25 Xuño 2013 - BD Nº79

Page 1

Monzón vence no 46º Rali de Ourense

[Páx. 16]

IV TROFEO BARRIOS DEPORTIVO DE FÚTBOL SALA

IV Trofeo Barrios Deportivo

Páx. 2-6

ATLETISMO

Páx. 8

Éxito rotundo no I GP de Atletismo Festas de Ourense organizado polo Club Deportivo Aurum

Número: 79- Ano: V - 25 de xuño de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 12 de xullo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

IV TORNEO BARRIOS DEPORTIVO

Os mellores equipos do fútbol sala ourensán cítanse no Trofeo Barrios Deportivo

4 A cuarta edición do Torneo dos Campións disputarase nos Remedios do 25 ao 29 de xuño. R. Torres Os oito mellores equipos de fútbol sala da provincia de Ourense citanse no Trofeo Barrios Deportivo. A cuarta edición do evento celebrarase do 25 ao 29 de xuño no pavillón municipal dos Remedios. Escornaboys fronte a Lasider e Cidade de Ourense contra Verín Futsal serán os dous primeiros partidos que se disputarán o martes 25; ás 20.30 e ás 21.30 horas respectivamente.

Para a segunda xornada (mércores 26) quedarán os enfrontamentos En Xogo/ Karlaska - Concello de Coles (20.30h) e La Bull 2.0 - Hermanos Carral (21.30h). O xoves 27 disputaranse as semifinais, en idéntico horario, xogando os vencedores de cada xornada entre eles. Este ano regrésase ao formato tradicional de oito equipos e eliminatoria desde cuartos de final. Logo de cambiar a pasada

O IV Trofeo BD citará a oito equipos (os campións das ligas e copas da provincia) que se enfrontarán nunha eliminatoria que parte en cuartos de final

edición, que foi disputada por seis equipos en dous grupos de tres. A final O sábado 29 de xuño, a central do pavillón dos Remedios será unha vez máis a sede da final dunha nova edición (e van catro) do Trofeo Barrios Deportivo -o Torneo dos Campións-. Este ano o En Xogo será o equipo que defenda un título que logrou os dous últimos anos. Enfronte sete equipos que tentarán arrebatarlle a hexemonía deste torneo. Os equipos EN XOGO/KARLASCA. É o equipo que por

segundo ano consecutivo defenderá título. Especialista neste tipo de eventos buscará un título que leva logrado en todas as edicións nas que participou. Eliminado en cuartos de Copa e terceiro na División de Honra Provincial terá no Trofeo BD acadar un título nesta tempada. CONCELLO DE COLES. O Concello de Coles foi o segundo clasificado na Primeira División. Cunha plantilla ampla e con ilusión buscará dar

a sorpresa e lograr un torneo no que participa por primeira vez. LA BULL 2.0. Antes coñecido como McDonalds, entra neste torneo en condición de semifinalista da Copa Deputación. No seu primeiro ano de existencia rematou en cuarta posición na División de Honra Provincial. HERMANOS CARRAL. O campión de

Momento da final do III Trofeo Barrios Deportivo, que enfrentou a McDonalds contra En Xogo/Karlasca./ARQUIVO.

Concello de Coles, Hermanos Carral e Verín Futsal estrénanse no Trofeo Barrios Deportivo

Carballiño logrou na Liga 43 puntos os mesmos que o segundo clasificado, o Garabás, pero o “golaverage” decantou a balanza no seu favor. Esta é a súa primeira participación no Trofeo BD. CIDADE DE OURENSE. Vencedor da División de Honra Provincial, tan só cedeu unha derrota e dous empates. Con 65 puntos foi o campión dunha competición que dominou de principio a fin. Un dos claros favoritos ao título na súa primeira participación no Torneo dos

Campións. V E R Í N FUTSAL. Campión da 1ª Provincial e subcampión da Copa Deputación, o equipo da comarca de Monterrei chega a esta primeira cita co torneo coas gañas de quitarse a espiña que supuxo perder á final da Copa en Verín. ESCORNABOYS. Os Escornaboys remataron na segunda posición da Primeira Provincial. Anteriormente participaron no Trofeo BD co nome de Concello de Taboadela. Este ano queren chegar

por primeira vez á final. LASIDER DyC. Tras dous anos sen participar, o Lasider

DyC regresa a este trofeo co desexo de facer un bo papel. Na Liga foron discretos, pero na Copa lograron ser semifinalistas, o que lles deu o boleto para participar por segunda vez nesta cita. Na primeira edición do BD chegou ata a final, pero un mal comezo de partido condenounos a ter que conformarse co segundo posto, a pesar da gran remontada no segundo tempo. Este ano quereran acadar de novo a final, pero con distinto desenlace.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

IV TORNEO BARRIOS DEPORTIVO

Sobrado e En Xogo, os anteriores vencedores do Trofeo BD 4 Sobrado gañou a primeira edición e En Xogo/Karlasca as dúas seguintes.

Redacción Nos tres anos de historia do Trofeo Barrios Deportivo -O Torneo dos Campións- vimos a dous gañadores distintos. Edición 2010 Na primeira edición o Sobrado foi o equipo máis completo. Despois dunha brillante clasificación ata a final, na mesma medíuse co Lasider a quen venceu por 8-5, logo dunha brillante

primeira metade. Edición 2011 No segundo ano do torneo, repetiría na final o Sobrado, que nesta ocasión xogaría contra o En Xogo/Karlaska. Este último impúxose por tres goles a un nun final de encontro no que foi claramente superior ao seu rival. Ese ano o En Xogo/ Karlasca lograba un embexable triplete (Liga, Copa e Trofeo BD). Edición 2012 No III Trofeo Barrios Deportivo novamente o En Xogo/Karlaska

chegaría á final para defender o título acadado o ano anterior. Nesta ocasión o Mc Donald´s era o seu rival a batir. Nesta cita viviuse unha gran igualdade durante todo o encontro ata o tramo final, no que

os do En Xogo lograrían dobregar aos do Mc Donald´s polo resultado de catro goles a dous. Nesta cuarta edición pode pasar de todo, e calqueira dos oito equipos pode ser o vencedor, pode ser o campión de campións.

Momento de quitarse unha pequena espiña 4 Lasider foi subcampión na primeira edición do Trofeo BD. Redacción

Os xogadores do Sobrado fixéronse co I Trofeo BD. /R.T.

En Xogo/Karlasca foi o campión do BD en 2011 e 2012. Este ano buscará repetir. /R,T.

Logo dunha tempada excelente, na que conseguiu a permanencia na categoría sen apuros e superou os malditos cuartos de final da Copa Deputación, Lasider DyC (que foi subcampión do Trofeo BD na súa primeira edición) chega á nosa cita con gañas de demostrar todo o competitivos que son e de gozar ao máximo da proba que pecha a súa tempada. Ademais, buscarán chegar o máis lonxe posible, na procura de facerse coa vitoria que rozaron coa punta dos dedos en 2010. O equipo mostrounos a súa satisfacción ante a tempada que agora remata e destacou o importante paso (deportivo e anímico) que supuxo para todos os seus xogadores superar os cuartos de final da Copa Deputación, nos que ata o de agora sempre foran eliminados. Pero neste 2013, Lasider fixo os deberes e

rompeu o maleficio chegando a semifinais, onde se mediu co conxunto de A Veiga, disputando un gran partido, pero que non foi suficiente para permitirlle superar a fase. No tocante á liga, o conxunto salvou a categoría sen problema, pero explican que “puidemos dar máis a cara nalgúns partidos, quitarnos os complexos e o medo e demostrar que sabemos facer as cousas”. Unha asignatura pendente, que de seguro buscarán aprobar no Torneo dos Campións. Plantilla Francisco Doallo é o adestrador de Lasider, e Manuel Domínguez, o delegado. Baixo os paos atópase Javier Atanes. De pívots xogan Victor e Juan. Como peches, Daniel Yebra, Diego “Motxo” e Damián; e de alas J. Miguel, Pablo, David Pinto, Juan Luis “Chucu” e David “Flaco”. De xogadores universais contan con Fernando e Raúl.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

IV TORNEO BARRIOS DEPORTIVO

Todo un veterano 4 O Concello de Coles é un dos equipos ourensáns con máis anos de vida.

O Ave Fénix 4 SD Escornaboys (coñecido estes anos como Concello de Taboadela) rexorde e cumple coas espectativas. Redacción Seguro que a ningún fiel afeccionado ao fútbol sala ourensán lle sona a novo o nome de Escornaboys, e é que este equipo (que nos últimos tres anos foi coñecido como Concello de Taboadela) voltou esta tempada ás súas orixes, esas que datan de fai 12 anos, cando este conxunto naceu a partir da mítica peña que segue a Club Deportivo Ourense. Escornaboys voltou cun importante cambio de chip. A dirección técnica pasou de Juninho a Dieguito (quen fixo ás veces de adestrador-xogador), a metade da plantilla compártea co Taboadela e perdeu polo camiño a xogadores que eran chave, pero que foron substituídos por grandes amigos. Sen poder adestrar tanto como en anos anteriores, nunha categoría nova (Primeira Provincial) á que lle costou aclimatarse e con numerosas baixas ao longo de todo o curso, este ave fénix conseguiu, con moito

esforzo, o seu obxectivo de ascender, ao facerse nada menos que co segundo posto da clasificación, pelexando cara a cara co que, ao xuízo dos propios xogadores do Escornaboys, se trata “do mellor equipo de todas as ligas” (o Verín). Agora chegan ao Trofeo Barrios Deportivo confensando as gañas que teñen de levalo para Taboadela. “´É o trofeo que máis ilusión nos fai porque é o único que aínda non temos nas nosas vitrinas, tras dous anos quedando co mel nos beizos”, explicáronnos. Como eles ben nos dixeron, “á terceira vai a vencida”. Plantilla Xunto a Dieguito (como adestrador e peche) compoñen o banco do Escornaboys o seu gardameta Amoeiro; os tamén peches Oli, Juninho, Inglés, Brais e Taba; os pívots Manu, Bruno Nóvoa e Edu; o ala Martín Losada; e Cordero como xogador universal.

Redacción

partidos.

O subcampión de Primeira División local, Concello de Coles, acude por primeira vez ao torneo dos campións onde de seguro competirán en todo momento. O Concello de Coles formouse na tempada 1995-1996 (o século pasado), polo que é un dos máis lonxevos conxuntos do fútbol sala ourensán. A actual directiva a compoñen unha serie de xogadores que leva preto de 10 anos no Coles.

Subcampións En canto á tempada actual, foron de menos a máis. Empezaron a tempada de forma moi irregular, conseguindo asentarse a partir da segunda metade da competición, finalizando a liga regular en segunda posición. No play off, a pesar de estar a un gran nivel, non puideron lograr o titulo. Na Copa, exentos en primeira rolda, en segunda eliminaron ao Pub O2, un bo equipo que en anos posteriores irá a máis. Deron a sorpresa en terceira rolda, eliminando ao campión de Provincial e principal favorito ao titulo, o Cidade de Ourense, nun partido onde mostraron as súas mellores virtudes. Finalizou a aventura copeira en cuartos de final contra outro gran equipo, La Bull 2.0. Nun partido disputado caeron ao final por 2 a 1.

Historia Como todos os equipos custa moito ano tras ano sobrevivir económica e deportivamente, aínda que no terreo deportivo o grupo que se formou nos últimos tres anos é excelente, xa que se compón basicamente dun grupo de amigos moi comprometidos conseguindo durante esta última tempada, non baixar en ningún partido de nove xogadores, e estando en moitos casos 13, tendo que descansar un, sen que isto supoña ningún problema. A base disto, é que aínda que o obxectivo sexa gañar, todos xogan un mínimo de 20 minutos por partido, arriscando en moitos casos o resultado en beneficio do grupo. A plantilla ten unha media de idade que ronda os 33 anos, polo que é un perfil veterano, pero que loita de principio a fin en todos os

Plantilla A plantilla está conformada por: Carlos, Mixi, Emilio, Santi Murga, Jorge Levices, Quique, Nando, Amorin, Buba, Ruben, Benjamin, Yebra, Algui. Pola súa banda, Santi Murga e Yebra compoñen o corpo técnico.

Verín Futsal: o invicto 4 Este ano sumou os partidos por vitorias. Tan só cedeu un empate en toda a liga. Redacción O Verin Futsal é un dos equipos revelación dos últimos anos. O que comezou como a unión dun grupo de amigos do val de Monterrei rematou co equipo competindo na División de Honra provincial, e é que no seu primeiro ano de vida este conxunto logrou, nada menos, que o ascenso á máxima categoría. Combinando mocidade e experiencia dentro do seu banco, o Verín Futsal, dirixido por Pablo Sarmiento, logrou esta tempada facerse coa súa liga, levando ás súas costas unhas cifras espectaculares, xa que nas 18 tempadas marcaron 176 goles e recibiron só 32, manténdose invictos e cendendo tan só un empate en todo o curso. Subcampión da Copa Pola súa banda, na Copa Deputación, o Verín disputou un gran campionato meténdose na final, que se

xogou na súa propia cancha. Pero os beneficios de xogar na casa non foron suficientes para dobregar o gran nivel de A Veiga (actualmente segundo en División de Honra provincial e que lograron o ascenso a Autonómica Sur). Finalmente, este remate de copa foi o único partido que os de Monterrei perderon en toda a tempada. Agora prepáranse para pechar o ano da mellor maneira posible no Torneo de Campións no cal agardan obter un gran resultado. Plantilla Fer, Chupi e Pepe son os porteiros do Verín. Diego, Dani Salgado e Cristian son peches. Malano e Victor, ala-peches. Dani, Fran , Niko , Borja e Andrés son alas. Os pívot do Monterrei son Eloy, Voladilla, Niro, Formy, Tato e Iván. E Mario é o seu xogador universal. Pola súa banda, Pablo Sarmiento é o adestrador. Pablo Sáez e Afonso Delgado son delegados. Suso Patolas é o presidente do club. E Samuel o secretario.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

IV TORNEO BARRIOS DEPORTIVO

Non hai dúas sen tres 4 En Xogo, que este ano non tivo moita sorte nin en liga nin en Copa, chega ao Trofeo BD a revalidar (por terceiro ano consecutivo) o título. Redacción Pódese dicir que esta non foi a súa mellor tempada, pero En Xogo/Karlasca aínda está a tempo de quitarse o sabor agridoce da boca e non rematar o curso coas mans baleiras. O que foi o campión de campións durante os dous últimos anos chega a esta edición do Trofeo Barrios Deportivo consciente da calidade dos rivais, pero con gañas de pelexar pola vitoria. Trátase dun equipo moi particular, é un grupo de amigos que non adestra nin un só día ao ano, e a pesar diso téñennos acostumados a non baixarse do máis alto da táboa. Calidade non lle falta a este veterán conxunto que na tempada que agora

remata non viviu os seus mellores momentos. Finalizou terceiro na liga e caeu en cuartos de final na Copa, logo de acadar cinco finais consecutivas. A súa medalla de bronce na categoría que ocupa cren que se debeu á gran competencia que este ano se viviu na súa liga, “con equipos tan bos como Ponte, A Veiga, Manzaneda, La Bull e Andrade”, concretaron. No tocante á Copa, En Xogo foi eliminado en cuartos por outro dos participantes no BD, Verín Futsal. “Trátase dun equipo xoven, que xogaba na casa e que conta cun xogador superclase como é Ossorio, que nese partido estivo incrible”, explicaron. Agora é o momento de que este conxunto rompa a

súa pequena mala racha e demostre por que é sempre un rival temido e un dos favoritos deste trofeo. Plantilla En Xogo/Karlasca conta con Enrique García “Kike” como adestrador (que tamén exerce de xogador) e Ramón Castro como delegado. E sobre o parqué atoparanse Ramón Temes, Óscar Sabucedo, Marcos Álvarez, Luis A. Rodríguez “Lois”, Jacobo Álvarez, Luis A. Rodríguez, José A. Siota “Peque”, David Pato e David Fernández “Tractor”.

En Xogo, un dos favoritos, rematou terceiro na liga e foi eliminado en cuartos na Copa

A plantilla do Cidade de Ourense conxuga veteranía con xuventude. Esta é a súa primeira participación no Trofeo Barrios Deportivo.

O Cidade de Ourense, un dos favoritos para a vitoria 4 O Campión de División de Honra Provincial parte coma un dos equipos con máis posibilidades de facerse co torneo. Redacción O Cidade de Ourense (equipo sénior masculino do Ponte Ourense) parte, a priori, nesta cuarta edición coma un dos claros favoritos a alzarse coa copa. Na competición doméstica foi claramente superior aos seus rivais. En 32 partidos logrou 29 vitorias, dous empates e unha derrota. Os empates acadounos contra O Irixo (3-3) e contra o Sporting Manzaneda (2-2). A derrota foi contra A Veiga por 9-5. A Veiga foi o segundo clasificado a 13 puntos 65 dos albinegros por 52 dos da Veiga-.

En Xogo/Karlasca, a pesar de estar composto por un grupo de amigos, conta con numerosos títulos nas súas vitirinas./ARQUIVO.

Copa Na Copa as cousas non

lle foron todo o ben que pretendían. Tras un incontestable título ligueiro presaxiábase que o Cidade sería un dos catro equipos que disputaría a fase final da Copa Deputación; nembargantes perderon, contra todo prognóstico, en terceira rold,a contra un dos equipos que participan nesta edición no Trofeo Barrios Deportivo, o Concello de Coles. Plantilla A plantilla dirixida por Jorge Vaz tentará na súa primeira participación no BD demostrar a súa condición

de favorito e lograr a vitoria, pero primeiro terá que desfacerse en primeira rolda do Verín Futsal, e nunha hipotética semifinal veríase as caras contra o vencedor do Escornaboys - Lasider. O Cidade conta cunha plantilla que mezcla veteranía con xuventude. Os porteiro Luis e Taja xunto cos xogadores Julio Pablo, Iván, Víctor e Seara porán o punto de veteranía, mentres que o desparpaxo quedará a cargo de Darío, Andrés, Fente, Gustavo, Allariz, Iago e Abadín, todos rondan os 18-20 anos.

O Cidade de Ourense foi o claro dominador da División de Honra Provincial ao ceder tan só sete puntos


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

IV TORNEO BARRIOS DEPORTIVO

O campión do Carballiño 4 Hnos Carral fíxose este ano coa vitoria na 1ª División do Carballiño. Redacción

Mestura de experiencia e enerxía 4 La Bull 2.0 (antigo McDonalds) vén disposto a acadar a final do BD e con ela, por fin, o título. Redacción O equipo La Bull 2.0 comezou a súa andaina polo fútbol sala provincial baixo este nome durante esta tempada, encabezado por Marcos López e Luis Silva. Pero este conxunto xa conta cunha importante traxectoria ás súas costas, xa que naceu fai catro anos como McDonalds e comezou na categoría máis baixa deste deporte cunha plantilla integrada por un grupo de amigos, que ano a ano foron logrando o ascenso, ata chegar á División de Honra Provincial na tempada 2012/2013. Ademais destes ascensos e títulos de liga nas diferentes categorías, este equipo disputou varias finais de Copa Deputación e deste Trofeo BD. Na actualidade este conxunto está patrocinado pola discoteca La Bull 2.0. que lle dá nome, así como por outras empresas que colaboran co club, como son Buda Bar, Pizzería Rappiz, Restaurante Novo MilenioCafetería Llovizna, Aseso-

ría- Consultoria Vila Castro e Construcións Jofer. Esta tempada Este ano o equipo fixo unha tempada notable na que quedou de 4º na liga Provincial e xogou a Copa Deputación en Verín, sendo eliminado en semifinais. O ano anterior (aínda como McDonalds) lograra o mesmo resultado en liga, ademais de disputar a final da Copa en Outomuro e a do Trofeo BD fronte ao En Xogo. Agora chegan a esta cuarta edición con gañas de facer un bo papel e chegar de novo á final. De seguido, será o turno de que comecen a pensar na tempada próxima na procura de mellorar e acadar novos triunfos. Plantilla O seu banco é un dos máis completos da provin-

cia, con integrantes de Ourense, Marín, Vigo, País Vasco, Ponferrada ou Pontevedra, pero as obrigas laborais fan que na maioría dos encontros tan só poidan contar cunha media de oito xogadores. Os máis habituais son os porteiros Claudio e Juan; os peches Jose “Vilar”, Félix, Dani, Pablo Blanco; os alas Américo, Avelino, Marcos Moure, Juan Estévez, Toni Carballo, Rubén e Luís; e os pívots Adrián Iglesias e Baena. Así mesmo, La Bull 2.0. conta con Oudrey e Iván López como delegados; e Luís e Félix como adestradores. Chama a atención que a maioría destes xogadores competiron durante moito tempo ao fútbol en categorías como preferente, terceira e mesmo algún en 2ºB e foron un pouco reconvertidos ao fútbol sala.

La Bull 2.0 rematou cuarto na liga Provincial e foi eliminado en semifinais da Copa Deputación

Hermanos Carral/Pub Deluxe estréase este ano no Trofeo Barrios Deportivo, e faino por méritos propios, xa que vén de proclamarse campión da Primeira División do Carballiño. Pero, ademais, trátase dun equipo de récord, que conseguiu o maior número de puntos e goles durante os play off de ascenso, logrando vencer en oito partidos dos oitos dipu-

Hnos Carral disputou un gran play off e logrou o ascenso a Provincial

tados. Ao longo dos seus 10 anos de historia, este conxunto logrou unha liga da Segunda División do Carballiño e dúas da Primeira, unha delas a desta tempada, coa que conseguiu o ansiado ascenso a Provincial. Plantilla Hnos Carral/Pub Deluxe está adestrado por Manolo, Álex é o seu auxiliar e David o delegado. Pola súa banda, saltan ao parqué en cada encontro para defender a súa camiseta Castro, Mini, Iván, Pupín, Lois, Obenza, Manolito, Cambeiro, Fernando, Neira e Álvaro.

Formación do Hermanos Carral - Pub Deluxe.

Grazas! O habitual sería que agardaramos a que rematase o Trofeo Barrios Deportivo para dar as grazas, pero no noso caso queremos recoñecer a colaboración e o esforzo de antemán, porque para acadar esta cuarta edición son moitas as persoas que se converteron en peza indispensable. Os máis importantes desta cita son os equipos que a disputan, os cales ano a ano nos demostran, con todas as súas gañas e ilusión por saltar ao campo, que o noso traballo merece a pena. Eles son os verdadeiros protagonistas, os que durante toda a tempada traballan duro para gañar o maior número posible de títulos e, entre eles, o noso. Pero non habería tampouco trofeo se non houbera detrás un conxunto de patrocinadores que coa súa confianza e fidelidade, a pesar da situación que temos ao redor, lle dan aire e vida á nosa iniciativa. Tamén queremos darlle as grazas por adiantado aos árbitros que porán orde (o mellor que saben) entre a inevitable adrenalina que invade toda competición; así como ao persoal dos Remedios que nos bota unha man para que ao noso torneo e aos nosos xogadores non lles falte de nada. Agardamos que este IV Trofeo Barrios Deportivo sexa, un ano máis, todo un éxito. Que os equipos o pasen ben, que o público goce do mellor fútbol sala da provincia e que, gañe o noso ou o rival, sigamos tendo as mesmas gañas de repetir aventura o vindeiro ano. R. Torres


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

ATLETISMO

Diversas variacións na carreira do Corpus 4 Terá a saída e meta no Paco Paz. R. Torres

Rubén Diz (á dereita) no momento da saída./J.A.

O limián Rubén Diz faise coa vitoria na carreira nocturna de Xinzo 4 En mulleres, Ana Ocampo foi a máis rápida. R.T. O sábado 15 de xuño celebrouse polas rúas de Xinzo a novena edición da carreira nocturna de Xinzo. En total foron 262 os participantes desta edición na que Rubén Diz foi o vencedor en categoría masculina e Ana Ocampo en feminina. Por detrás de Diz chegaron en segunda posición, Javier Paredes, e en terceira, José M. Casado. En muller, acompañaron no podio a Ocampo, Silvia Teijeiro (segunda) e Ana Belén Losada (terceira).

Outras categorías En benxamín os máis rápido foron Shu Yan Bobillo e Carlos González, mentres que en alevín venceron Uxía Calleja e Pablo Nogueiras. Na carreira infantil Nuria Pazo e Ziad Nagihi foron os máis rápidos. Aida Martínez foi a máis rápida de todos os cadetes.

Na nocturna de Xinzo participaron 262 atletas de diversas idades

A terceira proba do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” sufrirá variacións no seu percorrido. Por motivo das Festas de Ourense, o parque Barbaña estará do 22 ao 30 de xuño inhabilitado para a celebración da carreira. Deste xeito desde a organización decidiron trasladala ata o Paco Paz. O horario será o habitual, sendo a primeira das carreiras ás 21 horas a dos Pitufos; despois chegaría a de benxamíns e alevíns (1000m); para seguir coa de infantís e cadetes (1900m). Pecharía ás 21.30 horas a proba absoluta (6.500m).

O percorrido desta carreira do Corpus con inicio e fin no Paco Paz discorrerá polo paseo do Barbaña ata o Polvorín. Ao peche desta edición o número de inscritos rondaba os 1100. As inscricións continuarán abertas ata o mércores 27 de xuño.

Proba absoluta da carreira do Couto. /ARQUIVO

Sonia Teijeiro domina as populares 4 Javier Paredes foi o home máis rápido. Redacción Sonia Teijeiro (Veteranos Ourense) volveu demostrar o bo estado de forma que atravesa e unha vez máis fíxose coa vitoria absoluta nunha carreira popular. No Couto foi segunda, en Sandiás, primeira, e agora na de Celanova regresou ao máis alto do podio. O seu tempo 30:32

Os líderes En categoría absoluta feminina, Yolanda Gutiérrez domina o circuíto por diante de Sonia Teijeiro e de Iria Fernández. En homes, Javier Paredes e Álvaro de la Fuente dominan a clasificación por diante de Pepe Márquez.

minutos. Tras ela chegaron Raja Rizki (Atletismo Porriño) e Ana Isabel Soutullo (Esprintes Ourense). En categoría masculina Javier Paredes (Sociedad Gimnástica de Pontevedra) foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 25:59 minutos; a 10 segundos entraba Óscar Ramos (Ourenrunning) con 26:09 e terceiro sería Óscar José Seoane (Ourenrunning) pa-

rando o crono en 26:19. Categorías inferiores En infantís, Marta Araújo e Paulo Brito foron os máis rápidos; en cadetes, Tania Anis e Xoán Eusebio Iglesias os vencedores. En alevín, Nayely Iglesias e

Arca e Maestre vencedores no Chandrexa Trail Redacción Fernando Arca e Raquel Maestre venceron na terceira edición do Chandrexa Trail en categoría masculina e feminina respectivamente. Tras Arca (3:07:52) chegou Carlos García (3:08:54) e Roberto Riobo (3:25:05) sendo os tres primeiros clasificados masculinos desta edición. En categoría feminia a Maestre (4:00:13) acompañárona no podio, Sonia Botana (4:24:13) e María del Rosario Figueroa (4:37:51). 103 foron os participantes desta terceira edición da Chandrexa Trail que chegaron a meta, nunha das probas de montaña máis duras de toda Galicia. Esta terceira edición pertencente ao Campionato Galego de Montaña individual estivo organziado por Running Sport e a FGM. Andrés Martínes leváronse a vitoria. Mauro Dorado e Ainhoa Rodicio foron os benxamíns gañadores. E finalmente, Adrián Correa e Uxía Vázquez fixeron o propio en prebenxamín.

Proba absoluta da carreira de Celanova./VÍA XVIII.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

ATLETISMO

Grandes actuacións de Alfonso Palomanes, Bea Viteri, Solange Pereira e Alejandro Fernández, no I Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense. /RAMSÉS.

Atletismo con maiúsculas

4 Nunca antes a cidade vivira unha xornada de atletismo tan brillante coma a do I Gran Premio Festas de Ourense. R. Torres Ourense tivo, ata a data, a súa xornada de atletismo máis importante coa primeira edición do Gran Premio Cidade de Ourense. Os Palomanes, Viteri, Fernández e Pereira, entre outros,fixeron que Ourense fora, durante un día, o gran centro de atención do atletismo galego. Durante a mañá, os atletas das categorías escolares foron os protagonistas dunha xornada na que o sol fixo acto de presenza. 16 probas que mezclaban salto, lanzamento e carreiras para os máis de 150 participantes. Representantes de clubs coma o Ourense Atletismo, colexio La Purísima, Limiactiva, BenChoSey ou Val Miñor non quixeron perder esta xornada histórica do atletismo ourensán. Xa pola tarde, celebrarían-

se unha vintena de probas en categoría absoluta, amais dos 500 metros benxamín e alevín, e os 1.000 metros infantil e cadete. Os destacados No triplo salto, Alfonso Palomanes foi o vencedor, logrando un mellor salto de 16,26 metros, que non foi validado polo excesivo vento a favor. Este foi o seu mellor salto de sempre pero non lle contará coma récord persoal (teno en 16,06). A meta próxima para Palomanes será batir a súa marca (que é récord galego) no Campionato de España. Bea Viteri lograba facer un salto de 3,60 metros, igualando a súa marca persoal e coa sensación de que pode batila en breve. Aínda así, rematou contenta a súa participación xa que “estaba experimentando”, comentaría ao finalizar o seu

concurso. E nestas chegaba a hora de que todos os focos se pousaran en Solange Pereira. Nos 400 metros foi a máis rápida; e nos 1.500 metros acadou unha mellor marca de 4:14.76. Pola contra, Leticia Fernández perdeu a última oportunidade de conseguir os 4:20 que lle darían o pasaporte ao Europeo Sub23, o seu crono foi de 4:26. Fernández non puido conter as bágoas ao final da proba. Cando o sol xa se despedira das pistas de atletismo do Campus de Ourense chegaba o momento máis esperado, a proba de 5.000 metros masculino elite. Alejandro Fernández quería lograr un tempo de 13:45 que lle abrira as portas a outras citas internacionais ao longo deste verán. Nos primeiros 3.000 metros estivo detrás das lebres; primeiro foi Ál-

varo de la Fuente e despois Robertas Geralavicius para tirar del Víctor Riobo ata o terceiro quilómetro. A falta de 2.000 metros quedou só contra o crono, e finalmente non puido facer o tempo desexado e rematou en 13:54, que é a súa mellor marca persoal. Fernández perdeu ritmo do quilómetro tres ao catro recuperándoo nos últimos mil metros, sen que lle fora suficiente para lograr a marca anhelada. O próximo obxectivo de Alejandro serán os 5.000 metros no Campionato de España que se celebrará no mes de xullo en Alcobendas. Durante a carreira o público volcouse en cada volta con el e co outro participante ourensán, Rubén Diz. Premios IAAF Ademais das típicas medallas e trofeos que se repar-

ten en cada competición, o Club Deportivo Aurum, organizador do evento, quixo ir un paso máis aló neste Gran Premio concendendo un premio especial para a mellor puntuación IAAF (Asociación Internacional de Federacións de Atletismo). En categoría feminina, Solange Pereira e en masculina, Alfonso Palomanes foron os vencedores de devandito premio, sendo estes unha dotación económica de 200 euros para cada un.

Gran participación nas probas das categorías inferiores Pereira e Palomanes conseguiron o premio especial para a mellor puntuación IAFF

Gañadores das diferentes probas. /RAMSÉS.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2013


10

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

XIMNASIA / DEPORTES ACUÁTICOS

NATACIÓN SINCRONIZADA

Sincro Ourense pecha a tempada sumando 12 medallas máis 4 O club fíxose con 7 ouros, 3 pratas e 2 bronces no Campionato Galego de Nivel.

As infantís do Pavillón fanse co bronce no Galego de Ximnasia Xeral Redacción O pasado 15 de xuño celebrouse no pavillón dos Remedios o Campionato Galego de Promoción e Ximnasia Xeral. Nas probas de promoción, as ourensás non comezaron con bo pé, xa que tiveron diversos erros que lles ocasionaron perda de nota. Así, as prebenxamíns foron cuartas, as benxamíns quintas, as alevíns cuartas, as infantís do Club décimas e as do Escola décimo quintas, e as sénior décimo terceiras. Pola tarde, Daniela Abad proclamouse subcampioa en prebenxamín e Candela Díaz terceira en benxamín, mentres que Aldara Cerdeiros foi sétima. No Campionato Galego de Ximnasia Xeral as infantís ourensás, coa súa danza irlandesa, acadaron o terceiro posto, detrás do equipo júnior Uninvited que foi o campión da cita e o club Arousa, que foi subcampión. Galego de Ximnasia de Trampolín Anteriormente, os días 8 e

9 de xuño, tivo lugar no polideportivo de Oira o Campionato Galego Individual e de Clubs de Ximnasia de Trampolín, que congregou a 200 deportistas procedentes dos distintos clubs galegos que practican esta disciplina (Club Sieiro, Club Treboada, Club Ximnasia Pontevedra, Club Burgas, Club Ximnasia Pavillón e Club Ximnasia Escola Pavillón), os cales fixeron fronte a tres probas diferentes: competición de elite, base e escolar. Así, o día 8 deron comezo as probas de elite e base. No caso da competición de elite o Club Ximnasia Pavillón sumou 10 podios e o Club Burgas, tres. Na competición de base, que se celebrou o sábado pola tarde, o Club Ximnasia Pavillón sumou outros 11 podios máis. Xa o domingo foi o turno do I Campionato Galego Escolar, que congregou numeroso público e participantes. Nesta cita, o Club Ximnasia Pavillón subiuse a 17 podios e o Club Burgas a nada menos que 15.

Redacción O pasado 8 de xuño o Complexo Deportivo Rías do Sur (Pontevedra) acolleu o Campionato Galego de Nivel de Natación Sincronizada, a última cita autonómica da tempada, á que o Sincro Ourense acudiu con 23 nadadoras (9 alevíns, 8 infantís e 6 xuvenís) sendo o único club que participou en todas as modalidades e categorías do campionato. Nesta competición, na que participan as nadadoras de maior nivel da comunidade, observouse, como cada ano, unha clara mellora respecto ao

anterior, pois a sincronizada en Galicia non deixa de crecer, a pesar de facelo aos poucos. Se a semana pasada o equipo local volveu a Ourense coa Copa que lle outorgaba o título de mellor club de base da tempada, na cita pontevedresa as nadadoras non defraudaron e trouxeron a copa que as converteu no mellor club galego de nivel, conseguindo un total de 12 medallas (7 ouros, 3 pratas e 2 bronces). Mención especial merecen os alevíns ourensás, pois alcanzaron o primeiro posto en todas as modalidades nas que participaron, obtendo un total de cinco ouros e

SALVAMENTO EN AUGAS ABERTAS

Outro paso adiante das mozas de Salvour 4 Dominaron a terceira xornada de liga galega. Redacción Pleno ao quince para as mozas do Salvour, o “Sprint de praia”, na terceira xornada da liga galega de salvamento acuático deportivo en augas abertas. Antía Arias rematou primeira, Nerea Fernández

segunda e Cecilia Martínez terceira, e reafirmándose como as mellores da proba. As mozas do equipo ourensán son as dominadoras absolutas nesta modalidade xa que en cada unha das tres xornadas de liga unha moza do Salvour foi a vencedora. Na primeira

unha prata. Últimas citas Con esta competición púxose punto e final ás ci-

tas autonómicas da tempada 2012-2013, unha das mellores para este club desde a súa creación no ano 2005. Para o fin da tempada, só resta unha competición oficial, o Campionato de España alevín e xuvenil, que se celebrará en Madrid do 13 ao 15 de xullo, e onde o club acudirá con ambas as categorías, actuais campioas galegas en equipo e combinada. Ademais desta e do trofeo que organizou o Sincro Ourense o día 22, queda outra cita non oficial, o trofeo do Club Natación Sincronizada Pontevedra, o 27 de xuño.

O conxunto alevín logrou unha das medallas de ouro. xornada tratouse de Cecilia, na segunda facía o propio Natalia Rivas (ausente nesta xornada por motivos laborais) e nesta terceira xornada a gañadora foi Antía. Conxunto masculino Pola súa banda, o equipo masculino tamén destacou nesta proba na que catro integrantes do equipo ourensán lograron meterse na final “A”, aínda que finalmente ningún deles tivo sorte para facerse coa vitoria.

nosas representantes, co segundo posto de Cecilia, o terceiro de Antía e o quinto de Nerea. Mentres, nos mozos o mellor foi Alberto Fernández, que mellorou a máxima clasificación obtida por un ourensán ata a data, cunha quinta posición. Así mesmo, en substitución de sprint (4x90 metros) os ourensáns Daniel Parra, Alberto Fernández, Emilio Boo e Jesús Quintas fixéronse coa terceira posición.

Bandeiras e substitución Na outra proba (bandeiras), disputada na area da praia da Pedra do Sal en Baldaio (Carballo), destacou a boa actuación das

Nas tres xornadas de liga sempre venceu unha deportista do Salvour


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

DEPORTES ACUÁTICOS / BTT

Campionato de España Open de Augas Abertas

O CN Castrelo de Miño, prata na Copa Ibérica Cabreiroá 4 O club ourensán, que foi o anfitrión desta competición, fíxose con catro medallas de ouro. Redacción Galicia impúxose de xeito indiscutible na primeira edición da Copa Lusa Galaica Cabreiroá para Federacións, mentres que o Club Remo do Miño fíxose coa Copa Ibérica Cabreiroá de Clubs. Ambas probas finalizaron o domingo 6 de xuño no Parque Náutico de Castrelo de Miño. A localidade ourensá gozou dun gran ambiente ao longo de toda a xornada de peche, con moito público que animou aos participantes en todo momento. O primeiro ouro da xorna-

da na que se competía en 500 metros era para Miño, na manga de 2x masculina. Tras eles, en dous sen (temoneiro), impúñase o Portuense. Pola súa banda, o skiff masculino foi para Caminhense. Nesta categoría rozou a proeza San Pantaleón de Cantabria, que ao final tívose que conformar co quinto lugar. Na categoría feminina, a vitoria foi clara para Castrelo de Miño da man de Anna Yuchenko, que superou ás deportistas portuguesas do Figuieirense e Infante Don Henrique.

btt

Vitoria de Marcos Villar no Open Galicia de BTT 4 Xiana Conde sitúase como líder en cadetes. Redacción No Open de Galicia celebrado nos montes de

Castro Barbudo (Rianxo), o ciclista do Actyon-Academia Postal - Mérida Marcos Villar fíxose coa

Xiana Conde, no máis alto do podio das cadetes.

Completan o quinteto de primeiras finais as mozas de dobre scull, onde Samertolameu de Meira vencía contra prognóstico, logrando unha medalla histórica. Como peche, os 4 nos que gañaban Miño (homes 4x), Infante Don Henrique (homes 4 sen), Castrelo/Miño (mulleres 4x) e 8 máis temoneiro cun podio formado por Miño, O Porto e Camiña. Unha exitosa proba que para a vindeira edición xa ten confirmada a presenza de federaciòns de Cataluña, Euskadi e Andalucía. vitoria en categoría júnior de forma contundente. Pouco a pouco, Villar vai deixando atrás os problemas de lesións que o afastaron dos mellores a nivel estatal. Nesa mesma categoría, o seu compañeiro de equipo, Raul González, entraba terceiro na meta, e Sergio Movilla quinto. Na carreira de elite, Saúl López remataba cuarto, quedando ás portas do podio. A outra victoria chegaba na categoria cadete feminina, onde Xiana Conde levábase a proba e os puntos que lle permitiron situarse como lider do Open de Galicia e do Open Deputación da Coruña. Tamén en cadetes, Roman Saa era quinto. Despois desta proba, o equipo macedán continúa á fronte da clasificación por equipos. Outras probas En terras vascas, a co-

Redacción

no cinco quilómetros.

No Campionato de España Open de Augas Abertas celebrado en Barcelona participaron catro nadadores do Club Pavillón Ourense. Laura Pimentel foi décima entre as participantes españolas nos 10 quilómetros, e novena no cinco; Mara Vélez foi novena no cinco quilómetros en categoría infantil; Ana María Santiso, quinta nos 7,5 quilómetros júnior e Marc Ciurana, sexto entre os españois

XXIII Trofeo Cidade de Lugo 34 nadadores de CNPO pertencentes ás categorias benxamin, alevín e infantil participaron no XXIII Trofeo Cidade de Lugo, co obxectivo de mellorar as súas marcas persoais e preparar a súa participación nos próximos galegos. Luis Bello Iglesias foi ouro en 100 costas; Martín Rodríguez, prata en 100 costas e Andre Bello, prata en braza.

Os nadadores ourensáns que competiron en Barcelona xunto ao seu técnico Santi Escudero (segundo pola dereita).

11

Galego Alevín de natación Redacción No Campionato Galego Alevín de verán que se celebrou na piscina do Real Club Naútico de Vigo o pasado fin de semana, participaron oito nadadores do Club Natación Pavillón Ourense. Catro deles en categoría masculina e outro catro en categoría feminina. Medallas En total lograron seis medallas, tres de prata e tres de bronce. As tres pratas foron conquistadas por Jacobo Caride en 100 costas, Héctor Álvarez en 200 braza e a de relevos 4x100 masculino. Os tres bronces foron logrados por Noel Quiroga en 400 e 200 libres e para os relevos 4x200 libres masculino. Otros resultados Destacada tamén foi a actuación de Eva Carril (cuarta en 100 braza); Antía Rodríguez (décima en 100 costas), David González (sexto en 100 costas) e Carmen Taín (sétima en 200 libres. Tamén conseguiron mínimas para participar no vindeiro Campionato de España Alevín que se celebrará na localidade catalana de Manresa, Jacobo Caride Cid en 200 estilos, Héctor Álvarez Álvarez en 200 braza (xa tiña a mínima en 100 braza acadada no pasado Trofeo Pedro Escudero) e Noel Quiroga Ramos en 200, 400 e 1500 libres.

Marcos Villar, despois de vencer na proba. rredora júnior Eva Álvarez tamén realizou unha moi boa actuación nas probas de estrada do trofeo Euskaldun feminino, no que se dan cita as mellores ciclistas de toda España. Álvarez foi cuarta na proba de Bergara, e sexta na proba de Soplena.

A ciclista júnior Eva Álvarez foi cuarta en Bergara e sexta en Soplena, no trofeo Euskaldun feminino

Integrantes do Club Natación Pabellón que participou no Campionato Galego Alevín.


12

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

MARTES 25 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e a charanga OS CHISPAS INSTALACIÓN MICROTEATRO 11:30 a 13:30 e 18:30 a 20:30 A compañía YMEDIOTEATRO presenta a obra “SIE7E” Lugar: Rúa do Paseo. Banco de España CONCERTO 12:00 Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE OURENSE Lugar: Alameda TÍTERES 12:00 e 18:00 O grupo FANTOCHES BAJ presenta a obra “Fábula Galénica” Lugar: Praza de San Marcial TEATRO DE RÚA 12:30 e 19:30 A compañía JIRIBILLA presenta a “Las Polis” Lugar: Rúa do Paseo 20:30 EXHIBICIÓN de Equinoterapia Lugar: Rúa Eugenio Montes CONCERTO 21:00 Concerto de Primavera. CAPELA MADRIGALISTA Lugar: Praza de San Martiño FESTIVAL DANZA 22:30 ESTILO LIBRE BAILANDO PARA OURENSE Espectáculo de danza da escola Estilo Libre en diferentes modalidades, moderno, ragga, hip hop, funky, jazz... Lugar: Praza Maior CONCERTO 23:30 ODAIKO&FRIENDS e RASTREXOS PROJECT Lugar: Xardín do Posío MÉRCORES 26 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e a charanga DOCTOR ANTXOA CONCERTO 11:00 BANDA INFANTIL LUIS COSTA DE RIBADAVIA Lugar: Rúa do Paseo INSTALACIÓN MICROTEATRO 11:30 a 13:30 e 18:30 a 20:30 A compañía YMEDIOTEATRO presenta a obra “SIE7E” Lugar: Rúa do Paseo. Banco de España TÍTERES 12:00 e 18:00 O grupo FANTOCHES BAJ presenta a obra “Rei Rei” Lugar: Praza de San Marcial 12:00 Lectura do manifesto do “Día Internacional da loita contra a droga”. Lugar: Rúa do Paseo TEATRO DE RÚA 12:30 e 19:30 A compañía GHAZAFELHOS presenta a “Contos para escagarriñarse” Lugar: Rúa do Paseo

ESPECIAL FESTAS DE OURENSE

Imos de festa!

A Concellería de Cultura programa unhas festas de Ourense “para o disfrute de todos” Desde o pasado venres 21 de xuño e ata o vindeiro domingo día 30, Ourense está de festa. Durante estes dez días, a nosa cidade é escenario de numerosas actividades pensadas e programadas para a diversión de todos as idades. “Nun ano no que o presuposto baixa, queríamos ter unhas festas para todo tipo de público”, apuntaba a concelleira Ana Garrido. Na que son as primeiras festas de Ourense que organiza como edil de Cultura, Garrido explicou que pretendía recuperar para os festexos os espazos da cidade vella, desde a Alameda ao Posío, ou prazas como a de San Marcial e a de San Martiño. “Todos os días no Posío e nas prazas haberá actuacións continuas”, indicaba, engadindo que estas atenderán “a todas as sensibilidades que hai na cidade”. O público infantil será un dos destinatarios esenciais da programación. “Haberá títeres mañá e tarde; sabemos que os nenos están de vacacións e cremos que os cidadáns futuros de Ourense teñen que coñecer e amar a súa cidade”, afirmaba a edil.

O técnico de Cultura, Manuel Freire, o artista Baldomero Moreiras, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e a concelleira de Cultura, Ana Garrido, posan co cartel anunciador das Festas de Ourense 2013.

Son dez días de festas con máis de cen actividades distintas, a maioría de balde Máis de cen actividades Con menos presuposto que na edición do ano anterior, a Concellería de Cultura pechou un programa que inclúe máis de cen actividades diferentes durante dez días, así como outras 30 de carácter deportivo, entre eles, a recuperación da volta ciclista nocturna.“Traemos para todos os gustos e ida-

Ourense regresa ao pasado O mercado medieval é xa un dos atractivos fixos do programa das Festas de Ourense. Do xoves 27 ao domingo 30 de xuño, as rúas do casco vello ourensán regresan á idade media, ofrecendo aos que as percorran postos de artesanía e gastronomía, e actuacións teatrais e personaxes que representan a época. O xoves a partir das 19:00 horas, malabaristas, contorsionistas e equilibristas darán comezo ao Ourense Medieval 2013,

que permanecerá aberto nesa xornada ata as 23 horas, con espazo infantil, guerreiros, músicos, compañías teatrais e personaxes medievais como atractivos. O sábado e o domingo o espazo medieval permanece aberto de 11 a 23 horas, con programación continua durante as dúas xornadas. Desfiles de combate e de lume, oficios de épocas, grupos celtas, árabes e cristiáns, circo medieval, tiro con arco e máis sorpresas sucederanse durante a fin de semana.

des, tocamos todos os estilos musicais”, manifestaba Manuel Freire, técnico do Departamento de Cultura. Ademais de títeres, charangas, teatro de rúa, microteatro, danza e numerosos concertos de todos os estilos, o programa inclúe a presenza dun artista internacional en Ourense, Eli ‘Paperboy’ Reed, que tocou, nun concerto gratuíto,

na noite de San Xoan no Xardín do Posío. De feito, a gran maioría das actividades e concertos dos festexos son de balde, tan só houbo que pagar pola actuación de Melendi e polo Festival Reperkusión, que terá lugar o venres 28 e sábado 29, en Benposta. Nos concertos e actuacións teatrais hai unha forte presenza de grupos galegos e ourensáns, “así os investimentos van quedar aquí en Ourense”; na programación para os máis cativos hai unha novidosa oferta de xogos creativos chegada de Cataluña; e todas as xornadas hai animación de rúa con gaiteiros e charangas. Ademais, este ano volven saír á rúa os xigantes e cabezudos, tras seren restaurados, a Batalla das Flores ampliará percorrido, e as barracas están ubicadas no parque Barbaña. Coincidindo coas festas, o Concello de Ourense aproveitará para abrir ao público o claustro de San Francisco, cun concerto do Quinteto Mi Contra Fa o xoves 27 ás 21:30 horas.

Microteatro, títeres e actividades infantís A programación familiar é un dos puntos fortes destas Festas de Ourense. Todos os día, en horarios de mañá e tarde, haberá espectáculos de títeres na praza de San Marcial, teatro de rúa no Paseo, e instalacións de microteatro de 10 minutos de duración fronte ao Banco de España. “Los amigos de crusó” é un espectáculo que conta con autómatas de gran formato, quebracabezas para os pequenos e unha colección de xogos mecánicos. Instalarase no pa-

ROTEIRO ARQUIVO VISUAL OURENSÁN 21:00 I ROTEIRO FOTOGRÁFICO AVO: CENTRO HISTÓRICO Lugar: Praza Maior 22:30 PROXECCIÓN I ROTEIRO FOTOGRÁFICO AVO: CENTRO HISTÓRICO 1º vídeo de AVO. Arquitecturas desaparecidas: “O gran hotel Roma” Lugar: Praza de San Martiño CONCERTO MOCIDADE 22:30 Concerto cos grupos PRISCILA E SABDIOS. O primeiro presentará o seu espectáculo “Cabaret Rock e segundo o seu disco “Rubia de bote”. Lugar: Xardín do Posío CONCERTO 23:00 MARÍA DO CEO presenta o espectáculo “Fado com outro acento”Lugar: Praza Maior XOVES 27 MERCADO MEDIEVAL 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e a charanga OS CHISPAS XOGOS E INSTALACIÓNS 11:00 a 13:00 TOC DE FUSTA (Cataluña) presenta “Los amigos de Crusó” Lugar: Alameda TÍTERES 12:00 O grupo TANXARINA presenta a obra “Narigudos” Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo XOGOS E INSTALACIÓNS 17:00 a 20:00 TOC DE FUSTA (Cataluña) presenta “Los amigos de Crusó” Lugar: Alameda. TÍTERES 18:00 O grupo TANXARINA presenta a obra “Narigudos” Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo MÚSICA POPULAR 20:00 FESTIVAL INTERNACIONAL DA CANCIÓN POPULAR Lugar: Praza Maior MÚSICA 20:00 Festa Dj´s con GUILLY DE MELO e IRIS DEEJAY Lugar: Rúa do Paseo CONCERTO 20:30 CORAL DE RUADA Lugar: Teatro Principal

Na rúa do Paseo e a praza de San Marcial haberá teatro de rúa e títeres.

ANIMACIÓN DE RÚA 21:30 A compañía KAMBIOTHA presenta o espectáculo “Nocturna” Lugar: Praza Maior

seo central da Alameda os días 27 e 28 de xuño. Un punto fixo de referencia durante os 10 días de festexos será o parque Barbaña, onde quedarán instaladas as barracas e atraccións.

21:30 Apertura ao público do CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO coa actuación do Quinteto MI CONTRA FA (Porto) Lugar: Antigo Cuartel de San Francisco, entrada a carón do Albergue de Peregrinos. CONCERTO MÚSICAS DE AUTOR


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

ESPECIAL FESTAS DE OURENSE

22:30 Concerto dos cantautores EMILIO RÚA e DANIEL MINIMALIA Lugar: Xardín do Posío

O deporte tamén é festa

TEATRO 23:00 Happening “No teño nada, mais teño a miña vida” Lugar: Praza de San Martiño

Ao redor de 30 actividades conforman o apartado deportivo das Festas de Ourense. Como novidade, recupérase a proba ciclista nocturna. A primeira fin de semana das festas foi completa, deportivamente falando, co torneo de Padel Radio Ourense, o Gran Premio de Atletismo Festas de Ourense 2013, o XI Torneo Internacional Cidade de Ourense de Taekwondo, o Memorial Lito de Fútbol alevín, o VI Campionato de Futbolín, o XLV Descenso do Miño, o VII Torneo Cidade de Ourense de Natación Sincronizada, o III Torneo de Mus Cidade de Ourense, o IV BTT Cidade de Ourense e o Campionato de Aeromodelismo. No que queda de festas, teremos fútbol sala, karts, ximnasia, patinaxe, ciclismo, boxeo, kickboxing, aeromodelismo e chave. Así, do 25 ao 29 de xuño celébrase no Pavillón dos Remedios o IV Torneo de Fútbol Sala Barrios Deportivo. O mércores 26, ATOX organiza no pavillón o seu maratón de fútbol sala, de 13 a 18 horas. Do 27 ao 30 estará insta-

VENRES 28 MERCADO MEDIEVAL 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e a charanga DOCTOR ANTXOA XOGOS E INSTALACIÓNS 11:00 a 13:00 TOC DE FUSTA (Cataluña) presenta “Los amigos de Crusó” Lugar: Alameda TÍTERES 12:00 e 18:00 O grupo BABALUBA presenta a obra “Marusía” Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo XOGOS E INSTALACIÓNS 17:00 a 20:00 TOC DE FUSTA (Cataluña) presenta “Los amigos de Crusó” Lugar: Alameda TEATRO DE RÚA 12:30 e 19:30 A compañía TEATRO PERCUTOR presenta “Debajo del andamio” Lugar: Rúa do Paseo CONCERTO LÍRICO 21:00 Concerto da soprano TERESA NÓVOA coa BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE OURENSE. Lugar: Praza de San Martiño CONCERTO OURENSÁNS 22:00 Concerto cos grupos MCARBALLO e EL HOMBRE ANODINO. Lugar: Xardín do Posío ANIMACIÓN DE RÚA 22:15 A compañía KAMBIOTHA presenta o espectáculo “Nocturna” Lugar: Praza Maior ESPECTÁCULO 23:00 ENKA DANZA ORIENTAL. Espectáculo de danza oriental, Bollywood, Bellynesian..., cos grupos invitados Gimnasio 2000 e Cía. de danza oriental fusión ALILAT Lugar: Praza Maior DERRAME ROCK SÁBADO 29 MERCADO MEDIEVAL 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e os Xigantes e Cabezudos, e a charanga OS CENTELLAS TÍTERES 12:00 O grupo VIRAVOLTA presenta a obra “Barriga Verde” Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo 13.00 Concerto da BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE

OURENSE Lugar: Alameda TÍTERES 18:00 O grupo VIRAVOLTA presenta a obra “Barriga Verde” Lugar: Alameda Bispo Cesáreo TEATRO 20:30 AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE MARICASTAÑA presenta a obra “Suicidio colectivo con encanto”. Lugar: Auditorio Municipal BATALLA DE FLORES 19:00 Desfile de animación e carrozas polo seguinte percorrido: As Lagoas (Policía Nacional), Curros Enríquez, Habana, Xoán XXIII, Progreso, Eugenio Montes, Paseo ata o Parque de San Lázaro.

A carreira nocturna das festas traslada este ano o circuíto ao contorno do Paco Paz.

Ata 30 actividades conforman o programa deportivo das Festas de Ourense 2013: atletismo, ciclismo, fútbol, fútbol sala, taekwondo, ximnasia, natación, BTT, kárting, boxeo, kickboxing, aeromodelismo, futbolín... lada a xira galega de kárting que se traslada este ano ao recinto do campo da feira. Abrirá cada día de 10 a 23 h. ‘Maratón’ deportivo O venres 28 novo ‘maratón’ deportivo: ximnasia rítmica na explanada do Auditorio ás seis da tarde; zumbathon nos Remedios de 20 a 22 horas, o 91º Gran Premio Cidade de Ourense

de ciclismo nun circuíto polas rúas do centro da cidade a partir das 20:45 horas, e unha velada de boxeo e kickboxing no anexo do pavillón dos Remedios desde as 22 horas. O sábado 29 hai patinaxe artística na central dos Remedios (de 18 a 19:30 horas); un Open de Aeromodelismo na pista de Santa Mariña (de 16 a 22

horas); o Trofeo Cidade de Ourense de Chave na pista do Couto (de 16 a 22 horas); e a carreira nocturna do circuíto “Correndo x Ourense”, con saída do pazo dos deportes Paco Paz ás 21 horas. O domingo 30 de xuño rematan o Open de Aeromodelismo, de 10 a 14 horas, e o trofeo de chave, no mesmo horario.

Concertos de todos os estilos musicais A música é sempre un punto central de toda programación festiva que se precie. Nestas Festas de Ourense 2013, veciños da cidade e visitantes teremos ata 20 concertos de estilos totalmente diferentes aos que poder acudir, a maioría deles de balde, e sen contar a programación do XVIII Festival Derrame Rock, que suma outras 30 bandas máis. A lista inclúe pop-rock (Melendi, Magnific Band, O Leo i Arremecaghona, Guezos, Odaiko&Friends, Rastrexos Project, Priscila, Sabdios, McCarballo, El Hombre Anodino,

13

Banda Crebinsky, Etiqueta Negra), música vocal (Vocal Tempo), bandas (Banda de Música Municipal de Ourense, Banda Infantil Luis Costa de Ribadavia), soul (Eli ‘Paperboy’ Reed), folk (Mel de Meiga, Zurrumalla, Coanhadeira), coros e corais (Capela Madrigalista, Coral de Ruada), fados (María do Ceo), música popular (grupos de dez países diferentes), música de autor (Emilio Rúa, Daniel Minimalia), lírica (a soprano Teresa Nóvoa) ou música de cámara (Quinteto Mi Contra Fa). Máis variedade, imposible.

ANIMACIÓN DE RÚA 22:15 A compañía KAMBIOTHA presenta o espectáculo “Nocturna” Lugar: Praza Maior CONCERTO 23:00 BANDA CREBINSKI. Lugar: Praza Maior FESTA DOS FOROS 23:00 Concerto do grupo COANHADEIRA Lugar: Seixalbo DERRAME ROCK DOMINGO 30 MERCADO MEDIEVAL 11:00 Animación de rúa co grupo de gaiteiros GOMES MOURO e os Xigantes e Cabezudos, e a charanga OS CENTELLAS. TÍTERES 12:00 e 18:00 O grupo SEISDEDOS presenta a obra “Varietés”. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo ESPECTÁCULO MÚSICA E DANZA 19:00 II FESTIVAL DE ESCOLA DE CANTO DA ESCOLA DE MÚSICA BIEITO BLANCO E A ESCOLA SABROSURA. Lugar: Xardín do Posío ANIMACIÓN DE RÚA 21:30 A compañía KAMBIOTHA presenta o espectáculo “Nocturna”. Lugar: Praza Maior

O venres 28 de xuño o XVIII Derrame Rock trae a Benposta, entre outros, os grupos Agnostic Front (NY), Reincidentes, Boikot, Def Con Dos, Lendakaris Muertos, Escuela de Odio, Juatxo Skalari, Bastards on Parade, Ruxe Ruxe, Alameda Dosuolna O sábado 29 de xuño o programa inclúe a Los Suaves, La Pegatina, Mojinos Escozios, Narco, Porretas, Los Chikos del Maiz, El Reno Renardo, Miguel Costas, Segismundo Toxicómano, Skarallaos, A Compañía do Ruido, Los Gandules, Terbutalina ou Maskarpone.

CONCERTO 22:00 Concerto da CORAL DE RUADA: ESCOLA DA DANZA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL CASTRO FLOXO. Lugar: Praza Maior CONCERTO 23:00 Concerto de ETIQUETA NEGRA. Lugar: Praza de San Martiño FOGOS ARTIFICIAIS 24:00 Espectáculo pirotécnico a cargo de PIROTECNIA JOSMAN. Lugar: marxe dereita do río Miño


14

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

POLIDEPORTIVO

Os benxamíns do Ponte vencen no Torneo Oira Futuro 4 Os xuvenís remataron na última posición. Redacción O campo municipal de Oira foi o lugar onde se celebrou o Torneo de Fútbol Oira Futuro nas categorías benxamín e xuvenil. En categoría benxamín, os rapaces do Ponte Ourense foron os vencedores do torneo. Á final chegaron Ponte Ourense e Celta de Vigo ao desfacerse nas semifinais de Deportivo (3-1) e Lugo (6-1), respectivamente. Na final, os ourensáns desfixéronse dos vigueses por tres goles a un. O Dépor foi terceiro e o Lugo cuarto.

EN BREVE

4 Karts Este martes 25 de xuño preséntase no pavillón municipal dos Remedios a Xira de Karts que percorre cada verán a xeografía galega. Como cada ano, a Ourense chega na última semana de xuño, coincidindo coas Festas de Ourense. O circuíto estará aberto desde o xoves 27 ata o domingo 30 de xuño, en horario de tarde de 16.30 a 21.30; polas mañás, o xoves e venres estará reservado para escolares e o sábado e domingo o horario será de 12:00 a 14:00. A tarifa é de 10 euros e será reducida para rapaces de 8 a 12 anos. Este ano a Xira Karting estará ubicada no Campo da Feira, e terá, amais de karts, unha zona de dinamización onde poderase xogar á xincanas deportivas, escalada ou mesmo hinchables.

4 Patinaxe O sábado 30 de xuño ás 18.30 horas (previo á final do IV Trofeo Barrios Deportivo de fútbol sala) terá lugar no pavillón dos Remedios unha exhibición de patinaxe artístico. Na mesma participarán patinadores e patinadoras de gran experiencia e nivel en diferentes modalidades.

Xuvenil En xuvenís, o Ponte Ourense perdeu 4-1 a súa semifinal contra o Deportivo da Coruña por catro goles a un, mentres que o Lugo caeu ante o Celta de Vigo por 3-1. No partido

para o terceiro e cuarto posto o Ponte volveu a perder, esta vez contra o Lugo (4-1). O Deportivo da Coruña proclamouse vencedor do campionato ao vencer na final 2-0 ao Celta de Vigo.

Partido entre o Dépor e o Celta xuvenil.

Campionato Galego de Xadrez O Club Xadrez Casa da Xuventude vén de proclamarse campión galego de xadrez na categoría infantil masculina. O equipo formado por Ángel Domínguez, Miguel Puga, Brais Gerpe, Alberto Iglesias e Raúl Martínez venceu nos seus enfrontamentos disputado na localidade lucense de Sober. Os ourensáns impuxéronse ao equipo coruñés do Sigrás por un claro 3,5-0,5. Na segunda ronda, os xadrecistas da Casa da Xuventude medíanse ao máximo favorito, o EXP de Pontevedra, desfacéndose deste pola mínima (2,5-1,5). A pesar da vitoria do conxunto pontevedrés ao Sigrás en última ronda, o Casa da Xuventude cumpríu e venceu ao Escola Luguesa por 4-0, o que lle deu o título de campión galego.

“Pitu” Losada impartirá un clínic no P21 Pádel Club 4 O xogador do circuíto profesional Worl Padel Tour estará en Ourense o 7 de xullo. Redacción “Pitu” Losada estará no P21 Pádel Club o domingo 7 de xullo para facer un clínic-exhibición. Deste xeito, virá a Ourense por primeira vez un xogador do circuíto profesional World Padel Tour. “Pitu” Losada é actualmente un dos mellores xogadores españois, e conta no súa palmarés co campionato do mundo por parellas (2008) ou o campionato de España por equipos (2013). O clínic-exhibición terá lugar o domingo 7 de xullo ás 18:00 da tarde, e formaranse grupos por niveis (intermedio e avanzado), nos que Losada desvelará os segredos do pádel profesional, e axudaranos a mellorar o noso xogo. Tamén realizará partidillos cos participantes e unha exhibición final. As inscricións estarán abertas até o martes 2 de xullo. Máis información en www.p21padelclub. com.

Torneo Americano Outras das actividades deste verán no P21 será o Torneo Americano. Devandito torneo xógase por parellas mixtas e no que no mesmo non prima gañar; senón pasar un bo rato e coñecer xente.

O clínic (que comezará ás 18h) contará con dous grupos de xogadores, de nivel intermedio e avanzado

Cartel do clínic-exhibición de “Pitu” Losada.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

CD OURENSE

15

O patrocinio de CDO analizarase o ano que vén 4 Desde o Concello de Ourense estudarase a posibilidade de patrocinar ao Ourense. R. Torres O alcalde da cidade, Agustín Fernández, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitaron o estadio do Couto para manter unha reunión coa directiva do CD Ourense. Ao remate da mesma compareceron en rolda de prensa para explicar o motivo da visita. O presidente do CD Ourense, Alejandro Estévez, cualificou de forma positiva a reunión con vistas a un futuro patrocinio que axude a amortiguar os problemas económicos que sufre o club. Agustín Fernández deixou as portas abertas a analizar e estudar unha esponsorización que, de ter vía libre, sería nos orza-

mentos do 2014 (os deste ano aínda non están aprobados). As subvencións pasan desde este ano a ser competitivas. Pola súa banda, Manuel Baltar asegurou que mantería as subvencións nominativas ao CD Ourense (o mesmo que ao COB e ao Rali de Ourense). Abonados Desde a entidade “rojilla” xa comezaron a campaña de socios para a vindeira tempada. Os socios que renoven o seu carnet antes do 15 de xullo terán o mesmo prezo que este ano. Certificado de Facenda Polo momento, e a pesares de que todo está conforme coa Axencia Tributaria,

o Ourense non recibiu o certificado que o libere para poder recibir as subvencións, e así facer fronte as débedas que ten neste final de curso (incluindo pagar ás administracións públicas). O tempo pasa, e de non chegar devandito certificado, o club poderíase meter nun problema se algún dos xogadores denuncia á entidade “rojilla” por impagos. Adrián Cruz O CD Ourense xa ten a súa primeira cara nova para a tempada 2013-2014. Trá-

A Deputación manterá a subvención nominativa ao CD Ourense

O presidente do CD Ourense, Alejandro Fernández, analizou con Agustín Fernández e Manuel Baltar a posibilidade de que Concello de Ourense e a Deputación colaboren economicamente co club./RAMSÉS. tase de Adrián Cruz, futbolista galega que procede do Marino de Luanco.

Adrián Cruz, procedente do Marino de Luanco, é a primeira fichaxe do CD Ourense para a tempada 2013-2014

Adrián Cruz, de negro, nova fichaxe do CD Ourense./R.T.


16

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

RALI DE OURENSE 2013

Monzón domina o 46º Rali de Ourense 4 Fuster e Pons acompañárono no podio. R.Torres O Mini John Cooper Works Wrc pilotado polo canario Luis Monzón (José Carlos Déniz é o copiloto) foi o campión da 46ª edición do Rali de Ourense. Detrás del quedaron Miguel Fuster (Porsche 997 GT3 CUP R), segundo, e Xevi Pons (Mitsubishi LANCER EVO X), terceiro.

A proba comezou coa especial de San Cibrao onde Alberto Muñiz foi o máis rápido. O día seguinte comezou co tramo dos Peares de máis de 29 quilómetros; Pons foi o máis rápido; o piloto catalán xunto co seu copiloto (Xavier Amigo) marcarían novamente o mellor tempo na primeira pasada da Peroxa, o que faría que lideraran a clasificación

Luis Monzón dominou os tramos da tarde./R.T.

provisionalmente (anteriormente, Fuster -gañador do ano pasado- era o líder). O alacantino Miguel Fuster faría o mellor tempo na segunda superespecial do rali, aínda que mantería o liderato Pons. Neutralización A segunda pasada polos Peares tivo que ser neutralizada debido a que o Mitsubishi Evo X de Surhayen Pernía quedou totalmente calcinado ao incendiarse. Isto motivou que a organización se vira obrigada a suspender a segunda pasada da Peroxa polo retraso acumulado. Monzón Cos tramos da tarde chegaría o dominio de Luis Monzón. Cos “Scratch” nas dúas pasadas de Toén e San Pedro de Rocas e na primeira pasada de Luíntra, o canario metíase no peto a vitoria final no Rali de Ourense 2013. A vitoria no último

O BMW 1602 de Jesús Míguez vence no Rali de Clásicos 4 Manuel Alfaro ao volante do Morris Cooper foi o segundo clasificado. Redacción

A décimo novena edición do Rali de Ourense de coches Clásicos tivo como gañador o BMW 1602 (do ano 1974) de Jesús Míguez e Mar González da escudería Vigo-Arenteiro ao lograr un total de 181 puntos (o coche con menor puntuación é o vencedor). Míguez e González tamén se fixeron coa primeira praza na modalidade de sen medidor. En segunda posición quedou o Morris Cooper S (do ano 1966) pilotado por Manuel Alfaro e copilatado por Fernando Losada, ao acadar 192 puntos. A terceira praza do podio ocupouna Juan Silvent e Ana Saborido co seu Fiat 124 Spider 1600 (segundos na categoría de sen medidor), ao obter 208 puntos.

Antigos Os vencedores das distintas categorías dos coches antigos foron: en categoría F (vehículos de 1961 a 1969) gañou Luis Aragonés; na E (do 1946

a 1960) venceu Severino Brea; do grupo D ( fabricados ente 1931 e 1945) o mellor foi Víctor Nascimento e da clase C (de 1919 a 1931) José Tomé foi o vencedor.

Os coches clásicos pasaron pola praza Maior da capital espertando a curiosidade dos ourensáns./I.OSORIO.

O Porsche de Fuster rematou segundo na cita ourensá./R.T. tramo da proba (segunda pasada de Luíntra) foi para Miguel Fuster, pero sen consecuencias para a xeral. Con esta vitoria, Luis Monzón ve como, trala metade das probas disputadas, ten máis preto o título nacional. Con 143.5 puntos avantaxa en 29 ao segundo

clasificado, Alberto Meira, con 114.5 puntos. Terceiro é Miguel Fuster, con 102 puntos. Sergio Vallejo O piloto máis querido no Rali de Ourense, Sergio Vallejo, non tivo sorte nas últimas edicións da cita

ourensá. Nesta ocasión nin tan sequera puido completar o primeiro dos tramos ao pinchar o seu Porsche 997. Unha mágoa tanto para el coma para os centos de fieis que o seguen polas estradas das citas automobilísticas de todo o país.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

POLIDEPORTIVO

Balonmán Lalín proclamouse vencedor do torneo Handball-Corpus

25 anos de rugbi en Ourense 4 Xornada de conmemoración da chegada a Ourense do deporte do balón oval. Redacción Emotiva reunión de todos os xogadores da historia do rugbi ourensán o sábado 8 de xuño na festa do 25º aniversario da chegada do rugbi á nosa cidade. Vellos e non tan vellos compañeiros do Club Rugby Ourense e do Santa Compaña compartiron campo, mesa e unhas cervexas durante unha xor-

nada chea de lembranzas, contos e historias ao redor do oval. No deportivo, secundario neste caso, a tarde comezaba cun encontro entre xogadores e xogadoras dos desaparecidos equipos CRO e Santa Compaña. A afluencia foi masiva en ambos equipos. Logo foi a quenda das ‘promesas’ ourensás que se enfrontaron a un com-

binado de xogadores veteranos de CRO e Santa Compaña. Foi un encontro máis duro e intenso que finalmente gañaron os veteranos, ao impoñerse por sete ensaios a cinco. O multitudinario terceiro tempo e a posterior cea nun céntrico local da cidade puxeron o punto final a un fin de semana especial.

4 Na súa primeira edición. Redacción O pasado sábado 16 de xuño tivo lugar a primeira edición do torneo Handball-Corpus, organizado polo Club Balonmán Pabellón, e onde se deron cita uns 150 deportistas chegados de diferentes puntos da xeografía galega, divididos en oito equipos. Os partido tiveron lugar no pavillón de Oira e na cancha do campus universitario. O torneo disputouse en dúas fases; a primeira fase de dous grupos de catro, dos que sairían os dous primeiros clasificados, que disputarían pola tarde as semifinais e final.

Fase final Na fase final, o Balonmán Pabellón Femenino derrotou o Balonmán Lalín Femenino, logrando praza para a gran final, mentres

17

que o Balonmán Lalín fixo o mesmo, dando boa conta do Balonmán Pabellón Masculino. O terceiro posto caeu do lado das rapazas do Balonmán Lalín, proclamándose o Bm. Lalín Masculino primeiro vencedor do torneo Handball-Corpus, ao gañar ás integrantes do Balonmán Pabellón, que amosaron una gran actuación, caendo só ante os campions.

No torneo participaron 150 deportistas

Un dos encontros do torneo Handball-Corpus./R.T.


18

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

FÚTBOL SALA

A mellor alternativa de ocio de verán en Oira 4 A Fundación Oira Futuro organiza o seu primeiro campamento de verán. Redacción A Fundación Oira Futuro organiza o seu primeiro campamento de verán, que se celebrará en Oira desde o 8 ata o 17 de xullo (o sábado 13 e domingo 14 quedan excluídos). O horario será desde ás dez da mañá ata as sete da tarde e as idades dos participantes están comprendidas entre os 6 e os 15 anos, tanto nenos como nenas. Adestramentos, charlas de diversa índole ou cinema son algunhas das actividades coas que contará o campamento. A inscrición ten un custo de 135 euros para os socios do club e de 150 para os que non son socios; o prezo inclúe o xantar de todos os días e unha equipación de adestramento. O campamento rematará o mércores 17 coa entrega

de diplomas a todos os participantes. Na web www.ponteourense.es ofrecen máis información sobre o campamento. Obxectivos Co obxectivo fundamental dunha formación integral e humana detrás de todas as actividades do Ponte Ourense e a Fundación Oira Futuro, esta nova iniciativa está relacionada co deporte, a educación, a amizade, a ilusión e o futuro dos máis novos. Nenos e nenas aos que se lle ofrece a posibilidade de que tamén no verán poidan gozar do que máis lles gusta, pero desde un aspecto formativo, polo que se seguirá transmitindo unha educación en valores, unha vida saudable, boas prácticas e unha convivencia e un futuro para a nosa sociedade.

Presentación do I Campamento de verán de Oira Futuro.

4 Xornada de portas abertas

O Ponte Ourense C.F. S.A.D e a Fundación Oira Futuro poñen en marcha as súas escolas deportivas de fútbol e fútbol sala masculino e femenino para nenos e nenas de Ourense. O club organiza o próximo venres 29 de xuño a partir das 17:30 horas unha xornada de portas abertas no campo municipal de Oira, para proxenitores e diversas. A xornada inclúe unha clase práctica de como actuar en casos de emerxencias e unha charla do dr. Nabor sobre “Prevención da morte súbita no mozo deportista”.

Do 8 ao 17 de xullo, en Oira

A pontina Raquel de Souza regateando a dúas contrarias nun partido nos Remedios.

Recursos propios 4 O Ponte Ourense, consciente da situación actual, buscará encher os ocos de adestrador e banco no propio club. R. Torres O Ponte Ourense, consciente da situación económica actual, buscará solucións no propio club para saír adiante en competición. Este ano desde o club optan pola vía dos recursos propios. O adestrador das últimas dúas tempadas, Óscar Vivian, non seguirá na entidade e será nese aspecto onde se busque alguén da casa. O mellor posicionado é Jorge Vaz, quen vería con bos ollos dar o salto á Primeira División da man do Ponte Ourense de fútbol sala feminino. Este ano levou ao Cidade de Ourense ao campionato da División de Honra Provincial Masculina -1ª Provincial-. Con el seguirán a coordinadora Enátali Gómez e Beatriz Seijas como segunda adestradora.

Xogadoras En canto á plantilla, o Ponte Ourense espera contar coa maioría das xogadoras deste ano, malia que Vanessa Sotelo xa se desvinculou do club para volver recalar no Cidade As Burgas.

Neste senso, todo queda a expensas do que ditamine o novo adestrador, que será consciente da realidade do club, polo que será moi posible que o conxunto pontino comece a darlle oportunidades de xogo ás pupilas da canteira.

Drica controlando o balón ante unha rival do Alcorcón.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

FÚTBOL SALA

Vanessa Sotelo volta ao Cidade na busca de moitos goles.

Noelia Palacios reforzará a portería.

O Cidade non descansa e comenza coas fichaxes

Redacción Apenas pasaron unhas semanas dende que rematara a tempada 2012-2013 e o Cidade As Burgas xa anuncia as súas tres primeira incorporacións para a vindeira campaña: a que era porteira do Ponte Ourense, Noelia

Palacios, a ex-franxiverde -e pontina durante as dúas últimas tempadas- Vanessa Sotelo, e a xogadora do filial Candela Soria. Vanessa Sotelo Vanessa Sotelo, xogadora durante as últimas dúas tempadas do Ponte Ouren-

se, regresa ao seu equipo anterior, o Cidade As Burgas. Sorpresa maiúscula no fútbol sala feminino ourensán se recordamos o vivido fai dous veráns cando Sotelo mudou a camiseta franxiverde pola albinegra. Agora, a que fora a máxima goleadora do Cidade

Vanessa lucindo a camiseta do Cidade xunto ás que son as súas compañeiras e amigas./R.T.

Candela Soria debutará en Primeria División. fraudará”, augura Codeso. O técnico espera que con esta fichaxe poidan lograr o obxectivo da permanencia o antes posible e non sufrir coma este ano.

4 Recuperou -logo de dúas tempadas no Ponte- a Vanessa Sotelo, fíxose coa porteira pontina Noelia Palacios e subiu ao primeiro equipo á xogadora do filial Candela Soria. As Burgas no seu primeiro ano en Primeira División regresa ás ordes de Manolo Codeso onde deixou moitas das súas amigas. A incorporación da xogadora ourensá ao cadro dirixido por Manolo Codeso suporá un plus, sobre todo no ataque. Durante os tres anos que leva participando na elite do fútbol sala feminino, Sotelo foi das máximas goleadoras en cada campaña. Os goles son unha das carencias do conxunto ourensán, e pola contra, unha das virtudes da nova xogadora. Un reforzo a todas luces necesario, que fará que o equipo de un salto de calidade. Para o seu novo técnico, o máis importante é que se adapte á dinámica de equipo na maior brevidade posible, “a partir de aí, non nos de-

19

Noelia Palacios Noelia Palacios comprometeuse co Cidade As Burgas de Primeira División de fútbol sala para a vindeira tempada. Palacios foi a terceira porteira do Ponte Ourense esta campaña. Anteriormente xogou no Cidade de Ourense en Prata e en Liga Galega. A xogadora formouse no Femuro Verín onde xogou unha tempada en Galega. Agora comprométese co equipo franxiverde para “buscar novos retos e novas experiencias. Quero disputar minutos e poder consagrarme na Primeira División”, admitía Palacios. Para o seu novo adestrador, Manolo Codeso, Noelia é “unha gran porteira cun gran futuro”. Sobre a competencia na portaría, Codeso é claro: “esta incorporación fará crecer aínda máis ás nosas porteiras, que terán moita competencia, e iso é bo”, afirmaba o técnico. A portaría do Cidade estará para o vindeiro curso

ocupado pola titular deste ano, Ana, e pola nova xogadora (Noelia Palacios), ambas de 18 anos, amais de Antía (de tan só 15 anos). Candela Soria A promesa do Cidade As Burgas, Candela Soria López, sobe ao primeiro equipo para a tempada 20132014. Unha das xogadoras máis destacadas do filial ve cumprido o seu soño de pertencer á primeira plantilla na próxima campaña. En categorías inferiores xa demostrou o seu desparpaxo co balón, e o seu descaro e técnica individual. Loitadora, con gol e boa defensora, será un baluarte importante para o equipo en canto lle colla a medida á competición. O técnico conta sacarlle “o máximo rendemento”, e asegura que “achegará moito ao equipo se se acopla ben á categoría”.

Noelia será unha boa competencia para as porteiras do Cidade e Candela aportará descaro e técnica individual


20

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

COPAS DEPUTACIÓN

Taboadela, Celanova e A Veiga, campións de Copa Deputación 4 Venceron na Copa Deputación de fútbol, fútbol sala feminino e masculino, respectivamente. R.T. A Copa Deputación de fútbol e fútbol sala xa coñece aos seus vencedores. O Taboadela (fútbol), Celanova (fútbol sala feminino) e A Veiga (fútbol sala masculino) foron os campións copeiros da tempada 2012-2013. O Taboadela desfíxose do Barbadás B na final celebrada no Couto, ao vencerlle por dous goles a un. Durante a maioría

dos minutos da final o Taboadela foi por diante no marcador, ata que o filial do Barbadás lograba o empate. Cando todo facía presaxiar que se ía chegar á prórroga, novamente os branquiazuis marcaban o que sería o definitivo 2-1. Fútbol sala feminino Verín foi a sede da final da Copa Deputación de fútbol sala tanto en categoría masculina coma na feminina.

O Taboadela sentenciou o encontro fronte ao Barbadás B cando se rozaba a prórroga

En mulleres, o Celanova foi netamente superior ao Amoeiro, a quen venceu por 5-1. Gran partido entre dous equipos completamente distintos. Un Celanova con xogadoras moi novas e cunha grande proxección, e un Amoeiro con xogadoras máis fortes. Finalmente imporíase a calidade do equipo de Celanova, adiantándose no marcador cun contudente 0-4. Cando as forzas fraquearon, as xogadoras do Amoeiro lograron achegarse ata un gol de diferenza

O Taboadela fíxose coa Copa Diputación de fútbol ante o Barbadás B./RAMSÉS

(3-4), pero sen poder facer efectiva a remontada. Fútbol sala masculino Na final masculina e tras 40 minutos de moita tensión, A Veiga alzouse co título ao vencer ao anfitrión Verín por 4-2. Partido moi disputado entre dous equipos de idéntico nivel. A primeira metade controlada polo equipo da Veiga fixo que foran ao descanso con dous goles, por cero do Verín. Nesta primeira metade A Veiga enviaba catro tiros ao pao mentres que o Verín facíao en dúas ocasións. Na segunda metade o partido estaba controlado polo equipo da Veiga ata que chegou o primeiro gol do Verín (minuto 28) e, deseguido (minuto 29) ,o empate. Pero Carracedo aínda non dixera a última palabra e adiantou de novo ao seu equipo (A Veiga). Diego, a dous minutos para o final, faría o 4-2 e o título copeiro marcharía cara á Veiga.

Verín acolleu as finais de fútbol sala, nas que venceron Celanova (feminina) e A Veiga (masculina)

A Veiga dobregou ao Verín por 4-2./R.T.

As rapazas de Celanova venceron ás de Amoeiro por 5-1.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

ARTES MARCIAIS / TIRO

Sergio Parga realizando un exercicio de tenkongfeijiao perfecto.

Sobresaínte actuación do Artai en Madrid 4 No IV Campionato Internacional de Wushu Ciudad de Madrid 2013. Redacción O Artai vén de lograr unha notable actuación no IV Campionato Internacional de Wushu Ciudad de Madrid 2013. De todos os equipos participantes, o Artai foi o que logrou maior botín. En total foron 23 medallas (10 ouros, 10 pratas e 3 bronces). O director do club, Aarón Blanco, manifestou a súa ledicia polos resultados obtidos, felicitando a todos os competidores e destacando o labor dos adestradores do club, os auténticos responsables destos éxitos. O club ourensán foi o único representante de Galicia e acudiu á cita con

Os deportistas do Artai sumaron 23 medallas (10 ouros, 10 pratas e 3 bronces)

18 competidores, oito na modalidade de formas de exhibición e 10 na modalidade de combate. Medallas ourensás En canto aos logros dos nosos representantes, destacaron as actuacións de Andrés Piñeiro, que se fixo con tres ouros nas categorías de man baleira, pao e sabre de sur; Emanuel Álvarez Escobino, que acadou tres pratas nestas mesmas categorías; e Andrea Álvarez Fernández, de 10 anos, que se colgou un ouro na categoría de sur man baleira cadete (ata os 15 anos). Así mesmo, lograron medalla Adriana Rial (un ouro e unha prata), Andreina Álvarez (dúas pratas), Sara Álvarez (un bronce), Andrea Fernández (unha prata), Jorge Fernández (un ouro), Jorge Vidueira (un ouro), Brahim Tamesna (un ouro), Saúl Rodríguez (un ouro e unha prata), Christian Silva (un ouro), Abra-

ham Rodríguez (unha prata), Jorge Estévez (unha prata), Adán Nieto (un bronce) e Joaquín Pazos (un bronce). Deportistas de sete nacións No campionato participaron preto de 200 competidores de seis nacións estranxeiras (Francia, Suiza, Portugal, Suecia, Italia e Inglaterra) e os mellores competidores de cada unha das autonomías de España.

Aarón Blanco, director do club Artai.

Os integrantes do equipo Artai posando coas súas 23 medallas.

21

Remata a Copa Deputación de judo

Competicións no Club de Tiro Eiroas

Redacción

4 Miguel Jácome e Andrés González, primeiros nas ligas de carabina lixeira e pistola libre.

O 8 de xuño celebrouse no Paco Paz a cuarta e última xornada da Copa Deputación de judo, que reuniu máis de 60 judokas de toda a provincia entre as categorías benxamín e sénior, incluindo a de open ou aberta a competidores de ambos sexos; amais da novidosa categoría Ne-Waza, onde a loita restrínxese exclusivamente ao chan, apta para veteranos. Nesta cuarta xornada decidíronse os vencedores definitivos da competición. Agora só queda para outubro o Randori Infantil.

J.E. Miguel Jácome con 587 puntos en carabina lixeira tendido e Andrés González con 530 en pistola libre ocuparon a primeira praza na liga mensual destas modalidades, disputada no Club de Tiro Eiroás o domingo 23 de xuño. Ademais da boa actuación de Jácome, é de destacar a gran puntuación do lucense Andrés González, que continúa nun gran momento de forma,

despois de clasificarse en cuarta posición en categoría absoluta no Campionato de España en maio. Andrés sacoulle máis de 30 puntos ao seguinte clasificado, Enrique Do Río, aínda que os 499 puntos de Do Río son unha boa marca para el dada a súa condición de veterano sénior. O 30 de xuño volve a actividade a Eiroás coa liga de pistola de 9mm, e os días 6 e 7 de xullo haberá Copa Deputación de aire comprimido e liga de avancarga.


22

BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

POLIDEPORTIVO

O deporte nas Festas de Ourense 4 Moito, moito deporte é o que nos está a deparar e nos deparará estes días as Festas de Ourense 2013. Piragüismo, aeromodelismo, fútbol ou BTT son algunha destas actividades deportivas.

Memorial Lito Piragüismo Máis de 200 palistas de 28 equipos participaron o sábado 22 de xuño no XLV Descenso do Miño de Piragüismo celebrado en augas do río Miño. Tral cubrir os 17 quilómetros que separan os Peares do encoro de Velle, Antonio Palmas e Brais Sánchez do club Vilaboa foron os máis rápidos ao empregar un tempo de 1.03.49. Jesús Rodríguez do Club Fluvial O Barco foi o primeiro en K-1 cun tempo de 1.07.21, Valeria Rodríguez foi a mellor das mulles (1.07.21). David Costa e Raquel Rodríguez impuxéronse en C-1. Por equipos, a Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra foi o mellor.

O Memorial Lito de fútbol alevín celebrouse no estadio do Couto o sábado 22 de xuño, sendo o vencedro desta edición o Ponte Ourense B. Na final, o Ponte venceu pola mínima (1-0) ao CD Ourense. Terceiro foi o Barbadás e cuarto o Ribeiro. O resto de equipos participantes foron Calasancio, Celanova, Allariz, Velle, Arenteiro, Pabellón e Ponte A.

Aeromodelismo

Ruta de BTT por Ourense

Un total de 30 maquetas voaron na tarde do domingo 23 de xuño polo campo de voo de Santa Mariña competindo nunha xornada, o Campionato de Maquetas de Aeromodelismo, que se disputa desde fai anos. As 35 maquetas pertencían aos clubes de Aeromodelismo Ourense, Alas de Salnés, As Gaivotas e Furaventos, e puideron contemplarse na tarde do sábado 22 nas pistas exteriores do pavillón municipal dos Remedios. O 30 de xuño Santa Mariña acolle unha nova cita co aeromodelismo, neste caso co Open Nacional e Campionato Galego F3C e F3N, de 10 a 14 horas da mañá.

O Club Ciclista Dúas Rodas xunto coa colaboración do Concello de Ourense organizou a cuarta edición da Ruta BTT Cidade de Ourense celebrado o domingo 23 de xuño. Os ciclistas percorreron dous tramos de 35 e 50 quilómetros pasando por Seixalbo, Santa Mariña do Monte, Alto do Cumial, San Cibrao das Viñas, Taboadela e o Pereiro de Aguiar. Remataron a proba no pavillón de Oira cun xantar para participantes e acompañantes.

Taekwondo

O Pavillón dos Remedios acolleu o sábado 22 o undécimo Torneo Internacional de taekwondo no que tomaron parte máis de 1.000 taekwondistas, sendo todo un éxito de participación.

Sincronizada A piscina Rosario Dueñas foi o escenario da sétima edición do Trofeo Cidade de Ourense de natación sincronizada. Á cita acudiron clubs de toda Galicia. Os representantes locais venceron en Base I e II, e os combos de Base II e III. FOTOGRAFÍAS DE IÑAKI OSORIO.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xuño de 2013

ARTIGOS / ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº79- Ano: V - 25 de xuño de 2013 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Deporte e realidade (XIX) Capítulo 18. Mente e fútbol Cambiou moito a percepción dos adestradores e futbolistas sobre a psicoloxía do deporte. Ao principio mirábana con exceptismo, moi próximo á bruxaría. Agora téndose máis claro o rol do psicólogo na preparación dos futbolistas e dos equipos. Luís Aragonés, na súa etapa na Valencia C.F., comentaba que a preparación psicolóxica era a pata que lle faltaba a ese banco que é o adestramento. Ao seu xuízo permanecía coXo sosténdose só en tres patas: a preparación física, o adestramento técnico e o táctico. Paréceme que aínda queda bastante camiño por andar, neste sentido. Con frecuencia, obsérvase que os especialistas en fútbol, entre os que se poden citar adestradores, futbolistas, técnicos de apoio ao adestrador, profesores, investigadores e analistas do fútbol, coinciden en sinalar catro factores determinantes do rendemento deportivo do futbolista: a preparación táctica, a preparación técnica, a preparación física e a preparación psicolóxica. Con todo, a pesar de existir un consenso xeral na contorna do fútbol, resulta que isto é só teoría porque, logo, na práctica adoita ocorrer que na planificación da tempada só están presentes o tres primeiros compoñentes sinalados, quedando totalmente esquecido o compoñente psicolóxico na preparación global do futbolista. É dicir, compróbase repetidamente como existe sempre un lugar na distribución do traballo semanal para todas as disciplinas, pero, nunca ou case nunca, disponse dun tempo programado para a preparación psicolóxica. Existen múltiples testemuños e probas científicas da importancia da preparación psicolóxica sobre o rendemento deportivo. Respecto diso, poderíanse citar as palabras do famoso adestrador soviético de atletismo,

Vaitsekhovsky, quen afirmou que hoxe en día chegaban ás finais os atletas fortes de corpo, pero que as medallas de ouro gañábanas os atletas máis fortes de mente. Todos os grandes deportistas son fisicamente superdotados, e todos foron sometidos a programas deportivos moi similares. As diferenzas entre eles adoitan ser, por tanto mínimas. Na maioría das ocasións, a pequena diferenza, ás veces centésimas de segundo, que separa ao campión do que non o é está máis en como se afronta a competición, baixo as condicións de máxima presión, que no potencial físico do deportista. Para conseguir o seu obxectivo de gañar a proba a nivel psicolóxico, ten que alcanzar, polo menos, os dous seguintes estados mentais: 1º.- Un alto nivel de concentración, na súa mente non pode haber outra cousa que non sexa a execución técnica da proba. 2º.- Un nivel de tensión muscular apropiado para a dicir proba, o deportista ten que ser capaz de autorregular o seu nivel de actuación ou arousal. Existen deportistas que teñen uns grandes dotes psicolóxicos, de forma innata, de igual forma que existen persoas fortes sen adestrar a forza no ximnasio. Así resulta que o suposto deportista podía gañar a proba sen adestrar nin a concentración nin a activación. Pero este tipo de deportistas é escaso e, aínda que existisen, poderían mellorar, aínda máis, as súas calidades psicolóxicas a base de adestramento, da mesma forma que a persoa forte pode chegar a ser máis forte se adestra. A concentración para un partido empeza moito antes do propio partido. En realidade, empeza o día anterior, cando o futbolista prepara a súa bolsa, ordena a súa vida en función do partido do día seguinte, cea e déitase pensando no partido. O

quecemento non só ten por función pór a punto o organismo para a competición senón tamén a mente. É o momento de illarse totalmente da estimulación exterior e mirar cara a dentro, cara a un mesmo. Se existisen xogadores no equipo que non lograsen adquirir un bo nivel de concentración por sI mesmos podería recorrerse á práctica imaxinada, unha técnica psicolóxica que permite ao xogador visualizar escenas do partido antes de xogarse. A tensión muscular hai que regulala ben. Existen adestradores que cren que o nivel de tensión muscular ten que ser moi elevado para afrontar o partido de competición. É certo que o nivel de tensión debe ser alto, pero sen exceder un certo límite. Se entra nun estado de sobreexcitación, o rendemento diminúe. Iso é, existe unha relación directa entre tensión muscular e rendemento até un certo punto. Se excedemos devandito punto ideal de tensión, o rendemento, no canto de aumentar, descende. O adestrador debe ter moito coidado nisto. En relación coa activación do futbolista é moi importante ter en conta as diferenzas que poidan existir entre uns xogadores e outros. Poida que unhas palabras apropiadas do adestrador antes do partido consigan activar apropiadamente á maioría dos xogadores para afrontar un partido de competición. Pero poden existir excepcións; o caso dalgún xogador que non logre o nivel de activación apropiado. Se existise algún xogador con este problema, sería necesario deseñar para el un programa psicolóxico específico de enerxetización, para que o propio xogador conseguise un autocontrol, tanto antes, como durante o partido. Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de Ourense e entrenador

Variada oferta do Consello Municipal de Deportes para xullo Redacción Diversas son as actividades que ofrece o Consello Municipal de Deportes de Ourense para este mes de xullo: cursiños de natación para nenos, taichí e unha cita máis do “Correndo por Ourense”. Os cursiños de natación, tanto de iniciación como de perfeccionamiento, están indicados para nenos de entre 4 e 15 anos e contan cunha amplia variedade de horarios de clase. Pola súa banda, tanto as actividades de taichí como a carreira popular están abertas a todos os públicos. Límite de inscrición Os interesados en inscribir aos seus fillos a un cursiño de natación poden facelo dende o 25 de cada mes ata que comeza o curso, no pavillón dos Remedios. No caso das clases de

taichí non é preciso ningún tipo de inscrición, só estar presente (e coa indumentaria axeitada) no momento da mesma, ben Posío ben no pavillón. Por último, para participar o 29 de xuño na carreira nocturna do Corpus (pertencente ao “Correndo por Ourense”), os interesados teñen de marxe para anotarse ata o mércores anterior (a inscrición é única para todo o circuíto). En canto a esta proba, dende o Consello Municipal de Deportes queren salientar que esta cita sufriu unha serie de cambios alleos á organización, entre eles atópase que a saída e a meta estarán no Paco Paz, e discorrerá polo paseo do Barbaña ata o Polvorín. Ademais as distancias a cubrir serán de 1.000 metros para os benxamíns e alevíns, 1.900 metros para os infantís e cadetes, e de 6.500 metros para os séniors.

Campus de hoquei en Mariñamansa 4 Do 25 de xuño ata o 5 de xullo. Redacción Desde o 25 de xuño ata o 5 de xullo, o Club Hockey Albor, coa colaboración do Concello de Ourense, organiza o II Campus de verán nas instalacións de Mariñamansa. A actividade está dirixida a mozos e mozas de 6 a 16 anos. “Gustounos como se desenvolveu esta idea o ano pasado, e vista a boa acollida da primeira edición, decidimos continuar con este proxecto”, comenta Adrián A. Vala-

do, un dos coordinadores do campus. “No primeiro campus tivemos 33 nenos e nenas e neste rondaremos tamén esa cifra, o cal nos anima a seguir traballando pola base, xa que responderon positivamente nesta segunda edición”, continuou Valado. Actividades Durante o campus, que se desenvolverá de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30, haberá actividades de todo tipo (charlas específicas do xogo, competi-

Ciclismo Redacción

O catalán Airan Fernández (Bicicletas Coluer) impúxose no Campionato da Península Ibérica celebrado por terras ourensás. 199 ciclistas (o tope eran 200) de 25 equipos participaron nesta quinta edición na que se deron cita os mellores equipos elite e sub 23 de España. Airan Fernández foi o máis rápido tras 123,8 quilómetros de percorrido, cunha velocidade media maior aos 44 quilómetros por hora. Escapada Fernández sairía do pelotón alcanzando aos escapados Unai Elorriaga e Jordi Simón. A vitoria resolveuse ao sprint na meta de Castrelo de Miño sendo Elorriaga segundo e Simón terceiro. A 37 segundos chegaría o pelotón encabezado por Ángel Vallejo. Sub 23 En sub 23, o campión foi o ciclosta do Gsport Valencia Tierra y Mar Óscar Hernández. cións por equipos, xogos populares, etc.), dirixidas polos monitores habituais do club, así como sorteos de material deportivo. “Esperamos mellorar moitas cousas este ano, e iso significa traballo para que todo salga ben, pero con toda a xente do club que está involucrada seguro que o conseguimos”, finalizaba o coordinador. Toda a información referente ao campus pódese consultar na web do club, www.chalbor.es.

Cartel do Campus.


BARRIOS DEPORTIVO 25 de xu単o de 2013


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.