Entrevista ao responsable de Protección Civil de Verín VERÍN
Páx.4
Núñez Feijoo inaugura a nova subestación eléctrica
XINZO
Páx.7
O subministro de gas natural chegará a preto de 3.500 fogares
ALLARIZ
Páx.11
As escavacións arqueolóxicas volven ao Castro de Armea
CELANOVA
Páx.12
Manolo Rivas recibirá o premio “Celanova, Casa dos Poetas”
[páx. 2]
OCIO
Páx.18-21
Festas en Maceda, Xinzo, Verín, Celanova e Riós [páx. 10]
Mil alegacións XI Feira do Viño contra a planta asfáltica de Monterrei [páx. 3]
Un visitante no recinto feiral da praza da Mercé de Verín.
[páx. 9]
A planta ubicaríase moi preto de Parada de Ribeira (Xinzo).
Número: 4 - Ano: IX - Agosto 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Agosto de 2014
VERÍN E COMARCA
Entrevista ao presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín bra, no Rali da Gudiña…
“Non teñen que ter o físico dun bombeiro, calquera persoa pode ser voluntaria”
4 Manuel Alfonso Araujo é, desde finais de xullo, o novo presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. P.Lodeiro A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín conta, desde o 30 de xullo pasado, cunha nova xunta directiva para os vindeiro catro anos, que foi votada polos propios voluntarios que a integran. Manuel Alfonso Araujo, como presidente, Belén Sánchez como secretaria, Javier González como tesoureiro, e Luis Ossorio e Demetrio Borrajo como vogais son os seus membros. Este proceso electoral foi realizado tras a aprobación por unanimidade dos novos estatutos da Agrupación de Voluntarios, tanto por eles mesmos como pola corporación municipal de Verín. Manuel Alfonso Araujo, que leva case media vida dedicando parte do seu tempo a ser voluntario de Protección Civil, cita a incorporación de novos voluntarios como un dos obxectivos primordiais para esta nova etapa que comeza. Acadar melloras nos seus medios e infraestruturas, continuar a realizar operativos e actuacións formativas do voluntariado, así como charlas de prevención e autoprotección e primeiros auxilios entre diferentes colectivos e asociacións son outros dos seus retos. Desde cando levas como
voluntario na Agrupación de Protección Civil? Manuel Alfonso Araujo: “Empecei aos 16 anos, levo 14 anos, na Agrupación de Voluntarios de Verín os últimos catro. Esta é a primeira vez que son presidente da agrupación”. Incorporar máis voluntarios é un dos vosos obxectivos, non si? M.A.A.: “Apenas superamos os 20 membros, o obxectivo é aumentar a plantilla; por poboación a Verín corresponderíalle unha agrupación de 40, 50 persoas mínimo. Imos intentar captar voluntarios con algunha campaña publicitaria, talleres, realización de simulacros… para animar á xente a colaborar coa agrupación”. Que tipo de xente se fai voluntaria de Protección Civil? M.A.A.: “Temos de todo, xente de todas as idades, temos un maior número de mulleres e son as que máis participan nos operativos, algo que noutras agrupacións non é habitual. Temos xente en paro e xente traballando, que usan o seu tempo libre para axudar aos veciños. É un tipo de voluntario difícil de atopar, un voluntario de emerxencias”. Que hai que facer para formar parte da Agrupa-
Manuel Alfonso Araujo, presidente da Agrupación de Protección Civil de Verín./P.L.
“Desde fai uns anos non se fan gardas porque non hai suficientes voluntarios; intentaremos cambialo” “Se non o experimentas, non vas saber se che vai gustar; se che gusta, como me pasou a min, quedas enganchado, aquí hai xente que leva 30 anos e pico de voluntario” ción de Voluntarios? M.A.A.: “Para entrar na agrupación é obrigatorio facer un curso básico da Academia Galega de Seguridade Pública, sen el non podes participar en ningún operativo. Ao longo do ano a Academia fai cursos específicos na súa sede na Estrada ou ben a nivel provincial, na Gudiña, Ourense, etc. Trátase de irse especiali-
Integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín xunto ao alcalde./CEDIDA.
zando, formando a todos os voluntarios en accidentes de estrada, operativos no monte, etc. Pretendemos facer cursos propios dentro da agrupación co obxecto de ir reciclando coñecementos”. De que equipamento dispodes? M.A.A.: “Dispoñemos de vehículos todoterreo, de roupa para operativos… Contamos coa colaboración do Concello de Verín que coñece as necesidades da agrupación e sabe da importancia de estar ao corrente no material e equipamentos, para ante un gran evento ter a xente preparada”. A agrupación depende organicamente do Concello? M.A.A.: “O alcalde é o máximo mando ou en quen el delegue, se temos unha emerxencia hai unha serie de protocolos que temos que seguir; por outra banda temos un réxime interno de funcionamento, e temos un convenio co Concello
de Verín que reflexa a nosa relación coa administración local”. Está máis preparado o Concello de Verín que outros da provincia ante unha emerxencia? M.A.A.: “Eu creo que si. Os plans de autoprotección, por exemplo, son obrigatorios para eventos que reúnan máis de 20.000 persoas; a Batucada, na que participamos, non chega a esas cifras, pero estivemos, porque é recomendable. Son plans que fan que haxa maior coordinación entre os distintos medios de emerxencias. Nos últimos anos o Concello de Verín si que está concienciado”. Cubrides só o territorio do municipio? M.A.A.: “O primordial é cubrir o noso municipio, pero tamén outros concellos ou entidades piden a nosa colaboración; por exemplo temos participado na marcha BTT de Monterrei, nalgunha ocasión na festa do Pemento de Oím-
ao igual que no entroido de Verín veñen axudar doutras agrupacións de Protección Civil”. No tempo que levas en Verín, hai algún operativo realizado que queiras destacar? M.A.A.: “Recordo a primeira vez que se fixo o plan de autoprotección no xoves de comadres, en 2013, estreamos posto de mando, e todo saíu ben, só houbo que reseñar o típico, algunha intoxicación etílica, cortes por caídas…” O verán é unha época máis complicada para vós? M.A.A.: “No verán aumentan os operativos, hai moitos máis actos previstos e iso se nota… normalmente en outubro, novembro se reducen, pero en canto ás emerxencias, nunca se sabe cando van ocurrir”. Facedes gardas na agrupación de Verín? M.A.A.: “Facíanse gardas cando non había parque de bombeiros en Verín, desde fai uns anos xa non se fan porque non hai suficientes voluntarios e non ten sentido facer garda un luns e non poder facela un martes. Intentaremos cambialo pero de momento non temos xente”. Queres deixar unha mensaxe aos verineses para que se animen a ser voluntarios? M.A.A.: “Recibiremos cos brazos abertos a todo o mundo, non teñen que ter o físico dun bombeiro, calquera persoa pode ser voluntaria. O que pasa é que se non o experimentas, non vas saber se che vai gustar; se che gusta, como me pasou a min, quedas enganchado, aquí hai xente que leva 30 anos e pico de voluntario. Ser voluntario é unha forma de axudar aos veciños, coa nosa presenza colaboramos en que se leven a cabo moitos eventos. Eu sempre digo que non son voluntarios, son profesionais non remunerados, e o demostran en cada operativo. En setembro reunirase a xunta directiva para iniciar unha campaña de publicidade da agrupación; ata o momento quen estea interesado pode achegarse ata o Concello e o informarán alí”.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Agosto de 2014
Unha modificación puntual do PXOM permite a instalación de pequenos negocios na “cidade do transporte” 4 Aprobouna en solitario o grupo de goberno do Concello de Verín. P. Lodeiro O grupo de goberno do PP de Verín aprobou en solitario unha modificación puntual do PXOM na “cidade do transporte” (situada no enlace das autovías A-52 e A-75). O cambio permitirá a pequenos negocios como bares, gasolineiras ou talleres instalarse nesta área, algo que co Plan Xeral tal e como fora aprobado non era posible. O PSOE optou pola abstención neste punto ao considerar esta modificación unha “irregularidade”. “Cremos que se abre unha porta que flexibiliza os usos que significa tamén unha modificación da edificabilidade”, opinaba o seu voceiro, Emilio González Afonso. O BNG, pola súa parte, votaba en contra. A súa portavoz, Perfecta Losada, estaba en desacordo coa afirmación do grupo de goberno de que fose só unha corrección de erros, “isto é unha cuestión de calado”, afirmaba. O alcalde, Juan Manuel Jiménez Morán, recordou que o plan conta “con todas as bendicións xurídicas”, e
que, en todo caso, a Xunta de Galicia, como “garante da legalidade” decidirá “se está ben ou mal” a modificación. Rogos e preguntas No apartado de rogos e preguntas da sesión plenaria do 8 de agosto, o socialista Emilio González Afonso solicitou ao Concello que se intensifique a limpeza de camiños coa desbrozadora nesta época, sobre todo na zona de Ábedes e San Antón, petición que o alcalde xa dixo estar a atender. Jiménez Morán explicou que ademais das dúas desbrozadoras que posúe o Concello, está en funcionamento unha brigada de 20 persoas con xente que percibe a RISGA que están limpando a man en diferentes partes do municipio. A nacionalista Perfecta Losada trasladou as molestias que ocasionan os traballos de asfaltado que se realizan durante o mes de agosto. O rexedor xustificouno en que “o aglomerado en quente tense que facer nestes meses” . Jiménez anunciou que a avenida de Cabreiroá e o vial de enlace
A oposición reprochoulle ao grupo de goberno que a modificación do PXOM non é unha simple corrección de erros Os festivos para 2015 serán o venres posterior a Comadres e Mércores de Cinza
cos balnearios tamén verán mellorados o seu firme neste mes. A edil do BNG tamén informou ao rexedor das protestas dos usuarios sobre os horarios de verán da piscina climatizada e o ximnasio. Jiménez Morán considerou inevitable que as instalacións pechen durante o mes de agosto para o seu mantemento: “se queremos ter a piscina ben para o resto do curso hai que pechala un mes, agosto é o momento ideal para que a xente cando volva en setembro se atope todo en correcto uso”. Con todo, o alcalde dixo que estudará a petición do BNG para que non se cobre a cota enteira do mes de agosto aos matriculados nestas instalacións. O rexedor aproveitou a sesión plenaria para anunciar o próximo comezo da escola obradoiro San Antón, que concedeu 20 prazas formativas a desempregados de Verín e Vilardevós nas materias de albanelería, carpintaría e xardinería. “Empezarán a semana próxima e van arranxar a capela e o seu contorno”, confirmou o político popular. O pleno tamén aprobou os festivos para 2015: o venres posterior a Comadres e o Mércores de Cinza, 13 e 18 de febreiro, respectivamente.
Momento da votación da modificación urbanística no pleno de Verín./P.L.
Aspecto do recinto feiral durante a inauguración./P.L.
XI Feira do Viño de Monterrei 4 10 adegas participaron nesta edición. P. L. A máis nova das denominacións vitivinícolas galegas, Monterrei, celebrou a pasada fin de semana a undécima edición da súa feira do viño. As 10 adegas participantes (Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Boo Rivero, Vía Arxéntea, Abeledos e Tabú) deron a degustar os viños da última colleita, brancos e tintos, aos verineses e turistas que se achegaron ao recinto feiral da praza da Mercé. Os stands do Consello Regulador, da Eurocidade Chaves-Verín, dunha empresa de embutidos de Riós e do Inorde completaban os expositores presentes no certame. Os organizadores da XI Feira do Viño de Monterrei - Consello Regulador e Concello de Verín - decidiron manter os prezos das últimas edicións: seis euros por un cataviños máis 5 degustacións, catro euros por 5 degustacións e unha botella por 6 euros. O programa da feira volveu conxugar gastronomía, viño e música, pois contou con actuacións musicais variadas durante o sábado e o domingo, así como con menús especiais en dez restaurantes da contorna e paquetes turísticos especiais de fin
Nomeados catro novos membros da Confradía dos Viños de Monterrei
de semana. Todo isto xunto a un tempo non demasiado caloroso e á ausencia de choivas atraeu numerosos visitantes a Verín, a falta de que a organización facilite os datos exactos de asistencia e venda de cataviños. Consideración específica para o viño O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de inaugurar a feira na tarde do venres 8 de agosto. Durante o seu discurso, Núñez Feijoo anunciou que a Xunta solicitaralle ao Goberno central unha consideración específica para o viño dentro do novo anteproxecto de lei de prevención de consumo de alcohol. Asemade, o máximo mandatario galego quixo pór en valor a “excelencia” dos caldos degustados na feira, reflexo “do bo facer e da profesionalidade” dos viticultores, colleiteiros e adegueiros da comarca. Nesta mesma liña, destacou o traballo e o esforzo de todo o sector vitivinícola galego por aumentar a calidade do produto para chegar a un mercado cada vez máis global e esixente, atopando así o camiño axeitado para vencer os obstáculos da crise. Feijóo incidiu en que grazas a ese esforzo, “Monterrei xa non é a irmá pequena das denominacións de orixe galegas”, recalcou, malia que as súas apenas dúas décadas de existencia a convertan na máis nova. Posteriormente Feijoo presidiu a cerimonia de imposición de medallas da Confradía dos Viños de Monterrei. Máis dun cento
4Entregan unha carta a Feijoo Un dos membros da Plataforma en defensa do Castelo de Monterrei conseguiu entregarlle unha carta ao presidente da Xunta, cando se dirixía á praza da Mercé para inaugurar a Feira do Viño de Monterrei. No escrito reclámanlle a Núñez Feijoo unha reunión para que lles dea “unha información completa e clara das razón do cambio de uso e do desenvolvemento da tramitación” da rehabilitación da fortaleza. Asemade, pídenlle que garanta o acceso a este patrimonio cultural, que os fondos destinados á construción do parador se dediquen só á rehabilitación do Castelo, e que se cree unha comisión de investigación no Parlamento sobre este proceso. A Plataforma anunciou unha concentración na praza do Concello de Verín para o xoves 14 de agosto, ás 20:30 horas, baixo o lema “Non ao espolio do Castelo de Monterrei. Non deixes que che rouben o que tamén é teu”. de persoas participaron neste acto no que se nomeou a catro novos membros. O recoñecemento para o sector fíxose nas figuras dos viticultores Felisindo Prieto Arcos e Ángel Salgado Vilela, mentres que foron nomeados Confrades de Honra, Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, e Nava Castro, directora xeral da Axencia Turismo de Galicia.
BARRIOS Agosto de 2014
EN BREVE
4 Servizo da ‘BiblioRúa’ en Verín A Biblioteca Pública Municipal de Verín volverá saír a rúa o próximo 22 de agosto co obxecto de incentivar a lectura tanto nos máis novos como no público en xeral. Será a cuarta das xornadas programadas este verán pola institución, cuxos voluntarios situarán fronte á biblioteca un stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral. O ‘BiblioRúa’ funcionará en horario de 11 a 13 horas.
4 A Asociación Monteval promove cinco cursos A Asociación Monteval GDR-13, coa colaboración do departamento de Desenvolvemento Local de Verín, promove a realización do proxecto formativo ‘NoRProS’ (Novos retos produtos de sempre), que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas. O mesmo está conformado polos obradoiros de elaboración de conservas, encurtidos, cervexa artesá, licores e herbas medicinais. Un total de cinco obradoiros independentes destinados á valorización de produtos locais, que inclúen un módulo transversal para a comercialización web de produtos locais. O obradoiro de herbas medicinais iniciarase o luns 18 de agosto, e os catro restantes o 25. Todos eles son de carácter gratuíto pero para participar é obrigatoria a inscrición previa, no 988 592 022 ou no local da asociación (r/Montemaior, 10 - Local 8).
VERÍN E COMARCA
O presidente da Xunta inaugura a nova subestación eléctrica de Verín
4 Mellorará a subministración a 22.600 veciños de Verín, Sarreaus, Trasmiras, Laza, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Vilardevós, Vilar de Barrio e Oímbra. Redacción O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, foi o encargado de inaugurar, o pasado 30 de xullo, a nova subestación eléctrica de Verín, situada no polígono de Pazos. Feijoo afirmou que a nova infraestrutura redundará na mellora do servizo eléctrico aos cidadáns da zona e incidirá no incremento da competitivida-
de do tecido empresarial da comarca. Núñez Feijoo indicou que a nova subestación mellorará a calidade da subministración eléctrica a 22.600 galegos dos concellos de Verín, Sarreaus, Trasmiras, Laza, Cualedro, Castrelo do Val, Monterrei, Vilardevós, Oímbra e Vilar de Barrio. Do mesmo xeito, as obras permitirán conectar a rede de alta tensión coas subestacións de Larouco e
Feijoo anunciou que a ampliación do parque empresarial de Pazos porase en servizo no mes de setembro
Xinzo, o que fai que a nova subestación dispoña de dobre alimentación da rede de 132 KV, eliminando practicamente a posibilidade de fallo de alimentación.
do 900.000 euros dos 2,9 millóns do custo total da obra; e fixo fronte aos custos de adecuación do tendido eléctrico, traballos aos que destinou 3,4 millóns.
6,3 millóns de euros de investimento A nova subestación eléctrica de Verín contou cun investimento que supera os 6,3 millóns de euros, dos cales a Xunta achegou case o 68%, arredor de 4,3 millóns. Concretamente, o Executivo autonómico financiou o 30% dos gastos resultantes da construción da infraestrutura, achegan-
Beneficios para a comarca A nova infraestrutura dispón dos sistemas máis avanzados de protección e manobra, o que permite ofrecer as máis altas prestacións de supervisión e control a distancia desde os centros de operación da compañía. O presidente da Xunta tamén destacou os beneficios ambientais, pois
Asistentes á inauguración da subestación eléctrica de Verín./XOÁN CRESPO.
a subestación conta con transformadores actualizados e modernos que ofrecen unha mellor insonorización e un maior respecto ambiental; ten soterrada parte da estrutura, cun edificio compactado que evita ao máximo o impacto visual; e a acometida aérea foi substituída por unha soterrada, o que tamén redunda nunha menor pegada no contorno. O xefe do Goberno galego incidiu, ademais, en que este proxecto supón importantes beneficios económicos para os veciños de Verín e de toda a comarca. Primeiro, dixo, porque a subestación permitiu retirar do centro da vila unha infraestrutura que tiña importantes servidumes, o que supón un beneficio directo para os propietarios dos predios, que ven liberadas as súas parcelas das liñas de media e alta tensión, o que repercutirá no incremento do valor das súas propiedades. E, en segundo lugar, explicou, porque a nova infraestrutura eléctrica garante unha subministración de calidade aos veciños da zona e ás empresas da comarca, atendendo tanto aos polígonos industriais xa existentes como aos proxectados nun futuro, como a ampliación do polígono industrial de Pazos, terreos nos que está instalada esta subestación e que o concello puxo á disposición de Gas Natural Fenosa. A este respecto, Feijóo adiantou que a primeira fase deste parque empresarial está a piques de rematar –a mediados deste mes de agosto- polo que, previsiblemente, a obra será posta en servizo no mes de setembro. Esta primeira ampliación suporá un incremento do 53% (máis de 70.500 metros cadrados) na superficie do polígono industrial.
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Agosto de 2014
Prazos de matrícula no IES García Barbón O IES García Barbón informa dos prazos de matriculación para o vindeiro curso académico. No caso dos estudos de Bacharelato (Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias e Tecnoloxía) o prazo de matrícula está aberto do 1 ao 10 de setembro para alumnado que aprobou na convocatoria de setembro. En canto á Formación Profesional, o prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 12 de setembro, mentres que a matrícula realizarase do 24 ao 26 de setembro (ata as 13 horas). Na Educación de Adultos (ESA), as matriculacións realizaranse do 1 ao 10 de setembro. Pola súa banda, están pendente de establecerse as datas de matrícula na FPB
–Formación Profesional Básica- e no 2º curso do Programa de Capacitación Profesional Inicial (PCPI), e na Oferta de Formación Profesional Básica (FPB), que inclúe Mantemento de vehículos e Servizos administrativos.
Membros da CIG entregando a solicitude no rexistro do Concello de Verín./CEDIDA.
Calendario de setembro 2014 O resto do calendario de setembro no instituto verinés é o seguinte: o día 1 e 2 de setembro haberá os exames de Bacharelato e ESA, cuxas cualificacións publicaranse o día 3 ás 11:30 horas. De 11.30-13.30 atenderase ao alumnado presentado nesta convocatoria, que terá os días 4 e 5 de prazo oficial para reclamacións (no caso de estudantes de 2º [Máis información: http://bitly.com/barbontic]
4 Propón que se lles dediquen varias rúas de Verín e sexan nomeados fillos predilectos.
Vilardevós terá un centro de atención a persoas maiores 4 A Xunta vén de licitar a obra. Redacción Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de construción dun edificio destinado á atención de persoas maiores no concello de Vilardevós. O futuro equipamento contará tanto con prazas residenciais como de centro de día. O proxecto da obra detalla que as instalacións, que se levantarán nunha parcela situada na rúa Estrada Vella, contarán con entrechán, primeiro andar, unha zona verde e unha zona de aparcamento. No entrechán situaranse os servizos necesarios para o funcionamento diario do centro e para a realización de actividades polos usuarios, como o comedor, unha sala polivalente ou unha sala de actividades, ademais dunha zona de
servizos na que estarán a cociña, a lavandería e o almacén. O primeiro andar acollerá a zona residencial, con oito habitacións dobles e outras oito individuais, todas cos seus respectivos baños, así como unha zona de control de enfermería e unha sala de estar. En canto á zona exterior, o proxecto sinala que a entrada ao edificio habilitarase dende a estrada principal e alí crearase unha zona de aparcamento para os visitantes. Segundo se recolle no anuncio do DOG, o prezo da licitación ascende a 1,4 millóns de euros, IVE incluído, e o prazo para a execución dos traballos é de 15 meses.
Contará con zona residencial e con centro de día
A CIG solicita ao Concello distincións para os represaliados no franquismo
Redacción O sindicato CIG vén de solicitar no rexistro do Concello de Verín a concesión das diversas honras e distincións a un grupo de veciños da localidade que foran represaliados durante o franquismo. O sindicato demanda o nomeamento como “fillos predilectos do Concello de Verín” de 15 veciños da comarca (Juan Antonio Álvarez Diéguez, Ernesto Ramos Méndez, Sixto Salgado Fariñas, Manuel Cadavid García, Luís Álvarez Losada, Manuel Sola Pareja, Enrique Cardoso Gandosa, Adolfo Iglesias Rodríguez, Constantino Gago Gago, Ramón Quintas González, Francisco Vaz Álvarez, Celso Blanco Castro, Manuel Cabido Rodríguez, Gregorio Barreiras Martínez e José Sola Pareja) e como “fillos adoptivos” (por ser procedentes doutras rexións) a Carlos Reino Caamaño, Lino García Vázquez, Pedro Justo Castro, Ricardo González González, José Pérez Delgado e Gerardo Rodríguez Barja. Todos eles foran condenados en 1937 por un suposto delito de rebelión militar, cinco deles a penas de morte e o resto a penas de prisión de entre 15 e 20 anos. Ademais, a CIG pide a modificación da denominación da actual praza do Concello pola de “praza do alcalde Carlos Reino
Caamaño” (alcalde de Verín no 1936); o da rúa Deputación polo de “rúa de Lino García Vázquez” (industrial da época); o da rúa Pedro González Prada polo de “rúa de Sixto Salgado Fariñas” (sindicalista); o da rúa Elle polo de “rúa de Xoan Antonio Álvarez Diéguez” (que fora tenente de alcalde antes da Guerra Civil); e o da actual travesa Elle polo de “rúa de Ernesto Ramos Méndez” (concelleiro daquela). Os cinco foran fusilados en xuño de 1937. Insignia de ouro e praca conmemorativa A CIG tamén reclama a concesión da insignia de ouro do Concello de Verín a todas as persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas durante o franquismo, naturais do municipio, así como a colocación dunha praca conmemorativa na fachada da casa consistorial. Dependendo da resposta que obteña esta solicitude do Goberno municipal de Verín, a CIG decidirá se emprende unha recollida de sinaturas esixindo a concesión de tales honras e distincións. A central sindical nacionalista anunciou que tamén levará a cabo unha iniciativa semellante no Concello de Xinzo de Limia.
O sindicato levará a cabo unha iniciativa similar en Xinzo
BARRIOS Agosto de 2014
VERÍN E COMARCA
A CIG denuncia na Inspección de Traballo á UTE que realiza as obras do AVE no túnel do Corno 4 O domingo 3 de agosto un incendio provocou o desaloxo no interior do túnel. Redacción
Unha das familias, diante dunha das casas “okupadas”. /M.REJO.
Nove familias xitanas “okupan” as vivendas abandonadas da rúa de San Antón 4 Ofrécense a pagar un alugueiro, así como luz e auga. P. Lodeiro Nove familias de etnia xitana do municipio de Verín “okupan” desde o pasado 3 de agosto as vivendas do denominado “poboado de Obras Públicas” da localidade, situadas na rúa de San Antón. Os xitanos explican que as casas levaban abandonadas 25 anos e que recurriron á súa ocupación porque non queren seguir vivindo en chabolas. “Estamos fartos de buscar unha casa ou un piso barato en Verín, non queren alugarnos por ser xitanos, botamos unha solicitude hai cinco anos para unha casa de protección e sen resposta”, relataba a nai dunha parella de sordomudos que se instalaron co seu fillo de curta idade nun dos chalés. A mesma muller explica
que as casas estaban “cheas de merda” cando chegaron, que as limparon e adecentaron, e que as familias “non se negan a pagar un aluguer, nin a luz e a auga”, que actualmente están cortadas. Por iso pídenlle ao alcalde de Verín que os axude, “pois cando son os votos gústalle vir a onde os xitanos”. Axentes dos corpos de seguridade xa acudiron ao lugar a identificalos, pero, de momento, eles non teñen previsto marchar. Será un xuíz quen determine o desafiuzamento Preguntado sobre este asunto no pleno ordinario do 8 de agosto, o rexedor explicou que os propietarios dos inmobles son Xunta e Estado, e confirmou que “xa presentaron demanda de desafiuzamento e está en
marcha”. Jiménez Morán non tomará ningunha medida ao respecto das familias “okupantes”, “ten que ser un xuíz o que determine o desafiuzamento a instancias do propietario”, dixo. Os “okupas” comparten barrio co centro de disminuidos psíquicos, a quen a Xunta de Galicia cedera no seu día unha destas vivendas. As casas da rúa San Antón foran construídas hai décadas para os operarios que se encargaban da conservación das estradas. Segundo o edil nacionalista Óscar Nuñez, quen viviu a súa infancia e xuventude nunha das casas agora ocupadas, “chegamos a vivir alí 200 persoas”. Núñez explicou que a maior parte dos traballadores intentou mercalas, pero o Estado nunca as puxo en venda. O concelleiro recordou que incluso un dos inmobles, o número 20, nunca fora habitado.
Xunta e Estado interpuxeron demanda de desafuizamento
O sindicato CIG denunciou en materia de riscos laborais á UTE conformada polas Isolux Corsan e Taboada e Ramos, que traballa nas obras de alta velocidade no treito de Cerdedelo (Laza). O sindicato presenta esta denuncia tralo lume que se produciu o domingo 3 de agosto nun cadro eléctrico do túnel do Corno, por causas que se descoñecen,
e que obrigou a desaloxar aos 13 operarios que nel traballaban, ante o perigo que supuña a proximidade de 101 detonadores de explosivos nel depositados. A central sindical pide que a inspección de Traballo xire visite á zona, e previo análise das causas deste sinistro para o caso “de que se conste falta de medidas de seguridade, se levanten as correspondentes actas de sanción ou se determinen as actuacións que corres-
Clínica Salva Nova clínica en Verín, na rúa Hermanos Moreno En Clínica Salva ofrecen una coidada atención aos seus pacientes. “Coméntanos o teu problema e realizaremos un plan de tratamento totalmente personalizado e axustado ás túas necesidades. O noso obxectivo é que te recuperes canto antes e cos mellores resultados”,
explican os seus responsables. A clínica está composta por un equipo multidisciplinar formado por fisioterapia, logopedia, psicoloxía , podoloxía e ioga. Todos os seus profesionais son titulados universitarios debidamente colexiados, e Clínica Salva é un centro sanitario
O responsable da Clínica Salva.
pondan”. Asemade, a CIG pide que se lle informe das causas deste incendio. Incumprimentos A CIG denuncia que ten constatado desde o inicio das obras do AVE “graves incumprimentos das adxudicatarias e das súas subcontratadas aos dereitos dos traballadores tanto en materia de prevención de riscos laborais como en materia laboral de seguranza social”. polivalente autorizado con número de rexistro sanitario c-32-000933. Servizos Na área de podoloxía tratan callos, durezas, uñas encarnadas, uñas engrosadas, papilomas, podoloxía infantil, pé diabético, fascite, e análise da pisada. Ofrecen tamén fisioterapia traumatolóxica, reumatolóxica, deportiva, xeriátrica e neurolóxica. No seu departamento de logopedia tratan problemas de fala, deglución, voz e linguaxe En canto aos servizos de psicoloxía, abordan trastornos do estado de ánimo, de personalidade, psicóticos… Ofrecen reforzo en habilidades sociais, técnicas de estudo, dificultades cognitivas. E realizan tanto traballos individuais como talleres grupais. [+ info no 988 78 41 99 e www.salvaclinica.com]
XINZO E COMARCA
BARRIOS Agosto de 2014
O subministro de gas natural chegará a preto de 3.500 fogares de Xinzo de Limia 4 A empresa Gas Natural Galicia planea construir máis de 13 km de canalizacións na vila limiá. Paula Lodeiro O alcalde de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, e o delegado de Novas Poboacións Zona Norte de Gas Natural Distribución, Arsenio Talavera, presentaron o proxecto de gasificación que permitirá que ao redor de 3.500 vivendas, comercios e industrias do núcleo urbano e do polígono industrial de Xinzo poidan gozar das vantaxes que ofrece esta enerxía. Gas Natural Galicia investirá máis de 2,8 millóns de euros no municipio para construír máis de 13 quilómetros de rede de distribución e ofrecer a submi-
nistración de gas natural aos seus primeiros clientes antes de final de ano. Durante a presentación, Arsenio Talavera explicou as fases das obras de canalización, que se iniciarán a principios de setembro, así como os pasos que os interesados terán que seguir para solicitar a subministración de gas natural, e as vantaxes desta enerxía “limpa, económica e fácil de usar”. Talavera anunciou que a empresa realizará un acto na Casa da Cultura en próximas datas para dar a coñecer este proxecto aos veciños. Pola súa banda, o rexedor recordou que a gasificación
de Xinzo “é unha vella reivindicación”. “Sei que vai ser un trastorno para os veciños –dixo- pero é algo necesario e imprescindible”. Antonio Pérez tamén solicitou á empresa que as obras se inicien “canto antes” para poder aproveitar o bo tempo e evitar ter que abrir zanxas cando as condicións meteorolóxicas non acompañen. O responsable de Gas Natural Galicia confirmou que os traballos se iniciarán “no momento que teñamos os permisos e tramitada a licenza municipal”. Proxecto A subministración de gas natural a Xinzo de Limia
O tenente de alcalde de Xinzo, Manuel Cabas, o alcalde, Antonio Pérez, e o delegado de Novas Poboacións de Gas Natural Galicia, Arsenio Talavera./P.LODEIRO realizarase a través dunha planta satélite de gas natural licuado (GNL), situada nunha parcela no polígono da vila, da cal parte a rede de distribución cara ao núcleo urbano. A planta de GNL contará cunha capacidade de almacenamento de 80 metros cúbicos. Construirase de maneira paralela ás canalizacións, cun prazo de execución de dous meses.
Nesta primeira fase de gasificación de Xinzo de Limia, canalizaranse as principais rúas do núcleo urbano, o que suporá que o 80% das vivendas e comercios terán acceso ao gas natural, estando previsto no proxecto
construtivo de Gas Natural Galicia dotar de gas natural ao parque empresarial da localidade. “Se vemos que hai demanda de sitios máis alonxados do centro, seguiremos”, adiantou o delegado da empresa.
Nunha primeira fase canalizaranse as principais rúas do núcleo urbano de Xinzo
BARRIOS Agosto de 2014
EN BREVE
4 A subasta parcelas no polígono O Concello de Xinzo de Limia mantén aberto ata o próximo 16 de agosto o prazo para presentar ofertas á subasta dunha parcela de 72.000 metros cadrados no parque empresarial da localidade. Tras non chegar a un acordo coa empresa interesada en construir en Xinzo un Centro Tecnolóxico da Carne – e da que é socio o ex alcalde Isaac Vila- o actual rexedor, Antonio Pérez, confía en que desta vez a subasta pública prospere. “A parcela ten un prezo de saída de 10,17 euros o metro cadrado, non se pode vir con menos”, apuntaba o rexedor, que agarda que desta volta haxa varias empresas interesadas no soar. No mesmo polígono, Xestur Galicia ten á venda outras tres parcelas de uso comercial-industrial ,de 12.000, 1.028 e 1.023 metros cadrados respectivamente. Nesta cuarta fase do parque empresarial lévanse vendidos 41.322 metros cadrados.
XINZO E COMARCA
O “percorrido pola sáude” continuará despois do verán 4 A Escola Rural de Saúde da Limia organiza obradoiros para achegar aos veciños da comarca hábitos de vida saudables. Redacción A Escola Rural de Saúde da Limia completa o seu percorrido pola zona interior de Ourense divulgando consellos prácticos de hábitos saudables e educando en prácticas cotiás que melloran a calidade de vida. Os profesionais sanitarios achegaron aos veciños da comarca da Limia coñecementos sobre “Alimentación e enfermidades”, ou como desde a asociación din “vivir máis e mellor cambiando pequenos hábitos diarios” . Este programa de charlas, denominado “Percorrido pola saúde da zona rural da Limia” e que xa vai pola súa cuarta edi-
ción, realizouse até a data en Morgade, Guntimil, San Pedro, Rebordecha, Parada e Arnuide. Neste punto, toman un respiro para dar continuidade despois do verán levando o taller a varios concellos da Limia. Especialistas Neste caso foi posible grazas a farmacéuticos especialistas en nutrición como Yolanda Gómez, que explicou as dietas para mellorar as medicións e Pablo García Vivanco, que abordou a importancia da alimentación e a prevención
de enfermidades crónicas. Xunto a eles tamén estivo a titulada en enfermaría Sonia Rodríguez Joga, tomando as medidas de tensión arterial, glucemias e colesterol. Durante os talleres (dous por localidade), facilitouse material para facer máis entendible todo o relacionado coa alimentación nas persoas maiores. Pautas que deben de terse en conta cando hai necesidade de realizar unha alimentación para controlar valores relacionados con enfermidades crónicas.
“Vivir máis e mellor cambiando pequenos hábitos diarios”, contido das charlas saudables
4 Ao seu paso por Arnuide, Vilar de Barrio. Redacción A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) leva desde mediados de xullo realizando tarefas de limpeza e restauración hidrolóxicoforestal do río Arnoia, ao seu paso por Arnuide, no municipio de Vilar de Barrio. O custo da actuación ascende a 50.000 euros. Durante un prazo estimado de dous meses, unha brigada composta por cinco peóns e un capataz forestal realizarán este labor de desbroce nun tramo de catro quilómetros e medio do Arnoia. O seu obxectivo será mellorar a capacidade de desaugadoiro do río, que
Participantes na charla saudable en Rebordechá, Xinzo./CEDIDA.
presentaba un gran número de árbores secas e acumulación de arrastres nas pontes minorando, por iso, a sección da canle e provocando continuos tapóns. Os operarios están a realizar rozas puntuais da vexetación existente eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada nalgunhas zonas, co ánimo de mellorar a capacidade de desaugadoiro do río. Están programadas, ademais, podas selectivas sobre o estrato arbóreo, respectando en todo momento as especies arbustivas autóctonas e retirando as árbores caídas ou susceptibles de caer ao leito do río, que puidesen obstruir a canle e provocar desbordamentos.
A escola infantil de Rairiz abre en agosto Redacción
4 Autorizado un parque eólico en Sarreaus O Consello da Xunta autorizou un novo parque do concurso galego, o eólico de Xinzo Norte, situado no concello de Sarreaus. A infraestrutura, que prevé un investimento de máis de 42 millóns, estará composta por nove aeroxeradores que, cunha potencia total de 27 MW, producirán máis de 72.000 MW/h ao ano, o equivalente ao consumo anual de 17.000 fogares galegos.
A CHMS restaura o río Arnoia
Os cativos de Rairiz de Veiga poden acudir á escola infantil municipal mesmo en agosto. As instalacións permanecen abertas neste mes para os menores de 0 a 3 anos. Durante todo o ano, o Concello de Rairiz ofrece nestas instalacións servizo de gardaría para nenos de entre 4 meses e 3 anos; con comedor no que se serve a comida que os proxenitores mandan de casa; e un servizo complementario de atención a
infancia para menores de 3 a 8 anos. De xeito extraordinario, a escola infantil continúa aberta en agosto, con horarios e cotas axustadas a asistencia dos pequenos ao centro. Tarifas No tocante ás tarifas de agosto, o servizo pode contratarse por horas (dende 4 a 8 horas) e no prezo influirá tamén a idade do cativo. Así, este servizo pode oscilar entre os 140 e os 220 euros. [+ info no 988 40 94 46 ou na propia escola]
XINZO E COMARCA
BARRIOS Agosto de 2014
Deputación, Confederación e Concello construirán unha ponte nos Blancos 4 O paso actual sobre o río Airoa está moi deteriorado. Redacción
Traballos de construción da planta asfáltica; ao fondo, o núcleo de Parada de Ribeira. /CEDIDA.
Presentan mil alegacións contra a planta asfáltica 4 A asociación O Muíño da Lama pide unha moratoria para outorgar licenzas para actividades nocivas en Parada de Ribeira, Xinzo. P. L. A asociación cultural O Muíño da Lama de Parada de Ribeira conseguiu preto de mil alegacións contra a planta asfáltica que unha empresa pretende instalar ao carón deste núcleo de Xinzo de Limia. As obras de construción da planta asfáltica foron paralizadas o pasado 28 de xullo polo Concello de Xinzo, que lle abriu un expediente sancionador á empresa, pois o correspondente expediente de concesión de licenza municipal de actividade aínda está en tramitación e, malia todo, executou obras de consolidación, explanación e preparación de terreos, así como a instalación da infraestrutura básica da planta. Revogación de oficio O colectivo tamén solicitou a revogación de oficio da resolución favorable á instalación da planta da Consellería de Medio Ambiente. Esa autorización do pasado 11 de xuño considera que se trata dunha actividade “que non é previsible que vaia producir impactos adversos significativos sempre que se cumpran as condicións ambientais especificadas na documentación…”. Segundo o re-
presentante da asociación O Muíño da Lama e concelleiro do BNG en Xinzo, Xosé Lois Carreira, a delegación de Medio Ambiente “tiña que baixar ao terreo e comprobar se se producen os mínimos impactos que veñen no proxecto”. Carreira recórdalles ás administración local e autonómica que “teñen que garantir a saúde e o interese xeral por riba de intereses particulares”. Aínda están pendentes os informes de Urbanismo, Medio Rural e Industria sobre esta instalación. Solicitude de moratoria Por otura banda, O Muíño da Lama pedirá a todas as consellerías implicadas “unha moratoria para outorgar licenzas para actividades nocivas en Parada de Ribeira”, explica Carreira. E é que con 9.000 cabezas de porcino, 70.000 cabezas avícolas, granxas de vacún, unha planta de formigón e unha canteira no seu contorno máis próximo, “xa sería o colmo” a autorización da planta asfáltica, afirma o representante veciñal.
Piden a revogación de oficio da resolución favorable de Medio Ambiente
4 Posibles danos medioambientais e para a saúde Tanto a asociación O Muíño da Lama como ADEGAL (Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia) insisten nos graves danos ambiental e para a saúde que xerará esta instalación, “como é a contaminación do aire e do medio ambiente por dióxidos de azufre e nitróxeno, monóxido de carbono, emisión de partículas contaminantes con nafta, formaldehido, arsénico e cadmio, risco de chuvias ácidas, residuos e vertidos procedentes dos enxaugados con gasóleo dos tanques de asfalto, fortes cheiros e irritacións da pel, ollos e afeccións dos sistemas respiratorio e nervioso, presión arterial alta, sinusite e predisposición á aparición de cancro no sistema respiratorio”. Amais deste impacto sobre saúde, fauna, flora e medio, ambos colectivos ven “un forte prexuízo económico” sobre a gandería, agricultura, horticultura, a caza e a diversidade cinexética do coto de Xinzo da Limia.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a Deputación de Ourense e o Concello dos Blancos colaborarán na construción dunha ponte sobre o río Airoa, situada neste municipio ourensán. As tres administracións formalizaron nun protocolo de colaboración o financiamento, execución e entrega do proxecto de construción deste novo paso, que dará continuidade á estrada municipal que une as poboacións dos Blancos e Nóveas. A infraestrutura actual de paso está moi deteriorada polas continuas crecidas de caudal, o que afectou
á súa seguridade estrutural e provocou gretas de gran tamaño que impiden o tránsito pola citada vía. Características O novo pontón terá unha lonxitude de 17 metros, de 7 metros de luz libre, e 3,50 m de altura. Para completar a actuación, construiranse muros de contención que darán continuidade á nova ponte adaptando os viarios de acceso e proxéctase, ademais, a protección da zona de canle recuperada tras a ampliación da luz da ponte con técnicas de bioenxeñería, que garantirán a estabilidade do terreo fronte á erosión da auga. Con este proxecto darase continuidade a unha vía
pública que facilite o paso entre os veciños de ambos os núcleos de poboación que actualmente sofren a incomodidade de non poder utilizar a infraestrutura de comunicación coa que contaban. O investimento previsto supera os 150.000 euros, sendo sufragados ao 50%, pola Deputación Provincial e a Confederación do Miño-Sil. O Concello será o encargado de pór a disposición os terreos necesarios para levar a cabo as actuacións. O prazo de execución das obras estímase en catro meses.
O investimento previsto supera os 150.000 euros
José Manuel Castro, Manuel Baltar e Francisco Marín, na sinatura do convenio entre as tres administracións. /CEDIDA
10
BARRIOS Agosto de 2014
ALLARIZ E COMARCA
Valverde, centro pioneiro en ofrecer vivenda tutelada e formación
4 O centro alaricano desenvolve na actualidade cinco cursos formativos para 75 desempregados. Redacción O centro Valverde de Allariz foi o primeiro en funcionar en Galicia compartindo nas súas instalacións unha vivenda tutelada cun centro de formación para o emprego. Os menores tutelados acoden aos cursos formativos no mesmo centro onde viven, aínda que tamén participan nas actividades formativas outros adultos seleccionados entre os demandantes de emprego. O centro alaricano é unha extensión do centro integrado de Formación Profesional (CIFP) “Santa María de Europa” de Ourense. Para este ano ten programados un total de 30 cursos que darán formación a 450 persoas desempregadas.
O delegado da Xunta en Ourense, xunto ao xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar Social, José Selas visitaron a finais de xullo o centro Valverde para interesarse polos seus cursos de formación./CEDIDA.
Cinco cursos AFD Na actualidade estanse a desenvolver cinco cursos AFD nos que participan 75 alumnos. Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, floraría, albanelería, atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e cociña son as materias ofrecidas nestes cursos, que o delegado territorial da Xunta en Ourense,
Rogelio Martínez, puido coñecer de primeira man, nunha visita á institución a finais de xullo. Rogelio Martínez explicou que estas accións formativas son o instrumento do Goberno galego para ofrecer ás persoas desempregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado de traballo, capacitándoas para traballar en sectores laborais que pre-
Allariz recordou o 25º aniversario da revolta veciñal 4 A praza Maior acolleu unha merenda-cea de confraternidade o pasado 11 de agosto. Redacción
sentan uns niveis de empregabilidade máis altos. En total, na provincia de Ourense este ano ofertaranse 144 cursos AFD dos que se beneficiarán 2.160 persoas desempregadas Instalacións pioneiras Ademais de vivenda tutelada e oferta de cursos, este centro tamén acolle unha oficina para o asesoramento e a avaliación da acredi-
A aparición de peixes mortos no río Arnoia a comezos de agosto de 1989 foi o detonante dunha revolta veciñal que desembocou nun xiro político no consistorio alaricano, inicio dunha época de profunda transformación desta vila ourensá. Fartos dos continuos vertidos, o 11 de agosto daquel ano un grupo de mozos pecháronse na casa consistorial, encerro que non rematou ata a renuncia do nese momento alcalde, Leopoldo Pérez Camba, da coalición Centristas de Galicia-PP, e o nomeamento como alcal-
tación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral.
Nestes momentos oferta actividades auxiliares en viveiros, floraría, albanelería, atención socio sanitaria e cociña
Cartel co que se promocionaron os actos de recordo.
de do nacionalista Anxo Quintana nun pleno o 27 de novembro. Desde aquela, o BNG goberna con maioría no consistorio alaricano. 25 anos despois, os protagonistas daquelas datas participaron nunha merenda-cea de confraternidade na praza Maior, que se realizou cos pratos cociñados e achegados polos propios veciños que a ela asistiron. Praca conmemorativa Estaban previstas as intervencións de mozos nacidos en Allariz en 1989, así como de pais e nais de cativos que naceran neste ano na vila. Ademais, fíxoselle un recoñecemento aos veciños da localidade que protagonizaron a revolta, co descubrimento dunha praca conmemorativa. Asemade, tomaron a palabra Anxo Quintana, primeiro alcalde nacionalista trala revolta, e o rexedor actual, Francisco García, daquela tenente de alcalde. A proxección do audiovisual “25 anos” e do “libdup” mocidade de Allariz completaron a xornada, que se pechou con actuacións musicais.
ALLARIZ E COMARCA
Publicadas as bases do mercado de artesanía 4 “Arte de Man” celebrarase o 14 de setembro. Redacción A Area de Promoción Económica do Concello de Allariz está a preparar unha nova edición do Mercado de Artesanía Arte de Man, que se celebrará na vila alaricana o 14 de setembro. O mercado, organizado polo Concello en colabo-
ración coa Asociación de Artesáns de Allariz, desenvolverase nas prazas da localidade. Nesta edición está previsto que participen un total de 25 postos, que estarán abertos durante toda a xornada do domingo 14 de setembro. O mercado contará asemade con demostracións
de diferentes oficios. A organización porá a disposición dos interesados un stand de madeira, que os participantes terán que decorar tendo en conta que a feira discorre nun casco histórico. Os artesáns que estean interesados deberán cumprimentar un formulario e
BARRIOS Agosto de 2014
11
envialo xunto co seu currículo e material fotográfico recente dos seus traballos ao enderezo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.com. O prazo de recepción de solicitudes remata o 22 de agosto. As persoas interesadas en participar poden informarse no teléfono 988 442 210.
O prazo de recepción de solicitudes remata o 22 de agosto O rexedor de Allariz, Francisco García, xunto ao arqueólogo Adolfo Fernández, no castro de Armea./CEDIDA.
As escavacións volven ao Castro de Armea 4 En setembro outro grupo continuará cos traballos no castro alaricano. Redacción Un grupo de arqueólogos da Universidade de Vigo rematará esta semana a súa escavación anual no Castro de Armea. O Concello de Allariz pretende con esta nova fase poñer de manifesto o potencial e o valor cultural e histórico da parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, onde se atopa o castro. O principal obxectivo das escavacións é procurar dar unha cronoloxía válida do xacemento, así como seguir investigando sobre os datos de evolución das estruturas e sobre cando este poboado foi abandonado. Adolfo Fernández, técnico director da investigación, afirmaba que, do total das 8 hectáreas que se supón que ten o xacemento, tan só un 0.5 está escarvado. Foi por tanto nunha zona nova, que non fora escavada por Conde Balvís nos anos 50, onde se traballou este mes. O arqueólogo explicou que durante estas últimas semanas realizaron tres sondaxes, entre elas unha nunha vivenda, descubrindo unha nova estancia, e outra na rúa central
do poboado, que se atopou “un pouco expoliada”. Coa información e material recabado realizarán agora traballo de laboratorio para obter “datos importantes sobre a cronoloxía e a vida” en Armea. O Concello financia esta nova fase en colaboración coa Universidade de Vigo, que achega os profesionais. En total, son dez persoas as que realizaron as escavacións; entre eles un grupo de cinco alumnos en prácticas aos que a administración local lles deu unha oportunidade única, xa que este tipo de formación escasea en Galicia. O arqueólogo agarda repetir esta fórmula de colaboración en vindeiros anos. A primeiros de setembro comezarase unha nova fase de escavacións, cun grupo de arqueólogos encabezados por David Pérez. Monte do Señoriño Durante a presentación das escavacións, o alcalde de Allariz, Francisco García, resaltou o “importantísimo” valor turístico e paisaxístico dos xacementos e anunciou a intención do Concello de adquirir o Monte do Señoriño para continuar potenciando os valores arqueolóxicos de Allariz.
12
BARRIOS Agosto de 2014
CELANOVA E COMARCA
Manolo Rivas recibirá o premio “Celanova, Casa dos Poetas” 4 A Fundación Curros Enríquez entregaralle o galardón nun acto o vindeiro 7 de setembro. Redacción
O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, o alcalde de Celanova, José Luís Ferro, e o xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitaron as obras levadas a cabo nesta localidade dentro do Plan Marco./CEDIDA.
Renovado o firme de 15 camiños de Celanova grazas ao financiamento do Plan Marco 4 As actuacións contaron cun orzamento de preto que superou os 55.000 euros. Redacción 15 camiños do municipio de Celanova viron renovado o seu firme dentro do Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/2014, que destinou a esta localidade un orzamento de 55.247 euros. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do alcalde de Celanova, José Luís Ferro, e do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou as obras levadas a cabo. O delegado remarcou na súa visita a importancia da realización destas actuacións de ampliación, remodelación e mantemento de camiños
de titularidade municipal, que “buscan facilitar os accesos e a comunicación das localidades e mellorar a calidade de vida destas poboacións rurais”. Foron un total de 15 actuacións, que consistiron na ampliación e mellora do firme de varios camiños mediante un proceso de substitución do pavimento deteriorado por unha nova rega asfáltica seguindo unha técnica de bacheo. As vías nas que se levaron a cabo as obras foron os camiños de FontecubertaRabal, Armada-Celanova, Rabal da Igrexa, entrada a Leborín, Quintairos de Bobadela, acceso a Miranzo, Cavadoiro-Acevedo, Os Barreiros-Amoroz, As
Pedreiras-As Lobeiras, acceso ao cemiterio de Sampil, O Burgo, Moreiras, camiño á capela de Casasoá, Casasoá-Cañón e o camiño de A Gandarela-A Freiría. Martínez recordou que “o goberno autonómico está a mobilizar preto de 3.600.000 euros a través do Plan Marco Programa da Consellería de Medio Rural e do Mar para a realización de melloras nas infraestruturas rurais en Ourense”.
O pavimento deteriorado foi substituido por unha nova rega asfáltica
O xornalista e escritor Manolo Rivas recibirá o XXX Premio “Celanova, Casa dos Poetas” nun acto na vila de San Rosendo o domingo 7 de setembro, coincidindo co 35º cabodano de Celso Emilio Ferreiro. A Fundación Curros Enríquez. acordou concederlle este galardón a Rivas “polo seu longo e froitífero labor creativo, tanto nun coma noutro campo, ambos os dous tan significados tamén na biografía de Curros Enríquez”. A Fundación Curros Enríquez considera que “non hai ningún outro escritor na historia de Galicia que teña contribuído tanto á internacionalización da
literatura galega, ao conseguir ter publicado a súa obra nas máis prestixiosas editoriais europeas”. Alén diso, a Fundación Curros Enríquez tamén fixo constar a longa relación que o xornalista e escritor coruñés mantén co espírito currosiano, “non en van, a mediados e finais dos anos 80, cando o antigo Padroado Curros Enríquez acudía con regularidade anual, no mes de marzo, a homenaxear a Curros Enríquez diante do nicho no que se custodian os seus restos no cemiterio de San Amaro, xa Manolo Rivas se sumaba, como un devoto máis do poeta, a aquelas homenaxes iniciáticas”. Outros acordos Na mesma xuntanza na
que se fallou o premio “Celanova, Casa dos Poetas”, o Padroado da Fundación aprobou o seu orzamento e actividades para este 2014. Destaca a decisión da entidade de asumir a xestión turística de diversos espazos de Celanova e de elaborar un estudo de comercialización de distintos paquetes turísticos. Durante a reunión tamén se traballou na elaboración das bases para a inminente creación dun premio de xornalismo para profesionais novos.
Concédeselle “polo seu longo e froitífero labora creativo”, como escritor e xornalista
Membros do Padroado da Fundación Curros Enríquez./CEDIDA.
PUBLICIDADE
BARRIOS Agosto de 2014
13
14
BARRIOS Agosto de 2014
CELANOVA E COMARCA
Alejandro Vázquez (segundo pola esquerda), conforma xunto a Víctor Vilariño, Esteban Méndez, Javier González e Rodrigo Rodríguez o quinteto Hércules Brass./CEDIDA.
entrevista a alejandro vázquez, integrante de hércules brass:
“Intentaremos facernos un oco dentro da fantástica programación cultural que ofrece Celanova”
4 Do 27 ao 30 de agosto a vila de San Rosendo acolle o I Festival Hércules Brass de música de cámara. Silvia Nieto Hércules Brass Quinteto de Metais é unha formación composta por cinco mozos (Vìctor Vilariño, Alejandro Vázquez, Esteban Méndez, Javier González e Rodrigo Rodríguez) amantes da música de cámara, que se coñeceron cando formaban parte da Orquesta Nova da Sinfónica de Galicia e da Joven Orquesta Nacional de España. Agora, unen a súa experiencia e talento co Concello de Celanova para poñer en marcha un festival único, que contará con clases maxistrais, concertos, coloquios e un sinfín de actividades lúdicas. Como se unen as vosas carreiras musicais para dar forma a Hércules Brass Quinteto de Metais? Alejandro Vázquez: “En 2011, despois de rematar os nosos estudos musicais, unímonos coa iniciativa de presentarnos a un concurso internacional para quintetos de metais en Lyon, pero principalmente a unión vén dada por unha gran amizade forxada nos encontros da Orquestra Nova da Sinfó́nica de Galicia e na
Joven Orquesta Nacional de España”. Lin na vosa web o comentario dun mestre de trompeta alemán que se preguntaba de onde viña o voso nome... e que un concerto voso lle deu a resposta. “Porque tocan sen esforzo”, dixo. Para os nosos lectores, que nos vos coñezan, podes explicarnos como naceu esa denominación? A.V: “Nada máis rematar un concerto que fixemos en Lugano (Suiza), Max (Sommerhalder, profesor de trompeta na Escola de Música de Detmold, Alemaña) achegouse a nós e deunos a noraboa con esas palabras. Él é un experimentado trompetista e quixo facer un sí́mil do semideus Hércules, coñecido pola súa forza sobrehumana e o noso concerto. Pero o nome do grupo fai referencia á Torre de Hércules, monumento por excelencia da cidade da Coruña, onde naceu e ten a sede o grupo”. Nestes dous anos actuastes por toda España e participastes en festivais internacionais con grandes resultados, podes facernos un resumo da vosa
traxectoria? A.V.: “Fomos semifinalistas no ‘8th International Chamber Music Competition’ en Lyon, gañ̃adores do primeiro premio no ‘IV Concurso de Vent-Metall Valeriano Machi i Esparza’ na localidade valenciana de Benimodo e finalistas no ‘8th International Jan Koetsier Competition for Brass Quintet’ en Múnich. Será inesquecible para nós o concerto de solistas ao fronte da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e as viaxes a Costa Rica ou Suiza, onde participamos nun importante festival como quinteto residente. Recentemente fomos protagonistas do programa ‘Música Joven’ en Radio Clásica de RTVE e recibimos o primeiro premio no ‘eMuse online music competition 2014’”. A vosa oferta conta con tres espectáculos: Hécules Brass en concerto, Hércules Brass Ensemble e Os SuperHércules; en que consiste cada un? A.V.: “O primeiro deles é́ un espectáculo cun repertorio moi variado, arranxos de músicas do Renacemento, Barroco, Clasicismo e
pezas orixinais para quinteto de metais, algunhas delas feitas para nós por compositores galegos. Con este concerto mostrámoslle ao público as posibilidades sonoras dos instrumentos de vento metal e as súas versatilidades técnicas. Todo o mundo sae sorprendido despois dos concertos! Os SuperHércules é o noso espectáculo didáctico para todos os públicos, aínda que está enfocado para nenos de Primaria. Un concerto no que contamos coa axuda dun narrador, algúns decorados e uns fantásticos traxes de superheroes para levar a cabo unha historia onde salvamos ao mundo do malvado Silencieitor. Hércules Brass Ensemble conta cunha formación diferente de 14 músicos, todos eles galegos, de inmensa calidade individual, aos cales estamos moi ledos de poder reunir, para obter unha gran sonoridade coral. Estrearemos este concerto o 30 de agosto no claustro de Celanova, coa colaboración do trombonista Enrique Crespo, un dos piares fundamentais na historia da mú́sica de cámara nos instrumentos de vento metal.
Non quero dar máis pistas e só podo convidarvos a dito concerto onde estou completamente seguro que quedaredes abraiados! É algo distinto ao cotián e difícil de volver presenciar”. En que se atopa sumerxido este quinteto neste momento? A.V.: “Estamos inmersos de cheo na organización do festival, tratando de que sexa o máis exitoso posible. Unha vez rematado, enfocaremos o noso traballo para a preparación do concerto que ofreceremos en setembro no Auditorio Nacional de Música de Madrid, a elaboración do noso primeiro disco comercial e futuros proxectos con colaboracións do pianista Javier Ares, a Sinfónica de Galicia ou a Banda Municipal da Coruñ̃a”. Todos tendes idades comprendidas entre os 25 e os 28 anos, como buscades achegar a música de cámara aos máis novos? A.V.: “Dende Hércules Brass, tratamos de achegarnos aos máis novos co espectáculo Os SuperHércules, e para os que xa son músicos queremos transmitir a música de cámara como unha forma de vida. Son innumerables as satisfaccións que nos achega escoller nós mesmos o repertorio, empregar os nosos métodos de traballo, renovar a posta en escena... son valores que transmitimos cando impartimos masterclass ou cursos para os máis novos”. Do 27 ao 30 de agosto celebrarase en Celanova o I Festival Hércules Brass, como xurdiu este proxecto? A.V.: “A idea xurdiu paralelamente entre Hércules Brass e o Concello de Celanova, por medio de Antonio Piñ̃eiro. Queríamos organizar un festival de música de cá́mara, á imaxe doutros encontros que se fan noutros lugares de España e Europa onde tivemos a oportunidade de participar, dando moito protagonismo á calidade dos mú́sicos. Celanova é unha vila ideal, á́ que lle teño moito cariño, onde as súas xentes, os seus
servizos e infraestruturas fan que todo isto sexa posible. Intentaremos facernos un oco na parcela musical, dentro da fantástica programación cultural que ofrece Celanova, como a literaria, as artes plásticas ou a audiovisual”. Que actividades terá́n lugar durante eses catro días? A.V.: “Ofertaranse clases maxistrais a cargo dos profesores do Hé́rcules Brass Ensemble e dos solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia. Concertos no claustro ás 20:30 horas a cargo de Hércules Brass, Cuarteto Skirion, Quinteto Rubato e Hércules Brass Ensemble & Enrique Crespo, para os cales pomos á venda un abono que permite a entrada a todos os concertos por 20 euros. Concertos de balde na rúa con grupos de jazz, blues, ska e un concerto da Banda de Mú́sica de Celanova. Tamén contaremos cun coloquio sobre o barallete, a xerga dos músicos, dirixido por Bruno Santos. Todo isto complementado con actividades de ocio e turísticas para os participantes no festival. Trátase de estar todo o día rodeados de boa música!” Como pensades que pode ser a acollida? A.V.: “A nosa idea é poder repetir a vindeira edición no ano 2015. Agardamos ter unha boa acollida, estamos a recibir moitas matrículas para as clases maxistrais, cunha gran presenza de músicos doutras provincias. Oxalá acuda moita xente aos concertos, ese sería un apoio indiscutible á música en directo e de calidade. Garantimos que imos facer pasar un bó rato e todos quedarán gratamente sorprendidos”. Envíalle unha mensaxe aos nosos lectores para que se acheguen ata o festival. A.V.: “Queremos convidalos a gozar no festival da música en directo, grupos e músicos de gran talento, proxectos de calidade creados por novos artistas, que en tempos de crise apostaron polo talento”.
“Hércules Brass Ensemble conta cunha formación diferente de 14 músicos; estrearemos concerto o 30 de agosto no claustro de Celanova”
CELANOVA E COMARCA
Clausurado o curso de medios audiovisuais
Durante catro xornadas de xullo Celanova foi o epicentro do sector audiovisual galego, grazas á celebración do XI Curso de Medios Audiovisuais. Baixo o título “O audiovisual galego: 25 anos de presente” e configurado como un curso de verán de extensión universitaria, a actual edición deulle protagonismo ás longametraxes e a súa versatilidade actual, así como aos formatos e xéneros máis alternativos e de baixo custo. En referencia ao lema deste ano, lembrá-
ronse as tres películas realizadas en 1989 coas que se iniciou a andaina do cinema en galego: ‘Urxa’, ‘Continental’ e ‘Sempre Xonxa’. Amais de mesas redondas, ponencias e proxeccións, os universitarios participantes tiveron tamén unha parte práctica, grazas ao taller audiovisual “Celanova, plató de ficción”, co que crearon unha webserie, “O interfecto”. Na entrega de diplomas participaron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, o alcalde de Celanova, José Luis Ferro,
4 Ludoteca na Casa dos Poetas
Autoridades e participantes no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, no acto de entrega de diplomas no auditorio Ilduara./RAMSÉS. o presidente da Fundación Carlos Casares, Javier Casares, e o director do curso Miguel Anxo Fernández. “Estou convencido de que temos unha clara mostra do talento e a creatividade do
noso alumnado, pero tamén dos seus docentes, recoñecidos profesionais do sector que foron quen de estimular esa forza e convertela en realidade”, afirmou o conselleiro durante a clausura.
Os universitarios participantes crearon unha webserie, “O interfecto”
Celanova e Baixa Limia
Nove concellos renovan a iluminación pública exterior 4 Grazas a unha axuda do INEGA. Redacción Os concellos de Bande, Verea, Muíños, Ramirás, A Merca, Lobios, Lobeira, Celanova e Quintela de Leirado resultaron benefi-
ciarios da nova liña de subvencións que recentemente aprobou a Consellería de Economía e Industria para a renovación da iluminación pública exterior. O proxecto conxunto contará cun
15
EN BREVE
4Analizou os 25 anos do sector en Galicia. Redacción
BARRIOS Agosto de 2014
Alcaldes das comarcas de Celanova e Baixa Limia xunto ao delegado da Xunta, na casa consistorial de Bande./CEDIDA. investimento de 540.000 euros -dos que 459.000 serán subvencionados a través do INEGA-, para a realización de varias actuacións de carácter enerxético que permitan optimizar o gasto
do alumeado público. Nestes nove municipios substituiranse 28 instalacións eléctricas e 1.287 puntos de luz o que, segundo explicou o delegado da Xunta en Ourense, Ro-
gelio Martínez, “traducirase nun aforro enerxético de máis de 326.055 kWh anuais, e preto de 63.000 euros, o equivalente ao consumo dunhas 93 familias”.
A Casa dos Poetas acolle este verán unha ludoteca organizada pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova para nenos de entre 4 e 12 anos. De martes a venres de 10.00 a 13.00 horas, os máis pequenos da vila poderán realizar traballos manuais e xogos na horta da casa familiar de Manuel Curros Enríquez. Tras un primeiro período de ludoteca no mes de xullo (do 15 ao 24) o martes 12 comeza unha nova quenda ata o 29 de agosto e finalmente a ludoteca ofrece un terceiro grupo do 2 ao 12 de setembro.
4 92.100 euros para obras A corporación municipal de Celanova aprobou por unanimidade dúas modificacións de crédito que permitirán realizar obras por importe de 92.100 euros. Nunha delas incluíuse unha emenda do PSOE para conceder unha axuda de 6.000 euros á asociación de comerciantes. O BNG puxo como condición para dar o seu apoio que a concreción do destino dos fondos non asignados aínda (previstos para limpeza de fontes públicas e mellora de viais) se realice nunha xunta de voceiros.
16
BARRIOS Agosto de 2014
DEPORTES
A alevín do CC Maceda, Aida González, gañadora do Gran Premio do Albariño 4 A súa compañeira Noela Saa foi segunda. Redacción O club ciclista Maceda colleita éxitos fóra da BTT. A pasada fin de semana celebrouse en Cambados o
Gran Premio do Albariño, proba disputada en ruta. A ciclista do CC Maceda, Aida González, foi a vencedora en categoría alevín. En segunda posición re-
Aida González celebrando a vitoria en Cambados.
matou a súa compañeira de equipo, Noela Saa. Os seus compañeiros de equipo Breogán Diz, Martín González e Marco Nube, foron 5º, 9º e 14º, respectivamente en categoría masculina. En júniors, o actual campión galego de BTT, Raúl González Carracedo foi 19º nunha disciplina na que se estreaba; González entraba co pelotón. Con estes resultados, os deportistas macedáns do Club Ciclista e da Escola de Ciclismo José Antonio Hermida demostran que, cando se suben a unha bici -ben de montaña, ben de ruta- demostran que están entre os mellores de Galicia.
Os ciclistas do club macedán subiron desta volta a unha bici de ruta en Cambados
Un triatlón e unha popular nocturna, as citas deportivas nas vilas de Allariz e Maceda 4 A cita alaricana xa está consagrada, mentres que a macedá celebra a súa primeira edición. R.T. Este mes de agosto, Allariz e Maceda ofrecerán activades deportivas. Allariz celebrará o seu triatlón popular, que chega á súa 25ª edición, o 23 de agosto, mentres que en Maceda terá lugar a primeira edición da carreira nocturna, na mesma xornada. Triatlón O sábado 23 de agosto celebrarase en Allariz o XXV Triatlón popular Vila de Allariz. O percorrido que deben
cubrir os triatletas que participen será de 750 metros a nado, 24 quilómetros en bici e 5,5 quilómetros a pé. Carreira nocturna Para o mesmo día, sábado 23 de agosto, terá lugar a primeira edición de “Maceda nocturna”. O percorrido será de 10,5 quilómetros, dando voltas a un circuíto urbano no que se bordeará o castelo de Maceda. A saída da proba absoluta terá lugar ás 21.30 horas no centro do pobo. Antes, ás 20 horas, comezará a proba dos máis cativos (ata 8 anos); ás
18 anos correndo de Cartelle a Outomuro 4 Esta edición terá lugar o sábado 16 de agosto. Redacción A 18ª edición da Carreira popular do Concello de Cartelle celebrarase o sábado 16 de agosto. Como cada ano darán o pistoletazo de saída as probas dos máis cativos: a carreira dos pitufos (100 metros) comezará ás 19 horas; de seguido (ás 19.10 horas) correrán os prebenxamíns e os benxamíns -500 metros-; mentres que os alevíns correrán 800 metros ás 19.20h. Xa para rematar, sobre ás 20.15 horas tocaralle o turno á proba absoluta que contará cun percorrido de 10.000 metros. Saída en Cartelle A proba absoluta terá a súa saída en Cartelle para rematar en Outomuro. Media hora antes do horario de comezo da carreira, a organización trasladará aos participantes en auqueira colaborar con máis cantidade que o euro da inscrición, habilitaranse huchas na zona de recollida de dorsais. O período de inscricións remata o 18 de agosto, para a proba dos maiores, e realizarase na web cronotec. es. Os menores poden inscribirse o mesmo día da carreira.
tobús desde Outomuro ata Cartelle. Inscricións Para o proba absoluta o período de inscrición remata o venres 15 de agosto. O custe é dun euro e realiza-
rase a través da páxina web championchipnorte.com (os que non posúan chip amarelo deberán aboar tres euros).Para o resto de categorías a inscrición é de balde e tamén pódese facer na web do Concello de Cartelle ou nos teléfonos 988 491 111 ou no 988 491 120. Trofeos Haberá trofeos para os primeiros clasificados absolutos masculino e feminino; ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría e á persoa de máis idade que participe nesta edición.
Participantes dunha edición pasada en Cartelle./ARQUIVO
O triatlón de Allariz chega a súa 25ª edición Os triatletas terán que cubrir unha distancia de 750 metros a nado, 24 quilómetros en bici e 5,5 a pé
Un euro da inscrición da nocturna de Maceda irá destinado a axudar a unha rapaza da vila que sofre parálise cerebral
20.15h a de premini (nenos e nenas de 9 e 10 anos); ás 20.45h, a de mini cativos (11 e 12 anos); e ás 21.05 a carreira infantil, que será a última das probas dos escolares. Caracter solidario Esta primeira edición da carreira macedá ten caracter solidario, polo que dos oito euros que custa a inscrición na proba absoluta, un destinarase a axudar a unha rapaza de Maceda que sofre unha parálise cerebral. As demais carreiras son gratuítas. Para quen
A proba de natación do triatlón de Allariz volverá ter lugar no río Arnoia. Un participante saíndo da auga nunha edición anterior /ARQUIVO
OCIO E CULTURA
BARRIOS Agosto de 2014
17
DESCUBRIR UN DESTINO VIAXANDO EN TREN Existe un novo modo de ser turista en Galicia. Trátase de percorrer, utilizando como medio de transporte o tren, algúns dos recursos máis singulares da comunidade. Este proxecto turístico foi pioneiro e iniciouse en 2013 co Tren dos Faros e o Tren dos Pazos e os Xardíns Históricos. O gran éxito de público destas dúas iniciativas levou a estender a oferta este ano a cinco novos percorridos polas zonas vitivinícolas da comunidade. Trátase por tanto dun modo de practicar turismo combinando os desprazamentos en tren con outros en autobús, catamarán ou mesmo barco para achegarse dunha maneira diferente aos recursos relacionados coa paisaxe, a natureza, a viticultura, a enoloxía ou a botánica. Turismo de Galicia e Renfe colaboran na posta en marcha desta iniciativa que promove un produto turístico de calidade e co aliciente de ser innovador e de resaltar outros produtos turísticos diferenciais e recursos que identifican o territorio e poñen en valor algúns dos seus atributos máis singulares. Así, en tren pódense percorrer os faros galegos e descubrir algunhas das praias e acantilados máis espectaculares
da costa galega. Pero tamén se poden descubrir os pazos e os xardíns, algúns cunha gran riqueza tanto en cantidade como en variedade de especies e moitos deles situados nalgúns das paraxes máis belas de Galicia. Os trens turísticos combinan o aproveitamento turístico do territorio e a preservación do medio ambiente e son un modo diferente de viaxar e de configurar un plan moi atractivo para o fin de semana. Novidades deste 2014: os viñedos As novidades deste 2014 pasan por percorrer os viñedos da Ribeira Sacra, Valdeorras, O Ribeiro, Rías Baixas e Monterrei e algúns dos seus máis relevantes recursos enoturísticos. Así, por exemplo, o Tren do Viño da Ribeira Sacra sae de Ourense e ofrece a oportunidade de visitar a aula ferroviaria e a estación dos Peares, así como os canóns do Sil e a adega Regina Viarum, xunto co Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, un paseo en catamarán e a degustación dunha queimada. Unha xornada completa e todo un paseo pola gastronomía, a enoloxía e a cultura dun das paraxes máis espectaculares de Galicia. Se optamos por realizar o percorrido no Tren dos
Canón do Sil. /ADOLFO ENRÍQUEZ
Viños de Ribeira Sacra e Valdeorras poderemos percorrer o territorio de dúas Denominacións de Orixe Protexidas co río Sil como nexo común e aproveitar para vivir un cruceiro en catamarán pola Ribeira Sacra e visitar as adegas A Coroa. O Santuario das Ermidas e a estación e a aula ferroviaria dos Peares son as outras dúas visitas que completan o plan desta ruta. Tamén unha ruta dobre é a que percorre o Tren dos Viños do Ribeiro-Rías Baixas. A adega Marqués de Vizhoja e o casco de Ribadavia son algúns dos grandes reclamos desta ruta. Ademais, na Igrexa da Madalena visítase o Túnel do Viño onde o viaxeiro pode paladear caldos da D.O. Ribeiro mentres visita unha exposición sobre os mesmos. O Barrio Xudeu da localidade e unha degustación de licores na cooperativa vitivinícola do Ribeiro son o plan perfecto para unha ruta que inclúe ademais a visita ao Castro de San Cibrán de Las e ao Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. Xa desde Santa Cruz de Arrabaldo retórnase a Ourense. O Tren do Viño de Monterrei ofrece a oportunidade de visitar o Parador de Verín, recibir unha explicación sobre os viños da Denominación de Orixe e visitar a adega Gargalo. Desde a
estación da Gudiña trasládanse a Baños de Molgas, onde se realiza a comida e desde alí chégase en autobús a Xunqueira de Ambía, onde se pode admirar a súa colexiata románica. A visita a Allariz complétase despois cun paseo á beira do Arnoia. E o Tren do Viño das Rías Baixas permite ao viaxeiro gozar da paisaxe da ría de Arousa e observar as medievais Torres do Oeste de Catoira. A visita ás adegas Martín Códax e Pazo de Fefiñáns e un paseo por Cambados, a “capital do Albariño”, forman parte do percorrido desta ruta, que permite ademais coñecer a experiencia de pasear en barco pola ría de Vigo e coñecer a illa de San Simón. Nesta tempada inclúese tamén como novidade os packs de fin de semana nos que se combina as Rutas en Trens Turísticos coa pernoctación dunha noite nun hotel galego e os paquetes combinados de fin de semana desde outras cidades de España. Ruta da Camelia, Tren dos Pazos e Ruta dos Faros Despois de Xapón, Galicia é a rexión do mundo con máis variedades de camelia. Na súa aposta por dar a coñecer tanto as especies como os magníficos encla-
Santuario das Ermidas. /CEDIDA POR TURGALICIA.
As novidades deste 2014 pasan por percorrer os viñedos da Ribeira Sacra, Valdeorras, O Ribeiro, Rías Baixas e Monterrei ves nos que se producen, Turismo de Galicia creou a Ruta da Camelia, un produto endóxeno da comunidade que difunde un recurso singular e permite realizar un percorrido novo por algúns das paraxes máis belas da comunidade galega. A Ruta da Camelia en Galicia conta con múltiples alternativas. Unha delas é o Tren dos Pazos e Xardíns Históricos. Con saída e chegada en Santiago, o tren percorre Vilagarcía e vista o Pazo de Rubiáns, así como Arcade e o Castelo de Soutomaior; Castrelos e o Pazo Quiñones de León. A través deste percorrido, o viaxeiro ten a ocasión de visitar o xardín, os viñedos e as instalacións do Pazo de Rubiáns, na Ría de Arousa. Galicia conta con outro produto cabeceira de marca que, do mesmo xeito que a Ruta da Camelia, permite pór en valor os faros e praias de Galicia. A forma máis singular de penetrarse neste gran reclamo da comunidade galega é o Tren Turístico pola Ruta dos Faros. Con saída e chegada á estación de Ferrol, o Tren dos Faros percorre en-
claves tan singulares como o Cabo Ortegal, a Serra da Capelada, os cantís de Vixía Herbeira; o santuario de San Andrés de Teixido; Estaca de Bares, O Barqueiro, o Faro de Illa Pancha ou a praia das Catedrais. O percorrido permite tamén saída desde A Coruña incluíndo unha panorámica da cidade e a visita á Torre de Hércules. Train&Breakfast Existe tamén un modo de chegar a Galicia percorrendo o Camiño de Santiago en tren, a través do Train&Breakfast posto en marcha por Renfe e que inicia o seu traxecto en Barcelona. Train & Breakfast Camiño de Santiago combina o traxecto en ferrocarril coa realización de etapas a pé ou en bicicleta e con visitas e outras actividades programadas. A estas rutas turísticas temáticas convén engadir a posibilidade de descubrir Galicia co Galicia Rail Pass, o luxoso Al Andalus Camiño de Santiago e o Transcantábrico. As rutas están en funcionamento até finais de setembro.
18
BARRIOS Agosto de 2014
OCIO E CULTURA
Verín honra a Santa María a Maior 4 Durante os días 14 e 15 de agosto. Redacción O Concello de Verín celebra os días 14 e 15 de agosto as súas Festas de Verán na honra de Santa María a Maior. O concelleiro de Festas, Víctor Baladrón, e o alcalde en funcións, Enrique Díaz, presentaron as actividades previstas para estes dous días. O xoves 14 actuará o cuarteto local Lapsus Gaita, na praza García Barbón ás 22.30 horas. Unha hora despois, o cantautor Emilio Rúa presentará nun concerto o seu quinto disco “Destino Sur”. O cantautor contará coa súa banda ao completo (Jose Gayoso -guitarra-, Kiños Saburido -batería- e Diego Pérez -contrabaixo-) e a colaboración das cantareiras Xestreu. O remate musical da noite porao Astarot, presentando o seu disco “Séptimo pecado”. Este disco está conformado por 18 temas dos cales, once son composicións propias que nos recordan ás orixes da banda galega, e o resto versións de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” de Amancio Prada, “Xirare” de Juan Pardo, “O tren” de Andrés
O alcalde en funcións, Enrique Díaz, e o concelleiro de Festas, Víctor Baladrón, presentaron o programa das festas./CEDIDA. do Barro, “Échame a mí la culpa” e “Cerca del río” popularizadas por Albert Hammond. Actos relixiosos O venres 15 iníciase ás 11:30 horas coa procesión e misa na igrexa parroquial para celebrar a patroa de Verín, Santa María a Maior. A Banda de Gaitas do Concello de Verín e a Coral de Verín participarán nos actos
relixiosos. Para o público infantil o Concello programou o espectáculo de contacontos “El Origen” de Raquel Queizás. Terá lugar ás 18 horas nas piscinas descubertas de Verín, aínda que no caso de condición climáticas desfavorables trasladarase á Biblioteca de Verín. O apartado deportivo non pode faltar nunhas festas
e así o Verín CF e Monterrei CF enfróntanse cun fin solidario a partrir das 18.30 horas no estadio José Arjiz. Será un partido amigable co fin de axudar a Valeria, unha nena de catro anos que padece unha enfermidade rara, e que está a recibir un tratamento de rehabilitación que, aínda que está a ter bos resultados, é moi custoso. As entradas terán un prezo de 5 euros, e a recadación do encontro irá destinada exclusivamente ao tratamento da pequena Valeria. A actuación anual das Xornadas de Folclore que organiza a Deputación porá o fin de festa á xornada. Na súa 19ª edición, o festival levará a Verín as danzas e músicas de Perú, Corea e Rusia - Bashkiria. O evento desenvolverase na praza García Barbón a partir das 22:30 horas.
O venres 15 ás 18:30 h, partido solidario entre Verín CF e Monterrei CF no José Arjiz
Festival de rock en Maceda 4 O XVII San Roque and Roll, o 15 de agosto Redacción A Asociación Xuvenil e Cultural Tioira de Maceda organiza o vindeiro 15 de agosto o XVII Festival San Roque and Roll. Un festival que desde fai 17 anos é unha cita ineludible para os amantes da boa música e da festa. Nesta edición repiten dous grupos: The Lákazans “despois de que a xente quedara moi satisfeita co descubrimento desta banda”, afirman os organizadores, e a banda local Coche no Río que volve actuar cun ano máis de experiencia. Ademais o festival conta con tres actuacións máis: as do grupo Collón de Lola “que fai homenaxe á nosa infancia coas cancións do programa Xabarín Club da Televisión Galega, que marcaron a toda unha xeración”; La Leñera, considerada a mellor banda tributo a Leño. E a actuación máis importante da historia do
Cartel do festival. festival, Costas, grupo liderado polo ex Sinistro Total, Miguel Costas, creador de grandes cancións coma “Miña terra galega” ou “Bailaré sobre tu tumba”. O festival dará comezo ás 19 horas, e a entrada é gratuíta. Ademais, permítese a acampada libre. As festas de Tioira, Maceda, continúan durante toda a fin de semana con verbenas amenizadas por orquestras e charangas.
A de Miguel Costas é a actuación estelar
OCIO E CULTURA
BARRIOS Agosto de 2014
19
A Festa do Esquecemento devolve ao pasado a Xinzo 4 Os días 22, 23 e 24 de agosto. Redacción
A representación do cruce do río Lethes polas tropas romanas será o domingo 24 ás 18 horas./P.LODEIRO.
A Asociación Cultural Civitas Limicorum pechou o programa da Festa do Esquecemento correspondente ao seu ano XIV. Unha festa de recreación histórica que durante tres xornadas -as dos días 22, 23 e 24 de agosto - fará que a capital limiá regrese ao século II a.C. Como é tradicional, ano tras ano mantéñense os elementos esenciais da festa: o campamento de castrexos e romanos, os seus desfiles polas rúas de Xinzo, o mercado galaicoromano ou exhibicións de cetrería. Programa O Esquecemento iníciase coa apertura do “macellum” ou mercado artesanal galaico-romano ás nove da noite do venres 22. Unha hora máis tarde abrirase o campamento na Alameda do Toural. Tropas romanas e ordas castrexas xuntaranse ás once da noite, para sair en desfile, presidido pola Banda de Gaitas do Concello, ata a praza Carlos Casares. A medianoite realizarase o prendido do lume sagrado nesta praza e posteriormente sairán os correlumes polas rúas de Xinzo a cargo do grupo teatral “Agora”. Unha puxa de escravos na praza Otero Pedrayo será outro dos puntos de interese da madrugada. O sábado o día comeza coa apertura do ´”macellum” ás 11 horas; a mediodía os máis pequenos terán actividades infantís na praza de San Roque, e haberá pasarrúas a cargo do grupo “Lirolaio”. Veciños e visitantes poderán ver desfilar á garda Pretoriana de “Lucus Augusti”
ás 13 horas. Os que queiran aprender técnicas de loita romano-castrexa poderán facelo nas prazas Xoán XXIII e de Oriente. As primeiras escaramuzas entre romanos e castrexos terán lugar nas rúas Galicia e Constitución ás 14 horas. Xa pola tarde, ás cinco, iniciarase unha gincana polo casco histórico para os grupos participantes no Esquecemento. No campamento, mentres, haberá xogos populares, antes de que ás 20 horas comece o desfile das tropas romanas e castrexas, con saída e chegada na Alameda do Toural. Acto central: o cruce do río Lethes Na derradeira xornada de festa, o “macellum” voltará abrir ás 11 horas. Pasarrúas a cargo de “Sons de Suevia” e animación a cargo de “Agora” ambientarán a mañá do domingo. A Garda Pretoriana volverá desfilar ás 13:30 horas. Xa de tarde, as tropas de Décimo Xuño Bruto chegarán ao río Limia (Lethes durante a fin de semana) ás 17:30 horas, e media hora despois representarán o cruce do río, que desencadeara na gran batalla entre castrexos e romanos e a posterior incineración do caudillo castrexo Beltaine. Ambas tropas voltarán desfilar polas rúas de Xinzo, e contra as nove da noite, realizarase un gran espectáculo “Ludi Gladiatorum” na praza Maior. Durante todo o sábado e o domingo no parque do Toural haberá exhibición de aves rapaces. Co apagado do lume sagrado no campamento a medianoite, e o concerto folk da banda Baile de Asalto darase por finalizada a Festa do Esquecemento.
Haberá desfiles de tropas romanas e castrexas nas tres xornadas O paso do río Lethes polas tropas de Décimo Xuño Bruto terá lugar a partir das seis da tarde do domingo 24
20
BARRIOS Agosto de 2014
OCIO E CULTURA
4IMAXES DO MES
5 días de festa en Celanova 4 O sábado 16 está prevista unha tirada de fogos para pechar as celebracións de San Roque. Redacción
Festa do pemento de Oímbra Máis de dez mil unidades de pemento degustáronse o pasado 3 de agosto na Festa de exaltación do pemento de Oímbra, que recibiu a visita de preto de cinco mil persoas. A festa tivo lugar días despois da constitución do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Oímbra, cuxo regulamento inclúe as características do produto protexido, a zona de produción –a totalidade da comarca de Verín–, e as técnicas de cultivo, recolección, almacenamento, envasado e comercialización, entre outros aspectos.
V Encontro de Cesteiros en Santa Mariña de Augas Santas Santa Mariña de Augas Santas (Allariz) acolleu os días 9 e 10 de agosto o V Encontro de Cesteiros. O programa comezou o sábado día 9 coa visita ás escavacións arqueolóxicas de Armea e á Escola de Cestería, pero foi o domingo o que concentrou a maioría de actividades. Houbo obradoiros, exposición e venda de cestas, acompañados de ambientación musical. Un xantar degustación de carne de boi completou o festexo.
Campo de traballo en Riós Riós é un dos cinco municipios ourensáns que acolle este verán un campo de traballo organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. O campo medioambiental que se está a desenvolver no Centro de interpretación da Castaña situado en Trasestrada, ensina aos seus 17 mozos e mozas participantes (galegos, doutras comunidades autónomas e doutros países europeos) o cultivo dos soutos, así como o aproveitamento dos castiñeiros e as castañas como elemento gastronómico.
Tralo anticipo que supuxo a celebración da Ramallosa na primeira fin de semana de agosto, os celanoveses gozarán de cinco días de festas na honra de San Roque. A recoñecida orquesta Olympus será a encargada de abrir os festexos na noite do martes 12 de agosto, presentando o seu espectáculo na praza Maior. Na mesma xornada haberá Festival de boleros da Coral Solpor no Auditorio Municipal a partir das 20 horas. Xa o mércores 13, a música correrá a cargo das orquestas América e Asia. No claustro barroco do Mosteiro terá lugar a actuación correspondente ás Xornadas do Folclore, a partir ds 20:30 horas, con grupos de Perú, Rusia e Argentina. O xoves 14 as orquestras elixidas para amenizar a velada son Gran Atlanta, que tocará na praza
Maior, e Los Españoles, que fará o propio nos Catro Camiños. E o día 15, haberá pasarrúas e sesión vermú na Alameda a cargo da banda de músicade Vilanova dos Infantes; a mesma banda volverá tocar á tardiña (20 horas) na praza Cervantes. Pola banda das orquestras, tocarán Royal na praza Maior e Elegancia na Alameda. Festividade de San Roque O sábado 16, festividade de San Roque, será a banda de música de Celanova a que realice o pasarrúas e dea un concerto na Alameda a mediodía, e outro pola tarde no claustro do Mosteiro. A verbena nocturna correrá a cargo da orquestra Principal na praza Maior e de Noite do Grove na Alameda. Para a medianoite do sábado está prevista a tradicional tirada de fogos de artificio, un dos platos fortes das festas que o ano pasado
houbo de anularse por falta de orzamento. Non obstante, este ano todo está listo (se conceden os permisos correspondentes) para que se quiten a espiña, explicaba un dos membros da comisión de festas, Carlos Vázquez. Este é o segundo ano consecutivo no que un grupo de mozos e empresarios de Celanova se encargan de organizar as festas populares da vila, grazas ás achegas de veciños e comerciantes e a unha subvención do Concello de 32.000 euros. Apartado deportivo No aparto deportivo, desde inicios de mes e ata o 17 de agosto, estase a celebrar un torneo de tenis nas canchas da piscina. Ademais, na tarde do día 16, celébrase un partido de fútbol entre o Celanova e o Bande.
Orquestras e bandas animarán musicalmente os festexos
O Mosteiro de San Rosendo acolle a entrega dos premios Alecrín 4 Concedidos pola Federación de entidades galegas en Cataluña. Redacción A Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña (Fegalcat) celebra a entrega anual dos seus premios Alecrín en Celanova. Con tal motivo, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez convidaron a todas aquelas persoas orixinarias de Celanova e residentes no exterior que estes días están gozando as vacacións cos seus familiares, a que participen no xantar de confraternidade previsto para o 12 de agosto no antigo refectorio do Mosteiro de San Rosendo. Queren consolidar así unha xornada anual de convivencia entre todos os
celanoveses residentes en calquera lugar do mundo. Esta I Xuntanza de fillos das Terras de Celanova no exterior comeza cunha visita guiada por Celanova e Vilanova dos Infantes, seguida do xantar e a posterior entrega de premios Alecrín. Os galardoados nesta edición son a Fundación Curros Enríquez, Moncho Borrajo no apartado de artes escénicas, Manuel Outumuro no de artes plásticas; a Banda de Música Municipal de Celanova no musical, e Xosé Luís Franco Grande no de letras. A medalla de Ouro do Centro
Galego de Barcelona foi parar á catedrática Margarita Ledo Andión. As actuacións de Isabel e Amelia e de Maria do Ceo porán o peche musical ao acto, que rematará cunha visita á Casa dos Poetas. Está previsto que participen a Escola de Gaitas “Toxos e xestas”, a Asociación Cultural “Cova da Serpe”, a Irmandade “A nosa Galiza” de Mollet, a ACG Alborada – La Llagosta, o Centro Galego de Tarragona, a Irmandade Galega “O Botafumeiro” e o Centro Galego de Barcelona, amáis da Federación de Entidades Galegas en Cataluña.
O Concello promove a I Xuntanza de fillos das Terras de Celanova no exterior
OCIO E CULTURA
BARRIOS Agosto de 2014
21
Carlos Sobera e Carmen Avendaño recibirán unha homenaxe no Festival de Riós 4 O certame celebra a súa VII edición os días 13 e 14 de agosto. Redacción A VII Edición do Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel de Riós renderá unha homenaxe ao presentador Carlos Sobera e á directora da Fundación Érguete, Carmen Avendaño. O festival celebrarase o mércores 13 e xoves 14 de agosto na Praza do Concello de Riós. O actor Rubén Riós, director do festival, explicou como chegou Carlos Sobera a participar neste evento: “O festival tivo un principal artífice xunto comigo que foi o grandísimo actor Abelardo Gabriel que xa non está connosco. Aló polo 2010, díxome: ‘teño
un gran amigo que estou seguro que lle encantaría coñecer unha terra como Riós, Carlos Sobera, non dubides en convidalo’. Dende aquela, puxémonos en contacto con el para que fose posible a súa chegada e este ano estará connosco en honra a Abelardo Gabriel”. Xornada centrada no audiovisual A primeira xornada do Festival está centrada no cinema e a televisión, no que se farán proxeccións audiovisuais diversas. Entre elas, presentarase unha nova edición da sección de cinema de integración social “Todos podemos facer cine”, dirixida pola actriz
e pedagoga Estíbaliz Veiga. A velada nocturna será unha verbena tradicional amenizada polo colectivo Rebulir de Ramirás e a Coral Cantarela. Homenaxes O xoves 14 de agosto estará cargado de emoción e homenaxe. A Ruta do Talento comezará ás 13 horas, trazando un percorrido ao longo de castiñeiros milenarios. Un deles bautizarase co nome de Carlos Sobera, presentador de televisión, e outro recibirá o nome de Carmen Avendaño, outra homenaxeada polo seu labor social na loita contra a drogadicción a través da Fundación Érguete. A Ruta
Participantes na presentación do Festival de Riós./RAMSÉS. do Talento será conducida polo antropólogo Manuel Mandianes e contará coa actuación da eurovisiva Lucía Pérez que interpretará cancións do seu novo disco “Quitapenas”. Á noite, celebrarase a VII Gala das Artes Escénicas que será conducida polos humoristas Pedro Brandariz e Fran Rei, que presentarán o seu número “Dous paiasos en apuros”. O humor
continuará da man de Carlos Blanco que realizará un monólogo que será o preludio para a música con Óscar Ibáñez que chega a Riós co seu novo traballo “Alén do mar” e Lys Pardo, que interpretará temas do seu disco “De familia” no que ofrece un tributo especial ao seu pai, Juan Pardo. O cinema estará presente coa presentación do trailer do filme “A esmorga” de
Ignacio Vilar e a entrega da Castaña de Cristal a Antón Durán Morris, galardón que anteriormente recibiron outros referentes da cultura galega como Abelardo Gabriel, María do Ceo, Luis Iglesias e Rosa Cedrón.
A Castaña de Cristal irá parar ao actor Antón Durán Morris
22
BARRIOS Agosto de 2014
4AXENDA Música e espectáculos - 13 de agosto – Xornadas de folclore – 20:30 h - Claustro Barroco de Celanova - 14 de agosto – Concerto de Emilio Rúa coa súa banda & Xestreu – 23:30 h - Praza García Barbón de Verín - 17 de agosto – Xornadas de folclore – 20:00 h desfile e 20:30 h Festival - praza Carlos Casares de Xinzo de Limia - 18 de agosto – Coral Rondalla da Asociación Cultural Capilla de San Miguel – 20:30 h - Salón refectorio do Claustro Barroco de Celanova - 24 de agosto – Coro Canta Compaña – 20:30 h - Salón refectorio do Claustro Barroco de Celanova - 24 de agosto – Coro Canta Compaña – 20:30 h - Salón refectorio do Claustro Barroco de Celanova - Días 27, 28, 29 e 30 de agosto – I Festival “Hércules Brass Celanova” – varias horas e lugares Celanova Exposicións - Ata o 14 de agosto – Exposición “Hilando Plumillas”, de Valentín de Urrutia Mariscal – Sala de exposicións de Verín - Ata o 31 de agosto – Mostra “Lembranzas de Curros” de Rosario Palacios Orive - Casa dos Poetas de Celanova Deportes - 15 de agosto - Partido solidario Verín-Monterrei – 18.30 h – Estadio José Arjiz de Verín - 23 de agosto - XXV Triatlón de Allariz - 18.30 h - Allariz - 24 de agosto - Regata de piragüismo - Allariz Festas - Do 12 ao 16 de agosto - Festa na honra de San Roque - Celanova - Do 22 ao 24 de agosto - Festa do Esquecemento - Celanova - 23 e 24 de agosto - Festa da Empanada - Allariz
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
Sandiás homenaxea á revista Nós
4HISTORIAS DE MONTERREI
D. Xesús Taboada Chivite non quere hotel no castelo Fai uns días pregunteime a min mesmo, que pensaría D. Xesús Taboada Chivite do que queren facer no castelo se aínda estivera vivo? El, que foi un dos maiores defensores do castelo e que dende o seu primeiro traballo sobre a fortaleza en 1946 (Monterrey. Resumen histórico y arqueológico) dedicou gran parte da súa vida en estudalo e en pedir a súa restauración, que diría sobre o intento por parte da Xunta de convertelo nun parador? Cal sería a súa opinión? Apoiaría a plataforma ou polo contrario estaría conforme coa idea de construír un parador no castelo? En principio parecen preguntas sen respostas, xa que fai anos que o noso insigne erudito finou
e probablemente sexa difícil, por non dicir imposible, que un defunto dea a súa opinión. Pero D. Xesús foi un home que escribiu ducias de artigos, tanto científicos como para a prensa, e xa se sabe que as palabras lévaas o vento, pero o que deixes escrito pode ser lido moito despois de deixar este mundo. Así que púxenme mans a obra e comecei a revisar os seus artigos e a navegar pola rede en busca dalgunha pista sobre a opinión de D. Xesús, E atopeina! Se buscamos na hemeroteca de ABC a edición do día 25 de setembro de 1964, encontraremos un artigo de dúas páxinas sobre o noso castelo e o futuro Parador de Turismo que se ía construír, nese artigo podemos ler: “El emplazamiento de un para-
dor de turismo en aquellos parajes es ideal. Pero no precisamente en el recinto del castillo, sino en la explanada donde estuvo el colegio de Jesuítas, según la autorizada opinión de don Jesús Taboada Chivite, verdadero paladín, defensor y conservador de la integridad del castillo y de las bellezas del valle verinenses”. Queda claro: D. Xesús Taboada Chivite tampouco quere un hotel no castelo. Andrés Diz D, historiamonterrei.blogspot.com.es
“Taboada Chivite dedicou gran parte da súa vida en estudalo e en pedir a súa restauración”
4 No último número da publicación A Torre do Castro. Redacción O número 8 da revista cultural e turística do Concello de Sandiás, A Torre do Castro, recupera os traballos sobre a parroquia de Sandiás publicados en diferentes números da revista Nós en 1931. Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós a través do seu ¨Resume xeneral do folk-lore de Sandiás¨, publicado en varios números do ano 1931. Neste traballo recompilaronse lendas, refráns, expresións, etc., así como outros datos de interese da parroquia de Sandiás, textos que nos transportan a outros tem-
pos e a outros modos de vida. Segundo os promotores da publicación, “trátase dun traballo que co paso do tempo adquiriu máis valor, xa que permitiu que moitas das lendas, contos, etc., non pasasen ao esquecemento de non ter sido recompiladas por ninguén”. Ao mesmo tempo, coa publicación deste traballo, feito nunha época na que o galego non se estudaba, o Concello de Sandiás promove as iniciativas “que potencien a estima pola nosa lingua e polo noso patrimonio cultural”. Asemade, este último número recolle o que foi a V edición da Carreira Popular Torre do Castro, e unha nova recompilación de vellas fotografías.
Unha guía difunde os recursos termais da Eurocidade 4 Ábrese o primeiro tramo da ecovía fluvial do Támega. Redacción Vén de presentarse en Verín a Guía Turística da Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago e de inaugurarse o primeiro tramo da Ecovía fluvial do Támega. A guía ofrece información sobre os diferentes recursos hídricos e as súas indicacións, así como un sistema de información xeorreferenciada para localizar os recursos hídricos no territorio da Eurocidade. Ademais, inclúe información sobre a oferta complementaria do destino a nivel enogastronómico, relacionadas co
Camiño de Santiago, coa oferta comercial, de aloxamento e restauración así como unha carta de augas minero naturais. Desta guía editaranse 10.000 exemplares -4.000 en castelán, 4.000 en inglés e 2.000 en portugués- que estarán dispoñibles nas oficinas de turismo da Xunta, de Verín e Chaves, e das principais cidades do norte de Portugal. Ecovía do Támega A Ruta Termal e da Auga inclúe como principal recurso e atractivo a Ecovía do Támega, cuxo primeiro tramo inaugurouse o pasado 17 de xullo. Cun trazado
O alcalde de Chaves, Antonio Cândido Monteiro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, inauguraron o primeiro tramo da ecovía fluvial do Támega, na área recreativa de Pazos./RAMSÉS. accesible a pé (tamén para persoas con mobilidade reducida) e en bicicleta, a senda aberta ten unha distancia de 4,7 quilómetros, que unen a praia fluvial de Verín co Bosque do Pracer, un lugar de gran diversidade natural e enmarcado nun contorno
rico en flora e fauna. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, anunciou que financiará a continuidade do paseo con 600.000 euros “a propia Deputación seguirá esta vía ata a localidade de Feces de Abaixo, o que
suporá que no 2015 a mesma conte cun total de 18 quilómetros, o que reducirá a distancia física con Chaves”.
A Deputación completará a ecovía en 2015
AXENDA /CLASIFICADOS
BARRIOS Agosto de 2014
23
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº4 - Ano: IX - Agosto 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Alugo piso en Avda. de Santiago, r/ Monte Medulio. Sen amoblar. 4º piso, exterior, 3 habitacións, 2 baños, salón grande, cociña amoblada, 2 balcóns. Trasteiro e praza de garaxe. Tarima flotante, climalit. Tel. 619 753 540. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas no Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. (fronte a Codisoil). Telf. 639 67 74 32. Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 626 297 504. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16. Alugo apartamento amoblado, 2 habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 22 21 79. Compro casa vella, palleira, adega ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 27 19 16. Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, 2 baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comunidade. Tel. 988 22 21 79. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301. Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 255 033.
VENDAS Vendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.
Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel./Whatsapp 667 830 310. Vendo coche de neno Casual Play, pouco uso, 250 euros. Tel. 609 822 076 Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón nebulizador. Tel. 686 54 00 87. Vendo 36 ventanas corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44. Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75.
Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002.
EMPREGO Dúo piano&voz para eventos. Tlf.: 663 733179; e-mail: duopianovoz@gmail.com; FB: dúo piano voz; Youtube: www.youtube.com/user/duopianovoz. Clases a domicilio en Ourense. Especialidade Matemáticas xerais. Todas as etapas. Diversos grupos de materias. Recuperacións - Verán. Con certificado de formador e CAP. Ampla experencia. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com Ofrécese señora de 50 anos para limpeza de pisos familiares, que se atopen pechados polos seus propietarios e sexan utilizados con escasa frecuencia, para mantelos limpos e ventilados. En Xinzo de Limia ou localidades próximas. Salario a convir. Posúo preparación profesional. Respectuosa, seria, responsable, coidadosa, limpia e organizada. Con desempeño e valores de confiabilidade. Posúo documentos legais. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail.com Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de personas maiores, acompañantes, xardinería, traballo doméstico e outros servizos. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009. Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou nenos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coidar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empregador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail.com Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448.
CONTACTOS Mozo de 34 anos, atractivo e ben dotado, ofrecese para mulleres esveltas e para despedidas de solteiras na provincia de Ourense. Corpo cultivado en ximnasio. Tel 662 281 312. Prezo anticrise.
[Se eres un particular, publica os teus anuncios clasificados gratis no 988 045 352 ou en info@ periodicobarrios.com]
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Agosto de 2014