16 Feb 2011 - Nº29

Page 1

Entrevista a Noelia Oliva, de Codigalco Carmelitas páx.22

ATLETISMO

O Ourense Atletismo Academia Postal promesa feminino acada a medalla de bronce no campionato nacional de campo a través

páx.2

O RINCÓN DO MESTRE

páx.23

Alfonso Vilachá: Aspectos positivos da relaxación mental (I) Ximnasia: Sábado 19, nos Remedios IV Copa Galicia de Ximnasia acrobática páx.6

Volve o espectáculo

Sábado, 26 de febreiro Cidade de As Burgas vs. Ponte Ourense

[páx. 12 a 15]

Número: 29 - Ano: III - 18 de febreiro de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 2 de marzo. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

ATLETISMO

Citas no campo a través e en marcha para o Academia Postal 4 Participaron no campionato de España de campo a través e no galego de marcha en ruta. Redacción Esta pasada fin de semana o Ourense Atletismo Academia Postal tivo representación no campionato de España de campo a través por clubes celebrado en Punta Umbría. En canto aos destacados da representación ourensán, o equipo feminino promesa, integrado por Paula Mayobre, Iria Castro e Lucía Corrales, foi un dos mellores conxuntos do evento, e acadaron o terceiro posto por equipos, sendo determinante a ac-

tuación individual de Paula Mayobre que se alzou coa vitoria individual. Este resultado continúa a boa racha académica desde que se iniciase o ano e pon ao cadro feminino dentro da elite nacional. Campionato Galego de Marcha en ruta Pontevedra acolleu, tamén esta pasada fin de semana, o campionato galego de marcha en ruta onde Lorena Luaces erixíuse como a mellor marchadora galega logrando a vitoria na proba

4 O sábado, 19 de febreiro en Ponte Vella terá lugar a presentación do evento e a subasta de material donado. R. Torres

Paula Mayobre campioa en promesas en Punta Umbría. absoluta, batendo o récord autonómico que o posuía ela mesma. Na categoría masculina o gañador tamén foi un académico; Francisco Durán foi o vencedor da proba absoluta a pesar de que aínda é júnior.

Corrales, Mayobre e Castro terceiras na categoría promesas no campionato nacional campo a traves.

O equipo feminino promesa do Academia Postal foi terceiro no Campionato Nacional de campo a través, sendo Mayobre a campioa. Luaces erixiuse campioa galega de marcha

Campionato provincial de cross en A Rúa Redacción

Podio masculino do cross provincial celebrada o ano pasado en Monterrei. /ARQUIVO

Xa queda menos para o reto solidario

A localidade ourensá de A Rúa será a sede do Campionato provincial de campo a través, sustituíndo ao complexo de Monterrei onde se celebrou a edición anterior. A proba terá lugar o domingo, 20 de febreiro, desde as 11 da mañá, no circuito do ”Aguillón” no Concello de A Rúa. Esta edición hai un claro favorito que é o equipo local do ADAS Proinor xa que o Academia Postal renuncia a formar un equipo completo xa que 11 dos seus atletas están convocados por Galicia para o Na-

cional de Autonomías. Campionato Escolar de campo a través O día anterior, o 19 de febreiro, tamén en horario de mañá, o complexo deportivo de Monterrei engalánase para recibir aos atletas que participarán no campionato escolar de campo a través no que participarán rapazas e rapaces das categorías cadete, alevín, benxamín e infantil. Este campionato está organizado pola Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE de actividades extraescolares.

Aproxímase a data e o interese vai “in crescendo” para ver o reto solidario que o ourensán Antonio Madriñán e o seu compañeiro Demetrio Alvarez van realizar entre o 5 e o 6 de marzo cando farán as 24 horas solidarias “Oumoving” en prol da fundación Meniños. O reto comezará o sábado, 5 de marzo no Centro Comercial Ponte Vella e logo de estar 24 horas dando voltas ao circuíto do paseo das Ninfas (Ponte Romana, Outariz) volverá ata o Centro Comercial onde rematarán a iso das 12 da mañá do día seguinte. Pero estes dous ultrafondistas non viaxarán sós, senón que moita xente xa se comprometeu a facer parte do percorrido con eles, xente que virá de diversos puntos do país como pode ser Asturias ou Madrid. Quen tampouco faltará á cita serán os corredores populares ourensás dando a súa conformidade de que acudirán representantes de clubs ourensáns como o Casa da Xuventude Ourense e o Esprintes Ourense entre outros. Madriñán a Demetrio aínda non teñen establecido o plan para encarar o reto pero animan a todo

o mundo a que participen do xeito que queiran, ademais coincide co entroido por aquel que queira participar disfrazado. Presentación A presentación do evento terá lugar o sábado, 19 de febreiro, ás 11 da mañá nunha das salas do Cinebox sita no Centro Comercial Ponte Vella. Despois da presentación será a quenda da poxa solidaria, na que material deportivo de grandes deportistas nacionais formarán parte dunha poxa aberta a todo o mundo, polo que esperan contar cun grande número de persoas que se acheguen a Cinebox de Ponte Vella para participar na devandita poxa. Haberá obxectos de deportistas que practican deportes extremos no noso país e que doaron o seu material para esta boa causa, xa que todo o recadado irá parar á Fundación Meninos. Aquel interesado que queira facer unha achega persoal pode facelo no número de conta da fundación: 2091 0000 31 3040 15 75 90 e no concepto hai que poñer “RETO OUMOVING”.

Madriñán e Demetrio estarán 24 horas correndo pola ribeira do Miño

O ultrafondista, Antonio Madriñán.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

ATLETISMO

Madriñán: “Nunca antes en Ourense nin en Galicia se vira algo igual”

4 O sábado 5 de marzo comeza en Ponte Vella o reto solidario que remata 24 horas máis tarde no mesmo centro comercial. R. Torres Madriñán xa espera ansioso que chegue o 5 de marzo para facer realidade a súa ilusión de correr durante 24 horas na súa cidade en compañía do seu compañeiro Demetrio Alvarez. Agarda que os acompañen moita xente, tanto correndo con eles como animando pola ribeira do Miño. Como foron os teus comezos no mundo do deporte? Antonio Madriñán: “A verdade é que os meus comezos foron como os de todos os cativos, a única pretensión que tiña un, era poder xogar cos amigos e estar máis tempo na rúa, desa maneira aos 8 anos máis ou menos comenzamos a xogar a hoquei, eu e todos os rapaces do pobo. Sempre xogamos sen presión, non había a competitividade de hoxe, que penso que está afastando o deporte do que realmete representa”. A que se debe o teu paso do hoquei (un deporte en equipo) ao atletismo (unha disciplina máis individual)? A.M.: “Xa facía anos que non xogaba ao hoquei e a verdade se tivera que facelo xa non o faría a gusto, moitos anos disfrutei del pero xa non me motivaba en absoluto, todo canto podía facer nese deporte xa o fixera, así que xa non había nin metas, nin retos.

A transición do hoquei ao atletismo foi o triatlón na distancia Ironman. Pódese dicir que son atleta de ultrafondo de casualidade, xa que me atopaba adestrando para o Ironman de Barcelona Maresme e xurdiu facer unha carreira de 24 horas onde quixen probarme un pouco, e saiume ben, o resultado foi gañar a proba, iso si con moito sudor e esforzo, pero gustoume pór o corpo ao límite, e desde aquela non parei de correr e pór o meu corpo ao límite”. A túa carreira deportiva é longa e ampla, que resaltarías? A.M.: “Traballo, moito traballo, e ademais, todo o que levo aprendido, vendo a xente, mirándome a mín mesmo, valorando o traballo dos demais, superándome día a día, porque a vida é do que se trata, de superarse e de traballar, pero o que máis resalto é todo o que o deporte me leva aportado, que é moitísimo, sen dúbida esa e a miña gran recompensa”. Eres todo un exemplo para os mozos, que consellos lles darías en canto á práctica dalgún deporte? A.M.: “Pois que aprendan os verdadeiros valores que representa o deporte sexa cal sexa a súa prodecencia, que dentro do deporte non existen razas nin relixións nin complexos nin sexos, que o deporte fai o mundo mais humán, e que se cren que poden facer algo, que traballen, que loi-

Demetrio e Madriñán chegando a meta nunha das probas de ultrafondo nas que levan participando. ten, e que o consiguan. O corpo non ten máis limitacións cas que nós mesmos lle pomos. E sobre todo que o disfruten, non ten que haber 5.000 Cristianos Ronaldo, un chega, o deporte é para estar saudables, para entreterse, así que o disfruten coma o fago eu sen presións”. En canto ás “24 horas solidarias - Ourense se Mueve” como xorde a idea de organizalas en Ourense”? A.M.: “Pois sinxelo, sempre estou pensando en Ourense, xa levo catro anos fóra da casa e a morriña cada día que pasa é máis grande; iso, unido a que quería mostrarlle ao meu

pobo o que é este deporte fixeron o resto. Non foi demasiado sinxelo organizar algo así a 320 quilómetros de distancia, pero fíxose sen problema, o mérito de organizar non reside en min só, se non tamén en Demetrio que sempre me está botando unha man en todo, pero aínda así estamos os dous moi lonxe en canto a distancia se refire, e é aí onde resulta primordial a colaboración da xente, con todos os medios ao seu alcance, como: Anpian, o Centro Comercial Ponte Vella que será o centro neurálxico da proba con saída e chegada no mesmo centro comercial, Fernando Varela, Isabel Pe-

rez, Protección Civil, mundourense.com, a consellería de Deportes, a mesma fundación Meniños (que é o beneficiario deste evento solidario), a todos os artistas e deportistas que dende a primeira chamada botaron unha man. Se non fose por todos non sería posible fazer algo semellante”. Tiveches algunha experiencia anterior semellante? A.M.: “Xuro que esta é a primeira vez que me meto en tal fregado, e espero que sexa do agrado de todo o mundo, iso non vai ser tan sinxelo, pero aínda que sexa un reto que temos que facer nós, sií que me gustaría que lle gustase a todos os corredores aos que animo a participar no evento facendo os quilómetros que cada un estime oportunos; non hai que facer nada, tan só chegar ao circuito e poñerse a correr”. E tes pensado algunha outra para o futuro? A.M.: “Pois claro que sí, é todo un pracer poder facer o que che gusta e poder axudar á xente que o precisa, así que a asociación de discapacitados en rede púxose en contacto connosco para ver si podíamos facer un reto de semellantes características polo casco urbán de Carrión de los Condes (Ciudad Real) e non puidemos rexeitar a oferta, necesitan que lles botemos unha man e moi gustosos o faremos. Despois en xuño parece que imos facer outro reto

de similares características polo paseo marítimo de Vilagarcía de Arousa, neste caso imos axudar a asociación de nenos autistas -por dereito-”. Como agardas que sexa acollida esta iniciativa na túa cidade natal? A.M.: “Creo que vai ser impresionante, en primeiro lugar porque a causa merece máis que de sobra a pena, a iso imos a engadir que nunca antes en Ourense nin en Galicia se viu algo igual, e por último creo que é unha oportunidade de ouro para todos os deportistas ourensáns; aí todos poderemos dicir estamos aquí, estamos xuntos, e imos facer forza para que nos vexan, e unir lazos. En canto ao resto da cidadanía, penso o mesmo, a xente de Ourense é activa, solidaria, e participativa, así que espero unha acollida inmellorable”. A data coincide por algún motivo co entroido ou é casualidade? A.M.: “Foi unha marabillosa casualidade, xa que fai moitos anos que non estou polo entroido, asi será un reto máis divertido, non descarto disfrazarme nalgún momento (risas)”. Tes algún outro proxecto vencellado á cidade de Ourense? A.M.: “Algo hai, pero aínda non se pode decir nada, só que non vai estar tan concentrado no que é a cidade, se non máis cara o rural. Xa tiña pensado facer o camiño de Santiago correndo e algunha tolemia máis que xa vos contarei”.

Ponte Vella será o centro neurálxico da proba con saída e chegada no mesmo centro comercial


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

NOVAS

Volta a volta

4 O vindeiro 31 de agosto a 11ª etapa da Volta a España 2011 percorrerá a provincia de Ourense, saíndo de Verín e con chegada a Cabeza de Manzaneda. R. Torres Despois de 14 anos, a proba ciclista máis importante do noso país regresa a Ourense. Mediante o patrocinio da Deputación Provincial e a Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a etapa número 11 da 64 edición da Volta a España trascorrerá pola nosa provincia. Son un total de 171 km, con saída en Verín e chegada en Cabeza de Manzaneda, que o próximo 31 de agosto os mellores ciclistas nacionais e internacionais percorrerán nunha proba de montaña que, ademais de ser vistosa e, con seguridade, moi seguida, pode resultar determinante de cara ao desenlace final da competición. Segundo o Director Xeral da Volta a España, Javier Guillén, no caso de Ourense “aplicouse un modelo totalmente innovador, que

leva o percorrido máis aló da propia capital da provincia, que era o habitual”. Pola súa banda, o presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, quixo sinalar que “se trata dun acontecemento relevante tanto a nivel deportivo, como social e económico. É o mellor dos escaparates para Ourense”. Promoción En canto ás consecuencias promocionais que un evento deste calibre lle proporcionará á nosa provincia, a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, ten claro que “se verán moi beneficiadas tódalas localidades polas que discurrirá a proba. Xa que se estima que ó redor de 1.500 persoas, pertencentes ao equipo loxístico da competición, visitarán Galicia nesa ocasión, cun impacto económico en torno a 250.000 euros diarios”.

A Volta a España continúa en territorio galego ao día seguinte, cunha etapa que une Ponteareas e Pontevedra, e, finalmente, abandonará a nosa comunidade o 2 de setembro coa décimo terceira cita da proba, con saída en Sarria e chegada en Ponferrada.

Facía 14 anos que a Volta ciclista a España non pasaba pola provincia de Ourense A 11ª etapa terá lugar o 31 de agosto desde Verín ata Cabeza de Manzaneda cun total de 171 quilómetros

Campionato de Scaléxtric nas asociacións de veciños 4 O Torneo está promovido pola Concellería de Xuventude. R. Torres As asociacións de veciños de Ourense celebrarán o I Torneo de Scaléxtric Ourense 2011, promovido pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense. Esta iniciativa sae da recentemente constituída Asociación Recreativa e Cultural Evoslot. O torneo desenvolverase de febreiro ata xuño en diversos locais veciñais da cidade. Este campionato terá a súa primeira xornada o sábado 26 de febreiro

na A.VV. de Santa Teresita para despois trasladarse aos locais de Karlaska -12 de marzo-, Rabo de Galo -26 de marzo-, Vistafermosa -16 de abril-, Luada - A Cuña -30 de abril- e Seixalvo -28 de maio-. A proba final, reunirá aos 10 mellores terá lugar o 25 de xuño na praza de San Martiño. O torneo contará con tres categorías: infantil (de 5 a 10 anos), prexuvenil (de 11 a 16 anos) e para os maiores de 17 anos. O horario será sempre de 15.30 a 20 horas.

As inscricións que son gratuítas xa están abertas e pódense realizar na propia asociación de veciños, na oficina municipal de voluntariado e xuventude, e no email xuventude@ourense. es.

As probas serán os sábados pola tarde de 15.30 a 20 horas. A inscrición é gratuíta

Moita emoción traerá o Torneo de Scalextric Ourense 2011.

Suspendido o Campionato de Europa de Enduro 2011 Redacción

Guillén, Baltar e Pardo na presentación no Centro Cultural da Deputación da etapa da Volta ciclista a España que pasa por Ourense. /RAMSÉS

A proba puntuable para o Campionato de Europa de Enduro prevista para celebrar en Ourense os días 23 e 24 de abril acaba de ser suspendida debido á

falta de axudas económicas por parte das administracións públicas e por parte do Moto Clube A Peroxa é imposible facerse cargo dos custes dun evento tan importante como ese que ademais conta con inconvinte

de que é de entrada libre polo que non recadan pola taquilla. Moto Clube A Peroxa espera poder, nun futuro non lonxano, volver organizar este evento que tanta repercusión ten xa que se trata dun campionato europeo dunha proba moi seguida e que traía gran repercusión á zona.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

RUGBI

Campións de Galicia

4 O Campus Ourense Rugbi proclámase campión da liga galega de rugbi. R.T. O Campus Ourense Rugbi proclámase virtualmente campión da liga galega de rugbi tras vencer ao Gallaecius por 22-3 en Monterrei,

a falta de dúas xornadas para o remate da liga. O partido no seu inicio estivo moi igualado, incluso con ocasións máis claras para os visitantes que dispuxeron de tres golpes de

castigo, convertendo un só. Así, pouco a pouco, o Campus fíxose co control do partido chegando con máis perigo á zona de marca do Gallaecius. Este dominio levounos á conse-

Partido desta liga do Campus Ourense Rugbi. /MIGUEL OTERO

O equipo cadete do Campus Rugbi Ourense. /CAMPUS RUGBI cución de dous ensaios obra de Abraham e Meta dando os primeiros puntos aos locais; Khalifa convertía un dos ensaios. Reiniciado o encontro na segunda metade, a defensa ourensá fixo truncar varias ocasións do Gallaecius de achegarse ao marcador e, no ecuador deste segundo período, David conseguiría o terceiro ensaio para os locais, despois dunha boa xogada da dianteira. O Campus Ourense tivo que esperar aos minutos finais para sentenciar o encontro cando Abraham cun pouco de fortuna conseguía o cuarto ensaio que daba ademais o punto bonus que os ourensáns precisaban para

converterse matematicamente en campións da Liga Galega 2010/2011. Derradeiro encontro Esta fin de semana Campus Ourense Rugbi viaxará a Vigo xa como campión para enfrontarse a Ednon Universidade no derradeiro partido da tempada. Derrota dos Cadetes en A Coruña O equipo cadete de Campus Ourense Rugbi xogou este domingo en casa do CRAT Coruña, non puido co líder aínda que melloraron no xogo chegando a pechar en varias ocasións aos coruñeses na súa zona de 22 tanto na primeira como

na segunda parte, pero sen a fortuna de saír con puntos. A pesar da derrota (31-0) tamén houbo melloría na defensa. O próximo sábado en Monterrei os cadetes enfróntanse ao Vigo, partido no que os ourensáns pretenden conseguir unha vitoria que lles faga acceder aos postos de cabeza.

O Campus Ourense Rugbi xoga en Vigo contra o Universidade o seu último encontro de liga xa como campión galego


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

NOVAS

IV edición da Copa Galicia de Ximnasia Acrobática en Os Remedios 4 Esta xa tradicional cita reunirá, o vindeiro sábado 19, ao redor de 300 ximnastas de España e Portugal. R.T. Integrantes do CN Pabellón nas bancadas da piscina Rosario Dueñas animando aos seus compañeiros. /RAMSÉS

Club Natación Pabellón loitará polo título 4 Logo de lograr a vitoria na última xornada. R. Torres Gran ambiente o vivido na piscina Rosario Dueñas de Ourense tanto dentro da piscina como fóra (nas bancadas) na terceira e última xornada da Copa Galega de Clubs no que participaron seis equipos de División de Honor nos que se encontraba o Pabellón. Sabedores do que se xogaba o Pabellón, as bancadas estaban cheas de seareiros que animaron aos seus durante todas as probas disputadas dándolles alento en cada brazada que daban, en cada impulso contra a auga e coa tensión do momento

importante da tempada no que estaban. A expedición ourensá contou coa inesperada colaboración dos nadadores Marcos Vila Cid, que por motivos laborais encóntrase lonxe de Ourense e José Manuel González Regueiro, quen tras dous anos de lesión volveu a competición vencendo nas dúas probas nas que interviu logo dun mes de adestramentos e deixando case sen opcións aos seus rivais. Tamén tiveron unha excelente participación os máis novos: Alvaro Rodríguez Ferro, Martin Sabuz Forneiro, Adrián Blanco

Pérez, Pablo Fernández Prol, Ezequiel Quiroga Ramos e Borja Gonzalez Rodríguez, e as nadadoras Sandra Presas Pérez, María Isabel Raña Ruiz, Laura Pimentel Pérez, Iria Alvarez Liz, Estefanía Lippo de la Torre, Paula García Otero, Laura Blanco Seara, Ana Maria Santiso Prado, Cristina Cruz Moure, Laura Nerea Balsa Pérez e Esther Alvarez Alvarez quen deron, seguindo as instruccións do seu adestrador “o 140 por cen” e deixando a vitoria en terras ourensás. Na clasficación final, seguiron ao Pabellón, o CN Coruña, CN Ferrol, CN Galaico, CN Riveira e Club Fluvial de Lugo, sendo os ourensáns xunto co Club Natación Coruña e Club Natación Galaico os que loiten polo título.

Por cuarto ano consecutivo, esta fin de semana, o pavillón municipal de Os Remedios acollerá a Copa Galicia de Ximnasia Acrobática, torneo internacional no que participarán ximnastas de España e Portugal. Logo dos adestramentos que terán lugar durante o venres 18, ao día seguinte, de 8.30 a 21.30 horas, celebraranse as probas computables dunha competición que segundo o Presidente da Federación Galega de Ximnasia, José Manuel Estévez, destaca

pola gran calidade dos deportistas que reúne, case 300 ximnastas pertencentes a dez clubes portugueses, tres andaluces, un valencián e outros tres galegos (un deles, como non podía ser doutro xeito, de Ourense). Pero esta actividade ademais de contar cunha importante repercusión deportiva, tamén proporcionará á nosa cidade unha grande afluencia de visitantes, xa que un total de 247 ximnastas, 46 adestradores e 27 xuíces, ademais do público que estará presente nas bancadas de Os Remedios, chegarán a Ourense esta fin

de semana co fin de gozar tanto deste espectacular deporte como da propia urbe. Apoio á ximnasia Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Fernando Varela, recalcou durante a presentación deste campionato o apoio que o seu departamento prestou ao mesmo dende a súa primeira edición e adiantou que así seguirá sendo no futuro. Finalmente, Varela tamén lembrou o compromiso da súa concellería coa creación dun pavillón de ximnasia en Mariñamansa, imprescindible para os deportistas que practican esta disciplina.

Turno dos alevíns O próximo sábado, 19 de febreiro, participará a categoría alevín na cuarta xornada de liga que terá lugar en Ourense e a categoría benxamín en Lugo.

Regueiro na proba dos 50 costas. /RAMSÉS

A presenza de José M. Regueiro despois de dous anos sen competir foi determinante para o éxito do Club Natación Pabellón

Unha actuación da pasada edición deste campionato de ximnasia./ARQUIVO.


PUBLICIDADE

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

BALONCESTO

A cinco puntos de superar ao segundo da liga

4 O Codigalco Carmelitas perdeu pola mínima ante o Bembibre nun partido pouco afortunado para as ourensás. R.T. Seguramente se fai un par de meses lle pedimos á entrada do Vedruna tanto aos seareiros das colexialas como as propias xogadoras un resultado para o encontro Carmelitas-Bembibre a maioría deles se decantarían por unha vitoria sinxela e cómoda para as leonesas. Pero o sábado pasado non aconteceu iso, xa que as melloras do Codigalco que se foron facendo evidentes pouco a pouco nos últimos encontros, unha vez máis observáronse ante o Bembibre, a quen tiveron

oportunidade de igualar, ou achegarse a un punto, a tan só dous minutos para o remate do encontro se a sorte se tivera aliado coas de Juan Rodríguez e un par de triple ou dous tiros libres tiveran cruzado o aro. Sen embargo, o mal comezo das Carmelitas pasoulles finalmente factura e decantou a balanza a favor dun Coelbi Bembibre PDM volcado en defensa, pero moi acertado nos escasos ataques. Pésima primeira metade Como explicou o adestrador colexial ao remate do

partido, os primeiros minutos do mesmo mostraron a un Carmelitas “pequeno, a pesar de que na actualidade xa non o somos tanto”. As ourensás non se atopaban na cancha do Vedruna e anotar convertiuse nunha ardua tarefa ante a implacable defensa do Bembibre, o que as levou inevitablemente a unha desvantaxe de 11 puntos (18-29) no momento do descanso. Pero mellor segunda Co cambio de dirección do equipo a partir do comezo do terceiro cuarto, pasando Laura Fernández a levar

Noelia Oliva está sacando o mellor de sí nos últimos encontros. /RAMSÉS

as rendas e Marsh a escolta, o ataque das colexialas voltouse moito máis perigoso e acertado e colocounas con opcións de vitoria. De feito, a cinco minutos para o remate xa se situaron a tan só seis puntos das de Antonio Barros, convertindo a recta final do encontro en segundos de infarto nos que dous triples de Atíes e Marsh ou dous tiros libres de Laura Fernández resultaron determinantes para as ourensás. O encontro puido rematar sendo de calquera, pero, lamentablemente, os nervios e a mala sorte das colexialas converteron ao Bembibre no vencedor (52-57), quen si foi capaz de superar a presión dos derradeiros instantes e con tres tiros libres de Andrea Boquete meteu o triunfo no peto. Próximos encontros Nos dous vindeiros partidos as de Juan Rodríguez teñen unha gran oportunidade de acadar esa vitoria pola que tanto levan pelexado últimamente, xa que este sábado visitan ao décimo primeiro clasificado, o Aros León, quen conta exactamente co mesmo número de partidos gañados que as ourensás, e , a continuación, o sábado 26 o Codi-

Miriam Bolíver diante dunha rival. /RAMSÉS galco volta ao Vedruna para recibir ao Cáceres, décimo na taboa e con só unha vitoria máis. Agardamos que esta vez a sorte sexa o sétimo xogador do conxunto colexial. A evolución do penúltimo clasificado O Codigalco Carmelitas está a vivir, con esta, a súa segunda tempada en Liga Feminina 2 e, con este, o seu segundo curso ocupando os últimos postos da clasificación. A falla de experiencia na categoría fronte a grandes conxuntos xa clásicos na mesma abocaron ás ourensás a tan perigosa posición, que, este ano, grazas á decisión da Federación Española de Baloncesto de suspender os descensos en LF2, non lles supón risco algún e, pola contra, lles está a permitir tomar impulso.

As ansias de superación que teñen as colexialas, quizais unidas á ausencia de presión ante esta recente nova, está conseguindo que un equipo caracterizado por contar os seus partidos por derrotas abultadas, estea a plantarlle cara ata ós líderes. Boas fichaxes, boas renovacións e bo xogo son agora as máximas dun Codigalco que de seguir así terá moitas posibilidades de manterse na categoría na próxima tempada.

A falta de presión por non descender e os cambios no equipo fixeron que Codigalco Carmelitas sexa un equipo máis competitivo


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

BALONCESTO

As baixas do Pabellón concedéronlle o derbi ao Arxil 4 As ourensás tiveron opcións á vitoria a pesar de que as ausencias por lesións están deixando baixo mínimos ao equipo. R.T. Con tan só sete xogadoras Lisardo Rodríguez acudiu á cancha do Arxil o pasado sábado. Pouco a pouco parece que as lesións se extenden polas integrantes do Pabellón Ourense, que neste intre se atopa nunha máis que delicada situación. Pero pese ao resultado, foi indubidable o esforzo e o bo traballo, tendo en conta as limitacións, que realizaron as pabellonistas na cancha pontevedresa. Como sinalou o seu técnico ao remate deste encontro todas as súas xogadoras mereceron un 10.

Bristol botando o balón. /RAMSÉS

Arxil 69 – Pabellón 61 Unha mala primeira metade sentenciou ao Pabellón

Ourense á derrota contra outro dos afíns aos postos máis baixos da clasificación e, polo tanto, rival directo, o Arxil pontevedrés. Bristol, con 24 puntos anotados e moi acertada no lanzamento exterior, e Fedorova, con 20, foron, sen dúbida, as estrelas do equipo ourensán; o cal tentou recortar distancias na segunda parte e acadouno a só dous minutos para o remate, a pesar de chegar a ir dez puntos por debaixo. Lamentablemente, unha vez máis, nesta ocasión xustificado polo feito de que o equipo carecía de rotacións, as de Lisardo Rodríguez non deron aproveitado esa última oportunidade e permitiron que o Arxil se voltase a alonxar no casilleiro de maneira definitiva.

As baixas As filas do Pabellón Ourense parecen estar sendo vítimas das maldicións. Pirgit Püü, que sufriu un esguince de xeonllo, perderase o sábado o sétimo partido consecutivo; Lucía Méndez non puido xogar nas tres últimas citas por un problema no pé dereito; Stephanie Jones, cun esguince de nocello, foi tamén baixa o último encontro; Olga Federova é dúbida para o próximo sábado por un problema gástrico e Laura Gil, con lumbalxia, non está podendo adestrar, aínda que se agarda que non se perda o enfrontamento contra o Ensino. Pero, sen dúbida, a que padeceu ata o momento a peor das lesións foi a pívot Mari Vega, quen se ausentou unha volta completa, xa que o último partido que xogou foi o que enfrontou ás ourensás en Os Remedios ao Arxil pontevedrés e Vega suou de novo a camiseta do Pabellón o pasado sábado contra ese mesmo

rival. Ademais, tendo que facelo por todo o alto, xogando 20 dos 40 minutos de partido ante os escasos posibles cambios. E por se tantos problemas físicos fosen pouco, Alicia González pediu a baixa para fichar polo Space Tanit de Ibiza, tamén en LF2. Nembergantes, o que non as mate faraas máis fortes. Próximos encontros Con todas estas ausencias, o vindeiro sábado o Pabellón Ourense volta a Os Remedios para recibir ao Durán Maquinaria Ensino, oitavo na clasificación e con cinco vitorias máis que as ourensás. Na seguinte xornada, o 26 de febreiro, as de Lisardo Rodríguez visitan ao Ferrol (sétimo) e o 5 de marzo convértense de novo en locais no partido de volta do derbi ourensán da Liga Feminina 2, que congregará na casa pabellonista á súa afición xunto aos incondicionais das Carmelitas. O espectáculo e, por fin, o desempate, está asegurado.


10

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

BALONCESTO

Rafa Sanz non é a virxe do Pilar, pero comeza a parecerse

4 O COB acadou este mércores a súa segunda vitoria consecutiva e primeira fóra da casa no que vai de tempada. R. Torres Se só coa conclusión final do encontro os máis incrédulos non confiarían na resurrección do COB, non terán ningunha dúbida cando saiban que conseguiu a vitoria arrasando cun apabullante 54-92 ao Lleida. 38 puntos de vantaxe como visitante dos que poucos conxuntos poden presumir e cos que os de Rafa Sanz conseguiron, definitivamente, recuperar o optimismo. A pesar de que os dous primeiros minutos foron do conxunto leridán, que se colocou tan só catro puntos por diante (7-3), coma se dun soño se tratase, o Clube Ourense Baloncesto despertou do seu letargo e cunha inmellorable primeira metade, baseada nunha defensa perfecta, un ataque excepcional e o dominio do rebote, o Augas de Sousas tivo unha actuación de sobresaínte, que deixou noqueado ao rival xa antes do descanso (29-52) e sentenciado o partido. O sentimento de equipo do que careceron os ourensáns nos últimos tempos foi exactamente o que renaceu na cancha catalá, xa que os acertos de todos eles traducíronse en puntos no casilleiro e permitiulles gozar dunha segunda metade moi cómoda, pero sen baixar o listón. Xogaron todos, anotaron todos e esforzáronse todos, o que fixo que apenas se notase a ausencia

de Lucho Fernández, quen por motivos persoais, que o clube mantivo ocultos ata o comezo do partido, non puido desprazarse a Lleida. O COB foi simplemente superior e o seu rival non acertou nin nos tiros libres, un pésimo espectáculo que a súa afección castigou abandonando o Barris Nord sen deixar que o remate do partido nin sequera se achegase. O propio Rafa Sanz felicitou aos seus xogadores logo de tan bo resultado, pero, sendo fiel á racionalidade que o caracteriza, sinalou que estaban “contentos, pero quédanos moito por facer, xa que aínda seguimos na cola. Por iso a chave está en repetir este bo rendemento a próxima xor-

nada ante o Burgos”. Segunda vitoria consecutiva, primeira fóra da casa nesta tempada, é, sen dúbida, o empurrón que o COB e os seus seareiros precisaban para seguir confiando na salvación. O camiño que lles queda aínda é duro, pero con partidos coma este seguro que as dificultades parecen menos. Burgos, o próximo O domingo, 20 de febreiro, ás 19 horas, o COB recibe a visita do Burgos, se ven fai unhas semanas este partido estaba abocado á derrota antes de xogarse, agora, e cunha dinámica totalmente distinta ao resto da tempada vese a un COB capaz de vencer a calqueira equipo da Adecco Ouro,

aínda que sexa o Burgos e aínda que sexa o terceiro; pois toca Burgos que ademais é terceiro pero agora confíase noutra vitoria que achegue ao conxunto ourensá á salvación. Confían xogadores, confían corpo técnico, confían directivos e sobre todo, confían os afeccionados, que merecían ledicias como as dos dous últimos encontros.

O domingo, 20 de febreiro, ás 19 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz: Club Ourense Baloncesto - Burgos

Último encontro do COB no Paco Paz contra La Palma. /RAMSÉS

Paco García cando era adestrador do COB. /ARQUIVO

Paco García demanda ao COB

4 O técnico vallisoletán reclama o 45% do contrato que estaba pactado para a vindeira tempada. Redacción Esta mesma semana o ex adestrador do Augas de Sousas, Paco García, interpuxo unha demanda contra o clube ourensán debido a que este se negou a abonarlle o 45% do contrato previsto para a vindeira tempada, importe que o pucelano reclamaba para rematar a relación entre ambos de xeito amistoso. Finalmente, a pesar de que fai unhas semanas todo apuntaba a que Roberto Fernández en representación do COB e Miguel Juane como avogado de García darían acadado un acordo beneficioso para ambas partes, as peores previsións cumplíronse e a negociación non chegou a bo porto. A partir de agora dará comezo o proceso xudicial que porá data ao li-

tixio e que pode alongarse ata dous meses. De todos os xeitos, tomando como referencia os casos similares que con anterioridade se deron entre xogadores ou técnicos co clube, o máis probable é que o Augas de Sousas remate indeminizando a García segundo determine o xuíz e, en caso de que presenten algún recurso, con seguridade, tamén deberá facer fronte ás costas xudiciais e intereses. O que era unha historia de amor hai un meses remata en traxedia como sempre ocorre cando hai cartos de por medio. O que eran, segundo Jorge Bermello, presidente cobista, uns flecos na negociación do finiquito do anterior adestrador converteuse no 45% do soldo que quere cobrar da tempada que ven, sen, por suposto traballala.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

FÚTBOL

Atáscanse lonxe de O Couto 4 12 puntos separan ao CD Ourense do líder. R. Torres Unha xornada máis lonxe de O Couto e nova derrota dun CD Ourense que mostra a súa peor versión cando xoga de visitante. Nesta ocasión visitaban A Malata para xogar contra o Ferrol, rival directo para os postos de promoción á Segunda División B. O encontro non puido marchar de peor forma e o Ourense regresou de terras ferrolás con cero puntos máis no seu casilleiro e un resultado en contra de 3-1 (co que perde o factor gol co Ferrol) e que ben puido ser máis abultada a derrota; na primeira media hora de loita os ‘rojillos’ xa perdían por 2-0, Quintairos recortaría distancias antes do descanso pero tan só foi un espellismo de sacar algo positivo, nos primeiro intres da segunda metado o Rácing poría terra de por medio co terceiro gol local, gol definitivo para os interese ourensáns, que a partir dese momento perderían toda opción de sacar algo positivo nesta xornada e apenas inquedaron o marco local. Con esta derrota, CD Ourense xa está a 12 puntos do líder, Cerceda e a tres do segundo clasificado, Rácing de Ferrol. Os de Fonsi Valverde non se poden durmir e teñen que loitar para acabar entre os catro primeiros para loitar polo ascenso, o Vilalbés, quinto clasificado está a catro puntos e cun partido menos.

Fonsi Valverde./ARQUIVO.

Para a directiva, o equipo está nun momento crítico onde o xogo non é o desexado e consideran que xa non se pode pensar en cotas máis altas que a de procupar acabar entre os cuatro primeiros, olvidándose case que ao 100% de alcanzar o primeiro posto. Falta dun xogador carismático O adestrador, Fonsi Valverde vén reclamando desde fai moitas xornadas a un xogador que o club non lle trae. Valverde quere a un xogador carismático e capaz de liderar ao conxunto, perfil de xogador que agora non ten na plantilla. Por outra banda, Seoane acaba de ser intervido quirurxicamente nestes días da súa lesión de xeonllo que arrastra desde fai oito meses. Vindeiras xornadas Este domingo, 20 de febreiro, CD Ourense ten unha nova oportunidade de acadar tres puntos e seguir asentándose en posto de promoción. Nesta ocasión recibe ao Bergantiños, pechacancelas da liga, ás 17 horas. Na seguinte xornada visita o campo do Alondras.

Fonsi Valverde reclama un xogador carismático e capaz de liderar ao conxunto

Lance do último partido en casa do CD Ourense fronte ao Estradense./ARQUIVO.

11


12

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

O DERBI


O DERBI

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

13


14

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

DERBI

Alto voltaxe nos Remedios

4 Todo listo para que Cidade de As Burgas e Ponte Ourense rememoren o partido da primeira volta, ao que chegan as dúas escuadras nun momento doce tanto físico como de resultados. Rejo e Torres Unha cidade, dous equipos, dúas camisetas, dous estilos de xogo arredor dun só esférico no que están en xogo tres puntos, nesta ocasión algo máis que tres puntos xa que se enfrentan equipos da mesma cidade, un derbi que garantiza espectáculo. Encontro de alto voltaxe, de altos voos, sempre respectando ao contrincante por suposto, como non podía ser doutro xeito para defender con corazón e casta as súas cores. Por unha banda, Ponte

Ourense con xogadoras internacionais contrastadas e loitando polo título xornada tras xornada dende o primeiro minuto da liga e de seguro que ata o derradeiro nun man a man, polo de agora, co Móstoles que non llo porá nada fácil. Sumádelle a isto o ser favoritas ao título da Copa. Doutro lado as novatas do Cidade de As Burgas, agás as irmán Pacios, pero descaradas e con desenvoltura na cancha, dando a cara en cada minuto de cada encontro. Se ben o seu obxectivo a principio de tempada era a permanencia,

agora loitarán por un posto na Copa de España, despois de ter a permanencia case asegurada. As protagonistas No encontro do sábado 26 de febreiro na cancha central dos Remedios o gol será o protagonista, polo Ponte Ourense levarán a firma de Ampi e no Cidade de As Burgas a firma de Vanessa: a sobriedade estará a cargo de Bea no Ponte e de Sonia no Cidade; baixo paos para tentar deixar a súa porta a cero Eva no Ponte e Nati no Cidade; a garra nas pontinas correrá a cargo de Sara, e

de Iria no Cidade; as dúas Laura -unha de cada bando-, Peque e Souza, aportarán a templanza e o desparpaxo aportaranno Anita e Arias. Todo esto son suposicións porque nun derbi pode acontecer de todo, pero o que é seguro que o espectáculo estará asegurado na cancha e na grada, a que lle recordamos os incidentes do último derbi e pedimos prudencia e moderación, que disfruten das accións do seu equipo, aplaudan os boas accións e apoien nos malos momentos. Sorte, e que gañe o mellor!

Partido da primeira volta entre Ponte Ourense e Cidade de As Burgas. /RAMSÉS

Cidade de As Burgas e Ponte Ourense con gañas de dar un grande espectáculos aos afeccionados que acudan ao derbi do sábado 26 de febreiro. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

DERBI

15

Protagonistas do derbi

4 Adestradores e xogadoras dannos a súa visión particular do derbi ourensán.

Sonia Pacios Será un partido moi disputado e de moita tensión. Chegamos coa experiencia do partido da primeira volta. Respetarémonos moito no campo. A vitoria será nosa por 3-1 con goles de Vane, Iria e Peke pola nosa banda e de Ana pola delas.

Manolo Codeso (Adestrador) Será emocionante e para o público moi atractivo, unha festa. Creo que daremos a badalada. Véxonos con opcións.

Manolo Arias (2º adestrador) Oportunidade de ver un derbi ilusionante; nós estamos en boa racha e espero que as nenas gozen. Non dou un resultado pero espero que gañemos.

María Arias Partido complicado e moi reñido no que intentarase gañar. Vanessa, Iria e Sonia serán as nosas goleadoras e Sara marcará no 3-1.

Nati Pacios Partido igualado pero que non sexa como na primeira volta no que expulsaron a dúas compañeiras, Sonia e Laura. Que podamos gozar todas e que sexa un bo espectáculo para os afeccionados, e esperamos poder gañar. Gañaremos 3-2.

Vanessa Sotelo Podemos sacalo adiante. Intentaremos gañar e creo que o faremos por 2-1 con goles de Peke e Sonia e por elas o fará Sara.

Lucía Alvarez (Peke) Será competitivo e emocionante e que gañe o que o mereza. Un derbi e distinto. Marcaremos 4 nós (Sonia, Laura e Vanessa 2) e elas 3 sendo Sarita e dous de Ampi as goleadoras.

Iria Saeta Esperamos que sexa unha festa e que por fin se lle de valor ao deporte feminino. Nós o daremos todo na cancha. Penso que venceremos 2-1 con goles de Vanessa e Laura e por elas, Ampi.

Ana López Espero que gañemos, a bancada apoiaranos. Confío en continuar a racha. Penso que venceremos 3-1 con goles de Sonia, Vane e Iria e por elas marcará Sara Moreno.

Nerea García Vai estar moi reñido e cun gran ambiente que non se vive todos os días nos Remedios. Venceremos 2-1 con goles de Sonio e Vane e Bea por elas.

Sara Moreno Haberá moita intensidade no choque como na primeira volta. Non vai ser doado gañar e menos nun derbi; que gañe o mellor que espero sexamos nós.

Cristina Rodríguez Gañaremos por que somo superiores e estamos nun bo momento e iso que elas está facendo unha boa campaña. A vitoria será nosa por 0-4 con goles de Bea, Sarita e Ampi en dúas ocasións.

Raquel Souza Vai ser un partido difícil, aínda que estamos mellor na clasificación elas xogan moi ben contra as de arriba. Venceremos 2-4.

Marta Figueiredo Nun derbi pode pasar de todo. Espero que veña moita xente e confío en gañar 1-5, os nosos goles serán de Sara, Ampi, Ana e dous de Bea.

Jessica Diéguez

Será moi igualado e con moita tensión. Venceremos 1-3 pero non sei quen marcará.

Bea Seijas Espero que sexa como na primeira volta un derbi moi intenso. Elas nunca dan un partido por perdido. Non sei que resultado vaise dar.

Laura Fernández Para nós debe ser un partido máis, son tres puntos en xogo. Será moi intenso cos dous equipos con gañas de facelo ben. Espero que o resultado nos sexa favorable.

Ana Rivera Partido interesante e esperamos gañar para continuar coa racha. Gañaremos 0-4 con goles de Sara, Laura e dous de Ampi.

Eva Rodríguez Estará moi disputado, adestramos na mesma cancha as dúas e coñecémonos moi ben. Elas virán con gañas de revancha trala derrota na primeira volta, son moi correosas e non será nada fácil. Con que gañemos dame igual o resultado.

Amparo Jiménez Ante todo espero en gañar e conseguir os 3 puntos, pero un derbi sempre é difícil. Esperamos dar espectáculo ao público para que se animen a vir a máis partidos. Gañaremos 1-4.

Manuel Castillo (Adestrador) Vai ser un encontro moi competitivo e, aínda que a diferenza e notoria na liga nestes encontros equipáranse as forzas. Confío na vitoria pero non sei por canto, en fútbol sala poden pasar moitas cousas nun minuto.

Fran Formoso (2º adestrador) Vai ser un partido moi complicado, elas xogan moi ben. Fannos falta os puntos para seguir arriba e a elas para entrar na Copa. Non dou resultado algún pero estará moi igualado.

Loli Conde Preséntase moi emocionante e con gañas polos dous equipos. Temos que seguir sumando. Será unha vitoria axustada.

Sarita Martínez Complicado por ser un derbi; o resultado será moi axustado. Elas son xóvenes e correosas. Espero que o espectáculo estea na cancha e non na bancada como na 1ª volta. Que gañe o mellor.


16

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

FÚTBOL SALA

Volven á senda do triunfo

Manuel Castillo no último encontro disputado en casa. /RAMSÉS

4 Ponte Ourense presiona a Móstoles, que tampouco cede na loita polo título. R. Torres Estatísticas Gironella: Noe, Claudia Pons, Anna Bosch, Anna Riera, Berta e Marga (quinteto inicial). Tamén xogaron Miriam e María Xandri. Ponte Ourense: Eva, Laura, Bea, Souza, Marta e Sarita (quinteto inicial). Tamén xogou Anita. Goles 0-1, min. 10 Marta 0-2, min. 18 Marta Ponte Ourense, despois do traspés sufrido en casa ante o Burela co que non puido pasar do empate a un tanto, retornou á senda das vitorias grazas ao seu triunfo ante o Gironella en terras catalás por cero goles a dous, onde Marta fixo de

Ampi, quen non puido participar no encontro pola súa lesión de nocello, e anotou os dous goles do encontro. O partido contra Gironella comezou cun claro dominio ourensán, froito do cal chegaría o primeiro gol de Marta no minuto 10 de encontro tras forte remate fóra do área. As locais tentaron contrarrestar o gol visitante pero sen apenas inquedar a portería defendida por Eva. Cando xa se ía chegar ao descanso, novamente Marta anotaba o segundo gol do encontro e o segundo da súa conta particular aproveitando un erro na defensa catalana. No segundo tempo, o Gironella o seguiría intentando pero sen apenas fortuna; cada vez que caían os minutos o cadro visitante

encontrábase máis cómodo na cancha e as de Castillo sabíanse gañadoras da contenda. Ao final non se movería o marcador e o 0-2 foi o resultado nun encontro en que Marta fixo de Ampi como goleadora antes a au-

sencia desta. Con este resultado, as de Castillo continúan na segunda posición a tres puntos do Móstoles quen derrotou ao Orvina por un contundente 0-7. Ourensás e madrileñas te-

ñen todas as papeletas para xogarse entre elas o campionato ligueiro despois de que pinchara Valladolid nas últimas xornadas e o Navalcarnero non pasara do empate a tres goles contra o Elche. O Navalcarnero ocupa a terceira posición a 15 puntos do Ponte, segundo, e a 18 do Móstoles, primeiro. Vindeiras citas O sábado, 19 de febreiro, Ponte Ourense recibe ao Lacturale Orvina (equipo que está a loitar pola permanencia), a partir das 17 horas, na cancha do Paco Paz, á espera do derbi ourensán contra o Cidade de As Burgas que está previsto para o sábado 26 de febreiro e onde o Ponte Ourense, a pesar de xogar onde o sempre o fai como local, nesta ocasión será o equipo visitante xa que o Cidade tamén xoga nos Remedios como local. A priori, o equipo de Castillo pode conseguir os seis punto e manter a loita polo título contra as madrileñas do Móstoles.

Laura Fernández disponse a chutar antes a presenza de dúas adversarias. /RAMSÉS

4 División de Honra FSF - 17ª xornada Posto Equipo Puntos 1º Móstoles - 52 2º Ponte Ourense - 49 3º At. de Madrid - 34 4º Burela - 32 5º Valladolid - 32 6º Elche - 28 7º Rioja -28 8º C. de As Burgas - 27 9º Zaragoza - 26 10º Gironella -23 11º Córdoba - 22 12º Soto del Real - 18 13º C. de Alcorcón - 14 14º Orvina - 14 15º UCAM Murcia - 12 16º CD Campillos -0

O Ponte Ourense leva perdido un partido e empatado outro en todo o campionato O partido do 19 de febreiro contra o Orvina xógase no Paco Paz


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

FÚTBOL SALA

17

Oito xornadas sen perder

4 Desde a xornada 10 que caeu ante o Gironella o equipo de Codeso non coñece a derrota. Agora tócalle xogar nas dúas próximas xornadas contra os equipos que ocupan as dúas primeiras posicións na División de Honra, Móstoles -en Madrid- e Ponte Ourense -nos Remedios-. R. Torres Oito xornadas son as que leva o equipo do Cidade de As Burgas sen coñecer a derrota, cando o fixera ante o Gironella nos Remedios por dous goles a sete. Desde entón cinco vitorias de tres empates o que as leva a ocupar a oitava plaza (posto de Copa de España) con 27 puntos, a 13 dos postos de descenso, polo que o obxectivo da permanencia cada vez está máis preto.

4 Xornada 19 - 19 de febreiro

Estatísticas Cidade de As Burgas: Nati, Laura, Figo, Peque e Sonia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Vanesa, Iria, María Arias e Figo. UCAM: Vane, Alicia, Haydée, María Otero e Vanesa (quinteto inicial). Tamén xogaron, Marta, Vicky, Consuelo e Bea. Pabellón de los Remedios. MáIs de 300 espectadores. Colexiados, Corral Martínez e Fernández Becerra del Colegio Gallego. Goles: 1-0, min. 23 Peque 1-1, min. 25 Marta 2-1, min. 39 Iria

VP Soto del Real - Valladolid Zaragoza - Burela Rioja Diamante - Gironella Ponte Ourense - Lacturale Orvina Móstoles- Cidade As Burgas UCAM Murcia - Ciudad de Alcorcón Cajasur Córdoba - Femesala Elche Descansa - At. de Madrid

O partido estivo en todo momento moi igualado chegándose ao descanso con empate a cero goles e apenas ocasións de batir o marco rival de ambas as dúas escadras. O segundo tempo estivo moito máis interesante e aos

Vanessa tenta controlar un balón ante a presenza dunha xogadora da UCAM Murcia. /RAMSÉS

tres minutos da reanudación, Peque de tiro cruzado facía o un a cero para os locais en xogada de estratexia tras saque de banda. A partir dese momento o debuxo táctico desdibuxouse e Codeso non daba transmitido á cancha o que quería ver das súas pupilas; neste intercambio de ocasións chegaría o empate das murciás obra de Marta tras fallo da defensa local, tan só dous minutos despois de que as ourensás adiantáranse no marcador. Cando todo xa ía encamiñado ao empate, no último minuto, Iria lograría

o tanto da vitoria e a ledicia na cancha, no banco e nas bancadas. Próximos encontros A seguinte cita do Cidade será o sábado, 19 de febreiro en terras madrileñas para enfrontarse ao líder, Móstoles. Un gran encontro contra un dos equipos que está loitando polo campionato que non o terán nada fácil ante a boa racha das ourensás. Despois deste encontro chega o derbi máis esperado, Cidade de As Burgas recibe a Ponte Ourense na central do Pavillón dos

Remedios, o sábado 26 de febreiro, seguramente no mesmo horario que os demais partidos disputados en casa, ás 17 horas.

4 Carmen, unha seareira máis

O Cidade de As Burgas casi ten asegurada a permanencia e pode soñar con meterse entre as oito primeiras para xogar a Copa de España

Carmen, xogadora de Cidade de As Burgas, é unha das máis relevantes xogadoras do equipo ourensán do ascenso a División de Honra do pasado este ano, por culpa dunha lesión non puido participar co seu equipo como xogadora, pero cada sábado pódeselle ver animando nas bancadas dos Remedios como unha seareira máis.


18

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

ARTES MARCIAIS

Colleita de medallas A por medallas no de Jiu Jitsu no “XogaJudo 2011” galego 4 Tamén tentarán clasificar aos máximos de4 15 medallas foi o botín da expedición ourensá. R.T O Pabellón Municipal de Bouzas acolleu a pasada fin de semana o “XogaJudo 2011” no que 250 judokas de toda Galicia participaron nesta competición de carácter autonómico nas categorías alevín e infantil. A representación ourensá estivo formada por 15 deportistas que lograron un gran éxito ao traer para Ourense 15 medallas (7 de ouro, 6 de prata e 2 de bronce. “XogaJudo” ten os obxectivos de iniciar aos nenos na competición, educalos a través da mesma e fomentar os valores do deporte como pode ser o Judo.

portistas para o nacional. R.T. A Coruña acolle o campionato galego de Jiu Jitsu no que unha representación ourensá de nove deportistas tentarán traer os máximnos metais posibles para Ourense ademais de clasificarse para o campionato de España da disciplina. A xornada preséntase como un duelo entre o Judo Club Coruña e o Marbel ourensán. Pola

banda ourensá, Felipe Iglesias e Miguel Baldemar son os máximos favoritos para revalidar o título, Tono Fernández e Christian Alvarez regresan con gañas de recuperar o seu dominio nas súas respectivas categorías, mentras o obxectivo do resto de integrantes do equipo Marbel consiste en mellorar o realizado na anterior edición. Iván Barreiros e Yago Fernández encaran o seu bautismo na competición.

Na edición de 2010, celebrada en Ourense, a armada ourensá lograra catro medallas de ouro e cinco de prata, ademais de clasificar a catro jiujisukas para o Campionato de España.

Felipe Iglesias e Miguel Baldemar tentarán revalidar o título acadado o ano pasado

Celebración de XogaJudo no que participaron 250 judokas galegos.

Os medallistas ourensáns foron: Medallistas de Ouro

Martiño García (-29 kilos, alevín) 2 victorias-1 derrota Rubén Córdoba (-39, alevín) 3 victorias Gabriel Roma (-62, alevín) 3 victorias Marco Muguerza (-34, alevín) 2 victorias Iago Fernández (-37, alevín) 2 victorias-1 derrota Iria Ollero (-43, alevín) 3 victorias Oscar Madiedo (-42, infantil) 2 victorias

Medallistas de Prata:

Andrea González Lobo (-36, alevín) Mauro Prada (-67, infantil) Diego Ferro (-32, alevín) Alvaro Blanco (-48, alevín) Alicia Pérez (-49, alevín) Pablo Dopazo (-39)

Medallistas de Bronce:

Karla Marra (-46 kilos. Infantil) Javier Pérez (-48, alevín)

Abel Vélez nun combate da pasada edición celebrada en Ourense.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

OUTROS DEPORTES

Tenis de mesa

Dobre vitoria ante o Cangas 4 Os dous equipos do Galmédica Ourense vencen ao Cangas nas súas respectivas competicións. Redacción Os dous equipos do Galmédica Ourense enfrontábanse esta fin de semana ao Cangas acadando a vitoria nos dous encontros. O equipo de 2ª División Nacional desprazábase

ata a devandita localidade pontevedresa para xogar contra o Cinania T.M. nesta xornada. Os ourensáns non deron opción aos cangueses e venceron de forma abultada cun resultado final de 6 a 0, o que coloca ao equipo ourensán a unha vitoria

Billar

Movilla, primeiro no ránking nacional 4 O ourensán ocupa a primeira posición logo de tres probas no nacional de snooker. R.T. Despois de celebradas as tres primeiras probas do ránking nacional de snooker a clasificacion está comandada polo ourensán Francisco Movilla que non perdeu ningún enfrontamento nas tres probas logrando así conquistar o número un da clasificación nacional que se lle resistía dende o inicio da tempada. En segunda posición atopase o xogador de Navarra, Francisco Javier Cambra que ocupaba ata a data o primeiro posto pero na última proba cedeu dous frames, o que o conduce á segunda praza. Outros xogadores ourensáns destacados son Pablo García, Adrián Piñeiro,

Francisco Movilla.

Fernando Fernández e José Manuel Rivero que se atopan entre os 20 primeiros do ránking nacional en espera de conseguir unha das prazas que dan dereito a xogar a grande final do Campionato de España que se celebrará en Maio en Madrid, praza que case ten asegurada Movilla a falta de tres probas para finalizar o ránking. Todos estes resultados dan boa fe da grande progresión que están a ter os xogadores ourensáns nesta modalidade tan dificil do billar que é o snooker.

Movilla atópase invicto esta tempada no nacional de Snooker

de asegurar a permanencia na categoría a falta de tres xornadas. A vindeira xornada (a 12) os ourensáns reciben ao Cambados nunha boa ocasión para refrendar a permanencia. O encontro será o sábado 19, ás 17 horas.

Novo 7-0 do segundo equipo O Galmédica “B” segue coa súa racha de vitorias sen ceder un só punto nesta tempada da 3ª División Autonómica. O Cinania – Merengues do Morrazo visitaba aos ourensáns e en ningún momento do encontro houbo sensación de que podería sacar algo positivo da súa visita a Ourense. O Galmédica “B” segue de líder indiscutible con 84 puntos a favor por 0 en contra. Nesta fin de semana desprázase ata Tomiño para enfrontarse ao Monteferreiros T.M.

Boa xornada do Galmédica T.M.

19


20

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

CAMPUS OURENSE

O campus de Ourense decidiu aos representantes galegos

4 Do campus de Ourense saíron os representantes galegos para o campionato nacional universitario de deportes colectivos. R.T.

Sendeiristas dunha das rutas organizadas polo Campus de Ourense. /CAMPUS

As rutas culturais chegan esta fin de semana ao Alto de San Mamede en busca de neve 4 O percorrido, de 27 quilómetros, rematará no Mosteiro de Montederramo. Redacción O sábado día 19, o Servizo de Deportes do campus de Ourense organiza unha ruta cultural na que os participantes intentarán ascender ata o Pico de San Mamede e poder gozar así da neve que estes días cubre algunhas zonas altas de Galicia. O percorrido, de 27 quilómetros, seguirá a ruta Arnuide-O Caudillo-Alto de San Mamede-BidueiraMosteiro de Montederramo. Segundo explica José García-Calvo, Willy, coordinador dos roteiros do campus, “o máis destacado deste percorrido é a ascensión ao Alto de San Mamede, no que chegaremos a camiñar sobre os 1100 metros de altura, cando normalmente estamos en 400 ou 500 metros. Co tempo que estamos tendo e con esas altitudes agardamos poder gozar da neve”. Cinco chanzos de difi-

cultade Durante a excursión os participantes poderán descubrir esta contorna histórica e natural da zona, para o que contarán coa axuda e explicacións de dous licenciados en Historia e Turismo que lles irán amosando a riqueza dos lugares que visitan. Dada a dificultade deste percorrido, cualificado con 5 chanzos, e as súas características climáticas adversas, neste caso o coordinador da ruta salienta a importancia de que os participantes vaian axeitadamente abrigados e protexidos, ademais de levar o equipo habitual para un percorrido, como é comida, bebida e unha mochila con chuvasqueiro, navalla, cantimplora e muda de reposto. Inscricións As persoas interesadas en participar poden inscribirse no Servizo de Deportes organizador. Poden participar membros da comunidade

universitaria dos tres campus da Universidade de Vigo pero, co obxectivo de dar entrada a persoas alleas á Universidade, cada membro da comunidade universitaria poderá vir acompañado dun non universitario. O prezo varía en función de se trata de membros da universidade ou non e do número de percorridos que se queiran facer, custando un itinerario 8 euros a unha persoa da comunidade universitaria e 13 euros se é de fóra. O itinerario por esta zona será o segundo dos sete roteiros que se realizarán durante 2011 dentro do programa de roteiros culturais 2010/2011 e que levarán aos participantes a coñecer a riqueza cultural de rutas históricas coma a da Vía Nova e a Vía da Prata, monumentos destacados, coma os Mosteiros de Santo Estevo, ou zonas de riqueza natural como as Rías Baixas.

O campus de Ourense foi o escenario onde decidiuse que universidade representaría a Galicia en cada disciplina deportiva no campionato nacional universitario de deportes colectivos. A Universidade da Coruña, con 6 vitorias, encabezou o palmarés, seguido pola Universidade de Vigo, nos dous días que duraron as finais deste evento celebrado en terras ourensás no que participaron 300 deportistas universitarios. No que se refire a resultados, a Universidade de A Coruña foi a que máis finais conquistou, seis en concreto: en voleibol masculino e feminino e en fútbol 11, fútbol 7, rugbi 7 e balonmán masculino. Pola súa banda, a Universidade de Vigo conseguiu a vitoria en fútbol sala e baloncesto masculino e balonmán feminino. A Universidade de Santiago de Compostela quedou nun terceiro posto xeral ao gañar en fútbol sala e baloncesto femininos. Os equipos gañadores, representarán a Galicia nos

A Universidade de A Coruña foi a gañadora en voleibol feminino. /RAMSÉS campionatos españois. Para Rodrigo Pivida, técnico do Servizo de Deportes do campus de Ourense “o campionato desenvolveuse nun excelente ambiente de sa competitividade e deportividade, onde destacou o bo xogo dos deportistas”.

Instalacións novas Con este campionato deuse o pistoletazo de saída a utilización das novas instalacións deportivas do campus de Ourense, que se inaugurarán de maneira oficial o vindeiro xoves, 24 de febreiro.

A Coruña levouse tamén o título en fútbol masculino. /RAMSÉS


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

NOVAS

Loita aberta

4 O edil de Deportes do Concello de Ourense acusa a Ponte Ourense de “graves problemas económicos”. Redacción Loita aberta entre o Consello Municipal de Depor-

tes e o club Ponte Ourese C.F. SAD polas instalacións deportivas de Oira. O club, co seu presidente á cabeza,

Plácido Díaz presidente do Ponte Ourense.

Plácido Díaz, queixase de que as instalacións están obsoletas e que o Concello non fai nada por arranxalas e ademais impiden que a Deputación provincial fágase cargo das obras de mellora. Pola súa banda, o edil nacionalista sacou unha lista de todas as obras acometidas polo seu goberno durante o seu mandato como máximo responsable da concellería de Deportes do Concello de Ourense durante os tres anos que leva ao frente. Tamén recordou que é a administración pública que máis axudas lles da ao Ponte Ourense con máis de 88.000 euros por os menos de 50.000 da Deputación Provincial. O martes, 22, o concelleiro de Deportes reúnese co presidente da Deputación para abordar o tema e tentar chegar a unha solución. Ponte Ourense ten convocada unha manifestación para o luns 21, na praza Maior de Ourense de 20 a 21 horas.

Fernando Varela, concelleiro de Deportes, e o xerente do Pavillón Municipal, Mosquera, en rolda de prensa. defendendo a súa xestión económica /RAMSÉS

21


22

BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

ENTREVISTA

Defendendo as nosas cores

4 Voltamos ao baloncesto nesta sección de “mundourensáns”, concretamente aos vestiarios do Codigalco Carmelitas, equipo de Liga Feminina 2 para entrevistar a salmantina Noelia Oliva. R. Torres Ten 22 anos, mide 1,76 m, o seu dorsal é o 8, e actualmente é escolta do Codigalco Carmelitas. A salmantina Noelia Oliva é un claro exemplo de todos eses xogadores que defenden con paixón as cores de conxuntos ourensáns procedendo doutras rexións, xa que a finais de outubro non dubidou en abandonar a súa cidade natal e acudir á chamada dun clube que, sen dúbida, precisaba unha xogadora de referencia que redirixise o seu xogo. Coma sempre, os comezos foron duros, pero neste intre non cabe dúbida de que Noelia é vital para o Codigalco e así o demostra a súa renovación ata finais de tempada a pesar de que o equipo xa non corre risco de descenso. Por que decidiches aceptar a oferta do Carmelitas? Noelia Oliva: “Porque era unha oferta moi boa e ademais eu estaba desexando xogar nun equipo de abaixo no que me permitisen xogar moitos minutos e confiasen en min”. Notaches algún cambio no equipo nestes meses que levas nel? N.O.: “Sen dúbida, ás poucas semanas da miña

chegada mudamos de adestrador e en nadal tamén cambiaron dúas xogadoras, polo que vivimos cambios constantes. Sinceramente, creo que agora, despois de case dous meses traballando todos xuntos, é cando de verdade estamos actuando como un equipo. Os cambios xa se están a notar e grazas a eles neste momento estamos xogando a un mellor nivel”. Como se presenta o final de tempada no Codigalco tendo en conta que non existe xa risco de descenso? N.O.: “Houbo un cambio radical, xa que moitos equipos relaxáronse. Pero o noso obxectivo sempre será, independentemente de se hai ou non descenso, rematar a tempada o máis alto posible e seguir xogando como o estamos a facer agora”. O teu contrato remataba o pasado decembro, como tivo lugar a túa renovación? N.O.: “Foi todo moi rápido, pero bastante difícil porque non se sabía con seguridade se se descendía. Sen embargo, o clube deume outra oportunidade e, a pesar de que non estaba xogando moi ben antes de Nadal, renovoume un mes máis. Logo, as miñas gañas de quedarme no Carmelitas

Noelia Oliva, xogadora do Codigalco Carmelitas. /RAMSÉS e o seu apoio deron lugar a que, sen haber descenso, decidisen manterme ata finais de curso e incluso é posible pensar en seguir acá de cara á vindeira tempada. Polo que a min respecta así o desexo e quero darlles as grazas a todos pola confianza que depositaron e están a depositar en min”. Que opinas do baloncesto ourensán? N.O.: “Creo que, en xeral, en Galicia hai moito baloncesto e moi bo. Hai unha gran cantidade de equipos galegos tanto en Liga 2 como en Liga 1 e grandes xogadoras. Creo que en Ourense e en Galicia hai un baloncesto de moita calidade”.

E do seu público? N.O.: “No caso do Carmelitas é impresionante, o pavillón énchese todos os días que xogamos na casa. En parte tamén penso que se debe ao gran apoio do clube á súa canteira, xa que

parte dos asistentes son familiares e amigos das nenas que adestran acá e iso demostra que conseguen transmitirlles a súa paixón polo baloncesto”. Cal é a túa meta profesional?

N.O.: “Que dentro dun tempo me retire convencida de que non o podía hter feito mellor. Rematar a miña carreira deportiva dicíndome ‘estou contenta conmigo mesma e fixen o que quería’”. En canto á túa estancia en Ourense, como foi a túa adaptación? N.O.: “Moi boa, principalmente porque partía da base de que xa coñecía a Estela, que tamén é de Salamanca. A verdade é que todas me integraron moi ben, conectamos rápido e, ademais, eu viña con moita predisposición. Foi a combinación de ambas cousas: eu tiña gañas de vir e elas fixéronmo todo moi sinxelo”. E que te sorprendeu da cidade? N.O.: “Que é moi fermosa e se parece moito á miña”.

Máis persoal 4 Noelia Oliva Martín naceu o 22 de xullo de 1988 en Salamanca e sendo apenas unha nena comezou no mundo do baloncesto. 4 Deu os seus primeiros pasos neste deporte na categoría infantil do clube salmantino San Juan Bosco “Salesianas”. Competiu como cadete, júnior e en 1ª División Nacional nas filas do Halcón Viajes tamén da súa cidade natal. Chegou a Liga Feminina 1 co Arranz Jopisa Burgos e xa a Liga Feminina 2 en 2008 co Cáceres. Nesta categoría militou a continuación no UniCaja Canarias e no Obenasa Navarra, antes de aterrizar no Codigalco Carmelitas. 4 Sen dubidalo nin un instante, Noelia confesa que a comida que máis lle gusta é a que lle fai a súa nai, a súa bebida favorita é a coca-cola, gústalle a cor azul e agora mesmo ten moitas gañas de escaparse a Estados Unidos.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011

ACTUALIDADE

23

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: deportes@ourenseporbarrios.com. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá. Nº29 - Ano: III - 18 de febreiro 2011 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RINCÓN DO MESTRE

Os efectos positivos e beneficiosos da relaxación mental (I) A relaxación A relaxación é o camiño ideal para lograr o equilibrio entre o corpo e a mente, educar e fortalecer a mente, con todo, o ser humano, coa súa intelixencia e superioridade, esqueceu terapias tan simples como relaxarse, para eliminar situacións de malestar físico e mental. A través da relaxación tratamos de buscar e percibir voluntaria e libremente os niveis máis altos que un ser humano pode alcanzar, de calma, paz, alegría e felicidade. Dedicar uns minutos á relaxación diaria é de vital importancia para manter a saúde física, mental e emocional. A imaxinación é unha facultade fundamental e determinante no proceso de relaxación. Mediante a relaxación o ser humano vai aprender a descansar, a eliminar a tensión de maneira natural, etc. Os seus beneficios Calquera persoa, sexa cal for a idade, pode practicar a relaxación obtendo múltiples beneficios: - Diminución da ansiedade. - Máis saúde. - Máis resistencia ás enfermidades. - Diminución da tensión arterial. - Mellor oxixenación. - Aumento do nivel de enerxía e vitalidade. - Mellor recuperación despois dos esforzos. - Predominio dos pensamentos positivos. - Resistencia fronte a hábitos erróneos: fumar, alcol, comida. - Diminución da tensión. - Maior capacidade de aprendizaxe. - Mellora a capacidade de lembrar datos, etc. - Aumento da capacidade de concentración e da me-

moria. - Sincronización harmónica da mente e o corpo. - Aumento da confianza en si mesmo. - Aumento da temperatura corporal. - Aumento do nivel de conciencia. - Mellora na calidade de soño. - Mellora da circulación sanguínea. - Aumento da oxigenación cerebral. - Mellora da autoestima. - Mellora o aparello cardiovascular, o sistema nervioso e o sistema pulmonar. - Mellora o autocontrol. - Elimina trastornos psicolóxicos (neuroses, insomnio, medos, angustia, depresión, tensión). - Estabiliza a vida afectiva e emocional. - Prevén infartos. - Sentirse cómodo e relaxado. - Aumenta o seu nivel de rendemento. Técnicas de visualización A visualización é unha técnica para relaxarnos física e mentalmente. As técnicas de visualización proponnos aprender a usar a imaxinación de forma positiva e creativa. Consiste en enfocarse ou proxectarse nunha escena ou imaxes positivas que resulten pracenteiras, agradables e resúltennos relaxantes. Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e entrenador nacional de fútbol

A relaxación é de vital importancia para manter a saúde física, mental e emocional

Unha sentenza obriga á Deputación a abonar o custo das instalacións de Oira Redacción A Deputación Provincial terá que pagar ao Concello o importe das obras das instalacións deportivas de Oira. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso interposto pola institución

provincial á sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº1 da cidade que en marzo de 2010 lle deu a razón ao Consello Municipal de Deportes. O fallo determinou que a institución provincial está obrigada a abonar ao Concello de Ourense o importe

total das obras de construcción das instalacións deportivas de Oira (que ascende a 240.404 euros), así como os xuros de demora e os custos procesais. Esta sentenza, contra a que non se permite recurso ordinario algún, pon fin a un longo proceso que se iniciou en setembro do 2000, cando Deputación e Concello acordaron, de maneira unánime, delegar no Consello Municipal de Deportes a execución das obras de Oira, previstas dentro do Plan de Instalacións Deportivas da Deputación Provincial, comprometéndose esta

a afrontar o seu custo. Primeiro en 2004 e logo en 2008, ante os impagos ao respecto da Deputación, os correspondentes grupos de goberno tentaron solventar o problema mediante o diálogo, pero a ausencia de resposta obrigou finalmente en xaneiro de 2009 ao Consello Municipal de Deportes a interpor unha demanda xudicial contra a Deputación ourensá. O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, agarda “recibir o antes posible eses pagos para poder reinvestilos nas infraestruturas deportivas da cidade”.


BARRIOS DEPORTIVO 18 de febreiro de 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.