[ Páx. 2]
Todo preparado para o descenso urbano do “Pulpo Extreme” HOQUEI
Páx.3
Chega a 12ª edición do “Octopus Hockey Festival”
FÚTBOL
Páx.6
A UD Ourense recibe este domingo ao Caselas no Couto
FÚTBOL SALA Páx.10
BALONCESTO Páx.12 VOLEIBOL
O Sala Ourense supera ao Cidade de Narón na Copa
O Club Ourense Baloncesto xa conta con nove xogadores
Páx.14
O Club Voleibol Ourense renova a súa imaxe
Seguinte parada: A Ponte
[Páx. 4]
O Envialia, a darlle a volta á Supercopa
[Páx. 8]
O circuíto “Correndo por Ourense” chega á súa quinta cita, será no barrio da Ponte o 24 de setembro.// O Ourense Envialia perdeu o partido de ida da Supercopa ante o Futsi.
Número: 164- Ano: IX -8 de setembro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 22 de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
AXENDA / ACTUALIDADE
4 Axenda deportiva Fútbol
- Día 10 de setembro. O Couto. Ourense CF - Bergantiños. Terceira división. - Día 10 de setembro. Espiñedo. Arenteiro - Arousa. Terceira división. - Día 10 de setembro. O Couto. UD Ourense - Caselas. Rexional Preferente. - Día 10 de setembro. A Tella. Nogueira - Ribeiro. Rexional Preferente. - Día 17 de setembro. O Couto. Ourense CF - Negreira. Terceira división. - Día 17 de setembro. Calabagueiros. Barco - Ribadumia. Terceira división. - Día 17 de setembro. O Xestal. Ribeiro - Gondomar. Rexional Preferente. - Día 17 de setembro. Bande. Bande - Nogueira. Rexional Preferente.
Atletismo
- Día 9 de setembro. Xinzo de Limia - 20 h - Carreira popular nocturna Xinzo de Limia. - Día 10 de setembro. Celanova - a partir das 9 h -. II Trail e andaina de Celanova. - Día 17 de setembro, O Barco de Valdeorras - 18 h XXXIª Milla Urbana Festas do Cristo 2017.
Fútbol sala
- Día 16 de setembro. Os Remedios - 17 h - Ourense Envialia - Cadiz Polideportivo. Primeira división. - Día 23 de setembro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Soto del Real. Primeira división. - Día 23 de setembro. Os Remedios. Sala Ourense - 5 Coruña. Terceira división.
BTT
- Día 9 de setembro. Ourense. II descendo urbano “Pulpo Extreme”. - Día 10 de setembro. Amoeiro - 9:15 h - II Quedada BTT Concello de Amoeiro.
Aeromodelismo
- Días 9 e 10 de setembro. Campo de Santa Mariña. Campionato de España e de Galicia de radiocontrol de helicópteros F3C.
Motor
- Día 9 de setembro. O Carballiño - 19:45 h - III ruta nocturna de San Cibrao de automóbiles clásicos.
Andaina
- Día 9 de setembro. O Carballiño - Andaina do Coello. - Día 9 de setembro. Entrimo. XV andaina terrachán Peneda.
Tenis de mesa
- Día 9 de setembro. Paco Paz. Copa Deputación de tenis de mesa.
Outros
- Do 8 ao 10 de setembro. Mariñamansa. 12º Torneo Internacional de hoquei veterán “Octopus Festival”. - Día 9 de setembro. Ourense. Descenso urbano “Pulpo Extreme”. - Día 9 de setembro. Castrelo de Miño - 17:30 h - III winnerman Ourense. - Día 10 de setembro. A Pobra de Trives - 9 h - Andaina e cross A Pobra de Trives. - Día 10 de setembro. hipódromo de Sandiás. 5ª xornada de carreiras de cabalos.
Todo preparado para o descenso urbano 4 A cita arranca este sábado polas rúas do casco vello. Redacción O Pulpo Extreme arranca este sábado, 9 de setembro, co espectacular Descenso Urbano – Mercedes Benz (DHU) polo Casco Vello da cidade das Burgas. Esta arriscada e espectacular proba (un descenso desde Carmelitas ata as Burgas, repleto de
O descenso partirá desde o Colexio Carmelitas e rematará nas Burgas
saltos, baixadas de escaleiras, muros de pedra e rúas estreitas) contará con campións da talla de José Borges e Édgar Carballo González. Ás 10:30 h comezarán os adestramentos libres, ás 15 horas a manga clasificatoria e ás 17 h a manga final. A entrega de premios será ás oito da tarde. As apuradas de freada ao límite, os descensos por escaleiras e os saltos artificiais creados para a ocasión farán correr a adrenalina polo centro da cidade achegando o festival a todos os ourensáns, para, pasando pola Praza Maior -cun salto de máxi-
Participante do “Descenso Urbano” celebrado na primeira edición do “Pulpo Extreme”. /RAMSÉS. ma dificultade e espectacularidade -, acabar nun dos lugares máis emblemáticos da cidade: a Fonte das Burgas. Esta arriscada e espectacular proba -un descenso desde Carmelitas ata as Burgas, repleto de saltos, baixadas de escaleiras, muros de pedra e rúas estreitas- contará con campións da talla de José Borges e Édgar Carballo.
Máis Pulpo Extreme indoor O Pulpo Extreme continuará coas probas indoor os días 28, 29, 30 de setembro de 1 de outubro en Oira. No polideportivo municipal celebraranse as probas de skate, roller, quad, BMX, scooter, graffiti, breakdance e Djing. Este certamen sitúa a Ourense no circuito nacional de festivais de cultura urbana e deportes extremos.
4 Grande dispositivo de seguridade A espectacularidade do Descenso Urbano - Mercedes Benz (DHU) polas rúas do Casco Histórico contará cun gran despregue de seguridade. Un amplo dispositivo composto por voluntarios e comisarios da organización, así como con medios sanitarios de emerxencias, vixiará o desenvolvemento da proba para solventar de forma inmediata calquera incidencia que poida ocorrer, e a Policía Local controlará o acceso de vehículos á zona peonil da cidade, sen necesidade de facer modificacións no tráfico. O descenso, que atravesará a zona vella da cidade de Ourense, cruzando a praza Maior e
rematando nas Burgas, comezará ás 10 horas cos adestramentos libres, e desde as 16:30 horas cos primeiros descensos. O Pulpo Extreme colocará un valado de seguridade en todo o percorrido da proba, que estará supervisado por voluntarios da organización. Desde o Concello, recoméndase seguir en todo momento os consellos e indicacións dos voluntarios, que estarán perfectamente identificados e avisarán ao público da chegada dos participantes con chifres. Ademais, a organización está a repartir notificacións entre os posibles afectados polo desenvolvemento da proba (veciños, establecementos de hostalaría e locais comerciais) e non lles
colla por sorpresa. Espectáculo puro O público poderá gozar dunha espectacular xornada durante todo o día. Logo de salvar as escaleiras do primeiro tramo, a organización destaca lugares coma a rúa Juan de Austria, onde haberá un interesante salto seguido dun wall ride na esquina de Santa Eufemia con
Arcediagos. De seguido, chegarán á praza Maior onde saltarán un Box de 7 metros que, sumados ás rampas, farán un total de 13 metros. Neste punto valorarase a habilidade dos participantes co best trick. A chegada á meta, co vertixinoso descenso pola rúa Calpurnia Abana, será outro dos puntos fortes do descenso.
Rúas por onde pasará o Descenso Urbano.
ACTUALIDADE
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
O Aeromodelismo Ourense organiza dous campionatos 4 O de España e de Galicia de helicópteros radiocontrolados F3C. Redacción Os próximos 9 e 10 de setembro celebrarase o Campionato de España Absoluto de F3C e Campionato Galego F3C, acrobacia con helicópteros de radiocontrol nas instalacións do Club Aeromodelismo Ourense -Santa Mariña-. Esta competición é puntuable para a constitución da Selección Nacional que representará en próximas edicións ao noso país a nivel internacional; de feito, parte dos participantes desta edición veñen de representar a España no Campionato do Mundo
celebrado no mes de xullo en Polonia. Por parte de Club Aeromodelismo Ourense participan nesta competición David Prada Martínez, piloto na categoría Avanzada e Anxo Mon, que actuará como xuíz de pista desta competición.
As competicións celebraranse os días 9 e 10 de setembro nas instalacións do Aeromodelismo Ourense
Cartel do Campionato de España e de Galicia de helicópteros de radiocontrol F3C.
Presentación da edición deste ano do “Octopus Hockey Festival”.
O “Octopus Hockey Festival” contará con nove equipos na 12ª edición 4 O evento deportivo terá lugar os días 8, 9 e 10 de setembro. Redacción O torneo OHF “Octopus Hockey Festival” chega a súa duodécima edición como torneo internacional de veteráns de hoquei herba, con nove equipos inscritos. Seis son masculinos (+35 anos) procedentes de Portugal, Holanda, Madrid, Vigo e Ourense, e tres femininos (+30 anos) de Ourense, A Coruña e Madrid. A presentación desta cita tivo lugar no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede; o vicepresidente, o vogal e o secretario do Club Deportivo Open,
Alberto Estévez, Francisco Masid e Javier Valencia, respectivamente. O vicepresidente da Deputación de Ourense lembrou que ao longo destas doce edicións do torneo, “pasaron por el máis de 100 equipos masculinos e femininos procedentes de toda Europa: Alemania, Holanda, Portugal, Escocia, Irlanda, Inglaterra, así como incluso doutros lugares como Dubai, xunto con equipos de gran relevancia no hoquei español”. Asemade Rosendo Fernández sinalou que Ourense é “un marco único para acoller esta competición á que, en numerosas ocasións, os participantes repiten”. Pola súa parte, Mario Guede dixo que a Deputación de Ourense e o Con-
cello de Ourense “colaboran non só na mellora das infraestruturas deportivas, senón tamén na actividade dos nosos clubs, que organizan eventos desta índole que son un impulso turístico para Ourense”. Torneo O torneo, organizado polo Club Deportivo
Open, comezará o venres, 8 de setembro, coa recepción aos equipos. A competición dará comezo ao día seguinte nas instalacións de Mariñamansa, a cal rematará cunha cea oficial. O domingo, 10 de setembro, celebrarase a parte da clasificación do torneo que concluirá coa entrega de trofeos e o “xantar tradicional” nas propias instalacións deportivas, explicou Alberto Estévez. Francisco Masid fixo un repaso pola historia deste torneo que “naceu hai doce anos cando un grupo de alemáns quixeron vir xogar aquí un partido, así que organizamos un fin de semana de hoquei entre dous equipos. A partir de aí, decidimos consolidalo e darlle apertura a máis equipos”. O Club Deportivo Open “ten unha saída ao ano a un campamento europeo polo que temos recorrido gran parte da xeografía europea e isto contribúe a que a xente nos devolva a visita”, puntualizou o vogal do Club Deportivo Open.
Os equipos participantes son de Holanda, Portugal e España
Encontro dunha edición anterior. /ARQUIVO.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
ATLETISMO
Saída da carreira absoluta da cuarta cita do “Correndo por Ourense”./RAMSÉS.
percorrido; unha carreira curta pero moi esixente, sobre todo polas rampas no tramo final de cada volta (había que dar dúas en total). Como gañador, resultou unha vez máis Rubén Diz (21:05 minutos), quen demostrou que este é o seu ano. A 13 segundos (21:18) entraría na liña de meta situada na pista de atletismo do Campus universitario, Pepe Márquez. Na terceira posición entraría Saturnino González (21:46) a 41 segundos de Diz.
irían xuntas ata que Ocampo comezou a gañar terreo sobre Fernández chegando primeira entre as mulleres. O tempo da vencedora foi de 25:12 minutos, 39 menos que o da segunda (25:51). Na terceira posición remataría Vicky Losada, a máis dun minuto da primeira (26:31).
Sorpresa A sorpresa deuse na categoría feminina. Ana María Ocampo foi quen de vencer a Iria Fernández, a favorita para facerse co título do circuíto. Na primeira volta
A Ponte E neste mesmo mes o barrio da Ponte colle a testemuña de mans da zona universitaria para acoller a quinta xornada do “Correndo por Ourense”. O
Clasificación En canto á clasificación, en categoría masculina a segue liderando Rubén Díz, o mesmo que Iria Fernández na feminina.
Rubén Diz tamén gaña na do Campus 4 En mulleres a vencedora foi Ana María Ocampo. R. Torres Mañá calorosa a que tivo lugar nas Lagoas o domingo, 3 de setembro, data na cal se celebrou a cuarta proba do VII circuíto de carreiras populares
“Correndo por Ourense”. Tralo parón de verán tocaba retomar a competición e comprobar o estado físico dos participantes, que entre todas as categorías achegáronse a medio milleiro de participantes.
A proba dos “pitufos”./RAMSÉS.
Despois das carreiras escolares tocoulle o turno a absoluta. Cun sol de xustiza como convidado de pedra, os participantes colocáronse na liña de saída dispostos a dar o mellor de si nos 6,4 quilómetros de
Participantes das categorías infantil e cadete./RAMSÉS.
evento terá lugar o último domingo de mes, o día 24 de setembro. Como sempre, ás 12 horas correrán os pitufos; ás 12:05 h, os benxamíns e alevíns; os infantís e cadetes ás 12:15 h; e rematarase coa absoluta ás 13:30 h. Os máis pequenos percorrerán unhas ducias de metros; os benxamíns e alevíns farán 1.000 metros; os infantís e cadetes unha volta de 1.900 metros; e finalmente os maiores completarán tres voltas a un circuíto para realizar un percorrido de 5.700 metros.
A próxima cita será na Ponte, o 24 de setembro
FÚTBOL
Arranca a campaña do socio solidario do Ourense C.F. 4 Supón un 10 % de doazón a Cruz Vermella. Redacción O Ourense Club de fútbol presentou a nova cam-
paña do socio solidario que comezará este mesmo venres, 8 de setembro, nas instalacións do Centro Co-
mercial Ponte Vella. A acción que se enmarca dentro da II edición do programa socio-deportivo,
Presentación da campaña “Socio solidario” no Centro Comercial Ponte Vella.
Ourense de dez, suporá un 10% de doazón á acción humanitaria de Cruz Vermella, desprendida da cota de cada socio que se some ao Ourense C.F. cada segundo venres de mes na caseta informativa que se colocará en Pontevella (de 10.00 a 22.00 horas, na porta principal) ou en días posteriores, mostrando para iso o folleto de promoción. Deste xeito, un carné familiar suporá unha achega solidaria de 8 euros; individual 5; parado, xuvenil e xubilado, 3 euros. Campaña A presentación desta campaña, que se prolongará ata xaneiro de 2018, contou coa presenza do vicepresidente de Cruz Vermella en Ourense, Francisco González, quen agradeceu a activación deste calendario solidario e destacou o valor e sentido da palabra “esforzo” desde o seo familiar e desde a base deportiva.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
Pola súa banda, o presidente do Ourense C.F., Camilo Díaz, lembrou á institución que o club permanece, un ano máis, aberto a todos aqueles nenos en situacións de desamparo económico. Campo de Oira Con esta comparecencia o Ourense C.F., arrinca unha tempada máis, o seu programa social de actividades, que dá o pistoletazo de saída con esta campaña e a bendición do bispo Leonardo Lemos sobre o remodelado campo de Oira, o próximo 14 de setembro ás 20.00 horas.
O remodelado estadio de Oira será bendecido polo bispo de Ourense, o día 14 deste mes ás 20 horas
O Arenteiro Barco, o día 13 Redacción Xa se coñece a data para xogar os 20 minutos que restan para que remate o derbi ourensán de Terceira división entre o Arenteiro e o Barco. A data prevista para disputar os minutos finais será o vindeiro mércores, 13 de setembro, a partir de las 20.30 horas. Cabe recordar que a colexiada decidira suspender o encontro pola forte saraiba que caía nese momento sobre Espiñedo; anteriormente tivo que comezar a rodar o balón 40 minutos máis tarde do previsto polo mesmo motivo. Empate O marcador, ata o momento da suspensión, reflectía un empate a un gol; adiantáranse os locais e máis tarde o Barco puxera as táboas.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
FÚTBOL
4 Germán Pérez, na previa
Unha tarde para soñar 4 A UD Ourense golea ao Estradense (4-0). Esta fin de semana recibe ao Caselas. R. Torres Despois da desilusión da derrota no inicio da Liga, a Unión Deportiva Ourense deu un golpe na mesa na segunda xornada ao golear, por catro goles a cero, ao Estradense. Os pontevedreses chegaban ao Couto como líderes despois de vencer no primeiro encontro ao Ribeiro (5-0). Os catro goles no Couto foron obra de Joni, Alfredo, Unai e Pignol, este en propia porta, nun encontro que o presenciaron ao redor de 1.000
seareiros nas bancadas do estadio. Joni abría o marcador a menos de cinco minutos do descanso. Fran Martínez asociábase, unha vez máis co dianteiro, que nesta ocasión abría a lata (1-0). Tralo tempo de lecer, os visitantes fixéronse co tempo do partido tendo varias ocasións que non se materializaron. Porén, foi o Ourense o que poñía terra de por medio; Fran Martínez centra á área e Hugo remata con defensa Pignol desviando o esférico (2-0). O propio
Pignol tocaba coa man o balón e o árbitro decretaba penalti; Alfredo non perdoou (3-0). O cuarto era obra de Unai a pase de Josu. Caselas O Couto repite como escenario da terceira xornada. A Unión Deportiva Ourense recibe ao Caselas (este domingo, a partir das 18:30 horas), equipo cos mesmos puntos que os ourensáns, tres. Antes do encontro recibirán unha homenaxe os ex xogadores que estiveron no club nas tres primeiras xornadas e que este ano abandonaron a disciplina unionista: Xaco e Diego Soto recibirán o cariño da bancada polos tres anos que defenderon a camiseta. Movemento A Clínica Movemento é un centro de fisioterapia deportiva que se une ao proxecto da UD Ouren-
Miguel Codeso despexando o balón no partido contra o Estradense. /RAMSÉS.
O partido ante o Caselas dispútase este domingo, 10 de setembro, a partir das 18:30 horas
se. Para elo, ofrecerá aos socios e abonados da entidade descontos nos seus servizos. Socios Apenas consumidos uns días do mes de setembro o club xa anunciou que se rebasou a cifra de 1.000 socios. Nas tempadas anteriores o millar de socios superábase nos meses de outubro e novembro, polo que os abonos marchan a bo ritmo para a entidade, que este ano quere achegarse aos 2.000 afeccionados co seu bono. Resto de ourensáns En canto aos outros tres conxuntos ourensáns da competición, disputarase un novo derbi na terceira xornada. O Nogueira - Ribeiro terá lugar este domingo, a partir das 18:30 horas na Tella. Os locais chegan coliderando a clasificación, con seis puntos, mentres que os de Ribadavia péchana sen ter estreado o seu casilleiro de puntos. O outro conxunto ourensán, o Bande, visita ao Estradense. Os de Iván González tentarán seguir sumando de tres en tres como o fixeron nas dúas primeiras xornadas.
Na previa do partido, o xogador Germán Pérez falou para os medios de comunicación. O defensa dixo que non cre que teñan “exceso de confianza” trala goleada do pasado domingo, aínda que “podería crerse o contrario”. Pola contra, considera que esa vitoria “reforza a idea do seu xogo”. A pesar da euforia é cauto e advirte que van soamente “dous partidos” e considera “unha Liga longa e complicada”. Do partido fronte o Caselas di que será “moi complicado”, e que por iso necesitan “o apoio do público”. Sobre este as-
pecto dixo que fóra “incrible” o vivido no primeiro partido disputado no Couto. Implicación A implicación dos afeccionados faina extensible aos xogadores e corpo técnico. “Todos estamos implicados. Hai moita unión no vestiario”, finalizaba.
Germán Pérez. /RAMSÉS.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
FÚTBOL
Boas sensacións para os ourensáns en Terceira
O Ourense C.F. leva unha vitoria e dous empates
4 Os nosos catro equipos representantes venceron na terceira xornada.
gunda, no derbi que os enfrontaba, o partido suspendeuse pola saraiba caída en Espiñedo. Tres puntos son os que ten o conxunto do Carballiño logo de dobregar a domicilio ao Céltiga. O equipo adestrado por Manel Vázquez tivo que sufrir ata o final para sacar adiante un partido que tiña de cara ata os 10 últimos minutos. Borja adiantaba aos ourensás ao filo do descanso e Igor poñía terra de por media ao cuarto de hora da rea- nudación (0-2). Quince minutos tolos fixeron que os locais empataran a falta de tres minutos. Cando parecía que se ían a repartir os puntos, Carlos de Dios logrou, a falta dun minuto para o final, o gol do triunfo. Tres puntos para colocarse terceiros e cun partido menos.
Redacción Os catro equipos ourensáns que militan na Terceira división de fútbol fixeron pleno na terceira xornada ao vencer nos seus respectivos encontros. O Barbadás soupo defender durante máis dunha hora o gol de Cabanyes no minuto 17 ante o Vilalbés. Esta vitoria supón a se-
O Barbadás suma os seis puntos disputados nos Carrís
gunda como local para os de Moisés Pereiro, o que fai que conten cos seis puntos no seu casilleiro dos diputados nos Carrís; os azulóns son sétimos con eses seis puntos. Xusto debaixo, na oitava praza, está o Ourense Club de Fútbol. Os de Fran Justo non coñecen a derrota nestas tres primeiras xornadas: dous empates e unha vitoria para sumar cinco puntos. Na última xornada un gran Ourense C.F. logrou golear ao Noia por un gol a cinco. Martín Lamelas, por partida dobre, e un “hat trick” de Edu Otero
foron os goleadores. Barco e Arenteiro E os outros dous conxuntos ourensáns lograron a primeira vitoria da tempada esta xornada. O Barco adiantouse no inicio do encontro -Mitogo no minuto 3- e defendeuse para acadar os tres puntos diante do Choco. Sumado ao empate da primeira xornada os de Javi Re y suman catro puntos e colócanse na décima posición. Tanto Barco coma Arenteiro soamente contan cos puntos de dúas xornadas, xa que na se-
Vindeira xornada Para esta xornada, a número catro, o Ourense C.F. recibe na casa ao líder, Bergantiños. O Arenteiro agarda en Espiñedo ao Arousa, décimo cuarto; o Barco visita ao Silva, sexto; e o Barbadás fai o propio co décimo noveno, Boiro.
Lance de xogo no encontro entre o Barbadás e o Vilalbés./RAMSÉS.
Arenteiro e Barco teñen que xogar os últimos 20 minutos do partido suspendido pola saraiba
Roda o balón na Primeira Galicia 4 Comezou a tempada na máxima categoría provincial. Redacción Xa comezou a rodar o balón no grupo 4 da Primeira de Galicia onde están encadrados os equipos ourensáns. Do nove encontros dous saldáronse con empate e sete con vitoria visitante. Non houbo ningún triunfo local nesta primeira xornada de campionato. Os empates foron entre Francelos e Viana e Rante e Atlético Vilariño, co mesmo resultado: 1-1. En canto as vitorias como visitantes estas foron do Polígono en Pontedeva (0-1); o Antela en Loñoá (0-4); o Atlético Arnoia diante do Cortegada (0-1); o Sporting Celanova ao Monterrei (1-3); A Peroxa ao Allariz (0-1); Maside a Velle (2-4): e o Verín a Valenzá por 1 a 2. Así, o primeiro líder da competición é o Antela, seguido do Maside. Pechan a táboa clasificatoria Monterrei e Loñoá,
penúltimo e último, respectivamente. Todo moi anecdótico, xa que non fixo máis que comezar unha tempada que se presenta moi igualada. Xornada 2 Na segunda xornada o Antela recibe á Valenzá e o Maside ao Cortegada. O resto de partidos son o Arnoia - Francelos; Viana - Monterrei; San Cibrao - Rante; Vilariño - Loñoá; Verín - Velle; Celanova Allariz; e A Peroxa - Pontedeva. Segunda Galicia Os grupos 8 e 9 da Segunda Galicia dan comezo a súa Liga esta fin de semana. Este ano a Terceira Galicia, que tamén comeza esta fin de semana, ten un só grupo ourensá, o undécimo. Algúns equipos que non saíron esta tempada fixo que se fusionaran os dous grupos ourensáns do ano pasado. Deste xeito haberá unha Liga con 19 equipos.
As ligas de Segunda e Terceira Galicia comezan esta fin de semana.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
FÚTBOL SALA
4Liga: debut contra o Cadiz
Sara Moreno nunha acción do encontro antes de ter que ser trasladada en ambulancia ao hospital./RAMSÉS.
O Envialia busca dar a sorpresa na Supercopa de España 4 Perdeu no partido de ida disputado nos Remedios. R.T. O Ourense Envialia quere resarcirse do partido de ida e darlle a volta á eliminatoria da Supercopa de España. No encontro disputado a pasada fin de semana na cancha central dos Remedios, as ourensás caeron por tres goles a cinco diante do Futsi Navalcarnero. As vixentes campioas do torneo cobran así vantaxe de cara ao encontro de volta que se disputará o vindeiro domingo 10 de setembro no pavillón A Estación de Navalcarnero. Cunha moi boa entrada
(preto de 1.000 persoas nas bancadas) o choque comezou cun Ourense
Envialia máis metido no partido, con dominio do xogo nos primeiros com-
Marta Figueiredo defendendo a Ju Delgado./RAMSÉS.
pases do mesmo. Aos catro minutos de xogo, a incombustible Bea Seijas finalizaba en gol una contra iniciada en metade de cancha por Luci e despois dunha rápida transición ofensiva. Aos poucos, o pulo local ía decrecendo na mesma medida que o Atlético incrementaba a súa presenza ofensiva sobre a portaría local ata facerse co mando do envite. Aos quince minutos, Ju Delgado en xogada individual pola esquerda superaba cun zurdazo a Vane, establecendo o empate. O Atlético buscou a
O Ourense Envialia arranca a Liga en Primeira división contra o Cadiz. O partido está previsto para o sábado, 16 de setembro, a partir das 17 h, na cancha central do pavillón dos Remedios. O equipo que estará dirixido, un ano máis, por Chipi, tentará dar un paso adiante e poder loitar contra os equipos de arriba na procura da mellor posición posible. Novamente parte o Atlético de Madrid Futsi Navalcarnero como o claro favorito a conquistar a Liga. Tras el, un ramillete de equipos (Alcorcón, Burela, Univer-
sidad de Alicante) no que pretende estar o Ourense Envialia agardando a debilidade do actual campión e ter a oportunidade de alzarse cun título que non sae das vitrinas do Futsi nos últimos anos. Bea Martín (proven do Real Statte italiano) e Claudia Terrés (ex do UCAM Murcia) reforzan unha plantilla que non contará este ano nin con Rosángela nin con Laura Fernández (esta marchara a metade de tempada do ano pasado). Tamén estará no plantel Candela Soria aínda que a súa lesión fará que non poida debutar ata, polo menos, a segunda volta.
vitoria parcial no tramo final do período con varias ocasións claras, entre elas un disparo ao pau da propia brasileira Delgado. Nese momento as albinegras recuaron ante o empuxe branquivermello. Na segunda parte, o Atlético adiantábase por primeira vez no choque cun gol de Bea Seijas en propia porta á saída dun córner das madrileñas. Amelia puido ampliar a renda visitante pouco despois con dous remates man a man ante Vane. Claudia Terrés de disparo exterior desde metade de cancha igualaba o envite aos 27 de xogo. Segun-
dos despois, María Sanz en xogada de estratexia á saída dun córner, anotaba a pase de Amelia ao segundo pau o 2 a 4. Xa no tramo final do choque, Amelia Romero puña o 2 a 5 para o Atlético que encarrilaba a Supercopa. Pero ao borde da conclusión, desde o punto de dobre penalti, Luci anotaba o definitivo 3 a 5.
O Ourense Envialia ten que remontarlle un 3-5 ao Futsi en Navalcarnero
Susto de Sara Moreno O choque estivo detido durante quince minutos no segundo acto, debido ao contratempo sufrido por Sara Moreno que houbo de ser trasladada a un centro médico local. Despois de pasar 24 horas en observación a xogadora saiu do hospital. A pesar da alta hospitalaria será case imposible que axude ás súas compañeiras a buscar a remontada no partido de volta.
FÚTBOL SALA
O Cidade quédase sen Candela 4 A xogadora ficha polo Envialia. R. Torres Se xa se prevía unha tempada complicada para o Cidade das Burgas; agora, coa marcha de Candela Soria ao eterno rival, a peregrinaxe pola Primeira división deste ano seráo todavía máis. E menos mal, que a porteira Ana e María Arias finalmente non marchan, por que a sangría podería ser máis grande. Candela está lesionada e pouco podería aportar ao equipo neste curso. O problema pode radicar no golpe anímico, xa que a xogadora era un dos puntais para Manolo Codeso. Lesión E foi pola lesión polo que deu o paso definitivo de saltar do Cidade ao Ourense Envialia. Desde
Iria Saeta, máxima goleadora Redacción A ex xogadora do Cidade das Burgas, Iria Saeta, que este ano vestirá a camiseta do Poio, vén de recibir o premio como Pichichi de Primeira división como máxima goleadora da tempada 201617.
fai tempo oíra cantos de serea para vestir a elástica do Envialia, e foi agora cando tomou a decisión. O motivo é unha lesión de longa duración que desde o equipo que adestra Chipi prometen tratar con mimo e tentar recuperarse o antes posible. Esta decisión descolocou a Codeso, que se sinte ninguneado polo outro equipo da cidade que milita na elite do fútbol sala nacional. Fala de falta de respeto e e de infravalorar ao seu club. O club
O primeiro partido de Liga en casa será o 23 de setembro diante do Soto del Real A ourensán recibe por segundo ano consecutivo esta distinción. Sumou un total de 38 goles, polos 32 da xogadora do Futsi Ari, segunda máxima realizadora. A mesma posición, na táboa goleadora, ocuparon na tempada anterior, pero cunha diferenza menor. Daquela, a galega sumara 43 tantos por 42 da brasileira; en terceira posición remataría Vanessa Sotelo, con 37.
Iria Saeta co trofeo de máxima realizadora da 16-17.
pontino respondeu a estas declaracións mediante un comunicado no que se defendían de tales acusacións. “Fuga” Esta será a terceira “fuga” sonada do Cidade ao Envialia. Vanessa Sotelo e María Romero precederon á Soria tomando a decisión de cambiar de aires. Sotelo remataría regresando ao cadro franxiverde (onde recibiría a chamada da selección española logrando ser das mellores xogadoras do planeta), para despois fichar polo Alcorcón. E Romero desapareceu da
competición logo de ser cedida, polo Envialia, ao Amarelle. Tempada A Liga comeza o 16 de setembro e o fai co Cida-
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
de das Burgas visitando ao Móstoles. Será na segunda xornada cando o equipo xogue diante do seu público; o día 23 de setembro recibirán a visita do Soto del Real. Comezar con vi-
Plantilla do Cidade das Burgas.
toria sería importantísimo, pero desde logo, no partido de casa antóxase vital acadar a vitoria, xa que o Soto é un dos equipos cos que terá que pelexar para obter a permanencia.
10
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
FÚTBOL SALA
Plantilla do Sala Ourense 2017-18. /C.DOMARCO.
4 A nova tempada
Saúdo inicial antes do partido do Sala Ourense diante do Cidade de Narón.
O Sala Ourense supera ao Narón 4 Pasa a seguinte rolda da Copa. Redacción O Sala Ourense elimina ao Cidade de Narón e segue adiante na Copa Xunta. O conxunto ourensán saíu á pista máis enchufado que o Cidade de Narón. Os visitantes expuxeron un inicio de partido en metade de pista, esperando as súas oportunidades na transición e nas accións de estratexia. Os locais levaron o peso do partido no inicio do
mesmo. O debutante Álvaro ao pouco do comezo puña por diante aos ourensáns tras unha boa acción colectiva. Tizón tivo o 2 a 0, pero o seu tiro foise ao carón do pau; porén, sería Diego o que o faría no minuto cinco tras unha asistencia de Allariz. As ocasións máis claras corrían a cargo dos ourensáns, Tizón no minuto 10 saca unha falta e o balón estrélase no pau.
Lance do partido de Copa ante o Narón.
Noutro lado do campo, as poucas ocasións visitantes topabanse co porteiro, Rubén. A máis clara, unha falta ao borde da área que resolveu exitosamente o cancerbeiro local. Antes do descanso, outros dos novos, Sergio, lograba o terceiro gol local, no que era a primeira pelota que tocaba no encontro. O Sala Ourense puido deixar sentenciado o partido xa na primeira parte se na última acción do pri-
A Liga comeza para o Sala Ourense o 16 de setembro na pista do filial do Santiago Futsal meiro período non fallaran a clara ocasión. Tres xogadores plantáronse sós contra o gardameta Esparza, pero David Bermejo finalizou a acción co coiro no pau. Na segunda parte igualáronse as forzas, non foi tan patente a superioridade dos locais como así demostraron na primeira parte. O Narón saíu con presión alta e Guillermo aos 30 segundos do comezo puña o 3-1 no marcador cun disparo exterior que desvío a traxectoria un xogador ourensán. A partir de aí houbo
A Liga en Terceira División comeza para o Sala Ourense o vindeiro 16 de setembro. Nesa primeira xornada visitan ao filial do Santiago Futsal. Será na segunda xornada cando os ourensáns xoguen o primeiro encontro ligueiro diante da súa afección. O partido terá lugar no pavillón dos Remedios o 23 de setembro; o rival será o Academia Red Blue 5 Coruña. Despois da primeira participación, o ano pasado, nesta categoría, no que o equipo de kike García quedouse sen folgos no tramo fi-
nal de campionato o que lle impediu achegarse á primeira posición, este ano pretenden dar un paso máis. O obxectivo é loitar polo título de Liga. Coa maioría de xogadores da tempada pasada cun ano máis de experiencia e seis novas incorporacións, o conxunto ourensán buscará pelexar polo campionato cun equipo moi equilibrado e amplo. A Liga remátana o 19 de maio na pista do Superti A Pontenova; unha semana antes despídense da súa afección diante do Talleres ABC I.E.S Coruxo.
momentos para ambos os equipos, onde destacou o acerto dos dous porteiros, tanto Alberto como Guede resolveron cada unha das accións que lle foron chegando. No tramo final Rivero tivo a sentenza, pero o seu tiro picado iríase ao traveseiro. Entón, Albes, adestrador do conxunto visitante arriscou co xogo de 5. Tivo posesións longas pero faltoulles profundidade. Sergio tivo nun roubo a posibilidade de facer o cuarto, pero o seu tiro de campo a campo non levo
a dirección de portaría. O marcador xa non se movería. Cuartos Deste xeito, o equipo dirixido por Kike García supera esta eliminatoria ante un conxunto de superior categoría (Segunda B) e accede aos cuartos de final da Copa Xunta. O seu rival será o gañador do encontro Talleres ABC Vigo - Parrulo. No caso de que os ferroláns saísen vencedores o Sala Ourense recibiría na central dos Remedios ao conxunto da Liga Nacional.
FÚTBOL
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
Eiroás acolle a fase previa do Torneo Internacional Mercedes-Benz
Reunión do fútbol sala ourensán Redacción
4 Celébrase este sábado no campo de fútbol do Santa Teresita. Redacción Oito equipos ourensáns de categoría alevín disputarán en Eiroás a fase previa do Internacional Mercedes-Benz Garza de fútbol 7. Aa segunda fase celebrarase sete días despois, disputándose no mesmo lugar. Os oitos equipos que estarán en liza nesta fase distribuiranse en dous grupos. No grupo A estarán Ourense C.F., Pabellón C.F., C.D. Velle e U.D. Ourense; mentres que no B xogarán o U.D. Barbadás, EDC Verín, SDC Arrabaldo e ED Ourense. Disputarase unha liguiña en cada grupo, durante a mañá do sábado 9 de setembro -dando comezo ás 10 horas-, e pola tarde -a partir das 16 horas-, será o turno das semifinais e final (está prevista
para as 17:30 horas). Cada partido terá unha duración de 24 minutos (12 cada parte) e cinco de descanso. A final, porén, terá unha duración de 30 minutos -15 por partee un descanso de oito minutos. Internacional O vencedor participará, por méritos propios, a seguinte fin de semana na segunda fase do torneo, na que estarán presentes equipos de nivel internacional; coma o Deportivo da Coruña; o Inter de Milán, de Italia; o Chaves e Oporto, da veciña Portugal; ou o Greena, de Dinamarca. Tamén participarán o club anfitrión, Santa Teresita, e o Be One, ámbolos dous coma organizadores.
Eiroás acollerá este torneo de fútbol 7 alevín.
11
Integrantes a UD Ourense femenina nesta tempada 2017-2018.
Sárdoma, o rival da UD Ourense feminina 4 Na primeira xornada da Liga. Redacción A Unióin Deportiva Ourense de Primeira división feminina comeza a Liga esta fin de semana. E o fai desprazándose ata Vigo para enfrontarse ao Sardoma B. Nun ano onde as de Rubén García -segue ao fronte do equipo un ano máis- queren loitar polo ascenso deberán comezar sumando os tres primeiro puntos en disputa. A competición está formada por 16 equipos (a UD Ourense é o único representante da nosa provincia). Soamente un ascende, o que fai que esté moi caro o subir de categoría. Xunto ás ourensás, estarán entre as favoritas, Valla-
dares, Portonovo, Arzúa e Arousana. O primeiro rival, Sardoma B, aínda que non é un dos claros favoritos hai que incluilo coma un dos equipos que estará na parte alta da clasificación. Altas e baixas As xogadoras que continúan do ano pasado son: Lo, Andrea, Dana, Zaira, María Feijóo, María, Noe, Mónica, Helena, Cris Rodríguez, Aldara, Sofía, Emma, Laura, Aida, Jani e Pacy. Mentres que Ilenia, Sara, Cae, Lola, Sara e Ches son baixas. No apartado de novas fichaxes están Nerea, Silvia, Silvia e Laura. Os Remedios Despois de xogar sem-
pre como locais no campo de Velle, este ano o farán no estadio Miguel Anxo, do pavillón municipal dos Remedios. Os partidos de casa disputaranse os domingos pola tarde. Deste xeito estarán na cidade o que pode provocar que acuda máis espectadores aos seus encontros. En canto ás sesións preparatorias, estas realizaranse, maiormente, no Colexio Miraflores.
A UD Ourense de Primeira División feminina xogará os partidos de casa nos Remedios
O próximo mércores, 13 de setembro, terá lugar no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense (Casa de Chocolate), sito na avenida da Habana 79, unha reunión informativa. Varios serán os puntos na orde do día nunha xuntanza que será a primeira desde que o fútbol sala galego depende da Federación galega de fútbol. O primeiro tema a tratar será o procedemento e período de inscrición dos equipos no ámbito local. Tamén se exporá a tramitación de licenzas; e mutualidade de xogadores e técnicos; adestradores; o balón oficial para a tempada 2017-18; instalacións deportivas; e regulamentación do fútbol sala. Finalmente haberá o turno habitual deste tipo de reunións dos rogos e as preguntas. Preferente Na Liga Preferente (ata o ano pasado coñecíase como Liga Autonómica) haberá dous representantes ourensáns: O Verín Sala e o EDO Mariñamansa. Os primeiros son asiduos deste torneo, mentres que os segundos participan de forma consecutiva por segundo ano. A Liga comeza o 23 de setembro co Verín recibindo a A Quinta Baixomiño Randufe, de Tui; e o EDO Mariñamansa visitando ao Red Blue Vigo 2015.
12
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
BALONCESTO
O COB ármase
4 Nove son os xogadores da actual plantilla. Redacción O Club Ourense Baloncesto leva dúas semanas de adestramentos e aínda non ten pechada a plantilla. A semana pasada o club xa quería ter finiquitado ese apartado, e que estiveran todos os xogadores ás ordes de Gonzalo García de Vitoria, pero a realidade é que non está pechada, e faltan xogadores por chegar a Ourense. Falta unha soa fichaxe aínda que en Ourense están sete dos nove contratados. Equipo Do ano pasado soamente continúa Martín Rodríguez. A pesar de que o ano pasado foi de máis a menos, o certo é que García de Vitoria confía na súa progresión. Será o segundo base do equipo. Por que o primeiro xa ten nome: Reggie Johnson II; o norteamericano procede do Nassjo da Liga sueca e promedio algo máis de 14 puntos por encontro, tres asistencia e preto de dous roubos. Ten 23 anos e este será o seu segundo ano como profesional. Gústalle correr na pista e co seu 1,91 metros de altura fai que teña unha envergadura considerable. O escolta Roope Ahonen está, a priori, a ser chamado o estilete do novo COB. É finlandés e provén do Kolossos de Rodas de Grecias (onde militou as dúas últimas campañas). Xoga na absoluta do seu país e pode realizar as funcións de base cando así sexa necesario.
E o substituto natural de Diego Kapelan, que finalmente fichou polo Melilla -xunto a Fran Guerra-. En Grecia promediou sete puntos por encontro e deu máis de dúas asistencias. Destaca fundamentalmente pola súa habilidade para o triplo (promedia un 40% de acerto nas últimas seis tempadas) e a súa capacidade para xerar xogo desde o bloqueo directo, ao que engade unha boa visión, capacidade de tiro tras bote e experiencia en primeiras ligas europeas. Outro chamado a grandes tardes é o lituano Rokas Ūzas. O alero procede do Angers BC 49, da terceira división francesa. 14.3 puntos (2.7 triplos por partido co 36% de acerto), cinco rebotes, catro asistencias por encontro foron os seus números no curso pasado. Cesións Este ano apóstase pola cesión e dúas son coas que contará o Club Ourense Baloncesto. O alero Verners Kohs que vén cedido de Obradoiro, e Víctor Moreno, do Fuenlabrada. O primeiro xa está en Ourense e o segundo aínda falta que o club reciba o contrato firmado polo xogador; posiblemente xa estea firmado nestas horas. A súa boa tempada na República Checa, unida á boa imaxe ofrecida no Eurocamp de Treviso e durante os anos 2016 e 2017 no Europeo sub-20 coa selección de Letonia, chamaron a atención ao
Monbus Obradoiro, que non dubidou en apostar por Kohs cun contrato ata 2022. Con 2,05 metros de altura, Kohs desenvólvese na posición de alero, destacando fundamentalmente pola súa capacidade física e tiro exterior. Gonzalo García de Vitoria ten todo un ano para sacarlle o máximo rendemente e que creza en todas as facetas do xogo. O outro cedido é Víctor Moreno. O español é unha das xóvenes promesas do panorama nacional; xogou coas seleccións sub 16, sub 18 e sub 19. A súa virtude é o tiro exterior.
O COB busca un ala-pivot para pechar a plantilla
Resto de xogadores No xogo interior, a falta da última fichaxe xa se coñecen aos tres primeiros. Héctor Manzano, Dan Trist e Abdoulaye Ndoye son as torres. Héctor Manzano chega de Melilla, e a súa veteranía será determinante nun equipo de poucos anos de media. Tiña un contrato co CAM Enrique Soler de Liga EBA, pero co interese cobista desvinculouse do mesmo. Aos seus 37 anos ten experiencia na LEB Ouro e na Liga Endesa (nesta militou en Obradoiro, Granada e Valladolid). Xogador con fundamentos no poste baixo, onde fai valer a súa intelixencia para producir sempre cousas positivas para o seu equipo. Dan Trist é un australiano con pasaporte británico. O pívot sabe o que é xogar en LEB Ouro xa que o fixo en Oviedo na campaña 2015-16. Os seus bos números (con máis de
11 puntos e 5 rebotes de promedio no playoff de ascenso) fixeron que outros equipos europeos estiveran interesados nel e recalara no Horsens danés. Formado na Universidad de Lafayette (NCAA). Trist regresa para ser un dos grandes nomes do equipo ourensán. E o terceiro pívot fichado é Abdoulaye Ndoye. De momento non aterrizou en Ourense debido a proble-
mas burocráticos. Ndoye xa ten concedido o permiso de residencia polo que desde o club están pendentes de que vaia ao consulado español en Senegal para selar o visado e poder coller o voo. Falta un Con nove xogadores o club busca o décimo no mercado. O perfil será un alero - pívot que acompañe a Héctor Manzano.
Víctor Moreno chegará nas próximas horas a Ourense.
De esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Roope, Rodríguez, Manzano, Trist, Ndoye, Uzas, Kohs e Johnson.
POLIDEPORTIVO
Estreo do COB na casa o 19 de setembro 4 Nun partido ante o Cambados. R.T. O Club Ourense Baloncesto presentarase diante da súa afección o vindeiro martes 19 de setembro. Sen saber a hora e o lugar o seguro é que será ante o Xuven Cambados e servirá de fase de previa da Copa Galicia. Estanse barallando varias opcións e unha delas sería disputar o encontro no pavillón dos Remedios. O sábado 16 (ás 19 horas), xoga no Pazo Universitario de Lugo ante o Leyma Coruña; ao día seguinte, domingo 17 (ás 18 horas) repite sede ante o Café Candelas Breogán de Lugo. Estes dous encontros tamén son valedoiros para “IV Torneo Lugo é Básquet”.
Son catro partidos que poderían chegar a seis en caso de clasificarse para a fase final da Copa. Os dous primeiros da fase de grupos xogarían un encontro en Marín o 22 de setem-
bro. O vencedor disputará a final ante o Obradoiro, tamén en Marín, o 24 de setembro. De chegar a unha hipotética final, o COB debería xogar entre medias outro
amigable. O encontro está previsto para o sábado 23 no pavillón do Pombal en Cambados. Liga Finalmente, será Araberri o que ocupe a praza do Real Betis (que foi incluído na ACB) manténdose os 18 equipos en competición na LEB Ouro. O primeiro encontro de liga para o COB será o derbi galego por excelencia.
Christian Díaz cambia este ano a camiseta do COB pola do Breogán. /ARQUIVO.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
O COB visitará ao Lugo o 30 de setembro a partir das 19:15 horas. Será na segunda xornada cando os ourensáns debuten en casa. O rival, o Clavijo, pisará o Pazo o venres, 6 de outubro a partir das 21 horas.
O COB abre a liga en Lugo contra o Breogán
13
Pista cuberta de atletismo Redacción A Xunta de Galicia vén de informar da finalización dos traballos da pista de atletismo hidráulica cuberta no recinto feiral de Expourense, ademais de espazos auxiliares e zona de xuíces no prazo previsto, así como o pintado e sinalización da pista e o equipamento deportivo. Os traballos de homologación pola Real Federación Española de Atletismo quedarán para a primeira semana de decembro deste ano. Funcionamento Cómpre salientar, ademais, que as pistas cubertas con peralte hidráulico axustable poden subirse e baixarse automaticamente nun período de tempo ao redor dos dous minutos e medio.
14
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
POLIDEPORTIVO
Aprendendo a escalar
EN BREVE
4 Tenis de mesa Despois do verán volve o tenis de mesa a Ourense. E faino coa primeira cita da tempada: a Copa Deputación. O evento celebrarase este sábado, 9 de setembro, no Pazo dos Deportes Paco Paz. Disputaranse dúas categorías. Por unha banda os deportistas federados nesta disciplina, e pola outra, os que non están federados.
4 Winnerman Castrelo de Miño será a sede da terceira edición do “Winnerman”, unha proba que combina natación con carreira a pé. A data de celebración será o sábado, 9 de setembro, a partir das 17:30 horas. Haberá que completar 1 quilómetro a nado, 5 correndo e un máis a nado.
4 BTT Este domingo 10 de setembro terá lugar a “ II quedada BTT Concello de Amoeiro”, que conta con dous percorridos, un de 38 quilómetros e outro de 55, sendo a mesma de carácter non competitivo, se ben de velocidade libre. A saída efectuarase as 9:15 horas, sendo as 11:45 a hora prevista de chegada para os primeiros participantes.
4 Patinaxe O domingo 10 de setembro, o patinador internacional Jon Larrucea impartirá dende as 9 da mañá diversas masterclass de freestyle slalom no xardín do Posío, con clases distintas segundo os niveis dos participantes. Ademais, ofrecerá unha exhibición gratuíta ás 16:15 horas.
4 “Asesou” organizou unhas xornadas de aprendizaxe para os máis cativos. Redacción
Presentación da nova imaxe do club e o carnet de socio colaborador.
O Club Voleibol Ourense renova a súa imaxe 4 A presentación de todos os equipos será o sábado 30 de setembro. Redacción
súa fundación en 1989.
O Club Voleibol Ourense (CVO) renova a súa imaxe coporativa coa incorporación dun novo logotipo que lucirá na camiseta do equipo senior da primeira división nacional e en todos os produtos de merchandaising do club. Cun acto celebrado no Centro Comercial Pontevella, o Club Voleibol Ourense dá inicio a unha nova etapa coa renovación da súa imaxe corporativa representada cun novo logo circular no que se agrupa o nome do equipo, o ano da súa fundación e a imaxe da ponte romana de Ourense sobre unha pelota de voleibol. As cores da nova marca son os xa tradicionais azul mariño e azul celeste que veñen acompañando ao club desde a
Carnet Ademais, o club presentou tamén o novo carnet de socio colaborador, patrocinado polos restaurantes McDonald’s Ourense, que terá un prezo de 10 euros e que dará dereito a todos os seus posuidores a importantes descontos en varios establecementos da cidade. Este carnet será o primeiro dos produtos que o CVO empezará a comercializar durante o mes de setembro, no que tamén se presentará a camiseta oficial do equipo ou a bufanda para os afeccionados e que rematará coa festa de inicio de tempada o último día deste mes. Festa presentación A festa de presentación de todos os equipos do CVO celebrarase na tarde do sábado 30 de setembro
no Centro Comercial Pontevella e contará coa instalación dunha pequena pista de voleibol onde monitores do club ensinarán, a todo aquel que o solicite, as técnicas básicas deste deporte como son o saque, a recepción ou a colocación, e as diferentes superficies de impacto a utilizar tanto de mans como de brazos. Tamén o club instalará á beira da pista portátil unha caseta na que se informará do acceso ás súas escolas deportivas para categorías alevín e benxamín, entregarase o póster oficial do equipo sénior e tamén se poderán adquirir todos os produtos oficiais do club.
Acábase o período vacacional e o Club de Escaladores Ourensáns “Asesou” volve coas pilas cargadas. Esta vez para a organización dunha nova actividade coordinouse coa empresa de formación e animación Xirxilar, que leva realizando ao longo do verán un campamento urbano chamado “A volta ao mundo nun verán”. Así, os días 6 e 7 de setembro, ao redor de 35 nenos entre 3 e 16 anos coñeceron a escalada da man do club ourensán, que sempre está disposto a abrir as súas portas aos máis pequenos da casa.
Escola O club propúxose firmemente dar a coñecer o seu deporte non só na cidade. Ademais, como xa é ben sabido, este vindeiro 2 de outubro empeza a súa actividade a primeira Escola de Escalada na nosa provincia, posibilitando que esta disciplina. xa con representación olímpica nos próximos xogos. poida facer escola en Ourense.
O 2 de outubro comeza a súa actividade a primeira escola de escalada da provincia
O carnet de socio ten prezo de 10 euros
4 Andaina A Asociación de Veciños Partovia organiza a “Andaina do coello”, este sábado 9 de setembro, a partir das 16:30 horas. O percorrido, de dificultade media, seá de 15 quilómetros. E en Entrimo, o mesmo día pero ás 9 horas, celébrase a camiñada Terrachán - Peneda.
Nenos participando na actividade de escalada.
NOVAS
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017
15
Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº164- Ano: IX - 8 de setembro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.
EN BREVE
Un camiño de diversidade
4 Nocturna de Xinzo de Limia O sábado 9 de setembro celébrase en Xinzo de Limia a 13ª edición da carreira nocturna. A primeira das probas (para a categoría benxamín e alevín) dará comezo ás 20 horas; despois continuarán o resto de carreiras escolares para rematar ás 21:10 horas coa absoluta, unha vez realizada a entrega de premios a os gañadores de categorías inferiores.
4 O Concello de Ourense anima á cidadanía a participar no III Camiño da Diversidade, organizado pola Fundación INGADA. Redacción O Concello de Ourense anima a cidadanía a participar no III Camiño da Diversidade, organizado pola Fundación INGADA (Instituto galego do trastorno por déficit de atención e hiperactividade e trastornos asociados). Esta actividade educativa e de lecer terá lugar o sábado, día 16 de setembro, e ten como fin potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respecto e vida saudable. Etapa do camiño Consistirá en realizar unha etapa do Camiño de Santiago, desde A Escravitude (Padrón) ata a Praza do Obradoiro, percorrendo un total de 19 km, con saída ás 10:00 e chegada en torno ás 18:30 horas e
Cartel desta actividade.
o seu obxectivo é chamar a atención sobre a necesidade de fomentar a integración e respectar a diversidade. A xornada rematará coa lectura do Manifesto pola Diversidade e un acontecemento festivo na praza do Obradoiro. Durante o camiño haberá diferentes actividades, xogos, concursos e algunhas sorpresas. Inscrición Veciños e veciñas de Ourense que desexen participar poderán desprazarse ata A Escravitude nun autobús que sairá ás 8:30 horas desde o intercambiador da Alameda.
A actividade terá lugar o sábado 16 de setembro
4 Trail e andainda en Celanova Marta Míguez (no centro), nas “Xornadas de Compra” onde presentou Sportur.
Sportur dase a coñecer a axentes deportivos 4 O Salón celebrarase durante a fin de semana da carreira do San Martiño. Redacción A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada polo director xerente da Fundación Feiras e Exposicións Ourense, Alejandro Rubín, asistiu ás “Xornadas de Compra” celebradas no Hotel Oca Puerta del Camino, de Santiago de Compostela, unha iniciativa organizada pola Asociación Independiente de Agentes Comerciales Deportivos, na que participaban unha representación de marcas e ás que estaban convocadas todas as tendas deportivas de Galicia. O motivo da asistencia da máxima responsable do deporte galego respondeu á presentación, a estes representantes deportivos, do I Salón do Deporte e Turismo
Activo “Sportur Galicia”. Esta feira deportiva dotará a Expourense, os días 17, 18 e 19 de novembro, dunha gran mostra do turismo activo e do deporte existente en Galicia. En palabras da secretaria xeral, “Sportur Galicia ten o obxectivo de dar a coñecer Galicia como destino activo e saudable e como unha terra que ofrece múltiples opcións para gozar do deporte e das actividades ao aire libre”. A Feira Esta feira deportiva, que abrazará todas as iniciativas da nosa comunidade autónoma pero tamén as doutras rexións ou países, estará configurada por unha escolma das iniciativas presentadas por concellos e outras entidades; ofertas das empresas de equipamentos para o de-
porte e a aventura; ofertas das empresas especializadas na venda de paquetes turísticos que inclúan actividades deportivas; actividades promovidas polas asociacións e federacións deportivas de Galicia; seminarios e charlas especializadas en preparación física, prevención de lesións, nutrición e xestión de infraestruturas; exhibicións deportivas, etc. Cómpre destacar que o I Salón do Deporte e do Turismo Activo “Sportur Galicia” coincidirá coa celebración na cidade da Ourense da Carreira Popular do San Martiño.
Sportur celebrarase do 17 ao 19 de novembro
Será na vila de San Rosendo onde se dispute o domingo 10 de setembro a II andaina e trail de Celanova. A saída da andaina está prevista para as 8:30 h e a do trail para as 9 da mañá. A distancia a cubrir será de 21 quilómetros para o trail, e de 20 para a andaina.
4 Trail do Lobo O domingo 17 de setembro a localidade ourensá de Maus de Salas- Muiños-, celebra a primeira edición do Trail do Lobo Serra do Xurés. Haberá dúas distancias, unha de 43 quilómetros e outra de 28; en cada unha delas o número máximo de participantes será de 125. Máis información na web http://avivacenter. com/traildolobo/.
4 Milla do Barco O Barco de Valdeorras celebra a súa popular Milla Urbana Festas do Cristo, que chega a súa 31ª edición. Será o vindeiro 17 de setembro no Paseo do Malecón. As inscricións poden realizarse en www.carreirasgalegas.com.
Barrios DEPORTIVO 8 de setembro de 2017