Boletin nº 2

Page 1

O TECA D YO BIBLIO EDRA TERO P O P I E C

Nº 2

Boletín da Biblioteca

Marzo 2016

Colaboradores:

Burbulla

Carla ÁngelaGonzález Oliveira Ángela Oliveira Laura Fernández Ángela G. Bargiela

Alejandro Fernández

Andrea Da Costa

Arturo Carnero

21 de Marzo: Día Mundial da POESÍA

Natalia Barros

Noa Ferreirúa G. Uxía Martínez Uxía Saá Judith Covelo

Puntos de interese especial: • DÍA DA POESÍA • Libro do mes • LEDICIA COSTAS na biblioteca O Día Mundial da Poesía, proposto no ano 2001 pola Unesco, celébrase cada 21 de marzo en numerosos países. Este día ten por obxecto promover o gusto pola poesía e coñecer as diversas manifestacións poéticas.

• Novidades • Humor • Poemas • Relato curto

“A poesía que non nos ensine algo - o que sexa - non é poesía” Manuel María

• Devoradores de libros


5 MOTIVOS PARA LER POESÍA 1. A poesía non morde, non fai dano e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin romanticona, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos. 2. A poesía serve para ler, cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar, e relaxa ás persoas. E serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario. 3. Os poemas son como caixas de ferramentas, valen para todo: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. Ademais a poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os pés planos, os enfados, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, a ansiedade e algunhas gripes. 4. A poesía está nas cousas que nos rodean a diario, na música, na amizade, no supermercado, na risa, na moto, no váter, na esperanza, na rutina, nas cousas persoais, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no teu barrio, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras. 5. O importante da poesía non é obsesionarse con descifrala senón saber gozala, sentila e intuíla. Na poesía reconforta sentir o seu ritmo, a súa música, a súa sonoridade, os xogos de palabras que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva facer da poesía un pracer.

Nº 2

Burbulla


Nยบ 2


LIBRO DO MES O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial. A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…

AUTOR: Fran Alonso Fran Alonso naceu en Vigo en 1963. Os seus libros abranguen a literatura infantil e xuvenil, a poesía, a narrativa e o xornalismo. Dentro a literatura infantil e xuvenil publicou os libros de poemas “Cidades” e “O meu gato é un poeta”; a novela “O brillo dos elefantes”; as biografías “A vida secreta de Maria Mariño” e “Folerpas”; e os álbums “A casa da duna” e “A araña e mais eu”.

Nº 2


Cantiga de Escola, do libro “O meu gato é un poeta” de Fran Alonso.

Escrito por Noa Ferreirúa Gil Nº 2


QUE É UN CALIGRAMA? Un caligrama é un poema visual no que as palabras debuxan ou forman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto inimaxinable. O caligrama remóntase á cultura grecorromana, concretamente ao seculo I a.C. No século XX o caligrama apareceu como unha composición característica das vangardas de comezo de século, máis concretamente co cubismo, creacionismo e ultraísmo, o cubista Guillaume Apollinaire, famoso creador deste tipo de composicións, pasou a ser considerado o pai dos caligramas, seguido do creacionista chileno Vicente Huidobro.

CALIGRAMA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Nº 2


LICALIGRAMA DOS NENOS E NENAS DE 4 ANOS

Nยบ 2


CALIGRAMA DOS NENOS E NENAS DE 5 ANOS

Nยบ 2


NOVIDADES para os máis pequenos/as ROSA CARAMELO Aislada en un jardín, Margarita es la única elefanta del grupo incapaz de conseguir que su piel sea de color rosa caramelo. Cuando sus progenitores desisten de imponerle ese aspecto, por fin descubrirá el significado de la libertad y abrirá el camino de la igualdad para sus compañeras.

ARTURO Y CLEMENTINA De la mítica colección "A favor de las niñas", una historia fabulada que reivindica el rol femenino en la sociedad, combate los estereotipos sexistas y denuncia la discriminación. Porque aún se necesitan obras sobre coeducación e igualdad.

DON CABALLITO DE MAR. La mayoría de los peces, una vez que la madre ha expulsado los huevos (desove) y que el padre los ha fecundado, los dejan abandonados a su suerte. Sin embargo hay excepciones. A veces uno de los progenitores cuida de los huevos, y hay especies como el caballito de mar, en que -sorprendentemente- es el padre el que se encarga de ellos.

GLUPS Os Glups son uns pequenos e pacíficos seres de cores que habitan nas lagoas e pozas. Unha das pozas máis grande é a de Estrelamar, onde vive Glupi. Lendo o xornal A Poza unha noticia deixouno teso: "Grandes tremores de area e de auga percorren as veciñas pozas". Que motivará tan estrano suceso? Glups!! é a aventura das cores, das formas acuáticas en movemento, do cariño e da amizade entre seres diversos. Nº 2

Nº 2

Página 9

Burbulla


Nยบ 2

Burbulla


NOVIDADES PARA LECTORES AUTÓNOMOS SOY UN ANIMAL. Armán y la fábrica podrida de Lluís Llort Algo huele a podrido en la ciudad... literalmente. La fábrica de pintura apesta a varios kilómetros de distancia, y las autoridades no hacen nada por impedirlo. Cuando los animales del río empiezan a morir, Arman y sus amigos se ponen manos a la obra para desenmascarar a los responsables. Son solo unos niños, pero Arman cuenta con una ventaja: puede transformarse en todos los animales que toca.

HADAS S.A. LA DESAPARICIÓN DE BILLY BUCLE de David Roberts La famosa agencia de detectives mágicos Hadas, S. A. tiene un gran problema. Bueno, unos cuantos, en realidad. Por un lado está el gigante desaparecido, Billy Bucle, que se esfumó sin dejar rastro. Después se produjo la inesperada visita a la costa, acompañada de un asesinato y un diamante robado. Y por último está ese peliagudo asunto del concurso de talentos de la tele. ¡Calamares con calambres! Este es el caso más complicado al que Emily, Buster y Fidel se han enfrentado hasta la fecha.

Mil millones de tuberías 2: AVENTURAS EN ESPIRAL de Diego Arboleda Ya hace dos meses que cayó un meteorito en el patio de M. Y ha habido grandes cambios en el reino de las tuberías: un nuevo color, el verde, extraña y preocupa a sus habitantes. Pero quizá sería más útil preocuparse por el último y misterioso invento de los científicos. M está empeñado en proteger su pequeño patio verde... Y pronto descubrirá que su misión es salvar a todo el reino. Una gran aventura repleta de elecciones, expediciones, conspiraciones y muchas, cientos, miles, millones de tuberías.

LOS BOXTROLLS de Elizabeth Cody Kimmel Hay héroes de de todo tipo , de todas las formas y tamaños, incluso rectangulares. Bajo las pintorescas calles adoquinadas de Cheesebridge, viven los Boxtrolls. Dice la leyenda que son criaturas malévolas que suben a la superficie y se llevan a los niños... ¡y los quesos! Al menos, esto es lo que cree la gente. En realidad, los Boxtrolls son tiernos y tímidos, seres extraños sí, pero inofensivos, llevan cajas recicladas al modo en que las tortugas llevan sus caparazones, y se aventuran por las calles de la ciudad en busca de cachivaches. Entre ellos vive un chico humano, Eggs, que ha sido criado como un Boxtroll más. El villano Archibald Snatcher se ha fijado como objetivo erradicarlos

Nº 2

11 Burbulla Página


NOVIDADES MUSICAIS XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ de María Fumaça Editorial Galaxia Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e Bailar? O tren está a piques de saír!!! Xiqui xoque, fiú fiú! é como fai a locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu: a locomotora de María Fumaça.

CANTA O CUCO, Uxía e Magín na casa de Manuel María De Uxía Senlle e Magín Blanco. Ilustracións de Leandro Lamas. Ed. Galaxia Que acontece cando dous grandes da música, como Uxía e Magín van de visita á casa dun grande da poseía como Manuel María? Que o cuco se pon a cantar... Libro disco para gozar coa música e cos poemas do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.

O AÑO PITAÑO de Anxo Rei “O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado por músicos de recoñecido prestixio. As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros


LEDICIA COSTAS visita a biblioteca A escritora Ledicia Costas pasou pola nosa biblioteca o pasado

9

de

marzo

para

compartir cos nenos e nenas de 5º e 6º a súa experiencia escribindo o libro “Escarlatina, a cociñeira defunta”. Así

mesmo,

anécdotas,

c om p ar ti u

curiosidades,

e

asinou exemplares do libro. Nós

agradecémosllo

cun

pequeno agasallo e con moitas ganas de ler a precuela de Escarlatina, “Esmeraldina,

titulada a

pequena

defunta”. O 10 de marzo Ledicia estivo cos

nenos

traballando

e

nenas no

de

obradoiro

“Xarope de Versos”.

Nº 2

Burbulla


Ledicia fíxonos algunhas recomendacións lectoras; esas lecturas que ela facía cando era una nena e estudaba no noso centro e que, sen dúbida, animárona a ser escritora. Recomendounos a autora, de apelido impronunciable, Angela

Sommer-Bodenburg,

e a súa colección de libros de “O

pequeno

vampiro”, algún deles podedes atopalos na biblioteca. Tamén nos recomendou ao autor Roald Dahl, coas súas obras “Matilda” e “Charlie e a fábrica de chocolate”.

“Esmeraldina, a pequena defunta”; de Ledicia Costas O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

Nº 2

Burbulla


HUMOR: La ley del estudiante, por テ]gela y Laura

Nツコ 2

Burbulla


Nยบ 2

Burbulla


MANUAL PARA SER POETA: Instrucións

Do libro: “O meu gato é un poeta” de Fran Alonso Nº 2

Burbulla


POEMAS curtos, por Uxía M, Uxia S. e Judith C.

Nº 2

Burbulla


RELATO CURTO, por Arturo Carnero

O MEU AVÓ O que máis me gusta do meu avó son as historias que me conta de cando estivo na Mariña. Ten un traxe moi bonito de cor azul mariño e franxas celestes con dúas condecoracións; unha conseguiuna cando foi destinado a Australia. Contoume que o pasou mal porque facía moito frío. Alí axudou moito ao capitán do barco. Meu avó e un dos seus amigos foron condecorados coa medalla ao esforzo e valentía. Despois foi a Brasil. Alí non o pasou tan mal, pero aínda así, ben de todo tampouco. En Brasil empezaron os seus problemas de corazón. Máis tarde volveu a Australia, onde coidou dun pingüín. Ao pasar tres semanas tivo que deixalo e deulle moita pena, xa que o adiestrara e durmía con el no camarote. Despois, de camiño a España, volveu recaer do corazón e tivérono que operar. Só estivo dous meses máis na Mariña. Neses dou meses viu como, ao pescar un tiburón azul, un dos tripulantes quedaba sen brazo. Pero meu avó foi moi valente e capturou o tiburón. Por a súa valentía recibiu a segunda condecoración. Daquela aventura conserva un dos dentes do tiburón. Ao cabo deses dous meses tivo que deixar a Mariña. Para el foi moi duro deixar aos compañeiros cos que estivo desde que tiña vinte anos. Cando volveu a terra, cada certo tempo os seus compañeiros ían visitalo. Custoulle moito deixar o mar, pero así estivo máis tempo cos seus fillos. É por todo iso polo que admiro ao meu avó, xa que me conta historias moi feas, bonitas, tristes e graciosas. Relato presentado ao IV Certame de Relato Curto organizado por FANPA.

Nº 2

Burbulla


BIBLIOTECA LEDICIA COSTAS Rúa Ramiro Pascual nº 9 (As Carneiras) Matamá Vigo, 36312 Pontevedra

NO PRÓXIMO NÚMERO

Teléfono: 986 29 62 23 Fax: 986 29 62 23 Correo da biblioteca: biblioburbulla@gmail.com

MES DO LIBRO Gañadores do Certame de Poesía • Entrevista a... • Novidades • Libros máis lidos. • Humor • Etc. •

Coordinadora da biblioteca: Vanesa Alén Davila

Estamos na web! pot.com.es biblioburbulla.blogs

DEVORADORES DE LIBROS: os máis lectores do 2º trimestre BRAIS Martínez Carnero

Este é o podio dos nenos/as máis lectores do segundo trimestre.

SARA García Crespo LAURA Fernández Gil

Os nenos/as máis lectores recibirán, ademais do diploma que os acredita como “Devoradores de libros” dous bibliopuntos e un agasallo.

OS LIBROS MÁIS LIDOS da biblioteca 1.

Olympia

2.

Caperucita Roja

3.

Dragal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.