16 de xullo - Barrios

Page 1

Entrevista ao subdelegado do Goberno, Roberto Castro VERÍN

Páx.6

Un tren turístico visitará este verán a D.O. Monterrei

XINZO

Páx.11

Entrevista ao director da Escola de Gaitas, Fernando Dopico

ALLARIZ

Páx.12

Comezan a comercializarse “Xabóns d’Allariz”

A Limia defende o seu xulgado

CELANOVA

Páx.14

Un curso repasa pasado, presente e futuro do audiovisual

[páx. 2-3]

OCIO

Páx.21-23

Festas do verán: Santa Mariña, Batucada, San Roque... [páx. 10]

A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo reuniu na capital limiá preto dun milleiro de persoas o pasado día 10.

Número: 3 - Ano: IX - Xullo 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agost o. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


BARRIOS Xullo de 2014

TEMA DO MES

entrevista ao subdelegado do goberno en ourense, roberto castro:

“Actuamos sen mirar a cor, mirando obxectivamente que se cumpran as normas” 4Roberto Castro destaca a importancia dos valores da proximidade, a honestidade e a sensibilidade nos políticos. Paula Lodeiro Roberto García Castro (Vilavella, A Mezquita, 1955), doutor en Ciencias da Educación, licenciado en Filosofía e Letras e diplomado en Ciencias Humanas, ten unha longa traxectoria en política. Tras ser parlamentario autonómico durante dúas décadas, exercía como director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias cando foi chamado, en febreiro de 2012, para asumir o cargo de subdelegado do Goberno en Ourense. Moitos cidadáns pregúntanse cales son as competencias e tarefas dun subdelegado do Goberno. Roberto Castro: “En primeiro lugar o labor é representar ao Estado e ao Goberno do Estado na provincia respectiva, iso a efectos de representación e protocolo. Aínda que hai moitas competencias transferidas, quedan moitas cousas que dependen do Estado: por exemplo, a seguridade cidadá, a Policía, a Garda Civil, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a

Roberto Castro, no seu despacho da Subdelegación do Goberno en Ourense./RAMSÉS.

“Un conductor de ambulancia, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas” inspección de traballo, a Muface, o tráfico na provincia, non só a efectos de sancións senón tamén coa normativa, estranxeiría, as

concesións das armas de caza, armas cortas, os explosivos… unha serie de competencias que teñen que ser xestionadas desde a

Subdelegación do Goberno; aínda que parece sencilliño non o é tanto” Como é un día de traballo do subdelegado do

Goberno? R.C.: “Un día normal depende da axenda pero en xeral pasa pola firma de todos os documentos penden-

tes que as distintas unidades teñen elaborado, pasa pola atención aos asuntos internos da casa, pasa por actos de representación”. Un dos seus labores é o de presidir as xuntas locais de seguridade; é Ourense unha provincia tranquila, segura? R.C.: “Teño que dicir que si. Se temos en conta as estatísticas, friamente tomadas é unha provincia segura. Se España está nun índice de criminalidade do 49 por mil, Galicia está entre o 27 e o 28 por mil e Ourense está ao redor do 23 por mil, nese aspecto temos unha media baixa de delincuencia. Eu sempre digo o mesmo: aínda que estatisticamente os números sexan razoablemente asumibles a min preocúpame os que padecen un problema: aquel que lle entran na casa ou nunha nave e lle rouban materiais ou ferramentas, aquel que lle rouban un teléfono, á señora que lle tiran un bolso, aquel comercio que lle entran e lle levan a recadación. Ás persoas que sufren un problema deses non lles falemos de estatística. Nese sentido nunca estou satisfeito a pesar de que os números nos din que é unha provincia segura e tranquila”. Algunha zona da provincia que preocupe especialmente en canto á seguridade, na que sería necesario un reforzo? R.C.: “Sempre que hai máis poboación hai algunha dificultade maior, hai máis aglomeracións, é máis difícil o control. Pero ten tanto


TEMA DO MES

dereito a sentirse preocupado e atendido calquera persoa que vive no medio rural como calquera persoa que vive en Xoan XXIII ou no Paseo”. E na raia, Verín, a Limia? R.C.: “Na zona da raia hoxe non existen fronteiras, hai unha boa coordinación e colaboración entre as policías de España e Portugal, manteñen reunións periódicas para intercambiarse información porque hai xente que pode estar cruzando e utiliza algún refuxio para pasar un pouquiño máis desaparcibido. Houbo unha época de máis roubos de gando pero afortunadamente iso pasou; non quere dicir que non poida volver pero as forzas de seguridade teñen extremadas as precaucións e a alerta”. A supervisión dos contratos dos Concellos para axustalos ás novas normativas do Goberno central é unha das súas últimas competencias, dalle moitos problemas? R.C.: “Non, non nos dá ningún problema, é unha obriga e polo tanto o que é obrigatorio hai que asumilo como tal. Nós actuamos de oficio, revisando os acordos municipais, e valoramos en relación á normativa actual, que pode gustarnos ou non, pero mentres exista unha lei hai que cumplila. Hai unha normativa restritiva respecto do gasto público, do endebedamento, e entón os concellos teñen que argumentar moi ben as contratas, e evidentemente

hai distintos tipos de contrato. Poño un exemplo, un conductor de ambulancia por baixa ou xubilación, non sería xusto nin lóxico que non se substituira, un xefe de bombeiros, o servizo de limpeza… parece que é normal que esas actividades sexan prioritarias e básicas. Distinto é que algún concello pretenda certos contratos para tratar de colocar persoas ou para tratar de dar unha imaxe de que estamos cumplindo determinados traballos que se poden cumplir doutra maneira. A normativa diferencia moi ben o que é obrigatorio do que non o é tanto, e neste sentido actuamos de oficio ou a instancia de parte, por unha denuncia. Con todos os concellos igual, sen mirarlle a cor, hai concellos que teñen dificultades do PP, e eu formo parte do PP, hai concellos do Partido Socialista, outros do PP, do PSOE, do BNG, non teñen problemas… Actuamos sen mirar a cor, que é como debe actuarse desde a institución, mirando obxectivamente que se cumpran as normas. Cando vemos que hai un contrato requerímoslle ao concello que fundamente a súa contratación, se o requerimento é negativo porque non contestan ou non fundamentan ben a cuestión entón a Avogacía do Estado fai un informe e remítese á Delegación do Goberno na Coruña e en base a informes previos acorda levalo ao Contencioso-Administrativo ou non levalo, e o

Contencioso toma unha decisión xudicial, e aí xa non entramos. Nós, insisto moito, nisto somos obxectivos e independentes e non miramos cores nunca, porque se o miráramos seríamos un árbitro parcial e non estaríamos cumprindo a nosa obriga”. Tocoulle un momento difícil para representar o Goberno central na provincia neste momento de crise, polas políticas de recortes? R.C.: “Certo; cando entramos estábamos en plena crise, e o Goberno do Estado encontrouse cunha serie de situacións non previstas nin esperadas, sospeitábamos que a situación era complicada, que a herdanza recibida era difícil pero non nos imaxinábamos que houbera tantas facturas sen pagar, tantas xestións pendentes de facer. O Goberno do Estado atopouse unha situación complicada, dun déficit tremendo e tivo que afrontar esa situación e tomar medidas de axuste difíciles. Para o político é máis cómodo dar que esixir e facer cumplir e poñer normas que autodisciplinen a nosa vida, pero o Goberno tivo que facer iso para aforrar e poder pagar o que estaba debéndose e agora están empezando a darse os froitos. Os cidadáns pasámolo moi mal pero agora empeza a haber un certo repunte, e a partir do ano 15 e 16, os axustes van ser ao revés, os cidadáns van ter un pouco máis de alivio, a efectos de

impostos, de declaración de renda. Eran medidas necesarias pero no momento que se tomaron a rúa sempre resposta, e sobre todo os lexítimos representantes e necesarios que son os sindicatos, que tratan de defender as súas posicións, e aquí na cidade, en Verín e no Barco, houbo e hai aínda manifestacións, concentracións, dúas folgas xerais... Tivemos moitas manifestacións, nalgúns destes anos pasados houbo 400. Tamén tivemos o tema das preferentes, desafiuzamentos, aquí ao mellor non tanto... e claro, o representante do Estado na provincia é a cara visible dese Goberno. A pesar diso eu quero dicir que houbo moito respecto, os sindicatos manifestáronse de maneira moi pacífica e moi cívica. Tamén é certo que a Policía e a Garda Civil actuaron con respecto e cumprindo o seu deber pero sen interferir. No cómputo global pesa máis o positivo que o negativo, Ourense demostrou convivencia e respecto mutuo”. Onde se ve a medio prazo, de volta á política máis activa ou á súa carreira profesional no mundo educativo? R.C.: “Véxome xa xubilado e na casa porque un ten a súa idade xa, estamos nos 59. Na miña traxectoria tiven a fortuna de representar a Ourense no Parlamento de Galicia 20 anos, tiven a confianza do presidente da Xunta que me tivo tres anos na dirección xeral de Relacións Institucionais e Parla-

BARRIOS Xullo de 2014

O subdelegado do Goberno, ante un retrato do anterior Rei./RAMSÉS.

“Agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo” mentarias e agora teño esta responsabilidade pero non teño máis aspiracións, nin para arriba nin para abaixo. O máis importante foi ter esas oportunidades, habelas aproveitado, facelo o mellor posible, con toda a honradez e a honestidade, e sobre todo desde a proximidade; creo que os políticos temos que facer esforzos de ser próximos, de ser un máis entre os cidadáns, non sentirnos como algo especial porque non o somos. Eu procuro ser normal,

unha persoa que anda pola rúa, que saúda, que escoita, que vive a diario os problemas da xente porque un non pode ser insensible, un político representa á cidadanía, forma parte da cidadanía, somos un máis. Ás veces pode ocurrir que dea a sensación de que algúns políticos ao mellor non están tan próximos, en todo caso é un erro. O político ten que ser próximo, sensible, facer cumplir a lei, si, pero poñerlle unha brizna de sensibilidade.”


BARRIOS Xullo de 2014

VERÍN E COMARCA

Rosa Quintana analiza en Riós os problemas do rural 4 Mantivo un encontro con produtores de leite, mel, carne e do sector da castaña. Redacción A Consellería do Medio Rural e do Mar destina o 52,9% do seu orzamento,

é dicir, 307,9 millóns de euros, a dinamizar a economía do medio rural. Así o sinalou a conselleira Rosa Quintana durante unha visi-

ta ao Concello de Riós, onde mantivo unha xuntanza co alcalde, Francisco Armando Veiga, cos produtores de leite, mel, carne e con repre-

A conselleira de Medio Rural acompañada do presidente da Deputación e do alclade de Riós./RAMSÉS.

sentantes do sector da castaña da zona. Esta visita forma parte dun achegamento cos sectores produtivos para analizar os problemas do rural e buscar entre todos as mellores solucións, xa que, dixo a conselleira, “a mellor forma de acertar é escoitar ao sector”. Durante o encontro, Quintana sinalou que a segunda gran función das contas da Consellería do Medio Rural e do Mar é a destinada á actuacións e valorización no medio rural, contía que medra nun 7,6%. Neste sentido, incidiu que é de vital importancia a incorporación de mozos ás actividades agrarias, pois, sinalou, o impulso debe chegar das novas xeracións. Por iso no 2014 a partida dedicada a esta finalidade ascende a 12,7 millóns de euros, un 45% máis que en 2013. Ademais, Rosa Quintana lembrou que a aposta pola modernización e diversificación do tecido produtivo rural contou no presente orzamento con 79,7 millóns de euros e a implantación

de sistemas produtivos agrarios sustentables, 8,6 millóns de euros. Por outra banda, a partida de axudas para a industrialización e comercialización de produtos agroalimentarios é de 19,7 millóns de euros. Castiñeiros No eido forestal, salientou o esforzo da Consellería destinado a reforestar e evitar o decaemento produtivo do monte, unha tarefa á que destina 10 millóns de euros. No caso de Riós destacou o seu potencial na plantación de castiñeiros. A conselleira explicou que houbo xente da zona que non se puido beneficiar destas axudas porque a superficie que se esixía non se axustaba ao territorio desta zona. Tras ser conscientes desta situación esta esixencia modificouse, subliñou Quintana.

Medio Rural dedica 10 millóns a axudas para reforestacións

O Campamento do Invernadeiro será do 25 ao 30 de agosto Redacción A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín xa comezou a tramitar as solicitudes de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadeiro, que se celebrará do 25 ao 30 de agosto e está dirixido a menores de entre 9 e 15 anos. Esta iniciativa permite aos rapaces recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os mozos e co contorno. O campamento oferta 50 prazas e a cota para participar é de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados.


VERÍN E COMARCA

Un alumno de Bacharelato do IES García Barbón, entre os mellores expedientes de Galicia Un total de 434 estudantes de Ensino Medio de 169 centros de Galicia acadaron unha puntuación definitiva de nove ou superior na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade na convocatoria de xuño. Estas 277 rapazas e 157 rapaces viron recoñecido o seu esforzo nun acto o pasado 1 de xullo organizado pola Universidade de Santiago. A provincia con máis estudantes avantaxados é A Coruña (188) seguida de Pontevedra (149), Lugo (69) e Ourense (28). Entre os 28 estudantes da provincia de Ourense, está Ángel Deprada Fernández, alumno que cursou os estudos de Bacharelato no IES García Barbón. No acto que se celebrou

BARRIOS Xullo de 2014

EN BREVE

4 Abertas as piscinas de Castrelo do Val O Concello de Castrelo do Val manterá abertas durante todo o verán as piscinas municipais, en horario de 12 a 21 horas. Por cuarto ano consecutivo os prezos de acceso ás instalacións están conxelados, sendo o pase por día de un euro para os residentes maiores de 14 anos (1,5 para os non residentes) e 70 céntimos para os menores de 3 a 14 anos (1 euro para os que non residan no municipio).

4 Iniciativa solidaria na Ludoteca de Verán Ángel Deprada Fernández, acadou unha puntuación de nove ou superior na selectividade. no Auditorio de Galicia, Ángel estivo acompañado

polo seu pai e polo director do IES García Barbón.

4 Prazos de matrícula

O prazo de matrícula nos estudos de Bacharelato (Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía) no IES García Barbón é do 1 ao 10 de setembro para o alumnado que aprobou na convocatoria de setembro. En canto á Formación Profesional, a listaxe definitiva de solicitudes coñecerase o 17 de xullo, sendo a primeira adxudicación o 18 de xullo; a matrícula para estes alumnos será do 18 ao 24 de xullo ás 13 horas. Haberá unha 2ª adxudicación o 29 de xullo, con prazo de matriculación entre os días 29 e 31 de xullo (ata as 13 horas). Por último haberá un período extraordinario desde o 1 ao 12 de setembro (ata as 13 horas).

Baixo o lema “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, os participantes na Ludoteca de Verán de Verín recadarán fondos destinados ao tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena da vila de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada. Os menores están a elaborar diferentes manualidades como broches, pulseiras, pompóns, ou lapiceiros, entre outros, que venderán nas feiras de xullo e agosto en Verín; a próxima, o día 23.

22 voluntarios de 11 a 16 anos atenderán a bibliopiscina; na imaxe, co alcalde e concelleiros de Verín./CEDIDA.

Servizo de bibliopiscina na Granxa A Biblioteca Pública Municipal de Verín puxo en funcionamento, por sexto consecutivo, o servizo da bibliopiscina nas piscinas descubertas da Granxa, co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos usuarios desta instalación deportiva, potenciar a lectura e atraer á biblioteca a un público que non é usuario habitual. A bibliospicina oferta un fondo de máis de 300 volumes en tres idiomas (castelán, galego e portugués) conformado por libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais, así como diferentes xogos de mesa. A bibliopiscina funcionará ata o mes de setembro, en función da climatoloxía, e o seu horario será de 17 a 20 horas durante os sete días da semana. As instalacións da Biblioteca Pública continuarán abertas ao público nos meses de verán, de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas.


BARRIOS Xullo de 2014

VERÍN E COMARCA

O TSXG desestima o recurso dos acusados no crime de Verín

EN BREVE

4 Tempada de caza en Vilardevós A Asociación de Cazadores de Vilardevós pon a disposición dos seus socios as tarxetas para a tempada 2014/2015, que se poderán retirar no Banco Santander desta localidade. A asociación preparou as máis de 15.000 hectáreas que forman o tecor con traballos de rozas, sementeiras, limpeza e recuperación de bebedoiros, unha repoboación de 400 perdices e unha solta no que vai de ano de 387 coellos. As invitacións diarias poderán retirarse no mesmo banco, en varios locais de Vilardevós (Mesón Castaño, Café Bar Os Roquiños) ou acudindo ao garda de caza da asociación. Os prezos das invitacións para a vindeira tempada oscilan entre os 20 e os 50 euros por cazador e día, dependendo do tipo de caza (maior ou menor) e do mes.

4 A xustiza dalle a razón á CIG A xustiza dalle a razón ao sindicato CIG, no recurso que interpuxera contra o Decreto de Alcaldía do Concello de Verín que prohibira a colocación de pancartas contra a Lei do Aborto durante o pasado entroido. Segundo sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Ourense, o Goberno municipal de Verín violou o dereito á liberdade de expresión ao tomar esta determinación. Esta é a sexta condena ao concello verinés por violación de dereitos fundamentais. Como consecuencia, a CIG adianta que, unha vez sexa firme esta sentenza, procederá a presentar denuncia penal ante o Xulgado de Instrución de Verín, co obxecto de que se investigue e se determine se “as accións contrarias aos dereitos fundamentais dos traballadores, protagonizadas polo alcalde de Verín e o seu grupo de goberno, poden ser constitutivas dun delito de prevaricación ou, mesmo, dun delito contra a liberdade”.

O tren parte da estación de Renfe en Ourense./RAMSÉS.

Un tren turístico visitará este verán a D.O. Monterrei 4 A próxima saída será o 19 de xullo. Redacción

4XXVI Cata dos Viños de Galicia

Promover as Denominacións de Orixe como destinos turísticos en Galicia, este é o obxectivo que perseguen as distintas Rutas do Viño incluídas no programa “A Todo Tren”. Unha delas pasará pola D.O. Monterrei ata en seis ocasións este verán, sendo as próximas citas os días 19 de xullo, 3, 16 e 31 de agosto, e 13 e o 28 de setembro. A ruta inclúe un programa multidisciplinar, onde o viño se presenta acompañado da visita aos principais atractivos e reclamos turísticos da comarca, nun trazado que, antes de regresar a Ourense, debuxa no mapa paradas na Mezquita, Vilavella, A Gudiña, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Allariz. Amais de participar nunha degustación de viños da Denominación de Orixe Monterrei ao pé do seu castelo, os viaxeiros visitarán a adega Gargalo, a estación ferroviaria de Baños de Molgas, a colexiata románica de Xunqueira de Ambía, o conxunto medieval de Allariz e o seu Festival de Xardíns. Trátase dunha ruta dun día de duración, que combina tren e autobús no seu trazado, e onde o grupo está sempre acompañado por un guía. “A Todo Tren” é unha iniciativa promovida pola Xunta en colaboración co Inorde e Renfe.

Dous viños da Denominación de Orixe Monterrei foron galardoados co recoñecemento ao Mellor Viño tinto de Galicia e ao Mellor Viño Branco de Colleiteiro na XXVI Cata dos Viños de Galicia que concede a Consellería do Medio Rural e do Mar. A adega Crego e Monaguillo alzouse co Premio ao Mellor Viño Tinto de Galicia co viño “Crego e Monaguillo 2013” das variedades mencía, araúxa e merenzao, e o adegueiro Manuel Guerra Justo coroou con “Vía Arxéntea 2013” o palmarés dos viños brancos galegos na categoría de colleiteiros ou pequenas adegas. Os mellores viños brancos e tintos galegos concédense por cata final das

A ruta inclúe unha degustación de viños da D.O.

mostras mellor valoradas nas cinco denominacións de orixe da comunidade. Do mesmo xeito, na Cata de Viños de Colleiteiro ou Pequenas Adegas conflúen mostras de todas as denominacións, alzándose co premio só o viño branco e tinto mellor puntuados, en cata a cegas, por un prestixioso panel de expertos catadores. No que respecta á categoría D.O. Monterrei, os viños “Quinta das Tapias Treixadura 2013” da adega Pazo Blanco Núñez, “Quinta do Buble Godello 2013” de Quinta do Buble, e “Crego e Monaguillo Godello 2013” da adega Crego e Monaguillo, obtiveron, respectivamente, o Acio de Ouro, Acio de Prata e Acio de Bronce.

4 Máximos de crecemento en 2014 Concluído o segundo trimestre de 2014, a Denominación de Orixe Monterrei acentúa a tendencia dos últimos anos, alcanzando un incremento récord do 60% na entrega de contraetiquetas respecto dos datos do 2013. No segundo trimestre rexistrouse un aumento de 285.000 contraetiquetas emitidas polo Consello Regulador en comparación co ano pasado, o que supón un crecemento do 60% neste período e fai prever un salto cuantitativo nas cifras anuais de viño cualificado na Denominación de Orixe. O crecemento pare-

ce ser xa unha tendencia na denominación, pois ademais de mellorar as cifras respecto de exercicios anteriores, manifesta crecementos á alza entre trimestres do mesmo ano. Así, en 2014 Monterrei arrincou cun aumento das cifras de comercialización do 25% no primeiro trimestre, pasando a un 60% no segundo. Nunha comparativa anual, a primeira metade de 2013 supuxo en Monterrei a comercialización de 913.000 botellas fronte a 1.300.000 botellas en 2014, o que supón un incremento de case 400.000 botellas.

4 Confirma a sentenza da Audiencia Provincial contra os autores do asasinato do chofer Bernardino Pousa. Redacción O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de confirmar a sentenza da Audiencia Provincial, dictada por un xurado popular o pasado mes de febreiro, contra os catro acusados de asasinar ao chofer Bernardino Pousa en Verín en setembro de 2011. En total, 78 anos de cárcere para os catro autores do crime. O tribunal desestima os recursos interpostos polas representacións da viúva do asasinado, Dolores Álvarez, a súa filla, Mª Ángeles Pousa, que apelaron para lograr a absolución,

e os da ex parella desta, Alberto Vázquez, e o sicario portugués Ilidio Magalhaes, que pedían redución de pena. Tamén desestima o recurso do xenro da vítima, que solicitaba o incremento das indemnizacións aos seus fillos. Dolores Álvarez e Mª Ángeles Pousa deberán cumprir unha condena de 20 anos de prisión por asasinato con agravante de parentesco, Alberto Vázquez 16 anos de privación de liberdade por asasinato co atenuante de confesión, e Ilidio Magalhaes 22 anos de cárcere por asasinato co agravante de aleivosía.

A Eurocidade celebra a redución das tarifas de roaming 4 En chamadas, mensaxes e uso de Internet no móbil. Redacción A Eurocidade ChavesVerín AECT celebra a decisión da Comisión Europea de reducir as tarifas de roaming ata nun 50% a partir de xullo. A nova normativa europea de roaming establece novos prezos máximos e inclúe rebaixas de ata un 55% para todos os que usen Internet nos seus dispositivos móbiles nalgún país da UE. A Comisión Europea fixou o custo máximo por megabyte nos 20 céntimos, fronte aos 45 céntimos actuais; o prezo das chamadas de móbil no estranxeiro en 19 céntimos por minuto, e a recepción de chamadas en 5 céntimos por minuto. Para o director da Agru-

pación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Juan Manuel Jimenez, esta medida “axudará ao desenvolvemento económico, á competitividade das empresas e á mobilidade, sobre todo nos territorios de fronteira en xeral e ao territorio Chaves-Verín en particular; xa que segundo o último Eurobarómetro, o 70% dos europeos limita o uso do móbil cando sae do seu país e ata o 94% desactiva o seu servizo de datos no móbil polos altos sobrecustos”. Esta medida é un primeiro paso para eliminar unha tarifa que sempre supuxo un obstáculo importante no desenvolvemento económico e á mobilidade nos territorios de fronteira.


especial EMPRESAS

BARRIOS Xullo de 2014

A tella Verea, agora tamén plana Verea é, a día de hoxe, o referente cerámico en tella curva, tanto coa tradicional tella árabe como coa tella S. Desde o pasado mes de maio, dispón tamén da súa nova Tella Plana Verea. Co fin de satisfacer as necesidades e gustos dos clientes, o departamento de innovación de Verea deseñou unha tella totalmente plana, de liñas puras e elegantes, que permite imitar acabados de lousa ou madeira coas vantaxes dun produto cerámico. Un dos aspectos cla-

ve para o éxito da nova Tella Plana Verea é a súa facilidade de instalación. Trátase dunha tella con encaixe, cuxo deseño permite que o solape non sexa fixo, polo que se adapta a calquera tipo de cuberta e a pesar da súa lixeireza presenta unha gran resistencia mecánica. Verea desenvolveu tamén as pezas especiais necesarias para a completa instalación do tellado plano: remates laterais; inicios; tapóns e encontros a tres e catro augas. Mercados tan esixen-

tes como Estados Unidos certificaron a alta calidade da tella plana Verea, superando os controis para a certificación no Miami Dade County de Florida, onde ademais clasificouse como grao 1 pola súa baixa absorción de auga. Ademais do mercado nacional, a tella plana Verea ten como destinos principais China, Corea, Reino Unido, Caribe e Estados Unidos, onde xa se instalaron con gran éxito numerosos tellados.

A nova tella plana Verea comercialízase nunha ampla gama de cores.

O tellado e o clima Tanto na construción dunha vivenda nova como na rehabilitación da actual, o deseño do tellado debe buscar a adaptabilidade do mesmo ás inclemencias climáticas ás que vai estar sometido, por iso é fundamental, non só a elección dos mellores materiais senón tamén a forma de instalalos. Verea fabrica tellas pensadas para as especiais características do clima galego e proporciona as pautas de instalación para garantir a durabilidade do tellado: 1.- En canto a elección dos materiais: As frecuentes xeadas galegas danan fortemente os elementos construtivos. Verea ofrece as tellas con maior resistencia á xeada do mercado español, que superan os 500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos En zonas de choiva abundante, a lei obriga a que o tellado teña unha inclinación mínima do 32% para tella cerámica. Co Verea System,

Vista dunha das liñas de fabricación de Verea. a evacuación de augas é igualmente correcta con pendentes mesmo inferiores (desde un 26%). 2.- En canto ao sistema de instalación (Verea System): Aínda quedan en Galicia tellados instalados con morteiro. Con todo, a correcta instalación das tellas realízase con espuma de poliuretano e ganchos. A utilización de morteiro na instalación pode provocar futuros desconchamentos nas tellas, problemas de ventilación da cuberta que poden dar lugar a condensacións,

así como levantamento e deslizamento das tellas pola perda de adherencia que o morteiro ten co paso do tempo. Evitando o uso do cemento ou morteiro e utilizando elementos de ventilación axeitados minimízase a formación de condensacións e a aparición de brións e fungos. A alta calidade da tella Verea, número 1 en resistencia á xeada, e a idoneidade da instalación do tellado co Verea System, garanten o produto 35 anos.


BARRIOS Xullo de 2014

XINZO E COMARCA

Un curso de capacitación agrícola do Inorde e Cáritas forma 15 veciños da Limia 4 Trátase dun convenio que traballa pola inserción laboral no campo da agricultura. Redacción Un total de 15 veciños da comarca da Limia capacitaranse laboralmente no eido agrícola grazas ao convenio de colaboración que manteñen a Deputación Provincial, o Inorde e Cáritas Diocesana de Ourense. A formación, que comezou este mes, desenvolverase ata finais de ano nunha finca que o organismo provincial posúe na Limia e vén avalada polo éxito da primeira edición deste curso, que se pechou cun 30% dos participantes xa cun contrato de traballo. Trátase da segunda convocatoria dun proxecto pioneiro levado a cabo entre unha entidade privada asistencial, Cáritas, e unha institución pública, o Inorde. Foi en febreiro do pasado ano cando os dous organismos asinaron un convenio que certifica 320 horas de formación repartidas en 80 xornadas, que se estenderán durante algo máis de catro meses. Ao igual que aconteceu na pasada edición, a produción que acaden durante o transcurso da actividade formativa chegará a familias desfavorecidas a través dos servizos de comedor de Cáritas e os propios alumnos tamén poderán gozar dunha parte da produción. Neste sentido, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, pediulles aos participantes que aproveiten esta oportunidade lembrándolles que están

ADEGAL solicita audiencia á conselleira de Medio Ambiente 4 A asociación non está conformes co Plan Director da Rede Natura 2000. Redacción

O xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director de Cáritas Diocesana de Ourense, José Ángel Feijóo Mirón, e o director do Centro Agrogandeiro de Xinzo Servando Álvarez, xunto aos alumnos do curso./CEDIDA. xurdindo cooperativas pola zona como exemplo de que é posible vivir do campo. O responsable de Cáritas, José Ángel Feijóo Mirón, indicou que o obxectivo da formación é outorgarlles aos alumnos “os recursos necesarios para que poidan desenvolver” as súas vidas. Contido da formación Os alumnos aprenderán a producir alimentos como a pataca ou froitos hortícolas. O temario elaborado para este proxecto abrangue un coñecemento amplo sobre as actividades agrícolas e a aprendizaxe continuará coa composición biolóxica e química da terra; o abono, coñecendo os tipos de fertilizantes; o rego e os fenómenos atmosféricos; a

sementeira como método necesario para a reprodución das plantas e froitos; os labores e coidados que deben establecerse como rutina nos traballos agrarios, ou as enfermidades que poden afectarlle ás plantas cultivadas, como combatelas e loitar contra a súa propagación. A formación completarase con temas coma o cultivo de cereais, leguminosas, tubérculos, plantas da horta, árbores frutais e as ferramentas e maquinaria precisas para desenvolver estes traballos.

Os alumnos recibirán 320 horas de formación durante catro meses

ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia solicitou unha xuntanza coa titular da Consellería de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, para analizar a “problemática” que ocasiona na comarca o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Tras estudar o documento, aprobado o pasado mes de marzo, ADEGAL conclúe que este fai “un tratamento uniforme e inconcreto das distintas zonas protexidas, independentemente da súa ubicación, sen respectar as peculiaridades da comarca agraria máis importante de Galicia, a Limia, caracterizada por unha agricultura e gandeiría intensivas”. Lonxe de ser un marco legal no que ampararse, a asociación considera que o Plan Director xera prexuízo para a comarca da Limia, “tendo en conta a escasez de actividades permitidas e a necesidade de autorización por parte da Dirección Xeral da Conservación da Natureza para o habitual funcionamento de actividades tanto agrarias como gandeiras, a obrigatoriedade do sometemento ao Estudo de Impacto Ambiental para unha actividade, incrementando

notoriamente o custo total do proxecto que repercute no interesado, así como a dúbida dun posible desenvolvemento normativo posterior”. Diálogo coa Xunta Por estes motivos, membros de ADEGAL mantiveron unha reunión o pasado mes de xuño cos alcaldes dos municipios afectados polos espazos protexidos para transmitirlle a súa posición sobre o Plan Director da Rede Natura 2000, na que acordaron solicitar unha entrevista á nova conselleira de Medio Ambiente, a quen lle solicitarán unha solución “que concilie a actividade agrogandeira e empresarial co medio ambiente, nunha comarca netamente agrícola, que se manifesta nos recursos potenciais e na actividade fundamental dos seus poboadores”. A Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia agotará todas as vías do diálogo coa Administración antes de emprender medidas legais e mobilizacións.

A asociación cre que o Plan xera prexuízo para a comarca “tendo en conta a escasez de actividades permitidas”

Adxudicadas as melloras da estación de autobuses de Xinzo Redacción A Consellería de Infraestruturas vén de adxudicar por 26.402 euros as obras de mellora das estacións de autobuses de Xinzo de Limia e do Barco de Valdeorras, enmarcadas dentro do Plan Renove deste tipo de instalacións. As obras comezarán na segunda quincena deste mes e durarán dous meses aproximadamente. No caso da estación de Xinzo de Limia a obra potenciará os accesos para aquelas persoas con mobilidade reducida, a través do pintado de prazas de aparcamento no exterior da estación e a colocación da correspondente sinal informativa. Ademais, melloraranse os pasos de peóns remarcando o seu trazado e poñendo dúas sinais. Outros traballos localizaranse nas instalacións, onde se substituirán as luminarias de emerxencia que están en mal estado e se subsanarán as humidades mediante a limpeza, reparación e selado de canalóns; a substitución das baixantes deterioradas e a limpeza e reparación de cuberta. Finalmente, procederase á restauración dos paramentos e teitos afectados. O obxecto do Plan Renove é engadir valor a estas instalacións de servizo público, as cales foron construídas nos anos 70, 80 e 90 e por tanto non están adaptadas para as novas esixencias normativas de accesibilidade.


PUBLICIDADE

BARRIOS Xullo de 2014


10

BARRIOS Xullo de 2014

XINZO E COMARCA

Os veciños de Xinzo maniféstanse contra a supresión do partido xudicial 4 A marcha foi respaldada por unhas mil persoas, coa ausencia de representantes do Goberno local. Redacción A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Xinzo convocou o pasado 10 de xullo unha manifestación polas rúas da localidade para mostrar o rexeitamento da cidadanía contra a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que, entre outras medidas, prevé a supresión dos partidos xudiciais, entre os que se atopa o da capital limiá. Á marcha asistiron preto de 1.000 persoas, entre as que se atoparon veciños da comarca, avogados, procuradores e traballadores da xustiza, representantes de sindicatos e de partidos políticos. No comunicado lido ao rematar a protesta, a Plataforma lembrou as consecuencias desta reforma lexislativa, que suporía “nada máis e nada menos que o peche do xulgado de Xinzo, a desaparición dos xulgados de paz dos concellos da nosa comarca e, tamén, a supresión do Rexistro Civil; trasladándose todos estes servizos a Ourense”, e este traslado implicaría o gasto da cidadanía de “cartos, moitos cartos, non só para desprazarnos ata a capital, senón

tamén o que perderíamos se temos que deixar os nosos traballos, os nosos negocios e botar toda a mañá, ou días en Ourense”, explican. Ademais, recordaron que a actividade diaria destes xulgados xera beneficios económicos para a comarca. O colectivo quixo facer fincapé neste punto porque asegura que dende o Partido Popular “non se nos está a dicir a verdade”. Por iso, “pedímoslles aos gobernantes das institucións locais que se integren na plataforma e que, dentro das súas posibilidades, inflúan no Goberno para que retire o anteproxecto. Esixímoslle que cumpran co mandato

que lles outorgamos cando os eliximos. Os gobernantes ao servizo do pobo, non o pobo ao servizos dos gobernantes”. Unha reclamación para o Goberno municipal ao que acusan de dar “estrañas xustificacións para non secundar unha manifestación que o único que procura é facer forza para que a Limia non sexa relegada a un segundo plano”. Apoio do PSOE Esta marcha si contou co apoio de, entre outras foramacións políticas, o Partido Socialista. A voceira no Concello de Xinzo, Elvira Lama, cualificou de “covardes e irresponsables os

alcaldes da comarca da Limia e o de Xinzo” por apoiar a manifestación, pero non acompañar aos manifestantes. “Non se pode entender como os representantes dos veciños quedaron na casa sen apoiar e defender o servizo que presta o xulgado de Xinzo”. Pola súa banda, o coordinador provincial de Ourense das Xuventudes Socialistas, Mario Tarrío, que tamén estivo presente na manifestación, sentenciou que “o que está a buscar o Partido Popular con este ataque aos dereitos civís é amordazar á cidadanía”. Asemade, sostivo que “nunha provincia como Ourense, esta reforma vai afastarnos da Xustiza”.

A Plataforma pide aos gobernantes locais que inflúan no Goberno para que retire o anteproxecto

Manifestantes contra a supresión do partido xudicial de Xinzo ao seu paso pola rúa de San Roque. /CEDIDA.

Vilar de Santos pon en marcha unha feira mensual 4 Será o segundo domingo de cada mes. Redacción O Concello de Vilar de Santos estreou o pasado 13 de xullo unha feira mensual, un acontecemento que, a xuízo do alcalde, Xan Jardón, “vén completar a liña de traballo do Concello para apostar por novas alternativas de futuro que incentiven e faciliten todo tipo de actividades no medio rural”. “Partindo da nosa base agraria, apostamos por novas áreas de desenvolvemento para dotarnos de servizos e equipamentos públicos de calidade, como a posta en marcha do Museo da Limia, o Parque empresarial, o Centro de Atención de Persoas Maiores, o Centro de Innovación, a Escola Infantil e agora a feira, proxectos que contribuíron a aumentar a calidade de vida dos veciños, a mellorar as perspectivas de futuro e frear o envellecemento e a despoboación no medio rural”, enumera o rexedor. Ademais do polbo e carne, no mercado mensual frécese unha boa mostra de produtos artesanais e de calidade do propio concello e do resto de mu-

nicipios da Reserva da Biosfera, como os queixos, as cervexas, marmeladas, licores, xabóns naturais, pan e empanadas, ademais de postos de venda ambulante. A primeira feira tivo lugar durante toda a mañá do domingo 13 de xullo na praza do Concello e continuará celebrándose o segundo domingo de cada mes. Piscina Por outra banda, Vilar de Santos vén de abrir as portas ao público, un verán máis, da súa piscina municipal de auga salgada. A cal emprega un sistema de cloración mediante electrólise salina, que xera cloro a partir do sal común, que é o único elemento que hai que repoñer. Esta sistema aplica medidas de aforro e eficiencia enerxética mediante un sistema ecolóxico, seguro e sostible que ten posibilitado aforros do 80% no mantemento, evita a manipulación de produtos químicos e reduce o consumo de auga.

Xa está aberta ao público a piscina municipal de auga salgada


XINZO E COMARCA

Fernando Dopico no local de ensaios da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo./P.LODEIRO.

entrevista ao director da escola municipal de gaitas de xinzo

“Nos últimos anos notamos unha carencia de actividade artística”

4 Fernando Dopico adiántanos que a celebración dos 25 anos de vida da banda de gaitas de Xinzo será discreta. Paula Lodeiro O ferrolán Fernando Dopico leva 16 anos en Xinzo como profesor da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello, da que tamén forman parte Xoan Losada, como profesor de percusión e director da banda titular, e Miguel Estévez, como profesor de gaita e director da banda B. Que oferta a Escola de Gaitas do Concello de Xinzo? Fernando Dopico: “Temos varias seccións na escola: a banda titular ou A, a B e a C. Temos pandereteiras, cantareiras, tanto en sección de concurso como a sección sénior, cuartetos tradicionais, solistas... Na escola impártese música tradicional per se, desde cancioneiros de gaita a partituras de autores, algunhas de composición propia, hai un bo corpus musical; e na percusión exactamente o mesmo. Desde técnica tradicional de percusión de tambor, bombo, pandeireta, pandeiro... a unha percusión máis moderna que é a de bandas, que require

outra serie de plantexamentos técnicos. En canto ás bandas, buscamos outra serie de elementos musicais diferentes, desde unha perspectiva de música tradicional pero incorporando novos elementos”. Non só dades clases, verdade? F.D.: “Na Escola temos alumnos entre os 8 e os 80 anos, temos rapaces moi pequeniños e xente xa de idade madura, o cal para nós é un aliciente porque significa que podemos facer chegar á música a un grupo bastante heteroxéneo de persoas. O curso rematou agora, no verán só funcionan as bandas a nivel de actuacións. Nos últimos anos notamos que hai unha certa carencia de actividade artística, algo que está pasando a todo tipo de agrupacións en Galicia. A recesión e a crise económica nótase en todo. Coa banda titular nós pasamos de ter actuacións non só en Galicia senón fóra, a practicamente estar en mínimos. Este verán, o único que temos previsto, a parte de actuar en Xinzo nas fes-

tas e nos actos institucionais do Día de Galicia, é un festival en Pola de Siero (Asturias, os pasados 12 e 13 de xullo) e pouco máis”. Este ano celebrades o voso 25º aniversario. F.D: “Cúmprese o 25 aniversario, non da Escola que ten máis anos, senón da banda. En Xinzo creouse primeiro a Escola, tres anos antes; era o momento en Ourense no que se empeza o mundo das bandas de gaitas, a de Xinzo é unha das primeiras. Os actos do 25º aniversario son actos pobres, pobres no sentido de que a situación económica do Concello non permite que teñamos un presuposto… a mellor celebración é poder existir. Houbo xa un acto en Nadal, unha cea de compoñentes e ex compoñentes da banda de todos os tempos na que estiveron presentes varias xeracións. Unha serie de actos que tiñamos programados houbo que cambialos. Para as festas tiñamos previsto facer un concurso de cuartetos para atraer a xente de toda Galicia e atopámonos que o

Festival Celta de Ortigueira que cae esa fin de semana por primeira vez organiza un concurso de cuartetos e para rizar máis o rizo chámanme a min para ir de xurado. Queremos facer despois do verán unhas xornadas sobre bandas de gaitas con ponencias de profesores, músicos, artesáns...; e un concerto da banda titular coa colaboración de amigos artistas de moito renome. E isto levámolo ao Auditorio de Ourense porque en Xinzo non temos e na Casa da Cultura xa non collemos nin a banda de gaitas (40 membros na banda titular)”. As vosas aulas de ensaios están cheas de carteis e recordos das vosas actuacións, mesmo chegastes a tocar con Hevia. F.D.: “Con José Ángel Hevia teño amizade persoal, desde fai moitísimos anos. Cando xurdiu o tema da gaita electrónica, vivín ese proxecto. E José Ángel do mundo do folclore tradicional asturiano dá o salto ao folk, son os anos de Carlos Núñez, Berrogüeto, Luar na Lubre... Hai un tema no seu

disco que causa furor, “Busindre Reel” e nese e noutro “El Garrotín” Hevia metía bandas de gaitas. Chámame e dime, ‘tesme que botar unha man’. Ás veces íamos toda a banda de Xinzo acompañando a Hevia para tocar eses temas, outras, un grupo de oito ou dez, dependendo das necesidades do espectáculo. Foron anos de tolería, non dabamos feito”. Non foron as únicas actuacións por fóra de Galicia da banda. F.D: “A banda de Xinzo á súa vez tiña as súas propias actuacións. Por exemplo estivemos en Nova Delhi representando a España; estivemos nun concerto de nadal no Vaticano cun montón de artistas; en festivais de bandas de gaitas e folclóricos en Francia; por toda a xeografía española, en Madrid no “Músicas nos Reales Sitios” no Palacio del Pardo; en Portugal, un montón de ocasións; a Asturias imos todos os anos... A xente que estivo na banda nese momento tivo a oportunidade de contactar e coñecer a artistas de todo tipo, o cal é unha riqueza formativa”. Sodes puristas coa música tradicional ou estades abertos á renovación? F.D.: “Isto do purismo e demais, eu son refractario a eses termos, levo demasiados anos na música tradicional como para crer nesas tonterías, para empezar non hai nin música tradicional nin pura, a música por definición é mestura, polo tanto desde a perspectiva historicista a música galega é unha música de mesturas, ten influencias de todo tipo. Se o que queremos decir é aquela música que está vixente aínda e que era froito dunha sociedade dun tempo determinado, penso que todos somos amantes da tradición, loxicamente somos todos quen de reinterpretar a tradición, porque antes que nós o fixeron. Eu tiven sorte de ter un dos grandes mestres gaiteiros, Constantino Beyón, e descender dunha escola fun-

BARRIOS Xullo de 2014

11

dada por Manolo Lorenzo hai cen anos, eu hoxe non podo tocar como eles porque temos máis técnica e instrumentos máis evolucionados, e unha melodía a reinterpretamos, a enriquecemos. O que xerou máis polémica foi o tema das bandas de gaitas, no momento en que as bandas de gaitas optan por algo que xa viñan facendo, deixar de ser un cuarteto e plantexarse ser unha agrupación doutro tipo e buscar que tipo de ritmos, de melodías se poden facer nun colectivo de 30, 40 persoas. Curiosamente o folk non xerou polémica, porque para mestizaxe o folk, todo son ritmos e instrumentos irlandeses e ninguén se escandaliza”. É moi complicado aprender a tocar a gaita? F.D: “Como calquera instrumento, hai que estudalo como todo. Nós ensinamos música, traballamos con partitura, aos rapaces dáselles clase de teoría musical, logo está a praxe, tanto en gaita como percusión, ata as pandeiretas se tocan con partitura. Como ocorre sempre, a aptitude e a actitude da persoa tamén vai condicionar, por sorte en Xinzo hai gaiteiros boísimos, e saíron e o demostraron porque gañaron premios tanto de solistas, como de cuartetos como de bandas, temos unha boa colección de premios”. Nótase que hai tradición familiar en Xinzo na música tradicional? F.D.: “Si se nota. Aquí en Xinzo o gran referente eran os gaiteiros de Baronzás, que se chamaban Airiños de Antela, un cuarteto que funciona desde os anos 40 ata os anos 80. Hai outros como son os gaiteiros de Laroa, e gaiteiros solistas. Houbo antes un grupo de ocasión, Os Antelanos, en 1928. Na Escola é moi común ter irmáns, primos, uns van traendo a outros, dase o fenónemo de ter varias xeracións na propia escola aprendendo, avoa en pandereita sénior, fillo-filla cantando e netos tocando”.

“Queremos facer un concerto da banda titular coa colaboración de amigos artistas de moito renome” “Non hai nin música tradicional nin pura, a música por definición é mestura”


12

BARRIOS Xullo de 2014

EN BREVE

4 Os museos aumentan o seu horario Os museos municipais (Museo Galego do Xoguete, Museo da Moda e Museo do Coiro) amplían o seu horario, ata o día 14 de setembro, para facilitarlles o acceso a todas as persoas que durante este tempo visitan Allariz. Os museos abrirán martes, mércores e domingos de 12 a 14 horas, ampliando o horario pola tarde (de 19 a 21 horas) os xoves, venres e sábados; os luns permanecerán pechados. A entrada para cada un deles é de dous euros, existindo un bono de tres euros que permite a entrada aos tres cintos. O acceso é gratuíto para os menores de catro anos ou para os veciños con tarxeta de cidadanía.

4Os servizos municipais adáptanse ao verán Varias instalacións municipais de Allariz cambian o seu horario nestes meses de verán. A piscina municipal abrirá en xullo e agosto de xeito ininterrompido, en horario de 9 a 21 horas a piscina climatizada, e de 11 a 21 horas as piscinas exteriores, incluíndo estas últimas sábados e domingos. A Casa da Mocidade amplía o seu horario ata o 6 de setembro. Estará en funcionamento de luns a venres de 11:30 a 13:30 horas e de 20 a 22 horas. Os días festivos a instalación estará pechada. En canto á biblioteca municipal da Casa da Cultura reducirá o seu horario ata o 15 de setembro, ofrecendo só servizo de 9:30 a 14 horas.

4 Instalacións deportivas na Casa da Mocidade A Casa da Mocidade crea novos espazos deportivos para que este verán os mozos e mozas de Allariz conten coas mellores instalacións posibles. A reforma consistirá na ampliación das canchas de fútbol e baloncesto, con novas porterías e canastras para a práctica de ditos deportes.

ALLARIZ E COMARCA

Empeza a comercialización de xabóns elaborados en Allariz 4 Están á venda en comercios da vila e tamén vía on line. Redacción Despois dun período de proba e debido á grande acollida, o Concello de Allariz xunto coa Asociación A.N.D.R.E.A. comezan a comercialización de “Xabóns D’Allariz”. Uns xabóns elaborados con leite de burra, que ten propiedades antioxidantes, e manteiga de karité, un poderoso protector e hidratante da pel, e non inclúen nin fragancias artificiais nin produtos químicos. A presentación do produto en tenda foi feita en Cosmethics, comercio de cosmética natural localizado no centro de tendas outlets da vila alaricana. A venda está dispoñible de forma directa e tamén vía on line. Polo momento “Xabón D’Allariz” pode mercarse na parafarmacia da vila, no mercado da Reserva da Biosfera, no Museo da Moda e no Obradoiro de San Salvador, de onde procede a súa elabora-

Xunqueira de Espadanedo homenaxea a Miguel Ángel Blanco 4 No 17º aniversario do seu asasinato. Redacción

Posto de “Xabón D’Allariz” na pasada Feira de Outono./ ARQUIVO. ción. Non obstante, tanto o Concello como a Asociación A.N.D.R.E.A. pretenden a expansión do produto a outros puntos de Galicia así como da xeografía española. Dinamización do rural “Xabóns D’Allariz” xorde coma un proxecto de

dinamización rural que traballa para garantir unha liña local de produtos artesáns de alta calidade. Pretende ser unha produción encamiñada á sustentabilidade da asociación de xeito que se garante a continuidade do seu labor en favor de colectivos desfavorecidos.

O Concello de Xunqueira de Espadanedo celebrou o pasado 11 de xullo, no 17º aniversario do asasinato do concelleiro de Ermua Miguel Ángel Blanco, unha homenaxe a todas as vítimas do terrorismo, “quen polo feito de defender a xustiza, o pluralismo político e a democracia constitucional, foron vilmente asasinadas co único fin de silenciar as súas ideas a través das armas e do sufrimento de miles de españois”. Especialmente quíxose con este acto “preservar a memoria e o recoñecemento como símbolo de liberdade, que personifica o noso veciño Miguel Án-

gel Blanco quen, hai hoxe 17 anos, era vítima dun cruel secuestro perpetrado polos asasinos da banda terrorista ETA”, indica o comunicado municipal. “O seu secuestro e covarde execución marcou na sociedade española un antes e un despois na loita contra o terrorismo e en favor das vítimas”, prosigue a declaración institucional. Por todo isto o Concello de Xunqueira de Espadanedo reafirma “o compromiso cos principios constitucionais, a xustiza, o pluralismo político, a dignidade humana e a democracia constitucional, á vez que rexeita calquera tipo de violencia que tente impoñer as súas ideas por outra canle que non sexa a democracia”.

O acto incluiu a colocación dun ramo de flores fronte á escultura que recorda a Miguel Ángel Blanco./CEDIDA.

Os hostaleiros de Allariz buscan logo 4 A través dun concurso aberto ata o 10 de agosto. Redacción A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz convocou un concurso para a creación do seu logotipo. O logo deberá estar relacionado cos obxectivos e características da asociación, valorándose a orixinalidade, a síntese e que estea relacionado co comercio e a

hostalería. Os traballos deberán presentarse en formato dixital en versión branco e negro e en cor, antes do 10 de agosto. O gañador do certame recibirá un premio de 300 euros e entre todos os participantes sortearase unha estancia de fin de semana nos establecementos de hospedaxe asociados.


ALLARIZ E COMARCA / CELANOVA E COMARCA

Récord de visitas escolares á Fundación Curros Enríquez 4 Recibiu en seis meses preto de 2.500 alumnos. Redacción En seis meses de 2014 a Fundación Curros Enríquez de Celanova superou o total anual de visitantes escolares desde a apertura da Casa dos Poetas en 2006. Durante os meses de febreiro e xuño a Fundación Curros Enríquez acolle numerosos grupos de escolares que se achegan a Celanova para visitar a Casa dos Poetas e realizar algunha das actividades organizadas ao redor dos escritores da vila. Moitos deles realizan o programa ‘Vén coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio’ que combina visitas á Casa dos Poetas, ao Mosteiro de San Rosendo, á Virxe do Cristal e a Castromao cun percorrido urbano a través da poesía pola vila de Celanova. Anualmente a Fundación recibe de media uns 50 centros de ensino de toda Galicia (aproximadamente uns 2.000 rapaces) pero nestes seis primeiros meses do ano, a Fundación Curros Enríquez atendeu xa a

58 grupos escolares, que suman un total de 2.476 visitantes. Premio para a Fundación A Fundación Curros Enríquez recibiu a pasada fin de semana, no transcurso da VI Festa da Palabra, o premio Setecarballas, que anualmente outorga a Fundación da Insua dos Poetas. Prémiase á Fundación Curros Enríquez polo seu papel de difusión da vida e obra de Manuel Curros Enríquez, así como doutros escritores relacionados con Celanova, e por organizar campañas informativas e levar a cabo actividades relacionadas co mundo da literatura galega.

A Fundación recibiu un premio polo seu papel de difusión da vida e obra dos escritores celanoveses

O Concello de Allariz mellora os accesos ao novo colexio 4 Crearanse beirarrúas para garantir a seguridade. Redacción O Concello de Allariz continúa o acondicionamento das vías alaricanas. O vial que comunica coa Acearrica foi mellorado pola brigada municipal, que, nestes días, iniciará as obras de acomodamento dos accesos ao novo colexio infantil. O obxectivo pasa pola creación de beirarrúas e doutros servizos, que pretenden garantir a seguridade dos cativos. O Concello permanece

á disposición do colexio Padre Feijoo para atender as súas inquedanzas e peticións, agardando a que no inicio do curso as instalacións estean “perfectamente axeitadas ao tránsito seguro de alumnado e persoal do centro educativo”.

A administración local tamén renovou o vial que comunica coa Acearrica

BARRIOS Xullo de 2014

13

Encontro de tracción animal Redacción

Celanova, A Bola e a localidade lusa de Castro Leboreiro acollen os próximos 19 e 20 de xullo un Encontro Transfronteirizo de Tracción Animal. Na parte teórica falarase do manexo e doma de equinos para a tracción animal, e na parte práctica realizaranse traballos agrícolas. A proxección do documental “O carro e o home” e unha degustación na tapería Plan C completan o programa.

Curso de apicultura en tapería Plan C, que segue acollendo actividades de todo tipo, como charlas ou reunións./CEDIDA.


14

BARRIOS Xullo de 2014

CELANOVA E COMARCA

Un curso repasa en Celanova o pasado, presente e futuro do audiovisual galego 4 O 11º Curso de Medios Audiovisuais de Celanova celébrase ata o 18 de xullo na vila de San Rosendo. P. Lodeiro Lembrar a figura de Carlos Casares e revisar o estado do audiovisual en Galicia son os obxectivos do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), que se está a desenvolver ata o venres 18 nesta localidade. Esta edición, que leva por título “Audiovisual en Galicia: 25 anos de presente” rememorará o 25ª aniversario da estrea das tres primeiras longametraxes de ficción en galego, que marcaron o despegue da industria audiovisual en Galicia. Tras proxectarse “Sempre Xonxa” o martes 15, “Urxa” exhíbese o mércores 16 ás 22:30 h e “Continental” poderase ver o día 17 ás 22:30 h. Estas proxeccións están abertas ao público en xeral. Os directores destas tres películas (agás o falecido Chano Piñeiro) estarán presentes na última xornada de curso nunha mesa redonda sobre “Onde está e cara onde vai o audiovisual galego?”, unha das actividades dun programa “que ofrece pluralidade de formatos con estreas de longametraxes, documentais, webseries e TV movies, no único foro de reflexión anual que ten lugar en Galicia sobre o noso audio-

Organizadores e colaboradores na apertura do curso no auditorio Ilduara./CEDIDA. visual”, explicou Miguel Anxo Fernández, director do CeMAC. Catro xornadas para reflexionar sobre o audiovisual galego, a través de proxeccións, mesas de debate, relatorios e talleres e coa participación de directores, actores, produtores, guionistas e representantes institucionais. Taller “Celanova, plató de ficción” Ademais, de maneira paralela, estase a desenvolver o taller audiovisual “Celanova, plató de ficción”, coordinado por Paulino Pérez, que este ano gravou unha webserie (“Interfecto”) de tres capítulos, coa participación de 11 alumnos e 5 actores da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo,

que recolle a arte, a historia e as lendas de Celanova, nun ton de suspense e intriga. Os capítulos poderanse ver ao longo do curso, ao igual que a segunda tempada de “Fame”, a webserie gravada na pasada edición do taller. O curso está organizado pola Fundación Carlos Casares e conta co financiamento da Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo (é curso de extensión universitaria), o Concello de Celanova e AGADIC.

Durante o curso proxéctanse os filmes “Sempre Xonxa”, “Urxa” e “Continental”

4 Máis iniciativas audiovisuais Este curso non é a única iniciativa do eido audiovisual que se realiza en Celanova este mes, pois por segundo ano consecutivo, a vila acollerá un campo de traballo que versará sobre este ámbito. Durante 15 días 25 mozos e mozas de diferentes países traballarán na creación dunha curtametraxe sobre o patrimonio da localidade celanovesa, que se exhibirá no Congreso de Patrimonio Cultural que se desenvolverá na vila no mes de setembro, segundo adiantou o alcalde, José Luis Ferro.

Realizarase entre o 21 e o 24 de xullo de 16 a 18:30 horas e está destinado a persoas interesadas nesta temática que posúan destrezas no manexo dun PC. “Manexo da cámara dixital” é o seguinte curso, previsto para a xornada do 28 de xullo de 16 a 19 horas, e novamente dirixido a cidadanía en xeral. Xa para menores de 4

O BNG de Celanova mostra a súa preocupación ante o estado en que se atopan os terreos de propiedade municipal, polo que solicita publicamente ao Concello que leve a cabo a roza de pastos en parcelas e en diferentes vías públicas da vila. O seu voceiro, Leopoldo Rodriguez Puga, asegura que é necesario “para previr posibles incendios durante o verán ademais de eliminar vectores que provocan a aparición de de pragas preto dos nucleos de poboación”. Esta limpeza deberiase realizar, opinan no Bloque, na primeira quincena de xuño, que, é “cando se estima que a vexetación alcanzará o máximo desenvolvemento, despois da climatoloxía que tivemos”.

a 10 anos ofrécese o curso “Divírtete coas novas tecnoloxías”. Impartirase desde o 29 de xullo ao 8 de agosto en horario de 11 a 13 horas. Finalmente, “Aprende a retocar as túas fotografías

coa ferramenta GIMP” é a última formación prevista, do 29 de xullo ao 1 de agosto en horario de 17 a 18.30 h. Para participar hai que ter saber utilizar un ordenador a nivel usuario.

A roza debería realizarse na primeira quincena de xuño

4 Unha praza de limpadora foi parar a unha filla dun edil do PP, afirman. O voceiro do BNG na Merca, Manuel Outumuro, denuncia publicamente que unha praza de limpadora municipal, vacante por xubilación, vén de ser concedida á filla dun concelleiro do PP, partido que goberna a localidade.

Aula CeMIT de Celanova./CEDIDA.

Incendios, acumulación de cascallos e pragas O obxecto desta actuación é retirar toda a broza das parcelas “para evitar riscos de incendios, acumulación de cascallos ou pragas de insectos ou roedores, así como evitar que o mato invada as beirarrúas ou zonas de tránsito peonil”. Desta forma garantiríanse as debidas condicións de salubridade, hixiene e seguridade nos soares e predios xestionados polo Concello. Ademais lembra o portavoz municipal nacionalista, “non se pode esixir aos propietarios que acometan a limpeza dos terreos e que o Concello de Celanova teña as súas parcelas sen ningún tipo de mantemento”.

O BNG denuncia enchufismo na Merca

Redacción

4 Cursos para todas as idades. A Aula CeMIT do Concello de Celanova non pecha por vacacións. A aula seguirá formando aos celanoveses en novas tecnoloxías durante os meses de xullo e agosto. O próximo curso en comezar é un denominado “Conta o que queiras na internet coa axuda dun blog”.

4 O BNG presentou un escrito no Concello. Redacción

A actividade da aula CeMIT non cesa nos meses de verán Redacción

Piden a limpeza das parcelas municipais para previr incendios

Non é o único caso Outumuro reseña que este non é o único caso de enchufismo. “Só fai falla revisar a Relación de Postos de Traballos para decatarse de que case o 100% dos traballadores que se incorporaron ao Concello nos últimos 15 anos son militantes, ou

os seus familiares directos foron en listas ou son con cargos do PP”. Refírese aos postos de auxiliar administrativa, técnica local de emprego, persoal da brigada municipal, tractorista, técnica da escola taller e mestra da escola infantil. Nestes dous últimos casos, os postos están ocupados por unha concelleira e unha ex concelleira do PP, apunta o político nacionalista. Por iso vén de presentar un escrito no Concello para que se faga convocatoria pública desa vacante para ser cuberta polo sistema que garanta os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

BARRIOS Xullo de 2014

15

Campaña de educación viaria

A Deputación de Ourense, primeira de España en contar cunha ordenanza de Transparencia

Axudar aos condutores do rural ourensán, preferentemente aos maiores de 65 anos, a actualizar a súa formación en materia viaria, tanto no que atinxe á nova normativa de tráfico como á recuperación dos puntos perdidos do carné, é o obxectivo da campaña que vén de poñer en marcha a Deputación de Ourense conxuntamente coa Asociación Provincial de Autoescolas e a Xefatura Provincial de Tráfico, unha iniciativa que pretende formar, informar e sensibilizar aos condutores para incrementar a seguridade e os seus coñecementos. A campaña, á que se destinan 18.000 euros 14.400 euros por parte da Deputación e 3.600 euros achegados pola Asociación de Autoescolas- desenvolverase en 31 concellos entre os meses de xuño e setembro, e consistirá en charlas informativas, impartidas por 31 profesores de autoescolas, tendo a previsión acadar un número aproximado de 1.500 alumnos, a maioría deles maiores de 65 anos.

A proposta, aprobada no pleno de xuño, recolle aspectos como a publicidade activa da información e o dereito á información pública e a súa reutilización A Deputación de Ourense é o primeiro goberno provincial de España que conta cunha ordenanza de Transparencia, logo de que a corporación provincial aprobase en sesión plenaria unha normativa que ten como obxectivo ordenar administrativa e xuridicamente no ámbito da institución provincial aspectos como a publicidade activa da información e o dereito á información pública e á súa reutilización. A ordenanza de Transparencia recolle cuestións reguladas en textos e normativas de grande importancia como son as leis de Réxime xurídico, Reutilización da información, Transparencia e a de Racionalización e sostibilidade da Administración Local; unha ordenanza, por certo, que regulará situacións que xa a Deputación de Ourense vén desenvolvendo e practicando como compromisos de seu do goberno provincial. A nova ordenanza es-

trutúrase en 7 capítulos, 49 artigos e 1 disposición final de “Entrada en vigor”. O ámbito de aplicación son as entidades que forman parte do sector público provincial, e entre as obrigas que recolle o documento figura o de elaborar, manter actualizada e difundir a información facilitando o acceso á mesma e permitindo a súa reutilización, así como utilizar preferentemente medios electrónicos e telemáticos. Asemade, a ordenanza cita como medios de acceso á información as oficinas de información, as páxinas web ou sedes electrónicas e os servizos de atención telefónica, e como principios xerais recolle a presunción xeral da publicidade da información pública, publicidade activa, reutilización da información, dereito ao acceso á información, acceso inmediato por medios electrónicos e calidade da información (veraz, fidedigna, actualizada e comprensible). Todo este acceso á in-

Pleno da Deputación no que se aprobou a ordenanza de Transparencia./A.PAZ. formación realizarase coa debida protección de datos persoais e dentro dos límites legais, e será unha información que se facilite a iniciativa propia e de maneira gratuíta; na páxina web ou sede electrónica; en lingua galega e castelá e con prazos de publicación e actualización. As obrigas específicas da

publicidade informativa refírense ao tipo de información que se facilitará dende a institución. Neste apartado figura a información sobre: a institución, a súa organización, planificación e persoal; altos cargos e persoas que exercen a máxima responsabilidade; información de relevancia xurídica; sobre contratación, convenios

e subvencións; información económica, financeira e orzamentaria, e sobre servizos e procedementos. O último capítulo do documento recolle que a ordenanza será sometida a avaliación e seguimento polo órgano responsable, artellando actividades de formación, sensibilización e difusión.

O Observatorio Económico Ourensán sinala o semestre actual como o de maior recuperación do emprego na crise O cuarto informe do Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta que a Deputación desenvolve para a análise económica, laboral, empresarial e social da provincia e das súas comarcas, constata unha aceleración na recuperación dos mercados de traballo locais, tanto a nivel comarcal como municipal. Por primeira vez desde o inicio da crise, o descenso do paro en taxa interanual dase en cada unha das doce comarcas da provincia de Ourense. As catro últimas en acadar este logro foron Allariz-Maceda, A Baixa Limia, Valdeorras e Terra de Celanova, que precisaron do semestre actual para

romper as series consecutivas de auxe do paro interanual sufridas desde o ano 2007. Aínda que persiste a diferente velocidade de evolución entre as afiliacións e o paro rexistrado, a mellora laboral xeralízase no conxunto da provincia. O número de traballadores adscritos á Seguridade Social aínda non neutralizou o signo negativo, se ben é certo que o descenso provincial suavizouse no último ano, ao pasar do -2,6% ao -1,1% actual. Pola súa parte, o paro rexistrado descende agora un 7,1% en taxa interanual, cando en maio de 2013 seguía transitando no terreo dos incre-

mentos, cunha subida anual do 0,7%. Cambio de tendencia O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo no acto de presentación do estudo que os indicadores “amosan que estamos a ver unha aceleración na velocidade de recuperación e que os mercados de traballo comezan a abrirse”. Baltar destacou que estamos “no mellor semestre para a rexeración do mercado laboral da provincia”, e que este cambio de tendencia “non é unha circunstancia illada, senón que está a perdurar no tempo”, engadindo que por primeira vez

en todo o período en crise “as doce comarcas ourensás rexistran descensos interanuais do paro rexistrado”. O informe reflicte que na actualidade Ourense perde afiliados á metade de velocidade que hai un ano. A taxa de redución pasou en doce meses do 2,6% ao 1,1%, o que anticipa que de manterse este ritmo habería cambio de signo a partir do segundo semestre de 2015, que sería cando as afiliacións comezasen a crecer en taxa interanual. “Este fito, tan esperado deixaría ver na provincia de Ourense, tamén por primeira vez desde o ano 2007, a coincidencia entre o descenso do

Manuel Baltar durante a presentación do informe do Observatorio Económico Ourensán./A.PAZ. paro e o aumento das afiliacións”. O presidente provincial subliñou que nunca antes houbera descensos anuais do paro nas do ce comarcas á vez, “e moito menos aos niveis actuais, que equivalen a máis do 7% e a 2.200 persoas menos á procura de traballo. Dito doutro xeito, ao ritmo de agora mesmo, cada día abando-

nan o paro unha media de 183 demandantes”. Aínda así, Baltar apunta que non se pode confundir a realidade “nin caer en interpretacións triunfalistas. Os datos reflicten melloría e as cifras transmiten certo optimismo, pero a contabilidade laboral e económica da provincia continúa a presentar algúns rexistros inquietantes”.


16

BARRIOS Xullo de 2014

Medio Rural financia 19 concentracións parcelarias Redacción

A Consellería de Medio Rural e do Mar mobilizará este ano en Ourense preto de 1,2 millóns de euros en actuacións en materia de concentración parcelaria, que servirán para impulsar o sector agrario. Os investimentos previstos nesta partida refírense a 19 procesos de concentración parcelaria que se están a desenvolver en 11 concellos da provincia, entre eles os de Verín, Porqueira, Cartelle, Verea, Vilardevós, Xunqueira de Ambía, Calvos de Randín, Monterrei e Vilar de Barrio. A concentración parcelaria que se está a levar a cabo na parroquia de Castelaus, en Calvos de Randín, é a actuación que acapara un maior investimento cifrado en preto de 420.000 euros.

PROVINCIA

Pura Rodríguez, nova presidenta do PP de Gomesende 4 Xa hai candidatos para as agrupacións de Xinzo, Calvos de Randín e Verea. Redacción Pura Rodríguez Álvarez é a nova presidenta do PP de Gomesende, tras ser respaldada co 100% dos votos dos compromisarios no congreso local dos populares desta localidade. Rodríguez anunciou que o seu antecesor no cargo, Radigundo Castro, será o presidente de honra do PP de Gomesende, como recoñecemento a prol do partido e do municipio como alcalde que foi. Ademais, a presidenta local recalcou varias claves para o futuro do municipio: “Entre as nosas necesidades máis importantes atópase a de fixar poboación, así como a de tratar de conservar e mellorar as nosas infraestru-

turas e servizos. De feito, trataremos de aproveitar as instalacións do grupo escolar, hoxe sen nenos, como centro de día ou residencia, co fin de dar un importante servizo aos nosos maiores”. Próximos congresos Á volta do verán celebraranse congresos locais do PP en Xinzo (5 de setembro), Calvos de Randín (12 de setembro) e Verea (o día 26), sendo os únicos candidatos a asumir estas presidencias locais Antonio Pérez, José Manuel Andrade, e Juan Antonio Martínez, respectivamente.

En setembro, congresos en Xinzo, Calvos de Randín e Verea

Adxudicadas obras en catro estradas da provincia 4 Cun investimento de case medio millón de euros. Redacción

Pura Rodríguez./CEDIDA.

Antonio Pérez/ARQUIVO.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar as obras de mellora de catro estradas da provincia de Ourense: OU-301 entre Xinzo e Porqueira, a OU-304 entre Xinzo e Baltar, a OU-320 entre Piñeira de Arcos e Ponte Noalla, e OU-531 entre Xinzo e Cortegada, to, todas elas encadradas dentro da Rede Primaria e Secundaria da Xunta. Estas actuacións, que foron adxudicadas á empresa Extraco, comezarán este verán e terán un prazo de execución de catro meses aproximadamente. O investimento previsto é de

489.394 euros. O obxecto principal destes traballos é mellorar o estado do firme existente con solucións localizadas definidas en función das necesidades de cada estrada nun período de catro meses. Na OU-301 actuarase en tres tramos que suman pouco máis de quilómetros; na OU-304 en dous tramos que contabilizan 410 metros; na OU-320 traballarase en cinco puntos diferentes, isto é, un total de 2.040 metros; e finalmente na OU-531 2.075 metros en cinco puntos diferentes.

Teñen un prazo de execución de catro meses


DEPORTES

Baños de Molgas, cita estival ineludible 4 O 2 de agosto disputarase a popular do San Salvador. R.T. O sábado 2 de agosto celebrarase en Baños de Molgas a VII Carreira Popular do San Salvador. A partir das 19 horas darán comezo as probas, coa primeira delas que é a de

pitufos (de 150 metros); ás 19:30 horas será a de menores (2.300 metros) e ás 20:00 horas a carreira absoluta, cun percorrido de 7 quilómetros. A inscrición realizarase a través da páxina web www. championchipnorte.com; a

cota de inscrición será de 5 euros para os participantes da carreira de 7 quilómetros e de balde para o resto dos participantes.

O prazo para anotarse remata o mércores 30 de xullo. Os participantes da carreira de pitufos non precisan inscrición.

BARRIOS Xullo de 2014

17

500 atletas toman as rúas de Celanova 4 Durante a súa XI Carreira Nocturna. Redacción

Participantes dunha edición anterior da carreira de Baños de Molgas./ARQUIVO

Unha das carreiras populares nocturnas que máis simpatía produce é a de Celanova. A terra dos poetas vístese por un día de atletismo e congrega cada ano a unha cifra que ronda o medio milleiro de participantes entre todas as categorías. En categoría absoluta masculina, o limián da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Rubén Diz foi o vencedor desta edición, moi por diante dos seus rivais. Diz detivo o crono en 24:22 minutos tras 7.800 metros percorridos. Na segunda posición, a un minuto e 17 segundos, entraría o seu compañeiros de equipo Javier Paredes. O ourensán empregou 25:39 minutos en completar a distancia. Ao terceiro caixón do podio subiu José Manuel Casado (Vía XVIII Maceda) cun tempo de 26:14 minutos.

Categoría feminina Yolanda Gutiérrez (New Balance Team) foi a máis rápida das féminas cun tempo de 29:38 minutos. A 38 segundos entraría Iria Fernández (Comesaña SC), cun tempo de 30:13 minutos; e Sonia Teijeiro (Ourenrunning) foi terceira con 30:47. Outras categorías En prebenxamíns, Adán Rodríguez e Sabela Álvarez foron os vencedores. Na carreira de infantís e cadetes, David Burgos e Inés Amorín foron os máis rápidos. En alevín gañaron Aarón Suárez e Sara Álvarez. E na carreira benxamín, Germán González e Noa Burgos fixéronse co primeiro posto.

Os atletas Rubén Diz e Yolanda Gutiérrez foron os claros vencedores da carreira absoluta

Un grupo de atletas populares na edición 2014 da nocturna de Celanova./S.N.

Sanjosé vence no Val do Támega 4 Segundo foi Teixeira. Redacción O ciclistas do AC Hoteles by Marrior Rafael Pérez Sanjose foi o primeiro clasificado da quinta edición da Volta Cicloturista

Val do Támega. O segundo en entrar na liña de meta foi Francisco J. Teixeira (Run&Bike). E terceiro foi Alberto Penín (C.C. Orensano). Participaron 153 ciclistas.


18

BARRIOS Xullo de 2014

DEPORTES

Grandes resultados das EDC Verín 4 En fútbol, fútbol sala e atletismo. Redacción

O cadete Iván Feijoo -no centro- foi a gran sensación do BTT da nosa comunidade ao vencer en todas as probas autonómicas, o que lle valeu para proclamarse campión galego.

BTT con sabor macedán

4 Os bikers de Maceda lograron importantes éxitos no Campionato de Galicia de BTT. Redacción O BTT galego ten sabor macedán. E é que varios bikers de Maceda lograron subirse ao podio do Campionato Galego de BTT. O galego de BTT celebrado na localidade lucense de Pobra de Brollón deixou un éxito incuestionable para o Actyon-Merida-Academia Postal. Iván Feijoo foi o vencedor na categoría cadete, o que lle supuxo vestirse co maillot de campión galego no seu primeiro ano na categoría. Feijoo venceu en todas as probas do campionato. Pola súa banda, Raúl González foi o gañador júnior nunha carreira moi axustada, na que logrou superar a Raúl Fernández (campión de España júnior de ciclocross). Con esta vitoria González proclamábase campión galego.

Na proba raíña, Saúl López foi segundo; sendo tamén o segundo sub23, tan só por detrás dun dos grandes bikers nacionais, o macedán do MMR Pro Team Pablo Rodríguez. En mulleres, Eva Álvarez rematou segunda (subcampioa galega) en elite, tan só superada por Lucía Vázquez. En resumo, o equipo macedán logrou dous titulos autonómicos (Iván Feijoo -cadete- e Raúl González -júnior-) e dous subcampionatos (Eva Álvarez -elite- e Saúl López -sub23-). Da Escola de Ciclismo JA Hermida, Aida González acadou a vitoria alevín na Mini BTT disputada en Tui. Citas de xuño A última fin de semana de xuño o Actyon-MéridaAcademia Postal acudiu a

diversas citas deportivas, e en todas acadou grandes resultados. A primeira delas foi a última proba puntuable para o Open de España de BTT XC, que se disputou en Becerril de la Sierra, e na que Eva Álvarez se proclamou como a mellor sub23 feminina; Iván Feijoo foi 8º na categoría cadete; e Raúl González, 15º en júnior. Ademais, tamén se disputou o Campionato de Galicia de Maratón, no que José Ramón Villanueva subiu ao podio ao conseguir a medalla de prata na categoría sub23. Os máis pequenos do club tamén obtiveron bos resultados. Desprazáronse ata Betanzos, para acudir ao I Mini BTT da localidade, no cal lograron seis podios, destacando entre eles a vitoria de Aida González en alevíns.

A EDC Verín vén de acadar grandes resultados en fútbol, fútbol sala e atletismo. Na final de fútbol sala cadete, o Verín venceu por 3-0 ao Burela logrando a Copa Galicia. O Verín chegou á final logo de gañar ao Azkar de Lugo e ao Parrulo de Ferrol. En fútbol infantil, os verineses lograron un empate a dous contra o Pontevedra. O equipo alevín A disputou a fase final do Campionato Galego en Portas (Pontevedra), no que rematou oitavo da zona sur PontevedraOurense e entre os 16 mellores de toda Galicia. O equipo benxamín A foi terceiro na fase final do Campionato Galego, sendo terceiro da zona sur de Galicia, por detrás do Celta e o Areosa. E os prebenxamíns foron sextos

da mesma zona sur, rematando entre os 12 mellores de Galicia. Atletismo Varios atletas da EDC participaron na terceira proba puntuable do circuíto “Correndo por Ourense 2014”, na carreira do Corpus-Centro. Os atletas de Verín lograron catro vitorias a cargo de Marina Moredo, Xoel Gago, Antía Castro e Fiz Losada. Sorteos Os menores Quique Fernández Fernández e Joel Núñez Blanco resultaron gañadores dos sorteos presenciais dos agasallos do álbum das disciplinas competitivas EDC de Verín, promovido desde o Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín, para a tempada 2013-2014.

EN BREVE

4 Hípica Do 17 ao 24 de xullo o camping do Invernadoiro acollerá o II Campus Hípico, centrado na equitación, amais de contar con outras actividades. Con este evento preténdese que os participantes coñezan máis en profundidade o mundo da equitación, melloren o seu nivel de inglés e gocen de xornadas de convivencia con outros nenos e nenas.

4 Fútbol sala O II Campus Internacional de fútbol sala terá lugar en Xinzo de Limia do 4 ao 14 de agosto. O prezo do campus é de 55 euros. Ademais, haberá un prezo por día de 8 euros. As inscricións poden facerse no teléfono 627 781 822, en Ortopedia Prieto ou en Café Trebello.

4 Fútbol americano O domingo 10 de agosto no campo de fútbol J.A. Carrera celebrarase o II Campus de Iniciación ao fútbol americano. O evento dará comezo ás 10 horas. O prezo da inscrición máis o seguro é de 10 euros. Para máis información poden dirixirse á web www. xinzofootball.weebly. com ou no teléfono 610 616 079.

4 Triatlón

Integrantes do equipo de atletismo de Verín na carreira do Corpus do circuíto “Correndo por Ourense 2014”.

O sábado 23 de agosto celebrarase en Allariz o XXV Triatlón popular “Vila de Allariz”. O percorrido que deben realizar os participantes será de 750 metros a nado, 24 quilómetros en bici e 5,5 quilómetros a pé.


AXENDA /CLASIFICADOS

BARRIOS Xullo de 2014

19

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº3 - Ano: IX - Xullo 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4AXENDA Obradoiros - 9 e 10 de agosto - Encontro de Cestería - Santa Mariña de Augas Santas (Allariz) Deportes - 9 de agosto - Olimpiadas Inter-pobos - Campo da Moreira - Xinzo de Limia - 23 de agosto - XXV Triatlón Vila de Allariz18 h- Allariz - 24 de agosto - Regata de piragüismo - Allariz Música e espectáculos - 20 de xullo - I Festival de bandas de música “Vila de Allariz”- 20 h - Festival de Xardíns de Allariz Festas -17, 18, 19 e 20 de xullo - Festas patronais de Santa Mariña- Xinzo de Limia - 24 de xullo - Festa da Patria Galega - Souto do Folgoso (Allariz) - 24 e 25 de xullo - Festas na honra de Santiago Apóstolo- Coedo - 24, 25 e 26 de xullo Festas na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana - Borrán (Vilar de Barrio) - 25 e 26 de xullo - Batucada - Verín - Do 26 de xullo ao 9 de agosto - Ciclo do Pan - diversos emplazamentos de Allariz - 1 e 2 de agosto - Pobo fantasma - 23 h - Chaioso (Maceda) - 2 e 3 de agosto - Festas da Ramallosa - Celanova - 8 e 9 de agosto - Feria do Viño - Verín - Do 12 ao 16 de agosto - Festa na honra de San Roque - Celanova - 23 e 24 de agosto - Festa da Empanada - Allariz Feiras - Cartelle - 18 xullo - Celanova - os xoves - Cualedro - 18 de xullo - Maceda - 20 de xullo - A Merca - 26 de xullo - Rairiz de Veiga - 23 de xullo - Ramirás - terceiro domingo de xullo - Verín - 23 de xullo - Xinzo de Limia - 27 de xullo - Xunqueira de Ambía - 24 de xullo

4CLASIFICADOS

ALUGUER/VENDA Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 626 297 504. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16. Alugo apartamento amoblado, 2 habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 22 21 79. Compro casa vella, palleira, adega ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3 500 euros. Tel. 636 32 95 24. Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 27 19 16. Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, 2 baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comunidade. Tel. 988 22 21 79. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301. Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 255 033.

VENDAS Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002.

EMPREGO Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de personas maiores, acompañantes, xardinería, traballo doméstico e outros servizos. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade. Podemos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009. Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448.

CONTACTOS Ofrécese chico de compañía, de 34 anos, para mulleres de entre 20 e 55 anos. Fanse despedidas de solteira. Prezo económico. Tel. 662 281 312.

[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios. com]

4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


20

BARRIOS Xullo de 2014

ARTIGOS

4HISTORIAS DE MONTERREI

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Abrazando o noso castelo

Jorge e Manuel... os nosos curas Unha das cousas que aprendín dos maiores foi a de ser agradecido. Coido que é unha das virtudes máis fermosas que pode ter unha persoa, cando en realidade, alguén o merece. Atrévome hoxe a ser o portavoz dunha xeración, que medramos ao amparo e protección espiritual dunha parroquia exemplar, dirixida polos irmáns Sueiro Martínez, dous curas, Jorge e Manuel, que para valorar a súa longa traxectoria na querida parroquia de Santa María a Maior de Verín poden xurdir opinións variadas, mais non se poderá negar o incomiábel labor feita cara aos máis necesitados deste pobo, e como non, o traballo incansable coas diferentes xeracións de rapaces que coas actividades da parroquia fomos aproveitando unha mensaxe inesquecible. É sabido que hoxe en día, a discrepancia que hai na rúa á hora de falar dos estamentos eclesiásticos e das distintas institucións que os forman, a todos os niveis, é contundente. Aquí, hoxe, neste relato que sae do corazón, non estou con máis intención que a de dar as grazas aos nosos curas en nome de todos aqueles que

formamos parte daquela xeración de mozos, porque aínda que fose de forma complementaría, eles formaron parte da nosa formación como persoas. Máis de medio século conviviron cunha vila, que non pode ter máis que agradecemento polo traballo desinteresado desenvolvido ao longo de todos eses anos. Quen non ten na casa algunha fotografía de don Jorge ou don Manuel? Quixera ir mais alá do que a vista está, e que sinxelo é de resaltar, e sacar á luz detalles que, alomenos eu, sempre levarei na alma. O tándem formado por estes dous irmáns era unha balanza equilibrada con precisión infinita. Os rapaces de entón ollabamos a don Jorge como o cura maior, serio e recto, que sempre deixaba unha mirada profunda, que facía que a súa mensaxe parsimoniosa e metódica fora nítida e entendible para todos. Pola contra, don Manuel era o cura máis novo, o emprendedor, de voz potente e limpa, que soupo levar as rendas dunha comunidade de rapaces que non deixabamos de soñar. Con el moitos de nós puidemos ver o mar por primeira vez,

ensinounos tamén a falar diante do público, aínda que só fora para contar un conto, ou sinxelamente fixo que aprenderamos a compartir un anaco de pan cando non había outra cousa máis que roer. Supoño, que entenderedes, que todos estes valores, insignificantes para moitos, foron parte das inmensas cousas que nos deixou aquel irrepetible Campamento Xuvenil do “Júnior”, que tanto botan de menos os pais de agora. Con máis de medio século de traballo en Verín foron moitos os acontecementos que tanto don Jorge como don Manuel fixeron na fermosa igrexa da parroquia, alumeada coa presencia do Cristo das Batallas, incrible imaxe que foi e será referencia dos meus ollos, nun templo onde cada quen poderá reflexionar ceibe, á súa maneira. Quédome coa lembranza dos partidos que xogamos no atrio da parroquia entre as árbores, co beneplácito

dos curas aos que xamais lles incomodou o barullo dos rapaces na xolda, coas películas do “Zorro” no acolledor cine do salón parroquial, as catequeses, os maios, as rifas da tómbola da caridade no Lázaro, e un sinfín de recordos entrañables que xamais se borrarán. O noso Concello, despois da retirada por xubilación dos nosos curas, tivo o acertado detalle de dar o nome a unha das rúas de nova creación en Verín, concretamente a que cruza da Espido ata a rúa San Antón, quedando reflexada co nome de “rúa dos Irmans Sueiro Martínez”. Coido que o Cristo das Batallas fará forza para que don Jorge poida intuir este humilde agradecemento, e que don Manolo, con paciencia infinita, agarde co noso alento vencer ese derradeiro esforzo, sempre en beneficio dos demais. Unha aperta de corazón. Miguel A. Prieto “Chita”

“Quédome coa lembranza dos partidos que xogamos no atrio, das películas do “Zorro”, das catequeses, dos maios e das rifas da tómbola”

O día 12 de xullo do 2014 quedará gravado na memoria de moitos dos veciños da comarca de Monterrei. Foi un día de festa, de felicidade e de protesta. Unha festa única nun lugar único, a felicidade de xuntarnos os veciños da comarca para unha boa causa e a mesma protesta de todo o ano: “Eu non quero hotel no castelo”. A romaría de Monterrei foi multitudinaria. A festa, a diversión e as ganas de facerse oír e reclamar o que é xusto mesturáronse nunha xornada única. Os grupos e charangas que nos acompañaron durante todo o día conseguiron crear unha atmosfera chea de enerxía positiva e de forzas para a nosa causa. Os nenos de mentres pasaban o tempo na zona infantil imaxinando que eran arqueólogos, xogando a xogos populares ou ao xadrez xigante, aínda que seguro que para todos eles a estrela da festa foi un exemplar de aguia harris xenialmente amestrada e que fixo as ledicias de grandes e pequenos. Mención aparte merece tamén

o concerto que o “Cuarteto de corda rock de cámara” deu despois do xantar. Será para sempre inesquecible e convértese na confirmación de que, mentres uns crean cultura, outros destrúen monumentos. O momento álxido da romaría chegou co abrazo o castelo. Xentes de todas as idades déronse a man para demostrar o cariño que este pobo lle ten ao seu castelo e que se alguén pensaba que nolo podían quitar está equivocado. Unha vez máis quedou demostrado que os veciños non queremos ver dentro do castelo ese perverso parador, que o que queremos é o noso castelo e por iso nos abrazamos a el. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es

“Será para sempre inesquecible e convértese na confirmación de que, mentres un crean cultura, outros destrúen monumentos”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Pobres e ricos, diñeiro abstracto e diñeiro concreto Os ricos perderon moito coa crise e en certos casos até perderon percentualmente máis do que as “clases medias” e os “pobres”. Acá está a situación do diñeiro abstracto e do diñeiro concreto. Os ricos perden a metade do que teñen, o que, nótese, non acontece porque a riqueza dos ricos

“Vivimos nunha democracia complicada, envolta en corrupción”

non vén dos salarios, é expresada en moitos bens que a crise alcanzou pouco ou nada. Non é a mesma cousa que aconteceu a un “clase media” ou un “pobre”. Un profesor, por exemplo, tivo un recorte de 700, 800 ou 900 euros, o que significa moito recorte; e nos pobres, 200 ou 300 é dramático. Moitos dan leccións de moral aos consumidores “endebedados” e din que os salarios están por enriba do que a economía produce. O

concreto pesa moito, o abstracto é unha pena de ave voando ao vento. O aparello dos partidos políticos é cada vez máis semellante. Quen muda acá son poucos milleiros de persoas que non teñen emprego fóra dos partidos, os cales exercen unha influencia enorme. Estes son máis combativos que os sindicatos, xa que é ao final a súa profesión. Eles saben que alá fóra é moito máis duro! Vivimos, por tanto, nunha

democracia complicada, envolta en corrupcións espantosas, que no tempo do Salazar e Franco eran impensables. Estamos dirixidos tamén por “mozos expertos” da peor especie, denotando unha incompetencia atroz. Esperemos que o “botellón” de agora, non exerza unha influencia demasiado negativa nos mozos que nos gobernarán nos vindeiros anos, e que non sexa aínda peor! João Damião

Abrazo ao Castelo. /AL SOLLA PRICE.


OCIO E CULTURA

11ª edición da Batucada

4 A cita festiva é os días 25 e 26 de xullo. Redacción “Auga, percusión, festa e diversión” é o lema da Batucada de Verín, cuxa undécima edición celebrarase o venres 25 e o sábado 26 de xullo. Segundo confirmou o concelleiro de Festexos, Víctor Baladrón, a festa “sigue a liña de todos os anos, é unha festa bastante espe-

rada e cada ano recibe máis xente”. A batucada dá comezo a partir das 17 horas do día 25, cunha festa na Praia fluvial con inchables e discoteca móvil. Pola noite, desde as 22 horas, a festa continúa na praza García Barbón con sesión a cargo de varios djs: John Axiom, Clode, London b2b Jonan e

MartinezKrlos. Xornada do sábado A xornada principal da batucada é a do sábado 26: a partir das 16 horas terá lugar a festa da auga e da escuma na praza García Barbón, con agasallos e animación a cargo de Vidal López. E ás 19 horas darase o pistoletazo de saída á ruta

da batucada: os asistentes, disfrazados, percorrerán as rúas da vila do Támega ao son de dúas batucadas e unha charanga. Tras un descanso para cear, a festa concéntrase na praza García Barbón co concerto de Komando Katana e Supersandwich; ao seu remate a festa segue nas rúas verinesas ao ritmo de batuka.

Haberá festa da auga e da escuma na praza García Barbón

BARRIOS Xullo de 2014

21

Feira do viño de Verín 4 Na fin de semana do 8 e 9 de agosto. Redacción A posibilidade de catar os viños da última colleita de gran parte das adegas da Denominación de Orixe Monterrei é o principal atractivo da Feira do viño de Verín. A cita, organizada polo Concello de Verín xunto co Consello Regulador, reunirá na fin de semana do 8 ao 10 de agosto, a 12 adegas da D.O no recinto feiral da praza da Mercé. Á espera de pechar toda a programación, está prevista a celebración dalgún concerto como actividade complementaria á feira,

así como promocións gastronómicas e de aloxamento especiais nos establecementos da comarca durante a fin de semana. E por segundo ano consecutivo a Confraría dos Viños de Monterrei –constituída o ano pasado- imporá as súas medallas de honra e de recoñecemento ao sector nun acto previsto para a tarde do venres 8.

Por segundo ano a Confraría dos Viños de Monterrei concederá as súas medallas

Público cantando viño nunha edición pasada da feira.

Actividades para nenos e maiores con Cruz Vermella 4 En todas as comarcas. Redacción Coa chegada do verán Cruz Vermella prepara actividades lúdicas para nenos e maiores. Na comarca de Celanova organizarase un taller vacacional para cativos de 4 a 12 anos, de luns a venres de 9 a 14 horas, do 14 de xullo ao 29 de agosto. En xullo e agosto, Maceda acollerá xogos e manualidades os luns, mércores e venres de 11 a 13 horas. Amais, en Allariz realizaranse actividades sobre materia ambiental e saúde para cativos. Pola súa banda, a asamblea de Monterrei ten preparada unha ludoteca infantil dous días á semana. Para as persoas maiores

continuarán os talleres de memoria, manualidades e excursións pola contorna, e tamén se ofrecerá unha charla sobre produtos de apoio e un taller de risoterapia no Centro Social de Verín. Asemade, en Riós realizaranse tardes lúdicas nas zonas recreativas. Por último, nos centros sociais de Xinzo a Cruz Vermella impartirá talleres de memoria, expresión corporal, manualidades, xogos e andainas.

Organizan actos nas súas sedes de Celanova, Maceda, Allariz, Verín, Riós e Xinzo de Limia


22

BARRIOS Xullo de 2014

OCIO E CULTURA

A Olympus, un dos pratos fortes das festas de Celanova 4 A vila festexa en agosto Ramallosa e San Roque. Redacción Por segundo ano consecutivo, un grupo de mozos e empresarios de Celanova están a dar forma ás súas festas populares. Cunha subvención do Concello de 32.000 euros e a axuda económica de comerciantes e veciños, esta comisión de festas está a preparar uns completos festexos onde a música será a protagonista. Pero, tal e como nos contou Carlos Vázquez, un dos membros da comisión, este equipo ten unha asignatura pendente que contan superar nesta edición: o peche das festas coa tradicional tirada de fogos de artificio, que o ano pasado tiveron que anular por falta de presuposto. Non obstante, este ano todo está listo (se os permisos correspondentes o permiten) para que se quiten a espiña. Ramallosa As festas botarán a andar na vila de San Rosendo o primeiro fin de semana de agosto coa celebración da Ramallosa, cando na noi-

Tradición, deporte e gastronomía, no verán de Allariz 4 Actividades para todos en xullo, agosto e setembro. Redacción

Procesión dos farois na Ramallosa./ARQUIVO. te do sábado 2 a procesión dos farois de papel ilumine as rúas, nunha das iniciativas máis tradicionais da localidade así como das que conta con maior afluencia de público. San Roque Dez días despois chegarán as festas na honra de San Roque, cunha apertura musical que, de seguro, será moi agardada polos veciños da vila e visitantes de toda Galicia. A recoñecida orquesta Olympus achegará a Celanova o martes 12 de agosto o seu espectáculo 2014, agardando acadar o gran éxito do ano anterior.

Xa o mércores 13, a música correrá a cargo das orquestas América e Asia. E o día 15, da orquesta Royal. As actuacións das bandas de música de Celanova e Vilanova dos Infantes completan a oferta musical concretada ata o peche deste xornal (15 de xullo), momento no que a comisión comezaba aínda a recadar as contribucións económicas dos veciños. Neste senso, dende a organización destacaron que as achegas por parte dos comercios foron este ano un pouco maiores que na edición anterior e agradecían o apoio.

4IMAXE DO MES

O Concello de Allariz organiza sendas actividades enmarcadas na programación de verán 2014 na busca de incidir na dinamización cultural, e reforzar a capacidade de atracción turística de Allariz e a dinamización económica do municipio. A programación de verán é multidisciplinar e inclúe actividades dende xullo a setembro.

Cultura e tradición No apartado cultural, destaca a parte etnográfica, as festas que recordan os traballos doutrora no ciclo do pan (os días 26 de xullo e 2, 8 e 9 de agosto) ou o Encontro de Cestería (9 e 10 de agosto en Santa Mariña de Augas Santas), que xunto coa Festa da Empanada (23 e 24 de agosto) ou a Festa da Patria Galega (o 24 de xullo en Souto do Folgoso) “contribúen a facer país e homenaxear á

cultura galega” afirmaba Teresa Devesa, concelleira de Cultura. Deporte Entre as actividades deportivas que terán lugar durante a época estival destacan o XXV Triatlón Vila de Allariz (o sábado 23 de agosto a partir das 18 horas con saída desde a Alameda), no que participan triatletas recoñecidos no eido deportivo; ou a regata de piragüismo (24 de agosto a partir das 10.30 horas) e a I Marcha BTT de Allariz (20 de setembro). Gastronomía A Feiras do Doce, Melindre e Amendoado (domingo 7 de setembro) ou a de Artesanía (domingo 14 de setembro) pechan o programa de verán, promocionando a repostería e artesanía de Allariz.

Festa etnográfica da malla, o verán pasado no pobo alaricano de Queiroás./ARQUIVO.

Acto de clausura do 1º Festival de Cine Rural Carlos Velo en Celanova. /S.NIETO.

Primeiros gañadores no Festival de Cine Rural Carlos Velo Autoridades e membros da Asociación de Amigos do Couto Mixto xunto aos novos xuíces honorarios do Couto Mixto. /RAMSÉS.

O Couto Mixto recoñece tres novos xuíces honorarios A igrexa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, acolleu de novo a cerimonia que a Asociación de Amigos do Couto Mixto organiza cada ano para nomear tres novos xuíces honorarios. Neste 2014 o recoñecemento polo seu traballo en prol da memoria histórica chegoulle a dúas institucións, o Eixo Atlántico e a Escola Superior Universitaria Gallaecia, amais do arqueólogo Xosé María Eguileta Franco. A celebración completouse coa apertura por parte dos Homes de Acordo da arca que simboliza o Couto Mixto, coas tres chaves datadas do século XV, para depositar a documentación xerada no último ano sobre este territorio, composto polas aldeas de Santa María de Rubiás, Santiago e Meaus.

“Hijos de la Tierra”, de Patxi Ruiz, na categoría de documental, e “Porsiemprejamon”, de Ruth Díaz, na de ficción, foron os traballos que acadaron os premios na primeira edición do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo (FICCVelo), que se desenvolveu o 20 e 21 de xuño no Auditorio de Cartelle e no Centro Terapéutico da Chaira de Amoroce. Os directores e actores das dúas curtametraxes premiadas estiveron en Cartelle para recoller o premio, unha peza escultórica da artista celanovesa asentada en Madrid, Lina Cofán, que representa unha cámara de cine antiga. Dada a calidade dos traballos presentados, o xurado decidiu outorgar, ademais, dous accesit, a “Trazos en la Cumbre”, no xénero documental, e “Epitafios”, en ficción. Os organizadores destacaron a vocación de permanencia do FICCVelo, grazas aos dous primeiros froitos desta factoría cultural: o Xornal Agrario Galego e o Cinceclub Carlos Velo, que ao longo do ano van divulgar o mellor do mundo rural galego e o mellor cine rural por aldeas e vilas de Galicia e do Norte de Portugal.


0CIO E CULTURA

Olimpíadas Inter-pobos en Xinzo Redacción

O Campo da Moreira de Xinzo acollerá o 9 de agosto as III Olimpíadas Inter-pobos, creadas co obxectivo de fomentar o deporte de base entre os mozos da comarca. Deste xeito, entre as probas concretadas ata o momento atopamos os 100 e 3.000 metros lisos, lanzamento de sacho, tiro con fisga e de corda, e tamén loita galega. Equipos por aldea Para participar é preciso un equipo de, como mínimo, seis membros e que un deles sexa muller. Ademais, debe representar un barrio ou aldea, polo que un dos membros debe ser dese lugar. O prezo de inscrición é de 5 euros por participante, que se abonarán o propio día, pero previamente os interesados deben anotarse no Centro Social Aguilhoar de Xinzo. Dende a organización, que colabora sen ánimo de lucro, aclaran que todo o diñeiro recadado será empregado para a compra de material, premios e equipamento. Ademais, as instalacións contarán ese día cun pequeño bar con bebida fría, froita e bocadillos para participantes e público. A entrega de premios terá lugar na Sala Clan a medianoite.

Festas de Santa Mariña en Xinzo

4 Do 17 ao 20 de xullo. Redacción Xinzo de Limia vístese de festa para celebrar as súas festas patronais de Santa Mariña do 17 ao 20 de xullo. A disputa da final do Torneo de fútbol 7 afeccionado, ás 20.30 horas, e a actuación da orquestra Pontevedra ás 23 horas na praza Carlos Casares marcarán o inicio dos festexos o xoves 17. O venres 18, comezará o día coa saída da imaxe da patrona Santa Mariña en procesión desde a igrexa Vella ata a Nova. No acto participarán a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia e a Agrupación Musical da Limia. Posteriormente celebrarase unha misa solemne cantada pola Coral Santa Mariña. Máis tarde, a sesión vermout estará amenizada pola orquestra Foliada; a mesma orquestra actuará ás 21 e ás 00.30 horas na praza Maior. Pola tarte ofrécese a actuación dos grupos da Escola Municipal de Danza do Concello de Xinzo na praza Otero Pedraio (19 horas) e un espectáculo infantil familiar “A maxia de Xabi”, na praza Carlos Casares ás 20 horas. O sábado 19 arrancará co espectáculo infantil familiar “Polos Pelos”, no parque infantil do Toural. Ademais da sesión vermout (12.30h), haberá

A orquestra Ledicia tocará na rúa do Toural o sábado 20 de xullo. animación de rúa coa charanga “Mekánika”, na praza Maior e barrio Vello. Ás 18 h o campo de fútbol “J.A. Carrera” acollerá o torneo de veteranos de fútbol. A Banda de Gaitas do concello de Xinzo de Limia actuará na praza Maior ás 20 horas. Para o final do día a orquestra Ledicia será a protagonista; actuará na rúa do Toural ás 21 horas e á unha da madrugada. Concurso de pintura O último día de festas (domingo 21), ofrécese unha das novidades da programación, o I concurso de pintura rápida, que dará comezo a mediodía. A orquestra Salsa Rosa amenizará a sesión vermout e a verbena nocturna na rúa Río Arnoia (polígono). Na praza de Oriente ás 19 horas ofrecerase o espectáculo familiar “Pepiña e Maruxiña queren voar”. Ás 20 horas, “2na Fronteira” interpretarán na praza Maior cancións da nosa tradición.

4 Actos do Día de Galicia

4 Oco para o deporte

Tralas festas de Santa Mariña aínda nos agardan máis celebracións en Xinzo. O xoves 24, dentro dos actos do Día de Galicia, haberá un acto de homenaxe ao escritor Antón Riveiro Coello como fillo predilecto do pobo de Xinzo. Comezará ás 20:30 horas cunha lectura da súa obra e rematará coa descuberta dunha praca conmemorativa. O Día de Galicia, o venres 25 de xullo, ás 20:30 horas, haberá unha ofrenda floral coa participación da Banda de Gaitas de Xinzo na rúa Galicia. O domingo 27 de xullo a Agrupación Musical da Limia, Coral Santa Mariña e Coral de A Bola encheran de música a Igrexa Nova de Xinzo ás 20:30 horas.

O deporte terá cabida nas festas e ao longo do mes en Xinzo. Durante todo xullo de luns a venres ás 20:30 horas, nas pistas da piscina haberá un torneo de tenis. No campo de fútbol “José Antonio Fernández Carrera” disputarase un Torneo de Fútbol 7 afeccionado durante o día 17, sendo a hora da final ás 20:30 horas. O 18 de xullo haberá inchables para os máis pequenos a partir das 16 h nas piscinas, e un Torneo de Chave ás 18 h na Alameda do Toural. No campo de fútbol “José Antonio Carrera” o 19 de xullo a partir das 18 horas celebrarase o Torneo de Veteráns de Fútbol que enfrontará aos equipos de Antela CF, Muiños CF e Maceda CF.

BARRIOS Xullo de 2014

23


BARRIOS Xullo de 2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.