Bd 167

Page 1

[ Páx. 2-3]

Diz e Fernández, vencedores absolutos do “Correndo por Ourense” FÚTBOL

Páx.4

A Unión Deportiva Ourense, en liña ascendente

FÚTBOL SALA O Sala Ourense gaña ao vixente campión de Liga

Páx.6 VOLEIBOL

Páx.9

Primeira vitoria do Voleibol Ourense en Primeira

BTT

Páx.11

Iván Feijoo entra con bo pé na elite do ciclocross

XIMNASIA

Páx.13

Oito medallas no Nacional para o Club Burgas

[Páx. 8]

O Pazo, ao rescate do COB

[Páx. 7]

O Envialia ocupa postos de cabeza

O Club Ourense Baloncesto xoga os tres próximos partidos na casa en busca da primeira vitoria. // O Ourense Envialia pelexa cos mellores da Primeira división. /RAMSÉS.

Número: 167- Ano: IX -27 de outubro de 2017 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 10 de novembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

AXENDA / ATLETISMO

4 Axenda deportiva Fútbol

- Día 29 de outubro. Os Carrís -16:30 h-. Barbadás Alondras. Terceira división. - Día 29 de outubro. San Cristobal. Ribeiro - Valadares. Rexional Preferente. - Día 29 de outubro. Bande. Bande - Atios. Rexional Preferente. - Día 29 de outubro. A Tella. Nogueira - Sanxenxo. Rexional Preferente. - Día 1 de novembro. Espiñedo. Arenteiro - Ribadumia. Terceira división. - Día 1 de novembro. O Couto. Ourense CF - Boiro. Terceira división. - Día 1 de novembro. O Couto. UD Ourense - Atios Atlético. Rexional Preferente. - Día 5 de novembro. Os Carrís. Barbadás - Ourense C.F.. Terceira división. - Día 5 de novmebro. Calabagueiros. Barco - Céltiga. Terceira división. - Día 5 de novembro. San Cristobal. Ribeiro - Caselas. Rexional Preferente. - Día 5 de novembro. Bande. Bande - UD Ourense. Rexional Preferente. - Día 5 de novembro. A Tella. Nogueira - Valadares. Rexional Preferente.

Atletismo

- Día 29 de outubro. O Barco de Valdeorras - a partir das 10:30 h - XII andaina & Trail de Outono. - Día 5 de novembro. Albarrellos (Monterrei) - a partir das 10:30 h -. IV carreira popular Concello de Monterrei. - Día 5 de novembro. O Barco de Valdeorras -12 h-. 10ª carreira popular dos Santiños. - Día 19 de novembro. Ourense -11 h-. 41ª carreira popular do San Martiño.

Fútbol sala

- Día 28 de outubro. Os Remedios -16:30 h - Ourense Envialia - Poio. Primeira división. - Día 4 de novembro. Os Remedios -17 h - Cidade das Burgas - Alcorcón. Primeira división. - Día 5 de novembro. Os Remedios -12 h - Sala Ourense - Vila de Cee. Terceira división.

Andaina

- Día 28 de outubro -Muíños - 10 h - Ruta familiar Parque Natural do Xurés. - Día 29 de outubro. Montederramo - 9 h - II andaina e trail non competitivo bidueiral de Montederramo. - Día 29 de outubro -9 h - Cortegada - 10ª camiñada de Cortegada. - Día 29 de outubro. Velle - 9:30 h - III andaina Serra Mosteironda Velle. - Día 29 de outubro -a partir das 10 h - Riós - VIII andaina Riós. - Día 29 de outubro. A Merca - VIII andaina Concello da Merca.

Saída da carreira absoluta do barrio da Carballeira. /RAMSÉS.

Diz e Fernández, coroados no “Correndo por Ourense” 4 Lograron a vitoria na Carballeira. Redacción O barrio da Carballeira puxo o punto e final na sétima edición do circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”. Como cada ano, as ramplas do barrio son o epílogo dun circuíto que percorreu as rúas do Vin-

teún, o Couto, o Centro, as Lagoas, a Ponte e a citada Carballeira. En canto á carreira absoluta Rubén Diz foi superior ao resto dos seus adversarios. O atleta da Sociedad Gimnástica Pontevedra colleu desde os primeiros metros o liderato da carreira e xa non o soltaría

ata chegar a meta; o seu tempo, 18 minutos e 38 segundos. Tras el, o atleta do Atletismo Arenteiro, José Manuel Corral, sería segundo (19:39 minutos). En terceiro lugar chegaba Alejandro Montero (Ourense Atletismo) cun tempo de 19:42 minutos. En mulleres, a dispu-

Rugbi

- Días 1 e 4 de novembro. O Carballiño -a partir das 16 h no polideportivo Paco Chao. Copa Deputación de patinaxe: patinaxe artística, hoquei en liña e patinaxe de velocidade.

Outros

- Día 29 de outubro -12 h - Universidade. Campus Ourense Rugby - Uribealdea.

A proba das categorías infantil e cadete contou con numerosos participantes. /RAMSÉS.

ta estivo moi reñida ata a última volta. Iria Fernández e Ana María Ocampo xogabanse o título de campioa do circuíto. Durante as dúas primeiras voltas correron xuntas, ata que Fernández apretou e deixou atrás a Ocampo que chegaba a meta uns segundos máis tarde. A atleta do Adas empregou un tempo de 22:59 minutos, mentres que a do Burgas Atletismo fixo 23:09 minutos. A terceira clasificada sería Uxía Rodríguez (CD La Purísi-

A entrega de premios do “Correndo por Ourense” terá lugar o día 18 de novembro en Expourense, coincidindo con Sportur


ATLETISMO

ma), o seu tempo 24:31 minutos. De forma excepcional ao circuíto, nesta proba entregáronse premios aos primeiros clasificados de cada categoría. Clasificación Despois das seis carreiras disputadas ao longo deste ano, Rubén Diz foi o mellor por diante de José Manuel Corral e Pepe Márquez (Adas), ausente na Carballeira, segundo e terceiro, respectivamente. Iria Fernández foi a vencedora en mulleres. Acompañárona no podio Ana María Ocampo, segunda, e Vicky Losada (Burgas Atletismo), terceira. Entrega de premios Como cada ano a entrega de premio do circuíto celebrarase o día anterior á disputa da carreira do San Martiño. Este ano será o sábado, 18 de novembro, e como novidade cambia de ubicación. Estos anos celebrabase na cancha cen-

tral dos Remedios, porén este ano trasládase a Expourense coincidindo coa feira Sportur (feira adicada ao deporte). Tamén ese día ten lugar a entrega de dorsais da San Martiño, que ao igual que os premios do “Correndo por Ourense”, haberá que recollelos en Expourense o venres 17 ou o sábado 18. Resto de categorías En categoría benxamín feminina Iria Solera foi a gañadora seguida de Lara Vázquez e Uxía López (segunda e terceira); e benxamín masculina Fernando Trapote gañou por diante de Martín Febrero (segundo) e Hugo Rodríguez (terceiro). En categoría alevín masculino o podio estivo formado por Miguel Carbajales -primeiro-, Juan Corcuera e Marcos Álvarez; e o feminino por Claudia Salgada (primeira), Xiana Fidalgo e Manuela Blanco. En cadete feminino Ma-

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

ría Vega foi primeira e Rita Vázquez, segunda. En homes, Fabio Justo campión-, Brais Mosquera -subcampión- e Sergio Crespo -terceiro-. En infantil feminino Mar Díaz foi a gañadora seguida de Ánxela Seoane e de Ánxela Vázquez. En homes, Álvaro Díaz foi o vencedor por diante de Héctor Rodríguez e Nicolás Álvarez. En xuvenil e júnior non houbo representación feminina. Na masculina o podio xuvenil estivo composto por Xosé Pérez, Alexandre González, e Adrián Fernández. E o podio júnior conformouno Zaid Nagihi, Pablo Caride e Alejandro Cadaya.

Entregáronse premios aos mellores de cada categoría na Carballeira

Rubén Diz e Iria Fernández, vencedores do circuíto “Correndo por Ourense”. /RAMSÉS.

De arriba a abaixo, Ocampo e Fernández, rivais e amigas na categoría absoluta feminina; integrantes do Pato Blanco de Celanova; un grupo de atletas nunha das ramplas da Carballeira; carreira benxamín e alevín; e a de pitufos. /RAMSÉS.


Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

FÚTBOL

Xogada do encontro entre a UD Ourense e o Beluso./RAMSÉS.

A Unión Deportiva Ourense, en liña ascendente 4 Con 20 puntos ocupa a terceira posición. R. Torres Conforme van pasando as xornadas se van despexando as dúbidas de que equipos loitarán polos postos de enriba, cales por non descender e que outros non sufrirán agobios de ningún tipo. Con nove xornadas disputadas, de seguro que hai equipos que teñen que dar sorpresas -para ben ou para mal-, pero pouco a pouco vaise configurando unha Rexional Preferente que xa conta con cinco equipos destacados; entre eles dous ourensáns: UD Ourense e Bande. O lider é un Estradense que suma 21 puntos, un máis que Sanxenxo, UD Ourense e Bande (os tres con 20 puntos), na quinta

posición o Porriño con 18 puntos. A Unión Deportiva Ourense é terceiro grazas

a vitoria diante do Grove a pasada fin de semana no Couto. Os de Fernando Currás lograron os tres

Alfredo centrando no que sería a asistencia do primeiro gol diante do Grove./RAMSÉS.

puntos ao vencer por 2-0 con goles de Fran Martínez e Alfredo. Este domingo os unionistas visitan ao Pontellas, pechacancelas deste grupo sur con catro puntos. O Bande é o outro conxunto ourensán que leva un gran inicio de curso. Na pasada xornada logrou sacar un valioso empate no seu desprazamento a Sanxenxo. Os de Iván González foron quen de lograr empatar despois de ir perdendo por un gol a cero. Esta fin de semana recibe ao Atios. Outros ourensáns Se hai cinco equipos que comezan a distanciarse pola parte de arriba, hai outros tantos que parece que se afondan no pozo, entre eles dous ourensáns, Separados por tres puntos, o mellor colocado é o Nogueira, con 7, os mesmos que o Gondomar. O Ribeiro é o primeiro en postos de descenso con 5 puntos, xunto a Marcón (cinco puntos) e Pontellas (catro puntos). O Ribeiro recibe ao Valadares, mentres que o Nogueira xoga na casa ante o Sanxenxo.

A UD Ourense visita ao pechacancelas, o Pontellas

Un CD Barco, a toda vela 4 Sete xornadas sen perder elévano á segunda posición. Redacción Para enmarcar. Así esta o Barco na Terceira divisións nas 11 xornadas disputadas. Nas últimas sete, seis vitorias e un empate fixo que os de Javi Rey suban ata a segunda posición con 24 puntos, primeiro é o Silva con 26. A última derrota dos valdeorreses chegou na cuarta xornada contra o líder. Desde entón, 20 goles a favor por tan só un en contra. Boa pinta para un equipo barquense que soña con rematar nos postos de arriba a final de curso. O outro conxunto ourensá que se pelexa cos mellores é o Ourense Club de Fútbol. O equipo que dirixe Fran Justo é sexto con 19 puntos, a

tres da promoción de ascenso. Ao Arenteiro tampouco estanlle indo mal as cousas. Con 18 puntos está xusto debaixo dos albinegros. Os de Manel Vázquez van remontando posicións sen prisa pero sen pausa. O Barbadás é o conxunto ourensán que peor o está a pasar. No pozo do descenso é penúltimo con 6 puntos, a tres da salvación. Vindeira xornada Nesta fin de semana disputanse os partidos da 12ª xornada. Nela, o Barco visita ao Somozas e o Ourense C.F. ao Vilalbés. O Arenteiro visita ao líder o domingo pola mañá. Pola súa banda, o Barbadás recibe ao Alondras nos Carrís a partir das 16:30 horas do domingo.

Partido no Couto entre Ourense C.F. e Laracha.


ACTUALIDADE

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

Inscricións abertas para a San Martiño 4 O prazo remata o 12 de novembro. Redacción A carreira popular pedestre do San Martiño xa ten abertas as inscricións para a súa 41ª edición. Este ano terá lugar o vindeiro domingo, 19 de novembro. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación.

Deu comezo a campaña de vacinación contra a gripe Está dirixida a maiores de 65 anos e durará ata o 29 de decembro. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de poñer en marcha este 23 de outubro en Ourense a campaña de vacinación antigripal, e que se prolongará durante dez semanas de xeito continuado ata o vindeiro 29 de decembro. O principal obxectivo desta iniciativa é minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela. Entre os obxectivos específicos destaca o de ofertar activamente a vacinación fronte a gripe para acadar unha cobertura do 65% na poboación de 65 ou máis anos e, ao igual que nos últimos anos, farase un especial fincapé na vacinación do persoal sanitario. A provincia de Ourense conta cun total de 185 puntos de vacinación. Así os ourensáns poderán recibir as correspondentes vacinas en 107 centros de saúde, en 6 puntos emprazados en centros hospitalarios, en 32 centros sanitarios privados, 31 residencias de terceira idade e 3 residencias de discapacitados, entre outros. Nesta campaña, Sanidade vén de investir 1.956.240 euros que posibilitou a adquisición dun total de 560.000 vacinas

antigripais. Concretamente, os responsables sanitarios consideran que para acadar os obxectivos de cobertura en Ourense, ao longo de toda a campaña, haberá que administrar unhas 70.000 doses. Dende a Consellería inciden en que a vacinación durará dez semanas e que hai tempo suficiente para facela progresivamente. Como nas pasadas campañas, en 2017 manteranse as indicacións de vacinacións dos últimos anos, ofertando a vacinación a todas as persoas con maior risco de padecemento da enfermidade e as súas complicacións: persoas de 65 ou máis anos e persoas menores de esa idade pertencentes aos grupos

de risco (persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas... persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, persoas con disfunción cognitiva…); e tamén a persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco, entre os que se atopa o persoal sanitario, e traballadores esenciais para a comunidade. Á presentación da campaña acudiron a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; a xefa territorial de Sanidade, María Villar; e a subdirectora de Procesos de Enfermería da Xerencia de Xestión Integrada, Dolores Sánchez.

4 Datos da campaña 2016 Ourense continúa a ser a provincia cos niveis máis altos de cobertura. En 2016 acadouse unha porcentaxe do 60,53 % nos maiores de 65 anos, máis de 4 puntos por riba da media galega e mellorando os resultados con respecto a 2015. No ano pasado foron distribuídas 80.134 doses só na nosa provincia. Destaca a vacinación dos profesionais, que se

incrementou nun 10% en relación ao ano anterior, chegando ata o 35,16% no caso do persoal sanitario dos centros de saúde. Na pasada campaña, na provincia ourensá notificáronse 4.904 casos de gripe, dos que 120 foron ingresados e se rexistraron 12 falecementos. Tamén foi a que menos ingresos e chamadas ao 061 contabilizou.

A decana das populares galegas volve a ter, un ano máis, o éxito asegurado: a máis de dúas semanas para que remate o prazo de inscrición son máis de 1.000 os inscritos na proba absoluta, arredor de 400 na escolar e uns 200 na de ca-

tivos. A inscrición nas carreiras escolar e de cativos é de balde, mentres que para o resto de categoría o custe e de 5 euros se se inscribe un ata o día 31 de outubro e sube aos 7 euros se se fai entre o día 1 e o 12 de novembro. A recollida de chips, dorsais e camisetas será o venres día 17 de novembro de 16:30 a 20 e o sábado día 18 de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 en Expourense, onde se celebrará Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).


Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

POLIDEPORTIVO

O Sala Ourense gaña ao Pazos de Borbén 4 Importante vitoria dos ourensáns ante o actual campión de Liga. Redacción Vitoria de prestixio para o Sala Ourense diante do Pazos de Borbén, equipo que logrou o título ligueiro no anterior curso. O partido foi duro, intenso e vibrante entre dous dos mellores equipos desta liga e da anterior, (Borbén campión de Liga e Sala Ourense campión de copa). A posta en escena foi

mellor para a Sala Ourense que se adiantou no minuto 2 de partido. A partir de aí o Borbén subiu liñas, puxo en apertos a Rubén e consegue o empate no minuto 7. Reacción rápida do equipo local, pondo dous minutos despois por medio de Raúl o 2-1. O partido entra entón nuns minutos de toma e daca por parte dos dous equipos, pero o que se levou o premio foi a Sala Ouren-

se, pondo o 3-1 por medio de Araújo pouco antes do descanso. Na segunda parte, o partido foi moi aberto. O Sala Ourense xa non roubaba tan arriba e o Borbén apertou moito en ataque; as oportunidades choveron nas dúas portarías ata que Fragueiro acerta coa portaría e pon o 3-2 no marcador; quedaban 10 minutos e o partido estaba para

calquera dos dous equipos, o Borbén apertaba de xeito abondo buscando o empate e a Sala Ourense tentábao con transicións rápidas. Ocasións repartidas para os dous, aínda que a máis claras foron para os locais con dous tiros á madeira e extraordinarias intervencións do porteiro visitante. Ao final o equipo visitante puido empatar, pero o marcador non se moveu. Culleredo A próxima semana a Sala Ourense visita Culleredo outro partido moi esixente, no entanto ata estes momentos marchan terceiros cun punto máis que os ourensáns.

O Campus Rugby, forte en casa 4 Pola contra, conta por derrotas os partidos de fóra. R.T. O Campus Ourense Rugby, de División de Honra B, suma nas cinco primeiras xornadas dúas vitorias, que son xustamente os partidos disputados en casa. Pola contra suma tres derrotas, noutros tantos desprazamentos. Todo isto fai que ocupen a sétima posición con 11 puntos. Na casa desfixéronse de Oviedo (55-14) e Eibar (34-21), mentres que lonxe das Lagoas caeron diante de Durango (1713), CRAT A Coruña (3015) e Bera Bera (62-21). Uribealdea Algún día esta dinámica romperase, pero os pupilos de David Monreal agardan

Campus Ourense Rugby

que non sexa na vindeira xornada, xa que lles toca novamente xogar coma locais. Este domingo, 29 de outubro, a partir das 12 horas reciben ao Uribealdea, equipo que marcha último na clasificación. Pode ser unha boa ocasión de seguir estando invitos cando xogan diante da súa afección, ademais de ir escalando posicións na Liga.

O Campus Ourense xoga este domingo, 12 h, ante o Uribealdea no campus universitario

Formacións dos equipos do Galmédica Ourense e o Club do Mar da Coruña.

Segunda derrota do Galmédica 4 Os ourensáns son sextos. Redacción O Galmédica Ourense tenis de mesa colleitou a segunda derrota da tempada na Segunda división nacional. Os ourensáns non puideron co seu rival, un Club do Mar da Coruña co que perderon por 4 a 2 en partido da cuarta xornada. Con esta son dúas xornadas consecutivas perdendo para o Galmédica. Na xornada anterior tamén caeran diante do Dez Portas de Lugo, por 5 a 1. As dúas primeiras xornadas lo-

graran sendas vitorias (ante o Helios de Bembrive por 5 a 1, e diante do ZAS da Coruña por idéntico resultado, 5-1). O Galmédica Ourense ocupa a sexta posición con catro puntos. Xornada 5 A xornada número 5 disputarase o sábado, 4 de novembro. Nesa ocasión o Galmédica Ourense tenis de mesa recibe ao Milagrosa Husqvarna, equipo que ocupa a oitava posición con dous puntos.

Partido do Sala Ourense ante o Pazos de Borbén.


FÚTBOL SALA

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

O Cidade das Burgas plántalle cara ao Burela 4 As ourensás perderon pola mínima. R. Torres

Marta lanzando á portaría do Soto del Real. /RAMSÉS.

O Ourense Envialia colócase entre os mellores 4 A derrota ante a Universidade de Alicante privouno da primeira posición. R. Torres A liga en Primeira división de fútbol sala da tempada 2017-18 preséntase, a priori, como a máis igualada das últimas edicións. A derrota do Futsi na segunda xornada fronte o Roldán fai que pareza un equipos máis terrenal neste curso. Esa derrota fai que non haxa ningún equipo destacado nas seis primeira xornadas disputadas; de feito o líder é o verdugo das madrileñas, o Roldán, que presentou as súas credenciais como un dos equipos que pode loitar polo título. As murcianas levan 16 puntos. Non perderon ningún encontro e tan só cederon un empate diante das súas paisanas do UCAM Murcia. Tras elas, un grupo de cinco equipos separados por tres puntos. A segunda posición está compartida polo Futsi e Burela (15 puntos) e a cuarta, quinta

e sexta praza ocupanas o Ourense Envialia, Universidad de Alicante e Poio (con 13 puntos cada un), respectivamente. UA O Ourense Envialia volveu a fallar cando estaba no máis alto da clasificación. Desprazabase ata Alicante para xogar diante do Universidad coa intención de sumar os tres puntos e dar un golpe de autoridade. O resultado do encontro reflicte un 1 a 0 a prol das locais, nun encontro no que as dúas escadras buscaron a vitoria, sabedoras da importancia dos tres puntos en disputa. A pesar das ocasións nas dúas portarías, a primeira metade remataría con empate a cero goles. No segundo tempo, a pesar de que Antía puido adiantar ás visitantes, foi Ángela a que adiantaría ás locais (10). Faltaban seis minutos e

as de Chipi o tentaron ata o final. A dous minutos para o final, as albinegras optaron polo xogo de cinco pero, a pesar de que xogaron as alacantinas cunha xogadora menos, por expulsión de Lara Terrés, as ourensás non puideron puntuar. Poio Este sábado, o Envialia recibe ao Poio Pescamar (16:30 horas, Os Remedios) de Iria Saeta. Dous equipos que buscarán desequilibrar o empate a puntos que teñen actualmente.

O Ourense Envialia recibe ao Poio este sábado, ás 16:30 h no Pavillón

Outro ano máis, os entendidos -e non tanto- do fútbol sala auguran un mal ano para o Cidade das Burgas. Razóns non lles faltan (xogadoras importantes deixaron este deporte ou emigraron cara outros equipos) e todo fai indicar que este ano terán que loitar pola permanencia. Pero o que ninguén lles pode negar é a entrega en cada partido. Como no último derbi galego vivido nos Remedios. Con moitas carencias, as franxiverdes foron quen de darlle un susto importante ao Burela. Un grupo de mozas en formación deron a cara ante un dos equipos “profesionais” da Liga (se é que se lle pode chamar deste xeito a algún deles). O partido presentabase coas ourensás sen poder contar con dúas das xogadoras máis veteranas; Nerea (cunha lesión de longa duración) e Sonia Pacios (baixa para algun-

has semanas por unha rotura fibrilar). O dominio era das lucenses, que incluso se atreveron co xogo de cinco en moitas fases do encontro. Porén, foron as locais as que se adiantaron no marcador por mediación de Ana (desde propia porta). Catro minutos despois, Cilene poñía o empate no taboleiro, e máis tarde, Lara dáballe a volta ao marcador (1-2). Antes do descanso Clara lograba unha nova igualada (2-2). O comezo da segunda metade foi un asedio na portaría defendida por Ana. As pupilas de Codeso defendíanse como podían ata que no ecuador do período Julia Forsiuk adiantaba as visitantes (2-3). Cando máis dominaban as da Mariña, María Arias lanzou á portaría e o rexeite da porteira Jozi era aproveitado por Clara para poñer unhas novas táboas no electrónico (3-3). Cando aínda estaban celebrando o empate, Lara Balseiro devolvía ás ourensás á realidade; des-

Gol de Clara ante o Burela Pescados Rubén. /RAMSÉS.

facía o empate nada máis sacar de centro. O Cidade o tentou ata o final con máis corazón que cabeza. María Arias tivo a última ocasión, que atallou sen problemas Jozi. E así, esmorecíase o encontro e con el os tres puntos para as de Codeso. Guadalcacín Esta fin de semana visitan ao Guadalcacín na xornada número sete. Andaluzas e galegas empatan a un punto na clasificación. Partido non decisivo, pero si moi importante para o devenir do Cidade na Liga, xa que enfronte estará un equipo co que loitará pola permanencia.

Cidade e Guadalcacín, os dous conxuntos cun punto na táboa clasificatoria, enfrontánse a vindeira xornada


Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

BALONCESTO

O COB ten tres partidos na casa para sumar 4 O Club Ourense Baloncesto conta, ata agora, os seus partidos na Liga por derrotas. R. Torres

Partido do COB B diante do filial do Obradoiro. /C. DOMARCO.

Todo derrotas no COB B 4 Nos catro primeiros partidos non coñece a vitoria. Redacción Non comezou nada ben a Liga EBA para o filial do Rio Ourense Termal. De catro partidos disputados ata a data, catro derrotas, o que o fai ocupar a penúltima posición empatado co último, o Culleredo. A últma derrota foi ante o filial do Leyma Coruña por 72 a 69. O sábado, 28 de outubro, a partir das 19 horas, reciben no Paco Paz ao Xixón, equipo que conta cunha vitoria máis que os ourensáns. Arriaga O xogador Xabi Arriaga rescindiu o contrato que o vinculaba co equipo ourensán. Tras máis de dous cursos no filial cobista, a oferta do Aquimisa Laboratorios-Queixo Zamorano de LEB Prata

convenceu ao xogador vasco, que exerceu unha das cláusulas do seu contrato para abandonar a disciplina do conxunto ourensán. Maristas O club firmou un convenio de colaboración co Colexio Maristas para esta tempada. Deste xeito, o COB entregará carnés de socio ás categorías inferiores do colexio ourensán e irá, con adestradores e xogadores, a impartir diversas sesións técnicas ao longo do ano. A cambio, o Colexio Maristas permitirá que os mozos con maior proxección adestren coas categorías inferiores do Rio Ourense Termal, podendo apoiar mesmo aos equipos que compiten en maior categoría que onde o fai Maristas.

A bagaxe de catro derrotas e cero vitorias deixa ao Rio Ourense Termal como pechacancelas da Liga LEB Ouro, pero cun partido menos. O feito de ter que xogar ese encontro suspendido -contra Leyma Coruña- o próximo 1 de novembro (mércores) fai que os homes de Gonzalo García de Vitoria disputen tres encontros seguidos na casa. Unha boa oportunidade -ou tres- para comezar a sumar no casilleiro de vitorias. Araberri O primeiro dos tres partidos chega este venres, 21 horas, e o rival será o Araberri. O feito de que o Betis tivera un oco na ACB fixo que o conxunto vasco puidera disputar a Ouro por segundo ano consecutivo -ía a disputar a LEB prata-. A pesar de saber tarde que xogaría nesta categoría, o seu adestrador Antonio Pérez Caínzos fixo unha plantilla moi competitiva. “Teñen máis profundidade de banco co ano pasado”, aseguraba Gonzalo García de Vitoria en rolda de prensa previa ao partido. O seu base titutal Martin Wintering era un dos pretendidos polo cadro cobista, pero unha lesión de xeonllo de longa duración fixo que descartaran a súa fichaxe; non quixe-

ron arriscar nun xogador que tiña que estar moitos minutos en pista. A súa rotación é o italiano Mitola. John Dee está a ser unha das sensacións do equipo. O escolta é o cuarto máximo anotador da liga cun promedio de 15,4 puntos por encontro. Outro dos puntais do equipo é un vello coñecido da parroquia ourensá: o alero Nemanja Mitrovic, pretendido polo COB pero que rexeitou a oferta para recalar no rival deste venres. Mitrovic está a atravesar unha crise de puntuación (a súa porcentaxe de acerto está por debaixo do ano pasado), pero este tipo de xogadores en calqueira momento poden comezar a anotar sen pa-

rar e sen que os paren. O guyanés Edwards, e o pívot, Araújo son outros dos nomes que están a realizar un gran inicio de competición. Araberri suma tres vitorias e dúas derrotas en cinco xornadas disputadas. Coruña COB e Coruña puxéronse dacordo para disputar o encontro aprazado no Día dos fieis difuntos. Así, o mércores, 1 de novembro, a partir das 18 horas, o Paco Paz volve a acoller un encontro de LEB Ouro. Os herculinos están un posto por enriba dos ourensás. Unha soa vitoria é o que teñen, ata

o de agora (cun partido menos), e tres derrotas. Esta fin de semana visitan a Prat (segundo clasificado), polo que unha derrota en terras catalás suporía que os dous conxuntos galegos xogarianse o mércores non ser o último clasificado ao final do partido aprazado. Valladolid E o terceiro partido en menos de 10 días traerá a Ourense ao Valladolid. Equipo recén ascendido que conta con dúas vitorias. O seu adestrador é Paco García, ex do COB que non rematou da mellor maneira posible o seu periplo na cidade das Burgas. Este encontro está previsto, aínda sen confirmar, que se dispute o sábado, 4 de novembro.

Araberri conta con tres vitorias e dúas derrotas e ocupa a sexta posición na Liga

Verners Kohs defendendo a un rival de Oviedo. /OVIEDO BALONCESTO.


VOLEIBOL

Primeira vitoria do CVO en Primeira nacional 4 Gañou 3-1 ao La Calzada de Xixón. Redacción O Club Voleibol Ourense “Hemisferios Ribeira Sacra” conseguiu a súa primeira vitoria da tempada. Foi na terceira xornada da liga de Primeira división nacional disputado no Polideportivo O Pompeo fronte ao club asturiano da Calzada nun partido con gran afluencia de público. A vitoria foi clara e convincente debido ao bo xogo despregado por todo o equipo, sobre todo nos dous últimos sets, a pesar das tres baixas coas que contaba o combinado ourensán, Raquel, Sheila e Ivette. O tanteo de 3-1

(25-21, 16-25, 25-18 e 2516) reflicte a superioridade do equipo local que só tivo un momento de dúbida no segundo set, onde as xixonesas demostraron porque

estaban no alto da clasificación ata este partido. Clasificación Con esta vitoria o CVO Hemisferios sitúase na sé-

Partido do CVO diante do La Calzada, de Xixón.

tima posición da liga con cinco puntos na clasificación e desprazarase a próxima semana a Madrid para enfrontarse ao SAD Recordo, terceiro clasificado da competición.

O Hemisferios Ribeira Sacra sitúase sétimo na clasificación

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

O San Martiño remonta 4 Vence ao CV Santiago por 2 sets a 3. Redacción Ao Club Voleibol San Martiño tocáballe desprazarse para xogar contra o CV Santiago, rival duro ao que non lle deron gañado a tempada pasada. Neste encontro o cadro local comezau dominando, poñéndose 2 sets a 0. As ourensán lograron recuperarse e conseguiron poñer o marcador en empate a dous sets. Todo por decidir no quinto e definitivo set. O forte ritmo do cadro ourensán fixo que se puxeran por diante no principio do set

Equipo sénior enfontándose ao CV Santiago. e ver que non perigaba a vitoria. Final, 2-3 e primeiro triunfo do San Martiño na 2ª división autonómica, para colocarse na terceira posición. O Dompa Gestión, de 1ª autonómica, perdeu diante do Calasancias por 3 a 2.


10

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

NOVAS

Velle prepara a súa andaina

EN BREVE 4 Ximnasia Este domingo, 29 de outubro, o pavillón dos Remedios acolle -desde as 11 horas- o Campionato de Galicia de ximnasia de conxuntos 2017. O Club Ximnasia Pavillón Ourense será o representante ourensán nesta competición

4 Chega a súa terceira edición este domingo 29. Redacción

4 Masterclass O sábado, 16 de decembro, o club CEDC Xinzo de Limia e o Concello de Xinzo de Limia organizarán a I másterclass de ximnasia. Nesta primeira edición contarán coa ximnasta olímpica Carolina Rodríguez. Está aberta a todos os ximnastas que desexen participar. A inscrición remata o día 3 de novembro, hai límite de prazas. Aproveitando a estadía da ximnasta na vila nesa fin de semana, organizaranse charlas nos centros educativos o venres, e o domingo participará no Festival de Nadal que organiza cada ano a sección de Ximnasia do club CDEC Xinzo.

4 Patinaxe O 1 de novembro O Carballiño será a sede da Copa Deputación de patinaxe artística e da Copa Deputación de hoquei. Os eventos terán lugar a partir das catro da tarde no polideportivo municipal Paco Chao. Para o sábado, 3 de novembro, queda a Copa Deputación de patinaxe de velocidade, no mesmo lugar e hora (Paco Chao, a partir das 16 horas).

Xurxo disponse a rematar nun partido disputado nos Remedios.

Vitoria en Bueu do Pavillón Balonmán 4 Tamén venceu o equipo sénior feminino. Redacción Boa fin de semana para os intereses dos dous equipos sénior do Nova Xestión Pavillón Ourense. Lograron sendas vitorias a domicilio. Os pupilos de Félix Mojón dominaron o encontro de principio a fin logrando unha importante vitoria na terceira xornada da Primeira autonómica. Enfronte estaba o Bar Rosa de los Vientos Bueu Atlético. Pouco a pouco os ourensáns distanciabanse no marcador -nos pimeiros cinco minutos xa dominaban por 1 a 5-. A boa defensa e rápidas contras fixeron que o Pavillón se marchara ao descanso con vantaxe de cinco goles (13-18). Pola súa banda, as rotacións funcionaban moi ben e apenas notabase cando estaban no campo os me-

nos habituais. A vantaxe foi en aumento conforme pasaban os minutos ata chegar ao remate do encontro con máis 8 goles a favor (18-26); o máximo realizador, Xurxo Carreño con 7 goles. O adestrador Mojón mostabase moi contento ao finalizar o encontro e estaba confiado con seguir coa progresión. Os pavillonistas son sextos con catro puntos. O outro equipo ourensán, o Carnes do Ribeiro son líderes con pleno de vitorias -seis puntos-. A vindeira xornada enfronta aos ourensáns co Poio. O encontro terá lugar ás 18 horas no anexo dos Remedios. Feminino O sénior feminino desfíxose sen problemas do seu rival -Lucus- en terras lucenses. As xogadoras do Nova Xestión foron quen

de vencer sen apuros nun encontro ao que acudiron con tan só 11 xogadoras. As ourensás sentenciaron na primeira metade deixando un marcador final de 9 a 16. Ana e Sofía, con seis e cinco goles, foron as máximas realizadoras. O Nova Xestión marcha na 2ª autonómica na terceira posición con seis puntos. Este sábado, 28 de outubro, recibe nos Remedios ao Encaixe Camariñas Conservas Boya.

Este sábado xogan os dous equipos sénior nos Remedios; ás 16 h o feminino e ás 18 o masculino

Foi presentada na Deputación de Ourense a III andaina “Serra Mosteironda” de Velle. A terceira edición desta andaina, que terá lugar o vindeiro domingo, 29 de outubro, ofrece dúas posibles rutas aos participantes cun percorrido de 18 quilómetros na modalidade da andaina longa, e de 10 quilómetros a andaina curta. A andaina transcorre na súa maior parte por Velle e esténdese tamén por Villariño, Sabadelle, Tibiás e Canivelos. “Trátase dunha iniciativa que está en crecemento, pois o primeiro ano contamos con 150 participantes e o segundo ano con máis de 250 persoas”, sinalou o presidente da Asociación de Veciños Santa Marta de Velle, Francisco Sotelo, quen explicou cos

obxectivos desta andaina é “dinamizar o territorio e dar a coñecer os núcleos de Velle e recuperar os camiños tradicionais que se foron perdendo co tempo”. Bernardino González agradeceu á asociación de veciños que leve a cabo esta iniciativa “que pon en valor o noso territorio e fomenta a práctica do deporte e a vida saudable”. Inscricións Os interesados en participar poderán anotarse ata o mesmo día da proba ata cubrir as 300 prazas por un custe de 5 euros. Durante o percorrido haberá dous avituallamentos e ao finalizar a proba un aperitivo e sorteos para os participantes. A saída da proba será as 9.30 horas no campo de xogos “O Palao” en Velle, pero os participantes deberán estar media hora antes para a entrega de dorsais.

Barbosa, Sotelo, González e Álvarez presentando a terceira andainda de Serra Mosteironda.


POLIDEPORTIVO

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

Feijoo entra con bo pé na elite do ciclocross 4 O ourensán vence na Copa Galicia e é segundo en Burgos. Redacción

Rapaces practicando escalada nos Remedios.

Ourense escala O club Asesou comezou a tempada da escola de escalada con moito éxito. Comezaron o 2 de outubro e, aínda que hai prazas dispoñibles, dase clases en todas as horas que dispón a escola no pavillón dos Remedios. Hai grupos formados en todos os rangos de idade (6-8 anos; 8-12 anos; 12 -14 anos e 14 - 18 anos) polo que da mostras da boa acollida deste deporte na cidade. Mención especial para os grupos dos máis cativos (de 6 a 8 anos). Desde un principio contaba con dous grupos, que se tivo que ampliar a tres debido á gran demanda.

O ciclista ourensán Iván Feijoo, do Club Ciclista Maceda, entrou na categoría elite con bo pé. Feijoo rematou na primeira carreira que disputaba da categoría na segunda posición, só por detrás de Kevin Suárez -separado por só 15 segundos-, e diante do vasco Aitor Hernández. A proba tiña lugar en Fresno de Rodilla (Burgos). Un gran resultado que pode facer presaxiar unha boa tempada para este ciclista sub 23, despois de que nas súas tempadas como júnior lograra o Campionato de

España, ademais de entrar no Top 10 nalgunhas carreiras da Copa do Mundo e rematar oitavo nun Mundial. Copa Galicia Ademais disputou a pasada fin de semana dúas probas da Copa Galicia de Ciclocross. O sábado 21 en Esmelle, e o domingo 22 no Ferrol logrou a vitoria nas dúas probas o que o colocan como líder do campionato. Ademais das dúas vitorias de Feijoo, houbo outros triunfos e podios dos integrantes do Club Ciclista Maceda. Carlos Canal lograba vencer na súa estrea na categoría jú-

nior, e Noela Saa facía o propio en cadete -continuando de líder-; os dous gañaban nas dúas citas. Román Saa sumabase ao éxito ourensán logrando a segunda posición sub 23 en ambas probas. Tamén Martín Gonzalez era terceiro en Esmelle e a mesma posición, terceira, para Aida González no Ferrol.

Carlos Canal e Noela Saa lograban a vitoria nas dúas probas da Copa Galicia

Auriense FG feminino.

Auriense Fútbol Gaélico O Auriense F.G. acadou pleno de vitorias a pasada xornada ao vencer tanto o equipo masculino coma o feminino. Os homes disputaban en Cambados un partido importante ante o conxunto local. Unha moi boa segunda parte fixo que lograran a vitoria por 20 a 25, o que lle fai estrear o casilleiro de vitorias. O conxunto feminino tamén logrou unha importantísima vitoria en Pontevedra ao vencer ás do Lérez por 18 a 26.

Arriba, Carlos Canal e Noela Saa e Aida González, no podio da Copa Galicia, abaixo, Iván Feijoo no podio de Burgos.

11

EN BREVE 4 Boxeo Chega a Ourense unha nova velada de boxeo. Este venres, 27 de outubro -a partir das 22 horas-, no Pazo dos Deportes Paco Paz disputaranse sete combates -dous deles femininos-. A novidade serán dous combates de Savate Pro vistos por primeira vez na nosa cidade. Os combates máis destacados son os que subirán ao ring aos púxiles ourensáns Manuel Jiménez “Nono”, a Luis Arturo “Vene” (que regresa ao cuadrilátero tras unha lesión nunha perna), a Manu Míguez júnior e a Óscar Mira. O prezo da entrada para ver os sete combates é de 10 euros. A velada organizaa a Federación Galega de Boxeo - Ximnasio Olimpo’s de Ourense.

4 Judo Seis alumnos do Mestre Manuel Montero superaron os seus respectivos exames de paso de grao ante os tribunais da Federación galega de Judo, o pasado sábado, 7 de outubro, en Vigo. Alberto Nieto e Oliver Balvís lograron o Cinto Negro 3º dan de judo. Antonio Fernández o 2º dan, mentres Luís e Rubén Córdoba e Pablo Dopazo conseguiron o 1º dan; coa inestimable axuda dos seus compañeiros -”uke” segundo a terminoloxía xaponesaFelipe Iglesias e Anita Fernández Morais. Para iso exhibiron os seus coñecementos e destreza nas técnicas “katas” desta arte marcial.


12

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

POLIDEPORTIVO

Famu de Frutos e ATP, líderes

O pavillón trae 25 medallas de Valladolid

4 Da Liga de clubs de judo “Cidade de Ourense”. Redacción Despois de dúas xornadas disputadas na Liga de clubs de judo “Cidade de Ourense” xa se vai perfilando a clasificación de cara á fase final. Primeira masculina A Primeira División masculina está liderada polo Famu de Frutos

O sábado 4 de novembro dispútase a última xornada do “Cidade de Ourense” e o día 18, os playoffs

A. Os vigueses contan con 114 puntos e pleno de vitorias. Na segunda praza encóntrase o UDC Resultado ATP da Coruña con 90 puntos. Terceiro marcha o Judo club Shiai da Coruña, con 72 puntos. Pola parte baixa pechan a clasificación o Forte Parque Sport, de Nigrán, e o Judo club Finisterre, de Ribeira, como sétimo e oitavo, respectivamente. Segunda masculina Na Segunda División masculina, o Entyl Ingenieros - Bitácora lideran o grupo con 87 puntos. En segundo lugar colócase o Famu de Frutos

Un dos combates da segunda xornada. /RAMSÉS.

4 No Campionato de España de ximnasia de trampolín. Redacción

O 4 de novembro terá lugar a última xornada do “Cidade de Ourense”. /RAMSÉS. B, con 81. Primeira feminina Na Primeira feminina hai unha dura pugna pola primeira praza. Con 150 puntos atópase o Club Oleiros sendo o UDC Resultado ATP o segundo clasificado con 137 puntos, pero contando todos os seus encontros por vitorias.

O podio complétano o Famu de Frutos con 109 puntos. Xornada A terceira xornada disputarase en Oira o vindeiro sábado 4 de novembro. Os playoffs de ascensos, descensos e campións terán lugar o 18 de novembro.

O Club Ximnasia Pavillón Ourense presentaba un total de 27 ximnastas: 10 en nivel base e 16 en nivel elite, repartidos entre as distintas categorías. Raquel Mayo García fíxose co campionato de España en trampolín base 2; Xiana Blanco Cidón acadou o subcampionato de España en trampolín base 1; o equipo base de trampolín, subcampión de España; o equipo Base de trampolín (Oihane Manso, Ainhoa Crestelo, Raquel Mayo) foi subcampión de España. En elite o Club Ximnasia Pavillón colocou a 14 ximnastas en finais e acadando os seguintes podios: Claudia Blanco Cidón (E4), subcampioa de España en trampolín e bronce en minitramp; Mateo Rodríguez Pérez (E4), subcampión de Es-

paña en dobre mintramp e bronce en minitramp; Pedro Castaño Rodríguez (E4), bronce en dobre minitramp; Marta Rodríguez Cancio, campioa de España en dobre minitramp; María Salas Cid (E7), bronce en dobre minitramp e bronce en trampolín; Noa Puente-Dod Álvarez, subcampioa de España en dobre minitramp; Lucas Domuro Arias (E8), subcampión de España en trampolín; a parella de sincronismo de María Fujú Garcia Varela e Marta Cancio foron tamén subcampioas de España; e a parella de sincronismo de María Salas Cid e Noa Puente-Dod Álvarez acadaron a medalla de bronce. O equipo Pavillón absoluto composto por: Lucas Domuro Arias, Daniel Fernández Méndez, Guillermo García Varela e Nicolás Cid Rancaño, proclamouse subcampión de España en trampolín.

Noa e María no podio de Valladolid.


POLIDEPORTIVO

Oito medallas no Nacional para o Burgas 4 O club logrou un ouro, tres pratas e catro bronces. Redacción O Club Burgas de ximnasia logra un novo éxito. Nesta ocasión no Campionato de España de ximnasia onde regresou cun ouro, tres pratas e catro bronces. Marina Martínez proclamouse campioa de España en tumbling nivel 2; Sofía Fernández, subcampioa en tumbling nivel 1; Clara Rodríguez logrou a prata en dobre minitramp nivel 1 e terceira en trampolín; Paula Touza, terceira en dobre minitramp nivel 2; e Nico Filgueira, terceiro en tumbling nivel 6. Por equipos, o tumbling Base (Marina Martínez, Sofía Fernández, Jimena Gómez e Clara Rodrí-

guez) foi subcampión e o de trampolin Base (Iria Donascimento, Iris Blanco, Laura López e Paula Touza) rematou en terceira posición. Daniel Pérez Entre todos os integrantes do club ourensán destacou Daniel Pérez, campión de España absoluto individual e de equipos -xunto aos seus compañeiros, o ourensán Alex Cid Masid e os pontevedreses Alex Bernárdez, Antonio Santos e Iván Estévez-. Ademais, Pérez foi segundo no Internacional de Valladolid, tan só superado polo actual campión do Mundo e de Europa, o ruso Zalomin. Na terceira posición remataría o seu compañeiro Alejandro Bernárdez. Pola súa banda, Alejandro Cid Masid estivo a piques de entrar na final absoluta, o seu posto foi o noveno.

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

O Escola Pavillón, subcampión en Marín 4 O conxunto infantil de base. Redacción O conxunto infantil de base do Escola Pavillón proclamouse subcampión galego en Marín celebrado o 8 de outubro. O primeiro en competir foi o alevín do Club Ximnasia Pavillón (Uxía, Carmen, Vera, Iria, Daniela Muradás, Sabela e Sara Pacios) realizando un primeiro pase con algúns erros pero mellorando con claridade o seu segundo pase. A clasificación non estaba complicada nesta categoría, na que se colocaron segundas, sendo primeiro o conxunto do Club As Triscas de Pontevedra. O conxunto infantil do Escola Pavillón (Daniela Abad, Noa, Sara González, Antia, Candela e Carla) tiveron erros que pagaron caros no seu primeiro pase e tamén lograron un segundo pase moi acertado que as colocou en segunda posición proclamándose subcampioas galegas. Foi campión o conxunto

Participantes ourensás no galego de conxuntos de base. do Club As Triscas e terceiro o conxunto do Club Viravolta de Santiago de Compostela. Control En xornada vespertina tivo lugar o control clasificatorio para a Copa de España Individual Base e Copa de España de conxuntos de nivel absoluto. En competición individual o Club Ximnasia Pavillón presentaba catro ximnastas: Paloma Oliver e Sabela de Martín en categoría cadete e Marta Mangana e Lidia Babarro en categoría sénior, clasificándose para a Copa Mar-

ta e Lidia. No control de conxuntos de nivel absoluto foi o conxunto júnior o que conseguiu a clasificación, non obtendo praza o conxunto infantil que obtivera a medalla de bronce na segunda fase de Copa de España disputada en Logroño no pasado mes de xullo.

O conxunto júnior clasificouse para a Copa de España

13

O Club Couto compite en Riveira Redacción Unha expedición do Club Couto desprazouse ata Riveira para disputar o Open internacional “Cidade de Riveira”. A proba é puntuable para o ránking nacional e galego. María Ferreiro logrou a vitoria en cadete -44 quilos; Ainoha García, en cadete -55 kg; Julián Feijoo en cadete -33 kg; Martín Conde en cadete -49; e María González en júnior -49. Europa A ourensá Ainoha García, do club Couto, participou no Campionato de Europa. A competición desenrolada en Budapest (Hungría) tivo un sabor agridoce para García, xa que quedou ás portas das medallas. Un resultado non tan adverso se temos en conta que chegaba á cita con tan só 13 anos e molestias físicas. A ourensá venceu á contrincante bulgara con solvencia (24-4), para despois caer derrotada diante da grega por un axustado 8-6. Ainoha vencera semanas antes en Polonia a esta rival e á croata Helena Kicema, nova campioa de Europa.

Mundial Para este mes de novembro celébrase en Sofía (Bulgaría) o Campionato do mundo.

Daniel Pérez, no centro, campión de España.

Daniel Pérez proclamóuse campión de España absoluto

Sabela, Paloma, Marta e Lidia, participaron no control para a Copa de España.

Ainoha García xunto ao seu adestrador Tito.


14

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

XADREZ

Iván Salgado chega a Ourense co título de campión de España

XI Memorial Rodríguez Peña Redacción Martín Boado vence no Memorial José Henrique Rodríguez Peña celebrado o pasado sábado, 7 de outubro. En segundo lugar rematou Xabier Gómez, e completou o podio Armando De Sousa. Na categoría sub 14 o gañador foi Mateo Díaz; o primeiro socio, Joaquín Losada; o mellor veterán, Joaquín Bello; e o primeiro do equipo do Ateneo, Rafael Sánchez. Participaron un total de 36 xadrecistas de toda a provincia. Alzouse co trofeo ao gañador absoluto Martín Boado que só concedeu un empate na cuarta rolda ante o gañador do ano pasado que a postre acabaría terceiro -Armando De Sousa- tamén sen conceder a derrota. Xabier Gómez conseguía o subcampionato ao gañar ao veterano Sindo Rodríguez na última rolda. Mérito especial para Mateo Díaz que se alzou co trofeo ao primeiro Sub 14 grazas a 3 vitorias consecutivas nas últimas roldas. Xoaquín Bello, incansable, que se alzou co trofeo ao mellor veterano foi sexto clasificado do torneo. Xoaquín Losada e Rafael Sánchez, sempre presentes nas citas importantes, gañaron o premio ao mellor socio e mellor do equipo do Ateneo, respectivamente.

Unha das partidas disputadas.

Presentación do festival no salón de plenos do Concello de Ourense. /RAMSÉS.

300 xadrecista no Festival Internacional de Xadrez 4 Celebrarase en Expourense o domingo, 29 de outubro. Redacción O Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ourense” cumpre o seu 10º aniversario. Baixo o lema “Deporte e Ciencia para a Xuventude”, celebrarase en Expourense o vindeiro domingo, 29 de outubro. O evento será unha das últimas probas puntuables para o Circuíto Galego 2017 (Proba oficial da Federación Galega de Xadrez), e como ven sendo habitual nos últimos anos, a proba máis participativa de todas cantas se realizan na nosa autonomía pertencentes a este circuíto destinado a xoves xadrecistas de entre 6 e 18 anos. O principal obxectivo deste festival de xadrez é estimular a convivencia de rapaces de diferentes idades, categorías e lugares de orixe, durante unha xornada deportiva, lúdica e de marcada índole formativa para os máis no-

vos. Organizado polo Club Deportivo Xadrez Ourense, a décima edición deste Festival contará cuns 300 participantes de entre 6 e 18 anos, escolares e federados procedentes de toda a provincia de Ourense, resto de Galicia, e tamén de Castela e León e Portugal. Destes 300, maís de 50 xogadores teñen xa rango internacional e veñen de gañar ou obter podio en importantes probas a nivel nacional e internacional como é o caso de Xacobe Conde, Martín Gómez ou dos irmáns Pura e Benjamín Diéguez. Estes participantes pertencen a diferentes clubes, entre eles os máis destacados do panorama local, provincial e autonómico e tamén do norte de Portugal: Clube Deportivo Xadrez Ourense, Liceo de Ourense, Universidade de Ourense, Xadrez Celanova, Xadrez Verín, Fontecarmoa de Vilagarcía de Arousa, Círculo Ferrolán,

Círculo Chantadino de Xadrez, Ben-cho-sei de Pereiro de Aguiar, entre outros. Haberá unha importante afluencia de xogadores lusos que pertencen a diferentes clubes, como a Escola Xadrez Porto, Xadrez Mirandela, Pedras Salgadas, Didaxis, e Rebordochao. Categorías Os participantes estarán divididos en 5 categorías (Sub-18, Sub-14, Sub-12, Sub-10, e Sub8). Todos os mozos e mozas que tomen parte na proba recibirán un trofeo conmemorativo, ademais de participar en múltiples sorteos de material deportivo, electrónico e formativo preparados pola organización.

O torneo é para rapaces de entre 6 e 18 anos

4 Foi recibido no Concello de Ourense. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; o concelleiro de Deportes, Mario Guede; e a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, recibiron no Concello de Ourense ao ourensán Iván Salgado, Grande Mestre Internacional de xadrez. Salgado vén de proclamarse campión de España individual 2017 no campionato de España de Las Palmas. Deste xeito, revalida o título acadado en 2013. O ourensán é internacional absoluto por España desde os 16 anos, idade na que acadou a máxima titulación internacional /Grande Mestre, un caso de extrema precocidade e sen precedentes dentro do xadrez

español. A pesar de ter a súa residencia en Sofía (Bulgaria) viaxa con frecuencia a España e, por suposto, a Ourense sede do club ao que pertence: o Club Deportivo Xadrez Ourense. Medallistas Outros medallistas ourensáns, que pertencen ao Xadrez Ourense -e tamén foron recibidos polas autoridades- son Xacobe Conde Riveiro (2006), campión de España sub-12 no pasado mes de xullo en Granada; Martín Gómez Carreño (2003), bronce na categoría sub-14 no mesmo campionato; e Yudania Hernández (1973), bronce nacional feminino en Libares (Jaén) o pasado mes de agosto. Os catro deportistas lograron para Ourense, este ano, un éxito deportivo sen precedentes.

Iván Salgado, segundo pola dereita, recibido no Concello de Ourense.


NOVAS

Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017

15

Barrios DEPORTIVO. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 04 53 52 / 685 969 546. Correo-e: deportes@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: C. Domarco. Nº167- Ano: IX - 27 de outubro de 2017 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Rematan as obras no estadio do Couto 4 A Xunta investiu 383.000 euros. Redacción As obras de mellora no estadio do Couto remataron. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, supervisou o estado do campo de fútbol do Couto tras as últimas actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia durante o ano 2017 e que supuxeron a reforma do acceso e do interior das oficinas, a pintura exterior do acceso ás oficinas, a reparación dos vestiarios visitantes e a instalación do sistema de alimentación ininterrumpida do grupo electróxeno. Estas intervencións contaron cun orzamento total de 102.385,88 euros que fan que o investimento total da Xunta no estadio alcance os 382.819,92 euros desde 2015. Na súa visita ao campo de fútbol, propiedade da Xunta de Galicia, Marta Míguez valorou todas as actuacións levadas a cabo desde 2015 que permitiron “adecuar e adaptar o terreo de xogo ás necesidades actuais”. A secretaria xeral destacou a boa situación do fútbol pro-

vincial que actualmente “vive un momento doce con catro representantes na Terceira División e outros catro na Preferente Sur”. Nas súas verbas, tamén agradeceu a colaboración das outras dúas administracións publicas da cidade -Deputación Provincial e Concello- no mantemento do céspede do Couto en bo estado. Obras anteriores Ademais destas actuacións levadas a cabo no curso 2017, en 2016 acometeuse a instalación do marcador electrónico LED de 5 m2, o saneado e pintado da fachada principal, o arranxo do céspede, as obras de reforma da bancada, a reparación da instalación eléctrica e a reparación dos vestiarios por importe de 135.339,18 euros. No ano 2015 as obras de reforma e adaptación de espazos para aloxar as oficinas e dependencias das federacións deportivas supuxeron un investimento total de 145.094,86 euros.

Míguez e Guede nos cestiarios do Couto. /RAMSÉS.

O Consello Municipal de Deportes reparte 735.000 euros en subvencións 4 A 86 equipos da cidade. Redacción O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense xa ten asignadas as subvención aos equipos da cidade. Este ano incrementa o investimento en axudas para promocionar o deporte, cunha achega que ascenderá a 735.000 euros (máis do 11% fronte á convocatoria de 2016). O Consello Reitor e a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deron conta nas súas sesións de mediados de outubro da resolución da convocatoria de subvencións deportivas para o ano 2017. As axudas, dirixidas ás actividades de clubes e asociacións deportivas, chegarán este ano a máis clubes ca en anos anteriores: 86 fronte aos 82 de 2016 (+4,65%), e a máis modalidades deportivas: 38 fronte ás 35 do ano anterior (+7,89%), ao incorporar modalidades coma tiro con arco, triatlón, fútbol gaélico, aeromodelismo e agility. Máis deportistas Aumenta, así, o número de deportistas que se beneficiarán das axudas, isto é licenzas subvencionadas, preto de 9.000 (concretamente 8.889, +12% fronte ao ano anterior). Increméntase ata 6.200 o número de deportistas de base: (federados que son menores de 18 anos, un 14% máis ca en 2016, cando foron 5.301), e ás deportistas femininas: 2.698, que rexistran o crecemento máis pronuncia-

O concelleiro de Deportes, Mario Guede. /RAMSÉS. do (+16%), froito do cal xa representan o 30% das persoas deportistas na cidade. As axudas están dirixidas a gastos de funcionamento das entidades deportivas de Ourense por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial na tempada 2016/17, de acordo coas bases reguladoras de subvencións en materia deportiva do Consello Municipal de Deportes. As bases das axudas recolleron este ano achegas do tecido asociativo deportivo e grupos políticos. Entre elas, a valoración dos clubes que acollen nas súas filas deportistas con discapacidades, as axudas para alugueiro de instalacións deportivas non municipais, adquisición de equipamentos non funxibles, e subvencionar só desprazamentos a máis de 60 quilómetros da cidade, ao estimar que son os que realmente fan uso dun transporte colectivo para

asistir ás competicións. Mario Guede O concelleiro de Deportes, Mario Guede, salienta que o principal obxectivo do Consello Municipal que é promover a práctica deportiva na cidade para que cada vez máis persoas fagan deporte, o fagan nas mellores condicións e accedan aos importantísimos beneficios que a nivel persoal lles vai a proporcionar. Neste senso, subliña que o incremento do número de licenzas subvencionadas, nun 12% reflicte “o gran estado de saúde do sistema deportivo ourensán, e a gran sinerxia existente entre o Consello Municipal e os clubs”. Mario Guede asegura que o maior incremento en licenzas rexístrase entre menores de 18 anos. A resolución está publicada na web do Consello Municipal de Deportes www.deportesourense. com e no taboleiro de anuncios do Pavillón.

O orzamento para as subvencións incrementouse un 11% con respecto ao ano pasado

Winnerman Redacción Celebrouse no encoro de Castrelo de Miño a terceira edición do winnerman, unha proba que combina a natación coa carreira a pé. Disputáronse tres categorías: júnior, popular e desafío. Na proba absoluta (1000 metros a nado, 5000 a pé e 1000 a nado), en categoría masculina o vencedor foi Jacobo Blanco Ruíz, por diante de Rubén Regueira Del Río (segundo) e de David De La Fuente (terceiro). En categoría feminina a mellor foi Paula Otero, sendo segunda, Cristina García Colomo, e terceira, Iria Fernández Ordóñez. Na proba popular (500-2500-500) o mellor foi Gonzalo Vales Iglesias; en segunda posición remataría Julián Romero Álvarez, e terceiro, Martín Fernández Novoa. En mulleres, a máis rápida foi Laura Valente De Jesús, Sheila Carballo rematou segunda e Silvia García Pérez, terceira. En júnior (250-500250), Eva Feijoo Gómez chegou a meta por diante do resto de competidores sendo infantil. Segunda sería Nerea Civeira Corral e terceira, Anne Villa Martínez. En homes, o gañador foi Pablo Martín Novas, con Roi Naranjo Estévez, segundo, e Alejandro Santiso, terceiro. Este ano a participación foi máis baixa que nas dúas edicións anteriores.

Deportistas dispostos na saída.


Barrios DEPORTIVO 27 de outubro de 2017


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.