionato de España de armas olímpicas, en Granada do 12 ao 16, no que haberá presenza ourensá, e o Campionato Nacional das Forzas Armadas de percorridos de tiro, que se disputa en Eiroás do 17 ao 21.

4 Américo Gomes pasa a ser o novo director deportivo do club. Redacción Américo Gomes pasa a ser o novo director deportivo do Campus Ourense Rugbi, compaxinando esa tarefa coa de adestrador do equipo sénior. Américo foi adestrador das categorías inferiores da selección galega en anos pasados polo que é un vello coñecido do rugbi galego. Amais entrenou os equipos portugueses do Arcos de Valdevez e Scrum de Braga durante moitos anos. O equipo feminino será dirixido por Ángel Barquero, que volve a facer-

se cargo do equipo despois dalgúns anos afastado do traballo técnico do club. As rapazas de Campus Ourense remataron o pasado ano cun grupo moi consistente, sendo a revelación do campionato. Ernesto Barboza pasará a ser o adestrador do equipo sub-18 (cadetes) onde continuará o excepcional labor que veu desenvolvendo co equipo sénior. O equipo cadete conta este ano cun grupo moi compacto que aspira ao máis alto da táboa. Marc Ives será o encargado do equipo sub-16 (infantís); o francés, que

xa desenvolveu esa tarefa o pasado ano, tentará levar ao equipo a conseguir os bos resultados da tempada pasada. Pola súa banda o ex-xogador do primeiro equipo Lucas Casas será o coordinador das escolas deportivas. As escolas desenvolveranse durante todo o ano en diferentes centros educativos da cidade e serán o viveiro dos que se fornecerán as categorías inferiores.

O equipo feminino será dirixido por Ángel Barquero


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012

A PREGUNTA DO MES

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Miguel Rejo. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá. Nº62- Ano: IV - 7 de setembro de 2012 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

Os andaríns teñen citas por toda a provincia 4 A comarca de Monterrei e San Cibrao das viñas acollerán tres andainas. P. Lodeiro Setembro segue a ofrecer unha variedade de propostas para os andaríns da provincia. O percorrido de dúas das citas comparte territorio galego e portugués, na comarca de Monterrei, mentres que a terceira proba será ao lado da capital ourensá, no municipio de San Cibrao. O 16 de setembro o Centro Social Cultural e Desportivo Vilarelho da Rai organiza o XVII Passeio Raiano, entre a localidade portuguesa de Vilarelho da Raia e a ourensá de Oimbra. A inscrición ten un prezo de seis euros e pode realizarse ata o 14 de setembro no Concello de Oimbra, no 988 426 160 ou no correo electrónico marisa.oimbra@eidolocal.es. Andaina na Eurocidade O 22 de setembro, “Día Europeo Sen Coches”, a Eurocidade Chaves-Verín organiza a V edición da súa andaina popular, que nesta ocasión terá lugar a través da ‘Ruta polo Camiño Portugués Interior de Santiago – Vidago/Chaves’, destinada a incentivar a importancia histórica, turística e ambiental desta zona. Esta ruta ten unha distancia de 13,5 quilómetros

e dificultade media. A concentración será ás 8.30 horas na aduana de Verín para desprazarse en autobús ata o comezo da ruta. A actividade finalizará cunha convivencia ás 14 horas, na sede do Grupo Desportivo e Cultural de Outeiro Jusão. As inscricións poden realizarse no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, sito no Concello de Verín, e nas instalacións da Câmara Municipal de Chaves , ata o 18 de setembro. O custo é de 5 euros e inclúe transporte e avituallamento. Andaina en San Cibrao Pola súa banda, o 23 de setembro, chega a VI Andaina Popular de San Cibrao das Viñas, organizada polo Concello de San Cibrao. Haberá dous percorridos de 18 ou 15 quilómetros. As inscricións teñen o custo de seis euros, e dan dereito a unha camiseta conmemorativa, avituallamento, bocadillo e bebida. Por outros sete euros máis, poderase conseguir unha ración de polbo, pan e viño. A reserva debe realizarse antes do 20 de setembro no Concello de San Cibrao (988 381 034) ou nas tendas de deportes: Armería O Vinteún, Takos Sport, Intersport Bouso, Zagora Aventura e Sequesport.

Cartel dunha das andainas.

4 Btt Rota do Presunto O 16 de setembro terá lugar a VIII Maratón BTT ‘Rota do Presunto’, no que os participantes poderán escoller un dos dous percorridos, de 90 e 50 quilómetros. Pola súa banda, os máis novos gozarán dun paseo guiado duns 30 quilómetros. E a partir das 13.30 horas terá lugar un almorzo de confraternidade. As inscricións deben realizarse na web do club www.bttchaves.net/ portal ata o 14 de setembro.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (III) Capítulo 3. O deporte como espectáculo Hoxe en día, o deporte como espectáculo é o opio do pobo, paixón de multitudes e un espectáculo pleno de visceralidade desde un punto de vista obxectivo. Nada ten que ver coa realidade do deporte decoroso, onde a educación e a cultura son os seus máis claros alicerces ou expoñentes. Actitudes, valores e normas son necesarios para unha boa convivencia, unhas boas relacións, para a paz, etc., pero todo este contexto de valores é unha materia pendente no deporte como espectáculo. Un simple duelo de rivalidade entre dous grandes equipos, levanta durante a semana un aluvión de declaracións de toda índole, que logo se plasman durante o desenvolvemento do mesmo en actitudes pouco ortodoxas e fóra de toda deportividade. Non sei se por esnobismo, por paixón, por visceralidade, etc., todas estas circunstancias degradan e entristecen o deporte de elite. Evidentemente, aos magnates e orondos do deporte de masas impórtalles un bledo todos eses feitos. Para eles, o máis fácil é pasar páxina e que Deus reparta sorte. O deporte como espectáculo é un artigo de consumo actual, socialmente agora alcanzou cotas inmensas debido aos podero-

sos medios de comunicación. O deporte como espectáculo é moito máis que unha simple competición deportiva, e o deporte de simple feito competitivo pasa a ser un grandioso espectáculo admirado por millóns de persoas diariamente. O deporte das grandes masas non nace na escola, fai a súa introdución nela como unha imitación da práctica dos adultos e do deporte espectáculo e elitista. Desta maneira se distorsiona o traballo na base e perde, ás veces, o seu verdadeiro valor educativo pola intromisión de técnicos deportivos, que distorsionan os obxectivos educativos e só buscan resultados a calquera prezo. O deporte espectáculo caracterízase pola súa condición de festa, de distracción e diversión das persoas que asisten a el. O deporte comercial ou espectáculo é o deporte onde só interesa o diñeiro. É un mosaico cheo de intereses económicos, políticos e sociais. Os éxitos deportivos dunha nación convertéronse en progreso como país. Os medios de transporte, sobre todo as liñas aéreas, son o mellor aval de transporte das grandes masas de afeccionados e deportistas. Os medios de comunicación alcanzan elevadísimas cotas de audiencia e lectura antes, durante e despois dos grandes eventos deportivos. Os medios de difusión, debido á facilidade e rapidez das noticias, son os grandes

mentores do deporte como espectáculo. Entre os medios de comunicación, o que máis contribuíu á difusión e popularización dos grandes eventos como espectáculo é a televisión, porque, á parte da información, ten unha gran capacidade de entretemento coas imaxes. O deporte como espectáculo e consumo ha ir cobrando unha gran relevancia no espectáculo de masas en canto á venda de produtos e artigos deportivos. Outro dos aspectos que forman parte no deporte como espectáculo é o patrocinio cos deportistas. Moitos deportistas perderon o interese no deporte porque están máis concentrados na cantidade de diñeiro que van gañar que no deporte, iso leva que algúns deportistas sexan protagonistas do espectáculo, da publicidade, da novela rosa, máis que do deporte. O deporte como espectáculo é unha válvula de escape en vendas para as casas comerciais. Que sucede coa dopaxe? Só se dopan aqueles que fan o control antidoping? As sustancias permitidas non teñen nada que ver coa dopaxe? Poden os seres humanos, ás veces, aguantar sobreesforzos, realizar mínimas marcas, etc. só a base dunha equilibrada alimentación? A resposta está no tempo. O deporte como espectáculo non é un deporte decoroso, senón que é unha actividade mercantil, consumista e materialista.

Alfonso Vilachá


BARRIOS DEPORTIVO 7 de setembro de 2012


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.