Entrevista ao presidente da Mancomunidade Terras de Celanova VERÍN
Páx.5
A Denominación de Orixe Monterrei empeza a vendimar
XINZO
Páx.8
ALLARIZ
Páx.11
O MAGRAMA A choiva marca a 12ª executará as obras de feira de artesanía mellora da depuradora “Arte de man”
PROVINCIA Páx.16 13 obradoiros de emprego formarán 339 desempregados
[páx. 14]
DEPORTES Páx.20 O triatlón de Allariz coroa a César Montes e Mar Villar
Os Reis inauguran o curso en Ourense
[páx. 2-4]
O Rei Felipe VI charla cos alumnos de catro anos do CEIP Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar./RAMSÉS.
Número: 5 - Ano: IX - Setembro 2014 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de outubro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190
BARRIOS Setembro de 2014
TEMA DO MES
O CEIP de Vilar de Barrio implantará un proxecto piloto de uso de novas tecnoloxías 4 Repartiranse tabletas ao alumnado e profesorado de 5º e 6º de Primaria. Redacción
Obras de urbanización no contorno da ampliación do CEIP Padre Feijoo de Allariz./ P.LODEIRO.
A urbanización dos accesos ao novo colexio de Allariz rematarase ao longo deste mes 4 As clases comezaron no novo edificio de Educación Infantil do CEIP Padre Feijoo. P. Lodeiro O CEIP Padre Feijoo de Allariz comezou o novo curso escolar estreando o novo edificio que acolle ao alumnado de Educación Infantil. Con todo, os traballos de urbanización do vial que une os dous centros docentes estenderanse aínda durante todo setembro. Segundo explicou o alcalde, Francisco García, “as obras marchan sobre o previsto”, e non se puideron executar antes debido ás propias obras de ampliación do colexio, pois a uns días do comezo do curso aínda se estaban rematando as conexións de subministros, electricidade e gas. A urbanización completa da zona leva consigo a limitación a sentido único do vial, con entrada no colexio e saída na rúa Fonte Nova, comunicando coa estrada de Xunqueira. “Queda unha calzada de 4 metros, de sentido único, con beirarrúas de 3,5 metros, pasos
Desde o centro recomendan aos proxenitores non obstaculizar a chegada e saída dos autobuses
elevados, mobiliario urbano, arbolado (tilos) e un manto vexetal no talud ao carón do pavillón”, enumeraba o rexedor alaricano. Lévase a cabo, ademais, a instalación de pluviais, media e baixa tensión, e a pavimentación con adoquín no tramo que cruza os dous edificios escolares e que comunica co pavillón de deportes. Aparcamento Por mor das obras, desde o colexio informan que só os autobuses do transporte escolar poderán estacionar ao lado do novo edificio, quedando a explanada do pavillón reservada para os docentes. Por iso, recomendan aos proxenitores que aparquen os seus vehículos particulares ben na estrada de Xunqueira ben na estrada da Acea para non obstaculizar a chegada e saída dos autobuses escolares, porque estes, unha vez deixan os alumnos de Infantil deben ir ao colexio antigo a deixar os de Primaria. O alcalde de Allariz indicou que, trala urbanización da rúa, “cara a Acearrica haberá posibilidades de aparcamento”. Esta división en centro de Infantil e centro de Primaria no Padre Feijoo tamén
obriga a un cambio no horario escolar: os alumnos de 3 a 6 anos comezarán e rematarán as súas clases cinco minutos antes que os de Primaria. Arranxos no antigo centro A petición da dirección do colexio, o Concello de Allariz tamén realizou melloras no antigo centro, como a división de aulas ou o pintado. Todas estas obras fináncianse con cargo a unha partida orzamentaria de 60.000 euros. Valoración Francisco García, alcalde de Allariz, valoraba “o gran esforzo” realizado nos últimos anos “para que Allariz tivera un ensino de calidade”, tanto en instalacións educativas e deportivas, como en servizos complementarios, como a aula de espera (comezará a funcionar en outubro) ou o transporte escolar non obrigatorio. Nesta liña, o rexedor nacionalista indicaba que “temos aínda terreos nas inmediacións, miraremos a posibilidade de completar estas instalacións cun patio exterior que permita incrementar a zona de xogos do colexio de Infantil”.
O CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio será un dos 52 centros educativos de todo o Estado español que participen este curso nun proxecto de aplicación didáctica das tecnoloxías, o “Samsung Smart School”, ao abeiro dun convenio asinado entre esta compañía e o Ministerio de Cultura, Educación e Deporte. O obxectivo do proxecto é impulsar a aprendizaxe do alumnado a través das novas tecnoloxías, centrándose na ruptura da fenda dixital, nos casos de centros que se vexan afectados por circunstancias desfavorables como o feito de estar situado no rural, ter unha alta taxa de abandono educativo temperán ou contar cun entorno económico cunha alta ratio de desemprego. A iniciativa
desenvolverase nos cursos de 5º e 6º de Primaria durante o curso 2014/2015 e ten previsto chegar a máis de 1.000 escolares e a uns 200 docentes. A implantación do ‘Samsung Smart School’ no CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio suporá a instalación no centro de dúas aulas con cadansúa tableta por profesor. Ademais cada estudante terá a súa propia tableta, que terá instalado un software especial de xestión de aula e incorporará o espazo Abalar e as aplicacións educativas das que dispoña o Ministerio. A dotación completarase con dous carriños de carga e seguridade e con dous dispositivos para a proxección wireless desde as tabletas. Formación do profesorado e avaliación O proxecto leva consigo ademais un programa de
formación do profesorado que combina as modalidades en liña e presencial. Así, durante o primeiro trimestre deste curso o profesorado implicado realizará un curso a través do que deseñarán un proxecto para empregar a tecnoloxía Samsung co alumnado. A partir dese momento, Samsung ofrecerá no propio centro sete sesións presenciais de formación técnica e sobre a aplicación pedagóxica ds ferramentas. Ao longo do programa mediranse tanto a aceptación e o uso da tecnoloxía como a incorporación de dinámicas colaborativas e o uso de contidos. Destas avaliacións sairán as pautas para elaborar o ‘Libro Blanco da Smart Education en España’, destinada a ser unha guía para os centros que desexen incorporar este tipo de tecnoloxía nas súas aulas.
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, xunto a responsables do seu departamento e do proxecto “Samsung Smart School”. /CEDIDA.
Vilar de Santos estreará unha escola de pais e nais Redacción A escola infantil de Vilar de Santos estreará, a partir do segundo trimestre deste curso, unha Escola de Pais e Nais aberta a todas as familias do municipio. Unha psicopedagoga e a mestra
da escola infantil serán as encargadas de coordinar a Escola de Pais e Nais, que se reunirá quincenalmente “para proporcionar información sobre o desenvolvemento evolutivo e o coidado dos nenos e nenas destas idades e ofrecer un espazo
de reflexión onde expresar e canalizar as preocupacións e experiencias persoais”. Tamén achegará asesoramento educativo e psicopedagóxico. Escola infantil municipal A escola infantil de Vilar de Santos atende, no seu segundo ano en funcionamento, a 13 cativos de 0 a 3 anos. De titularidade municipal e xestión directa por parte do Concello, a gardería permanece aberta de luns a venres de 8 a 16 horas.
TEMA DO MES
BARRIOS Setembro de 2014
O curso comeza con descenso na matrícula en todas as ensinanzas salvo primaria
4 En Infantil diminuiron nun 3,1%, en ESO nun 0,4% e en Bacharelato nun 2,1%. Pola contra, en Primaria aumentaron nun 1,4% respecto ao curso pasado. Redacción Este mes de setembro comezaron o curso 33.000 alumnos nos centros escolares da provincia de Ourense. O 10 de setembro 19.206 nenos de educación Infantil, Primaria e Especial volveron ás aulas nos 116 colexios ourensáns. Segundo a Consellería de Cultura e Educación, a matriculación en Infantil cífrase en 6.111 escolares, en Educación Primaria son 12.973 os matriculados na provincia, e en educación Especial a provincia ourensá conta con 122 matriculados. Durante a xornada inaugural de curso o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou o CEIP Curros Enríquez de Celanova para compartir cos nenos as primeiras horas do curso escolar. Rogelio Martínez, acompañado pola xefa territorial da Consellería de Cultura e Educación, Mercedes Gallego, e polo director e membros do equipos docente percorreu as instalacións do centro, que ten matriculados 273 rapaces e que conta con 25 profesores. A práctica totalidade dos centros iniciaron a súa acti-
vidade sen incidencias, agás o de CEIP de Manzaneda no que os alumnos non asistiron ás clases por decisión dos seus pais, como protesta pola determinación da Xunta de retirar o cociñeiro do colexio e substituílo por un cátering externo. Obras de mellora Cómpre lembrar que o departamento autonómico que dirixe Xesús Vázquez destinou 2 millóns de euros para reformas dos centros educativos da provincia durante o verán, co fin de non interferir na actividade académica. Educación Infantil Segundo os datos provisionais da Xunta, 6.111 alumnos de Educación Infantil comezaron o curso, fronte aos 6.307 matriculados o curso pasado, o que supón un descenso do 3,1%, derivado da progresiva caída na natalidade. Deles, 447 están matriculados na comarca de Verín, 403 en colexios da Limia, 243 de Allariz e 179 das Terras de Celanova. Así mesmo, a maioría das matrículas producíronse en centros públicos (3.960). Primaria Por outra banda, en Primaria iniciaron as clases
En Manzaneda os cativos non foron ao colexio por decisión dos pais, como medida de protesta ante a retirada do cociñeiro do centro
Rogelio Martínez visitou o CEIP Curros Enriquez de Celanova no inicio de curso. 12.973 nenos. Nesta etapa educativa advírtese un lixeiro incremento de rapaces que se cifra en 191 matrículas, o que supón un 1,4% máis ca no curso pasado. Deses case 13.000 cativos, 958 son da comarca de Verín, 819 da Limia, 489 de Allariz e 462 das Terras de Celanova. Ademais, 8.503 deles recibirán clases en centros públicos. Educación Especial No que atinxe á Educación Especial, o número estimado de matriculados na provincia é de 122, dos que 83 cursarán en centros públicos. Este 10 de setembro tamén empezaron a funcionar
os servizos de transporte e comedor xestionados dende a Consellería. Educación Secundaria Máis de 14.000 estudantes iniciaron o 15 de setembro o curso en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos da nosa provincia. Segundo os datos provisionais da Xunta, un total de 8.669 alumnos comezaron o curso nos centros ourensáns que imparten a ESO, fronte aos 8.703 estudantes do ano pasado, o que supón un descenso na matrícula do 0,4%. Deles, 731 pertencen á comarca de Verín, 510 á Limia, 339 a
Allariz e 311 a Celanova. Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español, diminúe lixeiramente cifrándose en 401, o que supón 16 alumnos menos que no curso pasado. Bacharelato ordinario Tamén comezaron as clases os 3.104 alumnos matriculados en Bacharelato ordinario, fronte aos 3.170 matriculados o curso pasado. Nesta etapa educativa tamén se rexistra un lixeiro descenso de estudantes, que
se cifra nun 2,1% menos. Este ano cursarán Bacharelato na comarca de Verín 230 rapaces, 177 farano en Xinzo, 108 en Allariz e 98 en Celanova. Segundo a titularidade dos centros, os públicos acollen o maior número de alumnos, un total de 2.552 alumnos fronte os 552 que cursan estes estudos en centros privados (concertados ou non concertados). Ademais, o alumnado non nacionalizado español, aumenta respecto do curso pasado. Este ano están matriculados 55 estudantes, mentres que no curso 2013/2014 foron 49. Outras ensinanzas Así mesmo, deron comezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional, pero os seus datos de matriculación non se coñecerán ata dentro de varias semanas, unha vez remate o prazo de inscrición de alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión. Tamén chegaron ás aulas os estudantes de educación especial e os matriculados en ensinanzas artísticas. Nestas disciplinas destacan os 901 matriculados en Ensinanzas regradas de Música. No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que na provincia de Ourense as cursarán un total de 1.403 persoas. Das que 84 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 617 en Educación Secundaria para adultos, 258 en Bacharelato presencial e 444 no Bacharelato semipresencial ou a distancia.
En ensinanzas especiais destacan os 900 matriculados en Música. Ademais, 1.400 ourensáns cursarán ensinanzas para adultos
BARRIOS Setembro de 2014
TEMA DO MES
Os Reis inauguran o curso escolar en Ourense
4 No colexio Ben-Cho-Shey, do Pereiro de Aguiar, do que se destacou o seu carácter rural e público. Paula Lodeiro Este 16 de setembro será un día para recordar para os 234 escolares do CEIP Ben-Cho-Sey do Pereiro de Aguiar, centro que foi elexido polos Reis de España para inaugurar de xeito oficial o curso escolar. Logo de descubrir unha praca conmemorativa que recordará a visita das súas maxestades ao centro, Felipe VI e dona Letizia visitaron tres aulas: unha de Infantil e dúas de Primaria. Tras pouco máis de media hora no interior do colexio, os Reis e o resto da comitiva saían ao patio para compartir unha pequena charla informal e unha foto oficial cos estudantes e os seus profesores. O acto oficial de apertura do curso escolar 2014/15 desenvolveuse con posterioridade no pavillón de
deportes, ante un público integrado por autoridades políticas e membros da comunidade educativa ourensá e galega. Interviron o alcalde do Pereiro, Eliseo Fernández, o director do centro, Antón Gómez, o ministro de Educación, José Ignacio Wert, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e finalmente, o Rei Felipe VI. Nos discursos dos poñentes, que combinaron galego e castelán, houbo referenzas ao padre Feijoo –natural do Pereiro – e ao escritor Xosé Ramón Fernández Oxea “BenCho-Shey”, que dá nome ao centro; así como recoñecementos á escola pública e do rural. Felipe VI tamén referiuse á necesidade de aumentar a calidade da educación e amosou o seu agradecemento ao labor dos mestres: “tedes nas vosas mans o futuro de moitas
Foto oficial da visita dos Reis ao Ben-Cho-Shey, xunto aos alumnos./RAMSÉS. persoas ás que axudades a construir o seu mellor porvir”. Ao remate do acto, e tras escoitar a interpretación da peza “O son do ar” por parte de sete alumnos do CEIP, os presentes degustaron unha selección de produtos autóctonos.
Protestas no exterior Mentres durou todo o acto, no exterior, e fortemente custodiados por axentes da Garda Civil, manifestábase un grupo de persoas, convocados por sindicatos e a Plataforma en defensa do ensino público. Coreando consignas como
“Ben-Cho-Shey que Galiza non ten rei”, “Ensino galego, laico e gratuíto” ou “os cartos dos Borbóns, para a
educación”, amosaban as súas críticas aos recortes en educación, á Lomce, e á visita real a Galicia. Non foron as únicas reivindicacións que se escoitaron no colexio, pois nada máis chegar Felipe IV e dona Letizia, membros da ANPA entregáronlles dúas cartas: unha coas necesidades do colexio, como a ampliación do comedor e a modificación do horario escolar, e outra coas demandas da coordinadora galega de ANPAS. Os Reis abandonaron o CEIP ourensán entre aplausos de veciños e pais aos que saudaron, e apupos dos manifestantes, cando xa estaban no seu vehículo oficial.
No seu discurso, Felipe VI referiuse á necesidade de aumentar a calidade da educación e amosou o seu agradecemento ao labor dos mestres
VERÍN E COMARCA
BARRIOS Setembro de 2014
As prioridades educativas do IES García Barbón de Verín para o curso 2014/2015 O IES García Barbón de Verín comeza o curso 2014/2015 cunha oferta educativa moi diversa e con aproximadamente 300 alumnos. As liñas prioritarias de traballo pedagóxico, entre outras, son as que se detallan: - Mellorar o uso educativo das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). O centro presta unha especial atención ao uso educativo das novas tecnoloxías nos diferentes niveis educativos e ofrece unha importante presenza de recursos propios en internet (páxina web, blogs e redes sociais). A nosa meta é potenciar decididamente o uso entre a comunidade educativa dos nosos recursos na web. - Continuar e mellorar o traballo de información e orientación académica,
profesional e laboral do alumnado. Por unha banda, mediante o uso informado de internet como ferramenta de orientación académica e, por outra banda, realizando charlas de antigos alumnos (Proxecto ATEI –A Túa Experiencia Interesa-) como xa se fixo no curso anterior con notable éxito. - Facilitar ao alumnado apoio pedagóxico, mediante a realización de entrevistas de titoría grupal e individualizadas que permiten unha axuda, guía e orientación ao alumnado ao longo do curso escolar. Tal maneira de proceder –xa realizada no curso anterior- foi valorada moi positivamente polo alumnado. A titoría individualizada que realiza o Departamento de Orientación é unha tarefa que complementa o esencial traballo do titor ou titora. - Fomento planificado da cultura avaliativa solici-
tando a opinión dos nosos mozos e mozas sobre o funcionamento do centro. Queremos saber o grao de satisfacción do alumnado en relación con moitos aspectos do funcionamento do instituto para poder dar a coñecer a súa opinión ao conxunto da comunidade educativa e servir de base para a toma de decisións por parte do equipo directivo. - Temos solicitada a participación no Programa Educativo Europeo “Erasmus +” Datas de matrícula A matrícula en Formación Profesional Básica e 2º curso do PCPI debe realizarse ata o 19 de setembro, e en Formación Profesional de grao medio e superior do 24 ao 26 de setembro. [+ info: http://bitly. com/barbontic]
Arranca o programa ‘KeroInformática’ Redacción A Escola de Familia municipal de Verín pon en marcha o proxecto ‘KeroInformátika’, destinado a menores de 4 a 10 anos, para que se familiaricen cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual. Na mesma liña que outras iniciativas como ‘Kero-Kolo’ ou “KeroKedar’, esta proposta da Escola de Familia nace co obxectivo de crear un espazo de conciliación familiar apostando pola coeducación. A través do uso dos materiais que ofrece a sociedade da comunicación e información, marcaranse as pautas para fomentar unha utilización responsable, pedagóxica, lúdica e cultural do mundo dixital. O proxecto arrincou este martes 16 de setembro e finalizará o 14 de outubro. Desenvólvese todos os martes á tarde, con dous grupos segundo as idades dos participantes. [+ info no 988 414 776]
A D.O. Monterrei comeza a vendimar 4 As 24 adegas da denominación agardan colleitar ao redor de 2,5 millóns de quilos de uva. P. L. O venres 12 de setembro comezou oficialmente a vendima na Denominación de Orixe Monterrei, con dúas adegas, aínda que o groso das adegas empezarán a colleitar a partir da vindeira fin de semana. As estimacións do Consello Regulador son recoller ao redor de 2,5 millóns de quilos de uva, unha cantidade lixeiramente superior a 2013. O aumento débese non tanto ao incremento da produción das vides, senón á incorporación dunha nova adega (a número 24) na D.O., o que fai que as hectáreas inscritas alcancen as 450. De feito, segundo indica un técnico do Consello Regulador, “este ano nótase unha pequena merma nas uvas godello e treixa-
Vendimadores nas viñas da adega Gargalo, recollendo uva mencía./M.REJO. dura”. Este mesmo técnico explica que a calidade fitosanitaria das uvas de Monterrei é neste momento “perfecta, sen incidencia de enfermidades”. En función da climatoloxía, a vendima estenderase entre 15 días e un mes.
Distincións Gallaecia Noutra orde de cousas, 11 viños da D.O. Monterrei (7 brancos e 4 tintos) obtiveron unha Distinción Gallaecia na cata final realizada pola Asociación galega de sumilleres Gallaecia os pasados 1 e 2 de setembro.
A calidade fitosanitaria das uvas de Monterrei é “perfecta, sen incidencia de enfermidades”
BARRIOS Setembro de 2014
VERÍN E COMARCA
Xunta e Confederación do Douro mellorarán as augas dos nove municipios desta conca 4 Este mes comezarán as obras de mellora da ETAP de Verín. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión
co presidente da Confederación Hidrográfica do Douro, José Valín Alonso, na que acordaron colaborar para mellorar a situación de abastecemento e saneamen-
to dos nove concellos galegos que se integran na Conca Hidrográfica do Douro. Son Verín, Laza, Monterrei, Riós, Oímbra, Castrelo do Val, Vilardevós, A
A conselleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co presidente da Confederación Hidrográfica do Douro en presenza do alcalde de Verín./CEDIDA.
Mezquita e A Gudiña, que suman unha superficie de 1.134 metros cadrados con preto de 30.000 habitantes e case 170 núcleos de poboación no ámbito do río Támega, principal afluente do Douro nesta comunidade. Depuradora de Verín Neste eido, a conselleira informou de que este mesmo mes se iniciarán as obras de mellora da ETAP de Verín, destinadas a incrementar a eficacia do tratamento das augas. Con estes traballos solucionaranse os problemas de turbidez que se veñen producindo, sobre todo en época de chuvias, xa que se colmatan os filtros da estación. Vázquez salientou o compromiso da Xunta co saneamento e o abastecemento destes concellos, recordando os investimentos acometidos desde 2009. Nestes anos, Augas de Galicia levou a cabo obras por un importe de case catro millóns de euros.
Licitada a mellora da rúa Jacinto Santiago, en Vilardevós 4 A rúa ten un marcado carácter comercial. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou por 223.000 euros as obras de mellora na rúa Jacinto Santiago, en Vilardevós. Esta actuación execútase no marco dun convenio asinado entre a Consellería e este concello, que conta cun investimento de preto de 256.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achega practicamente a totalidade, 235.398 euros, é dicir, o 92%, e o resto a administración local. O obxecto do acordo é o arranxo da rúa Jacinto Santiago, a principal conexión entre as estradas Verín - Soutochao e Vilardevós
-Riós, situándose no casco histórico de Vilardevós. A rúa, cuxo deseño ten unha antigüidade superior aos 100 anos, posúe un marcado carácter comercial, fundamentalmente de servizos de hostalería e comercio. Aos pavimentos actuais, realizados en distintas épocas, fáltanlles as definicións nas pendentes lonxitudinais e transversais, que permitan o drenaxe superficial, ocasionando acumulacións de augas en días chuviosos. Para a reforma da rúa proponse utilizar pavimentos de granito, similares aos existentes no contorno. Ademais, proxéctanse beirarrúas de anchura variable, segundo o permitan as fachadas das edificacións.
VERÍN COMARCA / XINZO E COMARCA
A ludoteca de verán recada 1.500 euros para Valeria Os participantes na ludoteca de verán de Verín recadaron 1.500 euros na campaña solidaria “Valeria, a túa loita é a nosa loita”, para obter fondos para o tratamento de rehabilitación neurolóxica de Valeria De Dios, unha pequena de catro anos que padece unha ataxia cerebelosa non filiada. Os cativos obtiveron estes cartos a través da venda das manualidades que elaboraron durante o campamento Os participantes na ludoteca de verán de Verín recadaron 1.500 euros para a campaña solidaria “Valeria, a túa loita é a nosa loita”. /CEDIDA. urbano.
BARRIOS Setembro de 2014
Recordos para celebrar o Día do Alzheimer 4 Ata o 21 de setembro, aberto o prazo para participar. Redacción A área de Servizos Sociais do Concello de Verín promove, con motivo do Día Mundial do Alzheimer (21 de setembro), o concurso “Dona un Recordo”. O obxectivo do concurso é invitar a todas as persoas que desexen expresar pensamentos, opinións, experiencias e vivencias sobre os recordos preferidos, escollendo o for-
mato que prefiran: relatos, contos, poesías, cancións, contos, vídeos, pinturas ou entrevistas. As propostas poden entregarse ata o 21 de setembro en serviciossociais@verin. net, na Casa da Xuventude ou por correo ordinario (avda. Portugal, 11, bis, 32600 Verín). Os tres gañadores verán publicadas as súas experiencias na páxina web municipal e recibirán o libro “Hilos de Colores”.
O SLG prevé unha crise na pataca 4 Pide a intervención de Medio Rural para paliar a previsible baixada de prezos no sector. Redacción O Sindicato Labrego Galego demanda da Consellería de Medio Rural que reúna ao sector da pataca para afrontar a crise de prezos que se aveciña. O SLG explica que os produtores de Castela e León, onde a colleita ten lugar cunhas semanas de antelación con respecto a Galicia, xa están a sufrir as consecuencias da boa colleita de pataca en Francia, que propicia “que o país veciño asolague, unha vez máis, o Estado Español cos seus excedentes”. Isto prodúcese no contexto do veto ruso aos produtos agrarios comunitarios e dun incremento global da superficie sementada nos principais produtores de pataca da Unión Europea. Ao aumento da superficie cultivada hai que engadirlle o bo rendemento na colleita deste ano, polo que a produción estase a disparar. En Castela-León, A Mancha e Andalucía, por exemplo, moitas explotacións deixaron perder ao sol a colleita para
non incorrer en máis gastos diante dunhas cotizacións (ao redor de 5 céntimos o quilo) que non chegan nin para cubrir os custos de produción, alertan desde o sindicato. Primeiros síntomas Segundo o SLG, os primeiros síntomas desta crise estanse comezando a notar na Limia, onde os almacenistas están a mercar moi pouca pataca. Este ano prevese unha boa colleita e de calidade tamén na comarca limiá e, polo de agora, só teñen asegurada a súa venda a uns prezos relativamente aceptables as patacas baixo contrato. O resto da colleita “é moi probable que se teña que vender a prezos miserentos, xa que os almacéns estanse a fornecer de pataca francesa barata; cousa que tamén fan as principais distribuidoras comerciais”, denuncian.
Só teñen asegurada a venda a prezos aceptables as patacas baixo contrato
BARRIOS Setembro de 2014
XINZO E COMARCA
Gas Natural preséntase aos veciños de Xinzo
4 A súa previsión é poder ofrecer a conexión de gas natural aos primeiros clientes antes de final de ano. Redacción
O subdelegado do Goberno, a conselleira de Medio Ambiente, o delegado do Goberno en Galicia, e o alcalde de Xinzo./RAMSÉS.
O MAGRAMA executará as obras da depuradora de Xinzo 4 Investiranse 1,5 millóns de euros. Redacción
de cianobacterias.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), xunto coa Xunta de Galicia, financiarán e executarán as obras de mellora da depuradora de Xinzo de Limia, cun investimento de 1,5 millóns de euros. A CHMS achegará o 80% do orzamento e a Xunta o 20% restante. A actuación mellorará a calidade das augas do río Limia e o estado ecolóxico do encoro das Conchas, con problemas pola achega de nutrientes e proliferación
Características A CHMS executará unha instalación para mellorar a explotación da actual depuradora de Xinzo de Limia, deseñada nos anos 90, posibilitando a mellor eliminación de nutrintes (fósforo e nitróxeno), o que redundará no incremento da calidade das augas do río Limia. Para iso, deseñouse unha reforma integral da EDAR, con capacidade de tratamento de 3.360 metros cúbicos ao día e para unha poboación de 16.250 habitantes- equivalentes. A nova instalación consumará uns parámetros de vertedura adaptados á Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) na que se sitúa, e minimizarase o consumo de reactivos, priorizando a eliminación de nutrintes, sobre todo o fósforo, por vía biolóxica.
Coa actuación búscase mellorar a calidade das augas no río Limia e no encoro das Conchas
Por outra banda, a nova EDAR introducirá avances que proporcionarán unha considerable diminución do custo enerxético. Execución das obras Co obxecto de minimizar e evitar riscos de vertedura durante o período de execución das obras, manterase a explotación da EDAR actual. Por último aproveitarase, no posible, a obra civil existente, manténdose como oficina e edificio de control.Un novo edificio albergará parte do tratamento biolóxico, os cadros eléctricos e o novo grupo electróxeno de emerxencia. As administracións agardan que as obras da depurada comecen durante o primeiro semestre do próximo ano, para garantir o seu remate antes de final de 2015.
O delegado de Novas Poboacións Zona Norte de Gas Natural Distribución, Arsenio Talavera, presentou aos veciños de Xinzo de Limia o proxecto de gasificación que permitirá que, nos próximos anos, ao redor de 3.500 vivendas, comercios e industrias do núcleo urbano e do polígono industrial do municipio poidan dispor das comodidades que ofrece esta enerxía. Gas Natural Galicia investirá máis de 2,8 millóns de euros en Xinzo para construír máis de 13 quilómetros de rede de distribución e ofrecer a sub-
Público asistente á charla informativa de Gas Natural en Xinzo./CEDIDA. ministración de gas natural antes de final de ano. Na primeira fase de gasificación de Xinzo de Limia, que se ía iniciar este mes, está previsto canalizar a marxe dereita da avenida de
Ourense e avenida de Madrid (dirección Madrid), así como as rúas Mato, Alexandre Bóveda, Río Arnoia, Sil e Miño. Aproveitando obras municipais, tamén canalizarán a rúa Curros Enríquez.
DKV Seguros achégase á xente de Xinzo A axencia Campo, comercializadora de DKV en Xinzo, quixo achegarse aos seus veciños e posibles clientes saíndo á rúa o pasado 14 de agosto. Os que pasaron polo stand informativo instalado na a esquina das rúas Ladeira e Dous de Maio puideron participar no sorteo dunha cafeteira, que finalmente lle tocou a unha veciña de Rairiz de Veiga, Cristina Campero. A oferta de seguros da axencia Campo abrangue desde os seguros de saúde (son especialistas), ata seguros de decesos, fogar, accidentes, vida, ou baixa e hospitalización para autónomos. Como Funeraría Campo contan con 35 anos de experiencia, presenza en Baltar e Xinzo, posúen Velorios Polígono nesta última localidade e son socios fundadores de Tanatorio As Burgas en Ourense, que vén de abrir o Tanatorio Crematorio As Burgas II no polígono Barreiros.
XINZO E COMARCA / ALLARIZ E COMARCA
BARRIOS Setembro de 2014
Cultura restaura unha igrexa en Baños de Molgas
EN BREVE
4 Convocatoria para participar no FIXA 2015
4 A de Santa María do Vilar. Redacción A Consellería de Cultura está a restaurar a igrexa de Santa María do Vilar, en Ponte Ambía, no concello ourensán de Baños de Molgas, cun investimento de preto de 62.000 euros. A día de hoxe xa están totalmente concluídos os labores de reparación da cuberta do presbiterio e a sancristía, ao que se destinaron 19.500 euros. Por outra parte, os técnicos de Patrimonio están acometendo os traballos de restauración do retablo maior e do sagrario orixinal do templo. Trátase dunha actuación na que a Consellería inviste 42.300 euros.
Os traballos abranguen actuacións concretas encamiñadas a protexer a policromía e os volumes antes da súa desmontaxe así como a asentar as zonas policromadas gravemente alteradas e que presentan perigo de desprendemento. No que atinxe ao sagrario, está prevista a recuperación da zona da predela correspondente ao mesmo, e a restauración do sagrario orixinal que estaba desubicado. Na súa visita ao templo, o conselleiro Xesús Vázquez salientou o compromiso do seu departamento coa conservación e o mantemento do patrimonio cultural.
O alcalde de Allariz, Francisco García, e a presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, asinaron o convenio./CEDIDA.
Allariz desenvolverá un proxecto de recollida separada de residuos 4 Coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA. Redacción
O conselleiro observa as actuacións de rehabilitación./M.R.
O Concello de Allariz e a Asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de recollida separada de residuos orgánicos e a súa posterior compostaxe nun centro de experimentación ambiental. Este novo proxecto, que se porá en marcha en xaneiro de 2015, inclúe, nunha primeira fase, o programa “Porta a porta”que impulsará que os veciños que teñan hortas ou xardíns reciclen os seus propios restos orgánicos para a elaboración de abono caseiro. Neste senso, promoverase un plan piloto
no que 300 familias máis os establecementos de hostalería comprometeranse a reciclar residuos orgánicos que xeren as súas vivendas. Necesitan, polo tanto, anotarse nunha lista, que se abrirá nos vindeiros días nas dependenzas municipais. Unha vez posto en marcha o programa, os restos depositaranse en contedores especiais distribuídos polo casco urbano, para facer compost no novo centro ambiental. Taxa do lixo Para premiar este esforzo aos veciños, o Concello de Allariz aplicará unha conxelación da taxa do lixo durante 5 anos. O obxectivo do programa, segundo explicaba o alcalde, Francisco García, é “ reciclar correctamente os nosos
residuos e reducir, así, o número de contedores nas rúas” prevendo no futuro cambiar o sistema de recollida actual por unha recollida selectiva na mesma porta dos domicilios nuns días e horas determinadas. ADEGA, pola súa parte, informará e asesorará tanto a poboación alaricana como ao Concello nas pautas a seguir no desenvolvemento deste proxecto. Como contraprestación polos seus servizos, a asociación recibira unha achega económica de 6.000 euros.
O Concello conxelará a taxa do lixo aos que participen no proxecto
A convocatoria para participar na edición 2015 do Festival Internacional de Xardíns de Allariz está aberta ata o próximo 15 de novembro. Para o ano que ven, o tema central do festival será “A música no Xardín.” As bases da convocatoria, aberta a todas as persoas que desexen participar, están dispoñibles na páxina web do festival. En decembro, un xurado formado por expertos en paisaxismo, asociacións sectoriais e o Concello de Allariz, elixirá os 10 proxectos seleccionados. Os elixidos terán a oportunidade de construír o seu xardín. O FIXA 2014 estará aberto ata o 9 de novembro. En setembro abre de tardes entre semana e de 11 a 14 e de 16 a 20:30 horas en fin de semana.
4 Obras en catro estradas A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou as obras de mellora de catro estradas da provincia de Ourense, encadradas dentro da Rede Primaria e Secundaria da Xunta por un importe de case 490.000 euros. As actuacións abranguen tramos concretos das estradas OU-320 nos municipios de Allariz, Sandiás, Taboadela e San Cibrao; na OU-301 ao seu paso por Xinzo e Porqueira; na OU-304 en Xinzo e Baltar; e na OU-531, en Xinzo, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e A Bola.
10
BARRIOS Setembro de 2014
especial EMPRESAS
REHABILITACIÓN DE TELLADOS CON TELLAS VEREA Máis do 70% das vivendas en Galicia teñen máis de 20 anos*, e moitas delas presentan unha deficiente conservación da cuberta. Un mal estado do tellado fai que aumente o gasto enerxético dos fogares: calefacción, aire acondicionado, deshumidificación, etc. A rehabilitación da cuberta con tella cerámica supón un notable aforro enerxético, mellora o confort da vivenda cun investimento de baixo custo, de longa duración e escaso mantemento. A tella Verea, correctamente instalada, seguindo as recomendacións do seu sistema de instalación, permite manter a casa fresca no verán e quente no inverno. Verea asegura unha adecuada rehabilitación do tellado mediante o seu sistema de colocación, Verea System, cuxas características principais son: Impermeabilidade garantida. - Execución en seco que garante a auto-ventilación (imprescindible para asegurar a resistencia á xeada das tellas) -Elimina patoloxías orixinadas por colas e morteiros (eflorescencias; roturas, perda de adherencia...) - Fácil montaxe.
Un tellado con tella plana Verea.
A tella plana Verea
Vivenda unifamiliar con tella Verea S. - Óptimo illamento térmico e acústico. A parte estética dunha vivenda tamén é importante para Verea, por iso, ofrece todos os formatos de tellas cerámicas: curvas, tellas S e planas nunha ampla gama de cores. E desenvolveu as pezas especiais para que o tellado quede perfectamente rematado. Así mesmo, Verea comercializa os accesorios de tellado necesarios para
A tella plana Verea que foi lanzada recentemente, está a ter unha gran acollida entre os clientes tanto do mercado nacional como de exportación. Os seus principais puntos fortes son o seu acabado totalmente liso, a facilidade de instalación e a súa adaptabilidade a calquera tipo de cuberta, sen esquecer a calidade que ca-
a execución do Verea System: espuma de poliuretano (para substituír os cementos e colas), ganchos, perfilería de cumbrera. Todos estes elementos foron deseñados, seleccionados e testados por laboratorios propios e independentes, sendo os recomendados para a correcta instalación do tellado.
O investimento nun tellado Verea é un investimento rendible, xa que ofrece unha garantía de 35 anos.
[*Fonte: Instituto Galego de Estatística, datos de 2010]
Pazo da Pena en Manzaneda, tella 40x15 vermella.
racteriza a todas as tellas Verea, número uno en resistencia ás xeadas. As tellas Verea comercialízanse a través de almacéns de construción. Toda a información necesaria, tanto para particulares como instaladores, está dispoñible en www. ceramicaverea.com ou directamente no teléfono 981 687 053.
ALLARIZ E COMARCA
A choiva marca a feira de artesanía “Arte de man”
4 O número de visitantes do mercado viuse reducido. Paula Lodeiro A choiva marcou a 12ª edición da feira de artesanía “Arte de man” que se celebrou en Allariz o pasado domingo 14 de setembro. Unha forte tromba de auga a mediodía provocou que o número de visitantes fora menor do agardado. De todos os xeitos, entre os 24 artesáns presentes, había disparidade de opinións de como fora a feira: uns estaban “contentos, salvando o tempo”, como o coruñés Félix Pérez, responsable do taller Puntadas Descaradas, outros, como os artesáns alaricanos de Moa Esmalte, ou Carmen, que realiza encaixe de bolillos en Bande, tildaban a feira de “regular”, e había quen a cualificaba de “floxiña”, como un artesán chegado de Soutomaior (do stand Lume), quen non circunscribía esta valoración só ao tempo, senón tamén á “economía”. O que si resaltaban algúns dos artesáns é que, ademais de vender in situ, a feira tamén facilita que despois a clientela se achege polos
Posto de elaboración de tocados na feira de artesanía de Allariz./P.LODEIRO. seus talleres. “É unha forma de promocionarse e despois vender”, dicían os responsables de Moa Esmalte, especialistas en obras de esmalte ao lume en metal (fundamentalmente cadros, pero tamén complementos). “Algunha vez ten saído algún encargo para tendas, vodas…”, apuntaba o artesán de Lume (traballos en madeira), na súa primeira vez na feira alaricana. Tamén era a primeira vez para
Colorina, un posto de elaboración de aneis, colares, pulseiras, diademas e todo o que un pode imaxinar en macramé. “É unha técnica a base de nós, traballo cun fío encerado e algo de lá”, explicaba a artesá. Xunto a eles, outros postos de cerámica, debuxos e gravados, pintura, téxtil, coiro, xoiería, encadernación, pedra, xabóns, vidrieira, artesanía con papel reciclado, xoguetes de ma-
deira e artesanía en madeira completaban os 24 postos de artesáns instalados en pleno casco histórico de Allariz o pasado domingo. 14 eran artesáns locais e outros 10 chegaban doutros puntos de Galicia, seleccionados pola organización atendendo a criterios técnicos.
Demostracións ao público de diferentes técnicas artesanías completaban o programa deste evento, coorganizado entre o Concello de Allariz e a Asociación de Artesáns da localidade. Obradoiros de tocados e cestaría O responsable de Puntadas Descaradas era o encargado de impartir ao público un dos dous talleres previstos na xornada, o de elaboración de tocados. O seu non era un obradoiro ao uso, máis ben o que fixo foi trasladar á praza do Concello de Allariz parte das ferramentas e materiais que emprega no seu taller e seguir realizando alí o seu traballo cotián. Pérez destacaba a oportunidade de que “a xente vexa como se fan as cousas, levan as súas horas, non saen dous tocados iguais, e valórano moito máis”. Tamén se realizaron demostracións no stand da Escola de Cestaría de Santa Mariña. A media tarde, un grupo de nenos (e algún maior) afanábanse en elaborar o seu propio cesto ante as atentas indicacións das expertas cesteiras.
Na feira viuse unha ampla variedade de produtos: téxtil, coiro, cerámica, xoias, xoguetes ou gravados, entre outros
BARRIOS Setembro de 2014
11
EN BREVE
Novo horario na Casa da Mocidade Desde o 9 de setembro a Casa da Mocidade de Allariz pasa a funcionar en horario de inverno. Así, abrirá xoves de 19 a 21 horas e venres de 19 a 22 horas. As instalacións, de 600 metros cadrados, serven de punto de encontro para mozos e mozas de entre 13 e 35 anos, aos que se lles ofrece a posibilidade de xogar ao futbolín, ao billar, ao ping pong ou con consolas de última xeración, amais de participar en actividades formativas. A Casa da Mocidade dispón dunha sala de usos múltiples, unha sala de audiovisuais, un telecentro con 20 ordenadores e un local de ensaio. No exterior, conta desde este verán con porterías e canastras.
4 Concurso fotográfico A asociación Avinza GDR 15 amplía ata o 30 de setembro o prazo de presentación de fotografías e curtas ao seu concurso “Pon a chimenea a funcionar” . Nesta ampliación de prazo, ábrese a posibilidade de presentar fotografías ou vídeos procedentes de calquera punto de Galicia. Concederase un premio de 300 en cada categoría. O fallo do xurado darase a coñecer o 15 de outubro.
4 Curso na asociación Andrea
Clientes escollendo unha empanada durante a feira que se desenvolveu en Allariz o pasado 24 de agosto./RAMSÉS
De feira en feira
A Escola de Cestaría de Santa Mariña ensinou a elaborar cestos ao público da feira./P.LODEIRO.
En Allariz non cesan as iniciativas para atraer visitantes á vila e dinamizar o seu comercio e hostalería. Se en agosto a vila alaricana acolleu a Festa da empanada, en setembro foi o turno da 19ª Feira do doce, amendoado e melindre, e da 12ª Feira de artesanía. Para os vindeiros meses aínda quedarán atractivos como as Xornadas de degustación de carne de boi (en outubro) e a Feira do outono (en novembro).
A asociación Andrea de Allariz vén de abrir o prazo de inscrición para un novo curso especializado de “Coñecemento, manexo e comunicación coas asnos para programas terapéuticos educativos, de ocio e ambientais” que se desenvolverá, en San Salvador dos Penedos, do 26 ao 28 de setembro. O curso, organizado en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, está dirixido a profesionais e poboación en xeral interesados en traballar cos asnos de xeito terapéutico, educativo, de ocio e ambiental.
12
BARRIOS Setembro de 2014
CELANOVA E COMARCA
Manuel Rivas recollendo o premio da man do alcalde de Celanova, José Luis Ferro./S.N. Rapaces das actividades de Celanova protagonizaron a peza “Mimos en Danza”. /CEDIDA.
Cruz Vermella despide as súas actividades de verán O voluntariado das asembleas de Cruz Vermella de Monterrei e Celanova despediu os campamentos de verán organizados para encher de diversión os momentos de lecer e tempo libre propios da época estival. En Celanova 25 nenos e nenas gozaron de talleres de manualidades, saídas á piscina, andainas, xogos ao aire libre e visitas á residencia de persoas maiores, onde compartiron ilusión e boas experiencias. Os participantes deste campamento despediron o verán convertíndose en mimos por un día, protagonizando a peza “Mimos en Danza” na Praza Maior da vila. En Verín, os menores que participaron na ludoteca de verán de Cruz Vermella tiveron unha cita na Praia fluvial, onde se transformaron en auténticos romanos, coñecendo xogos e costumes da época dunha forma divertida.
Manuel Rivas recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas” 4 O conselleiro de Cultura, que presidiu o acto de entrega, afirmou que a súa é “unha obra dignificadora e humanista”. Redacción O escritor e xornalista Manuel Rivas recibiu o pasado 7 de setembro o XXX premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ No acto de entrega, que estivo marcado pola choiva, que impediu poder realizar a ofrenda floral a Celso Emilio Ferreiro prevista, o conselleiro de Cultura, parafraseando
a Curros, definiu ao galardoado como “xornaleiro do porvir”, destacando del o sentido da xustiza, o compromiso coa realidade e a súa capacidade crítica. Engadiu que a súa é “unha obra dignificadora e humanista, que cómpre recoñecer, pero que sobre todo cómpre ler”. Na entrega do premio tamén estiveron presentes o presidente da Fundación
Curros Enríquez e alcalde de Celanova, José Luís Ferro Iglesias; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; e o músico e escritor, Xurxo Souto, encargado das palabras de gabanza ao premiado. O premio ‘Celanova, Casa dos Poetas’ ten como obxectivo homenaxear a un galego que destaque pola súa defensa dos valores culturais de Galicia.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2014
13
14
BARRIOS Setembro de 2014
CELANOVA E COMARCA
entrevista ao presdiente da mancomunidade terras de celanova
José Antonio Pérez: “Se non existise a Mancomunidade ningún dos oito concellos sería capaz de prestar todos estes servizos, con tanta eficacia e de xeito tan económico”
4 O presidente da Mancomunidade Terras de Celanova, José Antonio Pérez, achéganos aos distintos servizos que proporciona aos oito concellos que a integran. Silvia Nieto José Antonio Pérez, alcalde de Quintela de Leirado, coñece ben a fondo o funcionamento da Mancomunidade Terras de Celanova. É o seu presidente dende 1995, pero o seu concello formou parte da mesma dende o momento en que esta se constituíu. Logo de máis de dúas décadas de vida, Pérez resalta a importancia do formato de mancomunidade para asegurar unha boa calidade de vida a todos os veciños, principalmente os dos núcleos máis pequenos. Este é un claro exemplo de cando a unión garante a igualdade de oportunidades. Cando se creou a Mancomunidade Terras de Celanova? José Antonio Pérez: “Creouse en 1991. A primeira presidenta foi a alcaldesa de Ramirás e a vicepresidenta a de Cartelle. No 95 saín eu elixido como presidente e ata agora fun renovando cada catro anos. Unha vez son as eleccións municipais, renóvase o órgano completo da Mancamunidade”. Que concellos a forman actualmente? J.A.P.: “Celanova, Merca, Cartelle, Ramirás, Gomesende, Pontedeva, Quintela e Verea. Cando naceu estaba A Bola tamén, pero decidiu marchar; e non estaba Pontedeva, que entrou máis tarde”. É complicado de xestionar? J.A.P.: “Si, porque é un órgano de servicio. Tes que estar enriba, porque nos encargamos da recollida do lixo, servizos sociais, bombeiros, mantemento das gavias e beirarrúas, temos técnicos de emprego, atención
á muller, e ao consumidor, etc. Se o queres facer ben require o seu traballo”. Son servizos coordinados entre os concellos? J.A.P.: “Si, se non sería unha duplicidade. A recollida do lixo, por exemplo, é común para os oito concellos, tanto orgánica como selectiva, papel e cartón, aceite… Servizos sociais tamén é conxunto, hai persoal diariamente na sede da Mancomunidade en Celanova, pero a maiores hai varias asistentes sociais que van percorrendo os concellos diversos días á semana segundo a dimensión do mesmo. Por exemplo, Quintela ten dous días á semana, e Cartelle catro. Ademais, ofertamos axuda a domicilio, para o que temos traballando a unhas 23 persoas, que son controladas polos técnicos para supervisar que o servizo se realice como se debe. En menos de 48 horas proporcionamos este servizo a quen o precise. E isto ten todo o custo duns 500.000 euros, que son achegados pola Mancomunidade, e ademais polo propio veciño que precisa a atención, xa que en función da súa economía paga unha porcentaxe. Ademais, temos o programa de Galicia Saudable, dentro dos servizos sociais, e hai uns técnicos que van aos centros de saúde para dar información sobre obesidade e pautas de vida saudables. De feito, funciona moi ben, o ano pasado pasaron polos centros de saúde a controlarse da orde de 2.500 persoas. Tamén levamos o plan de droga, asistencia a mulleres maltratadas e familias desestruturadas. E toda clase de expedientes dos que nos in-
“Se algún alcade tratase de acadar fins partidistas claro que influiría na Mancomunidade. Pero acá nunca houbo problemas”, asegura Pérez
José Antonio Pérez, presidente da Mancomunidade Terras de Celanova./S.N. forman: humidades, etc. Así mesmo, facemos a recadación de sete concellos, menos Celanova que a ten encargada a unha empresa. Ademais, xestionamos o servizo de bombeiros as 24 horas ao día para os oito concellos, e ademais prestamos este servizo de urxencia á Bola e Padrenda, pedíndolles que acheguen a parte proporcional que achegamos os demais concellos. Tamén temos técnicos de emprego para orientar aos veciños. E talleres diversos: manualidades, cociña, informática… E facemos actividades en colaboración co IES e os colexios, e para os rapaces en verán”. Ao prestar tantos servizos, precísase tamén a colaboración dos veciños? J.A.P.: “Si, por exemplo co lixo deixamos unha pegatina co teléfono para que nos avisen se hai algunha deficiencia. Porque nos é imposible estar en todos os lados. E así eles chaman se teñen algún obxecto específico para retirar, como neveiras ou colchóns. Ademais, en verán como veñen emigrantes e hai máis festas tamén se o precisan imos recoller a basura cando nolo pidan aínda que nese momento non lle toque a ese concello. De
feito, en Celanova nas festas recollémola a diario”. Cando naceu a Mancomunidade foi por algunha carencia concreta? J.A.P.: “Si, naquel momento foi pola necesidade da recollida do lixo. Só tiñan un servizo habitual Celanova, Cartelle, Gomesende… aqueles concellos nos que o alcalde chegara a acordos concretos ao respecto. Decidiuse crear a Mancomunidade para economizar ese servizo ao contratalo entre todos”. Co paso dos anos foise ampliando o número de servizos que se prestaban. J.A.P.: “Si, fómonos adaptando ás necesidades dos veciños e logrando un equilibrio nos prezos dos servizos, que saen moito máis baratos”. Canto achegan os concellos á mancomunidade? J.A.P.: “75 euros por habitante. Coas achegas da Xunta e a Deputación o prezo total ascende a 110 euros por veciño. E iso está moi ben porque podemos manter prezos asequibles. De feito, ante a suba de SOGAMA a Mancomunidade non variou o prezo, porque o que tratamos é de rendabilizar a entrega dos residuos.
En total os gastos da Mancomunidade ao ano son de 1.783.400 euros. Dos cales os concellos poñen 1.245.000. E o resto é proporcionado polas axudas da Xunta e Deputación. Ademais, hai que dicir que a pesar dos axustes, na Mancomunidade non os notamos demasiado nas contribucións destes organismos”. Hai algunha asignatura pendente para a Mancomunidade? J.A.P.: “Hai un servizo que se podía dar en común e que hoxe temos por separado: o de arquitecto ou aparexador. Poderiamos organizarnos para compartilo e que o custo fose inferior, porque, ademais, neste momento, o volume desta actividades baixou moito e non creo que houbese problema en telo en común e organizarnos para que visitase cada concello”. É posible que entren máis concellos? J.A.P.: “É bastante complicado tanto entrar como saír da Mancomunidade. Por exemplo, o concello que queira marchar ten que acadar o apoio unánime dos demais, pagar a parte dos créditos que temos, non son moitos, pero ten que seguir contribuíndo. Ademais, durante un ano ten que seguir pagando o 50%
dos servizos. E para entrar o mesmo. Necesítase unanimidade e hai que reformar os estatutos. Non é sinxelo”. As diferencias políticas entre os partidos condiciona o funcionamento da Mancomunidade? J.A.P.: “Si, se algún dos alcaldes tratase de buscar fins partidistas claro que influiría nos demais. Pero acá nunca houbo problemas e houbo concellos do PP, o PSOE e o BNG. Aínda que neste momento somos todos do PP. Non se poden ter miras partidistas, o importante é prestar servizo aos veciños, hai que gobernar para todos. Acá nunca miramos o partido, de feito eu fun elixido presidente co apoio de alcaldes doutras formacións políticas”. E as subvencións da Xunta variaron en función de quen a gobernase? J.A.P.: “Non. De feito o bipartito, concretamente Anxo Quintana, sempre puxo á Mancomunidade de Celanova como exemplo e referente deste modelo. E como nos seus anos de goberno a economía estaba mellor hai que sinalar que foi a época na que máis nos axudaron”. Despois de 23 anos funcionando, que valoración fai do funcionamento da Mancomunidade? J.A.P.: “Totalmente positiva. Creo que se non existise a Mancomunidade ningún dos oito concellos, inclusive Celanova, sería capaz de prestar todos os servizos que se están prestando, ou polo menos coa eficacia coa que se dan e de maneira tan económica. E para os máis pequenos xa sería absolutamente imposible telos todos. Poño de exemplo a Quintela, a min seríame imposible poder ter servizo de bombeiros, recollida do lixo axeitada e así todo. De feito, por iso a nosa Mancomunidade está tan afianzada agora mesmo. É moi necesaria”.
especial DEPUTACIÓN DE OURENSE
Baltar analiza co Círculo de Xóvenes empresarios de Ourense temas de emprendemento e emprego O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense, Lois Babarro Alén, e co vicepresidente deste colectivo, Diego Novelle, con que analizou temas relacionados co emprendemento, a economía e o emprego na provincia de Ourense. Na xuntanza comentaron tamén as liñas de colaboración que se establecerán en 2015 entre o Inorde e o Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense para axudar ao desenvolvemento de actividades do colectivo empresarial. Outros dos ámbitos de cooperación entre ámbalas dúas entidades será o Observatorio Económico Ourensán, ofrecemento que tamén estendeu o presidente provincial ao Plan Termal e as accións relacionadas co
cooperativismo e o autoemprego no medio rural que, dentro do Plan “Transforma Ourense”, desenvolve a Deputación de Ourense. Precisamente, referido ao Plan “Transforma Ourense”, Manuel Baltar comentou o acordo asinado coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria polo cal se destinan máis de 200.000 euros para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras que melloren a competitividade das empresas ourensás e para un programa de bolsas para titulados universitarios. “Isto permitirá darlle un pulo importante ás pequenas e medianas empresas da provincia de Ourense, coa finalidade de mellorar a innovación das pemes e incrementar a súa competitividade, así como favorecer a creación e consolidación de empresas de base tecnolóxica e poten-
19 concellos desenvolveron actividades sostibles este verán dentro do Plan Particip@ A Deputación de Ourense programou este verán actividades sostibles para difundir boas prácticas medioambientais en 19 concellos da provincia de Ourense, que foron os que participaron na campaña enmarcada no Plan Particip@, unha iniciativa pioneira en Galicia que lidera a Deputación de Ourense, e que ten como obxectivo o desenvolvemento sostible dos concellos e a difusión entre a cidadanía de iniciativas que melloren o medio ambiente, aforren auga e enerxía e permitan a correcta xestión dos residuos. A “Rede de Municipios Ourensáns cara á Sostibilidade” está integrada, nesta primeira etapa que abrangue ata o ano 2015, polos concellos de A Bola, A Gudiña, A Merca, Baltar, Cartelle, Celanova, Gomesende, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Pontedeva, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus,
Trasmiras, Xinzo de Limia e Verea, e a ela poderanse acoller a partir de 2015 todos os municipios da provincia que avoguen polo desenvolvemento sostible e por unha xestión local máis transparente. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que hai que apostar por unha “economía verde” e para iso é necesario “desenvolver iniciativas que fagan máis eficientes o uso dos recursos medioambientais nos nosos concellos”. Baltar destaca que a Deputación de Ourense lidera unha iniciativa medioambiental “en rede” a prol do desenvolvemento sostible dos concellos, “por medio da cooperación e do consenso político e social, o que permitirá abordar os problemas do medio ambiente de maneira conxunta e con máis eficiencia e aforro, pensando no benestar dos cidadáns do presente e do futuro”.
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre o vicepresidente do Círculo de Xóvenes Empresarios, Diego Novelle, e o seu presidente, Lois Babarro./ALBERTE PAZ. ciar o tecido empresarial ourensán”, explicou Baltar. Plan de internacionalización Outra das liñas de traballo do Plan “Transforma
Ourense”, da que tamén poderán ser partícipes os xóvenes empresarios, é o Plan de internacionalización e axuda ás empresas de Ourense que está a levar a cabo o Inorde co obxec-
tivo de analizar diferentes países nos que poidan existir oportunidades de negocio para empresas ourensás en mercados en crecemento e cunha forte demanda de produtos e servizos.
BARRIOS Setembro de 2014
15
A Deputación aproba axudas sociais e culturais por importe de 417.000 euros A xunta de goberno da Deputación de Ourense, presidida por Manuel Baltar, resolveu a concesión de subvencións para a realización de servizos sociais e actividades culturais por un importe total de 417.284 euros. No que atinxe a servizos sociais, a xunta de goberno resolveu a convocatoria de subvencións a asociacións e fundacións para proxectos relativos a 2014, concedendo a 71 entidades a cantidade total de 337.284 euros, mentres que en materia cultural a xunta de goberno resolveu a convocatoria de concurso público para a concesión de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas, correspondentes ao exercicio 2014. As entidades beneficiarias das axudas son 17 e o importe total ascende a 80.000 euros.
A proba de running extremo “Desafío 42” reúne en Ourense os mellores especialistas A provincia de Ourense será escenario os próximos días 20 e 21 de setembro dunha das probas deportivas máis vistosas e esixentes de cantas se disputan na modalidade de carreiras: o running extremo. Baixo o título de “Desafío 42”, esta proba, patrocinada pola Deputación de Ourense, consiste en tres carreiras que os atletas disputarán nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade, percorrendo as seguintes distancias: circuíto asfalto-terra Ribadavia-BeadeLeiro-Beade-Ribadavia, de 21 km, que se disputará o 20 de setembro ás 10.00 horas; circuíto asfalto-terra de Nogueira de Ramuín, de 11 km, que se correrá o 20 de setembro ás 19.30 horas, e o circuíto asfaltoterra de Ourense cidade, de 10 km de percorrido, carreira que se disputará o 21 de setembro, ás 11.00 horas. A presentación da pro-
O director técnico de “Desafío 42”, José Ramón Rey, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, na presentación da proba. ba tivo lugar no Mosteiro de San Clodio (Leiro), acto que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o director técnico da proba, José Ramón Rey, e o asesor de
Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González. Nesta primeira edición do “Desafío 42”, que se correrá por terras do Ribeiro, A Ribeira Sacra e a capital ourensá e que conta coa colaboración da empresa
Move, haberá 3.000 euros en premios para os primeiros corredores na clasificación xeral e local, así como trofeos e obsequios para os primeiros de cada categoría. Tamén se sortearán obsequios dos colaboradores entre todos os participantes.
16
BARRIOS Setembro de 2014
OURENSE PROVINCIA
Trece obradoiros de emprego formarán 339 persoas paradas na provincia 4 En 40 municipios. Redacción A Conselleria de Traballo e Benestar vén de poñer en funcionamento os 13 obradoiros de emprego que a provincia acolle nas comarcas de Celanova, Carballiño, Viana, Verín, Valdeorras, A Limia, a Baixa Limia e Ourense. En total son 40 os concellos nos que se desenvolverán estes cursos teórico-prácticos, para os cales a Xunta destina preto de 2,3 millóns de euros. A consecución destas iniciativas en materia de creación de emprego beneficiarán a un total de 339 persoas en paro: 263 alumnos, 13 directores, 13 administrativos e 50 técnicos docentes. Estes programas mixtos, que teñen unha duración de seis meses, combinan a actividade formativa co desenvolvemento dun traballo remunerado, e ofrecen formación aos participantes en ramas laborais como a carpintaría, a albanelería, a
xardinería, a asistencia doméstica, a atención xeriátrica ou o viveirismo. Celanova, Allariz, Verín e A Limia O obradoiro da Mancomunidade de Celanova “Terras de Celanova III” ofrece formación a 21 parados en asistencia doméstica e atención xeriátrica, mentres que o consorcio Río Arnoia (composto por A Merca, Cartelle, Ramirás) formará 21 desempregados en viveirismo, xardinería e albanelería. Os concellos de Celanova, Bande e Verea colaboran no obradoiro de emprego “San Rosendo segue o camiño”, que forma o seu alumnado (20 prazas) en xestión de márketing e comunicación, en implementación e animación de espazos comerciais, a creación e xestión de microempresas, e a creación e xestión de viaxes combinados e eventos. Pola súa banda, a mancomunidade Conso Frieiras
Participantes no obradoiro de emprego de Padrenda. (A Gudiña, Riós e Vilariño de Conso) desenvolve un obradoiro nas especialidades de xardinería e axuda no fogar, para 20 persoas desempregadas. O obradoiro “As Veigas” que presentan os concellos de Porqueira, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga e Os Blancos forma 20 alum-
nos en xardinería e asistencia doméstica. E o obradoiro “Alta Limia II”, que une aos municipios de Sarreaus, Trasmiras, Sandiás e Vilar de Barrio, está especializado en xardinería e albanelería, ao igual que o obradoiro “Xinzo e Baltar polo emprego”. En ambos casos son 20 prazas
para desempregados. Visita institucional O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou recentemente un destes obradoiros, denominado “Ruta
dos Muíños II”, que desenvolven conxuntamente os municipios de Padrenda, Pontedeva e Cortegada. Son 20 desempregados os que aprenderán aquí traballos especializados en albanelería e xardinería. Durante a súa visita, o delegado salientou as vantaxes que os obradoiros de emprego ofrecen, tanto aos propios alumnos como aos concellos que os acollen, “dándolles, por unha banda, a oportunidade aos seus participantes de optar a un posto de traballo, e por outra a posibilidade aos concellos de realizar obras ou desenvolver servizos de interese para a comunidade”. Martínez destacou, á súa vez, a importancia da colaboración institucional do Goberno autonómico coas entidades locais para “asegurar unha continuación do traballo levado a cabo nos obradoiros cara á inserción futura no mercado laboral”, recordando que, “segundo as estatísticas da Consellería de Traballo e Benestar, preto dun 70% dos participantes poderán obter unha inserción real no mesmo”.
Os obradoiros forman en albanelería, xardinería, carpintaría, asistencia doméstica, entre outras ramas laborais
4 En Verín o obradoiro recuperará o contorno da capela do San Antón Dous dos concellos que terán obradoiro de emprego este ano son os de Verín e Vilardevós, que puxeron en marcha o obradoiro de emprego ‘San Antón’ para formar 20 persoas desempregadas de ambos municipios, nas áreas de xardinería, albanelaría e carpintería. Este obradoiro, de seis meses de duración, ten por obxecto formar e favorecer a inserción laboral dos participantes, que terán ademais a posibilidade de obter o título de ESO no caso de non posuílo. Os alumnos encargaranse de rehabilitar
A antiga escola de Berrande srá convertida en centro social
a capela do San Antón e acondicionar o seu contorno, rehabilitar parcialmente a antiga escola de Berrande para convertila en centro social e manter as áreas recreativas fronte ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas da Granxa. Rehabilitación da capela de San Antón Na capela de San Antón perséguese a súa rehabilitación, o acondicionamento da súa contorna, e a revalorización do patrimonio artístico, cultural, arquitectónico e arqueolóxico existente na zona. Para acadar este cometido levaranse a cabo diferentes actuacións sobre a edificación, realizadas polos módulos de carpintería e albanelaría como a substitución da cuberta
e a preinstalación de electricidade e iluminación. O módulo de xardinería será o encargado de acondicionar o contorno inmediato mediante o desbroce, limpeza, pavimentación, colocación de bancos de pedra e valados. Centro social para Berrande, Vilardevós Mentres que no referente á antiga escola de Berrande o obxecto primordial da intervención é dotar a esta localidade do municipio de Vilardevós dun centro social. Por este motivo, efectuarase a rehabilitación parcial desta antiga escola, coa mellora da rede de saneamento, colocación de novo pavimento, colación de portas e fiestras e adecuación de novos espazos. Nestas dúas actuacións
Os alumnos deste obradoiro de Verín e Vilardevós tamén se encargarán do mantemento das áreas recreativas sitas fronte ao campo de fútbol José Arjiz./M.R. participarán os 9 alumnos de albanelaría, 6 de carpintaría e 5 de xardinería. Estes últimos tamén realizarán labores de mantemento das áreas recreativas fronte
ao campo de fútbol José Arjiz e nas piscinas municipais descubertas de A Granxa, nas que se replantará o céspede e especies vexetais en mal estado, e
realizaranse traballos de poda, mantemento dos pavimentos de xabre e restauración de valado de madeira de zona infantil existente.
OURENSE PROVINCIA
BARRIOS Setembro de 2014
17
O PP elixe os presidentes locais en Xinzo e Calvos de Randín 4 Antonio Pérez e José Manuel Andrade foron escollidos co 97 e o 96% dos votos dos compromisarios, respectivamente. Redacción
Alcaldes da comarca da Limia xunto ao presidente da Deputación e ao director xeral de Emerxencias, na reunión do consorcio contra incendios./ALBERTE PAZ.
Os consorcios contra incendios de Verín e A Limia analizan orzamentos e temas organizativos 4 Acordouse prorrogar o contrato de xestión indirecta do servizo de intervención en emerxencias. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu as sesións dos plenos ordinarios dos consorcios contra incendios e salvamento de Verín e da Limia, reunións nas que tamén participou o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e os alcaldes e representantes dos concellos que engloban os consorcios. Na orde do día de ambas as dúas xuntanzas deuse conta da liquidación do orzamento de 2013 e da aprobación da conta xeral
correspondente a dito exercicio. Ademais, acordouse prorrogar o contrato de concesión da xestión indirecta do servizo de intervención en emerxencias destes consorcios, e polo que respecta ao consorcio da Limia presentouse tamén a memoria de 2013. Coordinación A Deputación de Ourense está a impulsar a coordinación dos consorcios dos parques de bombeiros da provincia para mellorar a
súa xestión tanto administrativa como técnica e de intervención a través da unificación deste entes no Consorcio Provincial de Incendios. “Esta unidade de acción permitirá incrementar a eficacia na xestión integral, redimensionar custes e mellorar a coordinación de actuacións, tendo sempre en conta que o primeiro é velar pola seguridade das persoas e do medio ambiente”, afirma Manuel Baltar.
A Deputación quere unificar estes entes no Consorcio Provincial de Incendios
Antonio Pérez Rodríguez e José Manuel Andrade Rodríguez son os novos responsables locais do Partido Popular en Xinzo de Limia e Calvos de Randín, despois de seren elixidos nos seus respectivos congresos locais no mes de setembro. O único candidato a presidir o PP de Xinzo obtivo o 97,6% dos votos dos compromisarios, mentres que José Manuel Andrade conseguiu o 96% dos votos en Calvos.
A mellora nas infraestruturas e a posta en marcha de proxectos en colaboración co resto de administracións foi un dos eixos do discurso do presidente local electo en Xinzo, Antonio Pérez. En clave orgánica de partido, Pérez recalcou a importancia de “fomentar a incorporación da xente nova á política, sobre todo reforzando as Novas Xeracións de Xinzo de Limia”. En Calvos de Randín, José Manuel Andrade Rodríguez márcase como obxectivo “gañar as vindeiras eleccións municipais”,
para o que propuxo, a elección consensuada entre todos os militantes e afiliados da cabeza de cartel. “Calvos de Randín precisa dun goberno que saiba aproveitar os recursos propios do municipio e que pense nas persoas como obxectivo prioritario”, afirmou. Próximo congreso: Verea A rolda de congresos locais do PP continúa en Verea o próximo 26 de setembro. Juan Antonio Martínez González é o único candidato a presidir o partido nesta localidade.
Membros do PP que asistiron ao congreso local de Calvos de Randín./ALBERTE PAZ.
Vehículos novos e de ocasión citaranse en Expourense 4 A cita coas últimas novidades no sector da automoción será do 3 ao 5 de outubro; e cos vehículos usados do 10 ao 12. Redacción Expourense incorpora ao seu calendario feiral de 2014 dúas novas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción. En estreita colaboración coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense,
ACAUTO, organizan para o vindeiro mes de outubro o que será xa o 6º Salón do Automóbil - Vehículo Novo (a fin de semana do 3 ao 5) e o 6º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión (do día 10 ao 12). Está confirmada a participación como expositores nestas citas de todos os concesionarios da provin-
cia asociados a ACAUTO. En total participarán unha vintena de empresas que engloban máis de 30 marcas de vehículos. O obxectivo é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes.
Ramón Seijas, Alejandro Rubín e Santiago Garza durante a sinatura do convenio. Desconto de 6.000 euros Para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización
sorteará entre os que pechen a compra dun autómobil nestas citas un desconto de 6.000 euros.
Participarán máis de 30 marcas de vehículos
18
BARRIOS Setembro de 2014
DEPORTES
Catro vitorias na casa, broche final de tempada
EN BREVE
4 Casado faise coa Nocturna de Maceda
4 Na VI BTT de Maceda. Redacción Maceda acolleu a mediados de agosto a VI BTT de Maceda, última proba puntuable para o Open Galego de BTT XC. E para o Club Ciclista Maceda o resultado non puido ser mellor, xa que acadou seis podios, dos cales catro foron vitorias. Xiana Conde en cadete, Raúl González en júnior, Iván Feijoo en cadete e Xulio Conde en M40 foron os vencedores das súas probas, mentres que Saúl López foi segundo en elite e José Manuel, segundo en M50. Repaso á tempada O final de tempada en Maceda tan só e unha pequena mostra do gran ano que realizaron os compoñentes do Club Ciclista Maceda cunha gran cantidade de vitorias e podios. Tanto Saúl López (elite) coma Iván Feijoo (cadete) proclamáronse campións galegos nas súas categorías no Open Galego 2014. Feijoo venceu en todas as probas disputadas do circuíto. En júniors, Raúl González rematou segundo, e en cadetes Román Saa, terceiro. Tamén acabaron en podio na final, Xulio Conde, segundo en máster 40, e José Manuel, terceiro en máster 50. A participación ourensá nos campionatos galegos foi moi exitosa logrando os títulos de campións de Galicia Raúl González (jú-
nior) e Iván Feijoo (cadete). A isto, hai que engadir os subcampionatos de Saúl López en sub 23 e de Eva Álvarez en elite. Álvarez tamén logrou ser subcampioa nacional en sub 23 no seu primeiro ano na categoría (con vitoria na última proba do Open de España). Pola súa banda, Saúl López foi quinto en sub 23 no pasado campionato de España celebrado en Panticosa. Selección galega Catro corredores macedáns acudiron aos diferentes campionatos de España formando parte da selección galega. Un éxito inapelable que está refrendado as máis de 20 vitorias logradas en todo o ano, sumadas aos incontables podios.
Saúl López foi o gañador da elite no Open de Galicia.
As inscricións nas actividades da piscina climatizada de Verín deben facerse do 19 ao 25 de setembro.
O Concello de Verín abre o prazo de inscricións das Escolas Deportivas
4 Allariz tamén abre o período para inscribirse en variadas actividades. Redacción O Concello de Verín xa ten aberto o prazo de inscrición das Escolas Deportivas Municipais. As actividades darán comezo o 1 de outubro e rematarán o 28 de maio de 2015, e divídense en dúas especialidades: escolas infantís-xenéricas e escolas de especialización deportiva. As actividades infantís-xenéricas son pequexogos, psicomotricidade e xogo e deportes. As de especialización deportiva son fútbol sala, aeróbic infantil, danza oriental, tenis, urbano infantil (hip-hop e bailes modernos), urbano xuvenil (cramp, hip-hop, popping, funky), acrosport, atletismo e baloncesto. O proceso de inscrición débese realizar no pavillón municipal de
deportes (luns a venres, de 10 a 14 e 17 a 20 horas), no teléfono 988 41 11 40 ou no correo electrónico pabellon@verin.net. Ata o 19 de setembro inscribiranse os antigos alumnos e a partir do 22 os que o fagan por primeira vez. Piscina climatizada Tamén está aberto o prazo para inscribirse nas actividades deportivas ofertadas na piscina climatizada do Concello de Verín. Os socios que queiran participar nalgún curso deberán anotarse o 19 de setembro; os novos socios deberán facelo entre o 22 e o 23 de setembro (os empadroados en Verín ou eurocidadáns) e os que non están empadroados en Verín nin son eurocidadáns e queiran inscribirse nalgún curso deberán facelo entre os días 24 e 25
de setembro. Escolas deportivas allariz O Concello de Allariz oferta para os nenos unha ampla variedade de actividades deportivas para o curso 2014/2015, entre as que se atopan fútbol, baloncesto, piragüismo, natación, equitación e pre-deportivas. Todas as escolas deportivas comezarán a partir do mes de outubro. Para máis información, os interesados deben dirixirse á piscina municipal, ao teléfono 988 442 083 ou escribir ao correo electrónico piscina@allariz. com. No referente a fútbol e baloncesto, os nenos interesados deberán informarse e inscribirse no club correspondente, no Seixo ou no Pavillón municipal.
O pasado 23 de agosto celebrouse en Maceda a primeira edición da carreira nocturna de Maceda. Unha proba que percorre o pobo e discorre polo entorno do castelo macedán. Nesta primeira edición o vencedor foi un atleta da localidade, José M. González Casado (Vía XVIII Maceda), que empregou un tempo de 20 minutos e 31 segundos en percorrer os 5.800 metros que compoñían a proba. O atleta do Ourense Atletismo Jorge Silva foi o segundo clasificado, a 17 segundos de Casado (20:48). Terceiro foi Juan Carlos Díaz (Running Sarria), a máis de dous minutos do pimeiro (22:38). En mulleres, a máis rápida foi Sonia Teijeiro (Ourenrunning) cun tempo de 26 minutos e un segundo. A segunda clasificada foi a súa compañeira de equipo, Vicky Losada Perez (27:51), e terceira foi a atleta independente Ainhoa Oliva Senderos (29:03).
4 O COB xoga en Verín Este xoves 18 de setembro, o Club Ourense Baloncesto disputa un partido de pretempada en Verín. O encontro terá lugar ás 20.30 horas no complexo deportivo da Granxa e os ourensáns mediranse co Marín. Este será o cuarto partido da pretempada para os homes de Gonzalo García de Vitoria.
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2014
19
EL CENTRO ACADEMIA PROXECTO INICIA UN CURSO ACADÉMICO Academia Proxecto fiel a su línea de trabajo en el campo formativo: calidad (tanto en el profesorado como en los temarios, los simulacros de examen, test de autoevaluación...) profesionalidad, trato personal (adaptación máxima a las necesidades del alumno (horarios, precios,…) y tutorización personal permanente por todos los profesores del centro, inicia un nuevo curso. Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro, nos informa de las últimas informaciones al respecto de las diferentes convocatorias de oposiciones para el año 2015:
“Según las últimas informaciones, a día de hoy, parece ser que se elevará la tasa de reposición del 10% actual al 50% en 2015 y se plantea la posibilidad en las próximas fechas la eliminación de dicha tasa en 2016, en diferentes cuerpos como el de docentes, justicia o penitenciarias. Al menos así lo ha comunicado a las Comunidades de forma verbal el organismo que dirige el ministro Cristóbal Montoro. La oferta de empleo público fue prácticamente reducida a cero con la llegada del Ejecutivo de Rajoy como medida para contrarrestar el elevado déficit público. Para
determinados servicios básicos, como la educación, se estableció entonces una tasa de reposición del 10%, es decir, sólo se cubría una de cada 10 vacantes que dejaran los docentes jubilados. De hecho, este año aún sigue vigente el 10%, porcentaje que se elevará al 50% en 2015, según ha comunicado el Ministerio de Hacienda a las Comunidades”. “En nuestro centro continuamos con la preparación en varios grupos ya existentes y en septiembre ponemos en marcha los grupos relacionados con las especialidades de Magisterio con vistas a la
oferta del año 2015, que se espera que sea importante en relación a la de estos últimos años, o las oposiciones al cuerpo de Justicia. Así abrimos grupos nuevos para la preparación de oposiciones a Policía Local en sus diferentes ámbitos de convocatorias, conjuntamente con Policía Nacional y Guardia Civil, con una fórmula novedosa adaptada a los tiempos que corren. Iniciamos la preparación al cuerpo de Ayudante de Instituciones Penitenciarias para la oferta de empleo del 2015, con una metodología de preparación innovadora, que completa
Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro nuestra forma de enfocar estas oposiciones y que estamos seguros resultará para los alumnos de nuestro centro un plus en su preparación. Y por último abrimos un grupo para las oposiciones del Sergas, dentro de la categoría de Enfermería. Fuentes sindicales nos han
informado que la intención de la Xunta es publicar la convocatoria en octubre, una vez que se aprueben en Mesa Sectorial. Las convocatorias incluirán, como en ocasiones anteriores, las bases, los temarios y el baremo. Las oposiciones podrían ser para la primavera del 2015.”
20
BARRIOS Setembro de 2014
DEPORTES
A BTT 4Picos de Celanova reúne máis de cen ciclistas 4 Venceron Raúl González e Gabriel Pereira. Redacción Máis de cen ciclistas, entre eles, unha muller, participaron o pasado domingo 7 de setembro na III BTT 4Picos de Celanova. A choiva marcou esta competición, que rematou coa vitoria de Raúl González do Clube Ciclista Maceda na ruta longa (de 46 quilómetros) e de Gabriel Pereira, do Clube Ciclista NSB Celanova, na ruta curta (33 km). González empregou un tempo de 2 horas 22 minutos e 44 segundos para cubrir un circuíto no que destacaba un desnivel positivo acumulado de 1.475 metros. Pola súa banda, o gañador da ruta curta, que tiña un desnivel acumulado positivo de 900 metros, fixo o percorrido nunha hora 57 minutos e 38 segundos.
Os participantes escolleron entre unha ruta curta de 33 km e unha longa de 46 km
Raña desbanca a González na popular de Cartelle 4 Despois de varios anos logrando a vitoria nesta cita. R.T.
Dous participantes durante a ruta BTT por Celanova.
4 A BTT
de Allariz, o día 21
A Sociedade Ciclista Alaricana (ASOCIAL) vén de anunciar o cambio de data da BTT de Allariz do sábado 20 ao domingo 21 de setembro. A organizadora do evento atende así a petición de diversos clubs da contorna e numerosas persoas que querendo participar neste evento non podían por coincidir con outros e pola dificultade para formar equipos.
A saída da ruta, que será finalmente de modalidade individual non competitiva, terá lugar ás 9:30 horas. Os participantes poderán escoller entre cubrir unha ruta curta de 30 km ou unha longa de 55 km. A participación é gratuíta e as inscricións poden realizarse no Facebook de ASOCIAL. Ao peche desta edición xa roldaban os cen inscritos.
O corredor do Atletismo Arenteiro, Luis Iglesias Raña, foi o vencedor da XVIII carreira popular de Cartelle desbancando a Saturnino González (Atletas Veteranos Ourense), gañador das últimas edicións. Como cada ano desde fai 18 celebrouse a Carreira Popular do Concello de Cartelle, proba que comezar en Cartelle e remata en Outomuro tras 10 quilómetros de percorrido. Nas últimas edicións Saturnino González vencía con
O triatlón de Allariz coroa a César Montes e Mar Villar 4 Na 25ª edición do Vila de Allariz. Redacción
Piragüistas na proba de Allariz./RAMSÉS.
O Fluvial de Allariz, profeta na súa terra
4 Venceu na cuarta xornada da Copa Deputación de piragüismo. Redacción O Fluvial de Allariz foi profeta na súa terra e venceu na cuarta xornada da Copa Deputación de piragüismo. O fluvial de Allariz quedou primeiro na clasificación por equipos, seguido de Avión e Fontefría de
Muíños, segundo e terceiro respectivamente. Clasificación por categorías Por categorías os vencedores foron Agustín Segura e Javier Rodríguez, e Paula Segura e Ánxela Bruquet, en alevíns; Javier Pereira
e Andrés Tamayo, e Sara Vide e Lucía Cota, en infantil; Santiago Álvarez e Marielena Márquez, en cadete; en xuvenil, Cristian Lage; en júnior, Sabela Conde; en veteranos Carlos e Mónica Piñeiro, e en sénior, Pablo Feijóo e Kissi Torres.
comodidade nunha proba que ten un percorrido moi esixente, ao que se suman as altas temperaturas tipicas da época do ano en que se disputa. Este ano, Saturnino volvía ser un dos favoritos de cara ao triunfo final, pero entre os inscritos atopábase un Luis I. Raña que ía loitar pola vitoria. Finalmente foi o atleta do Carballiño o que se impuxo ao da capital por case un minuto de diferenza. 34:50 minutos foi o tempo empregado por Raña, polos 35:49 de González. No terceiro caixón do podio acompañounos Alejo Fernández
César Montes e Mar Villar saíron coroados na 25ª edición do Vila de Allariz. Montes -A Coruña- e Mar Villar -O Morrazo- foron os vencedores da edición do triatlón popular alaricano, que reuniu 150 deportistas de toda Galicia e de fóra da Comunidade Autónoma. O triatleta coruñés venceu, cun tempo de 1:11:09, aventaxando en oito segundos a Fady Hout Varela (segundo) e Juan Fernández Moldes (terceiro). Os tres deportistas cruzaron a liña de meta cunha diferenza de 15 segundos entre o primeiro e o terceiro. En categoría feminina, Mar Villar gañou claramente ao completar as tres probas nunha hora, 23 minutos e 41 segundos. Segunda foi Sonia Pariente (1:25:58) e terceira Vanesa Díaz (1:28:17).
Público Como cada ano as beiras do río Arnoia enchéronse
Luis Iglesias Raña. (36:47 minutos) do Atletismo Arenteiro. Mulleres En mulleres, a atleta de Baños de Molgas, Cristina López Casado (Ourenrunning) foi a primeira clasificada cun tempo de 51 minutos e 53 segundos. Segunda rematou a atleta de Pereiro de Aguiar, Sira Cebreiros Iglesias. En terceira posición finalizou a local María del Carmen Pérez Calviño. de público, que non quixo perderse unha nova edición do triatlón popular de Allariz. Familiares, curiosos e afeccionados deste deporte non deixaron de animar a todos os participantes, recompensándoos con aplausos cando estes percorrían os últimos metros da proba a pé.
A liña de meta estivo abarrotada de público
Participantes do triatlón na transición da proba de natación e de ciclismo. /RAMSÉS
PUBLICIDADE
BARRIOS Setembro de 2014
21
22
BARRIOS Setembro de 2014
4AXENDA Exposicións - Ata o 28 de setembro – Exposición de Narciso Curral – Sala de exposicións “A Fábrica” de Allariz - Ata o 25 de setembro - Exposición “180 anos de historia provincial” - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 11 de outubro Expo Arte 2014 - Sala de Exposicións de Verín - Ata o 19 de outubro Exposición “Sequienzas” - Centro de Artes Nadir Afonso (Chaves) Feiras - Todos os xoves - Celanova - 18 de setembro e 4 de outubro - Cartelle - 18 de setembro e 4 de outubro - Cualedro - 20 de setembro e 4 de outubro - Maceda - 20 e 21 de setembro Romaría da Saínza - Rairiz de Veiga - 21 de setembro - Ramirás - 23 de setembro - Rairiz de Veiga - 23 de setembro, e 3 e 11 de outubro - Verín - 24 de setembro - Xunqueira de Ambía - 26 de setembro - A Merca - 27 de setembro- Xinzo - 1 e 15 de outubro Allariz - 2 de outubro - Baños de Molgas e Calvos de Randín - 4 de outubro-Porqueira - 5 de outubro - Sandiás - 6 de outubro - Sarreaus - 7 de outubro - Vilardevós - 8 de outubro - Baltar - 9 de outubro - Oímbra - 9 de outubro - Vilar de Barrio - 9 de outubro - Xunqueira de Espadañedo - 13 de outubro - Paderne de Allariz Outros - 19 de setembro - Entrega de premios do colectivo Arraianos – 18.30 h – Lobios - Ata o 24 de setembro Novena na honra da Virxe da Merced - Varios horarios - Igrexa dos RR.PP. Mercedarios (Verín)
OCIO E CULTURA / ARTIGOS
EN BREVE
4DESDE A PONTE... A MONTERREI
Amigo Coa alma ferida non é doado xuntar verbas, e máis cando van dedicadas a un amigo especial. Non podía ser doutra forma, e sen facer barullo, quixeches voar ceibe, co sinal inconfundible dun fermoso sorriso, e deixando no aire, para nós, o teu lema preferido, “apura a xogada da vida, non deixes para o final, e goza o día que se poña por diante”. Así foi a túa, a toda máquina, rachando as ondiñas atrevidas, que quixeran voltear a dorniña con rumbo á felicidade. Ata o derradeiro intre, fuches o gran capitán, xeneroso, noble e sobre todo valente, sen medo á gran tempestade, que, de súpeto, apagou a túa alma. Quero imaxinarte, no ceo do que sempre falaches, xuntándote cos amigos de toda unha vida, ateigada de cousiñas inesquecibles, das que sempre nos lembramos con satisfación. Agora, só nos queda rebobinar, unha e outra vez a mellor película que xamais
puidemos ollar, as andanzas que pasamos xuntos, e que, sen dúbida, quedarán no corazón. Querido amigo, segues camiñando ao meu carón, non hai recuncho desta querida vila onde non te sinta, segues presente cunha forza incrible. Os amigos deixaron bágoas doces por ti, e deron as apertas máis fermosas que xamais puideras imaxinar, auténticas, sen trampas, as que se cravan de verdade; eles son o teu tesouro, un patrimonio único, que non é doado xuntar. A inercia da vida segue o seu ritmo, sen pausa, mais coido que, nalgún intre, terás ocasión de ollar, dende o máis alto, o fermoso camiñar da xente que te quere e que dalgunha forma quedamos marcados coa túa inconfundible ironía, da que fixeches sempre gala, con harmonía e cariño. En Cabreiroá, florecerá de novo o outono gris, que coa túa inmensa luz non permitirá que as follas das árbores borren o camiño da esperanza.
A praia gaditana da Victoria ficará coa marea baixa e o levante en calma, para que olles as pegadas na area, esas pegadas que deixaches perpetuas, e que serán o faro que nos guíe, sempre cara aos teus ollos. En Buenos Aires soará o teu tango preferido, ao mesmo tempo que brilarán as estrelas da Champións Ligue no novo San Mamés. Acá, nesta columna, onde cada mes brotan os meus sentimentos, non podía faltar a túa homenaxe, aínda que coa alma rachada, e coa pena de non poder abrazarte e darche grazas, por ser o meu amigo fiel, cómplice e leal, e sobre todo, o máis fermoso, por ser o meu pai. Ata sempre, Rayito. Miguel A. Prieto “Chita”
“Nesta columna non podía faltar a túa homenaxe, para darche as gracias por ser o meu amigo fiel, o meu pai”
4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA
Beneficios do mel con canela A mestura do mel con canela pode curar a maior parte de doenzas, segundo científicos occidentais. Doenzas de corazón Faga unha pasta de mel e po de canela e aplíquea no pan. Úsea, regularmente, no almorzo. Esta mestura reduce o colesterol nas arterias, evita ataques cardíacos, alivia a perda da respiración e fortalece
“A mestura do mel con canela pode curar doenzas”
as batidas do corazón. Artrite Os pacientes desta poden tomar, diariamente, de mañá e á noite, 1 cunca de auga quente con 2 culleradas de mel e 1 culleriña e po de canela. Esta carpeta tomada, regularmente, pode curar a artrite crónica. Colesterol 2 culleradas de mel e 3 culleriñas de canela, mesturadas con medio copo de té, son capaces de reducir un 10% o nivel de colesterol no sangue en dúas horas. Como o mencionado para pacientes artríticos, se se
toma dúas veces ao día, axuda a curar o colesterol crónico. Alén diso, mel puro mesturado con comida alivia reclamacións de colesterol. Infeccións de vexiga Tome 2 culleradas de po de canela e 1 culleriña de mel disoltas nun copo de auga morna. Esta mestura destrúe os xermes. Estómago O mel tomado co po de canela alivia dores de úlceras de estómago. Tomar dúas veces ao día, despois das principais comidas. João Damião
4 Entrega de premios de Arrainos O colectivo Arraianos realiza este 19 de setembro, a partir das 18.30 horas en Lobios, os actos de entrega dos premios “Arraiano Universal” e “Arraiano Maior da Raia Seca 2014”. O primeiro destes galardóns recibirao Lois Soto, “polo seu traballo constante en defensa das liberdades e da democracia e o seu exemplo de integridade e servizo ao país”, segundo explicaron dende Arraianos. E o premio de “Arraiano Maior” será nesta edición para o colectivo Porta Treze, “pola súa intensa actividade de dinamización cultural e por ser un referente no movemento desfronteirizante na raia galaicoportuguesa”, adiantou Álvarez.
4 O espectáculo “Moulin Rouge” chegou a Verín Este 19 de setembro, ás 10.30 horas, o Pavillón Municipal de Deportes de Verín acollerá a segunda representación do musical ‘Moulin Rouge’, a cargo de alumnos do IES Taboada Chivite. A esta representación, na que participan un cento de alumnos do centro educativo, ademais do público en xeral tamén acudirán estudantes de colexios de toda a comarca, que gozarán dun espectáculo musical que naceu no pasado curso da man de alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, combinando escenas teatrais, cancións e coreografías, ademais de decorado e vestiario únicos.
4 A Biblioteca Máxica O xoves 18 de setembro, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a iniciativa ‘A Biblioteca Máxica’, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura.
A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, de entre 3 e 9 anos; e consistirá na realización de contacontos e como manualidade elaborarán un cartel para a porta da súa habitación. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 414 776.
4 Inscricións na Escola da Banda de Música de Allariz A Escola da Banda de Música de Allariz abre o prazo de inscrición, do 15 ao 30 de setembro, para o curso 2014/2015. A Escola ofrece clases semanais de linguaxe musical, iniciación (6 anos), frauta, clarinete, saxofón, trompeta, trombón, tuba, bombardino, percusión, banda infantil e pianista acompañante. [+ info no 617 652 047]
4 Novos cursos na Fundación González Ferreiro A Fundación Ramón González Ferreiro comeza o mes de setembro organizando novos cursos, continuando, así, co seu labor formativo. Inglés e francés para adultos (de outubro a maio) así como un curso de mermeladas e conservas (18 e 19 de setembro) son as iniciativas formativas que ofrecen dende a fundación alaricana para o novo curso 2014/2015. [+ info no 988 436 182]
4 Escolas Culturais de Allariz As escolas de Pintura e Música de Allariz comezan novo curso en outubro. Música en movemento e linguaxe musical ademais da aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta e canto e danza galega, son as actividades que imparte a Escola de Música. [+ info no 988 44 08 59]
CLASIFICADOS
BARRIOS Setembro de 2014
23
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@ periodicobarrios.com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, X.M. Pérez Bouza, Silvia Nieto, Andrés Diz Nº5 - Ano: IX - Setembro 2014 - Difusión: 15.000 exemplares Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.
4CLASIFICADOS
ALUGUER/VENDA Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas no Polígono de Pereiro de Aguiar: parcela Nº 15. (fronte a Codisoil). Telf. 639 67 74 32. Alúgase piso en Portonovo para todo o ano, con garaxe. Tel. 626 297 504. Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e 2 habitacións, aparcamento e barbacoa. A 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16. Alugo apartamento amoblado, 2 habitacións, baño, garaxe pechado, próximo a Igrexa de Fátima. 370€ + comunidade. Telf. 988 22 21 79. Compro casa vella, palleira, adega ou galpón, máximo a 10 kms de Ourense. Prezo máximo aprox. 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Compro terreo, máximo 5001000 m2 preto de Ourense, máximo 10 kms aprox. Non importa que teña edificación de calquera tipo. Prezo ata 3.500 euros. Tel. 636 32 95 24. Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con cociña americana, trasteiro e garaxe. Praia América. Bo prezo. Tel. 607 27 19 16. Alugo piso amplo, 3 habitacións, cociña, 2 baños, salón, buhardilla, garaxe pechado e adega. Próximo á Igrexa de Fátima. 400€ + comunidade. Tel. 988 22 21 79. Alúgase praza de garaxe en Edificio Malingre, avda de Portugal, 4. Tel. 679 446 301. Alúgase praza de garaxe pechada na rúa Pena Trevinca, 40. Por 50 euros/mes. Tel. 649 255 033. Vendo piso na avenida de Portugal (zona Couto) a 5 minutos do centro de Ourense. Ascensor e calefacción central. Opción de praza de garaxe. Teléfonos: 988 22 39 32 / 657 402 184.
VENDAS Vendo tablet a estrear. 70 euros. Tel. 698 174 374.
Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distancia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3 horas telos instalados con acabado profesional garantido por 40 euros. Tel./Whatsapp 667 830 310. Vendo coche de neno Casual Play, pouco uso, 250 euros. Tel. 609 822 076 Vendo un ciclomotor, unha presa pequena para sidra e un canón nebulizador. Tel. 686 54 00 87. Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illamento cristal dobre Climalit. medidas: 52cms de alto por 115cms de largo.Prezo 95€ unidade. Telf. 687 19 33 44 Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco. Medidas: 235cms de alto por 78cms. A porta pódese adaptar facilmente ao facer o marco. Ten pechadura con chave. 80€ cada unha. Telf. 687 19 33 44. Véndense apéndices Durvan a 10 euros novos sen desprencitar. Tel. 988 60 70 75. Vendo rodas de coche. 185/80/ R14. Tel. 663 376 002.
EMPREGO Clases a domicilio en Ourense. Especialidade Matemáticas xerais. Todas as etapas. Diversos grupos de materias. Recuperacións - Verán. Con certificado de formador e CAP. Ampla experencia. Económico. Tel. 636 619 589. E-mail: clasesadomicilio2014@hotmail.com Ofrécese señora de 50 anos para limpeza de pisos familiares, que se atopen pechados ou sexan utilizados con escasa frecuencia, para mantelos limpos e ventilados. En Xinzo de Limia ou localidades próximas. Salario a convir. Posúo preparación profesional. Respectuosa, seria e responsable. Con desempeño e valores de confiabilidade. Posúo documentos legais. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail.com Matrimonio cubano católico, con preparación cultural e profesional, busca emprego como coidadores de personas maiores, acompañantes, xardinería, traballo doméstico. Coidamos de enfermos ou de persoas con discapacidade física, e realizamos traballo en residencias da terceira idade.Podemos traballar internos ou por horas, en calquera zona. Tel. 611 353 009. Ofrécese chica para traballo por horas: plancha, arranxos básicos de costura, limpeza de cociñas e fogar en xeral, organización de trasteiros.Chamar tardes. Tel. 618 806 516. Señora de 50 anos con curso de formación en bebés ou nenos maiores dun ano ofrécese en Xinzo para ser nana ou coidar nenos desde un ano de vida ata tempo a convir polo empregador, instruíndoos a través de xogos, lectura e diálogo infantil. Tamén levalos á escola. Tel. 611 353 009 ou jonimia64@gmail. com Desbrózanse fincas con tractor e a man. Prezo económico. Tel. 630 521 448. Ofrécese modista para particulares. Bo prezo. Calidade e puntualidade. Tel. 988 255 302. Academia de debuxo e pintura María Pinal Trashorras en Ourense. Clases de debuxo, pintura, manualidades e debuxo técnico impartidas por licenciada en Belas Artes a grupos de nenos e adultos. Tel. 669 603 414
CONTACTOS Mozo de 34 anos, atractivo e ben dotado, ofrecese para mulleres de 45 a 65 anos e para despedidas de solteiras na provincia de Ourense. Corpo cultivado en ximnasio. Tel 662 281 312. Prezo anticrise.
[Envíanos os teus clasificados ao correo info@periodicobarrios. com ou chámanos ao tel. 988 045 352]
4TELÉFONOS DE INTERESE Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada
988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 412 121 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 258
Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadañedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)
988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222
BARRIOS Setembro de 2014