Entrevista ao alcalde de Allariz, Francisco García [páx. 14] XINZO
Páx.10
XINZO
Páx.11
A exposición pública o A Escola Rural de proxecto de ampliación Saúde da Limia suma do parque empresarial membros e alumnos
COMARCA Páx.12
DEPORTES Páx.22
Vilar de Santos contará O campo da Moreira cunha oficina municiestrea o nome de José pal de rehabilitación Antonio F. “Carrera”
CULTURA
Páx.27
Entrevista a Ignacio Vilar, director de “Vilamor”
Presentado no Punto Limpo de Xinzo un sistema que optimiza a recollida de lixo Autoridades xunto ao sistema informático que controla por GPS os camións da recollida de lixo da Deputación.
Número: 66 - Ano:VII - Maio 2012 - Depósito Legal: OU 185-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx. 12]
BARRIOS Maio de 2012
VERÍN E COMARCA
Jiménez Morán defende os gastos do Plan de Competitividade “Puertas de Galicia”
4 Os socialistas denunciaran que se malgastaran “en propaganda e publicidade” 351.000 euros da primeira anualidade. Paula Lodeiro O alcalde de Verín compareceu acompañado do novo xerente do Plan de Competitividade “Puertas de Galicia” para saír ao paso das críticas do PSOE sobre a xestión dos seus fondos. O deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera criticara o gasto de 351.000 euros “en publicidade e propaganda” na primeira anualidade deste plan de promoción turística das comarcas de Verín e Viana. Francisco Rivera cuestionou gastos de 20.000 euros Jiménez Morán xunto a Fernádez Dosil./P.LODEIRO. nunha páxina web “que non un dos dous únicos plans deu a compra por xunto de está desenvolvida”, 18.000 aprobados para Galicia pola material de merchandising euros por unha imaxe corpo- Secretaría Xeral de Turismo para feiras e stands “porque rativa, 12.500 para un curso de España, entidade que co- sae máis barato”. Tamén de formación “de 35 minutos financia (xunto á Xunta e os xustificou o “press trip”, que ao que asistiron 15 persoas”, concellos das comarcas de é “para que especialistas dos 15.322 euros nunha viaxe de Monterrei e Conso Friei- medios de comunicación faperiodistas especializados, ras) os 2,5 millóns de euros len do noso lugar e o promo16.520 nunha reportaxe fo- de orzamento global deste cionen turisticamente”. tográfica, 21.000 euros para proxecto. Precisa o rexidor No caso do curso de fora dinamización do Entroido, de Verín que neste plan “o mación, o xerente de “Puer21.200 euros para un estudo que se permite é un 67% tas de Galicia”, Nacho Ferpreliminar para un centro (dos fondos) para medidas e nández Dosil , precisou que BTT, 17.000 para unha sis- produtos intanxibles (como foron dous cursos on line tema de xeolocalización e promoción e difusión) e un a petición dos hostaleiros 18.000 euros para unha guía 33% para obras”, de aí que a de Conso-Frieiras nos que GPS de Verín “que ningúen maior parte dos gastos fosen houbo “39 inscritos e concoñece”. para imaxe corporativa. seguiron finalizar 25 as dúas As súas críticas foron reAsí mesmo, Jiménez Mo- formacións”. futadas polo rexedor verinés, rán comparou as partidas “Ese escándalo non é tal”, o popular Juan Manuel Ji- de “Puertas de Galicia” con recalcou o popular, que deménez Morán, que conside- outros de plans de dinami- fendeu “a absoluta transpara que o deputado socialista zación (como o da Ribeira rencia“ na xestión de fon“ten pouca idea do que é un Sacara e o do Costa da Mor- dos. Nese sentido, Jiménez Plan de Competitividade”. te) turística similares para insistiu en que este plan “ten Relatou Morán que o Plan deixar claro que os gastos unhas regras, que nos marde Competitividade Turísti- son axustados. cou o goberno do Estado ca “Puertas de Galicia” foi O alcalde de Verín defen- e ás que nos temos que ce-
Carmen Pardo na comisión de seguimento do Plan de Competitividade “Puertas de Galicia”./RAMSÉS
Reunión do comité de seguimento do Plan 4 Presentáronse as primeiras accións executadas. Redacción
ñir, non o podemos gastar noutras cousas”. Con respecto ao descoñecemento por parte de alcaldes e empresarios das dúas comarcas de en que se gastaron os fondos, Morán negouno apelando a que tiveron lugar ata catro xuntanzas cos mesmos (a última o 30 de abril); algo que corroborou Fernánde Dosil. Explicacións Os socialistas anunciaron que pedirán a comparecencia no Parlamento galego da secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, para que dea explicacións sobre estes gastos, ao igual que na Deputación e nos concellos, e reclamarán ao presidente da Xunta que faga unha valoración pública deste plan.
O pasado 30 de abril Verín acolleu a reunión previa ao Comité de Seguimento Plan de Competitividade Turística ‘Puertas de Galicia’, na que foron presentadas as accións executadas na primeira anualidade do Plan. No encontro participaron a secretaría seral para o Turismo da Xunta, Carmen Pardo, os doce alcaldes dos concellos ourensáns pertencentes ás comarcas de Monterrei-Verín e Viana do Bolo-Conso Frieiras, así como os empresarios da zona. Para lograr unha boa execución do Plan de Competitividade constituíuse unha Comisión de Seguimento sen personalidade xurídica, que se encarga de funcións como a eliminación ou aprobación de novas actuacións, programación, resolución de problemas de interpretación do convenio ou autorizar e supervisar o labor da xerencia, dedicada a impulsar, difundir, coordinar e efectuar propostas sobre as actuacións do
Plan e solicitar a documentación para a xustificación das actuacións. Precisamente, a finais de abril tivo lugar a reunión previa ao encontro da Comisión de Seguimento e nela resaltáronse actuacións levadas a cabo no marco do Plan como a presentación do que será o centro BBT “Puertas de Galicia”, que estará composto por unha rede de 14 rutas que suman un total de 201 quilómetros, cos que ademais de dinamizar o territorio, se intentará poñer en valor recursos naturais e paisaxísticos da zona. Proxecto do Bosque Máxico Tamén se aproveitou o encontro para presentar a empresa que gañou o concurso para o deseño do Bosque Máxico. Con respecto a este proxecto, o alcalde de Verín precisou que de momento a empresa está “buscando o bosque máis bonito” neste territorio e fará un estudo para determinar “se é viable” o proxecto, que contará con zonas de esparcemento e ocio e de interpretación da natureza.
VERÍN E COMARCA
A Secretaría Xeral para o Turismo iniciará a posta en valor do Castelo de Monterrei
4 As actuacións iniciaranse de xeito inmediato e incluirán traballos como limpeza e desbroce de exteriores, reparación de cubertas e iluminarias, instalación de barreiras, sinalización, seguridade ou plantación de árbores. Redacción A secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, realizarou unha visita ao Castelo de Monterrei onde explicou a Fase Cero do Plan de Usos Turísticos da Fortaleza de Monterrei que a Secretaría Xeral para o Turismo levará a cabo para a posta en valor turística do recinto. A Secretaría Xeral para o Turismo encargou un Plan de Usos Turísticos cuxa Fase Cero se porá en marcha de xeito inmediato. O Plan ten por obxectivos protexer o Ben Histórico-Cultural; acadar un modelo sustentable do mesmo que potencie os valores sociais e culturais e proxecte resultados económicos da actuación; xerar efecto multiplicador e servir de áncora para o desenvolvemento de novos proxectos, así como atopar una solución singular que outorgue unha perspectiva innovadora á posta en valor turística do que é a acrópole máis importante de Galicia. Actuacións previstas A fase que agora se inicia ten un prazo de execución de dous meses aproximadamente e pretende asegurar a
satisfacción dos visitantes e garantir a seguridade da visita. Entre as actuacións que se acometerán figura a limpeza e desbroce dos exteriores, no Patio de Armas, nas zonas contiguas e no perímetro da igrexa e do Palacio dos Condes; reparación da cuberta e da iluminaria; sinalización do acceso ao conxunto monumental dende a calzada; instalación dun sistema de seguridade para o vandalismo ou plantación de árbores. Ademais instalaranse barreiras para a adecuación dos accesos, mellorarase o acceso á Torre da Homenaxe coa colocación de barreiras no acceso pola cornisa da torre e redeseñarase a escaleira de acceso á torre, diminuíndo a pendente, incrementando a protección e ensanchando os chanzos. Unha vez rematadas as obras, e como parte da mellora, contratarase unha empresa que realizará servizos de vixilancia, mantemento, información e recepción dos visitantes ao Castelo que a partir dese momento estará aberto durante os sete días da semana. A empresa comezará a desenvolver estas tarefas no conxunto defensivo a partir do día 1
Carmen Pardo acompañada, entre outros, polo alcalde de Monterrei e o delegado da Xunta no Castelo de Monterrei. /RAMSÉS. de xullo. Xornadas de Recreación Histórica A secretaria xeral para o Turismo anunciou tamén que de cara ao verán trabá-
llase na organización dunhas Xornadas de Recreación Histórica no Castelo de Monterrei, que estarán organizadas pola Asociación Histórico-Cultural Poland First to Figh e a Asociación
de Recreadores. Tratarase dunha fin de semana na que se reunirán nas inmediacións do conxunto defensivo grupos de recreacionistas de toda España para mostrar a evolución histórica da sociedade. A recreación tratará de describir diferentes períodos históricos: época romana, medieval, napoleónica, a Primeira Guerra Mundial, a Guerra Civil Española e a Segunda Guerra Mundial. Os obxectivos deste evento pasan pola promoción fóra do ámbito autonómico coa presenza de cen recreadores de España e do Norte de Portugal; xerar impacto económico na infraestrutura hoteleira e de restauración da zona; potenciar a contorna do castelo e realzar a utilidade do mesmo para a celebración de eventos culturais.
Rematadas as obras, o Castelo abrirá sete días á semana con vixilancia e servizo de información a visitantes
BARRIOS Maio de 2012
Monterrei gasta 20.000 euros nunha comida veciñal Redacción
O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar publicamente o gasto que supuxo para o concello de Monterrei a realización da súa tradicional comida dos maiores. Segundo sinalan os nacionalistas, o rexidor municipal, Jose Luis Suárez Conde, “decidiu seguir organizando esta comida cun custo considerable para o tempo de crise que vivimos; sendo un gasto de 20.000 euros que concello non se pode permitir” xa que “é un dos que conta cunha taxa de paro máis alta”, recordan. Non obstante, defenden a iniciativa desta comida, xa que potencia as interrelacións entre os veciños e fomenta actividades lúdicas, especialmente, entre a poboación maior. Por iso, propón como alternativa que esta comida se autofinancie, “ben mediante actividades para recadar fondos ou ben que cada asistente pague a cota correspondente ao seu menú”. Mellores usos Os nacionalistas calculan que eses 20.000 euros “equivalen ao soldo dunha persoa, contratada para fins sociais, durante todo un ano”, ou que se poderían investir en “mellorar as rúas ou crear parques infantís nas aldeas”.
BARRIOS Maio de 2012
VERÍN E COMARCA
A Ruta do Viño Monterrei celebra unha Xornada de Portas Abertas
EN BREVE
4 As reclamacións de participación preferentes chegan á OMIC A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Verín xa dispón dos correspondentes formularios para efectuar as reclamacións polas participacións preferentes e obrigas subordinadas. O perfil do reclamante é xente de avanzada idade, que acudiu ao banco a sacar diñeiro para axudar algún familiar en paro ou para efectuar algunha reparación na súa vivenda, e descubriu que non podía realizar esa operación bancaria. A OMIC atende na Casa da Xuventude, de 9 a 14 horas, ou no teléfono 988 414 776.
4 Verín e Chaves estrean a tarxeta do eurocidadán A Eurocidade ChavesVerín puxo en marcha a tarxeta de eurocidadán destinada a residentes en ambos os municipios de forma gratuíta. A tarxeta está destinada a proporcionar os mesmos beneficios aos residentes dos dous municipios, nas mesmas condicións de acceso e uso dos que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo desta forma o intercambio entre as poboacións e o aumento da oferta e da diversidade de servizos. Pódese conseguir nas dependencias municipais de Chaves e de Verín e na sede da Eurocidade en Feces de Abaixo. Ademais, pode ser solicitada en info@eurocidadechavesverin.eu ou na web www. eurocidadechavesverin.eu.
4 O sábado 26 de maio. Redacción
A responsable da FRUGA na comarca de Monterrei, Puri Caldelas, xunto aos candidatos neste Consello Regulador, Alfonso Fernández e Manuel Guerra, e o candidato no Ribeiro, Xosé Manuel González Vilas./P.LODEIRO.
A FRUGA presenta candidaturas aos Consellos Reguladores 4 Na D.O. Monterrei terá candidatos no sector de viticultores e no de adegas pequenas. P. Lodeiro O 3 de xuño os Consellos Reguladores votan para elixir as súas novas directivas, e a FRUGA (Federación Rural Galega) vén de presentar as súas candidaturas na provincia. Na Denominación de Orixe Monterrei , a FRUGA presenta a candidatura encabezada por Alfonso Fernández no sector produtor, no que votan 320 viticultores e se elixen tres representantes; e a Manuel Guerra no sector de adegas pequenas, que escolle un representante. Ademais, as adegas grandes elixen dous vocais e as cooperativas outro máis para completar as sete persoas que componen o
pleno. Na Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia a FRUGA presenta candidatura na subzona da Limia, que encabeza o independente José Antonio Fernández. Neste caso o pleno está composto por 12 persoas, seis delas da Limia (tres dos industriais e tres do sector produtor). A FRUGA presenta tamén candidatos en Valdeorras e no Ribeiro, non así na Ribeira Sacra onde non se celebrarán eleccións ao terse formado unha candidatura unitaria da que tamén participa. Desde a FRUGA defenderán nesta campaña electoral, o papel dos Consellos Reguladores “para valorizar os produtos de calidade, as políticas de
promoción, conseguir que non se recorten máis recursos e fortalecer o papel dos órganos de control e certificación”, afirmou o seu voceiro, Xosé Manuel González Vilas. Con respecto ao caso concreto de Monterrei, son críticos coa xestión do actual presidente da Denominación de Orixe, de quen lamentan non teña favorecido “o mínimo entendemento entre os sectores que conforman a D.O.”, dixo González Vilas, quen agarda haxa cambios nesta denominación vitivinícola tralas eleccións.
A FRUGA preséntase na IXP Pataca de Galicia
O sábado día 26 a Ruta do Viño Monterrei, en colaboración con Turgalicia e a Oficina de información turística do Concello de Verín, organizará unha Xornada de Portas Abertas na que participan 11 adegas, que ofrecerán unha visita guiada acompañada dunha degustación de viño totalmente gratuíta. Ás adegas participantes na iniciativa son Abeledos, Boo-Rivero, Chicheno, Crego e Monaguillo, Gargalo, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tapias-Mariñán, Vía Arxéntea, Vinos Lara, e Quinta do Buble. Tamén participarán nesta xornada 4 restaurantes (Gallego, Lugano, Brasil e Mesón O Candil), que ofrecerán un menú especial de dous pratos e sobremesa regados con viños da denominación de orixe Monterrei cun prezo final de 25 euros, existin-
do tamén uns menús infantís para menores de 12 anos que acompañen aos adultos por un prezo de 10 euros. A Ruta do Viño Monterrei encóntrase situada no sueste da provincia de Ourense, lindando coa fronteira de Portugal. Os seus viñedos aparecen estruturados en dúas subzonas perfectamente delimitadas pola súa orografía: o val de Monterrei e a aba de Monterrei. Nesta bisbarra encontraremos adegas que coroan espectaculares miradoiros na montaña e outras aos pés do val. Terra limítrofe con Portugal, na que a historia fronteiriza nos deixa como legado a impresionante fortaleza de Monterrei. A Oficina de información turística do Concello de Verín ofrece visitas guiadas para grupos a partir de 20 persoas, logo de reservar na devandita oficina ata o día 21 de maio. [Máis información no 988 411 614]
Instalacións dunha das adegas que se poderá visitar na ruta./ARQUIVO.
VERÍN E COMARCA
A Confederación Hidrográfica do Douro informa a favor do novo Plan Xeral de Verín 4 O documento xa conta con todos os informes vinculantes. Redacción Verín vén de coñecer o informe favorable da Confederación Hidrográfica do Douro ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Polo tanto, todas as administracións sectoriais que debían emitir informes favorables, que son vinculantes para a aprobación do PXOM, xa o realizaron “Agora establécese un cronograma, acordado na última na reunión co conselleiro de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente, no que se especifica que se debe compoñer o documento definitivo, que será entregado na semana do 4 de maio na Secretaría Xeral de
Medio Ambiente para realizar a emisión da avaliación ambiental estratéxica”, indicou o alcalde de Verín. A avaliación ambiental debe realizarse nun prazo de tres meses, pero Jiménez Mirán ten solicitado á xunta que “pola situación especial do PXOM de Verín” a efectuasen no prazo dun mes, “e teño a promesa de que así se fará”. A continuación, se presentará a un pleno municipal para a súa aprobación provisional, a última que realiza a corporación municipal, e se manterán reunións coa Comisión de Seguimento formada por todos os grupos políticos “para ver as alegacións
presentadas e, por parte de Consultora Galega, amosar como queda o documento definitivo despois das esixencias das distintas administracións”. Desbloqueo de proxectos “Estamos de noraboa, xa que a aprobación deste planeamento contribuirá a resolver cousas pequenas para que repunte a construción e sobre todo a vivenda unifamiliar, así como para desbloquear proxectos importantes para o Concello de Verín como son a Escola Infantil, Hotel-Balneario-Escola ou o balneario de Caldeliñas”, recoñeceu Jiménez Morán, “do que adianto que a semana próxima (referíase á pri-
meira de maio) se asinará un documento de opción de compra entre a empresa que realizará esta construción e os veciños cuxos terreos son necesarios, e que xa se está a redactar o proxecto do que vai a ser este balneario”. Ademais o alcalde indicou que “tras a aprobación definitiva do PXOM, iniciarase a reforma do Plan Especial do Casco Antigo, PEPRI, aprobado no ano 2003 e ao que hai que modificarlle os límites en relación ao PXOM; e así quedará resolto o ámbito do planeamento por moitos anos”. Ampliación de Pazos Por outra banda anunciou que a ampliación do polígono de Pazos está na última fase de adxudicación, “presentáronse unhas 60 empresas, que xa fixeron unha oferta económica, e das que se está analizar a oferta técnica, e calculamos que para o 20 de maio estea adxudicada e se inicien as obras”.
BARRIOS Maio de 2012
Verín aproba as ordenanzas de ruídos e da biblioteca Redacción O Concello de Verín levou a aprobación no pleno de maio as ordenanzas de ruídos e da biblioteca municipal. No primeiro caso, PP e BNG votaron a favor da nova norma que regula a taxa pola prestación do servizo público de medición de ruidos e vibracións en vivendas, locais e establecementos, e o PSdeG abstívose. No segundo caso, só o grupo de goberno votou a favor da ordenanza que regula o uso da Biblioteca Pública Municipal. Moción rexeitada Na orde do día estaba incluída unha moción do BNG sobre o mantemento do servizo de axuda no fogar. O PP quixo incluir unha emenda para instar
á Xunta a que siga financiando este servizo para as persoas dependentes e á Deputación a que preste apoio técnico, económico e xurídico aos municipios e financie o servizo de axuda no fogar básico. Ao non ser aceptada a emenda, na votación o PP fixo valer a súa maioría e rexeitou a moción (que recibira os votos a favor do PSdeG e BNG). Jiménez Morán xustificou o voto negativo asegurando que “é totalmente falso que a Xunta deixe sen subvención para axuda no fogar aos concellos, senón que se establece claramente que é a Deputación quen debe colaborar no seu financiamento”.
O PP rexeitou unha moción sobre a axuda no fogar do BNG
BARRIOS Maio de 2012
VERÍN E COMARCA
Os pacientes de Verín agardan, de media, 36,1 por unha intervención cirúrxica
EN BREVE
4 Mellora de estradas e rúas en Castrelo do Val Nos vindeiros meses levaranse a cabo diversas accións de mellora de rúas en Castrelo do Val e Nocedo do Val, a través dun proxecto de pavimentación e asfaltado previsto no plan PEIM 2012, da Consellería do Medio Rural, cun orzamento total de 41.459 euros. Na capitalidade municipal, as rúas que se beneficiarán desta mellora son o camiño lateral do río, entre a ponte (estrada xeral) e a casa reitoral, onde se proxectarán 180 metros cadrados de pavimento e 60 metros de baranda de madeira tratada. Tamén a rúa que vai desde o cruceiro de Trascarreira ata a Ponte do Medio, e dende a Ponte do Medio ata a Ribeira e Salgadiños, onde se proxectarán 4.800 metros cadrados de asfaltado, sobre unha lonxitude de 1.202 metros. Pola súa banda, en Nocedo do Val serán obxecto de novo asfaltado 514 metros entre as rúas da Besada e San Antón. O Concello estima que para o verán estean rematadas estas actuacións.
4 Abre un centro para mulleres en Monterrei Mes e medio leva aberto no municipio de Monterrei o Centro de dinamización integral para as mulleres. Nel préstanse servizos gratuítos de asesoramento xurídico, información no ámbito social e laboral, orientación e formación para o emprego e atención social ás mulleres de ambos lados da fronteira. O centro creouse no marco do Proxecto europeo CEDIM (Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal), cuxa principal finalidade é promover redes de cooperación transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal. O servizo préstase na Casa da Cultura de Monterrei, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00.
4E 17,1 días por unha consulta. Redacción
Asistentes á Xunta Local de Seguridade de Verín.
xunta local de seguridade
Descenden os delitos nun 4,2% 4 O índice de criminalidade na comarca de Verín sitúase por baixo da media da provincia. Redacción A última da reunión da Xunta Local de Seguridade de Verín deu conta do informe sobre seguridade cidadá neste municipio en 2011, que recolle que o número de ilícitos penais foi de 416 no ano 2011. Esta cifra supón unha redución de 4,2% con respecto ao 2010. Ademais, a porcentaxe de esclarecemento de delitos sitúase ao redor do 50%, ascendendo ao 80% nos delitos relacionados con persoas. “Esta é unha comarca segura, que ten o índice de criminalidade máis baixo que a media da provincia de Ourense, e por suposto a metade do índice de todo o territorio nacional, e queremos que continúe así”, subliñou o
subdelegado de Goberno, Roberto Castro, quen co presidiu a xuntanza xunto ao alcalde da vila.
“mesmo camiño de eficacia, pois así o reflicten os datos aportados na Xunta Local de Seguridade”.
Casos de violencia de xénero Durante a Xunta Local de Seguridade tamén se valorou a situación en materia de violencia de xénero, coa existencia de 26 casos, 23 deles con medidas de protección, e subliñouse a importancia da Mesa para a mellora da atención ás vítimas de violencia de xénero en Verín, constituída no ano 2008. Tamén Roberto Castro sinalou “a boa coordinación existente entre os diferentes membros das Forzas e Corpos de Seguridade Cidadana na comarca de Verín”, aos que alentou a continuar no
Clubs de alterne no casco histórico Ademais, nesta xunta tamén se avaliou a situación formulada polo rexedor municipal referente a existencia de clubs de alterne no casco antigo da localidade, e da que o subdelegado de Goberno indicou que “vamos a redobrar esforzos por parte da Guarda Civil, Policía Nacional e tamén Policía Local co fin de controlar todas aquelas circunstancias que rodean os supostos aspectos delictivos referidos a eses locais, e que denuncia o rexedor municipal”.
Denuncian “presuntas irregularidades” na concesión de axudas Redacción A deputada do BNG, Tereixa Paz vén de rexistrar diversas iniciativas sobre as denuncias realizadas contra a tramitación das axudas concedidas para a primeira forestación en terras non agrarias do concello de Verín. Ante a detección de “pre-
suntas irregularidades” na tramitación das axudas, Paz insta á Consellería de Medio Rural a “revisar os expedientes das solicitudes”. A parlamentaria explica que existe un grupo de cidadáns que teñen constatado que alguén no seu nome solicitou sen autorización axudas para actuar en parcelas forestais que non son
da súa propiedade. Acontece, engade Paz, que as terras para as que foi solicitada a subvención “son de uso agrario” e polo tanto, non se poden acoller as mesmas por circunscribirse “á limpeza e posterior forestación con piñeiros de oregón”. A parlamentaria reclama unha aclaración sobre as “supostas irregularidades” na solicitude de axudas de forestación de terras non agrarias “da que é coñecedora a delegación territorial de Ourense por mor das denuncias das persoas afectadas”.
Segundo os datos rexistrados polo Servizo Galego de Saúde, a 31 de marzo, os pacientes do hospital de Verín agardan unha media de 36,1 días por unha intervención cirúrxica, cifra inferior á media dos hospitais da provincia (43,7). Estes resultados, explican os responsables da sanidade pública ourensá nun comunicado, foron posibles mediante o incremento de operacións en xornada ordinaria, grazas ao esforzo dos profesionais e a unha mellor xestión de quirófanos. En total, na provincia realizáronse de 3.770 intervencións neste primeiro trimestre de ano, das que 408 corresponderon a Verín. O tempo de agarda para unha operación no hospital de Verín oscila entre os tres días de Uroloxía e os 50,6 de Traumatoloxía, sendo esta especialidade na que maior aumento de días de espera houbo con respecto ao ano anterior (un 20% máis). Datos sobre consultas Os centros hospitalarios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense atenderon neste trimestre 42.020 consultas. Este importante volume de primeiras consultas -as revisións non se inclúen neste concepto, xa que a periodicidade se pauta a criterio facultativo- permitiu reducir, en ao redor de 1.000, ás persoas que agardan consulta e manter os bos resultados de anos anteriores, cunha media
A espera para unha operación oscila entre os tres días de Uroloxía e os 50,6 de Traumatoloxía
global 31.8 días, que cae ata os 17, 1 días en Verín, moi por debaixo da media global do Sergas de 58.2 días. Impacto da receita electrónica Mostra do impacto da implantación da recita electrónica é a importante redución no número de consultas administrativas (receitas, partes de baixa, etc.) o que permite aos profesionais dispoñer de mais tempo para consultas puramente asistenciais. Así, tendo en conta só a actividade dos médicos de familia, estas consultas reducíronse en 32.487 con respecto ao mesmo período do ano anterior. Mostra da importancia desta redución de consultas administrativas é que en 2010 supoñían o 31% das totais que se realizaban nos centros de saúde, pasando ao 27%, en 2011, e este ano ao 22% . Extensión das especialidades de telemedicina Un dos aspectos nos que maior beneficio, para paciente e profesional, pode ter a coordinación entre a primaria e a hospitalaria é a Telemedicina. Mediante este sistema de traballo, un médico dun centro de saúde pode interconsultar calquera caso, ou aspecto deste, co seu colega no hospital de referencia, vía telemática, o que moitos veces é plenamente resolutivo, evitando incluso consultas no hospital. A Xerencia de Xestión Integrada conta con este sistema nas especialidades de Dermatoloxía, Oftalmoloxía (nos centros de saúde de Verín e Xinzo), Cardioloxía e Radiodiagnóstico. Pola súa parte, a Xerencia Executiva de Valdeorras vén de implantar a Telecardioloxía, que en breve se porá en marcha tamén en Verín.
VERÍN E COMARCA
Enfermeiros e médicos, en contra do traslado do PAC ao hospital de Verín
4 Tamén rexeitan a redución salarial do persoal de urxencias das zonas “especiais”. Redacción O sindicato de Enfermaría vén de denunciar a decisión da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense - Barco - Verín de trasladar a localización do PAC de Verín do centro de saúde ao hospital (a máis de 2 quilómetros de distancia), pois “o único que consegue é afastar á maioría dos usuarios a atención urxente extrahospitalaria”, sinalan dende este colectivo. Tal e como informaron dende o SERGAS “antes do verán o Punto de Atención Continuada de Verín trasladarase desde o Centro de Saúde ata o Hospital, nun área adxunta do Servizo de Urxencias, o que facilitará coordinación destes dous colectivos de profesionais dedicados á atención urxente, mellorando a accesibilidade a este dispositivo de Atención Primaria dos usuarios de toda a bisbarra”. O traslado non modificará o horario de atención do PAC – de 15:00 a 8:00 de luns a sábado e xornada completa domingos e festivos- que continuará a estar atendido por dous médicos en todas as quendas, dúas enfermeiras na quenda de mañá e unha na de tardes e noites, e un PSX (Persoal de Servizos Xerais) tamén en
todas as quendas. Pola súa parte, o centro de saúde de Verín continuará a atender polas tardes as consultas urxentes dos usuarios con tarxeta sanitaria neste concello, incluídas as dos pacientes con médico asignado na quenda de mañá. Recortes salariais O sindicato de Enfermaría tamén se opón á modificación que a Xerencia de Xestión Integrada levará a cabo nas condicións laborais do persoal que realiza gardas zonas “especiais”, denominadas así polas súas características socioeconómicas e xeográficas; e que afectarán aos núcleos comprendidos entre O Bolo-A Veiga e A Mezquita-A Gudiña. Aínda que esta consideración non implica a presenza física dos profesionais, segundo recorda o colectivo de enfermeiros, “o negociado e aprobado polas organizacións sindicais CC.OO,C EMSATSE,CI,CSIF,UXT, establece que estas modalidades implicaban o pago desta atención coma se fosen de presenza física”. Agora, dende a Xestión Integrada decidiuse que, a partir do 1 de xuño, se abonasen estas gardas como de presenza localizada; unha medida que os enfermeiros consideran que “non só vai
O PAC de Verín trasladarase ao hospital verinés./M.REJO. a afectar aos profesionais impliados , senón que vai supor a eliminación da realización de determinadas gardas”. Pola súa banda, o SERGAS saiu ao paso destas queixas para aclararlle aos usuarios que ditas modificacións tan só implican un “cambio na retribución económica dos profesionais, pero non afectarán en modo algún nin á duración, número de gardas ou oferta asistencial urxente que se presta nestes concellos”. Polo tanto, a oferta sanitaria uxente nestes núcleos “especiais” continuará a ser a mesma, “pese ao baixo nivel de actividade”, aclaran dende o Servizo Galego de Saúde, o cal se mostra así “ sensible á realidade socio-demográfica destas áreas e ao pacto subscrito en 2001 entre a
Administración Sanitaria e as centrais sindicais”. A postura dos médicos Ao igual que o de enfermeiros, o Sindicato Médico Profesional vén de manifestar tamén o seu rexeitamento a estas novos recortes salariais dos profesinais sanitarios. Segundo afirman, ditas reducións de salario agudizan “unhas condicións laborais de extrema penosidade, que están desmotivando aos profesionais ante a conduta da Administración Pública”. En canto ao traslado do PAC de Verín, esta organización sindical pon en dúbida que esa decisión “vaia a supor algunha mellora asistencial, máis ben ao contrario, derivará nunha deterioración e sobresaturación da atención urxente da poboación
atendida”, adiantan. O PSOE, tamén en contra O grupo socialista de Verín tamén vén de manifestar o seu rexeitamento ao traslado do PAC. O deputado do PSOE, Juan Carlos Francisco Rivera, apuntou como “escandalosa” esta medida, que ao seu parecer será “un enorme prexuízo para os veciños de Verín, especialmente os máis maiores, que xa non poderán acudir a urxencias ao ambulatorio, no centro da vila, e terán que ir ao hospital, sito moito máis lonxe”.
O PAC será trasladado a máis de 2 quilómetros de distancia
BARRIOS Maio de 2012
Cruz Vermella de Monterrei súmase ao Día da Reciclaxe Redacción
Con motivo do Día Mundial da Reciclaxe (o 17 de maio), Cruz Vermella Ourense únese un ano máis, grazas ao financiamento de Ecoembes, para celebrar diferentes actividades de sensibilización que axuden á cidadanía a comprender mellor o valor da separación dos residuos domésticos e a súa posterior eliminación a través do colector amarelo. Para conmemorar o Día Mundial da Reciclaxe, na Sede de Cruz Vermella Ourense así como nas oficinas comarcais, ondeará unha bandeira lembrando devandito día. As diferentes asambleas comarcais realizarán actividades ao longo da semana. En Monterrei, do 14 ao 18 de maio realizaranse actividades co voluntariado da oficina comarcal. O día 16 as persoas maiores usuarias da sede da Cruz Vermella en Verín serán as destinatarias das actividades, mentres que o día 18 serán os menores e as súas familias do Centro de Día de Menores, así como os usuarios dos proxectos de Cruz Vermella Mocidade os destinatarios dunha programación especial. Pola súa banda, en Celanova darán charlas informativas no colexio Curros Enríquez e no Sagrado Corazón, o día 15 de maio.
BARRIOS Maio de 2012
VERÍN E COMARCA / XINZO E COMARCA
Organizan en Verín dous seminarios para emprendedores 4 Inscricións na Oficina de Desenvolvemento Local. Redacción BIC Galicia e o departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Verín están detrás da organización, nos meses de maio e xuño, de dous seminarios gratuítos dirixidos a emprendedores: “Motivación Emprendedora” e “Avaliación de Ideas Empresariais”, cofinanciados polo Fondo Social Europeo. O “Seminario de motivación emprendedora” terá lugar o vindeiro 31 de maio, de 18 a 21 horas, e os seus
obxectivos principais son fomentar o espírito emprendedor, ver o autoemprego coma unha opción máis, expoñer unhas nocións básicas do proxecto empresarial, romper co mito da definición do concepto de empresario, e explicar con que recursos e ferramentas pódese contar desde BIC Galicia. Mentres que o seminario “Avaliación de Ideas empresariais: xeración e maduración de ideas” efectuarase os días 12, 20 e 26 de xuño, de 16 a 21 horas,
na Casa da Xuventude. Cunha duración de 15 horas, este curso abordará a creación e maduración de ideas para convertelas en ideas empresariais ou de negocio e a avaliación da viabilidade do proxecto e do seu potencial. As inscricións deben realizarse antes do 25 de maio para o primeiro seminario e antes do 4 de xuño para o segundo, na Oficina de Desenvolvemento Local (situada no primeiro piso do Concello).
Asistentes ao obradoiro impartido pola Escola Rural de Saúde da Limia.
Prevención da violencia de xénero en Xinzo A Escola Rural de Saúde da Limia, coa colaboración dos Servizos Sociais de Xinzo, realizou o taller “Prevención de Violencia de Xénero” co obxetivo de lograr unha maior sensibilización da poboación en materia de violencia de xénero e dotar de coñecementos para que as mulleres poidan exercer os seus dereitos de prevención e protección. Impartido por Mar da Pena Cristiá, coordinadora de Violencia de Xénero e Saúde do CHUVI, nas tres horas de obradoiro facilitáronse datos actuais e lexislación sobre violencia de xénero, explicouse como intervir e as repercusións da violencia na muller maltratada.
Aberta a inscrición para a ludoteca de verán Redacción
Foto de grupo dos menores de Chaves e de Ourense participantes na xornada./EUROCIDADE.
Nenos da Eurocidade aprenden normas circulatorias O pasado 27 de abril tivo lugar a celebración do Día Europeo da Seguridade Viaria, no que a Eurocidade ChavesVerín, co apoio da Xefatura Provincial de Tráfico, convidou a unha escola do municipio de Chaves a conmemorar esta efeméride coa realización dunha xornada de sensibilización con actividades lúdicas e pedagóxicas, e intercambio de experiencias cunha escola galega. Os 35 escolares e 4 profesores da escola EB1 de Vilar de Nantes nº1 visitaron o parque infantil de tráfico de Ourense, onde aprenderon as regras e sinais de tráfico, debidamente explicadas pola Policía Local da capital ourensá e os técnicos municipais, e participaron nunha parte práctica con bicicletas e karts. Os máis pequenos tamén visionaron un filme infantil sobre a seguridade viaria-. Tras un almorzo no colexio Virxe de Covadonga, presenciaron unha exhibición de medios da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico; e para finalizar a xornada visitaron a zona termal de Ourense. Esta actividade está enmarcada dentro do ‘Proxecto de Educación e Seguridade da Eurocidade Chaves-Verín’, un proxecto nacido en 2009 e motivado pola adhesión da Eurocidade á Carta Europea de Seguridade Viaria.
O 15 de maio abriuse o prazo de inscrición na lista de espera da ludoteca de verán de Verín a aquelas personas non empadroadas na vila ou aos que soliciten o servizo por quincenas ou só dous meses, logo de que nun primeiro prazo se puideran inscribir os empadroados e interesados no servizo durante todo o verán. A ludoteca, que busca conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos menores, comezará o 25 de xuño e finalizará o 7 de setembro. Funcionará de luns a venres, de 9 a 14 horas. Este servizo está destinado a menores de 3 a 8 anos, que serán distribuídos por idades e atendidos por monitores
cualificados. As actividades desenvolveranse nos módulos do CEIP Amaro Refojo, no salón da Asociación de Empresarios de Verín, e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Casa da Cultura. Os participantes terán obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, novas tecnoloxías ou cine infantil. Durante xullo e agosto programaranse iniciativas dedicadas a diferentes temáticas como reciclaxe, ambiente, deporte, alimentación, saúde ou persoas maiores; e o 27 de xullo participarán no desfile da Ludobatucada. [Máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ou no 988 414 776].
PUBLICIDADE
BARRIOS Maio de 2012
10
BARRIOS Maio de 2012
XINZO E COMARCA
A exposición pública o proxecto de ampliación do parque empresarial de Xinzo 4 A modificación do proxecto permitirá realizar a ampliación por fases. Redacción A modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia permanecerá sometida a exposición pública durante o prazo dun mes no que calquera persoa poderá examinar dita documentación en horario de oficina nas dependencias do IGVS e no concello de Xinzo de Limia e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que estime pertinentes. Ao mesmo tempo que se somete a exposición pública, tamén se solicita aos organismos pertinentes que emitan os correspondentes informes sectoriais e dáse-
lle audiencia ao concello. Á vista do resultado da información pública e dos informes sectoriais emitidos, introduciranse as modificacións ou correccións que procedan no proxecto tramitado e remitiráselle o expediente á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas para o seu informe preceptivo e posteriormente, o Consello da Xunta de Galicia aprobará definitivamente a modificación puntual do proxecto sectorial. Execución por fases O obxectivo da modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial de Xinzo de Limia
é facilitar a súa ampliación por fases, para poder adaptarse á demanda real de solo existente. Así, quedará dividido en cinco polígonos das seguintes superficies: un de 74.656 metros cadrados, un segundo de 117.418 metros cadrados, o terceiro de 71.711 metros cadrados, o cuarto de 284.405 metros cadrados, e finalmente un quinto de 147.670 metros cadrados. As obras de urbanización do polígono 1 poderán comezarse unha vez quede aprobado definitivamente esta modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial.
A actividade retrasa o envellecemento nos maiores 4 Segundo un estudo realizado por Cáritas con 83 maiores de Calvos de Randín e Baltar. R.T. Un estudo realizado con 83 maiores de once núcleos de Calvos de Randín e Baltar demostra que manterse activo retrasa o envellecemento ata 10 anos. Este estudo foi elaborado por Cáritas Diocesana de Ourense en colaboración coa Fundación Barrié e a Universidade de Granada, lugar onde se está a realizar unha investigación similar desde fai 13 anos. Os talleres realizados entre as persoas voluntarias do programa foron os de ximnasia, memoria e manualidades. Ramona Rubio, catedrática de Psicogerontología na Universidade de Granada, explicaba que a práctica destas activida-
des xunto coa interacción social “poden retrasar o envellecemento ata 10 anos”. O programa púxose en marcha ao longo do ano pasado co fin de promover un modelo social complementario ao modelo residencial de atención ás persoas maiores que residen no rural; ademais contou con nove monitoras veciñas das zonas nas que se realizaron. A comparativa entre a primeira e a segunda medición -unha vez realizados os talleres báiscos- mostrou unhas diferenzas significativas, sobre todo, en canto ao funcionamento cognitivo. Outro dos aspecto positivos deste traballo é que creceu entre os participantes o positivismo, aínda que, como recalcaba Ramona Rubio,
A catedrática Ramona Rubio, autora do estudo./R.T. “hai maior grao de pesimismo no norte que no sur peninsular”. Continuidade Cos datos sacados durante o 2011, preténdese continuar no futuro con esta fórmula, ademais de ampliar outros talleres, co fin de envellecer máis saudablemente, e facelo no fogar.
XINZO E COMARCA
A Escola Rural de Saúde da Limia suma membros e alumnos
4 Coidadores, persoas dependentes e auxiliares de axuda a domicilio son os principais beneficiarios das súas actividades. S.N. A Limia conta dende xaneiro de 2011 cun grupo de desinteresados profesionais que se encargan de impartir e organizar na comarca todo tipo de talleres vencellados coa saúde. Son os cementos da Escola Rural de Saúde da Limia, pero de entre todos eles destaca a creadora deste proxecto, Lola Rico, formadora da Rede Cidadá de Formadores de Seguridade do Paciente do Ministerio de Sanidade e coordinadora da Escola. Aínda que naceu fóra de Xinzo, Lola leva 25 anos na capital da Limia e coñece de primeira man as necesidades da mesma. “Gústame o contacto coas persoas, especialmente coas maiores. E así coñezo a realidade de Xinzo
e as necesidades que os seus maiores teñen, para poder axudarlles en todo o que estea na miña man”, confesa. Lola Rico descubriu este tipo de iniciativas en Santiago, a onde acudía con frecuencia para asistir a seminarios e talleres que complementasen a súa formación académica. “Vinos alí e decidín que había que traelos para Xinzo”. Ademais, coas actividades que ofrece dende a Escola Rural de Saúde atopou a combinación perfecta para calquera profesional, “deste xeito podo seguir formándome á vez que axudo a que outros profesionais se formen”, xa que os talleres que imparte van dirixidos a persoas dependentes, aos seus coidadores e familiares, así como aos auxiliares de axuda a domicilio.
Formalizouse en 2012 A comezos deste ano este proxecto formalizouse legalmente como asociación. “É quizais o peor momento, pero no que máis falta fai, xa que se están a producir numerosos recortes en axudas sociais”, asegura Lola. O SERGAS e o propio concello de Xinzo proporciónanlle o material que precisan para impartir os talleres, pero carecen de calquera outro tipo de axuda económica. A cara B desta humana iniciativa é que o seu presuposto é cero, pero a falta de diñeiro súplena, e de sobra, con gañas e entusiasmo. “Hai moita xente detrás da Escola, cada un dun pobo distinto, que se van unindo a medida que a coñecen. A verdade é que é un proxecto moi bonito e unha labor enriquecedora”, asegu-
ra Lola Rico. Un sinfín de talleres Seguridade de medicamentos, visita médica, primeiros auxilios, duelo, envellecemento activo... son só un pequeno exemplo dos temas que abordaron os numerosos talleres que esta Escola
impartiu dende que botou a andar. Un dos últimos que realizou estivo baseado na importancia dunha axeitada hixiene das mans. “Lavalas do xeito adecuado é o método máis sinxelo, eficaz e económico para evitar infeccións”. Un pequeno e saudable hábito que evita que 100 persoas ao ano se salven en España de contraer infeccións e, polo tanto, de ser hospitalizadas. Para concienciar disto a toda a comarca da Limia, Lola Rico impartiu un total de 8 talleres entre o 2 e o 9 de maio, aos que acudiron máis dun cento de persoas
Participantes no taller “Salvar vidas está nas túas mans”.
BARRIOS Maio de 2012
11
interesadas en mellorar a súa calidade de vida a través das súas propias mans. Os próximos Nesta entidade xa teñen en mente diversas actividades para os próximos meses. No segundo semestre de 2012 realizarán tres talleres sobre o Alzheimer (un para coidadores, outro para os enfermos e un terceiro sobre os asuntos legais que rodean a esta enfermidade). Así mesmo, Lola Rico e os seus compañeiros realizarán outros sobre duelo, suicidio, a labor do coidador, hixiene bucal e próteses, e violencia de xénero.
12
BARRIOS Maio de 2012
XINZO E COMARCA
Vilar de Santos contará cunha oficina de rehabilitación 4 Xestionará as actuacións enmarcadas na Área de Rehabilitación Integral do municipio. Redacción
Alcalde e concelleiros do grupo de goberno de Xinzo co presidente da Deputación na Planta de Transferencia do Servizo de Augas e Medio Ambiente no polígono empresarial de Xinzo.
Presentado no Punto Limpo de Xinzo un sistema que optimiza a recollida de lixo 4 A Deputación de Ourense aplica o GPS e a telemetría na recollida de residuos. Redacción Tecnoloxía de Fórmula 1 aplicada á recollida de lixo. Así se resume o proxecto que presentou a Deputación de Ourense no Punto Limpo de Xinzo de Limia, un proxecto no que se aplican os últimos avances nas telecomunicacións, o GPS e a telemetría para optimizar a recollida de residuos sólidos urbanos. Este sistema, pioneiro en Galicia, acaba de instalarse nos 42 camións de recollida de lixo que xestiona a Deputación de Ourense, que prestan servizo a 45 concellos da provincia, abranguendo a unha poboación de máis de 110.000 persoas. Características O sistema de control de flotas por GPS persegue aumentar a eficiencia do sistema de recollida de residuos. Nesta primeira fase do proxecto contrólanse por telemetría todos os parámetros que teñen que ver co camión: consumos de combustible, quilometraxe, rutas que realiza, paradas, velocidades medias e mesmo a temperatura do motor. Nunha segunda fase esta tecnoloxía aplicarase directamente aos contedores —a Deputación xestiona máis de 13.000 en toda a provin-
cia de Ourense—, e poderase determinar mediante a instalación dun chip o tipo de lixo que contén, o grao de carga e o peso. “Desta maneira poderemos saber a cantidade de lixo que hai en cada contedor, en cada rúa, en cada barrio e en cada pobo”, explica Javier Bobe, xefe do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense, quen engade que esta información recibirase instantaneamente no centro de control, actualizada cada 30 segundos, e será decisiva para modificar as rutas dos camións en función das necesidades, permitirá facer un traballo máis cómodo e organizado aos operarios, e tamén reducirá custos pero cunha maior eficiencia no servizo”. Para iso, a Deputación de Ourense instalou nos camións un moderno sistema GPS, con sensores e parametrización de última xeración, que permitirá ir ampliando o número de variables segundo as necesidades, e a medida que se avancen en novas fases poderanse coñecer desde o centro de control moitos máis parámetros a través da tecnoloxía de posición xeoreferenciada de cada contedor, como por exemplo, determinar se o contido do
lixo é de “bolsa amarela” ou de “bolsa negra”. O axuste das rutas de recollida de lixo “será dinámico e poderá variar en función das necesidades de cada concello”, explica Javier Bobe, “pois non será o mesmo no verán que no inverno, e mesmo pode variar en función dos días ou das horas. A todos estes requerimentos poderemos adaptar o servizo porque toda a loxística vai estar centralizada, e así, poderemos planificar mellor as rutas e personalizalas segundo a demanda”. Nesta seguinte fase poderanse mesmo planificar as rutas de recollida en función da carga que teña cada contedor. A Deputación de Ourense é pioneira na xestión supramunicipal dos Residuos Sólidos Urbanos. Na actualidade presta servizo de recollida de “bolsa negra” en 46 concellos, bolsa amarela (envases lixeiros) en 65 concellos, vidro en 58 concellos e papel/cartón en 53 concellos da provincia.
A Deputación recolle o lixo a 45 concellos da provincia
O Instituto Galego da Vivenda e Solo- IGVS e o Concello de Vilar de Santos asinaron un convenio de colaboración para o financiamento da Oficina Municipal de Rehabilitación, cun importe de 49.800 euros. É unha actuación pioneira, pois é a primeira Oficina Municipal de Rehabilitación destas características nun concello rural na provincia de Ourense, xa que as outras oficinas (38 en Galicia e 6 en Ourense), correspóndense con vilas, núcleos históricos e cidades, de aí a súa importancia e transcendencia, destaca o alcalde, o nacionalista Xan Jardón. A Oficina Municipal de
Rehabilitación contará cun equipo técnico de traballo formado por varios profesionais, como arquitecto e aparellador, e deseñará e planificará todas as actuacións do concello como portelo único de información e xestión do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 e doutras actuacións das políticas de vivenda. Realizará as funcións técnicas de rehabilitación, así como de asesoramento e información, tramitación e xestión das axudas, xestionará o Programa Aluga e xestionará as actuacións enmarcadas na Area de Rehabilitación Integral- ARI de Vilar de Santos, declarada no 2011 polo IGVS. Coa posta en marcha desta oficina, “damos outro paso no proxecto de recu-
peración na zona orixinaria do núcleo de Vilar de Santos”, recalca o rexedor, engadindo que vai permitir ao Concello “poder contar cun instrumento que canalizará toda a información, a planificación e a xestión das axudas económicas previstas posteriormente para o ámbito proposto da ARI e do resto do Concello”. Trátase, explica Jardón, dunha iniciativa “que pretende estar cerca dos veciños para asesoralos e axudalos a promover proxectos de recuperación e rehabilitación do patrimonio construído, co obxectivo primordial de evitar o abandono e ruína e revitalizar o entorno e fixar poboación, promovendo novas alternativas e fomentando a actividade económica”.
Dous edís do BNG abandonan a formación 4 Amador Díaz Penín e Manuel Pérez pasan ao grupo dos non adscritos. Redacción O grupo do BNG do Concello de Xinzo queda sen dous dos tres concelleiros cos que contaba, trala baixa como afiliados do ata agora voceiro, Amador Díaz Penín, quen non quixo facer ningún tipo de declaración sobre a súa marcha do Bloque, e
do edil Manuel Pérez Campos. Os dous seguirán na corporación de Xinzo como concelleiros non adscritos. Tamén solicitou baixa na formación frontista a terceira edil, Lucía Nóvoa Joga, que ao mesmo tempo renunciou á súa acta de concelleira. Descoñécese polo momento quen a substituirá: o número catro na
Díaz Penín era o voceiro do BNG en Xinzo./ARQUIVO. lista do BNG nas pasadas municipais era Ramiro Rodríguez, pero a responsable comarcal do Bloque, Teresa Devesa, xa anunciou que o substituto será “a persoa que os militantes decidan”.
ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Maio de 2012
13
Once propostas buscarán o respaldo do público no Festival Internacional de Xardíns de Allariz 4 O certame quedou inaugurado este sábado 12 de maio. Paula Lodeiro 11 xardíns, máis o vencedor do ano pasado (“A cor da pasarela”) conforman a edición de 2012 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que foi inaugurado o pasado sábado 12 de maio. No acto, ademais de ducias de veciños da vila, estiveron presentes o alcalde, Francisco García, a concelleira de Promoción Económica Cristina Cid, a vereadora de Ponte de Lima,
Estela Almeida, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do xurado, Francisco Caldeira Cabral. Durante a inauguración, a edil Cristina Cid destacou o importante papel como dinamizador económico do festival, que o ano pasado recibiu máis de 50.000 visitas e obtivo preto de 30.000 euros de ingresos pola venda de entradas. De aquí ao 1 de novembro, alaricanos e visitantes poderán votar o seu xardín
O gañador da edición anterior, Xosé Souto, recibe o seu diploma acreditativo de mans do presidente do xurado, na presenza da vereadora de Ponte de Lima, o alcalde e a concelleira de Promoción Económica de Allariz e o alcalde de Pontevedra. /PAULA LODEIRO.
preferido entre as 11 propostas, que nesta terceira edición se inspiran no lema “Galicia, o país da auga”, e chegan desde diversos puntos de España, Portugal, Austria e Serbia. Como novidades deste ano, o Concello de Allariz ampliou o recinto do festival, ubicado ás beiras do río Arnoia, no paseo do Portovello, en 10.000 metros cadrados. Ademais, chegou a un acordo coa empresa Ghesa, que instalou unha fonte cibernética modular, con surtidores verticais de ata 5,5 metros e iluminación por leds, e asinou un convenio de colaboración co Concello de Pontevedra para o intercambio de experiencias e divulgación dos seus respectivos festivais. 11 xardíns a concurso Un dos proxectos que concursan nesta edición é o presentado por Ana Spalla, Mercedes De Rada, Eloísa Martínez e Marta Gallego baixo o nome de “Ecocubo”. “Consiste en recrear un deserto na parcela, no centro se sitúa un cubo que concentraría toda a vexetación do xardín re-
presentando un ecosistema de humedal dentro do deserto, e a analoxía sería dentro dunha España de clima mediterráneo semiárido o humedal de Galicia como último reducto da humidade, da vexetación, do paraíso”, explica Marta Gallego, unha das integrantes deste equipo de paisaxistas da Universidade Camilo José Cela. Destaca esta moza “o nivel moi alto” dos xardíns que concursan e a súa boa execución, “este ano vai estar difícil a elección por parte do xurado”, apunta. A viguesa Araceli Abaldes e o catalán Carlos García presentan o xardín “Atrapanubes” baseado “nos materiais cos que asociamos Allariz, como a pedra, o granito, a forxa, o mimbre e o verde e a auga, isto foi como a base material, e despois a idea foi facer a casa do nubeiro, este personaxe mitolóxico que tedes en Galicia que vai repartindo as tormentasa”, explicaba Carlos García. Os ecos do festival alaricano chegaron tamén ata Serbia, de onde viu, por segundo ano consecutivo Đurđa Stojicic, acom-
Ana Spalla, Mercedes De Rada, Eloísa Martínez e Marta Gallego, autoras do xardín “Ecocubo”./P.LODEIRO. pañada nesta ocasión por Milos Stanojevic. “O noso proxecto é “Xardín ao final do mundo”, e a nosa idea foi traer á vida lendas sobre Galicia como o último punto da terra, como ‘finis terre’”, relata esta moza serbia. No seu xardín podemos ver a proa dun barco “navegando a un lugar misterioso, descoñecido, sen final…”, apunta Stojicic. Co nome de “Magua” o equipo do alacantino Manuel Richart trae a súa proposta de “sete xardíns verticais efímeros”. Explica Richart que a súa empresa dedícase “a revexetar o que destrozamos dunha maneira intelixente, facemos que a planta creza nunha superficie sen sustratos, sen terra, cun sistema hidropónico”. En canto ao deseño, este paisaxista indica que a maneira de introducilo artisticamente no festival foi inspirándose nun muíño galego, “as formas brancas que vedes no xardín con forma de gota de auga, e a vexetación vertical é a vexetación que crece espontánea nos acueductos dos muíños”. A Manuel Richart parécelle “unha marabilla que un concello aposte por esta iniciativa, coa repercusión económica que ten”. “Cárcavas”, “A espiral da vida”, “Building water”, “Naturaleza líquida”, “El
agua es vida, el agua viva”, “Entre mar e terra”, e “A corriente plástica” completan a lista de xardíns a concurso. Horarios e actividades Todos eles poderán visitarse ata o 1 de xullo en horario de tarde entre semana e mañás e tardes os sábados e domingos. Durante o verán abrirá todos os días. O prezo da entrada xeral é de dous euros, a de xubilados e grupos un euro, e é de balde para as persoas empadroadas en Allariz con tarxeta de cidadán. De maneira paralela, a entrada do Festival Internacional de Xardíns acolle todos os sábados e domingos o Mercado de Flores e proximamente sairán as bases do II Concurso de Balcóns. Próxima edición Mentres tanto, xa está aberto (ata o 15 de novembro) o prazo para presentar as candidaturas para o vindeiro ano 2013 baixo o lema “Allariz, beleza que inspira”.
O lema “Galicia, o país da auga”, inspira os 11 xardíns que concursan no festival
14
BARRIOS Maio de 2012
ALLARIZ E COMARCA
entrevista a francisco garcía - alcalde de allariz
“O milagre de Allariz é froito do traballo do BNG, que puxo en valor os recursos do concello”
4 O rexidor alaricano confesa que a asignatura prendente do seu goberno é seguir dinamizando economicamente as zonas rurais do municipio. R.T./S.N. Alcalde de Allariz dende 2000 e vicepresidente segundo da Federación Galega de Municipios e Provincias, o nacionalista Francisco García está a afrontar a crise económica como rexedor apostando pola racionalización dos investimentos e por compartir servizos cos municipios colindantes. Este mes de maio cúmplese o primeiro ano desta nova lexislatura; como lle está a afectar a cruse económica a Allariz? Francisco García: “É evidente que temos neste momento un problema de financiación municipal, que nos levou a unha redución das inversións. Pero Allariz aproveitou o período de bonanza para conseguir os equipamentos precisos para o pobo (como a cidade deportiva, o festival de xardíns, a casa da mocidade, o fogar dos maiores...), que permiten ter agora unha boa calidade de vida”. A difícil situación económica inflúe nos principais obxectivos do seu grupo de goberno? F.G.: “Nós seguimos centrados en manter os estándares de calidade de vida e dinamización económica que Allariz ten, o que se reflexou positivamente no crecemento da poboación, xa que aumentamos en 200 veciños por ano. Polo tanto, agora estamos priorizando proxectos que poñan en valor os recursos que ten a vila”. O PP vén de criticar a inversión de máis dun millón de euros nun novo xardín para Allariz, que opinión lle merecen estas críticas? F.G.: “Hai que ter presente que hai fondos que só poden ser empregados para a finalidade que foron creados. Neste caso, Allariz foi declarado “Reserva da Biosfera” e isto permítenos acceder a unhas axudas para a recuperación das proximi-
O alcalde de Allariz, no recinto do Festival Internacional de Xardíns./PAULA LODEIRO.
Francisco García destaca que o Festival de Xardíns é un importante “dinamizador económico” de Allariz dades do río Arnoia. Unha remodelación que, ademais, garante a dinamización económica de Allariz en sectores como a hostelería, o comercio ou a venda de vivendas pola gran atracción que xenera”. Nun momento en que se está a falar de fusión de concellos, desaparición de Deputacións, reforma da administración, etc., que proposta considera que sería máis beneficiosa? F.G.: “Creo que o máis relevante é falar da racionalización administrativa, que debe comezar nunha axeitada financiación dos concellos. A participación nos tributos do Estado faise únicamente polo número de habitantes, pero non se ten en conta, por exemplo, a dispersión da poboación (como acontece en Allariz). Ademais, está claro que as deputacións provinciais deixaron de ter unha funcionalidade, polo que o lóxico sería a súa supresión e establecer unha
maior comarcalización para unha economía de escala, que nós xa estamos pondo en práctica, xa que compartimos con Taboadela o abastecemento de auga potable, e damos servizo de recollida de lixo a ese mesmo concello e ao da Bola”. Volvendo ao seu concello, sempre se falou do “milagre Allariz”, que ten este municipio de especial? F.G: “É o proxecto municipal nacionalista. Primeiro houbo que convencer á poboación de que era posible ese milagre, que non é tal milagre, senón que é froito dun gran traballo colectivo, co que se puxo en valor os nosos recursos. Allariz ten unha gran oportunidade á hora de por en valor o seu patrimonio histórico-artístico e ambiental, polo que apostamos por ir correxindo ese pensamento de que Allariz está a 20 quilómetros de Ourense, para convencer á xente de que é Ourense o que está a 20 quilómetros
de Allariz, xa que se alí hai 100.000 habitantes os establecemento alaricanos deben aproveitalos para manter a nosa dinamización económica”. Cales son as carencias que a día de hoxe padece Allariz e como pensa solucionalas? F.G.: “O máis importante para o goberno segue a ser atopar formas para a dinamización do medio rural. Temos feito grandes esforzos -como foi a recuperación de Santa Mariña de Augas Santas e San Salvador, a posta en marcha da escola municipal de cestería, a potenciación do sector primario...-, pero hai que seguir traballando niso. Ningún país desenvolvido abandona o medio rural. Ademais, agora que contamos cos servizos básicos é preciso lograr que haxa actividade económica nos núcleos rurais para asegurar a súa supervivencia”. Nestes días bota a andar
unha nova edición do Festival de Xardíns de Allariz, que achega á localidade un certame deste tipo? F.G.: “Como xa comentei, este festival non só pretende ser un magnífico parque, senón tamén un elemento de dinamización económica. En só tres anos estamos logrando uns grandes resultados, por exemplo, o ano pasado acadáronse os 30.000 euros de ingresos e agardamos que este ano siga na mesma liña, axudándonos do incremento en 10 mil metros do espazo do festival e a colaboración da escola municipal de cestería. De todos os xeitos, para min o máis importante é que os veciños están moi orgullosos deste festival e, sen dúbida, esta iniciativa xa se converteu nun motivo máis para vir a Allariz”. Polo contrario, Allariz perde este ano o Festival Reperkusión. Considera que o Concello fixo todo o posible evitalo? F.G.: “O concello colaborou de xeito moi amplo durante os nove anos anteriores co festival Reperkusión, que recordemos que é unha actividade privada. Pero nesta
ocasión polas datas escollidas dende a organización a nós éranos imposible dispor de espazos fluviais dos ríos Arnoia e Vilanova en vísperas de verán. Non podiamos permitirnos que todo o atractivo que ten Allariz se paralizase. Pero nós comentámolo con moita antelación e propuxémoslles as instalacións deportivas do Portiño como alternativa. Lamentablemente, declinaron a nosa oferta, pero o concello fixo todo o posible e estamos abertos a seguir colaborando no futuro”. Como está a vivir as saídas de dirixentes e afiliados que están a acontecer nas filas do BNG? F.G.: “Con certa pena, tendo en conta que o BNG é a alternativa para levar a cabo unha política distinta á xa tradicional do PP de Núñez Feijoo. Tamén hai que sinalar que a maioría dos afiliciados nacionalistas permaneceron nos seus cargos institucionais co fin de mirar para adiante e explicarlle á cidadanía que hai outras opcións para saír da crise económica, mediante un tipo de política fiscal máis xusta, que persiga o fraude, que non contribuia á diminución do consumo mediante o aumento dos impostos indirectos, que non vaia en contra dos servizos públicos e que teña presente que hai que impulsar a actividade productiva. Do mesmo xeito, consideramos que ten que haber banca pública que faga chegar o crédito ás familias”. En termos xerais, que valoración fai dos seus anos como rexidor alaricano? F.G: “O balance débeno facer os veciños, pero eu teño claro que ten sido unha labor gratificante, é toda unha honra representar aos veciños de Allariz e sen dúbida dende o BNG sentímonos orgullosos do traballo realizado e o recoñecemento que a vila ten logrado grazas ao mesmo”.
ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Maio de 2012
O PP de Maceda reclama o arranxo de infraestruturas
Calidade de vida pasada por auga
4 Son varios camiños no núcleo de Barxela.
R. Torres
Redacción O PP de Maceda afirma que o alcalde desta localidade aproba as súas iniciativas para mellorar infraestruturas da localidade pero que logo non as executa. Tal e como explica o seu voceiro, Manuel Blanco, xa no mes de febreiro, o grupo municipal do PP en Maceda presentara unha iniciativa para que, entre outras, se arranxaran as rúas da localidade de Barxela. “Ainda que esta iniciativa fora aprobada polo pleno, o alcalde non fixo nin caso a este acordo, no que se pedía a reposición do firme nas rúas de Barxela; o arranxo do camiño á igrexa de Santiso; a reposición do firme próximo aos Catro Camiños; o vertedoiro en Tioira;
a parada de autobús en Calvelo; a liña de alumeado público para a estrada que comunica Cimadevila con Sarreaus; e a dotación de internet de calidade en todos os pobos do municipio de Maceda”, indican os populares. Lembra Manuel Blanco que na localidade de Barxela houbo un acordo hai exactamente un ano entre os veciños e o Concello para arranxar a traída de augas, polo cal os veciños asumirían o custo da reparación da tubería e as conexións, mentres que o Concello executaría a reposición do firme. “Como vén sendo costume para o alcalde fixo caso omiso tamén deste acordo cos veciños”, conclúe Manuel Blanco.
15
4 O Concello de Allariz e o AC Vila de Allariz firman un convenio polo cal os alaricanos poderán usar o spa do AC. Os alaricanos gozarán do spa do AC Vila de Allariz, grazas ao convenio asinado entre o Concello e o hotel. Os empadroados en Allariz e socios do Fogar do maior ou da piscina municipal que queiran gozarán deste spa, cos seus chorros, cabinas e masaxes. A primeira vez que se realice o circuíto será de forma gratuíta, para despois ofrecer bonos especiais a todos os interesados. 12 euros ao mes será a cota que teñan que aboar os socios do fogar dos maiores, mentras que 25 euros será o prezo para o resto dos empadroados na vila. Tamén haberá prezos especiais nos tratamentos, e para os acompañantes. Como explicaba Cristina Cid, concelleira de Promoción Económica, “este convenio é unha
Representantes do Concello e do AC Vila de Allariz no spa./RAMSÉS. aposta pola calidade de vida das persoas deste concello” destacando que “6.500 persoas poderán beneficiarse”. Cid remataba incidindo en que este é “un novo recurso para os veciños de Allariz”. Os novos usuarios contarán con horarios especiais en función da posible demanda
do uso do spa, e o domingo pola tarde (un ao mes) será o día da familia. Para o director do hotel, Gorka Rosell, este convenio é unha forma máis de “integrar o AC na vida cotiá de Allariz” pretendendo “que sexan participes os alaricanos destas instalacións”.
Cruz Vermella de Maceda monta unha oficina para axudar a buscar emprego
Instalacións do Espazo de Procura Activa de Emprego da Cruz Vermella de Maceda.
Para fomentar a autonomía na procura de emprego destas persoas e abrir máis canles para conseguir un traballo, a Cruz Vermella vén de abrir un Espazo de Procura Activa de Emprego na súa sede de Maceda. Trátase dunha aula con computadores onde as persoas poderán aumentar as posibilidades de emprego co uso das novas tecnoloxías e o apoio dos voluntarios. Neste espazo, o voluntario axudará aos usuarios a inscribirse en portais especializados na procura de emprego e xestionar a inscrición en ofertas, asesorará no desenvolvemento dun currículo en soporte informático que poderá imprimir alí mesmo, do mesmo xeito que o manexo do correo electrónico e os equipos informáticos. O espazo tamén conta cun taboleiro actualizado con ofertas de emprego e de formación que atopan os voluntarios e usuarios participantes.
Beneficio para os turistas Pero os beneficiarios non serán soamente os veciños da vila. Os turistas que se aloxen no AC terán á súa disposición as instalacións municipais de forma totalmente gratuíta, así como as pistas de tenis e de pádel.
4ITV para ciclomotores A unidade de inspección técnica de ciclomotores pasará nos vindeiros días por varias localidades da provincia. O día 28 de maio estará fronte ao pavillón de Baños de Molgas; o día 29 na explanada do pavillón de Maceda, o día 30 diante das piscinas de Vilar de Barrio, o 31 no parque público de Trasmiras, e o 1 de xuño xunto ao albergue de Laza. A ITV estará aberta de 9 a 13:30 horas e a cita pódese conseguir directamente na unidade móbil.
16
BARRIOS Maio de 2012
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
BARRIOS Maio de 2012
17
18
BARRIOS Maio de 2012
CELANOVA E COMARCA
O BNG propón ao concello de Celanova o uso das redes sociais 4 Buscan así que o pobo poida participar na xesión municipal. Redacción
Aspecto de abandono que presenta unha das áreas reacreativas próxima a Celanova.
As áreas recreativas abandonadas, a pleno
4 O BNG solicita a recuperación do Monte da Cruz, Ponte Grande e Ponte Freixo. Redacción O grupo municipal do BNG de Celanova vén de denunciar “o total abandono das tres áreas recreativas que existen no Concello, coñecidas como o Monte da Cruz, Ponte Grande e Ponte Freixo”. Segundo aseguran os nacionalistas, estas instalacións “carecen a día de hoxe de ningunha figura de protección e acumulan lixo de todo tipo que impide o seu aproveitamento por parte da cidadanía”. Como consecuencia, e tendo en conta que son moitos os centros de ensinanza que visitan Celanova nestas datas e que nas horas de xantar optan por facelo ao aire libre, dende o BNG “cremos que estes
momentos son unha boa oportunidade para disfrutar das áreas recreativas que están na periferia da nosa vila e coa planificación axeitada pódense transformar en produtos turísticos que axuden a cualificar e diversificar a oferta tanto a nivel comarcal coma municipal”. Moción Para conseguir o apoio da corporación municipal co fin de recuperar estas zonas naturais, os nacionalistas levarán ao vindeiro pleno (en principio, o 29 de maio) unha moción instando ao Concello a que realice as xestions oportunas ante a Xunta de Galicia ou ben que a propia entidade local redacte o estudo,
proxecto e promova a execución nas áreas recreativas de Celanova duns espazos de lecer agradables para veciños e visitantes, dotándoas do mobiliario necesario e dos servizos imprescindibles para o seu uso e disfrute. Mantemento continuo e boa sinalización Do mesmo xeito, solicitarán que sexa o propio concello o que vele para que ditas instalacións reciban un mantemento continuo e adecuado para evitar a súa deterioración; que as dote da sinalización necesaria para que sexan fáciles de localizar; e que as inclúa na oferta das actividades culturais que se celebren na vila.
“Son moitos os veciños de Celanova que teñen reclamado máis transparencia na xestión municiapal”, aseguran os integrantes do BNG, “xa que nin teñen constancia de moitas ofertas de emprego do Concello, nin das ordenanzas municipais aprobadas, así como do propio labor político”, engaden. Como consecuencia, os nacionalistas da vila de San Rosendo rexistraron unha moción para o próximo pleno onde instan ao Concello de Celanova ao fomento da
participación dos veciños na xestión pública a través das redes socias. Segundo explican dende o Bloque, coa creación dos perfís sociais poderase emitir en vídeo (tanto en directo como en diferido) os plenos a través da rede, “algo que xa fan moitos consistorios, como a Deputación de Ourense, co fin de que os seus cidadáns poidan ver os plenos desde a casa en calquera momento, participando da vida política municipal”. Ademais, tamén se poderá informar de todo o que acontece nas distintas áreas do Concello, e publicitar as actas plenarias, xuntas de
Os nacionalistas critican a xestión da oficina de turismo 4 Demandan un horario máis amplo domingos e festivos. Redacción O BNG de Celanova cuestiona a xestión actual da oficina de turismo da vila, xa que “unha localidade que busca atraer visitantes, segundo asegura o grupo de goberno, permite
unha oficina de turismo que pecha os domingos”, sinalan os nacionalistas, para quen o horario da apertura desta instalación debe incluir sábados, domingos e festivos nun horario máis amplo, “xa que son os días en que haberá máis visitan-
goberno, declaracións de bens e incompatibilidades dos concelleiros, ofertas de emprego, ordenanzas, etc. Medida de aforro Esta proposta é, ao ver dos nacionalistas, unha medida moi acorde coa situación económica actual, xa que “as novas tecnoloxías permiten ás administracións aforrar á hora de publicitar as súas accións de goberno, ao diminuír os custos económicos tanto de persoal -para a súa distribución na localidade, como de papel, de impacto medioambiental e de suciedade na propia vila”, conclúen. tes” apuntan. Pola contra, a páxina web de turismo do Concello de Celanova, -“o primeiro lugar onde un turista mira para informarse e logo vir con tranquilidade”, a xuízo do BNG-, di que a oficina abre todos os días do ano. “Deste xeito desinformamos aos turistas que cando veñen atópanse a oficina pechada moitos domingo e festivos”, din os nacionalistas, “se dende a oficina de turismo se lles dáa esta mala atención dificilmente un turista poderá falar ben de nós”, conclúe o comunicado dos nacionalistas.
CELANOVA E COMARCA
ÚLTIMA HORA
4 Neira Vilas, nas tertulias literarias en Allariz O Fogar do Maior, a Casa de Cultura e o Instituto de Allariz foron os lugares elixidos para a celebración do encontro de clubes de lectura comarcais que tivo lugar este luns 14 de maio en Allariz, coincidindo cos actos previos ao Día das Letras Galegas, e que presidiu o escritor Xosé Neira Vilas, autor de “Memorias dun neno labrego”.
4 Letras Galegas en Xinzo A Concellería de Cultura de Xinzo organizou unha serie de actividades ao redor da celebración do 17 de maio. “A lingua galega é o cine”, actividade relacionada coa estrea de “Vilamor”, é a primeira delas, o mércores 16 ás 20 horas, na Casa da Cultura. O propio días das Letras Galegas instalaranse stands de venda de libros galegos na praza Maior, e grupos de baile actuarán ás 18 e 18:30 horas nas prazas Otero Pedrayo e Maior. O acto central será unha solta de globos, ás 19 horas, precedido dunha lectura dunha escolma de textos de Valentín Paz Andrade. A presentación do libro “Cartas ao director” de Rafael Laso (o día 18 ás 20:30 h.) e a actividade “Titerehop” (o día 19 ás 17 h.) completan o programa.
A Xunta fixa a entrada en servizo da autovía de Celanova este mesmo ano 4 O vial está a un 68% da súa execución. Redacción Antes de que remate este ano, a distancia entre Celanova e Ourense percorrerarse en 15 minutos, dez menos que os que se precisan agora. Así o dixo no Parlamento o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, onde informou da situación das obras da Vía de Altas Prestación A-52fronteira portuguesa. O conselleiro destacou que o ritmo de execución que leva esta obra, actualmente ao 68% da súa execución, permitirá adiantarse ás previsións iniciais do Plan Move, que establecía a posta en servizo ao longo do ano 2013. Ademais da redución dos tempos da viaxe nun 40%, tamén se evitarán os preto de 7 quilómetros de travesías que hai que percorrer pola estrada actual, feito que incrementa a seguridade viaria. Celanova-Portugal O titular de Medio Ambiente afirmou que para a Xunta é prioritario rematar esta autovía, que suporá un importante avance nas comunicacións e na mobilidade do suroeste ourensán e nas súas relacións co veciño Portugal. Hernández dixo que a Xunta non renuncia a afrontar o se-
Agustín Hernández visitara as obras da autovía o verán pasado./ARQUIVO. gundo treito da actuación, coa mellora da estrada desde Celanova ata a fronteira portuguesa. Sinalou que a proba máis evidente é que continúa formando parte da futura planificación en materia de estradas e que se acometerá en canto as dispoñibilidades económicas e o marco orzamentario o permitan. Mentres tanto, o Goberno garantirá unhas satisfactorias condicións de mantemento e de seguridade viaria para este itinerario, que permita unha comunicación eficaz e unha continuidade axeitada para a nova autovía.
O treito ata a fronteira con Portugal executarase cando o orzamento o permita, indica a Xunta
4 120 millóns de euros de investimento O conselleiro lembrou que o vial está deseñado con sección de autovía e que se trata na súa totalidade dunha infraestrutura de novo trazado, cunha lonxitude de 18,74 quilómetros, á que a Xunta destina máis de 120 millóns de euros. Nestes momentos as obras están ao 68% da súa execución, coa reposición de servizos afectados rematada, e un 90% do capítulo de movemento de terras, estruturas e muros executado. No tocante ás estruturas están realizados a totalidade dos 18 pasos inferiores contemplados; así como 9 pasos superiores, restando unicamente 3 que están en execución,
ao igual que a pasarela peonil prevista. Os viadutos atópanse practicamente finalizados, a falta do taboleiro do río Orille e das barreiras de contención no taboleiro da marxe esquerda dos viadutos do Arnoia e do Rego do Porto. As obras de drenaxe teñen arredor dun 55% executado; a ordenación ecolóxica, estética e paisaxística atópase executada nun 32%; e o centro de control está rematado, quedando pendente unicamente o mobiliario e os equipos informáticos. Por último, estanse a iniciar os traballos de afirmado e de sinalización, balizamento e defensas.
BARRIOS Maio de 2012
19
EN BREVE
4 Crítica á paralización da autovía a Portugal De “atropelo” e “nova puñalada” cualificou o deputado socialista Pablo Xabier López Vidal a paralización da autovía entre Celanova e Portugal. O socialista lembra que o seu partido defendeu sempre que o contrato abranguera todo o percorrido dende Ourense ao Lindoso, e que agora o Goberno de Feijóo deriva a execución do treito que resta e que comunica dende a autovía de Celanova coa Baixa Limia “a futuras dispoñibilidades orzamentarias”. Para López Vidal “trátase doutra discriminación máis coa nosa provincia, que ve paralizada unha obra chamada a vertebrar o suroeste ourensán co país veciño de Portugal”.
4 Campo de traballo en Celanova Dende o 1 ata o 15 de agosto terá lugar no Concello de Celanova o campo de traballo 2012, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través da empresa Lúcete Lecer. O campo de traballo ten varias posibilidades entre as que se atopan a sinalización do xacemento arqueolóxico de Castromao, a colaboración coa residencia da 3ª idade ou o traballo coa Asociación Terras de Celanova. Dispón de 20 prazas para mozos de entre 18 e 30 anos.
noticia de empresa
MOSA, o Parador de Santo Estevo e o periódico Barrios invítanche a probar o novo Peugeot 208 Redacción O concesionario de Peugeot en Ourense, MOSA, xunto ao Parador de Santo Estevo e ao periódico Barrios invítanche a unha fin de semana neste parador para probar o novo modelo Peugeot 208. Como participar nesta promoción? É moi fácil! O
único que tedes que facer é contarnos a vosa mellor experiencia no voso coche. Queremos coñecer as historias nas que os coches foran os protagonistas, e para iso podedes enviar os vosos textos, de non máis de 1.400 caracteres sen espazos, á dirección de correo electrónico mimejorexperiencia@ ourenseporbarrios.com.
Os relatos irán acompañado de nome completo e teléfono de contacto. É necesario ser maior de idade e posuir carnet de conducir en vigor durante a fin de semana obxecto da promoción. A participación supón a aceptación destas bases. O prazo de recepción dos relatos remata este 31 de maio.
Membros de MOSA Ourense no Parador de Santo Estevo con dous vehículos do novo modelo de Peugeot 208./RAMSÉS.
20
BARRIOS Maio de 2012
OURENSE PROVINCIA
Galisenior 2012 fomentará o envellecemento activo e os dereitos do maior
O conselleiro de Economía e Industria participou na presentación da memoria de Expourense./RAMSÉS. O presidente da Xunta recibiu ao presidente da Deputación no seu despacho en Santiago.
A Xunta achegará 1,2 millóns de euros para emprego e servizos sociais en Ourense
4O executivo galego e a Deputación asinarán un convenio para desenvolver iniciativas de emprego e servizos sociais nos concellos. Redacción O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acordaron a sinatura dun convenio de colaboración segundo o cal o executivo galego achegará máis de 1,2 millóns de euros para desenvolver iniciativas de emprego e servizos sociais nos concellos de Ourense que teñen menos de 20.000 habitantes, isto é, 91 dos 92 municipios da provincia (todos agás a capital ourensá). Esta acordo de colaboración fixérono público conxuntamente Feijóo e Baltar na comparecencia ante os medios informativos posterior á reunión que mantiveron na Parlamento de Galicia, en Santiago, a primeira que manteñen oficialmente ambos os dous presidentes desde que Manuel Baltar asumira a presidencia da Deputación de Ourense. Durante hora e media Feijóo e Baltar falaron de servizos sociais, infraestruturas, turismo, cultura, e acordaron abrir “unha axenda de cooperación conxunta que permitirá potenciar a
rendabilidade dos investimentos, evitar duplicidades e seguir incrementando a eficiencia”, explicou Alberto Núñez Feijóo. Manuel Baltar e Núñez Feijóo coincidiron en cualificar de “fructífero” este primeiro encontro, e o presidente da Deputación subliñou que esta nova fórmula de cooperación entre Xunta e Deputación “permitirá axilizar xestións e abrirá novas liñas de colaboración que se concretarán en “máis e mellores” investimentos para a provincia de Ourense. Agradecementos mútuos Logo de referirse á autovía de Celanova, á presentación do proxecto do Hospital 2050 e ao convenio que permitirá xerar emprego en Ourense, Manuel Baltar agradeceu ao presidente da Xunta a súa aposta polo “equilibro territorial” que merece a provincia de Ourense, “algo que hai que fortalecer día a día”. Pola súa banda, o titular da Xunta devolveulle o agradecemento ao presidente da Deputación de Ourense polo seu compromiso por facer máis con menos, “e
ver como podemos potenciar o diñeiro público para manter servizos públicos; para finalizar infraestruturas; para facer un novo edificio do complexo hospitalario de Ourense” Ademais, Núñez Feijoo dixo que o Goberno galego fará un esforzo especial para achegar investimentos a Ourense, “a única provincia do interior”, e lembrou que o seu executivo colaborará e apoiará aos emprendedores e ás empresas que queiran desenvolver en Ourense proxectos, “sempre que cumpran coa legalidade e acheguen fondos propios aos proxectos”. No caso da estación de montaña de Manzaneda afirmou que a Xunta segue a realizar xestións de capitalización para que Manzaneda se converta nun gran polo de atracción turística.
Novas liñas de colaboración das dúas institucións concretaranse en ‘máis e mellores’ investimentos para a provincia
Expourense presenta os seus resultados
4 En 2011 incrementouse un 13,7% o número de expositores e un 4,8% o de visitas. Redacción Os resultados da actividade de Expourense durante o 2011 foron presentados nun acto presidido polo presidente do Padroado de Expourense e conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra. Durante a súa intervención destacou que “Expourense consolídase como un referente dos recintos feirais galegos polo importante papel que desempeña na dinamización da economía ourensá, mobilizando coa súa actividade feiral 5 millóns de euros na provincia o ano pasado, o que supón multiplicar por catro cada euro investido”. O conselleiro asegurou ademais que o traballo da Fundación contribúe directamente á proxección exterior da provincia e de Galicia, impulsando sectores relevantes da economía galega como o termalismo, a gastronomía, o transporte ou a viticultura, que centraron algunhas das feiras celebradas o pasado ano. 275 días de ocupación O resumo de actividades organizadas pola Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, durante o 2011 sinala que o recinto rexistrou un nivel ocupación
de 275 días, celebrándose nel un total de 10 feiras, a meirande parte delas marcado carácter profesional e orientadas ao negocio. Todos os certames contaron coa presenza de 976 expositores, unha cifra que medrou nun 13,7% con respecto a 2010 e que indica o grao de fidelización e confianza das empresas e institucións polos proxectos que se levan a cabo en Expourense. Estas citas, unidas á vintena de eventos e outras actividades celebrados no recinto, rexistraron en total máis de 132.145 visitas procedentes de 30 países. A cantidade de visitas medrou en 2011 un 4,8%. Expourense organiza na actualidade dous certames co Selo de “Feira Comercial Internacional” que outorga a Secretaría de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España:Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, e Funergal, Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, ademais, Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que conta coa internacionalidade a efectos aduaneiros.
O recinto acolleu 10 feiras, unha vintena de eventos e outras actividades
Abordar o envellecemento de forma activa e saudable fomentando a autonomía persoal dos maiores, a defensa dos maiores e os seus dereitos e a convivencia interxeracional. Estes son os obxectivos marcados durante a primeira reunión do comité asesor de Galisenior, Salón Galego das Persoas Maiores que chegará a súa oitava edición en Expourense os días 25 e 26 de maio. Esta cita, de carácter bienal, servirá ademais de punto de encontro dos profesionais do sector, dos maiores e das súas familias para darlles a coñecer todos os servizos e produtos existentes para mellorar a súa calidade de vida. Galisenior é a única feira destas características que se celebra no noroeste peninsular e que está especialmente dirixida ás persoas maiores, ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector. O salón celebrará unha nova edición cunha dobre vertente: por un lado servirá para orientar a todo o colectivo de profesionais que traballa neste ámbito sobre a problemática que máis preocupa ás persoas maiores, converténdose unha vez máis nun espazo de convivencia entre usuarios, empresas e institucións. A feira ofrecerá unha ampla mostra de produtos proxectados para brindar unha mellor calidade de vida aos nosos maiores, proporcionándolles a oportunidade de intervir activamente na sociedade, fomentando a súa autonomía, independencia e liberdade. Tamén se poñerán en coñecemento de todos os profesionais e das súas familias os servizos de atención que ofrecen entidades públicas e privadas; e realizarase xornadas técnicas, que presentarán as últimas innovacións e proxectos vencellados ao sector do maior, e outras actividades, como unha andaina, obradoiros de informática, clases de ximnasia ou concursos de baile.
PUBLICIDADE
BARRIOS Maio de 2012
21
22
BARRIOS Maio de 2012
DEPORTES
A Moreira recorda a memoria de “Carrera”
4 O campo de fútbol limiao da Moreira leva desde o pasado 28 de abril o nome de José Antonio Fernández “Carrera”. Redacción José Antonio Fernández “Carrera” é o nome que adoitaron porlle ao campo de fútbol da Moreira. Con esta decisión hónraselle ao que fora xogador, adestrador e presidente do Antela, falecido no 2008. Ao acto de inauguración do novo campo de fútbol acudiron o alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, xunto co seu grupo de goberno e a oposición; os presidentes dos catro clubes de fútbol do Concello de Xinzo: Antela F.C., Piñeira F.C., Boado F.C. e E.D. Concello de Xinzo), o presidente da Delegación Ourensá de Fútbol, José Luis Cachaldora e o presi-
dente da Deputación Provincial, Manuel Baltar. Esta entidade (Deputación) foi a que costeou o 80% da construcción do novo campo, que pasou a ser propiedade do Concello de Xinzo. En total foron 240.000 euros os que a administración provincial aportou dentro
do seu Plan de Infraestruturas Deportivas. A viuva, Carmen Barje, e fillos de José Antonio Fernández “Carrera” tampouco faltaron á cita, sendo a primeira a que efectuou o saque de honra, como símbolo de inauguración do campo.
A viuva de “Carrera” descobre unha praca, xunto a ela o seu fillo, o presidente da Deputación e o alcalde de Xinzo.
Época de andainas
4 A provincia de Ourense é prolífica na organización deste tipo de eventos nesta época do ano. R. Torres A primavera é época de andainas, e Ourense é un lugar prolífico para estes eventos. Andainas O 20 de maio en Maceda organízase o San Mamede Desafío Solidario 2012, que se disputará nas modalidades de andaina (17 quilómetros), carreira (21) e BTT (44). O custe da inscrición é de 16 euros, dos cales seis irán destinados ao fin solidario do evento. Para a última fin de semana de maio, concretamente o sábado 26, está prevista en Allariz a andaina de 50 quilómetros; unha das probas con máis participación, xa que cubren cada ano o tope de 800 participantes. Ese
mesmo sábado, o barrio do Couto de Ourense acollerá a segunda carreira do circuíto de carreiras “Correndo x Ourense”, a partir das nove da noite. Toda a información destas carreiras pódese consultar nas webs correrengalicia.org e championchipnorte.com. A II Ruta dos Castros. Unha andaina pola historia terá lugar o 20 de maio en Cualedro. Saída de Lucenza, pasando pola cidade romana de Santa Marta, o dolmen da Madorriña, o Castro Cidá de Saceda, o Castro Cidá de San Millao e remate na Escola de San Millao. Distancia 16 Qm de dificultade baixa. Sairase desde a praza do Concello de Verín ás 8:30 h., para comezar a andaina en Lucenza ás 9 horas. Inscricións en Multisport, 988 414 423, Concello de Cualedro, 988
424 004 e Ruta das Augas 600 410 018. O domingo 27 de maio, turno para a cuarta edición da andaina da Eurocidade Ruta do contrabando da Cidadella. Ten dúas saídas: ás oito da maña desde o Centro Cultural de Chaves e as 9.30 desde a praza do concello de Verín. Ás 10.30h. haberá a concentración dos grupos na aldea de Soutochao. O percorrido é de 10 quilómetros, e as inscrición -que son gratuítas- realizaranse no Centro Cultural de Chaves (ou a través do e-mail: ded.cmc@gmail. com) ou no Concello de Verin, até o día 23 de maio. Carreira de Xinzo Desde a Asociación Limiactiva está prevista que a VII Carreira Popular nocturna de Xinzo de Limia teña lugar o 16 de xuño.
DEPORTES
O Verín, a piques de salvar a categoría
Segundo campus de porteiros en Allariz
4 O Celanova está case que descendido á 1ª Rexional.
4 Impartirase do 24 ao 30 de xuño no complexo de “O Seixo”.
R. Torres O Verín CF ten practicamente salvada a categoría a falta de dúas xornadas. Cun só punto sería equipo de Rexional Preferente o ano que vén, ou incluso perdendo os dous encontros podería salvala categoría. Nunha tempada na que poden ser sete os equipos que descendan (en función dos arrastres e ascensos de Terceira). Con 45 puntos son undécimos.
Un xogador do Verín.
O Verín visita ao filial do Pontevedra, nun partido en que o empate lle daríal a permanencia, o equipo do Lérez xa está salvado. Remata a liga como visitante no campo do Cruceiro do Hío. Sporting Celanova Quen ten máis complicado o da salvación é o Celanova. O equipo da terra de poetas ten pé e medio na Primeira Rexional logo de sucumbir esta xornada contra o Gran Peña (0-3 en San Rosendo). Para salvarse necesitarían gañar os dous partidos que restan e, ou que Verín ou Marín non puntúen. Outra opción, remota, é que ascendan tres equipos galegos a 2ªB e que tamén o faga o terceiro do grupo sur da Preferente.
Redacción A vila alaricana acollerá por segundo ano consecutivo o campus de porteiros de fútbol e fútbol sala “Una semana de locos”, organizado pola asociación Xeneración de Novas Ideas e Proxectos Deportivos (GENIOPS). Trátase dunha iniciativa posta en marcha por e para gardametas que ofrece aos xoves porteiros -de entre 6 e 17 anos- a atención específica que merecen, como peza chave do seu equipo. Do 24 ao 30 de xuño, no complexo deportivo “O Seixo”, os rapaces traballarán habilidades específicas desta posición, así como os valores do respeto, humildade, colabora-
ción e traballo en equipo. E todo combinado con outras actividades complementarias como kick boxing, defensa persoal, vendaxes, piscina, skate, etc. Visitas de luxo A inscrición neste campus de porteiros dá dereito a pensión completa, aos adestramentos específicos, servizo de masaxista, material deportivo, convertirse en socio da asociación GENIOPS e participación nas conferencias e clases de importantes figuras do mundo do fúbol (como, por exemplo, Bernardino González -ex árbitro de Primeira División-, José Sambade - adestrador de porteiros do Deportivo-, Manu Taranilla - actual porteiro
do C.D.Barco- ou Manuel Mosquera -podólogo-), que se darán cita nesta segunda edición do campus. Inscricións Todos os interesados en participar nesta “semana de tolos” deben abonar a súa cpta de inscrición (que oscila entre os 165 e os 250 euros, segundo se sexa socio ou non de Geniops, e en
BARRIOS Maio de 2012
23
función de se se opta por réxime interno ou externo) e enviar o formulario correspondente ao enderezo electrónico geniops@geniops. es, á web desta asociación, mediante o fax 988 21 41 43, por correo postal á Rúa Reza nº 9 - baixo ou entregalo en calquera das tendas de Inter Sport Bouso.
Cartel do segundo campus de porteiros.
[Máis info en www.geniops.es]
24
BARRIOS Maio de 2012
DEPORTES
Podios para o BTT de Maceda
Deporte para o verán de Verín
4 Na terceira proba puntuable do Open Galego de BTT.
4 Ofertan fútbol, natación e xogos populares.
Redacción Gran actuación dos integrantes do Academia Postal Actyon - Mérida que se desprazaron ata Gondomar para participar na terceira proba puntuable do Open Galego de BTT. En cadetes, Iván Conde e Raúl González lograron o dobrete para o equipo macedán ao rematar primeiro e segundo respectivamente; con este resultado, Iván Conde afiánzase como líder da clasificación. En M40, Xulio Conde foi terceiro, e Saúl López, en Elite, segundo tras unha dura pugna coa que a postre foi o vencedor, Alberto Pedreira; López continúa con opcións de ser primeiro. Pola contra, o seu compañeiro, Jose Ramón Villanueva, tivo que aban-
donar por problemas mecánicos. A vitoria máis intensa da xornada foi na carreira por relevos; o club macedán, nunha emocionante carreira lograba a vitoria por diante do Bici Verde de Vigo e do Monforte. En total foron cinco podios do Academia Postal, a pesar das numerosas baixas do conxunto ourensán. Escola Os rapaes da Escola JA Hermida acudiron á final Galega de Duatlon Escolar en Boiro, onde Aida foi quinta en Noelia 11ª en Benxamíns; Breogán, noveno e Martín 14º nos benxamíns masculinos, e Iván Conde undécimo en infantís.
Iván e Raúl no podio de Gondomar.
Piragüismo
Paula Segura vence na Regata Galega de Piragüismo
Redacción O Servizo Municipal de Deportes do Concello de Verín programa do 2 de xullo ao 31 de agosto a iniciativa Verán Deportivo 2012. Estas iniciativas están destinadas para uns 150 alumnos e terán un horario de 10.30 a 13.30 horas. Sobre tres categorías estarán articuladas as actividades: un grupo xeral para os nenos de entre 4 e 14 anos, que durante tres días á semana farán no pavillón municipal xogos populares, xogos de recreación, actividades multideportivas, obradoiros, cine e piscinas; un grupo xeral, que no complexo deportivo da Granxa practicarán fútbol7, fútbol-sala e piscinas, para nenos de entre 6 e 14 anos; e outro grupo de 4 a 14 anos que durante cinco días á semana realizarán no Pavillón Municipal de Deportes xogos populares, xogos de recreación, actividades multideportivas, obradoiros, cine e piscinas.
de Javier Pereira (Allariz) e o vixésimo de Javier Rodríguez (Allariz). Infantís Na categoría infantil celebrouse no río Verdugo ao seu paso entre as localidades de Arcade e Pon-
Inscrición O prazo de inscrición comeza o martes 15 de maio, nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno s/n) ata completar todas as prazas dispoñibles. No proceso de admisión terán preferencia os alumnos posuidores da tarxeta do Eurocidadán, que participasen nas Escolas Deportivas Municipais 20112012 ou que se matriculen da actividade completa. Prezos Os prezos son multiples segundo as actividades que se fagan e a duración da mesma, e se pertence a Eurocidade ou non. Así o custo varía entre os 30 euros do máis barato e os 125 do máis caro.
A natación será unha das actividades. tesampaio (Pontevedra) a terceira Regata XVII Copa Gallega Promoción. Adrián Pérez, do Barco foi terceiro; Santiago Álvarez (Allariz), decimo quinto; Sergio Gavilanes (Allariz), 46º e Ángel Pereira, rematou de 57.
4 Na categoría benxamín. Redacción O río Arnoia ao seu paso por Allariz acolleu a primeira Regata Galega de Piragüismo do ano nas categorías alevín e benxamín, en piraguas individuais e sobre un percorrido de 1300 metros. 262 piragüistas procedentes de 26 clubes de toda a xeografía galega que competiron neste evento que tivo por gañador ao Torres Romería Vikinga, de Pontevedra.
No tocante á participación dos ourensáns, el club piragüismo Fluvial de Allariz obtivo o puesto 11, el club fluvial Avión foi 24º e o club piragüismo fluvial do Barco rematou no posto 26 en la clasificación final por clubes. De xeito individual, Paula Segura foi primeira; Andrea Castells, 21ª e María Domínguez, 27ª. En categoría masculina, o máis destacado foi o primeiro posto do club do Barco, Oliver Rodríguez; o sexto
Arriba: Hugo, Javi Baños, Juan, Miguel, Iago,Iván, Fran (adestrador). Abaixo: José Carlos, Brais, Avelino, Javi Domínguez, José Luis e Alex.
Fútbol sala infantil O Verín proclamouse campión do Campionato Provincial de fútbol sala na categoría infantil. Hugo, Javi Baños, Juan, Miguel, Iago, Iván, José Carlos, Brais, Avelino, Javi Domínguez, José Luis e Alex son os rapaces que lograron o campionato, moi ben dirixidos por Fra (adestrador) e Toño (segundo adestrador). O grande esforzo dos pais acompañándoos alí onde xogaban víuse recompesado con este título.
O Torneo de Escolas de Natación en Chaves contou con nadadores ourensáns Redacción O Club de Natación de Verín participou no Torneo de Escolas de Natación en Chaves cun total de 23 nadadores. As idades dos deportistas que participaron no evento estaban comprendidas entre os 8 e 14 anos. A competición celebrouse na piscina climatizada da localidade lusa de Chaves. Neste torneo participaron máis dun centenar de nadadores da Piscina Climatizada de Allariz, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, Club de Natación de Chaves e Club de Natación de Verín. A
convocatoria foi dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competiron na categoría de benxamín, alevín e infantil, e nas probas de 25 metros costas benxamín, 50 metros costas alevín e infantil, 25 metros braza benxamín e alevín, 50 metros braza infantil, 25 metros crol benxamín, 50 metros crol alevín e infantil, e 8 x 25 relevos. O Club de Natación de Chaves foi primeiro; Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, segundo; Piscina Climatizada de Allariz, ocupou o terceiro lugar e o Club de Natación de Verín rematou cuarto.
Feijoo, cuarto en Carballo Redacción
Paula Segura no primeiro caixón do podio.
O piloto verinés do Club Motomeda de Motocross tívose que conformar coa cuarta posición na proba disputada en Carballo. Nos adestramentos libres rompeu os parafusos de suxeición do subchasis da súa moto, o que fixo que tivieran que modificalo, e dada a dificultade de facelo no circuíto os mecánicos apuraron pero
non puido realizar os adestramentos cronometrados. Tralo parón do mediodía reparóuselle o subchasis, e tras unha saída fulminante e con moita decisión venceu na primera manga detectando novamente problemas, esta vez no embrague. Xa na volta de recoñecemento da segunda manga o problema foi a máis e, aínda que volveu saír tivo que abandoar nesta manga quedando cuarto na xeral.
PUBLICIDADE
BARRIOS Maio de 2012
25
26
BARRIOS Maio de 2012
ARTIGOS / OCIO E CULTURA
Verín súmase á celebración das Letras Galegas 4 Cunha charla, unha mostra e unha gala músico-literaria. Redacción Unha conferencia sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade, unha gala músico-literaria e unha exposición serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas. O mércores día 16, Xan Carballa, xornalista e ensaísta, autor, entre outras, das obras “Valentín PazAndrade. Antoloxía e Biografía de Valentín Paz-Andrade”, será o protagonista dunha charla-conferencia que acollerá a Casa da Cultura ás 19 horas, organizada polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia. Gala na Casa da Cultura O xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 16 horas, celebrarase na Casa
da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Coro e do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. E desde o venres día 18 ata o 8 de xuño permanecerá aberta na Casa do Escudo a exposición “MMQmmr”, con obras realizadas por alumnado do departamento de Debuxo do instituto Xesús Taboada Chivite. A exposición poderase visitar de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas, e ofrece horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa.
Un concurso elixirá o cartel da Batucada 4 O prazo de presentación de propostas remata o 20 de maio. Redacción Co obxecto de publicitar unha nova edición da Batucada,a asociación xuvenil ‘Os Entroideiros’, en colaboración co Concello de Verín, promove un concurso para seleccionar o cartel oficial da festa. No concurso poderán concorrer os autores que o desexen, co número de traballos que estimen oportunos, orixinais, inéditos e non premiados en ningún concurso anterior. As obras a concurso serán presentadas exclusivamente en soporte dixital, en tamaño A2 e formato .jpg 300 ppp, levando como único texto “Batucada Verín 27 e 28 xullo”. Os traballos deberán enviarse á dirección batuca-
daverin@gmail.com aata o 20 de maio, cos seguintes datos: fotocopia do DNI do autor, enderezo actual, e-mail e teléfono, así como lema ou título da obra. As propostas serán expostas a votación popular no álbum creado a tal efecto no Facebook “Batucada Verín (Oficial)”. A proposta gañadora será a que máis “me gusta” obteña. O prazo de votación permanecerá aberto a partir do 21 de maio ata o 3 de xuño. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 150 euros.
O cartel gañador elixirase en Facebook
4TRIBUNA ABERTA
Casa Lucho, Gondulfes, a lenda continúa... Coñezo o Lucho, o ompadre do meu pai, dende que teño uso da razón. Nas noites de xuntanza, baixaba a vila co seu chofer particular, enchían o salón da miña casa de fume por mor do ducados e do corenta e seis, tabacos enxebres que devoraban sen parar, os dous “satélites”. A min gustábame moito ir a Gondulfes, á festa da Santa Cruz, o 14 do setembro, non só pola paparota que alí se armaba, senón tamén polo ben que o pasábamos os rapaces, despois do xantar. Moitos anos sen fallo a unha festa, onde esa bendita casa transformábase nun espectáculo gastronómico por excelencia. A señora Remedios, nai do Lucho, e maila súa dona Rosa, infatigables, sacaban do arcón, primeiro o esforzo e despois un sin fin de manxares, elaborados con sabiduría centenaria dende moi cedo. Máis de trinta comensais facíamos o xantar, con ledicia e ao mesmo tempo satisfacción. Non podo esquecer o avó David, espigado, recto coma un estadullo e cunha mestura de seriedade e ironía, sempre co seu chaleco e zapatillas de pano. Rexentaba unha tenda multiusos no baixo da casona, onde se podía mercar de case todo, en calquera momento, aberto 25 horas, como reza no cartel”. Aquilo era o paraíso
para os rapaces que non perdíamos de vista a caixa das galletas “Napolitanas”, os barquillos de nata e as fantas de laranxa ou de limón, a elexir! Co paso dos anos, Lucho comenzou a darlle un aire distinto ao local, e alí afloran as primeiras reunións cos seus amigos de sempre, que fuxían da rutina da vila, para mudar de aires cara á
Alí aconteceron as mais sonadas xoldas da comarca, e xurdiron moitas falcatruadas entroideiras, e como non, as improvisadas serenatas nocturnas, que xurdian de súpeto, a noivas namoradas, das cales os protagonistas, que de algún xeito hoxe poden ler estas letras, saben a boa fe que quizais quedaríame curto se teño que narrar algunha
montaña, e tamén poder catar un viño e darlle o palique un anaco en confianza. Co tempo, foi medrando a clientela, e a tendiña do avó David, convertiuse nunha taberna máxica, dnde se mantén o espírito do servizo os veciños e como non, o bo costume de reunirse e disfrutar dunhas xarras de viño feito na casa, quedando anotado cunha marquiña de tiza na fronte da cuba, as xarras saintes cara á taberna dende a bodega, situada apenas a uns metros, por se algún, o día seguinte, quería saber o motivo do “bamboleo” ou da “mosca” para entendernos millor.
delas. É alí, onde a miúdo, xúntanse as voces máis afinadas do contorno e rinden contas coa xolda, ata que chega “a chispiña” do mencía e afrora a ledicia musical, e de contado arranca a melodía de “No plantes nunca viñas” ou “La enredadera”, entre moitas. Lucho soubo levar a bon porto unha nave pequena no tamaño, pero grande en camaradería e convivencia, onde o beber, compartir, e soñar van collidos da man. Agora que corren malos tempos e o sentir da xente está en declive por mor da crise sería millor que non
esquezamos o espíritu da xolda e da reunión, e sobre todo o sorriso, e coido que na casa do Lucho en Gondulfes, é un dos lugares propicios para pasar un ratiño e esquecer o ruín. As xarras co laciño atado no mango para distinguir o blanco e o tinto. As mans inquietas do Lucho encheron as derradeiras tazas con arte, facendo en segundos, un burú, que transforma o alterne nunha relixión. Agora, chegada a idade do descanso, o señor Emilio deixa paso á prole, e Xavi, o seu fillo maior, que leva este oficio na sangue dende cativo, e que estivo sempre ao carón do seu pai, mamou dende mozo a cantina, empapándose das artimañas e boas prácticas que o Lucho sempre desenvolveu ante tan variada clientela, sendo este o motivo e a sinxela razón, de que esta mítica casa sexa tan singular e única. Corre aire fresco en Gondulfes, a lenda continua... E agora que as augas baixan turbias e as malas novas agarrotan a xente, Xavi toma as rendas con coraxe, forza e ilusión, dándolle ao local un toque definitivo, mesturando as escollidas mañas do seu pai, e a sua propia personalidade, conseguindo un ambiente enxebre e cálido, onde se pode merendar e tomar uns viños con placer, e que disfrutaremos moitos anos, se Deus quere e os discípulos da “Pestañí” nolo permiten... Miguel A. P.S “Chita”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Sabía que? - CENORIA. Ten betacaroteno e debe ser consumida cunha graxa, por exemplo o aceite de oliva. - BANANA. As verdes son mellores para controlar o apetito. - TOMATE. Contén licopeno, que é máis fácil de absorber cando é cociñado. - MILLO. O enlatado é máis nutritivo do que a mazorca. - ACEITE. Non é bo para fritir. Ten como que unha forma de axudar a
previr doenzas oncolóxicas e cardiovasculares.Mais a partir de certa temperatura degrádase, dando orixe a compostos nocivos. - LEITUGA. Os tallos son ricos en vitaminas benéficiosas para a sáude. - PATACA. As vitaminas están en maior concentración na casca. - LEITE DESNATADO. É peor do que o enteiro. As vitaminas A e D e o Cálcio están na graxa. - BANANA. Canto máis maduras máis calóricas
son. -- CAFÉ. Fai ben á saúde, protexe o corpo contra o desenvolvemento dun tipo de tumores mamarios, diminúe o risco de cancro de fígado e de doenzas neurodexenerativas (Parkinson e Alzheimer), prevén contra a diabete tipo 2 e problemas cardíacos. Mais está prohibido para as vítimas de hipertensión, arritmias cardíacas ou úlceras. -- FROITA. Moi madura ten unha porcentaxe elevada de frutosa que a torna máis
calórica. Desconfíe dos alimentos enriquecidos con vitaminas, a maioría son ineficazes. Os alimentos á grella poden ser prexudiciais, debido as altas temperaturas ou ás partes queimadas, que xeran compostos canceríxenos. Doulle o último consello: se beber todos os días 75 centilitros de auga en xaxún, vai baixarlle os niveis do ácido úrico, glicosa e vai lubrificar os cartílagos das articulación e consecuentemente a previr a artrite. João Damião
OCIO E CULTURA
EN BREVE
4 Remata o concurso “Busca do patrimonio” Miguel Pérez Parada, rapaz de Verín de 9 anos e estudante de 3º de Primaria, foi o gañador do concurso ‘Busca do patrimonio na Biblioteca’, promovido pola Biblioteca Municipal de Verín, coa colaboración do historiador e escritor Bruno Rúa. Quedaron clasificados en 2º, 3º e 4º posto os seguintes menores: Nerea Sola Barja (12 anos e de 1º ESO), Ana García Nóvoa (13 anos e de 2º ESO) e Juan Carnero Rodríguez (9 anos e de 4º Primaria). Todos eles recibiron como premio material deportivo de diferentes equipos de fútbol, entre eles, a Selección española.
4 Deserto o premio do cartel das Festas de San Bieito 2012 O xurado encargado de valorar os carteis propostos para ser a imaxe das festas patronais de Allariz deste ano, fallaba deixar deserto o premio. A concelleira de Cultura, Tereixa Devesa, acompañada polo seu equipo técnico decidía, como xurado, que o premio de 450 euros do concurso do cartaz anunciador das Festas de San Bieito 2012, quedará deserto “por non atender ás expectativas esperadas” segundo explicaban os técnicos.
4 Letras Galegas en Maceda A Asociación Cultural Aira das Mantas de Maceda conmemora o día das Letras Galegas cunha programación especial o domingo 20 de maio. Ás 12 da mañá abrirá a 5ª Feira do libro en galego, na praza das Toldas de Maceda e presentarase o conto de tradición oral “Gran de millo”. Pola tarde, ás 17:30 h. teñen previsto unha sesión de contacontos con Fran Guede, seguida da actuación do grupo de pandereteiras Debanadoira e do grupo de baile Chouteiros.
“O contacto directo dos actores e director cos potenciais espectadores é fundamental e moi enriquecedor” 4 O director repite con “Vilamor”, a súa última película, a fórmula de promoción que tan ben lle funcionou con “Pradolongo”. Falamos con Ignacio Vilar, director de “Vilamor” entre charla e charla cos estudantes dos institutos verineses Castro de Baronceli e García Barbón. O director galego repite co seu último filme a a fórmula de promoción que tan ben lle funcionou con “Pradolongo” Que tal está sendo a acollida da película? Ignacio Vilar: “Moi boa, levamos xa dous meses e fixemos como 10.000 km. Empezamos o 19 de marzo na provincia de Lugo porque a película rodouse en Lugo, nos Ancares, igual que en “Pradolongo”, indo polas mañás aos institutos e asociacións culturais e veciñais polas tardes pero nesta promoción engadimos algo novo, imos aos encontros deportivos, estivemos co COB e co Breogán, co Coruxo e no derbi Celta-Depor e non sei que pasa pero vamos nós e gañan os equipos de aquí. O cine galego está co
deporte galego. A fórmula de promoción considermos que é moi boa, o contacto directo dos actores e do director cos potenciais espectadores é fundamental e non só como director senón como persoa é moi enriquecedor. Engadimos como promoción as redes sociais: Twenti, Facebook pola xente nova. Polas noites botamos máis de dúas horas nestas redes. Levanos tanto tempo a promoción da película como a realización, porque eu entendo o concepto do cine como a totalidade dende que teño a idea e como realizala penso tamén na promoción . Como anécdota unha rapaza de 15 anos que viu a película levou á súa nai e avóa a vela de novo e despoís felicitarónnos no Twenti porque a película emocionou ás tres xeracións. Iso é marabilloso”. En que consisten exactamente estas charlas co público? I.V.: “Nós non lle chamamos charlas senon encontros porque resulta que as
Ignacio Vilar, nun momento do encontro con estudantes no García Barbón./M.REJO. charlas para eles son aburridas e como con nós divirtense... Non lle informamos de que a película está no cine, son encontros didacticos, eu ensínoslle como se fai a pelicula, como se roda unha secuencia”. Cando se trata de encontros con estudantes, como esta charla no instituto García Barbón, que é o que máis vos preguntan? I.V.: “Sobre todo nos institutos pregúntannos sobre as cousas do amor porque está baseada nunha historia de amor nunha comuna nos
anos 70”. Nestes momentos en cantas salas se pode ver a película? I.V.: “Está en todas as salas de todas as vilas e cidades de Lugo, A Coruña, Ourense e Pontevedra. Xa a estreamos na Rúa”. Ides presentar o filme a algún festival? I.V.: “O día 17 estreamos en Ourense e o día seguinte ímonos a Cannes de Francia, todos os actores e a actriz, máis eu. E o día 25 estamos en Cans, pero no de Galicia. Imos de Cannes a Cans”.
4SUDOKUS
4HUMOR
Todas as viñetas en http://oemigrantedopazo.blogspot.com/
27
4AXENDA
entrevista a ignacio vilar, director de cine:
M.R./P.L.
BARRIOS Maio de 2012
Espectáculos - 17 de maio - Gala músico-literaria - 16 h. - Casa da Cultura de Verín - 19 de maio - Titerehop - 17 h. - Praza Maior de Xinzo e piscina cuberta de Verín Exposicións - Desde o 17 de maio - Traballos do concurso Carlos Casares - Casa da Cultura de Xinzo - Desde o 18 de maio - “MMQmmr” - Casa do Escudo de Verín - Ata o 27 de maio - “Do saudosismo ao atlantismo” - F. Vicente Risco Allariz Cine -16 de maio: “La cuestión humana” ; 24 de maio: “Los gigantes de Tessaglia”; e 31 de maio : “Taxi Driver” - Ás 22:45 h. - Casa da Cultura de Verín Conferencias - 16 de maio - Conferencia sobre a obra de Valentín Paz Andrade - 19 h. - Casa da Cultura de Verín Teatro - 17 de maio - “Asamblea de mulleres” - 21 h. - T. Bento Martíns Chaves Música - Do 17 ao 19 de maio - Festival Reperkusión Benposta, Ourense - 20 de maio - Coral de Verín - 12 h. - Igrexa Santa María a Maior de Verín Feiras e festas - Do 17 ao 20 de maio - Festas en Baltar - 17 de maio - Romería Raigame en Vilanova dos Infantes - Do 2 ao 10 de xuño Festa do Boi en Allariz
Nivel difícil
Para resolvelo, coloca un número en cada recadro de maneira que cada fila, cada columna e cada un dos nove recadros conteñan os números do 1 ao 9 sen repetirse.
28
BARRIOS Maio de 2012
OCIO E CULTURA
Celso Emilio Ferreiro e Paz-Andrade, na revista Raigame
EN BREVE
4 Día das Letras Galegas na Biblioteca de Verín
O mércores 16 de maio, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza actividades lúdico-culturais con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín PazAndrade. Esta iniciativa está destinada a 20 menores de entre os 3 e 8 anos, e consiste en contacontos e manualidades, coordinados por voluntarios da biblioteca. Para participar na mesma é necesario inscribirse nas instalacións da propia biblioteca ou no teléfono 988 414 776.
4 Títeres en Xinzo O día 19 chega a Xinzo o espectáculo Titerehop, que forma parte do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia Fala Redes. Trátase esta dunha actividade destinada a mozos e mozas de 13 a 17 anos para a que é preciso inscribirse na Oficina de Información Xuvenil (na Casa da Cultura de Xinzo). Titerehop terá lugar de 17:00 a 19:30 horas na praza Maior da vila.
4 ‘Encontros de Teatro’ na Eurocidade A Eurocidade ChavesVerín, no ámbito da súa programación cultural anual e co obxecto de impulsar o intercambio de actividades entre os dous municipios, colabora na organización do programa ‘Encontros de Teatro na Eurocidade’, que terán lugar nas vindeiras semanas en Chaves. Esta iniciativa desenvolverase no Cine Teatro Bento Martins desta localidade lusa. O 17 de maio, ás 22 (hora española), representarase a obra “Asemblea de mulleres” do grupo La Caja de Pandora de Verín. O 19 de maio levarase a escea “Vip-TB” ; do 24 ao 27 de maio, “A pequena sereia” e o 8 de xuño “Bendita, a bruxa má”.
4 No último número da publicación. Redacción
Antonio Mouriño, Mariló Fernández e José Manuel Baltar nun momento da presentación da edición 2012 da romaría “Raigame”./RAMSÉS.
Vilanova dos Infantes volta a ser centro etnográfico de Galicia con “Raigame”
4 Esta romaría homenaxea aos oficios e gremios tradicionais galegos. Redacción A vila de Vilanova dos Infantes, no concello de Celanova, converterase un ano máis o vindeiro 17 de maio –coincidindo coa celebración do Día das letras Galegas- no centro etnográfico de Galicia coa celebración da XI Romaría Etnográfica “Raigame”, un evento que cada ano reúne a miles de persoas nunha multitudinaria homenaxe ás tradicións galegas. Nesta undécima edición, Raigame pretende consolidar a participación dos artesáns –os verdadeiros protagonista desta festa-, que son “a mostra dunha industria tradicional adaptada aos novos tempos e unha saída pro-
Festas da Ascensión en Baltar Redacción
O municipio de Baltar celebrará entre o 17 e o 20 de maio as festas da Ascensión e nesta ocasión farao ao ritmo das mellores orquestras do panorama galego. O pistoletazo de saída terá lugar o xoves 17 de maio co pasarrúas e a misa
fesional baseada no trato directo cos clientes que escapan de produtos globalizados”, explicou a directora do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, Mariló Fernández Senra. Vilanova dos Infantes encherase de cesteiros, zoqueiros, oleiros, zapateiros, palilleiras, ferreiros e demais oficios tradicionais, para que o 17 de maio “se pare o tempo para que botemos unha ollada ao noso pasado, ás nosas tradicións, pero tamén para mirar cara adiante, porque o futuro dun pobo non se entende sen a súa historia”, dixo o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, no acto de presentación. Pola súa banda, o alcalde de Celanova destacou que “Raigame” converteuse co
paso dos anos “no gran escaparate da etnografía, e sinaladamente, do fermoso burgo medieval de Vilanova dos Infantes”, vila á que agradeceu a colaboración dos seus veciños para a celebración desta romaría.
solemne ás 12 da mañá, acompañados pola charanga Achicoria. Xa pola tarde a orquestra Sierra de Luna será a banda sonora deste primeiro día de festas. O venres 18 será o turno dunha das actuacións máis agardadas, a orquestra Panorama actuará en Baltar a partir das 23.30 horas. Pola súa banda, o sábado 19 terá lugar ás 11 da mañá unha ruta interpretativa en bicicleta polo concello (á que aínda se poden inscri-
bir todos os interesados en reservas@bilurco.com ou no 616 66 74 46) e será a gran orquestra Philadelphia a que congregue xa pola tarde nas festas da Ascensión a numerosos veciños e visitantes. Por último, o domingo 20 celebrarase un pasarrúas e a misa solemnse ás 12.30 horas, acompañados pola banda musical de Parafita. E o fin de festa correrá a cargo da orquestra La Oca.
Premio para “Alalá” Na edición 2012, “Raigame” entregará o premio “Xan de Barros”, que anualmente concede a institucións ou organismos que traballan a prol da defensa das tradicións culturais e etnográficas, ao programa da TVG “Alalá”.
Esta 11ª edición busca consolidar a participación dos artesáns
Valentín Paz-Andrade e Celso Emilio Ferreiro son os protagonistas do novo número da revista etnográfica e cultural Raigame, que dirixen por Xulio e Mariló Fernández Senra, coordina o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, a Escola Provincial de Danzas e o Colectivo Castro Floxo, e edita a Deputación de Ourense. O número 36 de Raigame, correspondente a maio de 2012, conta coas colaboracións de figuras literarias e culturais como Afonso Vázquez-Monxardín, Lois Ferreiro, Antonio Piñeiro, Ramón Nicolás, Xosé Neira Vilas, Emilio Rodríguez Portabales, Clodio González ou Charo Portela, entre outros, que analizan diferentes aspectos da vida e da obra
de Celso Emilio Ferreiro e de Valentín Paz-Andrade, dúas sinaladas figuras que este ano destacan no eido literario galego. Na presentación da publicación, o presidente da Deputación, Manuel Baltar engadiu que este ano destaca especialmente Celanova, “vila literaria de Galicia por excelencia”, e así se refrexa no singular e documentado artigo de Antonio Piñeiro, quen fai un paralelismo entre as vidas de Celso Emilio e Curros Enríquez, no que destacan numerosas e curiosas coincidencias. Actos do centenario de Celso Emilio Ferreiro Pola súa banda, o deputado provincial e tamén alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, anunciou que o 9 de xullo será o día central dos actos do centenario de Celso Emilio Ferreiro nesta localidade.
Exposición “Do saudosismo ao atlantismo” 4 Ata o 27 de maio na Fundación Vicente Risco de Allariz. Redacción “Do saudosismo ao atlantismo. De Teixeira de Pascoaes a Vicente Risco” é o título da última exposición organizada polo Padroado da Fundación Vicente Risco en Allariz. A mostra, que se poderá visitar ata o vindeiro 27 de maio, pretende achegar ao público a relación intelectual e persoal entre Vicente Risco e os intelectuais portugueses ao longo da década do 1920. Partindo da correspondencia e das dedicatorias de libros, a exposición fai unha aproximación aos movementos culturais portugue-
ses, facendo fincapé na incidencia do saudosismo na construción do pensamento risquián respecto do atlantismo. Deste xeito a mostra convértese nunha oportunidade para que alumnado de centros educativos de Galicia se acheguen ás figuras de ambos os autores, que contribuíron de forma destacada ao enriquecemento das nosas letras. A inauguración da exposición estivo acompañada dunha ofrenda floral ao padre Feijoo na Alameda de Allariz que se completou cun recitado de poemas de Teixeira de Pascoaes, e a presentación da revista “A Nova Águia”.
PUBLICIDADE
BARRIOS Maio de 2012
29
30
BARRIOS Maio de 2012
OCIO E CULTURA
Que vén o boi! 4 Allariz será tomada por bois e visitantes do 2 ao 10 de xuño. Redacción
Antonio Martínez, presidente da Fundación Benposta, Manuel Doñoro, secretario da Asociación Cultural Padre Silva, Juan Carlos Fasero, director de Agadid, e Xurxo Seara e Emilio Oro, da organización, na presentación do X Festival Reperkusión/P.LODEIRO.
Reperkusión cambia Allariz por Benposta para celebrar dez anos de festicultura 4 O festival estrea datas (será o 17, 18 e 19 de maio) e ubicación nunha edición na que Manu Chao será o cabeza de cartel. Paula Lodeiro Os cambios marcan a que será a décima edición do Festival Reperkusión. Por unha banda, a xa prevista modificación das datas do festival, de setembro, a maio, motivada, segundo a organización, para poder acceder a máis artistas a un prezo máis reducido. Pola outra, e isto xa foi sorpresa, o traslado do festival a Ourense, a causa das diferenzas entre a organización e o Concello de Allariz á hora de elixir ubicación na vila alaricana. O nun principio acordado recinto do Portiño foi descartado polos organizadores, e ante a falta de acordo co goberno municipal de Allariz á hora de buscar unha alternativa, o festival colleu os bártulos e plantouse en Ourense. Concretamente na Cidade dos Muchachos de Benposta, “un lugar emblemático”, destacaba un dos organizadores, Xurxo Seara, recordando a importancia que ten o circo na programación de Reperkusión. Máis que concertos Cambia a ubicación pero mantense o espírito: “botar a cultura á rúa e combinar artistas grandes con outros menos coñecidos e artistas de aquí”. E abofé que o conseguiron: nada máis e nada menos que Manu
Chao (acompañado do grupo La Ventura) será cabeza de cartel e dará dous concertos, os días 17 e 18. Será tamén a primeira ocasión para ver a El Canijo de Jerez en solitario trala marcha de Los Delinqüentes, a oportunidade de ver en Ourense “algún dos directos máis potentes do Leste de Europa”, segundo reflexa a nota de prensa do festival: Kiril Dzajkovski, Dubioza Kolektiv e Bohemian Betyars; a volta a Reperkusión de bandas que foron “auténticos descubrimentos para o público galego”, como os franceses Funky Style Brass ou Russkaja (de Austria); unha importante presenza de grupos galegos, como Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe ou Terbutalina; as como unha variedade de propostas, como djs, pasarrúas, percusións, danza oriental ou cantautores. Aumenta o orzamento O orzamento do festival ronda os 400.000 euros, o que significa ao redor dun 30 ou 40% máis que a edición anterior. Contará cunha axuda económica da Xunta a través de Agadic que, na figura do seu director, Juan Carlos Fasero, quixo amosar o seu apoio a este festival, aínda que non precisou a cantidade por estar pendente de resolución a convocatoria de axudas
públicas que por primeiro ano regulará os fondos públicos destinados a festivais. Polo momento as entradas e os bonos véndense a bo ritmo (a 20 euros as primeiras e 45-50 os abonos, segundo vaian con dereito a cámping ou non). As entradas darán acceso aos concertos nocturnos, xa que o acceso ao recinto de Benposta para gozar da programación diurna (mercadiño, obradoiros ou actuacións de rúa) será gratuíto. Para facilitar os traslados ao recinto de Bemposta, haberá autobuses lanzadeira desde o contorno do Paco Paz, que se habilitará como zona de aparcadoiro. Tamén haberá unha liña de buses desde Allariz, gratuítos, “para tratar de minimizar os danos” ante a partida a última hora desa localidade. O futuro do festival, tanto en datas como en ubicación, non está claro e dependerá do éxito desta edición, aínda que algo si pode intuirse: “(Benposta) pode ser o espazo natural para o noso festival”.
A organización disporá un bus especial e gratuíto entre Allariz e Benposta
Chega unha nova edición da Festa do Boi de Allariz, declarada de interese turístico galego en 2006. Do 2 ao 9 de xuño a vila acollerá un intenso programa de actividades e carreiras para conmemorar unha das celebracións máis antigas de Galicia, que está a piques de cumplir 700 anos de historia. A Festa do Boi 2012 dará comezo o sábado 2 de xuño co seu tradicional pregón e a proba do boi. Xa de domingo a domingo os máis valentes teñen
a súa ineludible cita coas carreiras de boi, que se celebrarán, aproximadamente, ás 8, 13.30, 20 horas. E os máis pequenos tamén poderán participar nesta clásica actividade con carreiras infantis o luns, mércores e sábado ás 18.30, 20 e 12 horas, respectivamente. Pola súa banda, os máis marchosos tamén poderán gozar de toda unha semana de música, a cargo de numerosos grupos, charangas e orquestras. Entre estas últimas, destaca a actuación de Ledicia (o xoves 7), Futuro (o venres 8) e Alcotan (o sábado 9). Procesións, pa-
sarrúas, comidas veciñais, actividades infantis e as ruidosas bombas completan o programa desta edición. MusicBoi A novidade deste ano tamén segue o ritmo da música, xa que se trata do festival “MusicBoi”, unha actividade interxeneracional que se desenrolará o luns 4 de xuño ás 21.30 horas no campo dos Brancos. Asociación “Xan de Arzúa” A organización da festa corre a cargo dunha comisión, dependente da Asociación Cultural “Xan de Arzúa”. Finánciase coas contribucións voluntarias dos alaricanos e co obtido pola venda de panos, xarras de cerámica, camisetas e outros productos relacionados ca festa.
Case 200 traballos presentáronse ao concurso de creación Carlos Casares 4 Por parte de escolares da Limia. Redacción Alumnos dos doce centros educativos da Limia participaron con 193 traballos no concurso de creación literaria e plástica convocado polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares, con motivo dos actos programados para a conmemoración d 10º aniversario do autor limiao. Os traballos estiveron expostos ata o 13 de maio no Museo da Limia de Vilar de Santos, e a partir do 17 de maio e ata o 15 de xuño poderán contem-
plarse na Casa da Cultura de Xinzo. Os escolares deberon realizar as súas creacións literarias ou plásticas a partir das obras literarias de Casares, que foron distribuídas nos centros educativos polas entidades convocantes do certame. O concurso prevé catro categorías, en función dos diferentes niveis educativos, con sete premios, consistentes en lotes de libros -doados pola Fundación Carlos Casares-, un diploma de recoñecemento e a publicación dos mellores traballos na revista Lhetes -editada polo Centro de
Cultura Popular do Limia-, así como a súa exposición no Museo da Limia e na Casa de Cultura de Xinzo de Limia. As bases do concurso tamén contemplan un sistema de participación popular na elección das mellores creacións, de maneira que o xurado terá que se pronunciar sobre aqueles traballos que fosen máis valorados polos visitantes da exposición.
Poden verse na Casa da Cultura de Xinzo a partir do 17 de maio
CLASIFICADOS / SERVIZOS
BARRIOS Maio de 2012
31
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2006 - OU 186-2006 - OU 77-2012. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 - 988 549 717. Correo-e: info@ourenseporbarrios.com. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Óscar Blanco. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo Nº66 / 2- Ano: VII - Maio 2012 - Difusión: 16.000 exemplares (Ed. Xinzo de Limia: 4.900, Ed. Verín: 7.100, Ed. Allariz-Celanova: 4.000) Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.
4TELÉFONOS DE INTERESE
4CLASIFICADOS
PISOS
Véndese casa pola estrada de Santiago (Ourense) para restaurar. Tel. 637 00 59 10. Alúgase apartamento novo no Couto (Ourense), amoblado, exterior, con garaxe pechado e trasteiro. Tel 637 00 59 10. Alugo piso no Couto (Ourense), 4 habitacións, cociña, salón amoblado, terraza, novo, 400 euros/mes máis 40 euros comunidade.Tel. 606 569 228. Alúgase local de copas en Xinzo totalmente equipado. tel. 659 47 08 92 Vendo ou alugo piso en Vigo, céntrico, 2 dormitorios, amoblado. Tel. 655 07 49 60. Vendo ou alugo ático en Nigrán, a 1km da praia de Panxón, 2 dormitorios, 2 baños, terraza, garaxe e adega, totalmente equipado. tel. 636 364 378 (Rosa) Alúgase baixo de 110 m2 na Carballeira (Ourense), exterior, luminoso, ideal para negocio ou almacén, con zona de carga e descarga. Tel. 661 926 529 ou 670 43 34 90. Vendo apartamento no Vinteún (Ourense) por 96.000 euros. Tel. 675 52 11 79. Alugo piso en Valdorregueiro (Ourense), 4 habitacións, baño, cociña e galería. tel. 988 21 43 01 e 687 21 12 18 Alugo apartamento en Montalvo de 1 e 2 cuartos, con xardín e barbacoa, para fins de semana, semanas e quincenas. tel. 607 27 19 16. Urxe vender piso a 5 minutos de praia América. Tel. 636 422 497 Alúgase praza de garaxe en avenida de Santiago, 17 (Ourense). Tel. 988 21 29 00.
EMPREGO Desbrózanse fincas. Tel. 630 521 448. Pintura, decoración, colocación de tarima a prezos de vértixe garantizado. Tel. 666 125 129. Fanse traballos de pintura e pequenas reparacións. Tel: 671 103 243. Danse clases de danza do ventre a rapazas interesadas en formar un grupo. Tel. 626 772 551. Danse clases partiuclares de piano, linguaxe musical e educación auditiva e vocal. Tel. 658 888 447 e hipocampoa@hotmail.com. Decoradora profesional e pintora da clases de pintura e debuxo a grupos reducidos, horario de mañá e tarde. Tel. 988 37 44 99 e 687 47 96 41. Ofrécese rapaza responsable de 21 anos para o coidado de nenos pequenos. Titulación de Maxisterio Infantil, Monitora de Tempo Libre e con experiencia en ambos campos e como Contacontos. 610 927 066. Danse clases particulares de matemáticas xerais durante o curso, a todas as etapas, con posibilidade de impartir outras materias curriculares. Posúo Certificado de Profesionalidade de Formador Ocupacional e CAP. 15 anos de experiencia. A domicilio. Económico. TeL. 610 38 25 89 e arvaca1@gmail.com
VENDAS
Vendo tocadiscos como novo con dous altavoces grandes, 300 euros. Tel. 698 174 374 Véndense tres lavadoras, 2 frigoríficos e 1 cociña de gas, seminovos, prezo moi económico, tel. 629 56 13 90 Vendo leña de carballo. Tel. 630 521 448. Compraría remolque mediano. Tel. 649 673 492 e 988 21 67 55. Vendo Renault Scenic ano 2000, 100.000 km, perfecto estado. Tel. 678 827 075. Vendo viño de colleita ecolóxico. Tel: 647 404 428. Véndese colección películas en DVD con estuche, 50 ou 60 películas. 30 euros. Tel. 649 157 025 Vendo botas media caña goretex con cremalleira, número 39-40, novas, 40 euros. TEl. 649 157 025. Vendo vespino 82E, ano 89. 49cc. Tel. 617 375 387. Vendo galos kikos.Tel. 617 375 387. Véndese home cinema Samsung sen usar por 40 euros. Tel. 603 507 434. Vendo galo de Mos. Tel. 988 248 967 e 677 023 736. Venda de casetas e retro de 3 tm. Tel. 629 830 770 (Carlos). Vendo furgoneta Renault Kangoo metalizada de 11 anos e Nissan Micra de 7 anos, en bo estado. Bo prezo. tel. 655 07 49 60. Vendo un radio cassette de coche, un ordenador, e unha máquina eléctrica de depilación con cera. Tel. 647 21 55 93. Vendo mobles de perruquería seminovos, 1.500 euros. Tel. 988 25 59 63 Vendo modem usb de Vodafone 10 euros. Telf 647 272 198. Vendo coche neno en bo estado, con cuna, silla e capota. 50 euros. Tel: 609 822 076. Vendo Seat Ibiza 3 portas, blanco, TDI 90CV año 98. Único titular. 1500 euros. Vendo moble de tenda de roupa seminovos, de 1ª calidade a bo prezo. Tel. 616 238 016 Vendo hamaca para bebé seminova 25 euros, tel. 686 93 83 06 Vendo roupa e zapatos varias tallas tamén complementos. Máis información en vero_14_49@hotmail.com. Por xubilación do propietario, véndense xaulas de granxa de coellos en San Cristovo de Cea. Tel 988 28 21 20. Véndese ordenador portátil, 110
euros, tel. 647272198
Queres alugar un piso, queres vender un coche, ofrecerte para traballar... Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados de maneira gratuíta chamando ao 988 239 634 ou escribindo a info@ ourenseporbarrios.com.
Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada [Envíanos as túas cartas ou foto denuncias a info@ ourenseporbarrios.com ou r/Valle Inclán, 25, 2º, of. 15, 32004, Ourense. As cartas ao director non deben exceder de 20 liñas e deberán ser remitidas con nome e DNI, firmadas, e cun teléfono de contacto. Letras a la Carta SL. resérvase o dereito de publicación así como o de extractar os textos que estime oportuno]
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Maio de 2012
Entrevista ao alcalde de Allariz, Francisco García [páx. 14] COMARCA
Páx.2
COMARCA
Páx.3
Jiménez Morán defen- A Xunta iniciará a de os gastos do Plan posta en valor do “Puertas de Galicia” castelo de Monterrei
VERÍN
Páx.7
DEPORTES Páx.24
Enfermeiros e médicos, Fútbol, natación e en contra do traslado xogos populares, no do PAC ao hospital Verán Deportivo
CULTURA
Páx.26
Verín súmase á celebración do Día das Letras Galegas
A caravana “Vilamor” pasa por Verín Os actores Xoel Yáñez e Rubén Riós e o director Ignacio Vilar con estudantes do instituto García Barbón ./M.REJO.
Número: 66 - Ano:VI - Maio 2012- Depósito Legal: OU 186-2006 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx.27]
Entrevista ao alcalde de Allariz, Francisco García [páx. 14] ALLARIZ
Páx. 15
Un convenio permite aos alaricanos usar o spa do AC Allariz
CELANOVA
Páx.18
CELANOVA Páx.19
DEPORTES Páx.24
O BNG levará a pleno A Xunta fixa a entrada Paula Segura vence na en servizo da autovía a Regata Galega de Piraas áreas recreativas abandonadas Celanova para este ano güismo no río Arnoia
CULTURA Páx.28 O 17 de maio, Romaría Raigame en Vilanova dos Infantes
Inaugurado o Festival Internacional de Xardíns de Allariz O público que se achegou ata o recinto do festival observa a fonte modular instalada pola empresa Ghesa./P.LODEIRO.
Número: 2 - Ano: VI - Maio 2012- Depósito Legal: OU 77-2012 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.mundourense.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de xuño. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
[páx. 13]